SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 99
ESPAZOS NATURAIS
LIC Macizo Central
Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos
do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do
río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do
Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha
grande diversidade de hábitats e especies.
SITUACIÓN:
No centro-norte da provincia
de Ourense. Localidades de
referencia: Manzaneda, A
Pobra de Trives, Chandrexa de
Queixa e Vilariño de Conso.
SUPERFICIE:
46.986 ha
CONCELLOS:
O Bolo, Chandrexa de Queixa,
Laza, Manzaneda, A Pobra de
Trives, Viana do Bolo, Vilariño
de Conso, Larouco e
Montederramo (Ourense) e
Quiroga (Lugo)
VALORES NATURAIS:
Fragas, pegadas glaciarias, ,
ríos, paisaxes, flora e fauna...
Hai unha proposta
de ampliación
pendente de aprobar
que inclúe o río
Camba ata Viana do
Bolo.
PROTECCIÓN
-Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004
-Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014
-Inclúe o Parque Natural “O Invernadeiro” de 5.722 ha e o Monumento Natural
“Souto de Rozavales” de 1,80 ha.
Encoro do Cenza desde os cumes de Fial das Corzas
RELEVO/XEOLOXÍA
É un territorio que alterna montes e vales profundos, ocupado na súa maior parte
polo MACIZO CENTRAL, un extenso antiplán escalonado situado na zona
centro-norte da provincia de Ourense, rodeado polas depresións tectónicas da
Limia e Maceda e polos profundos canóns fluviais do Sil e do Bibei. Está dividido
en dous polo río Queixa-Navea e composto por cinco serras: Queixa (con Cabeza
de Manzaneda, a altura máxima, de 1.782 m), Fial das Corzas, Invernadeiro, San
Mamede e O Burgo.
O Macizo Central desde o Alto do Boi (O Courel)
Granitos en Manzaneda
A rocha dominante é o granito de dúas micas salvo no sector sur onde abondan
os xistos, as lousas e as cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria,
arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina.
Bandas de xistos e cuarcitas en Fial das Corzas
Lousas
Cumes de Fial das Corzas
SERRA DE QUEIXA
Ocupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os
picos máis altos: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza Pequena de
Manzaneda (1.777 m) e Os Toleiros (1.734 m) . Nos cumes do Seixo conflúe coa
serra de Fial das Corzas e O Invernadeiro.
Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o granito de dúas
micas.
É unha serra de formas suaves e redondeadas, aplanadas pola acción dos
glaciares e nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas.
Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o
Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos
escavan vales profundos con grandes desniveis.
Cumes da Serra da Queixa
Cabeza de Manzaneda, cume da Serra da Queixa e do Macizo Central
SERRA DE FIAL DAS CORZAS
Situada a continuación da serra da Queixa, con orientación N-SE. É unha serra de
cumes redondeados formada por areíscas e lousas. O cume máis alto é Cabeza
da Veiga do Fial, con 1.552 m. Na súa vertente occidental nace o río Camba, e no
leste as cabeceiras do Navea.
Val de Requeixo desde os Cumes de Fial das Corzas
MONTES DO INVERNADEIRO
Esténdense, con orientación NO-SE, desde a confluencias das serras de Fial das
Corzas e Queixa (Pico do Seixo, con 1.707 m) ata o Val do río Camba.Están
limitados polos ríos Ribeira Pequena e Conso que excavan profundos vales e
desembocan no Camba no encoro das Portas.As rochas máis comúns son os
xistos, as lousas e as cuarcitas. Nas súas abas nacen os ríos Ribeira Grande,
Ribeira Pequena e varios afluentes do Conso. A parte entre os ríos Conso e
Ribeira Grande coñécese tamén co nome de serra da Pena.
A zona ten moito interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Unha
parte está protexida como Parque Natural.
Vista suroeste da Serra do Invernadeiro co val do Camba á dereita
Montes do Invernadeiro desde A Gudiña
ALTOS DO SAMIÓN
Unha pequena serra con orientación NE-S situada entre a Serra de San Mamede,
Fial das Corzas e serra de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. Os
puntos máis altos son o Xistral, con 1.596 m e o Penedo de Samión, con 1.348 m.
Nas súas abas nacen varios afluentes do Navea.
Accedese desde As Taboazas ou desde Requeixo. Pódense facer rutas de
sendeirismo polos cumes con vistas espectaculares
Altos de Samión desde San Mamede.
SERRA DE SAN MAMEDE
Esténdese con dirección NO-SE. Formada por xistos e areíscas, que orixinan un
relevo de formas redondeadas e suaves con granitos de dúas micas e algunha
cuarcita nos cumes que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes
penedos. O cume máis alto, San Mamede con 1.619 m. Na vertente norte nacen o
río Mao e varias cabeceiras do Navea.
Neste espazo está protexida unha parte da ladeira leste.
Serra de San Mamede desde Cabeza de Manzaneda
Serra de San Mamede desde a serra de Queixa
GLACIARISMO
Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da
Queixa estivo ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis
baixas por varios glaciares de circo e lingua. Desta época consérvanse
numerosas pegadas: lagoas, circos e vales glaciares, morrenas, rochas con
marcas do xeo...
Val glaciar do Cenza
Os glaciares máis importantes foron:
-Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata
Chagoazoso.
-Cabeza Pequena de Manzaneda
-Marmentelo (SO de Cabeza de
Manzaneda).
-As Lamas: polo que corre o rego das
Lamas, chamado máis abaixo Requeixo e
San Miguel.
-San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de
Manzaneda, na cabeceira do río San
Lázaro.
-Cerveira, no SO da serra de Queixa, no
linde coa do Invernadeiro.
-Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza
Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do
río Grande.
-O Figueiro, nas nacentes do río Ribeira
Grande, no interior do Parque Natural do
Invernadeiro.
Por todos estes vales glaciares pódense facer
rutas a pé para percorrelos e apreciar a formas
dos vales e os distintos tipos de depósitos
rochosos. O de máis doado acceso é o do
Cenza, ao que se pode chegar pola estrada do
encoro.
Rochas coas pegadas da acción do xeo
Morenas de Chagoazoso
Depósitos glaciares no val do Cenza
No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río
Cenza consérvanse as mellores mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar, morrenas laterais,
rochas de aspecto aborregado puídas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional...
Morrena de Chaguazoso. É unha morrena lateral que se atopa na marxe esquerda do val do río Cenza, a
mellor conservada de Galiza, formada por grandes bloques graníticos.
Circo glaciar de Prada (Requeixo-Manzaneda)
Circo glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
Depósitos do glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
Depósitos glaciares en Mormentelos
REDE FLUVIAL
O Macizo Central da lugar a unha ampla rede fluvial que forma parte das concas
do Miño e Douro. Verte ao Sil (polo sur, norte e leste) e ao Támega e Arnoia (polo
sur). O principal río deste espazo é o Bibei e os seus afluentes Camba (co Ribeira
Pequena, Ribeira Grande, Conso e Cenza), San Miguel, Xares, San Lazaro e
Queixa-Navea.
Nacentes do rego de Cernado, afluente do Bibei
RÍO BIBEI
Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Desde Viana do
Bolo (a 733 m de altura) ata que se une co Sil en Montefurado (a 290 m de altura)
discorre por un canón de 40 m de lonxitude, ata 500 m de profundidade e unha
pendente media do 50%, escavado en granitos, xistos e gneis. Os principais
afluentes son o Xares e rego da Porriñeira (pola dereita) e o Camba, Conso, San
Miguel, San Lázaro e Navea (pola esquerda).
O Bibei nas As Ermidas (O Bolo). Nas zonas orientadas ao sur hai
socalcos nos que se cultivan vides, en grande parte abandonados.
O Bibei no Larouco
Río Xares pouco antes
de xuntarse co Bibei.
Río Xares
Recolle augas da vertente sur da
serra do Eixe e da Serra Calva.
No curso alto discorre polo
antigo val glaciar de A Ponte e
despois de Prada encáixase
forrmando un profundo canón ata
xuntarse co Bibei na zona do
Larouco.
O Xares en Portomourisco
Río Camba
Nace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán e
bótase no Bibei en Viana do Bolo. Os afluentes máis destacados son o Ribeira Grande, o
Ribeira Pequena, o Conso e o Cenza.
O Camba no encoro das Portas, ao fondo os montes do Invernadeiro
Río Ribeira Grande
Fórmase pola confluencia de numerosos
regos: Augacenza ou Corga do Figueiro,
Corga da Vela, Teixeiroá, Corga da Cenza
e xúntase co Camba no encoro das
Portas. A fonte máis alonxada (río
Casarello) nace debaixo do Monte do
Bidual (Serra de Queixa).
Río Ribeira Pequena
Nace debaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas.
Río Conso
Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre
os Montes do Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente
de dirección cara ao norte para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e
Vilariño de Conso. O principal afluente é o Cenza.
O Conso entre Pradoalvar e As Hedradas
Fervenza no Conso en Pradoalvar
Fervenza nun afluente
do Conso nas Hedradas
Fervenzas en afluentes do Conso que baixan do Invernadeiro (As Hedradas)
Fervenza da Louseira. En Entrecinsa,
na parroquia de Sabuguido, no regato
Veigas de Camba que desemboca no
Conso. Un salto en lousas de
aproximadamente 20 m de altura.
Río Cenza
Fórmase no antigo circo glaciar do
Corvo do Cavalo, na vertente leste de
Cabeza de Manzaneda e ten un
percorrido curto antes de ser
encorado no seu curso alto. No seu
val consérvanse interesantes
representacións de turbeiras de
montaña e de pegadas glaciarias.
Encoro no tramo alto do Cenza. Asolagou o mellor val glaciar de
Galiza e interesantes representacións de turbeiras de montaña
Salto da Cenza en Castiñeiras (Vilariño de
Conso). O río salva un desnivel en rochas
graníticas de máis de 100 m de altura (é a
fervenza máis alta de Galiza). Antes do
salto o río forma un pequeno canón con
varios saltos máis pequenos, pozas e
rápidos.
Rego de San Miguel
Fórmase coa unión dos regos que
drenan os vales glaciares de
Prada e Lamas, na vertente leste
de Cabeza de Manzaneda. Xúntase
ao Bibei augas abaixo do encoro
do Vao.
Rego de Prado, un
afluente do San Miguel
Río San Lázaro
Nace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre
os concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do
Larouco. Ten un percorrido con grandes desniveis e excava un estreito canón desde
Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal afluente é o Tintín, no que hai un encoro.
O río San Lázaro entrando no Bibei na área recreativa do Caneiro (Manzaneda)
Rego de San Lázaro ao pouco do seu
nacemento
Fervenza no rego de San Lázaro entre
Manzaneda e Trives
Río Navea
O río (nun comezo chamado
Queixa) recolle as augas de varios
regos que nacen na Serra de
Queixa, Montes do Samión e serra
de San Mamede que conflúen no
encoro de Chandrexa de Queixa.
Máis abaixo circula entre as Serra
do Burgo e Queixa. Xúntase co
Bibei nas proximidades da súa
desembocadura no Sil. Está
afectado por dous encoros:
Chandrexa e Guístolas. Os seus
afluentes mais importantes pola
dereita son o rego do Acerral, o
río Grande e o río de Casteligo.
Pola esquerda o regueiro do
Marco, o rego de Rabal (protexido
neste espazo) e o das Cabanas.
Unha grande parte do Navea
discorre por profundos canóns e
vales encaixados rodeados de
fragas autóctonas de grande
interese ecolóxico e paisaxístico.
Val do Navea no inverno.
Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas
autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.
Unha das cabeceiras do río Grande, entre os Altos do Samión e a serra de Queixa
Río Dorelle ou Casteligo
Nace en Cabeza de Manzaneda e despois dun curto percorrido con bastante desnivel xúntase ao Navea
na parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).
Vides no val do Bibei
CLIMA
Oceánico de montaña, con trazos de clima continental. Os veráns son calorosos e
secos, denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, e os invernos
bastantes fríos. As precipitacións son moi abundantes (media anual superior a
2000 mm), en parte en forma de neve.
Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas.
Neve en Manzaneda
Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea, subprovincia
cántabro-atlántica e sector galaico-portugués e limita co sector lusitano-duriense
da subprovincia carpetano-leonesa, correspondente á rexión Mediterránea.
As distintas condicións ambientais dan lugar a un grande número de hábitats,
desde os pasteiros e as matogueiras dos cumes aos bosques dos vales.
ECOLOXÍA
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
-Augas estancadas, oligotróficas ou
mesotróficas con vexetación
de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-
Nanojuncetea
-Lagos e estanques distróficos naturais
-Ríos dos pisos basal a montano con
vexetación de Ranunculion fluitantis e
de Callitricho-Batrachion
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas
temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Queirogais alpinos e boreais
-Queirogais oromediterráneos endémicos
con toxos
-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis
-Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de
zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion
caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Prados de sega de montaña
-Turbeiras altas activas
-'Mires' de transición
-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-
Veronicion dillenii
-Covas non explotadas polo turismo
-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae,
Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
-Soutos
-Bosques galería de Salix alba e Populus alba
-Sobreirais
-Aciñeirais
-Acevedos
FLORA
A vexetación dominante na serra son os pasteiros e o mato formado por carqueixas, uces,
carpazas, xestas, piornos, arandeiras silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Na
zona máis degradada hai toxos, queirugas, pelos de raposo, tomelos...
Nos canóns fluviais e nas zonas baixas e soleadas do macizo atopamos unha vexetación
mediterránea formada por sobreiras, aciñeiras, érbedos, cantroxos, estevas... Por enriba dos
600 m de altura hai bosque mixto de carácter eurosiberiano formado por rebolos, bidueiros,
abelairas, pradairos e capudres. Nas proximidades das poboacións hai soutos, algúns moi
antigos.
Toda a área amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións
forestais.
A zona acolle unha gran riqueza botánica, con máis de 900 especies e case cen endemismos
ibéricos
As árbores máis comúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño
(Quercus pyrenaica), o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa
localización máis sudoccidental en Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o
bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o
ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o teixo (Taxus baccata), o
cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro
(Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo
(Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...
No val do Figueiro (O Invernadeiro) consérvanse os que sexan posiblemente os bosque máis antigos de
Galiza con carballos de máis de 500 anos acompañados de acivros, carbas, pradairos, bidueiros,
capudres, salgueiros... Esta área está catalogada como reserva integral e só é posible acceder a ela con
fins científicos (cunha autorización especial).
Carba (Quercus patraea) acada aquí a súa localización
máis sudoccidental en Europa.
Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica)
Bidueiros (Betula celtiberica)
Abelaira (Corylus avellana)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Acivros (Ilex aquifolium)
Podemos atopar un grande
número de plantas endémicas e
raras en Galiza: Allium
victorialis, Festuca elegans,
Festuca graniticola (exclusiva
do Macizo Central ourensán),
Festuca summilusitanica,
Hieracium rupicolum, Jasione
laevis subsp. carpetana,
Narcisus asturiensis, Serratula
legionensis, Teesdaliopsis
conferta, Armeria ciliata,
Ornithogalum concinnum,
Dianthus langeanus...
(Armeria ciliata)
Tamén hai un grande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou pouco
comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha, Arenaria
tetraquetra, Silene Foetida, Silene ciliata, Viola bubani, Eryngium duriaei, Gentiana lutea,
Serratula legionensis... ou o ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum.
Eryngium duriaei subsp. juresianum.
Anémona (Anemone trifolia)
As matogueiras predominantes son as uceiras da asociación Genistello tridentatae-Ericetum
aragonensis, caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa
(Pterospartum tridentatum con dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos
máis profundos e húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de Genista florida subsp.
polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus).
Uz vermella (Erica australis).Uz, urce (Erica arborea)
Xesta branca (Cytisus multiflorus). Florece
na primavera nos matos do sur de Galiza.
Xesta (Genista florida)
Carqueixa (Pterospartum tridentatum )
Polygala microphylla
Carrascas de San Xoán
(Helichrysum stoechas)
Rumex, unha especie presente nas áreas de clima mediterráneo do Macizo Central.
Crocus serotinus, unha das primeiras flores que asoman na primavera
Dentro da flora dependente de chans anegados destacan as que viven entre o leito de
rochas dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp.
reuteriana); nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a
auga (Genista micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo que permanezan anegados
modifican a composición de especies, chegando á formación de turbeiras.
Xunca de algodón (Eriosphorum angustifolium). Vive en
lugares húmidos con solos acedos a certa altitude.
Hai numerosas especies de fentos, brións e hepáticas (algunhas moi raras en España, como
Aphanolejaeunea microscopica),
Fenta (Blecnum spicant)Dentabrú (Osmunda regalis)
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Festuca elegans
Festuca summilusitana
Narcissus asturiensis
Narcissus
pseudonarcissusssp. nobilis
Veronica micrantha
Narciso (Narcisus asturiensis)
Rebentabois (Amanita muscaria).
Común nos bosques de bidueiros.
A humidade das zonas fondas dos vales
permite o desenvolvemento dunha grande
diversidade de fungos e liques que se
asentan no solo, entre as rochas ou nos
toros das árbores
Lobaria pulmonaria.
É un lique facilmente recoñecible polo seu grande
tamaño que se atopa sobre os toros das árbores.
ÁRBORES SENLLEIRAS
ÁRBORES SENLLEIRAS
Castiñeiro (Castanea sativa)
-Soutogrande (Vilariño de Conso)
-Pumbariños, no Souto de Rozavales
en Manzaneda
-Cubeiros (Placín, Manzaneda)
-Souto de Cernado (Manzaneda)
Castiñeiro de Soutogrande
(Vilariño de Conso)
-12,5 m de perímetro.
Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza,
con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995.
Castiñeiro de Pumbariños
no inverno
MONUMENTO NATURAL
“SOUTO DE ROZAVALES”
Pequeno espazo de 1,79 ha en San
Martiño de Arriba, no concello de
Manzaneda. É un souto formado
por castiñeiros moi antigos entre
os que destaca o castiñeiro de
Pumbariños.
No souto de Cernado (Manzaneda) hai algúns castiñeiros de bo porte. O máis grande, na imaxe,
sobrepasa os 9 m de perímetro.
Cubeiros (Placín, Manzaneda)
-9,45 m de perímetro. Incluído no
Catálogo de Árbores Senlleiras da
Xunta de Galiza.
Carballo (Querqus robur)
-Figueiro (Montes do Invernadeiro)
Cerquiño ou rebolo
(Quercus pyrenaica)
Pazo da Pena. Rozavales (Manzaneda).
-17 m de altura e 4 m de perímetro.
Bidueiro
(Betula celtiberica)
-Ribeira Grande (Vilariño de Conso-Ourense)
PARQUE NATURAL do Invernadeiro.
FAUNA
Destaca pola riqueza da súa fauna silvestre. Hai 176 especies de vertebrados e
numerosos invertebrados, entre os que se atopan algunhas raras en Galiza.
INVERTEBRADOS
Hai unha gran variedade de insectos e arañas.
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA HÁBITATS
Lesma (Geomalacus maculosus)
Vacaloura (Lucanus cervus)
Lesma
Vacaloura
Bolboreta (Polyommatus icarus)
PEIXES
Hai dúas especies de peixes autóctonos ameazados,
o cacho (Squalius carolitertii), e a boga do Douro ou
escalo (Chondrostoma duriense).
ANFIBIOS
Limpafontes común (Lissotriton boscai), limpafontes
verde (Triturus marmoratus), ra patilonga (Rana
iberica), estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax
perezi), rá vermella (Rana temporaria), sapo
corriqueiro (Bufo calamita), sapo cunqueiro (Bufo
bufo), sapo raxado (Discoglossus galganoi)…
Ra patilonga
(Rana iberica) Sapo cunqueiro (Bufo bufo)
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Chondrostoma polylepis
Rutilus arcasii
ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA
92/43/CEE
Discoglossus galganoi
RÉPTILES
Víbora fociñuda (Vipera latastei),
víbora de Seoane (Vipera seoanei),
cobra de colar (Natrix natrix),
cobra de auga (Natrix maura),
cobregón (Malpolon
monspessulanus), esgonzo común
(Chalcides striatus), escáncer
(Anguis fragilis), lagarto das
silveiras (Lacerta schreiberi),
lagarto arnao (Timon lepida),
lagarta galega (Podarcis bocagei),
lagarta dos penedos (Podarcis
hispanica), lagarta rabuda
(Psammodromus algirus)...
Víbora de
Seoane
(Vipera
seoanei)
Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Lacerta monticola
Lacerta schreiberi
AVES
Especies propias de áreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves de rapina:
aguia real (Aquila chrysaetos), aguia cobreira (Circaetus gallicus), tartaraña cincenta (Circus
pygargus), gatafornela (Circus cyaneus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus),
falcón peregrino (Falco peregrinus), lagarteiro (Falco tinnunculus), miñato común (Buteo
buteo), bufo real (Bubo bubo), moucho común (Athene noctua), avelaiona (Strix aluco), pica
dos prados (Anthus campestris), pica alpina (Anthus spinoletta), merlo rubio (Monticola
saxatilis), andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), perdiz pardilla (Perdix perdix
subsp. hispaniensis), papoazul (Lucinia svecica, a única poboación galega), abellaruco
(Merops apiaster)...
Cotovía (Galerida cristata)
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Aquila chrysaetos,
Circaetus gallicus
Circus pygargus
Circus cyaneus
Accipiter gentilis
Accipiter nisus
Falco peregrinus
Bubo bubo
Anthus campestris
Perdix perdix subsp. hispaniensis
Lucinia svecica
Águia real
(Aquila chrysaetos)
Bufo real (Bubo bubo).
Tartaraña cincenta
(Circus pygargus)
Lagarteiro (Falco tinnunculus)
Voitre (Gyps fulvus). Pode verse ocasionalmente
nas Serras do Macizo Central.
Gralla negra (Corvus corone). É común en toda
Galiza, pero máis raro na alta montaña.
Charrela (Perdix perdix subsp. Hispaniensis),
especie ibérica moi ameazada.
MAMÍFEROS
É un dos maiores valores do espazo: leirón (Glis glis), trilladeira nival (Chyonomis nivalis),
aguaneiro (Galemys pyrenaicus), lobo (Canis lupus), gato bravo (Felis sylvestris), marta
(Martes martes), armiño (Mustela erminea), tourón (Mustela putorius), lontra (Lutra lutra),
xabarín (Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), lebre ibérica (Lepus granatensis)...
Hai varias especies reintroducidas: cervo (Cervus elaphus), cabra brava (Capra pyrenaica) e
rebezo (Rupicapra rupicapra).
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Barbastella barbastellus
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Aguaneiro (Galemys
pyrenaicus) ten nos numerosos
regatos un hábitat óptimo.
Corzo (Capreolus capreolus).
É o único cérvido que mantivo
permanentemente a súa
presenza en Galiza.
Lebre ibérica (Lepus granatensis).
Lobo (Canis lupus), ten unha poboación estable
no Invernadeiro.
Cabeza de Manzaneda
ACTIVIDADES
Agricultura, gandaría, forestal, lecer, enerxía hidroeléctrica...
Ponte romana de Larouco
sobre o Bibei
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
A zona estivo poboada desde tempos moi antigos, especialmente nas áreas de
clima máis benigno dos vales.
Consérvanse elementos etnográficos de interes e monumentos histórico-
artísticos.
Miliarios en Larouco
PROBLEMAS
-Incendios
-Repoboación con especies foráneas.
-Encoros
-Especies invasoras
-Abandono das actividades e dos asentamentos
Prada (Manzaneda): aldea abandonada asentada nun circo glaciar.
PUNTOS DE INTERESE
-Vales glaciares: Cenza ou Couselo, Cabeza Pequena de Manzaneda, Marmentelo,
As Lamas, Cerveira, Forcadas e Requeixo, O Figueiro.
-Parque Natural do Invernadeiro
-Fervenzas: Arcos (Ribeira grande, O Invernadeiro), Cenza, afluentes do Conso
(Vilariño de Conso), San Lázaro.
-Cabeza de Manzaneda
-Encoro de Chandrexa de Queixa
-Codos do Larouco (canón do Bibei), miliarios e ponte romana.
-Portomourisco: ponte sobre o Xares.
Ponte romana sobre o Conso en Pradoalvar
-Por todo o espazo hai numerosas rutas indicadas para coñecer algúns dos
lugares de maior interese.
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Decembro 2016

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candánmonadela
 
LIC Baixo Miño
LIC Baixo MiñoLIC Baixo Miño
LIC Baixo Miñomonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courelmonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancaresmonadela
 
Canón do Miño
Canón do Miño Canón do Miño
Canón do Miño monadela
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanzamonadela
 
Río Bibei
Río BibeiRío Bibei
Río Bibeimonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 

La actualidad más candente (20)

Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candán
 
LIC Baixo Miño
LIC Baixo MiñoLIC Baixo Miño
LIC Baixo Miño
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courel
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancares
 
Canón do Miño
Canón do Miño Canón do Miño
Canón do Miño
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
 
Río Bibei
Río BibeiRío Bibei
Río Bibei
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 

Similar a LIC Macizo Central

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerêsmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneiramonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistralmonadela
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
 

Similar a LIC Macizo Central (16)

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneira
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
O courel
O courelO courel
O courel
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistral
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

LIC Macizo Central

  • 2. Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas. É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande diversidade de hábitats e especies.
  • 3. SITUACIÓN: No centro-norte da provincia de Ourense. Localidades de referencia: Manzaneda, A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso. SUPERFICIE: 46.986 ha CONCELLOS: O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Larouco e Montederramo (Ourense) e Quiroga (Lugo) VALORES NATURAIS: Fragas, pegadas glaciarias, , ríos, paisaxes, flora e fauna...
  • 4. Hai unha proposta de ampliación pendente de aprobar que inclúe o río Camba ata Viana do Bolo.
  • 5. PROTECCIÓN -Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004 -Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014 -Inclúe o Parque Natural “O Invernadeiro” de 5.722 ha e o Monumento Natural “Souto de Rozavales” de 1,80 ha. Encoro do Cenza desde os cumes de Fial das Corzas
  • 6. RELEVO/XEOLOXÍA É un territorio que alterna montes e vales profundos, ocupado na súa maior parte polo MACIZO CENTRAL, un extenso antiplán escalonado situado na zona centro-norte da provincia de Ourense, rodeado polas depresións tectónicas da Limia e Maceda e polos profundos canóns fluviais do Sil e do Bibei. Está dividido en dous polo río Queixa-Navea e composto por cinco serras: Queixa (con Cabeza de Manzaneda, a altura máxima, de 1.782 m), Fial das Corzas, Invernadeiro, San Mamede e O Burgo. O Macizo Central desde o Alto do Boi (O Courel)
  • 7. Granitos en Manzaneda A rocha dominante é o granito de dúas micas salvo no sector sur onde abondan os xistos, as lousas e as cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina.
  • 8. Bandas de xistos e cuarcitas en Fial das Corzas
  • 10. Cumes de Fial das Corzas
  • 11. SERRA DE QUEIXA Ocupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis altos: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza Pequena de Manzaneda (1.777 m) e Os Toleiros (1.734 m) . Nos cumes do Seixo conflúe coa serra de Fial das Corzas e O Invernadeiro. Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o granito de dúas micas. É unha serra de formas suaves e redondeadas, aplanadas pola acción dos glaciares e nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas. Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos escavan vales profundos con grandes desniveis. Cumes da Serra da Queixa
  • 12. Cabeza de Manzaneda, cume da Serra da Queixa e do Macizo Central
  • 13. SERRA DE FIAL DAS CORZAS Situada a continuación da serra da Queixa, con orientación N-SE. É unha serra de cumes redondeados formada por areíscas e lousas. O cume máis alto é Cabeza da Veiga do Fial, con 1.552 m. Na súa vertente occidental nace o río Camba, e no leste as cabeceiras do Navea.
  • 14. Val de Requeixo desde os Cumes de Fial das Corzas
  • 15. MONTES DO INVERNADEIRO Esténdense, con orientación NO-SE, desde a confluencias das serras de Fial das Corzas e Queixa (Pico do Seixo, con 1.707 m) ata o Val do río Camba.Están limitados polos ríos Ribeira Pequena e Conso que excavan profundos vales e desembocan no Camba no encoro das Portas.As rochas máis comúns son os xistos, as lousas e as cuarcitas. Nas súas abas nacen os ríos Ribeira Grande, Ribeira Pequena e varios afluentes do Conso. A parte entre os ríos Conso e Ribeira Grande coñécese tamén co nome de serra da Pena. A zona ten moito interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Unha parte está protexida como Parque Natural. Vista suroeste da Serra do Invernadeiro co val do Camba á dereita
  • 16. Montes do Invernadeiro desde A Gudiña
  • 17. ALTOS DO SAMIÓN Unha pequena serra con orientación NE-S situada entre a Serra de San Mamede, Fial das Corzas e serra de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. Os puntos máis altos son o Xistral, con 1.596 m e o Penedo de Samión, con 1.348 m. Nas súas abas nacen varios afluentes do Navea. Accedese desde As Taboazas ou desde Requeixo. Pódense facer rutas de sendeirismo polos cumes con vistas espectaculares Altos de Samión desde San Mamede.
  • 18. SERRA DE SAN MAMEDE Esténdese con dirección NO-SE. Formada por xistos e areíscas, que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves con granitos de dúas micas e algunha cuarcita nos cumes que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes penedos. O cume máis alto, San Mamede con 1.619 m. Na vertente norte nacen o río Mao e varias cabeceiras do Navea. Neste espazo está protexida unha parte da ladeira leste. Serra de San Mamede desde Cabeza de Manzaneda
  • 19. Serra de San Mamede desde a serra de Queixa
  • 20. GLACIARISMO Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares de circo e lingua. Desta época consérvanse numerosas pegadas: lagoas, circos e vales glaciares, morrenas, rochas con marcas do xeo... Val glaciar do Cenza
  • 21. Os glaciares máis importantes foron: -Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata Chagoazoso. -Cabeza Pequena de Manzaneda -Marmentelo (SO de Cabeza de Manzaneda). -As Lamas: polo que corre o rego das Lamas, chamado máis abaixo Requeixo e San Miguel. -San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de Manzaneda, na cabeceira do río San Lázaro. -Cerveira, no SO da serra de Queixa, no linde coa do Invernadeiro. -Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do río Grande. -O Figueiro, nas nacentes do río Ribeira Grande, no interior do Parque Natural do Invernadeiro. Por todos estes vales glaciares pódense facer rutas a pé para percorrelos e apreciar a formas dos vales e os distintos tipos de depósitos rochosos. O de máis doado acceso é o do Cenza, ao que se pode chegar pola estrada do encoro. Rochas coas pegadas da acción do xeo Morenas de Chagoazoso
  • 22. Depósitos glaciares no val do Cenza No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río Cenza consérvanse as mellores mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar, morrenas laterais, rochas de aspecto aborregado puídas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional...
  • 23. Morrena de Chaguazoso. É unha morrena lateral que se atopa na marxe esquerda do val do río Cenza, a mellor conservada de Galiza, formada por grandes bloques graníticos.
  • 24. Circo glaciar de Prada (Requeixo-Manzaneda)
  • 25. Circo glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
  • 26. Depósitos do glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
  • 27. Depósitos glaciares en Mormentelos
  • 28. REDE FLUVIAL O Macizo Central da lugar a unha ampla rede fluvial que forma parte das concas do Miño e Douro. Verte ao Sil (polo sur, norte e leste) e ao Támega e Arnoia (polo sur). O principal río deste espazo é o Bibei e os seus afluentes Camba (co Ribeira Pequena, Ribeira Grande, Conso e Cenza), San Miguel, Xares, San Lazaro e Queixa-Navea. Nacentes do rego de Cernado, afluente do Bibei
  • 29. RÍO BIBEI Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Desde Viana do Bolo (a 733 m de altura) ata que se une co Sil en Montefurado (a 290 m de altura) discorre por un canón de 40 m de lonxitude, ata 500 m de profundidade e unha pendente media do 50%, escavado en granitos, xistos e gneis. Os principais afluentes son o Xares e rego da Porriñeira (pola dereita) e o Camba, Conso, San Miguel, San Lázaro e Navea (pola esquerda). O Bibei nas As Ermidas (O Bolo). Nas zonas orientadas ao sur hai socalcos nos que se cultivan vides, en grande parte abandonados.
  • 30. O Bibei no Larouco
  • 31. Río Xares pouco antes de xuntarse co Bibei. Río Xares Recolle augas da vertente sur da serra do Eixe e da Serra Calva. No curso alto discorre polo antigo val glaciar de A Ponte e despois de Prada encáixase forrmando un profundo canón ata xuntarse co Bibei na zona do Larouco.
  • 32. O Xares en Portomourisco
  • 33. Río Camba Nace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán e bótase no Bibei en Viana do Bolo. Os afluentes máis destacados son o Ribeira Grande, o Ribeira Pequena, o Conso e o Cenza. O Camba no encoro das Portas, ao fondo os montes do Invernadeiro
  • 34. Río Ribeira Grande Fórmase pola confluencia de numerosos regos: Augacenza ou Corga do Figueiro, Corga da Vela, Teixeiroá, Corga da Cenza e xúntase co Camba no encoro das Portas. A fonte máis alonxada (río Casarello) nace debaixo do Monte do Bidual (Serra de Queixa).
  • 35. Río Ribeira Pequena Nace debaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas.
  • 36. Río Conso Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre os Montes do Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente de dirección cara ao norte para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O principal afluente é o Cenza. O Conso entre Pradoalvar e As Hedradas
  • 37. Fervenza no Conso en Pradoalvar
  • 38. Fervenza nun afluente do Conso nas Hedradas
  • 39. Fervenzas en afluentes do Conso que baixan do Invernadeiro (As Hedradas)
  • 40. Fervenza da Louseira. En Entrecinsa, na parroquia de Sabuguido, no regato Veigas de Camba que desemboca no Conso. Un salto en lousas de aproximadamente 20 m de altura.
  • 41. Río Cenza Fórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda e ten un percorrido curto antes de ser encorado no seu curso alto. No seu val consérvanse interesantes representacións de turbeiras de montaña e de pegadas glaciarias.
  • 42. Encoro no tramo alto do Cenza. Asolagou o mellor val glaciar de Galiza e interesantes representacións de turbeiras de montaña
  • 43. Salto da Cenza en Castiñeiras (Vilariño de Conso). O río salva un desnivel en rochas graníticas de máis de 100 m de altura (é a fervenza máis alta de Galiza). Antes do salto o río forma un pequeno canón con varios saltos máis pequenos, pozas e rápidos.
  • 44. Rego de San Miguel Fórmase coa unión dos regos que drenan os vales glaciares de Prada e Lamas, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda. Xúntase ao Bibei augas abaixo do encoro do Vao.
  • 45. Rego de Prado, un afluente do San Miguel
  • 46. Río San Lázaro Nace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre os concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do Larouco. Ten un percorrido con grandes desniveis e excava un estreito canón desde Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal afluente é o Tintín, no que hai un encoro. O río San Lázaro entrando no Bibei na área recreativa do Caneiro (Manzaneda)
  • 47. Rego de San Lázaro ao pouco do seu nacemento Fervenza no rego de San Lázaro entre Manzaneda e Trives
  • 48. Río Navea O río (nun comezo chamado Queixa) recolle as augas de varios regos que nacen na Serra de Queixa, Montes do Samión e serra de San Mamede que conflúen no encoro de Chandrexa de Queixa. Máis abaixo circula entre as Serra do Burgo e Queixa. Xúntase co Bibei nas proximidades da súa desembocadura no Sil. Está afectado por dous encoros: Chandrexa e Guístolas. Os seus afluentes mais importantes pola dereita son o rego do Acerral, o río Grande e o río de Casteligo. Pola esquerda o regueiro do Marco, o rego de Rabal (protexido neste espazo) e o das Cabanas. Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.
  • 49. Val do Navea no inverno. Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.
  • 50. Unha das cabeceiras do río Grande, entre os Altos do Samión e a serra de Queixa
  • 51. Río Dorelle ou Casteligo Nace en Cabeza de Manzaneda e despois dun curto percorrido con bastante desnivel xúntase ao Navea na parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).
  • 52. Vides no val do Bibei CLIMA Oceánico de montaña, con trazos de clima continental. Os veráns son calorosos e secos, denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, e os invernos bastantes fríos. As precipitacións son moi abundantes (media anual superior a 2000 mm), en parte en forma de neve. Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas. Neve en Manzaneda
  • 53. Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea, subprovincia cántabro-atlántica e sector galaico-portugués e limita co sector lusitano-duriense da subprovincia carpetano-leonesa, correspondente á rexión Mediterránea. As distintas condicións ambientais dan lugar a un grande número de hábitats, desde os pasteiros e as matogueiras dos cumes aos bosques dos vales. ECOLOXÍA TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto- Nanojuncetea -Lagos e estanques distróficos naturais -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Queirogais secos europeos -Queirogais alpinos e boreais -Queirogais oromediterráneos endémicos con toxos
  • 54. -Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis -Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental) -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Prados de sega de montaña -Turbeiras altas activas -'Mires' de transición -Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi- Veronicion dillenii -Covas non explotadas polo turismo -Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica -Soutos -Bosques galería de Salix alba e Populus alba -Sobreirais -Aciñeirais -Acevedos
  • 55. FLORA A vexetación dominante na serra son os pasteiros e o mato formado por carqueixas, uces, carpazas, xestas, piornos, arandeiras silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Na zona máis degradada hai toxos, queirugas, pelos de raposo, tomelos... Nos canóns fluviais e nas zonas baixas e soleadas do macizo atopamos unha vexetación mediterránea formada por sobreiras, aciñeiras, érbedos, cantroxos, estevas... Por enriba dos 600 m de altura hai bosque mixto de carácter eurosiberiano formado por rebolos, bidueiros, abelairas, pradairos e capudres. Nas proximidades das poboacións hai soutos, algúns moi antigos. Toda a área amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións forestais. A zona acolle unha gran riqueza botánica, con máis de 900 especies e case cen endemismos ibéricos
  • 56. As árbores máis comúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o teixo (Taxus baccata), o cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro (Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo (Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...
  • 57. No val do Figueiro (O Invernadeiro) consérvanse os que sexan posiblemente os bosque máis antigos de Galiza con carballos de máis de 500 anos acompañados de acivros, carbas, pradairos, bidueiros, capudres, salgueiros... Esta área está catalogada como reserva integral e só é posible acceder a ela con fins científicos (cunha autorización especial).
  • 58. Carba (Quercus patraea) acada aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa.
  • 59. Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica)
  • 63. Podemos atopar un grande número de plantas endémicas e raras en Galiza: Allium victorialis, Festuca elegans, Festuca graniticola (exclusiva do Macizo Central ourensán), Festuca summilusitanica, Hieracium rupicolum, Jasione laevis subsp. carpetana, Narcisus asturiensis, Serratula legionensis, Teesdaliopsis conferta, Armeria ciliata, Ornithogalum concinnum, Dianthus langeanus... (Armeria ciliata)
  • 64. Tamén hai un grande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou pouco comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha, Arenaria tetraquetra, Silene Foetida, Silene ciliata, Viola bubani, Eryngium duriaei, Gentiana lutea, Serratula legionensis... ou o ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum. Eryngium duriaei subsp. juresianum. Anémona (Anemone trifolia)
  • 65. As matogueiras predominantes son as uceiras da asociación Genistello tridentatae-Ericetum aragonensis, caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa (Pterospartum tridentatum con dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos máis profundos e húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de Genista florida subsp. polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus). Uz vermella (Erica australis).Uz, urce (Erica arborea)
  • 66. Xesta branca (Cytisus multiflorus). Florece na primavera nos matos do sur de Galiza. Xesta (Genista florida)
  • 67. Carqueixa (Pterospartum tridentatum ) Polygala microphylla
  • 68. Carrascas de San Xoán (Helichrysum stoechas)
  • 69. Rumex, unha especie presente nas áreas de clima mediterráneo do Macizo Central.
  • 70. Crocus serotinus, unha das primeiras flores que asoman na primavera
  • 71. Dentro da flora dependente de chans anegados destacan as que viven entre o leito de rochas dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp. reuteriana); nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a auga (Genista micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo que permanezan anegados modifican a composición de especies, chegando á formación de turbeiras. Xunca de algodón (Eriosphorum angustifolium). Vive en lugares húmidos con solos acedos a certa altitude.
  • 72. Hai numerosas especies de fentos, brións e hepáticas (algunhas moi raras en España, como Aphanolejaeunea microscopica), Fenta (Blecnum spicant)Dentabrú (Osmunda regalis)
  • 73. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Festuca elegans Festuca summilusitana Narcissus asturiensis Narcissus pseudonarcissusssp. nobilis Veronica micrantha Narciso (Narcisus asturiensis)
  • 74. Rebentabois (Amanita muscaria). Común nos bosques de bidueiros. A humidade das zonas fondas dos vales permite o desenvolvemento dunha grande diversidade de fungos e liques que se asentan no solo, entre as rochas ou nos toros das árbores Lobaria pulmonaria. É un lique facilmente recoñecible polo seu grande tamaño que se atopa sobre os toros das árbores.
  • 75. ÁRBORES SENLLEIRAS ÁRBORES SENLLEIRAS Castiñeiro (Castanea sativa) -Soutogrande (Vilariño de Conso) -Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda -Cubeiros (Placín, Manzaneda) -Souto de Cernado (Manzaneda) Castiñeiro de Soutogrande (Vilariño de Conso) -12,5 m de perímetro.
  • 76. Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza, con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995.
  • 77. Castiñeiro de Pumbariños no inverno MONUMENTO NATURAL “SOUTO DE ROZAVALES” Pequeno espazo de 1,79 ha en San Martiño de Arriba, no concello de Manzaneda. É un souto formado por castiñeiros moi antigos entre os que destaca o castiñeiro de Pumbariños.
  • 78. No souto de Cernado (Manzaneda) hai algúns castiñeiros de bo porte. O máis grande, na imaxe, sobrepasa os 9 m de perímetro.
  • 79. Cubeiros (Placín, Manzaneda) -9,45 m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 80. Carballo (Querqus robur) -Figueiro (Montes do Invernadeiro)
  • 81. Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica) Pazo da Pena. Rozavales (Manzaneda). -17 m de altura e 4 m de perímetro.
  • 82. Bidueiro (Betula celtiberica) -Ribeira Grande (Vilariño de Conso-Ourense) PARQUE NATURAL do Invernadeiro.
  • 83. FAUNA Destaca pola riqueza da súa fauna silvestre. Hai 176 especies de vertebrados e numerosos invertebrados, entre os que se atopan algunhas raras en Galiza. INVERTEBRADOS Hai unha gran variedade de insectos e arañas. INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA HÁBITATS Lesma (Geomalacus maculosus) Vacaloura (Lucanus cervus) Lesma Vacaloura
  • 85. PEIXES Hai dúas especies de peixes autóctonos ameazados, o cacho (Squalius carolitertii), e a boga do Douro ou escalo (Chondrostoma duriense). ANFIBIOS Limpafontes común (Lissotriton boscai), limpafontes verde (Triturus marmoratus), ra patilonga (Rana iberica), estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax perezi), rá vermella (Rana temporaria), sapo corriqueiro (Bufo calamita), sapo cunqueiro (Bufo bufo), sapo raxado (Discoglossus galganoi)… Ra patilonga (Rana iberica) Sapo cunqueiro (Bufo bufo) ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Chondrostoma polylepis Rutilus arcasii ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Discoglossus galganoi
  • 86. RÉPTILES Víbora fociñuda (Vipera latastei), víbora de Seoane (Vipera seoanei), cobra de colar (Natrix natrix), cobra de auga (Natrix maura), cobregón (Malpolon monspessulanus), esgonzo común (Chalcides striatus), escáncer (Anguis fragilis), lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagarto arnao (Timon lepida), lagarta galega (Podarcis bocagei), lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), lagarta rabuda (Psammodromus algirus)... Víbora de Seoane (Vipera seoanei) Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Lacerta monticola Lacerta schreiberi
  • 87. AVES Especies propias de áreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves de rapina: aguia real (Aquila chrysaetos), aguia cobreira (Circaetus gallicus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), gatafornela (Circus cyaneus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), falcón peregrino (Falco peregrinus), lagarteiro (Falco tinnunculus), miñato común (Buteo buteo), bufo real (Bubo bubo), moucho común (Athene noctua), avelaiona (Strix aluco), pica dos prados (Anthus campestris), pica alpina (Anthus spinoletta), merlo rubio (Monticola saxatilis), andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), perdiz pardilla (Perdix perdix subsp. hispaniensis), papoazul (Lucinia svecica, a única poboación galega), abellaruco (Merops apiaster)... Cotovía (Galerida cristata)
  • 88. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Aquila chrysaetos, Circaetus gallicus Circus pygargus Circus cyaneus Accipiter gentilis Accipiter nisus Falco peregrinus Bubo bubo Anthus campestris Perdix perdix subsp. hispaniensis Lucinia svecica Águia real (Aquila chrysaetos) Bufo real (Bubo bubo). Tartaraña cincenta (Circus pygargus)
  • 89. Lagarteiro (Falco tinnunculus) Voitre (Gyps fulvus). Pode verse ocasionalmente nas Serras do Macizo Central.
  • 90. Gralla negra (Corvus corone). É común en toda Galiza, pero máis raro na alta montaña. Charrela (Perdix perdix subsp. Hispaniensis), especie ibérica moi ameazada.
  • 91. MAMÍFEROS É un dos maiores valores do espazo: leirón (Glis glis), trilladeira nival (Chyonomis nivalis), aguaneiro (Galemys pyrenaicus), lobo (Canis lupus), gato bravo (Felis sylvestris), marta (Martes martes), armiño (Mustela erminea), tourón (Mustela putorius), lontra (Lutra lutra), xabarín (Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), lebre ibérica (Lepus granatensis)... Hai varias especies reintroducidas: cervo (Cervus elaphus), cabra brava (Capra pyrenaica) e rebezo (Rupicapra rupicapra). ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Barbastella barbastellus Galemys pyrenaicus Lutra lutra Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Aguaneiro (Galemys pyrenaicus) ten nos numerosos regatos un hábitat óptimo.
  • 92. Corzo (Capreolus capreolus). É o único cérvido que mantivo permanentemente a súa presenza en Galiza. Lebre ibérica (Lepus granatensis). Lobo (Canis lupus), ten unha poboación estable no Invernadeiro.
  • 93. Cabeza de Manzaneda ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, forestal, lecer, enerxía hidroeléctrica...
  • 94. Ponte romana de Larouco sobre o Bibei HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A zona estivo poboada desde tempos moi antigos, especialmente nas áreas de clima máis benigno dos vales. Consérvanse elementos etnográficos de interes e monumentos histórico- artísticos. Miliarios en Larouco
  • 95. PROBLEMAS -Incendios -Repoboación con especies foráneas. -Encoros -Especies invasoras -Abandono das actividades e dos asentamentos
  • 96. Prada (Manzaneda): aldea abandonada asentada nun circo glaciar. PUNTOS DE INTERESE -Vales glaciares: Cenza ou Couselo, Cabeza Pequena de Manzaneda, Marmentelo, As Lamas, Cerveira, Forcadas e Requeixo, O Figueiro. -Parque Natural do Invernadeiro -Fervenzas: Arcos (Ribeira grande, O Invernadeiro), Cenza, afluentes do Conso (Vilariño de Conso), San Lázaro. -Cabeza de Manzaneda -Encoro de Chandrexa de Queixa -Codos do Larouco (canón do Bibei), miliarios e ponte romana. -Portomourisco: ponte sobre o Xares.
  • 97. Ponte romana sobre o Conso en Pradoalvar
  • 98. -Por todo o espazo hai numerosas rutas indicadas para coñecer algúns dos lugares de maior interese.
  • 99. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2016