1. Arosa SC
O Arosa Sociedad Cultural é un equipo de
fútbol de Vilagarcía de Arousa fundado en 1945.
Na actualidade xoga no grupo sur da 3º división.
Xoga como local no Estadio da Lomba,con
capacidade para 5.000 personas.
Dende 1905 existiron en Vilagarcía diversos
equipos de fútbol, federados ou non, e en 1940
uns rapaces da vila formaron o Arosa SC. Con
todo, ata 1945 o equipo non puido federarse dado
que o campo de xogo non tiña as medidas
mínimas. O 27 de Xaneiro de 1946 inaugúrase
oficialmente o campo, valado, nun choque Arosa-
Santiago (1-1). O primeiro partido oficial
disputouse na Lomba o 3 de novembro de 1946
co resultado de Arosa SC 3 – Sociedade cultural
de Pontevedra 1.
En menos de tres anos, o Arosa SC consegue
pasar de Serie A a Segunda División Española
Consegue o ascenso na tempada 48/49 (o 17 de
abril de 1949, ao vencer en Riazor o Xuveniles de
2. Coruña (2-0) e proclamándose subcampións trala
Ourense. O Arosa militou en Segunda División
durante dúas tempadas.
Desde esa época o equipo moveuse dúas
décadas por categorías galegas, ata que en 1965
ascende a Terceira. En 1981 xoga a súa primeira
promoción de ascenso a Segunda B, e cae
derrotado en Reus, mentres dous anos máis tarde,
en Olot, o 18 de xuño de 1983, consegue o pase á
categoría de bronce (na eliminatoria deixou fóra o
Mestalla e o Olot, neste caso por (1-0) e (2-0).
Nos anos seguintes disputou varias tempadas
en Segunda B, e en Copa do Rei enfróntase á
Real Sociedade e ao Osasuna. O seu último
ascenso a Segunda B produciuse en 1993, cando
despois de proclamarse campión de Terceira por
primeira vez na súa historia, ascende logo de
derrotar o de Musera, Moscardò o Lealtad de
Villaviciosa e o Rìvert de Salamanca.
3. Descende a Terceira en 1994, e a partir de aí
comeza unha serie de tempadas nas categorías
inferiores do fútbol.
Rubén Gómez Vázquez (1ºB)
Carlos Campaña Lorenzo (1ºB)