2. ULEX EUROPAEUS
Tamén coñecida como Toxo, pertence á familia Eguminosae e
ten a súa orixe en Europa.
Trátase dun arbusto espiñento de entre 60 e 200 cm. de
altura, con flores amarelas cuxo froito é unha legume
recuberta de pelo con entre 2 e 8 sementes, que se adapta
perfectamente ós solos pobres e secos e que arde con moita
facilidade.
3.
4. HIERACIUM PILOSELA
Tamén coñecida como “Vellosilla”, trátase dunha especie
espermatófita pertencente á familia Asteraceae e orixinaria de
Europa.
Esta planta ten uns estolóns largos e delgados tendidos no
chan.
As súas follas teñen unha disposición circular e atópanse
todas á mesma altura, son máis estreitas por abaixo e posúen
pelos pálidos.As flores teñen entre 1,8 e 2,2 cm. de diámetro
e a súa cor adoita ser amarelo pálido, con raias na superficie
externa.
Florece de maio a setembro.
5.
6. AMARYLLIS BELLADONNA
Tamén coñecida como "Dama desnuda", é unha planta
perenne e bulbosa, con 5 ou 10 cm de diámetro cada bulbo,
nativa de Sudáfrica coa peculiaridade de que que as súas
flores atrompetadas aparecen antes que as follas.
A floración soe producirse en inverno e as súas flores saen no
extremo dos talos, con cores que van dende o branco ata
laranxa pasando polo rosa e o vermello.
As súas follas, que se producen en outono e so en caer en
primavera, teñen entre 30 e50 cm de lonxitude, 2 o 3 cm de
ancho e colócanse separadas en dúas filas.
7.
8. CALYSTEGIA SILVATICA
Tamén coñecida como “Campanilla Mayor”, trátase dunha
planta perenne e rubideira que pode alcanzar os 5 metros de
lonxitude, con talos moi retorcidos e flores en forma de campá
(de aí o seu nome común) de ata 6 cm, coa corola en embude
e normalmente de cor branco ou,en contadas ocasións,
rosadas e que ten a súa orixe na rexión mediterránea e en
Asia sudoccidental.
A súa floración prodúcese de xuño a setembro.
9.
10. DIGITALIS PURPUREA
Tamén coñecida como “Zapatitos de Cristo”, é unha planta
herbácea perenne con talos de entre 50 ou 100 cm que ten a
súa orixe en Europa, África del Norte y Asia occidental.
Esta planta florece dende a primavera e a súa floración dura
entre seis e dez semanas.
As flores son tubulares, de ata 5 cm de longo, con pétalos de
cor que varía dende o amarelo pálido ata o rosa intenso no
exterior e púrpura no interior da corola e forman acios que
colgan boca abaixo.
As súas sementes son dispersadas polo vento pero
a polinización é realizada por abellas.
11.
12. IRIS PSEUDACORUS
Tamén coñecida como lirio amarelo, é unha especie perenne
da familia Iridaceae. É orixinaria de Eurasia.
Ten follas distincas. As flores aparecen preto de marzo ou
xuño e poden ser solitarias ou en pares.
Alcanzan un diámetro de 8 a 10 cm e frecuentemente teñen
manchas laranxas ou púrpuras. Os talos poden medir de 1 a
1,5 m (raramente a 2 m).
O seu hábitat é en pantanos e ribeiras de toda Europa.
13.
14. BELLIS PERENNIS
Tamén coñecida como chiribita, margarida
común, pascueta ou vellorita é unha planta herbácea moi
utilizada para a decoración.
É unha planta herbácea perenne, ocasionalmente con
pequenos rizomas,con follas de 10-60 por 4-20 mm. As
brácteas teñen pelos pluricelulares máis ou menos
abundantes no dorso e as flores de 5,5-8,5 mm son brancas,
ás veces tinguidas de púrpura.
Nativa de Europa e Norte de África ata Asia Central e
introducida no resto do mundo.
Florece e frutifica de outubro a xuño.
15.
16. FUMARIA CAPREOLATA
Tamén coñecida como fumaria branca ou avelaíña, é unha
planta herbácea anual da subfamilia Fumarioideae, nativa de
Europa meridional.
Ten un talo rubideiro ou rastreiro, que alcanza os 100 cm de
altura. Presenta follas plurilobuladas e alternas. En inverno ou
a comezos de primavera aparecen nos talos acios de flores
de 10 a 15 mm, brancos, con dous sépalos. A corola está
composta por catro pétalos unidos no ápice pero libres.
O froito medra ao cabo dun pedicelo protexido por brácteas.
17.
18. TARAXACUM OFFICINALE
Tamén coñecida como dente de león e meacamas, é unha
especie de planta con flor da familia das asteráceas.
Considerada xeralmente como unha "mala herba", as súas
follas consúmense en ensalada e atribuíronselle numerosas
propiedades medicinais.
É unha planta anual e perenne con raíz primaria larga, pero
non adoita alcanzar máis de 40-50 cm. Ten follas alternas
cunha nervadura central. O talo permanece sempre acurtado,
é por isto que se denominan plantas acaules. Teñen
pedúnculos ocos, que ao romper emanan un xugo leitoso
amargo. As flores son hermafroditas, cun cor amarelo
dourado.
Florece en primavera a ata fins de verán.
O froito é un aquenio con longo pico e vilano.
19.
20. PAPAVER DUBIUM
Tamén coñecida como papoula é unha especie pertencente á
familia das papaveráceas.
É moi parecida á papoula común, pero cos pétalos vermellos
máis pálidos e curtos, de 1,5 a 3 cm, ás veces cunha mancha
escura na súa base. Ten unha cápsula duns 1,5 e 2 cm de
longo.
Florece en primavera e verán.
Atópase máis frecuentemente en terreos cultivados.
21.
22. CISTUS PSILOSEPALUS
Tamén coñecida co nome de carpaza, é unha planta
subarbustiva propia de sotobosques.
Ten follas planas, de cor verde viva, peludas por ambas as
dúas páxinas. As flores son hermafroditas e actinomorfas, de
ata 4 cm., solitarias ou en cumes paucifloras. Sépalos
exteriores moito maiores, acorazonados, acrecentes no froito.
Pétalos brancos, obovados e truncados. Estames numerosos.
O froito está contido nunha cápsula e é peludo.
Florece no verán.
23.
24. ARENARIA MONTANA
É unha especie de planta herbácea pertencente á familia das
cariofiláceas.
É unha planta herbácea moi ramificada, de talos finos, con
certa tendencia rubideira sobre os arbustos da matogueira
cando crece entre eles. Ten follas grandes entre 1-3 cm. O
nervio medio destas case non se ve. As flores son
pedunculadas, o tamaño do pedúnculo é igual ou maior que o
dos sépalos, os cales presentan pelos. Teñen a corola
branca, vistosa, cun diámetro duns 2 cm. Presenza de
pelos glandulosos.
Medra en medios rochosos e pedregosos ou matogueiras de
zonas cálidas litorais.
25.
26. LAVATERA CRETICA
É unha especie de planta herbácea pertencente á
familia Malvaceae.
As flores son de cor rosa moi clara, con veas de cor máis
escura. Os pétalos están profundamente lobulados. Pódese
confundir con Malvasylvestris, pero esta última ten a corola de
cor rosa intensa, e ocalículo está formado por pezas
pequenas e estreitas.
Florece dende o inverno e durante a primavera.
É moi común atopala en marxes de campos e camiños.
27.
28. TRIFOLIUM REPENS
Tamén coñecida como trevo branco, é unha especie de trevo
nativa de Europa, norte de África, e Asia occidental. É
cosmopolita, ao aparecer en distintas ambientes dentro do
clima morno húmido. É moi importante como forraxeira.
É unha planta herbácea e perenne. Alcanza unha altura de
10 cm. Propágase por estolóns e sementes. O sistema radical
é ramificado na súa raíz principal. As follas
son pecioladas e trifoliadas. Os estolóns atópanse abrazados
por estípulas membranosas das follas. As flores son de
tipopapilionáceo ou papilionoides. Os froitos conteñen tres ou
carto sementes en forma de corazón, sumamente pequenas e
de cor variable do amarelo ao marrón-avermellado.A semente
ten forma redondeada cunha protuberancia que coincide coa
posición da futura radícula.
29.
30. OENANTHE CROCATA
Tamén coñecida como nabo do demo é unha especie da
familia dasapiáceas.
Distínguese polos lóbulos das follas basais que son ovados
ou redondeados, de dentes romos, e radios primarios e
pedúnculos das umbelas que non engrosan en froito.
Perenne, robusta e ramosa de ata 1,5 m. Flores brancas, en
umbelas terminais de 10-40 raios primarios; brácteas
e bracteolas pequenas. Froito cilíndrico de ata 6 mm, estilos a
metade de longos.
Florece a final de primavera e en verán.
Habita en canles, beiras de mananciais e ríos.
31.
32. PTERIDIUM AQUILINUM
Tamén coñecido como fento aguia, é unha especie de fento
pertencente á familia Hypolepydaceae. Esta especie é un dos
organismos vexetais de máis ampla distribución podendo
encontrarse en todos os continentes, salvo a Antártida.
Fento vivaz ou perenne cun rizoma subterráneo moi
desenvolvido que chega a alcanzar ata un metro de lonxitude
de cor parda e cuberta de peluxes escuras.
Distribución mundial e ausente en zonas desérticas que
habita sobre chans profundos ben drenados ata areentos e en
zonas frescas con substratos pobres en bases ou
lixeiramente silíceos.