SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 56
Auga que
traballa
As correntes de auga conteñen enerxía potencial (pola
diferencia de altura entre dous puntos) e enerxía cinética
(polo movemento).
É unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da
auga).
A enerxía da auga (enerxía hidráulica) é unha enerxía
renovable que depende do sol (ciclo da auga).
Para aproveitar a enerxía da auga utilízase unha roda hidráulica que
funciona como un torno. A auga golpea nos puntos exteriores producindo
un movemento de rotación que se transmite ao eixo.
As rodas de empuxe superior instálanse en
lugares con pouca cantidade de auga porque
para producir o movemento aproveitan a
diferencia de peso que orixina nun dos lados
da roda a auga almacenada nos caixóns.
As rodas de empuxe inferior
instálanse en lugares con auga
rápida e caudal abundante.
A roda pode ir conectada directamente co resto dos aparellos ou precisar
un sistema de operadores que cambien a dirección do movemento.
ENERXÍA
HIDRÁULICA
ENERXÍA
MECÁNICA
ENERXÍA
ELÉCTRICA
Muíños
Batáns,
mazos…
Serradeiros Noras
USOS TRADICIONAIS DA ENERXÍA HIDRÁULICA EN GALICIA
Galicia é un país percorrido por máis de mil ríos e regatos e as nosas xentes
souberon construír diversos enxeños para aproveitar a enerxía da auga,
tanto nos grandes ríos como en calquera pequena corrente.
Os máis abundantes son os muíños, dos que hai varios milleiros.
Nas zonas mineiras de ferro abondaban as ferrerías e espallados por moitas
zonas atópanse tamén batáns para mazar la e serrerías. No seculo XIX
funcionou algunha fábricas textil con enerxía hidráulica como a Isabel II en
Neda e muíños de papel. En algúns muíños e ferrerías instalábanse
xeradores para producir “luz”.
Mecanismos para moer. Utilízanse para triturar distintos
materiais, sobre todo cereais.
A enerxía da auga move o rodicio que por medio do eixo fai
xirar a moa.
MUÍÑOS
O tamaño e a estrutura
construtiva dos muíños
galegos é moi variada.
Acea no Miño (Lugo)
Pequeno muíño no Xallas
TIPOS DE MUÍÑOS SEGUNDO
A POSICIÓN DA RODA MOTRIZ
Roda vertical (bruia) Roda horizontal (Rodicio)
1-RODA VERTICAL (BRUIA)
Roda hidráulica con canle de alimentación inferior. É o tipo máis
simple. Aproveita só o impulso da auga e depende do fluxo da
corrente. Instálase en ríos de caudal abundante e corrente forte
Roda hidráulica con canle de alimentación superior: o peso da auga que cae
nos caixóns ou pas aumenta a forza. Instálanse en regatos de caudal escaso.
Algunhas son reversibles e poden cambiar o sentido de rotación.
2-RODA HORIZONTAL (RODICIO)
Son os máis comúns. A roda motriz vai situada nun oco
inferior, chamado inferno, debaixo da estancia onde está o
aparello de moer.
MUÍÑO DE CUBO
Instálase en ríos de caudal
escaso. Gáñase forza da auga
pola altura que esta acada
dentro do cubo.
MUÍÑO DE BALSA
Instálase en ríos de caudal
escaso. A balsa serve de
reserva de auga.
MUÍÑO DE ARTESA
Instálase en ríos de caudal
escaso. Combina a función
do muíño de cubo (aumento
de altura) e o de balsa
(reserva de auga)
MUÍÑO DE DORNA
OU DE REGOLFO
O rodicio vai metido nun pozo
cilíndrico para aproveitar a forza
da auga que rebota nas paredes.
ELEMENTOS DUN MUÍÑO
Presas ou tostas
canles e aliviadoiros
Canles de entrada con sistemas para pechar a achega de auga.
RODICIO: actúa como un torno. A auga bate nas pás e fai xirar a roda.
Remate da canela cun pechadoiro.
Rodicio e viga ou mesa.
VEO: eixo que transmite o
movemento do rodicio á moa. O
extremo do eixo (grilo) xira sobre
unha pedra moi dura (ra)
VIGA: actúa como unha panca de
2º xénero. Eleva o sistema eixo-
rodicio-moa regulando a
separación entre as pedras e polo
tanto o grosor da moenda.
ra
REGULADOR, ERGUEDOIRO OU TEMPERO: controla a viga para separar máis ou
menos as pedras e moper máis fino ou máis gordo.
aparellos de moer
muíños co tremiñado de madeira
muíño co tremiñado de pedra
MOEGA: tolva onde se deposita o gran
A forma de plano inclinado faino baixar
pola QUENLLA ou CANETA.
MOA ou CAPA: pedra móbil que
xira e moe o gran contra o pé. A
forma de plano inclinado xunto co
movemento de rotación fai sair a
fariña polas beiras.
As peneiras de traque van conectadas ao
mecanismo que move o muíño.
Pa e peneira
Ucha
Medidas: ferrado e maquía
Conxunto de muíños do Folón (O Rosal).
Conxunto de muíños do Barosa (Barro).
Ferrería de Seoane. O Courel.
FERRERÍAS
Son instalacións adicadas ao
traballo e transformación do ferro.
Naceron na Idade Media e foron
moi abundantes no Caurel, en
Riotorto, A Pontenova, O Incio, A
Fonsagrada...
Utilizaban a forza da auga para
mover grandes mazos cos que se
traballaba o ferro, os foles para
avivar o lume da fragua, as rodas
de puír e afiar para rematar as
ferramentas, as prensas para dar
formas e os tornos para facer os
mangos. As máis recentes tiñan
machucos máis lixeiros movidos
por correas de trasmisión.
O eixo da roda (árbore) leva uns saíntes
(malumbreiros) que obrigan a levantar o
mazo. Este cae polo seu propio peso e
golpea o ferro (quentado previamente na
fragua) contra a ingre.
O banzado é un depósito de
auga situado na parte alta da
instalación. Desde el a auga
baixa polo chifrón para
mover a roda.
Mazo de Bogo, A Pontenova.
Mazo de Santa Comba. Lugo
Ferrería de Penacova. Bóveda.
Rodas e eixo
Para insuflar o aire utilizaban varios sistemas: foles (accionados
manualmente ou cunha roda hidráulica), trompas de auga ou émbolos.
moa de afiar
Mazo hidráulico de Penacova.
BATÁNS
Usábanse para mazar os
tecidos de la.
Os panos, despois de
tecidos, colocábanse en
pías con auga onde se
golpeaban para estreitar e
enlear as febras e darlles
corpo e suavidade.
SERRERÍAS
Instalacións para cortar
madeira. As máis sinxelas tiñan
unha serra simple. As máis
complexas utilizaban a auga
para facer funcionar serras,
tornos e cepilladoras mediante
rodas de diferentes tamaños e
correas de trasmisión.
Serrería en Maceiras (Covelo)
Serrería en Maceiras
RODAS DE
AFIAR
Usábanse para facerlle o fío
ás ferramentas.
FÁBRICAS DE PAPEL
Usában a auga para mazar as febras.
En Galicia houbo varias: Arenteiro, Lousame, Faramello…
Fábrica de Papel de Domingo Fontán, en Vilacova
Arenteiro
MAZO DO LIÑO
Utilizábase para mazar o liño.
Mecanismo para mazar o liño
(reconstrucción). Museo Casa do
Patrón. Doade (Lalín).
PETACÁN
(ESPANTAPAXARO
S) Curioso enxeño que se
instalaba nos regos de
auga para espantar os
paxaros producindo ruídos.
REFRÁNS
-Cando o muíño busca o gran… tantarantán.
-Vale máis acea parada que muiñeiro amigo.
-Se o muíño non anda a maquía non gaña.
-Nin muíño sen rodicio nin home sen oficio.
-Cando a acea está parada nin da proveito nin gaña
nada.
-Na acea moe o primeiro que chega.
TRADICIÓN ORAL
CANTIGAS
Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira
esa sí que é muiñada.
No muíño fan cantigas,
no muíño dan consellos,
no muíño fanse amores
e contan contos os vellos.
Ao muíño do meu pai
eu ben lle sei o tempero:
cando está alto baixalo,
e cando está baixo erguelo.
Interior dun muíño (Ilustración gallega y asturiana)
O muíño troula troula
bota fariña da roda,
a meiga da muiñeira
ten un andar que namora.
Á porta daquel muíño
púxenme a considerar
as voltas que da o rodicio
e aínda as que ten que dar.
 
Non se precisa pandeiro
para bailar a muiñeira,
mentras dura a muiñada
márcanolo ritmo a albeira.
DITOS
-Cada muíño quere a súa auga
-Auga pasada non move muíño
-O que pode, vai ao muíño e moe
ADIVIÑAS
Que será unha cousiña cousa que
anda e anda e nunca sae da casa?
(A roda do muíño)
Canto máis fame ten máis anda.
(A roda do muíño)
Anda e non ten pés
come e non ten boca,
canta comida lle dan
toda lle parece pouca.
(A roda do muíño)
Máis de mil señoritos
entraron (ao entrar) por un burato,
colleron nome de femia
e perderon o de macho.
(Os graos ao facerse fariña)
MUÍÑEIRA DA REVOLTA
Muiñeira da Revolta,
da Revolta revoltada,
fóichese a risa dos beizos
fóichese o brilo da cara.
(...)
A tolba chea non treme,
o tarabelo non baila,
o rodicio non se move,
a moa dorme calada,
silandeiro está o muíño
como unha casa queimada...
a ágoa vaise perdida
¡ai! como a túa mirada.
¡Espílete, muiñeira
da Revolta revoltada!
(...)
Ramón Cabanillas
“POESÍAS VENTUREIRAS”
ESCOLMA LITERARIA
“Vexo nesta morea de pedras o paso do tempo. …Vexo a auga do río que se arreda, que xa
non fai danzar os rodicios. Vexo o que foi carreiro mallado de tódo-los veciños, carreiro de
millo e centeo arrincados á terra ano tras ano, para se trocar en fariña-pan-mantenza. Vexo e
non vexo no seu trafego o tío Marcial enfoulado, maquiando, sorrindo…
Fuxiron as moas brancas de pedra, o arrolar da cangalleira, a anterga música do tarabelo.
Fuxeu a ringla de saquetes de liño, e as historias de enchentas e afogados, e o parrafeo
xeitoso da moza casadeira.
Todo se afundeu baixo desta cativa morea de pedras”.
Xosé Neira Vilas, en Lar, Ed. Akal, Madrid, 1974
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Maio 2013

Más contenido relacionado

Destacado

Río San Francisco
Río San FranciscoRío San Francisco
Río San Franciscoiesasorey
 
Muros e árbores de Granadilla
Muros e árbores de GranadillaMuros e árbores de Granadilla
Muros e árbores de Granadillaiesasorey
 
Historias do asorey mar
Historias do asorey marHistorias do asorey mar
Historias do asorey mariesasorey
 
Río Iantsé (Azul)
Río Iantsé (Azul)Río Iantsé (Azul)
Río Iantsé (Azul)iesasorey
 
Historias do asorey m ambiente
Historias do asorey m ambienteHistorias do asorey m ambiente
Historias do asorey m ambienteiesasorey
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastoraiesasorey
 
Decembro 2015
Decembro 2015Decembro 2015
Decembro 2015iesasorey
 
Río Okawango
Río OkawangoRío Okawango
Río Okawangoiesasorey
 
Volcáns 2ºa
Volcáns 2ºaVolcáns 2ºa
Volcáns 2ºaiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 

Destacado (16)

Río San Francisco
Río San FranciscoRío San Francisco
Río San Francisco
 
Muros e árbores de Granadilla
Muros e árbores de GranadillaMuros e árbores de Granadilla
Muros e árbores de Granadilla
 
A roseira
A roseiraA roseira
A roseira
 
Río Murray
Río MurrayRío Murray
Río Murray
 
Río Obi
Río ObiRío Obi
Río Obi
 
Río Mekong
Río MekongRío Mekong
Río Mekong
 
O río umia
O río umiaO río umia
O río umia
 
Historias do asorey mar
Historias do asorey marHistorias do asorey mar
Historias do asorey mar
 
Río Iantsé (Azul)
Río Iantsé (Azul)Río Iantsé (Azul)
Río Iantsé (Azul)
 
Historias do asorey m ambiente
Historias do asorey m ambienteHistorias do asorey m ambiente
Historias do asorey m ambiente
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 
Decembro 2015
Decembro 2015Decembro 2015
Decembro 2015
 
Río Okawango
Río OkawangoRío Okawango
Río Okawango
 
Volcáns 2ºa
Volcáns 2ºaVolcáns 2ºa
Volcáns 2ºa
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 

Similar a Auga que traballa (20)

Os muíños de abadín
Os muíños de abadín Os muíños de abadín
Os muíños de abadín
 
Usos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa culturaUsos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa cultura
 
Muiño hidráulico
Muiño hidráulicoMuiño hidráulico
Muiño hidráulico
 
Os muiños
Os muiñosOs muiños
Os muiños
 
Muíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-CambadosMuíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-Cambados
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a seca
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 
Traballo muiños kevin
Traballo muiños kevinTraballo muiños kevin
Traballo muiños kevin
 
Muíños grupo 1 corrixido
Muíños grupo 1 corrixidoMuíños grupo 1 corrixido
Muíños grupo 1 corrixido
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidades
 
Os muíños
Os muíñosOs muíños
Os muíños
 
Couselo
CouseloCouselo
Couselo
 
Traballo dos muíños
Traballo dos muíñosTraballo dos muíños
Traballo dos muíños
 
A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...
A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...
A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...
 
Auga que hai que pasar
Auga que hai que pasarAuga que hai que pasar
Auga que hai que pasar
 
Mazos-ferrerías
Mazos-ferreríasMazos-ferrerías
Mazos-ferrerías
 

Más de iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna iesasorey
 
A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey iesasorey
 

Más de iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna
 
A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey
 

Auga que traballa

  • 2. As correntes de auga conteñen enerxía potencial (pola diferencia de altura entre dous puntos) e enerxía cinética (polo movemento). É unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da auga).
  • 3. A enerxía da auga (enerxía hidráulica) é unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da auga).
  • 4. Para aproveitar a enerxía da auga utilízase unha roda hidráulica que funciona como un torno. A auga golpea nos puntos exteriores producindo un movemento de rotación que se transmite ao eixo. As rodas de empuxe superior instálanse en lugares con pouca cantidade de auga porque para producir o movemento aproveitan a diferencia de peso que orixina nun dos lados da roda a auga almacenada nos caixóns. As rodas de empuxe inferior instálanse en lugares con auga rápida e caudal abundante.
  • 5. A roda pode ir conectada directamente co resto dos aparellos ou precisar un sistema de operadores que cambien a dirección do movemento.
  • 7. USOS TRADICIONAIS DA ENERXÍA HIDRÁULICA EN GALICIA Galicia é un país percorrido por máis de mil ríos e regatos e as nosas xentes souberon construír diversos enxeños para aproveitar a enerxía da auga, tanto nos grandes ríos como en calquera pequena corrente. Os máis abundantes son os muíños, dos que hai varios milleiros. Nas zonas mineiras de ferro abondaban as ferrerías e espallados por moitas zonas atópanse tamén batáns para mazar la e serrerías. No seculo XIX funcionou algunha fábricas textil con enerxía hidráulica como a Isabel II en Neda e muíños de papel. En algúns muíños e ferrerías instalábanse xeradores para producir “luz”.
  • 8. Mecanismos para moer. Utilízanse para triturar distintos materiais, sobre todo cereais. A enerxía da auga move o rodicio que por medio do eixo fai xirar a moa. MUÍÑOS
  • 9. O tamaño e a estrutura construtiva dos muíños galegos é moi variada. Acea no Miño (Lugo) Pequeno muíño no Xallas
  • 10. TIPOS DE MUÍÑOS SEGUNDO A POSICIÓN DA RODA MOTRIZ Roda vertical (bruia) Roda horizontal (Rodicio)
  • 11. 1-RODA VERTICAL (BRUIA) Roda hidráulica con canle de alimentación inferior. É o tipo máis simple. Aproveita só o impulso da auga e depende do fluxo da corrente. Instálase en ríos de caudal abundante e corrente forte
  • 12. Roda hidráulica con canle de alimentación superior: o peso da auga que cae nos caixóns ou pas aumenta a forza. Instálanse en regatos de caudal escaso. Algunhas son reversibles e poden cambiar o sentido de rotación.
  • 13. 2-RODA HORIZONTAL (RODICIO) Son os máis comúns. A roda motriz vai situada nun oco inferior, chamado inferno, debaixo da estancia onde está o aparello de moer.
  • 14. MUÍÑO DE CUBO Instálase en ríos de caudal escaso. Gáñase forza da auga pola altura que esta acada dentro do cubo.
  • 15. MUÍÑO DE BALSA Instálase en ríos de caudal escaso. A balsa serve de reserva de auga.
  • 16. MUÍÑO DE ARTESA Instálase en ríos de caudal escaso. Combina a función do muíño de cubo (aumento de altura) e o de balsa (reserva de auga)
  • 17. MUÍÑO DE DORNA OU DE REGOLFO O rodicio vai metido nun pozo cilíndrico para aproveitar a forza da auga que rebota nas paredes.
  • 20.
  • 22. Canles de entrada con sistemas para pechar a achega de auga.
  • 23. RODICIO: actúa como un torno. A auga bate nas pás e fai xirar a roda. Remate da canela cun pechadoiro. Rodicio e viga ou mesa.
  • 24. VEO: eixo que transmite o movemento do rodicio á moa. O extremo do eixo (grilo) xira sobre unha pedra moi dura (ra) VIGA: actúa como unha panca de 2º xénero. Eleva o sistema eixo- rodicio-moa regulando a separación entre as pedras e polo tanto o grosor da moenda. ra
  • 25. REGULADOR, ERGUEDOIRO OU TEMPERO: controla a viga para separar máis ou menos as pedras e moper máis fino ou máis gordo.
  • 29. MOEGA: tolva onde se deposita o gran A forma de plano inclinado faino baixar pola QUENLLA ou CANETA.
  • 30. MOA ou CAPA: pedra móbil que xira e moe o gran contra o pé. A forma de plano inclinado xunto co movemento de rotación fai sair a fariña polas beiras.
  • 31. As peneiras de traque van conectadas ao mecanismo que move o muíño.
  • 32. Pa e peneira Ucha Medidas: ferrado e maquía
  • 33. Conxunto de muíños do Folón (O Rosal). Conxunto de muíños do Barosa (Barro).
  • 34. Ferrería de Seoane. O Courel. FERRERÍAS Son instalacións adicadas ao traballo e transformación do ferro. Naceron na Idade Media e foron moi abundantes no Caurel, en Riotorto, A Pontenova, O Incio, A Fonsagrada... Utilizaban a forza da auga para mover grandes mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar para rematar as ferramentas, as prensas para dar formas e os tornos para facer os mangos. As máis recentes tiñan machucos máis lixeiros movidos por correas de trasmisión.
  • 35.
  • 36. O eixo da roda (árbore) leva uns saíntes (malumbreiros) que obrigan a levantar o mazo. Este cae polo seu propio peso e golpea o ferro (quentado previamente na fragua) contra a ingre.
  • 37. O banzado é un depósito de auga situado na parte alta da instalación. Desde el a auga baixa polo chifrón para mover a roda. Mazo de Bogo, A Pontenova.
  • 38. Mazo de Santa Comba. Lugo Ferrería de Penacova. Bóveda. Rodas e eixo
  • 39. Para insuflar o aire utilizaban varios sistemas: foles (accionados manualmente ou cunha roda hidráulica), trompas de auga ou émbolos.
  • 40. moa de afiar Mazo hidráulico de Penacova.
  • 41. BATÁNS Usábanse para mazar os tecidos de la. Os panos, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde se golpeaban para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade.
  • 42.
  • 43. SERRERÍAS Instalacións para cortar madeira. As máis sinxelas tiñan unha serra simple. As máis complexas utilizaban a auga para facer funcionar serras, tornos e cepilladoras mediante rodas de diferentes tamaños e correas de trasmisión. Serrería en Maceiras (Covelo)
  • 45. RODAS DE AFIAR Usábanse para facerlle o fío ás ferramentas.
  • 46. FÁBRICAS DE PAPEL Usában a auga para mazar as febras. En Galicia houbo varias: Arenteiro, Lousame, Faramello… Fábrica de Papel de Domingo Fontán, en Vilacova Arenteiro
  • 47. MAZO DO LIÑO Utilizábase para mazar o liño. Mecanismo para mazar o liño (reconstrucción). Museo Casa do Patrón. Doade (Lalín).
  • 48. PETACÁN (ESPANTAPAXARO S) Curioso enxeño que se instalaba nos regos de auga para espantar os paxaros producindo ruídos.
  • 49. REFRÁNS -Cando o muíño busca o gran… tantarantán. -Vale máis acea parada que muiñeiro amigo. -Se o muíño non anda a maquía non gaña. -Nin muíño sen rodicio nin home sen oficio. -Cando a acea está parada nin da proveito nin gaña nada. -Na acea moe o primeiro que chega. TRADICIÓN ORAL
  • 50. CANTIGAS Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira esa sí que é muiñada. No muíño fan cantigas, no muíño dan consellos, no muíño fanse amores e contan contos os vellos. Ao muíño do meu pai eu ben lle sei o tempero: cando está alto baixalo, e cando está baixo erguelo. Interior dun muíño (Ilustración gallega y asturiana)
  • 51. O muíño troula troula bota fariña da roda, a meiga da muiñeira ten un andar que namora. Á porta daquel muíño púxenme a considerar as voltas que da o rodicio e aínda as que ten que dar.   Non se precisa pandeiro para bailar a muiñeira, mentras dura a muiñada márcanolo ritmo a albeira.
  • 52. DITOS -Cada muíño quere a súa auga -Auga pasada non move muíño -O que pode, vai ao muíño e moe
  • 53. ADIVIÑAS Que será unha cousiña cousa que anda e anda e nunca sae da casa? (A roda do muíño) Canto máis fame ten máis anda. (A roda do muíño) Anda e non ten pés come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca. (A roda do muíño) Máis de mil señoritos entraron (ao entrar) por un burato, colleron nome de femia e perderon o de macho. (Os graos ao facerse fariña)
  • 54. MUÍÑEIRA DA REVOLTA Muiñeira da Revolta, da Revolta revoltada, fóichese a risa dos beizos fóichese o brilo da cara. (...) A tolba chea non treme, o tarabelo non baila, o rodicio non se move, a moa dorme calada, silandeiro está o muíño como unha casa queimada... a ágoa vaise perdida ¡ai! como a túa mirada. ¡Espílete, muiñeira da Revolta revoltada! (...) Ramón Cabanillas “POESÍAS VENTUREIRAS” ESCOLMA LITERARIA
  • 55. “Vexo nesta morea de pedras o paso do tempo. …Vexo a auga do río que se arreda, que xa non fai danzar os rodicios. Vexo o que foi carreiro mallado de tódo-los veciños, carreiro de millo e centeo arrincados á terra ano tras ano, para se trocar en fariña-pan-mantenza. Vexo e non vexo no seu trafego o tío Marcial enfoulado, maquiando, sorrindo… Fuxiron as moas brancas de pedra, o arrolar da cangalleira, a anterga música do tarabelo. Fuxeu a ringla de saquetes de liño, e as historias de enchentas e afogados, e o parrafeo xeitoso da moza casadeira. Todo se afundeu baixo desta cativa morea de pedras”. Xosé Neira Vilas, en Lar, Ed. Akal, Madrid, 1974
  • 56. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2013