MEIOSE        SENTIDO BIOLÓXICO DA MEIOSE1.   Proceso indispensable para reducir á metade o     número de cromosomas duran...
En que consiste a meiose?1.    É un tipo de división celular especial.2.    Consta de dúas divisións sucesivas      (Meios...
Meiose I   Profase I    ◦ É a etapa máis longa da meiose.    ◦ Os cromosomas homólogos apéganse no      proceso chamado s...
Meiose I   Metafase I    ◦ Os cromosomas dispóñense no plano      ecuatorial da célula.    ◦ Cada cromosoma dunha parella...
Meiose I   Telofase I    ◦ As fibras do fuso desaparecen, os      cromosomas descondénsanse e aparece      a membrana nuc...
Meiose II Profase II: A cromatina condénsase.  Nas células fillas só hai un cromosoma  de cada parella de homólogos. Met...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Meiose: sentido biolóxico e fases

1.570 visualizaciones

Publicado el

A meiose: sentido biolóxico, concepto, principais características e fases

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
1.570
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
824
Acciones
Compartido
0
Descargas
3
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Meiose: sentido biolóxico e fases

  1. 1. MEIOSE SENTIDO BIOLÓXICO DA MEIOSE1. Proceso indispensable para reducir á metade o número de cromosomas durante a formación dos gametos.2. A partir de células diploides (2n), con dous xogos completos de cromosomas, obtense células haploides (n), cun único xogo de cromosomas.3. Durante a meiose prodúcese o sobrecruzamento entre cromosomas homólogos. Este intercambio de información xenera a chamada variabilidade xenética, que da como resultado a produción de organismos diversos (aumenta a biodiversidade).
  2. 2. En que consiste a meiose?1. É un tipo de división celular especial.2. Consta de dúas divisións sucesivas (Meiose I e Meiose II).3. A partir dunha célula nai diploide (2n) fórmanse catro células fillas haploides (n), que teñen a metade da dotación cromosómica da célula nai. Un exemplo de meiose é a formación dos gametos (espermatoxénese e ovoxénese).
  3. 3. Meiose I Profase I ◦ É a etapa máis longa da meiose. ◦ Os cromosomas homólogos apéganse no proceso chamado sinapse. ◦ Prodúcese intercambio de fragmentos entre as cromátidas non irmás dos cromosomas homólogos (sobrecruzamento). ◦ O sobrecruzamento produce intercambio de información hereditaria ou recombinación xenética entre os cromosomas.
  4. 4. Meiose I Metafase I ◦ Os cromosomas dispóñense no plano ecuatorial da célula. ◦ Cada cromosoma dunha parella únese a un filamento do fuso mitótico. Anafase I ◦ As fibras do fuso mitótico separan os cromosomas homólogos completos, un a cada polo da célula. ◦ Esta é a principal diferenza coa Anafase da mitose (onde se separan cromátidas irmás).
  5. 5. Meiose I Telofase I ◦ As fibras do fuso desaparecen, os cromosomas descondénsanse e aparece a membrana nuclear. ◦ Trala citocinese obtéñense dúas células fillas cuxo número de cromosomas xa se reduciu á metade. ◦ Despois da Telofase I ocorre a intercinese: diferénciase da interfase en que non hai duplicación do material xenético.
  6. 6. Meiose II Profase II: A cromatina condénsase. Nas células fillas só hai un cromosoma de cada parella de homólogos. Metafase II: os cromosomas dispóñense no plano ecuatorial da célula. Anafase II: sepáranse as cromátidas irmás de cada cromosoma. Telofase II: Descondénsanse os cromosomas. O resultado son 4 células fillas (n) coa metade de cromosomas que a célula nai, que era 2n.

×