SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 5
Descargar para leer sin conexión
PROXECTO: O IMPRESIONISMO
XUSTIFICACIÓN
O noso colexio forma parte da rede de bibliotecas da mariña, e coma todos os anos, proponse un
tema para traballar nos distintos colexios que integran a microrrede. Este ano é “O arte” nas
súas distintas modalidades.
Dende hai anos, dámonos conta , das dificultades que teñen os nosos alumnos para expresarse
por medio do debuxo e pensamos que este sería unha boa proposta para profundizar no estudo
das distintas técnicas pictóricas.
Na educación primaria non cambiaron moito os hábitos á hora de educar e ser educado no que á
apreciación da arte se refire. Xeralmente non existen especialistas e se os hai atópanse coas
limitacións do propio sistema. Infraválorase e non se ten coñecemento da importancia do contido
que leva implícito (apreciación da contorna, observación, lectura de imaxes, expresión,
creatividade, desenvolvemento de destrezas, coñecemento da arte, etc.) para o desenvolvemento
da persoa.
Partindo deste baleiro, queremos conquerir con este proxecto, un achegamento ao mundo da
pintura, da creatividade e da expresión. Dar a coñecer ao noso alumnado distintas técnicas
pictóricas e distintas correntes pictóricas que se sucederon ao longo dos anos.
Este proxecto, no seu conxunto, pretende dar resposta aos intereses e necesidades dos nosos
alumnos e alumnas. Consideramos que a contorna dos nenos e nenas é, na actualidade, unha
contorna da cultura visual: televisión, anuncios, carteis pola rúa, letreiros luminosos, propaganda
nas caixas de correos; un mundo de imaxes cheo de estímulos que inflúen continuamente neles.
Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos e nenas a analizar e comprender
as imaxes, educalos no gusto estético e inicialos no goce das obras de arte mediante un novo
enfoque das artes plásticas, un proxecto globalizador e creativo mediante o cal se convida aos
nenos e nenas a coñecer, mirar e descubrir os diferentes artistas e as súas obras.
Non pretendemos por tanto,preparar ao neno para...., senón permitir que o neno descubra as
súas posibilidades en relación aos demais e ao medio, actúe, decida e se exprese. Debuxar e
pintar para comunicarnos cos demais.
Propoñemos o traballo da Expresión Plástica e, máis en concreto, do Impresionismo, a
través deste proxecto de traballo, xa que consideramos que é unha forma de traballo que
propicia e favorece a implicación activa dos nenos, sendo eles os que constrúen as súas
propias aprendizaxes a través da experimentación, a observación e manipulación,
favorecendo o desenrolo da autonomía, a imaxinación e a creatividade.
Sublíñase os aspectos lúdicos, espontáneos e vivenciais destas actividades.
COÑECER E GOZAR DA ARTE CONTRIBÚE A SENSIBILIZARNOS E SUPÓN OUTRA
MANEIRA DE EXPRESAR OS NOSOS SENTIMENTOS.
OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN PRIMARIA
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con
elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como
o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no
estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal,
curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos
de lectura en ambas as linguas.
J). Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de
propostas visuais e audiovisuais.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
 Incitar á apreciación da contorna.
 Estimular a imaxinación e a creación.
 Saber expresarse libremente mediante distintas técnicas.
 Aprender a apreciar e aceptar a arte e as producións alleas.
 Traducir plasticamente o mundo emocional.
 Enriquecer a expresión e o coñecemento de si mesmo.
 Identificar e dominar a cor coa súa nomenclatura correcta. Cores primarias e
secundarias.
 Manipular distintos tipos de materiais pictóricos: ceras, lapis, témperas …
 Adquirir hábitos de observación visual, retención e imaxinación creadora,
observación da contorna e do feito artístico.
 Expresarse plasticamente con diferentes técnicas e estampados: estampado co
propio corpo, con selos e tampóns diversos (cortiza, vexetais, esponxas, cordas...) e
combinándoo con outras técnicas plásticas.
 Estudo do espazo e iniciación ao neno/a nos fundamentos das perspectivas
segundo idade do alumno: forma, medida, proporción...
 Experimentar o mundo sensorial e perceptivo e establecer relacións cos diferentes
sentidos para achegar máis elementos á propia experiencia plástica.
 Desenvolver destrezas manipulativas, cortar tanto coa man, como coas tesoiras,
rasgar e pegar.
 Iniciación de técnicas de composición, figurativas e non figurativas, e pegado: colaxe
de papel, teas, las, etc.
 Desenvolver hábitos de limpeza, coidado e orde do material empregado.
CONTIDOS
Bloque 1. Educación audiovisual
 B1.1. Valoración e respecto polas obras plásticas do contorno.
 B1.2. Valoración da limpeza, a orde e a presentación ao realizar un traballo.
 B1.3. Satisfacción na manipulación e na exploración de diferentes materiais.
 B1.3. Interpretación e valoración da información que proporcionan as imaxes no contexto
social e comunicación das apreciacións obtidas.
 B1.4. Interese por usar adecuadamente os instrumentos, os espazos etc.
 B1.5. Observación e exploración sensorial dos elementos plásticos presentes nos ámbitos
natural, artificial e artístico.
 B1.6. Descrición de imaxes presentes no contexto próximo.
 B1.6. Documentación, rexistro e valoración de formas artísticas e artesanais
representativas da expresión cultural.
 B1.7. Observación de elementos plásticos do ambiente artificial presentes en edificios,
moblaxe urbana,luminosos ou sinais.
 B1.7. Descrición de profesionais relacionados/as coas artes plásticas e visuais.
 B1.8. Procura de información sobre as manifestacións culturais e artísticas do contexto.
 B1.8. Descrición verbal de sensacións e observacións das obras plásticas.
 B1.9. Observación da obra plástica e visual no contexto, en exposicións e en museos, e
comentarios posteriores sobre elas.
 B1.10. Expresión oral das impresións que a obra artística xera.
Bloque 2. Expresión artística
 B2.1. Uso de diferentes formas, texturas e cores nas producións.
 B2.1. Exploración de cores, mesturas e manchas de cor con diferentes tipos de pintura e
sobre diversos soportes.
 B2.2. Elaboración de debuxos, pinturas, colaxes, estampaxes, ilustracións, volumes,
encartado de formas etc.
 B2.3. Manipulación de obxectos para a súa transformación (monicreques, disfraces,
escenarios etc.).
 B2.4. Exploración de recursos dixitais para a creación de obras.
 B2.5. Manipulación adecuada de materiais, instrumentos e espazos.
 B2.12. Respecto polas contribucións dos compañeiros e das compañeiras, e disposición
para resolveras diferenzas.
COMPETENCIAS CLAVE
Con este proxecto traballaremos as competencias clave que deben desenvolver os alumnos e
alumnas na educación primaria.
Comunicación lingüística. Mediante a procura e selección da información, a realización de
traballos escritos e orais na clase, exposicións orais …
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía e competencia dixital:
Mediante o emprego do ordenador para procura de información, realización de Power Point,
estudo da perspectiva …
Aprender a aprender: Mediante a selección de materiais e información, para a realización dos
súas composicións tanto lingüísticas coma plásticas.
Competencias sociais e cívicas: Participando, colaborando e respectando as súas producións e
as dos demais.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor: Promovendo a realización dos seus traballos de
xeito creativo e valorando o esforzo na súa realización.
Conciencia e expresións culturais: Achegando os alumnos e alumnas as manifestacións culturais
de artistas pictóricos de agora e de sempre.
METODOLOXÍA
1. Que sabemos ?
Como en todo proxecto, o punto de partida será preguntarlles aos nenos que saben sobre o
tema.
2. Que queremos saber?
 Que é o impresionismo?
 Cales son os pintores máis coñecidos?
 Cales son os cadros máis importantes?
 Como pintan?
 Con que pintan?
 Que pintan?
 Que son os museos?
 Museos importantes.
3. Buscamos información:
Nos cursos máis baixos, esta procura, será de forma guiada, ben por parte do profesor/a ou
pola familia.
4. Seleccionamos a información e clasificámola:
Unha vez recollida a información achegada a clase, entre todos, organizarémola e faremos
exposicións co material conseguido.
5. Análise da información recollida:
Unha vez feitos os murais, carteis … afondaremos nos aspectos máis relevantes do exposto,
poñendo especial atención sobre daqueles aspectos máis significativos sobre os que
queremos traballar: a cor, os materiais empregados, a temática,a luz …
6. Talleres temáticos:
Nos talleres estudaremos aspectos e conceptos máis técnicos que infiren nunha obra de arte,
tales coma a perspectiva, as mesturas de cor, os obxectos e a luz, as sombras etc.
Algúns destes talleres será impartido por artistas da zona.
7. Práctica do aprendido:
É hora de practicar o aprendido, agora os alumnos e alumnas, realizaran as súas propias
creacións, de xeito individual e colectivo.
RECURSOS ESPECÍFICOS para o desenvolvemento do proxecto :
Recursos bibliográficos : libros con láminas, biografías de pintores, contos tradicionais e
modernos.
Recursos económicos: fondo da aula e achegas dos pais e nais.
Recursos audiovisuais: carteis, fotos, postais, fotografías, gravadora, televisión, computadores.
Recursos materiais: cartolinas , papel charón, , papel de seda de seda, de xornal, de revistas,
temperas e acuarelas, ceras, rotuladores, lapis de cores, pegamento, pinceis.
Outros materiais: Pemento, café, cacao soluble, perexil, legumes: garavanzos e lentellas, pipas,
sopa de letras e todo tipo de materiais que podamos atopar na contorna e que nos serva para a
expresión plástica.

Más contenido relacionado

Destacado

A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017Marta Pérez Lage
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsMarta Pérez Lage
 
Guía de uso da biblioteca
Guía de uso da bibliotecaGuía de uso da biblioteca
Guía de uso da bibliotecauxiaquintela
 
FormacióN De Usuarios Da Biblioteca
FormacióN De Usuarios Da BibliotecaFormacióN De Usuarios Da Biblioteca
FormacióN De Usuarios Da Bibliotecacovastk
 
Del libro de texto a la clase 2.0
Del libro de texto a la clase 2.0Del libro de texto a la clase 2.0
Del libro de texto a la clase 2.0Ana Basterra
 
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA bibliolois
 

Destacado (12)

Inauguración
InauguraciónInauguración
Inauguración
 
Díptico exposición 2016
Díptico exposición 2016Díptico exposición 2016
Díptico exposición 2016
 
Maruja mallo
Maruja malloMaruja mallo
Maruja mallo
 
A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Carta ás familias
Carta ás familiasCarta ás familias
Carta ás familias
 
Guía de uso da biblioteca
Guía de uso da bibliotecaGuía de uso da biblioteca
Guía de uso da biblioteca
 
Folleto piollos
Folleto piollosFolleto piollos
Folleto piollos
 
FormacióN De Usuarios Da Biblioteca
FormacióN De Usuarios Da BibliotecaFormacióN De Usuarios Da Biblioteca
FormacióN De Usuarios Da Biblioteca
 
Del libro de texto a la clase 2.0
Del libro de texto a la clase 2.0Del libro de texto a la clase 2.0
Del libro de texto a la clase 2.0
 
Proxecto Rosalía de Castro
Proxecto Rosalía de CastroProxecto Rosalía de Castro
Proxecto Rosalía de Castro
 
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
 

Similar a Proxecto impresionismo

Similar a Proxecto impresionismo (20)

PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.
 
Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturaleza
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Unidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdiUnidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdi
 
IMAXES DUN CURSO PARA RECORDAR
IMAXES DUN CURSO PARA RECORDARIMAXES DUN CURSO PARA RECORDAR
IMAXES DUN CURSO PARA RECORDAR
 
PDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNOPDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNO
 
Proyecto ruth (2)
Proyecto ruth (2)Proyecto ruth (2)
Proyecto ruth (2)
 
Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Unha montana de cine
Unha montana de cineUnha montana de cine
Unha montana de cine
 
Coñecemos marrocos
Coñecemos marrocosCoñecemos marrocos
Coñecemos marrocos
 
Unidade Didáctica 3
Unidade Didáctica 3Unidade Didáctica 3
Unidade Didáctica 3
 
Bloques
BloquesBloques
Bloques
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 

Más de Marta Pérez Lage

Más de Marta Pérez Lage (20)

Libros de texto 20 21.
Libros de texto 20 21.Libros de texto 20 21.
Libros de texto 20 21.
 
Libros de texto 20 21
Libros de texto 20 21Libros de texto 20 21
Libros de texto 20 21
 
Biografia de Ricardo Carvalho Calero
Biografia de Ricardo Carvalho CaleroBiografia de Ricardo Carvalho Calero
Biografia de Ricardo Carvalho Calero
 
Carpeta emocional
Carpeta emocionalCarpeta emocional
Carpeta emocional
 
CANCIÓNS DO Entroido 2020
CANCIÓNS DO Entroido 2020CANCIÓNS DO Entroido 2020
CANCIÓNS DO Entroido 2020
 
Actividades da ANPA
Actividades da ANPAActividades da ANPA
Actividades da ANPA
 
Muralla de lugo (galego)
Muralla de lugo (galego)Muralla de lugo (galego)
Muralla de lugo (galego)
 
A nosa flora
A nosa floraA nosa flora
A nosa flora
 
Extraescolares 18-19
Extraescolares 18-19Extraescolares 18-19
Extraescolares 18-19
 
Oferta actividades ANPA 18-19
Oferta actividades ANPA 18-19Oferta actividades ANPA 18-19
Oferta actividades ANPA 18-19
 
Apa celeiroo
Apa celeirooApa celeiroo
Apa celeiroo
 
Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19
 
Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19
 
Diptico Mª Victoria Moreno
Diptico Mª Victoria MorenoDiptico Mª Victoria Moreno
Diptico Mª Victoria Moreno
 
Programa microrrede 2018
Programa microrrede 2018Programa microrrede 2018
Programa microrrede 2018
 
Dia internacional da arte
Dia internacional da arteDia internacional da arte
Dia internacional da arte
 
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDECarta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
 
Biografía de Rosalia de Castro
Biografía de  Rosalia de CastroBiografía de  Rosalia de Castro
Biografía de Rosalia de Castro
 
Matriarcas / Chea de vida
Matriarcas / Chea de vidaMatriarcas / Chea de vida
Matriarcas / Chea de vida
 
Adios ríos, adios fontes e pasa río
Adios ríos, adios fontes e pasa ríoAdios ríos, adios fontes e pasa río
Adios ríos, adios fontes e pasa río
 

Proxecto impresionismo

  • 1. PROXECTO: O IMPRESIONISMO XUSTIFICACIÓN O noso colexio forma parte da rede de bibliotecas da mariña, e coma todos os anos, proponse un tema para traballar nos distintos colexios que integran a microrrede. Este ano é “O arte” nas súas distintas modalidades. Dende hai anos, dámonos conta , das dificultades que teñen os nosos alumnos para expresarse por medio do debuxo e pensamos que este sería unha boa proposta para profundizar no estudo das distintas técnicas pictóricas. Na educación primaria non cambiaron moito os hábitos á hora de educar e ser educado no que á apreciación da arte se refire. Xeralmente non existen especialistas e se os hai atópanse coas limitacións do propio sistema. Infraválorase e non se ten coñecemento da importancia do contido que leva implícito (apreciación da contorna, observación, lectura de imaxes, expresión, creatividade, desenvolvemento de destrezas, coñecemento da arte, etc.) para o desenvolvemento da persoa. Partindo deste baleiro, queremos conquerir con este proxecto, un achegamento ao mundo da pintura, da creatividade e da expresión. Dar a coñecer ao noso alumnado distintas técnicas pictóricas e distintas correntes pictóricas que se sucederon ao longo dos anos. Este proxecto, no seu conxunto, pretende dar resposta aos intereses e necesidades dos nosos alumnos e alumnas. Consideramos que a contorna dos nenos e nenas é, na actualidade, unha contorna da cultura visual: televisión, anuncios, carteis pola rúa, letreiros luminosos, propaganda nas caixas de correos; un mundo de imaxes cheo de estímulos que inflúen continuamente neles. Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos e nenas a analizar e comprender as imaxes, educalos no gusto estético e inicialos no goce das obras de arte mediante un novo enfoque das artes plásticas, un proxecto globalizador e creativo mediante o cal se convida aos nenos e nenas a coñecer, mirar e descubrir os diferentes artistas e as súas obras. Non pretendemos por tanto,preparar ao neno para...., senón permitir que o neno descubra as súas posibilidades en relación aos demais e ao medio, actúe, decida e se exprese. Debuxar e pintar para comunicarnos cos demais. Propoñemos o traballo da Expresión Plástica e, máis en concreto, do Impresionismo, a través deste proxecto de traballo, xa que consideramos que é unha forma de traballo que propicia e favorece a implicación activa dos nenos, sendo eles os que constrúen as súas propias aprendizaxes a través da experimentación, a observación e manipulación, favorecendo o desenrolo da autonomía, a imaxinación e a creatividade. Sublíñase os aspectos lúdicos, espontáneos e vivenciais destas actividades. COÑECER E GOZAR DA ARTE CONTRIBÚE A SENSIBILIZARNOS E SUPÓN OUTRA MANEIRA DE EXPRESAR OS NOSOS SENTIMENTOS.
  • 2. OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN PRIMARIA a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática. b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor. e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas. J). Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS  Incitar á apreciación da contorna.  Estimular a imaxinación e a creación.  Saber expresarse libremente mediante distintas técnicas.  Aprender a apreciar e aceptar a arte e as producións alleas.  Traducir plasticamente o mundo emocional.  Enriquecer a expresión e o coñecemento de si mesmo.  Identificar e dominar a cor coa súa nomenclatura correcta. Cores primarias e secundarias.  Manipular distintos tipos de materiais pictóricos: ceras, lapis, témperas …  Adquirir hábitos de observación visual, retención e imaxinación creadora, observación da contorna e do feito artístico.  Expresarse plasticamente con diferentes técnicas e estampados: estampado co propio corpo, con selos e tampóns diversos (cortiza, vexetais, esponxas, cordas...) e combinándoo con outras técnicas plásticas.  Estudo do espazo e iniciación ao neno/a nos fundamentos das perspectivas segundo idade do alumno: forma, medida, proporción...  Experimentar o mundo sensorial e perceptivo e establecer relacións cos diferentes sentidos para achegar máis elementos á propia experiencia plástica.  Desenvolver destrezas manipulativas, cortar tanto coa man, como coas tesoiras, rasgar e pegar.  Iniciación de técnicas de composición, figurativas e non figurativas, e pegado: colaxe de papel, teas, las, etc.  Desenvolver hábitos de limpeza, coidado e orde do material empregado.
  • 3. CONTIDOS Bloque 1. Educación audiovisual  B1.1. Valoración e respecto polas obras plásticas do contorno.  B1.2. Valoración da limpeza, a orde e a presentación ao realizar un traballo.  B1.3. Satisfacción na manipulación e na exploración de diferentes materiais.  B1.3. Interpretación e valoración da información que proporcionan as imaxes no contexto social e comunicación das apreciacións obtidas.  B1.4. Interese por usar adecuadamente os instrumentos, os espazos etc.  B1.5. Observación e exploración sensorial dos elementos plásticos presentes nos ámbitos natural, artificial e artístico.  B1.6. Descrición de imaxes presentes no contexto próximo.  B1.6. Documentación, rexistro e valoración de formas artísticas e artesanais representativas da expresión cultural.  B1.7. Observación de elementos plásticos do ambiente artificial presentes en edificios, moblaxe urbana,luminosos ou sinais.  B1.7. Descrición de profesionais relacionados/as coas artes plásticas e visuais.  B1.8. Procura de información sobre as manifestacións culturais e artísticas do contexto.  B1.8. Descrición verbal de sensacións e observacións das obras plásticas.  B1.9. Observación da obra plástica e visual no contexto, en exposicións e en museos, e comentarios posteriores sobre elas.  B1.10. Expresión oral das impresións que a obra artística xera. Bloque 2. Expresión artística  B2.1. Uso de diferentes formas, texturas e cores nas producións.  B2.1. Exploración de cores, mesturas e manchas de cor con diferentes tipos de pintura e sobre diversos soportes.  B2.2. Elaboración de debuxos, pinturas, colaxes, estampaxes, ilustracións, volumes, encartado de formas etc.  B2.3. Manipulación de obxectos para a súa transformación (monicreques, disfraces, escenarios etc.).  B2.4. Exploración de recursos dixitais para a creación de obras.  B2.5. Manipulación adecuada de materiais, instrumentos e espazos.  B2.12. Respecto polas contribucións dos compañeiros e das compañeiras, e disposición para resolveras diferenzas. COMPETENCIAS CLAVE Con este proxecto traballaremos as competencias clave que deben desenvolver os alumnos e alumnas na educación primaria. Comunicación lingüística. Mediante a procura e selección da información, a realización de traballos escritos e orais na clase, exposicións orais … Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía e competencia dixital: Mediante o emprego do ordenador para procura de información, realización de Power Point, estudo da perspectiva …
  • 4. Aprender a aprender: Mediante a selección de materiais e información, para a realización dos súas composicións tanto lingüísticas coma plásticas. Competencias sociais e cívicas: Participando, colaborando e respectando as súas producións e as dos demais. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor: Promovendo a realización dos seus traballos de xeito creativo e valorando o esforzo na súa realización. Conciencia e expresións culturais: Achegando os alumnos e alumnas as manifestacións culturais de artistas pictóricos de agora e de sempre. METODOLOXÍA 1. Que sabemos ? Como en todo proxecto, o punto de partida será preguntarlles aos nenos que saben sobre o tema. 2. Que queremos saber?  Que é o impresionismo?  Cales son os pintores máis coñecidos?  Cales son os cadros máis importantes?  Como pintan?  Con que pintan?  Que pintan?  Que son os museos?  Museos importantes. 3. Buscamos información: Nos cursos máis baixos, esta procura, será de forma guiada, ben por parte do profesor/a ou pola familia. 4. Seleccionamos a información e clasificámola: Unha vez recollida a información achegada a clase, entre todos, organizarémola e faremos exposicións co material conseguido. 5. Análise da información recollida: Unha vez feitos os murais, carteis … afondaremos nos aspectos máis relevantes do exposto, poñendo especial atención sobre daqueles aspectos máis significativos sobre os que queremos traballar: a cor, os materiais empregados, a temática,a luz … 6. Talleres temáticos: Nos talleres estudaremos aspectos e conceptos máis técnicos que infiren nunha obra de arte, tales coma a perspectiva, as mesturas de cor, os obxectos e a luz, as sombras etc. Algúns destes talleres será impartido por artistas da zona.
  • 5. 7. Práctica do aprendido: É hora de practicar o aprendido, agora os alumnos e alumnas, realizaran as súas propias creacións, de xeito individual e colectivo. RECURSOS ESPECÍFICOS para o desenvolvemento do proxecto : Recursos bibliográficos : libros con láminas, biografías de pintores, contos tradicionais e modernos. Recursos económicos: fondo da aula e achegas dos pais e nais. Recursos audiovisuais: carteis, fotos, postais, fotografías, gravadora, televisión, computadores. Recursos materiais: cartolinas , papel charón, , papel de seda de seda, de xornal, de revistas, temperas e acuarelas, ceras, rotuladores, lapis de cores, pegamento, pinceis. Outros materiais: Pemento, café, cacao soluble, perexil, legumes: garavanzos e lentellas, pipas, sopa de letras e todo tipo de materiais que podamos atopar na contorna e que nos serva para a expresión plástica.