BIBLIOTECA
1º PREMIO (CATEGORÍA A: 1º E 2º ESO)
E comeron perdices. Así acabou de ler o conto meu avó. Un tras outro.
E eu aburríame ...
2º PREMIO (CATEGORÍA A: 1º E 2º ESO)
E comeron perdices...
O rei e a raíña van casar,
o comezo ao final e o final xa chega...
1º PREMIO (CATEGORÍA B: RESTO DE CURSOS)
De restaurante
E comeron perdices… Con cebola agria e brotes de nabo, nun prato
c...
2º PREMIO (CATEGORÍA B: RESTO DE CURSOS)
E comeron perdices na soidade; nunha soidade tan amena e tan baleira
como eles se...
Nanocontos premiados 2014-15
Nanocontos premiados 2014-15
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Nanocontos premiados 2014-15

434 visualizaciones

Publicado el

Presentación cos catro relatos premiados no VII Concurso de Nanocontos, convocado polo Equipo de Biblioteca do IES Fontexería de Muros no curso 2014-15

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
434
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
170
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Nanocontos premiados 2014-15

  1. 1. BIBLIOTECA
  2. 2. 1º PREMIO (CATEGORÍA A: 1º E 2º ESO) E comeron perdices. Así acabou de ler o conto meu avó. Un tras outro. E eu aburríame dese final. Por que tiñan que acabar todos felices? E por que a princesa non casaba co malvado príncipe e o lobo non comía a Carapuchiña Vermella? Eu preguntáballo ao meu avó todas as noites e el dicíame que era para que os receptores da historia imaxinasen eles mesmos o final que quixesen. A min a idea nin me gustaba. Eu seguía coa idea dos finais tristes. E o dragón comeu ao valente príncipe azul. (Autor: Jesús Rodríguez González-1º ESO B)
  3. 3. 2º PREMIO (CATEGORÍA A: 1º E 2º ESO) E comeron perdices... O rei e a raíña van casar, o comezo ao final e o final xa chegará. Comeza a lúa de mel e o banquete seguirá pois esta é unha boda un tanto especial. Chegamos á igrexa, como seguirá? Primeiro o arroz e logo o cura a falar. Preparamos a noiva antes de ir ao altar. Despedida de solteira, que pasará? Dous mozos coñecéronse mirando ao mar. Era unha vez... (Autora: Rosalía Caamaño Fernández-2º ESO B)
  4. 4. 1º PREMIO (CATEGORÍA B: RESTO DE CURSOS) De restaurante E comeron perdices… Con cebola agria e brotes de nabo, nun prato cadrado grande co seu prebiño. Non puxeron pan. Éche cociña de autor: o cociñeiro expresa a súa creatividade. De primeiro houbo escuma de mexillóns con caracois secados ao aire. Que sabor! O mellor foi o postre: requeixo de leite de ovella sazonado con follas queimadas de fento. Unha marabilla! E o café... Capuccino de morcilla con praliné de piñóns en escuma de pan. O pan non o vin, pero disque estaba. Voume pasar pola casa de miña avoa, que os domingos fai o caldo. Só para saudala. (Autora: Aldara Formoso Gómez-1º BAC B)
  5. 5. 2º PREMIO (CATEGORÍA B: RESTO DE CURSOS) E comeron perdices na soidade; nunha soidade tan amena e tan baleira como eles se sentían. Todos pertencían a contos distintos. A contos que xamais habían de ser contados, xa que a ninguén lle interesa saber a verdade das cousas. Ás veces os heroes son esquecidos. Ás veces as princesas non son salvadas. Ás veces son os malos quen gañan. E así sentaron todos á beira da escuridade e do olvido a disfrutar da que sería a súa derradeira cea. (Autora: Sofía Sánchez Illesca-2º BAC B)

×