Premio innovación 1

153 visualizaciones

Publicado el

Memoria descritiva de participación do IES Lamas de Abade no Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
153
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
93
Acciones
Compartido
0
Descargas
0
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Premio innovación 1

  1. 1. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016 CATEGORÍA B. Nome do Centro: IES Lamas de Abade. Dirección: Rúa Raiola, s/n. 15702 Santiago de Compostela (A Coruña). E-mail: ies.lamas.abade@edu.xunta.es Blog dos Proxecta: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/ 1
  2. 2. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. ÍNDICE: Páxina 1. Distinción 4 2. Traxectoria e participación 4 2.1. Todo comeza cunha investigación no Centro: enlace á investigación 4 2.2. Curso 2014/2015 4 -Enlace ao programa de convivencia do noso Centro. 4 -Enlace ao noso blog 5 2.3. Curso 2015/2016 5 -Enlace ao programa de resolución de conflitos dende a Intelixencia Emocional do noso Centro 5 -Enlace ao Plan de Acción Titorial do curso 2015/2016 5 3. Descrición dos proxectos que se consideren máis salientables 6 3.1. Enumeración dos proxectos 6 3.2. Descrición de cada proxecto 6 1) Resolución de Conflitos dende a intelixencia emocional. Convivencia, resolución de conflitos, habilidades sociais, e prevención no consumo de substancias. Cursos 2014/2015 e 2015/2016. 6 -Introdución 6 -Obxectivos 7 -Organización, desenvolvemento e metodoloxía 8 -Avaliación 9 .Que avaliar – Criterios de avaliación 9 .Cando e como avaliar – Momentos e procedementos de avaliación 10 2) Prevención da violencia de xénero dende o amor. Curso 2015/2016. 10 -Introdución 10 -Obxectivos 11 -Organización, desenvolvemento e metodoloxía 11 -Avaliación 12 .Que avaliar – Criterios de avaliación 12 .Cando e como avaliar – Momentos e procedementos de avaliación 13 4. Contexto. 13 4.1. O Programa número un 13 4.2. O Programa número dous 13 4.3. Desenvolvemento psicosocial, cognitivo e moral do alumnado 14 5. Profesorado implicado. 14 5.1. Os titores e titoras de 2º a 4º da ESO e de FPBásica de Peiteados e Estética 14 5.2. Os Departamentos de... 14 5.3. As funcións realizadas polo profesorado son as seguintes 15 6. Aprendizaxe activa, estratexias metodolóxicas e medidas de atención á diversidade. 18 6.1. O Programa número un: 18 -Exemplo nas titorías de 3º. Presentación en impress: HHSS e asertividade. 18 2
  3. 3. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. -Exemplo en 2º ESO: Aprendizaxe dunha técnica asertiva, o disco raiado. 18 -Exemplo en 3º ESO: A escoita activa. Dinámica grupal “O castigo” 19 -Estas e máis actividades están explicadas no blog. 19 6.2. O programa número dous: 19 -Exemplo co taller sobre o modelo hexemónico de masculinidade en 2º ESO 19 -Exemplo de análise dos estereotipos de xénero en francés en 4º ESO. 23 -Exemplo sobre a sexualización/cosificación da imaxe da muller... nas cancións de electro latino na área de música. 23 -Exemplos de carteis publicitarios na área de debuxo feitos polo alumnado. 24 6.3. Trátase de promover a aprendizaxe por proxectos e transversal e dun traballo por competencias 27 7. Transcendencia. Implicación do resto da comunidade educativa. 27 8. Produto final. 29 9. Avaliación. 29 9.1. Avaliación do programa número un o curso 2014/2015 29 -Grao de consecución dos obxectivos. 29 -Organización, desenvolvemento e metodoloxía. 30 -Instrumentos utilizados e resultados obtidos 31 9.2. Os deste curso están en proceso de implementación e de mellora continua. 32 9.3. O Departamento de Francés, sí que ten xa a avaliación feita da súa intervención educativa. Refírese ao programa número dous deste curso 2015/2016. 32 9. 4. Ídem da intervención en 2º FP Básica de Peiteados e Estética. 33 10. Impacto. O blog: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/ 34 11. Valoración da práctica docente. 34 12.Liñas de mellora. 34 12.1. Circunstancias que favorecen e dificultan 34 12.2. Os principais indicadores para avaliar os logros obtidos son 35 13. Bibliografía e webgrafía 35 14. Anexos. 37 14.1. Anexo 1: Avaliación polo alumnado e transcrición das súas respostas 37 14.2. Anexo 2: Reunión de coordinación do profesorado participante 24/11/2015 43 14.3. Anexo 3: Visibilización do noso traballo nas redes sociais (só no último ano) 44 1) BLOG: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/ 44 2) Convivencia, Habilidades Sociales, Resolución de conflictos 45 3) Convivencia e Resolución de Conflitos dende a intelixencia emocional 46 3
  4. 4. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. 1. DISTINCIÓN. Para nós é moi importante esta distinción xa que supón un recoñecemento ao noso traballo conxunto e coordinado por lograr que o noso Centro Educativo sexa unha escola para aprender a vivir. De ahí o nome do noso blog. 2. TRAXECTORIA E PARTICIPACIÓN. 2.1. Todo comeza cunha investigación no Centro. No curso 2010/2011, a orientadora realizou unha investigación no Centro co título: “Influencia da utilización de materiais tecnolóxicos na convivencia nos Centros Educativos”. Clicando no título pódese acceder á mesma. Partía dun cuestionario en catro partes, e do seu análise máis dunha revisión bibliográfica, chégase á conclusión da importancia de adoptar nos Centros Educativos medidas preventivas (prevención primaria e secundaria) para mellorar a convivencia a través, por exemplo, da aprendizaxe cooperativa. Así, seguindo a María José Díaz Aguado (2003), para mellorar a convivencia e previr a violencia dende a escola é imprescindible incorporar innovacións educativas que contribuan por sí mesmas a desenvolver os obxectivos, como son: • Discusións e debates entre compañeiros/as en grupos heteroxéneos, sobre distintos tipos de conflitos (como os que se producen no instituto, conflitos históricos ou os que se reflexan na prensa). • Experiencias de responsabilidade e solidaridade en equipos heteroxéneos de aprendizaxe cooperativo, nos que o alumnado aprenda a investigar, ensinar e aprender cos compañeiros e compañeiras que son ao mesmo tempo iguais pero diferentes. • Experiencias sobre procedementos positivos e eficaces de resolución de conflitos, a través dos que o alumnado aprenda a utilizar a reflexión, a comunicación, a mediación ou a negociación para defender os seus intereses ou os seus dereitos. • E experiencias de democracia participativa, baseadas na creación de contextos que permitan coñecer e compaxinar diversidade de perspectivas e adoptar decisións de forma democrática. Para cumplir estes obxectivos decidimos aproveitar o impulso do Plan Proxecta, xa que este “busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado”. Pero tamén é importante dicir que houbo que esperar un tempo a que o clima do Centro fóra proclive para o traballo interdisciplinar, coordinado e innovador. Por iso non empezamos no Plan Proxecta ata o curso que se especifica no apartado seguinte. 2.2. Comezamos a nosa andaina no Plan Proxecta no curso 2014/2015 participando no “Quérote+”: “Convivencia, habilidades sociais, resolución de conflitos, uso responsable das TIC e prevención no consumo de substancias”. Con ese título a orientadora do Centro elaborou unha presentación en impress de 80 diapositivas e publicouna, primeiro en slideshare o 5 de outubro de 2014: http://es.slideshare.net/montserratperez315/montse-convivencia-habilidades-sociales- resolucion-de-conflitos 4
  5. 5. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. e despois en http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/. Estas actividades fóron incluidas no Plan de Acción Titorial 2014/2015, tanto en 3º da ESO, curso para o que se oferta o “Quérote +”, como para o resto de cursos da ESO e de FP Básica de forma escalonada, e como Contrato-Programa “de mellora da convivencia e prevención do absentismo”. O obxectivo do programa é que sirva de guía para que o profesorado titor da ESO e da FPB poida, con este material teórico-práctico, e desde a intelixencia emocional axudar ao alumnado a que se coñeza, se regule, se motive, adquira empatía e mellore a súa asertividade e habilidades sociais. Este traballo dende a titoría e ao longo de todo o curso incidirá en que diminúa a súa impulsividade, ira e ansiedade, toda vez que aprende habilidades para o autocontrol. Así aprenderá a convivir con outros, a interiorizar un método para resolver os problemas/conflitos que xurden na vida cotiá, e a mellorar a súa relación consigo mesmo. Ademáis, en 3º da ESO traballouse de xeito transversal coa colaboración dos Departamentos de bioloxía, de francés, de galego, e de orientación. 2.3. No curso 2015/2016, unha vez avaliado o programa do curso anterior, e introducindo as modificacións oportunas, a orientadora publicou en slideshare o 23 de setembro de 2015, e cun total de 82 diapositivas: http://es.slideshare.net/montserratperez315/resolucin-de-conflitos-dende-a- intelixencia-emocional As actividades fóron incluidas no Plan de Acción Titorial do curso 2015/2016 e novamente se solicitou o “Quérote +”. 5
  6. 6. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. Ademáis, no Plan de Acción Titorial se introduxeron actividades de 2º a 4º da ESO e en FP Básica co obxectivo de previr a violencia de xénero dende unha reflexión crítica e construtiva sobre o amor, o cuidado das relacións e o respecto por tódalas persoas. Nos dous proxectos nos que participamos neste curso, ademáis de nas titorías, traballan transversalmente os Departamentos de: música, debuxo, educación física, francés, inglés e orientación, así como a materia de Cidadanía de 2º da ESO. Nos apartados que seguen proporcionarase unha explicación máis detallada dos programas e da participación do profesorado nos mesmos. Ademáis, no curso actual, solicitamos o Contrato-Programa de “Convivencia e Igualdade”, que reforza os proxectos traballados. 3. DESCRICIÓN DOS PROXECTOS MÁIS SALIENTABLES: 3.1. ENUMERACIÓN DOS PROXECTOS: 1) “Resolución de Conflitos dende a intelixencia emocional. Convivencia, resolución de conflitos, habilidades sociais, e prevención no consumo de substancias.” Curso 2015/2016. No curso 2014/2015 tivo por nome: “Convivencia, habilidades sociais, resolución de conflitos, uso responsable das TIC e prevención no consumo de substancias”. Pertencen á proposta de Proxecta “Quérote +”. 2) Prevención da violencia de xénero dende o amor. Proxecta: “Por 365 días de respecto e igualdade”. Curso 2015/2016. 3) Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros. Cursos 2014/2015 e 2015/2016. Trátase dun contrato-programa, e no primeiro curso o nome variaba algo: mellora da convivencia e prevención do absentismo. É un proxecto complementario cos dous anteriores, xa que o número un, como emana do “Quérote +” só se pode aplicar en 3º da ESO, e o segundo aplicámolo de 2º a 4º da ESO e en FP Básica. O Contrato-Programa aplicámolo en toda a ESO e en FP Básica, pero mentres que os dous primeiros son interdisciplinares, este é exclusivo das titorías e de Educación Plástica e Visual. De aquí en diante só falaremos dos dous primeiros xa que son os “Proxecta” propiamente. Nembargantes queríamos deixar constancia do terceiro pola relevancia que ten, xa que cohesiona e vertebra os outros dous, como se pode ver no anexo 3. 3.2 DESCRICIÓN DE CADA PROXECTO: 1) Resolución de Conflitos dende a intelixencia emocional. Convivencia, resolución de conflitos, habilidades sociais, e prevención no consumo de substancias. INTRODUCIÓN Solicitamos a modalidade "socializando", xa que é a que se axeita mellor para tractar de maneira normalizada os casos de transtornos de conduta que temos no Centro, beneficiando moitísimo ademáis ao resto do alumnado, xa que os dota de estratexias emocionais e adaptativas moi útiles 6
  7. 7. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. para a súa vida adolescente actual e adulta futura. Como coordinadora do Programa, a orientadora elaborou unha presentación en Impress co título "Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional", mantivo reunións cos titores e co profesorado de terceiro da ESO para dinamizar que se traballe de xeito transversal. A presentación publicouna o 23/09/15 en slideshare, e pódese atopar en: http://laorientacionpsicopedagogica.blogspot.com.es, que é unha adaptación do publicado o curso pasado en slideshare o 5/10/14, e que se pode ver no blog onde publicamos a experiencia do curso pasado máis deste: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es. Con data 20/01/2016 foi publicado neste último blog, xunto coas programacións dos dous proxectos. "O obxectivo do mesmo é que sirva de guía para que o profesorado titor da ESO e da FPB poida, con este material teórico-práctico, e desde a Intelixencia emocional axudar ao alumnado a que se coñeza, se regule, se motive, adquira empatía e mellore a súa asertividade, autoestima e habilidades sociais. Este traballo dende a titoría e ao longo de todo o curso incidirá en que diminúa a súa impulsividade, ira e ansiedade, toda vez que aprende habilidades para o autocontrol. Así aprenderá a convivir con outros, a interiorizar un método para resolver os problemas/conflitos que xurden na vida cotiá, e a mellorar a súa relación consigo mesmo" (Plan de Acción Titorial 15/16). As actuacións humanas son produto da interación dos planos: Fisiolóxico (emocións), Cognitivo (pensamentos), Comportamental (actuacións). O noso alumnado atópase a nivel biolóxico na puberdade, cos cambios físicos que conleva; e a nivel psicosocial, na adolescencia, como período de transición entre a nenez e a etapa adulta. Durante este período, é importante o plano persoal, de coñecemento dun mesmo, de comprensión de aspectos afectivos e emocionais, de descubremento das posibilidades cognitivas, de aprendizaxe social e de potenciación de habilidades que permitan relacionarse construtivamente cos demáis. É un momento idóneo para traballar dende a intelixencia emocional, para que recoñezan as súas emocións no momento no que aparezan e que lles poñan nome. Razoando o por que da súa aparición aprenderán a regulalas e mellorarán as suás habilidades sociais, así como a súa capacidade para resolver conflitos de forma pacífica. A participación transversal é a seguinte, en 3º da ESO: -En música reflexiónase co alumnado sobre como moitos produtos musicais actuais poden influir negativamente na autoestima dos e das adolescentes, co obxectivo de aumentar o seu espíritu crítico e a súa empatía. -En educación plástica e visual plasmando gráficamente a experiencia. -En educación física traballan de forma práctica: A respiración. Tipos. Fases. Respiración ióguica. Meditación. A relaxación. A práctica de técnicas de relaxación: Schultz e Jacobson. Siesta exprés. E coñecemento de outra coma Tai chi, .... Diferentes lugares e momentos para a aplicación das técnicas citadas para lograr o autocontrol, control da impulsividade, concentración,... -Dende a titoría coordínase o Programa, coa presentación en impress que realizou a Orientadora, e co asesoramento continuo pola súa parte nas horas semanais de coordinación de titores/as. O fenómeno do botellón e o consumo de substancias, tabaco... tamén se tracta nas diapositivas 45 e 46, cando se plantexan dinámicas de grupo sobre a asertividade. Tamén poden xurdir nas de impulsividade ou nas primeiras cando se fai a chuvia de ideas sobre "os nosos conflitos" e "analizamos os nosos conflitos". OBXECTIVOS 1. Desenvolver a educación en valores para a vida e a convivencia construtiva e harmónica. 2. Desenvolver a intelixencia emocional no noso alumnado. 3. Estimular unha autoestima positiva co obxecto de reducir a influencia da presión grupal. 7
  8. 8. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. 4. Educar en habilidades que favorezan a toma de decisións responsable e a resolución de confli- tos. 5. Reflexionar individualmente e debater en grupo sobre as situacións que implican maior risco para o alumnado: os abusos e/ou o mal uso da internet, prevención do consumo de substancias (tabaquismo, drogas, botellón...). 6. Traballar de modo individual con aqueles usuarios que así o precisen, para dar información ou intervir ante determinadas situacións que requiran de asesoramento, por parte do Departamento de Orientación. 7. Contribuir ao desenvolvemento eficaz e profundo entre o alumnado das competencias básicas. 8. Utilizar dinámicas metodolóxicas activas, cooperativas e centradas na experiencia e na con- torna próxima do alumnado, para que deste xeito poidan interiorizar estratexias de afrontamento aplicables á vida diaria. 9. Implicar ós axentes da comunidade educativa: profesorado que traballa de xeito transversal en 3º da ESO cun Programa que, á vez, se aplica en toda a ESO e FP Básica, alumnado, familias e ins- titucións da contorna, no desenvolvemento de valores e competencias dentro e fora do centro. 10. Integrar o Proxecto na planificación anual do centro e nas programacións específicas do profesorado participante creando dinámicas innovadoras. 11. Traballar dende a investigación-acción colaborativa creando unha rede de traballo cooperativo e interdisciplinario para transformar e mellorar a práctica educativa do centro. 12. Transferir o noso programa, se así o estima a Consellería, ao resto da comunidade educativa galega. ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA. O programa coordínase dende o Departamento de Orientación e dende a acción titorial, xa que nas titorías éste se desenvolve co título "Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional", coa axuda da presentación en impress especificada na "introdución". Esta presentación ten 82 diapositivas de carácter tanto teórico como práctico con dinámicas grupais: 1 de portada, 1 de introdución, 4 de intelixencia emocional, 8 sobre o conflito, 7 sobre empatía, 10 sobre comunicación e comunicación dixital, 20 sobre habilidades sociais e asertividade, 13 sobre autocontrol e impulsividade, 3 sobre dar e recibir queixas, 1 sobre dar e recibir opinións positivas, 9 sobre autoestima, 4 sobre o estrés e técnicas para o control da ansiedade, e a última de bibliografía. A metodoloxía é activa, xa que se tracta de que o alumno reflexione sobre o que lle pasa a nivel intra e interpersoal e adquira estratexias de afrontamento e adaptativas ante os conflitos que se lle presenten na súa vida adolescente actual, e adulta futura. Trabállase en toda a ESO e FPB ao longo de todo o curso pero en terceiro terá, ademáis, un tractamento transversal nas áreas de: música, educación física, educación plástica e visual, matemáticas ademáis de na Titoría. -En música: Reflexiónase co alumnado sobre como moitos produtos musicais actuais (cancións, vídeos...) poden influir negativamente na autoestima dos e das adolescentes, co obxectivo de aumentar o seu espíritu crítico e a súa empatía. -En educación física traballan de forma práctica: A respiración. Tipos. Fases. Respiración ióguica. Meditación. A relaxación. A práctica de técnicas de relaxación: Schultz e Jacobson. Siesta exprés. E coñecemento de outra coma Tai chi, .... Diferentes lugares e momentos para a aplicación das técnicas citadas para lograr o autocontrol, control da impulsividade, concentración,...”. En vídeo grábanse experiencias na titoría, en educación física, en música, e xunto coas fotos e cos traballos realizados en educación plástica e visual subimos o material ao blog onde comunicamos o Proxecto á Comunidade Educativa. 8
  9. 9. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. Utilízanse metodoloxías de investigación-acción, como procedemento planificado de acción- observación-reflexión-avaliación e acción de carácter cíclico, conducido e negociado por todo o profesorado implicado, co obxectivo de mellorar a nosa práctica hacia a innovación educativa. Neste sentido temos reunións periódicas de seguemento e de avaliación formativa, que nos sirven para introducir as modificacións necesarias na implantación do Programa e, tamén, para motivarnos e comunicarnos os logros acadados (ver exemplo de esquema de reunión, trala mesma, no anexo 3) . AVALIACIÓN QUE AVALIAR - CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Centrámonos na consecución dos obxectivos plantexados, os cales nos compremetemos a acadar: 1. Mellora constatable na convivencia no Centro e reflexión elaborada, por parte do alumnado sobre os valores que rexen as nosas actuacións. 2. Nivel de intelixencia emocional acadado polo noso alumnado, analizado dende o punto de vista do benestar acadado a nivel intra e interpersoal. 3. Desenvolvemento dunha autoestima positiva que fortaleza as súas decisións responsables fronte á influencia da presión grupal. 4. Aprendizaxe e interiorización dun método de toma de decisións responsable e para a resolución de conflitos. 5. Madureza amosada nas reflexións individuais e nos debates en grupo sobre as situacións que implican maior risco para o alumnado: os abusos e/ou o mal uso da internet, prevención do consumo de substancias (tabaquismo, drogas, botellón...). 6. Atención individualizada, por parte do Departamento de Orientación co alumnado que o precise, para dar información ou intervir ante determinadas situacións que requiran de asesoramento. 7. Grao de contribución do programa ao desenvolvemento eficaz e profundo entre o alumnado das competencias básicas. 8. Utilización de dinámicas metodolóxicas activas, cooperativas e centradas na experiencia e na contorna próxima do alumnado, que permitiron a interiorización de estratexias de afrontamento aplicables á vida diaria. 9. Implicación dos axentes da Comunidade Educativa: profesorado que traballou de xeito transversal en 3º da ESO cun Programa que, a súa vez, se aplicou en toda a ESO e FP Básica, alumnado, familias e asociacións da contorna, no desenvolvemento de valores e competencias dentro e fora do centro. 10. Grao de integración do Proxecto na planificación anual do centro e nas programacións específicas do profesorado participante, e análise do grao en que se implantaron dinámicas innovadoras no Centro, que se poden extender ou extrapolar a outros proxectos de colaboración. 11. Grao de participación do profesorado dende a investigación-acción colaborativa, e análise da creación dunha rede de traballo cooperativo e interdisciplinario para transformar e mellorar a práctica educativa do Centro. 12. Deseño do blog e comunicación, a través do mesmo, da nosa experiencia á Comunidade Educativa. 13. Potencial de transferibilidade do noso Programa ao resto da Comunidade Educativa galega. 14. Grao en que o alumnado expresa e sinte que se coñece, se regula, se motiva, adquire empatía e mellora a súa asertividade e habilidades sociais. Diminución da impulsividade do alumnado, ira e ansiedade, e nivel acadado e constatado de habilidades para o autocontrol. Mellora na convivencia 9
  10. 10. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. con outros, nivel de interiorización dun método para resolver os problemas/conflitos que lles xurden na vida cotiá, e grao en que melloraron a súa relación consigo mesmos. CANDO E COMO AVALIAR - MOMENTOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN: Para realizar a avaliación final nos valeremos da avaliación formativa ao longo de todo o curso, da observación realizada na aula, da análise das súas intervencións nos debates e role-playings, do comportamento e madureza amosado polo alumnado en tódalas clases, no patio e nas actividades extraescolares, dos documentos gráficos grabados e da análise dos traballos feitos en educación plástica e visual. Asemade lles pasaremos un cuestionario con preguntas abertas para que sinalen o que lles gustou do Programa, o que lles parece que aprenderon, o que aprenderon e utilizan na vida diaria, o que modificarían... (No anexo 1 pódese ver o cuestionario do curso pasado así como a transcrición das respostas do alumnado en 3º ESO). 2) Prevención da violencia de xénero dende o amor. INTRODUCIÓN Imos traballar a prevención da violencia de xénero dende o amor, e de xeito transversal. O programa coordínase na hora de titoría co material: "Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero" (Xunta de Galicia, 2013). O primeiro obxectivo que nos plantexamos é partir de recursos que, dun xeito sinxelo, nos faciliten coñecer de primeira man que pensan e senten as nosas alumnas e alumnos e como o expresan. Partindo das súas propias palabras e dos seus propios sentimentos, indagamos nas súas causas. Tráctase, pois, de abordar a prevención dende as situacións cotiás que as rapazas e os rapaces poden ter máis preto e que, polo tanto, lles faga máis comprensible como se xera e se coa a violencia. É importante que se pregunten en primeira persoa, que indaguen sobre a súa orixe, para que sexan capaces de chegar a ver que a violencia de xénero está profundamente ligada a un xeito de entender as relacións baseado en mitos, falsas crenzas, malas maneiras de entender o que é un home ou o que é unha muller e o que é unha relación amorosa. Por isto, nalgunhas actividades invitámolos a pensar acerca das infinitas maneiras de ser home e de ser muller, de relacionarse preguntando e contestando ao propio desexo, indagando no que significa ser libres. Tamén estas actividades queren facilitar o inicio dunha toma de conciencia sobre a necesidade de ter palabras para nomearnos e nomear o amor, a sexualidade, os desexos, as relacións... e facelo "dende si" e intercambiando coas outras e os outros. As actividades dende a titoría son as seguintes: -Que é ser un home? Que é ser unha muller? -O mito do amor romántico -O coidado das relacións -A linguaxe -Que din as cancións? -O amor e a liberdade van da man -Quen ben te quere, farate chorar? -Eu, no teu sitio... -Ata onde? -A relación amorosa -Pódese amar e ser libre á vez. 10
  11. 11. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. Ademáis trabállase de xeito transversal, como se indica no apartado "organización, desenvolvemento e metodoloxía". OBXECTIVOS Xeral: contribuir á prevención da violencia de xénero dende unha reflexión crítica e construtiva sobre o amor, o cuidado das relacións e o respecto por tódalas persoas. Específicos: 1. Reflexionar de xeito crítico sobre os papeis sociais dos homes e das mulleres, e sobre como estos varían dunha sociedade á outra e, dentro da mesma, ao longo do tempo. 2. Afondar co alumnado na comprensión do simbólico e entender a importancia de preguntarse a sí mesma, a sí mesmo, sobre os seus propios sentimentos e relacións e o xeito de expresalos máis alá dos mitos, como o do amor romántico, que pode facernos pensar que "amar unha persoa é ter ollos só para ela". 3. Recoñecer a propia capacidade para o coidado das relacións e a importancia desta actitude en calquera tipo de relación. 4. Compartir co noso alumnado a necesidade de afondar na linguaxe. Tomar conciencia da importancia das palabras e expresións para comunicarnos e a violencia que conteñen moitas das palabras que utilizamos. 5. Analizar o que nos transmiten certas cancións "románticas" contribuíndo así a soster o mito do amor romántico. 6. Analizar os roles de xénero reflectidos nas cancións de moda, tanto a través das letras como das imaxes dos vídeos. 7. Tomar conciencia da necesidade de atopar as palabras para expresar os nosos sentimentos e a importancia dos sentimentos e necesidades do outro, da outra, para resolver os conflictos sen violencia, así como abordar co alumnado os celos como unha falsa exprexión do amor, xa que o desexo de control, de imposición, de posesión non cabe na relación amorosa. 8. Invitar ao alumnado a cuestionar os mitos e crenzas. 9. Tomar conciencia da importancia de escoitar e de que nos escoiten. 10. Coñecer que entende o noso alumnado por violencia nunha relación de parella e o seu grao de tolerancia cara a esta. 11. Identificar certos xestos nos que se coa a violencia na relación. 12. Coñecer que pensa e como se expresa o alumnado sobre o amor e con que palabras asocia este sentimento nunha relación de parella co fin de evidenciar a existencia de mitos e prexuízos a partir das súas propias palabras. ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA A participación transversal do profesorado das materias está a ser a seguinte en segundo, terceiro e cuarto da ESO: cidadanía, música, educación física, educación plástica e visual, linguas francesa e inglesa e, por suposto tamén en titoría desde onde se coordina o Programa, co material "Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero" (Xunta de Galicia, 2013), e co asesoramento continuo por parte da orientadora nas horas semanais de coordinación de titores/as. En FP Básica de peiteado e estética tamén se traballa dende a hora de titoría, e co mesmo asesoramento por parte da orientadora nas horas semanais de coordinación. En música: analízanse os roles de xénero reflectidos nas cancións de moda, tanto a través das letras 11
  12. 12. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. como das imaxes dos vídeos. En especial trabállase: o papel da muller, a sexualización/cosificación da súa imaxe, e a incitación á violencia de xénero. En linguas: afondan na linguaxe co obxecto de tomar conciencia da importancia das palabras e das expresións para comunicarnos, e da violencia que conteñen moitas das palabras que utilizamos. En cidadanía: análise dos datos de violencia de xénero que coñecemos polos medios de comunicación de masas, así como das súas causas. En educación plástica e visual: Plasman gráficamente a experiencia. En educación física: 1. O Ioga como camiño de autocoñecemento, de "desapego", e de individualización dentro dos grupos de socialización. 2. O coidado das relacións dende a práctica da Educación Física. 3. O silencio, o autocoñecemento, a autoestima e a empatía como base para o coidado dun/ha mesmo/a e das relacións cos/cas demáis. AVALIACIÓN QUE AVALIAR - CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Centrámonos na consecución dos obxectivos plantexados, os cales nos compremetemos a acadar: 1. Reflexión moral elaborada, por parte do alumnado sobre os valores que rexen as nosas actuacións cos demáis. 2. Reflexión crítica e construtiva sobre o amor, o cuidado das relacións e o respecto por tódalas persoas. 3. Grao de comprensión do simbólico, por parte do alumnado. e de comprensión da importancia de preguntarse a sí mesma, a sí mesmo, sobre os seus propios sentimentos e relacións e o xeito de expresalos máis alá dos mitos, como o do amor romántico, que pode facernos pensar que "amar unha persoa é ter ollos só para ela". 4. Desenvolvemento dunha autoestima positiva que fortaleza as súas decisións responsables fronte á influencia da presión grupal, familiar e/ou de parella. 5. Recoñecemento da propia capacidade para o coidado das relacións e a importancia desta actitude en calquera tipo de relación. 6. Maduresa amosada nas reflexións críticas sobre a linguaxe, mitos e crenzas, e a importancia das palabras e expresións para comunicarnos, así como a violencia que conteñen moitas das palabras que utilizamos. 7. Ídem sobre as cancións románticas, as de moda e os vídeos. 8. Atención individualizada, por parte do Departamento de Orientación co alumnado que o precise, para dar información ou intervir ante determinadas situacións que requiran de asesoramento. 9. Grao de contribución do programa ao desenvolvemento eficaz e profundo entre o alumnado das competencias básicas. 10. Utilización de dinámicas metodolóxicas activas, cooperativas e centradas na experiencia e na contorna próxima do alumnado, que permitan a interiorización de estratexias de afrontamento aplicables á vida diaria. 11. Grao de integración do Proxecto na planificación anual do centro e nas programacións específicas do profesorado participante, e análise do grao en que se implantaron dinámicas innovadoras no Centro, que se poden extender ou extrapolar a outros proxectos de colaboración. 12. Grao de participación do profesorado dende a investigación-acción colaborativa, e análise da creación dunha rede de traballo cooperativo e interdisciplinario para transformar e mellorar a práctica educativa do Centro. 13. Calidade da exposición coa que comunicaremos a nosa experiencia á Comunidade Educativa. 12
  13. 13. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. 14. Potencial de transferibilidade do noso Programa ao resto da Comunidade Educativa galega. 15. Grao en que o alumnado escoita, sinte e expresa, como medios de prevención da violencia de xénero. CANDO E COMO AVALIAR -MOMENTOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN: Para realizar a avaliación final, en xuño, nos valeremos da avaliación formativa ao longo de todo o curso, da observación realizada na aula, da análise das súas intervencións nos debates e role- playings, do comportamento e madureza amosado polo alumnado en tódalas clases, no patio e nas actividades extraescolares, dos documentos gráfico grabados e da análise dos traballos feitos en educación plástica e visual. Asemade lles pasaremos un cuestionario con preguntas abertas para que sinalen o que lles gustou do Programa, o que lles parece que aprenderon, o que aprenderon e utilizan na vida diaria, o que modificarían... 4. CONTEXTO. 4.1. O programa número un serve para tractar de maneira normalizada os casos de trastornos de conduta que temos no Centro, beneficiando moitísimo ademáis ao resto do alumnado, xa que os dota de estratexias emocionais e adaptativas moi útiles para a súa vida adolescente actual e adulta futura. O obxectivo do programa elaborado pola orientadora é que sirva de guía para que o profesorado titor da ESO e da FPB poida, con este material teórico-práctico, e dende a intelixencia emocional axudar ao alumnado a que se coñeza, se regule, se motive, adquira empatía e mellore a súa asertividade, autoestima e habilidades sociais. Este traballo dende a titoría e ao longo de todo o curso incidiu en que diminúa a súa impulsividade, ira e ansiedade, toda vez que aprende habilidades para o autocontrol. Así aprenderá a convivir con outros, a interiorizar un método para resolver os problemas/conflitos que xurden na vida cotiá, e a mellorar a súa relación consigo mesmo" (Plan de Acción Titorial 2015/2016). Polas características da nosa sociedade e os modelos psiquiátricos imperantes, cada vez temos máis alumnado diagnosticado de desaxustes persoais e con tractamentos farmacolóxicos. O que pretendemos e darlles ferramentas para previr (prevención primaria e secundaria) estes desaxustes aprendendo habilidades sociais, para resolver conflitos, e para o autocontrol, toda vez que melloran a súa autoestima. Pretendemos que as titorías sexan unha escola de vida, e que esta tarefa sexa complementada dende o resto de áreas curriculares. Na aplicación do programa temos en conta que as actuacións humanas son produto da interación dos planos: fisiolóxico (emocións), cognitivo (pensamentos) e comportamental (actuacións), e por iso a metodoloxía ten que adaptarse ao que queremos que interioricen: ten que ser vivencial, práctica e con dinámicas grupais que favorezan a posta en práctica, a reflexión previa e posterior, e a modificación condutual en función das consecuencias. 4.2. O programa número dous nos permite coñecer de primeira man que pensan e senten as nosas alumnas e alumnos e como o expresan. Partindo das súas propias palabras e dos seus propios sentimentos, indagaremos nas súas causas. Tráctase, pois, de abordar a prevención dende as situacións cotiás que as rapazas e os rapaces poden ter máis preto e que, polo tanto, lles faga máis comprensible como se xera e se coa a violencia. É importante que se pregunten en primeira persoa, que indaguen sobre a súa orixe, para que sexan capaces de chegar a ver que a violencia de xénero está profundamente ligada a un xeito de entender as relacións baseado en mitos, falsas crenzas, malas maneiras de entender o que é un home ou o que 13
  14. 14. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. é unha muller e o que é unha relación amorosa. Por isto, nalgunhas actividades invitarémolos a pensar acerca das infinitas maneiras de ser home e de ser muller, de relacionarse preguntando e contestando ao propio desexo, indagando no que significa ser libres. Tamén estas actividades queren facilitar o inicio dunha toma de conciencia sobre a necesidade de ter palabras para nomearnos e nomear o amor, a sexualidade, os desexos, as relacións... e facelo "dende si" e intercambiando coas outras e os outros. 4.3. Estes programas son de especial relevancia neste momento de desenvolvemento psicosocial, cognitivo e moral do alumnado porque se atopan a nivel biolóxico na puberdade, cos cambios físicos asociados a esta etapa; a nivel psicosocial, na adolescencia, como período de transición de roles e de formación entre a nenez e a etapa adulta; e a nivel cognitivo na etapa das operacións abstratas ou formais. Esta etapa a nivel cognitivo caracterízase pola posibilidade de razoar sobre hipóteses e non só sobre obxetos observables na realidade. O pensamento hipotético- deductivo permite que o coñecemento se libere do real, do concreto, dos obxetos, e que poida imaxinar distintas actuacións posibles así como as consecuencias de cada unha delas, de xeito combinatorio. Tendo en conta os estadíos de desenvolvemento moral de Kohlberg axudaremos ao noso alumnado a acadar o número 6 e máis elevado, o dos principios éticos universais, seguendo a máxima de “facer ao outro/a o que quero para min”, ou de “non facer ao outro/a o que non quero para min” e que se basea na empatía, no autocoñecemento e na convivencia pacífica. Durante este período, é importante o plano persoal, de coñecemento dun mesmo, de comprensión de aspectos afectivos e emocionais, de descubremento das posibilidades cognitivas, de aprendizaxe social e de potenciación de habilidades que permitan relacionarse construtivamente cos demáis. É un momento idóneo para traballar dende a intelixencia emocional, para que recoñezan as súas emocións no momento no que aparezan e que lles poñan nome. Razoando o por que da súa aparición aprenderán a regulalas e mellorarán as suás habilidades sociais, así como a súa capacidade para resolver conflitos de forma pacífica. 5. PROFESORADO IMPLICADO. 5.1. Dunha banda os titores e titoras de 2º a 4º da ESO e de Formación Profesional Básica de Peiteados. 5.2. Doutra os Departamentos de Orientación, Lingua Galega, Francés e Bioloxía no curso 2014/2015. E no curso 2015/2016 os Departamentos de Orientación, Inglés, Debuxo, Música, Francés e Matemáticas. No curso 2014/2015 a participación TRANSVERSAL das materias foi a seguinte, en TERCEIRO da ESO: -En bioloxía centráronse no fisiolóxico, en concreto, en como as hormonas disparan certos 14
  15. 15. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. comportamentos de tal forma que se os nosos alumnos e alumnas son conscientes desta relación, poderán controlar e dirixir as súas actuacións. Tamén estudiaron a influencia do clima na nosa conduta, e o cerebro, facendo especial fincapé no cerebro triuno: reptiliano (impulsivo e encargado da supervivencia), emocional ou límbico (o dos animais), racional ou neocortex (o humano e o dos grandes pónxidos que abrangue tamén aos outros dous). Pódense ver uns vídeos moi interesantes ao respecto, así como a orixe do medo escénico no blog, na pestana de bioloxía. Tamén estudiaron “o fenómeno do botellón e o consumo de substancias”. Como certas substancias estimulantes, depresoras e alucinóxinas poden afectar ao sistema nervioso e, por tanto educar a cidadáns responsables que eviten o consumo de drogas. -En francés poñerlle nome ás emocións, e ”comunicación” , en concreto, os tres tipos de expresión: pasivo, agresivo e asertivo.. ao que engadiron: manipulador. No blog, na pestana de francés, pódese ver parte do traballo realizado co alumnado. -En competencia lectora traballaron, segundo xa constaba na súa programación "a dinámica de grupo, a aprendizaxe colaborativa e a intelixencia emocional para que os alumnos e alumnas se coñezan, motiven e melloren as súas competencias sociais, aprendendo a convivir e a resolver os seus conflitos mediante o diálogo...". O alumnado fixo uns vídeos nos que tentaban de resolver diferentes conflitos, algúns deles poden verse no blog, na pestana de C lectora. -Por suposto en titoría, onde se coordinou o Programa, coa presentación en impress que realizou a orientadora, e co asesoramento continuo pola súa parte nas horas semanais de coordinación de titorías. Unha parte das dinámicas grupais desenvoltas co alumnado de 3º ESO na aula pódese ver na pestana “Titoría” do blog. 5.3. As funcións realizadas polo profesorado son as seguintes (só incluimos ao profesorado que segue no IES no actual curso académico): -Montserrat Pérez Castiñeira – Departamento de Orientación e coordinadora do Proxecta. Coordinación activa do programa: deseñouno coa presentación en impress xa nomeada, o impulsou- promocionou entre o profesorado de 3º da ESO, solicitouno á Consellería co apoio da Directora do Centro, e coordinouno dende as reunións semanais de titores e titoras e co resto de participantes e, incluso, cando Norberto Campelo (titor de 3º A) marchou en febreiro porque se incorporou o titular da materia, se encargou das titorías de A para darlle continuidade ao programa. Tamén se encargou do deseño e publicación do blog: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/, que comunica a experiencia á Comunidade Educativa, e a outros Centros Educativos interesados en coñecela, e que tivo moi boa acollida entre o alumnado implicado, así como de producir, gravar, editar e publicar o relativo a "Titoría" e "Orientación". Nas pestanas "bioloxía", "competencia lectora" e "bioloxía" do blog editou e publicou os contidos elaborados polo profesorado participante. En canto a avaliación do programa, na titoría, transcribíu as respostas do alumnado ao cuestionario de avaliación final, e 15
  16. 16. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. estas poden verse no blog, no apartado de "titoría", e clicando en: drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3buME1zMWZwb0dUY1k/view para 3º A, e en: drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3budWZrV0k3aTlad1k/view para 3º B. -Xosé María Torres Reino – Departamento de lingua galega. Traballou, eficazmente, dende a materia optativa de competencia lectora. Centrouse nos apartados de comunicación oral, a expresión das emocións, e o diálogo como método de resolución de conflitos. Realizaron un vídeo cada equipo de alumn@s, algúns dos cales poden verse no blog, e que recollen esta experiencia: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/blog-page.html. Facer os vídeos non foi nada doado xa que previamente tiveron que facer e refacer os guións, e despois de grabar, editar. E todo isto foi feito polo alumnado! -Cristina Nores Castro- Departamento de xeografía e historia. Traballa co alumnado de 2º ESO nesta materia aproveitando as noticias sobre violencia de xénero que se publican na prensa. Sérvenlle para concienciar ao alumnado guiándoos no debate sobre o que poderían facer nas súas relacións cos demáis para prever que esto non siga ocorrendo. Isto inclúe unha reflexión moral sobre os papeis sociais de homes e de mulleres na nosa sociedade e no momento actual. -Carlos Agustín Valencia Hentschel – Departamento de música. Traballa con todo o alumnado da ESO, desde 2º ata 4º. Aproveitando o interese do alumnado polos produtos musicais actuais, escóitanse na aula e reflexiónase sobre como poden influir negativamente na autoestima dos e das adolescentes, co obxectivo de aumentar o seu espíritu crítico e a súa empatía. En canto ao proxecta “Por 365 días...” reflexiona co alumnado sobre a cosificación/sexualización da imaxe da muller, así como a incitación á violencia de xénero nas cancións de reggaeton. Coma exemplo, a partir da visualización dun vídeo de electrolatino de Enrique Iglesias, “I´am a freak” faise un traballo de reflexión primeiro individual e despois colectiva. O profesor para que servira de guía elaborou unha ficha con preguntas, e este traballo de exemplo pódese ver no apartado seguinte: 6: “Aprendizaxe activa e estratexias metodolóxicas”. -María Isabel Martín Romalde – Departamento de educación plástica e visual. Traballou as temáticas dende a arte para a continuación pedirlle ao alumnado que elaborase un cartel-anuncio no que tivesen en conta a prevención da violencia de xénero. Podemos ver como mostra unha actividad no apartado 6 desta memoria. -María Luisa Vidal Mariño e María Dolores Rodríguez Calo. Son as titoras de 3º B e de 3º A da ESO respeitivamente. Traballan eficazmente dende as titorías aplicando o programa “Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional” (Proxecta “Quérote máis”), e “Cartas de Amor” (Proxecta “Por 365 días...”), segundo está planificado no Plan de Acción Titorial e coordinadas semanalmente coa orientadora. No apartado 6 desta memoria pódese ver unha mostra do traballo realizado: role- playings sobre habilidades sociais e asertividade. -María José Morlán Vites – Departamento de educación física e titora de 4º ESO. Traballa en 2º, 3º e 4º da ESO nos dous Proxecta, utilizando o Ioga e a meditación como camiño de autocoñecemento. A respiración, a meditación e a relaxación teñen como obxectivo que o alumnado acade o autocontrol e a mellora na concentración. Ademáis, coma titora, traballa eficazmente dende as titorías aplicando o programa “Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional” (como Contrato-programa de “Convivencia e Igualdade”, e “Cartas de Amor” (Proxecta “Por 365 días...”), 16
  17. 17. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. segundo está planificado no Plan de Acción Titorial e coordinada semanalmente coa orientadora. -Sonia María Martínez Becerra – Departamento de inglés. Traballa nos dous Proxecta. En 3º ESO B a súa intervención leva por nome: “O amor nas cancións anglosaxonas”. Tenta analizar as diferentes perspectivas dende as que se enfoca a temática amorosa na música de fala estranxeira, básicamente nas variantes inglesa e americana. O procedemento foi o seguinte: elaborouse unha lista de cancións que tentan exemplificar os diferentes tipos de amor: romántico, posesivo, paixonal, etc. O alumnado escolle un tema de acordo cos seus gustos musicais, e despois fan unha análise da canción empregando os recursos tradicionais (exposición en papel, cartolina...) ou empregando as TIC (power point, vídeos, fotos...). O obxectivo principal é que o alumnado saiba analizar o tema central dende diferentes ópticas. Obxectivos secundarios son a aprendizaxe e o reforzo de vocabulario en inglés relacionado coas relacións interpersoais. -José Luis Villarino Barja e Yolanda Mosquera – titores de 2º A e de 2º B da ESO, respectivamente, traballan eficazmente dende as titorías aplicando o programa “Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional” (Contrato-Programa “Convivencia e Igualdade”), e “Cartas de Amor” (Proxecta “Por 365 días...”), segundo está planificado no Plan de Acción Titorial e coordinadas semanalmente coa orientadora. -Jesusa Veiras Paderne e María de los Ángeles Domínguez Mariño – titoras de 1º e 2º de FP Básica de Peiteados e Estética. traballan eficazmente dende as titorías aplicando o programa “Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional” (Contrato-Programa “Convivencia e Igualdade”), e “Cartas de Amor” (Proxecta “Por 365 días...”), segundo está planificado no Plan de Acción Titorial e coordinadas semanalmente coa orientadora. Estes programas son especialmente importantes en cursos coas características da FP Básica, onde o alumnado soe ter unha autoestima baixa e moi danada e escasas habilidades para a xestión de conflitos e o autocontrol. -María Jesús Abraldes Iglesias e María del Pilar Peñas Boleas – Departamento de francés. As profesoras están a traballar os estereotipos co alumnado de 4º da ESO, dentro do Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", xa que estes están tan interiorizados na nosa sociedade que é necesario visibilizalos para deste xeito ser máis críticos e críticas e conseguir unha sociedade máis igualitaria. Tras unha pequena exposición do problema moral a tratar, por parte do profesorado de francés, houbo un debate no que de xeito crítico o alumnado indicou aspectos da vida diaria onde se atopan os micromachismos. A continuación, as profesoras, pedíronlle o alumnado que contaran algunha desas situacións cotiás mediante un vídeo de denuncia no que esta problemática quedara patente e visibilizada. Por suposto todo isto é en francés, e coma exemplo poñemos un vídeo que está colgado na pestana de francés no blog, e que foi elaborado por Lucía Del Castillo Vázquez de 4º da ESO: https://drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3budmVSNHNoMVRfcFk/view? usp=sharing, e “Pilules pour 365 jours contre le machisme”: https://drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3buSXpEYXd3dVhjaG8/view?usp=sharing. No blog pódese ver esta actividade e outras do alumnado: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/frances.html -María Dolores Picón García – Directora do Instituto. Traballa por que estes proxectos salan adiante, facilitando a súa solicitude e aportando os recursos necesarios, así como que os aplica nas súas entrevistas co alumnado e coas familias: escoita activa, empatía... 17
  18. 18. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. 6. APRENDIZAXE ACTIVA. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS. Utilízanse dinámicas metodolóxicas activas, cooperativas e centradas na experiencia e na contorna próxima do alumnado, para que deste xeito poidan interiorizar estratexias de afrontamento aplicables á vida diaria. 6.1. O programa número 1 coordínase dende o Departamento de Orientación e dende a acción titorial, xa que nas titorías este se desenvolve co título "Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional. Convivencia, resolución de conflitos, habilidades sociais e prevención no consumo de substancias", coa axuda da presentación en impress especificada con anterioridade. Esta presentación ten 82 diapositivas de carácter tanto teórico como práctico con dinámicas grupais: 1 de portada, 1 de introdución, 4 de intelixencia emocional, 8 sobre o conflito, 7 sobre empatía, 10 sobre comunicación e comunicación dixital, 20 sobre habilidades sociais e asertividade, 13 sobre autocontrol e impulsividade, 3 sobre dar e recibir queixas, 1 sobre dar e recibir opinións positivas, 9 sobre autoestima, 4 sobre o estrés e técnicas para o control da ansiedade, e a última de bibliografía. A metodoloxía é activa, xa que se tracta de que o alumnado reflexione sobre o que lle pasa a nivel intra e interpersoal e adquira estratexias de afrontamento e adaptativas ante os conflitos que se lle presenten na súa vida adolescente actual, e adulta futura. Trabállase na titoría en toda a ESO e FPB ao longo de todo o curso pero en terceiro ten ademáis, un tractamento transversal nas áreas de: Música, Lingua inglesa e francesa, Educación Física, Educación Plástica e Visual, Matemáticas ademáis de na Titoría. Para analizar a metodoloxía empregada imos ver algún traballo do alumnado nas titorías de 3º ESO, e explicar o proceso formativo. Utilizando a presentación en impress, e en concreto coas diapositivas sobre habilidades sociais e asertividade, tras comentar as características dos tipos de expresión: pasivo, agresivo e asertivo, o alumnado ten que poñer en práctica e vivenciar o aprendido. Para isto, en grupos de 3 ou 4 persoas preparan un role-playing sobre un tema libremente elixido por eles. Despois o representan por grupos, e o resto observa. Ao rematar cada grupo os observadores indican que papel representou cada persoa, e lles fan preguntas aos actores. Ao rematar todos, a persoa que dinamiza a actividade lles fai unhas preguntas: que rol ou tipo de expresión é o máis axeitado para evitar conflitos e/ou para solucionar os existentes. O alumnado soe respostar que o máis axeitado é o asertivo. Trátase de chegar á conclusión de que este é o máis adaptado e o máis desexable, e de que os outros dous son negativos para eles mesmos e para os demáis. A seguinte pregunta é se sempre é negativa unha conduta pasiva. A través dun exemplo concreto, de agresión inmediata por parte do interlocutor, reflexiónase sobre cal é a resposta máis axeitada nese momento. O grupo soe chegar á conclusión que nese momento a máis axeitada é a pasiva, xa que é imposible ser asertivo nese instante en que o outro cegado pola ira non ve, e a resposta agresiva levaría a unha escalada de violencia e a unha posible agresión física. O mellor sería “pasar” nese momento, e noutro posterior xa con máis calma, tentar de resolver o conflito de xeito asertivo e pacífico. Dous exemplos de role-playing en 3º ESO B, coa titora Mª Luisa Vidal Mariño, desenvoltos na aula o día 3 de maio de 2016 son os seguintes: https://drive.google.com/open?id=0B_jybDbwa3buMnBENWNVakVLdEE https://drive.google.com/open?id=0B_jybDbwa3buY0lLUE9tRkpFZnc Outro exemplo, neste caso sobre a aprendizaxe dunha técnica asertiva, o disco raiado, en 2º B da ESO, que foi implementado pola orientadora en novembro: https://drive.google.com/open? 18
  19. 19. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. id=0B_jybDbwa3bucElvbkpQTXJGN3M ("Pareces un disco raiado, ti!”). Sofía no rol de avoa "invasiva" e ata insultona, que quere decidir sobre o futuro da súa neta, e Marta no rol de "sufrida" neta, que aplica de xeito excepcional a técnica do disco raiado, para que se respecten as súas decisións sobre o seu futuro académico e profesional, e non responder de xeito agresivo. Os diálogos, coma sempre, fóron inventados polo alumnado. O resto do alumnado da aula observaba, e despois participou segundo se explicou na dinámica anterior. O feito de que idearan e puxeran en escena unha dramatización tan boa non deixa lugar para a dúbida de que efectivamente comprenderon o sentido da técnica e de que a saben aplicar. Previo á aprendizaxe da resolución de conflitos, e de habilidades sociais está a escoita activa. Coma exemplo do traballo na titoría sobre este aspecto, aportamos tres vídeos que son as tres partes da dinámica grupal "O Castigo" desenvolvida, pola Orientadora, na titoría de 3º A ESO o 4 de marzo de 2015. Con control clic nas frases en azul ábrense os hipervínculos: Primera parte: Ten por nome "O conflito". Segunda parte: "A mediación". Terceira parte: "A negociación e o acordo". A actividade desenvolveuse seguindo as pautas establecidas na presentación "Dinámicas de Convivencia, Resolución de Conflitos e Habilidades Sociais", e é de destacar a gran capacidade de improvisación do alumnado participante, así como a súa implicación conxunta ata o final (é de destacar que, na última parte, tocou o timbre e eles seguiron negociando coma se nada). O alumnado participou de xeito voluntario, elixiron libremente os roles a interpretar, así como os diálogos, que fóron improvisados por eles. De aquí podense extraer moitas conclusións a nivel pedagóxico e sociofamiliar. A nivel técnico compre ter en conta que os recursos dos que dispoñemos son moi limitados, así que foi filmado co teléfono móbil da persona que dinamizou a actividade. Os nomes e roles do alumnado participante: -Carme interpreta a unha alumna de nome Josefa. -Samuel no rol de pai da alumna. -Martín no rol de nai da alumna. -Lucía interpreta a unha amiga da familia que, inesperadamente, fai de mediadora no conflito. Estas actividades e outras moitas pódense ver explicadas no blog: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/titoria-1516.html . Aquí o relativo ao curso actual. http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/tutoria.html. Aquí o relativo ao curso 2014/2015. 6.2. No programa número 2: “Prevención da violencia de xénero dende o Amor”, podemos analizar a metodoloxía tomando coma exemplos un taller impartido sobre o modelo hexemónico de masculinade, a análise dos estereotipos de xénero en francés, a sexualización/cosificación da imaxe da muller, e a incitación á violencia de xénero nas cancións de electro latino na área de música, así como carteis publicitarios na área de debuxo feitos polo alumnado. No primeiro, no taller, que foi impartido por Oriana, alumna do Máster de Formación do Profesorado que titorizaba a orientadora no presente curso académico, pretendíase explorar os 19
  20. 20. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. coñecementos que o grupo tiña sobre xénero e sobre o modelo hexemónico de masculinidade, abordar e facer accesible contidos informativos e conceptuais relacionados cos modelos hexemónicos de xénero, favorecer a toma de conciencia e sensibilización sobre os riscos e a falta de equidade entre ámbolos dous modelos de xénero, e traballar na construción dun modelo alternativo de masculinidade e feminidade baseado na igualdade dende a diferencia. Para o desenvolvemento das sesións apostouse polo emprego dunha metodoloxía mixta que combinara pequenas explicacións teóricas con dinámicas participativas que situasen ó alumnado na realidade abordada e facilitasen a súa predisposición e apertura cara o proceso de aprendizaxe. Este taller desenvolveuse en dúas sesións, e a primeira organizouse da seguinte maneira:  Dinámica “Historia dun bebé” – 20 minutos: Tras organizar a clase en pequenos grupos de oito persoas, entregóuselles a cada un deles e delas unha pequena ficha coa imaxe dun bebé acompañada de diferentes cuestións: nalgún dos grupos o bebé chamábase María e noutros Xosé. De maneira conxunta cada grupo debía responder ás cuestións plantexadas en función do sexo atribuído a cada imaxe. Aínda sendo a mesma imaxe, as respostas dadas por cada un dos grupos poñia de manifesto o establecemento categórico de determinados roles ou comportamentos en función do xénero. Así, a forma de ser, as conductas, as aspiracións, as afeccións ou a construción familiar variaba considerablemente en función do nome atribuídolle ó bebe.  Unha vez realizada a actividade e manifesta a realidade da dinámica, realizouse un pequeno debate e reflexión sobre as diferencias establecidas, e estas tomáronse como punto de partida para realizar a exposición teórica.  Acotando conceptos – 10 minutos: dun xeito breve e dinámico abórdanse conceptos clave como o sexo- xénero, a masculinidade-feminidade, estereotipos de xénero, nun intento de consolidar as bases sobre as que se sustentará a proposta educativa.  Construción do home e muller ideal - 20 minutos: unha vez expostos os contidos teóricos pídeselles ás rapazas e rapaces que constrúan graficamente o home e a muller ideal, integrando no debuxo tódalas condicións físicas, psicolóxicas, actitudinais e sociais que consideran necesarias nun ser (home ou muller) ideal. Este dinámica, realizada nos derradeiros vinte minutos de clase foi o punto de partida da segunda sesión. 20
  21. 21. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. A finalidade desta primeira sesión foi explorar os coñecementos ou ideas previas que o alumnado xa tiña e delimitar conceptualmente a terminoloxía clave en temas de xénero. A segunda sesión estivo enfocada á exposición do Modelo Hexemónico de Masculinidade e a súa construción, para finalmente abordar modelos alternativos equitativos e diversos adecuados á realidade social actual. Así, as actividades desenvoltas foron as seguintes:  Análise do “Home e Muller Ideal” – 15 minutos: cada representante dos grupos establecidos na sesión anterior, expuxo para o resto da clase o seu debuxo, explicando as razóns polas que estableceron unhas características determinadas e non outras. Despois da exposición prantexamos algunhas cuestións relativas á identificación persoal co debuxo ou desexo de parecerse a este, e sorpredentemente, ninguén se sentía identificado/a nin tampouco aspiraba a ser así. Un feito paradóxico que deixaba de manifesto de que forma repercute no noso cerebro as atribucións aprendidas para homes e mulleres. 21
  22. 22. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B.  Exposición teórica “Modelo hexemónico de Masculinidade” – 10 minutos: atendendo ós obxectivos propostos para esta sesión, desenvolveuse una exposición teórica sobre a construción do modelo hexemónico de masculinidade e a súa consolidación nunha sociedade poderosamente patriarcal. Abordáronse tamén as características condutuais, relacións sociais e sistemas de poder adheridas a este modelo para chegar finalmente ás consecuencias e fracturas derivadas da hexemonía masculina.  Proxección da curtametraxe “La mayoría Oprimida” – 10 minutos: antes de propor un modelo alternativo de masculinidade e feminidade, pareceunos interesante proxectar unha curtametraxe francesa titulada “Majorité Opprimée” (Maioría Oprimida – https://www.youtube.com/ watch? v=PSyEJf__A4A ), baseada no relato dun día particular do xénero oprimido. A 22
  23. 23. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. particularidade desta curta atopase na inversión de roles, é dicir, neste caso, son os homes os que sofren as consecuencias dunha sociedade hembrista consolidada a partir da dominación da muller sobre o home. Dende un prisma reflexivo e crítico abordánse aspectos clave do día a día das mulleres como son o acoso verbal, a intimidación a través da forza, a obxectivación da figura feminina, a atribución de responsabilidades en caso de agresión, etc.  Exposición de alternativas e debate final – 15 minutos: aproveitando as reflexións feitas polo alumnado sobre a curtametraxe e a modo de peche, proponse como modelos alternativos de xénero falar de Masculinidades e Feminidades, un conxunto diverso de diferentes formas de ser e concebir o xénero mantendo unha relación de equidade e non discriminación. Acompañada desta breve explicación realizouse unha pequena dinámica de modificación do modelo de “home e muller ideal” de acordo cos parámetros de igualdade de xénero. Neste sentido cada grupo propuxo alternativas ós preceptos xa establecidos deixando prevalecer exclusivamente aqueles relativos á personalidade en termos positivos (exemplo: “que lle guste descubrir novas cousas” “paciente” “boa persoa”...). No segundo exemplo, na análise dos estereotipos na materia de francés: As profesoras están a traballar co alumnado de 4º da ESO, dentro do Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", xa que estes están tan interiorizados na nosa sociedade que é necesario visibilizalos para deste xeito ser máis críticos e críticas e conseguir unha sociedade máis igualitaria. Tras unha pequena exposición do problema moral a tratar, por parte do profesorado de francés, houbo un debate no que de xeito crítico o alumnado indicou aspectos da vida diaria onde se atopan os micromachismos. A continuación, as profesoras, pedíronlle o alumnado que contaran algunha desas situacións cotiás mediante un vídeo de denuncia no que esta problemática quedara patente e visibilizada. Por suposto todo isto é en francés, e coma exemplo poñemos un vídeo que está colgado na pestana de francés no blog, e que foi elaborado por Lucía Del Castillo Vázquez de 4º da ESO: https://drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3budmVSNHNoMVRfcFk/view?usp=sharing, e “Pilules pour 365 jours contre le machisme”: https://drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3buLXAwREFPa2JhNWc/view?usp=sharing, de 4,45 minutos que compendia o traballo de diferentes alumnos e alumnas de francés. No blog pódese ver esta actividade e outras do alumnado: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/frances.htm No terceiro exemplo, a sexualización/cosificación da imaxe da muller, así como a incitación á violencia de xénero nas cancións de reggaeton na área de música, a partir da visualización dun vídeo de electrolatino de Enrique Iglesias, “I´am a freak”, o alumnado coa guía do profesor comenta as imaxes “cosificadoras” das mulleres, e posteriormente traballa a letra e identifica – analiza os aspectos (imaxes, verbas, frases..) que identifican á muller como obxecto sexual e como posesión. 23
  24. 24. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. No cuarto exemplo, carteis publicitarios na área de debuxo feitos polo alumnado da ESO, poñemos de mostra os seguintes: 24
  25. 25. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. 25
  26. 26. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. 26
  27. 27. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. Estas actividades e outras moitas pódense ver explicadas no blog: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/blog-page_22.html 6.3. Como vemos, trátase de promover a aprendizaxe por proxectos e transversal e dun traballo por competencias. “As competencias clave son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o seu desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego”, segundo o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. É isto é precisamente o que nos traballamos nos Proxecta: habilidades básicas de vida, versátiles, que serven para entendernos mellor a nós mesmos e para entendernos mellor cos demáis (intrapersonais e interpersonais). En concreto as competencias que traballamos de xeito prioritario son as seguintes: - Comunicación lingüística (CCL), oral e escrita. - Competencia dixital (CD), cuestión que queda patente na elaboración dos vídeos de “fran- cés” e de “competencia lectora”, por exemplo. - Aprender a aprender (CAA). As aprendizaxes que promovemos son construidas, non inse- ridas, e por iso, na medida en que se reflexiona, se busca información, se debate, e se elaboran con- clusións personais e colectivas se está aprendendo a aprender. Isto é fundamental dende a nosa perspectiva de traballo nos Proxecta, como se poder ver no apartado 6. “metodoloxía”. -Competencias sociais e cívicas (CSC). En relación cos Dereitos Humanos. -Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE) para resolver de xeito autónomo os seus propios conflitos. -Conciencia e expresións culturais (CCEC). O traballo nos Proxecta implica unha reflexión moral sobre os problemas da nosa sociedade e as solucións éticas ás que queremos chegar. Así por exemplo, o Proxecta número dous “Por 365 días de respecto e igualdade” intenta eliminar o machis- mo como problema moral da nosa sociedade, e avanzar hacia unha sociedade feminista como solu- ción ética de igualdade entre os xéneros. Isto podemos velo claramente nos traballos de francés, música e plástica expostos como mostra no apartado 6. A ética, ademáis, inclúe a comparación coas “outras morais” de outras sociedades ou coa nosa mesma noutro periodo histórico. Para iso é preci- so ter unha conciencia clara de como é a nosa sociedade, dos problemas que nos atenazan e/ou ate- nazaron, así como coñecer outras que nos “abran a mente” con novas perspectivas de solución aos problemas. No artigo 4 do Decreto tamén se fala dos “elementos transversais”: “Do mesmo xeito, pro- moverá a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, o respecto por igual aos homes e ás mulleres, e ás persoas con discapacidade...” Non queremos repetirnos, e por iso só o no- meamos. Estes aspectos son centrais nos nosos Proxecta. 7. TRASCENDENCIA. IMPLICACIÓN DO RESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA. No apartado 10. “Impacto” explícase como o noso traballo nos Proxecta trascende o noso Centro, o alumnado así o considera cando accede a ser grabado ou a que se suban os seus traballos ao blog, e o seu obxectivo é a comunicación coa Comunidade (familias, asociacións, outros Centros 27
  28. 28. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. Educativos... que sabemos que consultan o noso blog) e para fóra da Comunidade. Temos visitas dende Estados Unidos, Chile, México, India... Consideramos que o traballo de ensinar e aprender a vivir é inherente á propia tarefa educativa, proveña esta da familia, das asociacións, dos centros educativos ou de calquera outra institución socializadora, e por iso o noso traballo ten tanto en común e, esperamos, de interese para calquera que nos adiquemos a esta noble labor. Nas actividades complementarias e extraescolares do Departamento de Orientación para o curso 2015/2016, aprobadas no Consello Escolar no primeiro trimestre, figura a colaboración co entorno: asociacións, Consellerías..., están íntimamente vinculadas aos Proxecta, e estase desenvolvendo conforme ao planificado. B - Obradoiros de A Faraxa: 1. Educación Afectivo-Sexual en igualdade. 2º ESO. 3 horas 2. Prevención da violencia de xénero: educación emocional. 3º da ESO: 3 horas. 3. Prevención da violencia de xénero: autoestima e habilidades sociais. 1º FPB: 6 horas. C - Charlas de A Faraxa: 1. Sensibilización contra a trata de seres humanos. 2º FP Básica: 1 hora 2. Educación para a saúde: infeccións de transmisión sexual (ITS). 2º FPB e 4º da ESO: 1 hora. 3. Educación para a saúde: métodos de protección. 2º FPB e 4º da ESO: 1 hora. D - Cineforum. En 1º FP Básica: 3 horas. E - Exposición Cartas de Amor, exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a vio- lencia de xénero e a mocidade; máis un obradoiro práctico sobre igualdade e xénero. Dirixido á ESO de 2º á 4º, máis FPB, cursos onde se está traballando, de xeito interdisciplinar, no PROXEC- TA “Por 365 días de respecto e igualdade” para a prevención da violencia de xénero. Tamén se abre a participación aos outros cursos do centro (FP e Bacharelatos) sempre que algún/ha profesor/a se encargue de acompañalos e de darlle un sentido didáctico na aula. Para esto, como sempre, teñen o apoio do Departamento de Orientación. F – Obradoiro sobre violencia de xénero e o novo contexto dixital, centrados no coñecemento e pre- vención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión. 3º da ESO e 1º FPB: Unha ou dúas clases. G – Obradoiro de loita contra a discriminación cara as persoas. Peer educator = Educación entre iguais. 1º FP Básica. Temporalización: B, C, G: 2º trimestre. D, E, F: 3º trimestre. Coordinación: Tódalas actividades serán coordinadas polo Departamento de Orientación, e están en conexión co Plan de Acción Titorial (PAT); asemade, dende a B ata a G (Contrato-Programa de Convivencia), se integran co traballo por proxectos e interdisciplinar desenvolvido dentro dos PROXECTA nos que participamos: “Quérote +: modalidade socializando” e “Por 365 días de respecto e igualdade”. Avaliación: Serán avaliadas na medida en que contribuiron ao bo desenvolvemento do Plan de Acción Titorial. 28
  29. 29. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. 8. PRODUTO FINAL- Para non repetirnos, a visualización dos elementos elaborados no proceso de aprendizaxe poden verse no apartado 6 cando se explicaba a metodoloxía, así coma no blog. O que aquí se presenta é unha mostra dos traballos realizados, xa que sería imposible nun número limitado de páxinas incluilo todo, anque axudan as ligazóns e o blog. Tamén temos que dicir que o curso non finalizou, que o prazo que temos establecido no noso Centro é o 3 de xuño para entregar os traballos e con posterioridade se suben ao blog, e anque xa temos bastantes subidos ao mesmo, ainda nos falta bastante para rematar. Hacia o 15 de xuño estará rematada a experiencia e o produto final poderá verse no blog. 9. AVALIACIÓN. O programa que temos avaliado é o do curso 2014/2015. Os deste curso están en proceso de implementación e de mellora continua. A avaliación será en xuño tendo en conta sobre todo o seguinte indicador: incremento na autorresponsabilidade na xestión dos conflitos, na medida que interiorizan un método e adquiren habilidades socioemocionais de afrontamento eficaz, tanto na xestión individual coma de grupo. 9.1.- Avaliación do programa número 1 o curso 2014/2015: Grao de consecución dos obxectivos (segundo consta na Memoria final): O programa contribuiu a desenvolver valores para a vida e a convivencia construtiva e harmónica, a intelixencia emocional, a estimular unha autoestima positiva para reducir a influencia da presión grupal, a educar en habilidades que favorezan a toma de decisións responsable e a resolución de conflitos, a reflexionar individualmente e debater en grupo sobre as situacións que implican maior RISCO: os abusos e/ou o mal uso da internet, prevención do consumo de substancias (tabaquismo, drogas, botellón...), a traballar de modo individual con aqueles que así o precisaron, para dar información ou intervir ante determinadas situacións que requeriron de asesoramento, por parte do Depto. de Orientación. Este programa contribuiu a un maior acercamento deste ao alumnado e, polo tanto, facilitou unha intervención máis eficaz. Tamén contribuiu ao desenvolvemento das competencias básicas, sobre todo nas de: autonomía e iniciativa persoal, tratamento da información e competencia dixital, social e ciudadana, lingüística, e aprender a aprender. Utilizáronse dinámicas metodolóxicas activas, cooperativas e centradas na experiencia e na contorna próxima do alumnado, para que deste xeito poidan interiorizar estratexias de AFRONTAMENTO aplicables á vida diaria. Poden observarse en: drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3budlR1NFEzME5qdTQ/view sobre o castigo, e nas seguintes: mediación, e negociación e o acordo, para traballar a escoita activa. Están no blog que se indica despois, na pestana titoría. Implicouse ao profesorado que traballa de xeito TRANSVERSAL en 3º cun Programa que, á vez, se aplica en toda a ESO e FPB no desenvolvemento de valores e competencias. Integrouse na Programación Xeral Anual e nas programacións específicas do profesorado participante creando dinámicas INNOVADORAS. Traballouse dende a INVESTIGACIÓN ACCIÓN creando unha rede de traballo interdisciplinario para transformar e mellorar a práctica educativa. Deseñouse un BLOG onde comunicamos a nosa experiencia: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/ O OBXECTIVO XERAL: "axudar ao alumnado, dende a Intelixencia Emocional, a que se coñeza, se regule, se motive, adquira empatía e mellore a súa asertividade e habilidades sociais. Con este traballo ao longo de todo o curso pretendemos que 29
  30. 30. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. diminúa a impulsividade do alumnado, ira e ansiedade, toda vez que aprende habilidades para o autocontrol. Así aprenderá a convivir con outros, a interiorizar un método para resolver os conflitos que xurden na vida cotiá, e a mellorar a súa relación consigo mesmo." Conseguiuse superando as expectativas. Claro que estamos a falar de habilidades que se aprenden ao longo de toda a vida, pero o traballo nas mesmas ao longo de todo o curso, e de xeito coordinado, contribuiu a que reflexionasen sobre sí mesmos, a que se coñeceran mellor, a que aprenderan estratexias para a solución de conflitos, para controlar a impulsividade... como podemos ver nas transcricións das respostas do alumnado de 3º A ao cuestionario de avaliación final en: drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3buME1zMWZwb0dUY1k/view, e ídem de B no blog. Organización, desenvolvemento e metodoloxía: O programa coordinouse dende o Departamento de Orientación e dende a acción titorial, xa que nas titorías este se desenvolveu co título "Convivencia, resolución de conflitos e habilidades sociais", coa axuda do power point especificado na "introdución" desta aplicación. Esta presentación ten 80 diapositivas de carácter tanto teórico como práctico con dinámicas grupais: 1 de introdución, 3 de intelixencia emocional, 7 sobre o conflito, 7 sobre empatía, 14 sobre comunicación e comunicación dixital, 20 sobre habilidades sociais e asertividade, 11 sobre autocontrol e impulsividade, 3 sobre dar e recibir queixas, 1 sobre dar e recibir opinións positivas, 9 sobre autoestima, 1 sobre o estrés, 2 sobre o control da ansiedade, e a última de bibliografía. A metodoloxía foi activa, xa que se tracta de que o alumno reflexione sobre o que lle pasa a nivel intra e interpersoal e adquira estratexias de afrontamento e adaptativas ante os conflitos que se lle presenten na súa vida adolescente actual, e adulta futura. Traballouse en toda a ESO e FPB ao longo de todo o curso pero en terceiro tivo, ademáis, un tractamento transversal nas áreas de: Bioloxía, Francés e Competencia Lectora, ademáis de na Titoría. Nesta última traballaron os titores: Aida Fernández de 3º B e Norberto Campelo de 3º A, dende principios de curso. Este último rematou a substitución a finais de febreiro, e entón a orientadora, Montse Pérez, colleu as horas de titoría ata final de curso para darlle continuidade ao programa. No desenvolvemento do Programa co alumnado fixéronse vídeos, fotos, elaboránronse documentos, e con todo isto fixemos un BLOG onde se comunicou o Proxecto á Comunidade Educativa. Pódese consultar no seguinte enlace: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/, e o relativo á titoría e a avaliación en: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/tutoria.html Na materia de bioloxía, tendo en conta que as actuacións humanas son produto da interación dos tres planos: Fisiolóxico (emocións), Cognitivo (pensamentos), Comportamental (actuacións), centráronse no fisiolóxico, en concreto, en cómo as hormonas disparan certos comportamentos. Tamén traballaron as características particulares da puberdade, e a nivel psicosocial, as características da adolescencia, como período de transición entre a nenez e a etapa adulta: o coñecemento dun mesmo, a comprensión de aspectos afectivos e emocionais, as posibilidades cognitivas, de aprendizaxe social e de potenciación de habilidades que permiten relacionarse construtivamente cos demáis... Isto constituiu unha oportunidade para traballar a intelixencia emocional. É importante que recoñezan as súas emocións no momento no que aparezan e que as saiban relacionar cas hormonas que as disparan; deste xeito, poñéndolles nomes e razoando o por qué da súa aparición; tiveron unha primeira toma de contacto e de reflexión sobre como a súa parte fisiolóxica (bioloxía) é un factor decisivo no seu comportamento, e como mediante o pensamento poden regulalo. Tamén se estudiou como o clima inflúe no ánimo da xente, e por tanto na súa 30
  31. 31. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. conduta, así coma “o fenómeno do botellón e o consumo de substancias”. Como certas substancias estimulantes, depresoras e alucinóxinas poden afectar ao sistema nervioso e, por tanto educar a cidadáns responsables que eviten o consumo de drogas.Unha mostra do traballo ao respecto pode verse no blog: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/bioloxia.html En francés (3º B) traballaron cun cuestionario os tres tipos de expresión: pasivo, agresivo e asertivo, ao que lle engadiron outro: o manipulador. Como exemplo do que traballou pódese ver: aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/frances.html Na materia de competencia lectora traballaron no apartado de comunicación oral a expresión das emocións e o diálogo como método de resolución de conflitos. Realizaron un vídeo cada equipo de alumn@s, algúns dos cales poden verse no blog, e que recollen esta experiencia: aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/p/blog-page.html Utilizáronse metodoloxías de investigación-acción, como procedemento planificado de acción- observación-reflexión-avaliación e acción, de carácter cíclico, conducido e negociado por todo o profesorado implicado, co obxectivo de mellorar a nosa práctica hacia a innovación educativa. Neste sentido tivemos reunións periódicas de seguimento e de avaliación formativa, que nos serviron para introducir as modificacións necesarias na implantación do Programa e, tamén, para motivarnos e comunicarnos os logros acadados. Foi importante nos logros acadados e no resultado final o apoio constante da Directora do Centro, Lola Picón García. Instrumentos utilizados e resultados obtidos: Para realizar a avaliación final valémonos da avaliación formativa ao longo de todo o curso, da observación realizada na aula, da análise das súas intervencións nos debates e role-playings, do comportamento e madureza amosado polo alumnado en tódalas clases, no patio e nas actividades extraescolares, e dos documentos gráficos grabados. Asemade pasámoslles un cuestionario con preguntas abertas para que sinalaran o que lles gustou do Programa, o que lles parece que aprenderon, o que aprenderon e utilizan na vida diaria, o que modificarían... (este cuestionario pódese ver no anexo 1). O OBXECTIVO XERAL: "axudar ao alumnado, dende a Intelixencia Emocional, a que se coñeza, se regule, se motive, adquira empatía e mellore a súa asertividade e habilidades sociais. Con este traballo ao longo de todo o curso pretendemos que diminúa a impulsividade do alumnado, ira e ansiedade, toda vez que aprende habilidades para o autocontrol. Así aprenderá a convivir con outros, a interiorizar un método para resolver os conflitos que xurden na vida cotiá, e a mellorar a súa relación consigo mesmo." Conseguiuse superando as expectativas. Claro que estamos a falar de habilidades que se aprenden ao longo de toda a vida, pero o traballo nas mesmas ao longo de todo o curso, e de xeito coordinado, contribuiu a que reflexionasen sobre sí mesmos, a que se coñeceran mellor, a que aprenderan estratexias para a solución de conflitos, para controlar a impulsividade... como podemos ver nas transcricións-respostas ao cuestionario de avaliación final de 3º A, que poden verse no blog, no apartado de "titoría", e clicando en: drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3buME1zMWZwb0dUY1k/view e ao de 3º B en: 31
  32. 32. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. drive.google.com/file/d/0B_jybDbwa3budWZrV0k3aTlad1k/view (Tamén se poden ver no anexo 1, detras do cuestionario). 9.2. Os programas deste curso 2015/2016 están en proceso de implementación e de mellora continua. A avaliación final é en xuño. A satisfacción persoal tanto do profesorado participante como do alumnado está a ser moi alta, e isto pódese ver nos traballos que o alumnado está facendo e nas reunións conxuntas que mantemos o profesorado. Se este premio saíra ao remate do curso poderíamos dar a avaliación final destes programas. 9.3. Nembargantes, o Departamento de Francés, sí que ten xa a avaliación feita da súa intervención educativa, ainda que faltaría a reunión co resto de Departamentos implicados para unha avaliación conxunta, e esa é a que faremos a mediados de xuño. Reproducimos as súas verbas: “Pilules pour 365 jours sans machisme” O Departamento de Francés do IES Lamas de Abade participa durante o curso 2015-16 no Programa “Proxecta” “Por 365 días de repecto e igualdade”, logo da proposta recibida por parte do Departamento de Orientación. As dúas profesoras, Pilar Peñas Boleas e Mª Jesús Abraldes Iglesias, logo de pensar a inicios do curso que grupo sería o máis axeitado para traballar a cuestión, decidimos plantexalo ao alumnado de 4º da ESO, (por ser un grupo reducido, o que facilita, a priori, o traballo en común) que axiña aceptou. O seguinte punto foi pensar a actividade. Mellor algo audiovisual, que atrae mais ao alumnado, realizado en lingua francesa, para así poder encaixalo na Programación Anual. Pensamos en facer un pequeno video, de non máis de cinco minutos de duración, para que poidera ser subido sen problema ao Blog do Centro. Adicamos, pois, unha sesión (cada profesora co seu grupo de desdobre de 4ª) para presentar a proposta, e ver qué temas podían suxerir. A cuestión do video pareceulles ben, pero o problema era…qué facer.. Aproveitando unha reflexión feita na casa pola filla duhna das profes, a raiz dun sinal de tráfico de recente colocación polas rúas de Santiago que ela, unha rapaza de 11 anos (cun irmán de 9), considera machista ou discriminatoria (mamá, por qué a imaxe da nena sempre é máis pequena ??) decidimos presentar a imaxe ao grupo, para iniciar o debate: E con este punto de partida, prantexamos ao alumnado que buscara situacións cercanas que consideraran machistas ou discriminatorias. Pasaron as semanas e o tema quedou “algo estancado”. Ante as nosas preguntas, “estaban neso”. Pasou o Nadal e o tema seguía sen madurar. Prantexamos outra sesión de debate a partir de novas 32
  33. 33. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. imaxes, para despertar a “inspiración”: Pedimos un traballo por escrito, evidentemente en francés, individual, no que cada alumn@ fixera unha reflexión sobre unha situación considerada por el/ela machista. A partir de aí, logo de correxir os textos e poñer en común que situación das xurdidas podían ser “dramatizadas” nun video, o alumnado opinaba que era mellor gravar na aula. Pero decidimos que o farían con máis liberdade e frescura eles en tardes libres. Pero por problemas de horarios, nunca se chegaban a unir tod@s, polo que,ao final entre eles se organizaron para presentar pequenas pezas individuais ou por parellas coas súas “pequenas reflexións”. Por eso o nome de “Pilules”. Como conclusión/reflexión final, o Departamento pensa que a actividade valeu para : 1. Plantexar unha cuestión transversal, traballada en francés coma lengua vehicular 2. Reflexionar ante situacións consideradas, ou non, coma sexistas 3. Escoitar diferentes puntos de vista 4. Constatar a dificultade do traballo en grupo 5. Resolver os problemas que ían xurdindo/ Chegar a acordos 6. Valorar o traballo d@s compañeir@s 7. Constatar a capacidade de traballo do alumnado cando se quere implicar. 9.4. Ídem da intervención en 2º FP Básica de Peiteados e Estética. Traballaron segundo o previsto no Plan de Acción Titorial, e no cuestionario cuberto polo alumnado todas coincidían en que o que máis valoraban fóra o bloque de autocontrol e técnicas para o control da impulsividade, xa que lles é moi útil e o aplican na vida diaria. 33
  34. 34. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. 10. IMPACTO. No blog http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/ “compartimos a experiencia de innovación que un equipo de profesores e profesoras, coordinados polo Departamento de Orientación, estamos implementado no IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela nos cursos 2014-2015 e no actual 2015-2016, sobre Convivencia, Resolución de Conflitos e Igualdade”, como consta na cabeceira do mesmo. O alumnado, como consta na Acta do Departamento de Orientación de 9/11/2015: “O feito de seren grabados e saír no web, gústalles, así como a idea de que outros alumnos ou alumnas do Centro ou de fóra podan aprender con eles. Consideran que están contribuíndo á sociedade.” O blog tamén serve para, seguindo co escrito na mesma Acta: “Comunicar a experiencia a nosa Comunidade Educativa para transferir as aprendizaxes noutras situacións diferentes: familia, barrio, aldea, asociación..., así como a outras Comunidades Educativas, ou non, que poden aprender da nosa experiencia e mellorala. Seguendo coa Acta, o blog tamén cumpre un obxectivo formativo: que o profesorado reflexione sobre estes contidos, e sobre a metodoloxía que favorece a interiorización dos mesmos e a aplicación á vida cotiá no alumnado. Trátase de Educación Emocional na formación de formadores. Así, o profesorado, vendo as dinámicas subidas ao blog tamén se anima a implementalas, e lle van perdendo o medo o graba-las co seu alumnado. No anexo 3: “Visibilización do noso traballo nas redes sociais” pódese ver a presenza pública dos Proxectos do IES Lamas de Abade: slideshare, gmail, linkedin, facebook... 11. VALORACIÓN DA PRÁCTICA DOCENTE. A nivel organizativo axudaron as reunións semanais do Departamento de Orientación cos titores e coas titoras por niveis, tal e como se explica no punto seguinte. Estas reunións son un elemento de calidade educativa xa que o traballo nas mesmas facilita a innovación e a aprendizaxe conxunta. Por outra banda, as reunións con todo o profesorado implicado serveron para non perder de vista os obxectivos conxuntos, que foron establecidos nas programacións a principio de curso, revisalos e adaptalos ás novas circunstancias que van xurdindo nun mundo en movemento constante. O resultado é moi satisfactorio porque se traballa nun ambiente moi agradable de cooperación, onde os contidos teñen como eixe principal a persoa, o alumnado, e tódalas habilidades que precisamos para vivir de xeito adaptado e pacífico na nosa Sociedade. Ao final do que se tracta é de ser felices, e iso tamén é contaxioso. Os titores e titoras, e mesmo a orientadora e o profesorado participante en xeral, relata un trato cercano e de confianza co alumnado, aspecto que é imprescindible se do que falamos é de formar persoas, e non só de transmitir coñecementos. 12. LIÑAS DE MELLORA. 12.1. Circunstancias que favorecen e que dificultan: -Favorecería comezar en 1º da ESO para o curso que ven co Proxecta “Por 365 días...”. No “Quérote +” non está permitido por ir dirixido só a 3º, nembargantes xa nos iniciamos en primeiro con actividades de “Resolución de conflitos dende a intelixencia emocional” dentro do Contrato- Programa de “Convivencia e Igualdade”. 34
  35. 35. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. -Implicar a máis Departamentos. Xa o intentamos neste curso pero non é doado debido á inestabilidade na plantilla do profesorado. En setembro, cando se incorpora o profesorado, hai que traballar a toda máquina para deseñar o programa, insertalo no Plan de Acción Titorial e nas Programacións dos Departamentos Didácticos, coñecer ao profesorado novo, motivalo para a súa participación nos Proxecta, elaborar a solicitude e, coa axuda da Dirección do Centro, enviala en prazo. Pero é xusto dicir que a colaboración do profesorado foi excepcional superando tódalas expectativas. -Sería bo contar cunha plantilla máis estable de profesorado. -Aspectos favorecedores no Centro son as reunións semanais do Departamento de Orientación cos titores e coas titoras por niveis, e esperamos que esto se manteña cara o curso próximo e os vindeiros, xa que sen elas e moi difícil realizar un traballo coordinado e innovador. Sería bo que a Consellería as regulase dentro do horario do profesorado, como xa están dende fai moito tempo noutras Autonomías. 12.2. Os principais indicadores para avaliar os logros obtidos son: 1.- Satisfacción do alumnado cos programas. (Indicador emocional). 2.- Satisfacción do profesorado cos programas. (Indicador emocional). 3.- Diminución do número de expedientes disciplinarios no Centro. (Indicador obxectivo). 4.- Incremento na autorresponsabilidade do alumnado para xestionar de xeito autónomo os seus propios conflitos. (Indicador condutual). 5.- Maduresa amosada polo alumnado nas reflexións e debates sobre estes temas. (Indicador cognitivo). 13. BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA AVIA, Mª. D. y VÁZQUEZ, C. (1998). Optimismo inteligente. Madrid: Alianza Editorial. CSIKSZENTMIHALYI, M. (1997). Fluir. Una psicología de la Felicidad. Barcelona: Kairós. FERNÁNDEZ-BERROCAL, P. y RAMOS, N. (eds.) (2002). Corazones inteligentes. Barcelona: Kairós. GOLEMAN, D. (2003). La práctica de la inteligencia emocional (16ª ed.). Barcelona: Kairós. GOLEMAN, D. (2004). Inteligencia emocional (56ª ed.). Barcelona: Kairós. DÍAZ-AGUADO, M.J. (Dir) (1992) Educación y desarrollo de la tolerancia. Cuatro volúmenes y un vídeo. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia. 35
  36. 36. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. DIAZ-AGUADO,M.J. (Dir.) (1994) Todos iguales, todos diferentes. Programas para favorecer la integración de alumnos con necesidades educativas especiales. Cinco volúmenes. Madrid: ONCE. DIAZ-AGUADO,M.J. (Dir. (1996) Programas de educación para la tolerancia y prevención de la violencia en los jóvenes. Cuatro volúmenes y dos vídeos. Madrid: Instituto de la Juventud, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. DIAZ-AGUADO,M.J. (2002). Prevenir la violencia contra las mujeres construyendo la igualdad desde la educación. Madrid: Instituto de la Mujer. Un libro y dos vídeos. DIAZ-AGUADO, M.J (2002) Convivencia escolar y prevención de la violencia. Página web del Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa. http://www.cnice.mecd.es/recursos2/convivencia_escolar/ DIAZ-AGUADO, M.J. (2003) Educación intercultural y aprendizaje cooperativo. Madrid: Pirámide. DIAZ-AGUADO, M.J. (Dir.) (2004) Prevención de la violencia y lucha contra la exclusión desde la adolescencia. Madrid: Instituto de la Juventud, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Tres libros y un vídeo. DIAZ-AGUADO, M.J. ; MARTINEZ ARIAS,R. (2001) La construcción de la igualdad y la prevención de la violencia contra la mujer desde la educación. Madrid: Instituto de la Mujer. Serie Estudios número 73. PÉREZ CASTIÑEIRA, M. (2014): Convivencia, Resolución de Conflictos y habilidades sociales. En: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/ PÉREZ CASTIÑEIRA, M. (2015): Resolución de Conflictos dende a intelixencia emocional. En: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/ STERNBERG, R. (2003). ¿Por qué la gente inteligente puede ser tan estúpida? Barcelona: Paidós. VVAA. (2002). Educación Emocional. ESO. Propuestas para la Tutoría. Generalitat Valenciana. ZACCAGNINI, J. L. (2003). ¿Qué es la inteligencia emocional? La relación entre pensamientos y sentimientos en la vida cotidiana. Madrid: Biblioteca Nueva. 36
  37. 37. MEMORIA DESCRITIVA DA PARTICIPACIÓN DO IES LAMAS DE ABADE NO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2016, NA CATEGORÍA B. 14. ANEXOS 14.1. ANEXO 1. IES LAMAS DE ABADE. CURSO 2014/2015 AVALIACIÓN DO PROGRAMA DE CONVIVENCIA, HABILIDADES SOCIAIS E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS (Alumnado de 3º ESO) Queremos saber a túa opinión e o grao de satisfacción sobre a aplicación deste programa educativo co obxecto de melloralo para cursos vindeiros, por iso che agradecemos nos contestes ás seguintes cuestións ao respecto das actividades realizadas: 1.- A intelixencia emocional e os factores que inflúen para ter éxito na vida 2.- Que é un conflito? Pasos para a resolución de conflitos. 3.- A empatía. Obstáculos que a dificultan e estratexias para desenvolvela. 4.- Dinámica grupal empatía: “O autorretrato”. 5.- A comunicación e a comunicación en internet: “Chateo, whatsapeo”. 6.- Escoita activa. Dinámica grupal: “mostrar empatía e parafrasear”. 7.- Dinámica grupal para traballar a escoita activa: “O castigo”. 8.- Habilidades sociais: estilo pasivo, agresivo e asertivo. 9.- Dinámica grupal – habilidades sociais: “Defender os propios dereitos”. 10.- Técnicas asertivas. 11.- Dinámica grupal – habilidades sociais: “Estilos de conduta”. 12.- O autocontrol e a impulsividade. Dinámica de grupo e recursos para controlala. 13- Blog do programa: http://aprenderavivirenlamas.blogspot.com.es/ A) Sinala o que máis che gustou do programa e por que. B) Que aprendiches C) Que utilizas na vida diaria D) Que modificarías. E) Se tes algo que engadir exprésao a continuación. GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN 37

×