HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DA RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO    A tradición oral retrotrae a orixe desta tradición á segunda met...
debido á progresiva desaparición do concepto señorial da sociedade e á tomade conciencia propia do pobo. Desde ese momento...
A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO       Nos montes das serras do centro, do norte e do occidente de Galiciaaínda hoxe queda ga...
BIBLIOGRAFÍA:CABADA CASTRO, M. (1992) A rapa das bestas de Sabucedo, Vigo, Ed. Irindo.GONZÁLEZ REBOREDO, X. M (1997) Festa...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico

298 visualizaciones

Publicado el

Publicado en: Viajes, Tecnología
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
298
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
2
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico

  1. 1. HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DA RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO A tradición oral retrotrae a orixe desta tradición á segunda metade doséculo XVI cando a parroquia estaba a ser devastada por unha gran peste,momento no que dúas irmás ofreceron un par de eguas a San Lourenzo, patróndá parroquia, a cambio de protección fronte á epidemia. Para evitar aenfermidade, as dúas irmás refuxiáronse nunha cabana non moi afastada dopobo. Aquelas dúas bestas, doadas ao párroco, foron liberadas no monte emultiplicáronse co tempo.Os datos históricos reflicten o azoute da peste bubónica en Galicia no últimoterzo do século XVI, entre 1567-1571, con dous novos brotes en 1578 e 1598.A epidemia entrou, probablemente, polo Grove e afectou a Santiago e a outrasbisbarras galegas como a de Sabucedo. Por outro lado, a táctica deesconderse en cabanas ou refuxios para evitar o contaxio parece ser que era ométodo preventivo usado naquel século .Non obstante, no XVII tiveron lugar varios episodios de peste e a finais deséculo quedou constancia escrita, por primeira vez, da importancia das vacas edos cabalos en Sabucedo, polo que tamén este período podería ter sido aquelao que se refire a tradición oral.Outra razón que avalaría a historicidade desta lenda é o feito de que en datatemperá, cara a 1724, está documentada a expresión “bestas do santo" parareferirse ás que se lle ofrecían ou consagraban a San Lourenzo a título dedevoción ou agradecemento por algún favor recibido, e que pertencían á igrexada parroquia. Esta consagración manifestábase cortandolles a punta dasorellas (orellas fanadas) aos poldros, chamados en Sabucedo "bichos". Naactualidade estes son marcados na coxa (eguas) ou na anca (cabalos) cunhamarca que recorda á grella na que se martirizou a San Lourenzo. No XVIIItamén temos a primeira noticia da “baixa”, en 1732, e no segundo terzo doséculo aparecen documentados os termos rapar e curro.Unha figura importante da rapa foi a do mordomo fabriqueiro, cargo ocupadopor un dos veciños do pobo para a atención, vixilancia e control das bestas.Nos séculos XVIII e XIX anotábanse no Libro de Fábrica da igrexa o número debestas existentes e os nomes dos mordomos, costume que chegou ata 1864,ano no que pasou a ser un cargo voluntario e deixaron de asentarse os nomes
  2. 2. debido á progresiva desaparición do concepto señorial da sociedade e á tomade conciencia propia do pobo. Desde ese momento quedou configurada easentada esta tradición que chegou aos nosos días sen cambios sustanciais. Atendendo ao aspecto antropolóxico, hai que valorar tres momentos nestafesta: a misa de alborada, a baixa e a rapa.Misa de alboradaO compoñente relixioso estivo sempre presente e mantense hoxe a travésdesta misa e das bestas do santo. Na Rapa de Sabucedo ten aplicación o queo antropólogo Lisón Tolosana sinala como "orixinal triloxía hispana:comunidade, festa, santo ou patrón titular."Sen embargo, tamén actúan elementos de tipo máxico en certos ritos, así unantigo costume dos veciños era o de levar a imaxe de San Lourenzo ao regatode Trasdasichós e alí mollarlle os pés para pedirlle chuvia ao santo. O contextomáxico relixioso aínda ten certo peso no subconsciente popular.A baixaÉ a operación de traslado das bestas desde os montes ata Sabucedo. Unobxecto propio dese día e usado como apoio é o pau de moca, vara de carballocon un vulto en forma de espulla ou excrecencia na parte que toca o chan. Nopobo teñen lugar dous encontros simbólicos, un é o da chegada da mocidadecoas bestas, intre no que se xuntan os mozos e a xente maior -que representaa tradición viva da rapa- reafirmando así a identidade grupal. O segundo é odos veciños coas bestas do santo, é dicir, o encontro coa orixe mítica do pobocomo tal, xa que a eguada de San Lourenzo simboliza a súa propia existencia.A rapaÉ o acto máis espectacular grazas á valentía e á fortaleza dos mozos(aloitadores) que se enfrontan as bestas. Antropólogos e sociólogos apuntan áloita física como unha das características da festa: "a festa provoca certainsensibilización física: os individuos fatíganse e líbranse a excesosdesacostumados que van facelos aceptar golpes ou mutilacións" (GastonBouthoul). O aloitador, normalmente veciño de Sabucedo, encarna o espírito dopobo e representao na loita pola súa identidade, na súa autoafirmación.
  3. 3. A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO Nos montes das serras do centro, do norte e do occidente de Galiciaaínda hoxe queda gando equino vivindo en liberdade, animais que sonreunidos unha vez ao ano para proceder ao seu marcado, corte de crinas eselección de exemplares, actividade coñecida popularmente como "rapa" ou"curro".A Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) celébrase cada anono primeiro fin de semana do mes de xullo. Na mañá do sábado ten lugar unha"misa de alborada" na que se pide protección a San Lourenzo, patrón daparroquia, para a "baixa" dos cabalos -baixada do monte- e o posterior curro. Acontinuación, un grupo formado por veciños e visitantes de Sabucedoemprende a marcha cara aos montes onde teñen o seu hábitat estes animais,unha fermosa paraxe natural que rodea o pobo. Unha vez localizadas asbestas, as greas rodéanse e encamíñanse de forma combinada ata alcanzar abagoada do Peón, onde se agrupan e se dirixen xuntas cara ao pobo,chegando alí despois do mediodía.As bestas permanecen nun cercado próximo ata ben avanzada a tarde,momento no que se trasladan ao curro -recinto circular con muros de pedra- noque se enfrontarán aos aloitadores. O traballo destes é, pola perigosidade queentraña e a valentía que demostran, o acto máis espectacular desta festa. Adiferenza doutras rapas galegas, nas que se usan cordas e varas para someteraos animais, en Sabucedo tan só se emprega a forza do home en loita corpo acorpo co animal. Os aloitadores seguen un ritual establecido, un código deactuación, herdado de xeración en xeración: dous van á cabeza do cabalo eoutro suxéitao polo rabo. Un dos que van á cabeza debe ser o que salte enribae cabalgue sobre a besta. Finalmente, o animal inmobilizado pode quedar depé ou ser derrubado completamente, dependendo da resistencia que presente,e logo procédese a cortar as súas crinas e ao marcado. Outras rapas famosas de Galicia son as de Campo do Oso e Candaoso,na provincia de Lugo; as de Capelada e Barbanza, na da Coruña, e as deMorgadáns e Mougás na de Pontevedra.Texto: Roberto Aneiros García (Conservador do Museo Etnolóxico)
  4. 4. BIBLIOGRAFÍA:CABADA CASTRO, M. (1992) A rapa das bestas de Sabucedo, Vigo, Ed. Irindo.GONZÁLEZ REBOREDO, X. M (1997) Festas laicas, en Galicia Antropoloxía.Relixión, crenzas, festas, Tomo XXVII, A Coruña, Hércules de Ediciones.

×