SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 21
QUE É UN MAPA?QUE É UN MAPA?
Para que sirve?, Como se fai? Como se usa…
Isto implica solucionar 3 problemas:
Facer un mapa consiste en representar unha
superficie real nunha superficie reducida
-1) Representar un espacio máis grande sobre un
máis pequeno. Para iso úsase a escala.
-2) Representar un espacio esférico sobre un
plano, úsanse Os sistemas de proxección.
- 3) Representar un espacio tridimensional sobre
un bidimensional: Os sistemas topográficos.
A escala aparece en todos os mapas e dinos que unha unidade
medida no mapa equivale (por exem.) a 25.000 de esas
unidades na realidade. Como os mapas son de pequeno
tamaño, a unidade que usamos é o centímetro, deste xeito
nun mapa de escala 1: 25.000, 1 cm no mapa equivalen a
25.000 cms na realidade, é dicir 250 mtr. ou 0,25 km.
Dixemos que un mapa representa unha
realidade maior nunha superficie máis
pequena. A proporción desa redución está
indicada pola escala
Exprésase deste xeito: 1: 25.000 , 1: 1.000.000 ,
1: 20.000.000…. Como poderás comprobar, canto maior
sexa a escala do mapa, máis superficie representa.
CAMBADOS. MAPA TOPOGRÁFICO Escala 1: 25:000
Captura de pantalla visor SIGPAC http://sigpac.mapa.es/fega/visor/
Vexamos este mapa de Cambados. A distancia aprox. entre a
torre de S. Sadurniño e a rotonda de Vilariño é de 8,5 cm. Polo
tanto a distancia real a calcularemos multiplicando 8,5 x 25.000
(escala do mapa), o resultado o convertimos a mtrs= 2.125 mts. ou
2,1 kms.
Tamén aparece nos mapas a Escala Gráfica
Imaxe: http://www.ieslasllamas.com/orientacion/DibusOri/escala.jpg
Esta escala gráfica corresponde a un mapa de escala numérica
1: 100.000. Nela temos feita a conversión do número da escala
ao que representa na realidade dese mapa.
Nesta escala gráfica cada centímetro no mapa equivale a 1 km
na realidade (100.000 ou 1000 mts), e tal como se indica, ese
segmento de10cms son 10 kms. Comparando ese segmento
con distancias medidas no mapa temos unha idea de a que
distancias reais corresponde.
Como o planeta terra é unha esfera, a súa superficie é curva
e polo tanto representala nun mapa implica sempre unha
distorsión. Esta distorsión é maior, canto maior sexa a
superficie a representar. É inapreciable para superficies
pequenas, por exem. unha cidade, falamos entón de
planos, en vez de mapas; pero implica unha deformación
moi grande se se trata dun continente ou de todo o globo
terrestre.
Para evitar (algo) estas deformacións úsanse as
proxeccións cartográficas. Consisten en proxectar unha
porción da superficie terrestre sobre unha figura curva
(un cono, un cilindro… que logo resulte máis doado
despregar que unha esfera ) ou sobre outro plano. Estas
proxeccións fannas os cartógrafos.
QUE SON AS PROXECCIÓNS CARTOGRÁFICAS?
A)CILÍNDRICAS
Representa bastante ben a zona central da terra
(Ecuador) pero deforma as latitudes polares, que
aparecen máis grandes do que son.
Un dos mapas máis utilizados con esta
proxección
é o de Mercator , feito no s. XVI.
MAPA DE MERCATOR dominio público-
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b
2/Mercator_1569.png/800px-Mercator_1569.png
PROXECCIÓN
CILÍNDRICA
Trarod-
http://upload.wikimedia.
org/wikipedia/commons/
5/52/Projection_cylindri
que.jpg- CC-BY-SA
TIPOS DE PROXECCIÓNS:
É un tipo de proxección
conforme, é dicir, respecta a
forma dos continentes pero
non o tamaño. Foi moi
utilizada para a navegación
en barco.
O mapa de Peters (no s. XIX) tamén se basea nunha proxección
cilíndrica. Foi feito para evitar as deformacións das latitudes
polares. Neste caso é unha proxección equivalente, é dicir
respecta o tamaño pero non a forma.
MAPA DE PETERS
STREBE-
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Gall%E2%80%93Peters_projection_SW.jpg/800px-Gall%E2%80%93Peters_projection_SW
CC-BY-SA
No seguinte enlace pódese ver un video dunha coñecida serie de televisión,
no que se fala das características destes dous tipos de mapas e os seus
problemas: http://www.youtube.com/watch?v=pC4MwdqYeCI
B) CÓNICAS
Proxéctase a superficie terrestre sobre un
cono, cuxo eixe coincide co eixe terrestre.
É a mellor para representar as latitudes
medias ou temperadas.
C) PLANAS OU CENITAIS
Proxéctase a superficie terrestre
sobre un plano tanxente. Obtense
unha imaxe como se se vise a
terra dende o exterior ou o
interior. É a máis adecuada para
representar os polos
PROXECCIÓN CÓNICA
TRAROD-
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/85/Pr
CC-BY-SA
PROXECCIÓN CENITAL
TRAROD-
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/5d/Projecti
CC-BY-SA
Na actualidade a maior parte dos mapas fanse con combinacións
das proxeccións anteriores. Son as proxeccións modificadas. É
o caso da proxección de Winkel-Tripel, que é unha proxección
cenital ou azimutal modificada., usada pola
National Geographical Society.
MAPA DE WINKEL-TRIPEL
DOMINIO PÚBLICO-
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/Winkel-tripel-projection.jpg/800px-Winkel-tripel-projection.jpg
A TOPOGRAFÍA
Os mapas teñen dúas dimensións (lonxitude e altura)
pero a realidade é tridimensional.
Para reflectir esa
realidade
represéntanse no
mapa diferentes
cores, úsanse os
verdes para as
zonas máis baixas e
marróns, violetas e
brancos, para as
máis altas. MAPA DOS ALPES
PERCONTE-
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Alpenrelief_01.jpg/768px-
Alpenrelief_01.jpg- CC-BY-SA
Pero o xeito máis exacto de representar a altura é
mediante isohipsas, ou curvas de nivel, que son
as liñas que unen puntos de igual altura
Cada unha desas liñas ten un valor exacto que neste croquis a escala
1:250.000 é múltiplo de 100. Se as curvas de nivel están moi xuntas indican
forte desnivel, se están moi separadas, unha zona chá.
A imaxe anterior e esta son croquis simplificados. Os mapas
topográficos son un pouco máis complexos, porque a realidade que
representan tamén o é, pero seguro que sodes capaces de
entendelos.
As curvas de nivel están á
mesma distancia, son
equidistantes. O seu valor é
diferente segundo a escala do
mapa. No de escala 1:25.000
as que son múltiplos exactos
de 50 son as chamadas curvas
mestras. Son as únicas que
teñen o seu valor indicado e
teñen un trazo marrón máis
groso. As liñas máis finas
corresponden a múltiplos de
10.
Fíxate neste croquis. As formas do relevo e as súas alturas (un pequeño
outeiro e unha zona afundida ) represéntanse no mapa mediante as curvas de
nivel. As curvas mestras van de 100 en 100, as outras de 20 en 20. Se a altura
vai diminuíndo dende o centro estamos nunha zona alta. Se diminúe cara o
centro estamos nunha zona baixa.
Debuxo: Isaac Buzo- http://www.isaacbuzo.com/-
CC-BY-SA
MAPA TOPOGRÁFICO DE CAMBADOS, escala aprox. 1:25.000, fonte: SIGPAC.
Corresponde coa desembocadura do río Umia, unha zona bastante chá. As cotas (puntos
con datos numéricos) indican a altura dalgúns lugares: á beira do río,1e 4 metros de altura.
Monterrei (32 mts) e xa máis ao norte (todos os mapas están orientados cara o norte) o
Miradoiro da Pastora (56 mts) é o punto máis alto. As liñas non indican valores exactos,
senón múltiplos e como non hai ningunha liña mestra á vista, deduciremos o seu valor. Así
en Monterrei arredor da cota de 32, hai 3 liñas. Por tanto o seu valor será de 30, 20 e 10
mts, corresponde a un pequeño outeiro.
A partir dun mapa topográfico podemos facer un
corte ou perfil topográfico, proxectando os
valores das curvas de nivel sobre uns eixes
Debuxo: Isaac Buzo- http://www.isaacbuzo.com/- CC-BY-SA
Queres saber máis?
O desenvolvemento recente dos satélites e a teledetección
permiten aos cartógrafos usar as fotos aéreas para facer os
mapas. Nesta imaxe inferior temos a ortofoto (SIGPAC)
que corresponde co mapa topográfico de Cambados
anterior
Así mesmo as posibilidades que aportan as novas tecnoloxías informáticas
permiten ter unha enorme cantidade de datos sobre o territorio que se
poden integrar no mapa. Deste xeito nacen os Sistemas de Información
Xeográficos (SIX, SIG ou GIS en inglés) que integran a información sobre
o territorio e tamén bases de datos sobre cultivos, vexetación, tipos de
rochas… Hai sistemas de información que se poden consultar
doadamente na rede como SIGPAC, do Ministerio de Agricultura ou
IBERPIX, do Instituto Geográfico Nacional (IGN) algo máis potente pero
tamén máis lento se hai moito tráfico en internet.
A barra de ferramentas superior permite facer medicións de distancias e
superficies, na esquina esquerda indica coordenadas de cada punto, na
barra dereita seleccionando capas é posible visualizar fotos, mapas,
árbores, cultivos… FOTO SIGPAC
Outra potente ferramenta baseada nas SIX é Google Earth, que
pode descargarse libremente en formato Google Free (hai outras
versións de pago).
GOOGLE EARTH
Foto: http://www.eduteka.org/GoogleEarth2.php
As posibilidades que permite Google Earth para o estudo da
xeografía son amplísimas e intentaremos aproveitalas ao longo
destas unidades didácticas. Neste titorial explícase como
funciona: http://vimeo.com/14004364
Por exemplo:
-Permite traballar as coordenadas xeográficas e facer exercicios
de localización: en ver na barra do menu permite visualizar a
cuadrícula de todos os meridianos e paralelos.
-Activando a capa galería (esquina inferior esquerda) e
situándonos nunha escala pequena, ábrese un amplio abano de
iconos que mostran a localización de terremotos, volcáns, imaxes
e información da NASA, da axencia espacial europea, fotografías
panorámicas de 360º, rutas en bicicleta ou a pe (wikiloc), África a
vista de paxaro de National Geographic con enlaces a fotos,
videos, sonidos…
AS POSIBILIDADES SON ENORMES!
Dereitos de autor
Que é un mapa?. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza:
Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel
Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenza
Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0
España.
Créditos e autoría:
Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con
licenza CC-BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative
commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos
educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita
segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes
páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios
recursos, que manteñen integramente.
Outras licenzas:
Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa
propia licenza, sinalada en cada caso.

Más contenido relacionado

Más de maribeliglesias64 (7)

Ferramentas da prehistoria
Ferramentas da prehistoriaFerramentas da prehistoria
Ferramentas da prehistoria
 
Formas do relevo
Formas do relevoFormas do relevo
Formas do relevo
 
Landforms
LandformsLandforms
Landforms
 
Mapas, escalas, paisaxes
Mapas, escalas, paisaxesMapas, escalas, paisaxes
Mapas, escalas, paisaxes
 
O legado cultural greco-latino
O legado cultural greco-latinoO legado cultural greco-latino
O legado cultural greco-latino
 
A cultura castrexa
A cultura castrexaA cultura castrexa
A cultura castrexa
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 

Último

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Que é un mapa

  • 1. QUE É UN MAPA?QUE É UN MAPA? Para que sirve?, Como se fai? Como se usa…
  • 2. Isto implica solucionar 3 problemas: Facer un mapa consiste en representar unha superficie real nunha superficie reducida -1) Representar un espacio máis grande sobre un máis pequeno. Para iso úsase a escala. -2) Representar un espacio esférico sobre un plano, úsanse Os sistemas de proxección. - 3) Representar un espacio tridimensional sobre un bidimensional: Os sistemas topográficos.
  • 3. A escala aparece en todos os mapas e dinos que unha unidade medida no mapa equivale (por exem.) a 25.000 de esas unidades na realidade. Como os mapas son de pequeno tamaño, a unidade que usamos é o centímetro, deste xeito nun mapa de escala 1: 25.000, 1 cm no mapa equivalen a 25.000 cms na realidade, é dicir 250 mtr. ou 0,25 km. Dixemos que un mapa representa unha realidade maior nunha superficie máis pequena. A proporción desa redución está indicada pola escala Exprésase deste xeito: 1: 25.000 , 1: 1.000.000 , 1: 20.000.000…. Como poderás comprobar, canto maior sexa a escala do mapa, máis superficie representa.
  • 4. CAMBADOS. MAPA TOPOGRÁFICO Escala 1: 25:000 Captura de pantalla visor SIGPAC http://sigpac.mapa.es/fega/visor/ Vexamos este mapa de Cambados. A distancia aprox. entre a torre de S. Sadurniño e a rotonda de Vilariño é de 8,5 cm. Polo tanto a distancia real a calcularemos multiplicando 8,5 x 25.000 (escala do mapa), o resultado o convertimos a mtrs= 2.125 mts. ou 2,1 kms.
  • 5. Tamén aparece nos mapas a Escala Gráfica Imaxe: http://www.ieslasllamas.com/orientacion/DibusOri/escala.jpg Esta escala gráfica corresponde a un mapa de escala numérica 1: 100.000. Nela temos feita a conversión do número da escala ao que representa na realidade dese mapa. Nesta escala gráfica cada centímetro no mapa equivale a 1 km na realidade (100.000 ou 1000 mts), e tal como se indica, ese segmento de10cms son 10 kms. Comparando ese segmento con distancias medidas no mapa temos unha idea de a que distancias reais corresponde.
  • 6. Como o planeta terra é unha esfera, a súa superficie é curva e polo tanto representala nun mapa implica sempre unha distorsión. Esta distorsión é maior, canto maior sexa a superficie a representar. É inapreciable para superficies pequenas, por exem. unha cidade, falamos entón de planos, en vez de mapas; pero implica unha deformación moi grande se se trata dun continente ou de todo o globo terrestre. Para evitar (algo) estas deformacións úsanse as proxeccións cartográficas. Consisten en proxectar unha porción da superficie terrestre sobre unha figura curva (un cono, un cilindro… que logo resulte máis doado despregar que unha esfera ) ou sobre outro plano. Estas proxeccións fannas os cartógrafos. QUE SON AS PROXECCIÓNS CARTOGRÁFICAS?
  • 7. A)CILÍNDRICAS Representa bastante ben a zona central da terra (Ecuador) pero deforma as latitudes polares, que aparecen máis grandes do que son. Un dos mapas máis utilizados con esta proxección é o de Mercator , feito no s. XVI. MAPA DE MERCATOR dominio público- http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b 2/Mercator_1569.png/800px-Mercator_1569.png PROXECCIÓN CILÍNDRICA Trarod- http://upload.wikimedia. org/wikipedia/commons/ 5/52/Projection_cylindri que.jpg- CC-BY-SA TIPOS DE PROXECCIÓNS: É un tipo de proxección conforme, é dicir, respecta a forma dos continentes pero non o tamaño. Foi moi utilizada para a navegación en barco.
  • 8. O mapa de Peters (no s. XIX) tamén se basea nunha proxección cilíndrica. Foi feito para evitar as deformacións das latitudes polares. Neste caso é unha proxección equivalente, é dicir respecta o tamaño pero non a forma. MAPA DE PETERS STREBE- http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Gall%E2%80%93Peters_projection_SW.jpg/800px-Gall%E2%80%93Peters_projection_SW CC-BY-SA No seguinte enlace pódese ver un video dunha coñecida serie de televisión, no que se fala das características destes dous tipos de mapas e os seus problemas: http://www.youtube.com/watch?v=pC4MwdqYeCI
  • 9. B) CÓNICAS Proxéctase a superficie terrestre sobre un cono, cuxo eixe coincide co eixe terrestre. É a mellor para representar as latitudes medias ou temperadas. C) PLANAS OU CENITAIS Proxéctase a superficie terrestre sobre un plano tanxente. Obtense unha imaxe como se se vise a terra dende o exterior ou o interior. É a máis adecuada para representar os polos PROXECCIÓN CÓNICA TRAROD- http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/85/Pr CC-BY-SA PROXECCIÓN CENITAL TRAROD- http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/5d/Projecti CC-BY-SA
  • 10. Na actualidade a maior parte dos mapas fanse con combinacións das proxeccións anteriores. Son as proxeccións modificadas. É o caso da proxección de Winkel-Tripel, que é unha proxección cenital ou azimutal modificada., usada pola National Geographical Society. MAPA DE WINKEL-TRIPEL DOMINIO PÚBLICO- http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/Winkel-tripel-projection.jpg/800px-Winkel-tripel-projection.jpg
  • 11. A TOPOGRAFÍA Os mapas teñen dúas dimensións (lonxitude e altura) pero a realidade é tridimensional. Para reflectir esa realidade represéntanse no mapa diferentes cores, úsanse os verdes para as zonas máis baixas e marróns, violetas e brancos, para as máis altas. MAPA DOS ALPES PERCONTE- http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Alpenrelief_01.jpg/768px- Alpenrelief_01.jpg- CC-BY-SA
  • 12. Pero o xeito máis exacto de representar a altura é mediante isohipsas, ou curvas de nivel, que son as liñas que unen puntos de igual altura Cada unha desas liñas ten un valor exacto que neste croquis a escala 1:250.000 é múltiplo de 100. Se as curvas de nivel están moi xuntas indican forte desnivel, se están moi separadas, unha zona chá.
  • 13. A imaxe anterior e esta son croquis simplificados. Os mapas topográficos son un pouco máis complexos, porque a realidade que representan tamén o é, pero seguro que sodes capaces de entendelos. As curvas de nivel están á mesma distancia, son equidistantes. O seu valor é diferente segundo a escala do mapa. No de escala 1:25.000 as que son múltiplos exactos de 50 son as chamadas curvas mestras. Son as únicas que teñen o seu valor indicado e teñen un trazo marrón máis groso. As liñas máis finas corresponden a múltiplos de 10. Fíxate neste croquis. As formas do relevo e as súas alturas (un pequeño outeiro e unha zona afundida ) represéntanse no mapa mediante as curvas de nivel. As curvas mestras van de 100 en 100, as outras de 20 en 20. Se a altura vai diminuíndo dende o centro estamos nunha zona alta. Se diminúe cara o centro estamos nunha zona baixa. Debuxo: Isaac Buzo- http://www.isaacbuzo.com/- CC-BY-SA
  • 14. MAPA TOPOGRÁFICO DE CAMBADOS, escala aprox. 1:25.000, fonte: SIGPAC. Corresponde coa desembocadura do río Umia, unha zona bastante chá. As cotas (puntos con datos numéricos) indican a altura dalgúns lugares: á beira do río,1e 4 metros de altura. Monterrei (32 mts) e xa máis ao norte (todos os mapas están orientados cara o norte) o Miradoiro da Pastora (56 mts) é o punto máis alto. As liñas non indican valores exactos, senón múltiplos e como non hai ningunha liña mestra á vista, deduciremos o seu valor. Así en Monterrei arredor da cota de 32, hai 3 liñas. Por tanto o seu valor será de 30, 20 e 10 mts, corresponde a un pequeño outeiro.
  • 15. A partir dun mapa topográfico podemos facer un corte ou perfil topográfico, proxectando os valores das curvas de nivel sobre uns eixes Debuxo: Isaac Buzo- http://www.isaacbuzo.com/- CC-BY-SA
  • 17. O desenvolvemento recente dos satélites e a teledetección permiten aos cartógrafos usar as fotos aéreas para facer os mapas. Nesta imaxe inferior temos a ortofoto (SIGPAC) que corresponde co mapa topográfico de Cambados anterior
  • 18. Así mesmo as posibilidades que aportan as novas tecnoloxías informáticas permiten ter unha enorme cantidade de datos sobre o territorio que se poden integrar no mapa. Deste xeito nacen os Sistemas de Información Xeográficos (SIX, SIG ou GIS en inglés) que integran a información sobre o territorio e tamén bases de datos sobre cultivos, vexetación, tipos de rochas… Hai sistemas de información que se poden consultar doadamente na rede como SIGPAC, do Ministerio de Agricultura ou IBERPIX, do Instituto Geográfico Nacional (IGN) algo máis potente pero tamén máis lento se hai moito tráfico en internet. A barra de ferramentas superior permite facer medicións de distancias e superficies, na esquina esquerda indica coordenadas de cada punto, na barra dereita seleccionando capas é posible visualizar fotos, mapas, árbores, cultivos… FOTO SIGPAC
  • 19. Outra potente ferramenta baseada nas SIX é Google Earth, que pode descargarse libremente en formato Google Free (hai outras versións de pago). GOOGLE EARTH Foto: http://www.eduteka.org/GoogleEarth2.php
  • 20. As posibilidades que permite Google Earth para o estudo da xeografía son amplísimas e intentaremos aproveitalas ao longo destas unidades didácticas. Neste titorial explícase como funciona: http://vimeo.com/14004364 Por exemplo: -Permite traballar as coordenadas xeográficas e facer exercicios de localización: en ver na barra do menu permite visualizar a cuadrícula de todos os meridianos e paralelos. -Activando a capa galería (esquina inferior esquerda) e situándonos nunha escala pequena, ábrese un amplio abano de iconos que mostran a localización de terremotos, volcáns, imaxes e información da NASA, da axencia espacial europea, fotografías panorámicas de 360º, rutas en bicicleta ou a pe (wikiloc), África a vista de paxaro de National Geographic con enlaces a fotos, videos, sonidos… AS POSIBILIDADES SON ENORMES!
  • 21. Dereitos de autor Que é un mapa?. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza: Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España. Créditos e autoría: Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC-BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente. Outras licenzas: Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.