SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 44
Descargar para leer sin conexión
TOPOGUÍA
Rede de Sendeiros e Rutas Cicloturísticas

      da “Ruta do Viño do Ribeiro”




RUTA AZUL


RUTA VERDE


RUTA VERMELLA


RUTA ACCESIBLE
Título: Rede de Sendeiros e Rutas Cicloturísticas

Edita: Concello de Ribadavia

Proxecto cofinanciado con fondos FEDER

Creación de contidos. Textos: ServiTerra Enxeñería S.L

Deseño e Maquetación : ServiTerra Enxeñería S.L

Ano: 2011
A historia do Ribeiro dende hai décadas está intimamente ligada á do viño,
produto arredor do cal xirará toda a economía da comarca. Por unha e
outra parte do Avia, especialmente nas baixas pendentes, boa parte das
terras están ocupadas por viñedos, principal recurso existente en moitas
das parroquias.


Estes viñedos forman unha asombrosa paisaxe moi característica da nosa
comarca. Para que a poboación en xeral poda gozar desta paisaxe xunto
coas numerosas posibilidades de ocio e lecer existentes na comarca xérase a
“Rede de Sendeiros e Rutas Cicloturísticas da Ruta do Viño do Ribeiro”.




O percorrido de calquera destas rutas que forman parte da rede levaranos
a coñecer, entre outros, lugares enigmáticos como Pazos de Arenteiro ou de
gran interese natural como as termas de Prexigueiro. Sen esquecernos das
numerosas adegas que poboan a nosa comarca, adegas que atesouran
saberes tradicionais e que dan un sabor especial aos nosos viños.
Indicacións para non perderse

A sinalización de calquera destas rutas segue unha mesma tipoloxía para
facilitar a comprensión das mesmas.


Durante o percorrido das rutas podemos atopar diferentes tipos de sinais que
nos van indicar se o camiño polo que imos é o correcto, se estamos no
camiño incorrecto ou nun lugar que teña algún tipo de interese especial:
natural, cultural, entográfico…
Cada unha destas sinais, dependendo da ruta pola que vaiamos pode ser de
catro cores diferentes:
Cor Verde: Toda a sinalización que atopemos con esta cor quere dicir que
estamos dentro do percorrido da Ruta Verde.
Cor Azul: Estamos dentro do percorrido da Ruta Azul.
Cor Vermella: Estamos no percorrido da Ruta Vermella.
Cor Azul e Vermella: Estamos nunha parte do percorrido no que a Ruta Azul
e a Ruta Vermella coinciden.
Cor Morada: Estamos dentro da Ruta Accesible.


Os tipos de sinais que podemos atopar nos trazados das rutas son os
seguintes:


BALIZAS; son postes de madeira cunha placa de metacrilato na parte superior
onde vai aparecer sempre a cor correspondente a cada ruta xunto co logo da
Ruta do Viño do Ribeiro. No caso de atoparnos no camiño correcto,
atoparemos dúas liñas en sentido paralelo e no caso de atoparnos no camiño
incorrecto dúas liñas en forma de aspa.
Camiño correcto                                        Camiño incorrecto
Exemplo de baliza na                              Exemplo de baliza na
Ruta Verde                                        Ruta Verde




                                               Xunto       coas     balizas
                                               sempre vai aparecer o logo
                                               da Ruta do Viño e a cor
                                               correspondente a       cada
                                               ruta.



MARCAS DE PINTURA; as marcas de pintura ao igual que as balizas vannos
indicar se o camiño polo que imos é o correcto ou non. Estas marcas están
localizadas polo xeral en postes da luz, muros ou rochas que se atopan no
camiño. As marcas poden ser de dous tipos:


Camiño correcto:                                  Camiño incorrecto:
Caracterízase   por   incluír   dúas   liñas      Caracterízase por incluír dúas liñas en
paralelas horizontais de aproximadamente          forma de aspa. O aspa que aparece por
5 cm de longo. A franxa superior é de cor         riba é de cor branca e a franxa de
branca e a franxa inferior vai levar a cor        abaixo leva a cor característica da ruta
que lle corresponda a ruta que esteamos           que esteamos facendo: verde, azul,
facendo: verde, azul, vermella ou morada.         vermella ou morada.




    Exemplo de marca de pintura de                       Exemplo de marca de pintura de
    camiño correcto na Ruta azul.                        camiño incorrecto na Ruta azul.
FRECHAS;       As frechas que imos a atopar en cada unha das rutas son
indicadoras de lugares ou puntos de interese natural, cultural e/ou etnográfico.
Asemade poden indicarnos establecementos adheridos á Ruta do Viño do
Ribeiro que se atopen preto do lugar onde estea localizada a frecha.
As frechas indican a dirección que temos que seguir para chegar a un lugar ou
punto de interese e a distancia á que se atopa o mesmo.
As frechas van levar sempre un recadro co logo da Ruta do Viño do Ribeiro coa
cor que lle corresponde dependendo da ruta da que se trate: verde, azul ,
vermella ou morada.




  MODELO 1: A frecha indícanos un              MODELO 2: A frecha indícanos un
  lugar, a distancia, a dirección a seguir e   establecemento adherido á Ruta do
  a cor da ruta na que estamos. Ruta           Viño   do   Ribeiro,   a   dirección,   a
  Verde.                                       distancia a seguir e a cor da ruta na
                                               que estamos. Ruta Vermella.
PANEIS DE INICIO E FINAL DE RUTA; Ao inicio e ao final de cada ruta imos
atoparnos uns paneis de madeira cunhas dimensións de 1 x 0.7 m e que nos
van indicar unha serie de características da ruta. Cada panel ao igual que o
resto da sinalización será de diferente cor dependendo da ruta na que nos
atopemos: verde, azul ou vermella. No caso da Ruta Accesible, en lugar de
paneis imos atopar atrís de madeira de cor morada pero cos mesmos contidos
que en todas as rutas.
Os contidos dos paneis e dos atrís son os seguintes:
       Percorrido e trazado total da ruta.
       Perfil topográfico da ruta.
       Establecementos adheridos á Ruta do Viño do Ribeiro que podemos
        atoparnos durante o trazado.
       Pequena referencia relacionada coas castes da uva autóctona, o tipo de
        traballos que se realizan nos viñedos ou ben unha referencia ao
        poemario galego.




    Debuxo 1: Panel de Inicio localizado ao comezo da Ruta azul.
A continuación podemos ver unha serie de fotografías da sinalización que
nos podemos atopar ao longo do percorrido das rutas dependendo da que
esteamos facendo en cada momento:




  FOTO 1: Baliza de camiño            FOTO 2: Frechas indicadoras de dirección
  correcto na Ruta Verde.             das Rutas Azul, Vermella e coincidentes Azul-
                                      Vermella.




              FOTO 3: Panel de inicio na Ruta azul.
FOTO     4:   Frecha   indicadora   de
                                        dirección de Establecemento na Ruta
                                        Verde.




                                                      FOTO 6: Baliza de camiño
                                                      incorrecto na Ruta Verde
FOTO 5: Baliza de camiño                              no parque de A Veronza.
correcto na Ruta coincidente Azul-Vermella




                                                      FOTO 7 e 8: Marcas de
                                                      pintura de camiño correcto e
                                                      incorrecto respectivamente
                                                      na Ruta Verde.
R
U
T
A

V
E
R
D
E
Características xerais da ruta

A ruta verde ten un trazado circular cun percorrido total de 35 quilómetros.
Recoméndase realizar a ruta no sentido indicado no mapa e seguindo a
descrición desta topoguía.


Para evitar perderse polo camiño o trazado atópase sinalizado en todo o
percorrido.
A sinalización que podemos atopar ao longo desta ruta é a que ven descrita
ao comezo desta guía e é sempre de cor verde.


O percorrido desta ruta vainos levar a coñecer lugares ateigados de campos
de viñedos que definen a paisaxe da comarca do Ribeiro. Viñedos nos que
brotan as castes de uva autóctona que van dar un sabor especial aos nosos
viños.


Ademais de viñedos pasaremos por vilas medievais, igrexas románicas,
fermosas carballeiras, fragas, zonas de ribeira e aldeas abandonadas que
aínda hoxe en día, conservan o encanto e a maxia sempre chea de vellas
lendas tan características da nosa Terra.


Durante   o   trazado   de   toda    a   ruta   iremos   atopando   diferentes
establecementos onde poderemos degustar un viño do Ribeiro, unha boa
comida tradicional galega ou parar a pernoctar para continuar ao día seguinte
o noso camiño.
                                    COORDENADAS XEOGRÁFICAS
                               PUNTO DE SAÍDA E CHEGADA
                               Latitude 42°17'46.06"N
                               Lonxitude 8° 8'16.13"W
Descrición do percorrido

PKm 0- A Ruta ten o seu inicio no Concello de Ribadavia, no Parque de A
Veronza. Seguimos o camiño de terra que atravesa o parque en dirección a
San Cristovo de Regodeigón.


PKm 2,07 - No campo de fútbol de San Cristovo a ruta bifúrcase. Cara a
esquerda imos en dirección ao Concello de Beade            que é o sentido
recomendado da ruta e o que se seguirá nesta descrición. Seguindo de fronte
vaise en dirección a San Clodio, parroquia pertencente ao concello de Leiro.


Pkm 2,37- Atravesamos a estrada polo paso de peóns e seguimos de fronte
pola parroquia de San Cristovo para continuar a ruta por camiños que
discorren entre viñedos.


PKm 4,17- Cruce de catro camiños. Neste punto a ruta segue polo camiño
ascendente que segue de fronte. Á dereita atopamos a adega Cooperativa San
Roque de Beade.


PKm 4,45- Chegamos ao Pavillón de Deportes do Concello de Beade.
Seguimos de fronte para internarnos na vila de Beade despois de atravesar a
estrada. Seguindo o trazado da ruta podemos visitar a Adega de Manuel
Formigo e despois de cruzar a estrada ascendemos de fronte cara a adega
Arco da Vella a Adega do Eladio.
PKm 5,76 -Pasada a adega collemos o camiño da dereita que descende ata
chegar ao Calvario e á Igrexa de Beade. Seguimos polo carreiro que continúa
pola esquerda da igrexa e que nos levará a abandonar o Concello de Beade
para internarnos no Concello de Leiro.




          Foto 1: Igrexa de Beade


PKm 6,18 - Xa no Concello de Leiro chegamos á adega Pazo de Vieite.
Seguimos de fronte polo camiño que nos levará á vila de Vieite. Continuamos
pola estrada que atravesa esta vila e ascendemos cara a Igrexa. Continuamos
ascendendo e ao chegar a “O Priorato” tomamos o camiño á dereita que pasa
entre viñedos para posteriormente tomar un carreiro á esquerda que se
adentra entre máis viñedos.


PKm 8,19 - Atravesamos estes viñedos ata chegar á aldea abandonada de O
Ibedo. Neste punto continuamos polas sendas que atravesan as fragas ata
chegar á aldea de Barzamedelle onde atopamos unha fonte e un lugar fresco
onde poder descansar. Atravesamos a aldea e descendemos cara a estrada
principal onde collemos á esquerda para chegar ao centro da vila de Leiro.
PKm 10,7- Pasado o centro da vila de Leiro chegamos ao cruce onde está a
oficina de Correos. Neste punto da ruta o trazado divídese en dous. Se se vai a
pé subimos polo camiño da esquerda, atravesamos o camiño Real e             che-
gamos á parroquia de Lebosende. Se se vai en bicicleta continuamos de fron-
te ata tomar a estrada que leva directamente a Pazos de Arenteiro no Conce-
llo de Boborás.


PKm 11,5- Tras percorrer o tramo de Camiño Real chegamos á parroquia de
Lebosende onde tomamos o camiño ascendente á dereita que atravesa a
parroquia e os seus viñedos. Continuamos polos carreiros dos montes de
Ribeira ata chegar a Pazos de Arenteiro no concello de Boborás.


PKm 15,8- En Pazos de Arenteiro ciclistas e camiñantes atópanse de novo no
camiño. Atravesamos o río Avia e ascendemos cara o centro da vila tomando
o camiño da dereita que nos levará ata as portas do aloxamento A Reitoral de
Pazos. Continuamos polo camiño descendente que segue de fronte en
dirección ao Pozo dos Fumes ata chegar á ponte do río Arenteiro.




 Foto 2: Ponte que cruza o río Arenteiro.    Foto 3: Estatua de pedra no río.
PKm 16,2- Atravesamos a ponte que atravesa o río Arenteiro e continuamos
cara a dereita en dirección a Cabanelas, parroquia pertencente ao Concello de
O Carballiño.


PKm 16,9- Tras un pequeno ascenso por camiños entre fragas e acacias
chegamos a unha pista de terra. Neste punto seguiremos cara a dereita
descendendo paulatinamente para voltar a atoparnos co río Avia e seguir o
camiño paralelo ao seu cauce que nos leva ata a central eléctrica de Cabanelas.


PKm 19,7- Deixamos atrás a central eléctrica de Cabanelas e ascendemos ata
alcanzar a estrada. Alí continuamos cara a dereita para chegar á Adega
Alemparte situada na parroquia de Gomariz no concello de Leiro. Continuamos
polo camiño que descende á dereita.


PKm 20,6- Seguimos o camiño que discorre entre fragas e viñedos e que
ascende cara a estrada. Na mesma collemos cara á dereita e camiñamos uns
100 metros pola beira ata chegar ao cruce que ascende á nosa esquerda cara a
parroquia de Gomariz.




           Foto 4: Viñedos en Gomariz.
PKm 21,5- Tras pasar a praza da parroquia de Santa María de Gomariz
collemos o camiño da dereita que nos leva ata as portas da Adega Coto de
Gomariz. Pasada a adega tomamos o camiño da dereita que atravesa
numerosos campos de viñedos ata chegar á aldea de Cubilledo.


PKm 22,6 - Na aldea de Cubilledo atravesamos a Praza da Pepa e collemos o
camiño da dereita, atravesamos uns viñedos de grandes dimensións e
tomamos o camiño que descende ata chegar ao cemiterio de San Clodio.


PKm 24,7- No cemiterio tomamos cara a dereita e chegamos ao Mosteiro
medieval de San Clodio onde temos aloxamento e restaurante. Seguindo o
camiño ata a praza central de San Clodio debemos coller cara a esquerda
pasando por diante do aloxamento Dona Blanca.




           Foto 5: Mosteiro de San Clodio.



PKm 26,2- Unha vez abandonamos San Clodio, collemos a estrada que nos leva
cara ao Concello de Cenlle. Seguindo este camiño temos a opción de visitar ou
descansar na adega Viña Mein ou continuar ata chegar á aldea de Cuñas onde
atopamos a adega Valdavia.
PKm 27,2- Pasada a aldea de Cuñas tomaremos o camiño a man esquerda que
leva directamente á estrada. Tras percorrer un tramo paralelo á mesma
debemos atravesala para seguir a senda paralela ao río Avia.


PKm 28,3- Continuamos polo camiño paralelo ao río Avia, xiramos á esquerda
para atravesar a estrada por un túnel e ascender lixeiramente. No cruce
posterior ao ascenso collemos cara a dereita para voltar a descender e
atoparnos de novo á beira do río Avia.


PKm 31,2- Seguimos o trazado da ruta que discorre paralelo ao río Avia pola
parroquia de Esposende pertencente ao Concello de Cenlle. Seguindo este
camiño chegamos ao Concello de Ribadavia, atravesando as parroquias de
Esposende e Camporredondo en dirección á Quinza.


PKm 32,7- Seguindo o camiño trazado chegamos á ponte de A Quinza, onde
podemos parar a comer no restaurante A Quinza. Atravesamos o río Avia pola
ponte e collemos cara a esquerda en dirección ao campo de futbol de San
Cristovo.


PKm 33,0- No campo de fútbol seguimos a dirección de Ribadavia ata chegar
ao parque de A Veronza onde finaliza a ruta.


PKm 35, 0- Final da ruta. Chegamos
ao parque de A Veronza.




                   Foto 6: A Veronza
R
U
T
A

A
Z
U
L
Características xerais da ruta

A Ruta Azul é de tipo lineal polo que o punto de partida e o de chegada non
coinciden. O inicio da Ruta está marcado en Santa Cruz de Arrabaldo e o
punto de chegada en Prexigueiro (concello de Ribadavia). O percorrido total
da ruta é de 27.8 Km.


Para evitar perderse polo camiño o trazado atópase sinalizado en todo o
percorrido.
A sinalización que podemos atopar ao longo desta ruta é a que ven descrita ao
comezo desta guía e é sempre de cor azul.


Esta ruta caracterízase pola presenza constante do río Miño ao longo de todo
o seu percorrido e os numerosos regos que desembocan nel. É nestas augas
onde podemos atopar as termas características do Ribeiro, orixinadas pola
ascensión de augas quentes e sulfurosas a través de solos graníticos.


Nesta ruta, ao igual que nas outras que se describen nesta topoguía, podemos
atopar ao longo dos percorridos das mesmas diferentes establecementos
onde vamos poder degustar os viños do Ribeiro, dunha boa comida
tradicional galega, das augas sulfurosas dos nosos balnearios…



                                            C   X                SAÍDA
                                            O   E
                                            O   O    Latitude 42°20'40.57"N
                                            R   G
                                            D   R    Lonxitude 7°58'50.08"W
                                            E   Á
                                            N   F
                                                             CHEGADA
                                            A   I
                                            D   C
                                                     Latitude 42°15'10.08"N
                                            A   A
 Foto 1: Augas sulfurosas en Prexigueiro    S   S    Lonxitude   8°10'3.12"W
Descrición do percorrido

PKm 0- Para comezar o percorrido desta ruta debemos partir dende Santa
Cruz de Arrabaldo lugar pertencente ao Concello de Ourense. Iniciamos a
ruta ascendendo pola estrada que nos leva ata a adega Pazo Casanova e
tomamos o camiño da esquerda.


PKm 0,28- Pasado o camiño chegamos á estrada principal. Atravesamos a
estrada e continuamos uns metros en sentido ascendente para xirar á
esquerda polo camiño que nos afasta da estrada.


PKm 1,66 - Seguimos o camiño sen desviarnos do seu trazado ata chegar de
novo á estrada. Neste punto xiramos á dereita, pasamos por debaixo da
ponte da autovía e camiñamos uns metros ata coller unha estrada
secundaria paralela á estrada principal.


PKm 2,75- Continuamos polo camiño ata chegar á ponte que cruza o río
Barbantiño. Neste punto abandonamos o Concello de Ourense para
internarnos na parroquia de Barbantes, no Concello de Punxín .


PKm 3,60- Pasada a ponte ascendemos ata chegar á estrada. Collemos á
esquerda, continuamos pola beirarrúa 250
metros e atravesamos a estrada para tomar o
camiño da dereita que nos leva ata a estrada
principal. Neste punto recoméndase facer o
percorrido pola marxe esquerda da calzada,
levar roupa ben visible e chaleco reflector.


                     Foto 2: Chaleco Reflector
PKm 4,47- Abandonamos o Concello de Punxín e chegamos ao pobo de
Barbantes Estación, pertencente ao Concello de Cenlle. Continuamos pola
estrada ata chegar a un hórreo onde tomaremos o camiño que descende á
nosa esquerda e que nos levará ao inicio do paseo fluvial.


PKm 4,56- Xa no paseo fluvial podemos gozar da beleza da paisaxe que nos
ofrece o río Miño e da vexetación característica desta contorna. O paseo ten
unha lonxitude aproximada de 3 quilómetros.




                                                 Foto 2: Encoro de Castrelo de
                                                 Miño




                                                Foto 3: Encoro de Castrelo de
                                                 Miño visto dende o paseo de
                                                Barbantes Estación.
PKm 7,45- Tras percorrer o sendeiro fluvial chegamos ao Balneario de Laias,
continuamos polo camiño que pasa por debaixo da ponte da vía do tren e que
ascende cara a parroquia de Laias.


PKm 8,00- Unha vez chegamos á estrada, atravesámola e continuamos en
sentido ascendente ata coller o camiño que discorre paralelo á autovía e que
nos levará ata a gasolineira de Laias.


PKm 9,58- Seguimos uns 200 metros pola estrada e atravesámola para tomar
o camiño que descende á esquerda. Seguindo este camiño chegamos á aldea de
Razamonde.


PKm 11,5 - Seguimos as indicacións da sinalización e atravesamos a aldea de
Razamonde. Pasamos por debaixo da estrada ata chegar a un lavadoiro onde
continuamos polo camiño da esquerda que nos leva entre viñedos ata a
estrada. Camiñamos uns 200 metros cara a dereita e collemos o camiño da
esquerda. Entramos na aldea de Xubín.


PKm 12,3- Pasada a aldea de Xubín e os viñedos que a rodean voltamos a
ascender á estrada onde colleremos á esquerda e continuamos uns 400 metros.
Este é un tramo que discorre pola estrada polo que é convinte tomar as
precaucións adecuadas.


PKm 12,7- Abandonamos a estrada e collemos o camiño da esquerda.
Atravesamos campos de viñedos ata chegar ao parque de Trasariz e o edificio
do Concello de Cenlle.
PKm 13,5- Continuamos á esquerda pola estrada ata chegar ao cruce coa
estrada principal onde voltamos a xirar á esquerda. Este tramo da ruta vai
pola estrada polo que é convinte facelo con precaución.


PKm 14,5- Deixamos a estrada principal para desviarnos á esquerda.
Abandonamos o Concello de Cenlle para internarnos en Sanín no Concello de
Ribadavia.


PKm 16,4- Seguimos o trazado da ruta, atravesamos a vila de Sanín e
internámonos nos campos de viñedos que bordean a conca do río Miño.
Podemos visitar a adega Parente García desviándonos uns 200 metros do
percorrido á altura da aldea de As Chavolas no Concello de Ribadavia. Pasa-
mos pola ponte que cruza a vía do tren e continuamos polo sendeiro que
discorre á beira do encoro de Castrelo de Miño.




                Foto 4: Viñedos á beira do Encoro


PKm 19,0 - Neste punto da ruta coinciden os trazados da ruta azul e da
vermella polo que a sinalización é común para as dúas rutas. Ascendemos
polo camiño da dereita que nos leva cara a San Paio de Ventosela. Chegamos á
estrada e seguimos uns 200 metros cara á esquerda, atravesamos a estrada e
tomamos o camiño que descende á nosa dereita.
PKm 20,2- Continuamos polos camiños que percorren San Paio, atravesamos
a vía do tren ata chegar á estrada. Collemos á esquerda seguindo a canle do río
Avia que nos levará cara o centro da vila de Ribadavia.




 Foto 5: Vista de Ribadavia dende a Ponte de San Francisco.


PKm 21,7- Seguindo a senda que discorre paralela ao río Avia chegamos á
Ponte de San Francisco. Atravesamos o río Avia cruzando a ponte e baixando
de novo cara o paseo fluvial de Ribadavia en dirección á desembocadura do
Avia.




                                                     Foto 6: Desembocadura do río
                                                     Avia no río Miño

PKm 24,1- Abandonamos a beira do Río Miño para coller á dereita e ascender
cara a parroquia de Francelos. Xa na parroquia collemos a estrada cara a
esquerda en dirección ao campo de fútbol.
PKm 25,0- Bordeando o campo de fútbol chegamos á estrada. Continuamos
cara a esquerda con moita precaución en dirección á aldea de Prexigueiro.


Pkm 25,9- Abandonamos momentaneamente a estrada e descendemos cara a
minicentral eléctrica.


PKm 26,4- No cruce da minicentral collemos o camiño de asfalto que ascende
á dereita cara a estrada. Atravesamos a estrada con precaución e tomamos o
camiño da esquerda que ascende cara a aldea de Prexigueiro.


PKm 27,2- Pasamos por debaixo da ponte da estrada e internámonos no
núcleo da aldea de Prexigueiro. Neste punto collemos cara a esquerda e
continuamos uns 200 metros ata chegar a outro cruce no que colleremos cara
a dereita e descenderemos cara as termas naturais de Prexigueiro.


PKm 28,0- Fin da ruta. Chegamos as termas naturais de Prexigueiro onde
podemos gozar dun descanso bañándonos nas pozas de auga morna e
sulfurosa.


                                         Fotos   7 e 8: Fotos das Termas de
                                        Prexigueiro.
R
U
T
A


V
E
R
M
E
L
L
A
Características da ruta

A Ruta Vermella caracterízase por ser de tipo lineal; o punto de saída e o de
chegada non coinciden. Ten un percorrido total de 13 Km.


O trazado desta ruta discorre por dous concellos; o concello de Castrelo de
Miño e o concello de Ribadavia.


Igual que nas anteriores rutas, ao longo de seu percorrido poderemos gozar
dos diferentes establecementos que nos iremos atopando, tales como, adegas,
bares, restaurantes, casas rurais…


O sentido que se recomenda para realizar esta ruta é o que ven marcado no
mapa do principio xa que é unha ruta na que o desnivel que hai que sortear ao
longo de seu trazado é moi elevado, sendo mais fácil en sentido ascendente.


Para evitar perderse polo camiño o trazado atópase sinalizado en todo o seu
percorrido.
A sinalización que podemos atopar ao longo desta ruta é a que ven descrita ao
comezo desta guía sendo sempre de cor vermella.


Ao comezo desta ruta poderemos observar a extensión de terreos adicados a
viñedos máis grande da Comarca do Ribeiro. Estas terras constitúen un
exemplo de xestión e de recuperación de terreos non produtivos.


                                          COORDENADAS XEOGRÁFICAS

                                           SAÍDA                 CHEGADA
                                  Latitude 42°18'5.52"N    Latitude 42°17'25.46"N
                                  Lonxitude 8° 3'21.25"W   Lonxitude 8° 8'31.30"W
Descrición do percorrido
PKm 0- A Ruta Vermella parte desde As Bouzas, aldea pertencente ao Concello
de Castrelo de Miño. Partimos dende os viñedos que ocupan unha das maiores
superficies de toda Galicia e descendemos cara Parada pola estrada.




                                              Foto 1: Extensión de viñedos en As
                                              Bouzas




Foto 2: Paseo que percorre os
viñedos nas Bouzas.




Pkm 1,19- Abandonamos a estrada para internarnos no camiño da nosa
dereita. Atravesamos a aldea de Parada e os seus viñedos para seguir o noso
camiño cara O Souto.


PKm 4,0 - Seguimos o percorrido da ruta sen desviarnos da estrada ata chegar
á aldea de Santo Estevo. Durante o camiño poderemos gozar dunhas vistas
espectaculares do conxunto paisaxístico formado polo encoro de Castrelo de
Miño e os viñedos que o envolven.
PKm 4,7- Deixamos atrás Santo Estevo e continuamos o percorrido a través
do camiño que toma cara a esquerda ao finalizar a aldea. Atravesamos viñedos
e zonas de pequenas fragas ata chegar a Barral. Ao entrar na parroquia
poderemos gozar do viño do Ribeiro na Adega Eduardo Peña.


PKm 5,38- Continuamos pola estrada que atravesa Barral e despois dunha
curva moi pechada collemos un camiño estreito a nosa esquerda. Ao comezo
deste camiño atopamos a adega Pousadoiro e, polo mesmo, descendemos
directamente á estrada de Castrelo de Miño. Neste cruce continuaremos de
fronte para seguir a ruta polo paseo que bordea o encoro de Castrelo de Miño.


PKm 5,80- Seguindo o paseo chegamos ao Club Naútico Castrelo de Miño,
lugar ideal para facer un pequeno descanso ou gozar das actividades de ocio
que oferta o clube.


                                              Fotos   3   e       4:   Instalacións
                                              deportivas do Club Náutico de
                                              Castrelo de Miño.
PKm 6,07- Pasado o Club Náutico continuamos o percorrido tomando o
camiño da esquerda que vai cara a estrada. Unha vez na estrada xiramos á
dereita. Aquí atopámonos con dous establecementos onde poderemos gozar
do sabor dos viños do Ribeiro, o Bar Ludeiro e o Café-Bar Parque.


PKm 6,32-     Seguimos o camiño pola beirarrúa da estrada principal de
Castrelo de Miño durante uns 300 metros e atravesamos a estrada para coller
o camiño que ascende á nosa esquerda.


PKm 7,34- Atravesamos os lugares de Cortiñas e O Pazo por camiños entre
viñedos para descender de novo. No cruce, atravesamos a estrada e
continuamos polo camiño que continúa de fronte e descende de novo cara a
beira do encoro de Castrelo de Miño.


PKm 7,9 - Seguimos polo camiño e a uns 400 metros tomamos o camiño da
esquerda que ascende cara a estrada. Atravesamos a estrada e continuamos
de fronte polo camiño que nos leva cara Santa Mariña.


PKm 8,07- Chegamos ao centro de Santa Mariña. Recoméndase desviarse uns
150 metros do percorrido da ruta e visitar a Igrexa de Santa Mariña.




       Foto 5: Igrexa de
       Santa Mariña
PKm 8,76- Pasada a aldea de Santa Mariña o percorrido continúa polo camiño
que leva cara O Ponto, onde tomaremos a senda que descende á nosa dereita
cara o encoro. Seguindo o trazado chegamos á Ponte de Santa Cristina que
atravesa o río Miño e desde onde se pode observar a presa hidráulica de
Castrelo de Miño.


PKm 9,55- Atravesada a ponte internámonos no Concello de Ribadavia.
Continuamos pola estrada ata chegar a un camiño de terra que collemos á
nosa dereita.


PKm 10,8 - Continuamos polo sendeiro que discorre pola beira do encoro de
Castrelo de Miño ata chegar a un cruce de pistas. Neste punto únense os
trazados da Ruta Vermella e da Ruta Azul, sendo a sinalización común para
ámbalas dúas rutas. Tomamos o camiño que ascende á nosa esquerda.




     Foto 6: Vistas do encoro dende o sendeiro que discorre á beira do mesmo.


PKm 11,0- Seguimos o camiño que ascende ata á estrada de San Paio de
Ventosela e xiramos á esquerda. Continuamos uns 200 metros pola beirarrúa
ata coller o camiño que descende á dereita.
PKm 12,1- Continuando o trazado do camiño atravesamos San Paio entre as
casas e os viñedos ata chegar ao cruce coa estrada. Neste punto xiramos á
esquerda e continuamos o percorrido pola beira do Río Avia en dirección a
Ribadavia.


PKm 13,0- Final da ruta. Continuando pola senda, pasamos por detrás do
Pavillón de Deportes do Concello de Ribadavia ata chegar á ponte de San
Francisco onde finaliza a ruta. Pasando a ponte internámonos no casco vello
de Ribadavia onde poderemos gozar dun gran número de establecementos
asociados á Ruta do Viño do Ribeiro. Recoméndase tamén facer un percorrido
pola vila para contemplar os lugares de interese cultural que nela atopamos.




                                                   Foto 7: Ribadavia.
                                                   Paseo fluvial do Avia.




                                                               Foto 8: Ribadavia.
                                                                     Praza Maior.
Foto 9 e 10: Castelo
                                         de Ribadavia




Foto 11 e 12: Vista do Barrio Xudeo de
Ribadavia
R
U
T
A


A
C
C
E
S
I
B
L
E
Características xerais da ruta

Unha vez descritas parte das rutas que forman parte desta rede, pasamos a
describir a Ruta Accesible para persoas con deficiencias motoras.


Ademais da descrición desta ruta, ao final deste apartado imos poder ver un
listado dos establecementos localizados dentro de todas as rutas proxectadas
nesta topoguía e que son accesibles a persoas en cadeira de rodas.


Para non perdernos só temos que seguir a sinalización de cor morada co
símbolo da cadeira de rodas ademais de seguir as indicacións que veñen a
continuación:


       RUTA ACCESIBLE:
       Punto de saída Ribadavia      Punto de chegada Francelos
       Distancia total = 3.24 Km
       Dificultade: Baixa
       Sinalización: De cor morada e co símbolo




Esta ruta coincide dentro do seu trazado con tramos da ruta azul. Este é o
motivo polo que veremos unha soa baliza pero con dúas placas indicando cada
unha delas a ruta que temos que seguir ( Ruta Azul nun caso e Ruta Accesible
noutro caso).

                                           COORDENADAS XEOGRÁFICAS

                                      SAÍDA (Ribadavia)     CHEGADA (Francelos)
                                   Latitude 42°17'36.68"N   Latitude 42°16'36.03"N
                                   Lonxitude 8° 8'29.44"W   Lonxitude 8° 9'20.53"W
Descrición do percorrido

Pkm 0. Tomamos como punto de partida Ribadavia en dirección Francelos ( a
ruta pódese facer nos dous sentidos) á altura do comezo do paseo fluvial do río
Avia.
A nosa ruta discorre sempre á beira do Avia utilizando o camiño de terra que
bordea Ribadavia en sentido Francelos.


        “ Ribadavia é a capital do Ribeiro, unha vila histórica onde o visitante
        pódese deixar perder polas rúas empedradas nas que aínda sobreviven as
        pegadas dunha importante presenza xudía que data do medievo.
        Conta coa declaración de conxunto histórico artístico desde 1947 é unha
        boa mostra dun pasado glorioso e da historia dunha comarca que ten no
        viño a súa razón de ser, un produto de alta calidade situado entre os
        mellores caldos brancos do mundo, cuxa fama universal levou o nome de
        Galicia ás mellores mesas durante moitos séculos “.




                “ A poboación xudea estableceuse en Ribadavia no século XI. Esta
                poboación aumentou e desenvolveuse durante os séculos XII e
                XIII, ao chegar ao século XIV aparece unha poboación xudea de
                1.500 habitantes, a metade do total dos da vila, segundo o
                cronista Froissar; e tan compenetrados estaban coa poboación
                cristiá que vivían unhas e outras en harmonía fóra do relixioso”.
PKm 0.40. Pasamos por debaixo da Ponte de San Francisco. Doutro lado da
beira do Avia podemos ver un cartel de ruta grande que corresponde co final
da Ruta Vermella. Nós temos que continuar polo noso camiño, a partir de
agora vamos ver tamén indicacións da Ruta Azul.


PKm 1.3. Continuamos o noso percorrido sempre seguindo as nosas
indicacións. Neste punto podemos ver como o río Avia desemboca no río Miño
xerando unha fermosa paisaxe.


PKm 3. Neste punto chegamos a unha bifurcación de camiños. Polo camiño
que queda á nosa esquerda continúa a Ruta Azul. Nós temos que coller o
camiño que queda á nosa dereita, para chegar en apenas 600 metros ao punto
final da ruta.


PKm 3.24. Final da ruta. Chegamos á parroquia de Francelos, punto final da
Ruta Accesible.
O mellor lugar para rematar esta ruta é a Capela de San Xes de Francelos;
pequena capela visigótica que orixinariamente pertencía a un antigo mosteiro
medieval hoxe en día desaparecido. A súa importancia e valor reside en que
nas          reconstrucións
aproveitáronse     elementos
decorativos e
a r qu i te c t ó n i c o s
prerrománicos procedentes
de edificacións anteriores.




Foto 1: Capela de San Xes de
Francelos.
Establecementos             con      accesos       para    persoas          con
deficiencias motoras:

Os establecementos aos que facemos referencia a continuación podemos
atopalos durante o percorrido de calquera das rutas descritas nesta guía.


Os establecementos que van aparecer son só aqueles que se atopan adheridos
á Ruta do Viño do Ribeiro e que teñen a indicación de lugar accesible para
persoas con deficiencias motoras.




OFERTAS COMBINADAS:


 NOME ESTABLECEMENTO                 LOCALIZACIÓN          RUTA NO QUE SE
                                                                ATOPA
Aloxamento Rural Viña Meín        San Clodio s/n Leiro        Ruta Verde
                                  32420 Leiro. Ourense

Hotel    Monumento         San    San Clodio s/n Leiro        Ruta Verde
Clodio                            32420 Leiro. Ourense
Restaurante San Clodio.

Hotel     Balneario       Laias Carretera N120 Km 585          Ruta Azul
Caldaria e Restaurante.             32459 Laias. Cenlle.
                                         Ourense
ADEGAS:


NOME ESTABLECEMENTO      LOCALIZACIÓN            RUTA NO QUE SE


Eduardo Peña            Lugar de Barral s/n       Ruta Vermella
                        324030 Castrelo de


Pousadoiro               A Capela. Barral         Ruta Vermella
                        32232 Castrelo de


Parente García         Lugar de As Chabolas         Ruta Azul
                         22. 32454 Cenlle.
                             Ourense.
Manuel Formigo           Cabo da Vila,49.          Ruta Verde
                       32431 Beade. Ourense
Alemparte                 r/Lg. Gomariz            Ruta Verde
                       32429 Gomariz, Leiro
                             Ourense


ALOXAMENTOS:


 NOME ESTABLECEMENTO       LOCALIZACIÓN           RUTA NO QUE SE
                                                      ATOPA
A Reitoral de Pazos     Pazos de Arenteiro s/n       Ruta Verde
                       32514 Boborás. Ourense
LECER TEMÁTICO:

NOME ESTABLECEMENTO          LOCALIZACIÓN             RUTA NO QUE SE
                                                            ATOPA
A Tafona da Herminia       Travesía Porta Nova 2    Ruta Azul e Vermella
                             32400 Ribadavia


Club Náutico Castrelo de   Alejandro Ferrer s/n         Ruta Vermella
Miño                        32430 Castrelo de
                              Miño. Ourense




                                      Fotos 2 e 3: Paseo fluvial do río Avia
                                      ao seu paso por Ribadavia
PRÁCTICOS CONSELLOS


Planificar antes de iniciar a ruta, as paradas que se
van facer ao longo do seu trazado.


Levar sempre calzado cómodo con nós e vestimenta
axeitada.


Levar un teléfono móbil para estar localizadas/os
no caso de necesidade.


Levar sempre auga con nós.

Levar chaleco reflector e roupa visible naqueles
tramos que van transcorrer pola estrada.



                           TELÉFONOS DE INTERESE
                                Emerxencias 112
                             Incendios Forestais 085
NON ESQUEZAS ...
   Deixa os lugares polos que pases como te gustaría atopalos a
    ti.
   Segue os camiños sinalizados evitando pasar por campos de
    cultivos e erosionar outros terreos ao teu paso.
   Respecta a fauna e flora da natureza galega para poder gozar
    sempre dela.
   Recolle os refugallos que xeres para botalos no lugar axeitado.
   Procura levar alimentos xa preparados ou fríos. O lume
    propágase moi rápido.
   Realiza unha revisión completa da bicicleta no caso de querer
    realizar as rutas desta maneira e consulta a previsión
    metereolóxica.
   Protéxete utilizando o casco na bicicleta.



                         MAIS INFORMACIÓN

                     Oficina de Turismo de Ribadavia
                               988.47.12.75
                            Concello Ribadavia
                      988.47.71.00 www.ribadavia.es
             Información Metereolóxica. Xunta de Galicia
                           www.meteogalicia.es
Ruta do Viño do Ribeiro
  Trav. Ribeiro nº3, baixo
32.400 Ribadavia (Ourense)


  T (+34) 988.47.20.44
      F 988.47.22.40


 www.rutadelvinoribeiro.com
ruta@rutadelvinoribeiro.com

Más contenido relacionado

Destacado

Vida e Carreira: Liderança e Boa Gestão da Marca Pessoal internet
Vida e Carreira: Liderança e Boa Gestão da Marca Pessoal internetVida e Carreira: Liderança e Boa Gestão da Marca Pessoal internet
Vida e Carreira: Liderança e Boa Gestão da Marca Pessoal internetAnderson Hernandes
 
Edição De Vídeos
Edição De VídeosEdição De Vídeos
Edição De VídeosAllan Reis
 
Resenhas sobre filme Pequena Miss Sunshine (EUA/2006)
Resenhas sobre filme Pequena Miss Sunshine (EUA/2006)Resenhas sobre filme Pequena Miss Sunshine (EUA/2006)
Resenhas sobre filme Pequena Miss Sunshine (EUA/2006)Professor Belinaso
 
Prova alceu 2014 7ºb 1ºbim
Prova alceu 2014 7ºb 1ºbimProva alceu 2014 7ºb 1ºbim
Prova alceu 2014 7ºb 1ºbimÍris Ferreira
 
Prova 7ºanos 1ºbi silvana
Prova 7ºanos 1ºbi   silvanaProva 7ºanos 1ºbi   silvana
Prova 7ºanos 1ºbi silvanaÍris Ferreira
 
Rp 235.000 per orang all in, info harga bali rafting,info harga bali arung j...
Rp 235.000 per orang all in,  info harga bali rafting,info harga bali arung j...Rp 235.000 per orang all in,  info harga bali rafting,info harga bali arung j...
Rp 235.000 per orang all in, info harga bali rafting,info harga bali arung j...Wisata Jawa
 
áLbum de fotos pinhão
áLbum de fotos pinhãoáLbum de fotos pinhão
áLbum de fotos pinhãoMaria Tavares
 
Publicação Mensal
Publicação MensalPublicação Mensal
Publicação MensalLeigos
 
Outsourcing barimtlah chiglel
Outsourcing barimtlah chiglelOutsourcing barimtlah chiglel
Outsourcing barimtlah chiglelbatsuda
 
SEC communicatie 101
SEC communicatie 101SEC communicatie 101
SEC communicatie 101Roy Meijer
 
Technogarden
TechnogardenTechnogarden
Technogardenmwe
 
Wi max technology
Wi max technology Wi max technology
Wi max technology cakiiminikii
 
จินตนาการกลุ่มที่10
จินตนาการกลุ่มที่10จินตนาการกลุ่มที่10
จินตนาการกลุ่มที่10saksu
 
Vizinhos Preparados para o Pior
Vizinhos Preparados para o PiorVizinhos Preparados para o Pior
Vizinhos Preparados para o PiorProfessor Belinaso
 
โครงการระบบบริหารจัดการเครือข่ายอัจฉริยะ (Inms)
โครงการระบบบริหารจัดการเครือข่ายอัจฉริยะ (Inms)โครงการระบบบริหารจัดการเครือข่ายอัจฉริยะ (Inms)
โครงการระบบบริหารจัดการเครือข่ายอัจฉริยะ (Inms)Justamad Potavin
 
Conflitos amb.trab
Conflitos amb.trabConflitos amb.trab
Conflitos amb.trabPedro Eliel
 

Destacado (19)

Vida e Carreira: Liderança e Boa Gestão da Marca Pessoal internet
Vida e Carreira: Liderança e Boa Gestão da Marca Pessoal internetVida e Carreira: Liderança e Boa Gestão da Marca Pessoal internet
Vida e Carreira: Liderança e Boa Gestão da Marca Pessoal internet
 
Edição De Vídeos
Edição De VídeosEdição De Vídeos
Edição De Vídeos
 
Resenhas sobre filme Pequena Miss Sunshine (EUA/2006)
Resenhas sobre filme Pequena Miss Sunshine (EUA/2006)Resenhas sobre filme Pequena Miss Sunshine (EUA/2006)
Resenhas sobre filme Pequena Miss Sunshine (EUA/2006)
 
Blog apresentação
Blog   apresentação Blog   apresentação
Blog apresentação
 
Prova alceu 2014 7ºb 1ºbim
Prova alceu 2014 7ºb 1ºbimProva alceu 2014 7ºb 1ºbim
Prova alceu 2014 7ºb 1ºbim
 
Prova 7ºanos 1ºbi silvana
Prova 7ºanos 1ºbi   silvanaProva 7ºanos 1ºbi   silvana
Prova 7ºanos 1ºbi silvana
 
Rp 235.000 per orang all in, info harga bali rafting,info harga bali arung j...
Rp 235.000 per orang all in,  info harga bali rafting,info harga bali arung j...Rp 235.000 per orang all in,  info harga bali rafting,info harga bali arung j...
Rp 235.000 per orang all in, info harga bali rafting,info harga bali arung j...
 
áLbum de fotos pinhão
áLbum de fotos pinhãoáLbum de fotos pinhão
áLbum de fotos pinhão
 
Publicação Mensal
Publicação MensalPublicação Mensal
Publicação Mensal
 
Era vargas
Era vargasEra vargas
Era vargas
 
Outsourcing barimtlah chiglel
Outsourcing barimtlah chiglelOutsourcing barimtlah chiglel
Outsourcing barimtlah chiglel
 
SEC communicatie 101
SEC communicatie 101SEC communicatie 101
SEC communicatie 101
 
Technogarden
TechnogardenTechnogarden
Technogarden
 
Wi max technology
Wi max technology Wi max technology
Wi max technology
 
จินตนาการกลุ่มที่10
จินตนาการกลุ่มที่10จินตนาการกลุ่มที่10
จินตนาการกลุ่มที่10
 
Vizinhos Preparados para o Pior
Vizinhos Preparados para o PiorVizinhos Preparados para o Pior
Vizinhos Preparados para o Pior
 
โครงการระบบบริหารจัดการเครือข่ายอัจฉริยะ (Inms)
โครงการระบบบริหารจัดการเครือข่ายอัจฉริยะ (Inms)โครงการระบบบริหารจัดการเครือข่ายอัจฉริยะ (Inms)
โครงการระบบบริหารจัดการเครือข่ายอัจฉริยะ (Inms)
 
Queragama
QueragamaQueragama
Queragama
 
Conflitos amb.trab
Conflitos amb.trabConflitos amb.trab
Conflitos amb.trab
 

Topoguía Galego

  • 1. TOPOGUÍA Rede de Sendeiros e Rutas Cicloturísticas da “Ruta do Viño do Ribeiro” RUTA AZUL RUTA VERDE RUTA VERMELLA RUTA ACCESIBLE
  • 2. Título: Rede de Sendeiros e Rutas Cicloturísticas Edita: Concello de Ribadavia Proxecto cofinanciado con fondos FEDER Creación de contidos. Textos: ServiTerra Enxeñería S.L Deseño e Maquetación : ServiTerra Enxeñería S.L Ano: 2011
  • 3. A historia do Ribeiro dende hai décadas está intimamente ligada á do viño, produto arredor do cal xirará toda a economía da comarca. Por unha e outra parte do Avia, especialmente nas baixas pendentes, boa parte das terras están ocupadas por viñedos, principal recurso existente en moitas das parroquias. Estes viñedos forman unha asombrosa paisaxe moi característica da nosa comarca. Para que a poboación en xeral poda gozar desta paisaxe xunto coas numerosas posibilidades de ocio e lecer existentes na comarca xérase a “Rede de Sendeiros e Rutas Cicloturísticas da Ruta do Viño do Ribeiro”. O percorrido de calquera destas rutas que forman parte da rede levaranos a coñecer, entre outros, lugares enigmáticos como Pazos de Arenteiro ou de gran interese natural como as termas de Prexigueiro. Sen esquecernos das numerosas adegas que poboan a nosa comarca, adegas que atesouran saberes tradicionais e que dan un sabor especial aos nosos viños.
  • 4. Indicacións para non perderse A sinalización de calquera destas rutas segue unha mesma tipoloxía para facilitar a comprensión das mesmas. Durante o percorrido das rutas podemos atopar diferentes tipos de sinais que nos van indicar se o camiño polo que imos é o correcto, se estamos no camiño incorrecto ou nun lugar que teña algún tipo de interese especial: natural, cultural, entográfico… Cada unha destas sinais, dependendo da ruta pola que vaiamos pode ser de catro cores diferentes: Cor Verde: Toda a sinalización que atopemos con esta cor quere dicir que estamos dentro do percorrido da Ruta Verde. Cor Azul: Estamos dentro do percorrido da Ruta Azul. Cor Vermella: Estamos no percorrido da Ruta Vermella. Cor Azul e Vermella: Estamos nunha parte do percorrido no que a Ruta Azul e a Ruta Vermella coinciden. Cor Morada: Estamos dentro da Ruta Accesible. Os tipos de sinais que podemos atopar nos trazados das rutas son os seguintes: BALIZAS; son postes de madeira cunha placa de metacrilato na parte superior onde vai aparecer sempre a cor correspondente a cada ruta xunto co logo da Ruta do Viño do Ribeiro. No caso de atoparnos no camiño correcto, atoparemos dúas liñas en sentido paralelo e no caso de atoparnos no camiño incorrecto dúas liñas en forma de aspa.
  • 5. Camiño correcto Camiño incorrecto Exemplo de baliza na Exemplo de baliza na Ruta Verde Ruta Verde Xunto coas balizas sempre vai aparecer o logo da Ruta do Viño e a cor correspondente a cada ruta. MARCAS DE PINTURA; as marcas de pintura ao igual que as balizas vannos indicar se o camiño polo que imos é o correcto ou non. Estas marcas están localizadas polo xeral en postes da luz, muros ou rochas que se atopan no camiño. As marcas poden ser de dous tipos: Camiño correcto: Camiño incorrecto: Caracterízase por incluír dúas liñas Caracterízase por incluír dúas liñas en paralelas horizontais de aproximadamente forma de aspa. O aspa que aparece por 5 cm de longo. A franxa superior é de cor riba é de cor branca e a franxa de branca e a franxa inferior vai levar a cor abaixo leva a cor característica da ruta que lle corresponda a ruta que esteamos que esteamos facendo: verde, azul, facendo: verde, azul, vermella ou morada. vermella ou morada. Exemplo de marca de pintura de Exemplo de marca de pintura de camiño correcto na Ruta azul. camiño incorrecto na Ruta azul.
  • 6. FRECHAS; As frechas que imos a atopar en cada unha das rutas son indicadoras de lugares ou puntos de interese natural, cultural e/ou etnográfico. Asemade poden indicarnos establecementos adheridos á Ruta do Viño do Ribeiro que se atopen preto do lugar onde estea localizada a frecha. As frechas indican a dirección que temos que seguir para chegar a un lugar ou punto de interese e a distancia á que se atopa o mesmo. As frechas van levar sempre un recadro co logo da Ruta do Viño do Ribeiro coa cor que lle corresponde dependendo da ruta da que se trate: verde, azul , vermella ou morada. MODELO 1: A frecha indícanos un MODELO 2: A frecha indícanos un lugar, a distancia, a dirección a seguir e establecemento adherido á Ruta do a cor da ruta na que estamos. Ruta Viño do Ribeiro, a dirección, a Verde. distancia a seguir e a cor da ruta na que estamos. Ruta Vermella.
  • 7. PANEIS DE INICIO E FINAL DE RUTA; Ao inicio e ao final de cada ruta imos atoparnos uns paneis de madeira cunhas dimensións de 1 x 0.7 m e que nos van indicar unha serie de características da ruta. Cada panel ao igual que o resto da sinalización será de diferente cor dependendo da ruta na que nos atopemos: verde, azul ou vermella. No caso da Ruta Accesible, en lugar de paneis imos atopar atrís de madeira de cor morada pero cos mesmos contidos que en todas as rutas. Os contidos dos paneis e dos atrís son os seguintes:  Percorrido e trazado total da ruta.  Perfil topográfico da ruta.  Establecementos adheridos á Ruta do Viño do Ribeiro que podemos atoparnos durante o trazado.  Pequena referencia relacionada coas castes da uva autóctona, o tipo de traballos que se realizan nos viñedos ou ben unha referencia ao poemario galego. Debuxo 1: Panel de Inicio localizado ao comezo da Ruta azul.
  • 8. A continuación podemos ver unha serie de fotografías da sinalización que nos podemos atopar ao longo do percorrido das rutas dependendo da que esteamos facendo en cada momento: FOTO 1: Baliza de camiño FOTO 2: Frechas indicadoras de dirección correcto na Ruta Verde. das Rutas Azul, Vermella e coincidentes Azul- Vermella. FOTO 3: Panel de inicio na Ruta azul.
  • 9. FOTO 4: Frecha indicadora de dirección de Establecemento na Ruta Verde. FOTO 6: Baliza de camiño incorrecto na Ruta Verde FOTO 5: Baliza de camiño no parque de A Veronza. correcto na Ruta coincidente Azul-Vermella FOTO 7 e 8: Marcas de pintura de camiño correcto e incorrecto respectivamente na Ruta Verde.
  • 11. Características xerais da ruta A ruta verde ten un trazado circular cun percorrido total de 35 quilómetros. Recoméndase realizar a ruta no sentido indicado no mapa e seguindo a descrición desta topoguía. Para evitar perderse polo camiño o trazado atópase sinalizado en todo o percorrido. A sinalización que podemos atopar ao longo desta ruta é a que ven descrita ao comezo desta guía e é sempre de cor verde. O percorrido desta ruta vainos levar a coñecer lugares ateigados de campos de viñedos que definen a paisaxe da comarca do Ribeiro. Viñedos nos que brotan as castes de uva autóctona que van dar un sabor especial aos nosos viños. Ademais de viñedos pasaremos por vilas medievais, igrexas románicas, fermosas carballeiras, fragas, zonas de ribeira e aldeas abandonadas que aínda hoxe en día, conservan o encanto e a maxia sempre chea de vellas lendas tan características da nosa Terra. Durante o trazado de toda a ruta iremos atopando diferentes establecementos onde poderemos degustar un viño do Ribeiro, unha boa comida tradicional galega ou parar a pernoctar para continuar ao día seguinte o noso camiño. COORDENADAS XEOGRÁFICAS PUNTO DE SAÍDA E CHEGADA Latitude 42°17'46.06"N Lonxitude 8° 8'16.13"W
  • 12. Descrición do percorrido PKm 0- A Ruta ten o seu inicio no Concello de Ribadavia, no Parque de A Veronza. Seguimos o camiño de terra que atravesa o parque en dirección a San Cristovo de Regodeigón. PKm 2,07 - No campo de fútbol de San Cristovo a ruta bifúrcase. Cara a esquerda imos en dirección ao Concello de Beade que é o sentido recomendado da ruta e o que se seguirá nesta descrición. Seguindo de fronte vaise en dirección a San Clodio, parroquia pertencente ao concello de Leiro. Pkm 2,37- Atravesamos a estrada polo paso de peóns e seguimos de fronte pola parroquia de San Cristovo para continuar a ruta por camiños que discorren entre viñedos. PKm 4,17- Cruce de catro camiños. Neste punto a ruta segue polo camiño ascendente que segue de fronte. Á dereita atopamos a adega Cooperativa San Roque de Beade. PKm 4,45- Chegamos ao Pavillón de Deportes do Concello de Beade. Seguimos de fronte para internarnos na vila de Beade despois de atravesar a estrada. Seguindo o trazado da ruta podemos visitar a Adega de Manuel Formigo e despois de cruzar a estrada ascendemos de fronte cara a adega Arco da Vella a Adega do Eladio.
  • 13. PKm 5,76 -Pasada a adega collemos o camiño da dereita que descende ata chegar ao Calvario e á Igrexa de Beade. Seguimos polo carreiro que continúa pola esquerda da igrexa e que nos levará a abandonar o Concello de Beade para internarnos no Concello de Leiro. Foto 1: Igrexa de Beade PKm 6,18 - Xa no Concello de Leiro chegamos á adega Pazo de Vieite. Seguimos de fronte polo camiño que nos levará á vila de Vieite. Continuamos pola estrada que atravesa esta vila e ascendemos cara a Igrexa. Continuamos ascendendo e ao chegar a “O Priorato” tomamos o camiño á dereita que pasa entre viñedos para posteriormente tomar un carreiro á esquerda que se adentra entre máis viñedos. PKm 8,19 - Atravesamos estes viñedos ata chegar á aldea abandonada de O Ibedo. Neste punto continuamos polas sendas que atravesan as fragas ata chegar á aldea de Barzamedelle onde atopamos unha fonte e un lugar fresco onde poder descansar. Atravesamos a aldea e descendemos cara a estrada principal onde collemos á esquerda para chegar ao centro da vila de Leiro.
  • 14. PKm 10,7- Pasado o centro da vila de Leiro chegamos ao cruce onde está a oficina de Correos. Neste punto da ruta o trazado divídese en dous. Se se vai a pé subimos polo camiño da esquerda, atravesamos o camiño Real e che- gamos á parroquia de Lebosende. Se se vai en bicicleta continuamos de fron- te ata tomar a estrada que leva directamente a Pazos de Arenteiro no Conce- llo de Boborás. PKm 11,5- Tras percorrer o tramo de Camiño Real chegamos á parroquia de Lebosende onde tomamos o camiño ascendente á dereita que atravesa a parroquia e os seus viñedos. Continuamos polos carreiros dos montes de Ribeira ata chegar a Pazos de Arenteiro no concello de Boborás. PKm 15,8- En Pazos de Arenteiro ciclistas e camiñantes atópanse de novo no camiño. Atravesamos o río Avia e ascendemos cara o centro da vila tomando o camiño da dereita que nos levará ata as portas do aloxamento A Reitoral de Pazos. Continuamos polo camiño descendente que segue de fronte en dirección ao Pozo dos Fumes ata chegar á ponte do río Arenteiro. Foto 2: Ponte que cruza o río Arenteiro. Foto 3: Estatua de pedra no río.
  • 15. PKm 16,2- Atravesamos a ponte que atravesa o río Arenteiro e continuamos cara a dereita en dirección a Cabanelas, parroquia pertencente ao Concello de O Carballiño. PKm 16,9- Tras un pequeno ascenso por camiños entre fragas e acacias chegamos a unha pista de terra. Neste punto seguiremos cara a dereita descendendo paulatinamente para voltar a atoparnos co río Avia e seguir o camiño paralelo ao seu cauce que nos leva ata a central eléctrica de Cabanelas. PKm 19,7- Deixamos atrás a central eléctrica de Cabanelas e ascendemos ata alcanzar a estrada. Alí continuamos cara a dereita para chegar á Adega Alemparte situada na parroquia de Gomariz no concello de Leiro. Continuamos polo camiño que descende á dereita. PKm 20,6- Seguimos o camiño que discorre entre fragas e viñedos e que ascende cara a estrada. Na mesma collemos cara á dereita e camiñamos uns 100 metros pola beira ata chegar ao cruce que ascende á nosa esquerda cara a parroquia de Gomariz. Foto 4: Viñedos en Gomariz.
  • 16. PKm 21,5- Tras pasar a praza da parroquia de Santa María de Gomariz collemos o camiño da dereita que nos leva ata as portas da Adega Coto de Gomariz. Pasada a adega tomamos o camiño da dereita que atravesa numerosos campos de viñedos ata chegar á aldea de Cubilledo. PKm 22,6 - Na aldea de Cubilledo atravesamos a Praza da Pepa e collemos o camiño da dereita, atravesamos uns viñedos de grandes dimensións e tomamos o camiño que descende ata chegar ao cemiterio de San Clodio. PKm 24,7- No cemiterio tomamos cara a dereita e chegamos ao Mosteiro medieval de San Clodio onde temos aloxamento e restaurante. Seguindo o camiño ata a praza central de San Clodio debemos coller cara a esquerda pasando por diante do aloxamento Dona Blanca. Foto 5: Mosteiro de San Clodio. PKm 26,2- Unha vez abandonamos San Clodio, collemos a estrada que nos leva cara ao Concello de Cenlle. Seguindo este camiño temos a opción de visitar ou descansar na adega Viña Mein ou continuar ata chegar á aldea de Cuñas onde atopamos a adega Valdavia.
  • 17. PKm 27,2- Pasada a aldea de Cuñas tomaremos o camiño a man esquerda que leva directamente á estrada. Tras percorrer un tramo paralelo á mesma debemos atravesala para seguir a senda paralela ao río Avia. PKm 28,3- Continuamos polo camiño paralelo ao río Avia, xiramos á esquerda para atravesar a estrada por un túnel e ascender lixeiramente. No cruce posterior ao ascenso collemos cara a dereita para voltar a descender e atoparnos de novo á beira do río Avia. PKm 31,2- Seguimos o trazado da ruta que discorre paralelo ao río Avia pola parroquia de Esposende pertencente ao Concello de Cenlle. Seguindo este camiño chegamos ao Concello de Ribadavia, atravesando as parroquias de Esposende e Camporredondo en dirección á Quinza. PKm 32,7- Seguindo o camiño trazado chegamos á ponte de A Quinza, onde podemos parar a comer no restaurante A Quinza. Atravesamos o río Avia pola ponte e collemos cara a esquerda en dirección ao campo de futbol de San Cristovo. PKm 33,0- No campo de fútbol seguimos a dirección de Ribadavia ata chegar ao parque de A Veronza onde finaliza a ruta. PKm 35, 0- Final da ruta. Chegamos ao parque de A Veronza. Foto 6: A Veronza
  • 19. Características xerais da ruta A Ruta Azul é de tipo lineal polo que o punto de partida e o de chegada non coinciden. O inicio da Ruta está marcado en Santa Cruz de Arrabaldo e o punto de chegada en Prexigueiro (concello de Ribadavia). O percorrido total da ruta é de 27.8 Km. Para evitar perderse polo camiño o trazado atópase sinalizado en todo o percorrido. A sinalización que podemos atopar ao longo desta ruta é a que ven descrita ao comezo desta guía e é sempre de cor azul. Esta ruta caracterízase pola presenza constante do río Miño ao longo de todo o seu percorrido e os numerosos regos que desembocan nel. É nestas augas onde podemos atopar as termas características do Ribeiro, orixinadas pola ascensión de augas quentes e sulfurosas a través de solos graníticos. Nesta ruta, ao igual que nas outras que se describen nesta topoguía, podemos atopar ao longo dos percorridos das mesmas diferentes establecementos onde vamos poder degustar os viños do Ribeiro, dunha boa comida tradicional galega, das augas sulfurosas dos nosos balnearios… C X SAÍDA O E O O Latitude 42°20'40.57"N R G D R Lonxitude 7°58'50.08"W E Á N F CHEGADA A I D C Latitude 42°15'10.08"N A A Foto 1: Augas sulfurosas en Prexigueiro S S Lonxitude 8°10'3.12"W
  • 20. Descrición do percorrido PKm 0- Para comezar o percorrido desta ruta debemos partir dende Santa Cruz de Arrabaldo lugar pertencente ao Concello de Ourense. Iniciamos a ruta ascendendo pola estrada que nos leva ata a adega Pazo Casanova e tomamos o camiño da esquerda. PKm 0,28- Pasado o camiño chegamos á estrada principal. Atravesamos a estrada e continuamos uns metros en sentido ascendente para xirar á esquerda polo camiño que nos afasta da estrada. PKm 1,66 - Seguimos o camiño sen desviarnos do seu trazado ata chegar de novo á estrada. Neste punto xiramos á dereita, pasamos por debaixo da ponte da autovía e camiñamos uns metros ata coller unha estrada secundaria paralela á estrada principal. PKm 2,75- Continuamos polo camiño ata chegar á ponte que cruza o río Barbantiño. Neste punto abandonamos o Concello de Ourense para internarnos na parroquia de Barbantes, no Concello de Punxín . PKm 3,60- Pasada a ponte ascendemos ata chegar á estrada. Collemos á esquerda, continuamos pola beirarrúa 250 metros e atravesamos a estrada para tomar o camiño da dereita que nos leva ata a estrada principal. Neste punto recoméndase facer o percorrido pola marxe esquerda da calzada, levar roupa ben visible e chaleco reflector. Foto 2: Chaleco Reflector
  • 21. PKm 4,47- Abandonamos o Concello de Punxín e chegamos ao pobo de Barbantes Estación, pertencente ao Concello de Cenlle. Continuamos pola estrada ata chegar a un hórreo onde tomaremos o camiño que descende á nosa esquerda e que nos levará ao inicio do paseo fluvial. PKm 4,56- Xa no paseo fluvial podemos gozar da beleza da paisaxe que nos ofrece o río Miño e da vexetación característica desta contorna. O paseo ten unha lonxitude aproximada de 3 quilómetros. Foto 2: Encoro de Castrelo de Miño Foto 3: Encoro de Castrelo de Miño visto dende o paseo de Barbantes Estación.
  • 22. PKm 7,45- Tras percorrer o sendeiro fluvial chegamos ao Balneario de Laias, continuamos polo camiño que pasa por debaixo da ponte da vía do tren e que ascende cara a parroquia de Laias. PKm 8,00- Unha vez chegamos á estrada, atravesámola e continuamos en sentido ascendente ata coller o camiño que discorre paralelo á autovía e que nos levará ata a gasolineira de Laias. PKm 9,58- Seguimos uns 200 metros pola estrada e atravesámola para tomar o camiño que descende á esquerda. Seguindo este camiño chegamos á aldea de Razamonde. PKm 11,5 - Seguimos as indicacións da sinalización e atravesamos a aldea de Razamonde. Pasamos por debaixo da estrada ata chegar a un lavadoiro onde continuamos polo camiño da esquerda que nos leva entre viñedos ata a estrada. Camiñamos uns 200 metros cara a dereita e collemos o camiño da esquerda. Entramos na aldea de Xubín. PKm 12,3- Pasada a aldea de Xubín e os viñedos que a rodean voltamos a ascender á estrada onde colleremos á esquerda e continuamos uns 400 metros. Este é un tramo que discorre pola estrada polo que é convinte tomar as precaucións adecuadas. PKm 12,7- Abandonamos a estrada e collemos o camiño da esquerda. Atravesamos campos de viñedos ata chegar ao parque de Trasariz e o edificio do Concello de Cenlle.
  • 23. PKm 13,5- Continuamos á esquerda pola estrada ata chegar ao cruce coa estrada principal onde voltamos a xirar á esquerda. Este tramo da ruta vai pola estrada polo que é convinte facelo con precaución. PKm 14,5- Deixamos a estrada principal para desviarnos á esquerda. Abandonamos o Concello de Cenlle para internarnos en Sanín no Concello de Ribadavia. PKm 16,4- Seguimos o trazado da ruta, atravesamos a vila de Sanín e internámonos nos campos de viñedos que bordean a conca do río Miño. Podemos visitar a adega Parente García desviándonos uns 200 metros do percorrido á altura da aldea de As Chavolas no Concello de Ribadavia. Pasa- mos pola ponte que cruza a vía do tren e continuamos polo sendeiro que discorre á beira do encoro de Castrelo de Miño. Foto 4: Viñedos á beira do Encoro PKm 19,0 - Neste punto da ruta coinciden os trazados da ruta azul e da vermella polo que a sinalización é común para as dúas rutas. Ascendemos polo camiño da dereita que nos leva cara a San Paio de Ventosela. Chegamos á estrada e seguimos uns 200 metros cara á esquerda, atravesamos a estrada e tomamos o camiño que descende á nosa dereita.
  • 24. PKm 20,2- Continuamos polos camiños que percorren San Paio, atravesamos a vía do tren ata chegar á estrada. Collemos á esquerda seguindo a canle do río Avia que nos levará cara o centro da vila de Ribadavia. Foto 5: Vista de Ribadavia dende a Ponte de San Francisco. PKm 21,7- Seguindo a senda que discorre paralela ao río Avia chegamos á Ponte de San Francisco. Atravesamos o río Avia cruzando a ponte e baixando de novo cara o paseo fluvial de Ribadavia en dirección á desembocadura do Avia. Foto 6: Desembocadura do río Avia no río Miño PKm 24,1- Abandonamos a beira do Río Miño para coller á dereita e ascender cara a parroquia de Francelos. Xa na parroquia collemos a estrada cara a esquerda en dirección ao campo de fútbol.
  • 25. PKm 25,0- Bordeando o campo de fútbol chegamos á estrada. Continuamos cara a esquerda con moita precaución en dirección á aldea de Prexigueiro. Pkm 25,9- Abandonamos momentaneamente a estrada e descendemos cara a minicentral eléctrica. PKm 26,4- No cruce da minicentral collemos o camiño de asfalto que ascende á dereita cara a estrada. Atravesamos a estrada con precaución e tomamos o camiño da esquerda que ascende cara a aldea de Prexigueiro. PKm 27,2- Pasamos por debaixo da ponte da estrada e internámonos no núcleo da aldea de Prexigueiro. Neste punto collemos cara a esquerda e continuamos uns 200 metros ata chegar a outro cruce no que colleremos cara a dereita e descenderemos cara as termas naturais de Prexigueiro. PKm 28,0- Fin da ruta. Chegamos as termas naturais de Prexigueiro onde podemos gozar dun descanso bañándonos nas pozas de auga morna e sulfurosa. Fotos 7 e 8: Fotos das Termas de Prexigueiro.
  • 27. Características da ruta A Ruta Vermella caracterízase por ser de tipo lineal; o punto de saída e o de chegada non coinciden. Ten un percorrido total de 13 Km. O trazado desta ruta discorre por dous concellos; o concello de Castrelo de Miño e o concello de Ribadavia. Igual que nas anteriores rutas, ao longo de seu percorrido poderemos gozar dos diferentes establecementos que nos iremos atopando, tales como, adegas, bares, restaurantes, casas rurais… O sentido que se recomenda para realizar esta ruta é o que ven marcado no mapa do principio xa que é unha ruta na que o desnivel que hai que sortear ao longo de seu trazado é moi elevado, sendo mais fácil en sentido ascendente. Para evitar perderse polo camiño o trazado atópase sinalizado en todo o seu percorrido. A sinalización que podemos atopar ao longo desta ruta é a que ven descrita ao comezo desta guía sendo sempre de cor vermella. Ao comezo desta ruta poderemos observar a extensión de terreos adicados a viñedos máis grande da Comarca do Ribeiro. Estas terras constitúen un exemplo de xestión e de recuperación de terreos non produtivos. COORDENADAS XEOGRÁFICAS SAÍDA CHEGADA Latitude 42°18'5.52"N Latitude 42°17'25.46"N Lonxitude 8° 3'21.25"W Lonxitude 8° 8'31.30"W
  • 28. Descrición do percorrido PKm 0- A Ruta Vermella parte desde As Bouzas, aldea pertencente ao Concello de Castrelo de Miño. Partimos dende os viñedos que ocupan unha das maiores superficies de toda Galicia e descendemos cara Parada pola estrada. Foto 1: Extensión de viñedos en As Bouzas Foto 2: Paseo que percorre os viñedos nas Bouzas. Pkm 1,19- Abandonamos a estrada para internarnos no camiño da nosa dereita. Atravesamos a aldea de Parada e os seus viñedos para seguir o noso camiño cara O Souto. PKm 4,0 - Seguimos o percorrido da ruta sen desviarnos da estrada ata chegar á aldea de Santo Estevo. Durante o camiño poderemos gozar dunhas vistas espectaculares do conxunto paisaxístico formado polo encoro de Castrelo de Miño e os viñedos que o envolven.
  • 29. PKm 4,7- Deixamos atrás Santo Estevo e continuamos o percorrido a través do camiño que toma cara a esquerda ao finalizar a aldea. Atravesamos viñedos e zonas de pequenas fragas ata chegar a Barral. Ao entrar na parroquia poderemos gozar do viño do Ribeiro na Adega Eduardo Peña. PKm 5,38- Continuamos pola estrada que atravesa Barral e despois dunha curva moi pechada collemos un camiño estreito a nosa esquerda. Ao comezo deste camiño atopamos a adega Pousadoiro e, polo mesmo, descendemos directamente á estrada de Castrelo de Miño. Neste cruce continuaremos de fronte para seguir a ruta polo paseo que bordea o encoro de Castrelo de Miño. PKm 5,80- Seguindo o paseo chegamos ao Club Naútico Castrelo de Miño, lugar ideal para facer un pequeno descanso ou gozar das actividades de ocio que oferta o clube. Fotos 3 e 4: Instalacións deportivas do Club Náutico de Castrelo de Miño.
  • 30. PKm 6,07- Pasado o Club Náutico continuamos o percorrido tomando o camiño da esquerda que vai cara a estrada. Unha vez na estrada xiramos á dereita. Aquí atopámonos con dous establecementos onde poderemos gozar do sabor dos viños do Ribeiro, o Bar Ludeiro e o Café-Bar Parque. PKm 6,32- Seguimos o camiño pola beirarrúa da estrada principal de Castrelo de Miño durante uns 300 metros e atravesamos a estrada para coller o camiño que ascende á nosa esquerda. PKm 7,34- Atravesamos os lugares de Cortiñas e O Pazo por camiños entre viñedos para descender de novo. No cruce, atravesamos a estrada e continuamos polo camiño que continúa de fronte e descende de novo cara a beira do encoro de Castrelo de Miño. PKm 7,9 - Seguimos polo camiño e a uns 400 metros tomamos o camiño da esquerda que ascende cara a estrada. Atravesamos a estrada e continuamos de fronte polo camiño que nos leva cara Santa Mariña. PKm 8,07- Chegamos ao centro de Santa Mariña. Recoméndase desviarse uns 150 metros do percorrido da ruta e visitar a Igrexa de Santa Mariña. Foto 5: Igrexa de Santa Mariña
  • 31. PKm 8,76- Pasada a aldea de Santa Mariña o percorrido continúa polo camiño que leva cara O Ponto, onde tomaremos a senda que descende á nosa dereita cara o encoro. Seguindo o trazado chegamos á Ponte de Santa Cristina que atravesa o río Miño e desde onde se pode observar a presa hidráulica de Castrelo de Miño. PKm 9,55- Atravesada a ponte internámonos no Concello de Ribadavia. Continuamos pola estrada ata chegar a un camiño de terra que collemos á nosa dereita. PKm 10,8 - Continuamos polo sendeiro que discorre pola beira do encoro de Castrelo de Miño ata chegar a un cruce de pistas. Neste punto únense os trazados da Ruta Vermella e da Ruta Azul, sendo a sinalización común para ámbalas dúas rutas. Tomamos o camiño que ascende á nosa esquerda. Foto 6: Vistas do encoro dende o sendeiro que discorre á beira do mesmo. PKm 11,0- Seguimos o camiño que ascende ata á estrada de San Paio de Ventosela e xiramos á esquerda. Continuamos uns 200 metros pola beirarrúa ata coller o camiño que descende á dereita.
  • 32. PKm 12,1- Continuando o trazado do camiño atravesamos San Paio entre as casas e os viñedos ata chegar ao cruce coa estrada. Neste punto xiramos á esquerda e continuamos o percorrido pola beira do Río Avia en dirección a Ribadavia. PKm 13,0- Final da ruta. Continuando pola senda, pasamos por detrás do Pavillón de Deportes do Concello de Ribadavia ata chegar á ponte de San Francisco onde finaliza a ruta. Pasando a ponte internámonos no casco vello de Ribadavia onde poderemos gozar dun gran número de establecementos asociados á Ruta do Viño do Ribeiro. Recoméndase tamén facer un percorrido pola vila para contemplar os lugares de interese cultural que nela atopamos. Foto 7: Ribadavia. Paseo fluvial do Avia. Foto 8: Ribadavia. Praza Maior.
  • 33. Foto 9 e 10: Castelo de Ribadavia Foto 11 e 12: Vista do Barrio Xudeo de Ribadavia
  • 35. Características xerais da ruta Unha vez descritas parte das rutas que forman parte desta rede, pasamos a describir a Ruta Accesible para persoas con deficiencias motoras. Ademais da descrición desta ruta, ao final deste apartado imos poder ver un listado dos establecementos localizados dentro de todas as rutas proxectadas nesta topoguía e que son accesibles a persoas en cadeira de rodas. Para non perdernos só temos que seguir a sinalización de cor morada co símbolo da cadeira de rodas ademais de seguir as indicacións que veñen a continuación: RUTA ACCESIBLE: Punto de saída Ribadavia Punto de chegada Francelos Distancia total = 3.24 Km Dificultade: Baixa Sinalización: De cor morada e co símbolo Esta ruta coincide dentro do seu trazado con tramos da ruta azul. Este é o motivo polo que veremos unha soa baliza pero con dúas placas indicando cada unha delas a ruta que temos que seguir ( Ruta Azul nun caso e Ruta Accesible noutro caso). COORDENADAS XEOGRÁFICAS SAÍDA (Ribadavia) CHEGADA (Francelos) Latitude 42°17'36.68"N Latitude 42°16'36.03"N Lonxitude 8° 8'29.44"W Lonxitude 8° 9'20.53"W
  • 36. Descrición do percorrido Pkm 0. Tomamos como punto de partida Ribadavia en dirección Francelos ( a ruta pódese facer nos dous sentidos) á altura do comezo do paseo fluvial do río Avia. A nosa ruta discorre sempre á beira do Avia utilizando o camiño de terra que bordea Ribadavia en sentido Francelos. “ Ribadavia é a capital do Ribeiro, unha vila histórica onde o visitante pódese deixar perder polas rúas empedradas nas que aínda sobreviven as pegadas dunha importante presenza xudía que data do medievo. Conta coa declaración de conxunto histórico artístico desde 1947 é unha boa mostra dun pasado glorioso e da historia dunha comarca que ten no viño a súa razón de ser, un produto de alta calidade situado entre os mellores caldos brancos do mundo, cuxa fama universal levou o nome de Galicia ás mellores mesas durante moitos séculos “. “ A poboación xudea estableceuse en Ribadavia no século XI. Esta poboación aumentou e desenvolveuse durante os séculos XII e XIII, ao chegar ao século XIV aparece unha poboación xudea de 1.500 habitantes, a metade do total dos da vila, segundo o cronista Froissar; e tan compenetrados estaban coa poboación cristiá que vivían unhas e outras en harmonía fóra do relixioso”.
  • 37. PKm 0.40. Pasamos por debaixo da Ponte de San Francisco. Doutro lado da beira do Avia podemos ver un cartel de ruta grande que corresponde co final da Ruta Vermella. Nós temos que continuar polo noso camiño, a partir de agora vamos ver tamén indicacións da Ruta Azul. PKm 1.3. Continuamos o noso percorrido sempre seguindo as nosas indicacións. Neste punto podemos ver como o río Avia desemboca no río Miño xerando unha fermosa paisaxe. PKm 3. Neste punto chegamos a unha bifurcación de camiños. Polo camiño que queda á nosa esquerda continúa a Ruta Azul. Nós temos que coller o camiño que queda á nosa dereita, para chegar en apenas 600 metros ao punto final da ruta. PKm 3.24. Final da ruta. Chegamos á parroquia de Francelos, punto final da Ruta Accesible. O mellor lugar para rematar esta ruta é a Capela de San Xes de Francelos; pequena capela visigótica que orixinariamente pertencía a un antigo mosteiro medieval hoxe en día desaparecido. A súa importancia e valor reside en que nas reconstrucións aproveitáronse elementos decorativos e a r qu i te c t ó n i c o s prerrománicos procedentes de edificacións anteriores. Foto 1: Capela de San Xes de Francelos.
  • 38. Establecementos con accesos para persoas con deficiencias motoras: Os establecementos aos que facemos referencia a continuación podemos atopalos durante o percorrido de calquera das rutas descritas nesta guía. Os establecementos que van aparecer son só aqueles que se atopan adheridos á Ruta do Viño do Ribeiro e que teñen a indicación de lugar accesible para persoas con deficiencias motoras. OFERTAS COMBINADAS: NOME ESTABLECEMENTO LOCALIZACIÓN RUTA NO QUE SE ATOPA Aloxamento Rural Viña Meín San Clodio s/n Leiro Ruta Verde 32420 Leiro. Ourense Hotel Monumento San San Clodio s/n Leiro Ruta Verde Clodio 32420 Leiro. Ourense Restaurante San Clodio. Hotel Balneario Laias Carretera N120 Km 585 Ruta Azul Caldaria e Restaurante. 32459 Laias. Cenlle. Ourense
  • 39. ADEGAS: NOME ESTABLECEMENTO LOCALIZACIÓN RUTA NO QUE SE Eduardo Peña Lugar de Barral s/n Ruta Vermella 324030 Castrelo de Pousadoiro A Capela. Barral Ruta Vermella 32232 Castrelo de Parente García Lugar de As Chabolas Ruta Azul 22. 32454 Cenlle. Ourense. Manuel Formigo Cabo da Vila,49. Ruta Verde 32431 Beade. Ourense Alemparte r/Lg. Gomariz Ruta Verde 32429 Gomariz, Leiro Ourense ALOXAMENTOS: NOME ESTABLECEMENTO LOCALIZACIÓN RUTA NO QUE SE ATOPA A Reitoral de Pazos Pazos de Arenteiro s/n Ruta Verde 32514 Boborás. Ourense
  • 40. LECER TEMÁTICO: NOME ESTABLECEMENTO LOCALIZACIÓN RUTA NO QUE SE ATOPA A Tafona da Herminia Travesía Porta Nova 2 Ruta Azul e Vermella 32400 Ribadavia Club Náutico Castrelo de Alejandro Ferrer s/n Ruta Vermella Miño 32430 Castrelo de Miño. Ourense Fotos 2 e 3: Paseo fluvial do río Avia ao seu paso por Ribadavia
  • 41. PRÁCTICOS CONSELLOS Planificar antes de iniciar a ruta, as paradas que se van facer ao longo do seu trazado. Levar sempre calzado cómodo con nós e vestimenta axeitada. Levar un teléfono móbil para estar localizadas/os no caso de necesidade. Levar sempre auga con nós. Levar chaleco reflector e roupa visible naqueles tramos que van transcorrer pola estrada. TELÉFONOS DE INTERESE Emerxencias 112 Incendios Forestais 085
  • 42. NON ESQUEZAS ...  Deixa os lugares polos que pases como te gustaría atopalos a ti.  Segue os camiños sinalizados evitando pasar por campos de cultivos e erosionar outros terreos ao teu paso.  Respecta a fauna e flora da natureza galega para poder gozar sempre dela.  Recolle os refugallos que xeres para botalos no lugar axeitado.  Procura levar alimentos xa preparados ou fríos. O lume propágase moi rápido.  Realiza unha revisión completa da bicicleta no caso de querer realizar as rutas desta maneira e consulta a previsión metereolóxica.  Protéxete utilizando o casco na bicicleta. MAIS INFORMACIÓN Oficina de Turismo de Ribadavia 988.47.12.75 Concello Ribadavia 988.47.71.00 www.ribadavia.es Información Metereolóxica. Xunta de Galicia www.meteogalicia.es
  • 43.
  • 44. Ruta do Viño do Ribeiro Trav. Ribeiro nº3, baixo 32.400 Ribadavia (Ourense) T (+34) 988.47.20.44 F 988.47.22.40 www.rutadelvinoribeiro.com ruta@rutadelvinoribeiro.com