1-INTRODUCCIÓN


        Este curso 2007/08 o CEIP Isaac Peral entrou, por fin, a formar parte do Plan de Mellora

das Bib...
2-ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA NOSA BIBLIOTECA

O lugar da nosa biblioteca non se modificou, nin tampouco a súa superficie. O...
Formación de usuarios: Continuando co sistema iniciado o curso anterior, este curso puido

levarse a termo a:

      Dar a...
3- INFORMACIÓN E APRENDIZAXE


Grao de consecución de obxectivos

Non foi posible acadar todos os obxectivos propostos no ...
O resto da comunidade educativa tamén se involucrou en tarefas motivadoras da lectura e a

ilustración, principalmente o A...
ACTIVIDADES

Todas as actividades que se levaron a cabo no centro de fomento da lectura                  foron

promovidas...
Todas as actividades feitas para dita inauguración deron moito xogo nas aulas.
-   En E.I. as mestras elaboraron un mural ...
Adiviña onde me atopo

Seguindo a idea do noso proxecto de xogar con Peraliño a atopar libros, escolléronse

ilustracións ...
-   Para motivar dende o principio aos rapaces e xerar interese polo contido, amosoulle un

dos contos e contóullelo.

   ...
Os diferente membros do grupo que compoñen a biblioteca fórona presentando en cada ciclo,

utilizando como canle motivador...
Teatro

Con motivo do día internacional do teatro, dende a biblioteca pensouse en facer unha

exposición de obras teatrais...
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08      12
 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Conta contos, escritores e ilustradores

Ao longo do curso o grupo da biblioteca dinamizou actividades de conta-contos par...
Debuxos feitos polo ilustrador




   Memoria PLAMBE-3 - 2007/08      14
    C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Ao alumnado de 2º de E.P. viñeron invitados uns avós de alumnos a contarlles contos.

    Día Internacional do Libro

Este...
No corredor da biblioteca expuxéronse as letras dos romances que se ían cantar así como,

libros con este xénero literario...
4º E.P.




Todos escoitaron moi atentos




                                  5º E.P.




  Memoria PLAMBE-3 - 2007/08   ...
Boletíns ás familias

-   Cara as vacación de Nadal, acordouse elaborar unha lista de libros sendo expostos a

    maior p...
-   En E.Infantil e 1º ciclo de E. Primaria pediuse aos nenos/as que debuxaran á nosa

    mascota e que aportasen, das sú...
CONMEMORACIÓNS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


Os nosos fondos de biblioteca

Para celebrar o magosto dende a Biblioteca pr...
Teatro na aula

     Os alumnos de 1º ciclo de E. P. leron o libro “Remoldiño vai

á feira” de Xoán R. Cuba e viñeron ao c...
Cine-Ensino

    Promovido polo concello o alumnado de 3º ciclo, asiste a ver cada trimestre unha película

que pretende f...
Materiais producidos

  -   Durante este curso o grupo de traballo do Plan TIC creou a páxina web do centro

      http://...
4. AVALIACIÓN

      O grupo da biblioteca considera que o proxecto acadou unha avaliación positiva, tendo

en conta a imp...
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08      25
 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
DATOS ESTATÍSTICOS




                     Memoria PLAMBE-3 - 2007/08      26
                      C.E.I.P. Isaac Peral-...
5. PREVISIÓNS



-   Tendo en conta que no proxecto deste curso e no do próximo é para nós de transcendental

    importan...
Memoria Biblioteca 07 08
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Memoria Biblioteca 07 08

1.279 visualizaciones

Publicado el

0 comentarios
1 recomendación
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
1.279
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
5
Acciones
Compartido
0
Descargas
22
Comentarios
0
Recomendaciones
1
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Memoria Biblioteca 07 08

  1. 1. 1-INTRODUCCIÓN Este curso 2007/08 o CEIP Isaac Peral entrou, por fin, a formar parte do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. Foi para nós unha alegría ser incluídos nos centros que se acollen a estas axudas, xa que nos permitiu mellorar moito a nosa biblioteca, e aínda que se viñan realizando moitas actividades, porque o grupo de biblioteca levaba creado tres anos , as xuntanzas con outros centros e os cursos de formación axudaron a darlle un pulo á dinamización da mesma. O colexio está situado nun barrio da cidade (Esteiro), preto do centro. Está en pleno crecemento, polo que hai moitos nenos e nenas en idade escolar e o noso centro é moi demando. Contamos con 450 alumnos/as aproximadamente, dun nivel socio-económico e cultural medio-alto que axuda a que os pais estean moi involucrados na educación dos seus fillos e participen das actividades motivadoras que dende a biblioteca se propoñan. Ademais a gran maioría están en contacto coas novas tecnoloxías, de aí a importancia que lle damos aos traballos de investigación por internet. Este ano o grupo da biblioteca participou nun Seminario ao que denominamos ESCRIBIR-ILUSTRAR co fin de recoller, elaborar e pór en práctica actividades que animen ao alumnado a redactar e ilustrar o que escriben completando así o ciclo creativo da súa propia obra. Foi un curso que consideramos moi produtivo, aínda que sabemos que queda moito por facer e que a biblioteca debe seguir sendo unha vía de acceso á información, ao aprendizaxe, á motivación e que debe servir para axudar a compensar diferenzas sociais e de axuda para as nee. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 1 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  2. 2. 2-ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA NOSA BIBLIOTECA O lugar da nosa biblioteca non se modificou, nin tampouco a súa superficie. O que si se fixeron foron cambios na súa distribución , renovación dos materiais... • Mellorouse a ambientación do recuncho para os máis pequenos. • Acondicionouse toda a zona de libros de consulta, que se están a clasificar seguindo a CDU. • Adquisición de mobiliario: Mercáronse todas as mesas e cadeiras para a biblioteca; estantes para DVD, CDs e vídeos; mesas para ordenadores e expositores para libros. • Adquisición de equipos: Dotouse de todo o equipamento audiovisual a aula nova que se creou de inglés, tipo laboratorio de idiomas; mercáronse todos os elementos informáticos necesarios para facer a conexión en rede a todos os ordenadores da biblioteca e sala de informática; mercouse un lector de códigos de barras para facer máis rápida a catalogación e os préstamos. • Adquisición de fondos documentais: Despois do expurgo iniciado o curso anterior de aqueles libros deteriorados ou os non aptos para as idades do alumnado actual, que foron dados ao instituto, iniciamos a adquisición de novos libros, mercados a gran maioría directamente ás editoriais, que sabedoras das axudas concedidas, fan interesantes ofertas; outros mercámolos nas librarías. O maior desembolso levouno libros de lectura, o 50% ou máis en galego, e tamén as subscricións. Quédanos pendente incrementar os fondos de consulta, que aínda que abundantes, nunca son suficientes. Tamén queremos subscribirnos a máis revistas xuvenís e infantís. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 2 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  3. 3. Formación de usuarios: Continuando co sistema iniciado o curso anterior, este curso puido levarse a termo a: Dar a coñecer a normas de uso e comportamento da biblioteca motivouse esta actividade lendo un conto “O león de biblioteca” de Michelle Knudson. Informatización dos préstamos. A formación de usuarios no uso do programa Meiga para a levar a cabo os préstamos. Manter o obradoiro de informática para aprender a traballar con diferentes programas e saber buscar información. Horario Coma é habitual nos últimos anos, elaborouse un horario para uso da biblioteca por parte das titorías, reservándose 1h. semanal para cada aula. Mantívose aberta na hora do recreo para préstamos e polas tardes para toda a comunidade educativa. Á coordinadora destináronselle as 2h. semanais. Tempo que resulta insuficiente para levar a bo termo todo o traballo de organización e de dinamización. Os demais compoñentes do grupo dinamizador da biblioteca non tiveron ningunha hora liberada para realizar as numerosas tarefas que require o un bo funcionamento. Como consecuencia foinos imposible facer unha coordinación do grupo en horario lectivo o que supuxo ter reunións fóra do noso horario para poder planificar. O ideal sería poder ter polo menos 1h. semanal na que todo o grupo coincidise. Esta falta de tempo é un indicador para ver que se dote a este centro cun profesor máis que puidera cubrir esas horas que necesitamos, tendo en conta o gran número de alumnado que temos e o traballo inxente que leva a planificación dunha biblioteca. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 3 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  4. 4. 3- INFORMACIÓN E APRENDIZAXE Grao de consecución de obxectivos Non foi posible acadar todos os obxectivos propostos no proxecto deste curso, sobre todo polo sinalado no punto anterior. No obstante, en xeral, estamos moi satisfeitas dos logros conseguidos grazas ao interese posto polo alumnado e o profesorado. • Fomentouse a participación, promovendo o intercambio de experiencias entre o profesorado do centro. • Afondouse nos coñecementos necesarios para contextualizar e poder levar a cabo as actividades. • Creouse un obradoiro literario que canalizou a aprendizaxe cooperativa. • As actividades redundaron no desenvolvemento da consecución do currículo. • Serviu de canle para a percepción das capacidades e dificultades á hora de facer unha actividade. • Resposta moi positiva de todo o alumnado nas actividades motivadoras da lectura: exposicións, busca de textos, tempo de ler,... • Implicación das familias e colaboración do ANPA En resume toda resposta positiva merece o esforzo de continuar nesta labor dinamizadora cara a lograr grandes lectores. Implicación do centro e de toda a comunidade educativa A acollida de todo o claustro, como xa queda sinalado nos obxectivos, foi plena, coa participación total de todos os membros, en todas aquelas actividades propostas, colaborando na planificación de moitos delas e aportando suxestións. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 4 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  5. 5. O resto da comunidade educativa tamén se involucrou en tarefas motivadoras da lectura e a ilustración, principalmente o ANPA, fomentando a creatividade do alumnado con concursos de contos e ilustracións de marca-páxinas; ademais de colaborar activamente en todas aquelas conmemoracións que se celebran no centro. Concurso organizado pola ANPA Marcapáxinas gañadores Coa finalidade de formarse en actividades dinamizadoras da lectura e da escrita, o grupo da biblioteca: Participou nun seminario ESCRIBIR E ILUSTRAR coa finalidade de enriquecer a labor dinamizadora da biblioteca. Asistiu a un obradoiro de escrita impartido por Antón Cortizas. Realizou diversos cursos de Bibliotecas escolares, Proxecto lector e desenrolo do Plan TIC Asistiron aos Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia en Sanxenxo e aos Encontros do Plambe en Santiago. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 5 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  6. 6. ACTIVIDADES Todas as actividades que se levaron a cabo no centro de fomento da lectura foron promovidas polo grupo da biblioteca en coordinación co equipo de Normalización Lingüística, que neste caso está integrado practicamente polas mesmas persoas, polo que a organización de todas as conmemoracións fanse en conxunto. No obstante imos facer dous apartados: - Propias da biblioteca como recurso educativo - Propias das conmemoracións e actividades extraescolares ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA COMO RECURSO EDUCATIVO Día Internacional das Bibliotecas Escolares O 24 de outubro de 2007, día Internacional das Bibliotecas Escolares, ábrese oficialmente a Biblioteca do noso centro. Para elo realízanse unha serie de actividades: - Presentación da mascota da Biblioteca “O Peraliño” aos alumnos/as de 3 anos, co correspondente saúdo de benvida a todo o resto do alumnado, que xa a coñecían. - A profesora de A.L. dramatiza para os alumnos de E.Infantil e 1º ciclo de Primaria o conto “Os lunares de Renata” de Rafael Ordóñez Ed..Alfaguara, orientado a fomentar a amizade, xenerosidade e aceptación dun mesmo. - Para o 2º e 3º nivel de E. Primaria lévase a cabo, por parte das profesoras titoras, unha lectura modelada do conto “Contos de onte, segredos de mañá” de M Kashkouli (Irán) - Cada acto rematou coa entrega dos carnés da biblioteca. Para invitar a dita inauguración fíxose uns carteis representativos Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 6 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  7. 7. Todas as actividades feitas para dita inauguración deron moito xogo nas aulas. - En E.I. as mestras elaboraron un mural cos elementos máis significativos do conto e que foi empregado para a súa representación e posterior ambientación do corredor. - Ilustración do alumnado cos debuxos que reflectían como captaran o conto que o que máis lles sorprendera do mesmo. - No 2º e 3º ciclo de E.P. aproveitouse a lectura para traballar a composición poética creando rimas a partir das palabras máis bonitas do conto. Tamén elaboraron poemiñas que ilustraron. Acto de inauguración da biblioteca Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 7 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  8. 8. Adiviña onde me atopo Seguindo a idea do noso proxecto de xogar con Peraliño a atopar libros, escolléronse ilustracións das lecturas que se traballan nas aulas e puxéronse no noso xornal “Mareiriña”. Os alumnos invitados pola nosa mascota xogaron a adiviñar en que conto se atopaba e escribir o seu título debaixo. Á volta das vacacións O Peraliño expuxo as respostas correctas nun taboleiro da biblioteca. A maleta viaxeira No 2º trimestre inician a súa andadura dúas maletas. Co fin de relacionar esta actividade co proxecto e a nosa mascota pensamos que a temática debería ser o mar. - Unha maleta viaxou a E. Infantil que contiña contos relacionados con diversos temas, entre eles o mar. Traballouse como sigue: - Acondicionouse a maleta con debuxos de personaxes infantís. - Presentouse a “maleta viaxeira” a cargo dunha mestra do equipo da biblioteca. Aparece como un paxe, axudante da mascota Peraliño, que trae á clase a posibilidade de gozar das aventuras e personaxes que conteñen os contos, e dá unhas pautas a seguir no seu coidado e manipulación. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 8 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  9. 9. - Para motivar dende o principio aos rapaces e xerar interese polo contido, amosoulle un dos contos e contóullelo. - En 3 e 4 anos “Emilio e Lulú buscan o tesouro” - En 5 anos “Tito fai de malabarista” - A maleta viaxeira permaneceu ó redor dunha semana en cada clase. Esta actividade resultou moi atractiva para os nenos, especialmente no momento do “tempo lector” xa que escollían con grande interese o conto e cada día a titora narraba un novo. - Unha vez rematada a permanencia da maleta “o paxe” recollíaa e despedíase dos rapaces ata unha próxima viaxe, e recomendáballes seguir elixindo contos interesantes tanto na biblioteca como na súa casa. - Como colofón os rapaces elaboraron actividades plásticas ou debuxos libres a cerca dos contos de presentación ou sobre outros elixidos. - A segunda maleta viaxou por toda E. Primaria con libros dedicados ao mar. Escolléronse libros axeitados ao tema. Adornouse a maleta con ilustracións alusivas. Seleccionáronse citas que invitaban a ler: - Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro. (Sir Francis Bacon) - Os libros son amigos que nunca decepcionan. (Thomas Carlyle) - Ler non é importante... ¡É imprescindible! (Carolina Delgado Alía) Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 9 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  10. 10. Os diferente membros do grupo que compoñen a biblioteca fórona presentando en cada ciclo, utilizando como canle motivador unha historia inventada, un poema, un conto. A maleta estivo unha semana en cada aula e dende o principio nas porta das aulas colgouse un poema inventado no grupo que mantivo aos alumnos intrigados coa mensaxe que transmitía. A resposta foi moi positiva, o alumnado levou libros para a súa casa; aconsellou aos compañeiros cales gustaban máis; intercambiaban impresións... Sir Francis Bacon Thomas Carlyle Carolina Delgado Alía Concurso da maleta viaxeira Aproveitando o éxito da maleta, dende a biblioteca pensouse en facer en E. Primaria un concurso de busca de textos dos libros que ían na maleta.No taboleiro da entrada da biblioteca colgáronse anacos de textos. Había que adiviñar a que obra literaria pertencían; escribilo nunha folla preparada a tal efecto e depositala na urna da entrada da biblioteca. Entre os acertantes sorteáronse premios. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 10 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  11. 11. Teatro Con motivo do día internacional do teatro, dende a biblioteca pensouse en facer unha exposición de obras teatrais á entrada da mesma coa finalidade de acercar aos alumnos a este estilo literario. Maratón literario Relacionado coa actividade anterior escolléronse obras teatrais que cada nivel leu ao nivel inferior na biblioteca, tentando de dramatizar o mellor posible o texto. A maiores, os de 5º nivel representaron unha obriña breve de Anisia Miranda “Os amigos” para todos os alumnos e alumnas de E. Infantil. O alumnado de 2º de E. P. tamén representou para eles unhas pequenas obriñas. No taboleiro da entrada se colocou unha especie de carteleira teatral coa programación do espectáculo. Obras Teatrais Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 11 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  12. 12. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 12 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  13. 13. Conta contos, escritores e ilustradores Ao longo do curso o grupo da biblioteca dinamizou actividades de conta-contos para os alumnos de E.I. e 1º ciclo de E. P. Así como charlas con escritores como Antón Cortizas (para alumnos de 4º e 5º de E.P.) e ilustradores, Cristina Ramírez Rodríguez (1º e 4º de E.P.) e Anxo Fariña ( 3º de E.P.) que animaron ao alumnado a disfrutar dun bo libro e déronlles pulos para que tentasen escribir e ilustrar. Contacontos de ANTÓN CORTIZAS Ao alumnado De E. Infantil ANTÓN CORTIZAS Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 13 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  14. 14. Debuxos feitos polo ilustrador Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 14 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  15. 15. Ao alumnado de 2º de E.P. viñeron invitados uns avós de alumnos a contarlles contos. Día Internacional do Libro Este ano pensouse en dedicar este día aos romances, polo que cada nivel escolleu un romance, musicouno e cantouno nun acto que se levou a cabo o día 25 do mes de abril. Como motivación deste día, especialmente para os pequenos, contóuselles que os libros estaban de aniversario e fíxose unha torta con libros e unha candea que dous alumnos apagaron. Aproveitouse este acto para facer entrega de agasallos ás aulas de E. Infantil e 1º ciclo de E.Primaria por ser uns bos lectores. Mercáronse para os máis pequenos monicreques de personaxes de contos e para os de primaria crebacabezas tamén relacionados con lecturas. Ilustráronse os romances e en E.I. fíxose unha exposición. A partir de 3º de E.P. fíxose entrega dun libro ao neno/a máis lector. Tamén se premiou con cómics aos acertantes do concurso da maleta viaxeira. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 15 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  16. 16. No corredor da biblioteca expuxéronse as letras dos romances que se ían cantar así como, libros con este xénero literario, todo elo ambientado cun mural feito por alumnos/as de 5º do cego dos cantares. O mesmo día 23 de abril os alumnos/as de 4º e 5º de E. P. asistiron a un maratón literario organizado polo concello na Biblioteca Municipal. Día das letras galegas. Unidade didáctica Dende o equipo da biblioteca suxeriuse traballar o libro de Xosé María Álvarez “Roseira do teu cantar” Elaborouse unha unidade didáctica cunha selección de poemas e por idades fixéronse diferentes actividades: ilustrar, musicar, poñer en prosa, compoñer outros segundo o seu estilo, navegar polo mapa á procura das cidades en que viviu, etc..Fíxose un acto de celebración no IES Saturnino Montojo. O programa de actos inclúese na presentación das actividades. Obra de 3º E.P. Obra de 4º E.P. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 16 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  17. 17. 4º E.P. Todos escoitaron moi atentos 5º E.P. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 17 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  18. 18. Boletíns ás familias - Cara as vacación de Nadal, acordouse elaborar unha lista de libros sendo expostos a maior parte deles coma sección da biblioteca no corredor; así os nosos alumnos poderían pedilos como agasallo e gozar do pracer da lectura. Enviouse as familias no último día de vacacións. - Pola Semana da Paz, fíxose outra exposición de lecturas relacionadas con este tema. Ambas listas de libros recomendados foron colgadas na páxina Web do centro. - Vaise aproveitar o final de curso para enviar outra relación de libros que veñen de ser adquiridos; ademais fixemos con eles outra exposición no corredor para que os vaian coñecendo e poida incitar o interese por algún deles. A relación de libros pódense ver coa presentación das actividades. O noso xornal Podémolo considerar como un boletín informativo ás familias xa que nel recollesen todos aqueles traballos que nos obradoiros de escritura se levan a cabo ao longo dun trimestre. Publícanse dous xornais ao ano, un polo Nadal e outro polas Letras Galegas. Dinamización do proxecto Coma queira que o Peraliño é un submarino e o noso centro ten o nome do inventor de tal aparato as actividades de dinamización e investigación xiraron en torno a este tema. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 18 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  19. 19. - En E.Infantil e 1º ciclo de E. Primaria pediuse aos nenos/as que debuxaran á nosa mascota e que aportasen, das súas casas, fotos de submarinos para facer comparanzas entre eles. Con isto elaboraron un mural. - No 2º ciclo busca de información e elaboración de traballos individuais sobre o mariño Isaac Peral. - No 3º ciclo fixéronse carteis ilustrados sobre a historia do submarino e do seu inventor Isaac Peral - Por último xogaron a imaxinar onde podería ir de viaxe a nosa mascota e que atoparía neses lugares. Houbo un traballo de investigación sobre os países aos que ía. Clausura da biblioteca Para deixar todo no seu sitio, comprobado a devolución dos préstamo e elaborados os datos estatísticos, pensouse que a partires do 31 de maio xa non se facían máis préstamos. Peraliño enviou a todas as aulas unha carta explicando as razóns do peche e despedíndose ata o curso próximo. Esta mesma misiva colgouse do taboleiro da biblioteca Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 19 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  20. 20. CONMEMORACIÓNS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Os nosos fondos de biblioteca Para celebrar o magosto dende a Biblioteca proponse: - E. Infantil: elaboración de debuxos alusivos a festa e á estación cos que se fai unha exposición e un mural. Lectura de contos relacionados co tema, memorización de poemas, adiviñas... - E.Primaria: redactar un conto, un poema, un acto teatral, ben en grupo ou individualmente, cunhas premisas dadas. Cos traballos feitos fíxose un fondo lector propio que os nenos poderán levar á casa coma calquera outro libro. Vieiros de Paz O equipo da Biblioteca fai unha exposición de lecturas relacionadas con este tema, no corredor do 1º andar, preto da aula da biblioteca. Fíxose un concurso de slogans e debuxos que fomentaran a paz. O traballo premiado imprimiuse nunha camiseta Elaboráronse poemas que foron lidos nun acto de celebración desta data no patio, ao redor dunha pomba da paz, pintada no chan. Tamén interpretáronse cancións nas catro linguas que se imparten. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 20 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  21. 21. Teatro na aula Os alumnos de 1º ciclo de E. P. leron o libro “Remoldiño vai á feira” de Xoán R. Cuba e viñeron ao colexio unha parella de actores formado por Chus Álvarez e Xabier Ramilo a facerlles unha representación do conto cunha adaptación de Manuel Lourenzo, baixo a dirección de Paulo Serantes. Foi un éxito porque foi unha representación participativa, polo que os alumnos viviron moi intensamente a obra lida. Antón Cortizas representou con sombras chinescas para E.I. “A ardilla pilla” Outra maneira de motivar o gusto pola lectura foi a través da asistencia a representacións teatrais. Neste curso asistimos a ver todas as que nos foi posible. Destacaremos: - E.I. “Cantos, contos, contas”; “Estrelas”, “Hip,hip,urra” - 1º ciclo de E.P. “El lobo” - 2º ciclo de E.P. “Marco Polo”, “Aladín”, “Un avó especial” - 3º ciclo de E.P. “La silla”, “ Sen título 4x6x8” Poesía e imaxe Todos os anos o centro participa no concurso que a mesa para a Normalización da Lingua, convoca cara á primavera. O alumnado escolle un poema e ilústrao. Despois expóñense polos corredores. Este curso gañou un alumno de 4º. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 21 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  22. 22. Cine-Ensino Promovido polo concello o alumnado de 3º ciclo, asiste a ver cada trimestre unha película que pretende formar nos valores de convivencia, paz, amizade... co fin de formar alumnos responsables capaces de diferenciar o correcto do incorrecto; a finalidade é a prevención contra as drogas. Exposicións Ao longo do curso asistiuse a diversas exposicións, a meirande parte foron na Fundación Caixa Galicia, onde programan visitas guiadas con obradoiros. Son moi instrutivas, polo que ven e aprenden, e pola experiencia de ter que reflectir o vivido nunha actividade relacionada co visto. Ademais acerca ao alumnado ao mundo da pintura, escultura e literatura. Este foi o caso das exposicións do escritor e ilustrador Luís Seoane e do pintor Joaquín Sorolla. As nenas e nenos do Isaac Peral visitaron a exposición “SOROLLA E OS SEUS CONTEMPORÁNEOS” na Fundación Caixa Galicia Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 22 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  23. 23. Materiais producidos - Durante este curso o grupo de traballo do Plan TIC creou a páxina web do centro http://centros.edu.xunta.es/ceipisaacperal/ o que nos serviu para dar a coñecer os traballos feitos na biblioteca e de medio de comunicación entre nós e as familias. - Elaboráronse guías para o Nadal, polo día da Paz que ademais de levalas impresas para as familias, colgáronse da páxina web. - Confeccionáronse unidades didácticas para as diferentes conmemoracións (magosto, Antroido, letras galegas) - Buscouse información para a creación de contos, poemas, lendas e facilitouse material informativo de ilustración. - Traballáronse diferentes técnicas plásticas para a elaboración de murais, caricaturas, retratos, carautas... Páxina web del centro BIBLIOTECA Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 23 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  24. 24. 4. AVALIACIÓN O grupo da biblioteca considera que o proxecto acadou unha avaliación positiva, tendo en conta a implicación que percibimos por parte de todo o alumnado e o profesorado. A comunidade educativa implicouse de cheo no proxecto promovendo concursos de inventar contos e ilustrar marcapáxinas e premiando o esforzo con libros de lectura. Colaborou moi activamente nos decorados e vestiario das pequenas obras teatrais que os alumnos/as representaron no centro. A receptividade do noso alumnado foi moi alta, participando con moito entusiasmo en todas aquelas actividades que se promoveron dende a biblioteca. Sendo as súas opinións, ao igual que as das familias moi positiva. Recollemos aquelas actividades que foron consideradas máis exitosas como a maleta viaxeira, o maratón de teatro ou cantar os romances. O Proxecto lector iniciouse este curso coa fase de sensibilización do profesorado, alumnado e familias. Púxose en marcha un tempo para ler que se levou a cabo despois do recreo, cunha duración de 20m. A resposta foi moi positiva tal como se reflicte nas enquisas feitas ao inicio do proxecto, en que salvo unha persoa todos estiveron de acordo en levalo a termo,como na que se fixo de avaliación deste tempo que tamén foi moi positiva polo que vanse manter nos vindeiros cursos. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 24 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  25. 25. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 25 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  26. 26. DATOS ESTATÍSTICOS Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 26 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
  27. 27. 5. PREVISIÓNS - Tendo en conta que no proxecto deste curso e no do próximo é para nós de transcendental importancia o obradoiro de lecto-escritura, pensamos adaptar na biblioteca un espazo para desenvolver este obradoiro. - Formar máis grupos e habilitar máis ordenadores para facer os préstamos, co fin de axilizar a demanda.De esta forma, poder liberar deste traballo ás titoras para que poidan empregar toda a hora que teñen asignada á biblioteca en outros fins: traballos de investigación, de redacción, de declamación... - Dotar a todas as aulas de mapas de España, Galicia, Mapamundi... - Elaborar a 2ª fase do Plan Lector - Seguir coa catalogación dos fondos documentais e das novas adquisicións - Seguir invitando a escritores e ilustradores. Probablemente poderemos contar con Ánxela Loureiro. - Continuar participando no concurso de Poesía e Imaxe que tan boa acollida ten por parte do noso alumnado, ademais obtiveron premio nos dous últimos anos. - Intercambio de actividades con outros centros acollidos ao Plambe, cos que iniciamos contacto este curso cos encontros comarcais que mensualmente fanse no CEFORE. - Consolidar a nosa páxina Web como un medio para dar a coñecer todas actividades levadas a cabo na biblioteca. Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 27 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

×