SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 19
DRAGÓNS E CADÁVERESDRAGÓNS E CADÁVERES
EXQUISITOS IIEXQUISITOS II
DRAGÓNS E CADÁVERESDRAGÓNS E CADÁVERES
EXQUISITOS IIEXQUISITOS II
A continuación transcribimos os
resultados dun CADÁVER
EXQUISITO feito cos alumnos do
IES DE MOS: a partir de palabras
soltas inspiradas polo libro de
Dragal formamos frases que
serviron de inspiración para os
seguintes relatos.
Esperamos que vos gusten...
Había unha vez unha catacumba
debaixo dun altar dunha igrexa con
dragóns e morcegos…
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos...
Estaba a bastante profundidade da superficie, a uns 20 metros.
Aínda que a igrexa era barroca as catacumbas tiñan un estilo
moi diferente: eran romanas.
No centro atopábase un jacuzzi pequeño recuberto de
azuleixos moi desgastados. Polos lados, padiolas de masaxe
bastante rudimentarias que nalgún momento estiveron decoradas e
pintadas, e que agora se atopaban lisas e sen adornos.
Noutro tempo, este lugar fora unha especie de antigo balneario
baixo terra, máis agora estaba en ruinas e cun aspecto un tanto
tétrico.
Aquí estaba eu, buscando oco onde encaixar a chave que me
levaría á tumba do primeiro gran lexionario da rexión. Normalmente
en Francia, nesta rexión, non soia facer frío, máis tiven que por a
chaqueta. Cando por fin atopei o pequeño burato, encaixei a chave
e unha luz cegadora tiroume ó chan.
Laura Morales Rejas, 1º ESO. IES Mos
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos...
As paredes das catacumbas eran rosas e os teitos marróns. Os
cuartos eran moi modernos, tiñan de todo: jacuzzis, televisións,
portátiles, etc. Vivían moi ben, moi contentos pero no saían de alí.
Comían, durmían e vían películas xa que tiñan un videoclube na
igrexa. Tiña tamén unha colección de coches no segundo andar da
igrexa.
Non mercaban comida, a facían aparecer xa que tiñan poderes
telepáticos. Tamén tiñan un ximnasio, posto que tiñan que
exercitarse. A súa vida diaria era sempre ou case sempre a mesma.
As oito da mañá almorzaban e as doce tomaban unha froita,
poto que cada catro horas tiñan que alimentarse. As catro da tarde
comían e despois facían as tarefas e se exercitaban. E por último ás
oito da noite ceaban, vían unha película (pero só as veces) e as dez
ían para a cama.
Ceaban e comían sempre ou case sempre o mesmo. Para
facer aparecer pizza dicían amarbabaqueropizza, para facer
aparecer a tortilla dicían kumbakarocaquerotortilla. Se querían
bistecs dicían kuchukambochuluquerobistecs.
Alex Lorenzo, 1º ESO.
IES Mos
 
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos...
de xoguete que un neno pequeno metera alí cando o cura non 
miraba. Un día de noite caiu un raio sobre a igrexa dándolle vida aos 
dragóns e aos dous morcegos. Despois de mil anos fixéronse rivais 
reclutando aos humáns como o seu exército. Tamén tomaron a 
outros coma se foran servos. 
Loitaron durante anos sen que ninguén saira victorioso, ata que 
os soldados de ambos exércitos sacaron as pilas aos seus xefes, 
volvendo todo a normalidade despois de miles de anos.
Ángel Bastos López, 1ºESO. IES de Mos
 
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos...
Éstes era os gardiáns dun tesouro oculto. Este estaba xunto a 
bágoa da fada máis pura que nacera coa risa dun bebé con 
poderes.
Un día no País de Nuncaxamáis habían uns nenos perdidos 
que xogaban ao fútbol cunha pelota feita de pedras de ouro, e de 
repente apareceu un mono voador cun tutú rosa que saía nese intre 
de clase de danza. Parouse e preguntoulle aos nenos:
-Ola, podo xoga convosco?
-Sí, claro, únete a nós.
-Grazas.
-Escomecemos¡¡¡
Comezaron a xogar e o número vinte dous que era tan grande 
coma … un elefante deulle unha patada ao mono que saíu voando 
polos aires e esnafrouse contra unha árbore diferente a todas as 
demais, por ser a máis vella de todos. Esta árbore tiña o poder de 
estoupar cando sentíase ameazada, pero Manuel, xa que así se 
chamaba o mono, salvouse de miragre.
 
Ao mirar os restos da árbore observou que entre eles 
atopábase un mapa dun tesouro oculto. Manuel foi contarllo aos 
seus novos amigos e entre todos decidiron ir á pescuda dese 
misterioso tesouro. 
Mercaron o necesario e ese mesmo día partiron cara á 
aventura. Atravesaron sabanas, bosques, pobos, aldeas, … Despois 
de dúas semanas de camiño chegaron ao seu destino, unha cidade 
chamada Sprinfild chea de invasores alieníxenas que comían 
cerebros de cans. Alí foron preguntando á xente por unha igrexa 
habitada por animais fantásticos. Sen embargo as persoas ás que 
lle preguntaban ríanse nas súas facianas. 
Finalmente atoparon a igrexa, baixaron ás catacumbas e alí 
estaba aquel cofre. 
De súpeto ao abrilo saiu un raio cegador  do interior do mesmo. 
No seu interior só había un carta. A abriron e leron as seguintes 
verbas:
-Ola e noraboa, atopaches o tesouro pero   xa é demasiado 
tarde, eu cheguei primeiro. Sorte a próxima vez
Os nenos, estupefactos, colleron as súas cousas e voltaron a 
casa.  
Nerea Méndez Toucedo, 1º ESO. IES de Mos
 
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos...
 
Había unha vez unhas catacumbas debaixo dun altar dunha 
igrexa con dragóns e morcegos. Eu, asustada avisei ao cura que viu 
correndo a acompañarme nesta aventura. Entramos a modiño 
alumeando coas nosas lanternas. 
De súpeto unha bandada de morcegos asustáronnos e 
tiráronnos as lanternas ao chan. Comezamos a apalpar para 
atopalas, as recollimos e marchamos de alí prometendo non dicirlle 
a ninguén e levar aos dragóns fóra da cidade a un barranco onde 
non foran perigosos.
 
Paula Loureiro, 1º ESO. IES de Mos  
 
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos...
 
Os morcegos eran grandes e comían xente. Os dragóns 
voaban con ás de fadas, cantaban e bailaban. Os morcegos 
chamábanse darcegos, os dragóns draladas.
Un día un morcego foi raptado por un OVNI. Os tripulantes do 
ovni sorprendidos pola súa descuberta fixeron unha festa na súa 
discoteca. Beberon e beberon tequila e xenebra e acabaron cun dor 
de cabeza incrible. Pero coma sempre o dragón tivo que 
estropearlles a festa, así que os tripulantes do OVNI o mataron e 
comeron.
Carlos Santoro, 1º ESO. IES de Mos
 
“Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... "
 Pensou Alexandra, a nena que imaxinaba todo isto e moitas 
máis cousas fantásticas. Un día todo aquilo que ela imaxinara fíxose 
realidade, e o caos tomou a cidade. A xente non saía das casas por 
medo aos dragóns, ninguén excepto ela, a mesma Alexandra, 
porque ela sabía con certeza que os dragóns só querían xogar e 
que nunca farían nada a ninguén. A xente pensaba que estaba tola 
e botaban a culpa de todo aos pais da nena por falárenlle deses 
seres. Non entendían que os dragóns puideran ser amigos dela e 
decidiron ir matalos. 
Un día mentres Alexandra estaba a xogar con eles intentaron 
por en marcha os seus pláns, pero a nena parounos. Un dos 
dragóns achegouse a unha nena pequena que aínda que ao 
principio pegou un chimpo logo encariñouse co animal. Os adultos 
ao veren aquilo déronse conta de que non se podía xulgar a ninguén 
polo seu aspecto. 
Andrea Vila, 1ºESO. IES de Mos  
  “Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... "
 
 Un día, nunha freguesía, na igrexa, xustamente no altar había 
uns ovos de dragóns, eran tres exactamente, e os morcegos 
coidábanos, hasta que un día naceron. O problema foi que os 
dragróns eran agresivos e acabaron reventando toda a cidade, pero 
os morcegos decidiron que tiñan que acabar con eles.
Os morcegos xuntáronse e fixeron un morcego enorme. 
Acabaron con todos os dragóns e volveu todo á normalidade.
Yeray Cidanes, 1ºESO. IES de Mos  
  “Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... "
 A catacumba era máxica pero só se collías unha escama de 
dragón e unha cagada de morcego. Algúns rapaces do colexio xa o 
intentaran pero non o conseguiran xa que non atoparan a escama. 
Uns rapaces da vila xuntáronse un mércores pola tarde e foron as 
catacumbas. Cando se fixo de noite algúns marcharon e só 
quedaron dous.
Eles seguiron buscando ata que atoparon un pasadizo e 
atoparon a escama debaixo dunha pedra. Puxeron todo nunha bolsa 
de tea e alí producíuse un resplandor. Despois pediron un desexo, 
que aprobaran todos os exames.
Pero non lles fixo moita ilusión, así que tirárono ao lixo. Outro 
neno moi malo colleuno, pero non lle funcionaba, así que tirouno ao 
chan e perdeu a escama que caíu ao auga e cobrou vida, 
converténdose en dragón.
O dragón andaba solto pola cidade asustando á xente ata que 
os cazadores do pobo o mataron e todo volveu á normalidade. 
Lorena Lorenzo Portela, 1º ESO. IES de Mos
“Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... "
Que o cura aínda non descubrira. Co paso do tempo foi 
desconfiando do armario, pero tiña un pouco de medo de abrilo. 
Cando por fin o abríu descubríu unhas escaleiras que foron dar ás 
catacumbas. Só colleu o preciso, unha lanterna e o casco para 
protexer a cabeza en caso de caír ao chan.
Cando por fin baixaba as escaleiras non estaba seguro de ir, 
pero dixo para sí que non se ía botar atrás.
Cando por fin atopou o dragón tiña moito medo, pero co paso 
do tempo fixéronse moi bos amigos. Canto atopou ós morcegos 
tamén co paso do tempo fixéronse moi amigos. Todos foron felices e 
os tres non mantiveron en segredo a catacumba, así que puxeron 
carteis pola cidade para ir a visitala, pero como eran bos non 
cobraron nunca a entrada a misteriosa catacumba.
  Ariadna Lorenzo, 1º ESO. IES de Mos.
 
“Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... "
 Era unha estancia sombría e grande, cunha gran variedade de 
animais: dende o lagarto de cores máis variadas ao dragón de dous 
metros con enormes ás, de cor negra, que habitaba nun nicho. 
Ninguén sabía da súa existencia, mais, ás veces, a xente oía 
estranos ruídos que proviñan do chan ou, nas cerimonias da igrexa, 
víanse interrompidos por fortes alaridos que se atribuían ao 
estropeado e vello sistema de son.
Aquel día chegaba o novo cura. O anterior tivera que irse dun 
xeito inesperado a Panamá, nunha misión de converter a un pobo 
indíxena. Este chamábase Xoán e estaba moi entusiasmado co seu 
novo destino. Tiña 35 anos naquel momento, e ninguén que o vise 
pensaría que era cura. Podían dicir facilmente que polo seu 
vocabulario era científico ou, pola súa constitución física, bombeiro 
ou garda civil, mais el xa elixira de pequeno a súa vocación, e todo o 
mundo corroboraba que as súas misas eran moi animadas e 
alegres, por iso, cando baixou do autobús e foi ata a casa rectoral, 
ninguén pensou que era o novo cura ata que se presentou:
  - Bos días¡ Son Xoán o novo cura. Dixo cando lle abriron a 
porta.
- Ah, xa chegou¡. Que puntual¡dade. Dixo a señora que abrira a 
 
Eu son María, a catequista da igrexa. Por favor, pase.
  María ensinoulle toda a casa, baixaron ata a igrexa. Alí, Xoán 
quedou marabillado polas esculturas de dragóns que había. O que 
máis lle chamou a atención foi o debuxo que había no teito, do que 
María lle contou a seguinte historia:
  - Este lugar, a igrexa de San Pedro, está construída sobre un 
antigo templo celta, e a figura do dragón está moi presente aquí. 
Non sei se o saberá, pero existe a lenda de que aquí vivía un dragón 
que raptaba doncelas e as levaba ao seu escondrixo, nas 
catacumbas que se di que hai baixo a cidade. Dise que unha 
doncela está atrapada nas augas da Poza da Moura e que quen a 
atope, poderá casar con ela.
- Ben, pois espero non atoparme calquera día co dragón¡, 
bromeu Xoán.
  Logo de rematar coa visita, María deixou a Xoán a soas para 
prepararse para a misa da mañá e díxolle que marchaba para a súa 
casa, e que si precisaba algo, a chamase. El deulle as grazas e 
comezou a rezar no altar, mais non puido concentrarse moito tempo. 
Era tan fermoso aquel lugar¡. O chan de mármore brilaba con luz 
propia e o altar estaba ricamente decorado no pé cuns debuxos de 
guerreiros combatentes. Xoán agachouse para
 
miralos máis de perto e, sen pretendelo, tocou un bastón, co que o 
altar comezou a se mover.
Pegou un chimpo cara atrás. O corazón latíalle a cen por hora. 
Que pasara?. No lugar onde antes estaba a pedra había agora 
unhas escaleiras que baixaban.
"Será a entrada as catacumbas das que falou María?", 
preguntouse abraiado.
Tiña tanta curiosidade que non se puido resistir, e decidiu 
baixar. Agarrou as velas que estaban preparadas para colocar, 
encendeunas e descenceu ás profundidades.
Cando chegou só aía estranos rídos e alaridos que viñan da 
zona máis escura. Mais, cando os seus ollos se adptaron distinguíu 
pequenos animais: Lagartos con ás, píntegas... pero o que máis lle 
chamou a atención foi unha cría que había nunha esquina. Era un 
dragón¡, de corpo vermello, tiña pequenas espirais negras e dúas ás 
das mesmas cores. Apenas medía cincuenta centímetros, pero 
Xoán dábase conta de que estaba agonizando: había un charco de 
sangue ao seu redor. Non podía deixalo alí¡. Intentando non ocar a 
ningún animal e sen poder evitalo, admirando a escalofriante 
natureza das paredes negras da rocha e as estalagtitas e 
estalagmitas, colleu
   o dragón e deu a volta.
Ao saír, pechou a entrada, correu ata a súa casa e curou á 
pobre criatura. Limpiulle as feridas e vendouno.
  - Que vou facer contigo?. Aínda estás ben, pero creo que 
podes estar agochao aquí ata mañá.- Díxolle o cura.
  Á mañá seguinte, na misa, Xoán estaba preocupado por el, 
mais nada ocorreu durante a primeira media hora. Todos os 
presentes estaban contentos co amable e educado que era.
  - Ben, agora imos dicir o Pai Noso.- Dixo.
  Mais, ao comezar, a porta abríuse e o dragón apareceu 
andando, dirixíndose cara Xoán. Os asistentes quedaron pasmados 
e escoitáronse varios berridos. Ninguén sabía que era aquela 
criatura.
- Tranquilos¡. É pacífico¡.- Alertounos o cura.
- Pero que é iso?.- Dixo alguén. Varios murmurios facían a 
mesma pregunta.
- Atopeino onte, nunha catacumba aquí debaixo. Non vos 
preocupedes, non fai dano.- E amosoulles como o dragón lle lambía 
a man.
 
 - Home, se é pacífico.- Comentou un fregués.
 - Si, si, asegúrollo no nome do Pai, do Fillo e do Espíritu 
Santo¡.- Contestou Xoán.
  Ninguén se atrevía a contadecir ó cura, ao dicir iso. Entón 
alguén propuxo que lle podían chamar Dragno e que fora a mascota 
da igrexa, xa que tiña unha historia de dragóns.
E, dende entón, unha nova lenda circula pola cidade, despois 
de pasaren varios anos, a dun cura e o seu dragón que coidaban da 
igrexa e que daban misas con contos draconianos, pero pasado o 
tempo, o cura foise e o dragón non se volveu ver. Quen sabe se 
voltará a estar agochado na Poza da Moura¡.
Xiana Carrera Alonso, 1º ESO. IES de Mos.

Más contenido relacionado

Destacado

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Destacado (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Cadáveres exquisitos II