SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 33
ANIMAIS
(varios)
A natureza
na obra de
Manuel
María
MANUEL MARÍA
FERNÁNDEZ TEIXEIRO
Outeiro de Rei (6-10-1929)
a Coruña (8-9-2004)
Este ano 2016 dedícaselle o Día
das Letras Galegas a Manuel
María, un dos escritores máis
prolíficos, activos e
comprometidos dos últimos
tempos.
Publicou máis de cincuenta libros
de poesía, máis dun milleiro de
artigos xornalísticos, trinta
ensaios, quince obras narrativas,
e vinte pezas teatrais, ademais
ten moitas obras aínda inéditas.
O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra.
Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os
elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal,
as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que
dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade…
Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados
cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.
A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e
planeta.
“¿Cándo faremos un mundo no que poidan
cantar libremente en paz,
en auténtica irmandade,
homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
GANDO
O gando da Terra Chá é moi fermoso:
ollos grandes, corna levantada;
e pelo teixo, fino moi lustroso
e o paso lento cando fai a arada.
En todo o país non o hai mellor:
é manso, leiteiro e comedor.
A San Antón heino de ofrecer
pra que o conserve sempre de bon ver!
(TERRA CHÁ, 1954)
A VACA
A señora Vaca
traballa sen tasa,
mantén a súa cría
dá leite prá casa.
A señora Vaca
non dá descansado,
tira polo carro
e arrastra o arado.
A señora Vaca
-ten a cor teixa-
sofre en silencio
pro non se queixa.
A señora Vaca
vai do monte ao prado
e do prado ao curro
con ar resignado.
A señora Vaca
é humilde e mansa:
non sei que misterio
na súa ollada cansa!
Non sei que misterio
nos seus ollos quedos
que semellan feitos
de noites e medos!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
O BOI
En ti saúdo e recoñezo,
pesado boi solemne,
a forza do universo,
as sagras fontes puras
das enerxías aurorais.
Eras, ouh boi pai,
o pulo xerador,
o esforzo que facía
da terra unha matriz
paridora e ubérrima.
Ti, instinto macho
fecundante: semente,
nobre testa poderosa
de volcáns alporecidos
e lóstregos escuros.
Agora, manso boi, neste
mísero tempo do proveito,
eres: pel, graxa, sebo,
carne ruín de matadoiro.
Ouh boi, brado gastado:
en ti acato a un deus!
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
A XATA
Como a casta se conoce!
Filla de vaca Marela.
O que come ben mo loce!
Non hai becerra como ela!
E que pelo está botando!
Esta xata non ten venda!
Mentres a vou criando
que San Antón ma defenda!
(TERRA CHÁ, 1954)
O AÑO
Teño un año branco
como outro non hai,
Teño un año branco
que quedou sen nai!
Ven conmigo ao prado
e ao monte tamén,
a onde quer que eu vaia
el comigo ven…
Sempre ven comigo,
sen min non se afai.
Eu son seu amigo
que quedou sen nai!
El comigo brinca
e eu xogo con el.
Meu añiño branco,
meu amigo fiel…!
El comigo xoga:
moi mansiño é!
E sei o que fala
cando dice: meé!
(OS SOÑOS
NA GAIOLA, 1972)
PORCOS DA CEBA
Eran ranchos da boa lei.
Foron medrando, medrando.
Moito me escravicei
para os poder ir cebando!
Agora xa están cebados.
Hai que pensar en matar
porque xa van rematados
os nabos para os engrosar.
Teremos mañá os roxós
e haberá festa na casa!
Hai que cortar os xamós
e ir roxando na grasa!
(TERRA CHÁ, 1954)
O MEU BURRIÑO
Arre, corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!
-Corre meu burriño;
non gallopes, voa!
A ver si lle ganas
ao vento que zoa!
-Arre meu burriño,
non seas perguiceiro!
A ver si lle ganas
ao vento lixeiro…!
-Corre meu burriño,
nos cascos pon ás!
Si queres ao vento
deixarás atrás…!
-Arre, meu burriño!
Corre máis deprisa!
Que si perde o vento
xa verás que risa…!
(OS SOÑOS
NA GAIOLA, 1972)
CERVO
Cervo en liberdade, luz e aire:
ábreste docemente como
unha raiola de lús enfeitizada
na terra carnal dos nosos soños
e fas sagrado ao bosque rumoroso.
A arboreda xentil que te coroa,
grave e lene –tal a brétema-
é a única alborada que pode
facer agromar do corazón
unha música pura e misteriosa.
Cervo que baixas con urxencia
a nidia limpidez da auga fría
para cumprir o rito de beber
as cores e os misterios da mañá.
Cervo, camelia tremelante,
marabilloso Outono en plenitude:
convérteste en espello,
salouco lonxano e esvaído,
lene melancolía vagorosa
e fulgor que cega: como o lóstrego.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
CAN
Enormísima lingua desconforme
para lamber humildemente
a rexa dura man de quen
te somete, doma e domestica.
Que lixeira tenrura xubilosa
te posúe cando andas a brincar
cos outros cás, lonxe
da rigorosa ollada vixiante
do dono que te manda e humilla!
Que arrepío ser can e asumilo!
Un can so ten auténtico o seu
ouveo fondo, longo e triste.
Can independente e vagamundo:
defende sempre, deica a morte,
a túa total e impagábel liberdade!
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
O CAN
Teño un canciño moi bon,
teño un canciño rabeno.
É bonito e xoguetón
o meu canciño pequeno!
Teño un canciño xeitoso,
teño un canciño rabelo.
É un canciño fermoso
que mesmo dá xenio velo!
Teño un canciño moi vivo,
fillo do can do Xaneco.
Por ser criado cautivo
sempre lle din moito meco!
Vive connosco nun piso,
non se mete con ninguén.
o meu canciño petiso,
e meu canción de ben…!
Non é podenco de caza
o meu canciño “Luceiro”
Máis é cadelo de raza
e non un can de palleiro!
(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
POEMA A UN CAN DE PALLEIRO
Ti, humilde can de palleiro, amigo meu:
sabes ben
que toda quietude é perfección.
Qué senso ten a túa nugalla?
Cantas lúas docísimas morreron
no fondo canso dos teus ollos?
Que aldraxe tan fondo sintes
polos cás de caza, teus irmaos!
…
Amo, can de palleiro, a túa nugalla,
a túa humildade,
a túa tristeza.
E o teu laio fondísimo
na miña alma ecoa longamente.
(MAR MAIOR, 1963)
LOBO
Sagro arrepío, ouveo estarrecente,
lonxanísima sombra,
medo ancestral e fantasmal,
ser dun mundo misterioso
que as xentes do común
non ousamos ollar face a face
porque o descoñecido danos medo
e sementa en nós desasosegos.
Ti, lobo, non acatas
máis lei que o teu instinto:
impós a soberanía da túa forza,
defendes a túa agreste liberdade
e non comprendes a vileza
da bala que te fire e aniquila.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
O LOBO
Ven o señor Lobo
-Que medo, neniño!-
Polo monte abaixo
e asusta o camiño!
Trae lume nos ollo;
Nos dentes coitelo
Tan ben afiados
que dá medo velos!
Que dá medo velos;
Arrepíos ollalos...!
Ven o señor lobo
Con instintos malos!
Anda paseniño
Con pasos calados.
Años e ovellas:
estarán gardados?
Ven o señor Lobo
Con paso seguro:
¡a luz dos seus ollos
Fura no escuro!
Escóitase lonxe,
Perdido entre matos,
No fondo do monte,
oular de lobatos.
Chega o señor Lobo.
A súa ollada fría:
pon os pelos dereitos,
o sangue arrepía...!
O sangue arrepía,
O corazón xea:
está o señor Lobo
Venteando a aldea!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) «Iberian Wolf AdF 001» de Arturo de Frias Marques -
RAPOSO
Tés moitísimos nomes para que os homes,
terras e cousas non te recoñezan,
ouh cinza que corres presurosa,
un intre só, diante os nosos ollos!
Mais, pese á túa capacidade
á túa arte sutil e requintada
para a malicia, o engano e o disimulo,
deixas, detrás de ti, un rastro,
un longo ronsel mesto
de fedorento cheirume que alcatrea:
é o teu testemuxo fiel e verdadeiro.
Raposo pillabán e perseguido
se soubera, como ti, mil mañas
para fuxir moi lonxe de min mesmo!
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
GATO
Elegante e estraño ser desconfiado:
non te entregas nunca endexamais.
No máis fondo de ti gardas
un pequeno pozo de egoísmo:
cintílache nas pálpebras
e na lumieira dura dos teus ollos.
Gosto, pese a todo, de agarimar
a túa pel tépeda de seda
e ao mesmo tempo fría como o xelo.
Termo as túas unllas agresivas.
E admiro a túa rapidez de lóstrego
cando foxes co rabo levantado
como erguida bandeira victoriosa.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
SEÑOR GATO
Señor Gato:
atención;
no rincón
hai un burato;
no burato
está o rato
caladiño,
sen falar
nin respirar.
-Señor Gato,
pon sentido
que metido
no burato
está o rato.
-Señor Gato:
está o rato
no burato
do rincón:
ten nun puño
o corazón!
-E non dudo,
Señor Gato
bigotudo
que está o rato
no burato.
Ten as unllas
afiadas,
cravuñadas,
preparadas:
bule axiña
que senón
Señor Gato
bigotón,
do burato
fuxe o rato!
(OS SOÑOS NA
GAIOLA, 1972)
" Fiz era un neno de sete ou oito anos. Vivía
con seus pais nunha casa das aforas da vila.
Unha casa xeitosa que tiña, na súa parte
traseira, un xardín moi ben coidado. Tanto
Fiz coma seus pais eran moi amantes de
todos os seres vivos dende os bichocos máis
pequenos, árbores e plantas ata os animais
máis grandes e as persoas. Sabían que o
amor era a cousa máis fermosa e perfecta de
canto hai no mundo.
...
E, para andar pola casa e tela limpa de ratos,
trouxeron un gato ó que lle puxeron de nome
Mimí. O gato Mimí era moi dado, manso e
agarimoso. Tratábase dun gato precioso e
moi murador ou cazador, que vén ser o
mesmo. (...)
(CONTO: OS BIGOTES DE MIMÍ, 1992)
O GATO MIMÍ
DONOSIÑA
Breve lóstrego, cecais
unha presa de terra,
montonciño de cinza
ao que un vento levián
pode esborrallar
nun nada e todo.
Eres a sorpresa,
o medo minúsculo,
os ollos que esculcan,
a leve gracia,
ouh donosiña súpeta,
raioliña que fuxe!
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
A LEBRE
Corre, lebre, corre lebre
e fuxe pró teu burato
onde te está agardando,
con impaciencia, o lebrato.
-Corre, lebre; lebre, corre
que te sigue o cazador
coa súa escopeta cargada
e o seu galgo corredor.
-Corre lebre; lebre corre
corre que te correrás,
que si lle foxes ao galgo
do cazador librarás…!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
TOUPA
Toupa que furas no escuro e rabuñas,
garimosa e teimuda, a flor da terra,
habitando pequenos labirintos,
galerías
que levan a mínimos misterios,
casa de teu e mundo coñecido.
Máncate o sol e non resistes
a súa luz explosiva: un exceso,
para ti, de claridade e vida.
A túa pel lustrosa é noite pecha
como os teus ollos cegos e inúteis.
Toupa feita de terra só para a terra:
eres unha presa de terra camiñante,
usado soño, estrela do revés
ou será, cecais, a mesma terra…?
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
PEIXES
Peixes, fermosas aves que habitades
os xardís subacuáticos, as fragas
de corais, oucas e algas
e tendes o mar
para navegalo libre e totalmente:
Lembrades os menceres de abril
e os amorosos solpores de outono
desangrándose en ouros melancólicos?
Quero andar con vós, saber de fluxos,
refluxos, mareas e correntes,
camiñar o voso país marabilloso,
ollar con calma as súas paisaxes
e espetalas no fondo dos meus ollos,
sentir o rumor dos ventos submariños
agarimando e torrando a miña pel.
E deprender o idioma que falades
para poder entender o voso canto.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
O GRILO
Cando o silencio é maneira
de cousa que non se nombra
canta o grilo na lareira
por entremedias da sombra.
(TERRA CHÁ, 1954)
O GRILO
O grilo canta no lar,
tamén canta na campía.
Canta co sol queimador
nas horas do meridía!
O grilo tan pequeniño
coas azas tan delicadas,
co seu traxe de cor moura
e as súas antenas delgadas!
Teño un grilo ceboleiro
que soio come leituga
e, para cantar e cantar,
si viras como madruga!
O meu grilo cantador
é mellor que o que tés ti:
cando o teu da dito “cri…”
o meu xa dixo “cricrí…”!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
VAGALUME
Meu pequeniño vagalume
verme verde:
ti soio contra a noite
vas polos vieiros
co teu nada de luz,
humilde e verdadeira,
faísca dun ensoño
a penas po de estrela!
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
BOLBORETA
 
Bolboreta: vas, vés, volves
a ir e volves a fuxir
voando en círculo, indo
vindo, voando de novo
e outra vez revoando
nun espacio reducido,
sempre arredor da luz
que te acena e chama
con fulgor irresistíbel,
coa súa chama mortal
que te aniquila,
ouh pequena, delicada,
fráxil bolboreta voadora:
don, oferenda, mensaxeira
do deus dos intres fuxidío!
 
             (A LUZ RESUCITADA, 1984)
BOLBORETA
 
Raio de luz, bolboreta
que voas de flor en flor:
non che me engada teu vó,
que me engada túa color!
Non che me engada teu vó,
nin teu ar de soñadora!
A gracia da túa color
é o que a min me namora!
Engádame a túa color,
mezcla de noite e aurora,
as túas antenas delgadas
e as túas azas voadoras!
Bolboreta, vidro feble,
que voas polo xardín:
semellas bolboretiña,
unha dona de postín...!
 
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
       OS CAVALIÑOS DO DEMO
 
1
Cavaliño do demo
pinga de luz
cristalizada
en lene soño,
rumor do silencio,
calada semente
de paxaro,
asombro do azul
máis delicado,
pura nostalxia
irreprimíbel
salouco de orballo.
 
…
5
Máxica, irisada transparencia
asombrando e agarimando
ao ar que te ten e te sostén.
Pinga de luz na luz,
mínimo latexo incendiando
de nidio amor ao universo.
Non te reflicte o río: es ti
quen espella, nos teus
lúcidos ollos alertados,
a transparencia da auga
que pasa envisa e fuxidía
arquivándote
no espello fiel da súa memoria.
                    (ORÁCULO PARA 
                    CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)
6
Nunca tés acougo.
Afírmaste na vida
e habitas na auga,
no xunco,
na folla
e na espadana.
Es case irreal.
E non sei se vés
de nada
ou ao infindo vas.
 
(ORÁCULO PARA 
CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)
 
CARACOL
 
Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro:
pon os teus cornos ao sol
xa que es tan frioleiro!
Ao lombo levas a casa,
caracol, caracoleiro:
e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!
Caracol, col, col;
caracol, caracolón:
pon os teus cornos ao sol
ao sol os teus cornos pon!
  
           (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
Manuel María
Letras Galegas 2016
Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta
Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.
Textos: Manuel María 
Xaneiro 2016
Con este traballo queremos
facer unha humilde homenaxe
a quen tanto quixo e fixo por
poñer en valor este noso país.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (20)

Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Cha
 
Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Manuel María: animais
Manuel María: animaisManuel María: animais
Manuel María: animais
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Triptico2013
Triptico2013Triptico2013
Triptico2013
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popular
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 

Similar a Manuel María: a natureza, os animais

Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaXenza
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaraquelairag
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13ana alvarez
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Angeles Saco López
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12cenlf
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo PondalVinseiro
 
Boletín nadal 16
Boletín nadal 16Boletín nadal 16
Boletín nadal 16maria
 
Boletín nadal 16
Boletín nadal 16Boletín nadal 16
Boletín nadal 16maria
 
Luís Pimentel
Luís PimentelLuís Pimentel
Luís Pimentelsmesias
 

Similar a Manuel María: a natureza, os animais (20)

Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
Díaz Castro
Díaz CastroDíaz Castro
Díaz Castro
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
Boletín nadal 16
Boletín nadal 16Boletín nadal 16
Boletín nadal 16
 
Boletín nadal 16
Boletín nadal 16Boletín nadal 16
Boletín nadal 16
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Luís Pimentel
Luís PimentelLuís Pimentel
Luís Pimentel
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Manuel María: a natureza, os animais

  • 2. MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO Outeiro de Rei (6-10-1929) a Coruña (8-9-2004) Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos. Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.
  • 3. O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento. A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta. “¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
  • 4. GANDO O gando da Terra Chá é moi fermoso: ollos grandes, corna levantada; e pelo teixo, fino moi lustroso e o paso lento cando fai a arada. En todo o país non o hai mellor: é manso, leiteiro e comedor. A San Antón heino de ofrecer pra que o conserve sempre de bon ver! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 5. A VACA A señora Vaca traballa sen tasa, mantén a súa cría dá leite prá casa. A señora Vaca non dá descansado, tira polo carro e arrastra o arado. A señora Vaca -ten a cor teixa- sofre en silencio pro non se queixa. A señora Vaca vai do monte ao prado e do prado ao curro con ar resignado. A señora Vaca é humilde e mansa: non sei que misterio na súa ollada cansa! Non sei que misterio nos seus ollos quedos que semellan feitos de noites e medos! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 6. O BOI En ti saúdo e recoñezo, pesado boi solemne, a forza do universo, as sagras fontes puras das enerxías aurorais. Eras, ouh boi pai, o pulo xerador, o esforzo que facía da terra unha matriz paridora e ubérrima. Ti, instinto macho fecundante: semente, nobre testa poderosa de volcáns alporecidos e lóstregos escuros. Agora, manso boi, neste mísero tempo do proveito, eres: pel, graxa, sebo, carne ruín de matadoiro. Ouh boi, brado gastado: en ti acato a un deus! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 7. A XATA Como a casta se conoce! Filla de vaca Marela. O que come ben mo loce! Non hai becerra como ela! E que pelo está botando! Esta xata non ten venda! Mentres a vou criando que San Antón ma defenda! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 8. O AÑO Teño un año branco como outro non hai, Teño un año branco que quedou sen nai! Ven conmigo ao prado e ao monte tamén, a onde quer que eu vaia el comigo ven… Sempre ven comigo, sen min non se afai. Eu son seu amigo que quedou sen nai! El comigo brinca e eu xogo con el. Meu añiño branco, meu amigo fiel…! El comigo xoga: moi mansiño é! E sei o que fala cando dice: meé! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 9. PORCOS DA CEBA Eran ranchos da boa lei. Foron medrando, medrando. Moito me escravicei para os poder ir cebando! Agora xa están cebados. Hai que pensar en matar porque xa van rematados os nabos para os engrosar. Teremos mañá os roxós e haberá festa na casa! Hai que cortar os xamós e ir roxando na grasa! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 10. O MEU BURRIÑO Arre, corre, meu burro trotón, meu burriño manso, meu burriño bon! -Corre meu burriño; non gallopes, voa! A ver si lle ganas ao vento que zoa! -Arre meu burriño, non seas perguiceiro! A ver si lle ganas ao vento lixeiro…! -Corre meu burriño, nos cascos pon ás! Si queres ao vento deixarás atrás…! -Arre, meu burriño! Corre máis deprisa! Que si perde o vento xa verás que risa…! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 11. CERVO Cervo en liberdade, luz e aire: ábreste docemente como unha raiola de lús enfeitizada na terra carnal dos nosos soños e fas sagrado ao bosque rumoroso. A arboreda xentil que te coroa, grave e lene –tal a brétema- é a única alborada que pode facer agromar do corazón unha música pura e misteriosa. Cervo que baixas con urxencia a nidia limpidez da auga fría para cumprir o rito de beber as cores e os misterios da mañá. Cervo, camelia tremelante, marabilloso Outono en plenitude: convérteste en espello, salouco lonxano e esvaído, lene melancolía vagorosa e fulgor que cega: como o lóstrego. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 12. CAN Enormísima lingua desconforme para lamber humildemente a rexa dura man de quen te somete, doma e domestica. Que lixeira tenrura xubilosa te posúe cando andas a brincar cos outros cás, lonxe da rigorosa ollada vixiante do dono que te manda e humilla! Que arrepío ser can e asumilo! Un can so ten auténtico o seu ouveo fondo, longo e triste. Can independente e vagamundo: defende sempre, deica a morte, a túa total e impagábel liberdade! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 13. O CAN Teño un canciño moi bon, teño un canciño rabeno. É bonito e xoguetón o meu canciño pequeno! Teño un canciño xeitoso, teño un canciño rabelo. É un canciño fermoso que mesmo dá xenio velo! Teño un canciño moi vivo, fillo do can do Xaneco. Por ser criado cautivo sempre lle din moito meco! Vive connosco nun piso, non se mete con ninguén. o meu canciño petiso, e meu canción de ben…! Non é podenco de caza o meu canciño “Luceiro” Máis é cadelo de raza e non un can de palleiro! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  • 14. POEMA A UN CAN DE PALLEIRO Ti, humilde can de palleiro, amigo meu: sabes ben que toda quietude é perfección. Qué senso ten a túa nugalla? Cantas lúas docísimas morreron no fondo canso dos teus ollos? Que aldraxe tan fondo sintes polos cás de caza, teus irmaos! … Amo, can de palleiro, a túa nugalla, a túa humildade, a túa tristeza. E o teu laio fondísimo na miña alma ecoa longamente. (MAR MAIOR, 1963)
  • 15. LOBO Sagro arrepío, ouveo estarrecente, lonxanísima sombra, medo ancestral e fantasmal, ser dun mundo misterioso que as xentes do común non ousamos ollar face a face porque o descoñecido danos medo e sementa en nós desasosegos. Ti, lobo, non acatas máis lei que o teu instinto: impós a soberanía da túa forza, defendes a túa agreste liberdade e non comprendes a vileza da bala que te fire e aniquila. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 16. O LOBO Ven o señor Lobo -Que medo, neniño!- Polo monte abaixo e asusta o camiño! Trae lume nos ollo; Nos dentes coitelo Tan ben afiados que dá medo velos! Que dá medo velos; Arrepíos ollalos...! Ven o señor lobo Con instintos malos! Anda paseniño Con pasos calados. Años e ovellas: estarán gardados? Ven o señor Lobo Con paso seguro: ¡a luz dos seus ollos Fura no escuro! Escóitase lonxe, Perdido entre matos, No fondo do monte, oular de lobatos. Chega o señor Lobo. A súa ollada fría: pon os pelos dereitos, o sangue arrepía...! O sangue arrepía, O corazón xea: está o señor Lobo Venteando a aldea! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) «Iberian Wolf AdF 001» de Arturo de Frias Marques -
  • 17. RAPOSO Tés moitísimos nomes para que os homes, terras e cousas non te recoñezan, ouh cinza que corres presurosa, un intre só, diante os nosos ollos! Mais, pese á túa capacidade á túa arte sutil e requintada para a malicia, o engano e o disimulo, deixas, detrás de ti, un rastro, un longo ronsel mesto de fedorento cheirume que alcatrea: é o teu testemuxo fiel e verdadeiro. Raposo pillabán e perseguido se soubera, como ti, mil mañas para fuxir moi lonxe de min mesmo! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 18. GATO Elegante e estraño ser desconfiado: non te entregas nunca endexamais. No máis fondo de ti gardas un pequeno pozo de egoísmo: cintílache nas pálpebras e na lumieira dura dos teus ollos. Gosto, pese a todo, de agarimar a túa pel tépeda de seda e ao mesmo tempo fría como o xelo. Termo as túas unllas agresivas. E admiro a túa rapidez de lóstrego cando foxes co rabo levantado como erguida bandeira victoriosa. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 19. SEÑOR GATO Señor Gato: atención; no rincón hai un burato; no burato está o rato caladiño, sen falar nin respirar. -Señor Gato, pon sentido que metido no burato está o rato. -Señor Gato: está o rato no burato do rincón: ten nun puño o corazón! -E non dudo, Señor Gato bigotudo que está o rato no burato. Ten as unllas afiadas, cravuñadas, preparadas: bule axiña que senón Señor Gato bigotón, do burato fuxe o rato! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 20. " Fiz era un neno de sete ou oito anos. Vivía con seus pais nunha casa das aforas da vila. Unha casa xeitosa que tiña, na súa parte traseira, un xardín moi ben coidado. Tanto Fiz coma seus pais eran moi amantes de todos os seres vivos dende os bichocos máis pequenos, árbores e plantas ata os animais máis grandes e as persoas. Sabían que o amor era a cousa máis fermosa e perfecta de canto hai no mundo. ... E, para andar pola casa e tela limpa de ratos, trouxeron un gato ó que lle puxeron de nome Mimí. O gato Mimí era moi dado, manso e agarimoso. Tratábase dun gato precioso e moi murador ou cazador, que vén ser o mesmo. (...) (CONTO: OS BIGOTES DE MIMÍ, 1992) O GATO MIMÍ
  • 21. DONOSIÑA Breve lóstrego, cecais unha presa de terra, montonciño de cinza ao que un vento levián pode esborrallar nun nada e todo. Eres a sorpresa, o medo minúsculo, os ollos que esculcan, a leve gracia, ouh donosiña súpeta, raioliña que fuxe! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 22. A LEBRE Corre, lebre, corre lebre e fuxe pró teu burato onde te está agardando, con impaciencia, o lebrato. -Corre, lebre; lebre, corre que te sigue o cazador coa súa escopeta cargada e o seu galgo corredor. -Corre lebre; lebre corre corre que te correrás, que si lle foxes ao galgo do cazador librarás…! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 23. TOUPA Toupa que furas no escuro e rabuñas, garimosa e teimuda, a flor da terra, habitando pequenos labirintos, galerías que levan a mínimos misterios, casa de teu e mundo coñecido. Máncate o sol e non resistes a súa luz explosiva: un exceso, para ti, de claridade e vida. A túa pel lustrosa é noite pecha como os teus ollos cegos e inúteis. Toupa feita de terra só para a terra: eres unha presa de terra camiñante, usado soño, estrela do revés ou será, cecais, a mesma terra…? (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 24. PEIXES Peixes, fermosas aves que habitades os xardís subacuáticos, as fragas de corais, oucas e algas e tendes o mar para navegalo libre e totalmente: Lembrades os menceres de abril e os amorosos solpores de outono desangrándose en ouros melancólicos? Quero andar con vós, saber de fluxos, refluxos, mareas e correntes, camiñar o voso país marabilloso, ollar con calma as súas paisaxes e espetalas no fondo dos meus ollos, sentir o rumor dos ventos submariños agarimando e torrando a miña pel. E deprender o idioma que falades para poder entender o voso canto. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 25. O GRILO Cando o silencio é maneira de cousa que non se nombra canta o grilo na lareira por entremedias da sombra. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 26. O GRILO O grilo canta no lar, tamén canta na campía. Canta co sol queimador nas horas do meridía! O grilo tan pequeniño coas azas tan delicadas, co seu traxe de cor moura e as súas antenas delgadas! Teño un grilo ceboleiro que soio come leituga e, para cantar e cantar, si viras como madruga! O meu grilo cantador é mellor que o que tés ti: cando o teu da dito “cri…” o meu xa dixo “cricrí…”! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
  • 27. VAGALUME Meu pequeniño vagalume verme verde: ti soio contra a noite vas polos vieiros co teu nada de luz, humilde e verdadeira, faísca dun ensoño a penas po de estrela! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 28. BOLBORETA   Bolboreta: vas, vés, volves a ir e volves a fuxir voando en círculo, indo vindo, voando de novo e outra vez revoando nun espacio reducido, sempre arredor da luz que te acena e chama con fulgor irresistíbel, coa súa chama mortal que te aniquila, ouh pequena, delicada, fráxil bolboreta voadora: don, oferenda, mensaxeira do deus dos intres fuxidío!                (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 29. BOLBORETA   Raio de luz, bolboreta que voas de flor en flor: non che me engada teu vó, que me engada túa color! Non che me engada teu vó, nin teu ar de soñadora! A gracia da túa color é o que a min me namora! Engádame a túa color, mezcla de noite e aurora, as túas antenas delgadas e as túas azas voadoras! Bolboreta, vidro feble, que voas polo xardín: semellas bolboretiña, unha dona de postín...!   (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
  • 30.        OS CAVALIÑOS DO DEMO   1 Cavaliño do demo pinga de luz cristalizada en lene soño, rumor do silencio, calada semente de paxaro, asombro do azul máis delicado, pura nostalxia irreprimíbel salouco de orballo.   … 5 Máxica, irisada transparencia asombrando e agarimando ao ar que te ten e te sostén. Pinga de luz na luz, mínimo latexo incendiando de nidio amor ao universo. Non te reflicte o río: es ti quen espella, nos teus lúcidos ollos alertados, a transparencia da auga que pasa envisa e fuxidía arquivándote no espello fiel da súa memoria.                     (ORÁCULO PARA                      CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)
  • 32. CARACOL   Caracol, col, col; caracol, caracoleiro: pon os teus cornos ao sol xa que es tan frioleiro! Ao lombo levas a casa, caracol, caracoleiro: e deixas cintas de seda engalanando o carreiro! Caracol, col, col; caracol, caracolón: pon os teus cornos ao sol ao sol os teus cornos pon!               (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)