A MIRADA DOS ESPAZOS        Cara unha antropoloxía visual
Foto portada: Foto Llanos. [1931-1936]. Ámbito privado. Fábrica.
Roberto Varela FariñaConselleiro de Cultura e TurismoJosé Manuel Rey PichelDirector Xeral do Patrimonio Cultural          ...
A MIRADA DOS ESPAZOSCara unha antropoloxía visual         Museo Etnolóxico. Ribadavia. Ourense.                     In mem...
Fondos fotográficos na colección do Museo Etnolóxico    O arquivo fotográfico do MER está conformado por varios tipos de fon...
Fondo Hipólito González Fernández. [ca 1970].   Ámbito privado. Sociabilidade e xénero.                    -7-
FOTO CHAO     Colección formada pola produción da saga de fotógrafos ribadavienses iniciada por Sera-fín Rodríguez Rodrígu...
A mirada dos espazosFOTO LLANOS    O coñecido como «ArquivoLlanos» está conformado porimaxes captadas por tres xera-cións ...
FONDO AUGUSTO PACHECO     Está integrado pola colección familiar do fillo dofundador desta familia de fotógrafos con presen...
A mirada dos espazosFONDO MARQUÉS DE SANTA MARÍA DEL VILLAR    Diego Quiroga y Losada, marqués de Santa María del Villar,r...
FOTO SANCHO                                                        Ricardo José Martín Sotelo Sancho, ourensán afeccio-   ...
A mirada dos espazosFONDO JOSÉ LILLO BEVIÁ    Xeólogo, profesor de Didácti-ca das Ciencias Experientais daUniversidade de ...
FONDO HIPÓLITO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ     Integrado no Fondo Margarita Mosquera e formado polo arquivo personal do autor e con...
A mirada dos espazosFONDO XENARO MARTÍNEZ DE CASTRO    Fotógrafo asentado en Santiago de Compostela esocio fundador do Mus...
SEADUR    Fernando García Fernández, fotógra-fo documentalista de longa traxectoria; oseu fondo deposido no MER está forma...
A mirada dos espazosSANTI M. AMIL    Santiago Míguez Amil, fotógra-fo documental e de prensa, deformación autodidacta e an...
A AGRUPACIÓN FOTOGRÁFICA DE RIBADAVIA    A orixe da Agrupación Fotográfica de Ribadavia(1) (AFR), constituida en 1967, está...
A mirada dos espazos                                                                    Se o primeiro dos eventos citados ...
Foto Hipólito González Fernández. [ca 1970].                                                   Ámbito privado. Xénero e id...
A mirada dos espazos                                                             Foto Olivares. [S.d.].                   ...
Cara unha antropoloxía visual    Non sempre é doado distinguir o queentendemos por espazo público e por espazoprivado. Atr...
A mirada dos espazos    O espazo privado adoitar ser aquelconcernido por lindes, por separacións epola oposición de barrei...
A fotografía axudou enor-memente ao desenvolvemen-to destes procesos, difundin-do imaxes de toda caste deindviduos e de to...
A mirada dos espazos    A socialización da produccción de imaxes e a súareproducibilidade, feito maxistralmente analizadop...
O interese etnográfico da fotografía reside                                                   fundamentalmente na súa capac...
Foto contra: Fondo Juan Antonio Gómez Vázquez. [ca. 1960]. Ámbito privado. Adega.
Folleto
Folleto
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Folleto

791 visualizaciones

Publicado el

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
791
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
53
Acciones
Compartido
0
Descargas
8
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Folleto

  1. 1. A MIRADA DOS ESPAZOS Cara unha antropoloxía visual
  2. 2. Foto portada: Foto Llanos. [1931-1936]. Ámbito privado. Fábrica.
  3. 3. Roberto Varela FariñaConselleiro de Cultura e TurismoJosé Manuel Rey PichelDirector Xeral do Patrimonio Cultural EXPOSICIÓNCésar LlanaCoordinaciónRoberto AneirosFondos Mobles COLABORANMaría José Ruiz VázquezRestauración Fondos mobles e fotográficosRosa Mary Lamas CasadoFondos bibliográficosCésar LlanaXosé C. Sierra RodríguezDocumentación , textos e folleto© dos textos: os autores.© das imaxes: Museo Etnolóxico. Ribadavia. Xunta de Galicia.
  4. 4. A MIRADA DOS ESPAZOSCara unha antropoloxía visual Museo Etnolóxico. Ribadavia. Ourense. In memoriam Benito Losada A exposición A Mirada dos Espazos constitúe un pasorelevante que o Museo Etnolóxico dá na sua andainapolos terreos da imaxe e a fotografía. Logo das primeirasseries expositivas (Imaxes de Galicia e Álbuns para oReencontro. Ribadavia e os Ribadavienses) e daspublicacións editadas sobre o mundo da imaxe,pretendemos agora proxectar unha ollada etnolóxicamáis sistemática sobre os espazos visibles da sociedadeque a imaxe fotográfica mostra e, ás veces, oculta. Figuracomo subtítulo da exposición a expresión Cara unhaantropoloxía visual, porque a través dos distintos autorese dos seus obradoiros realizamos un relato etnográfico noque asoman ámbitos e espazos da vida social, descritos einterpretados aqui como textos que suxiren, insinúan e Benito Losada. Foto Alba Vázquezfalan. É intención do Museo lembrar con esta Mostra a figura de Benito Losada, que motivou aparticipación dende hai anos do Museo no Outono Fotográfico e fixo posible unha relación fructíferaentre a nosa institución e a Casa da Xuventude. Benito Losada foi quen de promover nesta provinciao interese pola fotografía como fenómeno social e cultural, interese que se extendeu ao resto do paíscomplementando outras iniciativas desenvolvidas tempo atrás noutras cidades e vilas galegas. Parao Museo Etnolóxico Benito Losada foi un amigo e un colaborador particularmente sensible ao feitoetnográfico e á dimensión etnoantropolóxica que nós lle outorgamos á fotografía. -5-
  5. 5. Fondos fotográficos na colección do Museo Etnolóxico O arquivo fotográfico do MER está conformado por varios tipos de fondos. Por un lado as doazóns decidadáns, dentro do programa Álbuns para o Reencontro. Ribadavia e os Ribadavienses que tanto a títuloindividual como a través da AMECHIR veñen permitindo conformar un rico conxunto de imaxes en tornoao álbum familiar. E por outro lado aqueles arquivos procedentes de estudios fotográficos, adquiridos polaXunta de Galicia, agás xenerosas excepcións, e depositados no Museo, nos cales se atopan seriesreferentes a aspectos sociales, políticos, tecnolóxicos, urbanísticos, etc... e tanto en ámbitos urbanos,como rurais, constituíndo ademáis unha fonte para o coñecemento de aspectos concretos da prácticaprofesional a través do tempo que abarcan cada un deles. Un terceiro tipo, ata hoxe excepcional no MER,é o constituído por imaxes fotográficas procedentes de depósitos ou doazóns da totalidade doarquivo/álbum dun particular ou dunha institución; documentos que permiten seguir a historia non só ounon tanto do titular de orixe como coñecer ao seu través a do entorno social no que se aquel esta inserido.Finalmente, o propio MER documenta con regularidade eventos de interese para os seus fins que integranun fondo de produción propia. Nesta ocasión se trata de presentar os fotógrafos que teñen obra na colección do Museo Etnolóxico.Pretendemos con iso dende logo facilitar o seu disfrute e divulgar as súas fotografías, pero tamén dar acoñecer parte do traballo que o Museo, isto é, tanto o seu persoal como os investigadores que acoden aestudar estes bens, está a facer con estes fondos. Un traballo centrado na análise da fotografíaesencialmente como documento capaz de aportar información acerca da sociedade na que se produciu;polo tanto se trata de procurar unha mirada etnográfica e histórica e non tanto artística, que nos permitaempregar a imaxe como un espello dos comportamentos socioculturais e das prácticas que os individouse os grupos desenvolven nos diferentes ámbits e espacios da súa existencia. Esta exposición pretende, xaque logo, mostrar a fecundidade da fotografía como etno-texto e como documento histórico, susceptiblede observación e análise por parte dos diversos científicos e analistas sociais. Buscamos pois mostrar aosvisitantes ao Museo Etnolóxico os fenómenos e os valores que a imaxe fotográfica ilustra dende o enfoqueda museoloxía etnográfica. -6-
  6. 6. Fondo Hipólito González Fernández. [ca 1970]. Ámbito privado. Sociabilidade e xénero. -7-
  7. 7. FOTO CHAO Colección formada pola produción da saga de fotógrafos ribadavienses iniciada por Sera-fín Rodríguez Rodríguez circa 1870 e continuada, tralo seu pasamento en 1907, sucesivamentepolo seu cuñado Luis Chao, por Amando Pérez e, finalmente, por Toñito Pérez Chao e MiluchoPérez Chao, con quen se pecha o Estudio tras a súa xubilación no ano 2005. Máis de un séculode actividade ininterrumpida na cal foron rexistrando coas súas cámaras aos habitantes daVila e do Ribeiro, dende os momentos de celebración ata as fotografías esixidas polos trámi-tes administrativos, dende as feitas no estudio ata as realizadas ao ar libre, por exemplo enAvión ou en A Cañiza; produ-ción completada coa activida-de desenvolvida como fotó-grafos de prensa e mesmoforense. Un arquivo de espe-cial interese para un MuseoEtnolóxico que ten entre osseus fins o estudio e a postaen valor da vida cotiá nestacomarca, pois contén unhaboa parte da documentaciónvisual existente sobre aspersoas que ao longo doséculo XX construíron estaterra e foron os protagonistasda súa historia. Foto Chao. 1934. Ámbito público. Asociacionismo e activismo agrario. -8-
  8. 8. A mirada dos espazosFOTO LLANOS O coñecido como «ArquivoLlanos» está conformado porimaxes captadas por tres xera-cións de fotógrafos da mesmafamilia. A saga se inicia cunpintor e escenográfo valencia-no, Francisco Llanos Más, que,como tantos compañeiros deprofesión, decide dar o paso áfotografía e acaba instalando,circa 1880, o seu estudio naPorta do Sol da cidade de Vigo; oseu fillo, Francisco MiguelLlanos Trápaga, colabora co pai, Foto Llanos. 1925. Ámbito público. Relixiosidade.abre o seu propio estudio, na rúaPolicarpo Sanz, e colaborará co diario Faro de Vigo e será corresponsal de prensa madrileña, á parque funda a revista Alegría (Vigo), adicada ao periodismo literario-humorístico; o tercer fotógrafoda saga, Ángel Francisco Juan Llanos González, será o continuador do estudio e onde se iniciara nafotografía; mobilizado na Guerra Civil (1936-1939), tras recibir a cuarta ferida en combate se incor-pora como fotógrafo ao Cuartel Xeral do xeneral Antonio Aranda Mata, durante a contenda tivo aoportunidade, nun estacionamento da súa unidade en Zaragoza, de traballar durante algún tempocon Jalón Ángel; xa reincorporado á vida civil en Vigo, colaborará asiduamente nos xornais Faro deVigo e La Voz de Galicia, moi especialmente na fotografía deportiva. No seu conxunto este fondo,e pese a ter sufrido un incendio en 1910 e pasado por varios traslados, abarca a totalidade do séculoXX e recolle unha temática de amplo espectro, sobre todo na parte correspondente á etapa deÁngel Llanos, home inquieto e de aguda sensibilidade que estivo sempre presto a fixar coa súacámara, amais dos eventos releventes, a vida cotiá desenvolvida ao seu redor, na paz ou na guerra,no traballo ou no lecer, na terra ou no mar, dende un barco ou mesmo dende un avión. -9-
  9. 9. FONDO AUGUSTO PACHECO Está integrado pola colección familiar do fillo dofundador desta familia de fotógrafos con presenciaen Ourense, Vigo e A Coruña. Contén imaxes da auto-ría de José de Sousa Guedes Pacheco e do seu estudoe, sobre todo, o arquivo do seu continuador ao frentedo mesmo: Augusto Guedes Pacheco. Ademais daprodución de estudo, contén imaxes de diferentescronoloxías con vistas da cidade de Ourense e os seusarredores, así como documenta bens do patrimonioarquitectónico da provincia, incluíndo pezas e a vellamontaxe do Museo Catedralicio de Ourense.FOTO BENE Fondo Augusto Pacheco. [191-?]. Ámbito público. Obras públicas. Benedicto Conde González mordomo, taxista, pintor, periodista, escritor... e fotógrafo. Formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola de Xornalismo do diario madrileño «El Debate», exerceu o xornalismo en El Pueblo Gallego, El Faro de Vigo, na Hoja del Lunes de Vigo e como corres- ponsal da Axencia Logos, tendo obtido varios premios; como fotógrafo cabe destacar, ademais da súa participación na fundación da Agrupación Fotográ- fica Gallega e a súa participación en salones, nos que foi premiado en varias ocasións, a súa labor como fotógrafo de rúa cunha fonda sensibilidade relixiosa. No seu fondo atopamos dende imaxes de Colmeiro, Blanco Amor ou Castroviejo, ata anónimos pescadores, rederas, varredores, oficinistas... pasando por paisaxes de vilas, pobos e cidades e mesmo actos relixiosos e políticos ou escenas dun cámping ou fotografías do patrimonio cultural; deFoto Bene. [S.d.]. Galicia sobre todo, pero tamén imaxes feitas nas súas viaxes por España,Ámbito público. Xénero e traballo. Portugal, Francia ou Arxentina. - 10 -
  10. 10. A mirada dos espazosFONDO MARQUÉS DE SANTA MARÍA DEL VILLAR Diego Quiroga y Losada, marqués de Santa María del Villar,recorrió toda España con su cámara retratando vistas, tipos ecostumes. Entre a súa inmensa produción están unhas decenassobre elementos arquitectónicos e outros elementos do patrimo-nio cultural de Ribadavia e o Ribeiro, feitas nos primeiros anos dadécada dos sesenta do século pasado e integradas nas colecciónsdo MER. O seu arquivo, que sofreu importantes perdas durante aGuerra Civil (1936-1939), foi adquirido polo Archivo Real y Generalde Navarra e consérvase na Fundación Príncipe de Viana. Marqués de Santa María del Villar. [196-?]. Ámbito público. Xénero e traballo.FOTO SALVADOR Acerca do autor desta colección apenas se podemos facer suxestións; problamente se trata de Salvador López, natural de Curuxas, Santa Mariña de Asadur, Maceda, Ourense; que ao seu retorno de Cuba teríase dedicado á fotografía ambulante, sendo habitual a súa presencia nas feiras da comarca entre os anos 1950 e a década de 1970. Na súa obra predominan as fotografías de familia sobre outro tipo: bautizos, primeiras comu- nóns, vodas, etc., chamano a atención a propor- ción de imaxes de muller con nenos, que fan pensar en fotografías destinadas a enviar parentes emigrados; o fondo inclúe algunhas imaxes do traballo.Foto Salvador. [S.d.]. Ámbito privado. Bautizo. - 11 -
  11. 11. FOTO SANCHO Ricardo José Martín Sotelo Sancho, ourensán afeccio- nado á pintura descubre a fotografía na Coruña, cidade na que estaba a facer o seu Servizo Militar; tras anos de exerci- cio privado, a finais da década dos sesenta do seculo XX monta o laboratorio na praza de Paz Nóvoa e comenza a compaxinar a súa profesión de bancario coa realización de exposicións, os traballos a gran formato, a colaboración con outros artistas: Baltar, Quesada, Buciños... e partici- pando en traballos de investigación con José González Paz e Fernando González Suárez. É tamén o tempo dos encar-Foto Sancho. 1969. Ámbito privado. Fábrica. gos institucionais: para a Deputación de Ourense faráunha serie da provincia que acabará conformando unha exposición itinerante; outra colección sobre Ourenseseríalle encargada polo Ministerio de Información Turismo. Á vez que fai traballos de publicidade con Publicida-de Planos e colabora co xornal La Región. A finais dos anos setenta trasládase á avenida da Habana, xunto copublicista Luis Carballo; xuntos farán catálogos de moda nunha cidade que está a coñecer unha etapa de creati-vidade. O seu fondo no MER documenta acontecimientos sociais, políticos, relixiosos, festas, etc. de Galicia,sobre todo Ourense, e o norte de Portugal, e nel atopamos igualmente imaxes doutros lugares de España e deEuropa.FONDO VÍCTOR MANUEL LÓPEZ QUIJADA Fotógrafo afeccionado ribadaviense, participanteactivo na vida das agrupacións fotográficas e partici-pante nos seus salóns. No seu fondo atopamos xentesribeiráns en rostros de nenos e anciáns ou en imaxes defeiras e mercados; e retratos doutras xentes e terras enfotografías de portos ou trillas, por exemplo. Fondo Víctor M. López Quijada. 1968. Ámbito privado. Oficios. - 12 -
  12. 12. A mirada dos espazosFONDO JOSÉ LILLO BEVIÁ Xeólogo, profesor de Didácti-ca das Ciencias Experientais daUniversidade de Vigo; de temperáafección á fotografía, ten partici-pado con éxito en concursos foto-gráficos, a súa obra nos fondos doMuseo Etnolóxico está conforma-da por unha serie de vistas das rúase prazas de Ribadavia, feitas amediados dos anos setenta doséculo XX.FOTO OLIVARES José Lillo Beviá. 1974. Ámbito público. Infancia. Membro dunha das ramas da familia ribadavien- se de fotógrafos, Luis Olivares Chao «Foto Olivares» inicia a súa actividade profesional nos anos sesenta do século pasado en Ribadavia, onde permanece ata o ano 1975 en que se incorpora como responsable da sección de fotografía ao centro de «El Corte Inglés» en Vigo, cidade onde formará durante algún tempo -xunto a Juan Antonio Gómez Vázquez- a sociedade Foto-Asociación. No seu fondo encontramos dende reportaxes da vida social ribadaviense, ata interesan- tes imaxes de carácter etnográfico e mesmo arqueo- lóxico industrial.Foto Olivares. [S.d.]. Ámbito privado. Oficios. - 13 -
  13. 13. FONDO HIPÓLITO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ Integrado no Fondo Margarita Mosquera e formado polo arquivo personal do autor e conservado pola súa viúva, contén a actividade fotográfica deste fotógrafo riba- daviese que discorreu entre a influencia da fotografía de salón nunha primeira etapa como afeccionado, ata a súa produción como profesional e membro fundador do «Grupo 77» adicada a actividade publicitaria e editorial. Así, no seu repertorio é posible atopar dende imaxes das rúas e das xentes do Ribeiro, ata unha interesante serie publicitaria realizada para adegas da comarca.FONDO JUAN ANTONIO GÓMEZ VÁZQUEZ Fondo Hipólito González Fernández. [ca 1970]. Ámbito privado. Oficios. Despertada a súa vocación fotográfica na súa etapa de estudante de Económicas na Universidad Complutense de Madrid, decide fórmarse na Escola Oficial de Cinematografía de Madrid, especialidade de Cámaras. Tras unha breve e fructífera época adica- da á fotografía afeccionada, na que acada varios premios nacionales e rexionales, dá o paso á profesio- nalidade nos ábitos da editorial e da publicística a través da cofundación, xunto con Hipólito González e Enrique Banet, do «Grupo 77» e, trala desaparición Fondo Juan Antonio Gómez Vázquez. 1970. Ámbito público. Entroido. deste, das marcas e sociedades Foto-Asociación –conLuis Olivares Chao- e ARGOFOT. A súa obra ilustra guías, atlas, enciclopedias, libros de arte, etc. abarcando nunhalonga relación de empresas, editores e instituciones, entre eles algúns tan esixentes como FMR. Entre as súas foto-grafías conservadas no MER destacan polo seu interese etnográfico as series de xentes na feria, no entroido, navendima, nas rúas, etc. así como imaxes de bens da arquitectura rural e vilega. - 14 -
  14. 14. A mirada dos espazosFONDO XENARO MARTÍNEZ DE CASTRO Fotógrafo asentado en Santiago de Compostela esocio fundador do Museo do Pobo Galego; na súatraxectoria profesional, truncada en plena madureza,participou en proxectos da Xunta de Galicia paraMuseos e en campañas publicitarias e exposicións comoGalicia no Tempo, amais de ter traballado para CaixaGalicia, a Gran Enciclopedia Gallega, O Museo de Ponte-vedra, etc. así como ten ilustrado coas súas fotografíasnumerosas publicacións. O seu fondo no MER estáformado por unha importante serie de imaxes de diver-sos bens culturais do Ribeiro, amais de fotografías decarácter documental. Fondo Xenaro Martínez de Castro. [ca. 2000]. Ámbito privado. Paisaxe. FONDO MILA RODERO Milagros Rodero Carrasco, madrileña de Teruel, tras estudiar Historia da Arte na Universi- dad Complutense de Madrid e Cinematografía na Universidad de Valladolid, un taller impartido por Marc Riboud no Círculo de Bellas Artes de Madrid, a leva a dedicarse profesionalmente á fotografía «sen ningunha pretensión artística», completando a súa formación con cursos de foto- grafía na University of California San DiegoFondo Mila Rodero. 2006. Ámbito privado. Oficios. (USA). A súa participación en mostras colectivase individuais de fotografía é continua dende o ano 1990 (San Diego, Madrid, Toledo e Ribadavia, etc.), com-paxinando esta actividade coa docencia e as publicacións de libros e catálogos; ten obra en coleccións daComunidad de Madrid, da Caja Castilla-La Mancha, Fonds Dólot. Fotografía, etc. A colección no MER é o resul-tado dun encargo do Museo que pretende retratar a xentes de oficio ourensáns, co obxectivo de reflexionar - 15 -
  15. 15. SEADUR Fernando García Fernández, fotógra-fo documentalista de longa traxectoria; oseu fondo deposido no MER está formadopor imaxes que abarcan un amplo amploabano de manifestacións de intereseantropolóxico recollidas por case quetoda Galicia, dende festas, romarías, cele-bracións do ciclo anual, festas gastronó-micas, neotradicións ata manifestaciónsdeportivas e políticas. Seadur. 2002. Ámbito público. Festa.NACHO ROMERO Ignacio Romero Sánchez, historiador da Arte e profesor de Técnicas e Procede- mentos de Imaxe e Son na Escola de Imaxe e Son da Coruña, inicia a súa carreira foto- gráfica na súa época de estudante universi- tario; ten traballado para axencias e xornais; é fundador, con Ángel Cordero e Rodrigo González Romano, da empresa Ran Foto, dedicada á fotografía industrial e publicita- ria; galardoado con varios premios, ven participando en exposicións individuais e colectivas dende 1983. Ten doado ao MER unha das fotografías incluídas na exposiciónNacho Romero. 2009. Ámbito público. Infraestructura ferroviaria. Vías de Extinción, mostra do Outono Foto- gráfico no MER o ano 2010. - 16 -
  16. 16. A mirada dos espazosSANTI M. AMIL Santiago Míguez Amil, fotógra-fo documental e de prensa, deformación autodidacta e antigocolaborador do Museo Etnolóxico,que ven desenvolvendo a súa acti-vidade dende o ano 1986, foi sociofundador de Nega-2, xunto conMoncho Fuentes, Nacho Gómez eXan Xiadas; tras ter colaborado conoutros medios, na actualidade asúa actividade profesional estáviculada ao xornal La Voz de Gali-cia; entre outros recoñecementos,unha das súas fotografías foi Fotodo Ano de Galicia en Foco 2005. Asúa obra no MER está formada porseries realizadas por encargo dapropia institución e de intereseetnolóxico e documental funda-mentalmente, así como por unpequeno fondo constituido por unconxunto de copias orixinais. Santi M. Amil. 1996. Ámbito público. Sinalización varia. - 17 -
  17. 17. A AGRUPACIÓN FOTOGRÁFICA DE RIBADAVIA A orixe da Agrupación Fotográfica de Ribadavia(1) (AFR), constituida en 1967, está nas inquietudes dunsamigos, Juan Antonio Gómez Vázquez e Hipólito Fernández González, aos que pasado un tempo se lles uneVíctor Manuel López Quijada. Serán eles tres, xuntamente con Luís Olivares Chao, Enrique Rodríguez Martíneze Antonio Pérez Chao, os socios fundadores da AFR e os integrantes da súa primeira Xunta Directiva. Sete anosdespois contaba con sesenta e sete socios, entre os que cabe sinalar a presencia de dona Zoila Pérez Dávila, quencontribúe así a incrementar a nómina de mulleres participando na vida das agrupacións fotográficas galegasnesas datas. FUNDADORES E PRIMEIRA XUNTA DIRECTIVA DA AFR Víctor Manuel López Quijada Presidente Hipólito Fernández González Tesoureiro Luis Olivares Chao Vogal de relacións públicas Enrique Rodríguez Martínez Vogal de publicacións Antonio Pérez Chao Vogal de proxección e prácticas fotográficas Juan Antonio Gómez Vázquez Secretario A AFR tiña a súa sede no número 8 da rúa Mera Soto. Será aquí onde celebren as reunións, realicen prácti-cas de laboratorio, proxeccións, etc., así como onde dispongan dunha biblioteca. Cabe destacar entre as activi-dades desenvolvidas por esta agrupación as saídas en grupo para facer fotografías e, sobre todo, a realizaciónde exposicións, unhas producidas por eles e outras cesión de terceiros. Entre as primeiras realizan no ClubArtístico de Ribadavia, no mesmo ano da súa constitución, a I Exposición de Fotografía Artística e durante osanos 1969 a 1971 organizan no Grupo Escolar da Vila o Salón da Fotografía Gallega. (1) As fontes empregadas para a AFR son: CONDE MURAIS, Perfecto (1974): voz «Agrupación Fotográfica de Ribadavia»; in.: Silverio Cañada (Ed.): Gran Enciclopedia Gallega. Santiago de Compostela. Tomo I, p.: 158; e a documentación procedente dos fondos José Luis García Casasnovas, Juan Antonio Gómez Vázquez e Margarita Mosquera do Arquivo do Museo Etnolóxico. Ribadavia. - 18 -
  18. 18. A mirada dos espazos Se o primeiro dos eventos citados foi levado a Ourense e a Guadalajara, a vocación da AFR de dar a coñecer a fotografía feita na comarca acadó un éxito rotundo coa exposición Xentes e Paisaxes do Ribeiro, inaugurada en 1968 no Grupo Escolar, e que como Salón Circulante recorrió durante os dous anos seguin- tes as cidades de Madrid, Guadalajara, Ciudad Real, Soria, Rubí, Castellón de la Plana e Barcelona. Activida- des que complementou traendo a Ribadavia mostras de fotógrafos españoles, proxectando películas produ-Fundadores e primeira Xunta Directiva daAgrupación Fotográfica de Ribadavia. cidas en Galicia e, dende o ano 1971, creando e conce- dendo o Trofeo Galicia. A súa preocupación por manterse ao corrente do que se estaba a facer noutras partes materiali- zouse no establecemento de relacións con outras asociacións galegas e con agrupacións de Barcelona (Agrupación Fotográfica de Cataluña, Agrupación Fotográfica San Juan Bautista e Agrupación Foto- gráfica Sitges Foto.Film), de Valencia (Foto Club Valencia), de Madrid (Real Agrupación Fotográfica), de Guadalajara (Agrupación Fotográfica de Educación y Descanso), etc. E preocupáronse tamén da adquisición de publicacións como Imagen y Sonido, ECOS negra, Cuadernos de Fotografía, AF Arte Fotográfico, Bolex Reporter, Fotografía Internacional Kodak, Foto Negativo, FOCUS, ou Butlleti Club Cine Foto. Martorell. O inicio de novos camiños profesionais e incluso a marcha de Ribadavia de algúns dos seus mem- bros máis dinámicos levaron a AFR a súa desaparición, deixando tras si unha honrosa folla de servizos á fotografía e aos fotógrafos do Ribeiro. - 19 -
  19. 19. Foto Hipólito González Fernández. [ca 1970]. Ámbito privado. Xénero e idade.Foto Juan Antonio Gómez Vázquez. 1970. Ámbito Público. Entroido. - 20 -
  20. 20. A mirada dos espazos Foto Olivares. [S.d.]. Ámbito privado. Xénero e traballo.Foto Víctor M. López Quijada. [S.d.]Ámbito público. Xénero e traballo. - 21 -
  21. 21. Cara unha antropoloxía visual Non sempre é doado distinguir o queentendemos por espazo público e por espazoprivado. Atribuimos normalmente a condiciónde espazo público ao lugar que mostra o com-partido, o que se visualiza doadamente e nonposúe valados nin fronteiras. Tamén adoita-mos considerar espazo público o que os indivi-duos divulgan e ensinan sen opoñerlle fiestrasnin agochalo. Igualmente asumimos comopúblico o que disfrutamos e ocupamos comu-nitariamente permitindo a relación social e aconvivencia entre grupos e sectores sociais: v. Foto Llanos. [S.d.]. Ámbito privado. Primeira Comuñón.gr, unha praza, unha estrada ou un camiño,unha escola, un mercado, unhaigrexa, un campo para a festa, unestadio deportivo, etc. Dun xeitomáis formal entendemos que opúblico é o que identifica ás insti-tucións das Administracións, polotanto cun dono colectivo –oEstado- que representa á socieda-de no seu conxunto. Nun tempono que os medios de comunica-ción divulgan acontecementos evidas sucede a apropiación públicade espazos e ámbitos do privado,fenómeno que se foi xeralizandocoa prensa escrita e implantando-se totalitariamente cos medios de Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Voda.comunicación audiovisuais. - 22 -
  22. 22. A mirada dos espazos O espazo privado adoitar ser aquelconcernido por lindes, por separacións epola oposición de barreiras ao observa-dor alleo. O privado é privativo poisforma parte dun universo limitado,sometido a cautelas e sempre acouta-do. O privado é tamén o que se compar-te con condicións, sendo posuido edisfrutado por uns e non por outros. Oprivado agóchase, ten vereas máis umenos ocultas e goza da discrecionali-dade pactada por todos no seo de cadasociedade. O privado muda, pode serparcial ou totalmente publicitado, aten-dendo aos códigos morais establecidos Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Enterro.por cada comunidade culturalmentediferenciada. Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Segmentación social.[S.a.] : [1931]. Ámbito privado. Actividade política. - 23 -
  23. 23. A fotografía axudou enor-memente ao desenvolvemen-to destes procesos, difundin-do imaxes de toda caste deindviduos e de todo tipo deámbitos, rachando en boamedida coas lindes entre opúblico e o privado. Ao tempoa fotografía exerceu unhafunción de taboleiro paraachegármonos a estes fenó-menos e para captar o perfil e Foto Bene. [S.d.]. Ámbito privado. Actividade política.a dimensión das máis varia-das circunstancias.Galiza. Estudio Fotográfico. Foto Chao. [S.d.]. Ámbito privado. Comercio.[1976].Ámbito público.Acto público. - 24 -
  24. 24. A mirada dos espazos A socialización da produccción de imaxes e a súareproducibilidade, feito maxistralmente analizadopor Walter Benjamin, constitúe unha cuestión subsi-diaria dos cambios acontecidos na modernidade norelativo á creación de cidadáns consumidores deimaxes, fronte as limitacións ao seu acceso que, pormotivos sociais e técnicos, impuñan a pintura e ograbado. A fotografía é espello de si mesma, porquecomo medio logra unha gradual e continua asuncióndos seus produtos e máquinas polos cidadáns, quechegan a apropiarse do seu manexo técnico. Igual-mente a fotografía retrata a sociedade que focaliza,constitíndose en intermediaria da interpretación que Foto Chao. [195-?]. Ámbito público.facemos da vida contemporánea. Escolaridad.Foto Chao. [1935].Ámbito público. Foto Chao. [1932].Entroido. Ámbito privado. Celebración. - 25 -
  25. 25. O interese etnográfico da fotografía reside fundamentalmente na súa capacidade para descri- bir e interpelar a persoas e comunidades que se retratan diante da cámara e que retratan elas mesmas a súa contorna, os lugares e as xentes que forman parte da súa experiencia vital. A fotografía intervén na memoria de homes e mulleres, recrea a nostalxia das familias e exerce o papel de fedataria da experiencia de vida de grupos, corporacións e individuos.Fondo Augusto Pacheco. [S.d.].Ámbito público. Mercado. Foto Bene. [195-?]. Ámbito público. Xénero e traballo. A fotografía, xa que logo, opera como un descritor máis da observación etnográfica ofre- cendo un relato para o antropólogo que se mer- Foto Bene. [195-?]. gulla na iconografía social de tempos e lugares. Ámbito público. Estereotipos tradicionais. - 26 -
  26. 26. Foto contra: Fondo Juan Antonio Gómez Vázquez. [ca. 1960]. Ámbito privado. Adega.

×