SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 56
Auga que
traballa
As correntes de auga conteñen enerxía potencial (pola
diferencia de altura entre dous puntos) e enerxía cinética
(polo movemento).
É unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da
auga).
A enerxía da auga (enerxía hidráulica) é unha enerxía
renovable que depende do sol (ciclo da auga).
Para aproveitar a enerxía da auga utilízase unha roda hidráulica que
funciona como un torno. A auga golpea nos puntos exteriores producindo
un movemento de rotación que se transmite ao eixo.

As rodas de empuxe superior instálanse en
lugares con pouca cantidade de auga porque
para producir o movemento aproveitan a
diferencia de peso que orixina nun dos lados
da roda a auga almacenada nos caixóns.

As rodas de empuxe inferior
instálanse en lugares con auga
rápida e caudal abundante.
A roda pode ir conectada directamente co resto dos aparellos ou precisar
un sistema de operadores que cambien a dirección do movemento.
ENERXÍA
HIDRÁULICA
ENERXÍA
MECÁNICA

Muíños

Batáns,
mazos…

Serradeiros

ENERXÍA
ELÉCTRICA

Noras
USOS TRADICIONAIS DA ENERXÍA HIDRÁULICA EN GALICIA
Galicia é un país percorrido por máis de mil ríos e regatos e as nosas xentes
souberon construír diversos enxeños para aproveitar a enerxía da auga,
tanto nos grandes ríos como en calquera pequena corrente.
Os máis abundantes son os muíños, dos que hai varios milleiros.
Nas zonas mineiras de ferro abondaban as ferrerías e espallados por moitas
zonas atópanse tamén batáns para mazar la e serrerías. No seculo XIX
funcionou algunha fábricas textil con enerxía hidráulica como a Isabel II en
Neda e muíños de papel. En algúns muíños e ferrerías instalábanse
xeradores para producir “luz”.
MUÍÑOS

Mecanismos para moer. Utilízanse para triturar distintos
materiais, sobre todo cereais.
A enerxía da auga move o rodicio que por medio do eixo fai
xirar a moa.
Acea no Miño (Lugo)

O tamaño e a estrutura
construtiva dos muíños
galegos é moi variada.

Pequeno muíño no Xallas
TIPOS DE MUÍÑOS SEGUNDO
A POSICIÓN DA RODA MOTRIZ

Roda vertical (bruia)

Roda horizontal (Rodicio)
1-RODA VERTICAL (BRUIA)

Roda hidráulica con canle de alimentación inferior. É o tipo máis
simple. Aproveita só o impulso da auga e depende do fluxo da
corrente. Instálase en ríos de caudal abundante e corrente forte
Roda hidráulica con canle de alimentación superior: o peso da auga que cae
nos caixóns ou pas aumenta a forza. Instálanse en regatos de caudal escaso.
Algunhas son reversibles e poden cambiar o sentido de rotación.
2-RODA HORIZONTAL (RODICIO)
Son os máis comúns. A roda motriz vai situada nun oco
inferior, chamado inferno, debaixo da estancia onde está o
aparello de moer.
MUÍÑO DE CUBO
Instálase en ríos de caudal
escaso. Gáñase forza da auga
pola altura que esta acada
dentro do cubo.
MUÍÑO DE BALSA
Instálase en ríos de caudal
escaso. A balsa serve de
reserva de auga.
MUÍÑO DE ARTESA
Instálase en ríos de caudal
escaso. Combina a función
do muíño de cubo (aumento
de altura) e o de balsa
(reserva de auga)
MUÍÑO DE DORNA
OU DE REGOLFO
O rodicio vai metido nun pozo
cilíndrico para aproveitar a forza
da auga que rebota nas paredes.
ELEMENTOS DUN MUÍÑO
Presas ou tostas
canles e aliviadoiros
Canles de entrada con sistemas para pechar a achega de auga.
RODICIO: actúa como un torno. A auga bate nas pás e fai xirar a roda.

Remate da canela cun pechadoiro.
Rodicio e viga ou mesa.
VEO: eixo que transmite o
movemento do rodicio á moa. O
extremo do eixo (grilo) xira sobre
unha pedra moi dura (ra)

ra

VIGA: actúa como unha panca de
2º xénero. Eleva o sistema eixorodicio-moa regulando a
separación entre as pedras e polo
tanto o grosor da moenda.
REGULADOR, ERGUEDOIRO OU TEMPERO: controla a viga para separar máis ou
menos as pedras e moper máis fino ou máis gordo.
aparellos de moer
muíños co tremiñado de madeira
muíño co tremiñado de pedra
MOEGA: tolva onde se deposita o gran
A forma de plano inclinado faino baixar
pola QUENLLA ou CANETA.
MOA ou CAPA: pedra móbil que
xira e moe o gran contra o pé. A
forma de plano inclinado xunto co
movemento de rotación fai sair a
fariña polas beiras.
As peneiras de traque van conectadas ao
mecanismo que move o muíño.
Medidas: ferrado e maquía
Pa e peneira

Ucha
Conxunto de muíños do Barosa (Barro).

Conxunto de muíños do Folón (O Rosal).
FERRERÍAS

Son instalacións adicadas ao
traballo e transformación do ferro.
Naceron na Idade Media e foron
moi abundantes no Caurel, en
Riotorto, A Pontenova, O Incio, A
Fonsagrada...
Utilizaban a forza da auga para
mover grandes mazos cos que se
traballaba o ferro, os foles para
avivar o lume da fragua, as rodas
de puír e afiar para rematar as
ferramentas, as prensas para dar
formas e os tornos para facer os
mangos. As máis recentes tiñan
machucos máis lixeiros movidos
por correas de trasmisión.

Ferrería de Seoane. O Courel.
O eixo da roda (árbore) leva uns saíntes
(malumbreiros) que obrigan a levantar o
mazo. Este cae polo seu propio peso e
golpea o ferro (quentado previamente na
fragua) contra a ingre.
O banzado é un depósito de
auga situado na parte alta da
instalación. Desde el a auga
baixa polo chifrón para
mover a roda.
Mazo de Bogo, A Pontenova.
Rodas e eixo

Mazo de Santa Comba. Lugo

Ferrería de Penacova. Bóveda.
Para insuflar o aire utilizaban varios sistemas: foles (accionados
manualmente ou cunha roda hidráulica), trompas de auga ou émbolos.
Mazo hidráulico de Penacova.

moa de afiar
BATÁNS

Usábanse para mazar os
tecidos de la.
Os panos, despois de
tecidos, colocábanse en
pías con auga onde se
golpeaban para estreitar e
enlear as febras e darlles
corpo e suavidade.
SERRERÍAS

Instalacións para cortar
madeira. As máis sinxelas tiñan
unha serra simple. As máis
complexas utilizaban a auga
para facer funcionar serras,
tornos e cepilladoras mediante
rodas de diferentes tamaños e
correas de trasmisión.

Serrería en Maceiras (Covelo)
Serrería en Maceiras
RODAS DE
AFIAR

Usábanse para facerlle o fío
ás ferramentas.
FÁBRICAS DE PAPEL

Usában a auga para mazar as febras.
En Galicia houbo varias: Arenteiro, Lousame, Faramello…

Fábrica de Papel de Domingo Fontán, en Vilacova

Arenteiro
MAZO DO LIÑO
Utilizábase para mazar o liño.

Mecanismo para mazar o liño
(reconstrucción). Museo Casa do
Patrón. Doade (Lalín).
PETACÁN

(ESPANTAPAXARO
S) Curioso enxeño que se

instalaba nos regos de
auga para espantar os
paxaros producindo ruídos.
TRADICIÓN ORAL
REFRÁNS

-Cando o muíño busca o gran… tantarantán.
-Vale máis acea parada que muiñeiro amigo.
-Se o muíño non anda a maquía non gaña.
-Nin muíño sen rodicio nin home sen oficio.
-Cando a acea está parada nin da proveito nin gaña
nada.
-Na acea moe o primeiro que chega.
CANTIGAS
Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira
esa sí que é muiñada.
No muíño fan cantigas,
no muíño dan consellos,
no muíño fanse amores
e contan contos os vellos.
Ao muíño do meu pai
eu ben lle sei o tempero:
cando está alto baixalo,
e cando está baixo erguelo.

Interior dun muíño (Ilustración gallega y asturiana)
O muíño troula troula
bota fariña da roda,
a meiga da muiñeira
ten un andar que namora.
Á porta daquel muíño
púxenme a considerar
as voltas que da o rodicio
e aínda as que ten que dar.
 
Non se precisa pandeiro
para bailar a muiñeira,
mentras dura a muiñada
márcanolo ritmo a albeira.
DITOS

-Cada muíño quere a súa auga
-Auga pasada non move muíño
-O que pode, vai ao muíño e moe
ADIVIÑAS

Que será unha cousiña cousa que
anda e anda e nunca sae da casa?
(A roda do muíño)
Canto máis fame ten máis anda.
(A roda do muíño)
Anda e non ten pés
come e non ten boca,
canta comida lle dan
toda lle parece pouca.
(A roda do muíño)
Máis de mil señoritos
entraron (ao entrar) por un burato,
colleron nome de femia
e perderon o de macho.
(Os graos ao facerse fariña)
ESCOLMA LITERARIA
MUÍÑEIRA DA REVOLTA
Muiñeira da Revolta,
da Revolta revoltada,
fóichese a risa dos beizos
fóichese o brilo da cara.
(...)
A tolba chea non treme,
o tarabelo non baila,
o rodicio non se move,
a moa dorme calada,
silandeiro está o muíño
como unha casa queimada...
a ágoa vaise perdida
¡ai! como a túa mirada.
¡Espílete, muiñeira
da Revolta revoltada!
(...)

Ramón Cabanillas
“POESÍAS VENTUREIRAS”
“Vexo nesta morea de pedras o paso do tempo. …Vexo a auga do río que se arreda, que xa
non fai danzar os rodicios. Vexo o que foi carreiro mallado de tódo-los veciños, carreiro de
millo e centeo arrincados á terra ano tras ano, para se trocar en fariña-pan-mantenza. Vexo e
non vexo no seu trafego o tío Marcial enfoulado, maquiando, sorrindo…
Fuxiron as moas brancas de pedra, o arrolar da cangalleira, a anterga música do tarabelo.
Fuxeu a ringla de saquetes de liño, e as historias de enchentas e afogados, e o parrafeo
xeitoso da moza casadeira.
Todo se afundeu baixo desta cativa morea de pedras”.
Xosé Neira Vilas, en Lar, Ed. Akal, Madrid, 1974
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Maio 2013

Más contenido relacionado

Similar a A auga na cultura galega. Auga que traballa

Usos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa culturaUsos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa cultura
RATIBRON
 
Muiño hidráulico
Muiño hidráulicoMuiño hidráulico
Muiño hidráulico
pilar_anta
 
Muíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-CambadosMuíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-Cambados
monadela
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
monadela
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
iesasorey
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a seca
iesasorey
 
Traballo muiños kevin
Traballo muiños kevinTraballo muiños kevin
Traballo muiños kevin
satelite1
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidades
LOPEZMOURENZA
 
A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...
A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...
A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...
monadela
 
Auga que hai que pasar
Auga que hai que pasarAuga que hai que pasar
Auga que hai que pasar
iesasorey
 
Traballo dos muíños
Traballo dos muíñosTraballo dos muíños
Traballo dos muíños
PILI
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoas
monadela
 

Similar a A auga na cultura galega. Auga que traballa (20)

Usos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa culturaUsos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa cultura
 
Os muíños de abadín
Os muíños de abadín Os muíños de abadín
Os muíños de abadín
 
Muiño hidráulico
Muiño hidráulicoMuiño hidráulico
Muiño hidráulico
 
Os muiños
Os muiñosOs muiños
Os muiños
 
Muíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-CambadosMuíño de marea. A Seca-Cambados
Muíño de marea. A Seca-Cambados
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a seca
 
Traballo muiños kevin
Traballo muiños kevinTraballo muiños kevin
Traballo muiños kevin
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidades
 
A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...
A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...
A auga na cultura galega. Auga que hai que pasar. pontes, portos...
 
Auga que hai que pasar
Auga que hai que pasarAuga que hai que pasar
Auga que hai que pasar
 
Traballo dos muíños
Traballo dos muíñosTraballo dos muíños
Traballo dos muíños
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega
 
Couselo
CouseloCouselo
Couselo
 
Os muíños
Os muíñosOs muíños
Os muíños
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoas
 

Más de monadela

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Último

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

A auga na cultura galega. Auga que traballa

  • 2. As correntes de auga conteñen enerxía potencial (pola diferencia de altura entre dous puntos) e enerxía cinética (polo movemento). É unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da auga).
  • 3. A enerxía da auga (enerxía hidráulica) é unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da auga).
  • 4. Para aproveitar a enerxía da auga utilízase unha roda hidráulica que funciona como un torno. A auga golpea nos puntos exteriores producindo un movemento de rotación que se transmite ao eixo. As rodas de empuxe superior instálanse en lugares con pouca cantidade de auga porque para producir o movemento aproveitan a diferencia de peso que orixina nun dos lados da roda a auga almacenada nos caixóns. As rodas de empuxe inferior instálanse en lugares con auga rápida e caudal abundante.
  • 5. A roda pode ir conectada directamente co resto dos aparellos ou precisar un sistema de operadores que cambien a dirección do movemento.
  • 7. USOS TRADICIONAIS DA ENERXÍA HIDRÁULICA EN GALICIA Galicia é un país percorrido por máis de mil ríos e regatos e as nosas xentes souberon construír diversos enxeños para aproveitar a enerxía da auga, tanto nos grandes ríos como en calquera pequena corrente. Os máis abundantes son os muíños, dos que hai varios milleiros. Nas zonas mineiras de ferro abondaban as ferrerías e espallados por moitas zonas atópanse tamén batáns para mazar la e serrerías. No seculo XIX funcionou algunha fábricas textil con enerxía hidráulica como a Isabel II en Neda e muíños de papel. En algúns muíños e ferrerías instalábanse xeradores para producir “luz”.
  • 8. MUÍÑOS Mecanismos para moer. Utilízanse para triturar distintos materiais, sobre todo cereais. A enerxía da auga move o rodicio que por medio do eixo fai xirar a moa.
  • 9. Acea no Miño (Lugo) O tamaño e a estrutura construtiva dos muíños galegos é moi variada. Pequeno muíño no Xallas
  • 10. TIPOS DE MUÍÑOS SEGUNDO A POSICIÓN DA RODA MOTRIZ Roda vertical (bruia) Roda horizontal (Rodicio)
  • 11. 1-RODA VERTICAL (BRUIA) Roda hidráulica con canle de alimentación inferior. É o tipo máis simple. Aproveita só o impulso da auga e depende do fluxo da corrente. Instálase en ríos de caudal abundante e corrente forte
  • 12. Roda hidráulica con canle de alimentación superior: o peso da auga que cae nos caixóns ou pas aumenta a forza. Instálanse en regatos de caudal escaso. Algunhas son reversibles e poden cambiar o sentido de rotación.
  • 13. 2-RODA HORIZONTAL (RODICIO) Son os máis comúns. A roda motriz vai situada nun oco inferior, chamado inferno, debaixo da estancia onde está o aparello de moer.
  • 14. MUÍÑO DE CUBO Instálase en ríos de caudal escaso. Gáñase forza da auga pola altura que esta acada dentro do cubo.
  • 15. MUÍÑO DE BALSA Instálase en ríos de caudal escaso. A balsa serve de reserva de auga.
  • 16. MUÍÑO DE ARTESA Instálase en ríos de caudal escaso. Combina a función do muíño de cubo (aumento de altura) e o de balsa (reserva de auga)
  • 17. MUÍÑO DE DORNA OU DE REGOLFO O rodicio vai metido nun pozo cilíndrico para aproveitar a forza da auga que rebota nas paredes.
  • 20.
  • 22. Canles de entrada con sistemas para pechar a achega de auga.
  • 23. RODICIO: actúa como un torno. A auga bate nas pás e fai xirar a roda. Remate da canela cun pechadoiro. Rodicio e viga ou mesa.
  • 24. VEO: eixo que transmite o movemento do rodicio á moa. O extremo do eixo (grilo) xira sobre unha pedra moi dura (ra) ra VIGA: actúa como unha panca de 2º xénero. Eleva o sistema eixorodicio-moa regulando a separación entre as pedras e polo tanto o grosor da moenda.
  • 25. REGULADOR, ERGUEDOIRO OU TEMPERO: controla a viga para separar máis ou menos as pedras e moper máis fino ou máis gordo.
  • 29. MOEGA: tolva onde se deposita o gran A forma de plano inclinado faino baixar pola QUENLLA ou CANETA.
  • 30. MOA ou CAPA: pedra móbil que xira e moe o gran contra o pé. A forma de plano inclinado xunto co movemento de rotación fai sair a fariña polas beiras.
  • 31. As peneiras de traque van conectadas ao mecanismo que move o muíño.
  • 32. Medidas: ferrado e maquía Pa e peneira Ucha
  • 33. Conxunto de muíños do Barosa (Barro). Conxunto de muíños do Folón (O Rosal).
  • 34. FERRERÍAS Son instalacións adicadas ao traballo e transformación do ferro. Naceron na Idade Media e foron moi abundantes no Caurel, en Riotorto, A Pontenova, O Incio, A Fonsagrada... Utilizaban a forza da auga para mover grandes mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar para rematar as ferramentas, as prensas para dar formas e os tornos para facer os mangos. As máis recentes tiñan machucos máis lixeiros movidos por correas de trasmisión. Ferrería de Seoane. O Courel.
  • 35.
  • 36. O eixo da roda (árbore) leva uns saíntes (malumbreiros) que obrigan a levantar o mazo. Este cae polo seu propio peso e golpea o ferro (quentado previamente na fragua) contra a ingre.
  • 37. O banzado é un depósito de auga situado na parte alta da instalación. Desde el a auga baixa polo chifrón para mover a roda. Mazo de Bogo, A Pontenova.
  • 38. Rodas e eixo Mazo de Santa Comba. Lugo Ferrería de Penacova. Bóveda.
  • 39. Para insuflar o aire utilizaban varios sistemas: foles (accionados manualmente ou cunha roda hidráulica), trompas de auga ou émbolos.
  • 40. Mazo hidráulico de Penacova. moa de afiar
  • 41. BATÁNS Usábanse para mazar os tecidos de la. Os panos, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde se golpeaban para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade.
  • 42.
  • 43. SERRERÍAS Instalacións para cortar madeira. As máis sinxelas tiñan unha serra simple. As máis complexas utilizaban a auga para facer funcionar serras, tornos e cepilladoras mediante rodas de diferentes tamaños e correas de trasmisión. Serrería en Maceiras (Covelo)
  • 45. RODAS DE AFIAR Usábanse para facerlle o fío ás ferramentas.
  • 46. FÁBRICAS DE PAPEL Usában a auga para mazar as febras. En Galicia houbo varias: Arenteiro, Lousame, Faramello… Fábrica de Papel de Domingo Fontán, en Vilacova Arenteiro
  • 47. MAZO DO LIÑO Utilizábase para mazar o liño. Mecanismo para mazar o liño (reconstrucción). Museo Casa do Patrón. Doade (Lalín).
  • 48. PETACÁN (ESPANTAPAXARO S) Curioso enxeño que se instalaba nos regos de auga para espantar os paxaros producindo ruídos.
  • 49. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS -Cando o muíño busca o gran… tantarantán. -Vale máis acea parada que muiñeiro amigo. -Se o muíño non anda a maquía non gaña. -Nin muíño sen rodicio nin home sen oficio. -Cando a acea está parada nin da proveito nin gaña nada. -Na acea moe o primeiro que chega.
  • 50. CANTIGAS Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira esa sí que é muiñada. No muíño fan cantigas, no muíño dan consellos, no muíño fanse amores e contan contos os vellos. Ao muíño do meu pai eu ben lle sei o tempero: cando está alto baixalo, e cando está baixo erguelo. Interior dun muíño (Ilustración gallega y asturiana)
  • 51. O muíño troula troula bota fariña da roda, a meiga da muiñeira ten un andar que namora. Á porta daquel muíño púxenme a considerar as voltas que da o rodicio e aínda as que ten que dar.   Non se precisa pandeiro para bailar a muiñeira, mentras dura a muiñada márcanolo ritmo a albeira.
  • 52. DITOS -Cada muíño quere a súa auga -Auga pasada non move muíño -O que pode, vai ao muíño e moe
  • 53. ADIVIÑAS Que será unha cousiña cousa que anda e anda e nunca sae da casa? (A roda do muíño) Canto máis fame ten máis anda. (A roda do muíño) Anda e non ten pés come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca. (A roda do muíño) Máis de mil señoritos entraron (ao entrar) por un burato, colleron nome de femia e perderon o de macho. (Os graos ao facerse fariña)
  • 54. ESCOLMA LITERARIA MUÍÑEIRA DA REVOLTA Muiñeira da Revolta, da Revolta revoltada, fóichese a risa dos beizos fóichese o brilo da cara. (...) A tolba chea non treme, o tarabelo non baila, o rodicio non se move, a moa dorme calada, silandeiro está o muíño como unha casa queimada... a ágoa vaise perdida ¡ai! como a túa mirada. ¡Espílete, muiñeira da Revolta revoltada! (...) Ramón Cabanillas “POESÍAS VENTUREIRAS”
  • 55. “Vexo nesta morea de pedras o paso do tempo. …Vexo a auga do río que se arreda, que xa non fai danzar os rodicios. Vexo o que foi carreiro mallado de tódo-los veciños, carreiro de millo e centeo arrincados á terra ano tras ano, para se trocar en fariña-pan-mantenza. Vexo e non vexo no seu trafego o tío Marcial enfoulado, maquiando, sorrindo… Fuxiron as moas brancas de pedra, o arrolar da cangalleira, a anterga música do tarabelo. Fuxeu a ringla de saquetes de liño, e as historias de enchentas e afogados, e o parrafeo xeitoso da moza casadeira. Todo se afundeu baixo desta cativa morea de pedras”. Xosé Neira Vilas, en Lar, Ed. Akal, Madrid, 1974
  • 56. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2013