SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 62
Iñigo Isequilla Román 2ºBach C EL  LEGADO DE  HIPÓCRATES
Pedro García Barreno, o autor deste libro, é un médico especialista en ciruxía, investigador e esnaista español. Foi director do Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid.É catedrático de fisiopatoloxía e propedéutica quirúrxicas na Universidad Complutense de Madrid. Tamén é membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e da Real Academia Española, onde ocupa o sillón “a minúscula”.
O libro atópase dividido en 8 grandes capítulos que á súa vez estan subdivididos en pequenos capítulos. Estes subcapítulos o que fan é falar de aspectos concretos sobre os grandes temas da medicina.  O que farei neste traballo é centrarme nos aspectos que me parecen máis interesantes, como poden ser os aspectos propios da medicina, tocando só por riba os capítulos que se refiren á historia da medicina.
HUMORES E DISCRASIAS
Neste capítulo se fai un resumo dos puntos de vista da medicina e a súa evolucion ao longo dos séculos, dende o antigo Exipto ata as interpretacións dos séculos recentes. A teoría que se mantivo durante máis tempo foi a teoría dos catro humores. Esta teoría afirmaba que o corpo humano estaba formado por catro “líquidos” nunha proporción fixa, e as enfermidades están provocadas pola alteración na proporción de un dos catro. Estes eran a sangue, a flema, a bilis amarela e a bilis negra. No seguinte cadro vese un resumo das características desta teoría.
Teoría dos catro humores
No antigo Exipto destacaron como científicos adicados á medicina Edwin Smith e Ebers. Despois en Grecia cabe destacar á persoa que dá nome a este libro, Hipócrates, creador do xuramento que hoxe en día aínda realizan os médicos. Esta sociedade Grega servirá de base para o crecente Islam. Xa moito máis adiante, no medievo, produciuse a separación da Igrexa e a medicina coa fin de preservar a dignidade da Igrexa. Produciuse polo tanto unha convivencia entre a terapia secular e a relixiosa. A medicina chegou ás universidades no século XII, e era moi complicado facerse médico. A partir de ahí creáronse 3 tipos de médicos, físicos, ciruxan-barbeiros e apotecarios (que evolucionarían aos actuais farmacéuticos). E na universidade o que se ensinaba era básicamente a xa mencionada teoría dos catro humores, así como se lle daba moitísima importancia ás influencias astrolóxicas, isto é ao horóscopo. Polo tanto, este brevísimo repaso pola historia da medicina (1º capítulo) poderíase resumir en: MEDICINA ANTIGA = CATRO HUMORES + HORÓSCOPO
A  ECLOSIÓN  DA  MEDICINA
Neste segunda gran división, se fala do proceso que fixo que a medicina abandonase os métodos rudimentarios tradicionais e fose avanzando pouco a pouco grazas á intervención de científicos pioneiros que investigaban pola súa conta, como poden ser Paracelso, Lavoisier o Paul Erlich.
A versión moderna do corpo humano Paracelso, no século XVI, foi o primeiro científico que rechazou a teoría dos catro humores, e defendeu que a putrefacción e a fermentación están dentro das funcións biolóxicas do corpo humano. Os seus novos principios para as preparacións foron compostos químicos de acordo a fórmulas estándar.
As primeiras láminas que ilustraban unha pretendida anatomía moderna apareceron no ano 1536. en 1538, Vesalio dedicaba aos seus estudantes á disección, polo que pouco a pouco se vai a ir avanzando no coñecemento do noso corpo humano. A  Fábrica  constitúe o primeiro libro de anatomía humana, e foi publicado por Juan Oporino, en Basilea.
O medio interno Lavoisier levou a cabo investigacións que o levaron a concluir que “a máquina animal está gobernada por tres reguladores principais: respiración, traspiración e diestión”. Esta foi a nova concepción ou fisioloxía moderna. Despois chegaría a lei de Avogadro que permitiu a investigación sobre as reaccións encimáticas do noso corpo, colaborando deste modo ao mellor coñecemento propio.
O Proxecto Xenoma Humano
Este proxecto foi fundado en 1990 coa finalidade de, unha vez conseguida a secuenciación completa do ADN, identificar tódolos xenes que o compoñen, a súa localización e a súa función. Isto foi a chave da medicina molecular. Esta ciencia xenómica modificará radicalmente 3 aspectos da medicina: a natureza do contrato médico, a perspectiva da enfermidade polo enfermo e polo médico, e o contexto social e cultural no que o contrato médico ten lugar. Neste vídeo se explica moi ben o PXH: http://www.youtube.com/watch?v=ZwBZpKWwYQo
A Organización Mundial da Saúde Foi creada o día 7 de abril de 1948 coa finalidade de desempeñar unha función de liderazgo nos asuntos sanitarios mundiais, configurar a axenda das investigacións en saúde, establecer normas, articular opcións de política basadas na evidencia, prestar apoio técnico a os países e vixiar as tendencias sanitarias mundiais.
Por exemplo a OMS xogou un papel moi importante nos últimos anos contra a gripe a
1400 GRAMOS
Aquí se nos fai unha relación do cerebro humano e das neuronas, así como das enfermidades que nos poden afectar. É dicir, trátase o que ven sendo o sistema nervioso humano.
Neuronas O cerebro humano ten cerca de 28.000 millóns de neuronas unidas entre si por 10 billóns de contactos. O cerebro contén dúas clases de células, as neuronas e as células da glía. As neuronas en xeral teñen un núcleo central, un axón longo polo que emiten o impulso nervioso e moitas dendridas por onde o reciben doutras neuronas.
As células gliales, que igualan ou exceden en número ás neuronas, non transmiten sinais pero desempeñan unha serie de funcións imprescindibles; algunhas actúan como elementos de soporte da estrutura cerebral, outras sintetizan as vainas de mielina que recobren a maioría dos axóns, moitas actúan como elementos de limpeza, e outras actúan como medio para nutrir ás neuronas. As máis coñecidas son as células de Schwann, que recobren os axóns coas vainas de mielina.
Aquí hai videos explicatorios das neuronas e das células gliales: http://www.youtube.com/watch?v=Krabo0GPc5A http://www.youtube.com/watch?v=DJe3_3XsBOg
Esta enfermidade mental ten síntomas variados e inquedantes que xeralmente se manifestan ao final da adolescencia ou a comezos da idade adulta.  Afecta ao 1% da poboación, e é unha enfermidade devastadora e crónica. Os síntomas son alucinacións auditivas, imposibilidad de manter atención, pérdida da sensación de placer, perda da vontade, empobrecemento da capacidade mental e da fala e ausencia de afecto e retraimento social. É distintiva da especie humana. Esquizofrenia
Adición a estupefacientes As drogas inducen estados placenteros ou liberación de estrés. Pero o consumo continuado induce cambios adaptativos no sistema nervioso central que leva á tolerancia, dependencia física, psicolóxica, hipersensibilización e recaída. As drogas actúan sobre os neurotransmisores das neuronas. O exemplo máis claro desta dependencia é o tabaco.
Enfermidade de Alzheimer É un trastorno neurodexenerativo progresivo que se caracteriza por perda de memoria e disfunción cognitiva. Na actualidade afecta a máis de 15 millóns de persoas e se espera que no ano 2025 este número se triplique. O descubridor desta enfermidada foi Alois Alzheimer, no ano 1906
Enfermidade de Parkinson Produce o trastorno neurodexenerativo do movemento, que responde á administración de l-dopa e, neuropatolóxicamente, pola presenza de corpos de Lewy. O científico que da nome a esta enfermidade foi James Parkinson.
A REBELIÓN DOS MICROBIOS
Pandemias históricas As pandemias son enfermidades que afectan a todo un continente. As primeiras se deron en Atenas e Cartago no século IV a.C. Despois dunha amnistía de 500 anos, apareceu en Roma un tipo moi agresivo de malaria despois da erupción do Vesubio. No século XVI , despois da colonización americana, houbo unha serie de epidemias, e a máis grave de todas foi a da viruela, que se extendeu por todo o mundo acabando con moitas vidas en distintas fases de expansión. E no século XX, as principais pandemias estiveron provocadas pola gripe, e nestes últimos anos deuse a gripe aviar e a famosa gripe A.
http://www.youtube.com/watch?v=dlZbv4tSgP8
Vacinas Co antecedente de Paracelso, en 1717 Mary Wortley deu a coñecer que as campesiñas turcas celebraban reunións coa fin de inocular aos seus fillos con material procedente de lesións de viruela. Zabdiel Bolyston, un médico de Boston, inoculou a case 250 persoas, pero o 2% morría, polo que non era seguro o procedemento, e relegouse a súa práctica. Benjamin Testy probara a técnica coa súa muller e os seus fillos. Ao pouco houbo unha epidemia e non se viron afectados, foi todo un éxito. A vacinación contra a viruela é o resultado da fusión da ciencia médica e a cooperación internacional mediada pola OMS.
A vacunación é unha estratexia médica que estimula o sistema inmunolóxico para protexer o organismo contra un axente patóxeno específico antes da súa exposicion ao mesmo. Os principios de Pasteur (aislar e inactivar) non poden ser aplicados a microbios que non poden cultivarse. Estes deberían ser tratados coas vacinas xénicas, pero estas aínda están en proceso experimental. Esta consistiria no mesmo, pero o inxectado entraría nas células e modificaría algún xene para iniciar o proceso de biosíntese da proteína antixénica (vacina)
Comezáronse a utilizar grazas á serendipia que se deu para que Alexander Fleming descubrise o que chamou “penicilina”. Antes de marchar de vacacións, deixou unha placa de cultivo impregnada cunha bacteria no laboratorio. Á volta, a placa mostraba un bo crecemento do microorganismo e unha colonia de Penicillum (a bacteria) rodeada dun halo de medio de cultivo claro. O hongo debía de producir algún composto inhibidor do crecemento da bacteria. Antibióticos
Déronse tres condicións claves para o descubrimento de Fleming: a contaminación da placa de cultivo, o hongo non crece a temperatura corporal e unha ola de calor que se daba naquel momento que estimulou á bacteria. Fleming investigou e dende entón, utilízase a penicilina como principal medio antibiótico. http://www.youtube.com/watch?v=G3q7KMQp5ak
A rebelión dos microbios A resistencia bacteriana aos antibióticos débese a un proceso de selección natural, polo que “só os máis fortes sobreviven”. O proceso máis común é a produción duns encimas que inhiben o efecto dos antibióticos, polo que os obxectivos céntranse en neutralizar a produción deses encimas Os virus poden mutar por casualidade e formar así complexos moito máis potentes, polo que resisten aos antibióticos.
SIDA É un retrovirus, isto é, un virus que contén ARN e a partir del, ao infectar as células, fabrica ADN que se transcribe para dar lugar a máis virus.  Infecta a un grupo de linfocitos chamados T4. Nun principio se pensou que era propia dos homosexuais, pero isto deu un cambio radical cando se detectou noutros grupos sociais.
En 1983 un grupo de investigadores de Francia dictaminou a relación que existía entre o retrovirus e a SIDA. A patoloxía do virus é tremendamente complexa polo que dificulta os seus estudos, e é a razon pola que todavía non exista cura para esta enfermidade. Existen fármacos contra os retrovirus, pero son moi pouco eficaces contra o VIH. http://www.youtube.com/watch?v=5NnNiqbHuos
Tuberculose Unha enfermidade que pode materse no organismo humano ata seis meses e se contaxia a través do aire, polo que é unha enfermidade tremendamente infecciosa que pode provocar graves consecuencias. Actualmente existe métodos para combatila, pero non sempre son seguros ao 100% http://www.youtube.com/watch?v=d06YPhGup0Q&feature=related
Malaria É unha enfermidade provocada pola picadura dun mosquito, que pode ser mortal se non se trata a tempo. Foi diagnosticada por Hipócrates como unha enfermidade producida por respirar “mal aire” (malus aria). Non foi ata 1880 cando un médico francés descubriu a súa causa, un parásito unicelular que se transmite de persoa a persoa pola picadura da femia do mosquito Anopheles
Hai catro tipos de malaria humana. O diagnóstico precoz da enfermidade xoga un papel básico do seu control. O tratamento debe combinar antimaláricos con vacinas novas con novas medidas do control do mosquito. No seguinte vídeo amósase como actúa este virus. http://www.youtube.com/watch?v=Z37XIoLxKO8
A gran ameaza potencial dos nosos días é o bioterrorismo. Xa se intentou varias veces nos últimos 30 anos. En 1978 en Londres houbo intentos de asasinato con ricina; en 1983 en Oregon 753 persoas foron víctimas dunha intoxicación provocada con  Salmonella ; entre os anos 1985 e 1991 fíxose evidente o programa BQW iraquí e en 1995 no cuartel xeral dunha secta localizouse un laboratorio de armas biolóxicas en Tokio. En 1980 a OMS deteminou a extinción da viruela e o pouco restante está en dous laboratorios de alta seguridade. O debate é, debe eliminarse este virus do planeta ou non? Bioterrorismo
A EPIDEMIA DO S. XXI: UNHA AMEAZA NON MICROBIANA
Obesidade mórbida Esta é, por desgraza, unha enfermidade moi de actualidade. Dela se descoñecen as vantaxes evolutivas. É unha enfermidade xenética, que ten como causa a ausencia de leptina, que funciona como inhibidor do apetito e estimulador no gasto da enerxía.
O receptor de lipoproteína A hipercolesterolemia esta producida por a mala síntese da LDL (proteína de baixa densidade). O colesterol é á vez indispensable e letal. O seu empaquetamento prodúcese a través da LDL. O seu descubrimento representou un punto de inflexión na historia da investigación das lipoproteínas. O reto foi establecer a relación entre os niveis de colesterol, receptores da LDL e aterosclerose na poboación xeral. Finalmente se descubriu que un exceso desta LDL era a principal causa da maior parte dos infartos. Polo tanto pódese dicir que o LDL é o colesterol “malo” mentres que o HDL é o “bo”
http://www.youtube.com/watch?v=XPguYN7dcbE
O proceso aterosclerótico As lesións ateroscleróticas son engrosamentos asimétricos da capa máis interna da parede arterial. Están formadas por células, elementos do tecido conectivo, lípidos e detritus celulares. Este proceso evoluciona ata a oclusión da arteria, provocando infartos. A maior parte das veces a causa del non é o crecemento continuo de células musculares lisas na placa, senon que é a formación dun trombo oclusico sobre a superficie da placa. Esto é propicio en lugares sometidos continuamente a agresión hidrodinámica, isto é, unha continua cizalla exercida polo fluxo sanguíneo
Aquí se mostra a formación da placa de aterona, e no vídeo seguinte de youtube se fai unha representación de todo o proceso: http://www.youtube.com/watch?v=Je81Tkuq0No
A diabetes tipo 2 É unha enfermidade metabólica caracterizada por altos niveis de glicosa no sangue debido á resistencia celular á acción da insulina, xunto coa secreción de insulina polo páncreas pobres.  Esta diabetes é a forma máis común dentro da diabetes mllitus e a diferenza coa diabetes tipo 1 é que esta se caracteriza por unha destrucción autoinmune das células secretoras de insulina obrigando aos pacientes a depender da administración exóxena de insulina para a súa supervivencia.
A feble dispoñibilidade das funcións da insulina leva ao metabolismo celular deficiente, obtendo un aumento de ácidos graxos nos niveis circulantes de triglicéridos e unha diminución na concentración de lipoproteína de alta densidade (HDL), polo que é máis posible que se produza unha placa de ateroma provocada polo LDL Este xesto fai sobrevivir a moitísimas persoas, grazas ó descubrimento da insulina inxectable.
CANCRO
Este termo engloba unha plétora de condicións clinicopatolóxicas caracterizadas por unha proliferación celular non programada e incontrolada que, por invadir e destruir os tecidos circundantes chega a comprometer a vida dos enfermos, e máis todavía se ocorre o fenómeno de metástase.
Historia natural da enfermidade Se coñecen como tumores benignos aqueles que soamente crecen localmente. E os tumores malignos, denominados como cáncer, son aqueles que invaden tecidos colindantes e metastatizan.  De acordo coa súa orixe celular poden ser carcinomas (afectan ás celulas epiteliais), sarcomas (afectan ás células do tecido conectivo), linfomas (aos vasos linfáticos) ou leucemias (á sangue) entre outros. Para identificar os distintos tecidos afectados a éstes se lle antepoñen prefixos como osteo- ou adeno-. Están producidos por mutacións que, nalgúns casos permítenlles ás células escapar da “normalidade”.
A “marca” cancro A firma cancro está determinada por : ,[object Object]
Insensibilidade a sinais exocelulares de control do crecemento
Evasión apoptótica (aos tecidos colindantes)
Potencial replicativo ilimitado
Capacidade de invasión e de metástase
As células cancerosas teñen unha característica contra a que é moi difícil loitar, que é que teñen potencial replicativo ilimitado, é coma se fosen inmortais. E aínda máis, teñen capacidade de metástase, isto é, trasladarse a través do sistema nervioso a outros lugares do corpo e desarrollarse neles. http://www.youtube.com/watch?v=LEpTTolebqo
Unha proba coñecida como proba de Papanicolau permite a detección do cancro cervical. Consiste en usar un pequeño raspador para remover unha mostra de células do cervix. Esta proba pode ser insuficiente e precisarse un estido citolóxico, pero o uso de esta proba permitiu diminuir os índices de mortandade un 75%. Outro exemplo de diagnóstico precoz é a obtención dunha imaxe da estrutura da glandula mamaria para detectar o cancro de mama. Con estas se detecta o tumor, pero para o diagnóstico completo se precisan outras probas como son as ténicas de imaxe e biopsia. Detección e diagnóstico do cancro
Biopsia Consiste na extracción dun pedazo de tecido do corpo humano para o seu posterior estudo citolóxico. Como complementariedade no estudo, se poden utilizar biochips que determinan que xenes están alterados nun determinado tumor. No microscopio as células cancerosas se caracterizan por seren irregulares, teren división celular excesiva, variación no tamaño e forma nuclear e da propia célula, perda da especificidade da célula...Ás veces o análise da biopsia atopa unha condición denominada hiperplastia, isto é, un crecemento descontrolado de células pero non cancerosas, células específicas dese tecido (por exemplo un callo)Ou tamén se pode dar a displastia, na que as células perden a disposición e morfoloxía orixinal. Estes dous últimos casos non requerirían tratamento nun principio.
A que se debe o cancro Básicamente o cancro pode deberse a tres cousas: A epidemioloxía, isto é, a ciencia que estuda a distribución, frecuencia e determinantes, as relacións, previsión e control dos factores relacionados coa saúde e enfermidade en poboacións humanas; factores ambientais (xenobióticos, radiacións, virus, bacterias) como pode ser a radiación UVA, que provoca o cancro de pel por destruir moitas células da pel; ou factores endóxenos, como poden se a herencia (xenética) ou o envellecemento.
Bases xenéticas do cancro As células cancerosas encerran unha colección abundante de alteracións xénicas. Todas estas anomalías están involucradas na causa da enfermidade e posibilitan a entrada puntual en vías moleculares que regulan o crecemento das células cancerosas, a súa supervivencia e o seu potencial metastático. Débese a
Estabilidade xenética e mutacións A maior parte de investigadores están de acordo en que os cancros se inician pola acumulación de anomalías xenéticas. Algúns din que a célula precancerosa porta un “fenotipo mutador” que a fai máis propensa a adquirir mutacións puntuais. Outros din que estas células son iguais que as demáis En calquera caso todos están de acordo en que a inmensa maioría dos cánceres humanos mostran signos de inestabilidade xenómica que se manifestan nun amplo abanico de posibilidades, dende unha tasa incrementada de mutacións ata aberracións cromosómicas.
Xenes involucrados no cancro O cancro está causado por alteracións en: ,[object Object]

Más contenido relacionado

Similar a El legado de Hipócrates (20)

Ciencias para o mundo contemporáneo
Ciencias para o mundo contemporáneoCiencias para o mundo contemporáneo
Ciencias para o mundo contemporáneo
 
Unidade 5 a evolución biolóxica
Unidade 5   a evolución biolóxicaUnidade 5   a evolución biolóxica
Unidade 5 a evolución biolóxica
 
Orixe evolucion da vida4º
Orixe evolucion da vida4ºOrixe evolucion da vida4º
Orixe evolucion da vida4º
 
Que é a ciencia
Que é a ciencia Que é a ciencia
Que é a ciencia
 
Obtención de medicamentos
Obtención de medicamentosObtención de medicamentos
Obtención de medicamentos
 
Severo Ochoa
Severo OchoaSevero Ochoa
Severo Ochoa
 
Que saben de_ciencias_os_nosos_estudantes
Que saben de_ciencias_os_nosos_estudantesQue saben de_ciencias_os_nosos_estudantes
Que saben de_ciencias_os_nosos_estudantes
 
Evolucion
EvolucionEvolucion
Evolucion
 
Biólogos.
Biólogos.Biólogos.
Biólogos.
 
1º B Grupo 2 Piringalla
1º B Grupo 2 Piringalla1º B Grupo 2 Piringalla
1º B Grupo 2 Piringalla
 
Orixe e evolución
Orixe e evoluciónOrixe e evolución
Orixe e evolución
 
Asclepio e breve historia menciña blog
Asclepio e breve historia menciña blogAsclepio e breve historia menciña blog
Asclepio e breve historia menciña blog
 
Mantemento da vida
Mantemento da vidaMantemento da vida
Mantemento da vida
 
Biólogos
BiólogosBiólogos
Biólogos
 
Orixe da vida
Orixe da vidaOrixe da vida
Orixe da vida
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Ficha unid 2 3º_ saúde_respostas
Ficha unid 2 3º_ saúde_respostasFicha unid 2 3º_ saúde_respostas
Ficha unid 2 3º_ saúde_respostas
 
As células nai dani
As células nai daniAs células nai dani
As células nai dani
 
Orixe da vida
Orixe da vidaOrixe da vida
Orixe da vida
 
Orixe%20da%20vida
Orixe%20da%20vidaOrixe%20da%20vida
Orixe%20da%20vida
 

Más de Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense

Más de Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense (20)

Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont
 
A clave secreta del universo por Marta navares
A clave secreta del universo por  Marta navaresA clave secreta del universo por  Marta navares
A clave secreta del universo por Marta navares
 
Utopias e distopias
Utopias e distopiasUtopias e distopias
Utopias e distopias
 
A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.
 
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
 
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e AlbaÉticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
 
Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.
 
Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.
 
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
 
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanosLeticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
 
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
 
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
 
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
 
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moralAndrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
 
La clave secreta del universo
La clave secreta del universoLa clave secreta del universo
La clave secreta del universo
 
Einstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempoEinstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempo
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 
Que é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividadeQue é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividade
 

El legado de Hipócrates

  • 1. Iñigo Isequilla Román 2ºBach C EL LEGADO DE HIPÓCRATES
  • 2. Pedro García Barreno, o autor deste libro, é un médico especialista en ciruxía, investigador e esnaista español. Foi director do Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid.É catedrático de fisiopatoloxía e propedéutica quirúrxicas na Universidad Complutense de Madrid. Tamén é membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e da Real Academia Española, onde ocupa o sillón “a minúscula”.
  • 3. O libro atópase dividido en 8 grandes capítulos que á súa vez estan subdivididos en pequenos capítulos. Estes subcapítulos o que fan é falar de aspectos concretos sobre os grandes temas da medicina. O que farei neste traballo é centrarme nos aspectos que me parecen máis interesantes, como poden ser os aspectos propios da medicina, tocando só por riba os capítulos que se refiren á historia da medicina.
  • 5. Neste capítulo se fai un resumo dos puntos de vista da medicina e a súa evolucion ao longo dos séculos, dende o antigo Exipto ata as interpretacións dos séculos recentes. A teoría que se mantivo durante máis tempo foi a teoría dos catro humores. Esta teoría afirmaba que o corpo humano estaba formado por catro “líquidos” nunha proporción fixa, e as enfermidades están provocadas pola alteración na proporción de un dos catro. Estes eran a sangue, a flema, a bilis amarela e a bilis negra. No seguinte cadro vese un resumo das características desta teoría.
  • 7. No antigo Exipto destacaron como científicos adicados á medicina Edwin Smith e Ebers. Despois en Grecia cabe destacar á persoa que dá nome a este libro, Hipócrates, creador do xuramento que hoxe en día aínda realizan os médicos. Esta sociedade Grega servirá de base para o crecente Islam. Xa moito máis adiante, no medievo, produciuse a separación da Igrexa e a medicina coa fin de preservar a dignidade da Igrexa. Produciuse polo tanto unha convivencia entre a terapia secular e a relixiosa. A medicina chegou ás universidades no século XII, e era moi complicado facerse médico. A partir de ahí creáronse 3 tipos de médicos, físicos, ciruxan-barbeiros e apotecarios (que evolucionarían aos actuais farmacéuticos). E na universidade o que se ensinaba era básicamente a xa mencionada teoría dos catro humores, así como se lle daba moitísima importancia ás influencias astrolóxicas, isto é ao horóscopo. Polo tanto, este brevísimo repaso pola historia da medicina (1º capítulo) poderíase resumir en: MEDICINA ANTIGA = CATRO HUMORES + HORÓSCOPO
  • 8. A ECLOSIÓN DA MEDICINA
  • 9. Neste segunda gran división, se fala do proceso que fixo que a medicina abandonase os métodos rudimentarios tradicionais e fose avanzando pouco a pouco grazas á intervención de científicos pioneiros que investigaban pola súa conta, como poden ser Paracelso, Lavoisier o Paul Erlich.
  • 10. A versión moderna do corpo humano Paracelso, no século XVI, foi o primeiro científico que rechazou a teoría dos catro humores, e defendeu que a putrefacción e a fermentación están dentro das funcións biolóxicas do corpo humano. Os seus novos principios para as preparacións foron compostos químicos de acordo a fórmulas estándar.
  • 11. As primeiras láminas que ilustraban unha pretendida anatomía moderna apareceron no ano 1536. en 1538, Vesalio dedicaba aos seus estudantes á disección, polo que pouco a pouco se vai a ir avanzando no coñecemento do noso corpo humano. A Fábrica constitúe o primeiro libro de anatomía humana, e foi publicado por Juan Oporino, en Basilea.
  • 12. O medio interno Lavoisier levou a cabo investigacións que o levaron a concluir que “a máquina animal está gobernada por tres reguladores principais: respiración, traspiración e diestión”. Esta foi a nova concepción ou fisioloxía moderna. Despois chegaría a lei de Avogadro que permitiu a investigación sobre as reaccións encimáticas do noso corpo, colaborando deste modo ao mellor coñecemento propio.
  • 14. Este proxecto foi fundado en 1990 coa finalidade de, unha vez conseguida a secuenciación completa do ADN, identificar tódolos xenes que o compoñen, a súa localización e a súa función. Isto foi a chave da medicina molecular. Esta ciencia xenómica modificará radicalmente 3 aspectos da medicina: a natureza do contrato médico, a perspectiva da enfermidade polo enfermo e polo médico, e o contexto social e cultural no que o contrato médico ten lugar. Neste vídeo se explica moi ben o PXH: http://www.youtube.com/watch?v=ZwBZpKWwYQo
  • 15. A Organización Mundial da Saúde Foi creada o día 7 de abril de 1948 coa finalidade de desempeñar unha función de liderazgo nos asuntos sanitarios mundiais, configurar a axenda das investigacións en saúde, establecer normas, articular opcións de política basadas na evidencia, prestar apoio técnico a os países e vixiar as tendencias sanitarias mundiais.
  • 16. Por exemplo a OMS xogou un papel moi importante nos últimos anos contra a gripe a
  • 18. Aquí se nos fai unha relación do cerebro humano e das neuronas, así como das enfermidades que nos poden afectar. É dicir, trátase o que ven sendo o sistema nervioso humano.
  • 19. Neuronas O cerebro humano ten cerca de 28.000 millóns de neuronas unidas entre si por 10 billóns de contactos. O cerebro contén dúas clases de células, as neuronas e as células da glía. As neuronas en xeral teñen un núcleo central, un axón longo polo que emiten o impulso nervioso e moitas dendridas por onde o reciben doutras neuronas.
  • 20. As células gliales, que igualan ou exceden en número ás neuronas, non transmiten sinais pero desempeñan unha serie de funcións imprescindibles; algunhas actúan como elementos de soporte da estrutura cerebral, outras sintetizan as vainas de mielina que recobren a maioría dos axóns, moitas actúan como elementos de limpeza, e outras actúan como medio para nutrir ás neuronas. As máis coñecidas son as células de Schwann, que recobren os axóns coas vainas de mielina.
  • 21. Aquí hai videos explicatorios das neuronas e das células gliales: http://www.youtube.com/watch?v=Krabo0GPc5A http://www.youtube.com/watch?v=DJe3_3XsBOg
  • 22. Esta enfermidade mental ten síntomas variados e inquedantes que xeralmente se manifestan ao final da adolescencia ou a comezos da idade adulta. Afecta ao 1% da poboación, e é unha enfermidade devastadora e crónica. Os síntomas son alucinacións auditivas, imposibilidad de manter atención, pérdida da sensación de placer, perda da vontade, empobrecemento da capacidade mental e da fala e ausencia de afecto e retraimento social. É distintiva da especie humana. Esquizofrenia
  • 23. Adición a estupefacientes As drogas inducen estados placenteros ou liberación de estrés. Pero o consumo continuado induce cambios adaptativos no sistema nervioso central que leva á tolerancia, dependencia física, psicolóxica, hipersensibilización e recaída. As drogas actúan sobre os neurotransmisores das neuronas. O exemplo máis claro desta dependencia é o tabaco.
  • 24. Enfermidade de Alzheimer É un trastorno neurodexenerativo progresivo que se caracteriza por perda de memoria e disfunción cognitiva. Na actualidade afecta a máis de 15 millóns de persoas e se espera que no ano 2025 este número se triplique. O descubridor desta enfermidada foi Alois Alzheimer, no ano 1906
  • 25. Enfermidade de Parkinson Produce o trastorno neurodexenerativo do movemento, que responde á administración de l-dopa e, neuropatolóxicamente, pola presenza de corpos de Lewy. O científico que da nome a esta enfermidade foi James Parkinson.
  • 26. A REBELIÓN DOS MICROBIOS
  • 27. Pandemias históricas As pandemias son enfermidades que afectan a todo un continente. As primeiras se deron en Atenas e Cartago no século IV a.C. Despois dunha amnistía de 500 anos, apareceu en Roma un tipo moi agresivo de malaria despois da erupción do Vesubio. No século XVI , despois da colonización americana, houbo unha serie de epidemias, e a máis grave de todas foi a da viruela, que se extendeu por todo o mundo acabando con moitas vidas en distintas fases de expansión. E no século XX, as principais pandemias estiveron provocadas pola gripe, e nestes últimos anos deuse a gripe aviar e a famosa gripe A.
  • 29. Vacinas Co antecedente de Paracelso, en 1717 Mary Wortley deu a coñecer que as campesiñas turcas celebraban reunións coa fin de inocular aos seus fillos con material procedente de lesións de viruela. Zabdiel Bolyston, un médico de Boston, inoculou a case 250 persoas, pero o 2% morría, polo que non era seguro o procedemento, e relegouse a súa práctica. Benjamin Testy probara a técnica coa súa muller e os seus fillos. Ao pouco houbo unha epidemia e non se viron afectados, foi todo un éxito. A vacinación contra a viruela é o resultado da fusión da ciencia médica e a cooperación internacional mediada pola OMS.
  • 30. A vacunación é unha estratexia médica que estimula o sistema inmunolóxico para protexer o organismo contra un axente patóxeno específico antes da súa exposicion ao mesmo. Os principios de Pasteur (aislar e inactivar) non poden ser aplicados a microbios que non poden cultivarse. Estes deberían ser tratados coas vacinas xénicas, pero estas aínda están en proceso experimental. Esta consistiria no mesmo, pero o inxectado entraría nas células e modificaría algún xene para iniciar o proceso de biosíntese da proteína antixénica (vacina)
  • 31. Comezáronse a utilizar grazas á serendipia que se deu para que Alexander Fleming descubrise o que chamou “penicilina”. Antes de marchar de vacacións, deixou unha placa de cultivo impregnada cunha bacteria no laboratorio. Á volta, a placa mostraba un bo crecemento do microorganismo e unha colonia de Penicillum (a bacteria) rodeada dun halo de medio de cultivo claro. O hongo debía de producir algún composto inhibidor do crecemento da bacteria. Antibióticos
  • 32. Déronse tres condicións claves para o descubrimento de Fleming: a contaminación da placa de cultivo, o hongo non crece a temperatura corporal e unha ola de calor que se daba naquel momento que estimulou á bacteria. Fleming investigou e dende entón, utilízase a penicilina como principal medio antibiótico. http://www.youtube.com/watch?v=G3q7KMQp5ak
  • 33. A rebelión dos microbios A resistencia bacteriana aos antibióticos débese a un proceso de selección natural, polo que “só os máis fortes sobreviven”. O proceso máis común é a produción duns encimas que inhiben o efecto dos antibióticos, polo que os obxectivos céntranse en neutralizar a produción deses encimas Os virus poden mutar por casualidade e formar así complexos moito máis potentes, polo que resisten aos antibióticos.
  • 34. SIDA É un retrovirus, isto é, un virus que contén ARN e a partir del, ao infectar as células, fabrica ADN que se transcribe para dar lugar a máis virus. Infecta a un grupo de linfocitos chamados T4. Nun principio se pensou que era propia dos homosexuais, pero isto deu un cambio radical cando se detectou noutros grupos sociais.
  • 35. En 1983 un grupo de investigadores de Francia dictaminou a relación que existía entre o retrovirus e a SIDA. A patoloxía do virus é tremendamente complexa polo que dificulta os seus estudos, e é a razon pola que todavía non exista cura para esta enfermidade. Existen fármacos contra os retrovirus, pero son moi pouco eficaces contra o VIH. http://www.youtube.com/watch?v=5NnNiqbHuos
  • 36. Tuberculose Unha enfermidade que pode materse no organismo humano ata seis meses e se contaxia a través do aire, polo que é unha enfermidade tremendamente infecciosa que pode provocar graves consecuencias. Actualmente existe métodos para combatila, pero non sempre son seguros ao 100% http://www.youtube.com/watch?v=d06YPhGup0Q&feature=related
  • 37. Malaria É unha enfermidade provocada pola picadura dun mosquito, que pode ser mortal se non se trata a tempo. Foi diagnosticada por Hipócrates como unha enfermidade producida por respirar “mal aire” (malus aria). Non foi ata 1880 cando un médico francés descubriu a súa causa, un parásito unicelular que se transmite de persoa a persoa pola picadura da femia do mosquito Anopheles
  • 38. Hai catro tipos de malaria humana. O diagnóstico precoz da enfermidade xoga un papel básico do seu control. O tratamento debe combinar antimaláricos con vacinas novas con novas medidas do control do mosquito. No seguinte vídeo amósase como actúa este virus. http://www.youtube.com/watch?v=Z37XIoLxKO8
  • 39. A gran ameaza potencial dos nosos días é o bioterrorismo. Xa se intentou varias veces nos últimos 30 anos. En 1978 en Londres houbo intentos de asasinato con ricina; en 1983 en Oregon 753 persoas foron víctimas dunha intoxicación provocada con Salmonella ; entre os anos 1985 e 1991 fíxose evidente o programa BQW iraquí e en 1995 no cuartel xeral dunha secta localizouse un laboratorio de armas biolóxicas en Tokio. En 1980 a OMS deteminou a extinción da viruela e o pouco restante está en dous laboratorios de alta seguridade. O debate é, debe eliminarse este virus do planeta ou non? Bioterrorismo
  • 40. A EPIDEMIA DO S. XXI: UNHA AMEAZA NON MICROBIANA
  • 41. Obesidade mórbida Esta é, por desgraza, unha enfermidade moi de actualidade. Dela se descoñecen as vantaxes evolutivas. É unha enfermidade xenética, que ten como causa a ausencia de leptina, que funciona como inhibidor do apetito e estimulador no gasto da enerxía.
  • 42. O receptor de lipoproteína A hipercolesterolemia esta producida por a mala síntese da LDL (proteína de baixa densidade). O colesterol é á vez indispensable e letal. O seu empaquetamento prodúcese a través da LDL. O seu descubrimento representou un punto de inflexión na historia da investigación das lipoproteínas. O reto foi establecer a relación entre os niveis de colesterol, receptores da LDL e aterosclerose na poboación xeral. Finalmente se descubriu que un exceso desta LDL era a principal causa da maior parte dos infartos. Polo tanto pódese dicir que o LDL é o colesterol “malo” mentres que o HDL é o “bo”
  • 44. O proceso aterosclerótico As lesións ateroscleróticas son engrosamentos asimétricos da capa máis interna da parede arterial. Están formadas por células, elementos do tecido conectivo, lípidos e detritus celulares. Este proceso evoluciona ata a oclusión da arteria, provocando infartos. A maior parte das veces a causa del non é o crecemento continuo de células musculares lisas na placa, senon que é a formación dun trombo oclusico sobre a superficie da placa. Esto é propicio en lugares sometidos continuamente a agresión hidrodinámica, isto é, unha continua cizalla exercida polo fluxo sanguíneo
  • 45. Aquí se mostra a formación da placa de aterona, e no vídeo seguinte de youtube se fai unha representación de todo o proceso: http://www.youtube.com/watch?v=Je81Tkuq0No
  • 46. A diabetes tipo 2 É unha enfermidade metabólica caracterizada por altos niveis de glicosa no sangue debido á resistencia celular á acción da insulina, xunto coa secreción de insulina polo páncreas pobres. Esta diabetes é a forma máis común dentro da diabetes mllitus e a diferenza coa diabetes tipo 1 é que esta se caracteriza por unha destrucción autoinmune das células secretoras de insulina obrigando aos pacientes a depender da administración exóxena de insulina para a súa supervivencia.
  • 47. A feble dispoñibilidade das funcións da insulina leva ao metabolismo celular deficiente, obtendo un aumento de ácidos graxos nos niveis circulantes de triglicéridos e unha diminución na concentración de lipoproteína de alta densidade (HDL), polo que é máis posible que se produza unha placa de ateroma provocada polo LDL Este xesto fai sobrevivir a moitísimas persoas, grazas ó descubrimento da insulina inxectable.
  • 49. Este termo engloba unha plétora de condicións clinicopatolóxicas caracterizadas por unha proliferación celular non programada e incontrolada que, por invadir e destruir os tecidos circundantes chega a comprometer a vida dos enfermos, e máis todavía se ocorre o fenómeno de metástase.
  • 50. Historia natural da enfermidade Se coñecen como tumores benignos aqueles que soamente crecen localmente. E os tumores malignos, denominados como cáncer, son aqueles que invaden tecidos colindantes e metastatizan. De acordo coa súa orixe celular poden ser carcinomas (afectan ás celulas epiteliais), sarcomas (afectan ás células do tecido conectivo), linfomas (aos vasos linfáticos) ou leucemias (á sangue) entre outros. Para identificar os distintos tecidos afectados a éstes se lle antepoñen prefixos como osteo- ou adeno-. Están producidos por mutacións que, nalgúns casos permítenlles ás células escapar da “normalidade”.
  • 51.
  • 52. Insensibilidade a sinais exocelulares de control do crecemento
  • 53. Evasión apoptótica (aos tecidos colindantes)
  • 55. Capacidade de invasión e de metástase
  • 56. As células cancerosas teñen unha característica contra a que é moi difícil loitar, que é que teñen potencial replicativo ilimitado, é coma se fosen inmortais. E aínda máis, teñen capacidade de metástase, isto é, trasladarse a través do sistema nervioso a outros lugares do corpo e desarrollarse neles. http://www.youtube.com/watch?v=LEpTTolebqo
  • 57. Unha proba coñecida como proba de Papanicolau permite a detección do cancro cervical. Consiste en usar un pequeño raspador para remover unha mostra de células do cervix. Esta proba pode ser insuficiente e precisarse un estido citolóxico, pero o uso de esta proba permitiu diminuir os índices de mortandade un 75%. Outro exemplo de diagnóstico precoz é a obtención dunha imaxe da estrutura da glandula mamaria para detectar o cancro de mama. Con estas se detecta o tumor, pero para o diagnóstico completo se precisan outras probas como son as ténicas de imaxe e biopsia. Detección e diagnóstico do cancro
  • 58. Biopsia Consiste na extracción dun pedazo de tecido do corpo humano para o seu posterior estudo citolóxico. Como complementariedade no estudo, se poden utilizar biochips que determinan que xenes están alterados nun determinado tumor. No microscopio as células cancerosas se caracterizan por seren irregulares, teren división celular excesiva, variación no tamaño e forma nuclear e da propia célula, perda da especificidade da célula...Ás veces o análise da biopsia atopa unha condición denominada hiperplastia, isto é, un crecemento descontrolado de células pero non cancerosas, células específicas dese tecido (por exemplo un callo)Ou tamén se pode dar a displastia, na que as células perden a disposición e morfoloxía orixinal. Estes dous últimos casos non requerirían tratamento nun principio.
  • 59. A que se debe o cancro Básicamente o cancro pode deberse a tres cousas: A epidemioloxía, isto é, a ciencia que estuda a distribución, frecuencia e determinantes, as relacións, previsión e control dos factores relacionados coa saúde e enfermidade en poboacións humanas; factores ambientais (xenobióticos, radiacións, virus, bacterias) como pode ser a radiación UVA, que provoca o cancro de pel por destruir moitas células da pel; ou factores endóxenos, como poden se a herencia (xenética) ou o envellecemento.
  • 60. Bases xenéticas do cancro As células cancerosas encerran unha colección abundante de alteracións xénicas. Todas estas anomalías están involucradas na causa da enfermidade e posibilitan a entrada puntual en vías moleculares que regulan o crecemento das células cancerosas, a súa supervivencia e o seu potencial metastático. Débese a
  • 61. Estabilidade xenética e mutacións A maior parte de investigadores están de acordo en que os cancros se inician pola acumulación de anomalías xenéticas. Algúns din que a célula precancerosa porta un “fenotipo mutador” que a fai máis propensa a adquirir mutacións puntuais. Outros din que estas células son iguais que as demáis En calquera caso todos están de acordo en que a inmensa maioría dos cánceres humanos mostran signos de inestabilidade xenómica que se manifestan nun amplo abanico de posibilidades, dende unha tasa incrementada de mutacións ata aberracións cromosómicas.
  • 62.
  • 63. Xenes supresores de tumores, xenes normais, que a súa ausencia pode producir cancro.
  • 64. Xenes reparadores do ADN, cuxa función é correxir erros inducidos ou espontáneos que xorden cando as células duplican o ADN. Estes son os principais “responsables”, aínda que as mutacións tamén se observan en xenes que activan e desactivan aos carcinóxenos e nos xenes que gobernan o ciclo celular.
  • 65. Oncoxenes Xenes supresores tumorales http://www.youtube.com/watch?v=5Pawe9hCrMk http://www.youtube.com/watch?v=migQIH5c0vE Xenes reparadores do ADN http://www.youtube.com/watch?v=7xc1lmWDiS4
  • 66. Terapia anticacerosa Ciruxía, radioterapia e oncoterapia, as tres principais terapias contra o cancro
  • 67.
  • 68. A radioterapia utiliza partículas ou ondas de alta enerxía, como por exemplo os raios X, electróns ou protóns para eliminar as células cancerosas. É un proceso moi específico que non sempre se pode realizar.
  • 69. A quimioterapia consiste na administración de fármacos para evitar o crecemento das células, pero o tratamento afecta a todo o corpo, non é específica como as outras dous.
  • 70. Prevención do cancro O cáncer non sempre se pode evitar, pois hai veces que ven nos nosos xenes ou simplemente aparece, pero hai hábitos que favorecen a aparición desta enfermidade. Por exemplo, o fumar a miúdo está ligado ao cancro de pulmón, ou o consumo excesivo de bebidas alcólicas pode ocasionar cancer de boca, esófago ou garganta. Tamén pode estar ocasionado pola nosa dieta, tendo que limitar o consumo de grasas e a inxestion de calorías para reducir o risco. Outro caso, que vivimos tódolos anos, é a exposición excesiva ao sol, que nos pode ocasionar cancro de pel