SlideShare a Scribd company logo
1 of 15
O Espírito Santo
                         en clave de sol

O Espírito Santo en clave de sol
 Curso sobre música, liturxia e vida
  Javier R. (Comunidade Caná)

    Javier Rodríguez naceu no barrio de Monte Alto (A Coruña) en 1958. Estudiou nos Salesianos e na Escola de Maxisterio. Alí
coñeceu a Montse. Casaron en 1978, segundo remataron a carreira. Recibiron, dende noivos, unha chamada á vida comunitaria.
Viviron en comunidade cun capuchino, un franciscano e un salesiano ata 1980. Despois, en diversas aldeas e pobos de Galicia.
Dende 1990 a súa casa está en Moaña. Teñen tres fillos (entre 18 e 27 anos) que participan activamente con eles na vida
eclesial. Son fundadores de Comunidade Caná, unha comunidade de familias insertada na Arquidiocese de Santiago ao servizo
da nova evanxelización. Promoven e organizan Encontros de Familias por toda España. Teñen editado diversos materiais, xogos
e dinámicas para catequese, educación en familia, evanxelización na rúa, etc.
   Javier traballa como mestre de Música en Infantil e Primaria, ademais de colaborar na Pastoral Diocesana en Cursos de
Música, Liturxia, Preparación ao Matrimonio, Educación afectivo-sexual... Tamén en www.pastoralsantiago.org

    Libros publicados:

         Amar para siempre (para a preparación ao Matrimonio)
         Haced lo que Él os diga (para traballar en grupos de matrimonios)
         Familia, ¡sé lo que eres! (para reunións de familias)
         Yo hago nuevas todas las cosas (testemuños da acción de Deus nas familias)
         El Espíritu Santo en clave de sol (sobre a música dende a experiencia do Espírito)




OBXECTIVOS

      Preparar o camiño do Amor, que se achega á persoa “agachada” debaixo de cada docente.
      Recoñecer e analizar os tesouros da liturxia. Renovar a visión da música e da liturxia dende
       unha perspectiva bíblica.
      Mellorar as competencias celebrativas das/os docentes.
      Integrar os coñecementos musicais e litúrxicos na actividade docente, de xeito que poidan
       empregarse de forma creativa e construtiva.
      Utilizar axeitadamente os distintos recursos e instrumentos para facer máis viva a liturxia.



                                                                                                                           2
 Manifestar unha actitude positiva, integradora e actual diante da tradición litúrxica cristiá.
      Valorar a música e a liturxia como integrantes da nosa cultura, tanto dende un punto de vista
       histórico coma dende a perspectiva do seu papel na sociedade actual.


CONTIDOS

      A música dende unha perspectiva bíblica.
      Un arma cargada de Espírito Santo: carismas para a música e o canto.
      Música na Eucaristía. Outros “espazos” litúrxicos.
      Música e Liturxia, artífices de Comuñón. Eliseo, "o enterao": música e catequese.
      A música no Catecismo e noutros documentos da Igrexa Católica.




                                                       “Se coñeceses o Don de Deus!”
                                                                                                       (Xn 4, 10)

1. A música dende unha perspectiva bíblica


1.1. Introdución

Ten a Biblia algo que dicir sobre a música e o canto como ministerios na Igrexa?
A perspectiva de Deus, manifestada na Biblia, debe cambiar as nosas actitudes e impresións persoais acerca do tema?
Si, por suposto!
A música ocupa un lugar importante na Palabra de Deus. Máis de 40 libros da Biblia fálannos directamente dela, sumando preto
de 600 pasaxes.


1.2. Nas túas murallas, Xericó

A música aparece en 563 citas do Antigo Testamento. Faino xa dende as primeiras páxinas do Xénesis. En Xén 4, 20-22
descríbesenos a primeira especialización das actividades humanas. Tres fillos tivo Lamek: Yabal, Yubal e Túbal Caín. Yabal "veu
ser o pai dos que habitan tendas e crían gando". Túbal Caín, "pai de todos os forxadores de cobre e de ferro". O segundo dos
irmáns, Yubal, foi "pai de cantos tocan a cítara e a frauta". A Palabra de Deus dános a entender que os alimentos e os produtos
manufacturados non sacian as necesidades do home. Xunto a estas actividades, a Biblia pon a música. Deus revélanos que non
é suficiente atender as necesidades materiais do home. El fíxonos con certas necesidades "estéticas" e creou
a música para satisfacer esas necesidades.

Se lemos o Antigo Testamento dende a perspectiva da música, impresiónanos a importancia que esta tiña na vida do pobo de
Deus. Estaba asociada a todos os aspectos da súa existencia persoal e colectiva. A música está presente sempre, en todos os
lugares, tanto na vida cotiá coma na relixiosa. Todas as épocas do ano están marcadas por cantos aprendidos ou improvisados.

Cantábase:
- Nas segas e nas vendimas (Esd 9, 2; 16, 10. Xer 31, 4-5).
- Ao momento de partir (Xén 31, 27).
- Nos reencontros (Xuí 11, 34-35; cf. Lc 15, 25).
- Na chegada da primavera (Cant 2, 12).
- Ao descubrir o manancial (Núm 21, 17).
- O noivo cantaba ao presentarse á amada (1Mac 9, 39).
- Había cantores e cantoras na corte do Rei (2Sam 19, 35).

Nos libros do Antigo Testamento aparecen toda clase de cantos:
- Cantos de marcha (Núm 10, 35-36; 2 Cró 20, 21).
- Cantos de peregrinación a Xerusalén (Salmos 121 a 134).



                                                                                                                             3
- Cantos laborais (Num 21, 16-18; Xuí 9, 27; Is 5, 1; Is 27, 2; Is 65, 8; Xer 25, 30; Xer 48, 33; Os 2, 17).
- Cantos de amor (Sal 45; Cant 2, 14; Cant 5, 16; Ez 33, 32).
- Cantos para beber (Xob 21, 12; Sal 69, 13; Is 24, 9; Is 33, 11).
- Cantos para danzar (1Sam 18, 6-7; 21, 12; 29, 5; Sal 26, 6; 68, 26; 87, 7).

As máis antigas mencións á música e a cantos improvisados están asociadas ás guerras (Núm 21, 11-15; 21, 27; 21, 30) e ás
vitorias que Deus obtivo en favor do seu pobo (Éx 15; Is 14, 4). As mulleres recibían aos vencedores con pandeiros e danzas,
cantando en coros que se alternaban. En tempo dos reis mantívose este costume: despois da súa vitoria, Xosafat subiu ao
templo ao son de cantos, arpas e trompetas (2Cró 20, 28). Cantábase durante as festas e as vodas (Sal 45, 9; 2 Sam 19, 35; Is
24, 8; Mat 11, 17). Cantábase "ao son de pandeiros, da arpa e a frauta" (Xob 21, 12; Sal 30, 12; Is 5, 12; 24, 8-9; Xer 25, 10;
31,4; Am 6, 5). Nestas pasaxes encontramos exemplos das tres categorías de instrumentos que se usaban: de corda, de vento e
de percusión.

Hai cantos de xúbilo tanto na saída de Babilonia (Is 48, 20; Sal 126, 5) como na liberación definitiva dos redimidos (Is 35, 10).
Nos enterros, cantábanse elexías fúnebres (2Sam 1, 18-27; 3, 33 e ss; 2 Cró 35, 25). Aínda o máis pobre dos israelitas debía
facer vir como mínimo a dous músicos que tocasen a frauta para o enterro dalgún da súa familia.

A música acompaña o exercicio do ministerio profético. En tempos de Samuel había grupos de profetas que tocaban salterios,
arpas, pandeiros e frautas (1Sam 10, 5; 16, 16 e ss; 19, 20-24). Eliseo pediu un músico que tocase a arpa para poder expresar o
que Deus lle inspiraba. A música era utilizada tamén para botar os malos espíritos (1Sam 16, 16; 18, 10).

A música utilizábase regularmente no culto do templo, tal como tiña mandado o Señor: "No día da vosa festa e nas
solemnidades, tocaredes as trompetas durante os vosos holocaustos e sacrificios de comuñón. Así faredes que o voso Deus se
acorde de vós" (Núm 10, 10).
Cando transportaron a arca a Xerusalén, "David e toda a casa de Israel bailaban diante de Iahvéh con todas as súas forzas,
cantando con cítaras, arpas, pandeiros, frautas e címbalos" (2 Sam 6, 5). Os especialistas no tema clasificaron ata trinta
instrumentos musicais utilizados polos hebreos. Non todos eran empregados polo pobo; David fixo que o uso dalgún deles se
limitase exclusivamente ao culto do tabernáculo.

Os cantos e a música resoaban sobre todo durante os sábados e as festas. Dende pola mañá cantábase un salmo, que variaba
segundo o día da semana. A mañá do sábado, os levitas cantaban os primeiros versículos do Salmo 105. A xornada estaba
dividida en seis períodos. Cada un deles introducíase co canto dalgúns versículos do cántico de Moisés (Sal 90, 1-6; 7; 13;
14-18). Pola noite, os levitas clausuraban a xornada cantando o Salmo 96.

Cada festa era celebrada cun salmo en particular. Na festa dos Tabernáculos, a asemblea entoaba o Salmo 118 camiñando
arredor do altar. O último día, "o máis grande da festas", un sacerdote ía ao estanque de Siloé para sacar auga cun cántaro de
ouro. Cando volvía, o pobo recibíao á porta da cidade cantando: "Sacaredes augas con gozo das fontes da salvación" (Is 12, 3).
Mentres o sacerdote derramaba solemnemente a auga sobre o altar, os outros sacerdotes tocaban as trompetas e os levitas
cantaban acompañados polos frautistas. Neste marco, podemos entender mellor as palabras de Xesús en Xn 7, 37. Esa noite, a
festa prolongábase ata o primeiro canto do galo. Homes e mulleres reuníanse no adro do templo a danzar e cantar ao ritmo dos
instrumentos dos levitas.

David foi o primeiro responsable dun "ministerio de música". En 1Cró 15, 16-22 explícasenos como o organizou. Inventou
instrumentos (Am 5, 23) para acompañar os "cantos en honor a Deus" (1Cró 16, 5-42). Máis tarde estableceu 4.000 levitas para
"louvar ao Señor cos seus instrumentos" (1Cró 23, 30). Recibían dez anos de formación para poder exercer este servizo e non
podían empezar o seu ministerio antes dos 30 anos (1Cró 23, 3). Os mestres de música e canto estaban divididos en 24 grupos
de 12 homes cada un; un total de 288 levitas "expertos en todo o referente ao canto ao Señor, instruídos e aptos" (1Cró 25, 7).
Estes ensinaban a música aos seus irmáns. Asaf, Xedutún e Hemán dirixían este xigantesco ministerio de música. Daban o sinal
de empezar cos seus címbalos. Outros oito músicos guiaban a melodía coa arpa.

Salomón continuou potenciando este ministerio de música. Para a inauguración do templo, 120 sacerdotes tocaban trompetas ao
mesmo tempo que un gran coro cantaba a unha soa voz: "Porque é bo, porque é grande o seu amor" (2 Cró 5, 13). E Deus
manifestou a súa aprobación "enchendo o templo da súa gloria".

Dos oito grupos de instrumentos mencionados no Antigo Testamento, unicamente a metade tiña acceso ao templo. Só os
descendentes de Leví podían tocar no Santuario e debían facelo dun determinado xeito, apropiado para o culto. Isto ensínanos
que había uns criterios establecidos no referente á utilización de instrumentos musicais, e que non estaba permitido que cada un
fixese o que mellor lle parecese para louvar a Deus.

As mulleres tamén participaban no coro do templo. Esdras fala de "douscentos cantores e cantoras" (Esd 2, 65). En 1Cró 25, 5 e
ss fálasenos de tres irmás instruídas para o canto na casa de Deus. Os cantores recibiron do rei Agripa o privilexio de levar unha
túnica branca, distintivo dos sacerdotes. A "orquestra" do templo estaba composta, sobre todo, por instrumentos de corda con
sons suaves (arpas e salterios). Podemos dicir que, a pesar da gran cantidade de instrumentos, as voces non tiñan ningunha
dificultade para sobresaír e así ser escoitadas. No culto había lugar para o canto dos solistas, o coro e as distintas clases de
instrumentos.Co exilio (s. VI a. de Cristo) o canto pasou do templo ás sinagogas. Non só se continuaban cantando os salmos;
cantábase prácticamente toda a Escritura.




                                                                                                                                    4
O Antigo Testamento preséntanos tamén exemplos do mal uso da música. En Ex 32, 17 menciónase a música que fixeron os
israelitas despois de erguer o becerro de ouro; Paulo explicaranos en 1Cor 10, 6-8 o carácter maléfico e as consecuencias
negativas desta clase de música. No libro de Daniel cóntasenos como o rei Nabucodonosor utilizaba a música ao servizo da
idolatría e da glorificación do home (Dn 3, 5). Amós (Am 6, 5) fala da música relixiosa que non é agradable a Deus. E o Señor
reprende aos que fan música sen que o seu corazón estea consagrado a El: "Quita do meu carón a multitude das túas cancións,
non quero oír a salmodia das túas arpas" (Am 5, 23).


1.3. Cantar a Biblia

Ata hai ben pouco, ignorábase case por completo o carácter da música hebrea. Dábase por suposto que era similar ao doutras
culturas da zona: unha música monódica, sen harmonía. En 1978, Susana Haïk publica o seu libro "A música da Biblia revelada"
que presenta unha serie de sorprendentes descubrimentos sobre o tema. Algúns investigadores notaran que, ademais dos
puntos que indican as vogais, as biblias hebreas levan -por enriba e por debaixo das letras- pequenos signos. Que significan?
Son anotacións sintácticas, para marcar separación ou encadeamento de palabras, ou son anotacións musicais?

Estes signos aparecen nos manuscritos máis antigos, como os atopados á beira do Mar Morto. Haïk conseguiu descifrar o
significado destes signos. Di o seu libro: "Os signos inferiores son chanzos que constitúen unha escala, espazados segundo as
normas polas que nos rexemos hoxe en día". A "escala de DO" correspóndese coa escala babilónica chamada "Lidia" (páx. 48).
Os signos superiores son, para Haïk "notas engadidas que indican cambios de ton da melodía" (páx. 52). Dado que a música se
axustaba fielmente ao texto e todas as sílabas tiñan a mesma duración, non facían falta signos rítmicos.

Nunha palabra: cantábase todo o Antigo Testamento! E grazas a estes símbolos, que pasan case desapercibidos arriba e
debaixo das letras, podemos coñecer a melodía con que se cantaban os textos bíblicos. Di Haïk que "nesta cantilación bíblica, a
música non se distingue cunha vida propia, independente, senón que é expresión do sentido relativo das palabras, dando ao
texto unha segunda vida, unha especie de eco enriquecedor" (páx. 51).
Estes signos son a transposición gráfica dun sistema de xestos moi antigo: a quironomía. Este sistema utilízase aínda en moitos
países de Europa para ensinar unha melodía. Cada ton correspóndese cun xesto. A Biblia fai moitas alusións á quironomía. Fala
do uso das dúas mans no período de David; textualmente "segundo as mans de David" (nalgunhas traducións). En 1Cró 25, 2 e
ss cóntase como unha obra de música litúrxica era dirixida só coa man. Son estes xestos os que foron anotados nas biblias
hebreas. Era suficiente, polo tanto, con atribuír a cada xesto unha nota, para poder reconstruír a música duna boa parte do
Antigo Testamento.

Ademais desta cantilación, na Biblia hai outros dous tipos de cantos: a salmodia con canto resposta e o canto antifonal. Un bo
modelo do primeiro témolo no Salmo 136: o coro repítese en cada versículo e alterna co relato das intervencións do Señor na
vida do pobo. O canto antifonal descríbese no capítulo 13 de Nehemías, a partir do versículo 8. No 24 di: "Os xefes dos levitas e
os seus irmáns cantaban himnos de louvanza e de acción de grazas en grupos alternos, segundo as instrucións de David".


1.4. Paulo Domingo e Silas Pavarotti

O Novo Testamento contén unicamente 12 pasaxes con indicacións relativas á música. Non obstante, sabemos que a Igrexa
primitiva ten moitos puntos de continuidade co pobo da antiga alianza e, ao principio, as súas celebracións foron similares ás da
sinagoga. Se os hebreos tiñan razóns para cantar e bendicir a Deus, os cristiáns tiñan aínda moitas máis.

O Novo Testamento comeza cun canto profético de María: "O Magnificat" (Lc 1, 45-55).
"Proclama a miña alma a grandeza de Deus; alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador!" (Lc 1, 46-47). María é música de
Deus. É a música de Deus por excelencia. Ninguén cantou nin cantará nunca a gloria de Deus como ela. En María derramáronse
en plenitude todos os dons para a oración, a louvanza e a adoración.

A nosa Nai é, ademais, a compositora do mellor himno do mundo: o Magnificat. Segundo os costumes do pobo hebreo, un
poema así debía cantarse. María canta, con palabras bíblicas, o seu agradecemento gozoso a Deus ao visitar á súa parente
Isabel. Di Xoán Paulo II, na súa Encíclica "Redemptoris Mater", que "o canto do Magnificat expresa a experiencia persoal de
María. Nel resplandece o misterio de Deus, a gloria da súa inefable santidade".

As raíces do canto de María están no cántico de Ana (1Sam 2, 1-10) e en multitude de salmos:
- A miña alma alegrarase en Iahvéh e gozarase na súa salvación... El libra ao desvalido do poderoso, ao pobre e ao aflixido de
quen o despoxa: 35, 9-10.
- Magnifica comigo a Iahvéh, bendigamos a unha o seu nome: 34, 4.
- Volva o seu rostro á oración do despoxado, e non rexeite a súa pregaria. Escribirase todo isto para a idade vindeira, e un pobo
novo a Deus louvará: que Iahvéh se inclinou dende o alto do seu Santuario, dende os ceos á Terra mirou para oír o xemido dos
cativos: 102, 18-20.
- Iahvéh atende ao humilde: 138, 6.
- Bendice, alma miña, a Iahvéh. Eterno é o seu amor: 103, 1-17.
- Louvade a Iahvéh, que é bo, cantade ao noso Deus, que é doce a súa louvanza. Iahvéh levanta aos humildes e humilla aos
impíos: 147.
- Os ricos quedan pobres e con fame, mais os que buscan a Iahvéh de ningún ben carecen: 34, 11.



                                                                                                                                5
- Cantade a Iahvéh un cantar novo, porque fixo marabillas; a vitoria é da súa destra e do seu santo brazo. Iahvéh fixo alumear a
súa salvación, á vista das xentes revelou a súa xustiza, lembrando o seu amor e a súa fidelidade para coa casa de Israel. Os
confíns da terra viron a salvación do noso Deus: 98, 1-3.

Hai tamén reminiscencias doutros salmos e libros sagrados (Is 61. Hab 3, 18. 1Sam 1-11. Mal 3, 12. Xos 8, 29. Xob 22, 9. Sal 71,
19; 111, 9; 118, 15-16; 89, 11; 107, 9; 18, 51). Trátase dun canto composto enteiramente de textos bíblicos, porque María
gardaba a Palabra de Deus no seu corazón e vivía todo o que proclamaba. Por iso o Magnificat é un canto unxido. Nace da
Palabra que se fai vida xusto alí onde actúa o Espírito Santo: no interior de María.

María amósanos en que debemos converternos cada un de nós se queremos traballar para o Reino dende a música: unha
humilde escrava, un humilde escravo. Só dende a nosa conciencia de "incapacidade", da nosa "pobreza radical" -como María-
podemos vivir, actuar, cantar en unidade. Deus é o único artista. E recibirá maior gloria canto máis fráxil sexa a materia coa que
fai a súa obra de arte. Deste xeito, como en María, a nosa pobreza engrandece a obra de Deus. Porque o Señor elixiu o débil do
mundo, o imperfecto, o que non conta (1Cor 1, 27-31). Elixiu a María. Elixiunos a nós. O mesmo Deus que mirou e escolleu a
María, mirouche a ti. A súa forza mostrarase na túa impotencia (2Cor 12, 9). El quere que sexas, como María, música de Deus.
Dille con Ela: Aquí estou, Señor! Fágase vida en min o teu canto novo!

O nacemento de Xesús foi anunciado polo máis fantástico ministerio de música que xamais se tivese escoitado sobre a Terra:
miles de anxos entoando o Gloria (Lc 2, 14), que despois sería cantado por millóns de fieis de toda lingua, raza e nación. Algúns
días máis tarde, Ana e Simeón desbordaron de alegría cando viron a Aquel que o pobo esperaba dende había moitos séculos, e
saudárono cun himno de louvanza ao Salvador (Lc 2, 22-38). Estes poemas foron, con toda seguridade, cantados, do mesmo
xeito que o serán despois durante séculos e séculos poloa liturxia cristiá.

Xesús participou -como calquera outro israelita- no canto dos salmos de louvanza e penitencia, tanto na sinagoga coma no
templo. Hai un intre moi especial, ao remate da Última Cea, narrado en Mc 14, 26: "Cando cantaron o salmo, saíron para o Monte
das Oliveiras".


Os primeiros cristiáns mantiveron a tradición xudea de cantar os salmos. Participaban no culto do templo e cantábanos tamén
entre eles nas casas. O hábito de cantar e o sentido espiritual do canto debía ser algo verdadeiramente arraigado neles, cando
nunha situación tan apurada como a que viviron Paulo e Silas na prisión de Filipos, os cánticos xermolaban espontaneamente do
seu corazón.

O mandato de cantar é menos frecuente no Novo Testamento que no Antigo Testamento, pero atopámola nas cartas de San
Paulo aos Colosenses (Col 3, 16) e aos Efesios. Esta última carta constitúe unha especie de testamento espiritual de Paulo ás
igrexas de Asia Menor. A segunda parte do capítulo 5 poderíase titular "Carta do Apóstolo San Paulo aos ministerios de música
cristiáns". Paulo fai unha exhortación fundamental: "Enchédevos do Espírito Santo!" seguida de cinco verbos:
- "Recitade entre vós salmos, himnos e cánticos inspirados".
- "Cantade para o Señor dende o fondo do corazón".
- "Tocade para o Señor dende o fondo do corazón".
- "Dando grazas sempre e por todo a Deus Pai no nome de Xesús".
- "Sometidos os uns aos outros en atención a Cristo".
Isto quere dicir que a plenitude do Espírito ten como consecuencias o canto, a louvanza, a acción de grazas e o sometemento
mutuo. Pero, por outra parte, quere facernos comprender que cando cantamos unidos uns a outros, louvando ao Señor e
dándolle grazas por todo, estamos máis abertos á acción do Espírito e experimentámolo en maior plenitude. Ou sexa: o canto é,
á vez, unha característica da plenitude do Espírito e un medio para lograla. É como unha canle de dobre dirección: por el
recibimos a vida de Deus e por el expresamos esta vida que está no noso interior.

Este texto de Efesios é clave para captar a importancia da música e o canto na nosa vida espiritual, especialmente no seu
aspecto comunitario. Paulo fálanos de cantar salmos, himnos e cánticos inspirados. Destaca o valor da diversidade. A Biblia
transmítenos cento cincuenta salmos moi diferentes que se cantaban seguindo variadas melodías. Durante moito tempo, só se
cantaban estes poemas inspirados polo Espírito Santo. Paulo pide que se canten tamén himnos e cánticos espirituais. Deus non
actúa por patróns estereotipados. Toda a creación reflicte o seu amor pola diversidade. Segundo os tempos e as circunstancias,
temos necesidade de diferentes tipos de cantos e de música. Debemos ter isto moi en conta no canto colectivo. A gran vantaxe
dos salmos é que nos ofrecen un texto do que podemos estar seguros que gusta a Deus, xa que El mesmo o inspirou. Aos
salmos podemos unir os himnos que aparecen nos libros históricos, en Isaías e Xeremías, nas cartas de San Paulo e na
Apocalipse. A eles poderiamos engadir todos os cánticos compostos no transcurso dos séculos e que constitúen un dos tesouros
máis preciosos da Igrexa.
Os "cánticos inspirados" debían ser improvisacións espontáneas sobre a base de textos bíblicos ou experiencias interiores
xurdidas na oración. Se se improvisan as oracións e os testemuños, por que non permitir a improvisación dos cantos?
Naturalmente, procurando integrar a toda a asemblea nesta clase de cantos, evitando calquer protagonismo ou desexo de lucirse
e intentando que a letra estea o máis próxima posible ao texto bíblico. "Cantade a Deus con todo o corazón (Col 3, 16)". Deus é o
destinatario dos nosos cantos. Pouco importa se son cantados no noso interior ou en voz alta, que gusten ou non aos estudosos
da música. Se alguén canta con todo o corazón as súas louvanzas a Deus, está a cumprir a súa Palabra.




                                                                                                                                   6
E que nos di sobre a música o último libro da Biblia? Na eternidade, ao final da historia da humanidade, o canto permanecerá
como unha das ocupacións dos hóspedes do ceo. Os 24 anciáns cantan un canto novo en honor do Cordeiro: "Ti es digno de
tomar o libro e abrir os seus selos... " (Ap 5, 9-10). Os 144.000 redimidos adoran a Deus por medio do canto: "A vitoria é do noso
Deus que está sentado no Trono e do Cordeiro". E todos os anxos adoran a Deus cantando: "A Louvanza, a Gloria, a Sabedoría,
a Acción de Grazas, a Honra, o Poder e a Forza... " (Ap 7, 10-12). Cando o sétimo anxo toca a trompeta, unhas voces poderosas
entoan o himno de vitoria (Ap 11, 15). Os que venceran a besta estaban "en pé, sobre o mar de cristal, coas arpas de Deus. E
cantaban o cántico de Moisés, o servo de Deus, e o cántico do Cordeiro" (Ap 15, 2-3).
Parafraseando a Paulo (1 Cor 13, 8), podemos dicir que a predicación e a evanxelización cesarán no ceo; pero a música de
adoración... continuará!


2. Un arma cargada de Espírito Santo: carismas para a música e o canto


2.1. Música s. XXI

Un dos grandes cambios do último medio século é o lugar que ten pasado a ocupar a música na vida das persoas. Antes, a
música estaba reservada a algúns momentos moi especiais ou a grupos privilexiados. Actualmente, a música está presente en
calquera momento e en calquera lugar. Non podemos escaparnos dela e, con frecuencia, temos mesmo que soportala. Podemos
escoitar, en poucos días, máis música que os nosos antepasados en toda a súa vida. O tempo medio que cada europeo se
"expón" á música cada día é de 3-4 horas, e chega ás 7 horas nos mozos. A música move miles de millóns. É un dos mercados
máis florecentes e diversificados a escala mundial.

É tremendo o impacto que a música ten sobre a nosa personalidade. Moito máis que outras manifestacións artísticas, a música
inflúe en todo o noso ser: alma e corpo son permeables ao ritmo e aos sons. En certos grupos de poboación chega a crear unha
dependencia física e psicolóxica semellante á das drogas.

Estamos, polo tanto, ante unha situación totalmente nova, sen precedentes. O noso mundo actual encóntrase mergullado nunha
atmosfera musical que para algúns se converteu en algo tan necesario como o aire que respiran. Os cristiáns vivimos neste
mundo, non podemos manternos á marxe. Que lugar debe ocupar a música nas nosas vidas? Que nos di o Señor por medio da
súa Palabra e da nosa Nai a Igrexa sobre todo isto? Que papel ten a música na evanxelización e na oración? Que música e de
que xeito?
Chegou a hora de que os cristiáns comprendamos e valoremos a potencialidade que a música ten, para ben ou para mal. A nosa
postura, a nosa actitude neste tema, non é algo intranscendente. Supón servir á gloria de Deus ou aos plans do Inimigo.


2.2 Un arma cargada de Espírito Santo

Iahvéh dixo a Xosué: "Mira que teño posto nas túas mans a Xericó, ao seu rei, a todos os seus guerreiros. Marchade vós arredor
da cidade dando unha volta en torno a ela. Así faredes por seis días: sete sacerdotes levarán diante da Arca sete trompetas
resoantes. Ao sétimo día daredes sete voltas. Os sacerdotes irán tocando as trompetas. Cando eles toquen repetidamente o
corno potente e oiades o son das trompetas, todo o pobo berrará fortemente e as murallas da cidade derrubaranse" (Xos 6, 2-5).
Iahvéh falara ao seu servo e Xosué obedeceu. Durante seis días consecutivos, os seus homes pasearon a Arca en torno ás
murallas da cidade de Xericó. Ao sétimo día emprenderon as sete voltas finais, tal como lles fora ordenado.
Ao ser informado destas manobras, o rei de Xericó botouse a rir con bo humor e mandou unha mensaxe a Xosué no que se
dicía: "Cres que vas derrubar a miña cidade co vento das túas trompetas?".
Os hebreos continuaron camiñando arredor das murallas. Diante ían os sacerdotes abrindo camiño; despois seguía a Arca, e
máis atrás ía o exército hebreo. Mentres, na cidade de Xericó os nenos asomábanse ás ameas e divertíanse chuspindo sobre a
Arca e imitando o sonar das trompetas.
Cando os hebreos comezaron a cuarta volta, as mulleres de Xericó acudiron a sentarse entre as ameas para ver o espectáculo.
Tiraban pedras aos hebreos, mofábanse deles e insultábanos.
Ao iniciar os hebreos a quinta volta, os vellos de Xericó acudiron a velos e apupalos, mentres dirixían os puños cara a eles, máis
burlóns que ameazadores. Os seus berros mesturábanse co claro son das trompetas.
Á sexta volta, o rei en persoa subiu unha torre de granito tan alta que as aguias construían nela os seus niños, e tan dura que os
raios non podían causar efecto nas súas pedras. O rei, divertido, ría a mandíbula batente e, entre bágoas de xúbilo, berrou: Que
bos músicos son estes hebreos!
Ao seu arredor rían os anciáns do Consello e os oficiais e os nobres...
Á sétima volta, as murallas derrubáronse.

Moitos cristiáns non son conscientes disto: a música é un precioso don de Deus. Outros non se atreven a abrir o regalo,
examinalo e ver para que o poden empregar. Hai algúns que si valoran este don, pero o utilizan unicamente para a súa
satisfacción persoal... Como descubrir o verdadeiro sentido que Deus quere dar á música na nosa vida e na nosa fe, no plano
persoal e no comunitario?

A música é un gran tesouro que o mesmo Deus pon nas nosas mans e que se fai canle; canle marabillosa por onde corre a súa
Vida. Non é unha evasión nin unha distracción. E tampouco pode reducirse a unha cuestión de gusto, técnica ou talento natural.
O canto e a música nacen do Espírito, manifestan a gloria de Deus e cooperan na salvación dos homes. Cantar a Deus non é



                                                                                                                                 7
ofrecerlle só o noso canto, senón ofrecerlle o noso corazón. No canto, Deus manifesta o seu poder e nós entregámonos a El. O
canto é así un signo, unha ponte, un sinal de amor entre Deus e nós. Deus únenos a El e dános o seu Espírito de Amor para que
poidamos unirnos os uns aos outros. Cantamos dende o profundo do noso ser. Dende aí dentro, Deus -que vive en nós- move ao
noso espírito. Cantamos na presenza de Deus que nos habita, unxidos por esta presenza.

A música ten, pois, o seu papel importante en toda celebración litúrxica ou en calquera reunión de oración. Pero non debemos
esquecer que é o esencial nunha reunión de cristiáns: "A predicación dos apóstolos, a comuñón fraterna, a fracción do pan e as
oracións" (Feit 2, 42). A música é servidora, non dona; servidora da Palabra, da oración, da comuñón. Non a deixemos usurpar
un lugar que non lle corresponde. Esteamos atentos para rexeitar toda idolatría. A música é canle, non fonte.

Di Teilhard de Chardin que a música nos achega "o sentimento dun grande presencia". Poderiamos sinalar catro aspectos nos
que este carisma constrúe, axuda, serve a unha comunidade orante:
- Únenos na louvanza e na adoración.
- Ábrenos e predisponnos á escoita.
- Facilítanos a todos a posibilidade de expresar actitudes interiores, experiencias espirituais (ás veces, moito mellor que con
palabras).
- Ensínanos verdades espirituais e grávaas na nosa mente e o noso corazón.

Se a música é un don de Deus, ningún cristián pode desprezala ou desentenderse dela. Posto que este don esta integrado por
distintos elementos, valoremos cada un deles como regalo do noso Pai. Os estudosos sinalan ata dez elementos na música. Nós
conformarémonos -por agora- con pararnos en tres deles: ritmo, melodía e harmonía.
1. Ritmo
Aceptar o ritmo como un regalo de Deus quere dicir, en primeiro lugar, aceptar cantos con toda clase de ritmos. Mesmo se son
novos para nós. Na creación de Deus non hai uniformidade. Se todos os nosos cantos teñen un ritmo parecido ou (o que é peor)
nós cantámolos cun ritmo parecido, non estamos a reflectir a infinita riqueza do noso Creador e a variedade de todo o que sae da
súa man.
Unha das dificultades das persoas maiores cos cantos "modernos" é o seu ritmo. Os cantos "de antes" compoñíanse, na súa
inmensa maioría, con brancas, negras e algunha corchea con punto. Actualmente empréganse moitos ritmos sincopados,
acentúanse os tempos débiles... e moitos irmáns e irmás “despístanse” ou péchanse, considerándose incapaces de aprender e
cantar estas "novidades". Non obstante, son unha riqueza dada polo mesmo Deus que inspirou outros cantos máis tradicionais.
Se El nos dá unha mente aberta e un pouco de paciencia, podemos aprendelos correctamente e compartir esta riqueza. No
tempo adicado ao ensaio de cantos que debe haber antes dunha celebración ou oración común, acostumarnos ao ritmo do canto
debe ser o primeiro, posto que normalmente é o máis difícil. Para iso, antes de cantar a melodía, podemos marcar o ritmo ao
mesmo tempo que dicimos a letra.
2. Melodía
A inmensa maioría das nosas melodías están formadas por só dez notas. É Deus quen nos deu esta riqueza impresionante de
cantos, resultado das case infinitas combinacións feitas con esas dez notas. As experiencias, vivencias, intuicións, profecías,
palabras inspiradas de irmáns e irmás de todo o mundo e de todas as épocas, expresadas a través da música, son un tesouro
inmenso que podemos compartir.
Para iso é clave entrar na intimidade dunha melodía para poder comprender e, se é posible, vivir o que o compositor ou
compositora querían expresar; captar o sentimento ou intuición fundamental dun canto e os seus matices a través da súa
melodía.
3. Harmonía
Foi Deus quen creou a diversidade de voces: voces masculinas ou femininas, tenores ou baixos, sopranos ou contraltos. O canto
a varias voces é un reflexo do misterio de Deus e do seu plan para nós como Igrexa: unidade na diversidade. Se cada un e cada
unha contribuímos ao canto colectivo segundo as características da voz que o Señor nos deu, cantaremos mellor,
harmoniosamente, sen danar nin cansar innecesariamente as nosas cordas vocais, e o resultado reflectirá moito mellor a
multiforme sabedoría de Deus.

Para S. Agustín, "se queremos dar gloria a Deus, necesitamos ser nós mesmos o que cantamos, non sexa que a nosa vida teña
que testemuñar contra a nosa lingua. Só se pode cantar a Deus co corazón cando nos rendemos a Él, isto é, cando aceptamos o
seu plan de salvación e buscamos a súa vontade, tomando en serio a súa Palabra, cando o amamos. Ben se di que cantar é
propio do que ama; pois a voz do que canta non ha de ser outra que o fervor de Amor".
Por iso, agrega S. Xoán Crisóstomo: "A Deus háselle de cantar, máis que coa voz, co Espírito resoando no noso espírito. Así
cantamos non aos homes senón a Deus, que pode oír os nosos corazóns e penetrar nos silencios do noso espírito,".
En expresión de San Xerome, "o servo de Cristo cante de tal forma que non se goce na voz senón nas palabras que canta". Para
iso, di S. Basilio, "que a mente coñeza e comprenda o sentido das palabras cantadas, para que cantes coa lingua e cantes tamén
co teu espírito".
E S. Ambrosio de Milán entende que "o canto da comunidade cristiá debe ser accesible para ser entoado por todos; é a voz do
pobo, himno de todas as idades, de todos os sexos, de todas a clases e estados de vida. O canto que os cristiáns elevan para
expresar a súa fe no Señor, todos debe comprendelo, sentilo e identificarse con el".

Se a música é unha ponte...
- Unha boa ponte: Sería un medio de unión, de achegamento e de comunicación de Deus ao home e do home a Deus. Cando
unha ponte funciona como debe, os pasos do home son máis seguros. Cando un ministerio de música funciona ben, a asemblea
camiña con máis seguridade.
- Unha mala ponte: É o caso do home que constrúe a súa casa (servizo) sobre area (Lc 6, 48-49). Este servizo tórnase feble e



                                                                                                                                  8
mesmo perigoso. O ministerio non proxecta a Deus: proxéctase a si mesmo. O pobo non chega a Deus tan doadamente, queda
na ponte, porque lle faltan pezas tan fundamentais como humildade, sometemento, discernimento, oración, vida sacramental,
vida eclesial...
- Non hai ponte: O home si pode entrar en comunicación con Deus sen a axuda da música e do canto, pero o camiño da
asemblea é máis laborioso e difícil ao non utilizar esta ponte tan accesible.



3. Música na Eucaristía. Outros “espazos” litúrxicos (obradoiro)



4. Música e Liturxia, artífices de Comuñón. Eliseo, "o enterao": música e catequese

"Xosafat, rei de Xudá, dixo: Non hai aquí algún profeta de Iahvéh para que consultemos a Iahvéh polo seu medio? Respondeu un
dos servidores do rei de Israel e dixo: "Está aquí Eliseo, fillo de Safat, o que vertía a auga nas mans de Elías". Dixo Xosafat: "Con
el está a palabra do Señor". E baixaron onde el o rei de Israel, o rei de Edón e Xosafat. Dixo Eliseo: "Traédeme, pois, un
tanguedor de arpa". E sucedeu que, mentres tocaba o músico, veu sobre el a man de Iahvéh" (2Re 3, 11-15).

A música non ocupa o lugar que lle corresponde nin nas celebracións nin na vida da Igrexa fundamentalmente por unha razón:
falta verdadeiro discernimento espiritual. Todas as persoas que foron postas polo Señor para pastorear no seu nome teñen unha
misión moi concreta: coñecer os camiños do Espírito, en cada momento e situación, e guiarnos por eles. A isto chámaselle
visión. Os bispos, os párrocos, os superiores, os dirixentes dun grupo ou comunidade, deben ser -ante todo- homes e mulleres
de visión. Para ser homes e mulleres de visión precisamos, en primeiro lugar, que o Señor nos regale o don de discernimento.
Ademais, temos que coñecer a acción do Espírito a través dos carismas. Isto significa formación -por un lado- e coñecemento
espiritual e experiencia pastoral -por outro-. Pois ben, irmán/a responsable, tes formación abondo sobre o ministerio de música?
Tes, como Eliseo, coñecemento espiritual e experiencia pastoral neste ámbito? Nunca se nos ensinou o valor da música na
Biblia, nin tampouco a súa función na vida do cristián e na vida da Igrexa. Normalmente, os responsables -que teñen outras
moitas cousas importantes das que ocuparse- non ven por que razón deberían perder o seu tempo en algo tan accesorio como a
música.
Mais o certo é que, dende a perspectiva da Palabra de Deus e da Tradición da Igrexa, debemos cambiar os nosos esquemas,
desterrar moitas concepcións falsas e coñecer o que verdadeiramente é e non é a música unxida polo Espírito Santo:
a) O canto e a música non son “tapaburatos” nin elementos de animación. Son oración, ponte, manifestación de Deus.
b) Non é certa a igualdade: música = mozos. Os dons para a música e o canto son dons do Espírito, que os derrama "sobre toda
carne". Deus dá o que quere, a quen quere e como quere.
c) A música non debe ser o rótulo luminoso dunha oración ou o lume de artificio dunha liturxia, senón o fertilizante pouco a pouco
vai aumentando o froito da comunidade. Igual que todo don ou carisma, non é plenamente verdadeiro ata que non é humillado e
purificado. Por iso, é inútil -cando non perigoso- consentir e mimar aos "músicos" e "cantantes" para que non se vaian da Igrexa
ou do grupo. O sometemento é a clave do crecemento.
d) "A Palabra feita canto dános a capacidade de reter as verdades eternas" (S. Agustín). Toda a inspiración melódica cristiá
-inspiración do Espírito Santo- ponse ao servizo da Palabra. E cantando coa unción do Espírito un texto do Evanxeo, un himno
de San Paulo, un salmo ou un cántico de Isaías, o Señor actúa con poder e a súa Palabra fai o que di: converte, libera,
transforma. A música pon ás á Palabra e convértese nun arma de luz e verdade que vence ás tebras. Mediante a Palabra feita
canto, o poder do Espírito Santo ábrese camiño para actuar no corazón que o necesita e o busca. Así se reforza o poder
evanxelizador da Palabra. E o canto, como di S. Agustín, "vólvese instrumento de xustiza, vínculo de corazóns, reunión de almas
divididas, reconciliación de discordias, calma dos resentimentos e himno da concordia".
e) A música e o canto actúan como o que poderiamos chamar un "catalizador espiritual". En química, un catalizador é unha
substancia en presenza da cal outras reaccionan, é dicir, combínanse con maior facilidade e rapidez. De xeito semellante, a
música unxida polo Espírito potencia outras manifestacións do mesmo e único Espírito, como a profecía, a palabra inspirada, a
sanación ou a curación interior. Unhas veces, o canto prepara, limpa, crea un silencio profundo na asemblea para que o Señor
poida ser escoitado; outras, é o mesmo canto o que contén a mensaxe profética, a Palabra do Señor. O canto é utilizado polo
Señor para tocar os nosos corazóns, para derramar o seu amor en feridas que, en ocasións, nin sequera coñecemos, pero que
nos atenazan interiormente. E así o Espírito entra no máis fondo de nós e cúranos interiormente, utilizando a música para nos
levar á conversión, a reconciliación, á paz. Quen non vivise todo isto non poderá apreciar como é debido os dons e carismas do
Espírito. Só cando se ten experiencia do modo de actuar do Espírito Santo pode un empezar a recoñecelo e aprecialo. Domingo
Bertrand, xesuíta francés, di: "O Espírito Santo é desconcertante. Tan desconcertante, que quen non se desconcertase fronte á
súa acción é porque non o coñece". Os pastores, os responsables, deben coñecer e discernir a acción do Espírito e as súas
manifestacións, de modo que na comunidade "cada quen poña ao servizo dos demais o carisma que recibiu" (1Pe 4, 1). Pola
contra, como di Monseñor Uribe Jaramillo, "a Igrexa estará sentada e pobre sobre unha riquísima mina de carismas que
descoñece por completo. E se nunha comunidade só actuamos os dirixentes e non todos os membros, haberá que preguntarse
seriamente se, ao renunciar aos carismas, non se renunciou tamén ao Espírito".
f) "O canto que os cristiáns elevan para expresar a súa fe no Señor todos han de comprendelo, sentilo e ser capaces de
aprendelo, identificándose con el. O canto convértese en símbolo da Igrexa porque todos participan nel, e este símbolo de
unidade debe coidarse prioritariamente a outras cousas. Se se converte en motivo da máis sutil división, pode perder a súa forza
como testemuño de fe e de amor" (S. Xoán Crisóstomo). O don supremo é o amor. E todo don é para a unidade do corpo de
Cristo. A música e o canto son servidores e construtores de unidade ou non son nada. É unha gran responsabilidade dos
pastores velar porque "todo sirva para a edificación".
g) O ministerio de música está ao servizo da asemblea; guía á asemblea co canto. Pero se a asemblea non canta, se non se



                                                                                                                                   9
mete no río da música, empapándose ben, é que o ministerio non está a cumprir a súa función. Como todo ministerio, te que
morrer para dar vida. Evitemos dar privilexios a un determinado estilo de música. Se somos capaces de alternar e harmonizar o
"clásico" co "moderno", os distintos membros da asemblea poderán expresarse e integrarse mellor no canto. Sen que se
decaten, irán ampliando os seus horizontes, a súa sensibilidade musical. E empezarán a apreciar o bo, o "tocado polo Espírito",
independentemente de que sexa novo ou antigo. Neste sentido, o responsable da música parécese ao pai de familia do que nos
fala Xesús "que saca da súa arca cousas novas e cousas vellas". (Mt 13, 52).
h) En toda reunión de oración debe existir un equilibrio entre a palabra, o canto e o silencio. Deste último di Fernando Palacios,
un gran pedagogo musical: "En música, el é o rei; todos acatan a súa lei". É verdade, o silencio dá sentido e valor ao canto e á
palabra. O silencio é, por un lado, un momento específico da celebración. Pero, por outro, é tamén unha calidade da celebración,
unha realidade espiritual onde a palabra e a música atopan un ambiente propicio e eficaz. Di L. Deiss: "O silencio non fai nin crea
unha celebración litúrxica. Os cristiáns non nos reunimos para saborear xuntos un silencio comunitario logrado á perfección. Non
obstante, toda celebración debe dar lugar ao silencio. Trátase dun elemento de primeira importancia". Do mesmo xeito que o
silencio marca o ritmo da música e fai xermolar un novo movemento, así na oración comunitaria o silencio é como un regulador
que aparece como froito da palabra e o canto. Un silencio ha de valorarse máis pola súa intensidade que pola súa duración.
Coidado pois, con usar o canto como unha respiración asistida, como un "enchesilencios"! Avivar artificialmente unha asemblea á
que o Señor chama á escoita é unha decisión equivocada, guiada por inclinacións humanas, non por verdadeiro discernimento
espiritual. Hai momentos nos que o canto debe irromper con decisión nun grupo centrado en si mesmo ou disperso, para disparar
e soster a louvanza. Hai momentos de verdadeira exultación, de aclamar, berrar ao Señor, bailar para El... E a música ten que
estar aí. Pero hai outros momentos nos que guitarras e voces deben calar. A música prepara o silencio no que Deus fala e actúa.
E toca escoitar, imitando a Aquela que gardaba todo e o meditaba no seu corazón".

O Señor fíxonos "colaboradores seus" (1Cor 3, 9). En palabras de Monseñor Uribe Jaramillo: “Deus salva na Igrexa e pola Igrexa.
Como instrumentos, canto mellor nos capacitemos, maior será a nosa colaboración con Deus”.
E unha última cousa, querido Eliseo (ou Elisea). Soarache -quizais- a xogo infantil. Pero pedímosche: ábrete ao Señor, ábrete á
novidade do Espírito! Xa que a música é un don de Deus, por que reservar a uns poucos privilexiados o improvisar e compoñer
cantos para o Señor? Non se trata de compoñer directamente cantos para outros, senón, en primeiro lugar, de cantar no teu
corazón para Deus e despois -por que non?- a pleno pulmón en medio do campo ou mentres vas conducindo. Todos podemos
improvisar unha melodía para o Señor. Empeza partindo de como te encontres, do sentimento que teñas: admiración, gozo,
tristura, louvanza, ansiedade, paz... Expresar un sentimento poténciao, afínao. Nalgunhas ocasións, ao expresalo liberámonos
dese sentimento. Toma como modelo aos salmistas, que dicían a Deus todo o que bulía no seu interior. Tanto se era a amargura
como a rebeldía ou a incomprensión, liberábanse delas cando as expresaban. Déixate levar por esta necesidade de expresalo e
atopa en ti mesmo as notas que mellor correspondan ao que enche o teu corazón!
Se desafinas, non te preocupes. Tampouco se a canción ten reminiscencias doutras melodías: estás a cantar en comuñón coa
Igrexa Universal. Non importa que o que acabas de cantar pronto se che esqueza: Deus non o esquecerá nunca; El rexistrouno.
Todo isto vaise desenvolvendo e cultivando. Se superas a primeira dúbida e deixas que o teu corazón se lance a cantar, irás
descubrindo como -en moitos momentos- a música pode expresar o que hai no teu interior. Na liberdade do Espírito... ao corazón
de Deus!


   Eu bailo como David

"Louvade o seu Nome con danzas!" (Sal 149, 3).

A oración de louvanza ten un distintivo: o gozo. É tal a alegría, a liberación que un ou unha sente, que se despreocupa de onde
está, de quen ten ao lado, e comeza a louvar ao Señor; normalmente, non só con toda a alma, senón con toda a voz e con todo o
corpo.

O Evanxeo está repleto destas oracións de louvanza gozosa. Xoán Bautista amosa en seguida que foi bendicido por Deus co
mesmo don de bailar para o Señor que o seu antepasado David. Aínda lle faltan á súa nai tres meses para dar a luz, e Xoán
ponse a "saltar de gozo no seu seo" en presenza da "Nai do seu Señor" e do seu mesmísimo Salvador, aínda un embrión de
poucas semanas. E Isabel, chea do Espírito, bendice ao Señor con forte voz (Lc 1, 41-44). Podémonos imaxinar unha asemblea
eclesial con maior derramamento de carismas para a música e a danza sagradas que aquela de Xoán, Isabel, María e Xesús?

Os enfermos que son liberados e curados por Xesús (Lc 5, 25. 17, 15. 18, 43) non se limitan a dar as grazas educadamente.
Glorifican a Deus con entusiasmo; seguro que saltando, berrando e bailando. Mentres, a multitude se goza polas marabillas que
Xesús realiza e louva a Deus con berros de xúbilo (Lc 13, 17. 19, 38).
A alegría "nas obras do Señor" é tal, que a miúdo se cualifica de tolos ou borrachos aos que pola forza do Espírito se entregan á
louvanza, cantando e bailando para Deus, proclamando as súas marabillas con todo o ser. "Están cheos de mosto", dicían na
mañá de Pentecoste. E explica S. Agustín: "O que se alegra no Señor e lle canta louvanzas con grande exultación, é semellante
a un ebrio".

A danza é un modo de expresar este gozo de pertencer a Deus. Vémolo ao longo das páxinas da Biblia. Moisés dá renda solta á
alegría do pobo tras se liberar dos exipcios, e todas as mulleres tomaron pandeiros e tímpanos, e bailaban e cantaban a coro (Éx
15, 20). David danza diante da Arca (2 Sam 6, 14-21) e, ante as recriminacións da súa muller, di: "En presenza de Iahvéh danzo
eu". O salmo 149 invita a todo o pobo a cantar, a alegrarse, a tocar e bailar para Deus: " Aleluia! Cantade a Iahvéh un cantar
novo, resoe a súa louvanza na asemblea dos seus amigos! Alégrese Israel no seu Facedor, os fillos de Sión exulten no seu Rei;
bendigan o seu nome coa danza, con tamboril e cítara salmodien para El" (Sal 149, 1-3). No profeta Sofonías contemplamos



                                                                                                                               10
como o mesmo Deus é quen se goza, berra e baila, movido polo amor que ten ao seu pobo: "Iahvéh o teu Deus é, no medio de ti,
un poderoso salvador. El exulta de gozo por ti, renova por ti o seu amor, danza por ti con berros de xúbilo, como nos días de
festa" (Sof 3, 17).
Temos de cantar para o Señor con todo o ser, expresando co noso corpo o que dicimos e experimentamos. Este é o valor, o
sentido dos nosos xestos e movementos. Igual que o canto, son oración; son para Deus. A expresión corporal e a danza sagrada
-que o pobo de Israel utilizaba na súa liturxia- son elementos que temos que recuperar na Igrexa, comprendendo que non se
trata de cousas irreverentes senón -cando se fan en espírito de oración- de louvanza profunda, como a de David: "David e todo
Israel danzaban diante de Deus con todas as súas forzas, e cantaban e tocaban arpas, salterios e pandeiros, címbalos e
trompetas" (1Cró 13, 8).

Non se chamaba David, senón Luis, aquel sacerdote xesuíta. Viñera para darnos un retiro. Acababamos de celebrar o
Sacramento da Reconciliación e comezamos a Eucaristía. No momento do "Gloria", mentres toda a asemblea cantaba, el
comezou a danzar para o Señor. Revestido con alba e estola, nos seus movementos había un perfecto equilibrio entre o
recollemento e a exultación. Era o seu ser, o seu corpo, o que se movía; pero era o Espírito quen o movía, quen se
transparentaba... E todos experimentamos como o templo se encheu da gloria de Deus. Os ollos non estaban postos nel, senón
en Aquel para quen bailaba. Sen palabras, en poucos segundos, nos tiña levado á adoración.
O noso corpo é un marabilloso teclado de xestos, disposto a ser tocado polo Espírito Santo para expresar as inmensas riquezas
que El pon no noso interior e, con elas, adorar ao Pai. Podemos e debemos orar coas nosas posturas, cos nosos brazos, coa
nosa mirada. O noso corpo é "templo do Espírito Santo" (1Cor 3, 16). O mesmo Xesús ora co seu corpo e acepta os xestos
orantes dos que se achegan a Él: a muller que lle lava os pés (Lc 7, 44); María sentada e aparvada xunto a El en Betania (Xn 12,
1); as mulleres que corren ao sepulcro a mañá de Pascua (Mc 16, 1). Diego Jaramillo dedica un libro enteiro ("O corpo na
oración") a explicarnos como temos que adorar e cantar con toda a nosa persoa, tamén co noso corpo: "O meu corazón e a miña
carne claman polo Deus vivo" (Sal 84).

Michel Cool, no seu libro "Danzarei para Ti", cóntanos a vida de Mireille Négre. É ela a que nos di: "Xesús invítanos a glorificar a
Deus co noso corpo e danzar ao son da súa voz, para transmitir urxentemente que a súa Resurrección é máis forte que a morte".
Velaquí un resumo do seu impresionante testemuño:
Acababa de cumprir Mireille 22 anos. Que aniversario tan feliz! Despois de dez de traballo intenso, primeiro na Escola de Danza
e despois na Compañía da Ópera de París... resulta elixida primeira bailarina! Quen tería podido imaxinar un día que a mesma
nena á que un ascensor esmagara o seu peíño, aos poucos anos ía converterse non só en bailarina senón nunha figura chea de
futuro e talento?
Na década dos 60, a fama de Mireille desbordou o amplo marco da Ópera parisiense. O cine, a televisión e a prensa
especializada dispútanse á nova figura. A súa beleza impresiona. E tras dúas películas -unha con Pierre Granier Deferre- ábrese
ante ela unha prometedora carreira estelar. Gene Kelly e Walt Disney fíxanse nela para levala a Hollywood! Pero nada disto
entusiasma tanto á moza como o simple feito de bailar. Nin riquezas nin aplausos lle parecían comparables a un paso-de-dous
executado en toda a súa beleza. Beleza dun corpo que sabe despregarse ao máximo para expresar algo interior, algo indicible e
intenso. Para manifestar... que? "Isto era o que de verdade me gustaba -conta Mireille-. Cando máis feliz era danzando, máis
desexaba encontrar un sentido real e profundo a esta felicidade sen igual que me proporcionaba a miña arte. En cada
interpretación sentíame como atraída por unha misteriosa luz. Unha luz que presentía por enriba da miña cabeza, pousándose
sobre min. Sobre todo cando executaba coreografías de contido espiritual ou místico, inspiradas en espiritualidades orientais ou
hindús, por exemplo. Recordo que un día danzaba para Buda. E outro en honor de Vishnú. Pero, cal era a miña crenza persoal?
Quen o meu verdadeiro Deus? Necesitaba claridade, transparencia. Ansiaba vivir unha harmonía perfecta entre a arte que elixira
e o ideal ante o que o inmolaba".
Ata que un día se topa co Evanxeo... Buscadora inconsciente do verdadeiro Deus, Mireille encóntrao alí, e a partir dese momento
intenta saciar a súa sede devorando, un a un, cantidade de libros relixiosos. Pasa nesta tarefa noites enteiras. Co corazón
axitado, busca unha resposta. E atópaa, por fin, nese mesmo Evanxeo: "Descubrín a divindade de Xesús. Aquela luz
descoñecida que se apoderaba de min ao danzar, era cabalmente a súa mirada. El fora o meu compañeiro silencioso dende
sempre. A súa voz, con sabor de eternidade, fixo vibrar as cordas da miña sensibilidade, cando lin: "Eu son manso e humilde de
corazón... vide a Min”. Cristo tivo entón para comigo un xesto de graza desgarradora: a súa man, tenra e firme, pousouse sobre
os meus ombros, facéndome esquecer todo o que eu máis amaba, para que puidese encontrar algo mellor, para que puidese
alcanzar ao amor. E como Director de Orquestra perfecto, eu lle deixei que comezase a dirixir a miña nova danza".
Mireille di entón adeus a todo o que máis quere; a súa familia, os seus amigos, a Ópera... todo para seguir ao Amigo. Aos 28
anos di adeus ao que chamamos mundo e entra no Carmelo de Limoges. "Xesús, que coreógrafo! O paso da escena á Santa
Cea. Dez anos de desterro... No Carmelo eu aprendín a danza de Xetsemaní, a dos prisioneiros. Non sempre a dancei ben. A
pesar de ser prisioneira do amor, é difícil seguir tal Mestre de Baile... Cando os meus xestos non se acompasaban ben, a súa voz
resoaba forte, bela, profunda: "Non me elixistes vós a Min, senón que eu vos elixín a vós para que vaiades e deades froito e o
voso froito dure". Esta voz, este sopro, levábanme máis alá do deserto, máis alá dos muros do Carmelo.

Aos 38 anos, Mireille vese obrigada a deixar o convento por motivos de saúde, sen pronunciar aínda os votos definitivos. Pero,
para ela, a súa vida consagrada continúa. A partir deste momento vaina vivir non xa tras os muros dun mosteiro senón no
corazón mesmo da vida, para "testemuñar a súa serenidade ante os homes". Como? Servíndose dese don que Deus lle deu para
dar froito: a danza. Considéraa como un modo de vivir en acción de grazas. A danza é unha prolongación de cada cousa: o
pensamento, o xesto, os sentimentos. Vivir en unidade co Espírito de Xesús reconcilia corpo e alma. Por iso a danza pode ser un
verdadeiro instrumento de oración. Unha forma de expresión suave, que se move no espazo e é a expresión estética máis
marabillosa de louvanza a Deus".
Tras a súa saída do Carmelo, Mireille volveu calzar as súas zapatillas de punta. Volveu adestrarse asiduamente e escribir
numerosas coreografías de tema sacro: o "Gloria" de Vivaldi, o "Magnificaf" de Bach, a "Ave María" de Gounod, etc. O culmen da



                                                                                                                                11
danza -di- reside na Cruz de Cristo. A Cruz é unha expansión ao longo, ao alto e ao ancho, abranguendo todas as dimensións do
cosmos e da eternidade. A Cruz é certamente o símbolo exacto de toda a ofrenda que unha danza sagrada quere elevar a
Deus".
Mireille soña con poder ir danzar por cantos sitios haxa soidade, abandono ou dor: prisioneiros, hospicios, hospitais... "Si, porque
para min danzar é un modo divino de amar. Non me sinto soa. Tareixa de Calcuta ocúpase dos pobres dunha forma quizais máis
concreta ca min. Pero a arte é tamén expresión do amor que Deus nos ten. Unha danza pode achegar moita paz e alegría, tanto
aos pobres coma aos ricos que son pobres de corazón". Hoxe, a súa danza e a súa oración forman unha soa cousa: "Ao danzar,
un mesmo é oración. Faise algo máis que orar co corpo. Un sente que os seus músculos, os seus ósos, todo o seu interior, arden
no lume desta oración. A idea de Deus, pensar nel, sabe entón a mel. E o corpo pensa nel con toda a intensidade de que é
capaz".

 Cantar vitoria: música e evanxelización

"A xente amotinouse contra eles; os pretores mandaron azoutalos con varas. Despois de darlles moitos azoutes, botáronos ao
cárcere e mandaron o carcereiro que os gardase con todo coidado. Este, ao recibir tal orde, meteunos no calabozo interior e
suxeitou os seus pés no cepo. Cara á media noite, Paulo e Silas estaban en oración cantando himnos a Deus. Os presos
escoitábanos. De súpeto, produciuse un terremoto tan forte que os mesmos alicerces do cárcere se conmoveron. Nese intre
quedaron abertas todas as portas e soltáronse as cadeas de todos. Espertou o carcereiro e, ao ver as portas do cárcere abertas,
sacou a espada e ía matarse, crendo que os presos fuxiran. Pero Paulo berroulle: Non te fagas ningún mal, que estamos todos
aquí". O carcereiro entrou dun salto, botouse aos pés de Paulo e Silas, sacounos fóra e díxolles: "Señores, que teño que facer
para salvarme?". Respondéronlle: "Ten fe no Señor Xesús, e salvaraste a ti e a túa casa”. E anunciáronlle a Palabra do Señor a
el e a todos os da súa casa. Naquela mesma hora da noite, o carcereiro tomounos consigo e lavoulles as feridas;
inmediatamente recibiu o bautismo el e todos os seus. Fíxoos entón subir á súa casa, preparoulles a mesa e alegrouse con toda
a súa familia por crer en Deus" (Feit 16, 22-34).
Velaí as últimas palabras de Xesús antes de subir ao ceo: "Recibiredes a forza do Espírito e seredes as miñas testemuñas... ata
os confíns da terra" (Feit 1, 8). O que nós recibimos do Espírito é para ser testemuñas de Xesús. E a música e o canto son un
camiño privilexiado para levar ás persoas a un encontro con El, son instrumentos que, tocados polo Espírito, teñen un gran poder
evanxelizador. O Espírito Santo sérvese das notas e dos instrumentos musicais para construír o Reino de Deus. "O seu sopro
pasa a través dos que teñen o don natural da música aínda cando este sexa moi elemental", di Philippe Verhaeghen. Resulta
sorprendente ver como, con medios moi pobres, o Espírito produce froitos espirituais inesperados e extraordinarios. Para mostra,
os cantos de Paulo e Silas; non houbo na historia da Igrexa un ministerio de música máis pobre -humana e musicalmente- e, ao
mesmo tempo, con maior poder evanxelizador. Pola contra, vemos nos nosos templos execucións corais perfectas que
precisaron un esforzo inmenso de ensaios e que producen -sobre todo- efectos carnais como emoción artística, felicitacións ao
coro...; sen falar de cousas menos fermosas como rivalidades, desexo de figurar, etc.

O sopro do Espírito non actúa só sobre a melodía, na voz dos executantes, senón tamén nas palabras cantadas, facéndoas
palabras unxidas, palabra viva. É así como a música produce froitos espirituais: a comuñón con Xesús Salvador e Señor, a
comuñón coa tenrura e a grandeza do Pai, a comuñón entre irmáns "no mesmo e único Espírito". Resumíndoo nunha soa frase:
o carisma do canto fai presente a Xesús e, entón, os corazóns arden no seu Amor. Dicíanos un párroco: "Cando cantades nun
funeral ou nunha voda, a xente conmóvese profundamente. Algúns indiferentes ou agnósticos son tocados... O día en que
teñamos grupos de canto polos que pase o sopro do Espírito, veremos as mesmas marabillas de Pentecoste".

A música é un excelente medio de comunicación. Por iso os cristiáns debemos utilizala para levar a todos os que nos rodean (e
"ata os confíns da terra") o máis precioso que temos: Xesucristo. A música é a forma de expresión que se “mete” máis
doadamente en calquera ambiente ou lugar. A lectura e os discursos cansan, pero a música conserva esa capacidade de
"enganchar" persoas de todas as idades e condicións.

Xa David utilizaba o canto para evanxelizar. Di en tres salmos (57, 108 e 18): “Louvareite, ou Deus, entre os pobos; cantarei para
ti entre as nacións". Para David, os pobos e as nacións eran os pagáns. Seguro que os 4.000 levitas que formaban o seu
ministerio de música impresionaban aos estranxeiros que pasaban por Xerusalén. Pero fixémonos ben de que clase de cantos
está a falar David: son cantos de louvanza, que celebran o Maxestade de Deus. Por medio da música, David louva a Deus e a
súa actuación no medio do seu pobo: a súa Forza (Sal 59, 17), a súa Fidelidade (Sal 71, 22), a súa Bondade e a súa Xustiza (Sal
101, 1). Proclama as marabillas de Deus: todo o Ben que lle fixo (Sal 13, 6), o Gozo que puxo no seu corazón (Sal 30, 13), a
Fortaleza que lle deu (Sal 57, 8).
Do mesmo xeito, Paulo e Silas -na prisión de Filipos- non entoaron propiamente cantos de evanxelización dirixidos ao carcereiro
e aos outros presos. Cantaron loanzas a Deus! Foi por eses cantos e pola acción do Espírito Santo que o carcereiro se
converteu. Tamén hoxe, se cantamos ao Señor louvándoo con todo o noso ser e lle pedimos que derrame con poder o seu
Espírito Santo, veremos marabillas.
Os nosos cantos, como os de David, Paulo e Silas, deben dicir aos de fóra quen é Deus para nós e o que fixo por nós. A nosa
música debe reflectir tanto o carácter de Deus coma os sentimentos que El produce nos corazóns dos que se recoñecen os seus
fillos. Esta música será, polo tanto, moi diferente á do mundo, para reflectir -cun estilo que a xente comprenda e valore- a imaxe
dunha vida completamente transformada polo poder de Deus, dun Deus vivo e verdadeiro. Os nosos cantos deben suscitar neles
a sede de autenticidade, de verdadeira vida, o desexo de saber máis sobre a fonte que inspirou esa música. Esta é a dobre
esixencia dunha música de evanxelización para o noso tempo: por unha parte, ha de ter unha forma comprensible e un estilo
adaptado á xente de hoxe, e, por outra, ha de ser reflexo do seu Creador e ter un carácter verdadeiro e transparente.




                                                                                                                                12
Durante xeracións, os Tuareg estiveran completamente pechados ao Evanxeo. Todos os esforzos fracasaban á hora de chegar a
estes "cabaleiros do deserto". Uns misioneiros probaron entón a compoñer himnos adaptando textos bíblicos a melodías
semellantes ás do seu folclore. O resultado desta forma de evanxelización foi extraordinario: varias tribos amosáronse receptivas
á mensaxe cristiá presentada baixo esta forma que conectaba co máis fondo do subconsciente colectivo daquel pobo a través da
súa tradición musical. A música era o medio utilizado para que as verdades fosen máis doadamente aceptadas e entendidas. Era
a Palabra de Deus a que tocaba os corazóns: "A Fe é pola predicación. E a predicación vén pola Palabra de Deus" (Rom 10, 17).
Pero, para que o Espírito Santo puidese actuar a través da Palabra, era necesario que esta fose recibida e comprendida. Aí
estaba a música preparando o camiño á Palabra de Deus; porque a música prepara o camiño a Aquel que sempre vén.

Idi Amín Dadá, o tristemente famoso ditador de Uganda, foi tocado ao sentir cantar ás súas fillas que volvían da catequese cheas
da alegría do Señor. O canto que entrou como unha pequena luz no seu escuro corazón dicía así: "Se queres ser feliz, abre a
Xesús as portas do teu corazón. El borra o teu pecado, esquécese do pasado, transformará todo o teu ser para reinar nel". A que
evanxelizador se lle tería permitido falar así diante daquel home cruel e sanguinario? A música era o único axente de
evanxelización que podía chegar ata el sen levantar sospeitas.

Escribe Josep Asunción:
"Temos moitos testemuños de sanación pola intercesión, de conversión pola predicación, de manifestación do amor de Deus a
través das relacións interpersoais no Espírito; pero temos aínda moitos máis testemuños de acción de Deus a través da música.
Practicamente todos podemos testemuñar como Deus nos deu a experimentar emocionalmente unha graza de consolación, de
amor fraterno... cando cantabamos ese canto; ou como no intre que estabamos a vivir unha experiencia espiritual... comezou a
soar esa canción. A música e a experiencia de Deus viven xuntas, porque a música é linguaxe de Deus.
Os cantos teñen a propiedade da perennidade; non caducan. Son profecías vivas que non morren. A música permite a evocación
da acción de Deus en todo momento e circunstancia. A revelación de Deus chega moito máis lonxe no tempo e o espazo,
xeograficamente falando, cando vén cantada".

A través da música unxida por Deus caeron as murallas de Xericó, foron libres do cárcere Paulo e Silas, e convertéronse o
carcereiro e a súa familia. A través da música que o Espírito Santo faga, cante e toque por medio de ti, moitos acollerán a
Palabra e salvaranse.


  Bótalle leña ao lume do Espírito!

"Quen aprendeu a amar a vida nova sabe cantar o cántico novo. De maneira que o cántico novo nos fai pensar na vida nova.
Home novo, cántico novo, testamento novo... todo pertence ao mesmo e único Reino" (S. Agustín).

O cristián que busque sinceiramente coñecer o lugar que a música debe ocupar na súa propia vida, ten na Palabra de Deus unha
norma xeral que se pode aplicar a calquera ámbito da súa existencia: "Facédeo todo para a gloria de Deus" (1Cor 10, 31). Quen
aceptase a Xesús como o seu Señor e Salvador xa non é autónomo ou autónoma para fixarse a súa propia lei, pois agora está
"baixo a lei de Cristo Xesús" (1Cor 9, 21). E Xesús buscaba sempre o que era agradable a Deus e servía para darlle maior gloria
(Xn 7, 18; 8, 29; 8, 49; 17, 4).

"Porque ninguén vive para si mesmo e ninguén morre para si mesmo" (Rom 14, 7). "Cristo morreu para que os que viven xa non
vivan para si, senón para Aquel que morreu e resucitou por eles" (2 Cor 5, 15) "para que en todo sexa glorificado Deus por medio
de Xesucristo" (1Pe 4, 11). Se nacemos de novo, da auga e do Espírito, desexaremos facer todas as cousas -tamén a música-
para a gloria de Deus. Todas as miñas cousas están baixo a mirada do meu Pai; son o seu fillo e vivo para El. A música que
aceptamos escoitar, a que compoñemos, a que cantamos ou tocamos -sós ou con outras persoas- debe contribuír a glorificar a
Deus.

Facer algo para a gloria de Deus significa que desexamos que El reciba toda a honra e a louvanza da nosa acción e que sexa
mellor coñecido, amado e servido. Polo tanto, renunciamos á nosa propia gloria persoal. O mundo da música, como toda
actividade artística, foi desviado cara á glorificación de home. Unha das metas -recoñecida ou non- dos artistas é a de facerse un
nome. E Xesús di, con respecto a isto: "Mais, entre vós, non ha ser así" (Mt 20, 26). Nunha oración común ou en calquera
celebración litúrxica é inconcibible que músicos ou cantores sexan protagonistas. A música é ofrecida a Deus igual que as
oracións. Non nos reunimos no nome do Señor para gozar da música ou para valorar a súa calidade.

"Todas as cousas estanme permitidas, pero non me deixarei dominar por ningunha". Mesmo as mellores cousas poden
converterse nun perigo para a miña liberdade ao se facer imprescindibles para o meu benestar. Hoxe en día, a música
converteuse para moitos nunha droga da que lles sería moi difícil prescindir. A música é un medio marabilloso polo cal Deus
pode darnos paz, alegría, forzas... pero sempre seguirá sendo un medio -como os alimentos ou as medicinas- nas mans de
Deus. Non é da música por si mesma de quen espero estes beneficios, senón do meu Pai que me ama. Debo evitar, polo tanto,
dedicarlle máis tempo, forzas ou receptividade do que o Señor me mostra como axeitado para non depender dela. Para moitos
melómanos, a música converteuse nun sucedáneo da relixión. Teñen necesidade dela para tranquilizarse ou animarse. Esperan
dela o que nós esperamos de Deus: consolo, transformación interior, comuñón cos outros... A música é unha serva de Deus; se
non ocupa o seu lugar, faise un ídolo, un falso Deus.


5. SOLI DEO GLORIA: A música no Catecismo e noutros documentos da Igrexa Católica



                                                                                                                              13
"A Igrexa ten necesidade dun Pentecoste permanente. Ten necesidade de lume no corazón. Necesidade de sentir que sobe do
máis fondo da súa intimidade persoal como un xemido, unha poesía, unha oración, un himno, a voz orante do Espírito -como nos
ensina S. Paulo- que nos substitúe e ora en nós con xemidos inefables" (Paulo VI, 29-11-72).

Cantar, tocar ou compoñer música para a gloria de Deus significa, para nós católicos, servir á Igrexa. O noso servizo a través da
música é un servizo de unidade, en comuñón coa cabeza e con todos os membros do corpo de Cristo. Para iso, temos que
actuar sometidos aos nosos pastores e en conformidade coa doutrina da Igrexa. Debemos coñecer o que a Igrexa di acerca da
música e o canto, e deixarnos inspirar e conducir polas súas ensinanzas.

O Catecismo da Igrexa Católica adica tres números ao tema:
1.156 "A tradición musical da Igrexa universal constitúe un tesouro de valor inestimable que sobresae entre as demais expresións
artísticas, principalmente porque o canto sagrado, unido ás palabras, constitúe unha parte integral da liturxia solemne" (SC 112).
A composición e o canto de salmos inspirados, con frecuencia acompañados de instrumentos musicais, estaban xa estreitamente
ligados ás celebracións litúrxicas da Antiga Alianza. A Igrexa continúa e desenvolve esta tradición: "Recitade entre vós salmos,
himnos e cánticos inspirados. Cantade e salmodiade no voso corazón ao Señor" (Ef 5, 19; cf Col 3, 16-17). "O que canta ora
dúas veces" (S. Agustín).
1.157 O canto e a música cumpren a súa función de signos dun xeito tanto máis significativa canto "máis estreitamente estean
vinculados á acción litúrxica" (SC 112), segundo tres criterios principais: a beleza expresiva da oración, a participación unánime
da asemblea nos momentos previstos e o carácter solemne da celebración. Participan así da finalidade das palabras e das
accións litúrxicas, a gloria de Deus e a santificación dos fieis (cf SC 112).
"Canto chorei ao oír os vosos himnos e cánticos, fortemente conmovido polas voces da vosa Igrexa que suavemente cantaba!
Entraban aquelas voces nos meus oídos, e a vosa verdade derretíase no meu corazón, e con isto inflamábase o afecto de
piedade, e corrían as bágoas, e íame ben con elas " (S. Agustín, Conf. IX; 6, 14).
1.158 A harmonía dos signos (canto, música, palabras e accións) é tanto máis expresiva e fecunda canto máis se expresa na
riqueza cultural propia do pobo de Deus que celebra (cf SC 119). Por iso "foméntese con empeño o canto relixioso popular, de
modo que nos exercicios piadosos e sagrados e nas mesmas accións litúrxicas", conforme ás normas da Igrexa, "resoen as
voces dos fieis" (SC 118). Pero "os textos destinados ao canto sagrado deben estar de acordo coa doutrina católica; máis aínda,
deben tomarse principalmente da Escritura e das fontes litúrxicas" (SC 121).

O libro "A Igrexa en oración" escrito polos mellores e máis autorizados especialistas do mundo en liturxia, dirixidos por A. G.
Martimort, tamén dedica un capítulo ao canto. Facemos un resumo do mesmo:
“A antigüidade cristiá non tivo máis que seguir os consellos do Apóstolo Paulo, de acordo coa tradición bíblica, para facer do
canto un modo normal de expresión da oración litúrxica: “Cantade nos vosos corazóns a Deus, con gratitude, salmos, himnos e
cánticos espirituais" (Col 3, 16); "recitade entre vós salmos, himnos e cánticos espirituais; cantade e salmodiade de todo corazón
ao Señor" (Ef 5, 19). Na Igrexa de Corinto, tamén segundo o testemuño de San Paulo, mesmo se producían improvisacións
carismáticas (1Cor 14, 26); ademais, as epístolas preséntannos restos preciosos de cantos litúrxicos da primeira comunidade. O
canto aparece como signo de alegría, especialmente adaptado ao sentimento da acción de grazas, cousa que suxire Santiago
(Sant 5, 13): "Está alegre alguén de entre vós? Cante himnos". E no mesmo sentido, a Igrexa do Ceo, segundo a Apocalipse,
expresa por medio do canto o seu recoñecemento pola redención e a súa louvanza cara ao Señor (Ap 4, 8 e 11; 5, 9-10; 14, 3;
15, 3-4; 19, 1-8).
O canto tamén se considera como un medio de manifestar a unanimidade dos sentimentos, porque provoca, polo seu ritmo e
melodía, unha fusión tal das voces que parece que só haxa unha. E de feito, só o canto permite unha expresión de conxunto
dende o momento en que a asemblea supera o tamaño do grupo pequeno. Os Pais destacan tamén que o canto dá ás palabras
unha maior forza e intelixibilidade, co que é posible prestarlles unha adhesión máis intensa e meditalas. Finalmente, a música
-tanto vocal coma instrumental- pode crear un ambiente de festa, dar a certas manifestacións o esplendor do triunfo. E é deste
modo como interviña nos grandes momentos da liturxia de Israel. Pero ao canto e á música élles difícil manter o papel
estritamente funcional, que é o seu, e non se saír da súa condición de servizo. De aí as numerosas vacilacións experimentadas
pola xerarquía e os teólogos ante esta ou aquela forma de arte, e a tentación que axexa ao fiel de deterse na emoción estética
sen chegar ata o texto que a música tería que lle facer saborear mellor.”

Este último parágrafo sitúanos na perspectiva que a Igrexa ten sobre todo carisma ou don e, en concreto, sobre a música e o
canto: "É a recepción destes carismas, mesmo dos máis sinxelos, a que confire a cada crente o dereito e deber de exercitalos
para edificación da Igrexa, coa liberdade do Espírito Santo e en unión con todos os irmáns en Cristo, sobre todo cos seus
Pastores, aos cales toca xulgar a xenuína natureza de tales carismas e o seu ordeado servizo; non por certo para que apaguen o
Espírito, senón co fin de que todo o proben e reteñan o que é bo" (Vaticano II. Decreto sobre o Apostolado Segrar, nº 3).

Polo tanto, no exercicio dos carismas que o Señor nos regalou para o canto e a música, poñámonos ao servizo dos demais
segundo o don recibido, de xeito que "todo o corpo se edifique no amor" (Ef 4, 16). Deus é libre nos seus dons, e en cada
momento vai dando cousas novas á súa Igrexa, distintas das de onte. Só El é quen de inventar, de facelo todo novo. Deixémolo
a El -a través do noso ministerio- innovar, unir, renovar a Igrexa. Nós, servos inútiles somos; o canto e a música, simples
instrumentos. Só El é Señor e Dono.

"Só a Deus a Gloria" (SDG). É o lema de Xoán Sebastián Bach que aparece en case todas as súas partituras.




                                                                                                                               14
O Espírito Santo en clave de sol

"O meu pai cría no home; o meu avó cría en Deus. O primeiro ensinoume a falar; o segundo, a cantar" (E. Wiesel, premio
Nobel da Paz 1986).

A vida espiritual múrchase se está dominada unicamente pola razón. A música axuda a espertar e desenvolver en nós a vida
dos sentimentos, a concretalos e matizalos. Ademais, fainos participar nas emocións e sentimentos dos demais. Dá á nosa vida
espiritual unha nova dimensión.

No noso camiño cara a "un Ceo novo e unha Terra nova", neste camiño cara a unha nova era para a Igrexa, encontraremos
xente que se agarra á razón, ao pasado, á ciencia, ás cousas deste mundo... Pero o racionalismo -dicía o avó de Wiesel, o que
lle ensinou a cantar dende a fe- "camiña ás apalpadas, e cando atopa un muro, detense e empéñase en desfacelo ladrillo a
ladrillo, sen chegar nunca a desfacelo de todo, porque unha man invisible o reconstrúe e o fai cada vez máis alto e espeso".

Nós cremos en Xesucristo morto e resucitado. El é a nosa forza. Ningún muro se nos resistirá. Coa música, que é o seu Lume
no noso corazón, derrubarémolos. Tampouco temos medo ás portas: atravesarémolas con alegría e humildade, collidos da
man da nosa Nai, confiados nela. E se ao noso arredor, aínda dentro da mesma Igrexa, a escuridade se fixese abafante....
pecharemos os ollos! Non faremos caso aínda que todo pareza afundirse. Pecharemos os ollos... para ver a Deus! E entón, a
escuridade non poderá adiantársenos: terá que nos perseguir.

Porque o Señor camiña diante do seu pobo. El sacounos de Exipto e para El cantamos e danzamos tras a nosa liberación. El
diranos como camiñar arredor dos muros, cando e como tocar as nosas trompetas para derrubalos.

Sabemos de quen nos fiamos! Xericó caerá!




                                                                                                                           15

More Related Content

Similar to Selección de CONTIDOS Curso

A música na Idade Media (Parte I)
A  música na Idade Media (Parte I)A  música na Idade Media (Parte I)
A música na Idade Media (Parte I)musiquearte
 
María fraga breve historia da música
María fraga breve historia da músicaMaría fraga breve historia da música
María fraga breve historia da músicasatelite1
 
Sister Rosetta Tharpe
Sister Rosetta TharpeSister Rosetta Tharpe
Sister Rosetta Tharpefontexeriabib
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntosEva Garea
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
OS CATRO EVANXELISTAS.pptx
OS CATRO EVANXELISTAS.pptxOS CATRO EVANXELISTAS.pptx
OS CATRO EVANXELISTAS.pptxElasSilva6
 

Similar to Selección de CONTIDOS Curso (11)

A música na Idade Media (Parte I)
A  música na Idade Media (Parte I)A  música na Idade Media (Parte I)
A música na Idade Media (Parte I)
 
Hª de la música Idade Antiga
Hª de la música   Idade AntigaHª de la música   Idade Antiga
Hª de la música Idade Antiga
 
María fraga breve historia da música
María fraga breve historia da músicaMaría fraga breve historia da música
María fraga breve historia da música
 
Sister Rosetta Tharpe
Sister Rosetta TharpeSister Rosetta Tharpe
Sister Rosetta Tharpe
 
O renacemento
O renacementoO renacemento
O renacemento
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Historia da Música - Idade Media
Historia da Música -  Idade MediaHistoria da Música -  Idade Media
Historia da Música - Idade Media
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntos
 
8º pentecoste 2015 b
8º pentecoste  2015  b8º pentecoste  2015  b
8º pentecoste 2015 b
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
OS CATRO EVANXELISTAS.pptx
OS CATRO EVANXELISTAS.pptxOS CATRO EVANXELISTAS.pptx
OS CATRO EVANXELISTAS.pptx
 

More from immenxagraza

Rata Linda en Compostela 1º E.P. CEIP Abelendo
Rata Linda en Compostela 1º E.P. CEIP AbelendoRata Linda en Compostela 1º E.P. CEIP Abelendo
Rata Linda en Compostela 1º E.P. CEIP Abelendoimmenxagraza
 
La FAMILIA vive la PRUEBA
La FAMILIA vive la PRUEBALa FAMILIA vive la PRUEBA
La FAMILIA vive la PRUEBAimmenxagraza
 
Silencio, escucha, PALABRA
Silencio, escucha, PALABRASilencio, escucha, PALABRA
Silencio, escucha, PALABRAimmenxagraza
 
Boletín Interparroqial de Arousa nº 66
Boletín Interparroqial de Arousa nº 66Boletín Interparroqial de Arousa nº 66
Boletín Interparroqial de Arousa nº 66immenxagraza
 
VI Jornadas Diocesanas de Bioética
VI Jornadas Diocesanas de BioéticaVI Jornadas Diocesanas de Bioética
VI Jornadas Diocesanas de Bioéticaimmenxagraza
 
Programacion PASTORAL de la SALUD sANTIAGO
Programacion PASTORAL de la SALUD sANTIAGOProgramacion PASTORAL de la SALUD sANTIAGO
Programacion PASTORAL de la SALUD sANTIAGOimmenxagraza
 
Luz de mi corazón (con notas)
Luz de mi corazón (con notas)Luz de mi corazón (con notas)
Luz de mi corazón (con notas)immenxagraza
 
Luz de mi corazón
Luz de mi corazónLuz de mi corazón
Luz de mi corazónimmenxagraza
 
Miliario MILLADOIRO
Miliario MILLADOIROMiliario MILLADOIRO
Miliario MILLADOIROimmenxagraza
 
Homilía Apóstol 2011
Homilía Apóstol 2011Homilía Apóstol 2011
Homilía Apóstol 2011immenxagraza
 
Ofrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo ReinoOfrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo Reinoimmenxagraza
 
Ofrenda Antigo Reino de Galicia
Ofrenda Antigo Reino de GaliciaOfrenda Antigo Reino de Galicia
Ofrenda Antigo Reino de Galiciaimmenxagraza
 
Carta pastoral Pentecostés
Carta pastoral PentecostésCarta pastoral Pentecostés
Carta pastoral Pentecostésimmenxagraza
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecosteimmenxagraza
 
Carta pastoral Pentecostés(cast)
Carta pastoral   Pentecostés(cast)Carta pastoral   Pentecostés(cast)
Carta pastoral Pentecostés(cast)immenxagraza
 
Aniversario ordenacion papa
Aniversario ordenacion papaAniversario ordenacion papa
Aniversario ordenacion papaimmenxagraza
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoimmenxagraza
 

More from immenxagraza (20)

Rata Linda en Compostela 1º E.P. CEIP Abelendo
Rata Linda en Compostela 1º E.P. CEIP AbelendoRata Linda en Compostela 1º E.P. CEIP Abelendo
Rata Linda en Compostela 1º E.P. CEIP Abelendo
 
La FAMILIA vive la PRUEBA
La FAMILIA vive la PRUEBALa FAMILIA vive la PRUEBA
La FAMILIA vive la PRUEBA
 
Silencio, escucha, PALABRA
Silencio, escucha, PALABRASilencio, escucha, PALABRA
Silencio, escucha, PALABRA
 
Cantos 30D
Cantos 30DCantos 30D
Cantos 30D
 
Boletín Interparroqial de Arousa nº 66
Boletín Interparroqial de Arousa nº 66Boletín Interparroqial de Arousa nº 66
Boletín Interparroqial de Arousa nº 66
 
VI Jornadas Diocesanas de Bioética
VI Jornadas Diocesanas de BioéticaVI Jornadas Diocesanas de Bioética
VI Jornadas Diocesanas de Bioética
 
Programacion PASTORAL de la SALUD sANTIAGO
Programacion PASTORAL de la SALUD sANTIAGOProgramacion PASTORAL de la SALUD sANTIAGO
Programacion PASTORAL de la SALUD sANTIAGO
 
Luz de mi corazón (con notas)
Luz de mi corazón (con notas)Luz de mi corazón (con notas)
Luz de mi corazón (con notas)
 
Luz de mi corazón
Luz de mi corazónLuz de mi corazón
Luz de mi corazón
 
Todo BXVI JMJ2011
Todo BXVI JMJ2011Todo BXVI JMJ2011
Todo BXVI JMJ2011
 
Y4G
Y4GY4G
Y4G
 
Miliario MILLADOIRO
Miliario MILLADOIROMiliario MILLADOIRO
Miliario MILLADOIRO
 
Homilía Apóstol 2011
Homilía Apóstol 2011Homilía Apóstol 2011
Homilía Apóstol 2011
 
Ofrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo ReinoOfrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo Reino
 
Ofrenda Antigo Reino de Galicia
Ofrenda Antigo Reino de GaliciaOfrenda Antigo Reino de Galicia
Ofrenda Antigo Reino de Galicia
 
Carta pastoral Pentecostés
Carta pastoral PentecostésCarta pastoral Pentecostés
Carta pastoral Pentecostés
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
 
Carta pastoral Pentecostés(cast)
Carta pastoral   Pentecostés(cast)Carta pastoral   Pentecostés(cast)
Carta pastoral Pentecostés(cast)
 
Aniversario ordenacion papa
Aniversario ordenacion papaAniversario ordenacion papa
Aniversario ordenacion papa
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 

Selección de CONTIDOS Curso

  • 1.
  • 2. O Espírito Santo en clave de sol O Espírito Santo en clave de sol Curso sobre música, liturxia e vida Javier R. (Comunidade Caná) Javier Rodríguez naceu no barrio de Monte Alto (A Coruña) en 1958. Estudiou nos Salesianos e na Escola de Maxisterio. Alí coñeceu a Montse. Casaron en 1978, segundo remataron a carreira. Recibiron, dende noivos, unha chamada á vida comunitaria. Viviron en comunidade cun capuchino, un franciscano e un salesiano ata 1980. Despois, en diversas aldeas e pobos de Galicia. Dende 1990 a súa casa está en Moaña. Teñen tres fillos (entre 18 e 27 anos) que participan activamente con eles na vida eclesial. Son fundadores de Comunidade Caná, unha comunidade de familias insertada na Arquidiocese de Santiago ao servizo da nova evanxelización. Promoven e organizan Encontros de Familias por toda España. Teñen editado diversos materiais, xogos e dinámicas para catequese, educación en familia, evanxelización na rúa, etc. Javier traballa como mestre de Música en Infantil e Primaria, ademais de colaborar na Pastoral Diocesana en Cursos de Música, Liturxia, Preparación ao Matrimonio, Educación afectivo-sexual... Tamén en www.pastoralsantiago.org Libros publicados:  Amar para siempre (para a preparación ao Matrimonio)  Haced lo que Él os diga (para traballar en grupos de matrimonios)  Familia, ¡sé lo que eres! (para reunións de familias)  Yo hago nuevas todas las cosas (testemuños da acción de Deus nas familias)  El Espíritu Santo en clave de sol (sobre a música dende a experiencia do Espírito) OBXECTIVOS  Preparar o camiño do Amor, que se achega á persoa “agachada” debaixo de cada docente.  Recoñecer e analizar os tesouros da liturxia. Renovar a visión da música e da liturxia dende unha perspectiva bíblica.  Mellorar as competencias celebrativas das/os docentes.  Integrar os coñecementos musicais e litúrxicos na actividade docente, de xeito que poidan empregarse de forma creativa e construtiva.  Utilizar axeitadamente os distintos recursos e instrumentos para facer máis viva a liturxia. 2
  • 3.  Manifestar unha actitude positiva, integradora e actual diante da tradición litúrxica cristiá.  Valorar a música e a liturxia como integrantes da nosa cultura, tanto dende un punto de vista histórico coma dende a perspectiva do seu papel na sociedade actual. CONTIDOS  A música dende unha perspectiva bíblica.  Un arma cargada de Espírito Santo: carismas para a música e o canto.  Música na Eucaristía. Outros “espazos” litúrxicos.  Música e Liturxia, artífices de Comuñón. Eliseo, "o enterao": música e catequese.  A música no Catecismo e noutros documentos da Igrexa Católica. “Se coñeceses o Don de Deus!” (Xn 4, 10) 1. A música dende unha perspectiva bíblica 1.1. Introdución Ten a Biblia algo que dicir sobre a música e o canto como ministerios na Igrexa? A perspectiva de Deus, manifestada na Biblia, debe cambiar as nosas actitudes e impresións persoais acerca do tema? Si, por suposto! A música ocupa un lugar importante na Palabra de Deus. Máis de 40 libros da Biblia fálannos directamente dela, sumando preto de 600 pasaxes. 1.2. Nas túas murallas, Xericó A música aparece en 563 citas do Antigo Testamento. Faino xa dende as primeiras páxinas do Xénesis. En Xén 4, 20-22 descríbesenos a primeira especialización das actividades humanas. Tres fillos tivo Lamek: Yabal, Yubal e Túbal Caín. Yabal "veu ser o pai dos que habitan tendas e crían gando". Túbal Caín, "pai de todos os forxadores de cobre e de ferro". O segundo dos irmáns, Yubal, foi "pai de cantos tocan a cítara e a frauta". A Palabra de Deus dános a entender que os alimentos e os produtos manufacturados non sacian as necesidades do home. Xunto a estas actividades, a Biblia pon a música. Deus revélanos que non é suficiente atender as necesidades materiais do home. El fíxonos con certas necesidades "estéticas" e creou a música para satisfacer esas necesidades. Se lemos o Antigo Testamento dende a perspectiva da música, impresiónanos a importancia que esta tiña na vida do pobo de Deus. Estaba asociada a todos os aspectos da súa existencia persoal e colectiva. A música está presente sempre, en todos os lugares, tanto na vida cotiá coma na relixiosa. Todas as épocas do ano están marcadas por cantos aprendidos ou improvisados. Cantábase: - Nas segas e nas vendimas (Esd 9, 2; 16, 10. Xer 31, 4-5). - Ao momento de partir (Xén 31, 27). - Nos reencontros (Xuí 11, 34-35; cf. Lc 15, 25). - Na chegada da primavera (Cant 2, 12). - Ao descubrir o manancial (Núm 21, 17). - O noivo cantaba ao presentarse á amada (1Mac 9, 39). - Había cantores e cantoras na corte do Rei (2Sam 19, 35). Nos libros do Antigo Testamento aparecen toda clase de cantos: - Cantos de marcha (Núm 10, 35-36; 2 Cró 20, 21). - Cantos de peregrinación a Xerusalén (Salmos 121 a 134). 3
  • 4. - Cantos laborais (Num 21, 16-18; Xuí 9, 27; Is 5, 1; Is 27, 2; Is 65, 8; Xer 25, 30; Xer 48, 33; Os 2, 17). - Cantos de amor (Sal 45; Cant 2, 14; Cant 5, 16; Ez 33, 32). - Cantos para beber (Xob 21, 12; Sal 69, 13; Is 24, 9; Is 33, 11). - Cantos para danzar (1Sam 18, 6-7; 21, 12; 29, 5; Sal 26, 6; 68, 26; 87, 7). As máis antigas mencións á música e a cantos improvisados están asociadas ás guerras (Núm 21, 11-15; 21, 27; 21, 30) e ás vitorias que Deus obtivo en favor do seu pobo (Éx 15; Is 14, 4). As mulleres recibían aos vencedores con pandeiros e danzas, cantando en coros que se alternaban. En tempo dos reis mantívose este costume: despois da súa vitoria, Xosafat subiu ao templo ao son de cantos, arpas e trompetas (2Cró 20, 28). Cantábase durante as festas e as vodas (Sal 45, 9; 2 Sam 19, 35; Is 24, 8; Mat 11, 17). Cantábase "ao son de pandeiros, da arpa e a frauta" (Xob 21, 12; Sal 30, 12; Is 5, 12; 24, 8-9; Xer 25, 10; 31,4; Am 6, 5). Nestas pasaxes encontramos exemplos das tres categorías de instrumentos que se usaban: de corda, de vento e de percusión. Hai cantos de xúbilo tanto na saída de Babilonia (Is 48, 20; Sal 126, 5) como na liberación definitiva dos redimidos (Is 35, 10). Nos enterros, cantábanse elexías fúnebres (2Sam 1, 18-27; 3, 33 e ss; 2 Cró 35, 25). Aínda o máis pobre dos israelitas debía facer vir como mínimo a dous músicos que tocasen a frauta para o enterro dalgún da súa familia. A música acompaña o exercicio do ministerio profético. En tempos de Samuel había grupos de profetas que tocaban salterios, arpas, pandeiros e frautas (1Sam 10, 5; 16, 16 e ss; 19, 20-24). Eliseo pediu un músico que tocase a arpa para poder expresar o que Deus lle inspiraba. A música era utilizada tamén para botar os malos espíritos (1Sam 16, 16; 18, 10). A música utilizábase regularmente no culto do templo, tal como tiña mandado o Señor: "No día da vosa festa e nas solemnidades, tocaredes as trompetas durante os vosos holocaustos e sacrificios de comuñón. Así faredes que o voso Deus se acorde de vós" (Núm 10, 10). Cando transportaron a arca a Xerusalén, "David e toda a casa de Israel bailaban diante de Iahvéh con todas as súas forzas, cantando con cítaras, arpas, pandeiros, frautas e címbalos" (2 Sam 6, 5). Os especialistas no tema clasificaron ata trinta instrumentos musicais utilizados polos hebreos. Non todos eran empregados polo pobo; David fixo que o uso dalgún deles se limitase exclusivamente ao culto do tabernáculo. Os cantos e a música resoaban sobre todo durante os sábados e as festas. Dende pola mañá cantábase un salmo, que variaba segundo o día da semana. A mañá do sábado, os levitas cantaban os primeiros versículos do Salmo 105. A xornada estaba dividida en seis períodos. Cada un deles introducíase co canto dalgúns versículos do cántico de Moisés (Sal 90, 1-6; 7; 13; 14-18). Pola noite, os levitas clausuraban a xornada cantando o Salmo 96. Cada festa era celebrada cun salmo en particular. Na festa dos Tabernáculos, a asemblea entoaba o Salmo 118 camiñando arredor do altar. O último día, "o máis grande da festas", un sacerdote ía ao estanque de Siloé para sacar auga cun cántaro de ouro. Cando volvía, o pobo recibíao á porta da cidade cantando: "Sacaredes augas con gozo das fontes da salvación" (Is 12, 3). Mentres o sacerdote derramaba solemnemente a auga sobre o altar, os outros sacerdotes tocaban as trompetas e os levitas cantaban acompañados polos frautistas. Neste marco, podemos entender mellor as palabras de Xesús en Xn 7, 37. Esa noite, a festa prolongábase ata o primeiro canto do galo. Homes e mulleres reuníanse no adro do templo a danzar e cantar ao ritmo dos instrumentos dos levitas. David foi o primeiro responsable dun "ministerio de música". En 1Cró 15, 16-22 explícasenos como o organizou. Inventou instrumentos (Am 5, 23) para acompañar os "cantos en honor a Deus" (1Cró 16, 5-42). Máis tarde estableceu 4.000 levitas para "louvar ao Señor cos seus instrumentos" (1Cró 23, 30). Recibían dez anos de formación para poder exercer este servizo e non podían empezar o seu ministerio antes dos 30 anos (1Cró 23, 3). Os mestres de música e canto estaban divididos en 24 grupos de 12 homes cada un; un total de 288 levitas "expertos en todo o referente ao canto ao Señor, instruídos e aptos" (1Cró 25, 7). Estes ensinaban a música aos seus irmáns. Asaf, Xedutún e Hemán dirixían este xigantesco ministerio de música. Daban o sinal de empezar cos seus címbalos. Outros oito músicos guiaban a melodía coa arpa. Salomón continuou potenciando este ministerio de música. Para a inauguración do templo, 120 sacerdotes tocaban trompetas ao mesmo tempo que un gran coro cantaba a unha soa voz: "Porque é bo, porque é grande o seu amor" (2 Cró 5, 13). E Deus manifestou a súa aprobación "enchendo o templo da súa gloria". Dos oito grupos de instrumentos mencionados no Antigo Testamento, unicamente a metade tiña acceso ao templo. Só os descendentes de Leví podían tocar no Santuario e debían facelo dun determinado xeito, apropiado para o culto. Isto ensínanos que había uns criterios establecidos no referente á utilización de instrumentos musicais, e que non estaba permitido que cada un fixese o que mellor lle parecese para louvar a Deus. As mulleres tamén participaban no coro do templo. Esdras fala de "douscentos cantores e cantoras" (Esd 2, 65). En 1Cró 25, 5 e ss fálasenos de tres irmás instruídas para o canto na casa de Deus. Os cantores recibiron do rei Agripa o privilexio de levar unha túnica branca, distintivo dos sacerdotes. A "orquestra" do templo estaba composta, sobre todo, por instrumentos de corda con sons suaves (arpas e salterios). Podemos dicir que, a pesar da gran cantidade de instrumentos, as voces non tiñan ningunha dificultade para sobresaír e así ser escoitadas. No culto había lugar para o canto dos solistas, o coro e as distintas clases de instrumentos.Co exilio (s. VI a. de Cristo) o canto pasou do templo ás sinagogas. Non só se continuaban cantando os salmos; cantábase prácticamente toda a Escritura. 4
  • 5. O Antigo Testamento preséntanos tamén exemplos do mal uso da música. En Ex 32, 17 menciónase a música que fixeron os israelitas despois de erguer o becerro de ouro; Paulo explicaranos en 1Cor 10, 6-8 o carácter maléfico e as consecuencias negativas desta clase de música. No libro de Daniel cóntasenos como o rei Nabucodonosor utilizaba a música ao servizo da idolatría e da glorificación do home (Dn 3, 5). Amós (Am 6, 5) fala da música relixiosa que non é agradable a Deus. E o Señor reprende aos que fan música sen que o seu corazón estea consagrado a El: "Quita do meu carón a multitude das túas cancións, non quero oír a salmodia das túas arpas" (Am 5, 23). 1.3. Cantar a Biblia Ata hai ben pouco, ignorábase case por completo o carácter da música hebrea. Dábase por suposto que era similar ao doutras culturas da zona: unha música monódica, sen harmonía. En 1978, Susana Haïk publica o seu libro "A música da Biblia revelada" que presenta unha serie de sorprendentes descubrimentos sobre o tema. Algúns investigadores notaran que, ademais dos puntos que indican as vogais, as biblias hebreas levan -por enriba e por debaixo das letras- pequenos signos. Que significan? Son anotacións sintácticas, para marcar separación ou encadeamento de palabras, ou son anotacións musicais? Estes signos aparecen nos manuscritos máis antigos, como os atopados á beira do Mar Morto. Haïk conseguiu descifrar o significado destes signos. Di o seu libro: "Os signos inferiores son chanzos que constitúen unha escala, espazados segundo as normas polas que nos rexemos hoxe en día". A "escala de DO" correspóndese coa escala babilónica chamada "Lidia" (páx. 48). Os signos superiores son, para Haïk "notas engadidas que indican cambios de ton da melodía" (páx. 52). Dado que a música se axustaba fielmente ao texto e todas as sílabas tiñan a mesma duración, non facían falta signos rítmicos. Nunha palabra: cantábase todo o Antigo Testamento! E grazas a estes símbolos, que pasan case desapercibidos arriba e debaixo das letras, podemos coñecer a melodía con que se cantaban os textos bíblicos. Di Haïk que "nesta cantilación bíblica, a música non se distingue cunha vida propia, independente, senón que é expresión do sentido relativo das palabras, dando ao texto unha segunda vida, unha especie de eco enriquecedor" (páx. 51). Estes signos son a transposición gráfica dun sistema de xestos moi antigo: a quironomía. Este sistema utilízase aínda en moitos países de Europa para ensinar unha melodía. Cada ton correspóndese cun xesto. A Biblia fai moitas alusións á quironomía. Fala do uso das dúas mans no período de David; textualmente "segundo as mans de David" (nalgunhas traducións). En 1Cró 25, 2 e ss cóntase como unha obra de música litúrxica era dirixida só coa man. Son estes xestos os que foron anotados nas biblias hebreas. Era suficiente, polo tanto, con atribuír a cada xesto unha nota, para poder reconstruír a música duna boa parte do Antigo Testamento. Ademais desta cantilación, na Biblia hai outros dous tipos de cantos: a salmodia con canto resposta e o canto antifonal. Un bo modelo do primeiro témolo no Salmo 136: o coro repítese en cada versículo e alterna co relato das intervencións do Señor na vida do pobo. O canto antifonal descríbese no capítulo 13 de Nehemías, a partir do versículo 8. No 24 di: "Os xefes dos levitas e os seus irmáns cantaban himnos de louvanza e de acción de grazas en grupos alternos, segundo as instrucións de David". 1.4. Paulo Domingo e Silas Pavarotti O Novo Testamento contén unicamente 12 pasaxes con indicacións relativas á música. Non obstante, sabemos que a Igrexa primitiva ten moitos puntos de continuidade co pobo da antiga alianza e, ao principio, as súas celebracións foron similares ás da sinagoga. Se os hebreos tiñan razóns para cantar e bendicir a Deus, os cristiáns tiñan aínda moitas máis. O Novo Testamento comeza cun canto profético de María: "O Magnificat" (Lc 1, 45-55). "Proclama a miña alma a grandeza de Deus; alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador!" (Lc 1, 46-47). María é música de Deus. É a música de Deus por excelencia. Ninguén cantou nin cantará nunca a gloria de Deus como ela. En María derramáronse en plenitude todos os dons para a oración, a louvanza e a adoración. A nosa Nai é, ademais, a compositora do mellor himno do mundo: o Magnificat. Segundo os costumes do pobo hebreo, un poema así debía cantarse. María canta, con palabras bíblicas, o seu agradecemento gozoso a Deus ao visitar á súa parente Isabel. Di Xoán Paulo II, na súa Encíclica "Redemptoris Mater", que "o canto do Magnificat expresa a experiencia persoal de María. Nel resplandece o misterio de Deus, a gloria da súa inefable santidade". As raíces do canto de María están no cántico de Ana (1Sam 2, 1-10) e en multitude de salmos: - A miña alma alegrarase en Iahvéh e gozarase na súa salvación... El libra ao desvalido do poderoso, ao pobre e ao aflixido de quen o despoxa: 35, 9-10. - Magnifica comigo a Iahvéh, bendigamos a unha o seu nome: 34, 4. - Volva o seu rostro á oración do despoxado, e non rexeite a súa pregaria. Escribirase todo isto para a idade vindeira, e un pobo novo a Deus louvará: que Iahvéh se inclinou dende o alto do seu Santuario, dende os ceos á Terra mirou para oír o xemido dos cativos: 102, 18-20. - Iahvéh atende ao humilde: 138, 6. - Bendice, alma miña, a Iahvéh. Eterno é o seu amor: 103, 1-17. - Louvade a Iahvéh, que é bo, cantade ao noso Deus, que é doce a súa louvanza. Iahvéh levanta aos humildes e humilla aos impíos: 147. - Os ricos quedan pobres e con fame, mais os que buscan a Iahvéh de ningún ben carecen: 34, 11. 5
  • 6. - Cantade a Iahvéh un cantar novo, porque fixo marabillas; a vitoria é da súa destra e do seu santo brazo. Iahvéh fixo alumear a súa salvación, á vista das xentes revelou a súa xustiza, lembrando o seu amor e a súa fidelidade para coa casa de Israel. Os confíns da terra viron a salvación do noso Deus: 98, 1-3. Hai tamén reminiscencias doutros salmos e libros sagrados (Is 61. Hab 3, 18. 1Sam 1-11. Mal 3, 12. Xos 8, 29. Xob 22, 9. Sal 71, 19; 111, 9; 118, 15-16; 89, 11; 107, 9; 18, 51). Trátase dun canto composto enteiramente de textos bíblicos, porque María gardaba a Palabra de Deus no seu corazón e vivía todo o que proclamaba. Por iso o Magnificat é un canto unxido. Nace da Palabra que se fai vida xusto alí onde actúa o Espírito Santo: no interior de María. María amósanos en que debemos converternos cada un de nós se queremos traballar para o Reino dende a música: unha humilde escrava, un humilde escravo. Só dende a nosa conciencia de "incapacidade", da nosa "pobreza radical" -como María- podemos vivir, actuar, cantar en unidade. Deus é o único artista. E recibirá maior gloria canto máis fráxil sexa a materia coa que fai a súa obra de arte. Deste xeito, como en María, a nosa pobreza engrandece a obra de Deus. Porque o Señor elixiu o débil do mundo, o imperfecto, o que non conta (1Cor 1, 27-31). Elixiu a María. Elixiunos a nós. O mesmo Deus que mirou e escolleu a María, mirouche a ti. A súa forza mostrarase na túa impotencia (2Cor 12, 9). El quere que sexas, como María, música de Deus. Dille con Ela: Aquí estou, Señor! Fágase vida en min o teu canto novo! O nacemento de Xesús foi anunciado polo máis fantástico ministerio de música que xamais se tivese escoitado sobre a Terra: miles de anxos entoando o Gloria (Lc 2, 14), que despois sería cantado por millóns de fieis de toda lingua, raza e nación. Algúns días máis tarde, Ana e Simeón desbordaron de alegría cando viron a Aquel que o pobo esperaba dende había moitos séculos, e saudárono cun himno de louvanza ao Salvador (Lc 2, 22-38). Estes poemas foron, con toda seguridade, cantados, do mesmo xeito que o serán despois durante séculos e séculos poloa liturxia cristiá. Xesús participou -como calquera outro israelita- no canto dos salmos de louvanza e penitencia, tanto na sinagoga coma no templo. Hai un intre moi especial, ao remate da Última Cea, narrado en Mc 14, 26: "Cando cantaron o salmo, saíron para o Monte das Oliveiras". Os primeiros cristiáns mantiveron a tradición xudea de cantar os salmos. Participaban no culto do templo e cantábanos tamén entre eles nas casas. O hábito de cantar e o sentido espiritual do canto debía ser algo verdadeiramente arraigado neles, cando nunha situación tan apurada como a que viviron Paulo e Silas na prisión de Filipos, os cánticos xermolaban espontaneamente do seu corazón. O mandato de cantar é menos frecuente no Novo Testamento que no Antigo Testamento, pero atopámola nas cartas de San Paulo aos Colosenses (Col 3, 16) e aos Efesios. Esta última carta constitúe unha especie de testamento espiritual de Paulo ás igrexas de Asia Menor. A segunda parte do capítulo 5 poderíase titular "Carta do Apóstolo San Paulo aos ministerios de música cristiáns". Paulo fai unha exhortación fundamental: "Enchédevos do Espírito Santo!" seguida de cinco verbos: - "Recitade entre vós salmos, himnos e cánticos inspirados". - "Cantade para o Señor dende o fondo do corazón". - "Tocade para o Señor dende o fondo do corazón". - "Dando grazas sempre e por todo a Deus Pai no nome de Xesús". - "Sometidos os uns aos outros en atención a Cristo". Isto quere dicir que a plenitude do Espírito ten como consecuencias o canto, a louvanza, a acción de grazas e o sometemento mutuo. Pero, por outra parte, quere facernos comprender que cando cantamos unidos uns a outros, louvando ao Señor e dándolle grazas por todo, estamos máis abertos á acción do Espírito e experimentámolo en maior plenitude. Ou sexa: o canto é, á vez, unha característica da plenitude do Espírito e un medio para lograla. É como unha canle de dobre dirección: por el recibimos a vida de Deus e por el expresamos esta vida que está no noso interior. Este texto de Efesios é clave para captar a importancia da música e o canto na nosa vida espiritual, especialmente no seu aspecto comunitario. Paulo fálanos de cantar salmos, himnos e cánticos inspirados. Destaca o valor da diversidade. A Biblia transmítenos cento cincuenta salmos moi diferentes que se cantaban seguindo variadas melodías. Durante moito tempo, só se cantaban estes poemas inspirados polo Espírito Santo. Paulo pide que se canten tamén himnos e cánticos espirituais. Deus non actúa por patróns estereotipados. Toda a creación reflicte o seu amor pola diversidade. Segundo os tempos e as circunstancias, temos necesidade de diferentes tipos de cantos e de música. Debemos ter isto moi en conta no canto colectivo. A gran vantaxe dos salmos é que nos ofrecen un texto do que podemos estar seguros que gusta a Deus, xa que El mesmo o inspirou. Aos salmos podemos unir os himnos que aparecen nos libros históricos, en Isaías e Xeremías, nas cartas de San Paulo e na Apocalipse. A eles poderiamos engadir todos os cánticos compostos no transcurso dos séculos e que constitúen un dos tesouros máis preciosos da Igrexa. Os "cánticos inspirados" debían ser improvisacións espontáneas sobre a base de textos bíblicos ou experiencias interiores xurdidas na oración. Se se improvisan as oracións e os testemuños, por que non permitir a improvisación dos cantos? Naturalmente, procurando integrar a toda a asemblea nesta clase de cantos, evitando calquer protagonismo ou desexo de lucirse e intentando que a letra estea o máis próxima posible ao texto bíblico. "Cantade a Deus con todo o corazón (Col 3, 16)". Deus é o destinatario dos nosos cantos. Pouco importa se son cantados no noso interior ou en voz alta, que gusten ou non aos estudosos da música. Se alguén canta con todo o corazón as súas louvanzas a Deus, está a cumprir a súa Palabra. 6
  • 7. E que nos di sobre a música o último libro da Biblia? Na eternidade, ao final da historia da humanidade, o canto permanecerá como unha das ocupacións dos hóspedes do ceo. Os 24 anciáns cantan un canto novo en honor do Cordeiro: "Ti es digno de tomar o libro e abrir os seus selos... " (Ap 5, 9-10). Os 144.000 redimidos adoran a Deus por medio do canto: "A vitoria é do noso Deus que está sentado no Trono e do Cordeiro". E todos os anxos adoran a Deus cantando: "A Louvanza, a Gloria, a Sabedoría, a Acción de Grazas, a Honra, o Poder e a Forza... " (Ap 7, 10-12). Cando o sétimo anxo toca a trompeta, unhas voces poderosas entoan o himno de vitoria (Ap 11, 15). Os que venceran a besta estaban "en pé, sobre o mar de cristal, coas arpas de Deus. E cantaban o cántico de Moisés, o servo de Deus, e o cántico do Cordeiro" (Ap 15, 2-3). Parafraseando a Paulo (1 Cor 13, 8), podemos dicir que a predicación e a evanxelización cesarán no ceo; pero a música de adoración... continuará! 2. Un arma cargada de Espírito Santo: carismas para a música e o canto 2.1. Música s. XXI Un dos grandes cambios do último medio século é o lugar que ten pasado a ocupar a música na vida das persoas. Antes, a música estaba reservada a algúns momentos moi especiais ou a grupos privilexiados. Actualmente, a música está presente en calquera momento e en calquera lugar. Non podemos escaparnos dela e, con frecuencia, temos mesmo que soportala. Podemos escoitar, en poucos días, máis música que os nosos antepasados en toda a súa vida. O tempo medio que cada europeo se "expón" á música cada día é de 3-4 horas, e chega ás 7 horas nos mozos. A música move miles de millóns. É un dos mercados máis florecentes e diversificados a escala mundial. É tremendo o impacto que a música ten sobre a nosa personalidade. Moito máis que outras manifestacións artísticas, a música inflúe en todo o noso ser: alma e corpo son permeables ao ritmo e aos sons. En certos grupos de poboación chega a crear unha dependencia física e psicolóxica semellante á das drogas. Estamos, polo tanto, ante unha situación totalmente nova, sen precedentes. O noso mundo actual encóntrase mergullado nunha atmosfera musical que para algúns se converteu en algo tan necesario como o aire que respiran. Os cristiáns vivimos neste mundo, non podemos manternos á marxe. Que lugar debe ocupar a música nas nosas vidas? Que nos di o Señor por medio da súa Palabra e da nosa Nai a Igrexa sobre todo isto? Que papel ten a música na evanxelización e na oración? Que música e de que xeito? Chegou a hora de que os cristiáns comprendamos e valoremos a potencialidade que a música ten, para ben ou para mal. A nosa postura, a nosa actitude neste tema, non é algo intranscendente. Supón servir á gloria de Deus ou aos plans do Inimigo. 2.2 Un arma cargada de Espírito Santo Iahvéh dixo a Xosué: "Mira que teño posto nas túas mans a Xericó, ao seu rei, a todos os seus guerreiros. Marchade vós arredor da cidade dando unha volta en torno a ela. Así faredes por seis días: sete sacerdotes levarán diante da Arca sete trompetas resoantes. Ao sétimo día daredes sete voltas. Os sacerdotes irán tocando as trompetas. Cando eles toquen repetidamente o corno potente e oiades o son das trompetas, todo o pobo berrará fortemente e as murallas da cidade derrubaranse" (Xos 6, 2-5). Iahvéh falara ao seu servo e Xosué obedeceu. Durante seis días consecutivos, os seus homes pasearon a Arca en torno ás murallas da cidade de Xericó. Ao sétimo día emprenderon as sete voltas finais, tal como lles fora ordenado. Ao ser informado destas manobras, o rei de Xericó botouse a rir con bo humor e mandou unha mensaxe a Xosué no que se dicía: "Cres que vas derrubar a miña cidade co vento das túas trompetas?". Os hebreos continuaron camiñando arredor das murallas. Diante ían os sacerdotes abrindo camiño; despois seguía a Arca, e máis atrás ía o exército hebreo. Mentres, na cidade de Xericó os nenos asomábanse ás ameas e divertíanse chuspindo sobre a Arca e imitando o sonar das trompetas. Cando os hebreos comezaron a cuarta volta, as mulleres de Xericó acudiron a sentarse entre as ameas para ver o espectáculo. Tiraban pedras aos hebreos, mofábanse deles e insultábanos. Ao iniciar os hebreos a quinta volta, os vellos de Xericó acudiron a velos e apupalos, mentres dirixían os puños cara a eles, máis burlóns que ameazadores. Os seus berros mesturábanse co claro son das trompetas. Á sexta volta, o rei en persoa subiu unha torre de granito tan alta que as aguias construían nela os seus niños, e tan dura que os raios non podían causar efecto nas súas pedras. O rei, divertido, ría a mandíbula batente e, entre bágoas de xúbilo, berrou: Que bos músicos son estes hebreos! Ao seu arredor rían os anciáns do Consello e os oficiais e os nobres... Á sétima volta, as murallas derrubáronse. Moitos cristiáns non son conscientes disto: a música é un precioso don de Deus. Outros non se atreven a abrir o regalo, examinalo e ver para que o poden empregar. Hai algúns que si valoran este don, pero o utilizan unicamente para a súa satisfacción persoal... Como descubrir o verdadeiro sentido que Deus quere dar á música na nosa vida e na nosa fe, no plano persoal e no comunitario? A música é un gran tesouro que o mesmo Deus pon nas nosas mans e que se fai canle; canle marabillosa por onde corre a súa Vida. Non é unha evasión nin unha distracción. E tampouco pode reducirse a unha cuestión de gusto, técnica ou talento natural. O canto e a música nacen do Espírito, manifestan a gloria de Deus e cooperan na salvación dos homes. Cantar a Deus non é 7
  • 8. ofrecerlle só o noso canto, senón ofrecerlle o noso corazón. No canto, Deus manifesta o seu poder e nós entregámonos a El. O canto é así un signo, unha ponte, un sinal de amor entre Deus e nós. Deus únenos a El e dános o seu Espírito de Amor para que poidamos unirnos os uns aos outros. Cantamos dende o profundo do noso ser. Dende aí dentro, Deus -que vive en nós- move ao noso espírito. Cantamos na presenza de Deus que nos habita, unxidos por esta presenza. A música ten, pois, o seu papel importante en toda celebración litúrxica ou en calquera reunión de oración. Pero non debemos esquecer que é o esencial nunha reunión de cristiáns: "A predicación dos apóstolos, a comuñón fraterna, a fracción do pan e as oracións" (Feit 2, 42). A música é servidora, non dona; servidora da Palabra, da oración, da comuñón. Non a deixemos usurpar un lugar que non lle corresponde. Esteamos atentos para rexeitar toda idolatría. A música é canle, non fonte. Di Teilhard de Chardin que a música nos achega "o sentimento dun grande presencia". Poderiamos sinalar catro aspectos nos que este carisma constrúe, axuda, serve a unha comunidade orante: - Únenos na louvanza e na adoración. - Ábrenos e predisponnos á escoita. - Facilítanos a todos a posibilidade de expresar actitudes interiores, experiencias espirituais (ás veces, moito mellor que con palabras). - Ensínanos verdades espirituais e grávaas na nosa mente e o noso corazón. Se a música é un don de Deus, ningún cristián pode desprezala ou desentenderse dela. Posto que este don esta integrado por distintos elementos, valoremos cada un deles como regalo do noso Pai. Os estudosos sinalan ata dez elementos na música. Nós conformarémonos -por agora- con pararnos en tres deles: ritmo, melodía e harmonía. 1. Ritmo Aceptar o ritmo como un regalo de Deus quere dicir, en primeiro lugar, aceptar cantos con toda clase de ritmos. Mesmo se son novos para nós. Na creación de Deus non hai uniformidade. Se todos os nosos cantos teñen un ritmo parecido ou (o que é peor) nós cantámolos cun ritmo parecido, non estamos a reflectir a infinita riqueza do noso Creador e a variedade de todo o que sae da súa man. Unha das dificultades das persoas maiores cos cantos "modernos" é o seu ritmo. Os cantos "de antes" compoñíanse, na súa inmensa maioría, con brancas, negras e algunha corchea con punto. Actualmente empréganse moitos ritmos sincopados, acentúanse os tempos débiles... e moitos irmáns e irmás “despístanse” ou péchanse, considerándose incapaces de aprender e cantar estas "novidades". Non obstante, son unha riqueza dada polo mesmo Deus que inspirou outros cantos máis tradicionais. Se El nos dá unha mente aberta e un pouco de paciencia, podemos aprendelos correctamente e compartir esta riqueza. No tempo adicado ao ensaio de cantos que debe haber antes dunha celebración ou oración común, acostumarnos ao ritmo do canto debe ser o primeiro, posto que normalmente é o máis difícil. Para iso, antes de cantar a melodía, podemos marcar o ritmo ao mesmo tempo que dicimos a letra. 2. Melodía A inmensa maioría das nosas melodías están formadas por só dez notas. É Deus quen nos deu esta riqueza impresionante de cantos, resultado das case infinitas combinacións feitas con esas dez notas. As experiencias, vivencias, intuicións, profecías, palabras inspiradas de irmáns e irmás de todo o mundo e de todas as épocas, expresadas a través da música, son un tesouro inmenso que podemos compartir. Para iso é clave entrar na intimidade dunha melodía para poder comprender e, se é posible, vivir o que o compositor ou compositora querían expresar; captar o sentimento ou intuición fundamental dun canto e os seus matices a través da súa melodía. 3. Harmonía Foi Deus quen creou a diversidade de voces: voces masculinas ou femininas, tenores ou baixos, sopranos ou contraltos. O canto a varias voces é un reflexo do misterio de Deus e do seu plan para nós como Igrexa: unidade na diversidade. Se cada un e cada unha contribuímos ao canto colectivo segundo as características da voz que o Señor nos deu, cantaremos mellor, harmoniosamente, sen danar nin cansar innecesariamente as nosas cordas vocais, e o resultado reflectirá moito mellor a multiforme sabedoría de Deus. Para S. Agustín, "se queremos dar gloria a Deus, necesitamos ser nós mesmos o que cantamos, non sexa que a nosa vida teña que testemuñar contra a nosa lingua. Só se pode cantar a Deus co corazón cando nos rendemos a Él, isto é, cando aceptamos o seu plan de salvación e buscamos a súa vontade, tomando en serio a súa Palabra, cando o amamos. Ben se di que cantar é propio do que ama; pois a voz do que canta non ha de ser outra que o fervor de Amor". Por iso, agrega S. Xoán Crisóstomo: "A Deus háselle de cantar, máis que coa voz, co Espírito resoando no noso espírito. Así cantamos non aos homes senón a Deus, que pode oír os nosos corazóns e penetrar nos silencios do noso espírito,". En expresión de San Xerome, "o servo de Cristo cante de tal forma que non se goce na voz senón nas palabras que canta". Para iso, di S. Basilio, "que a mente coñeza e comprenda o sentido das palabras cantadas, para que cantes coa lingua e cantes tamén co teu espírito". E S. Ambrosio de Milán entende que "o canto da comunidade cristiá debe ser accesible para ser entoado por todos; é a voz do pobo, himno de todas as idades, de todos os sexos, de todas a clases e estados de vida. O canto que os cristiáns elevan para expresar a súa fe no Señor, todos debe comprendelo, sentilo e identificarse con el". Se a música é unha ponte... - Unha boa ponte: Sería un medio de unión, de achegamento e de comunicación de Deus ao home e do home a Deus. Cando unha ponte funciona como debe, os pasos do home son máis seguros. Cando un ministerio de música funciona ben, a asemblea camiña con máis seguridade. - Unha mala ponte: É o caso do home que constrúe a súa casa (servizo) sobre area (Lc 6, 48-49). Este servizo tórnase feble e 8
  • 9. mesmo perigoso. O ministerio non proxecta a Deus: proxéctase a si mesmo. O pobo non chega a Deus tan doadamente, queda na ponte, porque lle faltan pezas tan fundamentais como humildade, sometemento, discernimento, oración, vida sacramental, vida eclesial... - Non hai ponte: O home si pode entrar en comunicación con Deus sen a axuda da música e do canto, pero o camiño da asemblea é máis laborioso e difícil ao non utilizar esta ponte tan accesible. 3. Música na Eucaristía. Outros “espazos” litúrxicos (obradoiro) 4. Música e Liturxia, artífices de Comuñón. Eliseo, "o enterao": música e catequese "Xosafat, rei de Xudá, dixo: Non hai aquí algún profeta de Iahvéh para que consultemos a Iahvéh polo seu medio? Respondeu un dos servidores do rei de Israel e dixo: "Está aquí Eliseo, fillo de Safat, o que vertía a auga nas mans de Elías". Dixo Xosafat: "Con el está a palabra do Señor". E baixaron onde el o rei de Israel, o rei de Edón e Xosafat. Dixo Eliseo: "Traédeme, pois, un tanguedor de arpa". E sucedeu que, mentres tocaba o músico, veu sobre el a man de Iahvéh" (2Re 3, 11-15). A música non ocupa o lugar que lle corresponde nin nas celebracións nin na vida da Igrexa fundamentalmente por unha razón: falta verdadeiro discernimento espiritual. Todas as persoas que foron postas polo Señor para pastorear no seu nome teñen unha misión moi concreta: coñecer os camiños do Espírito, en cada momento e situación, e guiarnos por eles. A isto chámaselle visión. Os bispos, os párrocos, os superiores, os dirixentes dun grupo ou comunidade, deben ser -ante todo- homes e mulleres de visión. Para ser homes e mulleres de visión precisamos, en primeiro lugar, que o Señor nos regale o don de discernimento. Ademais, temos que coñecer a acción do Espírito a través dos carismas. Isto significa formación -por un lado- e coñecemento espiritual e experiencia pastoral -por outro-. Pois ben, irmán/a responsable, tes formación abondo sobre o ministerio de música? Tes, como Eliseo, coñecemento espiritual e experiencia pastoral neste ámbito? Nunca se nos ensinou o valor da música na Biblia, nin tampouco a súa función na vida do cristián e na vida da Igrexa. Normalmente, os responsables -que teñen outras moitas cousas importantes das que ocuparse- non ven por que razón deberían perder o seu tempo en algo tan accesorio como a música. Mais o certo é que, dende a perspectiva da Palabra de Deus e da Tradición da Igrexa, debemos cambiar os nosos esquemas, desterrar moitas concepcións falsas e coñecer o que verdadeiramente é e non é a música unxida polo Espírito Santo: a) O canto e a música non son “tapaburatos” nin elementos de animación. Son oración, ponte, manifestación de Deus. b) Non é certa a igualdade: música = mozos. Os dons para a música e o canto son dons do Espírito, que os derrama "sobre toda carne". Deus dá o que quere, a quen quere e como quere. c) A música non debe ser o rótulo luminoso dunha oración ou o lume de artificio dunha liturxia, senón o fertilizante pouco a pouco vai aumentando o froito da comunidade. Igual que todo don ou carisma, non é plenamente verdadeiro ata que non é humillado e purificado. Por iso, é inútil -cando non perigoso- consentir e mimar aos "músicos" e "cantantes" para que non se vaian da Igrexa ou do grupo. O sometemento é a clave do crecemento. d) "A Palabra feita canto dános a capacidade de reter as verdades eternas" (S. Agustín). Toda a inspiración melódica cristiá -inspiración do Espírito Santo- ponse ao servizo da Palabra. E cantando coa unción do Espírito un texto do Evanxeo, un himno de San Paulo, un salmo ou un cántico de Isaías, o Señor actúa con poder e a súa Palabra fai o que di: converte, libera, transforma. A música pon ás á Palabra e convértese nun arma de luz e verdade que vence ás tebras. Mediante a Palabra feita canto, o poder do Espírito Santo ábrese camiño para actuar no corazón que o necesita e o busca. Así se reforza o poder evanxelizador da Palabra. E o canto, como di S. Agustín, "vólvese instrumento de xustiza, vínculo de corazóns, reunión de almas divididas, reconciliación de discordias, calma dos resentimentos e himno da concordia". e) A música e o canto actúan como o que poderiamos chamar un "catalizador espiritual". En química, un catalizador é unha substancia en presenza da cal outras reaccionan, é dicir, combínanse con maior facilidade e rapidez. De xeito semellante, a música unxida polo Espírito potencia outras manifestacións do mesmo e único Espírito, como a profecía, a palabra inspirada, a sanación ou a curación interior. Unhas veces, o canto prepara, limpa, crea un silencio profundo na asemblea para que o Señor poida ser escoitado; outras, é o mesmo canto o que contén a mensaxe profética, a Palabra do Señor. O canto é utilizado polo Señor para tocar os nosos corazóns, para derramar o seu amor en feridas que, en ocasións, nin sequera coñecemos, pero que nos atenazan interiormente. E así o Espírito entra no máis fondo de nós e cúranos interiormente, utilizando a música para nos levar á conversión, a reconciliación, á paz. Quen non vivise todo isto non poderá apreciar como é debido os dons e carismas do Espírito. Só cando se ten experiencia do modo de actuar do Espírito Santo pode un empezar a recoñecelo e aprecialo. Domingo Bertrand, xesuíta francés, di: "O Espírito Santo é desconcertante. Tan desconcertante, que quen non se desconcertase fronte á súa acción é porque non o coñece". Os pastores, os responsables, deben coñecer e discernir a acción do Espírito e as súas manifestacións, de modo que na comunidade "cada quen poña ao servizo dos demais o carisma que recibiu" (1Pe 4, 1). Pola contra, como di Monseñor Uribe Jaramillo, "a Igrexa estará sentada e pobre sobre unha riquísima mina de carismas que descoñece por completo. E se nunha comunidade só actuamos os dirixentes e non todos os membros, haberá que preguntarse seriamente se, ao renunciar aos carismas, non se renunciou tamén ao Espírito". f) "O canto que os cristiáns elevan para expresar a súa fe no Señor todos han de comprendelo, sentilo e ser capaces de aprendelo, identificándose con el. O canto convértese en símbolo da Igrexa porque todos participan nel, e este símbolo de unidade debe coidarse prioritariamente a outras cousas. Se se converte en motivo da máis sutil división, pode perder a súa forza como testemuño de fe e de amor" (S. Xoán Crisóstomo). O don supremo é o amor. E todo don é para a unidade do corpo de Cristo. A música e o canto son servidores e construtores de unidade ou non son nada. É unha gran responsabilidade dos pastores velar porque "todo sirva para a edificación". g) O ministerio de música está ao servizo da asemblea; guía á asemblea co canto. Pero se a asemblea non canta, se non se 9
  • 10. mete no río da música, empapándose ben, é que o ministerio non está a cumprir a súa función. Como todo ministerio, te que morrer para dar vida. Evitemos dar privilexios a un determinado estilo de música. Se somos capaces de alternar e harmonizar o "clásico" co "moderno", os distintos membros da asemblea poderán expresarse e integrarse mellor no canto. Sen que se decaten, irán ampliando os seus horizontes, a súa sensibilidade musical. E empezarán a apreciar o bo, o "tocado polo Espírito", independentemente de que sexa novo ou antigo. Neste sentido, o responsable da música parécese ao pai de familia do que nos fala Xesús "que saca da súa arca cousas novas e cousas vellas". (Mt 13, 52). h) En toda reunión de oración debe existir un equilibrio entre a palabra, o canto e o silencio. Deste último di Fernando Palacios, un gran pedagogo musical: "En música, el é o rei; todos acatan a súa lei". É verdade, o silencio dá sentido e valor ao canto e á palabra. O silencio é, por un lado, un momento específico da celebración. Pero, por outro, é tamén unha calidade da celebración, unha realidade espiritual onde a palabra e a música atopan un ambiente propicio e eficaz. Di L. Deiss: "O silencio non fai nin crea unha celebración litúrxica. Os cristiáns non nos reunimos para saborear xuntos un silencio comunitario logrado á perfección. Non obstante, toda celebración debe dar lugar ao silencio. Trátase dun elemento de primeira importancia". Do mesmo xeito que o silencio marca o ritmo da música e fai xermolar un novo movemento, así na oración comunitaria o silencio é como un regulador que aparece como froito da palabra e o canto. Un silencio ha de valorarse máis pola súa intensidade que pola súa duración. Coidado pois, con usar o canto como unha respiración asistida, como un "enchesilencios"! Avivar artificialmente unha asemblea á que o Señor chama á escoita é unha decisión equivocada, guiada por inclinacións humanas, non por verdadeiro discernimento espiritual. Hai momentos nos que o canto debe irromper con decisión nun grupo centrado en si mesmo ou disperso, para disparar e soster a louvanza. Hai momentos de verdadeira exultación, de aclamar, berrar ao Señor, bailar para El... E a música ten que estar aí. Pero hai outros momentos nos que guitarras e voces deben calar. A música prepara o silencio no que Deus fala e actúa. E toca escoitar, imitando a Aquela que gardaba todo e o meditaba no seu corazón". O Señor fíxonos "colaboradores seus" (1Cor 3, 9). En palabras de Monseñor Uribe Jaramillo: “Deus salva na Igrexa e pola Igrexa. Como instrumentos, canto mellor nos capacitemos, maior será a nosa colaboración con Deus”. E unha última cousa, querido Eliseo (ou Elisea). Soarache -quizais- a xogo infantil. Pero pedímosche: ábrete ao Señor, ábrete á novidade do Espírito! Xa que a música é un don de Deus, por que reservar a uns poucos privilexiados o improvisar e compoñer cantos para o Señor? Non se trata de compoñer directamente cantos para outros, senón, en primeiro lugar, de cantar no teu corazón para Deus e despois -por que non?- a pleno pulmón en medio do campo ou mentres vas conducindo. Todos podemos improvisar unha melodía para o Señor. Empeza partindo de como te encontres, do sentimento que teñas: admiración, gozo, tristura, louvanza, ansiedade, paz... Expresar un sentimento poténciao, afínao. Nalgunhas ocasións, ao expresalo liberámonos dese sentimento. Toma como modelo aos salmistas, que dicían a Deus todo o que bulía no seu interior. Tanto se era a amargura como a rebeldía ou a incomprensión, liberábanse delas cando as expresaban. Déixate levar por esta necesidade de expresalo e atopa en ti mesmo as notas que mellor correspondan ao que enche o teu corazón! Se desafinas, non te preocupes. Tampouco se a canción ten reminiscencias doutras melodías: estás a cantar en comuñón coa Igrexa Universal. Non importa que o que acabas de cantar pronto se che esqueza: Deus non o esquecerá nunca; El rexistrouno. Todo isto vaise desenvolvendo e cultivando. Se superas a primeira dúbida e deixas que o teu corazón se lance a cantar, irás descubrindo como -en moitos momentos- a música pode expresar o que hai no teu interior. Na liberdade do Espírito... ao corazón de Deus! Eu bailo como David "Louvade o seu Nome con danzas!" (Sal 149, 3). A oración de louvanza ten un distintivo: o gozo. É tal a alegría, a liberación que un ou unha sente, que se despreocupa de onde está, de quen ten ao lado, e comeza a louvar ao Señor; normalmente, non só con toda a alma, senón con toda a voz e con todo o corpo. O Evanxeo está repleto destas oracións de louvanza gozosa. Xoán Bautista amosa en seguida que foi bendicido por Deus co mesmo don de bailar para o Señor que o seu antepasado David. Aínda lle faltan á súa nai tres meses para dar a luz, e Xoán ponse a "saltar de gozo no seu seo" en presenza da "Nai do seu Señor" e do seu mesmísimo Salvador, aínda un embrión de poucas semanas. E Isabel, chea do Espírito, bendice ao Señor con forte voz (Lc 1, 41-44). Podémonos imaxinar unha asemblea eclesial con maior derramamento de carismas para a música e a danza sagradas que aquela de Xoán, Isabel, María e Xesús? Os enfermos que son liberados e curados por Xesús (Lc 5, 25. 17, 15. 18, 43) non se limitan a dar as grazas educadamente. Glorifican a Deus con entusiasmo; seguro que saltando, berrando e bailando. Mentres, a multitude se goza polas marabillas que Xesús realiza e louva a Deus con berros de xúbilo (Lc 13, 17. 19, 38). A alegría "nas obras do Señor" é tal, que a miúdo se cualifica de tolos ou borrachos aos que pola forza do Espírito se entregan á louvanza, cantando e bailando para Deus, proclamando as súas marabillas con todo o ser. "Están cheos de mosto", dicían na mañá de Pentecoste. E explica S. Agustín: "O que se alegra no Señor e lle canta louvanzas con grande exultación, é semellante a un ebrio". A danza é un modo de expresar este gozo de pertencer a Deus. Vémolo ao longo das páxinas da Biblia. Moisés dá renda solta á alegría do pobo tras se liberar dos exipcios, e todas as mulleres tomaron pandeiros e tímpanos, e bailaban e cantaban a coro (Éx 15, 20). David danza diante da Arca (2 Sam 6, 14-21) e, ante as recriminacións da súa muller, di: "En presenza de Iahvéh danzo eu". O salmo 149 invita a todo o pobo a cantar, a alegrarse, a tocar e bailar para Deus: " Aleluia! Cantade a Iahvéh un cantar novo, resoe a súa louvanza na asemblea dos seus amigos! Alégrese Israel no seu Facedor, os fillos de Sión exulten no seu Rei; bendigan o seu nome coa danza, con tamboril e cítara salmodien para El" (Sal 149, 1-3). No profeta Sofonías contemplamos 10
  • 11. como o mesmo Deus é quen se goza, berra e baila, movido polo amor que ten ao seu pobo: "Iahvéh o teu Deus é, no medio de ti, un poderoso salvador. El exulta de gozo por ti, renova por ti o seu amor, danza por ti con berros de xúbilo, como nos días de festa" (Sof 3, 17). Temos de cantar para o Señor con todo o ser, expresando co noso corpo o que dicimos e experimentamos. Este é o valor, o sentido dos nosos xestos e movementos. Igual que o canto, son oración; son para Deus. A expresión corporal e a danza sagrada -que o pobo de Israel utilizaba na súa liturxia- son elementos que temos que recuperar na Igrexa, comprendendo que non se trata de cousas irreverentes senón -cando se fan en espírito de oración- de louvanza profunda, como a de David: "David e todo Israel danzaban diante de Deus con todas as súas forzas, e cantaban e tocaban arpas, salterios e pandeiros, címbalos e trompetas" (1Cró 13, 8). Non se chamaba David, senón Luis, aquel sacerdote xesuíta. Viñera para darnos un retiro. Acababamos de celebrar o Sacramento da Reconciliación e comezamos a Eucaristía. No momento do "Gloria", mentres toda a asemblea cantaba, el comezou a danzar para o Señor. Revestido con alba e estola, nos seus movementos había un perfecto equilibrio entre o recollemento e a exultación. Era o seu ser, o seu corpo, o que se movía; pero era o Espírito quen o movía, quen se transparentaba... E todos experimentamos como o templo se encheu da gloria de Deus. Os ollos non estaban postos nel, senón en Aquel para quen bailaba. Sen palabras, en poucos segundos, nos tiña levado á adoración. O noso corpo é un marabilloso teclado de xestos, disposto a ser tocado polo Espírito Santo para expresar as inmensas riquezas que El pon no noso interior e, con elas, adorar ao Pai. Podemos e debemos orar coas nosas posturas, cos nosos brazos, coa nosa mirada. O noso corpo é "templo do Espírito Santo" (1Cor 3, 16). O mesmo Xesús ora co seu corpo e acepta os xestos orantes dos que se achegan a Él: a muller que lle lava os pés (Lc 7, 44); María sentada e aparvada xunto a El en Betania (Xn 12, 1); as mulleres que corren ao sepulcro a mañá de Pascua (Mc 16, 1). Diego Jaramillo dedica un libro enteiro ("O corpo na oración") a explicarnos como temos que adorar e cantar con toda a nosa persoa, tamén co noso corpo: "O meu corazón e a miña carne claman polo Deus vivo" (Sal 84). Michel Cool, no seu libro "Danzarei para Ti", cóntanos a vida de Mireille Négre. É ela a que nos di: "Xesús invítanos a glorificar a Deus co noso corpo e danzar ao son da súa voz, para transmitir urxentemente que a súa Resurrección é máis forte que a morte". Velaquí un resumo do seu impresionante testemuño: Acababa de cumprir Mireille 22 anos. Que aniversario tan feliz! Despois de dez de traballo intenso, primeiro na Escola de Danza e despois na Compañía da Ópera de París... resulta elixida primeira bailarina! Quen tería podido imaxinar un día que a mesma nena á que un ascensor esmagara o seu peíño, aos poucos anos ía converterse non só en bailarina senón nunha figura chea de futuro e talento? Na década dos 60, a fama de Mireille desbordou o amplo marco da Ópera parisiense. O cine, a televisión e a prensa especializada dispútanse á nova figura. A súa beleza impresiona. E tras dúas películas -unha con Pierre Granier Deferre- ábrese ante ela unha prometedora carreira estelar. Gene Kelly e Walt Disney fíxanse nela para levala a Hollywood! Pero nada disto entusiasma tanto á moza como o simple feito de bailar. Nin riquezas nin aplausos lle parecían comparables a un paso-de-dous executado en toda a súa beleza. Beleza dun corpo que sabe despregarse ao máximo para expresar algo interior, algo indicible e intenso. Para manifestar... que? "Isto era o que de verdade me gustaba -conta Mireille-. Cando máis feliz era danzando, máis desexaba encontrar un sentido real e profundo a esta felicidade sen igual que me proporcionaba a miña arte. En cada interpretación sentíame como atraída por unha misteriosa luz. Unha luz que presentía por enriba da miña cabeza, pousándose sobre min. Sobre todo cando executaba coreografías de contido espiritual ou místico, inspiradas en espiritualidades orientais ou hindús, por exemplo. Recordo que un día danzaba para Buda. E outro en honor de Vishnú. Pero, cal era a miña crenza persoal? Quen o meu verdadeiro Deus? Necesitaba claridade, transparencia. Ansiaba vivir unha harmonía perfecta entre a arte que elixira e o ideal ante o que o inmolaba". Ata que un día se topa co Evanxeo... Buscadora inconsciente do verdadeiro Deus, Mireille encóntrao alí, e a partir dese momento intenta saciar a súa sede devorando, un a un, cantidade de libros relixiosos. Pasa nesta tarefa noites enteiras. Co corazón axitado, busca unha resposta. E atópaa, por fin, nese mesmo Evanxeo: "Descubrín a divindade de Xesús. Aquela luz descoñecida que se apoderaba de min ao danzar, era cabalmente a súa mirada. El fora o meu compañeiro silencioso dende sempre. A súa voz, con sabor de eternidade, fixo vibrar as cordas da miña sensibilidade, cando lin: "Eu son manso e humilde de corazón... vide a Min”. Cristo tivo entón para comigo un xesto de graza desgarradora: a súa man, tenra e firme, pousouse sobre os meus ombros, facéndome esquecer todo o que eu máis amaba, para que puidese encontrar algo mellor, para que puidese alcanzar ao amor. E como Director de Orquestra perfecto, eu lle deixei que comezase a dirixir a miña nova danza". Mireille di entón adeus a todo o que máis quere; a súa familia, os seus amigos, a Ópera... todo para seguir ao Amigo. Aos 28 anos di adeus ao que chamamos mundo e entra no Carmelo de Limoges. "Xesús, que coreógrafo! O paso da escena á Santa Cea. Dez anos de desterro... No Carmelo eu aprendín a danza de Xetsemaní, a dos prisioneiros. Non sempre a dancei ben. A pesar de ser prisioneira do amor, é difícil seguir tal Mestre de Baile... Cando os meus xestos non se acompasaban ben, a súa voz resoaba forte, bela, profunda: "Non me elixistes vós a Min, senón que eu vos elixín a vós para que vaiades e deades froito e o voso froito dure". Esta voz, este sopro, levábanme máis alá do deserto, máis alá dos muros do Carmelo. Aos 38 anos, Mireille vese obrigada a deixar o convento por motivos de saúde, sen pronunciar aínda os votos definitivos. Pero, para ela, a súa vida consagrada continúa. A partir deste momento vaina vivir non xa tras os muros dun mosteiro senón no corazón mesmo da vida, para "testemuñar a súa serenidade ante os homes". Como? Servíndose dese don que Deus lle deu para dar froito: a danza. Considéraa como un modo de vivir en acción de grazas. A danza é unha prolongación de cada cousa: o pensamento, o xesto, os sentimentos. Vivir en unidade co Espírito de Xesús reconcilia corpo e alma. Por iso a danza pode ser un verdadeiro instrumento de oración. Unha forma de expresión suave, que se move no espazo e é a expresión estética máis marabillosa de louvanza a Deus". Tras a súa saída do Carmelo, Mireille volveu calzar as súas zapatillas de punta. Volveu adestrarse asiduamente e escribir numerosas coreografías de tema sacro: o "Gloria" de Vivaldi, o "Magnificaf" de Bach, a "Ave María" de Gounod, etc. O culmen da 11
  • 12. danza -di- reside na Cruz de Cristo. A Cruz é unha expansión ao longo, ao alto e ao ancho, abranguendo todas as dimensións do cosmos e da eternidade. A Cruz é certamente o símbolo exacto de toda a ofrenda que unha danza sagrada quere elevar a Deus". Mireille soña con poder ir danzar por cantos sitios haxa soidade, abandono ou dor: prisioneiros, hospicios, hospitais... "Si, porque para min danzar é un modo divino de amar. Non me sinto soa. Tareixa de Calcuta ocúpase dos pobres dunha forma quizais máis concreta ca min. Pero a arte é tamén expresión do amor que Deus nos ten. Unha danza pode achegar moita paz e alegría, tanto aos pobres coma aos ricos que son pobres de corazón". Hoxe, a súa danza e a súa oración forman unha soa cousa: "Ao danzar, un mesmo é oración. Faise algo máis que orar co corpo. Un sente que os seus músculos, os seus ósos, todo o seu interior, arden no lume desta oración. A idea de Deus, pensar nel, sabe entón a mel. E o corpo pensa nel con toda a intensidade de que é capaz". Cantar vitoria: música e evanxelización "A xente amotinouse contra eles; os pretores mandaron azoutalos con varas. Despois de darlles moitos azoutes, botáronos ao cárcere e mandaron o carcereiro que os gardase con todo coidado. Este, ao recibir tal orde, meteunos no calabozo interior e suxeitou os seus pés no cepo. Cara á media noite, Paulo e Silas estaban en oración cantando himnos a Deus. Os presos escoitábanos. De súpeto, produciuse un terremoto tan forte que os mesmos alicerces do cárcere se conmoveron. Nese intre quedaron abertas todas as portas e soltáronse as cadeas de todos. Espertou o carcereiro e, ao ver as portas do cárcere abertas, sacou a espada e ía matarse, crendo que os presos fuxiran. Pero Paulo berroulle: Non te fagas ningún mal, que estamos todos aquí". O carcereiro entrou dun salto, botouse aos pés de Paulo e Silas, sacounos fóra e díxolles: "Señores, que teño que facer para salvarme?". Respondéronlle: "Ten fe no Señor Xesús, e salvaraste a ti e a túa casa”. E anunciáronlle a Palabra do Señor a el e a todos os da súa casa. Naquela mesma hora da noite, o carcereiro tomounos consigo e lavoulles as feridas; inmediatamente recibiu o bautismo el e todos os seus. Fíxoos entón subir á súa casa, preparoulles a mesa e alegrouse con toda a súa familia por crer en Deus" (Feit 16, 22-34). Velaí as últimas palabras de Xesús antes de subir ao ceo: "Recibiredes a forza do Espírito e seredes as miñas testemuñas... ata os confíns da terra" (Feit 1, 8). O que nós recibimos do Espírito é para ser testemuñas de Xesús. E a música e o canto son un camiño privilexiado para levar ás persoas a un encontro con El, son instrumentos que, tocados polo Espírito, teñen un gran poder evanxelizador. O Espírito Santo sérvese das notas e dos instrumentos musicais para construír o Reino de Deus. "O seu sopro pasa a través dos que teñen o don natural da música aínda cando este sexa moi elemental", di Philippe Verhaeghen. Resulta sorprendente ver como, con medios moi pobres, o Espírito produce froitos espirituais inesperados e extraordinarios. Para mostra, os cantos de Paulo e Silas; non houbo na historia da Igrexa un ministerio de música máis pobre -humana e musicalmente- e, ao mesmo tempo, con maior poder evanxelizador. Pola contra, vemos nos nosos templos execucións corais perfectas que precisaron un esforzo inmenso de ensaios e que producen -sobre todo- efectos carnais como emoción artística, felicitacións ao coro...; sen falar de cousas menos fermosas como rivalidades, desexo de figurar, etc. O sopro do Espírito non actúa só sobre a melodía, na voz dos executantes, senón tamén nas palabras cantadas, facéndoas palabras unxidas, palabra viva. É así como a música produce froitos espirituais: a comuñón con Xesús Salvador e Señor, a comuñón coa tenrura e a grandeza do Pai, a comuñón entre irmáns "no mesmo e único Espírito". Resumíndoo nunha soa frase: o carisma do canto fai presente a Xesús e, entón, os corazóns arden no seu Amor. Dicíanos un párroco: "Cando cantades nun funeral ou nunha voda, a xente conmóvese profundamente. Algúns indiferentes ou agnósticos son tocados... O día en que teñamos grupos de canto polos que pase o sopro do Espírito, veremos as mesmas marabillas de Pentecoste". A música é un excelente medio de comunicación. Por iso os cristiáns debemos utilizala para levar a todos os que nos rodean (e "ata os confíns da terra") o máis precioso que temos: Xesucristo. A música é a forma de expresión que se “mete” máis doadamente en calquera ambiente ou lugar. A lectura e os discursos cansan, pero a música conserva esa capacidade de "enganchar" persoas de todas as idades e condicións. Xa David utilizaba o canto para evanxelizar. Di en tres salmos (57, 108 e 18): “Louvareite, ou Deus, entre os pobos; cantarei para ti entre as nacións". Para David, os pobos e as nacións eran os pagáns. Seguro que os 4.000 levitas que formaban o seu ministerio de música impresionaban aos estranxeiros que pasaban por Xerusalén. Pero fixémonos ben de que clase de cantos está a falar David: son cantos de louvanza, que celebran o Maxestade de Deus. Por medio da música, David louva a Deus e a súa actuación no medio do seu pobo: a súa Forza (Sal 59, 17), a súa Fidelidade (Sal 71, 22), a súa Bondade e a súa Xustiza (Sal 101, 1). Proclama as marabillas de Deus: todo o Ben que lle fixo (Sal 13, 6), o Gozo que puxo no seu corazón (Sal 30, 13), a Fortaleza que lle deu (Sal 57, 8). Do mesmo xeito, Paulo e Silas -na prisión de Filipos- non entoaron propiamente cantos de evanxelización dirixidos ao carcereiro e aos outros presos. Cantaron loanzas a Deus! Foi por eses cantos e pola acción do Espírito Santo que o carcereiro se converteu. Tamén hoxe, se cantamos ao Señor louvándoo con todo o noso ser e lle pedimos que derrame con poder o seu Espírito Santo, veremos marabillas. Os nosos cantos, como os de David, Paulo e Silas, deben dicir aos de fóra quen é Deus para nós e o que fixo por nós. A nosa música debe reflectir tanto o carácter de Deus coma os sentimentos que El produce nos corazóns dos que se recoñecen os seus fillos. Esta música será, polo tanto, moi diferente á do mundo, para reflectir -cun estilo que a xente comprenda e valore- a imaxe dunha vida completamente transformada polo poder de Deus, dun Deus vivo e verdadeiro. Os nosos cantos deben suscitar neles a sede de autenticidade, de verdadeira vida, o desexo de saber máis sobre a fonte que inspirou esa música. Esta é a dobre esixencia dunha música de evanxelización para o noso tempo: por unha parte, ha de ter unha forma comprensible e un estilo adaptado á xente de hoxe, e, por outra, ha de ser reflexo do seu Creador e ter un carácter verdadeiro e transparente. 12
  • 13. Durante xeracións, os Tuareg estiveran completamente pechados ao Evanxeo. Todos os esforzos fracasaban á hora de chegar a estes "cabaleiros do deserto". Uns misioneiros probaron entón a compoñer himnos adaptando textos bíblicos a melodías semellantes ás do seu folclore. O resultado desta forma de evanxelización foi extraordinario: varias tribos amosáronse receptivas á mensaxe cristiá presentada baixo esta forma que conectaba co máis fondo do subconsciente colectivo daquel pobo a través da súa tradición musical. A música era o medio utilizado para que as verdades fosen máis doadamente aceptadas e entendidas. Era a Palabra de Deus a que tocaba os corazóns: "A Fe é pola predicación. E a predicación vén pola Palabra de Deus" (Rom 10, 17). Pero, para que o Espírito Santo puidese actuar a través da Palabra, era necesario que esta fose recibida e comprendida. Aí estaba a música preparando o camiño á Palabra de Deus; porque a música prepara o camiño a Aquel que sempre vén. Idi Amín Dadá, o tristemente famoso ditador de Uganda, foi tocado ao sentir cantar ás súas fillas que volvían da catequese cheas da alegría do Señor. O canto que entrou como unha pequena luz no seu escuro corazón dicía así: "Se queres ser feliz, abre a Xesús as portas do teu corazón. El borra o teu pecado, esquécese do pasado, transformará todo o teu ser para reinar nel". A que evanxelizador se lle tería permitido falar así diante daquel home cruel e sanguinario? A música era o único axente de evanxelización que podía chegar ata el sen levantar sospeitas. Escribe Josep Asunción: "Temos moitos testemuños de sanación pola intercesión, de conversión pola predicación, de manifestación do amor de Deus a través das relacións interpersoais no Espírito; pero temos aínda moitos máis testemuños de acción de Deus a través da música. Practicamente todos podemos testemuñar como Deus nos deu a experimentar emocionalmente unha graza de consolación, de amor fraterno... cando cantabamos ese canto; ou como no intre que estabamos a vivir unha experiencia espiritual... comezou a soar esa canción. A música e a experiencia de Deus viven xuntas, porque a música é linguaxe de Deus. Os cantos teñen a propiedade da perennidade; non caducan. Son profecías vivas que non morren. A música permite a evocación da acción de Deus en todo momento e circunstancia. A revelación de Deus chega moito máis lonxe no tempo e o espazo, xeograficamente falando, cando vén cantada". A través da música unxida por Deus caeron as murallas de Xericó, foron libres do cárcere Paulo e Silas, e convertéronse o carcereiro e a súa familia. A través da música que o Espírito Santo faga, cante e toque por medio de ti, moitos acollerán a Palabra e salvaranse. Bótalle leña ao lume do Espírito! "Quen aprendeu a amar a vida nova sabe cantar o cántico novo. De maneira que o cántico novo nos fai pensar na vida nova. Home novo, cántico novo, testamento novo... todo pertence ao mesmo e único Reino" (S. Agustín). O cristián que busque sinceiramente coñecer o lugar que a música debe ocupar na súa propia vida, ten na Palabra de Deus unha norma xeral que se pode aplicar a calquera ámbito da súa existencia: "Facédeo todo para a gloria de Deus" (1Cor 10, 31). Quen aceptase a Xesús como o seu Señor e Salvador xa non é autónomo ou autónoma para fixarse a súa propia lei, pois agora está "baixo a lei de Cristo Xesús" (1Cor 9, 21). E Xesús buscaba sempre o que era agradable a Deus e servía para darlle maior gloria (Xn 7, 18; 8, 29; 8, 49; 17, 4). "Porque ninguén vive para si mesmo e ninguén morre para si mesmo" (Rom 14, 7). "Cristo morreu para que os que viven xa non vivan para si, senón para Aquel que morreu e resucitou por eles" (2 Cor 5, 15) "para que en todo sexa glorificado Deus por medio de Xesucristo" (1Pe 4, 11). Se nacemos de novo, da auga e do Espírito, desexaremos facer todas as cousas -tamén a música- para a gloria de Deus. Todas as miñas cousas están baixo a mirada do meu Pai; son o seu fillo e vivo para El. A música que aceptamos escoitar, a que compoñemos, a que cantamos ou tocamos -sós ou con outras persoas- debe contribuír a glorificar a Deus. Facer algo para a gloria de Deus significa que desexamos que El reciba toda a honra e a louvanza da nosa acción e que sexa mellor coñecido, amado e servido. Polo tanto, renunciamos á nosa propia gloria persoal. O mundo da música, como toda actividade artística, foi desviado cara á glorificación de home. Unha das metas -recoñecida ou non- dos artistas é a de facerse un nome. E Xesús di, con respecto a isto: "Mais, entre vós, non ha ser así" (Mt 20, 26). Nunha oración común ou en calquera celebración litúrxica é inconcibible que músicos ou cantores sexan protagonistas. A música é ofrecida a Deus igual que as oracións. Non nos reunimos no nome do Señor para gozar da música ou para valorar a súa calidade. "Todas as cousas estanme permitidas, pero non me deixarei dominar por ningunha". Mesmo as mellores cousas poden converterse nun perigo para a miña liberdade ao se facer imprescindibles para o meu benestar. Hoxe en día, a música converteuse para moitos nunha droga da que lles sería moi difícil prescindir. A música é un medio marabilloso polo cal Deus pode darnos paz, alegría, forzas... pero sempre seguirá sendo un medio -como os alimentos ou as medicinas- nas mans de Deus. Non é da música por si mesma de quen espero estes beneficios, senón do meu Pai que me ama. Debo evitar, polo tanto, dedicarlle máis tempo, forzas ou receptividade do que o Señor me mostra como axeitado para non depender dela. Para moitos melómanos, a música converteuse nun sucedáneo da relixión. Teñen necesidade dela para tranquilizarse ou animarse. Esperan dela o que nós esperamos de Deus: consolo, transformación interior, comuñón cos outros... A música é unha serva de Deus; se non ocupa o seu lugar, faise un ídolo, un falso Deus. 5. SOLI DEO GLORIA: A música no Catecismo e noutros documentos da Igrexa Católica 13
  • 14. "A Igrexa ten necesidade dun Pentecoste permanente. Ten necesidade de lume no corazón. Necesidade de sentir que sobe do máis fondo da súa intimidade persoal como un xemido, unha poesía, unha oración, un himno, a voz orante do Espírito -como nos ensina S. Paulo- que nos substitúe e ora en nós con xemidos inefables" (Paulo VI, 29-11-72). Cantar, tocar ou compoñer música para a gloria de Deus significa, para nós católicos, servir á Igrexa. O noso servizo a través da música é un servizo de unidade, en comuñón coa cabeza e con todos os membros do corpo de Cristo. Para iso, temos que actuar sometidos aos nosos pastores e en conformidade coa doutrina da Igrexa. Debemos coñecer o que a Igrexa di acerca da música e o canto, e deixarnos inspirar e conducir polas súas ensinanzas. O Catecismo da Igrexa Católica adica tres números ao tema: 1.156 "A tradición musical da Igrexa universal constitúe un tesouro de valor inestimable que sobresae entre as demais expresións artísticas, principalmente porque o canto sagrado, unido ás palabras, constitúe unha parte integral da liturxia solemne" (SC 112). A composición e o canto de salmos inspirados, con frecuencia acompañados de instrumentos musicais, estaban xa estreitamente ligados ás celebracións litúrxicas da Antiga Alianza. A Igrexa continúa e desenvolve esta tradición: "Recitade entre vós salmos, himnos e cánticos inspirados. Cantade e salmodiade no voso corazón ao Señor" (Ef 5, 19; cf Col 3, 16-17). "O que canta ora dúas veces" (S. Agustín). 1.157 O canto e a música cumpren a súa función de signos dun xeito tanto máis significativa canto "máis estreitamente estean vinculados á acción litúrxica" (SC 112), segundo tres criterios principais: a beleza expresiva da oración, a participación unánime da asemblea nos momentos previstos e o carácter solemne da celebración. Participan así da finalidade das palabras e das accións litúrxicas, a gloria de Deus e a santificación dos fieis (cf SC 112). "Canto chorei ao oír os vosos himnos e cánticos, fortemente conmovido polas voces da vosa Igrexa que suavemente cantaba! Entraban aquelas voces nos meus oídos, e a vosa verdade derretíase no meu corazón, e con isto inflamábase o afecto de piedade, e corrían as bágoas, e íame ben con elas " (S. Agustín, Conf. IX; 6, 14). 1.158 A harmonía dos signos (canto, música, palabras e accións) é tanto máis expresiva e fecunda canto máis se expresa na riqueza cultural propia do pobo de Deus que celebra (cf SC 119). Por iso "foméntese con empeño o canto relixioso popular, de modo que nos exercicios piadosos e sagrados e nas mesmas accións litúrxicas", conforme ás normas da Igrexa, "resoen as voces dos fieis" (SC 118). Pero "os textos destinados ao canto sagrado deben estar de acordo coa doutrina católica; máis aínda, deben tomarse principalmente da Escritura e das fontes litúrxicas" (SC 121). O libro "A Igrexa en oración" escrito polos mellores e máis autorizados especialistas do mundo en liturxia, dirixidos por A. G. Martimort, tamén dedica un capítulo ao canto. Facemos un resumo do mesmo: “A antigüidade cristiá non tivo máis que seguir os consellos do Apóstolo Paulo, de acordo coa tradición bíblica, para facer do canto un modo normal de expresión da oración litúrxica: “Cantade nos vosos corazóns a Deus, con gratitude, salmos, himnos e cánticos espirituais" (Col 3, 16); "recitade entre vós salmos, himnos e cánticos espirituais; cantade e salmodiade de todo corazón ao Señor" (Ef 5, 19). Na Igrexa de Corinto, tamén segundo o testemuño de San Paulo, mesmo se producían improvisacións carismáticas (1Cor 14, 26); ademais, as epístolas preséntannos restos preciosos de cantos litúrxicos da primeira comunidade. O canto aparece como signo de alegría, especialmente adaptado ao sentimento da acción de grazas, cousa que suxire Santiago (Sant 5, 13): "Está alegre alguén de entre vós? Cante himnos". E no mesmo sentido, a Igrexa do Ceo, segundo a Apocalipse, expresa por medio do canto o seu recoñecemento pola redención e a súa louvanza cara ao Señor (Ap 4, 8 e 11; 5, 9-10; 14, 3; 15, 3-4; 19, 1-8). O canto tamén se considera como un medio de manifestar a unanimidade dos sentimentos, porque provoca, polo seu ritmo e melodía, unha fusión tal das voces que parece que só haxa unha. E de feito, só o canto permite unha expresión de conxunto dende o momento en que a asemblea supera o tamaño do grupo pequeno. Os Pais destacan tamén que o canto dá ás palabras unha maior forza e intelixibilidade, co que é posible prestarlles unha adhesión máis intensa e meditalas. Finalmente, a música -tanto vocal coma instrumental- pode crear un ambiente de festa, dar a certas manifestacións o esplendor do triunfo. E é deste modo como interviña nos grandes momentos da liturxia de Israel. Pero ao canto e á música élles difícil manter o papel estritamente funcional, que é o seu, e non se saír da súa condición de servizo. De aí as numerosas vacilacións experimentadas pola xerarquía e os teólogos ante esta ou aquela forma de arte, e a tentación que axexa ao fiel de deterse na emoción estética sen chegar ata o texto que a música tería que lle facer saborear mellor.” Este último parágrafo sitúanos na perspectiva que a Igrexa ten sobre todo carisma ou don e, en concreto, sobre a música e o canto: "É a recepción destes carismas, mesmo dos máis sinxelos, a que confire a cada crente o dereito e deber de exercitalos para edificación da Igrexa, coa liberdade do Espírito Santo e en unión con todos os irmáns en Cristo, sobre todo cos seus Pastores, aos cales toca xulgar a xenuína natureza de tales carismas e o seu ordeado servizo; non por certo para que apaguen o Espírito, senón co fin de que todo o proben e reteñan o que é bo" (Vaticano II. Decreto sobre o Apostolado Segrar, nº 3). Polo tanto, no exercicio dos carismas que o Señor nos regalou para o canto e a música, poñámonos ao servizo dos demais segundo o don recibido, de xeito que "todo o corpo se edifique no amor" (Ef 4, 16). Deus é libre nos seus dons, e en cada momento vai dando cousas novas á súa Igrexa, distintas das de onte. Só El é quen de inventar, de facelo todo novo. Deixémolo a El -a través do noso ministerio- innovar, unir, renovar a Igrexa. Nós, servos inútiles somos; o canto e a música, simples instrumentos. Só El é Señor e Dono. "Só a Deus a Gloria" (SDG). É o lema de Xoán Sebastián Bach que aparece en case todas as súas partituras. 14
  • 15. O Espírito Santo en clave de sol "O meu pai cría no home; o meu avó cría en Deus. O primeiro ensinoume a falar; o segundo, a cantar" (E. Wiesel, premio Nobel da Paz 1986). A vida espiritual múrchase se está dominada unicamente pola razón. A música axuda a espertar e desenvolver en nós a vida dos sentimentos, a concretalos e matizalos. Ademais, fainos participar nas emocións e sentimentos dos demais. Dá á nosa vida espiritual unha nova dimensión. No noso camiño cara a "un Ceo novo e unha Terra nova", neste camiño cara a unha nova era para a Igrexa, encontraremos xente que se agarra á razón, ao pasado, á ciencia, ás cousas deste mundo... Pero o racionalismo -dicía o avó de Wiesel, o que lle ensinou a cantar dende a fe- "camiña ás apalpadas, e cando atopa un muro, detense e empéñase en desfacelo ladrillo a ladrillo, sen chegar nunca a desfacelo de todo, porque unha man invisible o reconstrúe e o fai cada vez máis alto e espeso". Nós cremos en Xesucristo morto e resucitado. El é a nosa forza. Ningún muro se nos resistirá. Coa música, que é o seu Lume no noso corazón, derrubarémolos. Tampouco temos medo ás portas: atravesarémolas con alegría e humildade, collidos da man da nosa Nai, confiados nela. E se ao noso arredor, aínda dentro da mesma Igrexa, a escuridade se fixese abafante.... pecharemos os ollos! Non faremos caso aínda que todo pareza afundirse. Pecharemos os ollos... para ver a Deus! E entón, a escuridade non poderá adiantársenos: terá que nos perseguir. Porque o Señor camiña diante do seu pobo. El sacounos de Exipto e para El cantamos e danzamos tras a nosa liberación. El diranos como camiñar arredor dos muros, cando e como tocar as nosas trompetas para derrubalos. Sabemos de quen nos fiamos! Xericó caerá! 15