Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio - Cuntis) “ Lingua e sociedade: unha realidade plurilingüe” (introdución) Materia ...
O MUNDO: UNHA REALIDADE PLURILINGÜE. A linguaxe é a propiedade máis característica da especie humana. A súa realización po...
Que criterios se empregan para contabilizar as linguas do mundo? Non vale contar o número de estados que hai e en base a e...
Máis de 40 millóns de cidadáns da UE falan cada día unha lingua non oficial do Estado en que habitan.    A  UE , como inst...
Podemos clasificar as linguas segundo:  - O número de falantes: LINGUAS MAIORITARIAS E LINGUAS MINORITARIAS. - O estatus l...
As linguas do Estado Español

Territorios de fala galega:

Galiza.

Occidente de Asturies e das provincias de ...
O galego-portugués no mundo O galego é unha variante do tronco lingüístico galego-portugués, que conta cuns 200 millóns de...

Antecedentes:

Estatuto de Autonomía de 1936.

Marco vixente:
</u...
O galego na lexislación española “ O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o  deber de c...
O galego no Estatuto Estatuto de Autonomía Título Preliminar. Artigo 5.

A lingua propia de Galiza é o galego. </li...
O galego en Europa: A Carta das Linguas Minoritarias. Parlamento Europeo de Estrasburgo (1992) Ratificada polo Estado Espa...
Próxima SlideShare
Cargando en…5

Unha Realidade PlurilingüE

9.147 visualizaciones

Publicado el

Materiais da Aula de Lingua Galega de 4º da ESO (CPI Don Aurelio de Cuntis)

1 comentario
4 recomendaciones
Estadísticas
Notas
Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
9.147
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
4.906
Acciones
Compartido
0
Descargas
112
Comentarios
1
Recomendaciones
4
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Unha Realidade PlurilingüE

1. 1. Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio - Cuntis) “ Lingua e sociedade: unha realidade plurilingüe” (introdución) Materia de Lingua Galega 4º ESO (2007-08)
2. 2. O MUNDO: UNHA REALIDADE PLURILINGÜE. A linguaxe é a propiedade máis característica da especie humana. A súa realización por medio de linguas amosa o carácter social dos humanos e a súa diversidade cultural. A diversidade lingüística pódese medir no número de linguas que se falan na terra. Cantas linguas se falan hoxe no mundo? Menos de 300 superan o millón de falantes, milleiros delas contan só cuns poucos falantes presionados a cambiar de lingua. En moitas ocasións eses poucos falantes son todos anciáns, co cal non se garante o relevo xeracional. Calcúlase que hoxe se falan no mundo entre 4.000 e 7.000 linguas diferentes ; pero ese número non se pode definir moito máis. A disparidade deste reconto débese aos diferentes criterios empregados para catalogalas.
3. 3. Que criterios se empregan para contabilizar as linguas do mundo? Non vale contar o número de estados que hai e en base a esa cifra contabilizar as linguas. Comprobádeo por vós mesmos: a ONU recoñece uns 200 estados independentes; pola contra, hai milleiros de linguas vivas catalogadas. En resumo, as fronteiras políticas poucas veces nos axudan a debuxar as fronteiras lingüísticas. O normal é que a un Estado lle correspondan varias linguas como podedes ollar no seguinte mapa de Europa. No continente europeo só hai dous estados monolingües: Islandia e Portugal (co permiso do mirandés). No resto dos estados contabilízanse numerosas linguas, xa territoriais xa vencelladas a grupos étnicos espallados por diferentes países, núcleos de emigrantes…
4. 4. Máis de 40 millóns de cidadáns da UE falan cada día unha lingua non oficial do Estado en que habitan.    A UE , como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo .  A institución europea aposta polo recoñecemento e polo valor da diversidade lingüística. Porén, iso non se traduce en políticas lingüísticas activas, diversificadas e transversais, xa que estas cuestións dependen de cada Estado membro.
5. 5. Podemos clasificar as linguas segundo: - O número de falantes: LINGUAS MAIORITARIAS E LINGUAS MINORITARIAS. - O estatus legal: LINGUAS OFICIAIS E LINGUAS SEN ESTADO. - O estatus social: LINGUAS MINORIZADAS. CAUSAS DE DESAPARICIÓN DUNHA LINGUA: 1. Substitución da lingua . 2. Desaparición da lingua : 2.1. Desaparición física dos falantes , 2.2. Ruptura da transmisión familiar : No mapa, número de falantes dalgunhas linguas minorizadas.
6. 6. As linguas do Estado Español
7. 7.

Territorios de fala galega:

Galiza.

Occidente de Asturies e das provincias de Zamora e León (O Bierzo).

Val das Ellas (Estremadura).

* Poderiamos computar, ademais, os núcleos da diáspora galega no mundo.

8. 8. O galego-portugués no mundo O galego é unha variante do tronco lingüístico galego-portugués, que conta cuns 200 millóns de habitantes nos cinco continentes.
9. 9.

Antecedentes:

Estatuto de Autonomía de 1936.

Marco vixente:

Constitución Española (1978).

Estatuto de Autonomía (1981).

Lei de Normalización Lingüística (1983).

Novas ferramentas:

Plan Xeral de Normalización da

Lingua Galega (2004)

No futuro:

Novo Estatuto (proceso interrompido).

MARCO LEGAL DA LINGUA GALEGA Cartaz Pro-Estatuto de 1936 de Camilo Díaz Baliño
10. 10. O galego na lexislación española “ O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala …” “ As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus estatutos” Constitución Española, Título Preliminar, Artigo 3º. Observa a desigualdade xurídica que se desprende das expresións destacadas en amarelo nesta diapositiva e na seguinte.
11. 11. O galego no Estatuto Estatuto de Autonomía Título Preliminar. Artigo 5.

A lingua propia de Galiza é o galego.

Os idiomas galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito de os coñecer e os usar .

Os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

12. 12. O galego en Europa: A Carta das Linguas Minoritarias. Parlamento Europeo de Estrasburgo (1992) Ratificada polo Estado Español en 2001. O Eurolang é a oficina da UE para as linguas minorizadas http://www.as-pg.com/resources/soclinresources/lin-10-carta_europea_das_linguasminoritarias.pdf