Refráns

3.425 visualizaciones

Publicado el

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
3.425
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
2.662
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Refráns

  1. 1. REFRÁNS  Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fora. Que chova ou deixe de chover, metade do inverno está por ver.  Nunca choveu que non escampara.  Névoa na medela nordeste na nosa terra.  Anduriña moi adiantada, primavera ven templada.  Cando marzo ri é que o inverno vai seguir, e cando marzo chora é que o inverno vai fora.  Borraxeiro no Cruceiro chuvia en Celeiro.  Cando chove e quenta o sol, vai o demo para Ferrol.  Borralleira no Penedo do ……Nordeste ao rabo.  Cando de Nordés chove, ata as pedras move.  Marzo marzuelo, un día malo e outro bueno.  Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.  Entroido na praza, Semana Santa na casa.  En maio aínda a vella queima o tallo.  Ao mal tempo, boa cara.  A primavera o sangue altera.  En abril se por mal quer vir, as portas non deixa abrir.  Cando o Arco da Vella se ve ou xa choveu ou vai chover
  2. 2. A mal tempo, boa cara. En abril augas mil. Sol de abril, abre a man e deixao ir. Cando marzo maica, maio marcea. Marzo marzán, pola mañá cara de rosa e pola tarde, cara de can. Entre marzo e abril o cuco ten que vir, e se o cuco faltara a fin do mundo voltara. Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil. Cando brúa Esteiro pon a leña no fumeiro. Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que gardar o millo na eira. Ceo empedrado, chuvia de contado. En xullo, auga ven e toalla vaise, o verán xa pasará. Se en marzo canta a ra, en maio xa calará. Semana Santa con tormenta no mar, verán irregular. Con pan e viño, faise o camino. Polo San Martiño, agarra o porco polo fuciño. A todo porquiño lle chega o seu San Martiño Plo San Vicente, vota os nabos da semente. En San Xoán, a sardiña molla o pan. Por Santa Lucía mengua a noite e medra o día.
  3. 3. As sardiñas en maio pingan no borrallo, e polo San Xoán pingan no pan. Con un ballestrique e un cote, nunca se che vai o bote. Gaivotas á terra, mariñeiros á merda. Vela e motor, áncora e remo, as catro artes dun mariñeiro. Quen non embarca, non se marea. Os martes nin te cases, nin te embarques,Pero si tes ocasiónnon perdas a embarcación. Onde hai capitán non manda mariñeiro. As estrelas a brilar, mariñeiros para o mar. Cada galiña que mire do seu galiñeiro. O que se pica, allos come. Non pidas a quen pideu nin sirvas a quen sirveu. O que garda sempre ten. A quen madruga Deus lle axuda. O que podas facer hoxe non o deixes para mañá. Máis vale paxaro en man que cento voando. Se queres que te siga o can, dalle pan. Pasiño a pasiño, faise o camino. É igual Xan que Pericán. Xente nova e leña verde, todo fume. Uns nacen con estrela e outros estrelados.
  4. 4. A quen bo árbore se arrima boa sombra o protexe. A cabra que tira ao monte non hai cabreiro que a garde Bo amigo, bo abrigo. Moitos son amigos, poucos os escollidos. Oindo, vendo e calando, con todos en paz me ando. O corazón e os ollos nunca son vellos. Ollos que non ven, corazón que non sinte. Non é o mesmo facer un traxe negro que verse negro para facelo. Ao cabalo corredor, pouco lle dura o seu honor. A bo gato, bo rato. O rato que non sabe máis dun burato, logo o pilla o gato. O gato escaldado ata da auga fría escapa. A cabra sempre tira ao monte. A ovella que bala , nin come, nin fala. A vaca que non come canda os bois, ou come antes ou come despois. Costureira sen dedal, cose moito e apreta mal. Costureira sen dedal, cose pouco e cose mal.
  5. 5. A castaña que está no camino é do veciño. A castaña que hai no camino, nin é túa nin do veciño. Cando meto as castañas no forno é que chegou o outono. Quen ve a mesa posta, non sabe canto costa. En Viveiro, moito fandando e pouco diñeiro. Celeiro é moito Celeiro,Celeiro é un segundo Madrid, o que lle falta a Celeiro é o ferrocarril. Pan de onte, carne de hoxe, viño de antaño, crian ao home forte e sano.  En Santo Domingo de la Calzada, cantou a galiña despois de asala. As raposas e as galiñas malas veciñas. En casa vella, todas son goteiras. Pola boca morre o peixe. Sogra e nora, can e gato, non comen ben no mesmo prato. Os enemigos do home son tres: a sogra, a cuñada e a muller. De hoxe a mañá o carneiro perde a lá.

×