SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 8
Descargar para leer sin conexión
Grupo de traballo – I.E.S. Ponteareas
                              Deseño de Páxinas web

Que é HTML?

    •    HTML = Hyper Text Markup Language
    •    HTML non é unha linguaxe de programación, senón de etiquetado.
    •    HTML emprega etiquetas para describir páxinas web.
    •    As etiquetas de HTML xeralmente veñen en pares, unha indicando o inicio e outra o
         final: <etiqueta> texto ó que afecta </etiqueta>

Que se necesita para traballar con HTML?

Nada específico. Cun editor de texto (coma o Bloc de Notas) é suficiente.
Outros programas para edición web poden axudarnos a crear as nosas páxinas, pero
xeralmente fan máis complexa a súa edición posterior xa que o código que crean adoita ser
algo máis reiterativo.

Os programas específicos máis populares son:
   • Expression Web (antes FrontPage) é un programa de pago da suite Microsoft Office.
   • DreamWeaver é un programa de pago de Adobe.
   • Writer da suite gratuita OpenOffice (http://es.openoffice.org/), dispoñible entre moitas
      outras en castelán e galego, permite gardar os documentos como Pátinas web pero
      produce un código bastante descoidado.
   • KompoZer (http://kompozer.net/) é un programa gratuito sinxelo, pero só hai versión
      en inglés.
   • BlueFish (http://bluefish.openoffice.nl) é un programa gratuito e que ofrece recursos
      incluso para deseñadores web avanzados, pero só hai versión en inglés.
   • Quanta Plus (http://quanta.kdewebdev.org/) é un programa gratuito para entornos KDE
      e GNOME. En inglés.
   • SkEdit (http://www.skti.org/) é un programa de pago para Mac OS X. En inglés.


Exemplo de etiquetado:

<html>
<body>

<h1>Título</h1>

<p>O meu primeiro parágrafo.</p>

</body>
</html>

Gardar un arquivo

Os arquivos HTML deben ter extensión .htm ou .html
Ambas extensións cumpren a mesma función, e na actualidade non hai diferencia entre elas.
Se estás a empregar Bloc de Notas, no nome indica a extensión desexada e no tipo selecciona
"Todos os arquivos".




Deseño de páxinas web                                                                   Páxina 1
Etiquetas básicas para a estructura dos parágrafos

<html> … </html>        Indica o comezo e final do código HTML da nosa páxina. En xeral, serán
                        a primeira e a última etiqueta do código respectivamente.
<body> … </body>        Indica o comezo e final do corpo da nosa páxina. Todo o contido que se
                        vaia a amosar directamente na pantalla estará etiquetado aquí.
<h1> … </h1>            Cabeceiras ("header") de distintos niveis. Son moi útiles á hora de
ata                     organizar as nosas páxinas porque lles dan ós buscadores web a
<h6> … </h6>            estructura da mesma.
<p> … </p>              Indica cada un dos parágrafos da nosa web.
<br />                  Quebra de liña sinxela ("break"), que se pode introducir dentro dun
                        parágrafo. Obsérvese a súa estructura diferente, xa que non hai unha
                        etiqueta de inicio e outra de final.
<hr />                  Liña divisoria horizontal, que funciona de xeito análogo á etiqueta
                        anterior.
                        Obsérvese a estructura standard actual, aínda que moitos programas
                        de deseño web empregan un standard antigo.

Etiquetas de formato

<b> … </b>              Negra ("bold").
<i> … </i>              Cursiva ("italic").
<big> … </big>          Tamaño de letra grande.
<small> … </small> Tamaño de letra pequeno.
<tt> … </tt>            Formato teletipo.
<sup> … </sup>          Superíndice.
<sub> … </sub>          Subíndice.

Existen moitas outras etiquetas de formato, pero na maior parte dos navegadores o resultado
visual coincide cas anteriormente citadas.

Enlaces

<a href="URL"> …           Cando queiramos enlazar unha páxina con outra, debemos indicar a
</a>                       dirección da mesma ("URL") co atributo href.
                           Se está no mesmo cartafol, basta con poñer o nome do arquivo (sen
                           olvidar a extensión, xa sexa .htm, .html ou outra).
                           Se está noutro cartafol, debemos indicar en cal, empregando o
                           símbolo "/" para entrar nun posterior e "../" para indicar que
                           queremos regresar a un previo.
                           Se está noutro servidor debe facilitarse a dirección completa
                           (comezando por "http://").
<a href="URL"              En xeral, a nova páxina abrirase na mesma pestana do navegador.
target="destino"> …        Se queremos que se abra noutra, teremos que indicar en cal.
</a>                       O valor "_blank" fará que de cada vez se abra nunha nova.




Deseño de páxinas web                                                                         Páxina 2
Imaxes

<img src="URL" />       De xeito análogo ó enlace de páxinas, ó engadir unha imaxe
                        debemos proporcionar a dirección da mesma.
<img src="URL"          Os valores que asignemos ós atributos width e height son o ancho e
width="valor"           alto cos que se amosará a imaxe. Pode indicarse en píxeles ou
height="valor"          porcentaxe. Esto NON modifica o arquivo en absoluto, só o xeito en
alt="texto" />          que se ve na páxina.
                        Por outra banda, o texto alternativo que propoñamos en alt
                        amosarase cando a imaxe non poida cargarse.

Listas

<ol> … </ol>            Lista ordeada ("ordered list"). Cada un dos elementos dentro da
                        lista irá marcado cun número.
<ul> … </ul>            Lista non ordeada ("unordered list"). Cada un dos elementos dentro
                        da lista irá marcado cunha viñeta.
<li> … </li>            Cada un dos elementos da lista ordeada ou non ordeada.
<dl> … </dl>            Lista de definicións ("definition list"). Cada un dos elementos dentro
                        da lista consta de dúas partes: termo a definir e definición do
                        mesmo.
<dt> … </dt>            Termo definido ("definition term"). Debe ir dentro dunha lista de
                        definicións.
<dd> … </dd>            Definición ("definition description"). Tamén debe ir dentro dunha
                        lista de definicións; xeralmente a continuación do termo definido.

Táboas

<table> … </table>      Indica o comezo e final dunha táboa. Dentro deberán ir as filas e
                        celas correspondentes.
                        Os atributos máis relevantes dunha táboa son o ancho do borde
                        (border="valor"), o espacio entre o borde da cela e o seu contido
                        (cellpadding="valor") e o espacio entre celas (cellspacing="valor").
<tr> … </tr>            Dentro dunha táboa, indica o comezo e final de cada fila ("table
                        row").
<td> … </td>            Dentro de cada fila, indica o comezo e final de cada cela ("table
                        data").
                        Se se queren unir varias celas da mesma columna pode facerse co
                        atributo rowspan="valor", e de xeito análogo para varias celas da
                        misma fila con colspan="valor".
<th> … </th>            Cela que funciona como cabeceira da táboa ("table header"), cun
                        xeito de emprego idéntico ó da etiqueta anterior.




Deseño de páxinas web                                                                    Páxina 3
Formularios

<form> … </form>        Indica o comezo e final dun formulario. O resto de etiquetas
                        relativas ó mesmo irán dentro desta.
                        A codificación dun formulario esixe o emprego doutro tipo de
                        linguaxes, como pode ser PHP ou ASP.
<input type="text"      Campo de texto dunha liña.
name="nome" />
<input                  Campo de texto dunha liña que oculta o seu contido.
type="password"
name="nome" />
<input type="radio"     Cada un dos elementos a seleccionar entre un número limitado, que
name="nome"             aparecerán listados cun circuliño.
value="valor" />
<input                  Cada un dos elementos a seleccionar entre un número limitado,
type="checkbox"         puidendo realizarse unha selección múltiple, que aparecerán listados
name="nome"             cunha caixiña.
value="valor" />
<input type="submit"    Botón para enviar o formulario.
value="Enviar" />
<select name="nome"> Campo desplegable. Poden engadirse tantas opcións como sexan
<option value="valor"> necesarias.
… </option>
</select>
<textarea               Campo de texto que permite múltiples liñas.
name="nome"> …
</textarea>

Información da páxina

<head> … </head>        Encabezamento da páxina. Forma parte do código HTML, pero debe
                        ir fóra do corpo ("body") da páxina. Contén as etiquetas que figuran
                        a continuación.
<title> … </title>      Define o título da páxina, que poderá verse no navegador.
<meta                   Descrición da web. Non é visible na páxina, pero pode ser
name="description"      empregada por buscadores, servicios webs ou navegadores.
content="descrición" />
<meta                   Palabras clave á hora de clasificar a paxina. Deben ir separadas por
name="keywords"         comas. Tampouco son visibles na propia páxina.
content="termos" />
<meta name="author"     Indica o autor da web.
content="autor" />
<meta http-             Codificación de caracteres por defecto. A aquí indicada é a máis
equiv="Content-Type"    frecuente para as linguas da Europa occidental.
content="text/html;
charset=ISO-8859-
1" />




Deseño de páxinas web                                                                  Páxina 4
Símbolos especiais

O conxunto de caracteres ISO-8859-1 é o que máis frecuentemente empregado na Europa
occidental.
Este inclúe unha serie de caracteres especiais que non darán problemas sempre que a
codificación de caracteres esté indicada no encabezamento da páxina e o usuario non a
modifique no navegador.
En xeral, é recomendable indicalos como caracteres especiais empregando o código
correspondente, xa que daquelas non haberá problema en ningún caso.

"                   &quote;    <               &lt;           >               &gt;
&                   &amp;      ñ               &ntilde;       ç               &ccedil;
é                   &eacute;   è               &egrave;       ê               &ecirc;
ë                   &euml;     ¡               &iexcl;        ¿               &iquest;

A táboa anterior é un brevísimo exemplo, pero hai moitos máis caracteres especiais de uso
frecuente, ademáis de caracteres en alfabeto grego e símbolos matemáticos que tamén
contemplan este mesmo recurso á hora de empregarse nunha web.
Véxase unha lista completa en: http://www.w3schools.com/tags/ref_entities.asp




Deseño de páxinas web                                                                    Páxina 5
Que é CSS?

    •    CSS = Cascading Style Sheets
    •    CSS define o xeito en que se amosan os elementos creados con HTML.
    •    Pode empregarse directamente sobre cada elemento, agruparse en follas de estilo
         internas para toda a páxina ou como arquivos externos compartidos por varias páxinas.

Estilos con CSS nunha etiqueta

Para empregar o CSS directamente sobre un elemento, basta con engadirlle á etiqueta
correspondente o atributo style="..." onde incluiremos todos as propiedades (e os seus
respectivos valores) que queiramos, separados por un punto e coma.

<p style="text-align:center;">O meu primeiro parágrafo CENTRADO.</p>

Se o código ó que queremos aplicarlle a propiedade non se corresponde con ninguna etiqueta,
podemos empregar as xenéricas <div> … </div> e <span> … </span>.

Existen multitude de propiedades aplicables, con diferentes valores. Na táboa seguinte, os
máis empregados:

            Propiedade                  Valores posibles                     Descrición
background-color                 Nome dun color (en inglés),      Color de fondo.
                                 valor RGB (por exemplo:
                                 rgb(255,0,0)) ou código
                                 hexadecimal (por exemplo:
                                 #FF0000).
background-image                 url('URL_da_imaxe')              Imaxe de fondo.
color                            Nome dun color (en inglés),      Color do texto.
                                 valor RGB (por exemplo:
                                 rgb(255,0,0)) ou código
                                 hexadecimal (por exemplo:
                                 #FF0000).
text-align                       right, left, center, justify     Aliñación horizontal do texto.
vertical-align                   baseline, top, middle, bottom    Aliñación vertical do texto.
font-family                      Times, Courier, Verdana,           Tipo de letra. Pode indicarse o
                                 Arial, etc., ou serif, sans-serif, tipo concreto ou xenérico.
                                 cursive, monospace, etc.
font-size                        Valor en píxeles (por exemplo, Tamaño do texto.
                                 16px) ou proporción (1em).
font-style                       normal, italic                   Normal ou cursiva.
font-weight                      normal, bold                     Normal ou negra.
text-decoration                  underline, overline, line-       Decoración do texto.
                                 through, none
text-transform                   uppercase, lowercase,            Maiúsculas, minúsculas,
                                 capitalize                       versales.
text-indent                      Valor en píxeles (por exemplo, Sangrado da primeira liña.
                                 10px).




Deseño de páxinas web                                                                        Páxina 6
Das específicos para un tipo concreto de etiquetas, merecen especial atención as relativas a
módulos "en caixa", como poden ser as táboas ou a etiqueta de sección <div> … </div>.

            Propiedade                 Valores posibles                   Descrición
width                           Valor en píxeles (por exemplo, Ancho.
                                10px) ou porcentaxe (50%).
height                          Valor en píxeles (por exemplo, Alto.
                                10px) ou porcentaxe (50%).
border                          Ancho en píxeles (1px), tipo     Características do borde.
                                (solid, double, dashed,
                                dotted) e color.
padding                         Valor en píxeles (por exemplo, Distancia do borde ó contido.
                                10px) ou porcentaxe (50%).
margin                          Valor en píxeles (por exemplo, Distancia do borde ós
                                10px) ou porcentaxe (50%).     restantes elementos.

Follas de estilo con CSS

Ademáis de engadirse a unha determinada etiqueta, tamén poden crearse follas de estilo que
se apliquen a todas as etiquetas dun mesmo tipo ou a aquelas que nós indiquemos.
Para eso crearemos dentro da cabeceira da páxina un apartado adicado ó estilo.

<style type="text/css">
body {color:green;}
h1 {text-decoration:underline;}
</style>

Esto permite planificar dun xeito cómodo (e sinxelo de editar!) os aspectos de estilo xerais da
páxina, cunha certa independencia do contido.

Asimesmo, podemos identificar unha etiqueta concreta (mediante o atributo id="nome") ou
reunir varias delas que desexamos que compartan sempre o mesmo estilo (mediante o
atributo span="nome") e indicar as propiedades que desexamos aplicarlles.
Para eso, debemos referirnos ás primeiras coa referencia #nome, e ás segundas coa referencia
.nome na nosa folla de estilo. Este segundo caso, en particular, evitaranos a tarefa de asignar
repetitivamente o mesmo estilo.

<html>
<head>
<style type="text/css">
#taboa {font-weight:bold;}
.tipo1 {background-color:lightblue; color:black;}
.tipo2 {background-color:black; color:lightblue;}
</style>
</head>
<body>
<table id="taboa">
<tr><td class="tipo1">Cela 1</td><td class="tipo2">Cela 2</td></tr>
<tr><td class="tipo2">Cela 3</td><td class="tipo1">Cela 4</td></tr>
</table>
</body>
</html>




Deseño de páxinas web                                                                        Páxina 7
As vantaxes de aplicar un mesmo estilo a varios elementos dunha mesma páxina (e
modificalos todos dunha vez!) poden ampliarse se empregamos unha folla de estilo externa,
que nos permita ser aplicada a varias páxinas ó tempo.
Para facer eso, o único que necesitamos é colocar a folla de estilo nun arquivo externo (que
nomearemos con extensión .css). E no lugar da etiqueta <style> ... </style> teremos que
colocar agora unha indicación de onde se aloxa a nosa folla de estilo.

<link rel="stylesheet" type="text/css" href="estilo.css" />

Lista de cores

A lista de cores sorportados pola meirande parte de navegadores que poden introducirse de
xeito nominal é longuísima, pero o standar redúcese ós 16 seguintes: aqua, black, blue,
fuchsia, gray, green, lime, maroon, navy, olive, purple, red, silver, teal, white, yellow.

En calquer caso, non se limitan as posibilidades no que se refiere ás cores en RGB (máis de 16
millóns), e a meirande parte dos programas de edición de imaxes permitennos obter ese valor
nalgún ou ambos formatos aceptados por CSS.
Un listado de referencia moi completo pode atoparse en:
http://www.w3schools.com/css/css_colorsmore.asp




Deseño de páxinas web                                                                    Páxina 8

Más contenido relacionado

Destacado

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Destacado (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Html

  • 1. Grupo de traballo – I.E.S. Ponteareas Deseño de Páxinas web Que é HTML? • HTML = Hyper Text Markup Language • HTML non é unha linguaxe de programación, senón de etiquetado. • HTML emprega etiquetas para describir páxinas web. • As etiquetas de HTML xeralmente veñen en pares, unha indicando o inicio e outra o final: <etiqueta> texto ó que afecta </etiqueta> Que se necesita para traballar con HTML? Nada específico. Cun editor de texto (coma o Bloc de Notas) é suficiente. Outros programas para edición web poden axudarnos a crear as nosas páxinas, pero xeralmente fan máis complexa a súa edición posterior xa que o código que crean adoita ser algo máis reiterativo. Os programas específicos máis populares son: • Expression Web (antes FrontPage) é un programa de pago da suite Microsoft Office. • DreamWeaver é un programa de pago de Adobe. • Writer da suite gratuita OpenOffice (http://es.openoffice.org/), dispoñible entre moitas outras en castelán e galego, permite gardar os documentos como Pátinas web pero produce un código bastante descoidado. • KompoZer (http://kompozer.net/) é un programa gratuito sinxelo, pero só hai versión en inglés. • BlueFish (http://bluefish.openoffice.nl) é un programa gratuito e que ofrece recursos incluso para deseñadores web avanzados, pero só hai versión en inglés. • Quanta Plus (http://quanta.kdewebdev.org/) é un programa gratuito para entornos KDE e GNOME. En inglés. • SkEdit (http://www.skti.org/) é un programa de pago para Mac OS X. En inglés. Exemplo de etiquetado: <html> <body> <h1>Título</h1> <p>O meu primeiro parágrafo.</p> </body> </html> Gardar un arquivo Os arquivos HTML deben ter extensión .htm ou .html Ambas extensións cumpren a mesma función, e na actualidade non hai diferencia entre elas. Se estás a empregar Bloc de Notas, no nome indica a extensión desexada e no tipo selecciona "Todos os arquivos". Deseño de páxinas web Páxina 1
  • 2. Etiquetas básicas para a estructura dos parágrafos <html> … </html> Indica o comezo e final do código HTML da nosa páxina. En xeral, serán a primeira e a última etiqueta do código respectivamente. <body> … </body> Indica o comezo e final do corpo da nosa páxina. Todo o contido que se vaia a amosar directamente na pantalla estará etiquetado aquí. <h1> … </h1> Cabeceiras ("header") de distintos niveis. Son moi útiles á hora de ata organizar as nosas páxinas porque lles dan ós buscadores web a <h6> … </h6> estructura da mesma. <p> … </p> Indica cada un dos parágrafos da nosa web. <br /> Quebra de liña sinxela ("break"), que se pode introducir dentro dun parágrafo. Obsérvese a súa estructura diferente, xa que non hai unha etiqueta de inicio e outra de final. <hr /> Liña divisoria horizontal, que funciona de xeito análogo á etiqueta anterior. Obsérvese a estructura standard actual, aínda que moitos programas de deseño web empregan un standard antigo. Etiquetas de formato <b> … </b> Negra ("bold"). <i> … </i> Cursiva ("italic"). <big> … </big> Tamaño de letra grande. <small> … </small> Tamaño de letra pequeno. <tt> … </tt> Formato teletipo. <sup> … </sup> Superíndice. <sub> … </sub> Subíndice. Existen moitas outras etiquetas de formato, pero na maior parte dos navegadores o resultado visual coincide cas anteriormente citadas. Enlaces <a href="URL"> … Cando queiramos enlazar unha páxina con outra, debemos indicar a </a> dirección da mesma ("URL") co atributo href. Se está no mesmo cartafol, basta con poñer o nome do arquivo (sen olvidar a extensión, xa sexa .htm, .html ou outra). Se está noutro cartafol, debemos indicar en cal, empregando o símbolo "/" para entrar nun posterior e "../" para indicar que queremos regresar a un previo. Se está noutro servidor debe facilitarse a dirección completa (comezando por "http://"). <a href="URL" En xeral, a nova páxina abrirase na mesma pestana do navegador. target="destino"> … Se queremos que se abra noutra, teremos que indicar en cal. </a> O valor "_blank" fará que de cada vez se abra nunha nova. Deseño de páxinas web Páxina 2
  • 3. Imaxes <img src="URL" /> De xeito análogo ó enlace de páxinas, ó engadir unha imaxe debemos proporcionar a dirección da mesma. <img src="URL" Os valores que asignemos ós atributos width e height son o ancho e width="valor" alto cos que se amosará a imaxe. Pode indicarse en píxeles ou height="valor" porcentaxe. Esto NON modifica o arquivo en absoluto, só o xeito en alt="texto" /> que se ve na páxina. Por outra banda, o texto alternativo que propoñamos en alt amosarase cando a imaxe non poida cargarse. Listas <ol> … </ol> Lista ordeada ("ordered list"). Cada un dos elementos dentro da lista irá marcado cun número. <ul> … </ul> Lista non ordeada ("unordered list"). Cada un dos elementos dentro da lista irá marcado cunha viñeta. <li> … </li> Cada un dos elementos da lista ordeada ou non ordeada. <dl> … </dl> Lista de definicións ("definition list"). Cada un dos elementos dentro da lista consta de dúas partes: termo a definir e definición do mesmo. <dt> … </dt> Termo definido ("definition term"). Debe ir dentro dunha lista de definicións. <dd> … </dd> Definición ("definition description"). Tamén debe ir dentro dunha lista de definicións; xeralmente a continuación do termo definido. Táboas <table> … </table> Indica o comezo e final dunha táboa. Dentro deberán ir as filas e celas correspondentes. Os atributos máis relevantes dunha táboa son o ancho do borde (border="valor"), o espacio entre o borde da cela e o seu contido (cellpadding="valor") e o espacio entre celas (cellspacing="valor"). <tr> … </tr> Dentro dunha táboa, indica o comezo e final de cada fila ("table row"). <td> … </td> Dentro de cada fila, indica o comezo e final de cada cela ("table data"). Se se queren unir varias celas da mesma columna pode facerse co atributo rowspan="valor", e de xeito análogo para varias celas da misma fila con colspan="valor". <th> … </th> Cela que funciona como cabeceira da táboa ("table header"), cun xeito de emprego idéntico ó da etiqueta anterior. Deseño de páxinas web Páxina 3
  • 4. Formularios <form> … </form> Indica o comezo e final dun formulario. O resto de etiquetas relativas ó mesmo irán dentro desta. A codificación dun formulario esixe o emprego doutro tipo de linguaxes, como pode ser PHP ou ASP. <input type="text" Campo de texto dunha liña. name="nome" /> <input Campo de texto dunha liña que oculta o seu contido. type="password" name="nome" /> <input type="radio" Cada un dos elementos a seleccionar entre un número limitado, que name="nome" aparecerán listados cun circuliño. value="valor" /> <input Cada un dos elementos a seleccionar entre un número limitado, type="checkbox" puidendo realizarse unha selección múltiple, que aparecerán listados name="nome" cunha caixiña. value="valor" /> <input type="submit" Botón para enviar o formulario. value="Enviar" /> <select name="nome"> Campo desplegable. Poden engadirse tantas opcións como sexan <option value="valor"> necesarias. … </option> </select> <textarea Campo de texto que permite múltiples liñas. name="nome"> … </textarea> Información da páxina <head> … </head> Encabezamento da páxina. Forma parte do código HTML, pero debe ir fóra do corpo ("body") da páxina. Contén as etiquetas que figuran a continuación. <title> … </title> Define o título da páxina, que poderá verse no navegador. <meta Descrición da web. Non é visible na páxina, pero pode ser name="description" empregada por buscadores, servicios webs ou navegadores. content="descrición" /> <meta Palabras clave á hora de clasificar a paxina. Deben ir separadas por name="keywords" comas. Tampouco son visibles na propia páxina. content="termos" /> <meta name="author" Indica o autor da web. content="autor" /> <meta http- Codificación de caracteres por defecto. A aquí indicada é a máis equiv="Content-Type" frecuente para as linguas da Europa occidental. content="text/html; charset=ISO-8859- 1" /> Deseño de páxinas web Páxina 4
  • 5. Símbolos especiais O conxunto de caracteres ISO-8859-1 é o que máis frecuentemente empregado na Europa occidental. Este inclúe unha serie de caracteres especiais que non darán problemas sempre que a codificación de caracteres esté indicada no encabezamento da páxina e o usuario non a modifique no navegador. En xeral, é recomendable indicalos como caracteres especiais empregando o código correspondente, xa que daquelas non haberá problema en ningún caso. " &quote; < &lt; > &gt; & &amp; ñ &ntilde; ç &ccedil; é &eacute; è &egrave; ê &ecirc; ë &euml; ¡ &iexcl; ¿ &iquest; A táboa anterior é un brevísimo exemplo, pero hai moitos máis caracteres especiais de uso frecuente, ademáis de caracteres en alfabeto grego e símbolos matemáticos que tamén contemplan este mesmo recurso á hora de empregarse nunha web. Véxase unha lista completa en: http://www.w3schools.com/tags/ref_entities.asp Deseño de páxinas web Páxina 5
  • 6. Que é CSS? • CSS = Cascading Style Sheets • CSS define o xeito en que se amosan os elementos creados con HTML. • Pode empregarse directamente sobre cada elemento, agruparse en follas de estilo internas para toda a páxina ou como arquivos externos compartidos por varias páxinas. Estilos con CSS nunha etiqueta Para empregar o CSS directamente sobre un elemento, basta con engadirlle á etiqueta correspondente o atributo style="..." onde incluiremos todos as propiedades (e os seus respectivos valores) que queiramos, separados por un punto e coma. <p style="text-align:center;">O meu primeiro parágrafo CENTRADO.</p> Se o código ó que queremos aplicarlle a propiedade non se corresponde con ninguna etiqueta, podemos empregar as xenéricas <div> … </div> e <span> … </span>. Existen multitude de propiedades aplicables, con diferentes valores. Na táboa seguinte, os máis empregados: Propiedade Valores posibles Descrición background-color Nome dun color (en inglés), Color de fondo. valor RGB (por exemplo: rgb(255,0,0)) ou código hexadecimal (por exemplo: #FF0000). background-image url('URL_da_imaxe') Imaxe de fondo. color Nome dun color (en inglés), Color do texto. valor RGB (por exemplo: rgb(255,0,0)) ou código hexadecimal (por exemplo: #FF0000). text-align right, left, center, justify Aliñación horizontal do texto. vertical-align baseline, top, middle, bottom Aliñación vertical do texto. font-family Times, Courier, Verdana, Tipo de letra. Pode indicarse o Arial, etc., ou serif, sans-serif, tipo concreto ou xenérico. cursive, monospace, etc. font-size Valor en píxeles (por exemplo, Tamaño do texto. 16px) ou proporción (1em). font-style normal, italic Normal ou cursiva. font-weight normal, bold Normal ou negra. text-decoration underline, overline, line- Decoración do texto. through, none text-transform uppercase, lowercase, Maiúsculas, minúsculas, capitalize versales. text-indent Valor en píxeles (por exemplo, Sangrado da primeira liña. 10px). Deseño de páxinas web Páxina 6
  • 7. Das específicos para un tipo concreto de etiquetas, merecen especial atención as relativas a módulos "en caixa", como poden ser as táboas ou a etiqueta de sección <div> … </div>. Propiedade Valores posibles Descrición width Valor en píxeles (por exemplo, Ancho. 10px) ou porcentaxe (50%). height Valor en píxeles (por exemplo, Alto. 10px) ou porcentaxe (50%). border Ancho en píxeles (1px), tipo Características do borde. (solid, double, dashed, dotted) e color. padding Valor en píxeles (por exemplo, Distancia do borde ó contido. 10px) ou porcentaxe (50%). margin Valor en píxeles (por exemplo, Distancia do borde ós 10px) ou porcentaxe (50%). restantes elementos. Follas de estilo con CSS Ademáis de engadirse a unha determinada etiqueta, tamén poden crearse follas de estilo que se apliquen a todas as etiquetas dun mesmo tipo ou a aquelas que nós indiquemos. Para eso crearemos dentro da cabeceira da páxina un apartado adicado ó estilo. <style type="text/css"> body {color:green;} h1 {text-decoration:underline;} </style> Esto permite planificar dun xeito cómodo (e sinxelo de editar!) os aspectos de estilo xerais da páxina, cunha certa independencia do contido. Asimesmo, podemos identificar unha etiqueta concreta (mediante o atributo id="nome") ou reunir varias delas que desexamos que compartan sempre o mesmo estilo (mediante o atributo span="nome") e indicar as propiedades que desexamos aplicarlles. Para eso, debemos referirnos ás primeiras coa referencia #nome, e ás segundas coa referencia .nome na nosa folla de estilo. Este segundo caso, en particular, evitaranos a tarefa de asignar repetitivamente o mesmo estilo. <html> <head> <style type="text/css"> #taboa {font-weight:bold;} .tipo1 {background-color:lightblue; color:black;} .tipo2 {background-color:black; color:lightblue;} </style> </head> <body> <table id="taboa"> <tr><td class="tipo1">Cela 1</td><td class="tipo2">Cela 2</td></tr> <tr><td class="tipo2">Cela 3</td><td class="tipo1">Cela 4</td></tr> </table> </body> </html> Deseño de páxinas web Páxina 7
  • 8. As vantaxes de aplicar un mesmo estilo a varios elementos dunha mesma páxina (e modificalos todos dunha vez!) poden ampliarse se empregamos unha folla de estilo externa, que nos permita ser aplicada a varias páxinas ó tempo. Para facer eso, o único que necesitamos é colocar a folla de estilo nun arquivo externo (que nomearemos con extensión .css). E no lugar da etiqueta <style> ... </style> teremos que colocar agora unha indicación de onde se aloxa a nosa folla de estilo. <link rel="stylesheet" type="text/css" href="estilo.css" /> Lista de cores A lista de cores sorportados pola meirande parte de navegadores que poden introducirse de xeito nominal é longuísima, pero o standar redúcese ós 16 seguintes: aqua, black, blue, fuchsia, gray, green, lime, maroon, navy, olive, purple, red, silver, teal, white, yellow. En calquer caso, non se limitan as posibilidades no que se refiere ás cores en RGB (máis de 16 millóns), e a meirande parte dos programas de edición de imaxes permitennos obter ese valor nalgún ou ambos formatos aceptados por CSS. Un listado de referencia moi completo pode atoparse en: http://www.w3schools.com/css/css_colorsmore.asp Deseño de páxinas web Páxina 8