IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
Fontes, pozos, lavadoiros
1.
2. A auga da chuvia e a neve ao fundirse vai enchoupando a terra pouco
a poco e formando milleiros de veas que circulan polo seu interior e
que ao saír logo á superficie dan lugar a mananciais, illós e minas.
5. Os lugares onde abrolla a auga (illós, ínsuas, pozas, lameiros, fontes,
mananciais…) foron sempre moi buscados por ser puntos de
referencia para o asentamento das persoas e as súas actividades, e
por eso foron sempre coidados e respectados.
Para mellorar o su rendemento e facilitar o seu aproveitamento
realízanse obras nas que a pedra ten un protagonismo especial.
6.
7. minas
Para concentrar a auga que abrolla realízanse excavacións horizontais
(minas) ou verticais (pozos). A obra complétase cunhas paredes que
impiden a perda de auga, ao tempo que facilitan a súa recollida.
8. Os pozos antigos revestíanse interiormente de pedra e, en ocasións,
contaban con chanzos ou escadas para poder baixar a eles e realizar
traballos de limpeza e mantemento.
9. Maqueta dun pozo castrexo.
Museo Arqueolóxico da Coruña Pozo no castro de San Cibrao das Las.
10. Os pozos de abastecemento das casas rodéanse, como protección, con
peitorís de pedra cilíndricos ou prismáticos.
11. Nalgunhas zonas os pozos van cubertos cun tellado posto sobre catro
esteos ou unha caseta pechada, cun pousadoiro para o caldeiro ou
balde, ao pé da que pode haber tamén unha pía ou lavadoiro.
13. Debuxos de Xaquín Lourenzo (Xocas) con distintos tipos de pozos e sistemas para elevar a
14.
15. Maruxiña vai na fonte
moito tarda que non ven,
ou rompeu o cantariño
ou moitos amores ten.
16. As fontes concentran a saída
da auga nun punto (cano ou
picho). As obras son moi
variadas, desde as máis
sinxelas, cunha parede e uns
canos aos que se lle engaden,
ás veces, pías ou depósitos
para retela; ata as fontes
monumentais dos mosteiros
e cidades nas que o aspecto
artístico e construtivo ten
tanta ou máis importancia
que o utilitario.
17. TIPOS DE FONTES
Fontes de Fontes de cano.
manancial ou minas . A auga condúcese por canos.
Teñen un depósito onde se As máis simples consisten nunha
estanca a auga que pode estar simple canle que se sitúa na boca
reforzado con muros e da mina (ás veces unha tella ou
cuberto. unha folla de verza) e as máis
complexas son as fontes
monumentais con varios canos.
22. A “fonte de cabaliño” consiste nun muro, xeralmente de pedra ben traballada,
cun cano que se ensancha para beber a xente e que verte noutros depósitos con
distinta función: pías para beber o gando lavadoiros…
A Torre (Amil-Moraña)
47. Arredor das nacentes de auga xurdiron numerosas crenzas e
tradicións, en especial aquelas que nunca secan ou que teñen augas
con propiedades especiais. En moitas delas realizábanse rituais que a
igrexa cristianizou construíndo na súa proximidade santuarios.
Os Miragres (Amil)
Santa Minia
48. CRENZAS:
-Existen numerosas fontes miragreiras asociadas a santuarios (Santo
André de Teixido, A Escravitude, Santa Mariña de Augas Santas, As
Ermidas, A Lama, Amil, A Fonsagrada...)
Santuario da Nosa Señora do Val de Poulo (Gomesende)
49. A “Fonte Sacra”
da Fonsagrada
Conta a lenda que unha
noite chegou un peregrino
moi canso ao que ninguén
daba refuxio. Unha viúva
moi pobre acolleuno na súa
casa e deulle o único que
tiña para comer, pan negro
e nabos. Cando volveu de
buscar unha xerra de auga
da fonte atopou con que a
auga se convertera en leite e
na mesa tiña un bolo de pan
e o peregrino dasaparecera.
Desde aquela a fonte
chámase “Fonse Santa” e
dalle nome á Fonsagrada.
50. Santa Mariña de Augas
Santas: conta a lenda que
cando á santa lle cortaron a
cabeza, ao cair dou tres golpes
no chan dos que naceron tres
fontes que aínda agora teñen
auga.
51. Cando estés no San Andrés de Teixido terás que beber auga da fonte
dos tres canos. Podes botar as farangullas do pan para saber se
casarás logo segundo naden ou afundan.
52. Fonte de Santa Rosa
Barreiros
CRENZA:
-Na fontes de algúns santuarios móllanse os panos para pasar pola
imaxe do santo ou santa e logo pola cara. Déixanse a secar polas
árbores e valos.
53. CRENZAS:
-Coller auga nove veces dunha fonte que nunca secou para curar
certos males (ouvídos, ollos...) ou para facer a auga da noite de San
Xoán.
-Hai que coller auga de sete fontes, antes de raiar o sol, para curar
enfermidades ou para levedar mellor o pan.
54. CRENZAS:
-Nas fontes habitan mouras, fadas e espiritus encantados e hai
agochados tesouros, sobre todo nas que hai a carón dos castros e
mámoas.
-Cando un forasteiro bebe auga, ou lava as mans en determinadas
fontes (Verín, Ourense...) casa no lugar.
55. “Habitan, á beira das
fontes campesiñas,
fadas loiras, que
penteian eternamente
cabelos dourados,
como a dona Ana
Manana, á que a de se
invocar tres veces,
perto do pozo de
Meimón, na estrada de
Ourense a Castrelo, ou
trasnos pícaros que
tecen de bulras ás
mozas augadoras…
(Luís Seoane, 1973)
Acibeiro
57. Os lavadoiros son construcións, xeralmente de pedra, formada por un
ou dous pilóns, lixeiramente máis baixos que o terreo circundante,
rodeados dun piso empedrado. A maior parte van cubertos.
Moitas veces van asociados a unha fonte e complétanse con pías para
beber o gando. Tamén se poden construír na canle dun río.
58. Ata hai pouco tempo os lavadoiros eran centros de reunión e lugares
de intercambio de información veciñal.
CANTIGA POPULAR:
Maruxiña, tí é-lo demo
sempre me andas tentando.
se na fonte, se no río.
sempre te encontro lavando.