A sociedade grega II

1.332 visualizaciones

Publicado el

Aspectos da sociedade grega como a infancia, indumentaria, educación, sexualidade...

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
• Sé el primero en comentar

• Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
1.332
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
401
Acciones
Compartido
0
Descargas
16
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

A sociedade grega II

1. 1. A sexualidade en Grecia Aquiles e Patroclo
2. 2. Amor e sexualidade: unha aproximación mitolóxica

Os gregos concibían aos seus deuses de xeito antropomorfo , é dicir, consideraban que, aínda que inmortais e moi poderosos, tiñan a mesma aparencia física e a mesma psicoloxía que os homes . Polo tanto podían facer gala de todas as virtudes e os vicios humanos

Na mitoloxía grega atopamos unha serie de divindades que personifican diferentes xeitos de entender o amor e a sexualidade . Estes exemplos mostran a riquísima concepción que tiñan os antigos respecto á natureza do home e as súas inclinacións sexuais.

Hera Afrodita - Venus Eros Príapo
3. 3. Hera - Afrodita

Hera é a lexítima esposa de Zeus e unha das súas tres irmáns dentro do panteón olímpico. A súa principal función era como deusa das mulleres e o matrimonio . Hera sufriu continuamente as infidelidades do seu esposo e era coñecida polo seu carácter celoso e vingativo, principalmente contra as amantes e a descendencia de Zeus. Hera representa o amor fiel dentro do matrimonio que ten como finalidade traer ao mundo fillos lexítimos .

Afrodita é a deusa do amor , a luxuria , a beleza , a sexualidade e a reprodución . Non representa o amor en sentido romántico ou cristián, senón a atracción física ou sexual, a paixón amorosa, infiel e desenfreada entre o home e a muller . Afrodita tiña os seus propios festivais, as Afrodisias , que se celebraban por toda Grecia pero principalmente en Atenas e Corinto. Nos templos adicados a ela as relacións sexuais coas súas sacerdotisas se consideraba un método de adoración á deusa.

4. 4. Eros e Hermafrodito

Fillo de Afrodita e Ares , ou de Poros (a abundancia) e Penia (a pobreza), segundo as versións, Eros era o deus responsable da atracción sexual, o amor e o sexo. Eros era principalmente o patrón do amor entre os homes , mentres que Afrodita presidía o amor dos homes polas mulleres. O seu equivalente romano era Cupido , tamén coñecido como Amor .

Hermafrodito ou Hermafrodita era fillo de Afrodita e Hermes . Un día que se bañaba espido nun lago, a ninfa Dálmacis , namorada del, o abrazou fortemente mentres suplicaba aos deuses que non separaran os seus corpos. Atendendo a súa súplica lle concederon o desexo e ambos corpos se fusionaron para sempre nun só ser de dobre sexo .

5. 5. Príapo

Príapo era fillo de Dionisio e Afrodita . Na mitoloxía grega é un deus menor rústico da fertilidade, tanto da vexetación como de todos os animais relacionados coa vida agrícola. Príapo se soia representar cun enorme falo en perpetua erección, símbolo da forza fecundadora da natureza . Os romanos colocaban nos seus xardíns estatuas de Príapo. A súa función era garantir unha abundante colleita, alonxar o mal de ollo e protexer a horta de ladróns.

6. 6. A pederastia na antiga Grecia

A pederastia , idealizada polos gregos xa dende a época arcaica, era a relación entre un mozo adolescente ( erómenos `amado´) e un home adulto ( erastes `amante´) que non pertencía a súa familia próxima. Os gregos consideraban normal que un home se sentise atraído pola beleza dun xoven tanto ou máis que por unha muller .

É importante remarcar que o erómeno era un adolescente xa entrado na puberdade , e non un neno , como se entende no concepto actual de pederastia.

Esta práctica xurdiu como unha tradición aristocrática educativa e de formación moral . A pederastia era unha institución na cultura grega que funcionaba como rito de paso da adolescencia á idade adulta, xa que o erastés se convertía nunha especie de titor legal, mentor, amigo e amante do mozo .

Cortexo pederasta
7. 7. Consideracións sobre a pederastia

Os mozos comezaban na puberdade a manter estas relacións, aproximadamente á mesma idade en que as mozas eran entregadas en matrimonio a maridos bastantes anos maiores ca elas. A diferenza era que os mozos tiñan que ser cortexados e podían escoller libremente as súas parellas ; as mozas non tiñan elección xa que os seus matrimonios eran concertados entre o pai e o pretendente para obter un beneficio político e económico.

Na sexualidade grega existía unha marcada polarización entre compañeiros “activos” e “pasivos” , penetrador e penetrado , que estaría asociada con roles sociais dominantes ou sumisos . Calquera actividade sexual na que un home penetrara a alguén socialmente inferior se consideraba normal. Igualmente, ser penetrado, especialmente por alguén socialmente inferior, podía ser considerado vergoñento.

Escena sexual
8. 8. O lesbianismo

A poetisa Safo , do século VII a. C., que procedía dunha familia aristocrática da illa de Lesbos , fundou unha escola para educar ás mozas da alta sociedade nos deberes do matrimonio. A educación das rapazas incluía a lectura, a música e a danza, cousa moi inusual na época.

Safo escribiu numerosos poemas que describían o amor entre mulleres. Ás veces este amor é correspondido e outras non.

A muller que practicaba a homosexualidade feminina se lle denominaba tríbada , do verbo tribo (frotar).

Ó contrario que a homosexualidade e a pederastia entre homes, o amor entre mulleres non era ben visto na antiga Grecia.

Safo de Lesbos
9. 9. Poema de Safo Atthi no ha regresado. En verdad, me gustaría estar muerta. Al abandonarme, ella lloraba. Lloraba y me decía: "¡Ah, Safo! Mi dolor es inmenso. Me voy a pesar de ti..." Y yo le respondía: "Ve feliz, recuérdame. ¡Ah! ¡Tú sabes bien cuánto te quiero!".
10. 10. Poema de Safo … Conceda el medrar a mi boca… … Velad vosotras por los bellos dones de las Musas ceñidas de violetas, muchachas, y por la dulce lira de los cantos, pero mi piel, en otro tiempo suave, de la vejez ya es presa, y tengo blancos mis cabellos que fueron negros, y torpes se han vuelto mis fuerzas, y las piernas no me sostienen, antaño ágiles cual cervatillos para la danza. He aquí mis asiduos lamentos, pero ¿qué podría hacer yo? A un ser humano no le es dado durar por siempre. A Títono, una vez, cuentan que Aurora de rosados brazos por obra de amor lo condujo a los confines de la Tierra, joven y hermoso como era, mas lo encontró igualmente al cabo la canosa vejez, a él, que tenía esposa inmortal. … Pero yo amo la ternura; …mi suerte es esto y la brillante ansia de sol y la belleza.
11. 11. A prostitución

A prostitución foi unha actividade común na vida cotiá das cidades gregas máis importantes . Particularmente nas zonas portuarias daba traballo a un número significativo de persoas constituíndo unha actividade económica de primeiro nivel . Exercida tanto por homes como por mulleres, a clientela era maioritariamente masculina.

Se atribúe a Solón a creación de burdeles estatais a prezos moderados.

A naturalidade coa que se percibía a prostitución feminina se pon de manifesto na seguinte cita do pseudo-Demóstenes :

“ Temos ás cortesanas para o pracer, ás concubinas

para proporcionarnos coidados diarios e ás esposas

para que nos dean fillos lexítimos e sexan as guardianas fieis da nosa casa.”

12. 12. As pornai e as prostitutas independentes

As pornai (“vendidas”) eran normalmente escravas propiedade dun proxeneta (“pastor das prostitutas”). Este propietario podía ser un cidadán ou un meteco para o que ese negocio constituía unha fonte de ingresos como calquera outra e pola que tiña que pagar un imposto proporcional aos beneficios que xeraba. O seu traballo se desenrolaba en prostíbulos nos barrios coñecidos por esta actividade, tales como O Pireo (porto de Atenas) ou O Cerámico . Este tipo de prostitución era frecuentada polos mariñeiros e os cidadáns pobres.

As prostitutas independentes traballaban directamente na rúa utilizando recursos publicitarios para captar clientes como usar a maquillaxe de xeito pouco discreto. Estas prostitutas son de orixes diversos: mulleres metecas que non atopan outro emprego, viúvas pobres, antigas pornai que lograron independizarse… En Atenas tiñan que estar rexistradas e pagar impostos .

Prostitutas con clientes
13. 13. As Heteras ou Hetairas

As Heteras ou Hetairas constitúen a categoría máis alta entre as prostitutas. Non se contentan só con ofrecer servizos sexuais xa que posúen unha educación esmerada e son capaces de tomar parte nas conversacións entre xentes cultivadas. Únicas entre as mulleres gregas, son independentes e poden administrar os seus bens.

Un exemplo eminente foi Aspasia de Mileto, amante de Pericles e unha das mulleres máis célebres do s. V a.C. Foi admirada por Sócrates, Fidias, Sófocles…

Aspasia de Mileto Hetaira cun cliente
14. 14. Prostitución sagrada e masculina

No templo adicado a Afrodita en Corinto certas mulleres adicadas ao culto da deusa realizaban o acto sexual a cambio de cartos. Eses cartos ían directamente ao mantemento do templo e as sacerdotisas. Neste contexto o sexo era considerado un xeito de render culto á deusa , e este tipo de mulleres gozaban dunha alta consideración social .

En Grecia tamén había prostitutos . Unha parte deles se dirixía a unha clientela feminina ( gigolós ). Sen embargo a maioría dos prostitutos tiñan como clientela a homes adultos. Este tipo de prostitución está reservada basicamente aos adolescentes , que eran considerados desexables dende a puberdade ata a aparición da barba , pois a vellosidade nos chicos era obxecto de profundo asco para os gregos

Escena sexual Home ofrecéndolle cartos a un mozo a cambio de sexo
15. 15. Política e cidadanía Pericles ante a Asamblea
16. 16. Evolución política do mundo grego

Etapa arcaica (s. VIII-VI a.C.) : o número de cidadáns era bastante reducido, xa que só os que tiñan amplas propiedades agrícolas e que podían costearse o equipo de guerra tiñan dereitos políticos e obrigas militares. Eran os aristoi (“os mellores”).

Etapa clásica (s.V-IV a.C.) : é a etapa do nacemento da democracia en Atenas. Ainda que era unha democracia restrinxida con ela naceu a idea da igualdade dos cidadáns en dereitos e deberes.

Etapa helenística (s. IV-I a.C.) : tralas conquistas de Filipo e Alexandre Magno o sistema político das polis desapareceu. Continuaron existindo como cidades, pero perderon a capacidade de autogoberno.

Pericles Alexandre Magno
17. 17. Os órganos de goberno da democracia ateniense
18. 18. Comparación con Esparta
19. 19. A democracia en Atenas Asamblea de cidadáns 1) Acrópole de Atenas. 2) Orador. 3) Gardián da orde. 4) Altar de Zeus. 5) Clepsidra. 6) Escribas. 7) Cidadáns.
20. 20. A escravitude no mundo antigo I

A posesión de homes e mulleres en propiedade, como si se tratase de obxectos, foi unha destacada característica das sociedades grega e romana.

O escravo antigo non era considerado como unha persoa con dereitos . Simplemente era unha propiedade máis do seu amo , como podían selo os seus animais, ou os seus mobles, polo que non recibía salario ou compensación económica algunha. Se lles podía outorgar ocasionalmente algún tipo de recompensa polos seus fieis servizos; cantidades coas que quizais podía mercar a liberdade algún día.

Os matrimonios entre escravos non tiñan carácter legal, adquirindo os fillos ao nacer a condición de escravos .

Escravo negro coas mans atadas á espalda
21. 21. A escravitude no mundo antigo II

A piratería e as campañas militares foron a orixe da enorme cantidade de escravos que había dispoñibles no mundo antigo.

A maioría dos escravos eran “ bárbaros ” vendidos en pública subasta aos particulares polos mercaderes , que os compraban aos exércitos que volvían con miles deles, para obter a continuación grandes beneficios.

O Estado se reservaba unha cantidade considerable de escravos para o traballo nas minas , conservación e construción de obras públicas ou para o servizo de vixilancia nas rúas .

Había unha diferenza importante entre os que eran destinados ás tarefas agrícolas e os que cumprían un servizo doméstico na casa dos seus amos. Moitos deles eran liberados á morte dos seus donos si se comportaban con lealdade e obediencia .

Escravo xunto a súa ama