SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 4
Morning star Bruno Sueiro  4ºC Nº 17
Morning Star é unha novela de aventuras na que un rapaz chamado Lourenzo Tasende comeza á idade de trece  anos unha serie de aventuras entre bandoleiros e roubos que o levarán a pasar os peores momentos da súa vida. Lourenzo vivía cos seus pais nunha disputa cerca de Pontevedra, traballaba alí, e a súa vida era tranquila e boa. Un día chegou á taberna un home chamado Lázaro Rivadulla, e con el viñeron todos os problemas. A súa nai enferma e morre, mentres que o seu pai vólvese unir a unha gavela de bandoleiros á que pertencera anos atrás. Pouco a pouco vaise involucrando en roubos da gavela ata que nun deles decide fuxir e salvar a unha rapaza da que se namora, Helena Rouco. Os dous encamíñanse cara Lugo, onde Helena ten familia. Nese viaxe Lázaro persígueos sen descanso, ata chega a matar ó pai de Lourenzo por encubrilos. Camiño de Santiago atópanse con Campanachoca, un vello cego que se ofrece a acompañalos xunto coa súa muller, a Pindonga. Unha vez Helena a salvo en Lugo, os tres regresan cara Pontevedra, e entón alíanse coa gavela de Tomás das Congostras. Lourenzo amósalles onde se atopa o tesouro que Lázaro escondera e diríxense todos a conseguilo. Entón a gavela de Lázaro atácaos e apresan a Lourenzo e a Tomás. Finalmente consegue escapar e gracias a Helena chega a coñecer ós seus avós. Lázaro morre a mans de Tomás nunha forte loita, pero desafortunadamente a Garda Civil chega e os mete na cadea. Case morto conseguen liberalo e a historia remata cun resumo da vida posterior de todos os personaxes, e Helena e Lourenzo vanse a vivir xuntos á disputa poñéndolle o nome de Morning Star. resumo:
personaxes: · Lourenzo Tasende: É o protagonista da novela. Desde pequeno viviu na disputa cos seus pais traballando nela, por iso estaba acostumado a convivir con borrachos e toda clase de xente que quedara na posada. Namórase dunha rapaza chamada Helena e con ela fuxe por toda a xeografía galega vivindo moitas aventuras e ata arriscando a súa vida por protexer á rapaza. Ó final é el o que resolve o misterio do tesouro pero con tan mala sorte que acaba na cadea. Gracias a Helena coñece ós seus avós e pode pasar uns anos con eles antes de que lles chegue a súa fin. Lourenzo faise un home e queda con Helena, coa que pasará o resto da súa vida na disputa que pertencera ós seus pais. · Lourenzo Tasende pai: É un bo home, pero cun pasado moi turbio. É el o que provoca que o seu fillo se vexa implicado nos roubos da gavela. Lourenzo morre ó defender a Helena e ó seu fillo de Lázaro, que foi o causante da súa morte por dispararlle un tiro na cabeza. · Lázaro Rivadulla: É coa súa chegada á disputa cando comeza todo; a enfermidade da súa nai, o cambio no carácter do seu pai, a chegada de outros bandoleiros á disputa, ... É un home moi egoísta, ruín, malo, ... Capaz de matar a quen se lle poña por diante con tal de conseguir o que el quere. Matou ó pai de Lourenzo e perseguiu a Helena e a Lázaro coa mesma intención pero sen conseguilo. Este personaxe caracterizábase fisicamente pola ausencia dunha das mans. · Helena Rouco: Helena era filla de persoas con diñeiro, e cando os seus pais morren o seu tío, un cura de Beluso, queda con ela e herda todo o diñeiro que estes posuían. É por iso polo que deciden asaltalo, e é nese momento cando coñece a Lourenzo. É unha rapaza de cabelos louros e rizados, que namora a Lourenzo. Helena ó longo da aventura ensínalle a ler, e mentres o rapaz únese á gavela de Tomás ela busca ós seus avós para que Lourenzo poida coñecelos e vivir con eles. · Tomás das Congostras: É un home portugués e manda na outra gavela da zona. Ó contrario que Lázaro parece ter bo corazón, pois encaríñase de Lourenzo e arríscase para tentar salvalo de Lázaro no momento en que escapan da casa do pozo. Nesa casa foi onde os atacou a gavela á que Lourenzo pertencera anteriormente e era onde tamén estaba agochada unha parte do tesouro. Ó final, Tomás tamén acaba na cadea con Lourenzo, onde pasará uns anos antes de que poida saír. · Campanachoca: Pertence á gavela de Tomás; é un home vello e cego. Axuda a Lourenzo na súa fuxida e é o que lle conta o pasado do seu pai. Encóntrase con el nunha praza cando estaba cantando pequenos romances e entre eles o do seu pai, foi nese momento cando Campanachoca dille que o acompañará a el e a Helena ata Lugo. Gracias a el consegue volver a Pontevedra despois de deixar a salvo a Helena.
Ficha técnica: T ítulo:  Morning Star Autor: Xosé Miranda Xénero: Narrativa Edición: 5ª edición setembro, 2000 Editorial: Xerais de Galicia, S.A.,  Premio Xerais da Lingua 1998 272 páxinas XOSÉ MIRANDA

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (13)

Agosto do 36 (resena)
Agosto do 36 (resena)Agosto do 36 (resena)
Agosto do 36 (resena)
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
Os desherdados
Os desherdadosOs desherdados
Os desherdados
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
Bosque cheo de faias
Bosque cheo de faiasBosque cheo de faias
Bosque cheo de faias
 
O contador de estrelas
O contador de estrelasO contador de estrelas
O contador de estrelas
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
 
Contador de estrelas
Contador de estrelasContador de estrelas
Contador de estrelas
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
O inferno de marta
O inferno de martaO inferno de marta
O inferno de marta
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
PEPA A LOBA
PEPA A LOBAPEPA A LOBA
PEPA A LOBA
 

Similar a morning star Xose Miranda

Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaMeigamaior
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
Os vellos non deben de enamorarse.pdf
Os vellos non deben de enamorarse.pdfOs vellos non deben de enamorarse.pdf
Os vellos non deben de enamorarse.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach aComentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach aRemoeaLinguaLinguaGa
 
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNAO ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNAclopezsu
 
El último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigoEl último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigoclopezsu
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigca
 

Similar a morning star Xose Miranda (20)

morning star
morning starmorning star
morning star
 
morning star
morning starmorning star
morning star
 
Recensión galego 3 trimestre.pdf
Recensión galego 3 trimestre.pdfRecensión galego 3 trimestre.pdf
Recensión galego 3 trimestre.pdf
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
INFAMIA.docx
INFAMIA.docxINFAMIA.docx
INFAMIA.docx
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Os vellos non deben de enamorarse.pdf
Os vellos non deben de enamorarse.pdfOs vellos non deben de enamorarse.pdf
Os vellos non deben de enamorarse.pdf
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
 
Present3ªav
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
 
reseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdfreseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdf
 
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach aComentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
Comentario de luces de setembro pablo vallejo verez 1 bach a
 
Traballo ana frank
Traballo ana frankTraballo ana frank
Traballo ana frank
 
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
 
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNAO ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
 
El último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigoEl último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigo
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 

morning star Xose Miranda

  • 1. Morning star Bruno Sueiro 4ºC Nº 17
  • 2. Morning Star é unha novela de aventuras na que un rapaz chamado Lourenzo Tasende comeza á idade de trece anos unha serie de aventuras entre bandoleiros e roubos que o levarán a pasar os peores momentos da súa vida. Lourenzo vivía cos seus pais nunha disputa cerca de Pontevedra, traballaba alí, e a súa vida era tranquila e boa. Un día chegou á taberna un home chamado Lázaro Rivadulla, e con el viñeron todos os problemas. A súa nai enferma e morre, mentres que o seu pai vólvese unir a unha gavela de bandoleiros á que pertencera anos atrás. Pouco a pouco vaise involucrando en roubos da gavela ata que nun deles decide fuxir e salvar a unha rapaza da que se namora, Helena Rouco. Os dous encamíñanse cara Lugo, onde Helena ten familia. Nese viaxe Lázaro persígueos sen descanso, ata chega a matar ó pai de Lourenzo por encubrilos. Camiño de Santiago atópanse con Campanachoca, un vello cego que se ofrece a acompañalos xunto coa súa muller, a Pindonga. Unha vez Helena a salvo en Lugo, os tres regresan cara Pontevedra, e entón alíanse coa gavela de Tomás das Congostras. Lourenzo amósalles onde se atopa o tesouro que Lázaro escondera e diríxense todos a conseguilo. Entón a gavela de Lázaro atácaos e apresan a Lourenzo e a Tomás. Finalmente consegue escapar e gracias a Helena chega a coñecer ós seus avós. Lázaro morre a mans de Tomás nunha forte loita, pero desafortunadamente a Garda Civil chega e os mete na cadea. Case morto conseguen liberalo e a historia remata cun resumo da vida posterior de todos os personaxes, e Helena e Lourenzo vanse a vivir xuntos á disputa poñéndolle o nome de Morning Star. resumo:
  • 3. personaxes: · Lourenzo Tasende: É o protagonista da novela. Desde pequeno viviu na disputa cos seus pais traballando nela, por iso estaba acostumado a convivir con borrachos e toda clase de xente que quedara na posada. Namórase dunha rapaza chamada Helena e con ela fuxe por toda a xeografía galega vivindo moitas aventuras e ata arriscando a súa vida por protexer á rapaza. Ó final é el o que resolve o misterio do tesouro pero con tan mala sorte que acaba na cadea. Gracias a Helena coñece ós seus avós e pode pasar uns anos con eles antes de que lles chegue a súa fin. Lourenzo faise un home e queda con Helena, coa que pasará o resto da súa vida na disputa que pertencera ós seus pais. · Lourenzo Tasende pai: É un bo home, pero cun pasado moi turbio. É el o que provoca que o seu fillo se vexa implicado nos roubos da gavela. Lourenzo morre ó defender a Helena e ó seu fillo de Lázaro, que foi o causante da súa morte por dispararlle un tiro na cabeza. · Lázaro Rivadulla: É coa súa chegada á disputa cando comeza todo; a enfermidade da súa nai, o cambio no carácter do seu pai, a chegada de outros bandoleiros á disputa, ... É un home moi egoísta, ruín, malo, ... Capaz de matar a quen se lle poña por diante con tal de conseguir o que el quere. Matou ó pai de Lourenzo e perseguiu a Helena e a Lázaro coa mesma intención pero sen conseguilo. Este personaxe caracterizábase fisicamente pola ausencia dunha das mans. · Helena Rouco: Helena era filla de persoas con diñeiro, e cando os seus pais morren o seu tío, un cura de Beluso, queda con ela e herda todo o diñeiro que estes posuían. É por iso polo que deciden asaltalo, e é nese momento cando coñece a Lourenzo. É unha rapaza de cabelos louros e rizados, que namora a Lourenzo. Helena ó longo da aventura ensínalle a ler, e mentres o rapaz únese á gavela de Tomás ela busca ós seus avós para que Lourenzo poida coñecelos e vivir con eles. · Tomás das Congostras: É un home portugués e manda na outra gavela da zona. Ó contrario que Lázaro parece ter bo corazón, pois encaríñase de Lourenzo e arríscase para tentar salvalo de Lázaro no momento en que escapan da casa do pozo. Nesa casa foi onde os atacou a gavela á que Lourenzo pertencera anteriormente e era onde tamén estaba agochada unha parte do tesouro. Ó final, Tomás tamén acaba na cadea con Lourenzo, onde pasará uns anos antes de que poida saír. · Campanachoca: Pertence á gavela de Tomás; é un home vello e cego. Axuda a Lourenzo na súa fuxida e é o que lle conta o pasado do seu pai. Encóntrase con el nunha praza cando estaba cantando pequenos romances e entre eles o do seu pai, foi nese momento cando Campanachoca dille que o acompañará a el e a Helena ata Lugo. Gracias a el consegue volver a Pontevedra despois de deixar a salvo a Helena.
  • 4. Ficha técnica: T ítulo: Morning Star Autor: Xosé Miranda Xénero: Narrativa Edición: 5ª edición setembro, 2000 Editorial: Xerais de Galicia, S.A., Premio Xerais da Lingua 1998 272 páxinas XOSÉ MIRANDA