SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 38
Descargar para leer sin conexión
TEMA 10.  A POESÍA DE FINAIS DO SÉCULO   XX E PRINCIPIOS DO XXI Lourenço Álvarez LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando  conectado a Internet.  Deste  xeito poderá  accederse  ás  ligazóns   que ao longo dela se propoñen Clicando  sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente  de distintos recursos web ou  cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un  determinado asunto ou texto literario  Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo  de  audio:  poema  musicado, lectura dun texto...
CONTEXTO HISTÓRICO
►   Coa chegada da democracia, o panorama social e cultural muda  radicalmente. Remata a persecución dos usos públicos do galego,  que é recoñecido idioma oficial na nosa comunidade pola Constitu- ción de 1978, e iníciase unha progresiva normalización da lingua ►  Remata o longo proceso de estandarización do galego, coa publi- cación dunha normativa oficial en 1982, que será referencia para  a maior parte das publicacións escritas  ►   Regularízase o ensino de lingua e literatura galegas no ensino non  universitario. Isto supón unha grande revitalización do sector  editorial en lingua galega, tanto na publicación de libros de texto  como de libros de lectura literaria. Ao mesmo tempo provoca a  aparición dunha sorte de subxénero narrativo de temática e  expresión especialmente adaptadas aos gustos adolescentes ►   Créanse novas editoriais e dispárase o número de vendas do libro  en galego. A colaboración institucional, con importantes subven- cións á cultura galega, consolida tamén outros sectores, como o  teatro profesional ou o sector audiovisual CONTEXTO HISTÓRICO
Panorama da poesía desta época O grupo de poetas denominado os  Novísimos  (D. Xoán Cabana, Lois Diéguez...) continúan culti-vando unha poesía de denuncia e reivindicativa. A partir de  Con pólvora e magnolias  (1976) co-mézanse a explorar novos camiños Anos 70 Á par dos/das autores/as de promocións ante-riores (Ferrín, M. María, B. Graña...), vanse con-solidar dúas tendencias predominantes: a cul-turalista  (Álvarez Cáccamo, Fernán Vello..) e a experimental (A. Pexegueiro, A. Reixa...) Anos 80 Prodúcese unha reacción contra o excesivo rigor formal da maioría dos/das autores/as da década dos 80, cara a unha expresión poética máis natural e máis baseada na realidade cotiá (Olga Novo, Chus Pato, Rafa Villar...) Anos 90 e  actualidade
GRANDE ACTIVIDADE POÉTICA Grupos poéticos  Premios literarios Recitais, espec- táculos multidis- ciplinares (con música, vídeo, artes plásticas) Revistas Rompente Cravo Fondo Alén Ronseltz Batallón literario Esquío C. E. Ferreiro Espiral Maior Luzes de Galiza  Dorna Loia Feros corvos
POESÍA  DOS  80 TENDENCIAS PREDOMINANTES Grande elaboración formal, culturalismo, intertex-tualidade, temática culta, reacción contra a estéti-ca socialrealista, intimismo, reflexión introspectiva... Oh, Shakespeare, como tu son un vasalo da Fouce Pesarosa que atenua as ourelas, que trunca o noso canto. Desde o fundo da febre emerxe un halo que se integra nos ópalos da lua, apaga-se na entraña como un manto aloroso a alfazema, derramada cousa en recordo. O tempo transfigura [...] Román Raña ( Extramuros da noite )
Afán experimentador, temática do cotián, espírito transgresor, poesía visual, emprego de caligramas, imaxes,  collages , experiencias multidisciplinares vín-culadas á música, ao vídeo e ás artes plásticas... POESÍA  DOS  80 TENDENCIAS PREDOMINANTES Colectivo Rompente  ( Silabario da turbina )
“ MARÉ DO POBO A ARDER” Vexo un barco do tamaño sideral da angustia cos seus muros lisos como os celeiros da morte que agabea os cons do vento e vén ferido cunha frecha de xofre no costado. Brúa e o seu brado levanta un estoupido de esponxas de vapor.  Pasa o barco por detrás dun horizonte de  [carqueixas, invade o seu perfil as prazas, navega a súa  [sombra por enriba das veigas, esnaquiza a tona de papiro dos ollos e das bocas pálidas. E vai perdendo sangue, de boca aberta e  [víscera arrastrada, a besta espavorida cunha frecha de lume no  [costado. [...] ( Vento de sal ) X. Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO   (Vigo, 1950) Praia das furnas  (1983) Calendario perpetuo  (1997) Vento de sal  (2008) CULTURALISMO
  “ SI VIS PACEM” As mílites murallas, os pórticos castrenses, Vestíbulos e arcadas, alpendres, barracóns, Que deron acollida, serviron de refuxio, Na gloria e na ignominia do éxito e a perda, A aquel que a infantería serviu con dignidade, Murcharon cando a guerra deixou de acalorar Os ánimos e as ánimas, os corpos e as materias E as armas silenciaron o ímpeto do lume, O estrondo e o balbordo de heroica combustión.  Así que nada fica daqueles territorios Gardados contra a noite, erguidos para o día, Que vellos capitáns nun tempo proclamaron Máis válidos que a vida, con prezo superior A todos os que, a centos, podíamos morar Na entraña dos seus cuartos e recintos.[...] ( Refutación da musa ) MANUEL FORCADELA   (Tomiño, 1958) Ferida acústica de río  (1981) O regreso das ninfas  (1985) O varredor en outono  (1987) Refutación da musa  (2001) CULTURALISMO
“ DOA DA TERRA” Dilles que te quería. Sabíao a cerdeira que dá flor en abril e a touliña que volve ás nosas praias coa súa lenda efémera de rumbos. Mais nunca comprendín esa xenreira que preme o corazón das túas xentes; que ofrece fel cando se pide auga, acedo pan cando unha voz se pide. Dilles que te quería. Cantas veces, no soño paseo eses lugares nos que medrou un día a inmemorial nostalxia dos invernos como medran os nenos coa caída dos meses. De vagar deime ó mundo, inutilmente, Coa propensión que os homes van urdindo ós costumes do esquezo. Pero dilles que te quería, nai, que te quería.    ( Pasa un segredo ) RAMIRO FONTE  (Pontedeume, 1957-Barcelona 2008) Designium  (1984) Pasa un segredo  (1988) Adeus Norte  (1991) Reversos   (2008) CULTURALISMO
“ BEIXO NOCTURNO” Sei do beixo nocturno na espiral do desexo.                     O lentísimo labio musculado requeima nun abismo de luz húmida que adentra. Oleosa dozura amornecendo o sangue máis no fondo, máis lácteo cor de rosa, enlameado e puro, recrescido.                     Porque o beixo nocturno ten perfil de serpente en lingua ávida, fluinte e diluída de sementes lunares; [...]   FERNÁN VELLO  (Cospeito, 1958) Do desexo en corpo e sombra  (1983) Memorial de brancura  (1984) Livro das paisaxes vivas  (2008) CULTURALISMO
PILAR PALLARÉS  (Culleredo, 1957) Entre lusco e fusco  (1980) Sétima soidade  (1984) Livro das devoracións  (1996) sentada no café mentres espero e a espera é xa unha inércia sen contornos que me leva a ningures sentada aqui - sen nada mentres morre un home falsamente nunha horrível fita americana sobre os anos cuarenta e un soldado abraza unha enfermeira cos labres incrivelmente ben pintados en plena guerra no teito do café rebulen catro moscas soa fora unha canción tan triste tras a xanela da pensión máis próxima estudan pálidas rapazas medran acensalis nas fendas das pedras conventuais e a señardade é agora tan fosca - tan espida a certeza de ser todo un erro irremediável de alguén que non existe ( De amor e desamor II ) CULTURALISMO POESÍA DO COTIÁN E EXPERIMENTACIÓN
MANUEL RIVAS  (A Coruña, 1957) Libro do entroido  (1979) Balada nas praias do oeste   (1985) Mohicania  (1986) Costa da morte blues  (1994) “ A NEGRA TERRA” De falar, falarei coa terra. A terra verdadeira, a negra terra onde prende a raíz. A terra que se pisa. A terra que se queima e que se crava. Ese enorme lenzo onde o home debuxa o seu    [capricho.  Onde o home se perde e se revolve en sombras.  A negra terra, ese corpo de puta vella con dentes amarelos de  [tabaco,  con olleiras negras de tan azuis. De falar, só con ela falarei e falarei coas mans, docemente coas unllas, coa paixón dun amante, como falan, cando albiscan a morte, os                                              [xabaríns feridos. De falar, falarei coa terra. Coa terra, con esa negra terra que cospe, como sangue do peito, primaveras. ( Mohicania ) POESÍA DO COTIÁN E EXPERIMENTACIÓN
ANTÓN REIXA  (Vigo, 1957) Silabario da turbina  [colecti- vo]   (1978) As ladillas do travestí  (1979) Historia do rock and roll  (1985) Látego de almas  (2008) Conducín todos os quilómetros  Cara a ti  Alegre  Ou triste  Ou falando só  Ou gritándolle a néboa  Ou pedíndolle silencio ao sol  Ou negándolle rostro á lúa  Esvarando nunha autoestrada-bágoa  Longa  Continua  Ondulada  Conxelada  Cun espesor milimetricamente suficiente para resistir  Para chegar a ti . ( Látego de algas ) POESÍA DO COTIÁN E EXPERIMENTACIÓN
poesía experimental
[object Object],[object Object],[object Object],CARACTERÍSTICAS XERAIS Grande  pluralidade estética . Características comúns: Labor editorial : ademais do labor hexemónico de Espiral Maior, aparecen proxectos colectivos sen  ánimo de lucro (edicións do Dragón, Letras de Cal) Proliferación de novos  grupos poéticos   (Ronseltz, Batallón literario da Costa da Morte) Importante incorporación da poesía a  internet , coa aparición  de numerosas páxinas web e blogues Linguaxe directa, ás veces mesmo coloquial. Simplificación formal e conceptual Predominio do subxectivismo e o ton vivencial Marcada preferencia polo versolibrismo Presenza actualizada de temática social 1 2 3 4
Autopoética Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera: Vai un poeta moderado e dille ao cobrador da luz: Vai unha lavandeira e dille a un túmulo: Vai un ce con cedilla e dille a unha tónica: Vai un solpor e dille a un rapaz feo: Vai unha patria pequena e dille a un buzón de correos: Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca: Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X: Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base: Vai a néboa nun verso, saise do poema e acata a Constitución: Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes: Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais: Coas letras iniciais de cada resposta poderá formar o pensamento dun famoso xogador do Deportivo. COLECTIVO RONSELTZ Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados  (1994)
Novoneyra en Nova York I  O poeta paga dez dólares, nunha  gasolineira de Harlem por un Cacaolat Harlem dos negros fumes que ollan de Lonxe!  Eiquí síntese ben o pouco que vale un peso.  II III B.B. King ofrece un recital  Novoneyra, reflexionando desde o piso 122 do Empire  perde o taxi por non estar State Building atento. No bicarelo do bico do brelo  Este taxi que pasa  canta un home negro  ¿é meu ou colleumo ela? no mesmiño bicarelo do bico do brelo. COLECTIVO RONSELTZ Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados  (1994)
Neotrovadorismo (I) Os espárragos son diuréticos E ti es o amor da miña vida E ti es o amor da miña vida Neotrovadorismo (II) (cantiga de amigo, escarnio e maldizer) Antes eras un colega pero agora me cago en tu puta madre me cago en tu puta madre Neotrovadorismo (IV) Ondas do mar de Vigo se vistes meu amigo: que marchei.  COLECTIVO RONSELTZ Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados  (1994)
A praia é enorme   coma un deserto de area   e no centro   a chatarra.   Eu camiño de vagar   seguindo as marcas   das plumas das gueivotas.   Levo un cormorán   prendido da camisa   e a arquitectura dun arao   silencioso.   Pero non hai tenrura   das miñas mans   saco nubes perfumadas   e adéntrome no mar   dou   de beber   ós aeroplanos.  (ESTEVO CREUS   )
XABIER CORDAL MARÍA LADO OLGA NOVO CHUS PATO MIRO VILLAR YOLANDA CASTAÑO RAFA VILLAR ALEXANDRE NERIUM PACO SOUTO LUPE GÓMEZ MARÍA DO CEBREIRO CARLOS NEGRO MARTA DACOSTA GRANDE PROLIFERACIÓN DE AUTORES/AS
CHUS PATO  (Ourense, 1955) Nínive  (1996) m-Talá  (2000) Hordas de escritura  (2008) Ese alguén que acompaña a Cambria a cortar o pelo son eu mentres peitean a miña nai enredo, gústame o arrecendo químico das permanentes, os tubos para moldear e tamén, as lacas, o espello ne-gro que serve como anuncio –As dúas irmás-, como un reiseñor e unha andoriña (non can-tan) [só un instante non poder dicir nunca nada sobre os ceos,  nada sobre a chuvia, nunca  sobre un rostro  ceo pétreo-veloz entrar desde as montañas] elixo un corte igual ao dunha nena-modelo-fo-  tográfica e creo firmemente que me conver-terei ou serei transformada nela [...]  POESÍA DOS 90 E ACTUALIDADE
RAFA VILLAR  (Cee, 1968) Liques de memoria  (1992) Casa ou sombra  (1997) Migracións  (2008) o silencio deixa un rastro de sombras por onde supura o inverno fende as nosas mans e apréixanos irremediabelmente contra o seu van máis alá do seu eco intuímos un rumor agochado que nos conmove e nos dobrega pero é a súa ausencia a que desarma o noso combate desgastando impudicamente o poema ( Escoración dos días ) POESÍA DOS 90 E ACTUALIDADE
YOLANDA CASTAÑO  (Santiago, 1977) Elevar as pálpebras  (1995) Delicia  (1998) O libro da egoísta  (2004) Unha navalla lenta é o proxecto da identidade.  Unha celebración añil o re-coñecemento.    ¿Como deixei que todo isto me sobreviñera?  O meu propio soño marchou de min comigo  Non podo permitir que se me malinterprete    [unha vez máis  ¿Por que me afectas?, ¿por que me afectas    [aínda?.  Unha absurda desposesión infranqueable.    Pero que eu estaría ben, que non cumpren    [coidados xa sabes que total eu  estaría ben, sempre ben, aínda que non se me    [entendese aínda  que perdese a saúde na miña mocidade.  Eu tamén pensaba que podería controlalo.  ¿Por que me desesperas?, ¿por que aínda me    [desesperas?. [...]   ( Polifonías ) POESÍA DOS 90 E ACTUALIDADE
A POESÍA DE FINAIS DO SÉC. XX E XXI ESQUEMA PARA IMPRIMIR PANORAMA DA POESÍA DA ÉPOCA ►  ANOS 70:  O grupo de poetas denominado os  Novísimos  (Darío Xoán Cabana, Lois Diéguez...) continúan cultivando  unha poesía de  denuncia e reivindicativa. A partir de  Con pólvora e magnolias  (1976) comézanse a explorar no- vos camiños ►  ANOS 80 : Á par dos autores de promocións anteriores (Méndez Ferrín, Manuel María, Bernardino Graña...), van- se consolidar dúas tendencias predominantes: a culturalista (Álvarez Cáccamo, Fernán Vello..) e a experimental  (Xavier Seoane, Antón Reixa...) ►  ANOS 90 E ACTUALIDADE : Prodúcese unha reacción contra o excesivo rigor formal da maioría dos autores da  década dos 80, cara a unha expresión poética máis natural e máis baseada na realidade cotiá (Chus Pato, Olga  Novo, Rafa Villar, Yolanda Castaño...) GRANDE ACTIVIDADE POÉTICA ►  Grupos poéticos : Rompente, Cravo Fondo, Alén, Ronseltz, Batallón Literario da Costa da Morte... ►  Revistas :  Luzes de Galiza, Dorna, Loia, Feros Corvos ... ►  Premios literarios : Esquío, Celso Emilio Ferreiro, Galicia, Espiral Maior... ►  Recitais poéticos, espectáculos multidisciplinares  (combinando poesía con música, vídeo e artes plásticas) A POESÍA DOS 80 ►  TENDENCIA   CULTURALISTA :  Grande elaboración formal, culturalismo, intertextualidade, temática culta,  reacción contra a estética socialrealista, intimismo, reflexión introspectiva... -  Autores:  Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Ramiro Fonte, M. Anxo Fernán Vello, Román Raña... ►  TENDENCIA DO COTIÁN E EXPERIMENTACIÓN :  Afán experimentador, temática do cotián, espírito trans- gresor, poesía visual, emprego de caligramas, imaxes,  collages , experiencias multidisciplinares vínculadas á  música, ao vídeo e ás artes plásticas... -  Autores/as:  Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Antón Reixa, Alfonso Pexegueiro, Xavier Seoane, Antón Lopo...
A POESÍA DOS 90 E DA ACTUALIDADE ►  CARACTERÍSTICAS XERAIS :  -  Labor editorial : ademais do labor hexemónico de Espiral Maior, aparecen proxectos colectivos sen  ánimo de  lucro (Edicións do Dragón, Letras de Cal)  - Importante incorporación da poesía a  internet , coa aparición de numerosas páxinas web e blogues - Grande  pluralidade estética .  Características comúns : •  Linguaxe directa, ás veces mesmo coloquial •  Simplificación formal e conceptual •  Predominio do subxectivismo e o ton vivencial •  Marcada preferencia polo versolibrismo •  Presenza actualizada de temática social - Proliferación de novos  grupos poéticos : Ronseltz, Batallón Literario da Costa da Morte ►  AUTORES/AS :  Chus Pato, Miro Villar, Rafa Villar, Olga Novo, Xavier Cordal, Marta Dacosta, Lupe Gómez, Yolan- da Castaño, María Lado...
PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web  de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas (1)   COLECTIVO ROMPENTE,  Silabario da turbina,  ed. dos autores, Vigo, 1978 (portada) (3)   A. R. REIXA,  Historia do rock and roll,  Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1985 (portada) (2)   COLECTIVO ROMPENTE,  Silabario da turbina,  ed. dos autores, Vigo, 1978 (páxs. 26-27, 13, 49, 46-47e 82) (1) (2) (2) (2) (2) (3) (2)
(1)   COLECTIVO ROMPENTE,  Silabario da turbina,  ed. dos autores, Vigo, 1978 (portada) (3)   MANUEL R. ROMÓN,  Galletas kokoschka non,  Rompente edicións, Vigo, 1979 (portada e páx. 9) (2)   ALBERTO AVENDAÑO,  Facer pulgarcitos tres,  Rompente edicións, Vigo, 1979 (portada e páxs. 44-45) (4)   A. R. REIXA,  Historia do rock and roll,  Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1985 (páxs. 19 e 17) (5)   RAÚL REGUERA E XAVIER SEOANE,  Poesía experimental,  ed. dos autores, A Coruña, 1978 (portada e páxs. 74-75) (1) (2) ( 2 ) ( 3 ) ( 3 ) ( 4 ) ( 4 ) ( 5 ) ( 5 )
 
 
 
 
 
 
 
 
VOLVER  A POESÍA DOS 80

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Federico García Lorca
Federico García LorcaFederico García Lorca
Federico García Lorcahpalmada
 
Os Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do RexurdimentoOs Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do Rexurdimentonoagaliza
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaRomán Landín
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XXxenevra
 
Vicent Andrés Estellés i el poemari Llibre de Meravelles (1971)
Vicent Andrés Estellés i el poemari Llibre de Meravelles (1971)Vicent Andrés Estellés i el poemari Llibre de Meravelles (1971)
Vicent Andrés Estellés i el poemari Llibre de Meravelles (1971)Antoni de la Torre
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Marlou
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
Modernisme, Noucentisme I Avantguarda
Modernisme, Noucentisme I AvantguardaModernisme, Noucentisme I Avantguarda
Modernisme, Noucentisme I AvantguardaFrancesc March
 
La narrativa catalana en els anys posteriors a la Guerra Civil i fins els any...
La narrativa catalana en els anys posteriors a la Guerra Civil i fins els any...La narrativa catalana en els anys posteriors a la Guerra Civil i fins els any...
La narrativa catalana en els anys posteriors a la Guerra Civil i fins els any...esther_montesinos
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismoxenevra
 

La actualidad más candente (20)

Federico García Lorca
Federico García LorcaFederico García Lorca
Federico García Lorca
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
Os Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do RexurdimentoOs Precursores do Rexurdimento
Os Precursores do Rexurdimento
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
Vicent Andrés Estellés i el poemari Llibre de Meravelles (1971)
Vicent Andrés Estellés i el poemari Llibre de Meravelles (1971)Vicent Andrés Estellés i el poemari Llibre de Meravelles (1971)
Vicent Andrés Estellés i el poemari Llibre de Meravelles (1971)
 
Vicent andrés estellés 1
Vicent andrés estellés 1Vicent andrés estellés 1
Vicent andrés estellés 1
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Modernisme, Noucentisme I Avantguarda
Modernisme, Noucentisme I AvantguardaModernisme, Noucentisme I Avantguarda
Modernisme, Noucentisme I Avantguarda
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
La narrativa catalana en els anys posteriors a la Guerra Civil i fins els any...
La narrativa catalana en els anys posteriors a la Guerra Civil i fins els any...La narrativa catalana en els anys posteriors a la Guerra Civil i fins els any...
La narrativa catalana en els anys posteriors a la Guerra Civil i fins els any...
 
Víctor Català
Víctor CatalàVíctor Català
Víctor Català
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismo
 

Similar a 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Luís Pimentel
Luís PimentelLuís Pimentel
Luís Pimentelsmesias
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegasfontexeriabib
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasfilmotecaforum
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 

Similar a 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi (20)

2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Luís Pimentel
Luís PimentelLuís Pimentel
Luís Pimentel
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
QVARE LINGVA LATINA
QVARE LINGVA LATINAQVARE LINGVA LATINA
QVARE LINGVA LATINA
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 

Más de Lourenço Alvarez Ruiz (9)

Sintaxe tradicional
Sintaxe tradicionalSintaxe tradicional
Sintaxe tradicional
 
Aspectos de Semántica. Material de apoio
Aspectos de Semántica. Material de apoioAspectos de Semántica. Material de apoio
Aspectos de Semántica. Material de apoio
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 
Poesía experimental
Poesía experimentalPoesía experimental
Poesía experimental
 
TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)
TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)
TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)
 
Entroido 2
Entroido 2Entroido 2
Entroido 2
 
Entroido 1
Entroido 1Entroido 1
Entroido 1
 
Entroido 3
Entroido 3Entroido 3
Entroido 3
 
Xeografia De Galiza
Xeografia De GalizaXeografia De Galiza
Xeografia De Galiza
 

10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

  • 1. TEMA 10. A POESÍA DE FINAIS DO SÉCULO XX E PRINCIPIOS DO XXI Lourenço Álvarez LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
  • 2. Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto...
  • 4. Coa chegada da democracia, o panorama social e cultural muda radicalmente. Remata a persecución dos usos públicos do galego, que é recoñecido idioma oficial na nosa comunidade pola Constitu- ción de 1978, e iníciase unha progresiva normalización da lingua ► Remata o longo proceso de estandarización do galego, coa publi- cación dunha normativa oficial en 1982, que será referencia para a maior parte das publicacións escritas ► Regularízase o ensino de lingua e literatura galegas no ensino non universitario. Isto supón unha grande revitalización do sector editorial en lingua galega, tanto na publicación de libros de texto como de libros de lectura literaria. Ao mesmo tempo provoca a aparición dunha sorte de subxénero narrativo de temática e expresión especialmente adaptadas aos gustos adolescentes ► Créanse novas editoriais e dispárase o número de vendas do libro en galego. A colaboración institucional, con importantes subven- cións á cultura galega, consolida tamén outros sectores, como o teatro profesional ou o sector audiovisual CONTEXTO HISTÓRICO
  • 5. Panorama da poesía desta época O grupo de poetas denominado os Novísimos (D. Xoán Cabana, Lois Diéguez...) continúan culti-vando unha poesía de denuncia e reivindicativa. A partir de Con pólvora e magnolias (1976) co-mézanse a explorar novos camiños Anos 70 Á par dos/das autores/as de promocións ante-riores (Ferrín, M. María, B. Graña...), vanse con-solidar dúas tendencias predominantes: a cul-turalista (Álvarez Cáccamo, Fernán Vello..) e a experimental (A. Pexegueiro, A. Reixa...) Anos 80 Prodúcese unha reacción contra o excesivo rigor formal da maioría dos/das autores/as da década dos 80, cara a unha expresión poética máis natural e máis baseada na realidade cotiá (Olga Novo, Chus Pato, Rafa Villar...) Anos 90 e actualidade
  • 6. GRANDE ACTIVIDADE POÉTICA Grupos poéticos Premios literarios Recitais, espec- táculos multidis- ciplinares (con música, vídeo, artes plásticas) Revistas Rompente Cravo Fondo Alén Ronseltz Batallón literario Esquío C. E. Ferreiro Espiral Maior Luzes de Galiza Dorna Loia Feros corvos
  • 7. POESÍA DOS 80 TENDENCIAS PREDOMINANTES Grande elaboración formal, culturalismo, intertex-tualidade, temática culta, reacción contra a estéti-ca socialrealista, intimismo, reflexión introspectiva... Oh, Shakespeare, como tu son un vasalo da Fouce Pesarosa que atenua as ourelas, que trunca o noso canto. Desde o fundo da febre emerxe un halo que se integra nos ópalos da lua, apaga-se na entraña como un manto aloroso a alfazema, derramada cousa en recordo. O tempo transfigura [...] Román Raña ( Extramuros da noite )
  • 8. Afán experimentador, temática do cotián, espírito transgresor, poesía visual, emprego de caligramas, imaxes, collages , experiencias multidisciplinares vín-culadas á música, ao vídeo e ás artes plásticas... POESÍA DOS 80 TENDENCIAS PREDOMINANTES Colectivo Rompente ( Silabario da turbina )
  • 9. “ MARÉ DO POBO A ARDER” Vexo un barco do tamaño sideral da angustia cos seus muros lisos como os celeiros da morte que agabea os cons do vento e vén ferido cunha frecha de xofre no costado. Brúa e o seu brado levanta un estoupido de esponxas de vapor. Pasa o barco por detrás dun horizonte de [carqueixas, invade o seu perfil as prazas, navega a súa [sombra por enriba das veigas, esnaquiza a tona de papiro dos ollos e das bocas pálidas. E vai perdendo sangue, de boca aberta e [víscera arrastrada, a besta espavorida cunha frecha de lume no [costado. [...] ( Vento de sal ) X. Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO (Vigo, 1950) Praia das furnas (1983) Calendario perpetuo (1997) Vento de sal (2008) CULTURALISMO
  • 10. SI VIS PACEM” As mílites murallas, os pórticos castrenses, Vestíbulos e arcadas, alpendres, barracóns, Que deron acollida, serviron de refuxio, Na gloria e na ignominia do éxito e a perda, A aquel que a infantería serviu con dignidade, Murcharon cando a guerra deixou de acalorar Os ánimos e as ánimas, os corpos e as materias E as armas silenciaron o ímpeto do lume, O estrondo e o balbordo de heroica combustión. Así que nada fica daqueles territorios Gardados contra a noite, erguidos para o día, Que vellos capitáns nun tempo proclamaron Máis válidos que a vida, con prezo superior A todos os que, a centos, podíamos morar Na entraña dos seus cuartos e recintos.[...] ( Refutación da musa ) MANUEL FORCADELA (Tomiño, 1958) Ferida acústica de río (1981) O regreso das ninfas (1985) O varredor en outono (1987) Refutación da musa (2001) CULTURALISMO
  • 11. “ DOA DA TERRA” Dilles que te quería. Sabíao a cerdeira que dá flor en abril e a touliña que volve ás nosas praias coa súa lenda efémera de rumbos. Mais nunca comprendín esa xenreira que preme o corazón das túas xentes; que ofrece fel cando se pide auga, acedo pan cando unha voz se pide. Dilles que te quería. Cantas veces, no soño paseo eses lugares nos que medrou un día a inmemorial nostalxia dos invernos como medran os nenos coa caída dos meses. De vagar deime ó mundo, inutilmente, Coa propensión que os homes van urdindo ós costumes do esquezo. Pero dilles que te quería, nai, que te quería. ( Pasa un segredo ) RAMIRO FONTE (Pontedeume, 1957-Barcelona 2008) Designium (1984) Pasa un segredo (1988) Adeus Norte (1991) Reversos (2008) CULTURALISMO
  • 12. “ BEIXO NOCTURNO” Sei do beixo nocturno na espiral do desexo.                     O lentísimo labio musculado requeima nun abismo de luz húmida que adentra. Oleosa dozura amornecendo o sangue máis no fondo, máis lácteo cor de rosa, enlameado e puro, recrescido.                     Porque o beixo nocturno ten perfil de serpente en lingua ávida, fluinte e diluída de sementes lunares; [...] FERNÁN VELLO (Cospeito, 1958) Do desexo en corpo e sombra (1983) Memorial de brancura (1984) Livro das paisaxes vivas (2008) CULTURALISMO
  • 13. PILAR PALLARÉS (Culleredo, 1957) Entre lusco e fusco (1980) Sétima soidade (1984) Livro das devoracións (1996) sentada no café mentres espero e a espera é xa unha inércia sen contornos que me leva a ningures sentada aqui - sen nada mentres morre un home falsamente nunha horrível fita americana sobre os anos cuarenta e un soldado abraza unha enfermeira cos labres incrivelmente ben pintados en plena guerra no teito do café rebulen catro moscas soa fora unha canción tan triste tras a xanela da pensión máis próxima estudan pálidas rapazas medran acensalis nas fendas das pedras conventuais e a señardade é agora tan fosca - tan espida a certeza de ser todo un erro irremediável de alguén que non existe ( De amor e desamor II ) CULTURALISMO POESÍA DO COTIÁN E EXPERIMENTACIÓN
  • 14. MANUEL RIVAS (A Coruña, 1957) Libro do entroido (1979) Balada nas praias do oeste (1985) Mohicania (1986) Costa da morte blues (1994) “ A NEGRA TERRA” De falar, falarei coa terra. A terra verdadeira, a negra terra onde prende a raíz. A terra que se pisa. A terra que se queima e que se crava. Ese enorme lenzo onde o home debuxa o seu [capricho. Onde o home se perde e se revolve en sombras. A negra terra, ese corpo de puta vella con dentes amarelos de [tabaco, con olleiras negras de tan azuis. De falar, só con ela falarei e falarei coas mans, docemente coas unllas, coa paixón dun amante, como falan, cando albiscan a morte, os                                             [xabaríns feridos. De falar, falarei coa terra. Coa terra, con esa negra terra que cospe, como sangue do peito, primaveras. ( Mohicania ) POESÍA DO COTIÁN E EXPERIMENTACIÓN
  • 15. ANTÓN REIXA (Vigo, 1957) Silabario da turbina [colecti- vo] (1978) As ladillas do travestí (1979) Historia do rock and roll (1985) Látego de almas (2008) Conducín todos os quilómetros Cara a ti Alegre Ou triste Ou falando só Ou gritándolle a néboa Ou pedíndolle silencio ao sol Ou negándolle rostro á lúa Esvarando nunha autoestrada-bágoa Longa Continua Ondulada Conxelada Cun espesor milimetricamente suficiente para resistir Para chegar a ti . ( Látego de algas ) POESÍA DO COTIÁN E EXPERIMENTACIÓN
  • 17.
  • 18. Autopoética Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera: Vai un poeta moderado e dille ao cobrador da luz: Vai unha lavandeira e dille a un túmulo: Vai un ce con cedilla e dille a unha tónica: Vai un solpor e dille a un rapaz feo: Vai unha patria pequena e dille a un buzón de correos: Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca: Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X: Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base: Vai a néboa nun verso, saise do poema e acata a Constitución: Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes: Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais: Coas letras iniciais de cada resposta poderá formar o pensamento dun famoso xogador do Deportivo. COLECTIVO RONSELTZ Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994)
  • 19. Novoneyra en Nova York I O poeta paga dez dólares, nunha gasolineira de Harlem por un Cacaolat Harlem dos negros fumes que ollan de Lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que vale un peso. II III B.B. King ofrece un recital Novoneyra, reflexionando desde o piso 122 do Empire perde o taxi por non estar State Building atento. No bicarelo do bico do brelo Este taxi que pasa canta un home negro ¿é meu ou colleumo ela? no mesmiño bicarelo do bico do brelo. COLECTIVO RONSELTZ Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994)
  • 20. Neotrovadorismo (I) Os espárragos son diuréticos E ti es o amor da miña vida E ti es o amor da miña vida Neotrovadorismo (II) (cantiga de amigo, escarnio e maldizer) Antes eras un colega pero agora me cago en tu puta madre me cago en tu puta madre Neotrovadorismo (IV) Ondas do mar de Vigo se vistes meu amigo: que marchei. COLECTIVO RONSELTZ Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994)
  • 21. A praia é enorme  coma un deserto de area  e no centro  a chatarra.  Eu camiño de vagar  seguindo as marcas  das plumas das gueivotas.  Levo un cormorán  prendido da camisa  e a arquitectura dun arao  silencioso.  Pero non hai tenrura  das miñas mans  saco nubes perfumadas  e adéntrome no mar  dou  de beber  ós aeroplanos.  (ESTEVO CREUS   )
  • 22. XABIER CORDAL MARÍA LADO OLGA NOVO CHUS PATO MIRO VILLAR YOLANDA CASTAÑO RAFA VILLAR ALEXANDRE NERIUM PACO SOUTO LUPE GÓMEZ MARÍA DO CEBREIRO CARLOS NEGRO MARTA DACOSTA GRANDE PROLIFERACIÓN DE AUTORES/AS
  • 23. CHUS PATO (Ourense, 1955) Nínive (1996) m-Talá (2000) Hordas de escritura (2008) Ese alguén que acompaña a Cambria a cortar o pelo son eu mentres peitean a miña nai enredo, gústame o arrecendo químico das permanentes, os tubos para moldear e tamén, as lacas, o espello ne-gro que serve como anuncio –As dúas irmás-, como un reiseñor e unha andoriña (non can-tan) [só un instante non poder dicir nunca nada sobre os ceos, nada sobre a chuvia, nunca sobre un rostro ceo pétreo-veloz entrar desde as montañas] elixo un corte igual ao dunha nena-modelo-fo- tográfica e creo firmemente que me conver-terei ou serei transformada nela [...] POESÍA DOS 90 E ACTUALIDADE
  • 24. RAFA VILLAR (Cee, 1968) Liques de memoria (1992) Casa ou sombra (1997) Migracións (2008) o silencio deixa un rastro de sombras por onde supura o inverno fende as nosas mans e apréixanos irremediabelmente contra o seu van máis alá do seu eco intuímos un rumor agochado que nos conmove e nos dobrega pero é a súa ausencia a que desarma o noso combate desgastando impudicamente o poema ( Escoración dos días ) POESÍA DOS 90 E ACTUALIDADE
  • 25. YOLANDA CASTAÑO (Santiago, 1977) Elevar as pálpebras (1995) Delicia (1998) O libro da egoísta (2004) Unha navalla lenta é o proxecto da identidade. Unha celebración añil o re-coñecemento.   ¿Como deixei que todo isto me sobreviñera? O meu propio soño marchou de min comigo Non podo permitir que se me malinterprete [unha vez máis ¿Por que me afectas?, ¿por que me afectas [aínda?. Unha absurda desposesión infranqueable.   Pero que eu estaría ben, que non cumpren [coidados xa sabes que total eu estaría ben, sempre ben, aínda que non se me [entendese aínda que perdese a saúde na miña mocidade. Eu tamén pensaba que podería controlalo. ¿Por que me desesperas?, ¿por que aínda me [desesperas?. [...] ( Polifonías ) POESÍA DOS 90 E ACTUALIDADE
  • 26. A POESÍA DE FINAIS DO SÉC. XX E XXI ESQUEMA PARA IMPRIMIR PANORAMA DA POESÍA DA ÉPOCA ► ANOS 70: O grupo de poetas denominado os Novísimos (Darío Xoán Cabana, Lois Diéguez...) continúan cultivando unha poesía de denuncia e reivindicativa. A partir de Con pólvora e magnolias (1976) comézanse a explorar no- vos camiños ► ANOS 80 : Á par dos autores de promocións anteriores (Méndez Ferrín, Manuel María, Bernardino Graña...), van- se consolidar dúas tendencias predominantes: a culturalista (Álvarez Cáccamo, Fernán Vello..) e a experimental (Xavier Seoane, Antón Reixa...) ► ANOS 90 E ACTUALIDADE : Prodúcese unha reacción contra o excesivo rigor formal da maioría dos autores da década dos 80, cara a unha expresión poética máis natural e máis baseada na realidade cotiá (Chus Pato, Olga Novo, Rafa Villar, Yolanda Castaño...) GRANDE ACTIVIDADE POÉTICA ► Grupos poéticos : Rompente, Cravo Fondo, Alén, Ronseltz, Batallón Literario da Costa da Morte... ► Revistas : Luzes de Galiza, Dorna, Loia, Feros Corvos ... ► Premios literarios : Esquío, Celso Emilio Ferreiro, Galicia, Espiral Maior... ► Recitais poéticos, espectáculos multidisciplinares (combinando poesía con música, vídeo e artes plásticas) A POESÍA DOS 80 ► TENDENCIA CULTURALISTA : Grande elaboración formal, culturalismo, intertextualidade, temática culta, reacción contra a estética socialrealista, intimismo, reflexión introspectiva... - Autores: Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Ramiro Fonte, M. Anxo Fernán Vello, Román Raña... ► TENDENCIA DO COTIÁN E EXPERIMENTACIÓN : Afán experimentador, temática do cotián, espírito trans- gresor, poesía visual, emprego de caligramas, imaxes, collages , experiencias multidisciplinares vínculadas á música, ao vídeo e ás artes plásticas... - Autores/as: Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Antón Reixa, Alfonso Pexegueiro, Xavier Seoane, Antón Lopo...
  • 27. A POESÍA DOS 90 E DA ACTUALIDADE ► CARACTERÍSTICAS XERAIS : - Labor editorial : ademais do labor hexemónico de Espiral Maior, aparecen proxectos colectivos sen ánimo de lucro (Edicións do Dragón, Letras de Cal) - Importante incorporación da poesía a internet , coa aparición de numerosas páxinas web e blogues - Grande pluralidade estética . Características comúns : • Linguaxe directa, ás veces mesmo coloquial • Simplificación formal e conceptual • Predominio do subxectivismo e o ton vivencial • Marcada preferencia polo versolibrismo • Presenza actualizada de temática social - Proliferación de novos grupos poéticos : Ronseltz, Batallón Literario da Costa da Morte ► AUTORES/AS : Chus Pato, Miro Villar, Rafa Villar, Olga Novo, Xavier Cordal, Marta Dacosta, Lupe Gómez, Yolan- da Castaño, María Lado...
  • 28. PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas (1) COLECTIVO ROMPENTE, Silabario da turbina, ed. dos autores, Vigo, 1978 (portada) (3) A. R. REIXA, Historia do rock and roll, Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1985 (portada) (2) COLECTIVO ROMPENTE, Silabario da turbina, ed. dos autores, Vigo, 1978 (páxs. 26-27, 13, 49, 46-47e 82) (1) (2) (2) (2) (2) (3) (2)
  • 29. (1) COLECTIVO ROMPENTE, Silabario da turbina, ed. dos autores, Vigo, 1978 (portada) (3) MANUEL R. ROMÓN, Galletas kokoschka non, Rompente edicións, Vigo, 1979 (portada e páx. 9) (2) ALBERTO AVENDAÑO, Facer pulgarcitos tres, Rompente edicións, Vigo, 1979 (portada e páxs. 44-45) (4) A. R. REIXA, Historia do rock and roll, Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1985 (páxs. 19 e 17) (5) RAÚL REGUERA E XAVIER SEOANE, Poesía experimental, ed. dos autores, A Coruña, 1978 (portada e páxs. 74-75) (1) (2) ( 2 ) ( 3 ) ( 3 ) ( 4 ) ( 4 ) ( 5 ) ( 5 )
  • 30.  
  • 31.  
  • 32.  
  • 33.  
  • 34.  
  • 35.  
  • 36.  
  • 37.  
  • 38. VOLVER A POESÍA DOS 80