SlideShare a Scribd company logo
1 of 21
O DRAGÓN NASO DRAGÓN NAS
LENDAS GALEGASLENDAS GALEGAS
Textos recollidos polos alumnos do IES de MOSTextos recollidos polos alumnos do IES de MOS
O ADIBAL TROCADO EN SERPE.
(Macenda-Boiro)
"Un señor de Macenda moi rico que tiña un criado queixo viaxar
e mandoulle que arregrase todo que ían ir os dous polo mundo. No
intre o señor foise á horta atuou o diñeiro, que era moito, e atouno
cun adibal dicindo ó mesmo tempo:
  Adibal eres, culebrón te has de volver
el que de aquí te ha sacra, tres besos te ha de dar.
  Mais o criado oíuno e cando chegou ó barco que os había de
levar, no instante de saír xa para o mar e cando todos estaban a
bordo, dixo que agardasen un momentiño que se lle esquecera unha
cousa principal.
O barco agardou, mais en vista de que non voltaba ergueu
áncoras e foise co señor só.
O criado en tanto marchou ó sitio do tesouro e saíulle un
culebrón grandísimo. Tremeu un pouco, mais por fin deulle un bico e
o culebrón retorceuse; deulle o segundo e o culebrón apreixóuselle ó
corpo como se quixera acabar con el; deulle o terceiro e o culebrón
converteuse en adibal. O mozo entón colleu o tesouro e cando o
señor voltou atopouse sen ren".
Relato recollido por CUEVILLAS E BOUZA BREY: Prehistoria e Folklore da Barbanza. 
"Nós", nº 52, Ourense, 15-IV-1928. Páx.72.
LENDA DO MOZO E A COBRA
Illa de Ons-Pontevedra.
"Aquí había un rapaz que tódolos días ía ao monte co gando. Un
serán viu que por embaixo dunha laxe lle sae unha cobra, mais tanto
lle gustou que lle deu migallas do seu pan. Fixéronse amigo e tódolos
días xantaban o panciño xuntos, e o rapaz xogaba coa cobra e
agarimaba nela. O mozo foi ao servicio e cando voltou o primeiro que
fixo foi correr ao monte para ollar a súa cobriña; chgou alá, asubiou
como acotumaba outrora, e saíu a cobra, mais tan longa, tan longa e
tan grosa, que o mozo colleu medo. A cobra non recoñeceu ao rapaz,
botouse a el, ensarilloouno e matouno. Mais cando o tiña morto
reparou nel, recoñeceuno e aflicta botouse ao mar e morreu
afogada„.
Relato feito polo mozo Lelo Blanco e recollido por ÁLVARO DAS CASAS: A illa de Ons. 
"Nós". Nº 131-32. Ourense. Nov./Decembro de 1934. Páx.173.
A COBRA DO ENCANTO
S. Vicencio de Vigo-Carral-A Coruña.
Cóntase que unha vez un mozo que andaba nun prado na beira
do río, viu chegar un mouro e unha rapaza guapísima, e aquel mouro
sei que era o encanto. O mozo, agachouse, chegou pe deles sen que
o visen, a tempo que o encanto despois de falar nunha fala extraña
dixo:
-"O que te desencantar tres bicos tenche que dar“, 
e coa mesma desapareceron mouro e muller por riba do río
mesmamente como se fose a brétema que varre o aire.
O rapaz, curioso por ve-lo que pasaba, foise ao outro día de
amañecida ao mesmo sitio, e agardou beira do río nun claro entre as
ramalleiras, mirándose no boligar das augas; pouco había que
chegara, cando aíu un asubio polo medio do río, mirou, e estarreceu;
era a cóbrega máis grande e máis fea que endexamais viran ollos de
home, e avantaba pro riba da auga coa cabeza ergueita, os ollos
regalados e botando e recollendo un ferrete grande coma o dedo
dunha man, con perdón. O rapaz gañou medo, mais emporiso, soubo
ser home e agardou terne que terne, con fimidía; a cóbrega fuxiu
como un lóstrego, batendo a auga co rabo, e asubiando, ao pouco
voltou outra vez, e tamén fuxiu como antes, e ao vir por terceira vez,
e terlle dado o terceiro bico o rapaz, a cóbrega perdeu aquel seu
feitío para se trocar de novo na belida rapaza que caeu a chorar
entre os brazos do arriscado rapaz.
Disque daquela o mozo levou á rapaza, e foron casar, índose
lonxe, moi lonxe, a outras terras que hai polo mundo, de onde disque
ela era, e para viviren dos tesouros do encanto.
Relato recollido e redactado por L. CARRÉ ALVARELLOS: Contos populares da Galiza. 
Porto, 1968. Páxs.364-365.
OUTRA LENDA DA FONTE PORMÁS.
Arzúa- A Coruña.
Un fidalgo que moraba preto da fonte tiña unha filla moi belida,
á que requerían en amores tódolos mozos da bisbarra. O fidalgo non
consentía a ninguén tratar o casoiro coa filla e para arredala do
perigo foina encantar á fonte Pormás.
Un serán estaba un mozo nunha rozada e ollou chegar o fidalgo
coa filla e os criados con sacos ó lombo; marcharon os criados,
despois de pousar a trouxa e un adibal que ía envolto nun saco,
quedando sós pai e filla. A moza choraba a fío agarrada ós brazos do
seu pai, pregándolle de xeonllos que non a deixase alí; pero o pai non
fixo caso; soamente lle dixo:
-Non teñas pena; quédache con que valerte.
 
O fidalgo sacou un libro e comenzou a ler; ó pouco tempo a
moza meteuse polo cano da fonte e seguidamente os sacos que
levaran os criados seguiron o vieiro que levara a moza; quedou fora o
adibal, e o fidalgo continuou lendo moito tempo deica que o adibal
se transformou nunha gran serpe longa e grosa que foi meténdose
polo cano da fonte. Cando ía desaparecendo o home cerrou o libro e
díxolle:
- El que te desencantare, nove veces detrás del cachazo te ha de
besare.
O mozo deixou a rozada e foi á casa, pero ó pouco tempo tornou
á fonte Pormás para desencantar a fermosa rapaza que el ollara
agachar entre as augas. A poucos pasos da fonte apareceulle unha
muller que lle dixo con certa tristura.
- Se non tes valor, non me desencantes.
 
O mozo sen arrepiarse chegou á beira da fonte, e sentouse
nunha pedra e oíndo un grande bruído nas augas viu saír un enorme
culebrón polo cano da fonte. O mozo deulle tres beixos por tras do
cachazo e a serpe tornou para a fonte. Tornou saír a serpe, agora que
con menos bruído e poñéndose dereita diante do mozo levou outros
tres beixos e enguliuse na auga. Á terceira vez saíu case mansiña de
todo e ó darlle os beixos caeu no chan feita un adibal. Naquel intre
encomenzou un ruxido enorme de cartos e apareceu a moza cos
sacos cheos de ouro que seu pai lle levara e que ficaban gardados
pola serpe.
A moza non quixo volver á casa do seu pai e foi casar á igrexa da
parroquia co mozo que a desencantara.
Versión de A.FRAGUAS: As lendas da Fonte Pormás. Nós. Nº 108. Ourense, 1932.
 
A SEÑORA DO CASTRO ALEGRE
Salvaterra-Pontevedra
A un rapaz que andaba co gando no castro saíulle un día unha
moza que se penteaba os cabelos cun peite de ouro.
"- ¡Ai, señora se me dera ese peite con que se peitea!, díxolle o
rapaz".
"- Dareiche o peite e dareiche moito máis aínda ata facerte rico
se fas o que che eu diga e non te acañas".
"E díxolle ó rapaz que lle levase ó día seguinte unha cunca de
leite bendito, e que non se acañase co que sucedese, pois mentres
ela bebía o leite, el tiña que ter man da cunca".
"Foi o rapaz coa cunca, e saíulle unha grande cobra que se puxo
a beber no leite e o rapaz sen se acañar tiña man da vasilla. Bebeu
todo a cobra, e ó rematar converteuse nunha señora do outro día e
deulle moita riqueza".
Versión de Xosé Martín Rodríguez, recollida por F.LÓPEZ CUEVILLAS e F.BOUZA-BREY: Os oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galicia. Arquivos do 
Seminario de Estudos Galegos. Tomo II. Compostela, 1929. Páx.142.
Todas as lendas anteriores aparecen recollidas 
na obra:
 X.M.González Reboredo, Lendas Galegas de 
Tradición Oral. Ed. Galaxia 1983 Vigo  
CONTO DO LAGARTO
Ía un cazador por un monte e viu un lagarto moi grande no alto
dunha fraga. Botou a escopeta á cara coa intención de lle zorregar un
tiro e xa lle ía despachar un tiro cando o lagarto se puxo a falar
dicindo:
-¡Non me mates, cazador!
O cazador quedou espantado de oír falar ao lagarto pero, tendo
confianza no ollo e na escopeta, quedou parado. Entón díxolle o
lagarto:
-¡Ven acá, que temos que falar!
Chegouse o cazador ao sitio onde se atopaba o lagarto e este
seguiulle dicindo:
-Se ti fas todo o que eu che diga, heite pór rico para sempre.
Entra nesta fraga e colle os cartos que queiras e mañá has volver
aquí cunha das túas fillas, que eu lle hei dicir como ha gañar os
cartos que ti leves.
E agora vaite polo monte adiante, que has matar a caza que che
dea a gana.
O cazador matou as perdices, coellos e lebres que lle deu a gana
e marchou para a súa casa onde chegou moi triste. Púxose a comer
sen levantar os ollos do chan, coñecéndoselle ben que estaba
pensando nalgunha cousa. A muller preguntoulle ao velo así:
-¿Que che pasa? Outras veces non traes nada e vés todo
contento e hoxe, que cáseque que non podías coa caza, tes unha
cara que mesmamente parece que che pegaron.
El respondeu:
-¡Nada, non teño nada!.
Dende que acabou de comer chamou a filla máis vella e
contoulle o que pasara. Ela dixo que non ía onde o lagarto, que
quería mellor que lle devolvese os cartos ca ter que ver se con el.
Chamou pola outra filla, a do medio pois tiña tres, e tamén lle
respondeu que ela non ía para onde o lagarto inda que a matase.
Despois chamou pola máis nova. Esta quedou pensando o que o
seu pai lle dixo e, por fin, rematou dicindo:
-Eu non sei que me ocorrerá co lagarto ese que vostede viu
pero, ¡sexa o que Deus queira! A min sempre me queda o
consolo de que os meus quedan ricos para sempre.
Entón o cazador chamou pola muller e contoulle todo o que
pasaba. A muller, primeiro dixo que non deixaba ir á filla para onde o
lagarto porque non sabía o que lle podía pasar con el, pero a moza
teimou en que quería ir e quedaron en que a levaría seu pai ao outro
día.
Para o outro día pola mañá o cazador marchou coa filla cara á
fraga do lagarto. Este emprincipiou a dar saltos de alegría ao vela vir.
Chegaron pai e filla ao seu destino e entón díxolles o lagarto:
-Ti – díxolle ao cazador-, vaite para a túa casa e non volvas aquí
ata un ano xusto. E ti – díxolle á moza- has facer o que eu che
diga sen marrarte un punto. Colle esta papela e pregúntalle á
xente que encontres polo camiño pola casa que di aí, e cando te
atopes alí di que vas buscar amo para servir. Hanche dar traballo
e ti has quedar alí servindo ata que che quede tempo de chegar
aquí ao ano xusto. Tamén che ha querer pagar, pero ti non lles
queiras soldada. Toma esta cuncha que che ha facer todo o que
ti lle pidas.
A moza botou a andar e, no camiño, viu catro cazadores que
viñan cara a onda ela. Tivo medo de que se meteran con ela e dixo:
-¡Cuncha, pídoche que eses homes collan por outro camiño!.
Inda non acabara de dicilo xa os cazadores colleran por outro
camiño.
Foi andando, andando, ata chegar a unha casa na que pediu
pousada para pasar a noite, pois xa era lusco-fusco e quería pasar a
noite ao cuberto.
A ama daquela casa tiña unha meniña que non paraba de
chorar. Entón a moza díxolle á nai que lla dese, que ela a faría calar.
O pai da meniña díxolle:
-Oxalá fora así, pero esta meniña non sei que diaños ten que
non para de chorar. Unicamente está algunha vez calada no colo
da nai.
-Vostedes déanma para acá que eu a farei calar.
Colleu á meniña e dixo:
-¡Cuncha, quero que esta meniña no dea un chío mentres eu
estea nesta casa!
A meniña sorriu cara á moza e quedou durmida coma unha
santiña. Aquel matrimonio ao ver aquilo, díxolle se quería quedar
onda eles para coiar da meniña, que non lle había mandar outra
cousa e que lle habían pagar moi boa soldada, pero a moza díxolles
que tiña que seguir camiño adiante e que non podía parar.
Para o outro día, levantouse moi cediño e seguiu o seu camiño,
preguntando sempre pola dirección que levaba na papela que lle
dera o lagarto ata atopar cunha muller que resultou ser a criada da
casa que ela ía buscando. O amo da casa respondeulle que só a
quería se entendía de panadeira.
- Eu creo que han estar contentos de min- respondeu ela.
Foi para o forno e nunca estaba soa porque había tres
estudantes no lugar que acordaron facerlle o amor e, cada noite, ía
un para onde ela.
A primeira noite, foi un deles, e díxolle a moza á cuncha en canto
entrou:
-Quero que este mozo me faga a masa e me coza o pan.
Así foi: o estudante amasou, roxou o forno, larexouno, enfornou
e sacou o pan. E o mozo pasou a noite enteira facendo de panadeiro,
agora que cando viu aos outros díxolles:
-¡Dá gusto falar con ela! Pasei unha noite moi boa falándolle de
amores.
Para o outro día á noite foi o outro estudante para onda ela,
pensando que o había pasar moi ben polo que lle contara o outro,
pero, en canto entrou no forno, díxolle a moza á cuncha:
-Quero que este mozo pase toda a noitendo o traballo que
teño que facer eu.
E así foi. Ela estivo levando moi boa vida e el suaba a máis non
poder, facendo unha fornada detrás doutra.
Aínda que saíu rabiando, cando viu aos outros díxolles que o
pasara moi ben, que era unha moza que parrafeaba moi ben e que se
divertira moito con ela.
De maneira que, para a outra noite, foi o estudante que faltaba.
E pasoulle o mesmo cós outros.
A moza ía vender o pan a un mercado que alí había e, como llo
pedía á cuncha, ninguén lle mercaba ás outras panadeiras mentres
ela tivese que vender. As panadeiras axuntáronse todas e
acusárona de bruxa e por iso era que vendía todo o pan que facía
aínda que fixera ela soa tanto como as outras todas.
O xulgado citouna para un xuízo que lle ían ter por bruxa e
elea foi e falou coa cuncha e apareceu alí desta maneira: ía a
cabalo dun macho do que ía tirando un dos estudantes, outro
estudante ía ao lado dela tendo conta de que non caese e o outro
ía detrás, pegándolle do rabo ao macho e dándolle bicos no cu.
Ao chegar ao xulgado díxolle á cuncha:
-¡Que todos se poñan a pelexar!
E o xuíz, o escribán, o alguacil e a demais xente da Xustiza
púxose a pelexar unha coa outra. Romperon as camisas e as
chaquetas, tiraron coa mesa e coa cadeira...¡Fixeron o demo!
Cando ela lle pareceu dixo:
-¡ Que fagan as paces!
No mesmo intre, os que antes estaban pelexando empezaron
a bicarse e darse apertas.
De alí a un pouco dixo a moza:
- Cuncha, que se apacigüen todos.
Entón os outros gobernaron as roupas o mellor que puideron
e sentáronse en paz. E, como viron o que aquela moza era capaz
de facer, deixárona libre de que marchase.
Ela volveuse para casa dos seus amos e estivo alí ata que lle
faltaron uns días para cumprir o ano.
No camiño volveuse hospedar na mesma casa que parara da
outra vez. Cando a viron desfacíanse de alegría e non a querían
deixar marchar para que lles coidase da meniña, pero ela díxolles
que levaba moita présa e que non podía parar.
Chegou onda a fraga do lagarto ao facer o ano xusto de que
marchara e xa estaba alí o seu pai agardándoa.
O lagarto, en canto a viu vir, embuligouse na graga e volveuse
un bo mozo, e díxolle ao cazador:
-Eu estaba encantado e agora quedei desencantado e quero
casar coa túa filla, que é a quen lle debo o volver ser home. De
modo que hai que arranxar as cousas para a voda o máis pronto
que se poida.
Marcharon todos á casa do cazador e acordaron facer a voda
alí. A filla máis vella do cazador foi a cociñeira, e deulle tanta rabia
que a súa irmá casara cun home tan rico e tan bo mozo que
envelenou a comida que ía no prato da irmá pero el deuse conta e
fixo de maneira que se cambiasen os pratos co que a comida
envelenada foi dar á mesma cociñeira e dese xeito morreu e eles
quedaron en paz.
Henrique Harguindey e Maruxa Barrio. ANTOLOXIA DO CONTO
POPULAR GALEGO . ED. GALAXIA, 2008

More Related Content

What's hot

Cadáveres exquisitos
Cadáveres exquisitosCadáveres exquisitos
Cadáveres exquisitosmentirosasoy
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Cruz Martinez
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIAPatricia Pena Barbeito
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picotaismadeuhia
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favoritosoigca
 
9.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 20129.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 2012xurxobou
 
Cantigas Galegas
Cantigas GalegasCantigas Galegas
Cantigas Galegasguest121625
 
Oncela na illa de ons
Oncela na illa de onsOncela na illa de ons
Oncela na illa de onsceipcoiron
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointberres1
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigca
 
Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.guest05fce8
 
Guia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º CicloGuia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º Cicloluis425
 
A verdadeira historia de carapuchiña
A verdadeira historia de carapuchiña A verdadeira historia de carapuchiña
A verdadeira historia de carapuchiña Reme Rbm
 
Lendas Galegas
Lendas GalegasLendas Galegas
Lendas GalegasBergantera
 

What's hot (18)

Cadáveres exquisitos
Cadáveres exquisitosCadáveres exquisitos
Cadáveres exquisitos
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
áNxel fole
áNxel foleáNxel fole
áNxel fole
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picota
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favorito
 
9.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 20129.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 2012
 
Cantigas Galegas
Cantigas GalegasCantigas Galegas
Cantigas Galegas
 
Lagoa serpe
Lagoa serpeLagoa serpe
Lagoa serpe
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Oncela na illa de ons
Oncela na illa de onsOncela na illa de ons
Oncela na illa de ons
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.
 
Guia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º CicloGuia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º Ciclo
 
A verdadeira historia de carapuchiña
A verdadeira historia de carapuchiña A verdadeira historia de carapuchiña
A verdadeira historia de carapuchiña
 
Lendas Galegas
Lendas GalegasLendas Galegas
Lendas Galegas
 

Similar to O dragón nas lendas galegas

O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º bbcode
 
A Moura E O Pescador
A Moura E O PescadorA Moura E O Pescador
A Moura E O PescadorRATIBRON
 
A Moura E O Pescador
A Moura E O PescadorA Moura E O Pescador
A Moura E O PescadorRATIBRON
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
A orixe do violin
A orixe do violinA orixe do violin
A orixe do violinRATIBRON
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba ordeendlagra
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba ordeendlagra
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicrequesmarixgv
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Pipoemargarida
PipoemargaridaPipoemargarida
Pipoemargaridateixopp
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)osnososavos
 

Similar to O dragón nas lendas galegas (20)

Cousas
CousasCousas
Cousas
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b
 
A Moura E O Pescador
A Moura E O PescadorA Moura E O Pescador
A Moura E O Pescador
 
A Moura E O Pescador
A Moura E O PescadorA Moura E O Pescador
A Moura E O Pescador
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
A orixe do violin
A orixe do violinA orixe do violin
A orixe do violin
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba orde
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba orde
 
Brancaneves
BrancanevesBrancaneves
Brancaneves
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
Sorpresa en nadal
Sorpresa en nadalSorpresa en nadal
Sorpresa en nadal
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicreques
 
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Poemas: xogos e arrolos
Poemas: xogos e arrolosPoemas: xogos e arrolos
Poemas: xogos e arrolos
 
Personaxes dos irmáns Grimm
Personaxes  dos irmáns  GrimmPersonaxes  dos irmáns  Grimm
Personaxes dos irmáns Grimm
 
Pipoemargarida
PipoemargaridaPipoemargarida
Pipoemargarida
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
 

More from mentirosasoy

Presentación difusión piale 2015
Presentación difusión piale 2015Presentación difusión piale 2015
Presentación difusión piale 2015mentirosasoy
 
Cadáveres exquisitos II
Cadáveres exquisitos IICadáveres exquisitos II
Cadáveres exquisitos IImentirosasoy
 
Cadáveres exquisitos
Cadáveres exquisitosCadáveres exquisitos
Cadáveres exquisitosmentirosasoy
 
Retratos dos personaxes de dragal, ies de mos DEF
Retratos dos personaxes de dragal, ies de mos DEFRetratos dos personaxes de dragal, ies de mos DEF
Retratos dos personaxes de dragal, ies de mos DEFmentirosasoy
 
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidoAlquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidomentirosasoy
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfmentirosasoy
 
Retratos personaxes Dragal
Retratos personaxes DragalRetratos personaxes Dragal
Retratos personaxes Dragalmentirosasoy
 

More from mentirosasoy (7)

Presentación difusión piale 2015
Presentación difusión piale 2015Presentación difusión piale 2015
Presentación difusión piale 2015
 
Cadáveres exquisitos II
Cadáveres exquisitos IICadáveres exquisitos II
Cadáveres exquisitos II
 
Cadáveres exquisitos
Cadáveres exquisitosCadáveres exquisitos
Cadáveres exquisitos
 
Retratos dos personaxes de dragal, ies de mos DEF
Retratos dos personaxes de dragal, ies de mos DEFRetratos dos personaxes de dragal, ies de mos DEF
Retratos dos personaxes de dragal, ies de mos DEF
 
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidoAlquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
 
Retratos personaxes Dragal
Retratos personaxes DragalRetratos personaxes Dragal
Retratos personaxes Dragal
 

O dragón nas lendas galegas

  • 1. O DRAGÓN NASO DRAGÓN NAS LENDAS GALEGASLENDAS GALEGAS Textos recollidos polos alumnos do IES de MOSTextos recollidos polos alumnos do IES de MOS
  • 2. O ADIBAL TROCADO EN SERPE. (Macenda-Boiro) "Un señor de Macenda moi rico que tiña un criado queixo viaxar e mandoulle que arregrase todo que ían ir os dous polo mundo. No intre o señor foise á horta atuou o diñeiro, que era moito, e atouno cun adibal dicindo ó mesmo tempo:   Adibal eres, culebrón te has de volver el que de aquí te ha sacra, tres besos te ha de dar.   Mais o criado oíuno e cando chegou ó barco que os había de levar, no instante de saír xa para o mar e cando todos estaban a bordo, dixo que agardasen un momentiño que se lle esquecera unha cousa principal. O barco agardou, mais en vista de que non voltaba ergueu áncoras e foise co señor só.
  • 3. O criado en tanto marchou ó sitio do tesouro e saíulle un culebrón grandísimo. Tremeu un pouco, mais por fin deulle un bico e o culebrón retorceuse; deulle o segundo e o culebrón apreixóuselle ó corpo como se quixera acabar con el; deulle o terceiro e o culebrón converteuse en adibal. O mozo entón colleu o tesouro e cando o señor voltou atopouse sen ren". Relato recollido por CUEVILLAS E BOUZA BREY: Prehistoria e Folklore da Barbanza.  "Nós", nº 52, Ourense, 15-IV-1928. Páx.72.
  • 4. LENDA DO MOZO E A COBRA Illa de Ons-Pontevedra. "Aquí había un rapaz que tódolos días ía ao monte co gando. Un serán viu que por embaixo dunha laxe lle sae unha cobra, mais tanto lle gustou que lle deu migallas do seu pan. Fixéronse amigo e tódolos días xantaban o panciño xuntos, e o rapaz xogaba coa cobra e agarimaba nela. O mozo foi ao servicio e cando voltou o primeiro que fixo foi correr ao monte para ollar a súa cobriña; chgou alá, asubiou como acotumaba outrora, e saíu a cobra, mais tan longa, tan longa e tan grosa, que o mozo colleu medo. A cobra non recoñeceu ao rapaz, botouse a el, ensarilloouno e matouno. Mais cando o tiña morto reparou nel, recoñeceuno e aflicta botouse ao mar e morreu afogada„. Relato feito polo mozo Lelo Blanco e recollido por ÁLVARO DAS CASAS: A illa de Ons.  "Nós". Nº 131-32. Ourense. Nov./Decembro de 1934. Páx.173.
  • 5. A COBRA DO ENCANTO S. Vicencio de Vigo-Carral-A Coruña. Cóntase que unha vez un mozo que andaba nun prado na beira do río, viu chegar un mouro e unha rapaza guapísima, e aquel mouro sei que era o encanto. O mozo, agachouse, chegou pe deles sen que o visen, a tempo que o encanto despois de falar nunha fala extraña dixo: -"O que te desencantar tres bicos tenche que dar“,  e coa mesma desapareceron mouro e muller por riba do río mesmamente como se fose a brétema que varre o aire. O rapaz, curioso por ve-lo que pasaba, foise ao outro día de amañecida ao mesmo sitio, e agardou beira do río nun claro entre as ramalleiras, mirándose no boligar das augas; pouco había que chegara, cando aíu un asubio polo medio do río, mirou, e estarreceu;
  • 6. era a cóbrega máis grande e máis fea que endexamais viran ollos de home, e avantaba pro riba da auga coa cabeza ergueita, os ollos regalados e botando e recollendo un ferrete grande coma o dedo dunha man, con perdón. O rapaz gañou medo, mais emporiso, soubo ser home e agardou terne que terne, con fimidía; a cóbrega fuxiu como un lóstrego, batendo a auga co rabo, e asubiando, ao pouco voltou outra vez, e tamén fuxiu como antes, e ao vir por terceira vez, e terlle dado o terceiro bico o rapaz, a cóbrega perdeu aquel seu feitío para se trocar de novo na belida rapaza que caeu a chorar entre os brazos do arriscado rapaz. Disque daquela o mozo levou á rapaza, e foron casar, índose lonxe, moi lonxe, a outras terras que hai polo mundo, de onde disque ela era, e para viviren dos tesouros do encanto. Relato recollido e redactado por L. CARRÉ ALVARELLOS: Contos populares da Galiza.  Porto, 1968. Páxs.364-365.
  • 7. OUTRA LENDA DA FONTE PORMÁS. Arzúa- A Coruña. Un fidalgo que moraba preto da fonte tiña unha filla moi belida, á que requerían en amores tódolos mozos da bisbarra. O fidalgo non consentía a ninguén tratar o casoiro coa filla e para arredala do perigo foina encantar á fonte Pormás. Un serán estaba un mozo nunha rozada e ollou chegar o fidalgo coa filla e os criados con sacos ó lombo; marcharon os criados, despois de pousar a trouxa e un adibal que ía envolto nun saco, quedando sós pai e filla. A moza choraba a fío agarrada ós brazos do seu pai, pregándolle de xeonllos que non a deixase alí; pero o pai non fixo caso; soamente lle dixo: -Non teñas pena; quédache con que valerte.  
  • 8. O fidalgo sacou un libro e comenzou a ler; ó pouco tempo a moza meteuse polo cano da fonte e seguidamente os sacos que levaran os criados seguiron o vieiro que levara a moza; quedou fora o adibal, e o fidalgo continuou lendo moito tempo deica que o adibal se transformou nunha gran serpe longa e grosa que foi meténdose polo cano da fonte. Cando ía desaparecendo o home cerrou o libro e díxolle: - El que te desencantare, nove veces detrás del cachazo te ha de besare. O mozo deixou a rozada e foi á casa, pero ó pouco tempo tornou á fonte Pormás para desencantar a fermosa rapaza que el ollara agachar entre as augas. A poucos pasos da fonte apareceulle unha muller que lle dixo con certa tristura. - Se non tes valor, non me desencantes.  
  • 9. O mozo sen arrepiarse chegou á beira da fonte, e sentouse nunha pedra e oíndo un grande bruído nas augas viu saír un enorme culebrón polo cano da fonte. O mozo deulle tres beixos por tras do cachazo e a serpe tornou para a fonte. Tornou saír a serpe, agora que con menos bruído e poñéndose dereita diante do mozo levou outros tres beixos e enguliuse na auga. Á terceira vez saíu case mansiña de todo e ó darlle os beixos caeu no chan feita un adibal. Naquel intre encomenzou un ruxido enorme de cartos e apareceu a moza cos sacos cheos de ouro que seu pai lle levara e que ficaban gardados pola serpe. A moza non quixo volver á casa do seu pai e foi casar á igrexa da parroquia co mozo que a desencantara. Versión de A.FRAGUAS: As lendas da Fonte Pormás. Nós. Nº 108. Ourense, 1932.  
  • 10. A SEÑORA DO CASTRO ALEGRE Salvaterra-Pontevedra A un rapaz que andaba co gando no castro saíulle un día unha moza que se penteaba os cabelos cun peite de ouro. "- ¡Ai, señora se me dera ese peite con que se peitea!, díxolle o rapaz". "- Dareiche o peite e dareiche moito máis aínda ata facerte rico se fas o que che eu diga e non te acañas". "E díxolle ó rapaz que lle levase ó día seguinte unha cunca de leite bendito, e que non se acañase co que sucedese, pois mentres ela bebía o leite, el tiña que ter man da cunca". "Foi o rapaz coa cunca, e saíulle unha grande cobra que se puxo a beber no leite e o rapaz sen se acañar tiña man da vasilla. Bebeu todo a cobra, e ó rematar converteuse nunha señora do outro día e deulle moita riqueza". Versión de Xosé Martín Rodríguez, recollida por F.LÓPEZ CUEVILLAS e F.BOUZA-BREY: Os oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galicia. Arquivos do  Seminario de Estudos Galegos. Tomo II. Compostela, 1929. Páx.142.
  • 12. CONTO DO LAGARTO Ía un cazador por un monte e viu un lagarto moi grande no alto dunha fraga. Botou a escopeta á cara coa intención de lle zorregar un tiro e xa lle ía despachar un tiro cando o lagarto se puxo a falar dicindo: -¡Non me mates, cazador! O cazador quedou espantado de oír falar ao lagarto pero, tendo confianza no ollo e na escopeta, quedou parado. Entón díxolle o lagarto: -¡Ven acá, que temos que falar! Chegouse o cazador ao sitio onde se atopaba o lagarto e este seguiulle dicindo: -Se ti fas todo o que eu che diga, heite pór rico para sempre. Entra nesta fraga e colle os cartos que queiras e mañá has volver aquí cunha das túas fillas, que eu lle hei dicir como ha gañar os cartos que ti leves.
  • 13. E agora vaite polo monte adiante, que has matar a caza que che dea a gana. O cazador matou as perdices, coellos e lebres que lle deu a gana e marchou para a súa casa onde chegou moi triste. Púxose a comer sen levantar os ollos do chan, coñecéndoselle ben que estaba pensando nalgunha cousa. A muller preguntoulle ao velo así: -¿Que che pasa? Outras veces non traes nada e vés todo contento e hoxe, que cáseque que non podías coa caza, tes unha cara que mesmamente parece que che pegaron. El respondeu: -¡Nada, non teño nada!. Dende que acabou de comer chamou a filla máis vella e contoulle o que pasara. Ela dixo que non ía onde o lagarto, que quería mellor que lle devolvese os cartos ca ter que ver se con el.
  • 14. Chamou pola outra filla, a do medio pois tiña tres, e tamén lle respondeu que ela non ía para onde o lagarto inda que a matase. Despois chamou pola máis nova. Esta quedou pensando o que o seu pai lle dixo e, por fin, rematou dicindo: -Eu non sei que me ocorrerá co lagarto ese que vostede viu pero, ¡sexa o que Deus queira! A min sempre me queda o consolo de que os meus quedan ricos para sempre. Entón o cazador chamou pola muller e contoulle todo o que pasaba. A muller, primeiro dixo que non deixaba ir á filla para onde o lagarto porque non sabía o que lle podía pasar con el, pero a moza teimou en que quería ir e quedaron en que a levaría seu pai ao outro día. Para o outro día pola mañá o cazador marchou coa filla cara á fraga do lagarto. Este emprincipiou a dar saltos de alegría ao vela vir. Chegaron pai e filla ao seu destino e entón díxolles o lagarto:
  • 15. -Ti – díxolle ao cazador-, vaite para a túa casa e non volvas aquí ata un ano xusto. E ti – díxolle á moza- has facer o que eu che diga sen marrarte un punto. Colle esta papela e pregúntalle á xente que encontres polo camiño pola casa que di aí, e cando te atopes alí di que vas buscar amo para servir. Hanche dar traballo e ti has quedar alí servindo ata que che quede tempo de chegar aquí ao ano xusto. Tamén che ha querer pagar, pero ti non lles queiras soldada. Toma esta cuncha que che ha facer todo o que ti lle pidas. A moza botou a andar e, no camiño, viu catro cazadores que viñan cara a onda ela. Tivo medo de que se meteran con ela e dixo: -¡Cuncha, pídoche que eses homes collan por outro camiño!. Inda non acabara de dicilo xa os cazadores colleran por outro camiño. Foi andando, andando, ata chegar a unha casa na que pediu pousada para pasar a noite, pois xa era lusco-fusco e quería pasar a noite ao cuberto.
  • 16. A ama daquela casa tiña unha meniña que non paraba de chorar. Entón a moza díxolle á nai que lla dese, que ela a faría calar. O pai da meniña díxolle: -Oxalá fora así, pero esta meniña non sei que diaños ten que non para de chorar. Unicamente está algunha vez calada no colo da nai. -Vostedes déanma para acá que eu a farei calar. Colleu á meniña e dixo: -¡Cuncha, quero que esta meniña no dea un chío mentres eu estea nesta casa! A meniña sorriu cara á moza e quedou durmida coma unha santiña. Aquel matrimonio ao ver aquilo, díxolle se quería quedar onda eles para coiar da meniña, que non lle había mandar outra cousa e que lle habían pagar moi boa soldada, pero a moza díxolles que tiña que seguir camiño adiante e que non podía parar.
  • 17. Para o outro día, levantouse moi cediño e seguiu o seu camiño, preguntando sempre pola dirección que levaba na papela que lle dera o lagarto ata atopar cunha muller que resultou ser a criada da casa que ela ía buscando. O amo da casa respondeulle que só a quería se entendía de panadeira. - Eu creo que han estar contentos de min- respondeu ela. Foi para o forno e nunca estaba soa porque había tres estudantes no lugar que acordaron facerlle o amor e, cada noite, ía un para onde ela. A primeira noite, foi un deles, e díxolle a moza á cuncha en canto entrou: -Quero que este mozo me faga a masa e me coza o pan. Así foi: o estudante amasou, roxou o forno, larexouno, enfornou e sacou o pan. E o mozo pasou a noite enteira facendo de panadeiro, agora que cando viu aos outros díxolles:
  • 18. -¡Dá gusto falar con ela! Pasei unha noite moi boa falándolle de amores. Para o outro día á noite foi o outro estudante para onda ela, pensando que o había pasar moi ben polo que lle contara o outro, pero, en canto entrou no forno, díxolle a moza á cuncha: -Quero que este mozo pase toda a noitendo o traballo que teño que facer eu. E así foi. Ela estivo levando moi boa vida e el suaba a máis non poder, facendo unha fornada detrás doutra. Aínda que saíu rabiando, cando viu aos outros díxolles que o pasara moi ben, que era unha moza que parrafeaba moi ben e que se divertira moito con ela. De maneira que, para a outra noite, foi o estudante que faltaba. E pasoulle o mesmo cós outros. A moza ía vender o pan a un mercado que alí había e, como llo pedía á cuncha, ninguén lle mercaba ás outras panadeiras mentres
  • 19. ela tivese que vender. As panadeiras axuntáronse todas e acusárona de bruxa e por iso era que vendía todo o pan que facía aínda que fixera ela soa tanto como as outras todas. O xulgado citouna para un xuízo que lle ían ter por bruxa e elea foi e falou coa cuncha e apareceu alí desta maneira: ía a cabalo dun macho do que ía tirando un dos estudantes, outro estudante ía ao lado dela tendo conta de que non caese e o outro ía detrás, pegándolle do rabo ao macho e dándolle bicos no cu. Ao chegar ao xulgado díxolle á cuncha: -¡Que todos se poñan a pelexar! E o xuíz, o escribán, o alguacil e a demais xente da Xustiza púxose a pelexar unha coa outra. Romperon as camisas e as chaquetas, tiraron coa mesa e coa cadeira...¡Fixeron o demo! Cando ela lle pareceu dixo: -¡ Que fagan as paces!
  • 20. No mesmo intre, os que antes estaban pelexando empezaron a bicarse e darse apertas. De alí a un pouco dixo a moza: - Cuncha, que se apacigüen todos. Entón os outros gobernaron as roupas o mellor que puideron e sentáronse en paz. E, como viron o que aquela moza era capaz de facer, deixárona libre de que marchase. Ela volveuse para casa dos seus amos e estivo alí ata que lle faltaron uns días para cumprir o ano. No camiño volveuse hospedar na mesma casa que parara da outra vez. Cando a viron desfacíanse de alegría e non a querían deixar marchar para que lles coidase da meniña, pero ela díxolles que levaba moita présa e que non podía parar. Chegou onda a fraga do lagarto ao facer o ano xusto de que marchara e xa estaba alí o seu pai agardándoa.
  • 21. O lagarto, en canto a viu vir, embuligouse na graga e volveuse un bo mozo, e díxolle ao cazador: -Eu estaba encantado e agora quedei desencantado e quero casar coa túa filla, que é a quen lle debo o volver ser home. De modo que hai que arranxar as cousas para a voda o máis pronto que se poida. Marcharon todos á casa do cazador e acordaron facer a voda alí. A filla máis vella do cazador foi a cociñeira, e deulle tanta rabia que a súa irmá casara cun home tan rico e tan bo mozo que envelenou a comida que ía no prato da irmá pero el deuse conta e fixo de maneira que se cambiasen os pratos co que a comida envelenada foi dar á mesma cociñeira e dese xeito morreu e eles quedaron en paz. Henrique Harguindey e Maruxa Barrio. ANTOLOXIA DO CONTO POPULAR GALEGO . ED. GALAXIA, 2008