SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 33
Descargar para leer sin conexión
PROGRAMACIÓN DE LATÍN II

   2º DE BACHARELATO

 DEPARTAMENTO DE CULTURA

           CLÁSICA



    I.E.S. DA TERRA CHÁ

      CASTRO DE REI

             LUGO

      CURSO 2010-2011

       © Lorenzo Fraga Montero
ÍNDICE



1. INTRODUCIÓN

  1. CONTEXTUALIZACIÓN

  2. MARCO LEXISLATIVO.

2. OBXECTIVOS.

3. CONTIDOS.

4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.

5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

  CONTIDOS.

6. METODOLOXÍA.

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

  1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  2. MÉTODO DE AVALIACIÓN

  3. AVALIACIÓN    DOS   PROCESOS   DE   ENSINO   E   PRÁCTICA

      DOCENTE

8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS.

9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

10.     ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

11.     SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

12.     ADDENDA.




                              2
1. INTRODUCIÓN

  1. CONTEXTUALIZACIÓN

     A programación da asignatura de Latín II forma parte do Proxecto

     Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro de Rei, na

     provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do Bacharelato na súa

     modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, impartíndose no

     segundo curso. Na data que se presenta esta programación aínda non

     se pode sabe-lo número de alumnos/as do que vai estar composto o

     grupo.

  2. MARCO LEXISLATIVO

     O marco lexislativo desta programación está conformado polas

     seguintes normas:

     1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4 de

        maio de 2006)

     2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a

        ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma

        de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008)

     3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a

        organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na

        Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008).

     4. Decreto do 20 de maio de 2010 pola que se regula o uso do galego

        no ensino (DOG do 25 de maio de 2010).



2. OBXECTIVOS

  Os obxectivos establecidos para a asignatura de Latín (I e II) no

  Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e


                                 3
o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do

  23 de xuño de 2008) son:

  1. Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de

     dificultade progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento dos

     elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua latina.

  2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as

     linguas e recoñecer compoñentes significativos da flexión nominal,

     pronominal e verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín ou

     influídas por el.

  3. Achegarse     a     textos   latinos     diversos,   orixinais,   adaptados   e

     traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas

     características esenciais e o xénero literario ao que pertencen.

  4. Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou que

     permanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a súa

     interpretación.

  5. Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana,

     indagando     en    documentos       e    en   fontes    variadas,   analizalos

     criticamente e constatar a súa presenza ao longo da historia.

  6. Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no

     noso contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor

     de cultura.

  7. Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema

     integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes

     (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo.



3. CONTIDOS


                                      4
O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a

ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de

Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estructura os contidos da

asignatura de Latín II en 5 bloques:



1. Contidos comúns.

   ▪   Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A

       exactitude na expresión lingüística.

   ▪   Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do

       autor e das peculiaridades do texto e do contexto.

   ▪   A literatura latina e os xéneros literarios. Influencia da literatura

       latina na literatura posterior.

   ▪   As raíces romanas de Galicia.



2. A lingua latina.

   ▪   Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais e

       irregulares.

   ▪   Revisión   da   flexión   verbal   regular.   Verbos   irregulares   e

       defectivos. Formas nominais do verbo.

   ▪   Afondamento no estudo da sintaxe casual.

   ▪   A oración composta. A subordinación: substantiva, adxectiva e

       adverbial; uso das partículas subordinantes máis frecuentes.

       Construcións de participio e de infinitivo.



3. Os textos latinos e a súa interpretación.




                                   5
▪   Afondamento na lectura comprensiva e tradución de textos

         latinos achegándose ao seu contexto social, cultural e histórico.

     ▪   Lectura e comentario de obras e fragmentos latinos traducidos

         relacionados cos diversos xéneros literarios asimilando as súas

         características formais.



  4. O léxico latino e a súa evolución.

     ▪   Aprendizaxe de vocabulario.

     ▪   Formación    de    palabras       latinas.   Composición      e   derivación.

         Compoñentes etimolóxicos no léxico das linguas romances.

     ▪   Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas

         que se estudan no bacharelato.

     ▪   Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.

     ▪   Uso correcto do dicionario.



  5. Roma e o seu legado.

     ▪   Transmisión da literatura clásica.

     ▪   Os xéneros literarios latinos e a súa influencia nas manifestacións

         posteriores artísticas e literarias con especial referencia á

         cultura galega.

     ▪   A   romanización     da    Gallaecia.        Vestixios   en       xacementos

         arqueolóxicos e museos.



4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO




                                       6
1.   A dimensión histórica do coñecemento, o contexto no que se

     producen os avances e o papel desenvolvido por quen os fixeron

     posibles.

     Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos,

     porque en todos eles hai que facer alusión á evolución no estudo dos

     diversos ámbitos tratados (lingüística, historia, literatura, etc.), a

     relevancia do contexto histórico e a importancia dos individuos ou

     colectivos que os fixeron posibles.

2. A visión interdisciplinar do coñecemento, salientando as conexións

     entre diferentes materias e a aportación de cada unha á comprensión

     global dos fenómenos estudados.

     Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos, pois

     en todos eles é preciso facer referencia a outros ámbitos de

     coñecemento, insistindo no carácter interdisciplinar deste.

3. A aplicación do aprendido ás situacións da vida cotiá, favorecendo as

     actividades que capaciten para o coñecemento e análise do medio que

     nos circunda e das variadas actividades humanas e modos de vida.

     Este contido transversal é especialmente relevante no bloque de

     contidos relativos a Roma e o seu legado. As experiencias en tódolos

     ámbitos da vida humana da sociedade grega (institucións, vida cotiá,

     estruturación da sociedade, problemas, etc.) son en moitos casos

     comúns ou presentan importantes similitudes con situacións actuais.

     É importante que as alumnas aprecien esta semellanza e poidan

     realizar análises e tirar conclusións a partir da comparación.



                                   7
4. O aproveitamento das diversas fontes de información, cultura, ocio e

   estudo presentes na sociedade do coñecemento.

   Este contido transversal abórdase indistintamente en tódolos

   bloques temáticos, tanto a través de referencias para que as alumnas

   poidan amplia-los seus coñecementos (por exemplo, a través do cine)

   como a través do uso de materiais desta natureza na explicación (por

   exemplo, a través do uso de presentacións).

5. A toma de conciencia sobre temas e problemas que afectan a tódalas

   persoas no mundo globalizado, entre os que se considerarán a saúde,

   a pobreza no mundo, o esgotamento dos recursos naturais, a

   superpoboación, a contaminación, o quecemento da Terra, a violencia,

   o racismo, a emigración e a desigualdade entre as persoas, pobos e

   nacións.

   Estes contidos transversais abordaranse especialmente a partir das

   reflexións que xurdan a partir dos textos traballados en clase e,

   tamén, ó tratar algúns aspectos concretos da historia e a sociedade

   romana.

6. A análise das formas de exclusión social que dificultan a igualdade

   dos seres humanos, con especial referencia á desigualdade das

   mulleres.

   Este contido transversal hase tratar especialmente ó estuda-la

   sociedade romana, con especial referencia á situación dos escravos e

   da muller. Hase tratar, sobre todo, de que as alumnas aprecien a

   importante   evolución   e   progreso   que   aportan   as   sociedades




                                 8
occidentais nestes campos, en comparación, especialmente, con

   outras sociedades contemporáneas.

7. A adopción dunha perspectiva que permita aprecia-la contribución

   das   diferentes     sociedades,    civilizacións    e   culturas   ó

   desenvolvemento da humanidade, e adquiri-la visión continua e global

   do desenvolvemento histórico, especialmente referida ós últimos

   séculos, posibilitando así unha interpretación obxectiva do devir da

   humanidade.

   Este contido transversal trátase ó considera-las importantes

   aportacións do mundo romano en tódolos campos da evolución da

   humanidade. É importante que as alumnas entendan que a nosa

   sociedade actual non sería posible tal e como a coñecemos sen o

   mundo grego.

8. A análise e a valoración das contribucións máis salientables para o

   progreso humano nos campos da saúde, o benestar, as comunicacións,

   a difusión do coñecemento, as formas de goberno e as maneiras de

   satisface-las necesidades humanas básicas.

   Hábitos como o do baño e a hixiene persoal, a xeralización de

   bibliotecas e escolas, así como as distintas formas de goberno

   existentes durante a historia de Roma son aspectos que permiten

   abordar este contido transversal nesta asignatura.

9. O coñecemento dos procedementos e dos temas científicos actuais e

   das controversias que suscitan, así como a adquisición de actitudes

   de curiosidade, antidogmatismo e tolerancia e a conciencia da

   necesidad de camiñar cara a sostibilidade do planeta.


                                9
Este contido transversal hase abordar especialmente nos bloques

  temáticos 2º e 3º, especialmente co gallo da análise sintáctica, que se

  utilizará para mostrar ás alumnas un ámbito de coñecemento en

  formación e que presenta nas súas formulacións disparidade,

  disparidade que debe ser admitida sempre que se fundamente

  adecuadamente.

10. O desenvolvemento dos compoñentes saudables na vida cotiá e a

  adopción de actitudes críticas ante as prácticas que inciden

  negativamente na mesma, para contribuir ó afianzamento da

  personalidade e autonomía do alumnado.

  Este contido transversal hase abordar especialmente ó considera-los

  hábitos hixiénicos e alimenticios da Roma clásica, considerando que

  prácticas eran beneficiosas y cales non.

11. O afondamento conceptual nas bases que constitúen a sociedade

  democrática, analizando as súas orixes durante a historia, a súa

  evolución nas sociedades modernas e o fundamento racional e

  filosófico dos dereitos humanos.

  Este contido transversal hase abordar amplamente ó considera-las

  formas de goberno de Roma. É importante establecer paralelos entre

  as distintas formas de goberno da Roma clásica e os modelos actuais,

  facendo especial fincapé nos valores democráticos e igualitarios. É,

  ademais, moito importante incidir no concepto de dereitos humanos

  como aqueles dereitos propios de todo ser humano polo feito de o

  ser, en especial contraposición á práctica común no mundo antigo da

  escravitude.


                               10
12. O desenvolvemento da capacidade comunicativa e discursiva en

     diferentes ámbitos, tanto en castelán e galego como nunha lingua

     estranxeira, que permita consolida-las aprendizaxes realizadas polo

     alumnado nas etapas educativas anteriores e contribuir á súa

     formación integral a través do respeto, o interese e a comunicación

     con outros falantes, desenvolvendo unha conciencia intercultural

     como vehículo para a comprensión dos problemas do mundo

     globalizado.

     En tódolos bloques temáticos hase traballar este contido transversal.

     É fundamental que o alumnado sexa quen de se expresar, non só con

     corrección, se non tamén con propiedade á hora de trata-los distintos

     contidos da asignatura. É por iso que tanto o traballo en expresión

     oral como escrita sexa parte fundamental desta materia.

  13. O fomento da actividade investigadora na aula como fonte de

     coñecemento, co gallo de harmonizar e conxuga-las aprendizaxes

     teóricas coas de carácter empírica e práctica.

     Este contido transversal é obxecto de especial atención, en tanto que

     as alumnas terán que elaborar traballos persoais nos que, ademais de

     acceder a e procesar información, terán que pór en práctica

     conceptos e contidos aprendidos na aula.

5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

  CONTIDOS.

  Os contidos desta programación estructúranse en catro bloques

  temáticos   cunha   secuenciación    independente   e   cun   tratamento

  simultáneo durante as tres avaliacións do curso.


                                  11
1. Apartado de lingua latina:

        1.1. 1ª Avaliación:

            a) U.D. 33:

               •   Repaso 1º Bacharelato:

                   •   Morfoloxía1:

                       •   Flexión nominal (sustantivos e adxectivos).

                       •   Flexión pronominal (ego, tu, nos, uos, hic, iste, ille, is,

                           qui, alter, uter, uterque, unus, duo, tres).

                       •   Flexión verbal (modo indicativo en voz activa e pasiva

                           das cinco conxugacións regulares, verbo sum, possum,

                           uolo, nolo, eo, participio de presente e infinitivo de

                           presente activo).

                   •   Sintaxe2:

                       •   Sintaxe básica de casos:

                           •   Acusativo de dirección sen preposición.

                           •   Acusativo de extensión no tempo e no espacio.

                           •   Xenitivo-locativo

                           •   Dativo posesivo.

                           •   Ablativo-locativo.

                           •   Ablativo de limitación (nomine)

                       •   Complementos réxime.

                       •   Rección preposicional.


1
  Estes contidos danse por sabidos, procedéndose a un exame ou exames dos mesmos a segunda
ou terceira semana do curso.
2
  Estes contidos danse por sabidos, pero serán obxecto de comentario incidental cando xurdan
a propósito de novos contidos sintácticos ou na tradución de textos.


                                             12
•   Formas non persoais do verbo:

             •   Infinitivo.

             •   Participio concertado (participio de presente).

         •   Oracións interrogativas.

         •   Oracións subordinadas:

             •   Adxectivas:

                 •   Oracións de relativo con indicativo.

                 •   O relativo coma adxectivo (atracción do relativo).

             •   Sustantivas:

                 •   Oracións completivas de infinitivo:

                     •   Sen suxeito propio: constituo, uolo, etc.

                     •   Con suxeito propio: iubeo.

             •   Adverbiais:

                 •   Temporais con cum e ubi.

                 •   Causais con quod (pregunta cur).

b) U.D.34:

  •   O modo subxuntivo.

  •   Oracións subordinadas finais.

c) U.D.35.

  •   Estilo indirecto: ordes.

  •   O pluscuamperfecto de subxuntivo.

  •   Formas pasivas do subxuntivo.

d) U.D.36.

  •   Verbos depoñentes.

  •   O infinitivo de presente pasivo.

  •   Os imperativos na voz pasiva.


                                13
e) U.D.37: O ablativo absoluto.

f) U.D.38: O participio de futuro activo.

g) U.D.39:

  •   Estilo indirecto: formulación de preguntas.

  •   O pretérito perfecto de subxuntivo.

h) U.D.40:

  •   Máis usos do caso ablativo.

  •   Verbos semidepoñentes.

i) U.D.41: Estilo indirecto: oracións subordinadas de infinitivo.

j) U.D. 43: Oracións subordinadas consecutivas.

k) U.D. 44: Oracións subordinadas condicionais.

l) U.D. 45: Valores do subxuntivo.

m)U.D. 47:

  •   Valores da conxunción cum.

  •   Valores da conxunción dum.

  •   O relativo de enlace ou demostrativo.

n) U.D. 48: Oracións subordinadas sustantivas de temor.

o) U.D. 49:

  •   Verbos impersoais.

  •   Verbos intransitivos en pasiva.

p) U.D. 50: o xerundio.

q) U.D. 51: o xerundivo.

r) U.D. 52: xerundivos de obriga.

s) U.D. 53:

  •   O dativo predicativo.

  •   Oracións subordinadas de relativo con subxuntivo.


                              14
t) U.D. 54:

         •   Valores de ut: resumo.

      u) U.D. 55:

         •   Formas non persoais do verbo: o supino.



2. Apartado dos textos latinos e a súa interpretación.

   2.1. 1ª Avaliación.

      a) Introdución ó emprego do dicionario.

      b) Tradución de textos orixinais e adaptados.

         •   Adaptacións:

             •   Textos propostos no libro de texto.

         •   Orixinais e adaptados:

             •   Eutropio



   2.2. 2ª Avaliación.

      a) Tradución de textos orixinais e adaptados.

         •   Adaptacións:

             •   Textos propostos no libro de texto.

         •   Textos orixinais e adaptados:

             •   Eutropio

             •   Fedro (opcional, segundo o desenvolvemento do curso e

                 nivel dos/as alumnos/as).



   2.3. 3ª Avaliación.

      a) Tradución de textos orixinais e adaptados.

         •   Eutropio


                                      15
•   Fedro (opcional, segundo o desenvolvemento do curso e nivel

             dos/as alumnos/as).



3. Apartado de léxico latino e a súa evolución.

   3.1. 1ª Avaliación.

      a) Composición e derivación; prefixos e sufixos latinos máis

         frecuentes (primeira parte).

      b) Topónimos galegos (primeira metade da listaxe).

      c) Latinismos e aforismos latinos máis frecuentes (primeira metade

         da listaxe).



   3.2. 2ª Avaliación.

      a) Composición e derivación; prefixos e sufixos latinos máis

         frecuentes (segunda parte).

      b) Topónimos galegos (segunda metade da listaxe).

      c) Latinismos máis frecuentes (segunda metade da listaxe).




4. Apartado de Roma e o seu legado.

  Advertencia: as obras de lectura son as establecidas para a PAAU de

  Latín de Galicia do ano 2010. Esta listaxe, pois, pode sufrir

  modificacións segundo o que se estableza para a PAAU do ano 2011.

   4.1. Literatura:

      a) 1ª Avaliación.

         •   Historiografía (I).

             •   Lecturas obrigadas:


                                    16
•   Dende a fundación da cidade de Tito Livio, 1.56.4-60.

                        •   Breviario de Eutropio, libros I a V.

              •   A épica.

                  •     Lectura obrigada: Metamorfoses 1.452-567; 4.55-166;

                        10.1-71.

           b) 2ª Avaliación.

              •   Historiografía (II).

                  •     Lectura obrigada:

                        •   Breviario de Eutropio, libros VI-X.

              •   A fábula: Fedro.

                  •     Lectura obrigada: Fábulas.

              •   O teatro: Plauto.

                  •     Lectura obrigada: Anfitrión (¿?)3

              •   A oratoria.

                  •     Lectura obrigada: Discursos de Calgaco e Agrícola (Tácito,

                        Agricola, 30-32 e 33-34).

              •   A lírica.

                  •     Lectura obrigada: poemas de Catulo número 51, 2, 86, 87,

                        109, 5, 7, 3, 85, 70, 8, 11.

        4.2. A romanización.

           a) Hispania.

           b) Gallaecia.

              A       explicación   e   esixencia      deste   apartado   dependerá    da

              dispoñibilidade de tempo.


3
 Tamén é posible sustituí-la lectura desta obra pola lectura de Xemelgos ou o visionado da
película Golfus de Roma.


                                             17
6. METODOLOXÍA

➢   Lingua latina.

       Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como

        punto de partida o libro de texto e a proposta metodolóxica da

        editorial Oxford educación.

           Presentación intuitiva dos novos contidos a través das viñetas que

            abren cada unha das unidades didácticas.

           Explicación teórica dos contidos.

           Realización dos exercicios e textos que parezan convenientes dos

            propostos no libro.



➢   Interpretación dos textos.

       Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como

        punto de partida a traducción e corrección de textos en clase. Dende

        o primeiro día, os/as alumnos/as deberán traducir textos na casa que

        posteriormente serán corrixidos e comentados na aula. Os textos

        hanse escoller de modo que a dificultade sexa progresiva.



       Metodoloxía para a traducción e corrección de textos.

           Introdución contextualizadora do texto.

            •   Lectura previa das obras a traducir na aula:

                •   Breviario de Eutropio

                •   Fábulas de Fedro.




                                        18
   Aínda que este departamento quere que os/as alumnos/as entren

    en contacto o antes posible cos textos orixinais, enténdese, sen

    embargo, que os niveis de coñecemento actuais de latín non son os

    axeitados para a utilización desta metodoloxía sen máis;

    aproveitando, xa que logo, a experiencia de cursos anteriores,

    proponse o seguinte:

    •   todo texto latino para traballar na aula pode constar de ata

        tres versións:

        •   1ª versión simplificada en latín. O obxectivo deste texto é

            permitir ó/á alumno/a un achegamento ó contido do texto a

            través dun latín “sinxelo” e “asequible”. Así se consegue que

            dende o primeiro momento o/a alumno/a aborde o texto

            latino dende o latín. É probable que esta versión se utilice

            especialmente nos primeiros textos.

        •   2ª versión no latín orixinal pero con modificacións na orde

            de palabras. En moitos casos a dificultade que desconcerta

            ó principiante non é tanto o vocabulario coma a orde da

            prosa e, especialmente, do verso latinos. É por iso que unha

            vez que se entendeu o contido do texto, parece conveniente

            aborda-lo texto pero nunha orde que poida permitir ó/á

            alumno/a a comprensión e a identificación das unidades de

            significado e das construccións morfolóxico-sintácticas.

            Esta versión é obrigada naqueles textos que presentan unha

            orde especialmente dificultosa para o alumnado, como é o

            caso dos textos en verso.




                               19
•   3ª versión: versión orixinal. O/a alumno/a pode, agora si,

                    aborda-lo texto latino orixinal apreciando as diferencias

                    formais entre a traducción romance e o texto latino

                    orixinal. Esta versión é, por suposto, sempre obrigada e

                    debe ser sobre a que se fagan os comentarios.

            •   A metodoloxía que se vai utilizar na aula parte do comentario

                selectivo de todos aqueles aspectos do texto que parezan

                relevantes:

                •   Achegamento ó contido do texto.

                •   Achegamento á forma.

                •   Explicación morfolóxico-sintáctica do texto.

                •   Outros aspectos relevantes (figuras estilísticas, métrica,

                    rasgos de autor, etc.).

            •   Durante este curso hase facer un esforzo moi importante para

                achegar ós/ás alumnos/as ós recursos que para a tradución e

                estudo dos textos latinos están dispoñibles na internet.

➢   Léxico e a súa evolución.

       Léxico.

        Para facilita-lo coñecemento e recordo de vocabulario básico e de

        construcións morfosintácticas moito habituais, habemos recorrer ó

        exercicio de relectio, no que os/as alumnos/as deberán traducir dun

        modo libre pero conservando o sentido, sen axuda do dicionario,

        aqueles textos que se traballaran na aula.

           Obxectivos do exercicio de relectio:

            •   memorización de novo léxico.

            •   recoñecemiento de construcións sintácticas habituais.


                                        20
   Evolución do léxico do latín ó galego / castelán e outros romances

        peninsulares.

        Os contidos serán traballados polos/as alumnos/as a partir do

        material facilitado polo profesor e seguindo as indicacións deste.

           Latinismos e aforismos latinos: elaboración dun breve traballos no

            que se exemplifique un uso axeitado de cada un dos aforismos

            latinos propostos polo grupo de traballo de Latín II da CIUGA.

           Composición e derivación: estudo do material facilitado polo

            profesor.

           Topónimos: estudo do material facilitado polo profesor.



➢   Literatura latina.

    A metodoloxía que se utilizará para a explicación do núcleo temático A

    Literatura Latina combinará, por unha banda, a explicación en clase e,

    por outra, o traballo persoal do alumnado.

    1. Breve introdución de cada un dos xéneros na aula e esquematización

        dos seus aspectos máis importantes.

    2. Traballo persoal do/a alumno/a sobre o material proposto, que

        consistirá na:

        1. lectura,

        2. suliñado

        3. e resumo dos aspectos máis relevantes de cada un dos xéneros, a

            partir do material proporcionado polo profesor.




                                     21
3. Cada alumno/a entregará na data prevista a tal efecto un resumo

     persoal de cada un dos xéneros literarios tratados, que o profesor

     corrixirá e devolverá.

  4. Cada alumno/a fará unha presentación na que se esquematicen os

     aspectos básicos de cada un dos xéneros da literatura latina

     estudados.

     Esta presentación terá que ser colgada polo/a alumno/a no internet a

     través do recurso SLIDESHARE.

  5. Trala corrección de tódolos resumos e presentacións hase facer unha

     posta en común na que o profesor aclarará aqueles aspectos que

     quedaran pouco claros ou que os/as alumnos/as pasaran por alto.



     ADDENDA: A metodoloxía para as lecturas será a seguinte:

     1. Lectura do texto seguindo unha guía de lectura facilitada polo

        profesor.

     2. Realización dunha proba de control de lectura ou test a partir da

        guía de lectura.



     Dentro deste núcleo temático cabe a posibilidade (en función da

     madurez do grupo e a dispoñibilidade de tempo) da realización de

     traballos dirixidos, persoais ou en grupos, sobre algún xénero

     literario ou algún aspecto relevante dalgún deles, con especial

     valoración dos recursos das novas tecnoloxías que se utilicen.



7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

  1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.


                                  22
Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto

126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o

currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia son:

1. Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente

   textos latinos pertencentes a diversos xéneros literarios.

   Con este criterio preténdese comprobar o progreso na práctica da

   tradución, así como a capacidade de lectura comprensiva adquirida

   polo alumnado. Na tradución procurarase combinar a fidelidade

   coa corrección no estilo, facendo un adecuado uso do dicionario.

2. Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da

   morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da

   comprensión    do   texto       latino,   apreciando   variantes   e

   coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co

   galego e co castelán.

   Este criterio trata de comprobar o coñecemento e emprego da

   lingua latina por parte do alumnado, completando o nivel adquirido

   no curso anterior mediante o estudo das irregularidades

   morfolóxicas de maior frecuencia e dos procedementos máis

   habituais de subordinación propios da lingua latina. O alumnado

   debe manifestar o seu avance neste nivel facendo análises

   morfosintácticas de textos orixinais de dificultade progresiva e

   recoñecendo as variantes e coincidencias respecto doutras linguas

   por el coñecidas.

3. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do

   alumnado, identificando os seus compoñentes e deducindo o seu

   significado etimolóxico.


                              23
Este criterio trata de avaliar se o alumnado domina os

   procedementos de derivación e composición na formación do

   léxico latino e se é consciente de que eses derivados pasaron

   como tales á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de comprobar

   se   reflexionou     sobre    os   procedementos       de   derivación    e

   composición, no que xogan un papel preponderante os afixos de

   orixe grecolatina.

4. Realizar   comentarios        de   textos   traducidos,     analizar     as

   estruturas e trazos literarios deles e recoñecer o papel da

   literatura clásica nas literaturas occidentais.

   Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos

   elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se

   se   recoñecen       os   diversos    xéneros     polos     seus   trazos

   diferenciadores. O comentario versará sobre textos con sentido

   completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con

   textos da literatura posterior, especialmente a escrita en galego

   e castelán nos que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da

   literatura latina.

5. Planificar e realizar traballos monográficos empregando fontes

   de diversos tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices,

   léxicos, traballos específicos, etc.) e utilizando as tecnoloxías

   da   información      e   a   comunicación      como    ferramenta       de

   organización e comunicación dos resultados.

   Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do

   alumnado      na     planificación,    procura,        recompilación      e

   sistematización da información, así como o grao de corrección na


                                 24
expresión oral ou escrita. O alumnado, guiado polo profesorado,

     planificará a actividade, organizará a información, contrastaraa e

     intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante

     o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como

     ferramentas fundamentais en todo o proceso e como soporte para

     a exposición das súas conclusións. Neste sentido, recoméndase o

     uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e

     dicionarios en liña, programas de presentacións e outras

     ferramentas da internet.

  6. Ler obras da literatura latina traducidas.

     Con este criterio preténdese que o alumnado capte a mensaxe

     contida na obra, as claves do xénero e o seu contexto histórico.

     Pode tratarse de obras completas, traducidas ou adaptadas ao

     nivel de bacharelato, ou ben de antoloxías dunha única ou varias

     autorías ou que se articulen ao redor de temas concretos. O que

     se busca fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura con

     textos atractivos para o alumnado.

2. MÉTODO DE AVALIACIÓN.

  1. Avaliación inicial.

     Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial

     daqueles/as alumnos/as que non cursaran o curso pasado primeiro

     no centro.

     1. Os/as     alumnos/as   cubrirán   unha   ficha   (ou   informarán

        oralmente) con datos relativos ás cualificacións obtidas no

        curso anterio ou asignaturas pendentes.




                                25
2. Realizarán unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e

     sintácticos. Nesta proba hase tratar de valora-lo coñecemento

     que de conceptos de morfoloxía e sintaxe xeral ten o

     alumnado.

  3. Realizarán unha proba escrita sobre contidos de historia e

     legado. Con esta proba preténdese valorar o grao de

     coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Roma en

     xeral e sobre a súa vinculación con España e, en particular, con

     Galicia.

  4. Para       coñece-las   motivacións   e   exepectativas     dos/as

     alumnos/as aproveitarase as conversas e intercambios de

     opinións propias dos primeiros días de clase.

2. AVALIACIÓNS ORDINARIAS.

  A cualificación de cada avaliación determinarse do seguinte xeito:

  ((cualificación 1º exame) + (cualificación 2º exame x 2))/3.

  Hai que aclarar que:

  1. cada exame consta de tres partes:

     1. 1ª parte: morfoloxía e cuestións teóricas de sintaxe

        (aporta o 30% da cualificación; para facer media é preciso

        obter polo menos 4/10).

     2. 2ª parte: relectio (non aporta cualificación, pero é preciso

        obter polo menos 5/10 para aproba-la avaliación).

     3. 3ª parte: tradución de texto non visto na aula coa axuda do

        diccionario.




                              26
1. Esta proba presentarase seguindo o modelo das probas

              de latín da PAAU, con exclusión do apartado de

              literatura latina, que ha ser avaliado por outra vía.

         2. Aporta o 70% da cualificación e para facer media é

              preciso obter polo menos 4/10.

         3. A porcentaxe de cualificación correspondente a cada

              unha das partes desta proba é a mesma que se segue na

              PAAU. (Tradución ata 6 puntos; análise morfosintáctico

              ata 1 punto; preguntas sobre o mundo clásico ata 1,5

              puntos).

  2. A materia da relectio e da parte de morfoloxía e sintaxe

     teórica non se libera.

3. CUALIFICACIÓN FINAL.

  A cualificación final establecerase aplicando a seguinte fórmula:

  ((cualificación 1ª aval.) + (cualificación 2ª aval. x 2) + (cualificación

  3ª aval. x 3)) / 6 = X. Ó 85 % de X háselle engadi-lo 15% de Y,

  respectivamente, sendo Y a cualificación media de tódalas probas

  de literatura realizadas durante o curso.

4. AVALIACIÓN DOS CONTIDOS DE LITERATURA LATINA.

  1. CONTIDOS:

     Os contidos de literatura latina suporán o 15 % da cualificación

     final.

     O 5% deste 15% (0,5/10 da cualificación final) obterase

     automaticamente         coa    realiazación     dos    resumos      e

     presentacións, que é obrigado. A non realización dalgún destes




                               27
traballos suporá automaticamente a non avaliación deste

    apartado no seu conxunto.

    O 10 % restante (1/10 da cualificación final) obterase a partir

    dunha proba final que avalíe o coñecemento destes contidos.

    Esta proba final pode ser sustituída por probas parciais ó

    longo do curso. Neste caso a cualificación final será a media

    exacta destas probas, tendo en conta que non hai cualificación

    de corte nin recuperacións.

  2. LECTURAS:

    A lectura efectiva dos textos propostos para cada xénero

    literario levarase a cabo mediante probas ou tests de lecturas.

    É obrigado acadar o aprobado en todas estas probas para

    poder aproba-lo curso.

5. IMPORTATE

    1. Non hai recuperacións da/s proba/s teórica/s de literatura.

    2. Aproba-la 2ª avaliación implica automáticamente recupera-

       la 2ª (que quedará aprobada con 5 a efectos da media).

    3. Aproba-la 3ª avaliación implica automáticamente recupera-

       la 1ª e 2ª (que quedarán aprobadas con 5 a efectos da

       media).

    4. No caso de que un/unha alumno/a aprobe a 3ª avaliación,

       tendo suspensa as anteriores ou algunha delas, e a

       aplicación da fórmula xeral dea unha cualificación inferior á

       da 3ª avaliación, neste caso a cualificación final poderá ser

       a da 3ª avaliación, sempre e cando a actitude e traballo

       durante o curso sexan os axeitados.


                             28
5. Para poder aproba-lo curso é preciso supera-las probas de

            control das lecturas obrigadas.

     ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas de

     asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada

     avaliación,   este   departamento   dispón   que   toda   falta   non

     xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a

     durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá

     conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos

     exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise con

     posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a avaliación

     independientemente da cualificación obtida.

6. AVALIACIÓN       DOS    PROCESOS      DE   ENSINO      E    PRÁCTICA

  DOCENTE.

  Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos de

  ensino como da práctica docente do profesor, establécense os

  siguintes procedementos:

  1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo menos

     unha sesión de clase para comentar cos/as alumnos/as a marcha

     do curso; aspectos relativos á práctica docente do profesor,

     problemas que lles xurdan cos distintos contidos da asignatura,

     etc. O obxectivo é manter unha comunicación directa cos/as

     alumnos/as para poder reflexionar sobre a marcha da asignatura

     e, sobre todo, sobre a metodoloxía empregada.

  2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase

     recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión




                                29
terase en conta expresa e especialmente os comentarios dos/as

        alumnos/as.

     3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo de

        cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a práctica

        docente.




8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS.

  1. Manual       recomendado:   por    razóns   alleas   á   vontade   deste

     departamento non é posible poñer como obrigatorio o libro de texto

     empregado no curso 2009-2010 ( Latín 2.º de Bachillerato, Proyecto

     Exedra, de Oxford EDUCACIÓN). Este libro pasa a ser considerado

     coma “manual de referencia”, e fica nas mans deste departamento

     conseguir que este material estea á disposición dos/as alumnos/as ó

     menor custo posible.

  2. Material obrigado:

     1. Diccionario: Diccionario ilustrado vox latino-español, español-

        latino.

     2. Lecturas: (para ve-las edicións recomendadas véxase páxina web)

        1. EUTROPIO (HISTORIOGRAFÍA): Breviario.

        2. FEDRO (FÁBULA): Fábulas.

        3. OVIDIO (ÉPICA):

           1. Apolo e Dafne (Metamorfoses 1.452-567)

           2. Píramo e Tisbe (Metamorfoses 4.55-166)

           3. Orfeo e Eurídice (Metamorfoses 10.1-71)




                                   30
4. CATULO (LÍRICA): Poemas número 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3,

           85, 70, 8 e 11.

        5. TITO LIVIO (HISTORIOGRAFÍA): A traxedia de Lucrecia

           (Historia de Roma dende a súa fundación 1.56.4-60).

        6. TÁCITO (ORATORIA): Discursos de Calgaco e Agrícola

           (Agricola, 30-32 e 33-34)

        7. PLAUTO (TEATRO): Anfitrión.

     3. Materiais varios: na páxina web de Latín II recóllense outros

        materiais para o estudo dos aforismos latinos, topónimos e

        composición e derivación (véxase páxina web).

  3. Recursos de internet:

     1. Obrigados (sempre e cando o/a alumno/a conte con conexión

        dende a casa):

        1. Conta de correo electrónico.

        2. Suscrición no foro ou wiki do departamento.

        3. Conta en Slideshare.

     2. Opcionais: calquera outro recurso que se considere ó longo do

        curso.



9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

  Este departamento ten previsto desenvolve-las seguintes actividades

  extraescolares cos/as alumnos/as de Latín de 2º de bacharelato:

  2ª Avaliación: Festival Grecolatino de teatro de Lugo.

  Esta planificación poderá ser modificada en función de distintas

  circunstancias, tanto de dispoñibilidade de días como do comportamento

  e rendemento académico dos/as alumnos/as.


                                  31
10.     ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

  O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma

  natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as optaron

  por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade, escolleron

  entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la mesma

  consideración ca nas etapas educativas obrigadas.

  En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula de

  acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o

  grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e

  actividades na forma que resulte máis conveniente.



11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

  Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o

  curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no libro

  de actas do departamento unha valoración acerca do desenvolvemento

  da programación. Nesta valoración hase indicar se a programación se

  está a desenvolver segundo estaba previsto ou non. En caso de non ser

  así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse propo-las medidas

  correctoras oportunas.

12. ADDENDA.

  Tódalas comunicacións oficiais, así como tódalas resolucións que afectan

  ó desenvolmento da programación (datas de exames, modificacións de

  contidos, etc.), faranse públicas no blog do departamento, que

  desenvolve a función de taboleiro de anuncios do departamento.




                                  32
En Castro de Rei (Lugo) a 17 de setembro de 2010.



                              Asdo.: Dr. D. Lorenzo Fraga Montero
                              (Xefe de Departamento de Cultura Clásica)




                                     33

Más contenido relacionado

Destacado

Cuento en español delorenzo
Cuento en español delorenzoCuento en español delorenzo
Cuento en español delorenzomjluquino
 
دورة في مهارت التخطي1
دورة في مهارت التخطي1دورة في مهارت التخطي1
دورة في مهارت التخطي1ابو حفص
 
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.Dives Gallaecia
 
ARABIC hillary clinton stingers
ARABIC   hillary clinton stingersARABIC   hillary clinton stingers
ARABIC hillary clinton stingersVogelDenise
 
Matematica
MatematicaMatematica
MatematicaMonse201
 
T E M A 10 P R A G M A
T E M A 10    P R A G M AT E M A 10    P R A G M A
T E M A 10 P R A G M APedro Luján
 
Muhazraonsikhdharm 130120035840-phpapp01
Muhazraonsikhdharm 130120035840-phpapp01Muhazraonsikhdharm 130120035840-phpapp01
Muhazraonsikhdharm 130120035840-phpapp01Teacher
 
Salida irene
Salida ireneSalida irene
Salida irenemjluquino
 
Aula Hospitalaria Lugo
Aula Hospitalaria LugoAula Hospitalaria Lugo
Aula Hospitalaria Lugocontidos
 
حسابات متعلقة بالاحماض والقواعد
حسابات متعلقة بالاحماض والقواعدحسابات متعلقة بالاحماض والقواعد
حسابات متعلقة بالاحماض والقواعدDr Ahmad Fahmi
 
Así Trabajamos Los Alumnos De Tercero
Así Trabajamos Los Alumnos De TerceroAsí Trabajamos Los Alumnos De Tercero
Así Trabajamos Los Alumnos De Tercerolusalorena
 
Tema1.la epica
Tema1.la epicaTema1.la epica
Tema1.la epicanuria
 
Aceptame como soy
Aceptame como soyAceptame como soy
Aceptame como soycapri_6969
 
HabíAunavez Quino
HabíAunavez QuinoHabíAunavez Quino
HabíAunavez QuinoIronbuythem
 

Destacado (20)

Cuento en español delorenzo
Cuento en español delorenzoCuento en español delorenzo
Cuento en español delorenzo
 
La cosaesa
La cosaesaLa cosaesa
La cosaesa
 
دورة في مهارت التخطي1
دورة في مهارت التخطي1دورة في مهارت التخطي1
دورة في مهارت التخطي1
 
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
 
Depressao
DepressaoDepressao
Depressao
 
ARABIC hillary clinton stingers
ARABIC   hillary clinton stingersARABIC   hillary clinton stingers
ARABIC hillary clinton stingers
 
Matematica
MatematicaMatematica
Matematica
 
T E M A 10 P R A G M A
T E M A 10    P R A G M AT E M A 10    P R A G M A
T E M A 10 P R A G M A
 
Singapore presentation
Singapore presentationSingapore presentation
Singapore presentation
 
Muhazraonsikhdharm 130120035840-phpapp01
Muhazraonsikhdharm 130120035840-phpapp01Muhazraonsikhdharm 130120035840-phpapp01
Muhazraonsikhdharm 130120035840-phpapp01
 
Salida irene
Salida ireneSalida irene
Salida irene
 
Verbos
VerbosVerbos
Verbos
 
Aula Hospitalaria Lugo
Aula Hospitalaria LugoAula Hospitalaria Lugo
Aula Hospitalaria Lugo
 
حسابات متعلقة بالاحماض والقواعد
حسابات متعلقة بالاحماض والقواعدحسابات متعلقة بالاحماض والقواعد
حسابات متعلقة بالاحماض والقواعد
 
Así Trabajamos Los Alumnos De Tercero
Así Trabajamos Los Alumnos De TerceroAsí Trabajamos Los Alumnos De Tercero
Así Trabajamos Los Alumnos De Tercero
 
Simetría
SimetríaSimetría
Simetría
 
Tema1.la epica
Tema1.la epicaTema1.la epica
Tema1.la epica
 
Aceptame como soy
Aceptame como soyAceptame como soy
Aceptame como soy
 
Trabajo
TrabajoTrabajo
Trabajo
 
HabíAunavez Quino
HabíAunavez QuinoHabíAunavez Quino
HabíAunavez Quino
 

Similar a Programación de Latín II (2010-2011)

Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
Síntese da programación( 3º ESO) LOE
Síntese da programación( 3º ESO) LOESíntese da programación( 3º ESO) LOE
Síntese da programación( 3º ESO) LOEIsabel Bsoto
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeasblas
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibalequipobiblio
 
Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2IreneSeara
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilLuz Zas
 
Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaEva Garea
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22Luz Zas
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22Luz Zas
 
Programación xeografía españa 2014 2015
Programación xeografía españa 2014 2015Programación xeografía españa 2014 2015
Programación xeografía españa 2014 2015Agrela Elvixeo
 
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiroIsabel Bsoto
 
Itinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESOItinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESOCPR Colegio Labor
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfpapoularosa
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAEncarna Lago
 
Lingua e sociedade
Lingua e sociedadeLingua e sociedade
Lingua e sociedadeJonathan7991
 
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfMoniVL1
 
Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.Marlou
 

Similar a Programación de Latín II (2010-2011) (20)

Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Síntese da programación( 3º ESO) LOE
Síntese da programación( 3º ESO) LOESíntese da programación( 3º ESO) LOE
Síntese da programación( 3º ESO) LOE
 
Síntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESOSíntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESO
 
Programación 2011 12
Programación 2011 12Programación 2011 12
Programación 2011 12
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizaje
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibal
 
Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 Fil
 
Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da Filosofía
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
Programación xeografía españa 2014 2015
Programación xeografía españa 2014 2015Programación xeografía españa 2014 2015
Programación xeografía españa 2014 2015
 
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
 
Itinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESOItinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESO
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
 
Lingua e sociedade
Lingua e sociedadeLingua e sociedade
Lingua e sociedade
 
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.
 

Más de IES Armando Cotarelo Valledor, Vilagarcía de Arousa, Galicia, España

Más de IES Armando Cotarelo Valledor, Vilagarcía de Arousa, Galicia, España (20)

Imagines sessionis VII Circuli Latini Gallaeci
Imagines sessionis VII Circuli Latini GallaeciImagines sessionis VII Circuli Latini Gallaeci
Imagines sessionis VII Circuli Latini Gallaeci
 
IMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAE
IMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAEIMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAE
IMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAE
 
Imagenes sessionis VI Circuli Latini Gallaeci
Imagenes sessionis VI Circuli Latini GallaeciImagenes sessionis VI Circuli Latini Gallaeci
Imagenes sessionis VI Circuli Latini Gallaeci
 
Rupprecht Gymnasium München Visita de Observación
Rupprecht Gymnasium München Visita de ObservaciónRupprecht Gymnasium München Visita de Observación
Rupprecht Gymnasium München Visita de Observación
 
IMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. Februarias
IMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. FebruariasIMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. Februarias
IMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. Februarias
 
Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.
Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.
Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.
 
SESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptx
SESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptxSESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptx
SESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptx
 
SESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptx
SESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptxSESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptx
SESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptx
 
Unha estadía en imaxes
Unha estadía en imaxesUnha estadía en imaxes
Unha estadía en imaxes
 
PROGRAMA DE LITERATURA LATINA
PROGRAMA DE LITERATURA LATINAPROGRAMA DE LITERATURA LATINA
PROGRAMA DE LITERATURA LATINA
 
Ce 09-04-2018
Ce 09-04-2018Ce 09-04-2018
Ce 09-04-2018
 
Ccp 21 03-2018
Ccp 21 03-2018Ccp 21 03-2018
Ccp 21 03-2018
 
Presentacion proba ccl
Presentacion proba cclPresentacion proba ccl
Presentacion proba ccl
 
Cmap 03
Cmap 03 Cmap 03
Cmap 03
 
Cmap 03 jorge
Cmap 03 jorgeCmap 03 jorge
Cmap 03 jorge
 
A LÍRICA GREGA
A LÍRICA GREGAA LÍRICA GREGA
A LÍRICA GREGA
 
Enquisa Cultura Clásica 2010-11
Enquisa Cultura Clásica 2010-11Enquisa Cultura Clásica 2010-11
Enquisa Cultura Clásica 2010-11
 
Enquisa de Latín I, curso 2010-11
Enquisa de Latín I, curso 2010-11Enquisa de Latín I, curso 2010-11
Enquisa de Latín I, curso 2010-11
 
ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011
ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011
ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011
 
Guion traballo setembro_2011
Guion traballo setembro_2011Guion traballo setembro_2011
Guion traballo setembro_2011
 

Programación de Latín II (2010-2011)

  • 1. PROGRAMACIÓN DE LATÍN II 2º DE BACHARELATO DEPARTAMENTO DE CULTURA CLÁSICA I.E.S. DA TERRA CHÁ CASTRO DE REI LUGO CURSO 2010-2011 © Lorenzo Fraga Montero
  • 2. ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN 1. CONTEXTUALIZACIÓN 2. MARCO LEXISLATIVO. 2. OBXECTIVOS. 3. CONTIDOS. 4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO. 5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS. 6. METODOLOXÍA. 7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 2. MÉTODO DE AVALIACIÓN 3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E PRÁCTICA DOCENTE 8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS. 9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. 10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. 12. ADDENDA. 2
  • 3. 1. INTRODUCIÓN 1. CONTEXTUALIZACIÓN A programación da asignatura de Latín II forma parte do Proxecto Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do Bacharelato na súa modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, impartíndose no segundo curso. Na data que se presenta esta programación aínda non se pode sabe-lo número de alumnos/as do que vai estar composto o grupo. 2. MARCO LEXISLATIVO O marco lexislativo desta programación está conformado polas seguintes normas: 1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4 de maio de 2006) 2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008) 3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008). 4. Decreto do 20 de maio de 2010 pola que se regula o uso do galego no ensino (DOG do 25 de maio de 2010). 2. OBXECTIVOS Os obxectivos establecidos para a asignatura de Latín (I e II) no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e 3
  • 4. o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008) son: 1. Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de dificultade progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua latina. 2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as linguas e recoñecer compoñentes significativos da flexión nominal, pronominal e verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín ou influídas por el. 3. Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas características esenciais e o xénero literario ao que pertencen. 4. Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou que permanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a súa interpretación. 5. Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana, indagando en documentos e en fontes variadas, analizalos criticamente e constatar a súa presenza ao longo da historia. 6. Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no noso contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor de cultura. 7. Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo. 3. CONTIDOS 4
  • 5. O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estructura os contidos da asignatura de Latín II en 5 bloques: 1. Contidos comúns. ▪ Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A exactitude na expresión lingüística. ▪ Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do autor e das peculiaridades do texto e do contexto. ▪ A literatura latina e os xéneros literarios. Influencia da literatura latina na literatura posterior. ▪ As raíces romanas de Galicia. 2. A lingua latina. ▪ Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais e irregulares. ▪ Revisión da flexión verbal regular. Verbos irregulares e defectivos. Formas nominais do verbo. ▪ Afondamento no estudo da sintaxe casual. ▪ A oración composta. A subordinación: substantiva, adxectiva e adverbial; uso das partículas subordinantes máis frecuentes. Construcións de participio e de infinitivo. 3. Os textos latinos e a súa interpretación. 5
  • 6. Afondamento na lectura comprensiva e tradución de textos latinos achegándose ao seu contexto social, cultural e histórico. ▪ Lectura e comentario de obras e fragmentos latinos traducidos relacionados cos diversos xéneros literarios asimilando as súas características formais. 4. O léxico latino e a súa evolución. ▪ Aprendizaxe de vocabulario. ▪ Formación de palabras latinas. Composición e derivación. Compoñentes etimolóxicos no léxico das linguas romances. ▪ Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas que se estudan no bacharelato. ▪ Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta. ▪ Uso correcto do dicionario. 5. Roma e o seu legado. ▪ Transmisión da literatura clásica. ▪ Os xéneros literarios latinos e a súa influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial referencia á cultura galega. ▪ A romanización da Gallaecia. Vestixios en xacementos arqueolóxicos e museos. 4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO 6
  • 7. 1. A dimensión histórica do coñecemento, o contexto no que se producen os avances e o papel desenvolvido por quen os fixeron posibles. Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos, porque en todos eles hai que facer alusión á evolución no estudo dos diversos ámbitos tratados (lingüística, historia, literatura, etc.), a relevancia do contexto histórico e a importancia dos individuos ou colectivos que os fixeron posibles. 2. A visión interdisciplinar do coñecemento, salientando as conexións entre diferentes materias e a aportación de cada unha á comprensión global dos fenómenos estudados. Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos, pois en todos eles é preciso facer referencia a outros ámbitos de coñecemento, insistindo no carácter interdisciplinar deste. 3. A aplicación do aprendido ás situacións da vida cotiá, favorecendo as actividades que capaciten para o coñecemento e análise do medio que nos circunda e das variadas actividades humanas e modos de vida. Este contido transversal é especialmente relevante no bloque de contidos relativos a Roma e o seu legado. As experiencias en tódolos ámbitos da vida humana da sociedade grega (institucións, vida cotiá, estruturación da sociedade, problemas, etc.) son en moitos casos comúns ou presentan importantes similitudes con situacións actuais. É importante que as alumnas aprecien esta semellanza e poidan realizar análises e tirar conclusións a partir da comparación. 7
  • 8. 4. O aproveitamento das diversas fontes de información, cultura, ocio e estudo presentes na sociedade do coñecemento. Este contido transversal abórdase indistintamente en tódolos bloques temáticos, tanto a través de referencias para que as alumnas poidan amplia-los seus coñecementos (por exemplo, a través do cine) como a través do uso de materiais desta natureza na explicación (por exemplo, a través do uso de presentacións). 5. A toma de conciencia sobre temas e problemas que afectan a tódalas persoas no mundo globalizado, entre os que se considerarán a saúde, a pobreza no mundo, o esgotamento dos recursos naturais, a superpoboación, a contaminación, o quecemento da Terra, a violencia, o racismo, a emigración e a desigualdade entre as persoas, pobos e nacións. Estes contidos transversais abordaranse especialmente a partir das reflexións que xurdan a partir dos textos traballados en clase e, tamén, ó tratar algúns aspectos concretos da historia e a sociedade romana. 6. A análise das formas de exclusión social que dificultan a igualdade dos seres humanos, con especial referencia á desigualdade das mulleres. Este contido transversal hase tratar especialmente ó estuda-la sociedade romana, con especial referencia á situación dos escravos e da muller. Hase tratar, sobre todo, de que as alumnas aprecien a importante evolución e progreso que aportan as sociedades 8
  • 9. occidentais nestes campos, en comparación, especialmente, con outras sociedades contemporáneas. 7. A adopción dunha perspectiva que permita aprecia-la contribución das diferentes sociedades, civilizacións e culturas ó desenvolvemento da humanidade, e adquiri-la visión continua e global do desenvolvemento histórico, especialmente referida ós últimos séculos, posibilitando así unha interpretación obxectiva do devir da humanidade. Este contido transversal trátase ó considera-las importantes aportacións do mundo romano en tódolos campos da evolución da humanidade. É importante que as alumnas entendan que a nosa sociedade actual non sería posible tal e como a coñecemos sen o mundo grego. 8. A análise e a valoración das contribucións máis salientables para o progreso humano nos campos da saúde, o benestar, as comunicacións, a difusión do coñecemento, as formas de goberno e as maneiras de satisface-las necesidades humanas básicas. Hábitos como o do baño e a hixiene persoal, a xeralización de bibliotecas e escolas, así como as distintas formas de goberno existentes durante a historia de Roma son aspectos que permiten abordar este contido transversal nesta asignatura. 9. O coñecemento dos procedementos e dos temas científicos actuais e das controversias que suscitan, así como a adquisición de actitudes de curiosidade, antidogmatismo e tolerancia e a conciencia da necesidad de camiñar cara a sostibilidade do planeta. 9
  • 10. Este contido transversal hase abordar especialmente nos bloques temáticos 2º e 3º, especialmente co gallo da análise sintáctica, que se utilizará para mostrar ás alumnas un ámbito de coñecemento en formación e que presenta nas súas formulacións disparidade, disparidade que debe ser admitida sempre que se fundamente adecuadamente. 10. O desenvolvemento dos compoñentes saudables na vida cotiá e a adopción de actitudes críticas ante as prácticas que inciden negativamente na mesma, para contribuir ó afianzamento da personalidade e autonomía do alumnado. Este contido transversal hase abordar especialmente ó considera-los hábitos hixiénicos e alimenticios da Roma clásica, considerando que prácticas eran beneficiosas y cales non. 11. O afondamento conceptual nas bases que constitúen a sociedade democrática, analizando as súas orixes durante a historia, a súa evolución nas sociedades modernas e o fundamento racional e filosófico dos dereitos humanos. Este contido transversal hase abordar amplamente ó considera-las formas de goberno de Roma. É importante establecer paralelos entre as distintas formas de goberno da Roma clásica e os modelos actuais, facendo especial fincapé nos valores democráticos e igualitarios. É, ademais, moito importante incidir no concepto de dereitos humanos como aqueles dereitos propios de todo ser humano polo feito de o ser, en especial contraposición á práctica común no mundo antigo da escravitude. 10
  • 11. 12. O desenvolvemento da capacidade comunicativa e discursiva en diferentes ámbitos, tanto en castelán e galego como nunha lingua estranxeira, que permita consolida-las aprendizaxes realizadas polo alumnado nas etapas educativas anteriores e contribuir á súa formación integral a través do respeto, o interese e a comunicación con outros falantes, desenvolvendo unha conciencia intercultural como vehículo para a comprensión dos problemas do mundo globalizado. En tódolos bloques temáticos hase traballar este contido transversal. É fundamental que o alumnado sexa quen de se expresar, non só con corrección, se non tamén con propiedade á hora de trata-los distintos contidos da asignatura. É por iso que tanto o traballo en expresión oral como escrita sexa parte fundamental desta materia. 13. O fomento da actividade investigadora na aula como fonte de coñecemento, co gallo de harmonizar e conxuga-las aprendizaxes teóricas coas de carácter empírica e práctica. Este contido transversal é obxecto de especial atención, en tanto que as alumnas terán que elaborar traballos persoais nos que, ademais de acceder a e procesar información, terán que pór en práctica conceptos e contidos aprendidos na aula. 5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS. Os contidos desta programación estructúranse en catro bloques temáticos cunha secuenciación independente e cun tratamento simultáneo durante as tres avaliacións do curso. 11
  • 12. 1. Apartado de lingua latina: 1.1. 1ª Avaliación: a) U.D. 33: • Repaso 1º Bacharelato: • Morfoloxía1: • Flexión nominal (sustantivos e adxectivos). • Flexión pronominal (ego, tu, nos, uos, hic, iste, ille, is, qui, alter, uter, uterque, unus, duo, tres). • Flexión verbal (modo indicativo en voz activa e pasiva das cinco conxugacións regulares, verbo sum, possum, uolo, nolo, eo, participio de presente e infinitivo de presente activo). • Sintaxe2: • Sintaxe básica de casos: • Acusativo de dirección sen preposición. • Acusativo de extensión no tempo e no espacio. • Xenitivo-locativo • Dativo posesivo. • Ablativo-locativo. • Ablativo de limitación (nomine) • Complementos réxime. • Rección preposicional. 1 Estes contidos danse por sabidos, procedéndose a un exame ou exames dos mesmos a segunda ou terceira semana do curso. 2 Estes contidos danse por sabidos, pero serán obxecto de comentario incidental cando xurdan a propósito de novos contidos sintácticos ou na tradución de textos. 12
  • 13. Formas non persoais do verbo: • Infinitivo. • Participio concertado (participio de presente). • Oracións interrogativas. • Oracións subordinadas: • Adxectivas: • Oracións de relativo con indicativo. • O relativo coma adxectivo (atracción do relativo). • Sustantivas: • Oracións completivas de infinitivo: • Sen suxeito propio: constituo, uolo, etc. • Con suxeito propio: iubeo. • Adverbiais: • Temporais con cum e ubi. • Causais con quod (pregunta cur). b) U.D.34: • O modo subxuntivo. • Oracións subordinadas finais. c) U.D.35. • Estilo indirecto: ordes. • O pluscuamperfecto de subxuntivo. • Formas pasivas do subxuntivo. d) U.D.36. • Verbos depoñentes. • O infinitivo de presente pasivo. • Os imperativos na voz pasiva. 13
  • 14. e) U.D.37: O ablativo absoluto. f) U.D.38: O participio de futuro activo. g) U.D.39: • Estilo indirecto: formulación de preguntas. • O pretérito perfecto de subxuntivo. h) U.D.40: • Máis usos do caso ablativo. • Verbos semidepoñentes. i) U.D.41: Estilo indirecto: oracións subordinadas de infinitivo. j) U.D. 43: Oracións subordinadas consecutivas. k) U.D. 44: Oracións subordinadas condicionais. l) U.D. 45: Valores do subxuntivo. m)U.D. 47: • Valores da conxunción cum. • Valores da conxunción dum. • O relativo de enlace ou demostrativo. n) U.D. 48: Oracións subordinadas sustantivas de temor. o) U.D. 49: • Verbos impersoais. • Verbos intransitivos en pasiva. p) U.D. 50: o xerundio. q) U.D. 51: o xerundivo. r) U.D. 52: xerundivos de obriga. s) U.D. 53: • O dativo predicativo. • Oracións subordinadas de relativo con subxuntivo. 14
  • 15. t) U.D. 54: • Valores de ut: resumo. u) U.D. 55: • Formas non persoais do verbo: o supino. 2. Apartado dos textos latinos e a súa interpretación. 2.1. 1ª Avaliación. a) Introdución ó emprego do dicionario. b) Tradución de textos orixinais e adaptados. • Adaptacións: • Textos propostos no libro de texto. • Orixinais e adaptados: • Eutropio 2.2. 2ª Avaliación. a) Tradución de textos orixinais e adaptados. • Adaptacións: • Textos propostos no libro de texto. • Textos orixinais e adaptados: • Eutropio • Fedro (opcional, segundo o desenvolvemento do curso e nivel dos/as alumnos/as). 2.3. 3ª Avaliación. a) Tradución de textos orixinais e adaptados. • Eutropio 15
  • 16. Fedro (opcional, segundo o desenvolvemento do curso e nivel dos/as alumnos/as). 3. Apartado de léxico latino e a súa evolución. 3.1. 1ª Avaliación. a) Composición e derivación; prefixos e sufixos latinos máis frecuentes (primeira parte). b) Topónimos galegos (primeira metade da listaxe). c) Latinismos e aforismos latinos máis frecuentes (primeira metade da listaxe). 3.2. 2ª Avaliación. a) Composición e derivación; prefixos e sufixos latinos máis frecuentes (segunda parte). b) Topónimos galegos (segunda metade da listaxe). c) Latinismos máis frecuentes (segunda metade da listaxe). 4. Apartado de Roma e o seu legado. Advertencia: as obras de lectura son as establecidas para a PAAU de Latín de Galicia do ano 2010. Esta listaxe, pois, pode sufrir modificacións segundo o que se estableza para a PAAU do ano 2011. 4.1. Literatura: a) 1ª Avaliación. • Historiografía (I). • Lecturas obrigadas: 16
  • 17. Dende a fundación da cidade de Tito Livio, 1.56.4-60. • Breviario de Eutropio, libros I a V. • A épica. • Lectura obrigada: Metamorfoses 1.452-567; 4.55-166; 10.1-71. b) 2ª Avaliación. • Historiografía (II). • Lectura obrigada: • Breviario de Eutropio, libros VI-X. • A fábula: Fedro. • Lectura obrigada: Fábulas. • O teatro: Plauto. • Lectura obrigada: Anfitrión (¿?)3 • A oratoria. • Lectura obrigada: Discursos de Calgaco e Agrícola (Tácito, Agricola, 30-32 e 33-34). • A lírica. • Lectura obrigada: poemas de Catulo número 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3, 85, 70, 8, 11. 4.2. A romanización. a) Hispania. b) Gallaecia. A explicación e esixencia deste apartado dependerá da dispoñibilidade de tempo. 3 Tamén é posible sustituí-la lectura desta obra pola lectura de Xemelgos ou o visionado da película Golfus de Roma. 17
  • 18. 6. METODOLOXÍA ➢ Lingua latina.  Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como punto de partida o libro de texto e a proposta metodolóxica da editorial Oxford educación.  Presentación intuitiva dos novos contidos a través das viñetas que abren cada unha das unidades didácticas.  Explicación teórica dos contidos.  Realización dos exercicios e textos que parezan convenientes dos propostos no libro. ➢ Interpretación dos textos.  Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como punto de partida a traducción e corrección de textos en clase. Dende o primeiro día, os/as alumnos/as deberán traducir textos na casa que posteriormente serán corrixidos e comentados na aula. Os textos hanse escoller de modo que a dificultade sexa progresiva.  Metodoloxía para a traducción e corrección de textos.  Introdución contextualizadora do texto. • Lectura previa das obras a traducir na aula: • Breviario de Eutropio • Fábulas de Fedro. 18
  • 19. Aínda que este departamento quere que os/as alumnos/as entren en contacto o antes posible cos textos orixinais, enténdese, sen embargo, que os niveis de coñecemento actuais de latín non son os axeitados para a utilización desta metodoloxía sen máis; aproveitando, xa que logo, a experiencia de cursos anteriores, proponse o seguinte: • todo texto latino para traballar na aula pode constar de ata tres versións: • 1ª versión simplificada en latín. O obxectivo deste texto é permitir ó/á alumno/a un achegamento ó contido do texto a través dun latín “sinxelo” e “asequible”. Así se consegue que dende o primeiro momento o/a alumno/a aborde o texto latino dende o latín. É probable que esta versión se utilice especialmente nos primeiros textos. • 2ª versión no latín orixinal pero con modificacións na orde de palabras. En moitos casos a dificultade que desconcerta ó principiante non é tanto o vocabulario coma a orde da prosa e, especialmente, do verso latinos. É por iso que unha vez que se entendeu o contido do texto, parece conveniente aborda-lo texto pero nunha orde que poida permitir ó/á alumno/a a comprensión e a identificación das unidades de significado e das construccións morfolóxico-sintácticas. Esta versión é obrigada naqueles textos que presentan unha orde especialmente dificultosa para o alumnado, como é o caso dos textos en verso. 19
  • 20. 3ª versión: versión orixinal. O/a alumno/a pode, agora si, aborda-lo texto latino orixinal apreciando as diferencias formais entre a traducción romance e o texto latino orixinal. Esta versión é, por suposto, sempre obrigada e debe ser sobre a que se fagan os comentarios. • A metodoloxía que se vai utilizar na aula parte do comentario selectivo de todos aqueles aspectos do texto que parezan relevantes: • Achegamento ó contido do texto. • Achegamento á forma. • Explicación morfolóxico-sintáctica do texto. • Outros aspectos relevantes (figuras estilísticas, métrica, rasgos de autor, etc.). • Durante este curso hase facer un esforzo moi importante para achegar ós/ás alumnos/as ós recursos que para a tradución e estudo dos textos latinos están dispoñibles na internet. ➢ Léxico e a súa evolución.  Léxico. Para facilita-lo coñecemento e recordo de vocabulario básico e de construcións morfosintácticas moito habituais, habemos recorrer ó exercicio de relectio, no que os/as alumnos/as deberán traducir dun modo libre pero conservando o sentido, sen axuda do dicionario, aqueles textos que se traballaran na aula.  Obxectivos do exercicio de relectio: • memorización de novo léxico. • recoñecemiento de construcións sintácticas habituais. 20
  • 21. Evolución do léxico do latín ó galego / castelán e outros romances peninsulares. Os contidos serán traballados polos/as alumnos/as a partir do material facilitado polo profesor e seguindo as indicacións deste.  Latinismos e aforismos latinos: elaboración dun breve traballos no que se exemplifique un uso axeitado de cada un dos aforismos latinos propostos polo grupo de traballo de Latín II da CIUGA.  Composición e derivación: estudo do material facilitado polo profesor.  Topónimos: estudo do material facilitado polo profesor. ➢ Literatura latina. A metodoloxía que se utilizará para a explicación do núcleo temático A Literatura Latina combinará, por unha banda, a explicación en clase e, por outra, o traballo persoal do alumnado. 1. Breve introdución de cada un dos xéneros na aula e esquematización dos seus aspectos máis importantes. 2. Traballo persoal do/a alumno/a sobre o material proposto, que consistirá na: 1. lectura, 2. suliñado 3. e resumo dos aspectos máis relevantes de cada un dos xéneros, a partir do material proporcionado polo profesor. 21
  • 22. 3. Cada alumno/a entregará na data prevista a tal efecto un resumo persoal de cada un dos xéneros literarios tratados, que o profesor corrixirá e devolverá. 4. Cada alumno/a fará unha presentación na que se esquematicen os aspectos básicos de cada un dos xéneros da literatura latina estudados. Esta presentación terá que ser colgada polo/a alumno/a no internet a través do recurso SLIDESHARE. 5. Trala corrección de tódolos resumos e presentacións hase facer unha posta en común na que o profesor aclarará aqueles aspectos que quedaran pouco claros ou que os/as alumnos/as pasaran por alto. ADDENDA: A metodoloxía para as lecturas será a seguinte: 1. Lectura do texto seguindo unha guía de lectura facilitada polo profesor. 2. Realización dunha proba de control de lectura ou test a partir da guía de lectura. Dentro deste núcleo temático cabe a posibilidade (en función da madurez do grupo e a dispoñibilidade de tempo) da realización de traballos dirixidos, persoais ou en grupos, sobre algún xénero literario ou algún aspecto relevante dalgún deles, con especial valoración dos recursos das novas tecnoloxías que se utilicen. 7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 22
  • 23. Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia son: 1. Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente textos latinos pertencentes a diversos xéneros literarios. Con este criterio preténdese comprobar o progreso na práctica da tradución, así como a capacidade de lectura comprensiva adquirida polo alumnado. Na tradución procurarase combinar a fidelidade coa corrección no estilo, facendo un adecuado uso do dicionario. 2. Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto latino, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co galego e co castelán. Este criterio trata de comprobar o coñecemento e emprego da lingua latina por parte do alumnado, completando o nivel adquirido no curso anterior mediante o estudo das irregularidades morfolóxicas de maior frecuencia e dos procedementos máis habituais de subordinación propios da lingua latina. O alumnado debe manifestar o seu avance neste nivel facendo análises morfosintácticas de textos orixinais de dificultade progresiva e recoñecendo as variantes e coincidencias respecto doutras linguas por el coñecidas. 3. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do alumnado, identificando os seus compoñentes e deducindo o seu significado etimolóxico. 23
  • 24. Este criterio trata de avaliar se o alumnado domina os procedementos de derivación e composición na formación do léxico latino e se é consciente de que eses derivados pasaron como tales á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de comprobar se reflexionou sobre os procedementos de derivación e composición, no que xogan un papel preponderante os afixos de orixe grecolatina. 4. Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as estruturas e trazos literarios deles e recoñecer o papel da literatura clásica nas literaturas occidentais. Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se se recoñecen os diversos xéneros polos seus trazos diferenciadores. O comentario versará sobre textos con sentido completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con textos da literatura posterior, especialmente a escrita en galego e castelán nos que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da literatura latina. 5. Planificar e realizar traballos monográficos empregando fontes de diversos tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices, léxicos, traballos específicos, etc.) e utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do alumnado na planificación, procura, recompilación e sistematización da información, así como o grao de corrección na 24
  • 25. expresión oral ou escrita. O alumnado, guiado polo profesorado, planificará a actividade, organizará a información, contrastaraa e intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas fundamentais en todo o proceso e como soporte para a exposición das súas conclusións. Neste sentido, recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras ferramentas da internet. 6. Ler obras da literatura latina traducidas. Con este criterio preténdese que o alumnado capte a mensaxe contida na obra, as claves do xénero e o seu contexto histórico. Pode tratarse de obras completas, traducidas ou adaptadas ao nivel de bacharelato, ou ben de antoloxías dunha única ou varias autorías ou que se articulen ao redor de temas concretos. O que se busca fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura con textos atractivos para o alumnado. 2. MÉTODO DE AVALIACIÓN. 1. Avaliación inicial. Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial daqueles/as alumnos/as que non cursaran o curso pasado primeiro no centro. 1. Os/as alumnos/as cubrirán unha ficha (ou informarán oralmente) con datos relativos ás cualificacións obtidas no curso anterio ou asignaturas pendentes. 25
  • 26. 2. Realizarán unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e sintácticos. Nesta proba hase tratar de valora-lo coñecemento que de conceptos de morfoloxía e sintaxe xeral ten o alumnado. 3. Realizarán unha proba escrita sobre contidos de historia e legado. Con esta proba preténdese valorar o grao de coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Roma en xeral e sobre a súa vinculación con España e, en particular, con Galicia. 4. Para coñece-las motivacións e exepectativas dos/as alumnos/as aproveitarase as conversas e intercambios de opinións propias dos primeiros días de clase. 2. AVALIACIÓNS ORDINARIAS. A cualificación de cada avaliación determinarse do seguinte xeito: ((cualificación 1º exame) + (cualificación 2º exame x 2))/3. Hai que aclarar que: 1. cada exame consta de tres partes: 1. 1ª parte: morfoloxía e cuestións teóricas de sintaxe (aporta o 30% da cualificación; para facer media é preciso obter polo menos 4/10). 2. 2ª parte: relectio (non aporta cualificación, pero é preciso obter polo menos 5/10 para aproba-la avaliación). 3. 3ª parte: tradución de texto non visto na aula coa axuda do diccionario. 26
  • 27. 1. Esta proba presentarase seguindo o modelo das probas de latín da PAAU, con exclusión do apartado de literatura latina, que ha ser avaliado por outra vía. 2. Aporta o 70% da cualificación e para facer media é preciso obter polo menos 4/10. 3. A porcentaxe de cualificación correspondente a cada unha das partes desta proba é a mesma que se segue na PAAU. (Tradución ata 6 puntos; análise morfosintáctico ata 1 punto; preguntas sobre o mundo clásico ata 1,5 puntos). 2. A materia da relectio e da parte de morfoloxía e sintaxe teórica non se libera. 3. CUALIFICACIÓN FINAL. A cualificación final establecerase aplicando a seguinte fórmula: ((cualificación 1ª aval.) + (cualificación 2ª aval. x 2) + (cualificación 3ª aval. x 3)) / 6 = X. Ó 85 % de X háselle engadi-lo 15% de Y, respectivamente, sendo Y a cualificación media de tódalas probas de literatura realizadas durante o curso. 4. AVALIACIÓN DOS CONTIDOS DE LITERATURA LATINA. 1. CONTIDOS: Os contidos de literatura latina suporán o 15 % da cualificación final. O 5% deste 15% (0,5/10 da cualificación final) obterase automaticamente coa realiazación dos resumos e presentacións, que é obrigado. A non realización dalgún destes 27
  • 28. traballos suporá automaticamente a non avaliación deste apartado no seu conxunto. O 10 % restante (1/10 da cualificación final) obterase a partir dunha proba final que avalíe o coñecemento destes contidos. Esta proba final pode ser sustituída por probas parciais ó longo do curso. Neste caso a cualificación final será a media exacta destas probas, tendo en conta que non hai cualificación de corte nin recuperacións. 2. LECTURAS: A lectura efectiva dos textos propostos para cada xénero literario levarase a cabo mediante probas ou tests de lecturas. É obrigado acadar o aprobado en todas estas probas para poder aproba-lo curso. 5. IMPORTATE 1. Non hai recuperacións da/s proba/s teórica/s de literatura. 2. Aproba-la 2ª avaliación implica automáticamente recupera- la 2ª (que quedará aprobada con 5 a efectos da media). 3. Aproba-la 3ª avaliación implica automáticamente recupera- la 1ª e 2ª (que quedarán aprobadas con 5 a efectos da media). 4. No caso de que un/unha alumno/a aprobe a 3ª avaliación, tendo suspensa as anteriores ou algunha delas, e a aplicación da fórmula xeral dea unha cualificación inferior á da 3ª avaliación, neste caso a cualificación final poderá ser a da 3ª avaliación, sempre e cando a actitude e traballo durante o curso sexan os axeitados. 28
  • 29. 5. Para poder aproba-lo curso é preciso supera-las probas de control das lecturas obrigadas. ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas de asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada avaliación, este departamento dispón que toda falta non xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise con posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a avaliación independientemente da cualificación obtida. 6. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E PRÁCTICA DOCENTE. Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos de ensino como da práctica docente do profesor, establécense os siguintes procedementos: 1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo menos unha sesión de clase para comentar cos/as alumnos/as a marcha do curso; aspectos relativos á práctica docente do profesor, problemas que lles xurdan cos distintos contidos da asignatura, etc. O obxectivo é manter unha comunicación directa cos/as alumnos/as para poder reflexionar sobre a marcha da asignatura e, sobre todo, sobre a metodoloxía empregada. 2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión 29
  • 30. terase en conta expresa e especialmente os comentarios dos/as alumnos/as. 3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo de cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a práctica docente. 8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS. 1. Manual recomendado: por razóns alleas á vontade deste departamento non é posible poñer como obrigatorio o libro de texto empregado no curso 2009-2010 ( Latín 2.º de Bachillerato, Proyecto Exedra, de Oxford EDUCACIÓN). Este libro pasa a ser considerado coma “manual de referencia”, e fica nas mans deste departamento conseguir que este material estea á disposición dos/as alumnos/as ó menor custo posible. 2. Material obrigado: 1. Diccionario: Diccionario ilustrado vox latino-español, español- latino. 2. Lecturas: (para ve-las edicións recomendadas véxase páxina web) 1. EUTROPIO (HISTORIOGRAFÍA): Breviario. 2. FEDRO (FÁBULA): Fábulas. 3. OVIDIO (ÉPICA): 1. Apolo e Dafne (Metamorfoses 1.452-567) 2. Píramo e Tisbe (Metamorfoses 4.55-166) 3. Orfeo e Eurídice (Metamorfoses 10.1-71) 30
  • 31. 4. CATULO (LÍRICA): Poemas número 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3, 85, 70, 8 e 11. 5. TITO LIVIO (HISTORIOGRAFÍA): A traxedia de Lucrecia (Historia de Roma dende a súa fundación 1.56.4-60). 6. TÁCITO (ORATORIA): Discursos de Calgaco e Agrícola (Agricola, 30-32 e 33-34) 7. PLAUTO (TEATRO): Anfitrión. 3. Materiais varios: na páxina web de Latín II recóllense outros materiais para o estudo dos aforismos latinos, topónimos e composición e derivación (véxase páxina web). 3. Recursos de internet: 1. Obrigados (sempre e cando o/a alumno/a conte con conexión dende a casa): 1. Conta de correo electrónico. 2. Suscrición no foro ou wiki do departamento. 3. Conta en Slideshare. 2. Opcionais: calquera outro recurso que se considere ó longo do curso. 9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. Este departamento ten previsto desenvolve-las seguintes actividades extraescolares cos/as alumnos/as de Latín de 2º de bacharelato: 2ª Avaliación: Festival Grecolatino de teatro de Lugo. Esta planificación poderá ser modificada en función de distintas circunstancias, tanto de dispoñibilidade de días como do comportamento e rendemento académico dos/as alumnos/as. 31
  • 32. 10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as optaron por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade, escolleron entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la mesma consideración ca nas etapas educativas obrigadas. En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula de acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e actividades na forma que resulte máis conveniente. 11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no libro de actas do departamento unha valoración acerca do desenvolvemento da programación. Nesta valoración hase indicar se a programación se está a desenvolver segundo estaba previsto ou non. En caso de non ser así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse propo-las medidas correctoras oportunas. 12. ADDENDA. Tódalas comunicacións oficiais, así como tódalas resolucións que afectan ó desenvolmento da programación (datas de exames, modificacións de contidos, etc.), faranse públicas no blog do departamento, que desenvolve a función de taboleiro de anuncios do departamento. 32
  • 33. En Castro de Rei (Lugo) a 17 de setembro de 2010. Asdo.: Dr. D. Lorenzo Fraga Montero (Xefe de Departamento de Cultura Clásica) 33