SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 20
Descargar para leer sin conexión
Celia Díaz Núñez
Tamén dispoñible en formato e-book en Amazon 
BOOK TRAILER de Celia Parra Díaz (en Youtube e Vimeo) 
PÁXINA DE FACEBOOK: velaivaiopapaventos 
Esta guia pode descargarse en versión dixital en ISSU e en CALAMEO
1. PRESENTACIÓN DA OBRA ............................................................................................ 
Ficha bibliográfica ............................................................................................................ 
A autora ................................................................................................................................. 
A ilustradora ....................................................................................................................... 
2. ANTES DE LER ................................................................................................................... 
A portada .............................................................................................................................. 
O título ................................................................................................................................... 
Sinopse .................................................................................................................................. 
As ilustracións .................................................................................................................... 
3. COÑECEMOS A OBRA ...................................................................................................... 
Obra teatral ......................................................................................................................... 
Personaxes .......................................................................................................................... 
Espazo .................................................................................................................................... 
Tempo .................................................................................................................................... 
Temas e valores ................................................................................................................. 
Cancións e recitados ........................................................................................................ 
4. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA ....................................................... 
5. OPINIÓN ............................................................................................................................... 
6. ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL ....................................................................... 
Lectura silenciosa ............................................................................................................. 
Lectura en voz alta ........................................................................................................... 
Lectura dramatizada ....................................................................................................... 
Representación .................................................................................................................. 
Teatro de monicreques .................................................................................................. 
7. OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA ................................................................... 
Debuxos ................................................................................................................................ 
Cómic ..................................................................................................................................... 
Marcapáxinas ..................................................................................................................... 
Broches e colgantes ......................................................................................................... 
Monicreques ....................................................................................................................... 
Papaventos .......................................................................................................................... 
8. OBRADOIRO DE ESCRITURA ....................................................................................... 
Contos .................................................................................................................................... 
Diálogos teatrais ............................................................................................................... 
9. OBRADOIRO MUSICAL ................................................................................................... 
10. PASATEMPOS .................................................................................................................... 
11. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS ...................................................................................... 
12. SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS.......................................................... 
2 
2 
2 
2 
3 
3 
3 
3 
3 
4 
4 
5 
5 
5 
6 
6 
7 
7 
8 
8 
8 
8 
8 
9 
10 
10 
10 
10 
10 
11 
11 
12 
12 
12 
12 
13 
14 
16 
ÍNDICE
FICHA BIBLIOGRÁFICA 
Autora: Celia Díaz Núñez 
Ilustradora: Marina Seoane Pascual 
Autoedición 
Ano de publicación: 2014 Lugar de publicación: Ourense 
Número de edición : 1ª Número de páxinas: 63 
Xénero: Teatro. 
Idade: A partir 10 anos. 
ISBN:978-84-616-8769-5 
Distribúe: Consorcio Editorial Galego 
A AUTORA 
Celia Díaz naceu no Páramo en 1961. Licenciada en Filoloxía Galego- Portuguesa, Filoloxía Hispánica e Maxisterio, exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura. Foi tamén profesora de Didáctica da lingua galega na Universidade de Vigo e actualmente imparte clase no Máster de Intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos. Ten publicadas varias obras de literatura infantil e xuvenil: Adeliña (premio I Premio Pura e Dora Vázquez 2004), Rugando ((IX premio Pura e Dora Vázquez 2012). Tamén a obra teatral Cataventos e cía. Ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta (Premio Barriga Verde de Teatro de monicreques para nenos., 2004. Baía Edicións). É tamén autora de relatos, obras de ensaio e materiais didácticos. 
Páxina persoal 
http://celiadiaz.net 
Correo: 
celiadiazn@gmail.com 
celia.diaz.716 
@CeliaDiazN 
A ILUSTRADORA 
Marina Seoane (Madrid, 1957) é licenciada en Escultura pola facultade de Belas Artes de Madrid. Comeza a súa traxectoria profesional como ilustradora en 1980, traballando para numerosas editoriais. Ten publicados máis de 85 títulos en conto e novela e numerosos libros de texto. Tamén escribiu e ilustrou varios contos propios que foron publicados por Anaya, Bruño, San Pablo e Edimáter. Outra faceta artística é a realización de esculturas, tapices e monicreques. 
Páxina persoal: 
www.marinaseoane.com 
Correo: marina.seoane.pascual@gmail.com 
Marina-Seoane-Pascual 
@Marina_seoane " 
1. PRESENTACIÓN DA OBRA
A PORTADA 
A cuberta ou portado dun libro proporciónanos moita información acerca da obra que imos ler.  Describe a ilustración da cuberta.  Anota a información que transmite acerca da historia.  Fíxate expresión do papaventos. Como che parece que será o seu carácter? E o seu estado de ánimo nese momento? 
O TÍTULO 
Tendo en conta o título e a imaxe da portada, cal cres que será tema da obra?  De que tipo cres que será a historia que se vai contar? Fantástica, de aventuras, misteriosa, arrepiante, simpática…? 
SINOPSE 
Na contraportada podemos ler o resumo argumental da historia: 
Berto é un papaventos que soña con voar libremente, percorrer mundo e vivir aventuras. 
Coa axuda dos seus amigos consegue fuxir e inicia unha viaxe na que coñecerá seres amables e agarimosos, pero tamén outros violentos e crueis que porán en perigo a súa vida. 
Experiencias felices e adversas, mais sempre enriquecedoras que lle axudarán a coñecerse mellor a si mesmo e a valorar a importancia da amizade. Ver booktrailer: “Velaívai o papaventos”, de Celia Parra, en vimeo e youtube. 
AS ILUSTRACIÓNS 
A beleza e plasticidade das ilustracións axudan a comprender a historia, enriquécena e compleméntana. 
Cal é a túa ilustración favorita? 
Que aspectos che resultan máis atractivos esteticamente? 
Identifica os personaxes representados. 
2. ANTES DE LER
OBRA TEATRAL 
Velaí vai o papaventos é unha obra de teatro e, polo tanto, foi escrita pensando na súa representación sobre un escenario ante uns espectadores. 
A obra divídese en 3 actos. Cada acto, á súa vez, divídese en escenas. 
 Completa o cadro co tema de cada escena: 
Acto I 
-PRESENTACIÓN- 
Escena 1 
Berto quere voar 
Escena 2 
Partida 
Acto II 
-VIAXE- 
Escena 1 
Escena 2 
Escena 3 
Escena 4 
Escena 5 
Escena 6 
Escena 7 
Escena 8 
Escena 9 
Acto II 
-DESENLACE- 
Escena 1 
Regreso 
Escena 2 
Partida 
Nas obras de teatro, o diálogo é o soporte principal da acción. Mediante as súas palabras, coñecemos como son os personaxes, cales son os seus desexos e os seus problemas, cal é a súa relación cos outros personaxes. 
As anotacións ou didascalias son unha guía para a lectura e representación da obra. Consisten en indicacións dirixidas ao director teatral e aos actores e actrices que representen a obra. Informan acerca de: 
-O espazo e o decorado. 
-Os elementos escenográficos (pantalla, xogos de luces e sombras, etc) e de atrezzo necesarios para a posta en escena. 
-As entradas e saídas dos personaxes da escenario. 
-A xestualización e o ton de voz cos que os personaxes expresan sentimentos, emocións, etc. 
 Analizade as anotacións da escena 1 do acto I. 
3. COÑECEMOS A OBRA
PERSONAXES 
O protagonista principal desta obra de teatro é Berto, un papaventos que comparte o cuarto dos xoguetes de Antía cunha morea de compañeiros. Os seus mellores amigos son a boneca Carlota, o oso Celeste e o pallaso Tristán. 
Despois, irán aparecendo outros personaxes: Un cataventos, o vento, unha andoriña, o sol, unha aguia, unha nube, a lúa e as estrelas, unha bolboreta. Todos eles daranlle a Berto a oportunidade de vivir situacións emocionantes. 
 Completade esta ficha coas características de cada personaxe PERSONAXE: 
Trazos físicos 
Personalidade, carácter 
Desexos, temores, ilusións 
Relación co papaventos 
ESPAZO 
Na obra combínanse espazos interiores e exteriores, ben diferenciados en cada acto. No Acto II trátase dun espazo itinerante. 
 Completade a información deste cadro: 
Escenario/s Descrición 
Acto I 
Interior. 
Acto II 
Exterior 
Acto III 
Exterior 
TEMPO 
A historia transcorre nunha época indeterminada, que podería ser agora mesmo. 
 Canto tempo cres que puido pasar desde o comezo? 
 Pasado, presente e futuro combínanse. Completa este cadro: 
Pasado: 
As lembranzas de Berto. Que episodio anterior recorda? Cando sucedeu? 
Presente 
Acto I 
COMEZO DA VIAXE 
Que sucede? 
Acto II 
VIAXE 
Canto tempo cres que dura? 
Acto III 
RETORNO 
Canto tempo cres que transcorreu desde a fin do acto I? 
Futuro 
Remate da obra 
Que sucederá despois do “Fin”? 
Como interpretas o título?
TEMAS E VALORES 
Voar papaventos é unha diversión que gusta por igual a nenos e a grandes. Nesta historia poñemos na pel de un e sabemos que é o que sente cando eleva o voo; coñecemos cales son os seus desexos e temores; vemos como aprende a ver o mundo coa ollada dos outros para comprendelos mellor e descubrir as súas ilusións, frustracións e esperanzas. 
Os temas principais desta historia son: 
A viaxe como fonte de aventuras, non sempre agradables, pero sempre enriquecedoras. Unha viaxe iniciática que lle fará vivir experiencias importantes e que lle axudarán a crecer e desenvolver a súa personalidade. O Berto que regresa non é xa o mesmo que partiu. 
 Que elementos simbólicos expresan a aprendizaxe? 
A liberdade 
Berto expresa o seu desexo de voar. Séntese atado e pechado entre as catro paredes do seu cuarto e arela fuxir para sentirse libre e independente. 
 Fíxate na canción que pecha o Acto I. 
A amizade 
A importancia dos amigos queda ben patente xa desde o acto I. Son eles os que lle axudan a Berto a cumprir o seu desexo máis intenso. E son tamén os amigos que vai atopando no camiño os que interveñen para que a súa viaxe sexa ventureira. Sen amigos, Berto non vería realizados os seus soños, nin tería con quen compartir a súa felicidade ou a súa dor. 
 Quen é o mellor amigo/a de Berto? Por que? 
A natureza 
O papaventos expresa moitas veces o abraio ante a fermosura da paisaxe que contempla desde o ceo, aprendendo tamén a respectala e protexela. 
 Fíxate na escena 1 do Acto III e identifica os lugares concretos visitados por Berto. 
Os soños 
Berto deixa claro a importancia dos soños: nunca hai que renunciar a eles, senón que hai que esforzarse por realizalos. 
 Cal é o soño principal de Berto? E o de Carlota? 
AS CANCIÓNS E RECITADOS 
As palabras dos personaxes van acompañadas en moitos momentos de cancións e recitados que lle dan ao texto dinamismo. A música e a danza poden acompañarse con variados instrumentos e converter a representación nun espectáculo musical. 
 Localiza no texto unha cantiga de roda. Con que música a interpretarías? 
 E os arrolos? 
O voo do papaventos acompáñase de cancións, unha no remate do acto I e outro na fin do acto III. 
 Que idea principal transmiten? Que diferenza hai entre ambas?
ACTO I 
1. Por que razón Berto non participa dos xogos dos compañeiros? 
2. Que soñou Berto? 
3. Por que está tan triste ao espertar? 
4. Que consello lle dá Carlota ao seu amigo? 
5. Como se sente Carlota ao ver a Berto erguer o voo? 
6. Cales son os desexos e proxectos de Berto cando comeza a viaxe? 
7. Que información transmiten as escenas que se proxectan na pantalla? 
ACTO II 
8. Quen é o primeiro personaxe aéreo co que se atopa Berto? Onde está? Por que se enfada co papaventos? Que personaxes o visitan para transmitirlle noticias? 
9. O vento é un personaxe moi fachendoso. Por que? 
10. A onde se dirixe a andoriña? Con quen viaxa? Que experiencia comparte con Berto? 
11. Que papel desempeña o sol en relación co papaventos? 
12. O sol actúa como un axente protector. Por que? 
13. A aguia é o personaxe máis malvado da obra. Que sentimento experimenta ao ver a Berto? Como actúa ante el? Que dano lle provoca? 
14. Que personaxe salva a Berto do grave perigo no que se encontra? 
15. Mentres Berto dorme, que personaxes velan o seu sono? Quen o arrola? Que soña Berto? 
ACTO III. 
16. Por que Berto non atopa inicialmente a Carlota? 
17. Carlota, unha vez máis, actúa como unha gran amiga. Por que? 
18. Que soño comparten Berto e Carlota? Conseguen realizalo? 
 Que che pareceu a historia? 
 Cal é a escena que che gustou máis? 
 Cal é o personaxe máis simpático? E o máis antipático ou malvado? 
 Que che pareceu máis interesante? 
 Que cambiarías da historia? 
 Como interpretas o desenlace? Que queres que sucederá no futuro? Relaciónao co título. 
 Debate sobre algún tema da historia (a amizade, a importancia da liberdade, necesidade de esforzarse para conseguir os soños...) 
4. COMPRENSIÓN LECTORA LLECTORALECTORA 
5. OPINIÓN LLECTORALECTORA
LECTURA SILENCIOSA 
Le en silencio o texto para achegarte á historia e aos personaxes. 
Consulta as palabras das que non coñezas o significado. 
LECTURA EN VOZ ALTA 
Ler coa entoación e a expresividade adecuadas ao contido do texto é fundamental para comprender adecuadamente o texto e para que os que escoiten interpreten correctamente a mensaxe. 
Lede colectivamente algunha escena, repartindo os personaxes. Alguén debe ocuparse tamén de ler as anotacións para visualizar mentalmente as accións que os personaxes realizan. 
Poden gravarse podcast para rexistrar as intervencións e valoralas posteriormente. 
LECTURA DRAMATIZADA 
Escollede unha escena e realizade unha lectura dramatizada. Traballádea en grupo, léndoa en voz alta, fixándovos na xestualización e entoación que corresponden. 
A palabra será a ferramenta fundamental, por iso debedes traballar ben a voz e proxectala para que soe co ton adecuado a cada situación (agarimoso, potente, ameazante...) 
Caracterizádevos con vestiario e maquillaxe. 
Unha vez ensaiada, presentádea ao resto do grupo. 
REPRESENTACIÓN TEATRAL 
Que mellor remate de lectura que a representación da obra sobre o escenario? Trátase dun labor complexo, que require un bo reparto de tarefas pois hai traballo para todos. 
1. Caracterización dos personaxes 
Fixádevos ben nas anotacións e escribide como debe ser o vestiario e a maquillaxe, anotando entre parénteses as palabras do texto que así o indican. Poden engadirse outros elementos que contribúan a caracterizar o personaxe. 
Pode cubrirse unha ficha para cada personaxe con todas as indicacións que serán seguidas polo equipo encargado da maquillaxe, peiteado, etc. 
Vestiario Maquillaxe 
Carlota 
Roupa vella (Leva un vestido esfarrapado. Fáltalle un zapato) 
(Cabelo alborotado) 
6. ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL
2. Escenografía 
Fai referencia a todos os elementos visuais que conforman a escenificación: decorados, atrezzo, iluminación. 
Escenario Atrezzo Iluminación 
Acto I 
Escena 1 
Interior 
Cuarto dos xoguetes 
Unha ventá no lateral 
Baúl, caixas, xoguetes (coche, chapeu, pelota), chifre xigantesco, pesas 
penumbra 
Escena 2 
Proxección na pantalla do voo de papaventos 
3. Música 
Identificación dos elementos sonoros das distintas escenas: música, cancións, bailes. Elección dos elementos sonoros adecuados en cada caso. 
Música Canción Baile 
Acto I 
Escena 1 
Sinfonía dos xoguetes, de Mozart 
Canción de roda 
Escena 2 
Música leda 
Canción do papaventos 
4. Actores 
Logo do reparto de papeis dos actores e actrices que representarán os distintos personaxes, cómpre aprender o texto e ensaialo repetidas veces. Tamén hai que practicar as entradas e saídas de escena e interactuar cos outros actores e actrices. 
5. Director/a 
É a persoa que controla a montaxe da obra, supervisa, unifica todos os aspectos da produción. Guía os ensaios e está atento ao movemento dos actores, a calidade das súas voces, a iluminacións... e propón todas as modificacións ou melloras necesarias para obter o resultado desexado. 
Unha vez todo preparado, representade a obra no salón de actos do voso centro. 
TEATRO DE MONICREQUES 
Tamén podedes representar a obra –ou unha escena concreta- con monicreques. 
Precisaredes un teatriño, os monicreques (mellor se os facedes vós). Tamén podedes debuxar fondos en cartolinas para suxerir os distintos espazos. Ou pode ser un teatriño de sombras, con axuda dunha pantalla. 
Gravade en vídeo a vosa representación.
DEBUXOS, COLAXES 
Escollede o personaxe que máis vos gustou e representádeo coa técnica pictórica, o material e o formato que prefirades. Ou debuxade unha escena co fondo e os personaxes que nela interveñan. 
Expoñede os vosos debuxos na aula, nos corredores ou en calquera outro lugar do centro. Tamén podedes convertelo en imaxe dixital e realizar presentacións, álbums, etc. 
MARCAPÁXINAS 
Con cartolinas de colores, rotuladores e materiais diversos (botóns, fíos, teas, arames...) podedes crear fermosos marcapáxinas para indicar o punto de lectura. Por un lado, o título do libro e unha imaxe que represente ao protagonista. Pola parte posterior, unha frase ou texto da obra que recolla o sentido global da historia. 
CÓMIC 
Convertede unha escena en cómic. A obra ten un total de doce escenas. Repartídeas entre toda a clase e entre todos poderedes crear un novo libro. 
BROCHES E COLGANTES 
Con fíos e doas de colores, podedes crear colgantes, broches, pulseiras, chaveiros, ou outros elementos, deixándovos guiar pola imaxinación. 
Algúns exemplos. 
7. OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA 
Ver vídeo explicativo: 
http://www.youtube.com/ watch?v=82f9pr0c6ZI:
MONICREQUES 
Cartolinas, teas, feltro, goma eva, fíos, las, doas de colores... son os elementos que precisaredes para crear os personaxes desta historia. 
Poden ser monicreques de man, de dedo, de guante, de variña... Poden ser siluetas recortadas e pegadas a unha variña. 
PAPAVENTOS 
E por que non vos atrevedes a construír os vosos propios papaventos? Só precisaredes un par de finas variñas, unha bolsa de plástico ou un anaco de papel, fío, tesoiras, lazos e pegamento. 
Despois aproveitade un día de vento e botádeos a voar, deixando que axiten alegremente os seus lazos de cores. 
ver vídeo explicativo: 
http://www.youtube.com/watch?v= x4mAdeizZkw 
Vídeos:http://www.youtube.com/watch?v=van1cBzWT4E
CONTOS 
Transformamos o texto teatral nun conto que recolla os elementos argumentais principais desta obra. Unha vez finalizado, transcribídeo en varias páxinas e ilustrádeas con debuxos ou outras creación plásticas (colaxes, recortables, etc.) e xa tedes o voso propio conto ilustrado. 
Inventade un conto protagonizado por un dos personaxes secundarios desta historia: un cataventos amarrado a un tellado, unha aguia que coida do seu niño, unha nube viaxeira... Imaxinade o que senten. 
DIÁLOGOS TEATRAIS 
Engadide un novo personaxe e creade unha nova escena para o Acto II. Pensade cal vai ser a súa relación con Berto (amizade, protección, rivalidade, enfrontamento...). 
Lembrade que o diálogo dos personaxes acompañarase das anotacións correspondentes a accións, tons de voz, etc. 
Podedes converter as vosas creación literaria nun texto dixital (issu, calameo, lim, etc) e subilo ao blog ou facebook do centro. 
Algunhas escenas levan un acompañamento musical. 
-Escoitade as composicións musicais indicadas. 
-Escollede outras adecuadas ao contido do texto. 
Creade un ritmo musical para as cancións e arrolos e interpretádeas acompañándovos dalgún instrumento musical. 
Representade a escena final, escollendo unha música que se adapte ao ton alegre e emotivo do desenlace. 
9. OBRADOIRO MUSICAL 
8. OBRADOIRO DE ESCRITURA
ENCADEADO 
Localiza neste encadeado as palabras que corresponden ás definicións. Para axudarte, hai xa algunhas letras colocadas. 
1. Suave coma o algodón, pode converterse nun leito agarimoso para botar unha soneca. 
2. O protagonista desta historia. 
3. Empoleirado no cume do tellado, procura estar ben informado de canto pasa polo mundo. 
4. Prepotente e malvada, non quere que ninguén máis transite polo ceo. 
5. Funga, bufa ou brúa, segundo lle pete. 
6. Este Lourenzo é un tipo agarimoso que dá calor e lentura. 
7. A amiga e confidente que todos quixeramos ter. 
8. Ilumina o ceo nocturno. 
9. A este pallaso gústalle facer trasnadas, como zurrichar auga aos compañeiros. 
Acompañan ao personaxe do número 8. 
N 
T T 
G 
T 
C T 
U 
S A 
N 
CANCIÓN 
Completa a canción de Berto: 
Son libre coma o v........... 
e podo ao fin v..........., 
............... as miñas fitas 
o ancho ........... sucar. 
V............... outras ......................., 
por todo o m..................... irei, 
................................................, 
voarei, 
v.................... 
10. PASATEMPOS
OBXECTIVOS XERAIS 
Disfrutar coa lectura dunha obra teatral. 
Desenvolver a expresión oral. 
Comprender o texto. 
Enriquecer o vocabulario. 
Crear textos literarios . 
Crear producións plásticas e musicais. 
Reflexionar sobre a importancia da amizade, a liberdade, o esforzo para acadar os soños... 
COMPETENCIAS BÁSICAS 
Competencia en comunicación lingüística 
Utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita. Expresar emocións, vivencias e opinións. 
Formarse un xuízo crítico. 
Gozar escoitando, lendo e expresándose de forma oral e escrita. 
Competencia cultural e artística 
Coñecer, apreciar e valorar criticamente textos literarios 
Apreciar o feito cultural en xeral. 
Practicar recursos de expresión artística. 
Cultivar a capacidade estética e creadora. 
Autonomía e iniciativa persoal 
Adquirir valores e actitudes de responsabilidade, e autocrítica. 
Desenvolver a capacidade de elixir con criterio propio, propoñer proxectos e levalos adiante. 
Participar en proxectos colectivos e responsabilizarse para levalos adiante. 
Competencia social e cidadá 
Comunicarse en distintos contextos. 
Expresar as propias ideas e escoitar as alleas. 
Tomar decisións. 
Competencia dixital 
Coñecer e usar diferentes ferramentas tecnolóxicas. 
Coñecer distintos soportes comunicativos: oral, impreso, audiovisual, dixital e multimedia. 
Competencia para aprender a aprender 
Adquirir conciencia das propias capacidades e das estratexias necesarias para desenvolvelas. 
11. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS
ÁREA: LINGUA GALEGA E LITERATURA OBXECTIVOS CONTIDOS PROCEDEMENTOS 
 Gozar coa lectura da obra 
 A literatura, fonte de diversión 
 Lectura expresiva. 
 Representación da obra ou dalgunhas escenas. 
 Comprender o texto 
 O argumento ou tema principal 
 A estrutura da obra 
 Temas e valores 
 Identificación das ideas principais. 
 Identificación das partes. 
 Recoñecemento e análise dos temas e valores do texto. 
 Coñecer o texto dramático 
 Elementos do texto dramático 
 Recoñecemento das partes do texto teatral (actos, escenas) 
 Diferenciación de diálogos e anotacións. 
ÁREA: EDUCACIÓN ARTÍSTICA OBXECTIVOS CONTIDOS PROCEDEMENTOS 
 Desenvolver a capacidade de creación artística 
 Debuxo. 
 Cómic. 
 Marcapáxinas 
 Monicreques. 
 Papaventos. 
 Creación de obras plásticas. 
 Coñecer os elementos precisos para unha representación teatral. 
 Escenografía. 
 Creación de decorados, vestiario e maquillaxe para a posta en escena da obra. 
TEMAS TRANSVERSAIS OBXECTIVOS CONTIDOS PROCEDEMENTOS 
 Valorar o comportamento dos personaxes. 
 Recoñecer actitudes positivas e negativas nas relacións interpersoais. 
 A amizade. 
 A liberdade. 
 O valor do esforzo. 
 respecto polos demais. 
 amor pola natureza. 
 Comentario dos temas principais da obra. 
 Debates sobre os valores que transmite.
TEMAS: 
Acto I 
-PRESENTACIÓN- 
Escena 1 
Berto quere voar. Axuda dos amigos. 
Escena 2 
Partida. Ilusión. 
Acto II 
-VIAXE- 
Escena 1 
Encontro cun cataventos moi ben informado 
Escena 2 
A provocación e burla do vento. 
Escena 3 
Voo en compañía do vento. 
Escena 4 
Encontro coa andoriña viaxeira. 
Escena 5 
O baño no mar. 
Escena 6 
O sol agarimador 
Escena 7 
Unha aguia airada e violenta 
Escena 8 
Un sono reparador arrolado por unha nube maternal 
Escena 9 
Viaxe de volta 
Acto II 
-DESENLACE- 
Escena 1 
Regreso. Reencontro cos amigos. 
Escena 2 
Partida 
ANOTACIÓNS DA ESCENA 1 DO ACTO I. Significado: 
-Anotación inicial: caracterización do escenario (iluminación, atrezzo), personaxes en escena, elementos musicais, 
-Movemento e xestualización dos personaxes: Carlota sae do baúl e enreda con Celeste. Celeste dá un chimpo. Os personaxes xogan. Tristán aperta unha flor. Fai flexións. Ponse en pé e comezar a bracear, imitando o voo dos paxaros. Achéganse todos. Baten palmas. Os catro corren. Danse unha aperta. Sinalando coa man. Etc. 
-Ton de voz, estado de ánimo, actitude: Contento e animoso. Cariñosa. Decepcionado. Comprensiva, Con tristeza.Entusiasmado. Burlándose. etc. 
-A dirección da conversa: Ao papaventos. A Berto. A Carlota. Ao público. 
-Elementos sonoros: aumenta a intensidade da música. Finaliza a música. 
ESPAZO 
Escenario/s Descrición 
Acto I 
Interior. 
Cuarto dos xoguetes de Antía. Hai unha morea de caixas, un baúl e unha ventá que dá á rúa. 
Acto II 
Exterior 
Espazo celeste. Escenario aéreo no que se van incorporando personaxes: un tellado, nube, sol, estrelas, lúa.. 
Acto III 
Exterior 
Unha rúa diante da casa de Antía. Hai un contedor de lixo e ao fondo a fachada da casa. 
TEMAS E VALORES 
O traxe esfarrapado representa os perigos e dificultades vividas durante o voo. 
Aínda que os seus fíos estean rotos, Berto está satisfeito. “A miña pel está vella e estragada, pero o meu corazón está contento” 
Carlota dille que o seu corpo está esfarrapado, a pel esburacada e case non lle quedan lazos na cola. Berto di que mereceu a pena porque a súa pel está vella e estragada pero o seu corazón está contento. 
Carlota é a amiga perfecta: agarimosa, escoita con interese as confidencias e está sempre disposta a satisfacer os desexos dos amigos. 
Os cumes máis altos. Lagos e ríos. O mar. Carballeiras. Outeiros. Solpores. Prados. Bosques... 
O soño de ambos é viaxar e ver mundo. 
CANCIÓNS E RECITADOS 
As cancións do remate do Acto I e do Acto III expresan o voo feliz do papaventos, que voa en liberdade. Na canción primeira, Berto voa en soidade. Na última voa acompañado de Carlota, por iso os verbos están en plural. 
12. SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS
PERSONAXES -Carlota: unha vella boneca esfarrapada cun corazón inmenso. 
-Celeste: un oso de peluche durmiñón 
-Tristán: un pallaso que gusta de gastar bromas para facer rir aos seus amigos. 
-Un cataventos empoleirado no cume dun tellado, desexoso de coñecer as novas que suceden polo mundo adiante. 
-O vento, burleiro, gusta de demostrar os seus poderes. 
-A andoriña, viaxeira incansable dun continente a outro. 
-O sol, agarimoso e protector. 
-A aguia, fachendosa e prepotente. 
-A nube, amorosa e suave. 
-A lúa e as estrelas, que enchen de luz o ceo nocturno. 
-Bolboreta, compañeira silenciosa de viaxe. 
COMPRENSIÓN LECTORA 
1. Papaventos está moi melancólico e triste porque desexa voar libremente. 
2. Berto soñou que Antía o levaba a voar, el conseguía escapar e comezaba unha longa viaxe 
3. Séntese frustrado porque todo foi un soño. 
4. “Nunca hai que renunciar aos soños” 
5. Emociónase e despideo cun poema recitado, desexándolle felices experiencias na viaxe. 
6. Coñecer mundo, ver outras paisaxes, facer novos amigos 
7. Estas escenas describen e resumen o percorrido de Berto. A través das imaxes proxectadas e das enumeracións, coñecemos os lugares que foi visitando e as experiencias vividas. 
8. primeiro personaxe é un cataventos, empoleirado no cume dun tellado. Enfádase porque considera que Berto é un preguntón. Visítano a cegoña e o vento. 
9. vento considérase moi importante porque sen el o mundo pararíase: os paxaros non poderían voar, os avións non se sosterían no aire, os papaventos non poderían desprazarse. 
10. Voa cunha bandada de andoriñas en dirección a África. Berto ve por primeira vez o mar e báñase nas ondas. 
11. sol actúa como un axente protector: seca o seu corpo mollado. 
12. A aguia móstrase airada porque o seu espazo vital está sendo invadido por obxectos voadores que perturban a súa tranquilidade. Búrlase do papaventos e arráncalle varios lazos da súa cola. 
13. Unha nube oculta a papaventos e consegue despistar a aguia. 
14. A nube, a lúa e as estrelas velan o sono de Berto, mentres a nube o arrola. Berto soña cos seus amigos e decide volver a visitalos. 
15. Carlota está tirada nun contedor do lixo. 
16. Escoita interesada as experiencias de Berto, compadécese do seu sufrimento, repara o seu traxe estragado. 
17. Os dous soñas con viaxar. Na última escena os dous saen collidos da man e inician unha longa viaxe xuntos. 
ENCADEADO: 
CANCIÓN: Son libre coma o vento / e podo ao fin voar, movendo as miñas fitas / o ancho ceo sucar. / Verei outras paisaxes / por todo o mundo irei / viaxarei sen pausa / voarei / voarei. 
N U B E 
E 
R C A T A V E N T O S 
G 
E 
O 
O U N 
L I T 
C A R L O T A 
U 
R 
A I 
S E S T R E L A S 
A 
N
VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

Más contenido relacionado

Similar a VELAÍ VAI O PAPAVENTOS - guía de lectura

O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Dossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosquesDossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosquesA_RR
 
Letras galegas2014 guiaprimaria
Letras galegas2014 guiaprimariaLetras galegas2014 guiaprimaria
Letras galegas2014 guiaprimariasatelite1
 
Guía lectura "O curioso incidente do can á media noite" (Club de lectura do I...
Guía lectura "O curioso incidente do can á media noite" (Club de lectura do I...Guía lectura "O curioso incidente do can á media noite" (Club de lectura do I...
Guía lectura "O curioso incidente do can á media noite" (Club de lectura do I...mercedesdans
 
Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth Encarna Lago
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Dossier "A noite xusto antes dos bosques"
Dossier "A noite xusto antes dos bosques"Dossier "A noite xusto antes dos bosques"
Dossier "A noite xusto antes dos bosques"A_RR
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaAsnosasletras
 
Fichas e Conto A QUE SABE A LÚA
Fichas e Conto A QUE SABE A LÚAFichas e Conto A QUE SABE A LÚA
Fichas e Conto A QUE SABE A LÚARaquelAbal
 
Ficha tarefa Canicópolis
Ficha tarefa CanicópolisFicha tarefa Canicópolis
Ficha tarefa CanicópolisPaulaReySilva
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013capranta
 

Similar a VELAÍ VAI O PAPAVENTOS - guía de lectura (20)

O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
 
Unha historia para contar
Unha historia para contarUnha historia para contar
Unha historia para contar
 
Dossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosquesDossier a noite xusto antes dos bosques
Dossier a noite xusto antes dos bosques
 
Letras galegas2014 guiaprimaria
Letras galegas2014 guiaprimariaLetras galegas2014 guiaprimaria
Letras galegas2014 guiaprimaria
 
Guía lectura "O curioso incidente do can á media noite" (Club de lectura do I...
Guía lectura "O curioso incidente do can á media noite" (Club de lectura do I...Guía lectura "O curioso incidente do can á media noite" (Club de lectura do I...
Guía lectura "O curioso incidente do can á media noite" (Club de lectura do I...
 
Proyecto ruth (2)
Proyecto ruth (2)Proyecto ruth (2)
Proyecto ruth (2)
 
Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Dossier "A noite xusto antes dos bosques"
Dossier "A noite xusto antes dos bosques"Dossier "A noite xusto antes dos bosques"
Dossier "A noite xusto antes dos bosques"
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Fichas e Conto A QUE SABE A LÚA
Fichas e Conto A QUE SABE A LÚAFichas e Conto A QUE SABE A LÚA
Fichas e Conto A QUE SABE A LÚA
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Ficha tarefa Canicópolis
Ficha tarefa CanicópolisFicha tarefa Canicópolis
Ficha tarefa Canicópolis
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Contos, xogos e intercultura
Contos, xogos e interculturaContos, xogos e intercultura
Contos, xogos e intercultura
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 

Más de Celia Díaz

Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Celia Díaz
 
Valentín paz andrade
Valentín paz andradeValentín paz andrade
Valentín paz andradeCelia Díaz
 
I concurso de comic
I concurso de comicI concurso de comic
I concurso de comicCelia Díaz
 
Desvíos léxicos
Desvíos léxicosDesvíos léxicos
Desvíos léxicosCelia Díaz
 
Variedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoVariedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoCelia Díaz
 
L E C T U R A A S I E T E P R E G U N T A S E N T O R N O A L A L E C ...
L E C T U R A A  S I E T E  P R E G U N T A S  E N  T O R N O  A  L A  L E C ...L E C T U R A A  S I E T E  P R E G U N T A S  E N  T O R N O  A  L A  L E C ...
L E C T U R A A S I E T E P R E G U N T A S E N T O R N O A L A L E C ...Celia Díaz
 
Lectura Siete Preguntas En Torno A La Lectura
Lectura Siete Preguntas En Torno A La LecturaLectura Siete Preguntas En Torno A La Lectura
Lectura Siete Preguntas En Torno A La LecturaCelia Díaz
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezCelia Díaz
 
A D I V I N H A S
A D I V I N H A SA D I V I N H A S
A D I V I N H A SCelia Díaz
 
Ourense Termal En Imaxes
Ourense Termal En ImaxesOurense Termal En Imaxes
Ourense Termal En ImaxesCelia Díaz
 
Ourense Termal En Imaxes
Ourense Termal En ImaxesOurense Termal En Imaxes
Ourense Termal En ImaxesCelia Díaz
 

Más de Celia Díaz (12)

Adivinas (2013)
Adivinas (2013)Adivinas (2013)
Adivinas (2013)
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
 
Valentín paz andrade
Valentín paz andradeValentín paz andrade
Valentín paz andrade
 
I concurso de comic
I concurso de comicI concurso de comic
I concurso de comic
 
Desvíos léxicos
Desvíos léxicosDesvíos léxicos
Desvíos léxicos
 
Variedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoVariedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galego
 
L E C T U R A A S I E T E P R E G U N T A S E N T O R N O A L A L E C ...
L E C T U R A A  S I E T E  P R E G U N T A S  E N  T O R N O  A  L A  L E C ...L E C T U R A A  S I E T E  P R E G U N T A S  E N  T O R N O  A  L A  L E C ...
L E C T U R A A S I E T E P R E G U N T A S E N T O R N O A L A L E C ...
 
Lectura Siete Preguntas En Torno A La Lectura
Lectura Siete Preguntas En Torno A La LecturaLectura Siete Preguntas En Torno A La Lectura
Lectura Siete Preguntas En Torno A La Lectura
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
A D I V I N H A S
A D I V I N H A SA D I V I N H A S
A D I V I N H A S
 
Ourense Termal En Imaxes
Ourense Termal En ImaxesOurense Termal En Imaxes
Ourense Termal En Imaxes
 
Ourense Termal En Imaxes
Ourense Termal En ImaxesOurense Termal En Imaxes
Ourense Termal En Imaxes
 

VELAÍ VAI O PAPAVENTOS - guía de lectura

  • 2. Tamén dispoñible en formato e-book en Amazon BOOK TRAILER de Celia Parra Díaz (en Youtube e Vimeo) PÁXINA DE FACEBOOK: velaivaiopapaventos Esta guia pode descargarse en versión dixital en ISSU e en CALAMEO
  • 3. 1. PRESENTACIÓN DA OBRA ............................................................................................ Ficha bibliográfica ............................................................................................................ A autora ................................................................................................................................. A ilustradora ....................................................................................................................... 2. ANTES DE LER ................................................................................................................... A portada .............................................................................................................................. O título ................................................................................................................................... Sinopse .................................................................................................................................. As ilustracións .................................................................................................................... 3. COÑECEMOS A OBRA ...................................................................................................... Obra teatral ......................................................................................................................... Personaxes .......................................................................................................................... Espazo .................................................................................................................................... Tempo .................................................................................................................................... Temas e valores ................................................................................................................. Cancións e recitados ........................................................................................................ 4. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA ....................................................... 5. OPINIÓN ............................................................................................................................... 6. ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL ....................................................................... Lectura silenciosa ............................................................................................................. Lectura en voz alta ........................................................................................................... Lectura dramatizada ....................................................................................................... Representación .................................................................................................................. Teatro de monicreques .................................................................................................. 7. OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA ................................................................... Debuxos ................................................................................................................................ Cómic ..................................................................................................................................... Marcapáxinas ..................................................................................................................... Broches e colgantes ......................................................................................................... Monicreques ....................................................................................................................... Papaventos .......................................................................................................................... 8. OBRADOIRO DE ESCRITURA ....................................................................................... Contos .................................................................................................................................... Diálogos teatrais ............................................................................................................... 9. OBRADOIRO MUSICAL ................................................................................................... 10. PASATEMPOS .................................................................................................................... 11. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS ...................................................................................... 12. SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS.......................................................... 2 2 2 2 3 3 3 3 3 4 4 5 5 5 6 6 7 7 8 8 8 8 8 9 10 10 10 10 10 11 11 12 12 12 12 13 14 16 ÍNDICE
  • 4. FICHA BIBLIOGRÁFICA Autora: Celia Díaz Núñez Ilustradora: Marina Seoane Pascual Autoedición Ano de publicación: 2014 Lugar de publicación: Ourense Número de edición : 1ª Número de páxinas: 63 Xénero: Teatro. Idade: A partir 10 anos. ISBN:978-84-616-8769-5 Distribúe: Consorcio Editorial Galego A AUTORA Celia Díaz naceu no Páramo en 1961. Licenciada en Filoloxía Galego- Portuguesa, Filoloxía Hispánica e Maxisterio, exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura. Foi tamén profesora de Didáctica da lingua galega na Universidade de Vigo e actualmente imparte clase no Máster de Intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos. Ten publicadas varias obras de literatura infantil e xuvenil: Adeliña (premio I Premio Pura e Dora Vázquez 2004), Rugando ((IX premio Pura e Dora Vázquez 2012). Tamén a obra teatral Cataventos e cía. Ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta (Premio Barriga Verde de Teatro de monicreques para nenos., 2004. Baía Edicións). É tamén autora de relatos, obras de ensaio e materiais didácticos. Páxina persoal http://celiadiaz.net Correo: celiadiazn@gmail.com celia.diaz.716 @CeliaDiazN A ILUSTRADORA Marina Seoane (Madrid, 1957) é licenciada en Escultura pola facultade de Belas Artes de Madrid. Comeza a súa traxectoria profesional como ilustradora en 1980, traballando para numerosas editoriais. Ten publicados máis de 85 títulos en conto e novela e numerosos libros de texto. Tamén escribiu e ilustrou varios contos propios que foron publicados por Anaya, Bruño, San Pablo e Edimáter. Outra faceta artística é a realización de esculturas, tapices e monicreques. Páxina persoal: www.marinaseoane.com Correo: marina.seoane.pascual@gmail.com Marina-Seoane-Pascual @Marina_seoane " 1. PRESENTACIÓN DA OBRA
  • 5. A PORTADA A cuberta ou portado dun libro proporciónanos moita información acerca da obra que imos ler.  Describe a ilustración da cuberta.  Anota a información que transmite acerca da historia.  Fíxate expresión do papaventos. Como che parece que será o seu carácter? E o seu estado de ánimo nese momento? O TÍTULO Tendo en conta o título e a imaxe da portada, cal cres que será tema da obra?  De que tipo cres que será a historia que se vai contar? Fantástica, de aventuras, misteriosa, arrepiante, simpática…? SINOPSE Na contraportada podemos ler o resumo argumental da historia: Berto é un papaventos que soña con voar libremente, percorrer mundo e vivir aventuras. Coa axuda dos seus amigos consegue fuxir e inicia unha viaxe na que coñecerá seres amables e agarimosos, pero tamén outros violentos e crueis que porán en perigo a súa vida. Experiencias felices e adversas, mais sempre enriquecedoras que lle axudarán a coñecerse mellor a si mesmo e a valorar a importancia da amizade. Ver booktrailer: “Velaívai o papaventos”, de Celia Parra, en vimeo e youtube. AS ILUSTRACIÓNS A beleza e plasticidade das ilustracións axudan a comprender a historia, enriquécena e compleméntana. Cal é a túa ilustración favorita? Que aspectos che resultan máis atractivos esteticamente? Identifica os personaxes representados. 2. ANTES DE LER
  • 6. OBRA TEATRAL Velaí vai o papaventos é unha obra de teatro e, polo tanto, foi escrita pensando na súa representación sobre un escenario ante uns espectadores. A obra divídese en 3 actos. Cada acto, á súa vez, divídese en escenas.  Completa o cadro co tema de cada escena: Acto I -PRESENTACIÓN- Escena 1 Berto quere voar Escena 2 Partida Acto II -VIAXE- Escena 1 Escena 2 Escena 3 Escena 4 Escena 5 Escena 6 Escena 7 Escena 8 Escena 9 Acto II -DESENLACE- Escena 1 Regreso Escena 2 Partida Nas obras de teatro, o diálogo é o soporte principal da acción. Mediante as súas palabras, coñecemos como son os personaxes, cales son os seus desexos e os seus problemas, cal é a súa relación cos outros personaxes. As anotacións ou didascalias son unha guía para a lectura e representación da obra. Consisten en indicacións dirixidas ao director teatral e aos actores e actrices que representen a obra. Informan acerca de: -O espazo e o decorado. -Os elementos escenográficos (pantalla, xogos de luces e sombras, etc) e de atrezzo necesarios para a posta en escena. -As entradas e saídas dos personaxes da escenario. -A xestualización e o ton de voz cos que os personaxes expresan sentimentos, emocións, etc.  Analizade as anotacións da escena 1 do acto I. 3. COÑECEMOS A OBRA
  • 7. PERSONAXES O protagonista principal desta obra de teatro é Berto, un papaventos que comparte o cuarto dos xoguetes de Antía cunha morea de compañeiros. Os seus mellores amigos son a boneca Carlota, o oso Celeste e o pallaso Tristán. Despois, irán aparecendo outros personaxes: Un cataventos, o vento, unha andoriña, o sol, unha aguia, unha nube, a lúa e as estrelas, unha bolboreta. Todos eles daranlle a Berto a oportunidade de vivir situacións emocionantes.  Completade esta ficha coas características de cada personaxe PERSONAXE: Trazos físicos Personalidade, carácter Desexos, temores, ilusións Relación co papaventos ESPAZO Na obra combínanse espazos interiores e exteriores, ben diferenciados en cada acto. No Acto II trátase dun espazo itinerante.  Completade a información deste cadro: Escenario/s Descrición Acto I Interior. Acto II Exterior Acto III Exterior TEMPO A historia transcorre nunha época indeterminada, que podería ser agora mesmo.  Canto tempo cres que puido pasar desde o comezo?  Pasado, presente e futuro combínanse. Completa este cadro: Pasado: As lembranzas de Berto. Que episodio anterior recorda? Cando sucedeu? Presente Acto I COMEZO DA VIAXE Que sucede? Acto II VIAXE Canto tempo cres que dura? Acto III RETORNO Canto tempo cres que transcorreu desde a fin do acto I? Futuro Remate da obra Que sucederá despois do “Fin”? Como interpretas o título?
  • 8. TEMAS E VALORES Voar papaventos é unha diversión que gusta por igual a nenos e a grandes. Nesta historia poñemos na pel de un e sabemos que é o que sente cando eleva o voo; coñecemos cales son os seus desexos e temores; vemos como aprende a ver o mundo coa ollada dos outros para comprendelos mellor e descubrir as súas ilusións, frustracións e esperanzas. Os temas principais desta historia son: A viaxe como fonte de aventuras, non sempre agradables, pero sempre enriquecedoras. Unha viaxe iniciática que lle fará vivir experiencias importantes e que lle axudarán a crecer e desenvolver a súa personalidade. O Berto que regresa non é xa o mesmo que partiu.  Que elementos simbólicos expresan a aprendizaxe? A liberdade Berto expresa o seu desexo de voar. Séntese atado e pechado entre as catro paredes do seu cuarto e arela fuxir para sentirse libre e independente.  Fíxate na canción que pecha o Acto I. A amizade A importancia dos amigos queda ben patente xa desde o acto I. Son eles os que lle axudan a Berto a cumprir o seu desexo máis intenso. E son tamén os amigos que vai atopando no camiño os que interveñen para que a súa viaxe sexa ventureira. Sen amigos, Berto non vería realizados os seus soños, nin tería con quen compartir a súa felicidade ou a súa dor.  Quen é o mellor amigo/a de Berto? Por que? A natureza O papaventos expresa moitas veces o abraio ante a fermosura da paisaxe que contempla desde o ceo, aprendendo tamén a respectala e protexela.  Fíxate na escena 1 do Acto III e identifica os lugares concretos visitados por Berto. Os soños Berto deixa claro a importancia dos soños: nunca hai que renunciar a eles, senón que hai que esforzarse por realizalos.  Cal é o soño principal de Berto? E o de Carlota? AS CANCIÓNS E RECITADOS As palabras dos personaxes van acompañadas en moitos momentos de cancións e recitados que lle dan ao texto dinamismo. A música e a danza poden acompañarse con variados instrumentos e converter a representación nun espectáculo musical.  Localiza no texto unha cantiga de roda. Con que música a interpretarías?  E os arrolos? O voo do papaventos acompáñase de cancións, unha no remate do acto I e outro na fin do acto III.  Que idea principal transmiten? Que diferenza hai entre ambas?
  • 9. ACTO I 1. Por que razón Berto non participa dos xogos dos compañeiros? 2. Que soñou Berto? 3. Por que está tan triste ao espertar? 4. Que consello lle dá Carlota ao seu amigo? 5. Como se sente Carlota ao ver a Berto erguer o voo? 6. Cales son os desexos e proxectos de Berto cando comeza a viaxe? 7. Que información transmiten as escenas que se proxectan na pantalla? ACTO II 8. Quen é o primeiro personaxe aéreo co que se atopa Berto? Onde está? Por que se enfada co papaventos? Que personaxes o visitan para transmitirlle noticias? 9. O vento é un personaxe moi fachendoso. Por que? 10. A onde se dirixe a andoriña? Con quen viaxa? Que experiencia comparte con Berto? 11. Que papel desempeña o sol en relación co papaventos? 12. O sol actúa como un axente protector. Por que? 13. A aguia é o personaxe máis malvado da obra. Que sentimento experimenta ao ver a Berto? Como actúa ante el? Que dano lle provoca? 14. Que personaxe salva a Berto do grave perigo no que se encontra? 15. Mentres Berto dorme, que personaxes velan o seu sono? Quen o arrola? Que soña Berto? ACTO III. 16. Por que Berto non atopa inicialmente a Carlota? 17. Carlota, unha vez máis, actúa como unha gran amiga. Por que? 18. Que soño comparten Berto e Carlota? Conseguen realizalo?  Que che pareceu a historia?  Cal é a escena que che gustou máis?  Cal é o personaxe máis simpático? E o máis antipático ou malvado?  Que che pareceu máis interesante?  Que cambiarías da historia?  Como interpretas o desenlace? Que queres que sucederá no futuro? Relaciónao co título.  Debate sobre algún tema da historia (a amizade, a importancia da liberdade, necesidade de esforzarse para conseguir os soños...) 4. COMPRENSIÓN LECTORA LLECTORALECTORA 5. OPINIÓN LLECTORALECTORA
  • 10. LECTURA SILENCIOSA Le en silencio o texto para achegarte á historia e aos personaxes. Consulta as palabras das que non coñezas o significado. LECTURA EN VOZ ALTA Ler coa entoación e a expresividade adecuadas ao contido do texto é fundamental para comprender adecuadamente o texto e para que os que escoiten interpreten correctamente a mensaxe. Lede colectivamente algunha escena, repartindo os personaxes. Alguén debe ocuparse tamén de ler as anotacións para visualizar mentalmente as accións que os personaxes realizan. Poden gravarse podcast para rexistrar as intervencións e valoralas posteriormente. LECTURA DRAMATIZADA Escollede unha escena e realizade unha lectura dramatizada. Traballádea en grupo, léndoa en voz alta, fixándovos na xestualización e entoación que corresponden. A palabra será a ferramenta fundamental, por iso debedes traballar ben a voz e proxectala para que soe co ton adecuado a cada situación (agarimoso, potente, ameazante...) Caracterizádevos con vestiario e maquillaxe. Unha vez ensaiada, presentádea ao resto do grupo. REPRESENTACIÓN TEATRAL Que mellor remate de lectura que a representación da obra sobre o escenario? Trátase dun labor complexo, que require un bo reparto de tarefas pois hai traballo para todos. 1. Caracterización dos personaxes Fixádevos ben nas anotacións e escribide como debe ser o vestiario e a maquillaxe, anotando entre parénteses as palabras do texto que así o indican. Poden engadirse outros elementos que contribúan a caracterizar o personaxe. Pode cubrirse unha ficha para cada personaxe con todas as indicacións que serán seguidas polo equipo encargado da maquillaxe, peiteado, etc. Vestiario Maquillaxe Carlota Roupa vella (Leva un vestido esfarrapado. Fáltalle un zapato) (Cabelo alborotado) 6. ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL
  • 11. 2. Escenografía Fai referencia a todos os elementos visuais que conforman a escenificación: decorados, atrezzo, iluminación. Escenario Atrezzo Iluminación Acto I Escena 1 Interior Cuarto dos xoguetes Unha ventá no lateral Baúl, caixas, xoguetes (coche, chapeu, pelota), chifre xigantesco, pesas penumbra Escena 2 Proxección na pantalla do voo de papaventos 3. Música Identificación dos elementos sonoros das distintas escenas: música, cancións, bailes. Elección dos elementos sonoros adecuados en cada caso. Música Canción Baile Acto I Escena 1 Sinfonía dos xoguetes, de Mozart Canción de roda Escena 2 Música leda Canción do papaventos 4. Actores Logo do reparto de papeis dos actores e actrices que representarán os distintos personaxes, cómpre aprender o texto e ensaialo repetidas veces. Tamén hai que practicar as entradas e saídas de escena e interactuar cos outros actores e actrices. 5. Director/a É a persoa que controla a montaxe da obra, supervisa, unifica todos os aspectos da produción. Guía os ensaios e está atento ao movemento dos actores, a calidade das súas voces, a iluminacións... e propón todas as modificacións ou melloras necesarias para obter o resultado desexado. Unha vez todo preparado, representade a obra no salón de actos do voso centro. TEATRO DE MONICREQUES Tamén podedes representar a obra –ou unha escena concreta- con monicreques. Precisaredes un teatriño, os monicreques (mellor se os facedes vós). Tamén podedes debuxar fondos en cartolinas para suxerir os distintos espazos. Ou pode ser un teatriño de sombras, con axuda dunha pantalla. Gravade en vídeo a vosa representación.
  • 12. DEBUXOS, COLAXES Escollede o personaxe que máis vos gustou e representádeo coa técnica pictórica, o material e o formato que prefirades. Ou debuxade unha escena co fondo e os personaxes que nela interveñan. Expoñede os vosos debuxos na aula, nos corredores ou en calquera outro lugar do centro. Tamén podedes convertelo en imaxe dixital e realizar presentacións, álbums, etc. MARCAPÁXINAS Con cartolinas de colores, rotuladores e materiais diversos (botóns, fíos, teas, arames...) podedes crear fermosos marcapáxinas para indicar o punto de lectura. Por un lado, o título do libro e unha imaxe que represente ao protagonista. Pola parte posterior, unha frase ou texto da obra que recolla o sentido global da historia. CÓMIC Convertede unha escena en cómic. A obra ten un total de doce escenas. Repartídeas entre toda a clase e entre todos poderedes crear un novo libro. BROCHES E COLGANTES Con fíos e doas de colores, podedes crear colgantes, broches, pulseiras, chaveiros, ou outros elementos, deixándovos guiar pola imaxinación. Algúns exemplos. 7. OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA Ver vídeo explicativo: http://www.youtube.com/ watch?v=82f9pr0c6ZI:
  • 13. MONICREQUES Cartolinas, teas, feltro, goma eva, fíos, las, doas de colores... son os elementos que precisaredes para crear os personaxes desta historia. Poden ser monicreques de man, de dedo, de guante, de variña... Poden ser siluetas recortadas e pegadas a unha variña. PAPAVENTOS E por que non vos atrevedes a construír os vosos propios papaventos? Só precisaredes un par de finas variñas, unha bolsa de plástico ou un anaco de papel, fío, tesoiras, lazos e pegamento. Despois aproveitade un día de vento e botádeos a voar, deixando que axiten alegremente os seus lazos de cores. ver vídeo explicativo: http://www.youtube.com/watch?v= x4mAdeizZkw Vídeos:http://www.youtube.com/watch?v=van1cBzWT4E
  • 14. CONTOS Transformamos o texto teatral nun conto que recolla os elementos argumentais principais desta obra. Unha vez finalizado, transcribídeo en varias páxinas e ilustrádeas con debuxos ou outras creación plásticas (colaxes, recortables, etc.) e xa tedes o voso propio conto ilustrado. Inventade un conto protagonizado por un dos personaxes secundarios desta historia: un cataventos amarrado a un tellado, unha aguia que coida do seu niño, unha nube viaxeira... Imaxinade o que senten. DIÁLOGOS TEATRAIS Engadide un novo personaxe e creade unha nova escena para o Acto II. Pensade cal vai ser a súa relación con Berto (amizade, protección, rivalidade, enfrontamento...). Lembrade que o diálogo dos personaxes acompañarase das anotacións correspondentes a accións, tons de voz, etc. Podedes converter as vosas creación literaria nun texto dixital (issu, calameo, lim, etc) e subilo ao blog ou facebook do centro. Algunhas escenas levan un acompañamento musical. -Escoitade as composicións musicais indicadas. -Escollede outras adecuadas ao contido do texto. Creade un ritmo musical para as cancións e arrolos e interpretádeas acompañándovos dalgún instrumento musical. Representade a escena final, escollendo unha música que se adapte ao ton alegre e emotivo do desenlace. 9. OBRADOIRO MUSICAL 8. OBRADOIRO DE ESCRITURA
  • 15. ENCADEADO Localiza neste encadeado as palabras que corresponden ás definicións. Para axudarte, hai xa algunhas letras colocadas. 1. Suave coma o algodón, pode converterse nun leito agarimoso para botar unha soneca. 2. O protagonista desta historia. 3. Empoleirado no cume do tellado, procura estar ben informado de canto pasa polo mundo. 4. Prepotente e malvada, non quere que ninguén máis transite polo ceo. 5. Funga, bufa ou brúa, segundo lle pete. 6. Este Lourenzo é un tipo agarimoso que dá calor e lentura. 7. A amiga e confidente que todos quixeramos ter. 8. Ilumina o ceo nocturno. 9. A este pallaso gústalle facer trasnadas, como zurrichar auga aos compañeiros. Acompañan ao personaxe do número 8. N T T G T C T U S A N CANCIÓN Completa a canción de Berto: Son libre coma o v........... e podo ao fin v..........., ............... as miñas fitas o ancho ........... sucar. V............... outras ......................., por todo o m..................... irei, ................................................, voarei, v.................... 10. PASATEMPOS
  • 16. OBXECTIVOS XERAIS Disfrutar coa lectura dunha obra teatral. Desenvolver a expresión oral. Comprender o texto. Enriquecer o vocabulario. Crear textos literarios . Crear producións plásticas e musicais. Reflexionar sobre a importancia da amizade, a liberdade, o esforzo para acadar os soños... COMPETENCIAS BÁSICAS Competencia en comunicación lingüística Utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita. Expresar emocións, vivencias e opinións. Formarse un xuízo crítico. Gozar escoitando, lendo e expresándose de forma oral e escrita. Competencia cultural e artística Coñecer, apreciar e valorar criticamente textos literarios Apreciar o feito cultural en xeral. Practicar recursos de expresión artística. Cultivar a capacidade estética e creadora. Autonomía e iniciativa persoal Adquirir valores e actitudes de responsabilidade, e autocrítica. Desenvolver a capacidade de elixir con criterio propio, propoñer proxectos e levalos adiante. Participar en proxectos colectivos e responsabilizarse para levalos adiante. Competencia social e cidadá Comunicarse en distintos contextos. Expresar as propias ideas e escoitar as alleas. Tomar decisións. Competencia dixital Coñecer e usar diferentes ferramentas tecnolóxicas. Coñecer distintos soportes comunicativos: oral, impreso, audiovisual, dixital e multimedia. Competencia para aprender a aprender Adquirir conciencia das propias capacidades e das estratexias necesarias para desenvolvelas. 11. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS
  • 17. ÁREA: LINGUA GALEGA E LITERATURA OBXECTIVOS CONTIDOS PROCEDEMENTOS  Gozar coa lectura da obra  A literatura, fonte de diversión  Lectura expresiva.  Representación da obra ou dalgunhas escenas.  Comprender o texto  O argumento ou tema principal  A estrutura da obra  Temas e valores  Identificación das ideas principais.  Identificación das partes.  Recoñecemento e análise dos temas e valores do texto.  Coñecer o texto dramático  Elementos do texto dramático  Recoñecemento das partes do texto teatral (actos, escenas)  Diferenciación de diálogos e anotacións. ÁREA: EDUCACIÓN ARTÍSTICA OBXECTIVOS CONTIDOS PROCEDEMENTOS  Desenvolver a capacidade de creación artística  Debuxo.  Cómic.  Marcapáxinas  Monicreques.  Papaventos.  Creación de obras plásticas.  Coñecer os elementos precisos para unha representación teatral.  Escenografía.  Creación de decorados, vestiario e maquillaxe para a posta en escena da obra. TEMAS TRANSVERSAIS OBXECTIVOS CONTIDOS PROCEDEMENTOS  Valorar o comportamento dos personaxes.  Recoñecer actitudes positivas e negativas nas relacións interpersoais.  A amizade.  A liberdade.  O valor do esforzo.  respecto polos demais.  amor pola natureza.  Comentario dos temas principais da obra.  Debates sobre os valores que transmite.
  • 18. TEMAS: Acto I -PRESENTACIÓN- Escena 1 Berto quere voar. Axuda dos amigos. Escena 2 Partida. Ilusión. Acto II -VIAXE- Escena 1 Encontro cun cataventos moi ben informado Escena 2 A provocación e burla do vento. Escena 3 Voo en compañía do vento. Escena 4 Encontro coa andoriña viaxeira. Escena 5 O baño no mar. Escena 6 O sol agarimador Escena 7 Unha aguia airada e violenta Escena 8 Un sono reparador arrolado por unha nube maternal Escena 9 Viaxe de volta Acto II -DESENLACE- Escena 1 Regreso. Reencontro cos amigos. Escena 2 Partida ANOTACIÓNS DA ESCENA 1 DO ACTO I. Significado: -Anotación inicial: caracterización do escenario (iluminación, atrezzo), personaxes en escena, elementos musicais, -Movemento e xestualización dos personaxes: Carlota sae do baúl e enreda con Celeste. Celeste dá un chimpo. Os personaxes xogan. Tristán aperta unha flor. Fai flexións. Ponse en pé e comezar a bracear, imitando o voo dos paxaros. Achéganse todos. Baten palmas. Os catro corren. Danse unha aperta. Sinalando coa man. Etc. -Ton de voz, estado de ánimo, actitude: Contento e animoso. Cariñosa. Decepcionado. Comprensiva, Con tristeza.Entusiasmado. Burlándose. etc. -A dirección da conversa: Ao papaventos. A Berto. A Carlota. Ao público. -Elementos sonoros: aumenta a intensidade da música. Finaliza a música. ESPAZO Escenario/s Descrición Acto I Interior. Cuarto dos xoguetes de Antía. Hai unha morea de caixas, un baúl e unha ventá que dá á rúa. Acto II Exterior Espazo celeste. Escenario aéreo no que se van incorporando personaxes: un tellado, nube, sol, estrelas, lúa.. Acto III Exterior Unha rúa diante da casa de Antía. Hai un contedor de lixo e ao fondo a fachada da casa. TEMAS E VALORES O traxe esfarrapado representa os perigos e dificultades vividas durante o voo. Aínda que os seus fíos estean rotos, Berto está satisfeito. “A miña pel está vella e estragada, pero o meu corazón está contento” Carlota dille que o seu corpo está esfarrapado, a pel esburacada e case non lle quedan lazos na cola. Berto di que mereceu a pena porque a súa pel está vella e estragada pero o seu corazón está contento. Carlota é a amiga perfecta: agarimosa, escoita con interese as confidencias e está sempre disposta a satisfacer os desexos dos amigos. Os cumes máis altos. Lagos e ríos. O mar. Carballeiras. Outeiros. Solpores. Prados. Bosques... O soño de ambos é viaxar e ver mundo. CANCIÓNS E RECITADOS As cancións do remate do Acto I e do Acto III expresan o voo feliz do papaventos, que voa en liberdade. Na canción primeira, Berto voa en soidade. Na última voa acompañado de Carlota, por iso os verbos están en plural. 12. SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS
  • 19. PERSONAXES -Carlota: unha vella boneca esfarrapada cun corazón inmenso. -Celeste: un oso de peluche durmiñón -Tristán: un pallaso que gusta de gastar bromas para facer rir aos seus amigos. -Un cataventos empoleirado no cume dun tellado, desexoso de coñecer as novas que suceden polo mundo adiante. -O vento, burleiro, gusta de demostrar os seus poderes. -A andoriña, viaxeira incansable dun continente a outro. -O sol, agarimoso e protector. -A aguia, fachendosa e prepotente. -A nube, amorosa e suave. -A lúa e as estrelas, que enchen de luz o ceo nocturno. -Bolboreta, compañeira silenciosa de viaxe. COMPRENSIÓN LECTORA 1. Papaventos está moi melancólico e triste porque desexa voar libremente. 2. Berto soñou que Antía o levaba a voar, el conseguía escapar e comezaba unha longa viaxe 3. Séntese frustrado porque todo foi un soño. 4. “Nunca hai que renunciar aos soños” 5. Emociónase e despideo cun poema recitado, desexándolle felices experiencias na viaxe. 6. Coñecer mundo, ver outras paisaxes, facer novos amigos 7. Estas escenas describen e resumen o percorrido de Berto. A través das imaxes proxectadas e das enumeracións, coñecemos os lugares que foi visitando e as experiencias vividas. 8. primeiro personaxe é un cataventos, empoleirado no cume dun tellado. Enfádase porque considera que Berto é un preguntón. Visítano a cegoña e o vento. 9. vento considérase moi importante porque sen el o mundo pararíase: os paxaros non poderían voar, os avións non se sosterían no aire, os papaventos non poderían desprazarse. 10. Voa cunha bandada de andoriñas en dirección a África. Berto ve por primeira vez o mar e báñase nas ondas. 11. sol actúa como un axente protector: seca o seu corpo mollado. 12. A aguia móstrase airada porque o seu espazo vital está sendo invadido por obxectos voadores que perturban a súa tranquilidade. Búrlase do papaventos e arráncalle varios lazos da súa cola. 13. Unha nube oculta a papaventos e consegue despistar a aguia. 14. A nube, a lúa e as estrelas velan o sono de Berto, mentres a nube o arrola. Berto soña cos seus amigos e decide volver a visitalos. 15. Carlota está tirada nun contedor do lixo. 16. Escoita interesada as experiencias de Berto, compadécese do seu sufrimento, repara o seu traxe estragado. 17. Os dous soñas con viaxar. Na última escena os dous saen collidos da man e inician unha longa viaxe xuntos. ENCADEADO: CANCIÓN: Son libre coma o vento / e podo ao fin voar, movendo as miñas fitas / o ancho ceo sucar. / Verei outras paisaxes / por todo o mundo irei / viaxarei sen pausa / voarei / voarei. N U B E E R C A T A V E N T O S G E O O U N L I T C A R L O T A U R A I S E S T R E L A S A N