2. INTRODUCIÓN
Francisco de Goya naceu no ano 1746, en Zaragoza, fillo
dun dorador de orixe vasca, e dunha labrega fidalga.
Estudou o oficio de pintor nun taller onde estivo catro
anos copiando estampas. Máis tarde no ano 1763
transládase a Madrid e sete anos máis despois viaxa por
Italia. No 1773 cásase coa irmá do seu mestre. En 1789
nomeano pintor de cámara de Carlos IV e tempo despois
queda sordo por causa dunha enfermidade. En 1828
morre en Burdeos a causa dun ataque de apoplejía.
3. A SUA OBRA
Francisco de Goya non só foi considerado o máis
notable pintor da súa época e o artista que mellor soubo
explorar todas as posibilidades abertas pola evolución
estilística do século, senón que, sobre todo, é quizais o
creador que con maior precisión deu testemuño, a través
dos seus pinceles, dos sentimentos que van desde o
espírito optimista do reformismo ilustrado ata o desengano
xerado polo fracaso das esperanzas postas no progreso
pacífico da humanidade.
4. Os seus primeiros traballos importantes son os que levou
a cabo a partir de 1775 para a Real Fábrica de Tapices de
Santa Bárbara en Madrid. Nestes cartóns, Goya revelou os
seus dotes para desenvolver unha pintura costumista e
popular chea de graza e frescura, moi dentro dunha
estética próxima ao rococó na que se vehicula a vida
apracible e esperanzada dun momento marcado polos
benéficos efectos da boa conxuntura económica e pola
ilusión que espertan os avances do movemento reformista.
Nas súas obras destaca o reflexo dun mundo onde
predomina o xogo e a vida alegre e desenvolta.
6. Pintado en 1779, é xa
unha obra mestra pintada
cunha riqueza e
refinamiento que
superan, a simple
intención decorativa a
que se destinaba.
O Cacharreiro
7. O quitasol (1777) é un
cadro de Francisco de
Goya conservado no
Museo do Prado e que
forma parte da serie de
cartóns para a Real
Fábrica de Tapices de
Santa Bárbara; en
concreto, para a serie
destinada á decoración
do comedor do infante
Carlos, entón Príncipe
de Asturias.
O Quitasol
8. A randeeira é o título
dun cartón para tapiz
deseñado por Francisco
de Goya para o
dormitorio dos Príncipes
de Asturias no Palacio
do Pardo. Custódiase
no Museo do Prado.
A randeeira
9. Goya mantivo as súas cores claras dentro do gusto rococó, converténdose
no retratista preferido de aristócratas, políticos e intelectuais. Deste xeito, a
súa fama, que se acrecentará coa realización das alegres escenas de romaría
que decoran a madrileña ermida de San Antonio da Florida, procuroulle o seu
nomeamento como primeiro pintor de cámara e a posibilidade de levar a cabo
unha obra mestra do retrato áulico como A familia de Carlos IV.
A pintura presenta sombras grises
e transparentes (postas de relevo
grazas á restauración que se
efectuou do lenzo) que matizan os
ricos vestidos, as sedas, as xoias e
os brocados centelleantes da
familia real (as damas levan as
bandas da Orde de María Luisa e
os varóns a de Carlos III). Así
mesmo, coa restauración o lenzo
recuperou a profundidade e
transparencia orixinal.
A Familia de Carlos IV
10. Pintouse cara o ano 1797-1798, e
en realidade nada se sabe achega
delas ata que aparecen en 1808
na colección de Godoy,
cualificadas de "xitanas". Desde
1808 estiveron na Real Academia
de Belas Artes de San Fernando,
cos bens incautados a Godoy, e en
1901 pasaron ao Museo do Prado.
De calquera modo, A maja espida é
un delicadísimo e acabado estudo
de tons nacarados, perfecto como
pintura neoclásica, torneado e puído
o espido como unha porcelana.
Quizá sexa, precisamente pola súa
perfección e polo seu peso de
Academia. Ambas obras estiveron
xuntas na Academia desde 1808,
cos bens incautados a Godoy, e en
1901 pasaron ao Museo do Prado.
11. O lenzo Os fusilamientos do 3 de maio na montaña do Príncipe Pío de
Madrid é un dos máis altos logros da pintura española e, probablemente, un
dos fitos tamén da pintura universal. Sen dúbida, ademais das súas
excelencias artísticas, pode ser considerado un dos cadros de temática
histórica máis dramáticos de toda a historia da arte.
12. Morte de Goya e destino dos seus restos.
O seu estado de saúde era moi delicado, non só polo proceso
tumoral que lle diagnosticaran, senón por mor dunha recente
caída polas escaleiras Tras un empeoramento a comezos do
mes, Goya morre ás dúas da madrugada do 16 de abril de 1828,
acompañado por Antonio de Brugada e José Pío de Molina.
Ao día seguinte entérrase no cemiterio bordelés da Chartreuse, no
mausoleo propiedade da familia Muguiro de Iribarren, xunto ao
seu amigo e consogro Martín Miguel de Goicoechea, falecido tres
anos atrás. En 1888 faise unha primeira exhumación que por
desidia española non conclúe en traslado. En 1899 por fin se
exhuman de novo e chegan finalmente a Madrid os restos dos
dous, Goya e Goicoechea. Depositados provisionalmente na cripta
da Colegiata de San Isidro, pasan en 1900 a unha tumba colectiva
de «homes ilustres» na Sacramental de San Isidro e finalmente,
en 1919, á ermida de San Antonio da Florida, ao pé da cúpula que
o aragonés pintase un século atrás, onde permanecen.