SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 125
A gandería é un pear fundamental da actividade agraria galega e 
o principal valor produtivo. Nesta actividade conviven dous tipos 
de explotacións, as de tipo industrial (vacún, porcino e avícola), 
cunha rentabilidade dependente dos mercados, e os produtores 
de pequena dimensión e dedicación multifuncional, a tempo 
parcial, que comercializan a súas producións nos mercados locais. 
Hai ademais unha importante produción para autoconsumo.
Galiza ten boas condicións para a produción de pastos e forraxes, 
especialmente para o gando vacún. 
Tradicionalmente, a gandería coexistiu coa agricultura en case todas as 
explotacións. A partir da década de 1960 foise producindo unha 
especialización e modernización, centrada sobre todo no gando bovino, no 
porcino, a avicultura, e, máis recentemente, a cunicultura, a cría de visóns e 
outras especies de pel, avestruces, paspallás, caracois e búfalos... 
A modernización trouxo 
aparellado o abandono e 
a substitución das razas 
autóctonas por outras 
alleas de produción 
especializada.
Tradicionalmente chámaselle gando aos bóvidos e facenda ao gando 
miúdo (ovellas, cabras...). Nalgunhas zonas chámase facenda ao 
conxunto dos animais produtivos.
Os produtos gandeiros máis destacados son o leite, a carne (ave, porco, vacún, 
en orde de volume), os ovos e unha forte exportación de reses bovinas para 
recría. Este sector é ademais a base dunha importante industria 
agroalimentaria: leite e derivados, cárnicas, pensos...
Zona litoral ou baixa: abondan as aves 
de curral, os porcos, os coellos e as 
pombas. Hai pouca cantidade de gando 
ovino e bovino. 
Zona de media montaña: alto número 
de gando bovino. Conta con prados 
naturais, pastos e arboreda. 
Zona de montaña árida: pequenos 
rabaños de cabalos, ovellas e cabras que 
aproveitan o pasto dos montes. Pouca 
cantidade de bovino. 
Alta montaña: zonas de pastos 
ocasionais (ao desaparecer as neves) para 
o gando vacún e lanar.
EXPLOTACIÓNS TRADICIONAIS 
Son as máis abundantes. Nelas coexisten 
diversas especies: un número variable de vacas 
(ata 10), dous ou tres porcos, galiñas... 
Manteñen a dependencia da agricultura cunha 
tendencia cada vez maior á produción de 
forraxes. Teñen baixa rendabilidade e unha 
parte dos produtos son para autoconsumo. 
Comercializan os excedentes (leite, ovos, crías) e 
algún produto elaborado (queixos, embutidos). 
GRANXAS MODERNAS 
Están especializadas nunha única 
especie de gando de razas 
seleccionadas. Están mecanizadas e 
orientadas a un maior rendemento 
económico. As de cría intensiva usan 
case exclusivamente pensos 
compostos.
GANDERÍA INTENSIVA 
Lévase a cabo en espazos pechados 
(cortes) e os animais aliméntanse con 
forraxes e pensos. Precisa de moitas 
inversión en alimentos, instalacións e 
tecnoloxía. 
GANDERÍA EXTENSIVA: practícase en 
grandes extensións de terreo e o 
gando aliméntase de pasto natural.
Nos pastos comunais de montaña facíase o pastoreo por quendas diarias 
(veceira). No coidado do gando participaban todos os propietarios: o que 
estaba co gando muxíao e baixaba co leite e o que subía levaba feixes de herba 
e outros materiais.
PRINCIPAIS 
ESPECIES GANDEIRAS
Segundo o Catrastro de Ensenada, a mediados do século XVIII en Galiza había 
aproximadamente 4.250.000 animais, dos que máis da metade eran ovellas, case 
un millón vacas, unhas 630.000 cabras, 600.000 porcos e uns 120.000 cabalos, 
mulos e burros. O sector gandeiro, en especial o lácteo, está a sofrir, desde a 
entrada de España na Comunidade Europea, unha forte reestructuración para 
adaptarse á normativa e facer fronte á competencia dos outros países. 
PRINCIPAIS ESPECIES GANDEIRAS 
(2013) 
VACAS 534.968 
PORCOS 1.070.971 
OVELLAS 201.787 
CABRAS 45.161
RAZAS GANDEIRAS AUTÓCTONAS 
Galicia conta desde tempos remotos cunha variada riqueza de razas gandeiras 
adaptadas ás condicións ambientais do noso medio que constitúen ademais un 
patrimonio histórico e cultural da nosa comunidade, onde ademais de axudar na 
xestión do territorio e na modelaxe das distintas paisaxes da nosa terra serven 
como exemplo de gandería sostible. 
Moitas estiveron en perigo de extinción e nos últimos anos estase a facer un 
importante traballo para a súa conservación e recuperación. 
A Federación de Razas Autóctonas de Galicia 
(Boaga), constituída en 2001, agrupa a 
criadores de razas de vacún (limiá, caldelá, 
vianesa, frieiresa e cachena), ovella e cabra 
galega e galiña de Mos. 
Ademais existen agrupacións de criadores de 
vaca rubia galega, porco celta e cabalo galego.
A especie dominante é a vaca que se emprega para producir 
leite e carne. 
Granxa de Búfalas en Boqueixón. Hai uns anos instaláronse varias granxas 
para a cría de búfalos como produtores de leite e carne. Na actualidade 
quedan uns poucos exemplares en Zas.
Nun comezo a función principal do gando 
vacún nas explotacións agrarias era o traballo. 
A mecanización do campo fixo reducir 
drasticamente o número de vacas, que case 
chegaron a desaparecer nalgunhas zonas, 
aínda que a cantidade xeral mantense pola 
concentración de cabezas nas áreas gandeiras 
onde se especializaron na produción de carne 
e leite. Tradicionalmente en Galiza as vacas 
máis comúns eran as do país (rubias e 
morenas). A partir de comezos do século XX 
introducíronse a Frisona e a Pardo Alpina e 
outras en menor cantidade. 
Ata hai moi pouco tempo a vaca era a 
principal fonte de riqueza e a forza de 
traballo máis importante do agro. O 
escultor Francisco Asorey representouno 
nesta obra que titulou “O tesouro” (1924).
RAZAS GALEGAS 
Rubia ou vaca do país 
É a máis común das razas autóctonas de Galiza e máis numerosa da Península 
Ibérica. Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg. As femias son 
algo máis pequenas. Ten a pel fina e crara, coas zonas espidas de cor rosada, e o 
pelo curto de cor uniforme rubia vermella que pode variar dende moi craro, sen 
chegar a branco, ata vermello escuro sen facerse pardo. 
Os machos enteiros teñen os cornos curtos e 
horizontais, e as femias e os bois (machos capados) 
téñenos máis longos, case horizontais ao principio, 
abertos, e logo dirixidos cara adiante, arriba e atrás. 
Os machos son adultos a partir dos 18 meses. As 
femias comezan a criar aos tres anos e poden ter 15 
partos durante a súa vida que é duns 20 anos de 
media. Os xatos nacen con 35 a 40 quilos de peso e 
maman durante 90 a 100 días, aínda que xeralmente 
destétanse antes. A “SUPREMA DE TENREIRA 
GALEGA” mama ata que se vende con 7-8 meses.
A rubia é unha raza de aptitude triple que se usa para producir carne e leite, e 
como animal de traballo. A mecanización do agro case as fixo desaparecer como 
forza de traballo e a introdución das razas de vacas leiteiras de alta 
produtividade tamén a está apartando da produción de leite, aínda que a súa 
produción media é de máis de 2.500 litros ao ano. 
Na actualidade críase case exclusivamente para producir carne, pola súa calidade 
e o bo rendemento (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada día). 
Atópase por toda Galiza e tamén nas zonas próximas de León, Zamora e Norte 
de Portugal. Nalgunhas serras hai mandas en estado semisilvestre.
As rubias de tono escuro chámanse Vermellas e as craras Marelas. 
Existe unha asociación de criadores e un 
centro técnico para a protección e o 
desenvolvemento da rubia galega que se 
adican ao seu control e á súa mellora.
RAZAS MORENAS 
En Galiza existen cinco razas de vacas morenas autóctonas (morenas do 
Noroeste) que están en risco de desaparecer. Son vacas resistentes e rústicas 
que aproveitan os pastos pobres, e boas para a cría. A conservación e 
recuperación destas razas é fundamental para manter o patrimonio xenético e 
a biodiversidade, para aproveitar o potencial gandeiro de comarcas rurais de 
baixo rendemento, co que tamén se contribúe a manter a poboación nas zonas 
de montaña e axuda a fixar a poboación ao medio. 
En Fontefiz (Ourense) hai un CENTRO 
DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS que 
depende da Xunta de Galiza onde se 
traballa na conservación e 
recuperación de Razas Autóctonas nun 
programa con familias colaboradoras 
para introducir exemplares no seu 
hábitat natural a través da cesión 
gratuíta de reses aos gandeiros. No 
centro de recuperación consérvase 
semen e embrións.
Caldelá 
De cor escura cunha liña máis crara ou algo vermella polo lombo e co fuciño case 
branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, orellas de 
tamaño mediano, horizontais e con abundante pelo de cor crara. Son de 
temperamento tranquilo, moi aptas para o traballo (especialmente os bois 
domados) e para a produción de carne. 
Atópase nas Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, Maceda,...) 
e sur de Lugo
Vianesa: 
De cor castaña, case negra nos machos, co fuciño craro. A cabeza é pequena 
cos cornos en gancho, curto nos machos e máis separados nas femias, as 
orellas grandes e peludas. Moi adaptada á montaña, boa produtora de leite e 
apta para o traballo. 
Atópase en Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso... Existen distintas 
variantes dentro da raza en tamaños e aptitudes, que dependen das zonas nas 
que viven (as da montaña son máis pequenas), do tipo de alimentación que 
reciben e da selección que se vai facendo.
Limiá 
De tamaño grande, cor castaña co fuciño máis craro. A cabeza é mediana, cos 
cornos en gancho, curtos nos machos e máis longos nas femias, e as orellas 
grandes e peludas. É boa para producir leite e carne e para o traballo. 
É a raza autóctona máis escasa. Atópase en Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, 
Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...
Frieiresa 
De cor castaña lavada, máis escura nos machos, co pelo longo na testa, cabeza 
pequena e corta, frente e fuciño anchos e cornos longos. Moi mansa e apta 
para o traballo e a produción de carne. 
Atópase na comarca da Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, Monterrei...
Cachena ou pisca: 
É a raza máis pequena de Galiza. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as femias 
1,20 m e non pasan dos 300 kg. De proporcións moi armónicas, de cor castaña 
crara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cunha perrera na testa, e 
orellas e rabo con pelo abundante. A cabeza é pequena, de perfil cóncavo, cos 
ollos oblícuos e os cornos grandes en forma de lira alta. Son boas produtoras de 
leite e carne, paren ben e son moi aptas para o traballo en medios difíciles. 
Atópase na serra do Xurés, (en Entrimo, Lobios, Padrenda...).
Frisona 
É a vaca leiteira máis común en Galiza (é a vaca máis abundante) onde se crían 
frisonas de moi boa calidade. É de orixe holandés, é unha das máis extendidas 
en todo o mundo. Intruduciuse en Galiza a comezos do século XX, e xeralizouse 
a partir dos anos 50. As primeiras reprodutoras importáronse de Holanda e 
despois de Canadá e Alemania. 
É de cor branca con manchas negras ou vermellas irregulares repartidas por 
todo o corpo agás polo abdome. As femias poden acadar 1,50 de altura e pesar 
700 kg. Os machos 1,70 e 1.100 kg. 
A media de produción das 
frisonas galegas é de aprox 
7.051 l/ano, aínda que 
algunhas chegan a producir 
máis de 20.000 litros.
Parda alpina 
É orixinaria dos Alpes suízos. É un animal de bo tamaño, de capa uniforme de 
cor marrón grisácea que varía de crara ata escura, un pouco máis crara arredor 
do fuciño e das patas. Ten o fuciño, a punta dos cornos e os pezuños negros. 
É unha vaca forte, resistente, pouco esixente, que se adapta facilmente ás 
condicións adversas, lonxeva e prolífica. Boa produtora de leite e carne. 
É a segunda vaca leiteira en importancia despois da Frisona, tivo moita 
importancia hai uns anos. Actualmente o seu número é máis reducido.
Outras razas que podemos atopar son a Flevik (antes Simmental, de orixe 
austríaca) e a Jersey (de Dinamarca). Ademais hai un bo número de 
diferentes cruces entre as distintas razas. 
CENSO VACÚN 
GALIZA 2012 
CACHENA 5.448 
CALDELÁ 1.614 
CONXUNTO MESTIZO 230.337 
FRIEIRESA 900 
FRISONA 520.609 
LIMIÁ 964 
RUBIA GALEGA 147.094 
VIANESA 2.650 
OUTRAS 23.717 
Total 933.333 
Flevik 
Nos últimos dous anos o 
número de vacas reduciuse 
drasticamente (case nun 50%)
xuvenca 
Xato 
OS NOMES DA VACA: 
Macho: boi e náis raramente touro. 
Macho reprodutor: boi, almallo, boi de 
posto. 
Femia: vaca 
Crías: segundo a idade e a zona: xato ou xata, 
pocho ou pocha, cuxo ou cuxa, becerro ou 
becerra. 
Femia nova: xuvenca 
Tradicionalmente as vacas duha casa teñen un 
nome propio xeralmente asociado á cor e ás 
formas: 
Aquelas nas que predomina a cor branca: 
“Palomas”. 
Ás de cor negra: “Mouras” 
Ás brancas e negras: “Pintas” 
Ás demais: “Roxas”, “Morenas”, “Marelas”, 
“Vermellas” ... 
Cando se formaban parellas de bois para o 
traballo procurábase que un fose de cor máis 
crara que o outro e normalmente 
chamábanse “Marelo” ao máis craro e 
“Vermello” ao máis escuro.
APARELLOS 
Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos 
que forman parte da historia e da cultura do noso país e que ao 
deixar de usar a estas como forza de traballo están a desaparecer: 
aparellos para traballar a terra (arados, grades, cavadoras, 
sementadoras...) para o transporte (carros), para conducir ao 
gando, para manexar o forraxe, para o leite... 
Buzos, bozos ou vetillos: 
Póñense no fuciño do gando 
cando están a traballar para 
que non coman e se 
entreteñan. Tamén se usa 
para as crías, para que non 
mamen. poden ser de vergas 
de castaño, de bimbias ou 
de rede metálica. 
Vetillos. Museo do Pobo Galego 
Narina. Aparello para suxeitar ás 
vacas polo fuciño (na monta...)
ARADOS 
Cambela: é un arado tradicional galego moi 
primitivo. Está feito aproveitado a camba natural 
dunha árbore á que se lle engadía unha rella de 
ferro. Usábase nas montañas do Cebreiro, 
Ancares e O Courel. 
Arado romano: é o arado tradicional máis 
común. Usouse desde a prehistoria ata a 
actualidade. Está construído en madeira agás a 
rella ou ferro que cobre o dente. 
Museo da Fonsagrada
Arado de volteo ou veso: está feito 
de ferro. A disposición asimétrica da 
súa rella fai que a terra, á vez que se 
abre, dea a volta, deixando sempre 
cara abaixo a parte superficial. 
O soliño usábase para xunguir os 
aparellos ao gando.
RASTRO ou GRADE: 
Estrutura de madeira ou ferro, xeralmente de 
forma rectangular, con dentes de ferro, que se 
usa para achanzar o terreo despois de labrado 
e romper os terróns. 
CANIZO: 
Estrutura rectangular feita de paus e varas ou 
bimbias entretecidas. Usábase para achanzar a 
terra. 
Museo Liste (Oseira)
PELADEIRA, CACHADEIRA 
PEQUENA OU ESCARPADEIRA: 
estrutura de ferro con ganchos 
rematados en dentes, que servían para 
abrir a codia da terra e desarraigar as 
herbas, e unhas rabelas para conducila. 
CAVADORA 
Formada por un marco de ferro 
no que van suxeitos diferentes 
tipos de sachos que desarraigan 
as malas herbas e achegan terra 
ás plantas para protexelas. 
An antigas eran de tracción 
animal.
SEMENTADORAS 
Distribúen en ringleiras sementes ou plantas. 
Abren a terra, depositan a semente e logo 
apretan a terra enriba. Teñen un depósito para 
a semente e un mecanismo que regula a súa 
caída.
CARROS 
Plataformas sobre rodas arrastrados por 
animais. Existen multitude de tipos de dúas ou 
catro rodas. Úsanse para transportar 
fertilizantes, aparellos e produtos. 
Para transportar produtos miúdos póñense uns 
adrais, e cando transporta obxectos moi 
voluminosos mantéñense entre os estadullos e 
átanse cun adibal. 
Actualmente están desaparecendo.
O CARRO DO PAÍS 
O carro galego é un carro de estrutura moi primitiva, de dúas rodas que forman un só 
corpo co eixo móbil, tirado por unha parella de animais, xeralmente bois ou vacas. 
Aínda que hai moitas variantes ao longo do país, en función, sobre todo, do terreo e dos 
costumes de cada zona, a estrutura segue unhas pautas comúns. 
Os carros da montaña son máis lixeiros que os das zonas baixas. Xaquín Lourenzo 
rexistrou perto de noventa variedades de rodas. 
Ata hai moi poucos anos o carro foi o principal medio de transporte da Galiza 
campesiña. A orixe do carro galego remóntase á prehistoria e mantivo a súa estrutura 
ata a actualidade con poucas variacións.
O carro está formado por dúas partes, O CHEDEIRO 
(plataforma) e o RODADO (conxunto de rodas e eixo). 
estadullos ou fungueiros 
CHEDEIRO 
chedas 
ladrás, adrais, ladraias, ou canizas. Na parte 
traseira pechábanse co recadén ou canizo. 
chavella (une o 
carro ao xugo). 
ampela, tufo ou turro 
lanza, cabezalla ou timón 
sollo ou 
soallo (piso) 
cadeas 
chumaceira, coucón 
ou coucillón (o 
rebaixe onde se asenta 
o eixo chámase zoca ou 
cantadeira). 
apeladoiras ou treitoiras 
tillas ou cuñas 
mildeiras, rilleiras ou sunchos camba 
eixo, encaixa entre as treitoiras por 
medio duns rebaixes, os luidoiros. 
escabo, galga ou ceo 
llanta 
mión ou milde 
O burato central da roda, na que penetra 
a ampela do eixo, chámase ulló.
O xugo é un complemento indispensable para a utilidade do carro. É a peza que une 
aos animais ao carro. En Galiza hai tres tipos diferentes con moitas variantes. Dous que 
xunguen aos animais polo pescozo (de canga) e un que xungue polos cornos (de 
molida). 
Xugo de cangallas 
É o máis común e atópase na 
provincia da Coruña, no norte e 
norleste da de Pontevedra e no oeste 
e norte da de Lugo. 
Xugo de bregueiros 
É típico do Sur da provincia de 
Pontevedra, centro da de Lugo 
(centro) e o Val do Miño en Ourense. 
Xugo de molidas 
É típico de gran parte da provincia de 
Ourense e da zona oriental de Lugo.
Curioso xugo mixto para xunguir 
polos cornos (vaca, boi) e polo 
pescozo (burro, mula, cabalo, ou 
animais novos cos cornos pouco 
desenvolvidos). 
Algúnhas variantes de xugos. 
Museo da Fonsagrada.
Nalgunhas zonas da costa usáronse 
carros de eixo fixo e un só animal 
que se xunguía entre as lanzas. 
Nos últimos tempos a algúns carros 
puxéronselle as rodas de goma.
Carro cos adrais de bimbias tecidas. Xuño. 
Carro coa estrutura do chedeiro e as 
rodas de ferro. Allariz. 
Carro coa estrutura típica da montaña: 
chedeiro e rodas lixeiros. O Cebreiro.
Recipientes para o leite 
Os recipientes tradicionais 
convertéronse en pezas de museo 
coa aparición dos novos materiais 
e dos equipos de refrixeración. 
Pucheiro 
Xerra de muxir. 
O Cebreiro 
A canada era un recipiente para recoller o 
leite na muxidura. Facíase de madeira ou 
latón para evitar que as vacas os 
romperan coas patas. Tamén se utilizaba 
como medida de capacidade (4 litros, a 
cuarta parte dunha ola) 
Canada da zona 
Oriental de Lugo 
(Museo do Pobo Galego). 
Ola ou cántara Leiteiras
O EQUIPO DE MUXIDURA 
Todas as granxas cun certo número de animais teñen instalados equipos de 
muxidura e tanques de frío. 
As instalación de muxidura deben ser doadas de limpar e desinfectar e deben 
estar lonxe de fontes de contaminación. O chan debe permitir o drenaxe dos 
líquidos e a eliminación dos refugos. Deberá ter unha boa ventilación e 
iluminación e abastecemento de auga potable. 
A máquina de muxir é un elemento que entra en contacto co ubre polo menos 
dúas veces ao día e debe garantir unhas medidas sanitarias mínimas xa que 
constitúe un dos elementos fundamentais de control das mamites.
A máquina de muxir extrae o leite dos tetos da vaca de xeito semellante a como o fan os 
cuxos, mediante succión para producir un baleiro. A máquina fai unha extracción 
intermitente (unhas 60 veces por minuto), permitindo así un descanso do teto á vez que lle 
da unha masaxe que evita a conxestión. 
Nas instalacións máis modernas a muxidura contrólase con equipos informáticos. Cada 
animal leva un colar que o conecta ao equipo. Este identifícao e rexistra a súa produción.
Aparellos para 
mazar o leite 
Empregábanse para 
facer leite mazado e 
manteiga. 
Moldes para o queixo
Neste momento en Galiza hai 9.908 explotacións leiteiras (novembro 2014) 
que producen o 40% do leite de todo o Estado Español, cun prezo por debaixo 
da media do resto das comunidades. As áreas con máis vacas de leite son as 
provincias da Coruña, Lugo, e o noreste da de Pontevedra. A cota de produción 
que ten asignaga pola Comunidade Europea é de 2.400.000 toneladas, aínda 
que a capacidade de produción está moi por enriba. Estas limitacións e os 
baixos prezos do leite están levando ao peche a moitas explotacións. 
A produción de carne é dunhas 88.000 toneladas ao ano, o 15% da produción 
do estado.
PRODUTOS GALEGOS DE CALIDADE 
-Queixos con 
Denominación de 
Orixe protexida: 
Cebreiro, San Simón, 
Arzúa-Ulloa e tetilla. 
-Indicación Xeográfica 
protexida: Tenreira 
Galega.
TRADICIÓN ORAL 
REFRÁNS 
•A vaca é ouro, o porco tesouro. 
•A vaca é ouro, o porco tesouro. 
•Vaca coa mosca, ninguén a munxe. 
•Becerro manso, mama á súa nai e a outras catro. 
•Xatiña brava, pouco mama. 
•Sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras. 
•Á vaca vela ir, ao boi velo vir. 
•De xatiña verás a vaquiña que terás. 
•A uns mórrenlle as vacas e a outros párenlle os bois. 
•A vaca que non come a cando os bois, ou comeu antes ou comerá despois.
LEITE 
•O que non muxe marela, non fai queixo nin manteiga. 
•Vaca de leite, pouco traballo. 
•Gando na corte, pouco leite e queixo forte. 
•Vaca leiteira non vai á feira. 
•O que merca boi por vaca, ao munxir se despotraca. 
•Vaca de moitos?, ben muxida e mal mantida. 
•Queres leite?, dille á vaca que cho deite. 
•A vaca do meu amo, cando non come trae o leite no rabo. 
•A vaca do vilán, se dá leite no inverno millor o dá no verán. 
•O leite e o viño fan do vello mociño. 
•Leite con viño fai ao vello, meniño. 
•Leite, mel e mosto tiran ao home pra mozo. 
•Cunca de leite por cunca de aceite. 
•Encol do leite, o viño ausente. 
•Non hai feitizo como o pantrigo i o leite macizo. 
•Nos meses que non teñan erre, nin peixe nin leite. 
•O leite sae do moxo e non do óso. 
•A vaca, canto máis se munxe máis grande ten o teto. 
•Vaca amoscada, leite que se perde. 
•Vaca estransillada (ou estrullada), nin bo leite, nin boa crianza. 
•Canto máis se munxe a vaca, máis remollo saca.
DITOS 
•Ter as vacas no millo. 
•Outra vaca vai no millo! 
•A paso de boi 
•Traballar coma a vaca do pobre 
•Ter lingua coma a vaca rabo 
•Se non é boi é vaca 
•Ter o leite nos beizos 
•Seica te lambeu a pucha? 
•Falar do xato e esquecer o trato 
•Andar como os bois no monte 
•Ser gando mal gardado 
•Atoparlle o teto á vaca 
•A onde irás boi que non labres 
•Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale 
•O que queira leite, que o munxa.
ADIVIÑAS (A vaca) 
Dúas torres altas, 
dous miradores, 
un espantamoscas 
e catro andadores. 
Catro pernas, 
catro fontes, 
un dalle-dalle 
e dous reviramontes 
Catro corremontes, 
catro cichafontes, 
un dalle-dalle 
e dous tus-tus. 
Catro na cama, 
catro na lama, 
dous que lle aguzan 
e un que lle abana 
Catro na cama, 
catro na lama, 
dous parafusos 
e un que lle abana 
Coroza para as vacas
CANTIGAS 
O que compra vaca cega 
pensando que sanará, 
Aínda as sans se volven cegos! 
E os cegos que farán? 
CRENZAS: 
-O leite muxido na véspera de San Xoán non se debe deixar para o día 
seguinte, porque veñen as meigas a lavar o traseiro nel. Para evitalo había que 
deixar en todas as fiestras e portas un ramo de herbas olorosas (que teñen a 
virtude de espantar as meigas). 
Recollidas nas montañas de Lugo: -Cando se muxían as vacas ao mencer 
poñíase unha cunca mirando ao nacente co primeiro leite recollido en ofrenda 
á Aurora. -Ao leite das vacas que pasaban por un lugar por onde corría a auga 
había que botarlle sal, se nón daban sangue no canto de leite.
A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu 
leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus 
fillos. No-nos pode dar máis. 
O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do 
amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a 
vaca é o amparo dos probes libres. 
Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos 
de belleza". 
A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o 
que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila. 
As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non 
comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre 
unha vaca 
Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades 
morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da 
Humanidade. 
O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará 
redimida. 
A vaca é o símbolo da paz. 
Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león 
rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre 
xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre 
xenealóxico dun aristócrata”. 
CASTELAO 
O PUCHO.- Agora xa sei por qué non 
me deixaban mamar a min.
A ovella 
En Galiza a gandería de ovellas cubriu escasamente as necesidades 
propias de la e coiros, e na actualidade so se ven rabaños de certa 
importancia nas zonas montañosas do sur de Lugo e Ourense. Nas 
demais zonas de montaña onde as había antigamente a 
repoboación forestal fíxoas desaparecer porque eliminou as zonas 
de pastoreo. 
Actualmente están censados arredor de 200.000 exemplares. 
En outras moitas zonas, nas casas labregas téñense unha ou dúas ovellas como 
gando menor ou gando dos rapaces. 
O común en Galiza é que os rabaños sexan mixtos, mestura de ovellas e cabras.
A ovella galega 
Ten un tamaño bastante variado. As das zonas baixas son máis grandes e as da 
montaña son máis pequenas. O seu peso varía entre 25 e 40 kg. É de cor 
branca, ben proporcionada, ten a cabeza pequena co perfil recto, as patas finas 
e os pezuños duros. Os machos teñen cornos. A súa la é de calidade media 
(entrefina) e cada ovella produce, segundo o seu tamaño, de 1 a 2 kg por ano. 
É un animal moi fértil e prolífico. É corrente que teña dúas crías e ás veces tres.
Carneiro (ovella galega) 
NOMES 
Macho: carneiro, perico 
Macho sen capar: marón 
Femia: ovella, perica 
Cría: neixente (recén nacida), año ou 
aña 
Un carneiro ou ovella ruín chámase 
ovello. 
ovella galega
Rabaño mixto de ovellas e vacas, unha das características da cría de ovellas 
nalgunhas zonas de Galiza.
Rabaño na Serra da Queixa, un dos poucos lugares de Galiza onde a cría de ovellas é un 
medio de vida. Aínda conservan o costume da veceira, un veciño da parroquia, por 
turno, leva o gando de todos ao monte.
En Galiza as ovellas xeralmente non se 
muxen, non se lles aproveita o leite e 
utilízanse na súa maior parte para carne e 
tamén se lle aproveita a la e a pel. 
Nalgúns lugares estase a facer queixo de 
ovella. 
Queixería do Rexo. Allariz. 
Festa do carneiro ao 
espeto. Moraña
TRADICIÓN ORAL 
REFRÁNS 
•Polo San Xoán rapa ao carneiro a lan. 
•A muller e a ovella, con día á cortella. 
•Queixo de ovella, leite de cabra e manteiga de vaca. 
DITOS 
•Meter as ovellas no curral. 
•Ser a nai do año. 
•Ovella que berra bocado que perde. 
•Ser manso coma un año. 
•Pouca la e polas silveiras 
•Ser máis carneirán cós carneiros. 
•Ser coma a peste dos pericos.
A cabra 
As cabras de Galiza pertenecen a varias razas. Críanse en pequenos 
grupos ou formando parte de rabaños mixtos coas ovellas ou coas 
vacas. Actualmente hai censadas arredor de 45.000 cabezas. 
As cabras ocupaban os terreos que non eran aproveitables por 
outras especies, atopándose os rabaños máis grandes nas zonas de 
alta montaña onde escaseaban os recursos. 
Os rabaños de cabras en Galiza sempre estiveron ligados ás zonas de montaña, 
onde se explotaban en “veceiras” (rabaños comunitarios).
Cabra Galega 
É a única raza caprina autóctona galega. 
É un animal rústico con gran capacidade de 
adaptación ás zonas que ocupa, onde 
aproveita uns pastos que dificilmente 
poderían manter a outros animais. Procede 
da Capra aegagrus con posibles influencias 
dun tronco máis antigo. Nos petroglifos 
galegos aparecen representacións de 
cabras. 
É unha cabra de tamaño medio, de 60 a 80 
cm de altura na cruz e 40 a 70 kg (os machos 
son os de maior tamaño). O pelo é curto de 
cor vermella. 
No século XVIII pasaba do 600.000 
exemplares. A raza conservouse nas zonas 
de montaña das provincias de Lugo (Os 
Ancares) e Ourense (Baixa Limia). A 
asociciación Capriga conta con cincuenta 
socios que tentan recuperar a raza.
NOMES 
Femia: cabra, cabuxa, chiva 
Macho: castrón, cabrón, chivo, bode. 
Crías: cabirtos, cabritos, cabuxos, xenas, 
cabuxiños.
ADIVIÑAS 
Que cousa, cousiña, será 
que, cando vai para o monte, 
mira para a casa 
e cando vai para a casa, 
mira para o monte. 
(OS CORNOS DA CABRA) 
DITOS 
•A cabra sempre tira ao monte. 
•Estar coma unha cabra. 
•Cabuxa tola, onde vai unha va 
todas.
O PORCO 
Cada ano prodúcense en Galiza arredor dun millón de exemplares 
destinados ao consumo directo e ao procesado en industrias 
cárnicas. Segue habendo porcos en moitas casas labregas, pero a 
maioría críanse en granxas. 
Os porcos galegos actuais pertencen ás mellores razas europeas 
(largue white, pietrain, landrace...) e consérvase unha raza 
autóctona, o porco celta, que crian arredor de 350 gandeiros. 
O porco é un animal 
común que se podía 
atopar en case todas as 
casas xa que era unha 
das bases da produción 
para autoconsumo.
O porco celta 
Ata comezos do século XX era a raza maioritaria en Galiza. Despois de estar a 
piques de desaparecer durante os anos oitenta, comezouse a recuperar a partir de 
1999, coa creación da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta 
(ASOPORCEL) para conservar o patrimonio xenético da raza e promover a súa cría 
e difusión. 
Está incluído no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como raza 
autóctona española de protección especial o en perigo de extinción polo Real 
Decreto 1682/1997. 
O tronco celta procede do cruce Sus Scrofa Ferus co subxénero Striatosus.
Os porcos celtas son animais de tamaño grande, austeros, rústicos e moi 
adaptados a súa explotación en réxime extensivo alimentándose de recursos 
naturais estacionais como landras, castañas e agromos vexetais dos bosques 
autóctonos galegos. 
O porco celta ten a cabeza 
grande, coas orellas grandes e 
caídas e o fuciño longo, lombo 
curvo e patas longas. Hai tres 
variedades dentro da raza: 
no norte de Galiza, pola zona de 
Bergantiños predomina o ecotipo 
Carballino que se caracterizan 
por manchas negras brillantes ou 
rubias. No sur aparece o ecotipo 
Santiagués, con dúas variedades, 
a Branca e a Barcina, con 
manchas negras contra o seu 
tercio posterior.
Large white: de orixe inglesa. Tiveron 
grande influencia na mellora das razas 
europeas. Son porcos de cor branca, 
gran tamaño, moi fértiles e de 
desenvolvemento rápido. Acadan os 90 
quilos aos 3 meses. As femias adultas 
poden pasar dos 300 quilos e os machos 
dos 400. 
Pietrain: de orixe belga, é moi apreciado 
pola abundancia da carne e a súa pouca 
graxa. Nalgúns sitios chámanlle porco 
de catro xamóns porque tamén ten 
moita carne nas patas de diante.
NOMES: 
Macho: porco, cocho 
Femia: porca, cocha 
Mediano: porco do cordel (4-6 meses) 
Pequeno: bacoriño, bacuriño, leitón, rancho, 
porquiño... 
Os bacoriños véndense destetados, a media cría 
(porcos do cordel) ou antes da ceba
O porco é un animal do que todo se aproveita. 
A carne pódese consumir fresca ou conservala de moitas maneiras: seca, 
salgada, embutida, conxelada,... Os porcos críanse para a obtención de carne 
coa que se elaboran numerosos produtos transformados (chourizos, 
salchichas, xamóns...) que son a base dunha importante industria 
agroalimentaria. 
Aprovéitase o sangue, a pel como coiro e ata os pelos para facer cepillos.
O LACÓN GALEGO está amparado por unha 
Indicación Xeográfica Protexida. 
Os lacóns son as extremidades dianteiras 
do porco cun peso entre os 3 e os 5,5 kg e 
un proceso de elaboración dun mínimo de 
30 días (salgado, lavado, asentamento e 
curado) de porcos de raza Celta, Large 
Wite, Landrace, Duroc e os seus cruces. 
A carne debe ser encarnada, coa graxa 
parcialmente infiltrada na masa muscular, 
o aroma suave e agradable. 
Chourizos, botelos e androllas son 
formas de conservar a carne do porco 
adubada e curada. O chourizo faise en 
toda Galiza. O botelo e a androlla fanse 
nas zonas da montaña. O botelo faise co 
pedro (a parte máis gorda do inestino) 
cun recheo de costela e peles. A androlla 
é semellante ao botelo, pero leva 
ademáis carne. 
O chourizo faise con carne picada 
adubada con pemento, loureiro, allo, 
viño e herbas. Nalgúns sitios fanse os 
chourizos ceboleiros.
A matanza do porco tiña, e segue a ter cando se fai de xeito tradicional, un 
aspecto festivo familiar. Normalmente colaboraban nela os viciños. 
Os produtos da matanza tradicional destinábanse na súa meirande parte a 
seren conservados como provisión de carne para todo o ano.
Nunha gran parte das casas 
galegas criábanse porcos para 
autoconsumo e nela contábase 
cos aparellos, intrumentos e 
recipientes para a matanza, 
procesado e conservación dos 
produtos. 
Debuxos de Xaquín Lourenzo
TRADICIÓN ORAL 
REFRÁNS: 
-Por San Simón e San Xudas, mata o teu 
porco e atesta as túas cubas. 
-No mes morto non saches o horto nin 
capes o porco. 
-O que bo porco queira matar, cedo ten 
que empezar a gastar. 
-O que queira ter bo entrecosto que cebe 
no agosto. 
-Outono a chegar, porco a cebar. 
-Mata ao teu porco e verás o teu corpo. 
-Polo San Martiño mata o teu porquiño. 
-O porco no maseiro non quere 
compañeiro. 
-A vaca é ouro e o porco tesouro. 
-Con millo no piorno e porco no 
salgadoiro non hai medo ao inverno 
anque veña chovedoiro.
DITOS: 
-Vai mamar na rolla (teta) de atrás. 
-A todo porquiño lle chega o seu San 
Martiño. 
-Ao peor porco a mellor landra. 
ADIVIÑAS: 
Churín, churín e churín, choraban 
caeu a torre e os churíns calaban 
(A PORCA E OS FILLOS) 
CANTARES: 
Maruxa se vas á feira 
mércame un porco rabelo, 
que se mo compras con rabo 
non me cabe no cortello.
GANDO CABALAR 
Está formado na súa maior parte por cabalos, aínda que se mantén unha 
pequena poboación de burros que ata hai pouco se usaron, en zonas 
minifundistas ou de dificil acceso, como animais de traballo agrícola.
O cabalo 
As testemuñas máis antigas da presenza do cabalo en Galiza 
atópanse nos petróglifos da Idade do Bronce. Crese que foi traído 
polos pobos celtas nos séculos VII e VI a.C. 
Co paso do tempo fóronse producindo mestizaxes e introducindo 
novas razas adaptadas a distintas funcións (carne, traballo 
agrícola, transporte...), pero unha parte permaneceu en estado 
de libertade nos nosos montes ata actualidade. 
Petróglifos en 
Campo Lameiro 
En 2.001 establecéronse 
os caracteres e creouse o 
libro xenealóxico da raza 
galega. 
Tamén se crían cabalos de 
puro sangue en varias 
localidades.
En xeral os cabalos galegos son de tipo primitivo; cabeza grande, alzada curta e 
ventre amplo. Son sobrios e resistentes, póden ser domados como animais de 
montura ou traballo, pero a maioría úsanse para producir carne que se vende 
para o exterior.
Cabalo galego 
Ten entre 120 e 140 cm de alzada, perfil recto ou subcóncavo, e a capa negra 
ou castaña cos extremos escuros e as crinas e rabo negros, con cerdas longas e 
abundantes. Ten orellas pequenas e pelo abundante, ás veces con barbela e 
mostachos. As patas son curtas, finas e fortes. O casco é escuro, pequeno e 
duro.
Garrano ou cabalo do monte 
Chamado tamén poni celta ou poni atlántico (Equus ferus atlanticus), un animal 
moi antigo. Nos montes galegos, en especial na Groba, o centro e norte de 
Galiza, consérvanse poboacións de cabalos salvaxes ou semisalvaxes, 
posiblemente unha das poucas que existen no mundo. Teñen unhas 
características que os diferencian dos cabalos domésticos pola súa adaptación á 
vida no monte en condicións duras: escasa alzada, corpo relativamente longo, 
extremidades fortes, cascos moi duros, orellas pequenas e fortes mostachos para 
protexerse dos toxos entre os que viven e dos que se alimentan. Teñen unha 
gran capacidade reprodutiva.
A marca é un sinal que se grava cun 
ferro quente na pel do cabalo para 
recoñecelo logo. Cada criador ten a súa 
marca diferente das demáis. Nalgúns 
lugares, ademaís, ou en vez da marca ao 
lume, faiselle un ou varios cortes nas 
orellas. 
O marcado de cabalos faise desde hai 
máis de 2.000 anos. 
En Galiza celébranse moitas festas nas que o 
cabalo é o protagonista onde as carreiras e outras 
exibicións forman parte do programa; e outras nas 
que intervén como elemento destacado.
En Galicia, onde os cabalos se crían en libertade, existe unha tradición convertida 
nalgúns lugares en festa: A RAPA DAS BESTAS. 
Nunha época determinada do ano, normalmente no verán, despois de que as 
égoas pariran, xúntanse nun recinto pechado (curro) os animais para recortarlles as 
crinas, marcar os novos e apartar algúns exemplares que se venden, se son novos 
para criar como animais de traballo ou para carne, e se son vellos só para carne. 
Amil (Moraña)
Sabucedo
Burro fariñeiro galego 
É un animal pequeno, un metro de media na cruz e de ata 200 kg. 
Ten a cabeza grande coas orellas longas. As patas son delgadas, con cascos 
pequenos, e o rabo longo e cun mechón na punta. 
O pelo no corpo é curto e suave, de cor torda (escura, case negra), co fuciño e o 
ventre brancos.
TRADICIÓN ORAL 
REFRÁNS: 
-Sinal é de boa besta a boa pata e a boa orella. 
-Por un cravo pérdese unha besta. 
-O ollo do amo engorda ao cabalo. 
-Ao home e ao cabalo non hai que apuralo. 
-Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán. 
-Besta mular, ou comer ou andar. 
-Besta que xeme á carga non teme. 
-O que ten besta e vai a pé, máis besta el é. 
-Besta parada non fai xornada. 
-Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo. 
-Líbrate de traseira de mula e de dianteira de burra. 
-Nin “arre” que fuxa nin “xo” que se deite.
DITOS: 
-Hai moitas burras do mesmo pelo. 
-Morto o burro cebada ao rabo. 
-O burro ao sol fai sombra. 
-Carne de burro non é transparente. 
-Ao pé do banco férrase a besta. 
-Ao cabalo regalado non se lle mira o dente 
-Patadas de burro non chegan ao ceo. 
CRENZAS: 
-Cando se deita o cabalo é que vai facer vento. 
-As ferraduras traen boa sorte. Para que fagan 
efecto cólganse coa abertura cara arriba para 
que a sorte non escape.
OS ALBARDEIROS 
Manufacturan o coiro, a tea de saco, o ferro e a madeira, para fabricaren 
albardas, selas, estribos, alforxas e todo tipo de aditamentos para as 
cabalerías.
OS FERRADORES 
Son ferreiros especializados. As ferraduras encárganllas aos ferreiros ou 
mércanas, aínda alguns fannas eles mesmos. Empregan unha pequena zafra ou 
bigornia e unha ferramenta sinxela para ferrar as cabalerías e poñer canelos ao 
vacún. 
APARELLOS DOS 
FERRADORES 
DEBUXO DE XAQUÍN 
LOURENZO: 
1-puxavante 
2-cravo 
3-martelo 
4-derrematador 
5-escofina 
6-tanaza do casco 
5-tanaza dos cravos 
8-bigornia 
9-coitela 
10-ferradura 
11-canelo para as 
vacas e bois 
Vitrina no Museo do pobo Galego
Antigo 
carro 
tirado por 
un cabalo 
As rastras ou corzas eran 
aparellos de arrastre de 
estrutura variable tirados por 
animais. 
Debuxo de Xaquín Lourenzo
O gando 
REFRÁNS 
•Familia a que Deus dé, e gando o que se poida manter. 
•San Fernando (maio), pulgas á xente e moscas ao gando. 
•Nas tardes de marzo recolle o teu gando. 
•Festa na aldea, o gando se ensea. 
•Ao rico empréñalle a besta (ou a porca) e máis a vaca; e ao probe a muller e a 
gata. 
•Sol e boa herba fan o bo gando, non o pegureiro sonado. 
•Queixo de ovella, leite de cabra e manteiga de vaca. 
CANTIGA 
San Antoniño garda o gando, 
San Xoán garda as ovellas, 
Santa Lucía as costureiras 
que andan polas casas alleas.
COELLO 
Críase fundamentalmente para o aproveitamento de carne. En Galiza 
eran animais correntes nas casas do campo. Vivían en pequenas 
cortes pechadas ou en xaulas e moitas veces eran os rapaces os 
encargados de coidalos. Case desapareceron como animais 
domésticos coa chegada da peste dos coellos (mixomatose). 
A maior parte dos coellos que hai na actualidade críanse en granxas.
AVICULTURA 
En Galiza hai unhas mil granxas con capacidade para producir uns 
22 millóns de polos, galiñas para carne poñedoras; 72 granxas 
que crían pavos e 7 que producen patos. Ademais hai granxas de 
cría de paspallás, faisáns e perdices destinadas á repoboación 
para a caza.
Nalgunhas casas críanse tamén 
mesturados coas galiñas algúns 
patos e pavos. 
As pombas eran máis numerosas 
nas grandes casas de campo onde 
tiñan construccións específicas, os 
pombeiros. Aproveitanselle os 
pichóns como carne.
Galiña 
Críase para carne e ovos. A gran maioría pertencen á cría industrial que 
comezou arredor de 1960 introducida por empresas norteamericanas. 
En moitoas casas de campo críanse pequenos grupos de galiñas. 
Todas as galiñas de granxa pertenecen a razas seleccionadas (poñedoras ou 
produtoras de carne). Os grupos que se conservan nas casas de campo adoitan 
ser de varias razas e maioritariamente cruces entre elas.
Galiña de Mos 
É unha raza autóctona galega, unha das 
máis antigas da Península Ibérica. 
O nome da raza débese á parroquia de San 
Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo), xa que 
foi nesta zona onde se comezou o proceso 
de selección para a recuperación da raza 
orixinal que estaba en perigo de 
desaparecer. En 1935, coa creación da 
Estación Pecuaria Rexional de Lugo, o 
veterinario Blas Martínez Inda iniciou o 
traballo de recuperación publicando ese 
mesmo ano o primeiro patrón da raza. En 
1942 o veterinario Juan Rof Codina 
estudou e promocionou a galiña de Mos. 
Na década de 1960 coa aparición das 
explotacións instensivas estivo a piques de 
desaparecer de novo e a partir do ano 
2000 comezou de novo a recuperación da 
raza.
A ggaliña de Mos é unha raza robusta, de cor castaña crara e crista en piña ou 
chícharo. O peso dos galos acada ata 4 quilos mentres que o das galiñas chega aos 
3 quilos. Adáptase con facilidade a condicións climatolóxicas adversas. É boa 
produtora de carne e moi boa nai. É a raza que cría os capóns de Vilalba.
Nalgúns lugares de Galicia críanse os capóns, polos machos capados que reciben unha 
alimentación e un coidado especial e son moi apreciados para as festas. Como di o refrán 
“Capón de oito meses, comida para mesa de reises”. 
Uns cuarenta días antes de matalos, son encerrados nas capoeiras, pequenas gaiolas 
onde apenas poden moverse, que normalmente están dentro das casas, ao pé das 
lareiras, para que estén quentes. Durante este tempo son “embicadados”, obrigados a 
comer unha pasta de millo triturado mollada en viño branco ou en leite, para que collan 
graxa. 
En Vilalba (Lugo) celébrase 
todos os anos, en datas 
próximas ao Nadal, a feira 
dos capóns.
TRADICIÓN ORAL 
REFRÁNS: 
-Gran a gran, a galiña fai o papo. 
-Ave de pico non pon ao seu amo rico. 
-O polo de xaneiro polo San Xoán está comedeiro. 
-O polo de xaneiro vale carneiro. 
-A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro. 
-Maio tolo, nin bo gato nin bo polo. 
-A galiña vella fai o mellor caldo. 
-Caldo de galiña, para o enfermo a mellor mediciña. 
-Por Santa Mariña deita a túa galiña. 
-Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo. 
-Ovos fritos non dan pitos. 
-Polo San Antón a galiña pon.
DITOS: 
-Cando mexen as galiñas. 
-Ser un galo 
-Ser un galiña 
-Deitarse coas (ou canda) galiñas. 
-Porse a carne de galiña. 
CANTARES: 
Miña nai e mais a túa 
quedan no río berrando (ou na eira…) 
por culpa dunha galiña 
que ten amores co galo. 
Unha vella no corral 
cun peido matou a un polo, 
e se non llos quitan de adiante 
mata galiñas e todo.
ADIVIÑAS: 
-Unha señora moi enseñoreada, chea de remendos e sen unha puntada (A GALIÑA) 
-Érguese á mañanciña, déitase ao anoitecer, tatarexa cando fala e da cousas de 
comer (A GALIÑA) . 
-Cocorico ten pés, cú e bico, e os fillos de cocorico non teñen pés, nin cú, nin bico 
(A GALIÑA E OS OVOS) 
-Alto, alteiro, gran cabaleiro, gorro lucido e espora de aceiro (O GALO) 
-Unha caixiña redonda, branca coma o azahar, ábrese moi facilmente e non se 
pode pechar (O OVO). 
-Branco coma o cal, todos o saben abrir, ninguén o sabe pechar (O OVO). 
-Unha casiña branca, sen porta nin tranca (O OVO).
APICULTURA 
A abellas críanse para aproveitarlles o mel e a cera. 
A mediados do século XVIII había en Galiza máis de catrocentas mil 
colmeas. A súa cría tivo un gran baixón coa chegada dos azucres e 
da corrente eléctrica. Nestes momentos está experimentando un 
incremento pola valoración do mel como alimento natural.
O mel de Galiza está amparado como Indicación Xeográfica Protexida. 
Galiza está á cabeza de Estado en produción de mel con denominación de orixe. 
Hai uns 3.500 apicultores que producen máis de 500 toneladas de mel ao ano. 
Prodúcense diferentes tipos de mel: multifloral ou monofloral de castiñeiro, 
eucalipto, silva ou queiroga.
Colmeas 
Estructuras de madeira (prismáticas 
ou cilíndricas) ou de cortiza (trobos, 
cortizas ou cortizos) onde se crían as 
abellas. Poden estar instaladas na 
horta, na eira, debaixo do hórreo, no 
corredor da casa ou no monte. 
Debuxos de Xaquín Lourenzo
TRADICIÓN ORAL 
REFRÁN 
-Se queres sacar mel, castra polo San Miguel. 
ADIVIÑA 
Moitas monxas 
nun convento, 
visitan as frores 
e fan dóces dentro. 
(As abellas)
CONSTRUCIÓNS PARA 
O GANDO E A FACENDA 
Restos dos chozos de verán de Queguas (Entrimo)
Cabanas, chozos, chivanas 
Refuxios temporais para os pastores. Usábanse pemanentemente nos meses 
de verán e o resto do ano en ocasións. Son típicas das zonas de pastoreo libre. 
Son construcións moi sinxelas feitas cos materiais da zona (pedra, madeira, 
palla) que se situaban illadas ou en grupos arredor do curro onde se gardaba o 
gando. Nalgúns casos aproveitaban abrigos naturais. 
Refuxio en Cabo Udra Chivana no Xurés
Chozos 
no Suído
Curros 
Construcións circulares ou de planta irregular con muros altos de pedra e unha 
entrada por onde se mete o gando. Na actualidade fanse con madeira ou 
estruturas metálicas. Úsanse para xuntar o gando para marcalo, separalo antes de 
vendelo... 
Os curros están formados por varios recintos: un amplo no que se xunta todo o 
gando e outros máis pequenos ao carón nos que se encerra o gando que se vai 
marcar ou vender. 
Curro de Racamonde no Forgoselo.
Cortes 
Espazos para o gando que se ten na casa. 
Poden formar parte do mesmo edificio que a vivenda, na planta baixa a carón 
da adega ou da cociña, ou estar separados. Cando se tiñan animais distintos 
facíanse divisións con táboas ou paus para separar as vacas, as bestas, as 
ovellas ou cabras ou os porcos. As ovellas e cabras e os porcos podían ter un 
espazo independiente (cortello, cortella).
As instalacións modernas deséñanse tendo en conta as condicións necesarias para facilitar 
unha boa hixiene e salubridade (boa ventilación e limpeza doada) e espazo suficiente para o 
desenvolvemento e o correcto manexo dos animais.
Galiñeiros 
Pequenas construcións pechadas e telladas habilitadas con pousadoiros 
(poleiros) e niños. Úsanse para gardar as galiñas pola noite. Ás veces 
complétanse cun recinto valado.
Alvarizas, abellarizas, albizas ou cortíns. 
Recintos de forma circular ou oval pechados por un valado de pedra. Úsanse 
para protexer os colmeares das inclemencias do tempo, dos animais e das 
persoas. 
Serra do Xurés 
Os Ancares
Entrada para as abella na 
parede dun alboio. 
Pasarela (Vimianzo)
Pombais 
Construcións para a cría de pombas. Poden ser sinxelos caixóns de madeira 
con troneiras que se poñen nas paredes dos hórreos, dos alpendres... ou 
construcións de pedra moi elaboradas, xeralmente asociadas a casas 
señoriais.
Palleiras, palleiros ou secadeiros 
Son construcións destinadas a almacenar a palla e a herba seca. Instálanse 
xeralmente achegadas ás cortes do gando en lugares ben aireados e sen 
humidade. Para garantir a circulación do aire as paredes están construídas con 
algún sistema de aireación: táboas separadas entre sí, ocos...
Silos 
Construcións para almacenar forraxe compactado.
Feiras e mercados 
Construcións e recintos temporais ou permanentes destinados á realización de 
transaccións comerciais. 
A maioría eran pendellos coa parte frontal aberta e con mostradores ou 
bancos para expoñer as mercadorías. Podían estar cubertos ou descubertos. 
As actuais son grandes naves dotadas de todos os servizos: postos de venta, 
recintos para os animais, oficinas, auga, almacéns... 
Construccións da feira do Páramo
O comercio de animais realízase en lugares especialmente axeitados: 
as feiras de gando. As feiras celébranse en moitos lugares de Galiza e 
nelas, ademais do gando, tamén se mercan e venden outros produtos 
relacionados co campo e a casa. 
Santiago Monterroso 
Silleda
A carón da gandería creáronse e desenvolvéronse nas propias casas, 
e en pequenos obradoiros, actividades de transformación dos 
produtos: elaboración de queixos, manteiga, embutidos, curtido e 
elaboración de obxectos de coiro, fiado e tecido de la, traballos en 
cera... Na actualidade aínda conviven coas modernas industrias 
empresas de carácter familiar e obradoiros tradicionais.
Museo do coiro. Allariz 
O curtido de peles foi unha actividade 
importante en Galiza ata a aparicións das 
industria modernas. Os obradoiros 
tradicionais desapareceron e algúns 
convertéronse en museos.
En tempos máis recentes foron xurdindo as empresas industriais que 
recolleron a riqueza e a variedade dos valores tradicionais e 
incorporaron á produción as máis modernas técnicas de elaboración 
e comercialización. As máis representativas son as lácteas, as 
cárnicas e as de alimentación animal. 
As industrias agroalimentarias teñen carácter estratéxico para Galiza 
porque constitúen un elemento clave para desenvolver o sector 
agrario e gandeiro.
MONTAXE E TEXTOS: Adela leiro, Mon Daporta 
FOTOS: Adela leiro, Mon Daporta, Juan Maceira, Lucía Leiro 
Novembro 2014

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (7)

Vaca
VacaVaca
Vaca
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 

Destacado

Guía para familias cuidadoras.
Guía para familias cuidadoras.Guía para familias cuidadoras.
Guía para familias cuidadoras.
José María
 
4 raices y pioneros del coaching
4 raices y pioneros del coaching4 raices y pioneros del coaching
4 raices y pioneros del coaching
Startcoaching
 
Registro de transacciones diarias abril
Registro de transacciones diarias abrilRegistro de transacciones diarias abril
Registro de transacciones diarias abril
Suheil81
 
Make Beliefs Comix
Make   Beliefs  ComixMake   Beliefs  Comix
Make Beliefs Comix
Stephanie
 

Destacado (20)

Jak najlepiej wykorzystać siłę HRS Deals?
Jak najlepiej wykorzystać siłę HRS Deals?Jak najlepiej wykorzystać siłę HRS Deals?
Jak najlepiej wykorzystać siłę HRS Deals?
 
Románico pintura
Románico pinturaRománico pintura
Románico pintura
 
Synchronized Channel Marketing
Synchronized Channel MarketingSynchronized Channel Marketing
Synchronized Channel Marketing
 
Distributed Mobile Graphics for Windows 10 Mobile
Distributed Mobile Graphics for Windows 10 MobileDistributed Mobile Graphics for Windows 10 Mobile
Distributed Mobile Graphics for Windows 10 Mobile
 
Charla
CharlaCharla
Charla
 
Guía para familias cuidadoras.
Guía para familias cuidadoras.Guía para familias cuidadoras.
Guía para familias cuidadoras.
 
Manual BPM Sala de Elaboración de Alimentos CAPEC - DT Paola Bulchi
Manual BPM Sala de Elaboración de Alimentos CAPEC - DT Paola BulchiManual BPM Sala de Elaboración de Alimentos CAPEC - DT Paola Bulchi
Manual BPM Sala de Elaboración de Alimentos CAPEC - DT Paola Bulchi
 
Communic8 Case Studies
Communic8 Case StudiesCommunic8 Case Studies
Communic8 Case Studies
 
4 raices y pioneros del coaching
4 raices y pioneros del coaching4 raices y pioneros del coaching
4 raices y pioneros del coaching
 
Secuencia Desarrollo de Propuestas Educativas Historia II Pedrueza A
Secuencia Desarrollo de Propuestas Educativas Historia II Pedrueza ASecuencia Desarrollo de Propuestas Educativas Historia II Pedrueza A
Secuencia Desarrollo de Propuestas Educativas Historia II Pedrueza A
 
Consultoría, Ingeniería y Desarrollo Profesional
Consultoría, Ingeniería y Desarrollo Profesional Consultoría, Ingeniería y Desarrollo Profesional
Consultoría, Ingeniería y Desarrollo Profesional
 
Registro de transacciones diarias abril
Registro de transacciones diarias abrilRegistro de transacciones diarias abril
Registro de transacciones diarias abril
 
SASF Sodalia Adaptive Service Fulfilment Ginevra 1999
SASF Sodalia Adaptive Service Fulfilment  Ginevra 1999SASF Sodalia Adaptive Service Fulfilment  Ginevra 1999
SASF Sodalia Adaptive Service Fulfilment Ginevra 1999
 
Carteles de animación a la lectura
Carteles de animación a la lecturaCarteles de animación a la lectura
Carteles de animación a la lectura
 
Make Beliefs Comix
Make   Beliefs  ComixMake   Beliefs  Comix
Make Beliefs Comix
 
PCC i MACA. Què fer amb aquests pacients?
PCC i MACA. Què fer amb aquests pacients?PCC i MACA. Què fer amb aquests pacients?
PCC i MACA. Què fer amb aquests pacients?
 
Dieta saludable
Dieta saludableDieta saludable
Dieta saludable
 
mortalidad materna brasil introduccion_lozano_120210_ihme
mortalidad materna brasil introduccion_lozano_120210_ihmemortalidad materna brasil introduccion_lozano_120210_ihme
mortalidad materna brasil introduccion_lozano_120210_ihme
 
Texto Técnicas de estudio
Texto Técnicas de estudioTexto Técnicas de estudio
Texto Técnicas de estudio
 
Präsentation von Ernst Mäder zur Bilanzmedienkonferenz der Suva 2016
Präsentation von Ernst Mäder zur Bilanzmedienkonferenz der Suva 2016 Präsentation von Ernst Mäder zur Bilanzmedienkonferenz der Suva 2016
Präsentation von Ernst Mäder zur Bilanzmedienkonferenz der Suva 2016
 

Similar a A gandería en Galiza

Sector gandeiro e forestal
Sector gandeiro e forestalSector gandeiro e forestal
Sector gandeiro e forestal
Carlosbabilon
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
pilarfzx
 
A agricultura en Galiza
A agricultura en GalizaA agricultura en Galiza
A agricultura en Galiza
monadela
 
Chiquilin eume y jamón
Chiquilin eume y jamónChiquilin eume y jamón
Chiquilin eume y jamón
ceipdeandrade4
 
XEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioXEO2-Sector primario
XEO2-Sector primario
aialo1
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Rosacidgalante
 
Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)
monadela
 

Similar a A gandería en Galiza (20)

Sector gandeiro e forestal
Sector gandeiro e forestalSector gandeiro e forestal
Sector gandeiro e forestal
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
 
Animais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAnimais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en Galicia
 
Serra da groba
Serra da grobaSerra da groba
Serra da groba
 
Os osos pardo
Os osos pardoOs osos pardo
Os osos pardo
 
A agricultura en Galiza
A agricultura en GalizaA agricultura en Galiza
A agricultura en Galiza
 
Tarefa4 luis perezprados
Tarefa4 luis perezpradosTarefa4 luis perezprados
Tarefa4 luis perezprados
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
As economías de España e Galicia
As economías de España e GaliciaAs economías de España e Galicia
As economías de España e Galicia
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galicia
 
O burro
O burroO burro
O burro
 
O noso porco celta
O noso porco celtaO noso porco celta
O noso porco celta
 
O noso porco celta
O noso porco celtaO noso porco celta
O noso porco celta
 
Chiquilin eume y jamón
Chiquilin eume y jamónChiquilin eume y jamón
Chiquilin eume y jamón
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
XEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioXEO2-Sector primario
XEO2-Sector primario
 
A alpaca
A alpacaA alpaca
A alpaca
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
 
Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)
 
O millo
O milloO millo
O millo
 

Más de monadela

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

A gandería en Galiza

  • 1.
  • 2. A gandería é un pear fundamental da actividade agraria galega e o principal valor produtivo. Nesta actividade conviven dous tipos de explotacións, as de tipo industrial (vacún, porcino e avícola), cunha rentabilidade dependente dos mercados, e os produtores de pequena dimensión e dedicación multifuncional, a tempo parcial, que comercializan a súas producións nos mercados locais. Hai ademais unha importante produción para autoconsumo.
  • 3. Galiza ten boas condicións para a produción de pastos e forraxes, especialmente para o gando vacún. Tradicionalmente, a gandería coexistiu coa agricultura en case todas as explotacións. A partir da década de 1960 foise producindo unha especialización e modernización, centrada sobre todo no gando bovino, no porcino, a avicultura, e, máis recentemente, a cunicultura, a cría de visóns e outras especies de pel, avestruces, paspallás, caracois e búfalos... A modernización trouxo aparellado o abandono e a substitución das razas autóctonas por outras alleas de produción especializada.
  • 4. Tradicionalmente chámaselle gando aos bóvidos e facenda ao gando miúdo (ovellas, cabras...). Nalgunhas zonas chámase facenda ao conxunto dos animais produtivos.
  • 5. Os produtos gandeiros máis destacados son o leite, a carne (ave, porco, vacún, en orde de volume), os ovos e unha forte exportación de reses bovinas para recría. Este sector é ademais a base dunha importante industria agroalimentaria: leite e derivados, cárnicas, pensos...
  • 6. Zona litoral ou baixa: abondan as aves de curral, os porcos, os coellos e as pombas. Hai pouca cantidade de gando ovino e bovino. Zona de media montaña: alto número de gando bovino. Conta con prados naturais, pastos e arboreda. Zona de montaña árida: pequenos rabaños de cabalos, ovellas e cabras que aproveitan o pasto dos montes. Pouca cantidade de bovino. Alta montaña: zonas de pastos ocasionais (ao desaparecer as neves) para o gando vacún e lanar.
  • 7. EXPLOTACIÓNS TRADICIONAIS Son as máis abundantes. Nelas coexisten diversas especies: un número variable de vacas (ata 10), dous ou tres porcos, galiñas... Manteñen a dependencia da agricultura cunha tendencia cada vez maior á produción de forraxes. Teñen baixa rendabilidade e unha parte dos produtos son para autoconsumo. Comercializan os excedentes (leite, ovos, crías) e algún produto elaborado (queixos, embutidos). GRANXAS MODERNAS Están especializadas nunha única especie de gando de razas seleccionadas. Están mecanizadas e orientadas a un maior rendemento económico. As de cría intensiva usan case exclusivamente pensos compostos.
  • 8. GANDERÍA INTENSIVA Lévase a cabo en espazos pechados (cortes) e os animais aliméntanse con forraxes e pensos. Precisa de moitas inversión en alimentos, instalacións e tecnoloxía. GANDERÍA EXTENSIVA: practícase en grandes extensións de terreo e o gando aliméntase de pasto natural.
  • 9. Nos pastos comunais de montaña facíase o pastoreo por quendas diarias (veceira). No coidado do gando participaban todos os propietarios: o que estaba co gando muxíao e baixaba co leite e o que subía levaba feixes de herba e outros materiais.
  • 11. Segundo o Catrastro de Ensenada, a mediados do século XVIII en Galiza había aproximadamente 4.250.000 animais, dos que máis da metade eran ovellas, case un millón vacas, unhas 630.000 cabras, 600.000 porcos e uns 120.000 cabalos, mulos e burros. O sector gandeiro, en especial o lácteo, está a sofrir, desde a entrada de España na Comunidade Europea, unha forte reestructuración para adaptarse á normativa e facer fronte á competencia dos outros países. PRINCIPAIS ESPECIES GANDEIRAS (2013) VACAS 534.968 PORCOS 1.070.971 OVELLAS 201.787 CABRAS 45.161
  • 12. RAZAS GANDEIRAS AUTÓCTONAS Galicia conta desde tempos remotos cunha variada riqueza de razas gandeiras adaptadas ás condicións ambientais do noso medio que constitúen ademais un patrimonio histórico e cultural da nosa comunidade, onde ademais de axudar na xestión do territorio e na modelaxe das distintas paisaxes da nosa terra serven como exemplo de gandería sostible. Moitas estiveron en perigo de extinción e nos últimos anos estase a facer un importante traballo para a súa conservación e recuperación. A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), constituída en 2001, agrupa a criadores de razas de vacún (limiá, caldelá, vianesa, frieiresa e cachena), ovella e cabra galega e galiña de Mos. Ademais existen agrupacións de criadores de vaca rubia galega, porco celta e cabalo galego.
  • 13. A especie dominante é a vaca que se emprega para producir leite e carne. Granxa de Búfalas en Boqueixón. Hai uns anos instaláronse varias granxas para a cría de búfalos como produtores de leite e carne. Na actualidade quedan uns poucos exemplares en Zas.
  • 14. Nun comezo a función principal do gando vacún nas explotacións agrarias era o traballo. A mecanización do campo fixo reducir drasticamente o número de vacas, que case chegaron a desaparecer nalgunhas zonas, aínda que a cantidade xeral mantense pola concentración de cabezas nas áreas gandeiras onde se especializaron na produción de carne e leite. Tradicionalmente en Galiza as vacas máis comúns eran as do país (rubias e morenas). A partir de comezos do século XX introducíronse a Frisona e a Pardo Alpina e outras en menor cantidade. Ata hai moi pouco tempo a vaca era a principal fonte de riqueza e a forza de traballo máis importante do agro. O escultor Francisco Asorey representouno nesta obra que titulou “O tesouro” (1924).
  • 15. RAZAS GALEGAS Rubia ou vaca do país É a máis común das razas autóctonas de Galiza e máis numerosa da Península Ibérica. Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg. As femias son algo máis pequenas. Ten a pel fina e crara, coas zonas espidas de cor rosada, e o pelo curto de cor uniforme rubia vermella que pode variar dende moi craro, sen chegar a branco, ata vermello escuro sen facerse pardo. Os machos enteiros teñen os cornos curtos e horizontais, e as femias e os bois (machos capados) téñenos máis longos, case horizontais ao principio, abertos, e logo dirixidos cara adiante, arriba e atrás. Os machos son adultos a partir dos 18 meses. As femias comezan a criar aos tres anos e poden ter 15 partos durante a súa vida que é duns 20 anos de media. Os xatos nacen con 35 a 40 quilos de peso e maman durante 90 a 100 días, aínda que xeralmente destétanse antes. A “SUPREMA DE TENREIRA GALEGA” mama ata que se vende con 7-8 meses.
  • 16. A rubia é unha raza de aptitude triple que se usa para producir carne e leite, e como animal de traballo. A mecanización do agro case as fixo desaparecer como forza de traballo e a introdución das razas de vacas leiteiras de alta produtividade tamén a está apartando da produción de leite, aínda que a súa produción media é de máis de 2.500 litros ao ano. Na actualidade críase case exclusivamente para producir carne, pola súa calidade e o bo rendemento (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada día). Atópase por toda Galiza e tamén nas zonas próximas de León, Zamora e Norte de Portugal. Nalgunhas serras hai mandas en estado semisilvestre.
  • 17. As rubias de tono escuro chámanse Vermellas e as craras Marelas. Existe unha asociación de criadores e un centro técnico para a protección e o desenvolvemento da rubia galega que se adican ao seu control e á súa mellora.
  • 18. RAZAS MORENAS En Galiza existen cinco razas de vacas morenas autóctonas (morenas do Noroeste) que están en risco de desaparecer. Son vacas resistentes e rústicas que aproveitan os pastos pobres, e boas para a cría. A conservación e recuperación destas razas é fundamental para manter o patrimonio xenético e a biodiversidade, para aproveitar o potencial gandeiro de comarcas rurais de baixo rendemento, co que tamén se contribúe a manter a poboación nas zonas de montaña e axuda a fixar a poboación ao medio. En Fontefiz (Ourense) hai un CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS que depende da Xunta de Galiza onde se traballa na conservación e recuperación de Razas Autóctonas nun programa con familias colaboradoras para introducir exemplares no seu hábitat natural a través da cesión gratuíta de reses aos gandeiros. No centro de recuperación consérvase semen e embrións.
  • 19. Caldelá De cor escura cunha liña máis crara ou algo vermella polo lombo e co fuciño case branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, orellas de tamaño mediano, horizontais e con abundante pelo de cor crara. Son de temperamento tranquilo, moi aptas para o traballo (especialmente os bois domados) e para a produción de carne. Atópase nas Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, Maceda,...) e sur de Lugo
  • 20. Vianesa: De cor castaña, case negra nos machos, co fuciño craro. A cabeza é pequena cos cornos en gancho, curto nos machos e máis separados nas femias, as orellas grandes e peludas. Moi adaptada á montaña, boa produtora de leite e apta para o traballo. Atópase en Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso... Existen distintas variantes dentro da raza en tamaños e aptitudes, que dependen das zonas nas que viven (as da montaña son máis pequenas), do tipo de alimentación que reciben e da selección que se vai facendo.
  • 21. Limiá De tamaño grande, cor castaña co fuciño máis craro. A cabeza é mediana, cos cornos en gancho, curtos nos machos e máis longos nas femias, e as orellas grandes e peludas. É boa para producir leite e carne e para o traballo. É a raza autóctona máis escasa. Atópase en Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...
  • 22. Frieiresa De cor castaña lavada, máis escura nos machos, co pelo longo na testa, cabeza pequena e corta, frente e fuciño anchos e cornos longos. Moi mansa e apta para o traballo e a produción de carne. Atópase na comarca da Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, Monterrei...
  • 23. Cachena ou pisca: É a raza máis pequena de Galiza. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as femias 1,20 m e non pasan dos 300 kg. De proporcións moi armónicas, de cor castaña crara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cunha perrera na testa, e orellas e rabo con pelo abundante. A cabeza é pequena, de perfil cóncavo, cos ollos oblícuos e os cornos grandes en forma de lira alta. Son boas produtoras de leite e carne, paren ben e son moi aptas para o traballo en medios difíciles. Atópase na serra do Xurés, (en Entrimo, Lobios, Padrenda...).
  • 24. Frisona É a vaca leiteira máis común en Galiza (é a vaca máis abundante) onde se crían frisonas de moi boa calidade. É de orixe holandés, é unha das máis extendidas en todo o mundo. Intruduciuse en Galiza a comezos do século XX, e xeralizouse a partir dos anos 50. As primeiras reprodutoras importáronse de Holanda e despois de Canadá e Alemania. É de cor branca con manchas negras ou vermellas irregulares repartidas por todo o corpo agás polo abdome. As femias poden acadar 1,50 de altura e pesar 700 kg. Os machos 1,70 e 1.100 kg. A media de produción das frisonas galegas é de aprox 7.051 l/ano, aínda que algunhas chegan a producir máis de 20.000 litros.
  • 25. Parda alpina É orixinaria dos Alpes suízos. É un animal de bo tamaño, de capa uniforme de cor marrón grisácea que varía de crara ata escura, un pouco máis crara arredor do fuciño e das patas. Ten o fuciño, a punta dos cornos e os pezuños negros. É unha vaca forte, resistente, pouco esixente, que se adapta facilmente ás condicións adversas, lonxeva e prolífica. Boa produtora de leite e carne. É a segunda vaca leiteira en importancia despois da Frisona, tivo moita importancia hai uns anos. Actualmente o seu número é máis reducido.
  • 26. Outras razas que podemos atopar son a Flevik (antes Simmental, de orixe austríaca) e a Jersey (de Dinamarca). Ademais hai un bo número de diferentes cruces entre as distintas razas. CENSO VACÚN GALIZA 2012 CACHENA 5.448 CALDELÁ 1.614 CONXUNTO MESTIZO 230.337 FRIEIRESA 900 FRISONA 520.609 LIMIÁ 964 RUBIA GALEGA 147.094 VIANESA 2.650 OUTRAS 23.717 Total 933.333 Flevik Nos últimos dous anos o número de vacas reduciuse drasticamente (case nun 50%)
  • 27. xuvenca Xato OS NOMES DA VACA: Macho: boi e náis raramente touro. Macho reprodutor: boi, almallo, boi de posto. Femia: vaca Crías: segundo a idade e a zona: xato ou xata, pocho ou pocha, cuxo ou cuxa, becerro ou becerra. Femia nova: xuvenca Tradicionalmente as vacas duha casa teñen un nome propio xeralmente asociado á cor e ás formas: Aquelas nas que predomina a cor branca: “Palomas”. Ás de cor negra: “Mouras” Ás brancas e negras: “Pintas” Ás demais: “Roxas”, “Morenas”, “Marelas”, “Vermellas” ... Cando se formaban parellas de bois para o traballo procurábase que un fose de cor máis crara que o outro e normalmente chamábanse “Marelo” ao máis craro e “Vermello” ao máis escuro.
  • 28. APARELLOS Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da historia e da cultura do noso país e que ao deixar de usar a estas como forza de traballo están a desaparecer: aparellos para traballar a terra (arados, grades, cavadoras, sementadoras...) para o transporte (carros), para conducir ao gando, para manexar o forraxe, para o leite... Buzos, bozos ou vetillos: Póñense no fuciño do gando cando están a traballar para que non coman e se entreteñan. Tamén se usa para as crías, para que non mamen. poden ser de vergas de castaño, de bimbias ou de rede metálica. Vetillos. Museo do Pobo Galego Narina. Aparello para suxeitar ás vacas polo fuciño (na monta...)
  • 29. ARADOS Cambela: é un arado tradicional galego moi primitivo. Está feito aproveitado a camba natural dunha árbore á que se lle engadía unha rella de ferro. Usábase nas montañas do Cebreiro, Ancares e O Courel. Arado romano: é o arado tradicional máis común. Usouse desde a prehistoria ata a actualidade. Está construído en madeira agás a rella ou ferro que cobre o dente. Museo da Fonsagrada
  • 30. Arado de volteo ou veso: está feito de ferro. A disposición asimétrica da súa rella fai que a terra, á vez que se abre, dea a volta, deixando sempre cara abaixo a parte superficial. O soliño usábase para xunguir os aparellos ao gando.
  • 31. RASTRO ou GRADE: Estrutura de madeira ou ferro, xeralmente de forma rectangular, con dentes de ferro, que se usa para achanzar o terreo despois de labrado e romper os terróns. CANIZO: Estrutura rectangular feita de paus e varas ou bimbias entretecidas. Usábase para achanzar a terra. Museo Liste (Oseira)
  • 32. PELADEIRA, CACHADEIRA PEQUENA OU ESCARPADEIRA: estrutura de ferro con ganchos rematados en dentes, que servían para abrir a codia da terra e desarraigar as herbas, e unhas rabelas para conducila. CAVADORA Formada por un marco de ferro no que van suxeitos diferentes tipos de sachos que desarraigan as malas herbas e achegan terra ás plantas para protexelas. An antigas eran de tracción animal.
  • 33. SEMENTADORAS Distribúen en ringleiras sementes ou plantas. Abren a terra, depositan a semente e logo apretan a terra enriba. Teñen un depósito para a semente e un mecanismo que regula a súa caída.
  • 34. CARROS Plataformas sobre rodas arrastrados por animais. Existen multitude de tipos de dúas ou catro rodas. Úsanse para transportar fertilizantes, aparellos e produtos. Para transportar produtos miúdos póñense uns adrais, e cando transporta obxectos moi voluminosos mantéñense entre os estadullos e átanse cun adibal. Actualmente están desaparecendo.
  • 35. O CARRO DO PAÍS O carro galego é un carro de estrutura moi primitiva, de dúas rodas que forman un só corpo co eixo móbil, tirado por unha parella de animais, xeralmente bois ou vacas. Aínda que hai moitas variantes ao longo do país, en función, sobre todo, do terreo e dos costumes de cada zona, a estrutura segue unhas pautas comúns. Os carros da montaña son máis lixeiros que os das zonas baixas. Xaquín Lourenzo rexistrou perto de noventa variedades de rodas. Ata hai moi poucos anos o carro foi o principal medio de transporte da Galiza campesiña. A orixe do carro galego remóntase á prehistoria e mantivo a súa estrutura ata a actualidade con poucas variacións.
  • 36. O carro está formado por dúas partes, O CHEDEIRO (plataforma) e o RODADO (conxunto de rodas e eixo). estadullos ou fungueiros CHEDEIRO chedas ladrás, adrais, ladraias, ou canizas. Na parte traseira pechábanse co recadén ou canizo. chavella (une o carro ao xugo). ampela, tufo ou turro lanza, cabezalla ou timón sollo ou soallo (piso) cadeas chumaceira, coucón ou coucillón (o rebaixe onde se asenta o eixo chámase zoca ou cantadeira). apeladoiras ou treitoiras tillas ou cuñas mildeiras, rilleiras ou sunchos camba eixo, encaixa entre as treitoiras por medio duns rebaixes, os luidoiros. escabo, galga ou ceo llanta mión ou milde O burato central da roda, na que penetra a ampela do eixo, chámase ulló.
  • 37. O xugo é un complemento indispensable para a utilidade do carro. É a peza que une aos animais ao carro. En Galiza hai tres tipos diferentes con moitas variantes. Dous que xunguen aos animais polo pescozo (de canga) e un que xungue polos cornos (de molida). Xugo de cangallas É o máis común e atópase na provincia da Coruña, no norte e norleste da de Pontevedra e no oeste e norte da de Lugo. Xugo de bregueiros É típico do Sur da provincia de Pontevedra, centro da de Lugo (centro) e o Val do Miño en Ourense. Xugo de molidas É típico de gran parte da provincia de Ourense e da zona oriental de Lugo.
  • 38. Curioso xugo mixto para xunguir polos cornos (vaca, boi) e polo pescozo (burro, mula, cabalo, ou animais novos cos cornos pouco desenvolvidos). Algúnhas variantes de xugos. Museo da Fonsagrada.
  • 39. Nalgunhas zonas da costa usáronse carros de eixo fixo e un só animal que se xunguía entre as lanzas. Nos últimos tempos a algúns carros puxéronselle as rodas de goma.
  • 40. Carro cos adrais de bimbias tecidas. Xuño. Carro coa estrutura do chedeiro e as rodas de ferro. Allariz. Carro coa estrutura típica da montaña: chedeiro e rodas lixeiros. O Cebreiro.
  • 41. Recipientes para o leite Os recipientes tradicionais convertéronse en pezas de museo coa aparición dos novos materiais e dos equipos de refrixeración. Pucheiro Xerra de muxir. O Cebreiro A canada era un recipiente para recoller o leite na muxidura. Facíase de madeira ou latón para evitar que as vacas os romperan coas patas. Tamén se utilizaba como medida de capacidade (4 litros, a cuarta parte dunha ola) Canada da zona Oriental de Lugo (Museo do Pobo Galego). Ola ou cántara Leiteiras
  • 42. O EQUIPO DE MUXIDURA Todas as granxas cun certo número de animais teñen instalados equipos de muxidura e tanques de frío. As instalación de muxidura deben ser doadas de limpar e desinfectar e deben estar lonxe de fontes de contaminación. O chan debe permitir o drenaxe dos líquidos e a eliminación dos refugos. Deberá ter unha boa ventilación e iluminación e abastecemento de auga potable. A máquina de muxir é un elemento que entra en contacto co ubre polo menos dúas veces ao día e debe garantir unhas medidas sanitarias mínimas xa que constitúe un dos elementos fundamentais de control das mamites.
  • 43. A máquina de muxir extrae o leite dos tetos da vaca de xeito semellante a como o fan os cuxos, mediante succión para producir un baleiro. A máquina fai unha extracción intermitente (unhas 60 veces por minuto), permitindo así un descanso do teto á vez que lle da unha masaxe que evita a conxestión. Nas instalacións máis modernas a muxidura contrólase con equipos informáticos. Cada animal leva un colar que o conecta ao equipo. Este identifícao e rexistra a súa produción.
  • 44. Aparellos para mazar o leite Empregábanse para facer leite mazado e manteiga. Moldes para o queixo
  • 45. Neste momento en Galiza hai 9.908 explotacións leiteiras (novembro 2014) que producen o 40% do leite de todo o Estado Español, cun prezo por debaixo da media do resto das comunidades. As áreas con máis vacas de leite son as provincias da Coruña, Lugo, e o noreste da de Pontevedra. A cota de produción que ten asignaga pola Comunidade Europea é de 2.400.000 toneladas, aínda que a capacidade de produción está moi por enriba. Estas limitacións e os baixos prezos do leite están levando ao peche a moitas explotacións. A produción de carne é dunhas 88.000 toneladas ao ano, o 15% da produción do estado.
  • 46. PRODUTOS GALEGOS DE CALIDADE -Queixos con Denominación de Orixe protexida: Cebreiro, San Simón, Arzúa-Ulloa e tetilla. -Indicación Xeográfica protexida: Tenreira Galega.
  • 47. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS •A vaca é ouro, o porco tesouro. •A vaca é ouro, o porco tesouro. •Vaca coa mosca, ninguén a munxe. •Becerro manso, mama á súa nai e a outras catro. •Xatiña brava, pouco mama. •Sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras. •Á vaca vela ir, ao boi velo vir. •De xatiña verás a vaquiña que terás. •A uns mórrenlle as vacas e a outros párenlle os bois. •A vaca que non come a cando os bois, ou comeu antes ou comerá despois.
  • 48. LEITE •O que non muxe marela, non fai queixo nin manteiga. •Vaca de leite, pouco traballo. •Gando na corte, pouco leite e queixo forte. •Vaca leiteira non vai á feira. •O que merca boi por vaca, ao munxir se despotraca. •Vaca de moitos?, ben muxida e mal mantida. •Queres leite?, dille á vaca que cho deite. •A vaca do meu amo, cando non come trae o leite no rabo. •A vaca do vilán, se dá leite no inverno millor o dá no verán. •O leite e o viño fan do vello mociño. •Leite con viño fai ao vello, meniño. •Leite, mel e mosto tiran ao home pra mozo. •Cunca de leite por cunca de aceite. •Encol do leite, o viño ausente. •Non hai feitizo como o pantrigo i o leite macizo. •Nos meses que non teñan erre, nin peixe nin leite. •O leite sae do moxo e non do óso. •A vaca, canto máis se munxe máis grande ten o teto. •Vaca amoscada, leite que se perde. •Vaca estransillada (ou estrullada), nin bo leite, nin boa crianza. •Canto máis se munxe a vaca, máis remollo saca.
  • 49. DITOS •Ter as vacas no millo. •Outra vaca vai no millo! •A paso de boi •Traballar coma a vaca do pobre •Ter lingua coma a vaca rabo •Se non é boi é vaca •Ter o leite nos beizos •Seica te lambeu a pucha? •Falar do xato e esquecer o trato •Andar como os bois no monte •Ser gando mal gardado •Atoparlle o teto á vaca •A onde irás boi que non labres •Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale •O que queira leite, que o munxa.
  • 50. ADIVIÑAS (A vaca) Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores. Catro pernas, catro fontes, un dalle-dalle e dous reviramontes Catro corremontes, catro cichafontes, un dalle-dalle e dous tus-tus. Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e un que lle abana Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abana Coroza para as vacas
  • 51. CANTIGAS O que compra vaca cega pensando que sanará, Aínda as sans se volven cegos! E os cegos que farán? CRENZAS: -O leite muxido na véspera de San Xoán non se debe deixar para o día seguinte, porque veñen as meigas a lavar o traseiro nel. Para evitalo había que deixar en todas as fiestras e portas un ramo de herbas olorosas (que teñen a virtude de espantar as meigas). Recollidas nas montañas de Lugo: -Cando se muxían as vacas ao mencer poñíase unha cunca mirando ao nacente co primeiro leite recollido en ofrenda á Aurora. -Ao leite das vacas que pasaban por un lugar por onde corría a auga había que botarlle sal, se nón daban sangue no canto de leite.
  • 52. A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza". A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila. As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vaca Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”. CASTELAO O PUCHO.- Agora xa sei por qué non me deixaban mamar a min.
  • 53. A ovella En Galiza a gandería de ovellas cubriu escasamente as necesidades propias de la e coiros, e na actualidade so se ven rabaños de certa importancia nas zonas montañosas do sur de Lugo e Ourense. Nas demais zonas de montaña onde as había antigamente a repoboación forestal fíxoas desaparecer porque eliminou as zonas de pastoreo. Actualmente están censados arredor de 200.000 exemplares. En outras moitas zonas, nas casas labregas téñense unha ou dúas ovellas como gando menor ou gando dos rapaces. O común en Galiza é que os rabaños sexan mixtos, mestura de ovellas e cabras.
  • 54. A ovella galega Ten un tamaño bastante variado. As das zonas baixas son máis grandes e as da montaña son máis pequenas. O seu peso varía entre 25 e 40 kg. É de cor branca, ben proporcionada, ten a cabeza pequena co perfil recto, as patas finas e os pezuños duros. Os machos teñen cornos. A súa la é de calidade media (entrefina) e cada ovella produce, segundo o seu tamaño, de 1 a 2 kg por ano. É un animal moi fértil e prolífico. É corrente que teña dúas crías e ás veces tres.
  • 55. Carneiro (ovella galega) NOMES Macho: carneiro, perico Macho sen capar: marón Femia: ovella, perica Cría: neixente (recén nacida), año ou aña Un carneiro ou ovella ruín chámase ovello. ovella galega
  • 56. Rabaño mixto de ovellas e vacas, unha das características da cría de ovellas nalgunhas zonas de Galiza.
  • 57. Rabaño na Serra da Queixa, un dos poucos lugares de Galiza onde a cría de ovellas é un medio de vida. Aínda conservan o costume da veceira, un veciño da parroquia, por turno, leva o gando de todos ao monte.
  • 58. En Galiza as ovellas xeralmente non se muxen, non se lles aproveita o leite e utilízanse na súa maior parte para carne e tamén se lle aproveita a la e a pel. Nalgúns lugares estase a facer queixo de ovella. Queixería do Rexo. Allariz. Festa do carneiro ao espeto. Moraña
  • 59. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS •Polo San Xoán rapa ao carneiro a lan. •A muller e a ovella, con día á cortella. •Queixo de ovella, leite de cabra e manteiga de vaca. DITOS •Meter as ovellas no curral. •Ser a nai do año. •Ovella que berra bocado que perde. •Ser manso coma un año. •Pouca la e polas silveiras •Ser máis carneirán cós carneiros. •Ser coma a peste dos pericos.
  • 60. A cabra As cabras de Galiza pertenecen a varias razas. Críanse en pequenos grupos ou formando parte de rabaños mixtos coas ovellas ou coas vacas. Actualmente hai censadas arredor de 45.000 cabezas. As cabras ocupaban os terreos que non eran aproveitables por outras especies, atopándose os rabaños máis grandes nas zonas de alta montaña onde escaseaban os recursos. Os rabaños de cabras en Galiza sempre estiveron ligados ás zonas de montaña, onde se explotaban en “veceiras” (rabaños comunitarios).
  • 61. Cabra Galega É a única raza caprina autóctona galega. É un animal rústico con gran capacidade de adaptación ás zonas que ocupa, onde aproveita uns pastos que dificilmente poderían manter a outros animais. Procede da Capra aegagrus con posibles influencias dun tronco máis antigo. Nos petroglifos galegos aparecen representacións de cabras. É unha cabra de tamaño medio, de 60 a 80 cm de altura na cruz e 40 a 70 kg (os machos son os de maior tamaño). O pelo é curto de cor vermella. No século XVIII pasaba do 600.000 exemplares. A raza conservouse nas zonas de montaña das provincias de Lugo (Os Ancares) e Ourense (Baixa Limia). A asociciación Capriga conta con cincuenta socios que tentan recuperar a raza.
  • 62. NOMES Femia: cabra, cabuxa, chiva Macho: castrón, cabrón, chivo, bode. Crías: cabirtos, cabritos, cabuxos, xenas, cabuxiños.
  • 63. ADIVIÑAS Que cousa, cousiña, será que, cando vai para o monte, mira para a casa e cando vai para a casa, mira para o monte. (OS CORNOS DA CABRA) DITOS •A cabra sempre tira ao monte. •Estar coma unha cabra. •Cabuxa tola, onde vai unha va todas.
  • 64. O PORCO Cada ano prodúcense en Galiza arredor dun millón de exemplares destinados ao consumo directo e ao procesado en industrias cárnicas. Segue habendo porcos en moitas casas labregas, pero a maioría críanse en granxas. Os porcos galegos actuais pertencen ás mellores razas europeas (largue white, pietrain, landrace...) e consérvase unha raza autóctona, o porco celta, que crian arredor de 350 gandeiros. O porco é un animal común que se podía atopar en case todas as casas xa que era unha das bases da produción para autoconsumo.
  • 65. O porco celta Ata comezos do século XX era a raza maioritaria en Galiza. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, comezouse a recuperar a partir de 1999, coa creación da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) para conservar o patrimonio xenético da raza e promover a súa cría e difusión. Está incluído no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como raza autóctona española de protección especial o en perigo de extinción polo Real Decreto 1682/1997. O tronco celta procede do cruce Sus Scrofa Ferus co subxénero Striatosus.
  • 66. Os porcos celtas son animais de tamaño grande, austeros, rústicos e moi adaptados a súa explotación en réxime extensivo alimentándose de recursos naturais estacionais como landras, castañas e agromos vexetais dos bosques autóctonos galegos. O porco celta ten a cabeza grande, coas orellas grandes e caídas e o fuciño longo, lombo curvo e patas longas. Hai tres variedades dentro da raza: no norte de Galiza, pola zona de Bergantiños predomina o ecotipo Carballino que se caracterizan por manchas negras brillantes ou rubias. No sur aparece o ecotipo Santiagués, con dúas variedades, a Branca e a Barcina, con manchas negras contra o seu tercio posterior.
  • 67. Large white: de orixe inglesa. Tiveron grande influencia na mellora das razas europeas. Son porcos de cor branca, gran tamaño, moi fértiles e de desenvolvemento rápido. Acadan os 90 quilos aos 3 meses. As femias adultas poden pasar dos 300 quilos e os machos dos 400. Pietrain: de orixe belga, é moi apreciado pola abundancia da carne e a súa pouca graxa. Nalgúns sitios chámanlle porco de catro xamóns porque tamén ten moita carne nas patas de diante.
  • 68. NOMES: Macho: porco, cocho Femia: porca, cocha Mediano: porco do cordel (4-6 meses) Pequeno: bacoriño, bacuriño, leitón, rancho, porquiño... Os bacoriños véndense destetados, a media cría (porcos do cordel) ou antes da ceba
  • 69. O porco é un animal do que todo se aproveita. A carne pódese consumir fresca ou conservala de moitas maneiras: seca, salgada, embutida, conxelada,... Os porcos críanse para a obtención de carne coa que se elaboran numerosos produtos transformados (chourizos, salchichas, xamóns...) que son a base dunha importante industria agroalimentaria. Aprovéitase o sangue, a pel como coiro e ata os pelos para facer cepillos.
  • 70. O LACÓN GALEGO está amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida. Os lacóns son as extremidades dianteiras do porco cun peso entre os 3 e os 5,5 kg e un proceso de elaboración dun mínimo de 30 días (salgado, lavado, asentamento e curado) de porcos de raza Celta, Large Wite, Landrace, Duroc e os seus cruces. A carne debe ser encarnada, coa graxa parcialmente infiltrada na masa muscular, o aroma suave e agradable. Chourizos, botelos e androllas son formas de conservar a carne do porco adubada e curada. O chourizo faise en toda Galiza. O botelo e a androlla fanse nas zonas da montaña. O botelo faise co pedro (a parte máis gorda do inestino) cun recheo de costela e peles. A androlla é semellante ao botelo, pero leva ademáis carne. O chourizo faise con carne picada adubada con pemento, loureiro, allo, viño e herbas. Nalgúns sitios fanse os chourizos ceboleiros.
  • 71. A matanza do porco tiña, e segue a ter cando se fai de xeito tradicional, un aspecto festivo familiar. Normalmente colaboraban nela os viciños. Os produtos da matanza tradicional destinábanse na súa meirande parte a seren conservados como provisión de carne para todo o ano.
  • 72. Nunha gran parte das casas galegas criábanse porcos para autoconsumo e nela contábase cos aparellos, intrumentos e recipientes para a matanza, procesado e conservación dos produtos. Debuxos de Xaquín Lourenzo
  • 73. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS: -Por San Simón e San Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas. -No mes morto non saches o horto nin capes o porco. -O que bo porco queira matar, cedo ten que empezar a gastar. -O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto. -Outono a chegar, porco a cebar. -Mata ao teu porco e verás o teu corpo. -Polo San Martiño mata o teu porquiño. -O porco no maseiro non quere compañeiro. -A vaca é ouro e o porco tesouro. -Con millo no piorno e porco no salgadoiro non hai medo ao inverno anque veña chovedoiro.
  • 74. DITOS: -Vai mamar na rolla (teta) de atrás. -A todo porquiño lle chega o seu San Martiño. -Ao peor porco a mellor landra. ADIVIÑAS: Churín, churín e churín, choraban caeu a torre e os churíns calaban (A PORCA E OS FILLOS) CANTARES: Maruxa se vas á feira mércame un porco rabelo, que se mo compras con rabo non me cabe no cortello.
  • 75. GANDO CABALAR Está formado na súa maior parte por cabalos, aínda que se mantén unha pequena poboación de burros que ata hai pouco se usaron, en zonas minifundistas ou de dificil acceso, como animais de traballo agrícola.
  • 76. O cabalo As testemuñas máis antigas da presenza do cabalo en Galiza atópanse nos petróglifos da Idade do Bronce. Crese que foi traído polos pobos celtas nos séculos VII e VI a.C. Co paso do tempo fóronse producindo mestizaxes e introducindo novas razas adaptadas a distintas funcións (carne, traballo agrícola, transporte...), pero unha parte permaneceu en estado de libertade nos nosos montes ata actualidade. Petróglifos en Campo Lameiro En 2.001 establecéronse os caracteres e creouse o libro xenealóxico da raza galega. Tamén se crían cabalos de puro sangue en varias localidades.
  • 77. En xeral os cabalos galegos son de tipo primitivo; cabeza grande, alzada curta e ventre amplo. Son sobrios e resistentes, póden ser domados como animais de montura ou traballo, pero a maioría úsanse para producir carne que se vende para o exterior.
  • 78. Cabalo galego Ten entre 120 e 140 cm de alzada, perfil recto ou subcóncavo, e a capa negra ou castaña cos extremos escuros e as crinas e rabo negros, con cerdas longas e abundantes. Ten orellas pequenas e pelo abundante, ás veces con barbela e mostachos. As patas son curtas, finas e fortes. O casco é escuro, pequeno e duro.
  • 79. Garrano ou cabalo do monte Chamado tamén poni celta ou poni atlántico (Equus ferus atlanticus), un animal moi antigo. Nos montes galegos, en especial na Groba, o centro e norte de Galiza, consérvanse poboacións de cabalos salvaxes ou semisalvaxes, posiblemente unha das poucas que existen no mundo. Teñen unhas características que os diferencian dos cabalos domésticos pola súa adaptación á vida no monte en condicións duras: escasa alzada, corpo relativamente longo, extremidades fortes, cascos moi duros, orellas pequenas e fortes mostachos para protexerse dos toxos entre os que viven e dos que se alimentan. Teñen unha gran capacidade reprodutiva.
  • 80. A marca é un sinal que se grava cun ferro quente na pel do cabalo para recoñecelo logo. Cada criador ten a súa marca diferente das demáis. Nalgúns lugares, ademaís, ou en vez da marca ao lume, faiselle un ou varios cortes nas orellas. O marcado de cabalos faise desde hai máis de 2.000 anos. En Galiza celébranse moitas festas nas que o cabalo é o protagonista onde as carreiras e outras exibicións forman parte do programa; e outras nas que intervén como elemento destacado.
  • 81. En Galicia, onde os cabalos se crían en libertade, existe unha tradición convertida nalgúns lugares en festa: A RAPA DAS BESTAS. Nunha época determinada do ano, normalmente no verán, despois de que as égoas pariran, xúntanse nun recinto pechado (curro) os animais para recortarlles as crinas, marcar os novos e apartar algúns exemplares que se venden, se son novos para criar como animais de traballo ou para carne, e se son vellos só para carne. Amil (Moraña)
  • 83. Burro fariñeiro galego É un animal pequeno, un metro de media na cruz e de ata 200 kg. Ten a cabeza grande coas orellas longas. As patas son delgadas, con cascos pequenos, e o rabo longo e cun mechón na punta. O pelo no corpo é curto e suave, de cor torda (escura, case negra), co fuciño e o ventre brancos.
  • 84. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS: -Sinal é de boa besta a boa pata e a boa orella. -Por un cravo pérdese unha besta. -O ollo do amo engorda ao cabalo. -Ao home e ao cabalo non hai que apuralo. -Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán. -Besta mular, ou comer ou andar. -Besta que xeme á carga non teme. -O que ten besta e vai a pé, máis besta el é. -Besta parada non fai xornada. -Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo. -Líbrate de traseira de mula e de dianteira de burra. -Nin “arre” que fuxa nin “xo” que se deite.
  • 85. DITOS: -Hai moitas burras do mesmo pelo. -Morto o burro cebada ao rabo. -O burro ao sol fai sombra. -Carne de burro non é transparente. -Ao pé do banco férrase a besta. -Ao cabalo regalado non se lle mira o dente -Patadas de burro non chegan ao ceo. CRENZAS: -Cando se deita o cabalo é que vai facer vento. -As ferraduras traen boa sorte. Para que fagan efecto cólganse coa abertura cara arriba para que a sorte non escape.
  • 86. OS ALBARDEIROS Manufacturan o coiro, a tea de saco, o ferro e a madeira, para fabricaren albardas, selas, estribos, alforxas e todo tipo de aditamentos para as cabalerías.
  • 87. OS FERRADORES Son ferreiros especializados. As ferraduras encárganllas aos ferreiros ou mércanas, aínda alguns fannas eles mesmos. Empregan unha pequena zafra ou bigornia e unha ferramenta sinxela para ferrar as cabalerías e poñer canelos ao vacún. APARELLOS DOS FERRADORES DEBUXO DE XAQUÍN LOURENZO: 1-puxavante 2-cravo 3-martelo 4-derrematador 5-escofina 6-tanaza do casco 5-tanaza dos cravos 8-bigornia 9-coitela 10-ferradura 11-canelo para as vacas e bois Vitrina no Museo do pobo Galego
  • 88. Antigo carro tirado por un cabalo As rastras ou corzas eran aparellos de arrastre de estrutura variable tirados por animais. Debuxo de Xaquín Lourenzo
  • 89. O gando REFRÁNS •Familia a que Deus dé, e gando o que se poida manter. •San Fernando (maio), pulgas á xente e moscas ao gando. •Nas tardes de marzo recolle o teu gando. •Festa na aldea, o gando se ensea. •Ao rico empréñalle a besta (ou a porca) e máis a vaca; e ao probe a muller e a gata. •Sol e boa herba fan o bo gando, non o pegureiro sonado. •Queixo de ovella, leite de cabra e manteiga de vaca. CANTIGA San Antoniño garda o gando, San Xoán garda as ovellas, Santa Lucía as costureiras que andan polas casas alleas.
  • 90. COELLO Críase fundamentalmente para o aproveitamento de carne. En Galiza eran animais correntes nas casas do campo. Vivían en pequenas cortes pechadas ou en xaulas e moitas veces eran os rapaces os encargados de coidalos. Case desapareceron como animais domésticos coa chegada da peste dos coellos (mixomatose). A maior parte dos coellos que hai na actualidade críanse en granxas.
  • 91. AVICULTURA En Galiza hai unhas mil granxas con capacidade para producir uns 22 millóns de polos, galiñas para carne poñedoras; 72 granxas que crían pavos e 7 que producen patos. Ademais hai granxas de cría de paspallás, faisáns e perdices destinadas á repoboación para a caza.
  • 92. Nalgunhas casas críanse tamén mesturados coas galiñas algúns patos e pavos. As pombas eran máis numerosas nas grandes casas de campo onde tiñan construccións específicas, os pombeiros. Aproveitanselle os pichóns como carne.
  • 93. Galiña Críase para carne e ovos. A gran maioría pertencen á cría industrial que comezou arredor de 1960 introducida por empresas norteamericanas. En moitoas casas de campo críanse pequenos grupos de galiñas. Todas as galiñas de granxa pertenecen a razas seleccionadas (poñedoras ou produtoras de carne). Os grupos que se conservan nas casas de campo adoitan ser de varias razas e maioritariamente cruces entre elas.
  • 94. Galiña de Mos É unha raza autóctona galega, unha das máis antigas da Península Ibérica. O nome da raza débese á parroquia de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo), xa que foi nesta zona onde se comezou o proceso de selección para a recuperación da raza orixinal que estaba en perigo de desaparecer. En 1935, coa creación da Estación Pecuaria Rexional de Lugo, o veterinario Blas Martínez Inda iniciou o traballo de recuperación publicando ese mesmo ano o primeiro patrón da raza. En 1942 o veterinario Juan Rof Codina estudou e promocionou a galiña de Mos. Na década de 1960 coa aparición das explotacións instensivas estivo a piques de desaparecer de novo e a partir do ano 2000 comezou de novo a recuperación da raza.
  • 95. A ggaliña de Mos é unha raza robusta, de cor castaña crara e crista en piña ou chícharo. O peso dos galos acada ata 4 quilos mentres que o das galiñas chega aos 3 quilos. Adáptase con facilidade a condicións climatolóxicas adversas. É boa produtora de carne e moi boa nai. É a raza que cría os capóns de Vilalba.
  • 96. Nalgúns lugares de Galicia críanse os capóns, polos machos capados que reciben unha alimentación e un coidado especial e son moi apreciados para as festas. Como di o refrán “Capón de oito meses, comida para mesa de reises”. Uns cuarenta días antes de matalos, son encerrados nas capoeiras, pequenas gaiolas onde apenas poden moverse, que normalmente están dentro das casas, ao pé das lareiras, para que estén quentes. Durante este tempo son “embicadados”, obrigados a comer unha pasta de millo triturado mollada en viño branco ou en leite, para que collan graxa. En Vilalba (Lugo) celébrase todos os anos, en datas próximas ao Nadal, a feira dos capóns.
  • 97. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS: -Gran a gran, a galiña fai o papo. -Ave de pico non pon ao seu amo rico. -O polo de xaneiro polo San Xoán está comedeiro. -O polo de xaneiro vale carneiro. -A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro. -Maio tolo, nin bo gato nin bo polo. -A galiña vella fai o mellor caldo. -Caldo de galiña, para o enfermo a mellor mediciña. -Por Santa Mariña deita a túa galiña. -Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo. -Ovos fritos non dan pitos. -Polo San Antón a galiña pon.
  • 98. DITOS: -Cando mexen as galiñas. -Ser un galo -Ser un galiña -Deitarse coas (ou canda) galiñas. -Porse a carne de galiña. CANTARES: Miña nai e mais a túa quedan no río berrando (ou na eira…) por culpa dunha galiña que ten amores co galo. Unha vella no corral cun peido matou a un polo, e se non llos quitan de adiante mata galiñas e todo.
  • 99. ADIVIÑAS: -Unha señora moi enseñoreada, chea de remendos e sen unha puntada (A GALIÑA) -Érguese á mañanciña, déitase ao anoitecer, tatarexa cando fala e da cousas de comer (A GALIÑA) . -Cocorico ten pés, cú e bico, e os fillos de cocorico non teñen pés, nin cú, nin bico (A GALIÑA E OS OVOS) -Alto, alteiro, gran cabaleiro, gorro lucido e espora de aceiro (O GALO) -Unha caixiña redonda, branca coma o azahar, ábrese moi facilmente e non se pode pechar (O OVO). -Branco coma o cal, todos o saben abrir, ninguén o sabe pechar (O OVO). -Unha casiña branca, sen porta nin tranca (O OVO).
  • 100. APICULTURA A abellas críanse para aproveitarlles o mel e a cera. A mediados do século XVIII había en Galiza máis de catrocentas mil colmeas. A súa cría tivo un gran baixón coa chegada dos azucres e da corrente eléctrica. Nestes momentos está experimentando un incremento pola valoración do mel como alimento natural.
  • 101. O mel de Galiza está amparado como Indicación Xeográfica Protexida. Galiza está á cabeza de Estado en produción de mel con denominación de orixe. Hai uns 3.500 apicultores que producen máis de 500 toneladas de mel ao ano. Prodúcense diferentes tipos de mel: multifloral ou monofloral de castiñeiro, eucalipto, silva ou queiroga.
  • 102. Colmeas Estructuras de madeira (prismáticas ou cilíndricas) ou de cortiza (trobos, cortizas ou cortizos) onde se crían as abellas. Poden estar instaladas na horta, na eira, debaixo do hórreo, no corredor da casa ou no monte. Debuxos de Xaquín Lourenzo
  • 103. TRADICIÓN ORAL REFRÁN -Se queres sacar mel, castra polo San Miguel. ADIVIÑA Moitas monxas nun convento, visitan as frores e fan dóces dentro. (As abellas)
  • 104. CONSTRUCIÓNS PARA O GANDO E A FACENDA Restos dos chozos de verán de Queguas (Entrimo)
  • 105. Cabanas, chozos, chivanas Refuxios temporais para os pastores. Usábanse pemanentemente nos meses de verán e o resto do ano en ocasións. Son típicas das zonas de pastoreo libre. Son construcións moi sinxelas feitas cos materiais da zona (pedra, madeira, palla) que se situaban illadas ou en grupos arredor do curro onde se gardaba o gando. Nalgúns casos aproveitaban abrigos naturais. Refuxio en Cabo Udra Chivana no Xurés
  • 107. Curros Construcións circulares ou de planta irregular con muros altos de pedra e unha entrada por onde se mete o gando. Na actualidade fanse con madeira ou estruturas metálicas. Úsanse para xuntar o gando para marcalo, separalo antes de vendelo... Os curros están formados por varios recintos: un amplo no que se xunta todo o gando e outros máis pequenos ao carón nos que se encerra o gando que se vai marcar ou vender. Curro de Racamonde no Forgoselo.
  • 108. Cortes Espazos para o gando que se ten na casa. Poden formar parte do mesmo edificio que a vivenda, na planta baixa a carón da adega ou da cociña, ou estar separados. Cando se tiñan animais distintos facíanse divisións con táboas ou paus para separar as vacas, as bestas, as ovellas ou cabras ou os porcos. As ovellas e cabras e os porcos podían ter un espazo independiente (cortello, cortella).
  • 109.
  • 110. As instalacións modernas deséñanse tendo en conta as condicións necesarias para facilitar unha boa hixiene e salubridade (boa ventilación e limpeza doada) e espazo suficiente para o desenvolvemento e o correcto manexo dos animais.
  • 111. Galiñeiros Pequenas construcións pechadas e telladas habilitadas con pousadoiros (poleiros) e niños. Úsanse para gardar as galiñas pola noite. Ás veces complétanse cun recinto valado.
  • 112.
  • 113. Alvarizas, abellarizas, albizas ou cortíns. Recintos de forma circular ou oval pechados por un valado de pedra. Úsanse para protexer os colmeares das inclemencias do tempo, dos animais e das persoas. Serra do Xurés Os Ancares
  • 114. Entrada para as abella na parede dun alboio. Pasarela (Vimianzo)
  • 115. Pombais Construcións para a cría de pombas. Poden ser sinxelos caixóns de madeira con troneiras que se poñen nas paredes dos hórreos, dos alpendres... ou construcións de pedra moi elaboradas, xeralmente asociadas a casas señoriais.
  • 116. Palleiras, palleiros ou secadeiros Son construcións destinadas a almacenar a palla e a herba seca. Instálanse xeralmente achegadas ás cortes do gando en lugares ben aireados e sen humidade. Para garantir a circulación do aire as paredes están construídas con algún sistema de aireación: táboas separadas entre sí, ocos...
  • 117. Silos Construcións para almacenar forraxe compactado.
  • 118. Feiras e mercados Construcións e recintos temporais ou permanentes destinados á realización de transaccións comerciais. A maioría eran pendellos coa parte frontal aberta e con mostradores ou bancos para expoñer as mercadorías. Podían estar cubertos ou descubertos. As actuais son grandes naves dotadas de todos os servizos: postos de venta, recintos para os animais, oficinas, auga, almacéns... Construccións da feira do Páramo
  • 119. O comercio de animais realízase en lugares especialmente axeitados: as feiras de gando. As feiras celébranse en moitos lugares de Galiza e nelas, ademais do gando, tamén se mercan e venden outros produtos relacionados co campo e a casa. Santiago Monterroso Silleda
  • 120.
  • 121. A carón da gandería creáronse e desenvolvéronse nas propias casas, e en pequenos obradoiros, actividades de transformación dos produtos: elaboración de queixos, manteiga, embutidos, curtido e elaboración de obxectos de coiro, fiado e tecido de la, traballos en cera... Na actualidade aínda conviven coas modernas industrias empresas de carácter familiar e obradoiros tradicionais.
  • 122. Museo do coiro. Allariz O curtido de peles foi unha actividade importante en Galiza ata a aparicións das industria modernas. Os obradoiros tradicionais desapareceron e algúns convertéronse en museos.
  • 123. En tempos máis recentes foron xurdindo as empresas industriais que recolleron a riqueza e a variedade dos valores tradicionais e incorporaron á produción as máis modernas técnicas de elaboración e comercialización. As máis representativas son as lácteas, as cárnicas e as de alimentación animal. As industrias agroalimentarias teñen carácter estratéxico para Galiza porque constitúen un elemento clave para desenvolver o sector agrario e gandeiro.
  • 124.
  • 125. MONTAXE E TEXTOS: Adela leiro, Mon Daporta FOTOS: Adela leiro, Mon Daporta, Juan Maceira, Lucía Leiro Novembro 2014