SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
1

XENÉTICA MENDELIANA

•   A xenética é a ciencia que se encarga do estudio da herdanza biolóxica, é dicir, da transmisión
    dos caracteres morfolóxicos e fisiolóxicos de pais a fillos.
•   A xenética mendeliana é unha parte da xenética que ten por obxecto o estudio da transmisión
    dos caracteres hereditarios mediante as proporcións matemáticas dos diferentes caracteres
    que aparecen entre os descendentes dun cruzamento.
•   A xenética clásica céntrase no estudio dos descubrimentos de Mendel.
•   Dende o punto de vista da xenética mendeliana un xene é a unidade de material hereditario e
    corresponde ó que Mendel chamou factor hereditario.
•   Carácter, é cada unha das particularidades morfolóxicas ou fisiolóxicas de un ser vivo. Exemplo:
    ollos azuis, pelo liso, cor amarela dos chícharos, etc.
•   Locus é o lugar que ocupa un xene no cromosoma. Os cromosomas teñen moitos loci.
•   Cromosomas homólogos son aqueles que teñen os mesmos loci.
•   Xenotipo: Conxunto de xenes dun organismo herdado dos seus proxenitores.
•   Fenotipo: É a manifestación externa do xenotipo, é dicir, o conxunto de caracteres observables
    nun organismo. Dependen do xenotipo e do ambiente.
•   Caracteres hereditarios cualitativos: Son aqueles que presentan dúas alternativas claras,
    fáciles de observar: amarelo ou verde, liso ou rugoso, etc. Estes caracteres están regulados por
    un único xene que presenta dúas formas alélicas.
•   Caracteres hereditarios cuantitativos: Son os que presentan diferentes graduacións entre
    valores extremos, por exemplo a cor da pel. Estes caracteres dependen da acción acumulativa de
    moitos xenes, dos que cada un deles produce un pequeno efecto. Na expresión destes caracteres
    inflúen os factores ambientais.
•   Alelo: Cada unha das alternativas ou formas que pode ter un xene. Por exemplo, no chícharos de
    Mendel alelo amarelo (A) e alelo verde (a)

       o   Nos organismos diploides cada carácter está regulado por un par de alelos:

                  Cando os dous alelos son iguais (AA ou aa) o individuo é homocigoto (raza pura)
                   para ese carácter
                  Cando os dous alelos son diferentes (Aa) o xenotipo é heterozigótico (híbrido).
                   Neste caso:

•   Atendendo á forza dos alelos podemos distinguir tres tipos de herdanza:
        o Herdanza dominante: Cando un dos alelos chamado alelo dominante (A) non deixa
           manifestarse a o outro alelo. O alelo que non se manifesta chámase alelo recesivo (a)
        o Herdanza intermedia: Cando os dous alelos teñen a mesma forza e o resultado é a
           mestura dos caracteres: Flores brancas (AA) cruzadas con flores vermellas (aa) produce
           plantas de flores rosa (Aa). Neste caso dise que os xenes presentan dominancia
           intermedia.
        o Codominancia: Neste caso o individuo (heterocigoto) mostra os caracteres de ambos
           proxenitores e a estes alelos chamámoslles alelos codominantes. O grupo sanguíneo
           humano AB é un exemplo de codominancia entre os alelos IA e IB.
•   Retrocruzamento ou cruzamento de proba: utilízase nos casos de herdanza dominante para
    indagar se un é homocigótico ou heterocigótico e consiste en cruzar o individuo problema co
    homocigótico recesivo.
2

LEIS DE MENDEL

1ª LEI DE MENDEL: Lei da uniformidade da primeira xeración.

   Cando se cruzan individuos de dúas variedades diferentes ámbolos dous de raza pura (homocigotos)
   para un determinado carácter, todos os descendentes da F1 (primeira
   xeración filial) son híbridos (heterocigotos) iguais entre si.

   o   Mendel chegou a esta conclusión traballando con unha variedade de
       chícharos que producía plantas con sementes amarelas e plantas con
       sementes verdes.
   o   Cando cruzaba estas dúas variedades sempre obtiña unha F1 de plantas
       con sementes amarelas.

   2ª LEI: Lei da segregación dos caracteres.

   o Mendel quixo comprobar se o carácter verde desaparecera
       definitivamente na F1 ou estaba presente pero non se manifestaba.
   o Para comprobalo deixou que os chícharos da F1 se autofecundaran
       para obter a F2.
   o   Ó remate deste cruzamento atopouse con chícharos de semente
       amarela e chícharos de semente verde en proporción 3:1.
   o   Á vista destes resultados enunciou a 2ª lei:

   Os factores hereditarios que informan para un mesmo carácter son
   independentes e sepáranse e repártense entre os descendentes
   aparellándose ó chou.

   3ª LEI: Lei da herdanza independente dos caracteres.

   o   Despois de asegurarse de que todos os caracteres estudados (7 en total) cumprían as dúas
       primeiras leis, Mendel quixo comprobar se había algunha interrelación entre os caracteres non
       antagónicos como por exemplo a forma (lisa. LL ou rugosa, ll) e a cor (amarela, AA ou verde, aa) .
   o   Cruzou      chícharos      de
       sementes lisas e amarelas
       con chícharos de sementes
       rugosas e verdes.
   o   Despois      do      primeiro
       cruzamento obtivo unha F1
       toda    ela    formada    por
       chícharos de sementes lisas
       e de cor amarela (Ll Aa)
   o   Deixou que se cruzase a F1 e
       obtivo unha F2 na que había
       chícharos con sementes de
       todas as variedades:
           o Lisos e amarelos 9
           o Lisos verdes 3
           o Rugosos amarelos 3
           o Rugosos verdes 1
3

o   Á vista destes resultados Mendel enunciou a súa 3ª Lei:

Os factores hereditarios non antagónicos manteñen a súa independencia a través das xeracións
agrupándose ó chou nos descendentes.

TEORÍA CROMOSÓMICA DA HERDANZA.

•   En 1902 McCung descubriu que algúns insectos machos presentaban un número impar de
    cromosomas. Ó cromosoma que non tiña homólogo chamouno X
•   Posteriormente Wilson e Steven comprobaron que as femias destes insectos tiñan tamén este
    cromosoma pero por duplicado. Os machos eran X0 e as femias XX
•   En 1909 William Bateson introduciu o termo de Xenética e Johannsen propuxo o termo de xene
    para os factores hereditarios de Mendel.
•   En 1910 Thomas Morgan traballando con Drosophila melanogaster comprobou que os machos
    tiñan tres pares de cromosomas homólogos chamados autosomas e un par de cromosomas
    parecidos pero non idénticos ós que chamou X e Y e ó par denominouno cromosomas sexuais ou
    heterocromosomas por indicar o sexo do individuo xa que as femias levaban dous cromosomas
    iguais ó X dos machos, sendo polo tanto XX.
•   En 1911 o mesmo autor descubriu que moitos dos caracteres se herdaban xuntos.
•   As conclusión das súas observacións resumiunas do seguinte modo:

    Os xenes están nos cromosomas e polo tanto os xenes que están no mesmo cromosoma tenden a
    herdarse xuntos e chámanse xenes ligados.

•   Posteriormente ó cruzar machos de ollos brancos a alas reducidas (ámbolos dous caracteres
    recesivos situados no cromosoma X) con femias normais para este carácter, obtivo uns
    resultados que nos se axustaban nin á terceira lei de Mendel nin ó esperado para os xenes
    ligados. Os caracteres que debían transmitirse xuntos parecían separados aínda que en menor
    proporción que no caso se que foran independentes.
•   Os resultados destes cruzamentos fixo supoñer a Morgan que :

    Os xenes están situados linealmente nos cromosomas e estes pódense entrecruzar (crossing-
    over, entrecruzamento durante a profase meiótica) e intercambiar fragmentos (recombinación
    xénica)

HERDANZA LIGADA Ó SEXO:

•   Ós caracteres ligados ó sexo son aqueles que non sendo caracteres sexuais
    primarios (presencia de ovarios) nin caracteres sexuais secundarios (a barba nos
    homes), teñen tendencia a manifestarse con máis frecuencia nun dos dous sexos.
•   Os xenes que levan a información para os caracteres ligados ó sexo están situados
    nun cromosoma sexual e chámanse xenes ligados ó sexo.
•   Na nosa especie (e noutras moitas) o sexo ben definido por un par de cromosomas
    o X e o Y, sendo as femias XX e os machos XY.
•   O cromosoma X e o Y non son totalmente homólogos. Podemos dicir que teñen zonas
    sinaladas no debuxo:
        o unha zona homóloga, a sinalada no debuxo co número 1
        o a zona 2 do cromosoma X non ten homóloga no Y,
        o e a zona 3 do cromosoma Y tampouco presenta homólogo no X.
•   Os xenes situados nestas zonas non homólogas son os chamados xenes ligados ó sexo.
4

•   Aínda que hai algún xene ligado ó cromosoma Y (ictiose) a maioría dos caracteres ligados ó sexo
    coñecidos atópanse no cromosoma X (daltonismo e hemofilia)

•

•   O daltonismo (cegueira para as cores)
       o é unha anomalía que se caracteriza pola incapacidade para distinguir as cores vermella e
           verde.
       o Está determinado por un alelo recesivo que se atopa na parte do cromosoma X que non
           ten homólogo no Y.
       o Con respecto a este carácter podemos distinguir os seguintes xenotipos e fenotipos:
                   HOMES                        MULLERES
                   xenotipo      fenotipo       xenotipo             fenotipo
                   XdY           Daltónico      XdXd                 Daltónica
                   XY            Sano           XdX                  Portadora
                                                XX                   Sana
       o   As mulleres portadoras son sas pero teñen un 50 %        de probabilidade de ter un fillo
           daltónico.



•   A hemofilia
       o É un estado patolóxico caracterizado pola non coagulación do sangue
       o Débese a unha deficiencia na síntese de trombina
       o Está rexida por un xene recesivo ligado ó cromosoma X e polo tanto funciona igual que o
          daltonismo

                   HOMES                              MULLERES
                   xenotipo      fenotipo             xenotipo      fenotipo
                   XhY           Hemofílico           XhXh          Hemofílica
                   XY            Sano                 XhX           Portadora
                                                      XX            Sana




HERDANZA DOS GRUPOS SANGUÍNEOS



       •   Na nosa especie podemos atopar diferentes tipos sanguíneos
       •   Se atendemos o sistema ABO podemos atopar individuos dos grupos A, B, AB e 0
       •   Por outra banda existe o factor Rh que algunhas persoa posúen e outras non, dando lugar
           ós Rh+ e os Rh-.
       •   Se combinamos o Rh co sistema AB0, os grupos sanguíneos resultantes serán:

                               A+, A-, B+, B-, AB+, AB-, 0+ e 0-.

       •   O sistema AB0, está rexido por un xene I que ten tres alelos: IA, IB e i.
       •   Os xenes IA, IB son codominantes entre si e dominantes con respecto ó alelo i.
       •   Polo tanto os fenotipos e xenotipos serán so seguintes:
5


                                      Fenotipo        Xenotipo
                                      Grupo A         IA IA , IA i
                                      Grupo B         IB IB , IB i
                                      Grupo AB        IA IB
                                      Grupo 0         ii




           • No caso do factor Rh o xene ten dous alelos
           • O Rh positivo está rexido por un alelo dominante sobre alelo do Rh negativo
1. Fíxate na seguinte árbore xenealóxica dunha familia afectada de daltonismo (que como sabes é unha
   característica ligada ó sexo) e responde ás seguintes cuestións :




   a)   ¿Cal é o xenotipo do home e a muller da da xeración paterna (P)
   b)   ¿Cal será o xenotipo dos fillos (F1) 2, 3 e 5?
   c)   ¿Que probabilidade terá a filla 4 de ser portadora? ¿e a neta 3?
   d)   Sinala co símbolo correspondente tódalas portadoras desta familia.


2. A seguinte árbore xenealóxica representa catro xeracións dunha familia na que se atopa presente o
alelo recesivo ligado ó sexo que provoca o daltonismo. Escribe ó pé de cada símbolo o xenotipo de cada
un dos membros desta familia.

More Related Content

What's hot

Herdanza e transmisión de caracteres
Herdanza e transmisión de caracteres Herdanza e transmisión de caracteres
Herdanza e transmisión de caracteres irenetraba
 
Problemas variados
Problemas variadosProblemas variados
Problemas variadosjuanapardo
 
Funcións de relación e reproducción da célula
Funcións de relación e reproducción da célulaFuncións de relación e reproducción da célula
Funcións de relación e reproducción da célulaEusebio da guarda
 
Meiose: sentido biolóxico e fases
Meiose: sentido biolóxico e fasesMeiose: sentido biolóxico e fases
Meiose: sentido biolóxico e fasesXosé Palacio
 

What's hot (8)

Herdanza e transmisión de caracteres
Herdanza e transmisión de caracteres Herdanza e transmisión de caracteres
Herdanza e transmisión de caracteres
 
Problemas variados
Problemas variadosProblemas variados
Problemas variados
 
Bioloxía 4º eso xenetica
Bioloxía 4º eso xeneticaBioloxía 4º eso xenetica
Bioloxía 4º eso xenetica
 
Teoría de mendel
Teoría de mendel Teoría de mendel
Teoría de mendel
 
Funcións de relación e reproducción da célula
Funcións de relación e reproducción da célulaFuncións de relación e reproducción da célula
Funcións de relación e reproducción da célula
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
XenéTica
XenéTicaXenéTica
XenéTica
 
Meiose: sentido biolóxico e fases
Meiose: sentido biolóxico e fasesMeiose: sentido biolóxico e fases
Meiose: sentido biolóxico e fases
 

Similar to Xenética mendeliana (6)

Herdanza. xenética mendeliana
Herdanza. xenética mendelianaHerdanza. xenética mendeliana
Herdanza. xenética mendeliana
 
3 herdanza
3 herdanza3 herdanza
3 herdanza
 
32 xenetica medel
32 xenetica medel32 xenetica medel
32 xenetica medel
 
Manexando as claves da vida
Manexando as claves da vidaManexando as claves da vida
Manexando as claves da vida
 
Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.
 
17 mutacion
17 mutacion17 mutacion
17 mutacion
 

More from juanapardo

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014juanapardo
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexistajuanapardo
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universojuanapardo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricajuanapardo
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadejuanapardo
 
Actividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensaActividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensajuanapardo
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.juanapardo
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220juanapardo
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326juanapardo
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o examejuanapardo
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o examejuanapardo
 

More from juanapardo (20)

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexista
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfrica
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
 
Actividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensaActividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensa
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.
 
Materiales
MaterialesMateriales
Materiales
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220
 
El agua.
El agua.El agua.
El agua.
 
La energia.
La energia.La energia.
La energia.
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o exame
 
Tema 5 cmc
Tema 5 cmcTema 5 cmc
Tema 5 cmc
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exame
 

Xenética mendeliana

  • 1. 1 XENÉTICA MENDELIANA • A xenética é a ciencia que se encarga do estudio da herdanza biolóxica, é dicir, da transmisión dos caracteres morfolóxicos e fisiolóxicos de pais a fillos. • A xenética mendeliana é unha parte da xenética que ten por obxecto o estudio da transmisión dos caracteres hereditarios mediante as proporcións matemáticas dos diferentes caracteres que aparecen entre os descendentes dun cruzamento. • A xenética clásica céntrase no estudio dos descubrimentos de Mendel. • Dende o punto de vista da xenética mendeliana un xene é a unidade de material hereditario e corresponde ó que Mendel chamou factor hereditario. • Carácter, é cada unha das particularidades morfolóxicas ou fisiolóxicas de un ser vivo. Exemplo: ollos azuis, pelo liso, cor amarela dos chícharos, etc. • Locus é o lugar que ocupa un xene no cromosoma. Os cromosomas teñen moitos loci. • Cromosomas homólogos son aqueles que teñen os mesmos loci. • Xenotipo: Conxunto de xenes dun organismo herdado dos seus proxenitores. • Fenotipo: É a manifestación externa do xenotipo, é dicir, o conxunto de caracteres observables nun organismo. Dependen do xenotipo e do ambiente. • Caracteres hereditarios cualitativos: Son aqueles que presentan dúas alternativas claras, fáciles de observar: amarelo ou verde, liso ou rugoso, etc. Estes caracteres están regulados por un único xene que presenta dúas formas alélicas. • Caracteres hereditarios cuantitativos: Son os que presentan diferentes graduacións entre valores extremos, por exemplo a cor da pel. Estes caracteres dependen da acción acumulativa de moitos xenes, dos que cada un deles produce un pequeno efecto. Na expresión destes caracteres inflúen os factores ambientais. • Alelo: Cada unha das alternativas ou formas que pode ter un xene. Por exemplo, no chícharos de Mendel alelo amarelo (A) e alelo verde (a) o Nos organismos diploides cada carácter está regulado por un par de alelos:  Cando os dous alelos son iguais (AA ou aa) o individuo é homocigoto (raza pura) para ese carácter  Cando os dous alelos son diferentes (Aa) o xenotipo é heterozigótico (híbrido). Neste caso: • Atendendo á forza dos alelos podemos distinguir tres tipos de herdanza: o Herdanza dominante: Cando un dos alelos chamado alelo dominante (A) non deixa manifestarse a o outro alelo. O alelo que non se manifesta chámase alelo recesivo (a) o Herdanza intermedia: Cando os dous alelos teñen a mesma forza e o resultado é a mestura dos caracteres: Flores brancas (AA) cruzadas con flores vermellas (aa) produce plantas de flores rosa (Aa). Neste caso dise que os xenes presentan dominancia intermedia. o Codominancia: Neste caso o individuo (heterocigoto) mostra os caracteres de ambos proxenitores e a estes alelos chamámoslles alelos codominantes. O grupo sanguíneo humano AB é un exemplo de codominancia entre os alelos IA e IB. • Retrocruzamento ou cruzamento de proba: utilízase nos casos de herdanza dominante para indagar se un é homocigótico ou heterocigótico e consiste en cruzar o individuo problema co homocigótico recesivo.
  • 2. 2 LEIS DE MENDEL 1ª LEI DE MENDEL: Lei da uniformidade da primeira xeración. Cando se cruzan individuos de dúas variedades diferentes ámbolos dous de raza pura (homocigotos) para un determinado carácter, todos os descendentes da F1 (primeira xeración filial) son híbridos (heterocigotos) iguais entre si. o Mendel chegou a esta conclusión traballando con unha variedade de chícharos que producía plantas con sementes amarelas e plantas con sementes verdes. o Cando cruzaba estas dúas variedades sempre obtiña unha F1 de plantas con sementes amarelas. 2ª LEI: Lei da segregación dos caracteres. o Mendel quixo comprobar se o carácter verde desaparecera definitivamente na F1 ou estaba presente pero non se manifestaba. o Para comprobalo deixou que os chícharos da F1 se autofecundaran para obter a F2. o Ó remate deste cruzamento atopouse con chícharos de semente amarela e chícharos de semente verde en proporción 3:1. o Á vista destes resultados enunciou a 2ª lei: Os factores hereditarios que informan para un mesmo carácter son independentes e sepáranse e repártense entre os descendentes aparellándose ó chou. 3ª LEI: Lei da herdanza independente dos caracteres. o Despois de asegurarse de que todos os caracteres estudados (7 en total) cumprían as dúas primeiras leis, Mendel quixo comprobar se había algunha interrelación entre os caracteres non antagónicos como por exemplo a forma (lisa. LL ou rugosa, ll) e a cor (amarela, AA ou verde, aa) . o Cruzou chícharos de sementes lisas e amarelas con chícharos de sementes rugosas e verdes. o Despois do primeiro cruzamento obtivo unha F1 toda ela formada por chícharos de sementes lisas e de cor amarela (Ll Aa) o Deixou que se cruzase a F1 e obtivo unha F2 na que había chícharos con sementes de todas as variedades: o Lisos e amarelos 9 o Lisos verdes 3 o Rugosos amarelos 3 o Rugosos verdes 1
  • 3. 3 o Á vista destes resultados Mendel enunciou a súa 3ª Lei: Os factores hereditarios non antagónicos manteñen a súa independencia a través das xeracións agrupándose ó chou nos descendentes. TEORÍA CROMOSÓMICA DA HERDANZA. • En 1902 McCung descubriu que algúns insectos machos presentaban un número impar de cromosomas. Ó cromosoma que non tiña homólogo chamouno X • Posteriormente Wilson e Steven comprobaron que as femias destes insectos tiñan tamén este cromosoma pero por duplicado. Os machos eran X0 e as femias XX • En 1909 William Bateson introduciu o termo de Xenética e Johannsen propuxo o termo de xene para os factores hereditarios de Mendel. • En 1910 Thomas Morgan traballando con Drosophila melanogaster comprobou que os machos tiñan tres pares de cromosomas homólogos chamados autosomas e un par de cromosomas parecidos pero non idénticos ós que chamou X e Y e ó par denominouno cromosomas sexuais ou heterocromosomas por indicar o sexo do individuo xa que as femias levaban dous cromosomas iguais ó X dos machos, sendo polo tanto XX. • En 1911 o mesmo autor descubriu que moitos dos caracteres se herdaban xuntos. • As conclusión das súas observacións resumiunas do seguinte modo: Os xenes están nos cromosomas e polo tanto os xenes que están no mesmo cromosoma tenden a herdarse xuntos e chámanse xenes ligados. • Posteriormente ó cruzar machos de ollos brancos a alas reducidas (ámbolos dous caracteres recesivos situados no cromosoma X) con femias normais para este carácter, obtivo uns resultados que nos se axustaban nin á terceira lei de Mendel nin ó esperado para os xenes ligados. Os caracteres que debían transmitirse xuntos parecían separados aínda que en menor proporción que no caso se que foran independentes. • Os resultados destes cruzamentos fixo supoñer a Morgan que : Os xenes están situados linealmente nos cromosomas e estes pódense entrecruzar (crossing- over, entrecruzamento durante a profase meiótica) e intercambiar fragmentos (recombinación xénica) HERDANZA LIGADA Ó SEXO: • Ós caracteres ligados ó sexo son aqueles que non sendo caracteres sexuais primarios (presencia de ovarios) nin caracteres sexuais secundarios (a barba nos homes), teñen tendencia a manifestarse con máis frecuencia nun dos dous sexos. • Os xenes que levan a información para os caracteres ligados ó sexo están situados nun cromosoma sexual e chámanse xenes ligados ó sexo. • Na nosa especie (e noutras moitas) o sexo ben definido por un par de cromosomas o X e o Y, sendo as femias XX e os machos XY. • O cromosoma X e o Y non son totalmente homólogos. Podemos dicir que teñen zonas sinaladas no debuxo: o unha zona homóloga, a sinalada no debuxo co número 1 o a zona 2 do cromosoma X non ten homóloga no Y, o e a zona 3 do cromosoma Y tampouco presenta homólogo no X. • Os xenes situados nestas zonas non homólogas son os chamados xenes ligados ó sexo.
  • 4. 4 • Aínda que hai algún xene ligado ó cromosoma Y (ictiose) a maioría dos caracteres ligados ó sexo coñecidos atópanse no cromosoma X (daltonismo e hemofilia) • • O daltonismo (cegueira para as cores) o é unha anomalía que se caracteriza pola incapacidade para distinguir as cores vermella e verde. o Está determinado por un alelo recesivo que se atopa na parte do cromosoma X que non ten homólogo no Y. o Con respecto a este carácter podemos distinguir os seguintes xenotipos e fenotipos: HOMES MULLERES xenotipo fenotipo xenotipo fenotipo XdY Daltónico XdXd Daltónica XY Sano XdX Portadora XX Sana o As mulleres portadoras son sas pero teñen un 50 % de probabilidade de ter un fillo daltónico. • A hemofilia o É un estado patolóxico caracterizado pola non coagulación do sangue o Débese a unha deficiencia na síntese de trombina o Está rexida por un xene recesivo ligado ó cromosoma X e polo tanto funciona igual que o daltonismo HOMES MULLERES xenotipo fenotipo xenotipo fenotipo XhY Hemofílico XhXh Hemofílica XY Sano XhX Portadora XX Sana HERDANZA DOS GRUPOS SANGUÍNEOS • Na nosa especie podemos atopar diferentes tipos sanguíneos • Se atendemos o sistema ABO podemos atopar individuos dos grupos A, B, AB e 0 • Por outra banda existe o factor Rh que algunhas persoa posúen e outras non, dando lugar ós Rh+ e os Rh-. • Se combinamos o Rh co sistema AB0, os grupos sanguíneos resultantes serán: A+, A-, B+, B-, AB+, AB-, 0+ e 0-. • O sistema AB0, está rexido por un xene I que ten tres alelos: IA, IB e i. • Os xenes IA, IB son codominantes entre si e dominantes con respecto ó alelo i. • Polo tanto os fenotipos e xenotipos serán so seguintes:
  • 5. 5 Fenotipo Xenotipo Grupo A IA IA , IA i Grupo B IB IB , IB i Grupo AB IA IB Grupo 0 ii • No caso do factor Rh o xene ten dous alelos • O Rh positivo está rexido por un alelo dominante sobre alelo do Rh negativo 1. Fíxate na seguinte árbore xenealóxica dunha familia afectada de daltonismo (que como sabes é unha característica ligada ó sexo) e responde ás seguintes cuestións : a) ¿Cal é o xenotipo do home e a muller da da xeración paterna (P) b) ¿Cal será o xenotipo dos fillos (F1) 2, 3 e 5? c) ¿Que probabilidade terá a filla 4 de ser portadora? ¿e a neta 3? d) Sinala co símbolo correspondente tódalas portadoras desta familia. 2. A seguinte árbore xenealóxica representa catro xeracións dunha familia na que se atopa presente o alelo recesivo ligado ó sexo que provoca o daltonismo. Escribe ó pé de cada símbolo o xenotipo de cada un dos membros desta familia.