Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Italc
1. Que é iTALC? Italc é un software de monitorización desenvolvido para colexios que nos axuda a controlar o uso das computadoras na nosa aula/rede dun xeito fácil e organizado. O programa permite interactuar co computador de cada alumno do aula, bloquear/desbloquear a súa pantalla, enviar unha mensaxe, controlando o seu rato e teclado, pechar o seu navegador ou apagar o seu computador.
2. Ao facer dobre click sobre a icona, iniciarase a aplicación. Aparecerá a lista de aulas que previamente tivésemos configuradas no servidor para seleccionar o aula sobre a que queremos traballar.
3. facemos clic co botón dereito do rato sobre o nome do aula e eliximos a primeira opción Mostrar todos os clientes do aula.
4.
5. Xestor de Clientes: para controlar as diferentes aulas e os seus ordenadores.
8. Configuración de iTALC: Esta fiestra ten un pequeno cadro de configuración para algúns aspectos de iTALC.
9. Axuda de iTALC: Presenta unha descrición detallada de calquera elemento do programa.
10. Podemos utilizar estas ferramentas para explicar algo a todos os alumnos. Co botón esquerdo temos un maior control posto os alumnos verán a demo/explicación a pantalla completa e non poderán minimizala nin pechala. Co botón central verán a demo nunha fiestra “normal” que poderán redimensionar ou minimizar. O terceiro botón permítenos terminar a demo para que os alumnos poidan continuar co seu traballo. Enviar unha mensaxe a todos os ordenadores/alumnos. Para bloquear e desbloquear as pantallas.
11. Para aumentar ou diminuír o tamaño que visualizamos da pantalla de cada un dos computadores dos alumnos.
12. Para facer algunha acción sobre un único computador, temos que utilizar a pantalla individual que podemos ver en iTalC. Cun clic co botón dereito sobre a fiestra dun computador accederemos ao menú contextual que nos permite realizar as mesmas accións explicadas anteriormente pero agora de forma individual (enviar unha mensaxe, bloquear/desbloquear a pantalla, pechar o navegador, apagar o computador etc). Se facemos dobre clic co botón esquerdo sobre a fiestra, pasaremos a ter o control do computador do alumno. Podemos utilizalo para dirixilo e/ou explicarlle como facer algo concreto.