SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 3
Descargar para leer sin conexión
Visita didáctica
                            “rueiro do consumo”
                                Vigo 18 de marzo de 2010

Día mundial dos dereitos do consumidor
       O 15 de marzo celébrase o “Día Mundial dos Dereitos do Consumidor” que este ano ten como
tema “O noso diñeiro, os nosos dereitos” e fará fincapé nos asuntos que preocupan aos consumidores
en relación aos servizos financieiros (préstamos, hipotecas,...)




       Un consumidor informado é un consumidor que coñece os seus dereitos e que realiza cada acto
de consumo dunha maneira segura e consciente.
       Existen varios organismos que nos axudan a coñecer e defender os nosos dereitos como
consumidores,


Ocu

       A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) é unha asociación privada independente e
sen ánimo de lucro que naceu en 1975 co obxectivo de promover e defender os intereses dos
consumidores, orientalos nas súas eleccións como consumidor, traballar para axudalos a resolver os
seus problemas de consumo e a facer respectar os seus dereitos fundamentais como consumidores.
       Informar, asesorar e defender os dereitos dos consumidores son os obxectivos da OCU. Se
non se están respectando os teus dereitos como consumidor, a OCU está para defenderte.




IGC

       O Instituto Galego de Consumo creouse co obxecto de desenvolver as actividades
relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios galegos, como un
organismo autónomo adscrito á Consellería de Innovación e Industria. Está rexido por un Consello de
Dirección no que están representadas as organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.




Escola galega de consumo
             Créase como un instrumento para coordinar as actividades
          de educación e formación no eido do consumo coa finalidade de
          impulsar e desenvolver a educación e formación dos
          consumidores galegos a través da realización de cursos,
          obradoiros, conferencias, publicacións e estudos.
Omic
       As Oficinas Municipais de Información ao Consumidor están nos Concellos,
como administración máis próxima ao cidadán. A súa finalidade é informar,
orientar e educar aos consumidores para un adecuado exercicio dos seus dereitos,
a través de campañas divulgativas, publicacións, certames, etc.
As OMIC atenderán e tramitarán as queixas, reclamacións e denuncias dos
consumidores realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflitos.



    O Instituto Galego de Consumo convídanos a pasear polo “RUEIRO DO
CONSUMO” co gallo da celebración do Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores.
    Terá lugar entre o 12 e 18 de marzo no IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)

       Descrición da actividade
      Tendo en conta a influencia da publicidade, dos medios de comunicación e da propia
dinámica do mercado que nos leva a adquirir cada vez máis bens materiais, saber elixir e
entender o papel que o consumo xoga no sistema, tanto económico como social e sobre
todo educativo, é fundamental para que as persoas camiñen desde as idades máis
temperás ata a etapa adulta, cara un posicionamento crítico que lles permita realizar un
consumo responsable.
      A actividade “Rueiro do Consumo” trata de percorrer unha rúa, na que poder
achegarse ao eido do consumo a través da realización de experiencias e actividades en
espazos tales como tendas, oficinas, bancos, exposicións,.....
      A duración da actividade será superior ás dúas horas, e farase en grupos de 15
compoñentes aproximadamente.
      As “paradas” nesta rúa serán as seguintes:

Un supermercado

       No que poderedes realizar unha compra responsable.



Un ciber
                        No que poderedes coñecer os criterios de páxina segura na rede,
                nas compras a través de internet      e xestión da conta de correo
                electrónico.



Ag21 escolar e climántica
      Con actividades sobre paisaxismo e cambio climático. Podes
ver antes algunhas das actividades que teñen nas súas páxinas:
http://eduprimaria.climantica.org/
oficina de banca
                         Coñeceremos as reviravoltas asociadas a unha conta bancaria ou
                   o uso dos produtos ofertados (tarxetas de crédito, de débito, etc.) e
                   cousas máis complicadas, xa para os maiores.



Oficina de consumo
      Nun mapa poderedes pescudar cal é a asociación de consumidores ou OMIC máis
próxima á túa localidade. Explicarase o funcionamento de ditas oficinas e en que caso
debemos acudir a elas.


Sala de mediación e arbitraxe
      Realización dunha simulación de arbitraxe (resolución
de conflitos) , alternando cun conto para os máis pequenos.


Unha reprodución dunha casa
     Visualización de produtos retirados ou inmobilizados polo IGC
do mercado. Realización dun instrumento de seguridade .

Tenda de comercio xusto
      Exposición de produtos de comercio xusto coa intención de
dar a coñecer e sensibilizar aos asistentes de cara a un comercio
alternativo.



Galería de exposicións
      Exposición dos traballos premiados no curso anterior. Lembrades as comidas sas e
saudables? E a Archimboldo, e Carl Warner????

Artesanía. Baixolizo
      Averigua antes de ir que é iso do baixolizo.



Inega
                      Instituto Galego de Enerxía , preséntanos unha exposición de
                      enerxías renovables.



Galicia calidade
      Coñeceremos a marca de garantía do goberno galego,
así como os produtos que teñen este cuño a día de hoxe.

Más contenido relacionado

Similar a Rueiro Do Consumo

Visita didáctica. rueiro do consumo
Visita didáctica. rueiro do consumoVisita didáctica. rueiro do consumo
Visita didáctica. rueiro do consumoChelo Alvarez Veira
 
E commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroE commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroincoruna
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-maria_090
 
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Contaminación e Consumismo
Contaminación e ConsumismoContaminación e Consumismo
Contaminación e Consumismopedroelmolon
 
Terrae pdf
Terrae pdfTerrae pdf
Terrae pdfAna cn
 
Terrae , alimentación ecolóxica.
Terrae , alimentación ecolóxica.Terrae , alimentación ecolóxica.
Terrae , alimentación ecolóxica.maria_090
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAISRESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAISFiz
 
Contaminación medioambiental e consumismo 2.0.1.4
Contaminación medioambiental e consumismo 2.0.1.4Contaminación medioambiental e consumismo 2.0.1.4
Contaminación medioambiental e consumismo 2.0.1.4pedroelmolon
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Xohán Rompe
 
10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de ventaManager Asesores
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 

Similar a Rueiro Do Consumo (20)

Visita didáctica. rueiro do consumo
Visita didáctica. rueiro do consumoVisita didáctica. rueiro do consumo
Visita didáctica. rueiro do consumo
 
consumo
consumoconsumo
consumo
 
E commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroE commerce en codigo cero
E commerce en codigo cero
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
 
12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.
 
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
 
Diptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugoDiptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugo
 
Diptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugoDiptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugo
 
Diptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugoDiptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugo
 
Contaminación e Consumismo
Contaminación e ConsumismoContaminación e Consumismo
Contaminación e Consumismo
 
Terrae pdf
Terrae pdfTerrae pdf
Terrae pdf
 
Terrae , alimentación ecolóxica.
Terrae , alimentación ecolóxica.Terrae , alimentación ecolóxica.
Terrae , alimentación ecolóxica.
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAISRESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
 
Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13
 
Memoria 2019 ASCM
Memoria 2019  ASCMMemoria 2019  ASCM
Memoria 2019 ASCM
 
Contaminación medioambiental e consumismo 2.0.1.4
Contaminación medioambiental e consumismo 2.0.1.4Contaminación medioambiental e consumismo 2.0.1.4
Contaminación medioambiental e consumismo 2.0.1.4
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 

Rueiro Do Consumo

  • 1. Visita didáctica “rueiro do consumo” Vigo 18 de marzo de 2010 Día mundial dos dereitos do consumidor O 15 de marzo celébrase o “Día Mundial dos Dereitos do Consumidor” que este ano ten como tema “O noso diñeiro, os nosos dereitos” e fará fincapé nos asuntos que preocupan aos consumidores en relación aos servizos financieiros (préstamos, hipotecas,...) Un consumidor informado é un consumidor que coñece os seus dereitos e que realiza cada acto de consumo dunha maneira segura e consciente. Existen varios organismos que nos axudan a coñecer e defender os nosos dereitos como consumidores, Ocu A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) é unha asociación privada independente e sen ánimo de lucro que naceu en 1975 co obxectivo de promover e defender os intereses dos consumidores, orientalos nas súas eleccións como consumidor, traballar para axudalos a resolver os seus problemas de consumo e a facer respectar os seus dereitos fundamentais como consumidores. Informar, asesorar e defender os dereitos dos consumidores son os obxectivos da OCU. Se non se están respectando os teus dereitos como consumidor, a OCU está para defenderte. IGC O Instituto Galego de Consumo creouse co obxecto de desenvolver as actividades relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios galegos, como un organismo autónomo adscrito á Consellería de Innovación e Industria. Está rexido por un Consello de Dirección no que están representadas as organizacións de consumidores e usuarios de Galicia. Escola galega de consumo Créase como un instrumento para coordinar as actividades de educación e formación no eido do consumo coa finalidade de impulsar e desenvolver a educación e formación dos consumidores galegos a través da realización de cursos, obradoiros, conferencias, publicacións e estudos.
  • 2. Omic As Oficinas Municipais de Información ao Consumidor están nos Concellos, como administración máis próxima ao cidadán. A súa finalidade é informar, orientar e educar aos consumidores para un adecuado exercicio dos seus dereitos, a través de campañas divulgativas, publicacións, certames, etc. As OMIC atenderán e tramitarán as queixas, reclamacións e denuncias dos consumidores realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflitos. O Instituto Galego de Consumo convídanos a pasear polo “RUEIRO DO CONSUMO” co gallo da celebración do Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores. Terá lugar entre o 12 e 18 de marzo no IFEVI (Instituto Feiral de Vigo) Descrición da actividade Tendo en conta a influencia da publicidade, dos medios de comunicación e da propia dinámica do mercado que nos leva a adquirir cada vez máis bens materiais, saber elixir e entender o papel que o consumo xoga no sistema, tanto económico como social e sobre todo educativo, é fundamental para que as persoas camiñen desde as idades máis temperás ata a etapa adulta, cara un posicionamento crítico que lles permita realizar un consumo responsable. A actividade “Rueiro do Consumo” trata de percorrer unha rúa, na que poder achegarse ao eido do consumo a través da realización de experiencias e actividades en espazos tales como tendas, oficinas, bancos, exposicións,..... A duración da actividade será superior ás dúas horas, e farase en grupos de 15 compoñentes aproximadamente. As “paradas” nesta rúa serán as seguintes: Un supermercado No que poderedes realizar unha compra responsable. Un ciber No que poderedes coñecer os criterios de páxina segura na rede, nas compras a través de internet e xestión da conta de correo electrónico. Ag21 escolar e climántica Con actividades sobre paisaxismo e cambio climático. Podes ver antes algunhas das actividades que teñen nas súas páxinas: http://eduprimaria.climantica.org/
  • 3. oficina de banca Coñeceremos as reviravoltas asociadas a unha conta bancaria ou o uso dos produtos ofertados (tarxetas de crédito, de débito, etc.) e cousas máis complicadas, xa para os maiores. Oficina de consumo Nun mapa poderedes pescudar cal é a asociación de consumidores ou OMIC máis próxima á túa localidade. Explicarase o funcionamento de ditas oficinas e en que caso debemos acudir a elas. Sala de mediación e arbitraxe Realización dunha simulación de arbitraxe (resolución de conflitos) , alternando cun conto para os máis pequenos. Unha reprodución dunha casa Visualización de produtos retirados ou inmobilizados polo IGC do mercado. Realización dun instrumento de seguridade . Tenda de comercio xusto Exposición de produtos de comercio xusto coa intención de dar a coñecer e sensibilizar aos asistentes de cara a un comercio alternativo. Galería de exposicións Exposición dos traballos premiados no curso anterior. Lembrades as comidas sas e saudables? E a Archimboldo, e Carl Warner???? Artesanía. Baixolizo Averigua antes de ir que é iso do baixolizo. Inega Instituto Galego de Enerxía , preséntanos unha exposición de enerxías renovables. Galicia calidade Coñeceremos a marca de garantía do goberno galego, así como os produtos que teñen este cuño a día de hoxe.