SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 55
A Prehistoria é un longuísimo periodo de tempo que vai dende a aparición do home na Terra (hai máis de catro millóns de
anos) ata o inicio da historia -logo da invención da escrituraarredor do 3.000 a.C.
A cronoloxía da Prehistoria é bastante complexa, pero simplificando moito, podemos distinguir dous periodos principais:
• O Paleolítico (Idade da Pedra Antigua ou tallada). É a etapa
máis longa da historia do home (xa que abrangue dende hai
dous millóns e medio de anos ata o descubrimento da agricultura e a gandería arredor do 10.000 a.C). Este periodo divídese a súa vez en: Paleolítico Antigo e Superior.

• O Neolítico ou Idade da Pedra Nova ou pulimentada (que
abrangue dende o 10.000 ata o 3.000 a.C -momento no que,
logo da invención da escritura, da comezo a historia-).
Pero, dentro deste marco cronolóxico xeral, convén que teñades en
conta as peculiaridades da cronoloxía da prehistoria galega.

Este gráfico, pode darvos unha idea bastante aproximada.
Para que vos fagades unha idea do ambiente no que nos moviamos os homes do Paleolítico, tedes
que saber que o clima que caracteriza esta etapa da Prehistoria é o chamado PLEISTOCENO (época
xeolóxica que comeza hai 2,5 millóns de anos e finaliza ao iniciarse o clima actual -Holoceno- no
10.000 a.C).
Durante o Pleistoceno os cambios climáticos son continuos (xa que se van alternando longos periodos glaciais con periodos interglaciais).
Durante os periodos de glaciación , extensos mantos de xeo cubren as latitudes máis elevadas do
planeta. Na paisaxe predominan as pradeiras herbáceas -propias das rexións próximas aos polos-.
Na fauna destacaban: o mamut, o rinoceronte lanudo, o uro, o cervo xigante, o oso das cavernas
(que terminaron por extinguirse), o reno, o oso polar, o cabalo, o boi almizclero, a hiena, o antílope
saiga…
Durante os periodos interglaciais o clima fíxose máis cálido. Ao fundirse o xeo, subiu o nivel do mar.
Desenvolvéronse bosques de coníferas e árbores caducifolias propias do clima temperado e chuvioso.
Nas etapas interglaciais apareceron os rinocerontes, os cabalos esteparios, os hipopótamos, os elefantes, os tigres de dentes de sable … Había tamén zorros, bisontes, gatos monteses…
As paisaxes de herbáceas (e os bosques de carballos, castaños e coníferas que se desenvolveron nos
periodos interglaciais) estarían poboadas por leóns, hipopotamos, hienas , rinocerontes, uros, elefantes, venados, grandes cervos, zorros, lobos, osos, hienas , cabalos, xabaríns, bisontes… (fauna, que por
moi incrible que vos pareza, formaba parte da paixase do país -desaparecendo de Europa por mor
dos cambios climáticos-).
En primeiro lugar habería que dicir que ao longo do periodo prehistórico, a evolución do home foi
impresionante (evolucionando non só o seu aspecto físico e a súa capacidade intelectual, senón
tamén os seus hábitats, modos de vida, costumes, manifestacións artísticas…).
Hai catro millóns de anos , apareceron en África os Australopitecus (homínidos moi primitivos -de
pequeno cerebro e habilidade manual case nula- pero que xa podían permanecer erguidos sobre as
súas patas inferiores).
Hai 2 millóns de anos apareceu -tamén en África- unha especie máis evolucionada: o Homo hábilis (que
-cun cerebro máis grande- foi quen de fabricar e usar ferramentas).
O Homo Erectus/Homo Ergaster (primeiros homínidos de constitución física algo máis parecida aos
humanos modernos). A súa maior capacidade craneal permitiulles comunicarse a través dunha linguaxe simple e manufacturar ferramentas de pedra máis avanzadas (como os bifaces). Aprenderon
a manexar o lume. O homo erectus evolucionou, en Europa, cara ao Homo Neanderthalensis e, en
África, cara ao Homo Sapiens.
Denomínanse “humanos arcaicos” “homo sapiens arcaico” ou “presapiens” a un certo número de
especies que non son considerados anatómicamente modernos, aínda que teñen un tamaño cerebral
próximo ao dos humanos actuais: Homo heidelbergensis (1) , Homo rhodesiensis, Homo neanderthalensis (3) (rama paralela na árbore evolutiva á do home actual) e Homo antecessor (2) (nova especie
humana , aparecida na Serra de Atapuerca, antepasado común do Neanderthal e o Cromagnon).

(1)

(2)
(3)
Esta especie (que xurdiu hai 500.000 anos perdurando ata hai uns 250.000), debe o seu nome á
aparición de fósiles no xacemento alemán de Heidelberg .
O homo heidelbergensis é un antepasado directo do Home de Neandertal (non dos humanos modernos). Trátase dunha especie intermedia entre home antecessor e home de Neanderthal.
Eran individuos altos e corpulentos (arredor de 1,80 m. de estatura e 100 kg de peso). Entre as súas
características físicas destacaban: os cráneos aínda moi aplanados -1.350 cc-; o forte reborde óseo
sobre as órbitas; as mandibulas saíntes; a ausencia de mentón e a gran abertura nasal.
As súas proporcións corporais serían similares ás do Homo sapiens -aínda que co tórax máis ancho-.
As diferencias de peso e estatura entre machos e femias serían similares ás da nosa especie.
Obtiñan alimento practicando o carroñeo -aproveitando a carne dos animais mortos ou cazados por
outros animais- e a recolección de pequenos animais, ovos e plantas silvestres comestibles.
Pero como na Europa fría os recursos vexetais escaseaban durante gran parte do ano, terminaron
por organizarse para cazar pequenos animais -aproveitando trampas naturais e empregando rústicas
lanzas de madeira aguzada-.
As peles, coiros e tendóns servían para moitos usos. Usaban abrigos de pel para evitar o frío.
Fabricaban ferramentas de pedra, madeira -lanzas e xabalinas apuntadas- e óso. Elaboraban as súas
ferramentas segundo a técnica achelense.
Os arqueólogos pensan que coñecían o lume para quentarse a mais para cociñar (xa que atoparon
evidencias de fogatas en diferentes xacementos).
Instalaban campamentos con cabanas de madeira e peles de animais, pero tamén usaban abrigos e
vestíbulos de covas.
Dentro desta especie podemos falar de sentimento de grupo e de certa cohesión social (coidado de
nenos, anciáns e enfermos) que os capacitaba para explotar e defender os recursos do territorio e
desenvolver estratexias de supervivencia.

Organizábanse en pequenos grupos ou clans de entre 15 e 40 individuos (en periodos de bonanza
podían acadar o centenar).
Eran nómades con movementos ligados ao clima e ás estacións. Controlaban os ríos e vales, as
áreas con sílex e cuarcita, os movementos dos animais…
Seguramente tiña algún sistema de comunicación oral.
E finalmente -no último elo da evolución homínida- atópase o Homo Sapiens (o noso antepasado
máis directo). Aparecen en África -hai uns 150.000 anos- individuos, con capacidade craneal de
1.500 cc e cunha constitución física suficientemente moderna, como para que poidan clasificarse
claramente da nosa mesma especie.
Cazador especializado e cunha gran capacidade de adaptación ao medio, convertirase na especie
dominante expandíndose por toda a Terra (sendo hoxe en día a única especie supervivinte).
Cun cerebro moi desenvolvido, tiñan linguaxe articulada e pensamento abstracto. Expresaban as
súas crenzas a través ritos funerarios e manifestacións artísticas. Desenvolveron unha industria
lítica moi perfeccionada; construían cabanas e sabían usar o lume.
Ao tempo que evolucionaba o
noso aspecto físico e a nosa capacidade intelectual, evolucionaban
tamén as nosas formas de vida.
Os homes do Paleolítico vivíamos do que a natureza nos ofrecía. Ao principio recolectabamos sementes, froitos, bagas, ovos… e carroñeabamos (aproveitando restos de animais mortos ou cazados por
outros animais).
Logo aprendemos a cazar. Cazabamos en grupo, e para atrapar as presas, tendiamoslles trampas e
utilizabamos armas de pedra e madeira. Dos animais que cazabamos obtiñamos: carne para comer,
ósos e cornamentas para fabricar ferramentas e peles para vestirnos .
Tamén pescabamos -en augas pouco fondas- empregando arpóns e anzois que faciamos con ósos e
hastas de animais.
Os homes do Paleolítico viviamos en tribos (colaborando nas
actividades de caza e recolección).
Como tiñamos que desprazarnos dun lugar a outro na procura
de alimentos, non tiñamos vivenda fixa, eramos nómades.
Procurabamos acubillo entre as rochas e no interior das covas.
Cando nos desprazabamos, seguindo aos animais, instalabamonos en campamentos ao aire libre (construíndo cabanas
con troncos de madeira e peles de animais, preto dos ríos).
Co tempo chegamos a dominar o lume…
A domesticación do lume foi o progreso máis importante da historia da humanidade (cousa que ocorreu
hai uns 400.000 anos).
Co lume podiamos quentarnos, iluminar o interior
da cova, cociñar alimentos e protexernos dos animais salvaxes.
Observando a natureza, os homes prehistóricos aprendemos o ciclo do crecemento das plantas
(comprobando que se plantabamos unha semente, esta xermolaba e daba froitos que podiamos
recoller). Así naceu -hai uns 10.000 anos- a agricultura.

Os cereais (trigo, centeo…) e os legumes (lentellas, garavanzos e chícharos) foron as primeiras
plantas que se cultivaron.
Para realizar as tarefas do campo, elaboramos novos utensilios ou trebellos (machadas que empregabamos para cortar a madeira; fouciños para segar os cereais; muíños de pedra para triturar
o trigo e obter fariña…).
A gandería xurdiu da necesidade de poder sacrificar animais cando escaseaba a caza. Os primeiros gandeiros comezaron a ter animais vixiados e encerrados (o can foi un dos primeiros animais
que se domesticaron; despois domesticáronse cabras e ovellas, e máis tarde, os porcos).
Continuamos practicando a caza, pero agora comiamos prioritariamente os animais que domesticabamos.
Por primeira vez, os homes e mais as mulleres comezamos a producir alimentos (sen limitarnos a
recoller aqueles que a natureza nos ofrecía). Por iso poidemos deixar de ser nómades e fixémonos
sedentarios (establecendo poboados permanentes).
Os poboados estaban situados a carón dos campos de cultivo para poder vixiar a colleita e coidar -ao
mesmo tempo- dos animais domésticos.
Construimos pequenas casoupas rudimentarias feitas con materiais perecedoiros (madeira, arxila, e
palla).
Os homes prehistóricos fabricabamos armas e ferramentas que nos axudaban na realización das
nosas actividades diarias. A fabricación e uso de ferramentas foi un momento moi importante e
significativo na evolución da humanidade.

As primeiras pezas que se usaron como ferramentas eran de madeira. Pero hai dous millóns e
medio de anos, un grupo dos nosos antergos empezaron a empregar un material moito más útil: a
pedra. Os homes prehistóricos tallabamos diferentes tipos de rochas que tiñamos ao noso alcance
(cuarcita, sílex...) extraendo lascas ao golpealas con outras rochas máis duras (“percutores”).
A técnica do tallado foi evolucionando a medida que o facían os humanos.
Cando o home aínda tiña pouca habilidade, os retoques eran moi amplos e os instrumentos estaban mal traballados .
A industria mellora, a medida que o fai a intelixencia e a habilidade manual do home. Esta habilidade permitiu que o tallado e o retoque fosen máis superficiais, desperdiciandose menos pedra e creando armas máis perfectas, máis pequenas e de máis facil manexo.
A medida que a técnica foi evolucionando, os obxectos de pedra tallada enmangáronse empregando
madeira e fibras vexetais. Ademais, o home comprende que cada actividade necesitaba un instrumento diferente.
Ás veces utilizabamos directamente as lascas e rochas de partida (normalmente cantos rodados
aportados polos ríos); outras veces traballabamolas para obter fíos ou puntas funcionais coas que
poder cortar, fender, tallar, pinchar…
Dunha mesma pedra, podían obterse ferramentas diferentes: raspadores, perforadores, punzóns,
bureles, agullas…
Os fragmentos máis pequenos e afiados utilizabamolos coma coitelos; as pezas maiores usábanse
como martelos e machadas. As principais armas eran as lanzas e as frechas.
TIPO DE
TÉCNICA

PERIODO/HOMO

Olduvayense

Paleolítico Antigo
(asociado a actividade carroñeira)
Homo Hábilis

Achelense

Paleolítico Antigo
(asociado a actividade cazadora)
Homo Erectus/Ergaster
Homo Heidelbergensis

Musteriense

Paleolítico Antigo
(asociado a actividade cazadora)
Homo Neanderthalensis

Auriñaciense
Gravetiense
Solutrense
Magdaleniense
(en Europa)

Paleolítico Superior
(asociado a actividade cazadora)
Homo Sapiens

CARACTERÍSTICAS DAS FERRAMENTAS
Ferramentas moi simples talladas con poucos golpes e para uso inmediato.
Cantos tallados por unha ou dúas caras -obténdose un gume- e lascas sen retocar, de
pequeno e mediano tamaño e con bordes cortantes.

Longa secuencia de golpes e xiros na elaboración das ferramentas.
Instrumentos de talla bifacial (por ambas caras) e apuntados: bifaces (instrumentos de
gran utilidade que permiten afiar lanzas, cortar madera e pel, descarnar presas…), fendedores, raspadeiras, raspadores, picos triédricos, buriles…

Desaparición de grandes instrumentos –como o bifaz- que serán sustituídos por outros
máis pequenos (fabricados sempre con lascas): puntas, coitelos, raspadeiras,
raspadores…
Aparecen instrumentos de oso e asta de cervo.
Emprego da técnica Levallois (utilización dun percutor brando para extraer lascas dun
núcleo previamente preparado). Despois retócanse para o acabado final.

Perfección no tallado e retoque dos instrumentos.
Especialización na utillaxe (conseguíndose obxectos estéticos á vez que utilitarios).
Industria microlítica.
Industria ósea (oso, asta e marfil) cada vez máis perfeccionada e de maior beleza para
útiles, armas e adornos.
Preparación de núcleos alongados para obter lascas finas de bordes paralelos. As lascas
Durante o Neolítico, perfeccionouse o instrumental, puíronse as pedras… Por iso ao Neolítico chámaselle tamén
a Idade da Pedra Pulimentada.
Ademais, utilizáronse outros materiais para facer utensilios (por exemplo o óso e o marfil). Fixemos arpóns e
melloramos as machadas.
Da necesidade de gardar os alimentos,
de cocelos e de transportalos, naceu a
cestería e a cerámica (con diferentes
tipos de recipientes e vasillas).
A invención do fuso para fiar e do tear
para tecer, permitiu o aproveitamento
de fibras naturais -coma a la e mailo
liño- para mellorar a vestimenta.
Hai uns 6.000 anos tivo lugar a aparición da metalurxia. Os seres humanos aprendemos a utilizar
metais para a elaboración de ornamentos, armas e trebellos (espadas, machadas, eixadas, fouces…).

Os obxectos de metal eran moito máis resistentes que os que se fabricaban con pedra. Os primeiros
metais que se utilizaron foron o ouro, a prata e o cobre (que podíamos moldear golpeándoos en frío
cun martelo). Esta etapa da Prehistoria coñécese co nome de IDADE DOS METAIS.
Na Idade dos Metais producíronse tres inventos de gran importancia que fixeron máis doada a vida
das persoas: a roda (fixo posible a construción de carros tirados por animais); a vela (fixo posible que
os barcos se moveran grazas á forza do vento) e o arado (que permitiu labrar grandes extensións de
terra a maior velocidade).
As manifestacións artísticas e os ritos funerarios xurdiron
a medida que, no proceso de evolución humana, se foron
desenvolvendo as nosas capacidades intelectuais
Realizabamos pinturas nas paredes das covas (PINTURAS RUPESTRES).
Os artistas da Prehistoria decoraban as cavernas coa finalidade de facer delas santuarios, lugares onde se levaba a cabo a iniciación dos
xóvenes cazadores…
Estas pinturas tiñan un sentido máxico e propiciatorio da caza (pintabamos os animais que desexabamos cazar). Bisontes, cabalos, cervos,
renos… eran os animais que debuxabamos nas paredes das covas…
Pintabamos coas mans, con plumas de aves ou con pinceis feitos de
pelos de animal. Utilizabamos cores vivas que extraiamos dos minerais e que mesturabamos con graxa de animais.
Tamén esculpíamos figuras (en ósos, madeira, marfil ou pedra).
Son moi coñecidas estas figuriñas de muller no que se destacan claramente
as partes do corpo relacionadas coa maternidade (como por exemplo a
Venus de Willendorf).
A inhumación (individual ou colectiva) foi a práctica mortuoria máis extendida durante a Prehistoria.
Estes novos ritos son os que darán lugar á construción dos monumentos megalíticos -Megalitismo(grandes estruturas de pedra elevadas polo home a partir de finais do Neolítico e sobre todo durante
a Idade dos Metais).
Os monumentos megalíticos construíronse con grandes pedras, denominadas “megálitos” , que se
trasladaban coa axuda de troncos e cordas. Para facelos necesitábanse moitas persoas.
Os tres tipos principais de monumentos megalíticos son: os menhires (bloque de pedra chantado no
chan) os cromlechs (alineacións circulares de varios menhires utilizados como santuarios ou observatorios astronómicos) e os dolmens.
Os dólmens ou mámoas son cámaras funerarias formadas
por paredes de grandes pedras verticais que sosteñen a
outras lousas horizontais a modo de teitume.
Diante da cámara pode haber un pasillo ou corredor construído do mesmo xeito.
Os dólmenes adoitaban cubrirse de terra formando un
túmulo.
Outra manifestación artística dos homes prehistóricos foron os petróglifos. Os petróglifos son gravados -efectuados sobre rochas- ao aire libre.
Neles aparecen motivos xeométrico-abstractos (círculos concéntricos, espirais, labirintos…) ou figurativos (animais, figuras humanas, armas…).
Tamén é importante que teñades claros algúns aspectos sobre os xacementos.
Un xacemento é un lugar que contén restos arqueolóxicos que denotan actividade
humana. Poden atoparse en covas ou ao aire libre; enterrados ou en superficie;
na terra ou no mar.
Un xacemento divídese en niveis, e cada nivel arqueolóxico está a súa vez dividido en estratos. Cada
un destes estratos pode representar un momento concreto do pasado.
O método de investigación arqueolóxica baséase no estudo dos restos materiais mediante a planificación de excavacións, catas ou prospeccións -a partir de hipóteses ou teorías previas que se tratan
de demostrar-.
Observade as catas que se fixeron no xacemento de O Cabrón -en Arbo- (diapositivas 19 e 20).
Non sei se sabedes que é iso da industria lítica e que se entende por “núcleos”, “bifaces”, “fendedores”… Así que, por se acaso, vouvolo explicar axiña…
Denomínase “industria lítica” ao conxunto de utensilios de pedra -e restos das rochas empregadas
na súa elaboración- que agrupados nun determinado lugar, amosan evidencias de actividades humanas no pasado.
Denomínase “núcleo” ao anaco de rocha do que se desprenden lascas durante a talla.
As “lascas” serían os fragmentos de pedra producidos ao tallar un núcleo cando se golpea o bloque
cun percutor. As lascas podían utilizarse tal e como se producían ou retocarse para adaptalas a
funcións concretas, mellorar a súa resistencia…

Mirade núcleos e lascas
da industria lítica do xacemento de O Cabrón.
Chámase “fendedor” a unha ferramenta con bordes, que tendían a ser rectos
e con fios con gran capacidade de corte.
Tratábase de grandes lascas sen retocar ou con poucos retoques.
Denomínase “bifaz” a unha ferramenta, de forma ovalada, tallada
polas dúas caras (tal e como o seu nome indica).
Os seus rasgos máis característicos son: a simetría e certa tendencia
triangular.
As “raspadeiras” son útiles líticos (empregados para cortar pel ou madeira) fabricados sobre unha
lasca cun ou varios bordes, traballados por retoque, xeneralmente escamosos.
Como seguramente vos decataríades, en xeral, a fabricación dos útiles
consistía en desprender lascas dun núcleo coa finalidade de obter fios
cortantes.
Observade nestas fotos como Manuel Ledo (experto en talla lítica -ao
que xa vos presentei como descubridor do xacemento de O Cabrón-)
obtén -remedando aos homes prehistóricos- ferramentas líticas, desprendendo lascas dun núcleo de cuarcita-.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

A prehistoria.
A prehistoria.A prehistoria.
A prehistoria.mttq
 
Unidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticoUnidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticocamposseijo
 
Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaSanti Pazos
 
Julia y jessica neolitico
Julia y jessica neoliticoJulia y jessica neolitico
Julia y jessica neoliticoprofexabier
 
Paleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoPaleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoJosé Ramón
 
09 a prehistoria
09 a prehistoria 09 a prehistoria
09 a prehistoria roberto
 
Unidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticoUnidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticocamposseijo
 
Evolución humana nova
Evolución humana novaEvolución humana nova
Evolución humana novaAna Urbieta
 
Tema 3 2011-a galicia prerromana
Tema 3  2011-a galicia prerromanaTema 3  2011-a galicia prerromana
Tema 3 2011-a galicia prerromanabienesgalicia
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZBegoña Codesal
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadoresdudashistoria
 
09c a prehistoria
09c a prehistoria09c a prehistoria
09c a prehistoriaroberto
 

La actualidad más candente (19)

Outeiro dos lameiros
Outeiro dos lameirosOuteiro dos lameiros
Outeiro dos lameiros
 
PREHISTORIA
PREHISTORIAPREHISTORIA
PREHISTORIA
 
A prehistoria.
A prehistoria.A prehistoria.
A prehistoria.
 
Unidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticoUnidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolítico
 
Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A Prehistoria
 
Julia y jessica neolitico
Julia y jessica neoliticoJulia y jessica neolitico
Julia y jessica neolitico
 
Paleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoPaleolítico e Neolítico
Paleolítico e Neolítico
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Petroglifos
PetroglifosPetroglifos
Petroglifos
 
09 a prehistoria
09 a prehistoria 09 a prehistoria
09 a prehistoria
 
Prehistoria 1
Prehistoria 1Prehistoria 1
Prehistoria 1
 
A prehistoriatemaesa
A prehistoriatemaesaA prehistoriatemaesa
A prehistoriatemaesa
 
I. A Prehistoria
I. A PrehistoriaI. A Prehistoria
I. A Prehistoria
 
Unidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticoUnidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolítico
 
Evolución humana nova
Evolución humana novaEvolución humana nova
Evolución humana nova
 
Tema 3 2011-a galicia prerromana
Tema 3  2011-a galicia prerromanaTema 3  2011-a galicia prerromana
Tema 3 2011-a galicia prerromana
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
 
09c a prehistoria
09c a prehistoria09c a prehistoria
09c a prehistoria
 

Destacado (9)

Outros petróglifos de nigrán
Outros petróglifos de nigránOutros petróglifos de nigrán
Outros petróglifos de nigrán
 
▶ Cooperarte 2013 14 pptx
▶ Cooperarte 2013 14 pptx▶ Cooperarte 2013 14 pptx
▶ Cooperarte 2013 14 pptx
 
Serra da groba
Serra da grobaSerra da groba
Serra da groba
 
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
 
Unidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetónUnidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetón
 
Outeiro dos lameiros
Outeiro dos lameirosOuteiro dos lameiros
Outeiro dos lameiros
 
Teatro prehistórico
Teatro prehistóricoTeatro prehistórico
Teatro prehistórico
 
Agua da laxe
Agua da laxeAgua da laxe
Agua da laxe
 
A nosa historia a3 1
A nosa historia a3 1A nosa historia a3 1
A nosa historia a3 1
 

Similar a A prehistoria

A evolución humana
A evolución humanaA evolución humana
A evolución humanaAna Urbieta
 
O homo erectus josé ramón vilar dios
O homo erectus  josé ramón vilar diosO homo erectus  josé ramón vilar dios
O homo erectus josé ramón vilar diosencarnavilla
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriamasinisa
 
Xenealoxia humana
Xenealoxia humanaXenealoxia humana
Xenealoxia humanasignoluilli
 
Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaAgrela Elvixeo
 
Evolucion Humana
Evolucion HumanaEvolucion Humana
Evolucion HumanaAnd
 
Evoluc humana apuntes 2011 12
Evoluc humana apuntes 2011 12Evoluc humana apuntes 2011 12
Evoluc humana apuntes 2011 12montx189
 
Paleolitico xenxo
Paleolitico xenxoPaleolitico xenxo
Paleolitico xenxoprofexabier
 
Homo habilis Brais
Homo habilis BraisHomo habilis Brais
Homo habilis Braisencarnavilla
 
Homo habilis - Brais
Homo habilis - BraisHomo habilis - Brais
Homo habilis - Braisencarnavilla
 
A prehistoria víctor
A prehistoria víctorA prehistoria víctor
A prehistoria víctoroblogdeasun
 
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power PointNuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power PointMaite Zaitut
 
Homo ergaster sofía
Homo ergaster sofíaHomo ergaster sofía
Homo ergaster sofíaencarnavilla
 

Similar a A prehistoria (20)

A evolución humana
A evolución humanaA evolución humana
A evolución humana
 
O homo erectus josé ramón vilar dios
O homo erectus  josé ramón vilar diosO homo erectus  josé ramón vilar dios
O homo erectus josé ramón vilar dios
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Temas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º esoTemas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º eso
 
A hominización.
A hominización.A hominización.
A hominización.
 
Xenealoxia humana
Xenealoxia humanaXenealoxia humana
Xenealoxia humana
 
Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoria
 
Evolucion Humana
Evolucion HumanaEvolucion Humana
Evolucion Humana
 
Evoluc humana apuntes 2011 12
Evoluc humana apuntes 2011 12Evoluc humana apuntes 2011 12
Evoluc humana apuntes 2011 12
 
Paleolitico xenxo
Paleolitico xenxoPaleolitico xenxo
Paleolitico xenxo
 
Homo habilis Brais
Homo habilis BraisHomo habilis Brais
Homo habilis Brais
 
Homo habilis - Brais
Homo habilis - BraisHomo habilis - Brais
Homo habilis - Brais
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
A prehistoria víctor
A prehistoria víctorA prehistoria víctor
A prehistoria víctor
 
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power PointNuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
Nuevo PresentacióN De Microsoft Office Power Point
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Homo ergaster sofía
Homo ergaster sofíaHomo ergaster sofía
Homo ergaster sofía
 
A vida na prehistoria
A vida na prehistoriaA vida na prehistoria
A vida na prehistoria
 

Más de Maria Lemos Cerqueira (8)

FOLIO LUCES CINE.pdf
FOLIO LUCES  CINE.pdfFOLIO LUCES  CINE.pdf
FOLIO LUCES CINE.pdf
 
FOLIO CÁMARA.pdf
FOLIO CÁMARA.pdfFOLIO CÁMARA.pdf
FOLIO CÁMARA.pdf
 
CUQUI PIÑEIRO
CUQUI PIÑEIROCUQUI PIÑEIRO
CUQUI PIÑEIRO
 
MIGUEL SANTAMARÍA
MIGUEL SANTAMARÍAMIGUEL SANTAMARÍA
MIGUEL SANTAMARÍA
 
Petroglyphs petróglifos iem
Petroglyphs petróglifos iem Petroglyphs petróglifos iem
Petroglyphs petróglifos iem
 
2014 juegos reglas
2014 juegos reglas2014 juegos reglas
2014 juegos reglas
 
2014 as pedras e os xogos
2014 as pedras e os xogos2014 as pedras e os xogos
2014 as pedras e os xogos
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 

A prehistoria

  • 1.
  • 2. A Prehistoria é un longuísimo periodo de tempo que vai dende a aparición do home na Terra (hai máis de catro millóns de anos) ata o inicio da historia -logo da invención da escrituraarredor do 3.000 a.C. A cronoloxía da Prehistoria é bastante complexa, pero simplificando moito, podemos distinguir dous periodos principais: • O Paleolítico (Idade da Pedra Antigua ou tallada). É a etapa máis longa da historia do home (xa que abrangue dende hai dous millóns e medio de anos ata o descubrimento da agricultura e a gandería arredor do 10.000 a.C). Este periodo divídese a súa vez en: Paleolítico Antigo e Superior. • O Neolítico ou Idade da Pedra Nova ou pulimentada (que abrangue dende o 10.000 ata o 3.000 a.C -momento no que, logo da invención da escritura, da comezo a historia-).
  • 3. Pero, dentro deste marco cronolóxico xeral, convén que teñades en conta as peculiaridades da cronoloxía da prehistoria galega. Este gráfico, pode darvos unha idea bastante aproximada.
  • 4. Para que vos fagades unha idea do ambiente no que nos moviamos os homes do Paleolítico, tedes que saber que o clima que caracteriza esta etapa da Prehistoria é o chamado PLEISTOCENO (época xeolóxica que comeza hai 2,5 millóns de anos e finaliza ao iniciarse o clima actual -Holoceno- no 10.000 a.C). Durante o Pleistoceno os cambios climáticos son continuos (xa que se van alternando longos periodos glaciais con periodos interglaciais). Durante os periodos de glaciación , extensos mantos de xeo cubren as latitudes máis elevadas do planeta. Na paisaxe predominan as pradeiras herbáceas -propias das rexións próximas aos polos-. Na fauna destacaban: o mamut, o rinoceronte lanudo, o uro, o cervo xigante, o oso das cavernas (que terminaron por extinguirse), o reno, o oso polar, o cabalo, o boi almizclero, a hiena, o antílope saiga…
  • 5.
  • 6. Durante os periodos interglaciais o clima fíxose máis cálido. Ao fundirse o xeo, subiu o nivel do mar. Desenvolvéronse bosques de coníferas e árbores caducifolias propias do clima temperado e chuvioso. Nas etapas interglaciais apareceron os rinocerontes, os cabalos esteparios, os hipopótamos, os elefantes, os tigres de dentes de sable … Había tamén zorros, bisontes, gatos monteses…
  • 7.
  • 8. As paisaxes de herbáceas (e os bosques de carballos, castaños e coníferas que se desenvolveron nos periodos interglaciais) estarían poboadas por leóns, hipopotamos, hienas , rinocerontes, uros, elefantes, venados, grandes cervos, zorros, lobos, osos, hienas , cabalos, xabaríns, bisontes… (fauna, que por moi incrible que vos pareza, formaba parte da paixase do país -desaparecendo de Europa por mor dos cambios climáticos-).
  • 9.
  • 10. En primeiro lugar habería que dicir que ao longo do periodo prehistórico, a evolución do home foi impresionante (evolucionando non só o seu aspecto físico e a súa capacidade intelectual, senón tamén os seus hábitats, modos de vida, costumes, manifestacións artísticas…).
  • 11. Hai catro millóns de anos , apareceron en África os Australopitecus (homínidos moi primitivos -de pequeno cerebro e habilidade manual case nula- pero que xa podían permanecer erguidos sobre as súas patas inferiores).
  • 12. Hai 2 millóns de anos apareceu -tamén en África- unha especie máis evolucionada: o Homo hábilis (que -cun cerebro máis grande- foi quen de fabricar e usar ferramentas).
  • 13. O Homo Erectus/Homo Ergaster (primeiros homínidos de constitución física algo máis parecida aos humanos modernos). A súa maior capacidade craneal permitiulles comunicarse a través dunha linguaxe simple e manufacturar ferramentas de pedra máis avanzadas (como os bifaces). Aprenderon a manexar o lume. O homo erectus evolucionou, en Europa, cara ao Homo Neanderthalensis e, en África, cara ao Homo Sapiens.
  • 14. Denomínanse “humanos arcaicos” “homo sapiens arcaico” ou “presapiens” a un certo número de especies que non son considerados anatómicamente modernos, aínda que teñen un tamaño cerebral próximo ao dos humanos actuais: Homo heidelbergensis (1) , Homo rhodesiensis, Homo neanderthalensis (3) (rama paralela na árbore evolutiva á do home actual) e Homo antecessor (2) (nova especie humana , aparecida na Serra de Atapuerca, antepasado común do Neanderthal e o Cromagnon). (1) (2)
  • 15. (3)
  • 16. Esta especie (que xurdiu hai 500.000 anos perdurando ata hai uns 250.000), debe o seu nome á aparición de fósiles no xacemento alemán de Heidelberg . O homo heidelbergensis é un antepasado directo do Home de Neandertal (non dos humanos modernos). Trátase dunha especie intermedia entre home antecessor e home de Neanderthal. Eran individuos altos e corpulentos (arredor de 1,80 m. de estatura e 100 kg de peso). Entre as súas características físicas destacaban: os cráneos aínda moi aplanados -1.350 cc-; o forte reborde óseo sobre as órbitas; as mandibulas saíntes; a ausencia de mentón e a gran abertura nasal. As súas proporcións corporais serían similares ás do Homo sapiens -aínda que co tórax máis ancho-. As diferencias de peso e estatura entre machos e femias serían similares ás da nosa especie.
  • 17. Obtiñan alimento practicando o carroñeo -aproveitando a carne dos animais mortos ou cazados por outros animais- e a recolección de pequenos animais, ovos e plantas silvestres comestibles. Pero como na Europa fría os recursos vexetais escaseaban durante gran parte do ano, terminaron por organizarse para cazar pequenos animais -aproveitando trampas naturais e empregando rústicas lanzas de madeira aguzada-. As peles, coiros e tendóns servían para moitos usos. Usaban abrigos de pel para evitar o frío.
  • 18. Fabricaban ferramentas de pedra, madeira -lanzas e xabalinas apuntadas- e óso. Elaboraban as súas ferramentas segundo a técnica achelense. Os arqueólogos pensan que coñecían o lume para quentarse a mais para cociñar (xa que atoparon evidencias de fogatas en diferentes xacementos). Instalaban campamentos con cabanas de madeira e peles de animais, pero tamén usaban abrigos e vestíbulos de covas.
  • 19. Dentro desta especie podemos falar de sentimento de grupo e de certa cohesión social (coidado de nenos, anciáns e enfermos) que os capacitaba para explotar e defender os recursos do territorio e desenvolver estratexias de supervivencia. Organizábanse en pequenos grupos ou clans de entre 15 e 40 individuos (en periodos de bonanza podían acadar o centenar). Eran nómades con movementos ligados ao clima e ás estacións. Controlaban os ríos e vales, as áreas con sílex e cuarcita, os movementos dos animais… Seguramente tiña algún sistema de comunicación oral.
  • 20. E finalmente -no último elo da evolución homínida- atópase o Homo Sapiens (o noso antepasado máis directo). Aparecen en África -hai uns 150.000 anos- individuos, con capacidade craneal de 1.500 cc e cunha constitución física suficientemente moderna, como para que poidan clasificarse claramente da nosa mesma especie. Cazador especializado e cunha gran capacidade de adaptación ao medio, convertirase na especie dominante expandíndose por toda a Terra (sendo hoxe en día a única especie supervivinte). Cun cerebro moi desenvolvido, tiñan linguaxe articulada e pensamento abstracto. Expresaban as súas crenzas a través ritos funerarios e manifestacións artísticas. Desenvolveron unha industria lítica moi perfeccionada; construían cabanas e sabían usar o lume.
  • 21. Ao tempo que evolucionaba o noso aspecto físico e a nosa capacidade intelectual, evolucionaban tamén as nosas formas de vida.
  • 22. Os homes do Paleolítico vivíamos do que a natureza nos ofrecía. Ao principio recolectabamos sementes, froitos, bagas, ovos… e carroñeabamos (aproveitando restos de animais mortos ou cazados por outros animais). Logo aprendemos a cazar. Cazabamos en grupo, e para atrapar as presas, tendiamoslles trampas e utilizabamos armas de pedra e madeira. Dos animais que cazabamos obtiñamos: carne para comer, ósos e cornamentas para fabricar ferramentas e peles para vestirnos . Tamén pescabamos -en augas pouco fondas- empregando arpóns e anzois que faciamos con ósos e hastas de animais.
  • 23. Os homes do Paleolítico viviamos en tribos (colaborando nas actividades de caza e recolección). Como tiñamos que desprazarnos dun lugar a outro na procura de alimentos, non tiñamos vivenda fixa, eramos nómades. Procurabamos acubillo entre as rochas e no interior das covas. Cando nos desprazabamos, seguindo aos animais, instalabamonos en campamentos ao aire libre (construíndo cabanas con troncos de madeira e peles de animais, preto dos ríos).
  • 24. Co tempo chegamos a dominar o lume… A domesticación do lume foi o progreso máis importante da historia da humanidade (cousa que ocorreu hai uns 400.000 anos). Co lume podiamos quentarnos, iluminar o interior da cova, cociñar alimentos e protexernos dos animais salvaxes.
  • 25. Observando a natureza, os homes prehistóricos aprendemos o ciclo do crecemento das plantas (comprobando que se plantabamos unha semente, esta xermolaba e daba froitos que podiamos recoller). Así naceu -hai uns 10.000 anos- a agricultura. Os cereais (trigo, centeo…) e os legumes (lentellas, garavanzos e chícharos) foron as primeiras plantas que se cultivaron. Para realizar as tarefas do campo, elaboramos novos utensilios ou trebellos (machadas que empregabamos para cortar a madeira; fouciños para segar os cereais; muíños de pedra para triturar o trigo e obter fariña…).
  • 26. A gandería xurdiu da necesidade de poder sacrificar animais cando escaseaba a caza. Os primeiros gandeiros comezaron a ter animais vixiados e encerrados (o can foi un dos primeiros animais que se domesticaron; despois domesticáronse cabras e ovellas, e máis tarde, os porcos). Continuamos practicando a caza, pero agora comiamos prioritariamente os animais que domesticabamos.
  • 27. Por primeira vez, os homes e mais as mulleres comezamos a producir alimentos (sen limitarnos a recoller aqueles que a natureza nos ofrecía). Por iso poidemos deixar de ser nómades e fixémonos sedentarios (establecendo poboados permanentes). Os poboados estaban situados a carón dos campos de cultivo para poder vixiar a colleita e coidar -ao mesmo tempo- dos animais domésticos. Construimos pequenas casoupas rudimentarias feitas con materiais perecedoiros (madeira, arxila, e palla).
  • 28. Os homes prehistóricos fabricabamos armas e ferramentas que nos axudaban na realización das nosas actividades diarias. A fabricación e uso de ferramentas foi un momento moi importante e significativo na evolución da humanidade. As primeiras pezas que se usaron como ferramentas eran de madeira. Pero hai dous millóns e medio de anos, un grupo dos nosos antergos empezaron a empregar un material moito más útil: a pedra. Os homes prehistóricos tallabamos diferentes tipos de rochas que tiñamos ao noso alcance (cuarcita, sílex...) extraendo lascas ao golpealas con outras rochas máis duras (“percutores”).
  • 29. A técnica do tallado foi evolucionando a medida que o facían os humanos. Cando o home aínda tiña pouca habilidade, os retoques eran moi amplos e os instrumentos estaban mal traballados . A industria mellora, a medida que o fai a intelixencia e a habilidade manual do home. Esta habilidade permitiu que o tallado e o retoque fosen máis superficiais, desperdiciandose menos pedra e creando armas máis perfectas, máis pequenas e de máis facil manexo. A medida que a técnica foi evolucionando, os obxectos de pedra tallada enmangáronse empregando madeira e fibras vexetais. Ademais, o home comprende que cada actividade necesitaba un instrumento diferente.
  • 30. Ás veces utilizabamos directamente as lascas e rochas de partida (normalmente cantos rodados aportados polos ríos); outras veces traballabamolas para obter fíos ou puntas funcionais coas que poder cortar, fender, tallar, pinchar… Dunha mesma pedra, podían obterse ferramentas diferentes: raspadores, perforadores, punzóns, bureles, agullas… Os fragmentos máis pequenos e afiados utilizabamolos coma coitelos; as pezas maiores usábanse como martelos e machadas. As principais armas eran as lanzas e as frechas.
  • 31.
  • 32. TIPO DE TÉCNICA PERIODO/HOMO Olduvayense Paleolítico Antigo (asociado a actividade carroñeira) Homo Hábilis Achelense Paleolítico Antigo (asociado a actividade cazadora) Homo Erectus/Ergaster Homo Heidelbergensis Musteriense Paleolítico Antigo (asociado a actividade cazadora) Homo Neanderthalensis Auriñaciense Gravetiense Solutrense Magdaleniense (en Europa) Paleolítico Superior (asociado a actividade cazadora) Homo Sapiens CARACTERÍSTICAS DAS FERRAMENTAS Ferramentas moi simples talladas con poucos golpes e para uso inmediato. Cantos tallados por unha ou dúas caras -obténdose un gume- e lascas sen retocar, de pequeno e mediano tamaño e con bordes cortantes. Longa secuencia de golpes e xiros na elaboración das ferramentas. Instrumentos de talla bifacial (por ambas caras) e apuntados: bifaces (instrumentos de gran utilidade que permiten afiar lanzas, cortar madera e pel, descarnar presas…), fendedores, raspadeiras, raspadores, picos triédricos, buriles… Desaparición de grandes instrumentos –como o bifaz- que serán sustituídos por outros máis pequenos (fabricados sempre con lascas): puntas, coitelos, raspadeiras, raspadores… Aparecen instrumentos de oso e asta de cervo. Emprego da técnica Levallois (utilización dun percutor brando para extraer lascas dun núcleo previamente preparado). Despois retócanse para o acabado final. Perfección no tallado e retoque dos instrumentos. Especialización na utillaxe (conseguíndose obxectos estéticos á vez que utilitarios). Industria microlítica. Industria ósea (oso, asta e marfil) cada vez máis perfeccionada e de maior beleza para útiles, armas e adornos. Preparación de núcleos alongados para obter lascas finas de bordes paralelos. As lascas
  • 33. Durante o Neolítico, perfeccionouse o instrumental, puíronse as pedras… Por iso ao Neolítico chámaselle tamén a Idade da Pedra Pulimentada. Ademais, utilizáronse outros materiais para facer utensilios (por exemplo o óso e o marfil). Fixemos arpóns e melloramos as machadas.
  • 34. Da necesidade de gardar os alimentos, de cocelos e de transportalos, naceu a cestería e a cerámica (con diferentes tipos de recipientes e vasillas). A invención do fuso para fiar e do tear para tecer, permitiu o aproveitamento de fibras naturais -coma a la e mailo liño- para mellorar a vestimenta.
  • 35. Hai uns 6.000 anos tivo lugar a aparición da metalurxia. Os seres humanos aprendemos a utilizar metais para a elaboración de ornamentos, armas e trebellos (espadas, machadas, eixadas, fouces…). Os obxectos de metal eran moito máis resistentes que os que se fabricaban con pedra. Os primeiros metais que se utilizaron foron o ouro, a prata e o cobre (que podíamos moldear golpeándoos en frío cun martelo). Esta etapa da Prehistoria coñécese co nome de IDADE DOS METAIS. Na Idade dos Metais producíronse tres inventos de gran importancia que fixeron máis doada a vida das persoas: a roda (fixo posible a construción de carros tirados por animais); a vela (fixo posible que os barcos se moveran grazas á forza do vento) e o arado (que permitiu labrar grandes extensións de terra a maior velocidade).
  • 36. As manifestacións artísticas e os ritos funerarios xurdiron a medida que, no proceso de evolución humana, se foron desenvolvendo as nosas capacidades intelectuais
  • 37. Realizabamos pinturas nas paredes das covas (PINTURAS RUPESTRES). Os artistas da Prehistoria decoraban as cavernas coa finalidade de facer delas santuarios, lugares onde se levaba a cabo a iniciación dos xóvenes cazadores… Estas pinturas tiñan un sentido máxico e propiciatorio da caza (pintabamos os animais que desexabamos cazar). Bisontes, cabalos, cervos, renos… eran os animais que debuxabamos nas paredes das covas… Pintabamos coas mans, con plumas de aves ou con pinceis feitos de pelos de animal. Utilizabamos cores vivas que extraiamos dos minerais e que mesturabamos con graxa de animais.
  • 38.
  • 39. Tamén esculpíamos figuras (en ósos, madeira, marfil ou pedra). Son moi coñecidas estas figuriñas de muller no que se destacan claramente as partes do corpo relacionadas coa maternidade (como por exemplo a Venus de Willendorf).
  • 40. A inhumación (individual ou colectiva) foi a práctica mortuoria máis extendida durante a Prehistoria. Estes novos ritos son os que darán lugar á construción dos monumentos megalíticos -Megalitismo(grandes estruturas de pedra elevadas polo home a partir de finais do Neolítico e sobre todo durante a Idade dos Metais). Os monumentos megalíticos construíronse con grandes pedras, denominadas “megálitos” , que se trasladaban coa axuda de troncos e cordas. Para facelos necesitábanse moitas persoas. Os tres tipos principais de monumentos megalíticos son: os menhires (bloque de pedra chantado no chan) os cromlechs (alineacións circulares de varios menhires utilizados como santuarios ou observatorios astronómicos) e os dolmens.
  • 41. Os dólmens ou mámoas son cámaras funerarias formadas por paredes de grandes pedras verticais que sosteñen a outras lousas horizontais a modo de teitume. Diante da cámara pode haber un pasillo ou corredor construído do mesmo xeito. Os dólmenes adoitaban cubrirse de terra formando un túmulo.
  • 42. Outra manifestación artística dos homes prehistóricos foron os petróglifos. Os petróglifos son gravados -efectuados sobre rochas- ao aire libre. Neles aparecen motivos xeométrico-abstractos (círculos concéntricos, espirais, labirintos…) ou figurativos (animais, figuras humanas, armas…).
  • 43. Tamén é importante que teñades claros algúns aspectos sobre os xacementos. Un xacemento é un lugar que contén restos arqueolóxicos que denotan actividade humana. Poden atoparse en covas ou ao aire libre; enterrados ou en superficie; na terra ou no mar. Un xacemento divídese en niveis, e cada nivel arqueolóxico está a súa vez dividido en estratos. Cada un destes estratos pode representar un momento concreto do pasado. O método de investigación arqueolóxica baséase no estudo dos restos materiais mediante a planificación de excavacións, catas ou prospeccións -a partir de hipóteses ou teorías previas que se tratan de demostrar-. Observade as catas que se fixeron no xacemento de O Cabrón -en Arbo- (diapositivas 19 e 20).
  • 44.
  • 45.
  • 46.
  • 47.
  • 48. Non sei se sabedes que é iso da industria lítica e que se entende por “núcleos”, “bifaces”, “fendedores”… Así que, por se acaso, vouvolo explicar axiña… Denomínase “industria lítica” ao conxunto de utensilios de pedra -e restos das rochas empregadas na súa elaboración- que agrupados nun determinado lugar, amosan evidencias de actividades humanas no pasado.
  • 49. Denomínase “núcleo” ao anaco de rocha do que se desprenden lascas durante a talla. As “lascas” serían os fragmentos de pedra producidos ao tallar un núcleo cando se golpea o bloque cun percutor. As lascas podían utilizarse tal e como se producían ou retocarse para adaptalas a funcións concretas, mellorar a súa resistencia… Mirade núcleos e lascas da industria lítica do xacemento de O Cabrón.
  • 50.
  • 51. Chámase “fendedor” a unha ferramenta con bordes, que tendían a ser rectos e con fios con gran capacidade de corte. Tratábase de grandes lascas sen retocar ou con poucos retoques.
  • 52. Denomínase “bifaz” a unha ferramenta, de forma ovalada, tallada polas dúas caras (tal e como o seu nome indica). Os seus rasgos máis característicos son: a simetría e certa tendencia triangular.
  • 53.
  • 54. As “raspadeiras” son útiles líticos (empregados para cortar pel ou madeira) fabricados sobre unha lasca cun ou varios bordes, traballados por retoque, xeneralmente escamosos.
  • 55. Como seguramente vos decataríades, en xeral, a fabricación dos útiles consistía en desprender lascas dun núcleo coa finalidade de obter fios cortantes. Observade nestas fotos como Manuel Ledo (experto en talla lítica -ao que xa vos presentei como descubridor do xacemento de O Cabrón-) obtén -remedando aos homes prehistóricos- ferramentas líticas, desprendendo lascas dun núcleo de cuarcita-.