Sistema informatico

181 visualizaciones

Publicado el

Presentación TIC

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
181
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
89
Acciones
Compartido
0
Descargas
0
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Sistema informatico

  1. 1. SISTEMA INFORMÁTICO Software: É o conxunto de compoñentes lóxicos do ordenador. Son os programas que utiliza o ordenador para tratar a información. Isto inclúe dende os programas de control e o Sistema Operativo ata os programas de aplicacións máis sofisticadas, como xogos, procesadores de texto, programas de cálculo, programas de tratamento de imaxes, etc. Hardware: É o conxunto de compoñentes físicas do ordenador (informalmente trátase de todas as partes do ordenador que poden ser tocadas coas mans: procesador, memoria, periféricos, placas, buses, circuítos, etc). Usuario: Un sistema informático necesita da nosa intervención para a organización e planificación das tarefas. Polo tanto nos tamén somos unha compoñente dos sistemas informáticos.
  2. 2. HARDWARE O hardware é a parte física do ordenador. Clasificaremos os elementos que compoñen o hardware en catro categorías ● Procesador ● Memoria ● Buses, portos e ranuras de expansión ● Periféricos
  3. 3. PROCESADOR Tamén chamado Unidade Central de Procesos ou CPU. É o corazón do ordenador. No procesador realízanse todas e cada unha das tarefas que os programas ordenan cumprir.
  4. 4. MEMORIA Memoria principal: trátase dunha memoria interna. ● Memoria RAM: (Random Acces Memory) ou memoria de acceso aleatorio. Contén os programas que o usuario estea executando no ordenador así como os datos necesarios para que estes programas funcionen. ● Memoria ROM: (Read Only Memory) ou memoria de so lectura. Contén os programas necesarios para que o ordenador poida arrancar e detectar os dispositivos imprescindibles para o seu funcionamento. Memorias secundarias: trátase de dispositivos externos (aínda que algúns poidan estar incluídos dentro da torre do ordenador ). A súa misión é almacenar de xeito permanente programas e datos en soportes de gran capacidade. ● Soportes magnéticos: cintas magnéticas, discos flexibles (antigos disquetes ou floppies), discos duros e unidades zip. ● Soportes ópticos: CD-ROM, DVD e BluRay. ● Soportes flash: Memorias USB, tarxetas SD ou microSD. É outro dos elementos esenciais dun ordenador. A misión da memoria é almacenar as instrucións do programa que vai executar o procesador, os datos que necesita dito programa e os resultados que obteña o programa.
  5. 5. BUSES, PORTOS E RANURAS DE EXPANSIÓN Portos: Son conexións que enlazan a placa principal con distintos tipos de periféricos. ● Portos serie ou portos COM: tradicionalmente serven para conectar teclados, ratos, modems, etc. Están actualmente en desuso. ● Portos paralelo: Usados para a conexión de impresoras e scaners. Está sendo substituído polo USB. ● Portos PS2: usados para a conexión de ratos e teclados nos ordenadores, antes de que se fixera xeneralizado o uso do USB. ● Portos USB: Tradicionais nos ordenadores Apple, o seu uso foise estendendo nos PC, hoxe en día a gran maioría dos periféricos usan este tipo de portos. Buses: As canles de comunicación entre o procesador e a memoria constitúen o bus principal e as canles de comunicación entre os elementos e o resto dos dispositivos constitúen os buses secundarios. Ranuras de expansión: Permiten conectar á placa principal dispositivos periféricos que se situarán dentro da caixa do ordenador. Os dispositivos habituais que se conectan por este procedemento son tarxetas gráficas, tarxetas de son, tarxetas de vídeo e TV, modems internos, tarxetas de rede, etc. Nestes casos, cada tarxeta que se conecte a unha ranura de expansión sole incorporar os seus propios portos, que poden ser moi variados en función da misión que teñan que cumprir.
  6. 6. PERIFÉRICOS É todo dispositivo que se poida utilizar para introducir información, obter información ou ámbalas dúas cousas dun ordenador. Segundo isto os periféricos podenclasificarse en: ● Dispositivos de entrada ● Dispositivos de saída ● Dispositivos de entrada/saída.
  7. 7. Dispositivos de entrada Permiten introducir información no ordenador. Os mais importantes son: ● Teclado: Serve para introducir información de carácter alfanumérico, teclado numérico, teclado de edición e teclado de función. ● Rato: Serve para introducir información de forma gráfica, seleccionando obxectos que se representan na pantalla ou en resposta a botóns ou enlaces. ● Escáner: Serve para introducir información gráfica no ordenador. Dependendo do software do que se dispoña tamén pode servir para introducir texto. ● Micrófono: Permite a introdución de información sonora ó ordenador, para o seu almacenamento ou edición. ● WebCam: usualmente utilizada para a videoconferencia, a súa misión é a de introducir imaxes de vídeo na computadora.
  8. 8. Dispositivos de saída Serven para que o usuario reciba a información elaborada polo ordenador. ● Monitor: Pantalla a través da cal se visualiza a información. ● Tarxeta gráfica: Nos ordenadores actuais o monitor non se conecta directamente a ningún porto da placa principal, senón que se conecta a un dispositivo intermedio denominado tarxeta gráfica. ● Impresora: Este dispositivo permite obter información alfanumérica e información gráfica en soporte de papel. ● Altofalantes: Conectados á tarxeta de son do PC permiten recibir a información acústica xerada polas aplicacións executadas.
  9. 9. Dispositivos de entrada/saída Estes dispositivos cumpren as dúas funcións especificadas nos apartados anteriores. ● Tarxetas de son: permiten reproducir sons a través de altofalantes ou auriculares. Tamén permiten introducir sons no ordenador (a través de micrófonos ou equipos de son externos) para tratalos como información. ● Tarxetas de vídeo e TV: similares as anteriores pero permitindo manipular imaxes en movemento. A tarxeta de TV habitualmente dispón dunha antena para recibir o sinal de TV. ● Tarxetas de rede: permiten establecer comunicacións entre ordenadores. ● Modems e tarxetas de comunicacións: permiten establecer comunicacións entre persoas e ordenadores a través dos distintos tipos de liñas telefónicas. ● Unidades de almacenamento externo: tamén poden ser considerados dispositivos de entrada e saída de datos: discos duros, CD regravable, memorias USB, etc.
  10. 10. Dispositivos de entrada/saída Estes dispositivos cumpren as dúas funcións especificadas nos apartados anteriores. ● Tarxetas de son: permiten reproducir sons a través de altofalantes ou auriculares. Tamén permiten introducir sons no ordenador (a través de micrófonos ou equipos de son externos) para tratalos como información. ● Tarxetas de vídeo e TV: similares as anteriores pero permitindo manipular imaxes en movemento. A tarxeta de TV habitualmente dispón dunha antena para recibir o sinal de TV. ● Tarxetas de rede: permiten establecer comunicacións entre ordenadores. ● Modems e tarxetas de comunicacións: permiten establecer comunicacións entre persoas e ordenadores a través dos distintos tipos de liñas telefónicas. ● Unidades de almacenamento externo: tamén poden ser considerados dispositivos de entrada e saída de datos: discos duros, CD regravable, memorias USB, etc.

×