SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 48
vaca (Bos taurus) vaca cattle   vache vaca
A vaca é un mamífero artiodáctilo co corpo de aspecto macizo e pesado cuberto por pelo curto de cor variable segundo a raza.  Xeralmente o macho é máis grande e máis forte, cos músculos e os cornos máis desenvolvidos.  Os machos máis grandes e pesados poden superar 1,50 m de altura e 1.000 quilogramos. As femias case nunca superan os 800 kg. Unha vaca pode vivir aproximadamente 20 anos. A maior parte das razas bovinas europeas proceden do uro ( Bos taurus primigenius ) un toro silvestre que se extinguiu no 1627, aínda que tamén as hai de orixe indoeurepeo e norteafricano.
CABEZA en forma de tronco de pirámide, máis ancha na frente e máis estreita no fuciño.  As femias teñen na zona inguinal traseira as ubres (4 tetos) colgantes e os machos os testículos. Rabo longo e fino rematado nunha borla de pelo longo e duro. TRONCO: cilíndrico e groso. PATAS: fortes. Os brazos e os muslos forman un todo co tronco. Pousan as punta dos dedos da man e o pé verticalmente contra o chan sobre unllas reforzadas (pezuños) (teñen catro dedos dos que só dous están apoiados) Pescozo forte cun repregue colgante, a papada. Fuciño lampiño (sen pelos) húmido e rematado nun morro con dous grandes orificios nasais. Orellas de forma oval, grandes e situadas lateralmente, moi móbiles. Cornos curvados cara adiante e arriba
trapecio dorsais glúteo caudais xemelgo abdominais triceps mastigadores MÚSCULOS bíceps femoral deltoide extensor flexor
vértebras cránio maxilar omóplato húmero cúbito radio carpo metacarpo falanxes costelas esternón pelve fémur tibia peroné tarso falanxes ESQUELETO sacro metatarso
tráquea esófago pulmón corazón cavidade nasal cerebro médula espiñal fígado intestino delgado intestino groso vexiga uretra ano ril bandullo ÓRGANOS INTERNOS
pene útero APARATO REPRODUTOR MACHO FEMIA ovario vaxina ubre tetos testículo músculo retractor vexiga
FEMIA MACHO
COMO SE RELACIONAN AS VACAS As vacas andan apoiándose nos pesuños que cobren os dous dedos centrais de cada pata. Os movementos son xeralmente lentos e pausados. Poden correr rápido, pero só distancias curtas -cando  se asustan ou cando fuxen ou pelexan-.
O sentido máis desenvolvido é o olfato. Ten e bo oído, pode mover as orellas para coñecer mellor a dirección da que veñen os sons. A vista é deficiente. Non distinguen as cores. A pel é bantante sensible, aprecia deseguida calquera contacto. A zona máis sensible é o fuciño.
 
As vacas berran ou brúan para chamarse unhas ás outras, cando están en celo ou para pedir alimento. Diante dos ataques deféndense embestindo coa cabeza e cos cornos ou dando couces, sobre todo cando fuxen. O son que emiten as vacas chámase de moitas maneiras segundo as zonas de Galicia: berrar, bruar, muar, bradar, iñar, muñar ou esborrecar. Can está libre vive formando mandas.
ALIMENTACIÓN:  É herbívora: traga unha gran cantidade de alimento, xeralmente vexetais (herba verde ou seca). Máis tarde, nun lugar tranquilo devolve a comida á  boca e remóea, por eso se di que é un animal ruminante.
O tipo de alimentación das vacas depende do xeito de vida: As que viven en libertade comen vexetais verdes, xeralmente herbas, gromos novos de toxos e outras plantas. As que viven estabuladas aliméntanse de herba seca e pensos. Nalgunha zonas pastan de primavera a outono e os meses de inverno aliméntanse de herba seca ou ensilada.
Vacas estabuladas
A vaca ten un gran estómago dividido en catro partes, cada unha cunha función diferenciada: a primeira, de maior tamaño (bandullo), almacena a herba que tragan enteira, alí é atacada polas bacterias que empezan a súa transformación; desde o bandullo a herba, xa amolecida, volve á boca para ser remoída e dalí vai á segunda parte do estómago (retículo) onde é atacada polos ácedos, desta pasa á terceira parte (cenfollas) onde se absorben algunhas das substancias e dela ao calleiro onde continúa a transformación antes de pasar ao intestino.  Con este estómago especializado os ruminantes aproveitan as substancias da herba mellor que os outros herbívoros. bandullo retículo calleiro cenfollas
As crías desenvólvense dentro da nai durante 9 meses (de 280 a 300 días). Normalmente teñen unha cría e máis raramente dúas.  REPRODUCIÓN: A vaca é vivípara. Emparéllase unha vez no ano.  Cando está en celo dise que anda ao boi ou que está de lúa.
As crías pesan ao nacer entre 30 e 40 quilos, están ben desenvolvidas e desguida érguense para dar os primeiros pasos e para mamar. Son iguais aos adultos, sen cornos e coas patas proporcionalmente máis longas A nai lámbeas para limpalas e recoñecelas polo seu olor.  Os xatos ou cuxos maman entre 90 e 100 días dos diferentes tetos. Aos poucos días intégranse coas nais no rebaño e acompáñanas constantemente. A nai protéxeos e deféndeos dos perigos. Normalmente destétanse un pouco antes dos 100 días para aproveitar máis o leite da nai.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
obxectos de coiro
No mundo existen 1.200 millóns de vacas. En Galicia arredor de 1 millón
COIDADOS QUE PRECISA: -Limpalas, manterlle a corte en condicións e proporcionarlle o alimento necesario. -Cando están en celo lévanse ao boi ou insemínaas o veterinario.  -Hai que vacinalas contra as enfermidades infecciosas para manter a súa saúde e garantir que o leite e a carne non poidan transmitir enfermidades.
A vaca múnxese diariamente.  Algúns exemplares superan os 8.000 litros de leite ao ano.
Xeralmente o leite é recollido por unha central leiteira onde é tratado, hixienizado, homoxeneizado e nalgúns casos engádenselle vitaminas ou minerais.  Logo envásase e comercialízase. Unha parte do leite destínase á fabricación de queixos artesanais ou industriais.
Case todas as crías machos son cebadas para carne.  As de algunhas razas engordan máis de 1 quilo cada día.  As tenreiras sacrifícanse entre os 4 e os 8 meses. A idade á que se obtén un maior rendemento e aos 14 meses de vida, cando acadan os 500 quilos aproximadamente.
Cando se despeza a carne  os músculos reciben outros nomes segundo as súas cualidades ou o lugar onde están situados. lombo ou raxo  agulla rabo folla dura folla branda corte redondo tapa peito blanquita croca  xarrete  pescozo  falda  man xarrete  costelar solombo
O comercio de animais realízase en lugares especialmente axeitados: as feiras de gando. As feiras celébranse en moitos lugares de Galicia e nelas, ademais do gando, tamén se mercan e venden outros produtos relacionados co campo e a casa.   Santiago Monterroso Silleda
HISTORIA A domesticación comezou probablemente na India hai dez mil anos. Os primeiros restos atopados en Europa son aproximadamente de hai seis mil anos. A vaca e o touro deberon ser desde sempre animais importantes xa que aparecen representados en lugares de privilexio na maioría das culturas antigas (asirios, babilonios, persas exipcios e gregos). Pintura nunha parede dunha cova en Lascaux (Francia) de máis de 10.000 anos de antigüidade. Cabeza da deusa exípcia Hator
Ata hai moi pouco tempo a vaca era a principal fonte de riqueza e a forza de traballo máis importante do agro. Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da historia e da cultura do noso país e que ao deixar de usar a estas como forza de traballo  están a desaparecer: os carros, as grades, os arados.
OS NOMES DA VACA: Macho: boi e máis raramente touro. Macho reprodutor: boi, almallo, boi de posto. Femia: vaca Crías: segundo a idade e a zona: xato ou xata, pocho ou pocha, cuxo ou cuxa , becerro ou becerra, tenreira. Femia nova: xuvenca, toura. Tradicionalmente as vacas duha casa teñen un nome propio xeralmente asociado á cor e ás formas: Aquelas nas que predomina a cor branca: “Palomas”. Ás de cor negra: “Mouras” Ás brancas e negras: “Pintas” Ás demais: “Roxas”, “Morenas”, “Marelas”, “Vermellas” ... xuvenca Marela e Moura Xato
URO ( Bos tauros primigenius )  Especie europea primitiva da que descenden a maior parte das vaca europeas.  Extinguiuse en 1627. Tiña unha altura media na cruz de ata 2 m (os machos) e 1,5 (as femias).  Eran de cor escura, e os machos tiñan os cornos longos e curvados cara arriba. Vivían en mandas.
RUBIA, VACA DO PAÍS É a raza autóctona máis numerosa da Península Ibérica cuns 400.000 exemplares. De tamaño medio-grande.  Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg.  Na actualidade críase sobre todo para producir carne (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada día). RAZAS GALEGAS
CALDELÁ De temperamento tranquilo, moi apta para o traballo (especialmente os bois domados) e para a produción de carne. Zonas: Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, Maceda, ...).
FRIEIRESA Moi mansa e apta para o traballo e a produción de carne. Zonas: A Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, Monterrei, ... É a máis escasa das razas autóctonas.
VIANESA Moi adaptada á montaña, boa produtora de leite e apta para o traballo. Zonas: Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso, ...  É a raza morena galega máis abundante.
CACHENA,  PISCA É a raza máis pequena de Galicia. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as femias 1,20 m e non pasan dos 300 kg.  Son boas produtoras de leite e carne e moi aptas para o traballo en medios difíciles.  Zonas: Entrimo (parroquia de Olelas), Lobios, Padrenda, e nas zonas limítrofes de Portugal. É moi escasa.
LIMIÁ É boa para producir leite e carne e para o traballo. Zonas: Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...
FRISONA. Vaca de orixe holandés. Foi criada e seleccionada dende a antigüidade. É unha das vacas leiteiras máis extendidas. Produce unha media de 5.000 litros ao ano. En Galicia é a vaca máis abundante despois da rubia. É de cor branca con manchas negras irregulares repartidas por todo o corpo agás polo abdome. As femias poden acadar 1,50 de altura e pesar 700 kg. Os machos 1,70 e 1.100 kg. OUTRAS RAZAS
TOUROS DE LIDIA ( Bos taurus ibericus ). É unha raza típica do centro-sur de España. Considérase o descendente máis directo do uro. De cor  maioritariamente negra ou escura, ben musculada, coa cabeza ancha, os cornos longos e afíados, abertos, dirixidos cara adiante e arriba. Críanse seguindo canons que combinan a perfección das formas coa bravura. Os machos lídianse aos cinco anos, cun peso aproximado de 500 kg. HEREFORD. De orixe inglesa. É a raza de vacúns de carne máis extendida polo mundo. Son típicos o pelo lixeiramente rizado, a súa cor vermella coa cabeza e o abdome brancos, o corpo macizo e as patas curtas. Os cornos tamén son curtos e faltan nun 10% dos exemplares. As femias poden acadar 1,35 m de altura e pesar 750 kg. Os machos 1,45 m e 1.100 kg.
IAK ( Bos grunniens ). Vive no Tibet entre os 4.000 e os 6.000 m de altitude. Está cuberto dun pelo longo e espeso que o protexe das baixas temperaturas da zona. Úsase para cargar e transportar obxectos e persoas e para producir leite. O iak salvaxe é máis grande, pode acadar 1,50 m de altura e 700 kg de peso.. CEBÚ ( Bos indicus ) É de orixe india e está extendido como animal doméstico por todas as zonas tropicais e subtropicais do mundo pola súa resistencia á calor e ás enfermidades. O que máis destaca nel é a chepa de graxa enriba da cruz. Ten o pelo curto e a cor  cor variable. Os machos poden acadar entre 1,50 e 1,70 de altura e pesar ata 1.000 kg.
BOI  ESCOCÉS, VACA DAS  HIGHLANDS  Pequeno, de cor crara a marrón escura, co pelo longo e duro entre o que cría no inverno unha la espesa que lle permite soportar ben o frío ao aire libre. Críase pola súa carne. Aínda existe silvestre. As femias non superan 1,20 m de altura nin os 400 kg. Os machos poden chegar a 1,30 m e pesar 600 kg.. GAUR ( Bos gaurus ). Vive en estado silvestre nos bosques do Nepal e da India. Os machos adoitan ser de cor escura e as femias roxas e coas patas brancas.
BOIS CORNILONGOS AFRICANOS. Son descendentes dos cebús. Existen distintos tipos e críanse como animais produtores de leite ou de traballo. Algunhas tribus africanas (como os masai) sácanlles sangue que usan directamente como alimento. Os cornos de algúns exemplares de boi watusi poden acadar máis de 2,5 metros. BANTÉNG ( Bos javanicus ). Orixinario dos bosques de Indochina e Indonesia. É un animal de pequeno tamaño (entre 1,10 e 1,25 de altura e 250 e 400 kg de peso). Os que se conservan en estado silvestre son máis grandes.
ESPECIES SEMELlANTES Búfalo de auga ou carabao ( Bubalus bubalis bubalis ). É o búfalo doméstico da India e do Sur de Asia. Úsase como animal de traballo e produtor de carne e leite. As femias teñen os cornos máis longos, acadan 1,40 m e 600 kg e os machos 1,70 m e 900 kg.  O leite úsase para facer o queixo “mozarella”
REFRÁNS: -A vaca é ouro, o porco tesouro  -Sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras. -Boi marelo escuro ara no mol e ara no duro. -Vaca leiteira non vai á feira. -Á vaca vela ir, ao boi velo vir. -O boi ruín máncase na corte. -Boi que remoe nada lle doe. -Gando na cortes, pouco leite e queixo forte. -A vaca que non come a cando os bois, ou comeu antes ou come despois. TRADICIÓN ORAL
DITOS: A onde irás boi que non labres. Se non é boi é vaca. Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale. ADIVIÑAS: Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores  (A VACA) Catro pernas, catro fontes, un dalle-dalle e dous reviramontes  (A VACA). Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e un que lle abana  (A VACA). Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abana  (A VACA).
CANTARES: O que compra vaca cega pensando que sanará, ¡Aínda os sans se volven cegos! ¿E os cegos que farán?. San Antoniño garda o gando, San Xoán garda as ovellas, Santa Lucía ás costureiriñas que andan polas casas alleas.
A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres.  Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza". A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.   As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vaca Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade.  O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida.  A vaca é o símbolo da paz.  Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”.    CASTELAO O tesouro de Francisco Asorey
Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS:  Mon Daporta

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Evolução do homem e sociedades recolectoras
Evolução do homem e sociedades recolectorasEvolução do homem e sociedades recolectoras
Evolução do homem e sociedades recolectoras
Carla Freitas
 
Fisiologia sistema digestório
Fisiologia sistema digestórioFisiologia sistema digestório
Fisiologia sistema digestório
Eloi Lago
 
Luisa y valentina grado 4
Luisa y valentina grado 4Luisa y valentina grado 4
Luisa y valentina grado 4
hannaluisa2002
 
Sistema Digestivo Humano
Sistema Digestivo HumanoSistema Digestivo Humano
Sistema Digestivo Humano
Rosa Pereira
 

La actualidad más candente (20)

Sistema circulatório - Resumo
Sistema circulatório - ResumoSistema circulatório - Resumo
Sistema circulatório - Resumo
 
Evolução do homem e sociedades recolectoras
Evolução do homem e sociedades recolectorasEvolução do homem e sociedades recolectoras
Evolução do homem e sociedades recolectoras
 
Sistema Respiratório (trabalho de um aluno)
Sistema Respiratório (trabalho de um aluno)Sistema Respiratório (trabalho de um aluno)
Sistema Respiratório (trabalho de um aluno)
 
Sistema cardiovascular
Sistema cardiovascularSistema cardiovascular
Sistema cardiovascular
 
Sistema Urinário
Sistema UrinárioSistema Urinário
Sistema Urinário
 
CONTROLE HORMONAL SISTEMA ENDÓCRINO
CONTROLE HORMONAL SISTEMA ENDÓCRINOCONTROLE HORMONAL SISTEMA ENDÓCRINO
CONTROLE HORMONAL SISTEMA ENDÓCRINO
 
Sistema cardiovascular
Sistema cardiovascularSistema cardiovascular
Sistema cardiovascular
 
Anatomia - Sistema Cardio Linfático
Anatomia - Sistema Cardio LinfáticoAnatomia - Sistema Cardio Linfático
Anatomia - Sistema Cardio Linfático
 
Fisiologia sistema digestório
Fisiologia sistema digestórioFisiologia sistema digestório
Fisiologia sistema digestório
 
Sistema cardiovascular e linfático - anatomia animal
Sistema cardiovascular e linfático - anatomia animalSistema cardiovascular e linfático - anatomia animal
Sistema cardiovascular e linfático - anatomia animal
 
Corpo humano
Corpo humano Corpo humano
Corpo humano
 
Sistema circulatorio
Sistema circulatorioSistema circulatorio
Sistema circulatorio
 
Fisiología renal felina
Fisiología renal felina Fisiología renal felina
Fisiología renal felina
 
Sistema circulatório
Sistema circulatórioSistema circulatório
Sistema circulatório
 
Luisa y valentina grado 4
Luisa y valentina grado 4Luisa y valentina grado 4
Luisa y valentina grado 4
 
O modelo ateniense
O modelo atenienseO modelo ateniense
O modelo ateniense
 
o sistema respiratório
o sistema respiratórioo sistema respiratório
o sistema respiratório
 
11 sistema linfatico
11 sistema linfatico11 sistema linfatico
11 sistema linfatico
 
Sistema endócrino
Sistema endócrinoSistema endócrino
Sistema endócrino
 
Sistema Digestivo Humano
Sistema Digestivo HumanoSistema Digestivo Humano
Sistema Digestivo Humano
 

Similar a Vaca

A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
monadela
 

Similar a Vaca (20)

A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
O burro
O burroO burro
O burro
 
Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 
Cabra
CabraCabra
Cabra
 
Cabalo
CabaloCabalo
Cabalo
 
O pavo
O pavoO pavo
O pavo
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
O reno
O renoO reno
O reno
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 

Más de iesasorey

Más de iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Último (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

Vaca

  • 1. vaca (Bos taurus) vaca cattle vache vaca
  • 2. A vaca é un mamífero artiodáctilo co corpo de aspecto macizo e pesado cuberto por pelo curto de cor variable segundo a raza. Xeralmente o macho é máis grande e máis forte, cos músculos e os cornos máis desenvolvidos. Os machos máis grandes e pesados poden superar 1,50 m de altura e 1.000 quilogramos. As femias case nunca superan os 800 kg. Unha vaca pode vivir aproximadamente 20 anos. A maior parte das razas bovinas europeas proceden do uro ( Bos taurus primigenius ) un toro silvestre que se extinguiu no 1627, aínda que tamén as hai de orixe indoeurepeo e norteafricano.
  • 3. CABEZA en forma de tronco de pirámide, máis ancha na frente e máis estreita no fuciño. As femias teñen na zona inguinal traseira as ubres (4 tetos) colgantes e os machos os testículos. Rabo longo e fino rematado nunha borla de pelo longo e duro. TRONCO: cilíndrico e groso. PATAS: fortes. Os brazos e os muslos forman un todo co tronco. Pousan as punta dos dedos da man e o pé verticalmente contra o chan sobre unllas reforzadas (pezuños) (teñen catro dedos dos que só dous están apoiados) Pescozo forte cun repregue colgante, a papada. Fuciño lampiño (sen pelos) húmido e rematado nun morro con dous grandes orificios nasais. Orellas de forma oval, grandes e situadas lateralmente, moi móbiles. Cornos curvados cara adiante e arriba
  • 4. trapecio dorsais glúteo caudais xemelgo abdominais triceps mastigadores MÚSCULOS bíceps femoral deltoide extensor flexor
  • 5. vértebras cránio maxilar omóplato húmero cúbito radio carpo metacarpo falanxes costelas esternón pelve fémur tibia peroné tarso falanxes ESQUELETO sacro metatarso
  • 6. tráquea esófago pulmón corazón cavidade nasal cerebro médula espiñal fígado intestino delgado intestino groso vexiga uretra ano ril bandullo ÓRGANOS INTERNOS
  • 7. pene útero APARATO REPRODUTOR MACHO FEMIA ovario vaxina ubre tetos testículo músculo retractor vexiga
  • 9. COMO SE RELACIONAN AS VACAS As vacas andan apoiándose nos pesuños que cobren os dous dedos centrais de cada pata. Os movementos son xeralmente lentos e pausados. Poden correr rápido, pero só distancias curtas -cando se asustan ou cando fuxen ou pelexan-.
  • 10. O sentido máis desenvolvido é o olfato. Ten e bo oído, pode mover as orellas para coñecer mellor a dirección da que veñen os sons. A vista é deficiente. Non distinguen as cores. A pel é bantante sensible, aprecia deseguida calquera contacto. A zona máis sensible é o fuciño.
  • 11.  
  • 12. As vacas berran ou brúan para chamarse unhas ás outras, cando están en celo ou para pedir alimento. Diante dos ataques deféndense embestindo coa cabeza e cos cornos ou dando couces, sobre todo cando fuxen. O son que emiten as vacas chámase de moitas maneiras segundo as zonas de Galicia: berrar, bruar, muar, bradar, iñar, muñar ou esborrecar. Can está libre vive formando mandas.
  • 13. ALIMENTACIÓN: É herbívora: traga unha gran cantidade de alimento, xeralmente vexetais (herba verde ou seca). Máis tarde, nun lugar tranquilo devolve a comida á boca e remóea, por eso se di que é un animal ruminante.
  • 14. O tipo de alimentación das vacas depende do xeito de vida: As que viven en libertade comen vexetais verdes, xeralmente herbas, gromos novos de toxos e outras plantas. As que viven estabuladas aliméntanse de herba seca e pensos. Nalgunha zonas pastan de primavera a outono e os meses de inverno aliméntanse de herba seca ou ensilada.
  • 16. A vaca ten un gran estómago dividido en catro partes, cada unha cunha función diferenciada: a primeira, de maior tamaño (bandullo), almacena a herba que tragan enteira, alí é atacada polas bacterias que empezan a súa transformación; desde o bandullo a herba, xa amolecida, volve á boca para ser remoída e dalí vai á segunda parte do estómago (retículo) onde é atacada polos ácedos, desta pasa á terceira parte (cenfollas) onde se absorben algunhas das substancias e dela ao calleiro onde continúa a transformación antes de pasar ao intestino. Con este estómago especializado os ruminantes aproveitan as substancias da herba mellor que os outros herbívoros. bandullo retículo calleiro cenfollas
  • 17. As crías desenvólvense dentro da nai durante 9 meses (de 280 a 300 días). Normalmente teñen unha cría e máis raramente dúas. REPRODUCIÓN: A vaca é vivípara. Emparéllase unha vez no ano. Cando está en celo dise que anda ao boi ou que está de lúa.
  • 18. As crías pesan ao nacer entre 30 e 40 quilos, están ben desenvolvidas e desguida érguense para dar os primeiros pasos e para mamar. Son iguais aos adultos, sen cornos e coas patas proporcionalmente máis longas A nai lámbeas para limpalas e recoñecelas polo seu olor. Os xatos ou cuxos maman entre 90 e 100 días dos diferentes tetos. Aos poucos días intégranse coas nais no rebaño e acompáñanas constantemente. A nai protéxeos e deféndeos dos perigos. Normalmente destétanse un pouco antes dos 100 días para aproveitar máis o leite da nai.
  • 19.
  • 21. No mundo existen 1.200 millóns de vacas. En Galicia arredor de 1 millón
  • 22. COIDADOS QUE PRECISA: -Limpalas, manterlle a corte en condicións e proporcionarlle o alimento necesario. -Cando están en celo lévanse ao boi ou insemínaas o veterinario. -Hai que vacinalas contra as enfermidades infecciosas para manter a súa saúde e garantir que o leite e a carne non poidan transmitir enfermidades.
  • 23. A vaca múnxese diariamente. Algúns exemplares superan os 8.000 litros de leite ao ano.
  • 24. Xeralmente o leite é recollido por unha central leiteira onde é tratado, hixienizado, homoxeneizado e nalgúns casos engádenselle vitaminas ou minerais. Logo envásase e comercialízase. Unha parte do leite destínase á fabricación de queixos artesanais ou industriais.
  • 25. Case todas as crías machos son cebadas para carne. As de algunhas razas engordan máis de 1 quilo cada día. As tenreiras sacrifícanse entre os 4 e os 8 meses. A idade á que se obtén un maior rendemento e aos 14 meses de vida, cando acadan os 500 quilos aproximadamente.
  • 26. Cando se despeza a carne os músculos reciben outros nomes segundo as súas cualidades ou o lugar onde están situados. lombo ou raxo agulla rabo folla dura folla branda corte redondo tapa peito blanquita croca xarrete pescozo falda man xarrete costelar solombo
  • 27. O comercio de animais realízase en lugares especialmente axeitados: as feiras de gando. As feiras celébranse en moitos lugares de Galicia e nelas, ademais do gando, tamén se mercan e venden outros produtos relacionados co campo e a casa. Santiago Monterroso Silleda
  • 28. HISTORIA A domesticación comezou probablemente na India hai dez mil anos. Os primeiros restos atopados en Europa son aproximadamente de hai seis mil anos. A vaca e o touro deberon ser desde sempre animais importantes xa que aparecen representados en lugares de privilexio na maioría das culturas antigas (asirios, babilonios, persas exipcios e gregos). Pintura nunha parede dunha cova en Lascaux (Francia) de máis de 10.000 anos de antigüidade. Cabeza da deusa exípcia Hator
  • 29. Ata hai moi pouco tempo a vaca era a principal fonte de riqueza e a forza de traballo máis importante do agro. Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da historia e da cultura do noso país e que ao deixar de usar a estas como forza de traballo están a desaparecer: os carros, as grades, os arados.
  • 30. OS NOMES DA VACA: Macho: boi e máis raramente touro. Macho reprodutor: boi, almallo, boi de posto. Femia: vaca Crías: segundo a idade e a zona: xato ou xata, pocho ou pocha, cuxo ou cuxa , becerro ou becerra, tenreira. Femia nova: xuvenca, toura. Tradicionalmente as vacas duha casa teñen un nome propio xeralmente asociado á cor e ás formas: Aquelas nas que predomina a cor branca: “Palomas”. Ás de cor negra: “Mouras” Ás brancas e negras: “Pintas” Ás demais: “Roxas”, “Morenas”, “Marelas”, “Vermellas” ... xuvenca Marela e Moura Xato
  • 31. URO ( Bos tauros primigenius ) Especie europea primitiva da que descenden a maior parte das vaca europeas. Extinguiuse en 1627. Tiña unha altura media na cruz de ata 2 m (os machos) e 1,5 (as femias). Eran de cor escura, e os machos tiñan os cornos longos e curvados cara arriba. Vivían en mandas.
  • 32. RUBIA, VACA DO PAÍS É a raza autóctona máis numerosa da Península Ibérica cuns 400.000 exemplares. De tamaño medio-grande. Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg. Na actualidade críase sobre todo para producir carne (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada día). RAZAS GALEGAS
  • 33. CALDELÁ De temperamento tranquilo, moi apta para o traballo (especialmente os bois domados) e para a produción de carne. Zonas: Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, Maceda, ...).
  • 34. FRIEIRESA Moi mansa e apta para o traballo e a produción de carne. Zonas: A Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, Monterrei, ... É a máis escasa das razas autóctonas.
  • 35. VIANESA Moi adaptada á montaña, boa produtora de leite e apta para o traballo. Zonas: Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso, ... É a raza morena galega máis abundante.
  • 36. CACHENA, PISCA É a raza máis pequena de Galicia. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as femias 1,20 m e non pasan dos 300 kg. Son boas produtoras de leite e carne e moi aptas para o traballo en medios difíciles. Zonas: Entrimo (parroquia de Olelas), Lobios, Padrenda, e nas zonas limítrofes de Portugal. É moi escasa.
  • 37. LIMIÁ É boa para producir leite e carne e para o traballo. Zonas: Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...
  • 38. FRISONA. Vaca de orixe holandés. Foi criada e seleccionada dende a antigüidade. É unha das vacas leiteiras máis extendidas. Produce unha media de 5.000 litros ao ano. En Galicia é a vaca máis abundante despois da rubia. É de cor branca con manchas negras irregulares repartidas por todo o corpo agás polo abdome. As femias poden acadar 1,50 de altura e pesar 700 kg. Os machos 1,70 e 1.100 kg. OUTRAS RAZAS
  • 39. TOUROS DE LIDIA ( Bos taurus ibericus ). É unha raza típica do centro-sur de España. Considérase o descendente máis directo do uro. De cor maioritariamente negra ou escura, ben musculada, coa cabeza ancha, os cornos longos e afíados, abertos, dirixidos cara adiante e arriba. Críanse seguindo canons que combinan a perfección das formas coa bravura. Os machos lídianse aos cinco anos, cun peso aproximado de 500 kg. HEREFORD. De orixe inglesa. É a raza de vacúns de carne máis extendida polo mundo. Son típicos o pelo lixeiramente rizado, a súa cor vermella coa cabeza e o abdome brancos, o corpo macizo e as patas curtas. Os cornos tamén son curtos e faltan nun 10% dos exemplares. As femias poden acadar 1,35 m de altura e pesar 750 kg. Os machos 1,45 m e 1.100 kg.
  • 40. IAK ( Bos grunniens ). Vive no Tibet entre os 4.000 e os 6.000 m de altitude. Está cuberto dun pelo longo e espeso que o protexe das baixas temperaturas da zona. Úsase para cargar e transportar obxectos e persoas e para producir leite. O iak salvaxe é máis grande, pode acadar 1,50 m de altura e 700 kg de peso.. CEBÚ ( Bos indicus ) É de orixe india e está extendido como animal doméstico por todas as zonas tropicais e subtropicais do mundo pola súa resistencia á calor e ás enfermidades. O que máis destaca nel é a chepa de graxa enriba da cruz. Ten o pelo curto e a cor cor variable. Os machos poden acadar entre 1,50 e 1,70 de altura e pesar ata 1.000 kg.
  • 41. BOI ESCOCÉS, VACA DAS HIGHLANDS Pequeno, de cor crara a marrón escura, co pelo longo e duro entre o que cría no inverno unha la espesa que lle permite soportar ben o frío ao aire libre. Críase pola súa carne. Aínda existe silvestre. As femias non superan 1,20 m de altura nin os 400 kg. Os machos poden chegar a 1,30 m e pesar 600 kg.. GAUR ( Bos gaurus ). Vive en estado silvestre nos bosques do Nepal e da India. Os machos adoitan ser de cor escura e as femias roxas e coas patas brancas.
  • 42. BOIS CORNILONGOS AFRICANOS. Son descendentes dos cebús. Existen distintos tipos e críanse como animais produtores de leite ou de traballo. Algunhas tribus africanas (como os masai) sácanlles sangue que usan directamente como alimento. Os cornos de algúns exemplares de boi watusi poden acadar máis de 2,5 metros. BANTÉNG ( Bos javanicus ). Orixinario dos bosques de Indochina e Indonesia. É un animal de pequeno tamaño (entre 1,10 e 1,25 de altura e 250 e 400 kg de peso). Os que se conservan en estado silvestre son máis grandes.
  • 43. ESPECIES SEMELlANTES Búfalo de auga ou carabao ( Bubalus bubalis bubalis ). É o búfalo doméstico da India e do Sur de Asia. Úsase como animal de traballo e produtor de carne e leite. As femias teñen os cornos máis longos, acadan 1,40 m e 600 kg e os machos 1,70 m e 900 kg. O leite úsase para facer o queixo “mozarella”
  • 44. REFRÁNS: -A vaca é ouro, o porco tesouro -Sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras. -Boi marelo escuro ara no mol e ara no duro. -Vaca leiteira non vai á feira. -Á vaca vela ir, ao boi velo vir. -O boi ruín máncase na corte. -Boi que remoe nada lle doe. -Gando na cortes, pouco leite e queixo forte. -A vaca que non come a cando os bois, ou comeu antes ou come despois. TRADICIÓN ORAL
  • 45. DITOS: A onde irás boi que non labres. Se non é boi é vaca. Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale. ADIVIÑAS: Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores (A VACA) Catro pernas, catro fontes, un dalle-dalle e dous reviramontes (A VACA). Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e un que lle abana (A VACA). Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abana (A VACA).
  • 46. CANTARES: O que compra vaca cega pensando que sanará, ¡Aínda os sans se volven cegos! ¿E os cegos que farán?. San Antoniño garda o gando, San Xoán garda as ovellas, Santa Lucía ás costureiriñas que andan polas casas alleas.
  • 47. A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza". A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.   As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vaca Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”. CASTELAO O tesouro de Francisco Asorey
  • 48. Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS: Mon Daporta