SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 55
O MIÑO
CANLE DE LUZ
E NÉBOA
Manuel María, 1996
MANUEL MARÍA
FERNÁNDEZ TEIXEIRO
Outeiro de Rei (6-10-1929)
a Coruña (8-9-2004)
Este ano 2016 dedícaselle o Día
das Letras Galegas a Manuel
María, un dos escritores máis
prolíficos, activos e
comprometidos dos últimos
tempos.
Publicou máis de cincuenta libros
de poesía, máis dun milleiro de
artigos xornalísticos, trinta
ensaios, quince obras narrativas,
e vinte pezas teatrais, ademais
ten moitas obras aínda inéditas.
O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra.
Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os
elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal,
as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que
dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade…
Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados
cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.
A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e
planeta.
“¿Cándo faremos un mundo no que poidan
cantar libremente en paz,
en auténtica irmandade,
homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
AVISO
…
O autor procurou, na medida das súas escasas e limitadas forzas, con
este libro, dicirlle ao Miño, na actualidade tan agredido, o seu
apaixoado amor, contando e cantando, como pode e sabe, os
traballos e os días do noso Grande Río. Non en vano as súas
caudalosas augas arrolaron o noso berce, asombraron a nosa
infancia, puxéronlle alegre e desbordada música ás poderosas paixós
e desasosegos da nosa adolescencia e xuventude e, nos anos da nosa
madurez, o seu monótono rumor encheu a nosa melancónica
nostalxia, pois a vida non nos permitiu permanecer ao pé do Miño
natal como era o noso desexo, para, á súa beira, ir gastando as nosas
horas medidas polas mansas ou alporizadas ondas.
…
Frontis e oferenda
A ti, ouh Vida, agradézoche, dun xeito humilde,
reverente, sincero e infinito
que me naceras chairego e acenderas en min
o amor a Galiza e á súa fala aínda viva
pese a tanta tristeza, vergoña e xenocidio.
Moitísimas gracias por poder ser amigo
do leve e delicado Regato do Cepelo
e do Miño caudal de paso firme e lento:
necesaria e máxica voz marabillada.
…..
O deus Minius, nas orixes do tempo,
percurou, con teimuda paixón,
o lugar máis fermoso do universo:
non atopou nada que puidera
compararse, nin de lonxe, con Galiza.
Despois de contemplala longamente
namorouse dela para sempre.
Co desexo total de posuíla
fíxose poderosísimo lóstrego
e caeu sobor da terra, feríndoa
co seu divino lume.
Biografía do Miño
Monumento
ao Pai Miño en
Fonmiñá
A terra
recibiuno, humilde e conmovida,
abriulle os brazos, o corazón,
todo o seu ser…
E fundíronse
nunha aperta perfecta, indisolúbel.
O lóstrego volveuse auga cantora,
materia de orballos e de bágoas.
A terra ofrendoulle ao apaixoado río
o seu corpo xentil e feminino.
E o río deulle á terra xenerosa
a súa forza de deus omnipotente.
Poderoso Pai Miño, antergo e humano Deus:
rexeitas os olimpos, ti vives con nós
-e en nós- na terra carnal de cada día
e agroma brincador, alegre, rumoroso
no Pedregal de Irimia, austero e grave.
Sendo infante, no convento de Meira,
aprendes –rosa rosae- un impuro latín
labrego e bárbaro e conservas fielmente
un misterioso, nobre, escuro acento.
Na infinita Terra Chá de lentos ritmos
oficias a liturxia dos salgueiros,
da delicada e xentil abidueira,
dos ameneiros, freixos e carballos
no medio dun silencio irreprochábel
e dun ceo tan gris que sobrecolle:
as cousas escóitante asombradas
e o universo non ousa respirar.
Cando chegas a Lugo, feito un home,
salvadas as portas da muralla,
urbanízaste
e, usando as leis de Roma,
gobernas caneiros, pontes, muíños
e os diversos mundos subacuáticos.
Estudias, en Lucus Augusti, cortesía,
as túas ondas camiñan cara ao mar
levando no seu leve e ferido corazón
a música de Montes e a de Freire,
pois Pimentel delicadamente revélache
que a vida sen beleza é imposíbel.
O Camiño de Santiago ao cruzar Portomarín
infundiuche, para sempre, o don de linguas.
(Portomarín das anguías e o augardente,
agora un limo, un lodo baixo a auga
anque o seu fantasma tome o sol
no desolado cume dun outeiro).
Na Ribeira Sacra, as ondas e a paisaxe
fanse ascético prego enfebrecido.
E chegando a Ourense –a Atenas nosa-,
logo de recibir o Sil de longo curso,
doutóraste no irrenunciábel e fondo
amor a esta Galiza incomprensíbel
escoitando a Cuevillas, Risco, Otero,
Curros Enríquez, Lamas, Blanco Amor…
Con que emoción contemplas Ribadavia
sempre a fuxir de ti, tan recatada
e saúdas, en Francelos, a San Xes!
Espellas e arquivas, cheo de tenrura,
a irreprochábel melancolía de Monção.
…e en Tui comezas a prepararte xa
para morrer:
recólleste e meditas
os claros milagres de San Telmo,
considerando, calado e reverente,
a purísima inocencia de San Paio
mentres un non saber, salgado e luminoso,
che vai enchendo de sombra o corazón.
O tempo
O tempo do Miño é xusto o tempo de Galiza:
néboas, montes, choivas e carballos,
nacemento da luz, tanguidos de campanas
e os cruceiros erguidos amparando os camiños.
…
...
O tempo do Miño non ten traxedias nin berros:
só penascos, castiñeiros, orballos, lúas,
chorimas, acios como os das vides
dos retábulos barrocos acesos de ouros vellos.
Un tempo humilde, natural e glorioso
de pontes, caneiros, barcas, muíños,
espadanas, galiñoas e batuxos lixeiros.
…
Poema dos afluentes
 
Ouh Miño solemne, caudal e poderoso,
capitán dos mil ríos,
presidente de todos os regatos,
dono e señor das augas
que fertilizan e purifican
o ser e o existir do meu país!
…
Longo e Meira, a penas dous suspiros:
nenúfar e espadana en Fonmiñá…
Anllo, Lea, Támboga…!
Meu Ladra
sonoroso! Río de Robra ou Santa Marta
que me levas o Regato do Cepelo…!
Narla, Mera, Chamoso dos ferreiros,
Neira, Ferreira, Asma e Búbal…!
 
Fonmiñá
O Ladra en Begonte
LEXENDARIO SIL DE LONGA HISTORIA!
Barbantiño que arquiváchela voz de
don Ramón Otero Pedrayo de Trasalba:
palabra de Galiza eternizada,
imprescidíbel verba, luz de vida.
Arnoia! Avia que pasas lentamente
marabillando ao Ribeiro e dándolle
un equilibrio xusto aos viños seus!
Meus ríos máxicos da Galiza do Sul
á que tamén lle chaman Portugal:
Sucastro, Furna e Coura: quen
encheu de melancolía ao cabaquinho…?
O Coura en Vilardemouros
Cereixo, Deva, Tea, Louro…!
Tamuxe epilogal soñando atlánticos!
O Sil
Porque eu nacín tan lonxe
quero morrer galego.
…
Formo e conformo a paisaxe,
arrolo o viño na vide,
conmigo levo a saudade
de moitos pobos e vilas:
…
Chego, por fin, a Os Peares
para poder descansar:
o Miño bótame ao lombo
e sen máis… lévame ao mar!
Fala o arado
…
Eu, arado vello, fun carballo
erguido, potente e estantío
e nacín á beira do Pai Miño.
Eu, meus amigos,
tamén sei facer pequenos ríos!
Poema das illas
 
…
Pequenos paraísos, ínsuas miñas,
por exércitos de ondas defendidas,
feitas de escura terra emocionada,
de tenras herbas, verdes e miúdas,
de frondosas e sonoras arboredas
habitadas por aves cantadoras
que misturan os seus chíos
cos murmurios das augas misteriosas.
…
Seivane
Santa Comba
Todas as árbores, narcisos de verdor,
a espellarse no río docemente.
As follas, leves como pétalos,
navegando nas ondas.
…
Poema da paisaxe do Miño
As aves
que moran ou voan sobre o río
mesturan o seu canto co murmurio
do caudal poderoso, proclamando
o instintivo gozo de vivir.
…
…
As nubes pasaxeiras sempre a ollar
a súa propia imaxe reflectida
na corrente que vai ao infinito.
As pontes antergas e modernas
seguen ensinando xeometría
ás claras e fuxitivas linfas:
o círculo perfecto e o cadrado,
símbolos do ceo e máis da terra.
Os caneiros, totalmente esbroados,
noutro tempo unha música como
o escuro fungar dos rumorosos.
E agora só o silencio, imposto á forza,
polas monstruosas presas dos encoros.
Poema
das néboas miñotas
Esta néboa que nace no corazón do río
e sube ao azul como unha ofrenda:
será cecais corpo de canción,
palabra de amor irreprimíbel
que a auga lle di ao universo…?
Ou poderá ser o mesmo río
saíndo de si mesmo para darse
ao mundo que está no seu entorno
facéndose suspiro,
confundíndose
co azul transparente e rematando
sendo un leve tremor emocionado
perceptíbel somentes para aqueles
que só abren os ollos ás lembranzas?
…
Muíño
…
Falade dos grandes muíños do pai Miño
cheos de fachenda, gravidade e poder:
as enormes aceas de xigantescas moas
triturando fanegas e fanegas de grao limpo
cunha grande lentitude: ignoraban o tempo.
…
Homes
…
Vós, barqueiros, troiteiros, muiñeiros,
almas núas, puras, neboentas,
caste que escoitábades a música das ondas
e coñecíades o arado, a barca, o batuxo,
as redes, as nasas, as cordas e os trasmallos:
recoñézovos: sei que estades
coa alma chea de sombra sen cantar muiñeiras.
…
Proclama aos peixes
do río Miño
Meus amadísimos peixes, ordenados
en tribos, provincias e naciós:
salmós, troitas, anguías,
escalos, sábalos, lampreas
e aínda o recente blas-blas…
…
Coidade dos fondos subacuáticos
e non deixedes luxar endexamais
a pureza das augas cristalinas.
…
Terras
…
Terras polas que o Miño pasa silencioso:
aínda que vos bica non vos falou de amor,
…
Oh terras de sol, de viño e pan levar,
onde nace o millo, o cardo e medra a aceda!
Terras do Miño, feridas de soidades
que levades a alma asinalada
coa mágoa indeleble de estar quedas:
Por qué quedades silenciosas, terras,
se a vosa tristeza vai morrer ao mar…?
Poema aos viños do Miño
Meus amados viños das ribeiras do Miño:
en vós bebo o misterio da terra
e todos os segredos deste mundo.
…
Poema á Ribeira Sacra
…
Esta é a Ribeira sacra onde os homes
ergueron fogar, roturaron o chao
e regárono con suor días tras día
para que agromara a vide xenerosa,
o millo, o centeo e máis o trigo
e floreceran cerdeiras e mazairas
…
...
a flor románica engalana estes eidos
e aínda o vento leva o seu recendo.
Ribas de Miño, Nogueira, Diomondi,
A Cova, Eiré, Atán, San Fiz de Cangas,
Pombeiro, Ribas de Sil, Santa Cristina
…
Terras e homes da Ribeira Sacra:
o Sil e o Miño danvos a súa auga,
fonte de vida que endexamais se gasta!
Sto. Estevo de Ribas de Miño
Romanza do río Miño
Ouh Miño, meu río Miño:
levas cantigas por ondas
e muiñeiras nos beizos,
dormes cos ollos abertos,
rízache as barbas o vento
e algunhas veces as bágoas
orbállanche o sentimento.
…
Asasinos da vida, da beleza, dos dons
marabillosos para uso e gozo do home
e de todo canto vive neste mundo.
…
Requírovos no nome do amor máis puro:
respectade ao Miño, linfa inocente, casta,
divinidade anterga e indefensa,
arteria caudal da nosa patria,
Grande Pai Fluvial do Reino noso,
Pastor de Ríos que dixeron os poetas!
…
Desacordo contra os
contaminadores do Miño
Derradeira elexía
…
Este é o Miño que sabe da luz, dos arados,
das silveiras, das abidueiras, dos carballos,
dos freixos, dos paxaros, do silencio e da morte.
Ignorou sempre os heroes, as mitoloxías alleas,
a brutalidade, a mentira e as guerras:
as súas ferrerías odiaron as espadas,
forxaron rellas para os arados, ferramentas
para traballar a terra día tras día,
ano tras ano, xeración tras xeración.
Este é o Miño manso, canso e silencioso
que soporta como o boi o xugo,
o aldraxe infamante e sen nome dos encoros
e as contaminacións fedorentas e letais.
Ouh meu río Miño, martirizado Deus:
escoitará alguén o latexo,
estremecido e maino, das túas ondas?
En que desolado corazón ecoará
a túa música monótona e eterna …?
Monumento a Manuel María á beira do Miño, na
carballeira de Santa Sabela (Outeiro de Rei).
Manuel María
Letras Galegas 2016
Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta
Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.
Textos: Manuel María
Xaneiro 2016
Con este traballo queremos
facer unha humilde homenaxe
a quen tanto quixo e fixo por
poñer en valor este noso país.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (20)

Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Cha
 
Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Manuel María: animais
Manuel María: animaisManuel María: animais
Manuel María: animais
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Tempo2
Tempo2Tempo2
Tempo2
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Triptico2013
Triptico2013Triptico2013
Triptico2013
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popular
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
Tempo1
Tempo1Tempo1
Tempo1
 
Fotopoemario
FotopoemarioFotopoemario
Fotopoemario
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 

Similar a O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que correiesasorey
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corremonadela
 
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasAuga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasiesasorey
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e augasatelite1
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsMarta Pérez Lage
 
Tópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letrasTópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letrassusanavazre
 
Tópicos literarios
Tópicos literariosTópicos literarios
Tópicos literariossusanavazre
 
Tópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galegaTópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galegasusanavazre
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
Anxo Moure
Anxo MoureAnxo Moure
Anxo Mourecrocaio
 
Poemas BatallOns
Poemas BatallOnsPoemas BatallOns
Poemas BatallOnshoxesabes
 

Similar a O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996) (20)

Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que corre
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corre
 
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasAuga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e auga
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Tópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letrasTópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letras
 
Tópicos literarios
Tópicos literariosTópicos literarios
Tópicos literarios
 
Tópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galegaTópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galega
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Anxo Moure
Anxo MoureAnxo Moure
Anxo Moure
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Poemas
PoemasPoemas
Poemas
 
Poemas BatallOns
Poemas BatallOnsPoemas BatallOns
Poemas BatallOns
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Río Monelos
Río MonelosRío Monelos
Río Monelos
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Último

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (7)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

  • 1. O MIÑO CANLE DE LUZ E NÉBOA Manuel María, 1996
  • 2. MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO Outeiro de Rei (6-10-1929) a Coruña (8-9-2004) Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos. Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.
  • 3. O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento. A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta. “¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
  • 4.
  • 5. AVISO … O autor procurou, na medida das súas escasas e limitadas forzas, con este libro, dicirlle ao Miño, na actualidade tan agredido, o seu apaixoado amor, contando e cantando, como pode e sabe, os traballos e os días do noso Grande Río. Non en vano as súas caudalosas augas arrolaron o noso berce, asombraron a nosa infancia, puxéronlle alegre e desbordada música ás poderosas paixós e desasosegos da nosa adolescencia e xuventude e, nos anos da nosa madurez, o seu monótono rumor encheu a nosa melancónica nostalxia, pois a vida non nos permitiu permanecer ao pé do Miño natal como era o noso desexo, para, á súa beira, ir gastando as nosas horas medidas polas mansas ou alporizadas ondas. …
  • 6. Frontis e oferenda A ti, ouh Vida, agradézoche, dun xeito humilde, reverente, sincero e infinito que me naceras chairego e acenderas en min o amor a Galiza e á súa fala aínda viva pese a tanta tristeza, vergoña e xenocidio. Moitísimas gracias por poder ser amigo do leve e delicado Regato do Cepelo e do Miño caudal de paso firme e lento: necesaria e máxica voz marabillada. …..
  • 7. O deus Minius, nas orixes do tempo, percurou, con teimuda paixón, o lugar máis fermoso do universo: non atopou nada que puidera compararse, nin de lonxe, con Galiza. Despois de contemplala longamente namorouse dela para sempre. Co desexo total de posuíla fíxose poderosísimo lóstrego e caeu sobor da terra, feríndoa co seu divino lume. Biografía do Miño Monumento ao Pai Miño en Fonmiñá
  • 8. A terra recibiuno, humilde e conmovida, abriulle os brazos, o corazón, todo o seu ser… E fundíronse nunha aperta perfecta, indisolúbel. O lóstrego volveuse auga cantora, materia de orballos e de bágoas. A terra ofrendoulle ao apaixoado río o seu corpo xentil e feminino. E o río deulle á terra xenerosa a súa forza de deus omnipotente.
  • 9. Poderoso Pai Miño, antergo e humano Deus: rexeitas os olimpos, ti vives con nós -e en nós- na terra carnal de cada día e agroma brincador, alegre, rumoroso no Pedregal de Irimia, austero e grave.
  • 10. Sendo infante, no convento de Meira, aprendes –rosa rosae- un impuro latín labrego e bárbaro e conservas fielmente un misterioso, nobre, escuro acento.
  • 11. Na infinita Terra Chá de lentos ritmos oficias a liturxia dos salgueiros, da delicada e xentil abidueira, dos ameneiros, freixos e carballos
  • 12. no medio dun silencio irreprochábel e dun ceo tan gris que sobrecolle: as cousas escóitante asombradas e o universo non ousa respirar.
  • 13. Cando chegas a Lugo, feito un home, salvadas as portas da muralla, urbanízaste e, usando as leis de Roma, gobernas caneiros, pontes, muíños e os diversos mundos subacuáticos.
  • 14. Estudias, en Lucus Augusti, cortesía, as túas ondas camiñan cara ao mar levando no seu leve e ferido corazón a música de Montes e a de Freire, pois Pimentel delicadamente revélache que a vida sen beleza é imposíbel.
  • 15. O Camiño de Santiago ao cruzar Portomarín infundiuche, para sempre, o don de linguas. (Portomarín das anguías e o augardente, agora un limo, un lodo baixo a auga anque o seu fantasma tome o sol no desolado cume dun outeiro).
  • 16. Na Ribeira Sacra, as ondas e a paisaxe fanse ascético prego enfebrecido.
  • 17. E chegando a Ourense –a Atenas nosa-, logo de recibir o Sil de longo curso,
  • 18. doutóraste no irrenunciábel e fondo amor a esta Galiza incomprensíbel escoitando a Cuevillas, Risco, Otero, Curros Enríquez, Lamas, Blanco Amor…
  • 19. Con que emoción contemplas Ribadavia sempre a fuxir de ti, tan recatada
  • 20. e saúdas, en Francelos, a San Xes!
  • 21. Espellas e arquivas, cheo de tenrura, a irreprochábel melancolía de Monção.
  • 22. …e en Tui comezas a prepararte xa para morrer: recólleste e meditas os claros milagres de San Telmo, considerando, calado e reverente, a purísima inocencia de San Paio
  • 23. mentres un non saber, salgado e luminoso, che vai enchendo de sombra o corazón.
  • 24. O tempo O tempo do Miño é xusto o tempo de Galiza: néboas, montes, choivas e carballos, nacemento da luz, tanguidos de campanas e os cruceiros erguidos amparando os camiños. …
  • 25. ... O tempo do Miño non ten traxedias nin berros: só penascos, castiñeiros, orballos, lúas, chorimas, acios como os das vides dos retábulos barrocos acesos de ouros vellos.
  • 26. Un tempo humilde, natural e glorioso de pontes, caneiros, barcas, muíños, espadanas, galiñoas e batuxos lixeiros. …
  • 27. Poema dos afluentes   Ouh Miño solemne, caudal e poderoso, capitán dos mil ríos, presidente de todos os regatos, dono e señor das augas que fertilizan e purifican o ser e o existir do meu país! … Longo e Meira, a penas dous suspiros: nenúfar e espadana en Fonmiñá… Anllo, Lea, Támboga…! Meu Ladra sonoroso! Río de Robra ou Santa Marta que me levas o Regato do Cepelo…! Narla, Mera, Chamoso dos ferreiros, Neira, Ferreira, Asma e Búbal…!   Fonmiñá O Ladra en Begonte
  • 28. LEXENDARIO SIL DE LONGA HISTORIA!
  • 29. Barbantiño que arquiváchela voz de don Ramón Otero Pedrayo de Trasalba: palabra de Galiza eternizada, imprescidíbel verba, luz de vida.
  • 30. Arnoia! Avia que pasas lentamente marabillando ao Ribeiro e dándolle un equilibrio xusto aos viños seus!
  • 31. Meus ríos máxicos da Galiza do Sul á que tamén lle chaman Portugal: Sucastro, Furna e Coura: quen encheu de melancolía ao cabaquinho…? O Coura en Vilardemouros
  • 32. Cereixo, Deva, Tea, Louro…! Tamuxe epilogal soñando atlánticos!
  • 33. O Sil Porque eu nacín tan lonxe quero morrer galego. … Formo e conformo a paisaxe, arrolo o viño na vide, conmigo levo a saudade de moitos pobos e vilas: … Chego, por fin, a Os Peares para poder descansar: o Miño bótame ao lombo e sen máis… lévame ao mar!
  • 34. Fala o arado … Eu, arado vello, fun carballo erguido, potente e estantío e nacín á beira do Pai Miño. Eu, meus amigos, tamén sei facer pequenos ríos!
  • 35. Poema das illas   … Pequenos paraísos, ínsuas miñas, por exércitos de ondas defendidas, feitas de escura terra emocionada, de tenras herbas, verdes e miúdas, de frondosas e sonoras arboredas habitadas por aves cantadoras que misturan os seus chíos cos murmurios das augas misteriosas. … Seivane Santa Comba
  • 36. Todas as árbores, narcisos de verdor, a espellarse no río docemente. As follas, leves como pétalos, navegando nas ondas. … Poema da paisaxe do Miño
  • 37. As aves que moran ou voan sobre o río mesturan o seu canto co murmurio do caudal poderoso, proclamando o instintivo gozo de vivir. …
  • 38. … As nubes pasaxeiras sempre a ollar a súa propia imaxe reflectida na corrente que vai ao infinito.
  • 39. As pontes antergas e modernas seguen ensinando xeometría ás claras e fuxitivas linfas: o círculo perfecto e o cadrado, símbolos do ceo e máis da terra.
  • 40. Os caneiros, totalmente esbroados, noutro tempo unha música como o escuro fungar dos rumorosos.
  • 41. E agora só o silencio, imposto á forza, polas monstruosas presas dos encoros.
  • 42. Poema das néboas miñotas Esta néboa que nace no corazón do río e sube ao azul como unha ofrenda: será cecais corpo de canción, palabra de amor irreprimíbel que a auga lle di ao universo…? Ou poderá ser o mesmo río saíndo de si mesmo para darse ao mundo que está no seu entorno facéndose suspiro, confundíndose co azul transparente e rematando sendo un leve tremor emocionado perceptíbel somentes para aqueles que só abren os ollos ás lembranzas? …
  • 43. Muíño … Falade dos grandes muíños do pai Miño cheos de fachenda, gravidade e poder: as enormes aceas de xigantescas moas triturando fanegas e fanegas de grao limpo cunha grande lentitude: ignoraban o tempo. …
  • 44. Homes … Vós, barqueiros, troiteiros, muiñeiros, almas núas, puras, neboentas, caste que escoitábades a música das ondas e coñecíades o arado, a barca, o batuxo, as redes, as nasas, as cordas e os trasmallos: recoñézovos: sei que estades coa alma chea de sombra sen cantar muiñeiras. …
  • 45. Proclama aos peixes do río Miño Meus amadísimos peixes, ordenados en tribos, provincias e naciós: salmós, troitas, anguías, escalos, sábalos, lampreas e aínda o recente blas-blas… … Coidade dos fondos subacuáticos e non deixedes luxar endexamais a pureza das augas cristalinas. …
  • 46. Terras … Terras polas que o Miño pasa silencioso: aínda que vos bica non vos falou de amor, … Oh terras de sol, de viño e pan levar, onde nace o millo, o cardo e medra a aceda! Terras do Miño, feridas de soidades que levades a alma asinalada coa mágoa indeleble de estar quedas: Por qué quedades silenciosas, terras, se a vosa tristeza vai morrer ao mar…?
  • 47. Poema aos viños do Miño Meus amados viños das ribeiras do Miño: en vós bebo o misterio da terra e todos os segredos deste mundo. …
  • 48. Poema á Ribeira Sacra … Esta é a Ribeira sacra onde os homes ergueron fogar, roturaron o chao e regárono con suor días tras día para que agromara a vide xenerosa, o millo, o centeo e máis o trigo e floreceran cerdeiras e mazairas …
  • 49. ... a flor románica engalana estes eidos e aínda o vento leva o seu recendo. Ribas de Miño, Nogueira, Diomondi, A Cova, Eiré, Atán, San Fiz de Cangas, Pombeiro, Ribas de Sil, Santa Cristina … Terras e homes da Ribeira Sacra: o Sil e o Miño danvos a súa auga, fonte de vida que endexamais se gasta! Sto. Estevo de Ribas de Miño
  • 50. Romanza do río Miño Ouh Miño, meu río Miño: levas cantigas por ondas e muiñeiras nos beizos, dormes cos ollos abertos, rízache as barbas o vento e algunhas veces as bágoas orbállanche o sentimento. …
  • 51. Asasinos da vida, da beleza, dos dons marabillosos para uso e gozo do home e de todo canto vive neste mundo. … Requírovos no nome do amor máis puro: respectade ao Miño, linfa inocente, casta, divinidade anterga e indefensa, arteria caudal da nosa patria, Grande Pai Fluvial do Reino noso, Pastor de Ríos que dixeron os poetas! … Desacordo contra os contaminadores do Miño
  • 52. Derradeira elexía … Este é o Miño que sabe da luz, dos arados, das silveiras, das abidueiras, dos carballos, dos freixos, dos paxaros, do silencio e da morte. Ignorou sempre os heroes, as mitoloxías alleas, a brutalidade, a mentira e as guerras: as súas ferrerías odiaron as espadas, forxaron rellas para os arados, ferramentas para traballar a terra día tras día, ano tras ano, xeración tras xeración. Este é o Miño manso, canso e silencioso que soporta como o boi o xugo, o aldraxe infamante e sen nome dos encoros e as contaminacións fedorentas e letais.
  • 53. Ouh meu río Miño, martirizado Deus: escoitará alguén o latexo, estremecido e maino, das túas ondas? En que desolado corazón ecoará a túa música monótona e eterna …?
  • 54. Monumento a Manuel María á beira do Miño, na carballeira de Santa Sabela (Outeiro de Rei).
  • 55. Manuel María Letras Galegas 2016 Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María. Textos: Manuel María Xaneiro 2016 Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.