SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 212
Descargar para leer sin conexión
ARISTÓTELES (384-322)
ARISTÓTELES (384-322)
0.  Introducción
1.  Contexto histórico
2.  Biografía
3.  Obra
4.  Influencias: semellanzas e
     diferencias con Platón
5. Pensamento
6. Textos
7. Glosario
8. Bibliografía
9. Páxinas web recomendadas
10. Exames de selectividade
11. Recursos audiovisuais
ARISTÓTELES (384-322)



0.    Introdución
0.        Introdución
Aristóteles       (384-322       a.C.)
ofrécenos     un     dos    sistemas
filosóficos máis completos e
profundos do pensamiento antigo.
A súa reflexión ocupouse de
tódalas áreas principais da filosofía
(metafísica, filosofía da natureza,
teoría do coñecemento, lóxica,
antropoloxía,      ética,     política,
estética...) e en tódolos eidos,
anque influido polo seu mestre
Platón, fixo aportacións orixinais.
0.        Introdución
A filosofía de Aristóteles (e a súa
expresión cristián na filosofía de
Tomé de Aquino) dominará o
pensamento       occidental,    tanto
filosófico como científico, ata a
aparición dos novos sistemas no
Renacemento (Galileo) e a Idade
Moderna (racionalismo, empirismo,
Kant), sen que estas novas filosofías,
sen       embargo     supoñan       a
desaparición completa da idea do
mundo e dos conceptos básicos
propostos 2.000 anos antes por
Aristóteles.                             Platón e Aristóteles
                                           segundo Rafael
ARISTÓTELES (384-322)



1. Contexto histórico
1. Contexto histórico

Aristóteles    vive    no
mesmo marco histórico
que o seu mestre
Platón, pois 43 anos os
separan.      Aristóteles
vive    a   época      de
esplendor e decadencia
da pólis ateniense.
                            O Partenón, símbolo
                            do esplendor da pólis
                                 ateniense
1. Contexto histórico
Mais Atenas caerá dentro do
dominio da pólis macedónica
de Alexandre Magno, ao igual
que o resto das pólis que
compoñían         a   Hélade.
Aristóteles fora mestre de
Alexandre. A morte do rei
macedónico marca o tránsito
entre a época clásica á época
helenística, onde aparecen
outros     valores   políticos,   Alexandre Magno
sociais e culturais.                  (353-323)
ARISTÓTELES (384-322)




2. Biografía
ARISTÓTELES (384-322)
ARISTÓTELES (384-322)


384. Nace en Estaxira,
   fillo de Nicómaco. O
   seu pai era o médico
   oficial da corte
   macedonia en Pela.
ARISTÓTELES (384-322)


367. Viaxa a Atenas e
   ingresa         na
   Academia platónica,
   onde permanecerá
   vinte anos.


                         A Academia de Platón
ARISTÓTELES (384-322)


347. Morre Platón. Marcha
   de Atenas para Asos e
   funda alí unha escola
   coa axuda do tirano
   Hermias. Logo vai a
   Mitilene, na illa de
   Lesbos, onde realiza
   estudios    sobre     a
   natureza con Teofrasto.

                             Teofrasto, sucesor
                              de Aristóteles na
                             escola peripatética
ARISTÓTELES (384-322)


343. Reclamado polo
   rei macedonio Filipo
   II para ser preceptor
   do       seu      fillo
   Alexandre,     futuro
   Alexandre Magno.



                             Alexandre Magno
ARISTÓTELES (384-322)


335. Volta a Atenas e funda o
    Liceo,    escola     que    se
    convertirá na grande rival da
    Academia       platónica.    A
    costume de impartir as
    clases dando un paseo polo
    redor dos xardíns fará que os
    seus      membros       sexan
    coñecidos                 como
    peripatéticos (de paseo).
ARISTÓTELES (384-322)


323.   Trala   morte   de
   Alexandre       Magno,
   prodúcese unha revolta
   antimacedónica      en
   Atenas. Aristóteles é
   acusado de impiedade.

                             Aristóteles dando clase a
                            Alexandre. Os seus contacto
                               coa corte de Macedonia
                              foi vital na súa acusación
ARISTÓTELES (384-322)


322. Morre en Calcis, a
   onde marchara desde
   Atenas. A dirección do
   Liceo      recaeu   en
   Teofrasto.




                            Teofrasto
ARISTÓTELES (384-322)



3. Obra
OBRA ARISTOTÉLICA

Os seus escritos divídense en dous
grandes grupos:

1. ESCRITOS EXOTÉRICOS.

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
OBRA ARISTOTÉLICA
1. ESCRITOS EXOTÉRICOS.
  Escritas durante os 20 anos que pasou na
  Academia platónica, presentan unha enorme
  débeda co seu mestre tanto na forma coma no
  contido.
  Na forma: trátase de DIÁLOGOS.
  No contido: defenden a teoría eidética do mestre
  en maior ou menor medida, así como a súa
  concepción do saber.
OBRA ARISTOTÉLICA

1. ESCRITOS EXOTÉRICOS.
  NON OS CONSERVAMOS (apenas
  fragmentos e títulos das obras) e estaban
  destiñados ao gran PÚBLICO.
  Son: Grillo ou da retórica, Eudemo ou da
  alma, Protéptico e da filosofía, Verbo das
  Ideas, Verbo da Filosofía.
OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
  SON OS QUE CONSERVAMOS; constitúen a
  base da actividade didáctica de Aristóteles, e
  polo tanto estaban destiñados a úso interno da
  escola.
  Chegaron ata nós a maior parte das obras da
  escola que versan sobre toda a problemática
  filosófica e sobre algunhas pónlas das ciencias.
OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
  A clasificación destas obras debémola a
  Andrónico de Rodas, daquela o director
  do Liceo (s. I a. C.), que as englobou por
  temas e os publicou.
OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
  Así, temos:
1.Uns tratados sobre lóxica, o ORGANON,
  composto polas obras: Categorías,
  Tópicos, Refutación Sofísticas, Verbo a
  interpretación, Analíticos Primeiros,
  Analíticos Segundos.
OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
2.Uns tratados sobre Física e Bioloxía:
  Física, Verbo do Ceo, Verbo da xeración e
  a corrupción, Metereoloxía, Historia dos
  animais,Verbo da Alma.
3. Un tratado de Metafísica ou Filosofía
  Primeira: Metafísica.
OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
4.Uns tratados sobre Ética e Política: Ética a
  Eudemo, Ética a Nicómaco, Política.
5. Uns tratados sobre Teoría da Arte:
  Poética, Retórica.
ARISTÓTELES (384-322)


4. Influencias:
   semellanzas e
   diferencias con
   Platón
3. Semellanzas                e diferencias
con Platón
 Diferencias coa concepción platónica:
 1. Aristóteles abandonou o ELEMENTO MÍSTICO-
 RELIXIOSO- ESCATOLÓXICO para proceder a un
 DISCURSO FILOSÓFICO máis RIGUROSO.
 2. Platón interesouse polas CIENCIAS MATEMÁTICAS
 (como os pitagóricos), pero non polas empíricas (agás a
 medicina). Aristóteles mostrou un interese moi vivo por
 case tódalas CIENCIAS EMPÍRICAS (e escaso aprecio
 polas matemáticas) e polos fenómenos en canto tales.
3. Semellanzas              e diferencias
con Platón
 Diferencias coa concepción platónica:
 3. Os diálogos platónicos son APORÉTICOS, a filosofía
 enténdese como unha busca sen pausa. Aristóteles
 emprende unha orgánica SISTEMATIZACIÓN das
 diversas aportacións, cunha clara distinción entre
 TEMAS e PROBLEMAS.
 4. Rexeita a DIALÉCTICA platónica por considerar que
 non é un proceder do necesario, senón do posible.
 Aboga pola DEMOSTRACIÓN que ten como esquema o
 SILOXISMO.
3. Semellanzas                e diferencias
con Platón
 Diferencias coa concepción platónica:
 5. Manteñen unha distinta concepción e valoración da
 phýsis: se os sofistas relegan a natureza como centro de
 atención da filosofía, Platón faina ocupar un segundo
 plano na realidade, por debaixo do MUNDO DAS IDEAS
 na que radica o Ser, a realidade plena. Con Aristóteles a
 natureza volta a ter un papel central no pensamento e
 prodúcese unha nova definición do que se entende por
 tal.
3. Semellanzas                         e diferencias
con Platón
 Diferencias coa concepción platónica:
 6. Rexeitamento da teoría das ideas:
 Rexeita que as ideas estén separadas das cousas (sexan tanscendentes a
 istas).Platón non consigue explicar nin a relación das ideas coas cousas
 sensibles, nin a xénese delas.
 Rexeita a teoría polo tipo de ideas que hai: Se para cada cousa ten que
 haber unha idea correspondente tamén existirán as Ideas de Relación (logo
 pérdese a unicidade da solución platónica); terá que haber ideas do
 positivo e do negativo. Polo tanto duplícanse os problemas a resolver.
 Aristóteles sostén que O SER DAS COUSAS, A SÚA ESENCIA, non está
 nas Ideas, nun mundo transcendente, senón NESTE MUNDO, NO MUNDO
 FÍSICO, SENSIBLE; e o SER por excelencia, a auténtica realidade, é
 concebida como SUSTANCIA, que se vai concretar na noción clave da súa
 filosofía.
3. Semellanzas                         e diferencias
con Platón
 Semellanzas coa concepción platónica:
 1. Comparten a CONCEPCIÓN DO COÑECEMENTO como
 COÑECEMENTO DO UNIVERSAL, e a identificación deste universal como
 principio das cousas.
 2. Céntrase no MUNDO DAS “COUSAS” INDIVIDUAIS (non da totalidade),
 e trata de explicar en QUE RESIDE O SER DESTAS, A SÚA ESENCIA
 (Sócrates: definicións universais; Platón: Ideas; Aristóteles: a forma).
 3. A transcendencia e INMORTALIDADE do entendemento axente.
 4. A superioridade da VIDA CONTEMPLATIVA.
 5. A superioridade da METAFÍSICA sobre a física.
 6. O vínculo da ÉTICA COA POLÍTICA.
ARISTÓTELES (384-322)


4.Clasificación
          das
     ciencias
4. Clasificación das
            ciencias
 A CIENCIA é o saber do UNIVERSAL e o NECESARIO.
 Clasifícaas en:

     Ciencias do Teóricas                  Matemáticas
     Necesario   (describen a              Física ou Filosofía
     (son as ciencias
                        esenciadas cousas) Natural
     en senso pleno)
                                           Filosofía 1ª (Metafísica)
                                                   Ética e Política
                        Prácticas
     Ciencias do        (tratan da conducta
                        humana e das súas
     Posible            accións)
     (tratan de aquel
     tipo de obxectos                              Poesía, retórica,
     que poden darse    Poéticas (de               gramática, arquitectura,
     ou non)            “poiesis”, facer; tratan
                        do relacionado coa         medicina, zapatería,...
                        producción)

            A LÓXICA é anterior a todas
ARISTÓTELES (384-322)




5. Lóxica
5. A LÓXICA
A Lóxica non é propiamente unha ciencia (non
aparece na clasificación destas), senón un
instrumento (organon) racional ao servicio das
demais ciencias. A lóxica aristotélica non é
puramente formal, é dicir,non é un estudio das
formas do pensar con independencia da
realidade, pois non está separada da
Metafísica:describe ao mesmo tempo as
estructuras do razoamento correcto e as
estructuras da realidade.
5. A LÓXICA

 Aristóteles é o fundador da
lóxica como disciplina, como
estudio sistemático do
razoamento.
5. A LÓXICA
 A Lóxica aristotélica comprende:
 1.Unha teoría dos enunciados, na que explica
 de que xeito construímos as nosas expresións
 lingüísticas.
 2. Unha teoría dos razoamentos na que di en
 que forma podemos asegurar a corrección das
 nosas deduccións e induccións: os siloxismos.
 3. Unha teoría das categorías, que estudia os
 diversos significados da noción do ser, facendo
 unha clasificación dos seres en función dos
 xéneros supremos.
5. A LÓXICA
1. Unha teoría dos enunciados:
 Aristóteles estudia os enunciados en Verbo da
interpretación. O obxecto deste tratado é o
discurso apofántico ou declarativo, é dicir,
aquela forma de discurso que desvea, que
amosa ás claras algunha faceta ou modo de ser
da cousa de que se fala.Mostrar abertamente,
en toques de ocultar: este é o sentido do verbo
apophaínein. A apóphansis consiste en mostrar
algo como algo. Isto é o que fan os enunciados
declarativos.
5. A LÓXICA

      1. Unha teoría dos enunciados:
     O discurso apofántico, o enunciado, pode ser
      afirmativo ou negativo, universal ou particular.
      Logo esta clasificación dá lugar a catro tipos
      de enunciados:
1)    Universais Afirmativos.
2)    Universais Negativos.
3)    Particulares Afirmativos.
4)    Particulares Negativos.
5. A LÓXICA

    1. Unha teoría dos enunciados:
 A ”Todo A é B”----contrarias--------------E “Ningún A é B”
 (universal afirmativo)                 (universal negativo)
 (Todo home é honrado)             (Ningún home é honrado)


subalternas         contradictorias           subalternas

 I “Algún A é B”------subcontrarias---------O “Algún A non é B”
(particular afirmativo)                (particular negativo)
(Algún home é honrado)                (Algún home non é honrado)
5. A LÓXICA
  1. Unha teoría dos enunciados:
Relaciónanse loxicamente:
Entre (A) e (O) e entre (E) e (I) hai CONTRADICCIÓN.Unha é a
  simple negación da outra; se unha é verdadeira, a outra é falsa e
  viceversa.
Entre (A) e (E) hai CONTRARIEDADE. Non poden ser á vez
  verdadeiras, pero poden ser á vez falsas.
Entre (I) e (O) SUBCONTRARIEDADE. Non poden ser falsas á vez,
  pero si poden ser simultaneamente verdadeiras.
Entre (A) a (I), e de (E) a (O) SUBALTERNIDADE. Se a universal é
  verdadeira, tamén é o a particular; se a particular é falsa, tamén é
  o a universal, pero non ao revés.
5. A LÓXICA
 2. Unha teoría dos razoamentos:
Na terminoloxía aristotélica “razoar” dise
 syllogízesthai e “razoamento” dise
 syllogismós, ou sexa, siloxismo. O siloxismo
 ou razoamento é “un discurso no cal, unha vez
 postas certas cousas, necesariamente resulta,
 a través de cousas establecidas, algo que é
 distinto das cousas establecidas”. As cousas
 “postas” son as premisas, e o que resulta
 necesariamente a conclusión.
5. A LÓXICA

      2. Unha teoría dos razoamentos:
   Un exemplo:
           Tódolos vexetais son vivintes e
Premisas   Tódolos pinos son vexetais,
Conclusión  Tódolos pinos son vivintes
  Tanto as dúas premisas como a conclusión son
   proposicións ou enunciados. As proposicións están, a
   súa vez, compostas de termos: “vexetal”, “vivinte” e
   “pino”.
5. A LÓXICA

      2. Unha teoría dos razoamentos:
     En todo siloxismo hai tres termos:
1.   O suxeito.
2.   O predicado da conclusión.
3.   O termo medio. A función do termo medio é a que determina as figuras
     do siloxismo.
     No exemplo anterior:
             Tódolos vexetais son vivintes e    MéP
Premisas     Tódolos pinos son vexetais,        SéM
Conclusión Tódolos pinos son vivintes            SéP
     Este é o modelo da PRIMEIRA FIGURA
5. A LÓXICA

   2. Unha teoría dos razoamentos:
  Aristóteles distingue tres figuras:
Primeira figura Segunda figura Terceira figura
 MéP             PéM            MéP
 SéM             SéM            MéS
 SéP             SéP            SéP
5. A LÓXICA
      2. Unha teoría dos razoamentos:
    Ademais das figuras do siloxismo constrúe unha teoría do razoamento válido cos
     distintos modos posibles do mesmo atendendo á cantidade (universal, particular)
     e á cualidade (afirmativo, negativo) dos enunciados que se utilicen.Os lóxicos
     medievais resumiron os modos válidos coas seguintes regras mnemotécnicas:
PRIMEIRA FIGURA         SEGUNDA FIGURA         TERCEIRA FIGURA
    Barbara                  Cesare                  Darapti
    Celarent                Camestres                Felapton
    Darii                    Festino                 Disamis
    Ferio                    Baroco                  Datisi
                                                     Bocardo
                                                     Ferison
     4             +          4             +         6      = 14 modos válidos
5. A LÓXICA

2. Unha teoría dos razoamentos:
Unha teoría formal do razoamento que,
no esencial, permanecerá inalterada e
insuperada durante séculos, ate o
desenrolo contemporáneo da lóxica a
partir do s. XIX.
5. A LÓXICA

3. Unha teoría das categorías:
A proposición non é unha locución
simple. Posúe unha estructura complexa
consistente na combinación de dous
termos ou locucións simples: así, o
enunciado “os vexetais son vivintes”
resulta da unión dos termos “vexetal” e
“vivinte”.
5. A LÓXICA

3. Unha teoría das categorías:
Ao estudio dos termos ou locucións simples
está adicado o libro Categorías. Aristóteles
clasifica os termos en dez xéneros ou grandes
grupos: entidade (sustancia, ousía), cantidade,
cualidade,relación, lugar, tempo, posición en
que algo se atopa, estado no que algo está,
acción e paixón.
5. A LÓXICA

  3. Unha teoría das categorías:
  Categorías
  Substancia (suxeito)     Accidentes ou atributos (predicados)
  (exemplo: Sócrates,    Cantidade (exemplo: de dous metros)
  unha mesa)             Calidade (exemplo: branco, bo, belo)
                         Relación (exemplo: dobre, medio, maior,...)
                         Lugar (exemplo: na casa, na ágora,...)
                         Tempo (exemplo: onte, hoxe, nunca,...)
                         Situación (exemplo: ergueito, deitado,...)
                         Posesión ou condición (exemplo: estar armado,...)
                         Acción (exemplo: “cortar”, “queimar”,...)
                         Paixón (exemplo: “ser cortado”, “ser quemado”)
5. A LÓXICA
3. Unha teoría das categorías:
Aristóteles concede unha prioridade absoluta á
categoría primeira, a da entidade ou sustancia (ousía).
As entidades son o eixe sobre o que xira a linguaxe, o
núcleo ao que se orienta e remite o discurso. Cando o
suxeito é unha entidade primeira, un individuo, só os
predicados pertencentes á categoría de entidade din
ou amosan qué é o suxeito. Tratándose deste tipo de
suxeito, os predicados da categoría primeira exhiben
aspectos esenciais do seu ser, amosan a súa esencia.
Pola contra, os predicados pertencentes a tódalas
demais categorías exhiben rasgos non esenciais,
exhiben os seus accidentes.
ARISTÓTELES (384-322)




6. FÍSICA
ARISTÓTELES (384-322)

6. FÍSICA
6.1 A NOCIÓN
    ARISTOTÉLICA DE
    PHÝSIS
6.2 A COSMOLOXÍA
6.3 A SICOLOXÍA
6.4 O COÑECEMENTO E
    AS CIENCIAS
6. A FÍSICA
6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS

Se para Platón o estudio da natureza foi un
tema secundario, por non tratarse da
verdadeira realidade, para Aristóteles é un
tema central. Neste aspecto é continuador dos
presocráticos.
Aristóteles define a natureza (phýsis) como
principio interno do movemento que se dá nos
seres naturais. Comprender, pois, a natureza
consiste en explicar o cambio e o movemento.
6. A FÍSICA
6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS

Aristóteles distingue tres clases de seres:
1. SERES NATURAIS
2. SERES ARTIFICIAIS
3. SERES AZAROSOS
6. A FÍSICA
 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS
  Os seres naturais teñen
  espontaneidade e
  finalidade.
  Espontaneidade porque
  teñen un principio interno de
  movemento e de repouso, que
  recibe o nome de natureza
  (phýsis).
  A finalidade refírese a que
  tales seres obran por fins
  (télos) e non por azar, debido
  á teleoloxía inmanente, que
  fai que tales seres se movan
  para acadar a súa perfección.
6.1 a noción aristotélica de phýsis

  Os seres artificiais teñen
  finalidade pero non
  espontaneidade.
  Son os artefactos
  producidos pola técnica
  humana.
  A finalidade é introducida
  neles por un axente
  exterior. Para Aristóteles
  a arte e a técnica han de
  imitar a natureza, que
  ofrece modelos
  perfectos.
6.1 A noción aristotélica de phýsis

  Os seres azarosos teñen
  espontaneidade, pero non
  finalidade e son fallos da
  natureza cando non logra
  acadar aos seus fins. A
  natureza tende a obrar sempre
  “de forma sabia”, pero ás
  veces fracasa e aparecen, por
  exemplo, seres monstruosos,
  productos do puro azar. A
  xeración fortuíta de monstros
  débese a unha materia
  defectuosa, incapaz de
  plasmar a forma.
6. A FÍSICA
 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS
  Pois ben, a idea de natureza
  determina un ámbito da
  realidade, o ámbito dos seres
  naturais, o das cousas que
  existen “por natureza”
  (phýsei), en oposición a
  aquelas outras que non
  existen por natureza, senón
  por arte (artefactos), ou por
  abstracción (obxectos
  matemáticos): é o ámbito
  dos corpos suxeitos a
  movemento. De aí que ao
  físico corresponda
  esencialmente e
  prioritariamente o estudio do
  movemento.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Estudiemos pois o
 movemento. O problema do
 movemento era especialmente
 importante no pensamento
 grego, porque o movemento
 non era entendido só como
 movemento no espacio, senón
 como calquera modificación
 que podía sufrir unha cousa.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 De onde parte Aristóteles?
 Heráclito consideraba que
 todo cambiaba.
 Parménides afirmaba que todo
 permanece.
 Platón duplicaba a realidade
 separando o mundo sensible
 (cambiante) do intelixible
 (permanente).
 Ningunha destas opcións
 convence a Aristóteles.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Retomemos o argumento do
 eléata: Parménides concluiu a
 imposibilidade racional do
 movemento. Partindo do axioma
 “o que é, é (e non pode non ser) e
 o que non é, non é (e non pode
 ser)”, concluía que a noción
 mesma de movemento era de seu
 contradictoria: calquera cambio
 comportaría ou ben que algo que
 non é veña a ser e sexa, ou ben
 que algo que é veña a non ser e
 non sexa. O movemento esixiría o
 cambio de non ser a ser ou de ser
 a non ser.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Aristóteles dálle a razón
 ao eléata en canto o
 movemento non pode
 orixinarse nin a partir do
 que é, do ser, nin a partir
 do que non é, do non ser,
 se ámbolos dous termos
 tómanse de modo
 absoluto e sen ulteriores
 matizacións. Pero é
 posible facer
 matizacións.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 O movemento parte do non
 ser, p. ex. de non ser sabio a
 ser sabio: parte da privación
 que é unha maneira de non
 ser. Pero non parte do non
 ser, da privación en si, senón
 da privación en canto algo
 dáse nalgo que é, no suxeito.
 Logo o movemento parte do
 ser, dalgo que é: o suxeito, o
 home que chega a ser sabio.
 Pero non parte del en tanto
 que é, senón en tanto que non
 é sabio, é dicir, en canto
 afectado pola privación, polo
 non ser.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Para explicalo apoiase en
 dous conceptos: potencia
 (dýnamis) e acto
 (enérgeia, entelécheia).
 Parménides tomou a
 noción de ser
 univocamente, sin
 distinguir diversos modos
 de ser e de non ser.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Ser en potencia significa
 posibilidade ou
 capacidade de ser. Unha
 semente non é unha
 árbore, pero pode chegar
 a selo. Unha pedra non o
 é, nin pode selo. Unha
 pedra non é unha
 estatua, pero pode
 chegar a selo. Unha
 semente non, e non pode
 chegar a selo.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Ser en acto significa
 realización, termo, ou
 cumprimento dun proceso. Por
 iso, o acto recibe tamén o
 nome de entelequia, que
 denota a fin dun proceso. Así,
 cando a semente crece temos
 unha árbore en acto. Cando o
 arquitecto produce un edificio
 dunhas pedras, este, unha vez
 finalizado, é xa un ser en acto.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Malia que o ser en potencia
 sexa temporalmente anterior
 ao ser en acto, o acto, por ser
 máis perfecto, ten prioridade
 conceptual. Ámbalas dúas
 nocións son correlativas: un
 ser está en potencia con
 respecto a un estado e en acto
 con respecto a outro. A
 realización destas
 potencialidades é o
 movemento.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Aristóteles define o
 movemento como o paso
 da potencia ao acto, é
 dicir, como a
 actualización ou
 realización das
 posibilidades ou
 capacidades que ten o
 ser.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. O MOVEMENTO
 Tódolos seres da natureza,
 por seren móbiles ou
 cambiantes, están compostos
 de acto e de potencia.
 Só a materia primeira, o ser
 máis imperfecto, é pura
 potencia.
 Só Deus, o ser máis perfecto,
 é acto puro sen potencia.
 Tódolos seres forman unha
 escala ascendente por graos
 de perfección desde a materia
 primeira ata Deus.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. Tipos de cambio
 Aristóteles distingue 4 tipos de cambio:

 1. CAMBIOS SUSTANCIAIS
 2. CAMBIOS CUALITATIVOS
 3. CAMBIOS CUANTITATIVOS           CAMBIOS
 4. CAMBIOS LOCAIS                  ACCIDENTAIS
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. Tipos de cambio


     O CAMBIO SUSTANCIAL
     corresponde á categoría da
     entidade ou ousía, e é aquel
     no cal se producen, ou ben
     se destrúen, entidades ou
     sustancias (xeración ou
     corrupción). O nacemento e a
     morte dos seres vivos ou a
     asimilación dos alimentos
     son exemplos de cambio
     sustancial.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. Tipos de cambio


     O CAMBIO
     CUALITATIVO é un
     cambio accidental
     (porque cambia un
     accidente ou propiedade
     secundaria dun ser).
     Prodúcese cando
     cambia o accidente
     calidade, por exemplo a
     cor ao madurar as uvas.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. Tipos de cambio


     O CAMBIO
     CUANTITATIVO é un
     cambio accidental no
     que cambia o accidente
     cantidade. Por exemplo,
     como medra 3
     centímetros unha piña
     de uvas.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. Tipos de cambio


     O CAMBIO LOCATIVO
     é un cambio accidental,
     onde o ser cambia de
     lugar.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. Tipos de cambio


     Nos cambios accidentais
     (cualitativos, cuantitativos,
     locativos) non se xeran ou
     destrúen sustancias, senón
     que a sustancia afectada
     modifícase nas súas
     determinacións accidentais.
     Pois ben, só estes tres,
     soamente os cambios
     accidentais son movementos
     en senso estricto.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A composición das sustancias:
hilemorfismo

      A teoría hilemórfica xurdiu dunha reflexión sobre o
      problema dos cambios substanciais ou entitativos,
      que son os máis importantes.
      A palabra hilemorfismo procede dos termos gregos
      hyle (materia) e morphé (forma).
      A teoría hilemórfica afirma que tódalas substancias
      ou cousas sensibles, sexan seres naturais ou
      artificiais, compóñense de dous principios: a materia
      e a forma.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A composición das sustancias:
hilemorfismo

      A MATERIA é aquilo de que está
      feito unha cousa, os elementos
      que compoñen un determinado
      ser. Por exemplo a pedra nesta
      obra, a madeira nunha mesa,...
      A materia pode ser de dous
      tipos: segunda e primeira.
      Materia segunda é a que está
      ligada a unha forma
      determinada.
      A materia primeira é unha
      realidade metafísica, que se
      caracteriza por ser amorfa (non
      estar unida a unha forma),
      indeterminada e ser mera
      potencia.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A composición das sustancias:
hilemorfismo

      A MATERIA PRIMEIRA pode ser
      tódalas cousas, pero non é
      ningunha en acto. É un substrato
      eterno e común a tódalas
      materias segundas, presuposto
      último dos cambios substanciais.
      É moi similar ao que os filósofos
      presocráticos chamaron arché, é
      dicir, o material do que está feito
      o mundo, unha especie de fondo
      orixinario e primixenio de onde
      todo sae e a onde todo volve.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A composición das sustancias:
hilemorfismo

      A FORMA é aquel principio que
      fai que unha substancia sexa un
      determinado ser e non outro. Por
      iso a forma é o que propiamente
      dá o ser, e equivale á esencia
      (eidos) ou natureza (physis) de
      algo. A forma denota a
      estructura esencial ou as
      propiedades esenciais que
      definen un ser.
      Por exemplo,a pesar dos
      distintos materiais que teñen
      estas sillas, e de que unhas
      teñan patas e outras rodas, a
      forma nola permite recoñecer
      como tales, e non como mesas.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A composición das sustancias:
hilemorfismo

      A FORMA é o principio que
      identifica a unha
      pluralidade de individuos
      dentro da mesma especie
      ou clase. A forma esencial
      (morphé ou eidos) da silla
      identifica a tódalas sillas
      individuais e a forma ou
      esencia humana (a alma
      ou psyché) a tódolos
      individuos humanos.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A composición das sustancias:
hilemorfismo

      A materia é o principio de
      individuación, o que fai
      diferentes aos individuos dentro
      da mesma especie.
      A forma é o elemento universal
      que se corresponde coa idea
      platónica, pero agora non está
      separada, senón unida á materia
      en cada ser individual.
      O dualismo ontolóxico de Platón
      tansformouse no hilemorfismo
      de Aristóteles.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A composición das sustancias:
hilemorfismo

      A forma intelixible está
      unida sempre á materia
      sensible, agás no caso da
      materia primeira, que é
      pura metria sen forma, e
      de Deus, que é forma pura
      sen materia.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A composición das sustancias:
hilemorfismo

      Finalmente, o estaxirita
      correlaciona o par de conceptos
      potencia/acto co par
      materia/forma, de xeito que a
      materia equivale ao ser en
      potencia e a forma ao ser en
      acto.
      Logo, a afirmación de que os
      seres están compostos de
      materia e forma equivale á
      afirmación de que son
      compostos de potencia e acto,
      precisamente por tratarse de
      seres cambiantes e por tanto
      imperfectos.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS


     Se a ciencia é un coñecemento por causas
     (aitía), será misión da ciencia física, que
     estudia os seres en canto móbiles, averiguar
     cales son as causas do cambio.
     Hai 4 CAUSAS (aitías):
     1. CAUSA MATERIAL
     2. CAUSA FORMAL
     3. CAUSA EFICIENTE
     4. CAUSA FINAL
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS


     1. CAUSA MATERIAL: é a
     materia da que está feita a
     cousa. A pel no caso no
     sillón é a súa causa
     material.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS


     2. CAUSA FORMAL: é a
     forma ou esencia da que
     falamos na teoría
     hilemórfica. A esencia que
     fai que isto sexa un sillón.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS


     3. CAUSA EFICIENTE: é a
     que orixina o proceso ou
     movemento: o artesán é a
     causa do sillón, o pai é
     causa do fillo.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS


     4. CAUSA FINAL: é o fin
     (télos) ou o para que
     dunha producción.
     Sentarse no caso citado
     do sillón.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS


     Nos seres arificiais
     distínguense as catro
     causas.
     Nos seres naturais só se
     identifican tres: a causa
     eficiente, a formal (nos
     seres vivos é a alma) e a
     final.
6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE
PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS


     Aristóteles prioriza a causa
     final sobre o resto, de aí
     que se considere que a
     súa é unha interpretación
     teleolóxica ou finalista da
     natureza, fronte a
     concepción atomista na
     que primaba o azar.
6. A física



6.2 A
COSMOLOXÍA
6. A FÍSICA
              6.2 A COSMOLOXÍA


Aristóteles concibe o mundo como
un      conxunto     de      esferas
concéntricas, que van desde a
esfera da terra, que está en
repouso no centro do sistema, á
esfera das estrelas fixas na
periferia. Dentro del distingue
dúas rexións:
          a) o mundo infralunar,
          que é imperfecto, e
          b) o mundo supralunar,
          máis perfecto.
6. A FÍSICA
              6.2 A COSMOLOXÍA
0 mundo infralunar é imperfecto
porque nel danse a xeración e a
corrupción. Os corpos desta rexión
están compostos dos catro
elementos, terra, auga, aire e lume,
e están sometidos a movementos
rectilíneos ascendentes ou
descendentes. Os corpos compostos
de terra e auga son pesados por
natureza e tenden a baixar para
residir na esfera que lle é propia, que
é o seu lugar natural, mentres que
os compostos de aire ou lume son
lixeiros e tenden por natureza a subir
para situase na súa esfera.
6. A FÍSICA
              6.2 A COSMOLOXÍA
0 mundo supralunar vai desde a
esfera da lúa á das estrelas fixas. É
o mundo dos astros, que están
formados por un quinto elemento,
chamado éter. Aquí non hai xeración
nin corrupción e os corpos celestes
teñen un movemento circular,
uniforme e, por tanto, perfecto. Os
astros está suxeitos a esferas que
son movidas por intelixencias
motoras. O mecanismo das esferas
é movido polo primeiro motor
inmóbil, Deus como foco de
atracción ou causa final de todo
movemento. Esta imaxe dun mundo
finito e xeocéntrico, dividido en dúas
rexións diferentes, perdurará ata o
Renacemento.
6. A física


6.3 A
PSICOLOXÍA
6. A física
6.3 A Psicoloxía
Aristóteles presenta a
natureza xerarquicamente
ordenada como unha escala
ascendente que vai desde os
seres inanimados aos seres
animados e, dentro destes,
das plantas aos animais e
destes ao ser humano, que
como ser racional sitúase no
cumio dos seres vivos.
6. A física
6.3 A Psicoloxía

  A psicoloxía (tratado sobre a
  alma) aristotélica está en
  realidade integrada dentro da
  física e do que hoxe
  chamamos bioloxía, pois a
  alma (psyché) é o principio
  de vida que explica as
  actividades e movementos
  propios dos seres vivos. Se
  hai seres vivos é porque
  teñen alma.
6. A física
6.3 A Psicoloxía
  No seu tratado Sobre a alma,
  Aristóteles define a alma como a
  «entelequia primeira dun corpo
  natural que ten a vida en
  potencia, é dicir, dun corpo
  organizado». Se consideramos o
  ser vivo desde a teoría
  hilemórfica, o corpo identifícase
  coa materia e a alma coa forma.
  O corpo sóten a vida en
  potencia, sendo a alma o
  principio que pon a vida en acto.
6. A física
6.3 A Psicoloxía
  Aristóteles distingue tres tipos de
  almas coas respectivas funcións:
  a) a alma vexetativa, propia das
  plantas, que ten as funcións da
  nutrición, o crecemento e a
  reproducción;
   b) a alma sensitiva, propia dos
  animais, que asume as funcións
  do apetito, a sensación, a
  imaxinación, a memoria e a
  locomoción no espacio;
   c) a alma intelectiva ou
  racional, propia do ser humano,
  polas que este fala, pensa e
  razoa.
6. A física
6.3 A Psicoloxía

  Aristóteles aplica a súa teoría
  hilemórfica ao ser humano. Este,
  como toda substancia natural, consta
  de materia e forma. O corpo
  identifícase coa materia e co ser en
  potencia, e a alma coa forma ou
  esencia e co ser en acto. Contra o
  dualismo pitagórico e platónico, corpo
  e alma non son dúas substancias
  contrarias, senón dous elementos
  que constitúen unha única
  substancia.
6. A física
6.3 A Psicoloxía

   A alma racional contén as
  funcións anímicas inferiores, tanto
  as sensitivas como as vexetativas.
  Estas tres funcións anímicas son
  tres graos xerarquizados de
  desenvolvemento ascendente da
  vida humana, que acada a súa
  plenitude coa función racional.
6. A física
6.3 A Psicoloxía

   Entre corpo e alma hai unha unión
  esencial e natural, non meramente
  accidental, como afirmaba Platón.
  É a mesma unión que hai entre
  materia e forma ou entre potencia
  e acto. Por tanto a alma non é
  unha realidade separable do
  corpo. O intelixible non existe
  separado do sensible.
6. A física
6.3 A Psicoloxía

   Aristóteles explica o ser humano
  desde a perspectiva científica dun
  biólogo e renuncia aos elementos
  místico-relixiosos que Platón
  tomara dos pitagóricos. Nega, así,
  as teses platónicas da
  inmortalidade, da preexistencia e
  da reencarnación das almas. Se o
  individuo morre, é porque
  desaparece o seu principio vital e
  o corpo convértese nun ser
  inanimado, sen alma.
6. A física
6.3 A Psicoloxía

   De todos modos, na antropoloxía
  aristotélica quedan restos de platonismo,
  pois, despois de afirmar que a alma
  individual (psyché ou forma do corpo) é
  mortal, afirma que o chamado
  entendemento axente é separable do
  composto, inmortal e eterno. Como
  Aristóteles non aclarou esta cuestión, os
  intérpretes posteriores discutirán se se
  trata de algo propio de cada individuo ou
  de algo común a todos os seres humanos.
6. A física

6.4 o
coñecemento
      e as
ciencias
6. FÍSICA
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

  Aristóteles distingue, como
  Platón, dous tipos de
  coñecemento:
  O sensible, propio dos
  sentidos, e
  O intelectual, propio do
  entendemento.
  Pero o seu enfoque biolóxico
  lévao a valorar a experiencia
  sensible, que Platón
  desprezaba por influxo das
  matemáticas.
6. FÍSICA
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

  Entre o coñecemento
  sensible e o intelectual hai
  unha íntima unión, pois
  tamén aquí, como na
  ontoloxía e na
  antropoloxía, o intelixible
  non pode separarse do
  sensible.
6. FÍSICA
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS



    O coñecemento sensible ten por
     obxecto as substancias individuais
     que captamos a través da
     sensación. Por exemplo, vexo
     esta mesa material.
    O coñecemento intelectual recae
     sobre o universal ou a esencia
     intelixible,   inmaterial.    Por
     exemplo, coñezo a mesa
     abstracta e universal, é dicir, a
     esencia de todas as mesas.
6. FÍSICA                                         ABSTRACCIÓN
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS


     O paso dos sentidos, que captan o            Sentidos: sensacións
     individual, ao entendemento, que capta       (individuais)
     o universal, dáse por medio dunha
     facultade intermedia chamada fantasía
     ou imaxinación, que ten por obxecto as
     imaxes das cousas antes percibidas.
     O coñecemento é un proceso que parte Imaxinación: imaxe do percibido
     da sensación, pasa pola imaxinación e
     remata no entendemento.
     Todo este proceso recibe o nome de
     abstracción, pois o entendemento actúa
     sobre as imaxes separando todo o que
     hai nelas de particular e concreto para
     formar o concepto universal e abstracto.
                                          Entendemento: concepto universal
6. FÍSICA                                           ABSTRACCIÓN
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS


     Coñecer a esencia dunha cousa
                                                  Sentidos: sensacións
     sensible consiste en asimilar ou captar      (individuais)
     de forma intencional, non a súa
     materia, senón a súa forma intelixible, o
     elemento universal que reside en cada
     substancia individual, é dicir, a forma
                                              Imaxinación: imaxe do percibido
     que é común para todos os individuos
     da mesma clase. De maneira análoga
     aos sentidos, que reciben as calidades
     sensibles sen a materia, como a cera
     recibe a impronta do selo sen o ferro,
     así o entendemento recibe a forma        Entendemento: concepto
     intelixible.                             universal
6. FÍSICA                                      ABSTRACCIÓN
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS


     O coñecemento universal está
                                         Sentidos: sensacións
        potencialmente na                (individuais)
        percepción individual.
        Aristóteles refuta a teoría
        platónica da reminiscencia e
        do innatismo das ideas, pois
                                      Imaxinación: imaxe do percibido
        a alma ao nacer é como
        unha «táboa rasa» na que
        nada hai escrito, e explica o
        proceso de coñecer como un
        paso da potencia ao acto.
                                         Entendemento: concepto
                                         universal
6. FÍSICA                                              ABSTRACCIÓN
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

     Por iso distingue dous entendementos:
     a) o entendemento paciente que, en              Sentidos: sensacións
          analoxía coa materia (receptáculo          (individuais)
          universal das formas) é mera potencia
          de coñecer, e
     b) un principio en acto, o entendemento
          axente que, como a causa eficiente,
          pon os intelixibles en acto, abstraendo
                                                  Imaxinación: imaxe do percibido
          as formas intelixibles a partir das
          imaxes. Aristóteles compárao coa luz,
          que na sensación fai visibles en acto
          as cores que sen luz son só visibles en
          potencia. Se para a visión das cores
          necesitamos a luz, tamén para a
          intelección necesitamos o
          entendemento axente.                  Entendemento: concepto universal
                                                Entendemento pacente e
                                                entendemento axente
6. FÍSICA                                      C
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS                C
                                               I
                                               Ó
     No comezo da súa Metafísica afirma
        Aristóteles que «todos os seres
                                               N
        humanos desexan por natureza
        saber» e a continuación estudia os
        graos de saber ou niveis de
        coñecemento, que van, en sentido
        ascendente, desde o máis
        imperfecto ao máis perfecto:
        a experiencia ou saber empírico, a
        técnica ou saber técnico, a
        prudencia ou sabedoría práctica, a
        ciencia, a intuición intelectual e a
        sabedoría teórica.
6. FÍSICA                                      C
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS                C
                                               I
                                               Ó
        A experiencia (empeiría) é un
        saber nacido do hábito, que aplica
                                               N
        regras pero sen dar razóns delas.
        A través da sensibilidade obtemos
        a experiencia ou coñecemento
        empírico, que se refire a cousas
        individuais e concretas. A través do
        entendemento obtemos
        coñecemento sobre o universal
        que hai nas cousas individuais.
        Este coñecemento pode ser
        práctico ou teórico.
6. FÍSICA                                              C
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS                        C
                                                       I
                                                       Ó
      Dentro do práctico dintínguense dous tipos:
     a) un saber técnico (téchne) ou «saber facer»
                                                       N
          (regras ou destrezas técnicas), que se
          refire aos medios orientados á fabricación
          de artefactos útiles (unha cama, un barco)
          ou á producción de obxectos belos (obras
          de arte, como unha estatua ou un poema);
     b) un saber práctico chamado prudencia
          (phrónesis), que consiste en «saber
          actuar» ou saber obrar ben nas situacións
          relacionadas coa «vida boa», como son a
          moral ou a política. A prudencia implica
          deliberar sobre os fins en relación co a é
          continxente (sobre o necesario non cabe
          deliberación).
6. FÍSICA                                             C
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS                       C
                                                      I
                                                      Ó
       O coñecemento teórico abarca tres graos
          sucesivos de saber:                         N
      a) a ciencia (epistéme), que é un
          coñecemento do universal e necesario,
          baseado na demostración (usa o
          siloxismo) e na indagación das causas;
     b) o coñecemento intuitivo ou intuición
          (nous) dos principios xerais que dirixen
          as ciencias, que non son
          demostrables, senón intuíbles
          (principio de non contradicción, terceiro
          excluso, etc.);
     c) a sabedoría teórica (sophía), que inclúe
          os dous graos anteriores, é o grao
          máis elevado de saber e culmina na
          contemplación das entidades
          supremas que estudia a metafísica.
6. FÍSICA                              C
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS        C
                                       I
                                       Ó
                                       N
     Cando se converten en hábitos
       de conducta, os cinco últimos
       graos de saber dan lugar ás
       virtudes chamadas
       dianoéticas ou intelectuais,
       que Aristóteles estudia na
       Ética.
6. FÍSICA                                                     C
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS                               C
                                                              I
                                                              Ó
       Aristóteles distingue tres clases de ciencias, que
           se correlacionan con tres tipos de actividades     N
           humanas, ordenadas xerarquicamente da máis
           perfecta á máis imperfecta:
     a) As ciencias teóricas, relacionadas coa vida
           teorética (theoria), que teñen por obxecto a
           contemplación intelectual, o saber polo saber
           ou a busca da verdade. Comprenden, por orde
           xerárquica, a metafísica, a matemática e a
           física. A metafísica é a ciencia máis perfecta,
           porque estudia as realidades supremas, as
           entidades inmóbiles e separadas da materia: o
           ser en canto ser e Deus como ente supremo. A
           matemática, que estudia entidades inmóbiles
           pero non separadas da materia, a diferencia de
           Platón. A física estudia os entes móbiles unidos
           e materiais dentro da natureza.
6. FÍSICA                                          C
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS                    C
                                                   I
                                                   Ó
     b) As ciencias prácticas, ligadas á acción
         práctica (praxis), que está guiada pola   N
         prudencia ou sabedoría práctica.
         Comprenden a política, a ética e a
         economía. A política estudia os
         principios        relacionados      coa
         convivencia xusta dentro da polis ou
         Estado. A ética, que é unha parte da
         política, trata sobre o ben, a vida boa
         ou feliz. A economía refírese ao ámbito
         doméstico e privado e ten por obxecto
         a administración da casa (oikós =
         casa).
6. FÍSICA                                           C
6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS                     C
                                                    I
                                                    Ó
     c) As ciencias productivas, relacionadas       N
         coa actividade técnica ou productiva
         (poiésis). Entre elas están a retórica e
         a poética. A retórica versa sobre a
         forma de persuadir a un auditorio
         mediante a arte da palabra. A poética
         versa sobre a producción estética de
         obras de arte, como traxedias,
         comedias, poesía, etc.

     Nesta clasificación non consta a lóxica,
         pois, é unha propedéutica, un
         instrumento metodolóxico para as
         demais ciencias.
ARISTÓTELES (384-322)




7. Metafísica
7. METAFÍSICA
Aristóteles nunca empregou a palabra
metafísica. Esta denominación procede
de Andrónico de Rodas (s. I a. C.),
décimo director da escola aristotélica.
Ordenando a biblioteca do Liceo,
despois dos libros de física colocou os
de metafísica, por tratar os asuntos que
están máis alá do ámbito físico, é dicir,
por estudiar as realidades
metaempíricas ou supraempíricas. Os
nomes que Aristóteles usou para
referirse á metafísica foron os de
filosofía primeira e ciencia teolóxica
ou teoloxía.
7. METAFÍSICA

 Aristóteles considera a
 metafísica como ciencia
 suprema e defínea de diferentes
 maneiras:
 primeiramente di que «indaga as
 causas ou os primeiros
 principios», ou tamén que
 «indaga o ser en canto ser».
 Para referirnos a estes aspectos
 utilizamos hoxe a palabra
 ontoloxía (= tratado sobre o
 ser).
7. METAFÍSICA

 Posteriormente, defínea como a ciencia que
 «indaga a substancia», pois a pregunta polo ser
 redúcese á pregunta pola substancia.
 Finalmente, afirma que «indaga a Deus e a
 substancia suprasensible» ou substancia
 inmaterial.
 Deste xeito, a ontoloxía transfórmase en
 teoloxía. Para a concepción do ser e da
 substancia que trata a ontoloxía, remitímonos
 ao que dixemos antes sobre a teoría das
 categorías no apartado da lóxica. Convén
 recordar que lóxica e ontoloxía son
 inseparables en Aristóteles, pois o estudio do
 ser está ligado ao estudio da linguaxe.
7. METAFÍSICA

 O estudio do movemento na Física,
 conduciu a Aristóteles a afirmar a
 existencia de Deus como primeiro
 motor inmóbil. Se todo ser que se
 move é movido por outro e este por
 outro e así sucesivamente, haberá que
 concluír que debe existir unha
 substancia inmóbil, que mova a todos
 os seres sen ser ela movida. Para
 Aristóteles o movemento é eterno, o
 mesmo que o tempo, que é inseparable
 del.
7. METAFÍSICA

  Este Deus aristotélico é concibido como unha
 intelixencia que é forma pura sen materia e acto
 puro sen potencia, por iso é inmóbil ou
 inmutable. Deus é tamén a causa final dos
 movementos dos seres, é dicir, o foco de
 atracción dos seres inferiores. Os seres
 móvense para acadar a perfección, e Deus
 move os seres como causa final. Usando a
 metáfora da atracción erótica, Aristóteles
 afirma, de maneira antropomórfica, que Deus
 atrae os seres «como se fose amado» por eles.
 É dicir, todos os seres ansían a perfección
 divina, que é o repouso eterno.
7. METAFÍSICA
 Finalmente, Aristóteles pregúntase pola
 actividade propia desta substancia
 espiritual e responde que consiste na
 actividade inmaterial de pensar. E como
 Deus non pode pensar nada inferior a si
 mesmo, defíneo como «pensamento
 autopensante», pensamento que se pensa
 a si mesmo eternamente. Poderiamos dicir
 que este Deus goza dun autismo
 metafísico, pois a contemplación eterna
 de si mesmo dálle a máxima felicidade.
7. METAFÍSICA
 Este Deus é a explicación última do
 problema do cambio. A física aristotélica
 está vencellada á metafísica e ten o seu
 fundamento último na teoloxía. O Deus de
 Aristóteles, que ás veces aparece como
 trascendente e outras como inmanente ao
 mundo, ignora a existencia do mundo e
 está moi lonxe da imaxe cristiá dun Deus
 creador que planifica e coida do mundo.
 No horizonte da filosofía grega, a idea de
 creación é estraña e o mundo é tan eterno
 coma Deus.
ARISTÓTELES (384-322)




8. Ética
8.ÉTICA

 En coherencia coa teleoloxía que
 domina na natureza en xeral,
 Aristóteles fai unha interpretación
 teleolóxica da natureza humana. O ser
 humano, como todo ser natural, obra
 por fins, e o fin último ou ben
 supremo é para el a felicidade, que
 se caracteriza por ser autosuficiente, é
 dicir, non é un medio para outro fin.
 Esta teoría recibe o nome de
 eudemonismo (eudaimonía =
 felicidade).
8.ÉTICA
   Certamente, o ser humano busca
  moitos fins, como o pracer, a riqueza, a
  fama, o saber, etc., pero todos estes
  fins non se buscan por si mesmos,
  senón como medios para acadar a
  felicidade. Este fin último consiste no
  pleno desenvolvemento da propia
  natureza e na actividade máis acorde
  conforme á esencia humana, que é a
  actividade do pensamento e da razón:
  «o ben, para o ser humano, consiste
  nunha actividade da alma acorde coa
  virtude e, en caso de pluralidade de
  virtudes, acorde coa máis excelente e
  perfecta delas».
8.ÉTICA
    A felicidade identifícase, pois, coa
  vida teorética (bíos theoretikós), coa
  actividade intelectual, que é a
  actividade esencial do ser humano, a
  que máis nos acerca á vida da
  divindade, que consiste, como vimos,
  no pensamento. Aristóteles, a
  diferencia do hedonismo de Epicuro,
  non identifica a felicidade co pracer. O
  pracer non é o ben, nin tampouco é un
  mal. O pracer é só un medio para a
  vida feliz pero non o fin da mesma.
8.ÉTICA

   A dedicación á vida teorética ou
  contemplación intelectual, propia do
  sabio ou do filósofo, require, sen
  embargo, certas condicións materiais,
  pois a vida anímica non se pode dar
  separada do corpo e das súas
  necesidades. Entre estas condicións,
  cita Aristóteles: a saúde corporal, unha
  longa vida, algunha riqueza ou bens
  externos, ocio e sobre todo liberdade.
8.ÉTICA

   Desta teoría elitista da felicidade
  quedan excluídos os escravos e cantos
  se dedican aos traballos corporais,
  manuais ou traballo doméstico, todos
  eles ligados á necesidade de sobrevivir.
  A liberdade e a vida dedicada ao ocio
  era privilexio dunha minoría. Aristóteles,
  como Platón, despreza o traballo
  material e as actividades técnicas como
  inferiores (nos sofistas hai, pola contra,
  unha valoración da técnica e do traballo
  corporal e manual).
8.ÉTICA

   Para conseguir a felicidade é
  necesaria a práctica das virtudes.
  Contra Sócrates e os estoicos, a
  felicidade non se identifica coa vida
  virtuosa. Tamén esta, como o pracer, é
  un medio e non un fin en si. A virtude
  non é unha capacidade innata (ninguén
  nace virtuoso), senón un hábito
  adquirido a través do exercicio e da
  práctica. Unha persoa faise xusta
  practicando moitos actos de xustiza.
8.ÉTICA
   A diferencia das paixóns, a virtude é
  unha disposición que presupón unha
  deliberación voluntaria, pola que
  podemos elixir libremente entre fins
  continxentes. Aristóteles oponse á tese
  intelectualista socrática de que ninguén
  elixe o mal se sabe o que é o ben, pois
  as paixóns inflúen na elección e na
  práctica do ben. Entre o coñecemento
  do ben e a práctica do mesmo non hai,
  pois, conexión necesaria, senón
  continxente.
8.ÉTICA
   A virtude defínese como o xusto medio
  (mesotés) entre dous extremos
  viciosos, un por defecto e outro por
  exceso. A virtude ten, pois, algo de
  equilibrio estético, moi típico da arte
  clásica grega. Por exemplo, a valentía
  ou fortaleza é un punto medio entre a
  covardía e a temeridade; a
  xenerosidade estaría entre os extremos
  da avaricia e a prodigalidade; a
  temperanza (autodominio) sería o punto
  medio entre a insensibilidade ascética e
  o desenfreo.
8.ÉTICA

  Pero este punto medio non se
  pode tomar en absoluto, senón
  en relación a nós, e tampouco
  significa mediocridade nin unha
  media matemática. Para calcular
  na práctica este xusto medio,
  Aristóteles propón seguir o
  modelo dun home prudente:
  obrar como o faría el seguindo a
  recta razón e tendo en conta as
  diversas circunstancias da
  acción.
8.ÉTICA
   Como o ser humano é ao mesmo
  tempo racional e irracional,
  Aristóteles distingue dous tipos de
  virtudes:
  as dianoéticas ou intelectuais
  (teóricas) e as éticas ou do carácter
  (prácticas).
  As primeiras relaciónanse coa vida
  teorética e son: a técnica (téchne), a
  prudencia ou sabedoría práctica
  (phrónesis), a ciencia (epistéme), a
  intuición (nous) e a sabedoría
  teórica (sophía).
  Nega así a confusión socrática
  entreprudencia e técnica (entre
  «saber actuar» e «saber facer» ) e a
  reducción do saber práctico a saber
  teórico.
8.ÉTICA
  Pero concorda con Sócrates e
  Platón afirmando que as virtudes
  dianoéticas son as máis
  importantes, pois pertencen á vida
  contemplativa, propia do sabio, e
  son a que dan a verdadeira
  felicidade. As virtudes éticas só
  proporcionan unha felicidade
  secundaria.
   Entre as virtudes éticas ou do
  carácter podemos citar: a fortaleza,
  a temperanza, a amizade, etc
8.ÉTICA
   Pero entre elas destaca pola súa importancia a
       xustiza, virtude social e política por
       antonomasia. Pero a xustiza, entendida como
       un hábito de proporción que busca o equilibrio
       (lémbrese a balanza como símbolo), é un termo
       que ten varios significados. Hai unha xustiza
       xenérica, a legal, que consiste na observancia
       das leis. Pero hai ademais tres tipos
       específicos de xustiza:
  a) a distributiva ou xeométrica, que consiste no
       reparto proporcional de bens de acordo cos
       méritos;
  b) b) a conmutativa ou aritmética, que se refire á
       igualdade nos intercambios comerciais e
  c) c) a retributiva ou reparadora, que é a que
       practica un xuíz tratando de reparar danos e
       delictos.
8.ÉTICA
   Finalmente, hai que sinalar que a ética
   aristotélica está intimamente
   relacionada coa política. Os individuos
   só poden lograr a felicidade dentro da
   comunidade política (polis) ou Estado.
   Non se trata dunha ética individualista
   no sentido moderno, senón social ou
   comunitarista, pois os individuos son
   só partes que están subordinadas ao
   todo social. O Estado é como un
   organismo no que o todo ten prioridade
   sobre as partes, pero ten un fin ético:
   promover a xustiza e facer felices os
   cidadáns.
ARISTÓTELES (384-322)




9. Política
9. Política

 A filosofía política de Aristóteles
 renuncia á utopía idealista de
 Platón e céntrase, de forma
 moi realista, na análise
 empírica. Aristóteles non fai
 unha deducción a priori dun
 Estado ideal que non era deste
 mundo, senón que analiza de
 forma inductiva e realista as
 diversas constitucións a partir
 da experiencia das cidades
 gregas e da historia doutros
 pobos.
9. Política
 Adoptando unha vez máis un punto
 de vista teleolóxico, Aristóteles
 afirma que «o ser humano é por
 natureza un animal político» (zóon
 politikón), é dicir, que só dentro da
 polis ou Estado pode realizar
 plenamente a súa esencia. Quen
 pretenda vivir illado do Estado, ou
 ben é unha besta ou ben un Deus.
 A sociabilidade humana non é, pois,
 convencional ou producto dun pacto
 entre individuos, como sostiñan os
 sofistas, senón algo enraizado na
 natureza humana.
9. Política
  A natureza social do ser humano
 concorda coa súa natureza racional
 expresada a través da linguaxe. Que
 o ser humano é un animal
 racional (zóon logikón)
 significa non só que ten razón, senón
 palabra (logos significa
 simultaneamente razón e palabra) e
 sen a palabra non é posible a vida en
 comunidade. Os animais teñen voz
 (foné) e emiten sons, pero non
 palabras articuladas.
9. Política
   Máis alá da comunidade da
   familia, ligada á reproducción, e da
   comunidade da aldea, formada por
   varias familias para atender as
   necesidades materiais, o Estado-
   cidade é a comunidade perfecta,
   autosuficiente, que ten como fin o
   vivir ben, ou sexa conseguir unha
   vida feliz. Ética e política son
   inseparables. O Estado non só
   posibilita a vida moral, senón
   tamén a actividade intelectual, que
   é a máis acorde coa esencia
   humana.
9. Política
   O traballo manual, como o dos
   escravos, artesáns, comerciantes,
   agricultores ou o das mulleres no
   fogar, é degradante e impropio de
   homes libres. Por iso todos os
   traballadores manuais quedan
   excluidos da vida política e da
   cidadanía.    A    institución   da
   escravitude ten para Aristóteles un
   fundamento natural, non social:
   uns son por natureza libres e
   outros escravos por natureza, non
   por causas sociais. «O escravo é
   un      instrumento       animado»,
   propiedade do seu amo.
9. Política
  Aristóteles fai unha crítica ao ideal
  platónico,    que    aparecía     na
  República, dun Estado convertido
  en sociedade perfecta. A proposta
  platónica de loitar contra o
  egoísmo abolindo a familia e a
  propiedade privada para a clase
  media e superior, vai contra a orde
  natural, pois tanto a familia como
  a propiedade derivan da natureza
  humana. O mellor remedio contra
  o egoísmo consiste nunha boa
  educación pública da cidadanía
  para exercer a virtude da
  xenerosidade.
9. Política
  Tamén       abandona     a   visión
  aristocrática     da     sociedade
  platónica. Aristóteles pensa que a
  base máis sólida para unha
  comunidade é que o peso do
  poder recaia sobre unha clase
  media, que mire polo ben da
  comunidade, e que non teña
  ambicións por falta do básico para
  vivir, o que daría lugar a
  revolucións.
9. Política
  Seguindo unha clasificación xa anticipada
  por Platón en O Político, Aristóteles
  diferencia tres formas de goberno que son
  correctas ou lexítimas, por estar orientadas
  ao ben común e ao interese público, e tres
  formas desviadas, por orientarse só ao
  interese privado dos gobernantes. As
  formas correctas son a monarquía, a
  aristocracia e a democracia (politeia). Cal
  sexa a máis adecuada, depende de cada
  pobo e das condicións históricas.
  Aristóteles non propón, como Platón, un
  único modelo ideal e absoluto. Cada unha
  destas tres ten a correspondente forma
  desviada: a monarquía pode dexenerar en
  tiranía, a aristocracia en oligarquía e a
  democracia en demagoxia.
9. Política
  Aristóteles, como meteco de clase media e
  como filósofo que parte da experiencia e do
  posible, propugna unha ética e unha
  política feita a medida dos seres humanos,
  pero non de todos, xa que defende a orixe
  natural da escravitude e a inferioridade da
  muller con respecto ao home. No ámbito
  doméstico, ao contrario que no ámbito
  político, non rexe o principio da xustiza nin
  as relacións entre iguais. Na familia só se
  impón a autoridade do pai sobre a muller,
  os fillos e os escravos. Algúns sofistas
  criticaran, sen embargo, a escravitude en
  nome da igualdade, e o mesmo Platón
  avogaba na súa república ideal pola
  igualdade entre os sexos.
A Filosofía despois de
            Aristóteles
A filosofía helenística e o fin da
                 filosofía clásica
O HELENISMO

A etapa helenística comprende o período
que vai entre a morte de Alexandre Magno
(323 a. C.) ata a incorporación de Exipto
no Imperio Romano (30 a. C).
Filosoficamente é a etapa final da
Filosofía antiga, en contacto xa co mundo
romano.
O HELENISMO

O helenismo foi o momento da grande
expansión política e cultural da civilización
grega polas terras de oriente e do
Mediterráneo oriental. Alexandre Magno
propuxérase a conquista do mundo grego
e a súa expansión polo Imperio Persa.
O HELENISMO
Á súa morte houbo serias loitas entre os seus
xenerais para conseguir a herdanza do imperio,
que rematarán no reparto deste en tres estados:
Macedonia, Siria e Exipto. Estes estados
gobernáronse mediante monarquías absolutas,
instauradas por dereito de conquista. Isto
supuxo a ruptura da polis clásica e polo tanto
das formas de organización social e política que
viñeran funcionando nos últimos séculos,
quedando incluida nun estado territorial maior.
O HELENISMO

Roma foi aproveitando o desmembramento do
imperio de Alexandre e pouco a pouco foi
facéndose forte en detrimento de Grecia, que foi
anexionada no 197 a C. Os intereses dos
romanos eran fundamentalmente prácticos e
non especulativos como foran os dos gregos. A
cultura helena empapou así o Imperio Romano
nos tempos de Augusto, co cal o pensamento
grego chegou a Roma.
O HELENISMO

Estes acontecementos históricos influíron
de xeito decisivo na filosofía. A situación
de inestabilidade primeiro, e
posteriormente a perda da posibilidade
dunha acción política directa como
ocorrera nos tempos anteriores levou aos
pensadores ao abandono das grandes
visións sistemáticas anteriores (Platón,
Aristóteles).
O HELENISMO
Na época clásica os cidadáns sentíanse
protagonistas, membros do grande individuo
que era a polis; só nela se podía conseguir a
vida boa. Agora, os filósofos íllanse do mundo e
da cidade centrándose principalmente na
procura da liberdade e a felicidade persoal. O
importante é o ser humano individual, mentres
que a colectividade queda neste momento
relegada a un segundo plano. Calquera outro
coñecemento deberá subordinarse á esfera
ética.
O HELENISMO
A situación case que estacionaria da filosofía
contrasta co enorme desenvolvemento que
teñen as ciencias nesta época (xeografía,
historia, filoloxía, medicina, matemáticas,
astronomía, etc.). Atenas continuará sendo o
centro filosófico, mentres que a verdadeira
capital cultural do mundo helenístico pasará a
Alexandría. O seu museo e a súa biblioteca
constituíron a máis grandiosa reunión do saber
antigo ata que César ordena a súa queima no
ano 47 a. C. na campaña en Exipto.
O HELENISMO
As escolas de Platón e Aristóteles continuaron
neste período a liña dos seus mestres con
poucas achegas novas. A Academia perdurou
no tempo ata o 529 d. C. e as ideas platónicas
sufriron distintas modificacións buscando a
harmonía coas novas formas de pensar. Pola
súa banda, á morte de Aristóteles, Teofrasto
fíxose cargo do Liceo, continuando a tendencia
empirista da escola. As principais formulacións
filosóficas do momento virán da man do
epicureísmo, o estoicismo e o escepticismo.
O EPICUREÍSMO

O iniciador desta escola foi Epicuro de
Samos (341-270 a.C.), que no 306 a C.
funda o Xardín, onde acolle aos seus
discípulos e amigos na procura dun ideal
de vida: a felicidade, que se consegue
logrando a paz mental ou tranquilidade de
ánimo (ataraxia). O maior transmisor da
doutrina epicúrea será o romano Lucrecio
na súa obra De rerum natura.
O EPICUREÍSMO

Como o obxectivo é a consecución da
felicidade, a ética converterase na
disciplina fundamental da filosofía. Os
epicúreos defenden unha ética hedonista,
partindo da idea de que todos os
individuos buscan o pracer e tentan evitar
a dor. E como hai praceres contrapostos,
a cuestión consiste en calcular cal é a
máxima       cantidade   de      praceres
compatibles.
O EPICUREÍSMO

Este cálculo desenvólvese como unha
economía do pracer, de xeito que o
máximo pracer se consegue moderando
os impulsos pracenteiros, renunciando a
algún deles para acadar outros maiores.
Para iso, deben levar á práctica os seus
desexos.
O EPICUREÍSMO
Existen desexos naturais, como a necesidade
de comer para calmar a fame, pero algúns
individuos abandónanse á procura de praceres
que non son tan necesarios: a busca de
riquezas, a ansia de gloria... A consecución
destes desexos non proporciona a anhelada
felicidade, pois non levan á tranquilidade do
corpo nin da mente. A moderación e o
autodominio deben guiar a elección dos
praceres, pois só así conseguiremos a paz
interior.
O EPICUREÍSMO
Para completar os asuntos éticos, os epicúreos
botan man da física, pois só coñecendo a
natureza poden esvaerse os temores que
afectan a vida e impiden lograr a ataraxia.
Epicuro acepta a física atomista para explicar a
natureza. Existen átomos que se moven no
baleiro e que caen polo seu peso verticalmente.
Ás veces, e dun xeito imprevisto, os átomos
desvíanse (clinamen) e chocan uns con outros
formando corpos. Como consecuencia, non
debemos temer ao destino, pois todo na
natureza é puro azar.
O EPICUREÍSMO

Tampouco ten sentido temer aos Deuses,
pois eles non se entremeten en ningún
asunto humano ou natural. Epicuro
enfróntase así á relixión tradicional grega.
Os deuses existen pero viven nunha total
felicidade, co cal non necesitan ocuparse
das cousas do mundo.
O EPICUREÍSMO

A física demostra tamén que é absurdo terlle
medo á morte. Como todos os seres, a alma
está composta de átomos materiais e polo tanto
é mortal. Non existe nada logo da morte e, de
feito, nese momento, tampouco existiremos nós:
cando a morte estea, nós xa non estaremos, e
se nós estamos, ela aínda non. Tampouco hai
que temer a dor, porque aínda que non se poida
evitar, é fácil de soportar. Co cal nada hai que
temer.
O EPICUREÍSMO

A filosofía complétase coa canónica
(lóxica), que nos permite comprobar que o
noso coñecemento é seguro, xa que se
ocupa de atopar un criterio de verdade.
Epicuro atópao nas sensacións: os datos
que nos ofrecen os sentidos son sempre
verdadeiros e o erro só pode aparecer nos
xuízos que facemos a partir dos datos
sensibles.
O ESTOICISMO
O estoicismo nace nos pórticos de Atenas (na Stoa) da
man de Zenón de Citio (335-263 a.C.). A escola pasou
por varias etapas e acadou o seu máximo esplendor no
ámbito romano.
Froito da época na que nace, o obxectivo do individuo
estoico é a consecución da felicidade. Os estoicos
recollen o intelectualismo moral socrático-platónico e
identifican virtude e sabedoría. A virtude é o único ben e
o vicio o mal. Só o sabio pode ser virtuoso, lograr o
dominio das súas paixóns e vivir conforme á natureza e
á razón. Isto implica amosarse indiferente ás emocións
(apatía) para salvagardar a propia vida.
O ESTOICISMO
A ética estoica atopa a súa xustificación na física. Os
estoicos afirman que o mundo é un grande organismo
con vida, dotado dun principio racional que é razón
seminal de todo o que existe e que rexe o mundo. Este
principio, semellante ao lume de Heráclito, é o pneuma.
Nun período de 300 séculos todo se disolve e todo se
rexenera no lume divino. Este ciclo cósmico é o ciclo do
eterno retorno, e polo tanto, o Universo está sometido ás
leis da necesidade. Isto é o que coñece o sabio, que se
recoñece impotente para modificar o transcurso dos
acontecementos.
O ESTOICISMO

. Para salvarse, os individuos -o sabio- deben actuar en
conformidade coa orde necesaria do mundo. Por iso o
estoico propugna cumprir co deber, ou sexa, levar a cabo
aquelas accións que a razón amosa como conformes á
natureza. A alma humana é inmortal, pois é un anaco
desprendido do pneuma universal e por iso a razón pode
coñecer a estructura do universo.
O ESTOICISMO
Os estoicos son os creadores da lóxica proposicional.
A lóxica estoica dividíase en retórica e dialéctica, e
ocupábase do coñecemento e o recto argumentar. Para
os estoicos as impresións sensibles non poden constituír
o criterio de verdade, pois o coñecemento existe cando
rexeitamos ou aceptamos esas sensacións logo da
meditación. O criterio de verdade está no asentimento
consciente da razón ao recoñecer a relación entre as
imaxes mentais creadas a partir da sensación e os
obxectos fóra de nós.
O ESTOICISMO

O estoicismo en Roma continúa coa busca da
vida boa, con Séneca (4 a. C.- 65 d. C.),
Epícteto (50-125 d. C.) e Marco Aurelio (121-
180 d. C.) como figuras principais. Acentúase o
sentido cosmopolita que xa aparecía no mundo
grego, ao sentir que existe un vínculo entre
todos os seres humanos. Ocuparanse tamén de
cuestións teolóxicas, co que influirán no
cristianismo.
O ESCÉPTICISMO
0 escepticismo nace como doutrina elaborada
con Pirrón de Elis (365-275 a.C.) foi continuado
polos últimos seguidores da Academia platónica,
Arcesilao e Carnéades, e no mundo romano foi
defendido        por       Sexto        Empírico
fundamentalmente. Aparece cun tinte moral,
aínda que pronto se estenderá ao ámbito do
coñecemento. Os escépticos atacaron todo tipo
de dogmatismo, especialmente o dogmatismo
especulativo dos estoicos.
O ESCÉPTICISMO
O escepticismo parte da idea de que non podemos
coñecer a realidade. Esta actitude é a consecuencia que
se desprende do decurso da Academia á morte de Platón.
O mundo das ideas xa non ten valor, e só queda o mundo
sensible. Como é unha realidade cambiante, só podemos
atopar nel un coñecemento particular e subxectivo. De feito
Platón necesitara do mundo das ideas para cimentar un
coñecemento universal e necesario. Caído este mundo,
derrúbase tamén a posibilidade de epistéme.
O ESCÉPTICISMO

O sabio escéptico ve imposible expresar a verdade (afasia)
e debe suspender os seus xuízos (epojé) sobre o mundo.
Isto que vale para o coñecemento teórico é imposible na
vida cotiá, onde debemos decidir continuamente que facer.
Así, os valores éticos recoñécense como individuais e
subxectivos pero son necesarios pan vivir en paz.
O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA
En sentido estricto, a filosofía antiga remata co peche da
Academia no 529 d C., co emperador Xustiniano, o que
supón a implantación definitiva do cristianismo e o
pensamento cristián. Mais xa desde había varios séculos
a filosofía grega pasara ao mundo romano e o
cristianismo convivía co pensamento racional. Esta
convivencia supuxo o encontro das tradicións helénicas
e xudías no mundo romano, o que impulsou unha
revalorización das filosofías pitagóricas e platónicas,
cercana ás concepcións místicas.
O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA

No século III a. C. fúndase a Escola de Alexandría, que
pretende traducir o Antigo Testamento ao grego. Dous
séculos máis tarde, Filón de Alexandría tenta establecer
unha síntese entre o platonismo, o estoicismo e a fe xudía.
O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA
No ámbito máis estrictamente filosófico cómpre destacar para
rematar a filosofía antiga, o rexurdimento que no século III d. C. terá
o platonismo. Ammonio Sakka funda o neoplatonismo, que acadará
o seu esplendor con Plotino. Este afirma que Un trascende a
natureza, e a partir del, por medio dun proceso de emanación,
derívase toda a realidade en tres niveis: cando o Un reflexiona sobre
si mesmo xera intelecto; deste emana a alma do mundo e dela o
mundo corpóreo. O ser humano practicando o ben e buscando a
verdade pode fundirse no Un co goce do éxtase.
ARISTÓTELES (384-322)



6. Textos
6. Textos: comentario de texto obrigatorio



3º comentario de texto obrigatorio:
“Entón, o ceo e a natureza depende dun principio de tal
natureza. E esa vida que tamén para nós é a máis
excelente, pero que só nos é concedida por breve tempo,
el vívea sempre, pois para el, a súa actividade é tamén
gozo. O acto intelectual, que é por si mesmo, ten por
obxecto o óptimo por si mesmo; o intelecto pénsase a si
mesmo trocándose en intelixible, pois se fai intelixible no
contacto e na intelixencia de si mesmo, por iso se
identifican o intelecto e o intelixible […]. por iso, a
actividade máis doce e máis excelente é a contemplación.
E como o acto de comprender é vida, e el é acto, así, o
acto puro Por si mesmo é óptima e eterna vida del. Por
iso, dicimos que Deus é vivente, eterno, óptimo. Pois isto
é Deus. Pero é evidente, tamén, que é impasible e
inalterable.”
ARISTÓTELES: Metafísica, XII, 9, pp. 1074-5.
6. Textos

  OS PRECEDENTES DA TEORÍA DAS CAUSAS
  “Estes [os filósofos anteriores], por conseguinte, só tocaron esta causa
[la causa material]; e outros, aquela de onde procede o principio do
movemento [a causa eficiente] (por exemplo, os que poñen como principio
a Amizade e o Odio ou o Entendemento ou o Amor). Pero a esencia e a
substancia [causa formal] ninguén as enunciou claramente, sendo os que
máis se aproximan os partidarios das Especies (pois nin consideran as
Especies como materia para as cousas sensibles nin o Un como materia
para as Especies, nin o principio do movemento como procedente delas -
pois din que máis ben son causas de inmobilidade e de quietude-, senón
que aducen as Especies como a esencia de cada unha das demáis
cousas, e o Un, como a esencia das Especies). E aquelo a causa do cal
se realizan as accións e os cambios e os movementos [causa final], o
chaman en certo modo causa, pero non o chaman expresamente causa
nin din que sexa causa no sentido en que por natureza o é. En efecto, os
que mencionan o Entendemento ou a Amizade, presentan como un ben
estas causas, pero non din que algún dos entes sexa ou se faga a causa
delas, senón que delas proceden os movementos. E, así mesmo, tamén
os que afirman que o Un ou o Ente son tal natureza, aseguran que son
causa da substancia, pero non que a causa deles sexa ou se faga; de
sorte que, en certo modo, ocúrrelles que din e non din que o Ben é causa;
pois non o din en sentido absoluto, senón accidental.
  ARISTÓTELES, Metafísica, I 7, 988 a - 988 b
6. Textos

 O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS

        Hai tamén algo que move eternamente, e como hai tres
clases de seres, o que é movido, o que move, e o termo medio
entre o que é movido e o que move, é un ser que move sen ser
movido, ser eterno, esencia pura, e actualidade pura.
   Velaí cómo move. O desexable e o intelixible moven sen ser
movidos, e o primeiro desexable é idéntico ao primeiro
intelixible. Porque o obxecto do desexo é o que parece belo, e
o obxecto primeiro da vontade é o que é belo. Nós desexamos
unha cousa porque parécenos boa, e non nos parece tal
porque a desexamos: o principio aquí é o pensamento. Agora
ben; o pensamento é posto en movemento polo intelixible, e a
orden do desexable é intelixible en si e por si; e nesta orde a
esencia ocupa o primeiro lugar; e entre as esencias, a primeira
é a esencia simple e actual. Pero o un e o simple non son a
mesma cousa: o un designa unha medida común a moitos
seres; o simple é unha propiedade do mesmo ser.
6. Textos

 O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL: DEUS
 De esta maneira o belo en si e o desexable en si entran ambos na
orde do intelixible; e o que é primeiro é sempre excelente, xa
absolutamente, xa relativamente. A verdadeira causa final reside nos
seres inmóbiles, como o mostra a distinción establecida entre as
causas finais, porque hai a causa absoluta e a que non é absoluta. O
ser inmóbil move con obxecto do amor, e o que el move imprime o
movemento a todo o demáis. Logo en todo ser que se move hai
posibilidade de cambio. Se o movemento de traslación é o primeiro
movemento, e este movemento existe en acto, o ser que é movido
pode mudar, se no en canto á esencia, polo menos en canto ao lugar.
Pero desde o momento en que hai un ser que move, permanecendo
él inmóbil, aínda cando exista en acto, este ser non é susceptible de
ningún cambio. En efecto, o cambio primeiro é o movemento de
traslación, e o primeiro dos movementos de traslación é o
movemento circular.        O ser que imprime este movemento é o
motor inmóbil. O motor inmóbil é, pois, un ser necesario, e en tanto
que necesario, é o ben, e por conseguinte un principio, porque hai
varias acepcións da palabra necesario: hai a necesidade violenta, a
que coarta a nosa inclinación natural; despois a necesidade, que é a
condición do ben; e por último o necesario, que é o que é
absolutamente de tal maneira e non é susceptible de ser doutra.
6. Textos

 O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS

(...) É evidente, conforme co que acabamos de dicir, que hai
unha esencia eterna, inmóbil e distinta dos obxectos
sensibles. Queda demostrado igualmente que esta esencia
non pode ter ningunha extensión, que non ten partes e é
indivisible. Ela move, en efecto, durante un tempo infinito. E
nada que sexa finito pode ter unha potencia infinita. Toda
extensión é finita ou infinita; por conseguinte, esta esencia
non pode ter unha extensión finita; e por outra parte, non ten
unha extensión infinita, porque non hai absolutamente
extensión infinita. Ademáis, finalmente, ela non admite
modificación nin alteración, porque tódolos movementos son
posteriores ao movemento no espacio.
 Aristóteles, Metafísica, Libro Duodécimo, VII
6. Textos


As formas de goberno: (Política, III 5, 1279 a-b)
  "Posto que réxime e goberno significan o mesmo, e goberno é o
elemento soberano das cidades, necesariamente será soberano ou un só,
ou poucos, ou a maioría; cando o un ou a minoría ou a maioría gobernan
atendendo ao interese común, eses reximenes serán necesariamente
rectos; pero os que exercen o mando atendendo ao interese particular do
un ou da minoría ou da masa son desviacións; porque, ou non se debe
chamar cidadáns aos que participan no goberno, ou deben participar nas
ventaxas da comunidade. Dos gobernos unipersonais solemos chamar
monarquía á que mira ao interese común; aristocracia ao goberno duns
poucos, pero máis dun, ben porque gobernan os mellores, ou ben porque
se propón o mellor para a cidade e para os que pertencen a ela. Cando a
maior parte é a que goberna atendendo ao interese común recibe o nome
común a tódolos rexímenes: república. E é así con razón, pois un só ou
uns poucos poden distinguirse pola súa excelencia; pero un número maior
é xa difícil que alcance a perfección en toda clase de virtude, pero pode
destacar especialmente na virtude guerreira, pois ista dase na masa. Por
elo precisamente neste réxime a clase combatente ten o poder supremo e
participan nel os que posúen as armas. As desviacións dos réximes
mencionados son: a tiranía da monarquía, a oligarquía da aristocracia e a
democracia da república. A tiranía é unha monarquía que atende ao
interese do monarca, a oligarquía ao interese dos ricos e a democracia ao
interese dos pobres; pero ningún deles atende ao proveito da
comunidade“.
ARISTÓTELES (384-322)



7. Glosario
7. Glosario

Accidentes
O que lle corresponde a algo
continxentemente    por   non    estar
comprendido na súa esencia, aquelo
que lle pertence a un ser de tal xeito
que o pode perder sen chegar a
aniquilarse.
7. Glosario

Acto
O ser actual, a realidade do ser.

Acto Puro
Deus.
7. Glosario

Alma
Principio de vida nos seres vivos.

Alma Intelectiva
Parte máis elevada da alma humana.

Alma Sensitiva
Presente nos animais e os homes, a alma sensitiva permite o
coñecemento inferior ou sensible (a percepción), o apetito inferior (o
desexos e apetitos que teñen que ver co corpo como o desexo sexua
ou as gañas de comer) e movemento local.

Alma Vexetativa
Presente nas prantas, os animais e os homes, permite as actividades
vitais máis básicas como a reproducción, o crecemento e a
nutrición.
7. Glosario

Causa
Factor ou principio do que depende unha
cousa.

Ciencia
En grego “epistéme”. É o saber das
relacións necesarias existentes entre as
cousas. A diferencia do Noûs, é un saber
discursivo ou demostrativo.
7. Glosario

Entendemento Axente
Ou intelecto axente. Parte da alma
grazas á cal é posible alcanzar a
ciencia.
Esencia
O que teñen os seres concretos de
estable e intelixible; a natureza ou
rasgos que fan de algo o que é e non
outra cousa.
7. Glosario

Eudemonismo
Enténdese por "eudemonismo" toda
teoría ética que identifica a felicidade
co Sumo Ben.

Forma
Conxunto de rasgos característicos
dun obxecto.
7. Glosario

Materia
A realidade da que está feita uhna cousa.

Materia Prima o primeira
Ou materia primeira. Materia sen forma algunha.
Non é perceptible polos sentidos e é o substrato
último do cambio sustancial.

Materia Segunda
Materia con forma determinada (por exemplo, o
mármore dunha estatua de mármore).
7. Glosario

Movemento
Calquera tipo de cambio ou modificación
que poda sufrir unha sustancia.

Potencia
Poder para exercer unha transformación
nun obxecto ou disposición para poder
chegar a ser algo.
7. Glosario

Primeiro Motor
Deus

Substancia
Ou sustancia. O ser independente do cal se predican os
atributos.

Substancias Primeiras
As sustancias primeiras son os suxeitos individuais,
suxeitos compostos de materia e forma.

Substancias Segundas
Ou os xéneros e as especies.
7. Glosario

Teleoloxía
Doutrina que considera indispensable para a comprensión da
realidade a referencia aos fins ou motivos polos que ocurre
algo.

Teoría Hilemórfica
Teoría aristotélica segundo a cal tódolos seres sensibles ou
perceptibles (tanto os naturais como os artificiais) compóñense
de materia (hylé) e forma (morphé).

Virtude
Hábito selectivo que consiste nun termo medio relativo a nós,
determinado pola razón e por aquela pola cal decidiría o home
prudente. En latín “virtus”, en grego “areté”. Para Aristóteles a
virtude é unha "excelencia engadida a algo como perfección".
ARISTÓTELES (384-322)



8. Bibliografía
8. Bibliografía

Bibliografía de Aristóteles
recomendada:
-Aristóteles, Ética nicomaquea, Editorial
Gredos, Madrid, 2003.
-Aristóteles, Política, Editorial Gredos,
Madrid, 1995.
8. Bibliografía

Bibliografía secundaria recomendada:
 -Montoya, J.; Conill, J., Aristóteles: Sabiduría y
 Felicidad, Ediciones Pedagógicas, Madrid,
 1985.
 -Soto, Luis G., Aristóteles, Baía edicións, A
 Coruña, 2003.
ARISTÓTELES (384-322)


9. Páxinas web
   recomendadas
9. Páxinas web recomendadas

Para ampliar información sobre Aristóteles, e realizar
exercicios, test e cazatesoros:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Arist%C3%B3teles
http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la-
filosofia/Filosofiagriega/Aristoteles/Principal-
Aristoteles.htm
http://www.cibernous.com/autores/aristoteles/
http://www.webdianoia.com/aristoteles/aristoteles.htm
http://recursos.cnice.mec.es/filosofia/f2ruta1.php?id_ruta
=17&id_etapa=101&id_autor=2
http://www.boulesis.com/
ARISTÓTELES (384-322)


10. Exames de
   selectividade
10. Exames de selectividade
10. Exames de selectividade
10. Exames de selectividade
10. Exames de selectividade
ARISTÓTELES (384-322)


11. Recursos
   audiovisuais
11. Recursos audiovisuais




Título: Alejandro Magno. Dirixida por
Oliver Stone, 2004.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (19)

Filosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea SalgadoFilosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
 
Métodos filosóficos
Métodos filosóficosMétodos filosóficos
Métodos filosóficos
 
Platón web
Platón webPlatón web
Platón web
 
Platón Guitiriz 2010/11
Platón Guitiriz 2010/11Platón Guitiriz 2010/11
Platón Guitiriz 2010/11
 
Cristianismo e helenismo
Cristianismo e helenismoCristianismo e helenismo
Cristianismo e helenismo
 
Descartes
DescartesDescartes
Descartes
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico
 
Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da Filosofía
 
Filosofía presocrática
Filosofía presocráticaFilosofía presocrática
Filosofía presocrática
 
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede RodríguezEl mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
 
2. Historicidade dos códigos morais
2. Historicidade dos códigos morais 2. Historicidade dos códigos morais
2. Historicidade dos códigos morais
 
Resumo platón
Resumo platónResumo platón
Resumo platón
 
Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1
 
Copia de a alquimia
Copia de a alquimiaCopia de a alquimia
Copia de a alquimia
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensión
 
Guia da exposición filocomic
Guia da exposición filocomicGuia da exposición filocomic
Guia da exposición filocomic
 
Fª cristiá
Fª cristiáFª cristiá
Fª cristiá
 
A alquimia (3)
A alquimia (3)A alquimia (3)
A alquimia (3)
 

Similar a Aristóteles (384-322 a.C.)

Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
2. PLATON vidaobras
2. PLATON vidaobras2. PLATON vidaobras
2. PLATON vidaobrasAfrica Lopez
 
Platón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das IdeasPlatón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das Ideaspepecelta
 
Platón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das IdeasPlatón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das Ideaspepecelta
 
Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1xcabido
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socratesEva Garea
 
Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristótelesvaldexeadas
 
6. Aristóteles, comprensión
6. Aristóteles, comprensión6. Aristóteles, comprensión
6. Aristóteles, comprensiónAfrica Lopez
 
Esquema aristóteles
Esquema aristótelesEsquema aristóteles
Esquema aristótelesvaldexeadas
 
Cosmovisiones
CosmovisionesCosmovisiones
Cosmovisionesalba_0721
 
Os científicos e o método científico
Os científicos e o método científicoOs científicos e o método científico
Os científicos e o método científicoconchiciencias
 
ESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELESESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELESvaldexeadas
 
Ud 0 final juani
Ud 0 final juaniUd 0 final juani
Ud 0 final juanijuanapardo
 

Similar a Aristóteles (384-322 a.C.) (20)

Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
2. PLATON vidaobras
2. PLATON vidaobras2. PLATON vidaobras
2. PLATON vidaobras
 
Platón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das IdeasPlatón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das Ideas
 
Platón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das IdeasPlatón e a Teoría das Ideas
Platón e a Teoría das Ideas
 
Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristóteles
 
Esquema meu
Esquema meuEsquema meu
Esquema meu
 
6. Aristóteles, comprensión
6. Aristóteles, comprensión6. Aristóteles, comprensión
6. Aristóteles, comprensión
 
Esquema aristóteles
Esquema aristótelesEsquema aristóteles
Esquema aristóteles
 
Cosmovisiones
CosmovisionesCosmovisiones
Cosmovisiones
 
04 aristóteles
04 aristóteles04 aristóteles
04 aristóteles
 
Os científicos e o método científico
Os científicos e o método científicoOs científicos e o método científico
Os científicos e o método científico
 
ESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELESESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELES
 
Eagleton, o debuxo dun círculo marxista
Eagleton, o debuxo dun círculo marxistaEagleton, o debuxo dun círculo marxista
Eagleton, o debuxo dun círculo marxista
 
Tema 2 arte griego
Tema 2 arte griegoTema 2 arte griego
Tema 2 arte griego
 
Tema 2 arte griego
Tema 2 arte griegoTema 2 arte griego
Tema 2 arte griego
 
Ud 0 final juani
Ud 0 final juaniUd 0 final juani
Ud 0 final juani
 
Diversidade seres vivos
Diversidade seres vivosDiversidade seres vivos
Diversidade seres vivos
 

Más de nieveslopez

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudablenieveslopez
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalnieveslopez
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estadonieveslopez
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasnieveslopez
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencianieveslopez
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesconieveslopez
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturanieveslopez
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesnieveslopez
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresnieveslopez
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?nieveslopez
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?nieveslopez
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosnieveslopez
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismonieveslopez
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanonieveslopez
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxíanieveslopez
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, societynieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 

Más de nieveslopez (20)

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estado
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitarias
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencia
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listos
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismo
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humano
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
 
Antropoloxía
AntropoloxíaAntropoloxía
Antropoloxía
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 

Aristóteles (384-322 a.C.)

  • 2. ARISTÓTELES (384-322) 0. Introducción 1. Contexto histórico 2. Biografía 3. Obra 4. Influencias: semellanzas e diferencias con Platón 5. Pensamento 6. Textos 7. Glosario 8. Bibliografía 9. Páxinas web recomendadas 10. Exames de selectividade 11. Recursos audiovisuais
  • 4. 0. Introdución Aristóteles (384-322 a.C.) ofrécenos un dos sistemas filosóficos máis completos e profundos do pensamiento antigo. A súa reflexión ocupouse de tódalas áreas principais da filosofía (metafísica, filosofía da natureza, teoría do coñecemento, lóxica, antropoloxía, ética, política, estética...) e en tódolos eidos, anque influido polo seu mestre Platón, fixo aportacións orixinais.
  • 5. 0. Introdución A filosofía de Aristóteles (e a súa expresión cristián na filosofía de Tomé de Aquino) dominará o pensamento occidental, tanto filosófico como científico, ata a aparición dos novos sistemas no Renacemento (Galileo) e a Idade Moderna (racionalismo, empirismo, Kant), sen que estas novas filosofías, sen embargo supoñan a desaparición completa da idea do mundo e dos conceptos básicos propostos 2.000 anos antes por Aristóteles. Platón e Aristóteles segundo Rafael
  • 7. 1. Contexto histórico Aristóteles vive no mesmo marco histórico que o seu mestre Platón, pois 43 anos os separan. Aristóteles vive a época de esplendor e decadencia da pólis ateniense. O Partenón, símbolo do esplendor da pólis ateniense
  • 8. 1. Contexto histórico Mais Atenas caerá dentro do dominio da pólis macedónica de Alexandre Magno, ao igual que o resto das pólis que compoñían a Hélade. Aristóteles fora mestre de Alexandre. A morte do rei macedónico marca o tránsito entre a época clásica á época helenística, onde aparecen outros valores políticos, Alexandre Magno sociais e culturais. (353-323)
  • 11. ARISTÓTELES (384-322) 384. Nace en Estaxira, fillo de Nicómaco. O seu pai era o médico oficial da corte macedonia en Pela.
  • 12. ARISTÓTELES (384-322) 367. Viaxa a Atenas e ingresa na Academia platónica, onde permanecerá vinte anos. A Academia de Platón
  • 13. ARISTÓTELES (384-322) 347. Morre Platón. Marcha de Atenas para Asos e funda alí unha escola coa axuda do tirano Hermias. Logo vai a Mitilene, na illa de Lesbos, onde realiza estudios sobre a natureza con Teofrasto. Teofrasto, sucesor de Aristóteles na escola peripatética
  • 14. ARISTÓTELES (384-322) 343. Reclamado polo rei macedonio Filipo II para ser preceptor do seu fillo Alexandre, futuro Alexandre Magno. Alexandre Magno
  • 15. ARISTÓTELES (384-322) 335. Volta a Atenas e funda o Liceo, escola que se convertirá na grande rival da Academia platónica. A costume de impartir as clases dando un paseo polo redor dos xardíns fará que os seus membros sexan coñecidos como peripatéticos (de paseo).
  • 16. ARISTÓTELES (384-322) 323. Trala morte de Alexandre Magno, prodúcese unha revolta antimacedónica en Atenas. Aristóteles é acusado de impiedade. Aristóteles dando clase a Alexandre. Os seus contacto coa corte de Macedonia foi vital na súa acusación
  • 17. ARISTÓTELES (384-322) 322. Morre en Calcis, a onde marchara desde Atenas. A dirección do Liceo recaeu en Teofrasto. Teofrasto
  • 19. OBRA ARISTOTÉLICA Os seus escritos divídense en dous grandes grupos: 1. ESCRITOS EXOTÉRICOS. 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
  • 20. OBRA ARISTOTÉLICA 1. ESCRITOS EXOTÉRICOS. Escritas durante os 20 anos que pasou na Academia platónica, presentan unha enorme débeda co seu mestre tanto na forma coma no contido. Na forma: trátase de DIÁLOGOS. No contido: defenden a teoría eidética do mestre en maior ou menor medida, así como a súa concepción do saber.
  • 21. OBRA ARISTOTÉLICA 1. ESCRITOS EXOTÉRICOS. NON OS CONSERVAMOS (apenas fragmentos e títulos das obras) e estaban destiñados ao gran PÚBLICO. Son: Grillo ou da retórica, Eudemo ou da alma, Protéptico e da filosofía, Verbo das Ideas, Verbo da Filosofía.
  • 22. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. SON OS QUE CONSERVAMOS; constitúen a base da actividade didáctica de Aristóteles, e polo tanto estaban destiñados a úso interno da escola. Chegaron ata nós a maior parte das obras da escola que versan sobre toda a problemática filosófica e sobre algunhas pónlas das ciencias.
  • 23. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. A clasificación destas obras debémola a Andrónico de Rodas, daquela o director do Liceo (s. I a. C.), que as englobou por temas e os publicou.
  • 24. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. Así, temos: 1.Uns tratados sobre lóxica, o ORGANON, composto polas obras: Categorías, Tópicos, Refutación Sofísticas, Verbo a interpretación, Analíticos Primeiros, Analíticos Segundos.
  • 25. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. 2.Uns tratados sobre Física e Bioloxía: Física, Verbo do Ceo, Verbo da xeración e a corrupción, Metereoloxía, Historia dos animais,Verbo da Alma. 3. Un tratado de Metafísica ou Filosofía Primeira: Metafísica.
  • 26. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. 4.Uns tratados sobre Ética e Política: Ética a Eudemo, Ética a Nicómaco, Política. 5. Uns tratados sobre Teoría da Arte: Poética, Retórica.
  • 27. ARISTÓTELES (384-322) 4. Influencias: semellanzas e diferencias con Platón
  • 28. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 1. Aristóteles abandonou o ELEMENTO MÍSTICO- RELIXIOSO- ESCATOLÓXICO para proceder a un DISCURSO FILOSÓFICO máis RIGUROSO. 2. Platón interesouse polas CIENCIAS MATEMÁTICAS (como os pitagóricos), pero non polas empíricas (agás a medicina). Aristóteles mostrou un interese moi vivo por case tódalas CIENCIAS EMPÍRICAS (e escaso aprecio polas matemáticas) e polos fenómenos en canto tales.
  • 29. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 3. Os diálogos platónicos son APORÉTICOS, a filosofía enténdese como unha busca sen pausa. Aristóteles emprende unha orgánica SISTEMATIZACIÓN das diversas aportacións, cunha clara distinción entre TEMAS e PROBLEMAS. 4. Rexeita a DIALÉCTICA platónica por considerar que non é un proceder do necesario, senón do posible. Aboga pola DEMOSTRACIÓN que ten como esquema o SILOXISMO.
  • 30. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 5. Manteñen unha distinta concepción e valoración da phýsis: se os sofistas relegan a natureza como centro de atención da filosofía, Platón faina ocupar un segundo plano na realidade, por debaixo do MUNDO DAS IDEAS na que radica o Ser, a realidade plena. Con Aristóteles a natureza volta a ter un papel central no pensamento e prodúcese unha nova definición do que se entende por tal.
  • 31. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 6. Rexeitamento da teoría das ideas: Rexeita que as ideas estén separadas das cousas (sexan tanscendentes a istas).Platón non consigue explicar nin a relación das ideas coas cousas sensibles, nin a xénese delas. Rexeita a teoría polo tipo de ideas que hai: Se para cada cousa ten que haber unha idea correspondente tamén existirán as Ideas de Relación (logo pérdese a unicidade da solución platónica); terá que haber ideas do positivo e do negativo. Polo tanto duplícanse os problemas a resolver. Aristóteles sostén que O SER DAS COUSAS, A SÚA ESENCIA, non está nas Ideas, nun mundo transcendente, senón NESTE MUNDO, NO MUNDO FÍSICO, SENSIBLE; e o SER por excelencia, a auténtica realidade, é concebida como SUSTANCIA, que se vai concretar na noción clave da súa filosofía.
  • 32. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Semellanzas coa concepción platónica: 1. Comparten a CONCEPCIÓN DO COÑECEMENTO como COÑECEMENTO DO UNIVERSAL, e a identificación deste universal como principio das cousas. 2. Céntrase no MUNDO DAS “COUSAS” INDIVIDUAIS (non da totalidade), e trata de explicar en QUE RESIDE O SER DESTAS, A SÚA ESENCIA (Sócrates: definicións universais; Platón: Ideas; Aristóteles: a forma). 3. A transcendencia e INMORTALIDADE do entendemento axente. 4. A superioridade da VIDA CONTEMPLATIVA. 5. A superioridade da METAFÍSICA sobre a física. 6. O vínculo da ÉTICA COA POLÍTICA.
  • 34. 4. Clasificación das ciencias A CIENCIA é o saber do UNIVERSAL e o NECESARIO. Clasifícaas en: Ciencias do Teóricas Matemáticas Necesario (describen a Física ou Filosofía (son as ciencias esenciadas cousas) Natural en senso pleno) Filosofía 1ª (Metafísica) Ética e Política Prácticas Ciencias do (tratan da conducta humana e das súas Posible accións) (tratan de aquel tipo de obxectos Poesía, retórica, que poden darse Poéticas (de gramática, arquitectura, ou non) “poiesis”, facer; tratan do relacionado coa medicina, zapatería,... producción) A LÓXICA é anterior a todas
  • 36. 5. A LÓXICA A Lóxica non é propiamente unha ciencia (non aparece na clasificación destas), senón un instrumento (organon) racional ao servicio das demais ciencias. A lóxica aristotélica non é puramente formal, é dicir,non é un estudio das formas do pensar con independencia da realidade, pois non está separada da Metafísica:describe ao mesmo tempo as estructuras do razoamento correcto e as estructuras da realidade.
  • 37. 5. A LÓXICA Aristóteles é o fundador da lóxica como disciplina, como estudio sistemático do razoamento.
  • 38. 5. A LÓXICA A Lóxica aristotélica comprende: 1.Unha teoría dos enunciados, na que explica de que xeito construímos as nosas expresións lingüísticas. 2. Unha teoría dos razoamentos na que di en que forma podemos asegurar a corrección das nosas deduccións e induccións: os siloxismos. 3. Unha teoría das categorías, que estudia os diversos significados da noción do ser, facendo unha clasificación dos seres en función dos xéneros supremos.
  • 39. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: Aristóteles estudia os enunciados en Verbo da interpretación. O obxecto deste tratado é o discurso apofántico ou declarativo, é dicir, aquela forma de discurso que desvea, que amosa ás claras algunha faceta ou modo de ser da cousa de que se fala.Mostrar abertamente, en toques de ocultar: este é o sentido do verbo apophaínein. A apóphansis consiste en mostrar algo como algo. Isto é o que fan os enunciados declarativos.
  • 40. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: O discurso apofántico, o enunciado, pode ser afirmativo ou negativo, universal ou particular. Logo esta clasificación dá lugar a catro tipos de enunciados: 1) Universais Afirmativos. 2) Universais Negativos. 3) Particulares Afirmativos. 4) Particulares Negativos.
  • 41. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: A ”Todo A é B”----contrarias--------------E “Ningún A é B” (universal afirmativo) (universal negativo) (Todo home é honrado) (Ningún home é honrado) subalternas contradictorias subalternas I “Algún A é B”------subcontrarias---------O “Algún A non é B” (particular afirmativo) (particular negativo) (Algún home é honrado) (Algún home non é honrado)
  • 42. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: Relaciónanse loxicamente: Entre (A) e (O) e entre (E) e (I) hai CONTRADICCIÓN.Unha é a simple negación da outra; se unha é verdadeira, a outra é falsa e viceversa. Entre (A) e (E) hai CONTRARIEDADE. Non poden ser á vez verdadeiras, pero poden ser á vez falsas. Entre (I) e (O) SUBCONTRARIEDADE. Non poden ser falsas á vez, pero si poden ser simultaneamente verdadeiras. Entre (A) a (I), e de (E) a (O) SUBALTERNIDADE. Se a universal é verdadeira, tamén é o a particular; se a particular é falsa, tamén é o a universal, pero non ao revés.
  • 43. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Na terminoloxía aristotélica “razoar” dise syllogízesthai e “razoamento” dise syllogismós, ou sexa, siloxismo. O siloxismo ou razoamento é “un discurso no cal, unha vez postas certas cousas, necesariamente resulta, a través de cousas establecidas, algo que é distinto das cousas establecidas”. As cousas “postas” son as premisas, e o que resulta necesariamente a conclusión.
  • 44. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Un exemplo: Tódolos vexetais son vivintes e Premisas Tódolos pinos son vexetais, Conclusión Tódolos pinos son vivintes Tanto as dúas premisas como a conclusión son proposicións ou enunciados. As proposicións están, a súa vez, compostas de termos: “vexetal”, “vivinte” e “pino”.
  • 45. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: En todo siloxismo hai tres termos: 1. O suxeito. 2. O predicado da conclusión. 3. O termo medio. A función do termo medio é a que determina as figuras do siloxismo. No exemplo anterior: Tódolos vexetais son vivintes e MéP Premisas Tódolos pinos son vexetais, SéM Conclusión Tódolos pinos son vivintes SéP Este é o modelo da PRIMEIRA FIGURA
  • 46. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Aristóteles distingue tres figuras: Primeira figura Segunda figura Terceira figura MéP PéM MéP SéM SéM MéS SéP SéP SéP
  • 47. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Ademais das figuras do siloxismo constrúe unha teoría do razoamento válido cos distintos modos posibles do mesmo atendendo á cantidade (universal, particular) e á cualidade (afirmativo, negativo) dos enunciados que se utilicen.Os lóxicos medievais resumiron os modos válidos coas seguintes regras mnemotécnicas: PRIMEIRA FIGURA SEGUNDA FIGURA TERCEIRA FIGURA Barbara Cesare Darapti Celarent Camestres Felapton Darii Festino Disamis Ferio Baroco Datisi Bocardo Ferison 4 + 4 + 6 = 14 modos válidos
  • 48. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Unha teoría formal do razoamento que, no esencial, permanecerá inalterada e insuperada durante séculos, ate o desenrolo contemporáneo da lóxica a partir do s. XIX.
  • 49. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: A proposición non é unha locución simple. Posúe unha estructura complexa consistente na combinación de dous termos ou locucións simples: así, o enunciado “os vexetais son vivintes” resulta da unión dos termos “vexetal” e “vivinte”.
  • 50. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: Ao estudio dos termos ou locucións simples está adicado o libro Categorías. Aristóteles clasifica os termos en dez xéneros ou grandes grupos: entidade (sustancia, ousía), cantidade, cualidade,relación, lugar, tempo, posición en que algo se atopa, estado no que algo está, acción e paixón.
  • 51. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: Categorías Substancia (suxeito) Accidentes ou atributos (predicados) (exemplo: Sócrates, Cantidade (exemplo: de dous metros) unha mesa) Calidade (exemplo: branco, bo, belo) Relación (exemplo: dobre, medio, maior,...) Lugar (exemplo: na casa, na ágora,...) Tempo (exemplo: onte, hoxe, nunca,...) Situación (exemplo: ergueito, deitado,...) Posesión ou condición (exemplo: estar armado,...) Acción (exemplo: “cortar”, “queimar”,...) Paixón (exemplo: “ser cortado”, “ser quemado”)
  • 52. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: Aristóteles concede unha prioridade absoluta á categoría primeira, a da entidade ou sustancia (ousía). As entidades son o eixe sobre o que xira a linguaxe, o núcleo ao que se orienta e remite o discurso. Cando o suxeito é unha entidade primeira, un individuo, só os predicados pertencentes á categoría de entidade din ou amosan qué é o suxeito. Tratándose deste tipo de suxeito, os predicados da categoría primeira exhiben aspectos esenciais do seu ser, amosan a súa esencia. Pola contra, os predicados pertencentes a tódalas demais categorías exhiben rasgos non esenciais, exhiben os seus accidentes.
  • 54. ARISTÓTELES (384-322) 6. FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS 6.2 A COSMOLOXÍA 6.3 A SICOLOXÍA 6.4 O COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
  • 55. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Se para Platón o estudio da natureza foi un tema secundario, por non tratarse da verdadeira realidade, para Aristóteles é un tema central. Neste aspecto é continuador dos presocráticos. Aristóteles define a natureza (phýsis) como principio interno do movemento que se dá nos seres naturais. Comprender, pois, a natureza consiste en explicar o cambio e o movemento.
  • 56. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Aristóteles distingue tres clases de seres: 1. SERES NATURAIS 2. SERES ARTIFICIAIS 3. SERES AZAROSOS
  • 57. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Os seres naturais teñen espontaneidade e finalidade. Espontaneidade porque teñen un principio interno de movemento e de repouso, que recibe o nome de natureza (phýsis). A finalidade refírese a que tales seres obran por fins (télos) e non por azar, debido á teleoloxía inmanente, que fai que tales seres se movan para acadar a súa perfección.
  • 58. 6.1 a noción aristotélica de phýsis Os seres artificiais teñen finalidade pero non espontaneidade. Son os artefactos producidos pola técnica humana. A finalidade é introducida neles por un axente exterior. Para Aristóteles a arte e a técnica han de imitar a natureza, que ofrece modelos perfectos.
  • 59. 6.1 A noción aristotélica de phýsis Os seres azarosos teñen espontaneidade, pero non finalidade e son fallos da natureza cando non logra acadar aos seus fins. A natureza tende a obrar sempre “de forma sabia”, pero ás veces fracasa e aparecen, por exemplo, seres monstruosos, productos do puro azar. A xeración fortuíta de monstros débese a unha materia defectuosa, incapaz de plasmar a forma.
  • 60. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Pois ben, a idea de natureza determina un ámbito da realidade, o ámbito dos seres naturais, o das cousas que existen “por natureza” (phýsei), en oposición a aquelas outras que non existen por natureza, senón por arte (artefactos), ou por abstracción (obxectos matemáticos): é o ámbito dos corpos suxeitos a movemento. De aí que ao físico corresponda esencialmente e prioritariamente o estudio do movemento.
  • 61. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Estudiemos pois o movemento. O problema do movemento era especialmente importante no pensamento grego, porque o movemento non era entendido só como movemento no espacio, senón como calquera modificación que podía sufrir unha cousa.
  • 62. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO De onde parte Aristóteles? Heráclito consideraba que todo cambiaba. Parménides afirmaba que todo permanece. Platón duplicaba a realidade separando o mundo sensible (cambiante) do intelixible (permanente). Ningunha destas opcións convence a Aristóteles.
  • 63. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Retomemos o argumento do eléata: Parménides concluiu a imposibilidade racional do movemento. Partindo do axioma “o que é, é (e non pode non ser) e o que non é, non é (e non pode ser)”, concluía que a noción mesma de movemento era de seu contradictoria: calquera cambio comportaría ou ben que algo que non é veña a ser e sexa, ou ben que algo que é veña a non ser e non sexa. O movemento esixiría o cambio de non ser a ser ou de ser a non ser.
  • 64. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Aristóteles dálle a razón ao eléata en canto o movemento non pode orixinarse nin a partir do que é, do ser, nin a partir do que non é, do non ser, se ámbolos dous termos tómanse de modo absoluto e sen ulteriores matizacións. Pero é posible facer matizacións.
  • 65. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO O movemento parte do non ser, p. ex. de non ser sabio a ser sabio: parte da privación que é unha maneira de non ser. Pero non parte do non ser, da privación en si, senón da privación en canto algo dáse nalgo que é, no suxeito. Logo o movemento parte do ser, dalgo que é: o suxeito, o home que chega a ser sabio. Pero non parte del en tanto que é, senón en tanto que non é sabio, é dicir, en canto afectado pola privación, polo non ser.
  • 66. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Para explicalo apoiase en dous conceptos: potencia (dýnamis) e acto (enérgeia, entelécheia). Parménides tomou a noción de ser univocamente, sin distinguir diversos modos de ser e de non ser.
  • 67. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Ser en potencia significa posibilidade ou capacidade de ser. Unha semente non é unha árbore, pero pode chegar a selo. Unha pedra non o é, nin pode selo. Unha pedra non é unha estatua, pero pode chegar a selo. Unha semente non, e non pode chegar a selo.
  • 68. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Ser en acto significa realización, termo, ou cumprimento dun proceso. Por iso, o acto recibe tamén o nome de entelequia, que denota a fin dun proceso. Así, cando a semente crece temos unha árbore en acto. Cando o arquitecto produce un edificio dunhas pedras, este, unha vez finalizado, é xa un ser en acto.
  • 69. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Malia que o ser en potencia sexa temporalmente anterior ao ser en acto, o acto, por ser máis perfecto, ten prioridade conceptual. Ámbalas dúas nocións son correlativas: un ser está en potencia con respecto a un estado e en acto con respecto a outro. A realización destas potencialidades é o movemento.
  • 70. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Aristóteles define o movemento como o paso da potencia ao acto, é dicir, como a actualización ou realización das posibilidades ou capacidades que ten o ser.
  • 71. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Tódolos seres da natureza, por seren móbiles ou cambiantes, están compostos de acto e de potencia. Só a materia primeira, o ser máis imperfecto, é pura potencia. Só Deus, o ser máis perfecto, é acto puro sen potencia. Tódolos seres forman unha escala ascendente por graos de perfección desde a materia primeira ata Deus.
  • 72. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio Aristóteles distingue 4 tipos de cambio: 1. CAMBIOS SUSTANCIAIS 2. CAMBIOS CUALITATIVOS 3. CAMBIOS CUANTITATIVOS CAMBIOS 4. CAMBIOS LOCAIS ACCIDENTAIS
  • 73. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO SUSTANCIAL corresponde á categoría da entidade ou ousía, e é aquel no cal se producen, ou ben se destrúen, entidades ou sustancias (xeración ou corrupción). O nacemento e a morte dos seres vivos ou a asimilación dos alimentos son exemplos de cambio sustancial.
  • 74. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO CUALITATIVO é un cambio accidental (porque cambia un accidente ou propiedade secundaria dun ser). Prodúcese cando cambia o accidente calidade, por exemplo a cor ao madurar as uvas.
  • 75. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO CUANTITATIVO é un cambio accidental no que cambia o accidente cantidade. Por exemplo, como medra 3 centímetros unha piña de uvas.
  • 76. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO LOCATIVO é un cambio accidental, onde o ser cambia de lugar.
  • 77. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio Nos cambios accidentais (cualitativos, cuantitativos, locativos) non se xeran ou destrúen sustancias, senón que a sustancia afectada modifícase nas súas determinacións accidentais. Pois ben, só estes tres, soamente os cambios accidentais son movementos en senso estricto.
  • 78. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A teoría hilemórfica xurdiu dunha reflexión sobre o problema dos cambios substanciais ou entitativos, que son os máis importantes. A palabra hilemorfismo procede dos termos gregos hyle (materia) e morphé (forma). A teoría hilemórfica afirma que tódalas substancias ou cousas sensibles, sexan seres naturais ou artificiais, compóñense de dous principios: a materia e a forma.
  • 79. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A MATERIA é aquilo de que está feito unha cousa, os elementos que compoñen un determinado ser. Por exemplo a pedra nesta obra, a madeira nunha mesa,... A materia pode ser de dous tipos: segunda e primeira. Materia segunda é a que está ligada a unha forma determinada. A materia primeira é unha realidade metafísica, que se caracteriza por ser amorfa (non estar unida a unha forma), indeterminada e ser mera potencia.
  • 80. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A MATERIA PRIMEIRA pode ser tódalas cousas, pero non é ningunha en acto. É un substrato eterno e común a tódalas materias segundas, presuposto último dos cambios substanciais. É moi similar ao que os filósofos presocráticos chamaron arché, é dicir, o material do que está feito o mundo, unha especie de fondo orixinario e primixenio de onde todo sae e a onde todo volve.
  • 81. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A FORMA é aquel principio que fai que unha substancia sexa un determinado ser e non outro. Por iso a forma é o que propiamente dá o ser, e equivale á esencia (eidos) ou natureza (physis) de algo. A forma denota a estructura esencial ou as propiedades esenciais que definen un ser. Por exemplo,a pesar dos distintos materiais que teñen estas sillas, e de que unhas teñan patas e outras rodas, a forma nola permite recoñecer como tales, e non como mesas.
  • 82. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A FORMA é o principio que identifica a unha pluralidade de individuos dentro da mesma especie ou clase. A forma esencial (morphé ou eidos) da silla identifica a tódalas sillas individuais e a forma ou esencia humana (a alma ou psyché) a tódolos individuos humanos.
  • 83. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A materia é o principio de individuación, o que fai diferentes aos individuos dentro da mesma especie. A forma é o elemento universal que se corresponde coa idea platónica, pero agora non está separada, senón unida á materia en cada ser individual. O dualismo ontolóxico de Platón tansformouse no hilemorfismo de Aristóteles.
  • 84. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A forma intelixible está unida sempre á materia sensible, agás no caso da materia primeira, que é pura metria sen forma, e de Deus, que é forma pura sen materia.
  • 85. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo Finalmente, o estaxirita correlaciona o par de conceptos potencia/acto co par materia/forma, de xeito que a materia equivale ao ser en potencia e a forma ao ser en acto. Logo, a afirmación de que os seres están compostos de materia e forma equivale á afirmación de que son compostos de potencia e acto, precisamente por tratarse de seres cambiantes e por tanto imperfectos.
  • 86. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS Se a ciencia é un coñecemento por causas (aitía), será misión da ciencia física, que estudia os seres en canto móbiles, averiguar cales son as causas do cambio. Hai 4 CAUSAS (aitías): 1. CAUSA MATERIAL 2. CAUSA FORMAL 3. CAUSA EFICIENTE 4. CAUSA FINAL
  • 87. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 1. CAUSA MATERIAL: é a materia da que está feita a cousa. A pel no caso no sillón é a súa causa material.
  • 88. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 2. CAUSA FORMAL: é a forma ou esencia da que falamos na teoría hilemórfica. A esencia que fai que isto sexa un sillón.
  • 89. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 3. CAUSA EFICIENTE: é a que orixina o proceso ou movemento: o artesán é a causa do sillón, o pai é causa do fillo.
  • 90. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 4. CAUSA FINAL: é o fin (télos) ou o para que dunha producción. Sentarse no caso citado do sillón.
  • 91. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS Nos seres arificiais distínguense as catro causas. Nos seres naturais só se identifican tres: a causa eficiente, a formal (nos seres vivos é a alma) e a final.
  • 92. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS Aristóteles prioriza a causa final sobre o resto, de aí que se considere que a súa é unha interpretación teleolóxica ou finalista da natureza, fronte a concepción atomista na que primaba o azar.
  • 93. 6. A física 6.2 A COSMOLOXÍA
  • 94. 6. A FÍSICA 6.2 A COSMOLOXÍA Aristóteles concibe o mundo como un conxunto de esferas concéntricas, que van desde a esfera da terra, que está en repouso no centro do sistema, á esfera das estrelas fixas na periferia. Dentro del distingue dúas rexións: a) o mundo infralunar, que é imperfecto, e b) o mundo supralunar, máis perfecto.
  • 95. 6. A FÍSICA 6.2 A COSMOLOXÍA 0 mundo infralunar é imperfecto porque nel danse a xeración e a corrupción. Os corpos desta rexión están compostos dos catro elementos, terra, auga, aire e lume, e están sometidos a movementos rectilíneos ascendentes ou descendentes. Os corpos compostos de terra e auga son pesados por natureza e tenden a baixar para residir na esfera que lle é propia, que é o seu lugar natural, mentres que os compostos de aire ou lume son lixeiros e tenden por natureza a subir para situase na súa esfera.
  • 96. 6. A FÍSICA 6.2 A COSMOLOXÍA 0 mundo supralunar vai desde a esfera da lúa á das estrelas fixas. É o mundo dos astros, que están formados por un quinto elemento, chamado éter. Aquí non hai xeración nin corrupción e os corpos celestes teñen un movemento circular, uniforme e, por tanto, perfecto. Os astros está suxeitos a esferas que son movidas por intelixencias motoras. O mecanismo das esferas é movido polo primeiro motor inmóbil, Deus como foco de atracción ou causa final de todo movemento. Esta imaxe dun mundo finito e xeocéntrico, dividido en dúas rexións diferentes, perdurará ata o Renacemento.
  • 97. 6. A física 6.3 A PSICOLOXÍA
  • 98. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles presenta a natureza xerarquicamente ordenada como unha escala ascendente que vai desde os seres inanimados aos seres animados e, dentro destes, das plantas aos animais e destes ao ser humano, que como ser racional sitúase no cumio dos seres vivos.
  • 99. 6. A física 6.3 A Psicoloxía A psicoloxía (tratado sobre a alma) aristotélica está en realidade integrada dentro da física e do que hoxe chamamos bioloxía, pois a alma (psyché) é o principio de vida que explica as actividades e movementos propios dos seres vivos. Se hai seres vivos é porque teñen alma.
  • 100. 6. A física 6.3 A Psicoloxía No seu tratado Sobre a alma, Aristóteles define a alma como a «entelequia primeira dun corpo natural que ten a vida en potencia, é dicir, dun corpo organizado». Se consideramos o ser vivo desde a teoría hilemórfica, o corpo identifícase coa materia e a alma coa forma. O corpo sóten a vida en potencia, sendo a alma o principio que pon a vida en acto.
  • 101. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles distingue tres tipos de almas coas respectivas funcións: a) a alma vexetativa, propia das plantas, que ten as funcións da nutrición, o crecemento e a reproducción; b) a alma sensitiva, propia dos animais, que asume as funcións do apetito, a sensación, a imaxinación, a memoria e a locomoción no espacio; c) a alma intelectiva ou racional, propia do ser humano, polas que este fala, pensa e razoa.
  • 102. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles aplica a súa teoría hilemórfica ao ser humano. Este, como toda substancia natural, consta de materia e forma. O corpo identifícase coa materia e co ser en potencia, e a alma coa forma ou esencia e co ser en acto. Contra o dualismo pitagórico e platónico, corpo e alma non son dúas substancias contrarias, senón dous elementos que constitúen unha única substancia.
  • 103. 6. A física 6.3 A Psicoloxía A alma racional contén as funcións anímicas inferiores, tanto as sensitivas como as vexetativas. Estas tres funcións anímicas son tres graos xerarquizados de desenvolvemento ascendente da vida humana, que acada a súa plenitude coa función racional.
  • 104. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Entre corpo e alma hai unha unión esencial e natural, non meramente accidental, como afirmaba Platón. É a mesma unión que hai entre materia e forma ou entre potencia e acto. Por tanto a alma non é unha realidade separable do corpo. O intelixible non existe separado do sensible.
  • 105. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles explica o ser humano desde a perspectiva científica dun biólogo e renuncia aos elementos místico-relixiosos que Platón tomara dos pitagóricos. Nega, así, as teses platónicas da inmortalidade, da preexistencia e da reencarnación das almas. Se o individuo morre, é porque desaparece o seu principio vital e o corpo convértese nun ser inanimado, sen alma.
  • 106. 6. A física 6.3 A Psicoloxía De todos modos, na antropoloxía aristotélica quedan restos de platonismo, pois, despois de afirmar que a alma individual (psyché ou forma do corpo) é mortal, afirma que o chamado entendemento axente é separable do composto, inmortal e eterno. Como Aristóteles non aclarou esta cuestión, os intérpretes posteriores discutirán se se trata de algo propio de cada individuo ou de algo común a todos os seres humanos.
  • 107. 6. A física 6.4 o coñecemento e as ciencias
  • 108. 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Aristóteles distingue, como Platón, dous tipos de coñecemento: O sensible, propio dos sentidos, e O intelectual, propio do entendemento. Pero o seu enfoque biolóxico lévao a valorar a experiencia sensible, que Platón desprezaba por influxo das matemáticas.
  • 109. 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Entre o coñecemento sensible e o intelectual hai unha íntima unión, pois tamén aquí, como na ontoloxía e na antropoloxía, o intelixible non pode separarse do sensible.
  • 110. 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS O coñecemento sensible ten por obxecto as substancias individuais que captamos a través da sensación. Por exemplo, vexo esta mesa material. O coñecemento intelectual recae sobre o universal ou a esencia intelixible, inmaterial. Por exemplo, coñezo a mesa abstracta e universal, é dicir, a esencia de todas as mesas.
  • 111. 6. FÍSICA ABSTRACCIÓN 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS O paso dos sentidos, que captan o Sentidos: sensacións individual, ao entendemento, que capta (individuais) o universal, dáse por medio dunha facultade intermedia chamada fantasía ou imaxinación, que ten por obxecto as imaxes das cousas antes percibidas. O coñecemento é un proceso que parte Imaxinación: imaxe do percibido da sensación, pasa pola imaxinación e remata no entendemento. Todo este proceso recibe o nome de abstracción, pois o entendemento actúa sobre as imaxes separando todo o que hai nelas de particular e concreto para formar o concepto universal e abstracto. Entendemento: concepto universal
  • 112. 6. FÍSICA ABSTRACCIÓN 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Coñecer a esencia dunha cousa Sentidos: sensacións sensible consiste en asimilar ou captar (individuais) de forma intencional, non a súa materia, senón a súa forma intelixible, o elemento universal que reside en cada substancia individual, é dicir, a forma Imaxinación: imaxe do percibido que é común para todos os individuos da mesma clase. De maneira análoga aos sentidos, que reciben as calidades sensibles sen a materia, como a cera recibe a impronta do selo sen o ferro, así o entendemento recibe a forma Entendemento: concepto intelixible. universal
  • 113. 6. FÍSICA ABSTRACCIÓN 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS O coñecemento universal está Sentidos: sensacións potencialmente na (individuais) percepción individual. Aristóteles refuta a teoría platónica da reminiscencia e do innatismo das ideas, pois Imaxinación: imaxe do percibido a alma ao nacer é como unha «táboa rasa» na que nada hai escrito, e explica o proceso de coñecer como un paso da potencia ao acto. Entendemento: concepto universal
  • 114. 6. FÍSICA ABSTRACCIÓN 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Por iso distingue dous entendementos: a) o entendemento paciente que, en Sentidos: sensacións analoxía coa materia (receptáculo (individuais) universal das formas) é mera potencia de coñecer, e b) un principio en acto, o entendemento axente que, como a causa eficiente, pon os intelixibles en acto, abstraendo Imaxinación: imaxe do percibido as formas intelixibles a partir das imaxes. Aristóteles compárao coa luz, que na sensación fai visibles en acto as cores que sen luz son só visibles en potencia. Se para a visión das cores necesitamos a luz, tamén para a intelección necesitamos o entendemento axente. Entendemento: concepto universal Entendemento pacente e entendemento axente
  • 115. 6. FÍSICA C 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS C I Ó No comezo da súa Metafísica afirma Aristóteles que «todos os seres N humanos desexan por natureza saber» e a continuación estudia os graos de saber ou niveis de coñecemento, que van, en sentido ascendente, desde o máis imperfecto ao máis perfecto: a experiencia ou saber empírico, a técnica ou saber técnico, a prudencia ou sabedoría práctica, a ciencia, a intuición intelectual e a sabedoría teórica.
  • 116. 6. FÍSICA C 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS C I Ó A experiencia (empeiría) é un saber nacido do hábito, que aplica N regras pero sen dar razóns delas. A través da sensibilidade obtemos a experiencia ou coñecemento empírico, que se refire a cousas individuais e concretas. A través do entendemento obtemos coñecemento sobre o universal que hai nas cousas individuais. Este coñecemento pode ser práctico ou teórico.
  • 117. 6. FÍSICA C 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS C I Ó Dentro do práctico dintínguense dous tipos: a) un saber técnico (téchne) ou «saber facer» N (regras ou destrezas técnicas), que se refire aos medios orientados á fabricación de artefactos útiles (unha cama, un barco) ou á producción de obxectos belos (obras de arte, como unha estatua ou un poema); b) un saber práctico chamado prudencia (phrónesis), que consiste en «saber actuar» ou saber obrar ben nas situacións relacionadas coa «vida boa», como son a moral ou a política. A prudencia implica deliberar sobre os fins en relación co a é continxente (sobre o necesario non cabe deliberación).
  • 118. 6. FÍSICA C 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS C I Ó O coñecemento teórico abarca tres graos sucesivos de saber: N a) a ciencia (epistéme), que é un coñecemento do universal e necesario, baseado na demostración (usa o siloxismo) e na indagación das causas; b) o coñecemento intuitivo ou intuición (nous) dos principios xerais que dirixen as ciencias, que non son demostrables, senón intuíbles (principio de non contradicción, terceiro excluso, etc.); c) a sabedoría teórica (sophía), que inclúe os dous graos anteriores, é o grao máis elevado de saber e culmina na contemplación das entidades supremas que estudia a metafísica.
  • 119. 6. FÍSICA C 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS C I Ó N Cando se converten en hábitos de conducta, os cinco últimos graos de saber dan lugar ás virtudes chamadas dianoéticas ou intelectuais, que Aristóteles estudia na Ética.
  • 120. 6. FÍSICA C 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS C I Ó Aristóteles distingue tres clases de ciencias, que se correlacionan con tres tipos de actividades N humanas, ordenadas xerarquicamente da máis perfecta á máis imperfecta: a) As ciencias teóricas, relacionadas coa vida teorética (theoria), que teñen por obxecto a contemplación intelectual, o saber polo saber ou a busca da verdade. Comprenden, por orde xerárquica, a metafísica, a matemática e a física. A metafísica é a ciencia máis perfecta, porque estudia as realidades supremas, as entidades inmóbiles e separadas da materia: o ser en canto ser e Deus como ente supremo. A matemática, que estudia entidades inmóbiles pero non separadas da materia, a diferencia de Platón. A física estudia os entes móbiles unidos e materiais dentro da natureza.
  • 121. 6. FÍSICA C 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS C I Ó b) As ciencias prácticas, ligadas á acción práctica (praxis), que está guiada pola N prudencia ou sabedoría práctica. Comprenden a política, a ética e a economía. A política estudia os principios relacionados coa convivencia xusta dentro da polis ou Estado. A ética, que é unha parte da política, trata sobre o ben, a vida boa ou feliz. A economía refírese ao ámbito doméstico e privado e ten por obxecto a administración da casa (oikós = casa).
  • 122. 6. FÍSICA C 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS C I Ó c) As ciencias productivas, relacionadas N coa actividade técnica ou productiva (poiésis). Entre elas están a retórica e a poética. A retórica versa sobre a forma de persuadir a un auditorio mediante a arte da palabra. A poética versa sobre a producción estética de obras de arte, como traxedias, comedias, poesía, etc. Nesta clasificación non consta a lóxica, pois, é unha propedéutica, un instrumento metodolóxico para as demais ciencias.
  • 124. 7. METAFÍSICA Aristóteles nunca empregou a palabra metafísica. Esta denominación procede de Andrónico de Rodas (s. I a. C.), décimo director da escola aristotélica. Ordenando a biblioteca do Liceo, despois dos libros de física colocou os de metafísica, por tratar os asuntos que están máis alá do ámbito físico, é dicir, por estudiar as realidades metaempíricas ou supraempíricas. Os nomes que Aristóteles usou para referirse á metafísica foron os de filosofía primeira e ciencia teolóxica ou teoloxía.
  • 125. 7. METAFÍSICA Aristóteles considera a metafísica como ciencia suprema e defínea de diferentes maneiras: primeiramente di que «indaga as causas ou os primeiros principios», ou tamén que «indaga o ser en canto ser». Para referirnos a estes aspectos utilizamos hoxe a palabra ontoloxía (= tratado sobre o ser).
  • 126. 7. METAFÍSICA Posteriormente, defínea como a ciencia que «indaga a substancia», pois a pregunta polo ser redúcese á pregunta pola substancia. Finalmente, afirma que «indaga a Deus e a substancia suprasensible» ou substancia inmaterial. Deste xeito, a ontoloxía transfórmase en teoloxía. Para a concepción do ser e da substancia que trata a ontoloxía, remitímonos ao que dixemos antes sobre a teoría das categorías no apartado da lóxica. Convén recordar que lóxica e ontoloxía son inseparables en Aristóteles, pois o estudio do ser está ligado ao estudio da linguaxe.
  • 127. 7. METAFÍSICA O estudio do movemento na Física, conduciu a Aristóteles a afirmar a existencia de Deus como primeiro motor inmóbil. Se todo ser que se move é movido por outro e este por outro e así sucesivamente, haberá que concluír que debe existir unha substancia inmóbil, que mova a todos os seres sen ser ela movida. Para Aristóteles o movemento é eterno, o mesmo que o tempo, que é inseparable del.
  • 128. 7. METAFÍSICA Este Deus aristotélico é concibido como unha intelixencia que é forma pura sen materia e acto puro sen potencia, por iso é inmóbil ou inmutable. Deus é tamén a causa final dos movementos dos seres, é dicir, o foco de atracción dos seres inferiores. Os seres móvense para acadar a perfección, e Deus move os seres como causa final. Usando a metáfora da atracción erótica, Aristóteles afirma, de maneira antropomórfica, que Deus atrae os seres «como se fose amado» por eles. É dicir, todos os seres ansían a perfección divina, que é o repouso eterno.
  • 129. 7. METAFÍSICA Finalmente, Aristóteles pregúntase pola actividade propia desta substancia espiritual e responde que consiste na actividade inmaterial de pensar. E como Deus non pode pensar nada inferior a si mesmo, defíneo como «pensamento autopensante», pensamento que se pensa a si mesmo eternamente. Poderiamos dicir que este Deus goza dun autismo metafísico, pois a contemplación eterna de si mesmo dálle a máxima felicidade.
  • 130. 7. METAFÍSICA Este Deus é a explicación última do problema do cambio. A física aristotélica está vencellada á metafísica e ten o seu fundamento último na teoloxía. O Deus de Aristóteles, que ás veces aparece como trascendente e outras como inmanente ao mundo, ignora a existencia do mundo e está moi lonxe da imaxe cristiá dun Deus creador que planifica e coida do mundo. No horizonte da filosofía grega, a idea de creación é estraña e o mundo é tan eterno coma Deus.
  • 132. 8.ÉTICA En coherencia coa teleoloxía que domina na natureza en xeral, Aristóteles fai unha interpretación teleolóxica da natureza humana. O ser humano, como todo ser natural, obra por fins, e o fin último ou ben supremo é para el a felicidade, que se caracteriza por ser autosuficiente, é dicir, non é un medio para outro fin. Esta teoría recibe o nome de eudemonismo (eudaimonía = felicidade).
  • 133. 8.ÉTICA Certamente, o ser humano busca moitos fins, como o pracer, a riqueza, a fama, o saber, etc., pero todos estes fins non se buscan por si mesmos, senón como medios para acadar a felicidade. Este fin último consiste no pleno desenvolvemento da propia natureza e na actividade máis acorde conforme á esencia humana, que é a actividade do pensamento e da razón: «o ben, para o ser humano, consiste nunha actividade da alma acorde coa virtude e, en caso de pluralidade de virtudes, acorde coa máis excelente e perfecta delas».
  • 134. 8.ÉTICA A felicidade identifícase, pois, coa vida teorética (bíos theoretikós), coa actividade intelectual, que é a actividade esencial do ser humano, a que máis nos acerca á vida da divindade, que consiste, como vimos, no pensamento. Aristóteles, a diferencia do hedonismo de Epicuro, non identifica a felicidade co pracer. O pracer non é o ben, nin tampouco é un mal. O pracer é só un medio para a vida feliz pero non o fin da mesma.
  • 135. 8.ÉTICA A dedicación á vida teorética ou contemplación intelectual, propia do sabio ou do filósofo, require, sen embargo, certas condicións materiais, pois a vida anímica non se pode dar separada do corpo e das súas necesidades. Entre estas condicións, cita Aristóteles: a saúde corporal, unha longa vida, algunha riqueza ou bens externos, ocio e sobre todo liberdade.
  • 136. 8.ÉTICA Desta teoría elitista da felicidade quedan excluídos os escravos e cantos se dedican aos traballos corporais, manuais ou traballo doméstico, todos eles ligados á necesidade de sobrevivir. A liberdade e a vida dedicada ao ocio era privilexio dunha minoría. Aristóteles, como Platón, despreza o traballo material e as actividades técnicas como inferiores (nos sofistas hai, pola contra, unha valoración da técnica e do traballo corporal e manual).
  • 137. 8.ÉTICA Para conseguir a felicidade é necesaria a práctica das virtudes. Contra Sócrates e os estoicos, a felicidade non se identifica coa vida virtuosa. Tamén esta, como o pracer, é un medio e non un fin en si. A virtude non é unha capacidade innata (ninguén nace virtuoso), senón un hábito adquirido a través do exercicio e da práctica. Unha persoa faise xusta practicando moitos actos de xustiza.
  • 138. 8.ÉTICA A diferencia das paixóns, a virtude é unha disposición que presupón unha deliberación voluntaria, pola que podemos elixir libremente entre fins continxentes. Aristóteles oponse á tese intelectualista socrática de que ninguén elixe o mal se sabe o que é o ben, pois as paixóns inflúen na elección e na práctica do ben. Entre o coñecemento do ben e a práctica do mesmo non hai, pois, conexión necesaria, senón continxente.
  • 139. 8.ÉTICA A virtude defínese como o xusto medio (mesotés) entre dous extremos viciosos, un por defecto e outro por exceso. A virtude ten, pois, algo de equilibrio estético, moi típico da arte clásica grega. Por exemplo, a valentía ou fortaleza é un punto medio entre a covardía e a temeridade; a xenerosidade estaría entre os extremos da avaricia e a prodigalidade; a temperanza (autodominio) sería o punto medio entre a insensibilidade ascética e o desenfreo.
  • 140. 8.ÉTICA Pero este punto medio non se pode tomar en absoluto, senón en relación a nós, e tampouco significa mediocridade nin unha media matemática. Para calcular na práctica este xusto medio, Aristóteles propón seguir o modelo dun home prudente: obrar como o faría el seguindo a recta razón e tendo en conta as diversas circunstancias da acción.
  • 141. 8.ÉTICA Como o ser humano é ao mesmo tempo racional e irracional, Aristóteles distingue dous tipos de virtudes: as dianoéticas ou intelectuais (teóricas) e as éticas ou do carácter (prácticas). As primeiras relaciónanse coa vida teorética e son: a técnica (téchne), a prudencia ou sabedoría práctica (phrónesis), a ciencia (epistéme), a intuición (nous) e a sabedoría teórica (sophía). Nega así a confusión socrática entreprudencia e técnica (entre «saber actuar» e «saber facer» ) e a reducción do saber práctico a saber teórico.
  • 142. 8.ÉTICA Pero concorda con Sócrates e Platón afirmando que as virtudes dianoéticas son as máis importantes, pois pertencen á vida contemplativa, propia do sabio, e son a que dan a verdadeira felicidade. As virtudes éticas só proporcionan unha felicidade secundaria. Entre as virtudes éticas ou do carácter podemos citar: a fortaleza, a temperanza, a amizade, etc
  • 143. 8.ÉTICA Pero entre elas destaca pola súa importancia a xustiza, virtude social e política por antonomasia. Pero a xustiza, entendida como un hábito de proporción que busca o equilibrio (lémbrese a balanza como símbolo), é un termo que ten varios significados. Hai unha xustiza xenérica, a legal, que consiste na observancia das leis. Pero hai ademais tres tipos específicos de xustiza: a) a distributiva ou xeométrica, que consiste no reparto proporcional de bens de acordo cos méritos; b) b) a conmutativa ou aritmética, que se refire á igualdade nos intercambios comerciais e c) c) a retributiva ou reparadora, que é a que practica un xuíz tratando de reparar danos e delictos.
  • 144. 8.ÉTICA Finalmente, hai que sinalar que a ética aristotélica está intimamente relacionada coa política. Os individuos só poden lograr a felicidade dentro da comunidade política (polis) ou Estado. Non se trata dunha ética individualista no sentido moderno, senón social ou comunitarista, pois os individuos son só partes que están subordinadas ao todo social. O Estado é como un organismo no que o todo ten prioridade sobre as partes, pero ten un fin ético: promover a xustiza e facer felices os cidadáns.
  • 146. 9. Política A filosofía política de Aristóteles renuncia á utopía idealista de Platón e céntrase, de forma moi realista, na análise empírica. Aristóteles non fai unha deducción a priori dun Estado ideal que non era deste mundo, senón que analiza de forma inductiva e realista as diversas constitucións a partir da experiencia das cidades gregas e da historia doutros pobos.
  • 147. 9. Política Adoptando unha vez máis un punto de vista teleolóxico, Aristóteles afirma que «o ser humano é por natureza un animal político» (zóon politikón), é dicir, que só dentro da polis ou Estado pode realizar plenamente a súa esencia. Quen pretenda vivir illado do Estado, ou ben é unha besta ou ben un Deus. A sociabilidade humana non é, pois, convencional ou producto dun pacto entre individuos, como sostiñan os sofistas, senón algo enraizado na natureza humana.
  • 148. 9. Política A natureza social do ser humano concorda coa súa natureza racional expresada a través da linguaxe. Que o ser humano é un animal racional (zóon logikón) significa non só que ten razón, senón palabra (logos significa simultaneamente razón e palabra) e sen a palabra non é posible a vida en comunidade. Os animais teñen voz (foné) e emiten sons, pero non palabras articuladas.
  • 149. 9. Política Máis alá da comunidade da familia, ligada á reproducción, e da comunidade da aldea, formada por varias familias para atender as necesidades materiais, o Estado- cidade é a comunidade perfecta, autosuficiente, que ten como fin o vivir ben, ou sexa conseguir unha vida feliz. Ética e política son inseparables. O Estado non só posibilita a vida moral, senón tamén a actividade intelectual, que é a máis acorde coa esencia humana.
  • 150. 9. Política O traballo manual, como o dos escravos, artesáns, comerciantes, agricultores ou o das mulleres no fogar, é degradante e impropio de homes libres. Por iso todos os traballadores manuais quedan excluidos da vida política e da cidadanía. A institución da escravitude ten para Aristóteles un fundamento natural, non social: uns son por natureza libres e outros escravos por natureza, non por causas sociais. «O escravo é un instrumento animado», propiedade do seu amo.
  • 151. 9. Política Aristóteles fai unha crítica ao ideal platónico, que aparecía na República, dun Estado convertido en sociedade perfecta. A proposta platónica de loitar contra o egoísmo abolindo a familia e a propiedade privada para a clase media e superior, vai contra a orde natural, pois tanto a familia como a propiedade derivan da natureza humana. O mellor remedio contra o egoísmo consiste nunha boa educación pública da cidadanía para exercer a virtude da xenerosidade.
  • 152. 9. Política Tamén abandona a visión aristocrática da sociedade platónica. Aristóteles pensa que a base máis sólida para unha comunidade é que o peso do poder recaia sobre unha clase media, que mire polo ben da comunidade, e que non teña ambicións por falta do básico para vivir, o que daría lugar a revolucións.
  • 153. 9. Política Seguindo unha clasificación xa anticipada por Platón en O Político, Aristóteles diferencia tres formas de goberno que son correctas ou lexítimas, por estar orientadas ao ben común e ao interese público, e tres formas desviadas, por orientarse só ao interese privado dos gobernantes. As formas correctas son a monarquía, a aristocracia e a democracia (politeia). Cal sexa a máis adecuada, depende de cada pobo e das condicións históricas. Aristóteles non propón, como Platón, un único modelo ideal e absoluto. Cada unha destas tres ten a correspondente forma desviada: a monarquía pode dexenerar en tiranía, a aristocracia en oligarquía e a democracia en demagoxia.
  • 154. 9. Política Aristóteles, como meteco de clase media e como filósofo que parte da experiencia e do posible, propugna unha ética e unha política feita a medida dos seres humanos, pero non de todos, xa que defende a orixe natural da escravitude e a inferioridade da muller con respecto ao home. No ámbito doméstico, ao contrario que no ámbito político, non rexe o principio da xustiza nin as relacións entre iguais. Na familia só se impón a autoridade do pai sobre a muller, os fillos e os escravos. Algúns sofistas criticaran, sen embargo, a escravitude en nome da igualdade, e o mesmo Platón avogaba na súa república ideal pola igualdade entre os sexos.
  • 155. A Filosofía despois de Aristóteles A filosofía helenística e o fin da filosofía clásica
  • 156. O HELENISMO A etapa helenística comprende o período que vai entre a morte de Alexandre Magno (323 a. C.) ata a incorporación de Exipto no Imperio Romano (30 a. C). Filosoficamente é a etapa final da Filosofía antiga, en contacto xa co mundo romano.
  • 157. O HELENISMO O helenismo foi o momento da grande expansión política e cultural da civilización grega polas terras de oriente e do Mediterráneo oriental. Alexandre Magno propuxérase a conquista do mundo grego e a súa expansión polo Imperio Persa.
  • 158. O HELENISMO Á súa morte houbo serias loitas entre os seus xenerais para conseguir a herdanza do imperio, que rematarán no reparto deste en tres estados: Macedonia, Siria e Exipto. Estes estados gobernáronse mediante monarquías absolutas, instauradas por dereito de conquista. Isto supuxo a ruptura da polis clásica e polo tanto das formas de organización social e política que viñeran funcionando nos últimos séculos, quedando incluida nun estado territorial maior.
  • 159. O HELENISMO Roma foi aproveitando o desmembramento do imperio de Alexandre e pouco a pouco foi facéndose forte en detrimento de Grecia, que foi anexionada no 197 a C. Os intereses dos romanos eran fundamentalmente prácticos e non especulativos como foran os dos gregos. A cultura helena empapou así o Imperio Romano nos tempos de Augusto, co cal o pensamento grego chegou a Roma.
  • 160. O HELENISMO Estes acontecementos históricos influíron de xeito decisivo na filosofía. A situación de inestabilidade primeiro, e posteriormente a perda da posibilidade dunha acción política directa como ocorrera nos tempos anteriores levou aos pensadores ao abandono das grandes visións sistemáticas anteriores (Platón, Aristóteles).
  • 161. O HELENISMO Na época clásica os cidadáns sentíanse protagonistas, membros do grande individuo que era a polis; só nela se podía conseguir a vida boa. Agora, os filósofos íllanse do mundo e da cidade centrándose principalmente na procura da liberdade e a felicidade persoal. O importante é o ser humano individual, mentres que a colectividade queda neste momento relegada a un segundo plano. Calquera outro coñecemento deberá subordinarse á esfera ética.
  • 162. O HELENISMO A situación case que estacionaria da filosofía contrasta co enorme desenvolvemento que teñen as ciencias nesta época (xeografía, historia, filoloxía, medicina, matemáticas, astronomía, etc.). Atenas continuará sendo o centro filosófico, mentres que a verdadeira capital cultural do mundo helenístico pasará a Alexandría. O seu museo e a súa biblioteca constituíron a máis grandiosa reunión do saber antigo ata que César ordena a súa queima no ano 47 a. C. na campaña en Exipto.
  • 163. O HELENISMO As escolas de Platón e Aristóteles continuaron neste período a liña dos seus mestres con poucas achegas novas. A Academia perdurou no tempo ata o 529 d. C. e as ideas platónicas sufriron distintas modificacións buscando a harmonía coas novas formas de pensar. Pola súa banda, á morte de Aristóteles, Teofrasto fíxose cargo do Liceo, continuando a tendencia empirista da escola. As principais formulacións filosóficas do momento virán da man do epicureísmo, o estoicismo e o escepticismo.
  • 164. O EPICUREÍSMO O iniciador desta escola foi Epicuro de Samos (341-270 a.C.), que no 306 a C. funda o Xardín, onde acolle aos seus discípulos e amigos na procura dun ideal de vida: a felicidade, que se consegue logrando a paz mental ou tranquilidade de ánimo (ataraxia). O maior transmisor da doutrina epicúrea será o romano Lucrecio na súa obra De rerum natura.
  • 165. O EPICUREÍSMO Como o obxectivo é a consecución da felicidade, a ética converterase na disciplina fundamental da filosofía. Os epicúreos defenden unha ética hedonista, partindo da idea de que todos os individuos buscan o pracer e tentan evitar a dor. E como hai praceres contrapostos, a cuestión consiste en calcular cal é a máxima cantidade de praceres compatibles.
  • 166. O EPICUREÍSMO Este cálculo desenvólvese como unha economía do pracer, de xeito que o máximo pracer se consegue moderando os impulsos pracenteiros, renunciando a algún deles para acadar outros maiores. Para iso, deben levar á práctica os seus desexos.
  • 167. O EPICUREÍSMO Existen desexos naturais, como a necesidade de comer para calmar a fame, pero algúns individuos abandónanse á procura de praceres que non son tan necesarios: a busca de riquezas, a ansia de gloria... A consecución destes desexos non proporciona a anhelada felicidade, pois non levan á tranquilidade do corpo nin da mente. A moderación e o autodominio deben guiar a elección dos praceres, pois só así conseguiremos a paz interior.
  • 168. O EPICUREÍSMO Para completar os asuntos éticos, os epicúreos botan man da física, pois só coñecendo a natureza poden esvaerse os temores que afectan a vida e impiden lograr a ataraxia. Epicuro acepta a física atomista para explicar a natureza. Existen átomos que se moven no baleiro e que caen polo seu peso verticalmente. Ás veces, e dun xeito imprevisto, os átomos desvíanse (clinamen) e chocan uns con outros formando corpos. Como consecuencia, non debemos temer ao destino, pois todo na natureza é puro azar.
  • 169. O EPICUREÍSMO Tampouco ten sentido temer aos Deuses, pois eles non se entremeten en ningún asunto humano ou natural. Epicuro enfróntase así á relixión tradicional grega. Os deuses existen pero viven nunha total felicidade, co cal non necesitan ocuparse das cousas do mundo.
  • 170. O EPICUREÍSMO A física demostra tamén que é absurdo terlle medo á morte. Como todos os seres, a alma está composta de átomos materiais e polo tanto é mortal. Non existe nada logo da morte e, de feito, nese momento, tampouco existiremos nós: cando a morte estea, nós xa non estaremos, e se nós estamos, ela aínda non. Tampouco hai que temer a dor, porque aínda que non se poida evitar, é fácil de soportar. Co cal nada hai que temer.
  • 171. O EPICUREÍSMO A filosofía complétase coa canónica (lóxica), que nos permite comprobar que o noso coñecemento é seguro, xa que se ocupa de atopar un criterio de verdade. Epicuro atópao nas sensacións: os datos que nos ofrecen os sentidos son sempre verdadeiros e o erro só pode aparecer nos xuízos que facemos a partir dos datos sensibles.
  • 172. O ESTOICISMO O estoicismo nace nos pórticos de Atenas (na Stoa) da man de Zenón de Citio (335-263 a.C.). A escola pasou por varias etapas e acadou o seu máximo esplendor no ámbito romano. Froito da época na que nace, o obxectivo do individuo estoico é a consecución da felicidade. Os estoicos recollen o intelectualismo moral socrático-platónico e identifican virtude e sabedoría. A virtude é o único ben e o vicio o mal. Só o sabio pode ser virtuoso, lograr o dominio das súas paixóns e vivir conforme á natureza e á razón. Isto implica amosarse indiferente ás emocións (apatía) para salvagardar a propia vida.
  • 173. O ESTOICISMO A ética estoica atopa a súa xustificación na física. Os estoicos afirman que o mundo é un grande organismo con vida, dotado dun principio racional que é razón seminal de todo o que existe e que rexe o mundo. Este principio, semellante ao lume de Heráclito, é o pneuma. Nun período de 300 séculos todo se disolve e todo se rexenera no lume divino. Este ciclo cósmico é o ciclo do eterno retorno, e polo tanto, o Universo está sometido ás leis da necesidade. Isto é o que coñece o sabio, que se recoñece impotente para modificar o transcurso dos acontecementos.
  • 174. O ESTOICISMO . Para salvarse, os individuos -o sabio- deben actuar en conformidade coa orde necesaria do mundo. Por iso o estoico propugna cumprir co deber, ou sexa, levar a cabo aquelas accións que a razón amosa como conformes á natureza. A alma humana é inmortal, pois é un anaco desprendido do pneuma universal e por iso a razón pode coñecer a estructura do universo.
  • 175. O ESTOICISMO Os estoicos son os creadores da lóxica proposicional. A lóxica estoica dividíase en retórica e dialéctica, e ocupábase do coñecemento e o recto argumentar. Para os estoicos as impresións sensibles non poden constituír o criterio de verdade, pois o coñecemento existe cando rexeitamos ou aceptamos esas sensacións logo da meditación. O criterio de verdade está no asentimento consciente da razón ao recoñecer a relación entre as imaxes mentais creadas a partir da sensación e os obxectos fóra de nós.
  • 176. O ESTOICISMO O estoicismo en Roma continúa coa busca da vida boa, con Séneca (4 a. C.- 65 d. C.), Epícteto (50-125 d. C.) e Marco Aurelio (121- 180 d. C.) como figuras principais. Acentúase o sentido cosmopolita que xa aparecía no mundo grego, ao sentir que existe un vínculo entre todos os seres humanos. Ocuparanse tamén de cuestións teolóxicas, co que influirán no cristianismo.
  • 177. O ESCÉPTICISMO 0 escepticismo nace como doutrina elaborada con Pirrón de Elis (365-275 a.C.) foi continuado polos últimos seguidores da Academia platónica, Arcesilao e Carnéades, e no mundo romano foi defendido por Sexto Empírico fundamentalmente. Aparece cun tinte moral, aínda que pronto se estenderá ao ámbito do coñecemento. Os escépticos atacaron todo tipo de dogmatismo, especialmente o dogmatismo especulativo dos estoicos.
  • 178. O ESCÉPTICISMO O escepticismo parte da idea de que non podemos coñecer a realidade. Esta actitude é a consecuencia que se desprende do decurso da Academia á morte de Platón. O mundo das ideas xa non ten valor, e só queda o mundo sensible. Como é unha realidade cambiante, só podemos atopar nel un coñecemento particular e subxectivo. De feito Platón necesitara do mundo das ideas para cimentar un coñecemento universal e necesario. Caído este mundo, derrúbase tamén a posibilidade de epistéme.
  • 179. O ESCÉPTICISMO O sabio escéptico ve imposible expresar a verdade (afasia) e debe suspender os seus xuízos (epojé) sobre o mundo. Isto que vale para o coñecemento teórico é imposible na vida cotiá, onde debemos decidir continuamente que facer. Así, os valores éticos recoñécense como individuais e subxectivos pero son necesarios pan vivir en paz.
  • 180. O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA En sentido estricto, a filosofía antiga remata co peche da Academia no 529 d C., co emperador Xustiniano, o que supón a implantación definitiva do cristianismo e o pensamento cristián. Mais xa desde había varios séculos a filosofía grega pasara ao mundo romano e o cristianismo convivía co pensamento racional. Esta convivencia supuxo o encontro das tradicións helénicas e xudías no mundo romano, o que impulsou unha revalorización das filosofías pitagóricas e platónicas, cercana ás concepcións místicas.
  • 181. O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA No século III a. C. fúndase a Escola de Alexandría, que pretende traducir o Antigo Testamento ao grego. Dous séculos máis tarde, Filón de Alexandría tenta establecer unha síntese entre o platonismo, o estoicismo e a fe xudía.
  • 182. O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA No ámbito máis estrictamente filosófico cómpre destacar para rematar a filosofía antiga, o rexurdimento que no século III d. C. terá o platonismo. Ammonio Sakka funda o neoplatonismo, que acadará o seu esplendor con Plotino. Este afirma que Un trascende a natureza, e a partir del, por medio dun proceso de emanación, derívase toda a realidade en tres niveis: cando o Un reflexiona sobre si mesmo xera intelecto; deste emana a alma do mundo e dela o mundo corpóreo. O ser humano practicando o ben e buscando a verdade pode fundirse no Un co goce do éxtase.
  • 184. 6. Textos: comentario de texto obrigatorio 3º comentario de texto obrigatorio: “Entón, o ceo e a natureza depende dun principio de tal natureza. E esa vida que tamén para nós é a máis excelente, pero que só nos é concedida por breve tempo, el vívea sempre, pois para el, a súa actividade é tamén gozo. O acto intelectual, que é por si mesmo, ten por obxecto o óptimo por si mesmo; o intelecto pénsase a si mesmo trocándose en intelixible, pois se fai intelixible no contacto e na intelixencia de si mesmo, por iso se identifican o intelecto e o intelixible […]. por iso, a actividade máis doce e máis excelente é a contemplación. E como o acto de comprender é vida, e el é acto, así, o acto puro Por si mesmo é óptima e eterna vida del. Por iso, dicimos que Deus é vivente, eterno, óptimo. Pois isto é Deus. Pero é evidente, tamén, que é impasible e inalterable.” ARISTÓTELES: Metafísica, XII, 9, pp. 1074-5.
  • 185. 6. Textos OS PRECEDENTES DA TEORÍA DAS CAUSAS “Estes [os filósofos anteriores], por conseguinte, só tocaron esta causa [la causa material]; e outros, aquela de onde procede o principio do movemento [a causa eficiente] (por exemplo, os que poñen como principio a Amizade e o Odio ou o Entendemento ou o Amor). Pero a esencia e a substancia [causa formal] ninguén as enunciou claramente, sendo os que máis se aproximan os partidarios das Especies (pois nin consideran as Especies como materia para as cousas sensibles nin o Un como materia para as Especies, nin o principio do movemento como procedente delas - pois din que máis ben son causas de inmobilidade e de quietude-, senón que aducen as Especies como a esencia de cada unha das demáis cousas, e o Un, como a esencia das Especies). E aquelo a causa do cal se realizan as accións e os cambios e os movementos [causa final], o chaman en certo modo causa, pero non o chaman expresamente causa nin din que sexa causa no sentido en que por natureza o é. En efecto, os que mencionan o Entendemento ou a Amizade, presentan como un ben estas causas, pero non din que algún dos entes sexa ou se faga a causa delas, senón que delas proceden os movementos. E, así mesmo, tamén os que afirman que o Un ou o Ente son tal natureza, aseguran que son causa da substancia, pero non que a causa deles sexa ou se faga; de sorte que, en certo modo, ocúrrelles que din e non din que o Ben é causa; pois non o din en sentido absoluto, senón accidental. ARISTÓTELES, Metafísica, I 7, 988 a - 988 b
  • 186. 6. Textos O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS Hai tamén algo que move eternamente, e como hai tres clases de seres, o que é movido, o que move, e o termo medio entre o que é movido e o que move, é un ser que move sen ser movido, ser eterno, esencia pura, e actualidade pura. Velaí cómo move. O desexable e o intelixible moven sen ser movidos, e o primeiro desexable é idéntico ao primeiro intelixible. Porque o obxecto do desexo é o que parece belo, e o obxecto primeiro da vontade é o que é belo. Nós desexamos unha cousa porque parécenos boa, e non nos parece tal porque a desexamos: o principio aquí é o pensamento. Agora ben; o pensamento é posto en movemento polo intelixible, e a orden do desexable é intelixible en si e por si; e nesta orde a esencia ocupa o primeiro lugar; e entre as esencias, a primeira é a esencia simple e actual. Pero o un e o simple non son a mesma cousa: o un designa unha medida común a moitos seres; o simple é unha propiedade do mesmo ser.
  • 187. 6. Textos O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL: DEUS De esta maneira o belo en si e o desexable en si entran ambos na orde do intelixible; e o que é primeiro é sempre excelente, xa absolutamente, xa relativamente. A verdadeira causa final reside nos seres inmóbiles, como o mostra a distinción establecida entre as causas finais, porque hai a causa absoluta e a que non é absoluta. O ser inmóbil move con obxecto do amor, e o que el move imprime o movemento a todo o demáis. Logo en todo ser que se move hai posibilidade de cambio. Se o movemento de traslación é o primeiro movemento, e este movemento existe en acto, o ser que é movido pode mudar, se no en canto á esencia, polo menos en canto ao lugar. Pero desde o momento en que hai un ser que move, permanecendo él inmóbil, aínda cando exista en acto, este ser non é susceptible de ningún cambio. En efecto, o cambio primeiro é o movemento de traslación, e o primeiro dos movementos de traslación é o movemento circular. O ser que imprime este movemento é o motor inmóbil. O motor inmóbil é, pois, un ser necesario, e en tanto que necesario, é o ben, e por conseguinte un principio, porque hai varias acepcións da palabra necesario: hai a necesidade violenta, a que coarta a nosa inclinación natural; despois a necesidade, que é a condición do ben; e por último o necesario, que é o que é absolutamente de tal maneira e non é susceptible de ser doutra.
  • 188. 6. Textos O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS (...) É evidente, conforme co que acabamos de dicir, que hai unha esencia eterna, inmóbil e distinta dos obxectos sensibles. Queda demostrado igualmente que esta esencia non pode ter ningunha extensión, que non ten partes e é indivisible. Ela move, en efecto, durante un tempo infinito. E nada que sexa finito pode ter unha potencia infinita. Toda extensión é finita ou infinita; por conseguinte, esta esencia non pode ter unha extensión finita; e por outra parte, non ten unha extensión infinita, porque non hai absolutamente extensión infinita. Ademáis, finalmente, ela non admite modificación nin alteración, porque tódolos movementos son posteriores ao movemento no espacio. Aristóteles, Metafísica, Libro Duodécimo, VII
  • 189. 6. Textos As formas de goberno: (Política, III 5, 1279 a-b) "Posto que réxime e goberno significan o mesmo, e goberno é o elemento soberano das cidades, necesariamente será soberano ou un só, ou poucos, ou a maioría; cando o un ou a minoría ou a maioría gobernan atendendo ao interese común, eses reximenes serán necesariamente rectos; pero os que exercen o mando atendendo ao interese particular do un ou da minoría ou da masa son desviacións; porque, ou non se debe chamar cidadáns aos que participan no goberno, ou deben participar nas ventaxas da comunidade. Dos gobernos unipersonais solemos chamar monarquía á que mira ao interese común; aristocracia ao goberno duns poucos, pero máis dun, ben porque gobernan os mellores, ou ben porque se propón o mellor para a cidade e para os que pertencen a ela. Cando a maior parte é a que goberna atendendo ao interese común recibe o nome común a tódolos rexímenes: república. E é así con razón, pois un só ou uns poucos poden distinguirse pola súa excelencia; pero un número maior é xa difícil que alcance a perfección en toda clase de virtude, pero pode destacar especialmente na virtude guerreira, pois ista dase na masa. Por elo precisamente neste réxime a clase combatente ten o poder supremo e participan nel os que posúen as armas. As desviacións dos réximes mencionados son: a tiranía da monarquía, a oligarquía da aristocracia e a democracia da república. A tiranía é unha monarquía que atende ao interese do monarca, a oligarquía ao interese dos ricos e a democracia ao interese dos pobres; pero ningún deles atende ao proveito da comunidade“.
  • 191. 7. Glosario Accidentes O que lle corresponde a algo continxentemente por non estar comprendido na súa esencia, aquelo que lle pertence a un ser de tal xeito que o pode perder sen chegar a aniquilarse.
  • 192. 7. Glosario Acto O ser actual, a realidade do ser. Acto Puro Deus.
  • 193. 7. Glosario Alma Principio de vida nos seres vivos. Alma Intelectiva Parte máis elevada da alma humana. Alma Sensitiva Presente nos animais e os homes, a alma sensitiva permite o coñecemento inferior ou sensible (a percepción), o apetito inferior (o desexos e apetitos que teñen que ver co corpo como o desexo sexua ou as gañas de comer) e movemento local. Alma Vexetativa Presente nas prantas, os animais e os homes, permite as actividades vitais máis básicas como a reproducción, o crecemento e a nutrición.
  • 194. 7. Glosario Causa Factor ou principio do que depende unha cousa. Ciencia En grego “epistéme”. É o saber das relacións necesarias existentes entre as cousas. A diferencia do Noûs, é un saber discursivo ou demostrativo.
  • 195. 7. Glosario Entendemento Axente Ou intelecto axente. Parte da alma grazas á cal é posible alcanzar a ciencia. Esencia O que teñen os seres concretos de estable e intelixible; a natureza ou rasgos que fan de algo o que é e non outra cousa.
  • 196. 7. Glosario Eudemonismo Enténdese por "eudemonismo" toda teoría ética que identifica a felicidade co Sumo Ben. Forma Conxunto de rasgos característicos dun obxecto.
  • 197. 7. Glosario Materia A realidade da que está feita uhna cousa. Materia Prima o primeira Ou materia primeira. Materia sen forma algunha. Non é perceptible polos sentidos e é o substrato último do cambio sustancial. Materia Segunda Materia con forma determinada (por exemplo, o mármore dunha estatua de mármore).
  • 198. 7. Glosario Movemento Calquera tipo de cambio ou modificación que poda sufrir unha sustancia. Potencia Poder para exercer unha transformación nun obxecto ou disposición para poder chegar a ser algo.
  • 199. 7. Glosario Primeiro Motor Deus Substancia Ou sustancia. O ser independente do cal se predican os atributos. Substancias Primeiras As sustancias primeiras son os suxeitos individuais, suxeitos compostos de materia e forma. Substancias Segundas Ou os xéneros e as especies.
  • 200. 7. Glosario Teleoloxía Doutrina que considera indispensable para a comprensión da realidade a referencia aos fins ou motivos polos que ocurre algo. Teoría Hilemórfica Teoría aristotélica segundo a cal tódolos seres sensibles ou perceptibles (tanto os naturais como os artificiais) compóñense de materia (hylé) e forma (morphé). Virtude Hábito selectivo que consiste nun termo medio relativo a nós, determinado pola razón e por aquela pola cal decidiría o home prudente. En latín “virtus”, en grego “areté”. Para Aristóteles a virtude é unha "excelencia engadida a algo como perfección".
  • 202. 8. Bibliografía Bibliografía de Aristóteles recomendada: -Aristóteles, Ética nicomaquea, Editorial Gredos, Madrid, 2003. -Aristóteles, Política, Editorial Gredos, Madrid, 1995.
  • 203. 8. Bibliografía Bibliografía secundaria recomendada: -Montoya, J.; Conill, J., Aristóteles: Sabiduría y Felicidad, Ediciones Pedagógicas, Madrid, 1985. -Soto, Luis G., Aristóteles, Baía edicións, A Coruña, 2003.
  • 205. 9. Páxinas web recomendadas Para ampliar información sobre Aristóteles, e realizar exercicios, test e cazatesoros: http://gl.wikipedia.org/wiki/Arist%C3%B3teles http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la- filosofia/Filosofiagriega/Aristoteles/Principal- Aristoteles.htm http://www.cibernous.com/autores/aristoteles/ http://www.webdianoia.com/aristoteles/aristoteles.htm http://recursos.cnice.mec.es/filosofia/f2ruta1.php?id_ruta =17&id_etapa=101&id_autor=2 http://www.boulesis.com/
  • 207. 10. Exames de selectividade
  • 208. 10. Exames de selectividade
  • 209. 10. Exames de selectividade
  • 210. 10. Exames de selectividade
  • 212. 11. Recursos audiovisuais Título: Alejandro Magno. Dirixida por Oliver Stone, 2004.