SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 9
Descargar para leer sin conexión
Unidade 4

A Metafísica e os
seus problemas
          1. NOCIÓN DE METAFÍSICA:
          ORIXE, NOCIÓN E PRINCIPAIS
          CORRENTES
          2.      OS        PROBLEMAS         DA
          METAFÍSICA
             2.1 O problema teolóxico
             2.2 O problema ontolóxico
             2.3 O problema cosmolóxico
             2.4 O problema antropolóxico
             2.5 O problema da substancia e a
          causalidade
             2.6 O problema do sentido da
          existencia
          3. A CRÍTICA DA METAFÍSICA
             3.1 A crítica da metafísica de
          Hume
             3.2 A crítica da metafísica de Kant
             3.3 A crítica da metafísica de
          Nietzsche
             3.4 A crítica da metafísica do
          neopositivismo
Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas




1.     Noción de Metafísica: orixe, noción e principias correntes

        O concepto “Metafísica” provén dos vocablos gregos “méta”,
preposición que pode ser traducida como ‘máis alá ou alén’, e “physiká” que
significa ciencia que estudia a natureza, pois provén de “Physis”, natureza para
os gregos. Así o termo “meta-física”, atendendo á súa orixe filolóxica, pode ser
traducida como “o que está máis alá da natureza”.

      Foi Andrónico de Rodas o primeiro que acuñou este termo. Encargado
da clasificación das obras de Aristóteles, denominou a aquelas que viñan
despois das obras físicas como a “Metafísica”, nome co que pasou a ser
coñecida esta obra, malia non aparecer esta denominación no orixinal.

     A Metafísica pasou a denominar a aquel ámbito da investigación que se
ocupa das realidades metaempíricas ou suprasensibles, realidades que
exceden o ámbito dos sentidos.

       Xa dixemos que o termo “Metafísica” non aparecía na obra de
Aristóteles. Outros termos eran utilizados na obra deste filósofo, e hoxe pasan
por ser sinónimos da Metafísica.
       É o caso de Ontoloxía. A Metafísica, pola súa natureza non contrastable
trata do ser en canto ser, presente en tódolos seres concretos. Así, Ontoloxía
provén de “ón”, participio do verbo ser, e que pode ser traducido como ‘ente’, e
“lógos” que significa ‘tratado’, ‘investigación’. Así, Ontoloxía é o “saber do ser
en canto ser”.
       É o caso tamén de “Filosofía Primeira”. Esta ocúpase das causas
últimas ou remotas das cousas, en contraposición ás ciencias que se ocuparían
das causas próximas ou inmediatas.
       Tamén a Teoloxía ou indagación sobre Deus, identificado como Motor
Inmóbil no peripatético, foi outra denominación que aparecía neste autor.

        Podemos concluír que a Metafísica é un saber racional que versa sobre
a totalidade do real, a súa esencia e primeiras causas, e sobre cuestións que
están máis aló do saber científico. Acerca da esencia da realidade, as dúas
principais posturas dadas ao longo da historia do pensamento filosófico son:
     •     Materialismo sostén que só son reais as entidades materiais, que a
           materia constitúe a esencia da realidade, e que o espiritual é só unha
           manifestación da materia. O materialismo non nega a existencia de
           entidades inmateriais, só que poidan existir á marxe da materia. Para
           o materialismo, o espiritual só se explica desde o material.
     •     Espiritualismo ou Idealismo Metafísico sostén, polo contrario, que
           o autenticamente real é o espiritual ou ideal, que o espírito constitúe
           a esencia da realidade, e que tódolas entidades materiais non son
           máis que manifestacións dunha realidade espiritual, superior e
           independente da materia.




Filosofía e Cidadanía                             I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo)   1
Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas


2. Os problemas da metafísica

       Podemos sintetizar os principais problemas que foron abordados pola
Metafísica nos seguintes: o problema teolóxico, o ontolóxico, o cosmolóxico, o
antropolóxico, o da substancia e a causalidade e o problema do sentido da
existencia.

2.1 O problema teolóxico
         O problema teolóxico fundamental consiste en poder determinar
mediante argumentacións racionais se Deus existe e cal é a natureza divina.
Respecto da existencia de Deus, os principais argumentos metafísicos foron:
o ontolóxico, o cosmolóxico e o teleolóxico.
       •   O argumento ontolóxico deriva a existencia da idea de Deus como
           suma perfección, de aí que fose considerado unha demostración a
           priori da existencia de Deus. Foi formulado polo filósofo medieval
           escolástico Anselmo de Canterbury no século XI. Se Deus é suma
           perfección non pode carecer de nada, xa que senón non sería
           perfecto, así que ten que te-la existencia, pois do contrario non sería
           perfectísimo, logo Deus existe. Segundo este argumento, dicir “Deus
           non existe” é unha contradición lóxica.
       Tanto o argumento cosmolóxico coma o teleolóxico, foron formulados
por Tomé de Aquino, filósofo escolástico do s. XIII. Máis concretamente estes
dous tipos de argumentacións inclúense dentro das denominadas “cinco vías”
para demostrar a existencia de Deus que o aquinate propón. Todas son
demostracións a posteriori, parten da experiencia, apóianse no principio de
causalidade (todo efecto é producido por una causa), négase o recurso ad
infinitum a unha cadea infinita de causas (é dicir, ten que existir una primeira
causa), ata chegar a Deus.
       •   O argumento cosmolóxico demostra a existencia de Deus a partir
           de feitos do mundo físico. Esta proba baséase no principio de
           causalidade, segundo o cal todo o que existe ten unha causa da súa
           existencia. E como non é posible remontarse nunha cadea infinita de
           seres intermedios que dan e reciben a existencia, porque existe un
           último na serie, é necesario concluír que existe un primeiro ser
           necesario, Deus, que é a primeira causa incausada de todo o que
           existe na natureza.
       •   O argumento teleolóxico (de télos, “fin”), partindo do feito de que
           existe orde no universo, conclúe a existencia dun ser intelixentísimo,
           Deus, que o goberna.
Posturas antiteolóxicas: A partir do século XIX empezan a xurdir filósofos
que cuestionan as probas da demostración da existencia de Deus e a súa
existencia. Feuerbach, membro da esquerda hegeliana, sinalou que non é
Deus quen nos fixo a súa imaxe e semellanza, senón que fomos nós os que
creamos a Deus a nosa imaxe e semellanza (Deus é un produto cultural máis,
proxección das calidades humanas). Freud denunciou a imaxe paternalista de
Deus que subxace en toda relixión e que expresa o carácter inmaduro da
personalidade relixiosa. Marx sinalou que “a relixión é o opio do pobo”, é dicir,
un discurso ideolóxico máis que detentan as clases explotadoras sobre as
explotadas para evitar que se rebelen contra elas prometendo compensacións
nunha vida futura. Nietzsche proclamou a morte de Deus, é dicir, o


Filosofía e Cidadanía                             I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo)   2
Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas


aniquilamento da crenza nun mundo supraempírico e nos valores
transcendentais que foron inculcados polas clases sacerdotais nos espíritos
dos febles, xunto cos sentimentos de culpa e resentimento.

2.2 O problema ontolóxico
        A ontoloxía é aquela investigación que estuda o Ser. Un dos primeiros
temas de reflexión da metafísica, e a dicir de moitos o fundamental, é o do ser.
Este concepto é o máis universal e, polo mesmo, o máis difícil de definir e o
máis problemático.
        A palabra “ser” ten gramaticalmente tres sentidos distintos: pode usarse
como substantivo, e neste caso é sinónimo de ente; pode usarse como verbo
intransitivo, e neste caso significa existir; e pode usarse como verbo
copulativo, e neste caso utilízase para atribuír calidades aos entes e expresa-la
súa esencia. En canto que toda a pluralidade e diversidade de entes son, o ser
expresa o común a todos eles.
        Parménides de Elea, filósofo presocrático do s. VI-V a.C., foi o primeiro
filósofo que reflexiona de modo explícito sobre o ser, que para el é o arkhé, o
fundamento de toda a realidade, posto que todas as cousas son algo. O ser é
eterno (non pode diluírse na nada), un (pois é o común a todas as cousas),
indivisible (pois non ten partes, é un), inmutable (pois o ser non pode pasar a
ser non-ser) e limitado (pois o ser non o é todo, xa que non é non-ser). Ao
coñecemento do ser chámalle Parménides vía da verdade, e é a que
emprenden os filósofos ou sabios a través do coñecemento racional, mentres
que o vulgo segue a vía da opinión, a que descoñece o ser e guíase polos
sentidos.
        Aristóteles fixo da ontoloxía unha base relevante da súa filosofía, e
Heidegger no s.XX, considerou que a historia da metafísica é a historia do
esquecemento da pregunta polo ser que, pensa, hai que volver a suscitar
desde as bases do sentido do ser e do sentido da existencia humana.

2.3 O problema cosmolóxico
       A metafísica ten reflexionado tamén sobre certas cuestións referentes ao
universo, formulando coas mesmas numerosos problemas que van alén das
comprobacións científicas. Algunhas destas cuestións son: é o universo
espacialmente finito ou é infinito? Tivo o universo un principio no tempo ou é
eterno? A existencia do universo permite afirma-la existencia dunha primeira
causa non material da que depende? Pode a materia dividirse ata o infinito ou
hai un punto no que se ten que dete-la división? Tódolos acontecementos do
universo están rixidamente determinados ou existe a indeterminación? Hai
finalidade ou azar na natureza? Ao longo da historia, os metafísicos teñen
defendido e argumentado solucións distintas respecto destas cuestións.

2.4 O problema antropolóxico
      Outro tipo de problemas metafísicos refírense a qué tipo de ente é o ser
humano e qué lugar ocupa entre o conxunto de entes da realidade.
      Outra das cuestións polas que se interesa a metafísica acerca do ser
humano é a de saber se, ademais dun corpo material e mortal, posúe unha
alma espiritual e inmortal.
      O concepto de alma (psyché) tiña para os gregos dous significados
básicos: como principio de vida (a alma sería o que anima ao corpo) e como


Filosofía e Cidadanía                             I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo)   3
Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas


principio de coñecemento racional. A estes significados asóciaselle tamén a
idea relixiosa de inmortalidade e constitúe a realidade distintiva e específica
dos seres humanos fronte ao resto dos animais.
        Platón recolleu o concepto de alma inmortal dos pitagóricos e dos cultos
órficos relixiosos non oficiais. Para o ateniense só podemos coñecer a
auténtica realidade, o Mundo das Ideas, a través da alma, debendo
desprendernos da mala influenza que exerce o corpo sobre ela que nos apega
ao Mundo Sensible. Defende pois, un dualismo antropolóxico entre alma e
corpo, sendo este último, como para os pitagóricos, un cárcere para a alma.
    Aristóteles entendeu a alma como principio de vida e movemento dos
seres, morrendo esta cando desaparecía o corpo. Así existían, dentro dos
seres animados, tres tipos de almas:
    • A alma vexetativa é a propia das plantas e exerce as funcións de
        nutrición e reprodución.
    • A alma sensitiva, propia dos animais, ademais das funcións anteriores,
        exerce a percepción sensible, o desexo, o movemento local, a memoria
        e a imaxinación.
    • A alma racional, exclusiva dos homes varóns e libres, ademais das
        funcións anteriores, é o único ser que pode exercer funcións intelectivas.
        Así, Aristóteles define ao home como “animal racional”.
    Descartes defendeu un dualismo antropolóxico radical, é dicir, o ser
humano estaría composto por dúas substancias independentes, a res cogitans
ou “cousa pensante”, a alma, e a res extensa ou “cousa extensa”, o corpo. As
dificultades que tivo para dar conta da necesaria conexión que existe entre o
pensamento, produto da actividade da alma e as accións corporais, farían que
situase a alma dentro do corpo, na glándula pineal. Mais un aspecto positivo
da concepción deste autor é que a alma preséntase como conciencia, como
causa e principio básico para as accións libres e responsables, algo
importante para a ética e o Dereito.

2.5 O problema da substancia e a causalidade
    • A substancia
    A palabra substancia é de orixe latina, vén de sub-stare e significa ‘estar
debaixo’, ‘ser soporte’. Traduce a palabra grega hipóstasis. Así, substancia é
aquilo que fai que algo sexa o que é e non outra cousa, é dicir, aquilo que
identifica a algo como tal e o diferenza dos demais.
    Aristóteles contrapuxo a substancia e os accidentes. Substancia é o que
permanece constante e inalterado a pesar dos cambios que poida padecer ese
obxecto. Os accidentes son aquelas características dos obxectos que non son
fundamentais para a súa configuración (perder o pelo, crecer, caer un dente).
    As substancias para o peripatética están compostas de materia (aquilo do
que está composto unha substancia, a madeira nunca cadeira, por exemplo) e
a forma (a esencia das cousas, aquilo que fai que sexa unha cadeira e non
unha mesa).
    Pola suá parte Descartes define a substancia como “aquela cousa que
existe de tal maneira que non necesita doutra para existir”. Existirían para
Descartes tres substancias: a res cogitans (ou cousa pensante, o eu
identificado coa alma), a res infinita (ou cousa infinita, Deus) e a res extensa
(ou a cousa extensa, o mundo e o corpo para o ser humano). Só Deus (res
infinita) é substancia ao pé da letra. Tamén o son a alma (res cogitans) e o


Filosofía e Cidadanía                             I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo)   4
Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas


corpo (res extensa), xa que son independentes, unha vez que reciben o seu ser
de Deus. As dificultades que tivo Descartes para conciliar a relación que existía
entre as tres substancias fixo que xurdiran alternativas desde as propias filas
do racionalismo. Así, para Spinoza só existe unha única substancia: Deus sive
Natura (Deus ou a Natureza).
    • O principio de causalidade
    O principio de causalidade fai referencia á necesidade de que todo efecto
sexa producido por unha causa e, xa que logo, que toda causa produza un ou
varios efectos.
    O primeiro que se preocupou pola causalidade foi Aristóteles para quen o
sabio tiña que dar conta das causas que provocaban o movemento da
natureza. A substancia é dinámica. Para explicar o cambio, Aristóteles utiliza a
teoría das catro causas:
    • Causa material: aquilo do que está feito algo (a madeira).
    • Causa formal: dálle a esencia á materia (a mesa)
    • Causa eficiente: o responsable do movemento (o carpinteiro).
    • Causa final: o fin para o que está feito o obxecto (apoiarse, soportar
       cousas).

2.6 O problema do sentido da vida
   Os metafísicos tamén indagaron sobre o sentido da vida, tanto individual
como colectiva. Os cristiáns non dubidan en afirmar que Deus é o sentido da
vida. Mais negar a Deus desemboca no nihilismo na ausencia total de sentido.
   Nietzsche fixo unha crítica demoledora da cultura occidental. A morte de
Deus leva consigo a desaparición dos valores tradicionais de Occidente, pero
tamén orixina un novo tipo de ser humano: o superhome. O superhome é un
novo tipo de humanidade, o home que mira ao mundo sen prexuízos, coa
mirada inocente dun neno e significa apego á terra, afirmación da vida e dos
valores terreais.
   Para o filósofo español Ortega y Gasset vivir é abrirse ao mundo e aos
demais, non só a través da razón, tamén no querer e sentir. Somos como
náufragos no mundo, sabemos que existimos e a nosa preocupación é facer
algo para non deixar de existir (“eu son eu e a miña circunstancia; se non a
salvo a ela, non me salvo a min”). Todo ser humano é fillo do seu tempo e
elabora o seu proxecto de vida nas circunstancias persoais e históricas que lle
tocou vivir. Cada un ten unha vocación que debe descubrir. Pode ter moitos
proxectos, pero só un é o acertado. Hai dous camiños que nos apartan del: non
facer nada ou estar tan ocupados nos quefaceres cotiáns que non deixemos
tempo para afrontar o que debemos facer. A vida é signo de acertar.

3. A crítica da metafísica
3.1 A crítica da metafísica de David Hume

        O principio de Hume que afirmaba que todas as ideas proveñen, mediata
ou inmediatamente, das impresións, fai da validez da ciencia un problema e
suporá un rexeitamento da metafísica.
        Hume leva a cabo unha crítica das tres realidades nucleares da metafísica
tradicional, ás que xa Descartes conceptuara como substancia pensante (eu),
substancia extensa (mundo dos corpos) e substancia infinita (Deus).


Filosofía e Cidadanía                             I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo)   5
Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas


    • Crítica da idea de substancia
    Locke constatara a dificultade de coñecer a substancia. Para Hume, a
substancia, como calquera outra idea, ten que derivar da súa correspondente
impresión e, dado que este non é o caso, debemos concluír que tal idea carece de
fundamento real extramental, porque non podemos ter impresión ningunha da
substancia, entendida como realidade en si, distinta das nosas percepcións.
Afirma: “A idea de substancia, como a de modo, non é senón unha colección de
ideas simples unidas pola imaxinación, que posúen un nome que se lles asigna,
polo que somos capaces de recordar, a nós mesmos e a outros, esas coleccións”.
    • A crítica da idea de “eu”
    Tanto en Descartes como en Locke, a idea de “eu” aparece en nós por unha
evidencia intuitiva: un eu que pensa, quere, ama e que, por tanto, existe. Para
Hume, a mente non é senón “unha colección de distintas percepcións, unidas
entre si por certas relacións, coa falsa suposición de que están dotadas dunha
perfecta simplicidade e identidade”. Entende que a existencia dunha substancia
espiritual, en particular a existencia do “eu”, en tanto realidade dotada de
subsistencia continuada e autoconscente, non aparece en nós como tal idea,
porque non se deriva de ningunha impresión.
    O eu” ou a “persoa” non son unha impresión. Representan aquilo ao que se
refiren por suposición, as nosas diferentes impresións e ideas. En realidade, non
temos ningunha impresión constante e invariable: dores e praceres, anhelos e
alegrías, paixóns e sensacións se alternan de maneira continuada e nunca existen
todas á vez. Por tanto, a idea de “eu” non se pode derivar de ningunha destas
impresións e tampouco de ningunha outra. En consecuencia, o referente de tal
idea non existe.
    • A crítica da idea de mundo exterior
    Hume considera que se pretende que a afirmación dese mundo externo ao
suxeito estea baseado na inferencia causal, que parte das nosas ideas e nos
conduce a unha realidade exterior causante das mesmas. Esta pretensión resulta
infundada, porque a inferencia é ilexítima, dado que damos un salto improcedente
desde as nosas percepcións ata unha suposta realidade, que está máis alá delas
e da que non temos impresión. Isto non supón a negación do mundo externo,
dado que o seu non coñecemento queda suplido pola crenza no mesmo.
    • A crítica da idea de Deus
    O noso autor parte da idea que temos de Deus como unha substancia infinita
con todas as súas perfeccións (omnipotencia, omnisciencia...). Aplica o criterio
que se vén reiterando, acorde co seu radical empirismo. A idea que temos de
Deus ou da perfección infinita non se corresponde con ningunha impresión que a
lexitime. Polo tanto, infírese que non existe ningún tipo de coñecemento de Deus,
nin teolóxico, nin metafísico. Non obstante, recoñece que a relixión e a crenza na
existencia de Deus son naturais e necesarias entre as persoas. En consecuencia,
a actitude de Hume pode denominarse como agnóstica, pero non como teísta ou
atea.
    • A crítica ao principio de causalidade
    Para Hume o principio de causalidade (que todo efecto é producido por unha
causa) é outro concepto metafísico produto da nosa imaxinación. Segundo Hume,
cando percibimos na realidade varias veces dous feitos consecutivos, tendemos a
crer que o primeiro é a causa do segundo. Sen embargo, só percibímo-los dous
feitos e non a súa conexión causal, de modo que, dado un efecto, xamais
chegaremos a saber con absoluta seguridade cál é a súa causa, e, dada unha


Filosofía e Cidadanía                             I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo)   6
Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas


causa, qué efectos producirá. Polo tanto, conclúe Hume, tampouco podemos
coñecer mediante unha proba racional que Deus existe como a primeira causa do
mundo, como facía Tomé de Aquino.

3.2 A crítica da metafísica de Kant

    A crítica de Immanuel Kant á metafísica tradicional é herdada de Hume,
pois segundo el mesmo indica “Hume espértalle do soño dogmático” e unha
consecuencia da crítica á que someteu ás facultades humanas de
coñecemento. Se pretendemos descubrir se é posible o coñecemento
metafísico, di Kant, antes haberá que saber cómo coñecemos e qué condicións
debe cumpri-lo coñecemento en xeral.
    Para Kant, o coñecemento refírese sempre a fenómenos (as cousas para
nós) e non a noúmenos (as cousas en si mesmas); estes só os podemos
pensar, pero non coñecer.Distingue tres facultades de coñecemento: a
sensibilidade, o entendemento e a razón. O coñecemento concíbeo como unha
síntese entre as intuicións da sensibilidade e os conceptos do entendemento. A
nivel destas dúas facultades xorde o coñecemento (como no caso das
matemáticas e a física), pero non a nivel da razón, que é a facultade na que se
basea a metafísica.
    Para Kant, a razón non é unha facultade de coñecemento, senón de
organización e suprema unificación de tódolos coñecementos. Os contidos da
razón son tres ideas, as cales constitúen os temas fundamentais da metafísica
tradicional: a idea de mundo (unificación de tódolos fenómenos físicos), a idea
da alma (unificación de tódolos fenómenos psíquicos) e a idea de Deus
(unificación de toda a realidade). As ideas da razón non se refiren a nada real;
son só principios regulativos e expresan o afán que ten o ser humano de
coñecelo todo, aínda que sexa imposible.
    Crer que a estas tres ideas lles corresponde algo real é produto dun
espellismo e ilusión, en el incorreu toda a metafísica tradicional. Kant
proponse desenmascarar esta ilusión. Así, critica tódolos argumentos
metafísicos que proban a existencia da alma, pon de manifesto as
contradicións en que incorreu a cosmoloxía tradicional, e critica tódolos
argumentos sobre a existencia de Deus.
    • Do argumento ontolóxico di que a existencia non engade prefección a
        un ser, polo que se pode pensar a Deus como ser perfectísimo, e non
        saber se existe ou non existe.
    • Do argumento cosmolóxico critica o abuso que fai do principio de
        causalidade, o cal só é válido no ámbito da experiencia sensible (as
        categorías ou formas a priori do entendemento, como o principio de
        causalidade, só se poden aplicar a fenómenos, non a nóumenos), e o
        que identifique a Deus co primeiro ser necesario.
    • Do argumento teleolóxico di que non conclúe a existencia dun Deus
        creador e omnisciente, senón só dun ordenador moi sabio.
    De tódolos xeitos, aínda que declare a imposibilidade dun coñecemento
    metafísico acerca da existencia de Deus e da liberdade e inmortalidade da
    alma, Kant admitirá como unha esixencia moral que Deus existe e que a
    alma é libre e inmortal. Deus e alma serían así realidades nouménicas,
    que podemos pensar, pero non coñecer.



Filosofía e Cidadanía                             I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo)   7
Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas




3.3 A crítica da metafísica de Nietzsche

    Nietzsche oponse ao dualismo ontolóxico, fiel reflexo do dualismo
platónico:
- Este mundo, sensible e imperfecto
- O outro mundo, suprasensible e perfecto, fundamento daquel.
    Segundo tal concepción, a realidade queda escindida en dous eidos: unha
realidade suprasensible, estática e imperecedoira, fronte a unha realidade
cambiante, sensible, perecedoira... que é o produto residual, "desprezable" da
anterior. Fronte a este esquema ontolóxico reaccionará Nietzsche esgrimindo
tres obxeccións:
    1. A infravaloración da realidade sensible débese a súa mutabilidade,
       mentres que a razón humana opera con categorías inmutables
       (conceptos); pero o feito de que a razón funcione con tales categorías
       non demostra a "imperfección" nin a "dependencia" do mundo sensible,
       senón só a inadecuación da razón para coñecelo... E se a razón non
       fora a facultade axeitada para coñecer o mundo? É posible acceder de
       forma non racional ao coñecemento do mundo? É a razón a nosa única
       posibilidade cognoscitiva?
    2. O mundo suprasensible non é máis que unha ilusión, unha ficción,
       unha fantasía construída como negación do mundo sensible, única
       realidade para nós.
    3. Recorrer a un mundo suprasensible o interpreta, pois, como unha
       reacción anti-vital, como unha negación da vida, (vida que está
       marcada polo sufrimento tanto como pola alegría), como unha vinganza
       contra a natureza, propia de espíritos ruíns que odian a vida, un produto
       do resentimento contra a vida. Incapaces de aceptar un destino tráxico,
       os homes se rebelan contra esa vida que lles aboca ao sufrimento e a
       negan, converténdoa nun mero residuo doutra realidade, perfecta esta,
       onde afogan o seu resentimento.

3.4 A crítica da metafísica do neopositivismo do Círculo de Viena

    Durante o século XX, a corrente neopositivista tamén ten negado a
posibilidade dun coñecemento metafísico de realidades transcendentes. Os
neopositivistas só admiten, seguindo a Hume, dous tipos de enunciados
científicos: os formais e os empíricos. Calquera enunciado que non sexa nin
formal nin empírico, como é o caso dos enunciados metafísicos, carece de
contido ou significado, non podendo ser nin verdadeiro nin falso. Para os
neopositivistas, tódolos enunciados metafísico son pseudoenunciados
(parecen enunciados ben construídos porque teñen suxeito, verbo e
predicados, pero ao non remitir a ningún obxecto sensible perden a necesaria
referencia coa realidade).




Filosofía e Cidadanía                             I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo)   8

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (19)

Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
 
1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosófico
 
08 Descartes e o racionalismo
08 Descartes e o racionalismo08 Descartes e o racionalismo
08 Descartes e o racionalismo
 
ESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELESESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELES
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
09 O Empirismo
09 O Empirismo09 O Empirismo
09 O Empirismo
 
Tema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente Presocrática
Tema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente PresocráticaTema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente Presocrática
Tema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente Presocrática
 
O eu
O euO eu
O eu
 
Esquema meu
Esquema meuEsquema meu
Esquema meu
 
Métodos filosóficos
Métodos filosóficosMétodos filosóficos
Métodos filosóficos
 
Kant1
Kant1Kant1
Kant1
 
Averroísmo latino
Averroísmo latinoAverroísmo latino
Averroísmo latino
 
Descartes2 (1)
Descartes2 (1)Descartes2 (1)
Descartes2 (1)
 
Averroísmo latino
Averroísmo latinoAverroísmo latino
Averroísmo latino
 
Platon
PlatonPlaton
Platon
 
A filosofía e a súa historia
A filosofía e a súa historiaA filosofía e a súa historia
A filosofía e a súa historia
 
Nieves LóPez Agrasar
Nieves LóPez AgrasarNieves LóPez Agrasar
Nieves LóPez Agrasar
 
6. Aristóteles, comprensión
6. Aristóteles, comprensión6. Aristóteles, comprensión
6. Aristóteles, comprensión
 
O Humanismo
O HumanismoO Humanismo
O Humanismo
 

Destacado

Lucy Parsons
Lucy ParsonsLucy Parsons
Lucy Parsonslkfahey
 
Unidade 3 lóxica
Unidade 3 lóxicaUnidade 3 lóxica
Unidade 3 lóxicanieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 GaliciaHistoria da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicianieveslopez
 
Litt Sprog Medie
Litt Sprog MedieLitt Sprog Medie
Litt Sprog Mediesemandus
 
Textos Descartes
Textos DescartesTextos Descartes
Textos Descartesnieveslopez
 
Textos Aristóteles
Textos AristótelesTextos Aristóteles
Textos Aristótelesnieveslopez
 
Contoh Mid Year Exam Tahun 2 (Bahasa Inggeris)
Contoh Mid Year Exam Tahun 2 (Bahasa Inggeris)Contoh Mid Year Exam Tahun 2 (Bahasa Inggeris)
Contoh Mid Year Exam Tahun 2 (Bahasa Inggeris)Ahmadi Suratman
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino nieveslopez
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino nieveslopez
 
'What can the National Museum of Australia offer Extension History teachers a...
'What can the National Museum of Australia offer Extension History teachers a...'What can the National Museum of Australia offer Extension History teachers a...
'What can the National Museum of Australia offer Extension History teachers a...Education National Museum of Australia
 
Flex Staff Sales Presentation Linkedin
Flex Staff Sales Presentation LinkedinFlex Staff Sales Presentation Linkedin
Flex Staff Sales Presentation Linkedinjessicawunrow
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 

Destacado (17)

Lucy Parsons
Lucy ParsonsLucy Parsons
Lucy Parsons
 
Unidade 3 lóxica
Unidade 3 lóxicaUnidade 3 lóxica
Unidade 3 lóxica
 
Textos Platón
Textos PlatónTextos Platón
Textos Platón
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 GaliciaHistoria da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
 
Litt Sprog Medie
Litt Sprog MedieLitt Sprog Medie
Litt Sprog Medie
 
Textos Descartes
Textos DescartesTextos Descartes
Textos Descartes
 
Textos Aristóteles
Textos AristótelesTextos Aristóteles
Textos Aristóteles
 
Contoh Mid Year Exam Tahun 2 (Bahasa Inggeris)
Contoh Mid Year Exam Tahun 2 (Bahasa Inggeris)Contoh Mid Year Exam Tahun 2 (Bahasa Inggeris)
Contoh Mid Year Exam Tahun 2 (Bahasa Inggeris)
 
Unit Democracy
Unit DemocracyUnit Democracy
Unit Democracy
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino
 
Copyright and Creative Commons
Copyright and Creative CommonsCopyright and Creative Commons
Copyright and Creative Commons
 
'What can the National Museum of Australia offer Extension History teachers a...
'What can the National Museum of Australia offer Extension History teachers a...'What can the National Museum of Australia offer Extension History teachers a...
'What can the National Museum of Australia offer Extension History teachers a...
 
Snapshots Presentation (Feb 2010) Updated
Snapshots Presentation (Feb 2010) UpdatedSnapshots Presentation (Feb 2010) Updated
Snapshots Presentation (Feb 2010) Updated
 
Flex Staff Sales Presentation Linkedin
Flex Staff Sales Presentation LinkedinFlex Staff Sales Presentation Linkedin
Flex Staff Sales Presentation Linkedin
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 

Similar a Unidade 4 (18)

Dimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humanoDimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humano
 
O discurso do método
O discurso do método O discurso do método
O discurso do método
 
Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristóteles
 
Resumo platón
Resumo platónResumo platón
Resumo platón
 
Tomás de Aquino - Conflicto Razón vs Fe
Tomás de Aquino - Conflicto Razón vs FeTomás de Aquino - Conflicto Razón vs Fe
Tomás de Aquino - Conflicto Razón vs Fe
 
Agostiño de Hipona (354-430 a.C.)
Agostiño de Hipona (354-430 a.C.)Agostiño de Hipona (354-430 a.C.)
Agostiño de Hipona (354-430 a.C.)
 
Que es filosofia2
Que es filosofia2Que es filosofia2
Que es filosofia2
 
11 hegel e o idealismo alemá
11 hegel e o idealismo alemá11 hegel e o idealismo alemá
11 hegel e o idealismo alemá
 
Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1
 
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
 
04 aristóteles
04 aristóteles04 aristóteles
04 aristóteles
 
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea SalgadoFilosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosófico
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
Racionalismo
RacionalismoRacionalismo
Racionalismo
 
Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2
 

Más de nieveslopez

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudablenieveslopez
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalnieveslopez
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estadonieveslopez
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasnieveslopez
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencianieveslopez
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesconieveslopez
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturanieveslopez
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesnieveslopez
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresnieveslopez
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?nieveslopez
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?nieveslopez
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosnieveslopez
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismonieveslopez
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanonieveslopez
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxíanieveslopez
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, societynieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalnieveslopez
 

Más de nieveslopez (20)

Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Enquisa alimentación final
Enquisa alimentación finalEnquisa alimentación final
Enquisa alimentación final
 
A orixe do estado
A orixe do estadoA orixe do estado
A orixe do estado
 
Unidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitariasUnidade 4 As sociedades igualitarias
Unidade 4 As sociedades igualitarias
 
Unidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistenciaUnidade 3 Modelos de subsistencia
Unidade 3 Modelos de subsistencia
 
Unidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentescoUnidade 2 As relación de parentesco
Unidade 2 As relación de parentesco
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
 
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleresUnidade 6 A evolución, cousa de mulleres
Unidade 6 A evolución, cousa de mulleres
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
Unidade 3 Mellores brancos ou negros?
 
Unidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listosUnidade 4 por que somos máis listos
Unidade 4 por que somos máis listos
 
Unidade 2 Bipedismo
Unidade 2 BipedismoUnidade 2 Bipedismo
Unidade 2 Bipedismo
 
Unidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humanoUnidade 1 As orixes do ser humano
Unidade 1 As orixes do ser humano
 
Que é a Antropoloxía
Que é a AntropoloxíaQue é a Antropoloxía
Que é a Antropoloxía
 
Antropoloxía
AntropoloxíaAntropoloxía
Antropoloxía
 
Person, family, society
Person, family, societyPerson, family, society
Person, family, society
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 

Unidade 4

  • 1. Unidade 4 A Metafísica e os seus problemas 1. NOCIÓN DE METAFÍSICA: ORIXE, NOCIÓN E PRINCIPAIS CORRENTES 2. OS PROBLEMAS DA METAFÍSICA 2.1 O problema teolóxico 2.2 O problema ontolóxico 2.3 O problema cosmolóxico 2.4 O problema antropolóxico 2.5 O problema da substancia e a causalidade 2.6 O problema do sentido da existencia 3. A CRÍTICA DA METAFÍSICA 3.1 A crítica da metafísica de Hume 3.2 A crítica da metafísica de Kant 3.3 A crítica da metafísica de Nietzsche 3.4 A crítica da metafísica do neopositivismo
  • 2. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas 1. Noción de Metafísica: orixe, noción e principias correntes O concepto “Metafísica” provén dos vocablos gregos “méta”, preposición que pode ser traducida como ‘máis alá ou alén’, e “physiká” que significa ciencia que estudia a natureza, pois provén de “Physis”, natureza para os gregos. Así o termo “meta-física”, atendendo á súa orixe filolóxica, pode ser traducida como “o que está máis alá da natureza”. Foi Andrónico de Rodas o primeiro que acuñou este termo. Encargado da clasificación das obras de Aristóteles, denominou a aquelas que viñan despois das obras físicas como a “Metafísica”, nome co que pasou a ser coñecida esta obra, malia non aparecer esta denominación no orixinal. A Metafísica pasou a denominar a aquel ámbito da investigación que se ocupa das realidades metaempíricas ou suprasensibles, realidades que exceden o ámbito dos sentidos. Xa dixemos que o termo “Metafísica” non aparecía na obra de Aristóteles. Outros termos eran utilizados na obra deste filósofo, e hoxe pasan por ser sinónimos da Metafísica. É o caso de Ontoloxía. A Metafísica, pola súa natureza non contrastable trata do ser en canto ser, presente en tódolos seres concretos. Así, Ontoloxía provén de “ón”, participio do verbo ser, e que pode ser traducido como ‘ente’, e “lógos” que significa ‘tratado’, ‘investigación’. Así, Ontoloxía é o “saber do ser en canto ser”. É o caso tamén de “Filosofía Primeira”. Esta ocúpase das causas últimas ou remotas das cousas, en contraposición ás ciencias que se ocuparían das causas próximas ou inmediatas. Tamén a Teoloxía ou indagación sobre Deus, identificado como Motor Inmóbil no peripatético, foi outra denominación que aparecía neste autor. Podemos concluír que a Metafísica é un saber racional que versa sobre a totalidade do real, a súa esencia e primeiras causas, e sobre cuestións que están máis aló do saber científico. Acerca da esencia da realidade, as dúas principais posturas dadas ao longo da historia do pensamento filosófico son: • Materialismo sostén que só son reais as entidades materiais, que a materia constitúe a esencia da realidade, e que o espiritual é só unha manifestación da materia. O materialismo non nega a existencia de entidades inmateriais, só que poidan existir á marxe da materia. Para o materialismo, o espiritual só se explica desde o material. • Espiritualismo ou Idealismo Metafísico sostén, polo contrario, que o autenticamente real é o espiritual ou ideal, que o espírito constitúe a esencia da realidade, e que tódolas entidades materiais non son máis que manifestacións dunha realidade espiritual, superior e independente da materia. Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 1
  • 3. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas 2. Os problemas da metafísica Podemos sintetizar os principais problemas que foron abordados pola Metafísica nos seguintes: o problema teolóxico, o ontolóxico, o cosmolóxico, o antropolóxico, o da substancia e a causalidade e o problema do sentido da existencia. 2.1 O problema teolóxico O problema teolóxico fundamental consiste en poder determinar mediante argumentacións racionais se Deus existe e cal é a natureza divina. Respecto da existencia de Deus, os principais argumentos metafísicos foron: o ontolóxico, o cosmolóxico e o teleolóxico. • O argumento ontolóxico deriva a existencia da idea de Deus como suma perfección, de aí que fose considerado unha demostración a priori da existencia de Deus. Foi formulado polo filósofo medieval escolástico Anselmo de Canterbury no século XI. Se Deus é suma perfección non pode carecer de nada, xa que senón non sería perfecto, así que ten que te-la existencia, pois do contrario non sería perfectísimo, logo Deus existe. Segundo este argumento, dicir “Deus non existe” é unha contradición lóxica. Tanto o argumento cosmolóxico coma o teleolóxico, foron formulados por Tomé de Aquino, filósofo escolástico do s. XIII. Máis concretamente estes dous tipos de argumentacións inclúense dentro das denominadas “cinco vías” para demostrar a existencia de Deus que o aquinate propón. Todas son demostracións a posteriori, parten da experiencia, apóianse no principio de causalidade (todo efecto é producido por una causa), négase o recurso ad infinitum a unha cadea infinita de causas (é dicir, ten que existir una primeira causa), ata chegar a Deus. • O argumento cosmolóxico demostra a existencia de Deus a partir de feitos do mundo físico. Esta proba baséase no principio de causalidade, segundo o cal todo o que existe ten unha causa da súa existencia. E como non é posible remontarse nunha cadea infinita de seres intermedios que dan e reciben a existencia, porque existe un último na serie, é necesario concluír que existe un primeiro ser necesario, Deus, que é a primeira causa incausada de todo o que existe na natureza. • O argumento teleolóxico (de télos, “fin”), partindo do feito de que existe orde no universo, conclúe a existencia dun ser intelixentísimo, Deus, que o goberna. Posturas antiteolóxicas: A partir do século XIX empezan a xurdir filósofos que cuestionan as probas da demostración da existencia de Deus e a súa existencia. Feuerbach, membro da esquerda hegeliana, sinalou que non é Deus quen nos fixo a súa imaxe e semellanza, senón que fomos nós os que creamos a Deus a nosa imaxe e semellanza (Deus é un produto cultural máis, proxección das calidades humanas). Freud denunciou a imaxe paternalista de Deus que subxace en toda relixión e que expresa o carácter inmaduro da personalidade relixiosa. Marx sinalou que “a relixión é o opio do pobo”, é dicir, un discurso ideolóxico máis que detentan as clases explotadoras sobre as explotadas para evitar que se rebelen contra elas prometendo compensacións nunha vida futura. Nietzsche proclamou a morte de Deus, é dicir, o Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 2
  • 4. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas aniquilamento da crenza nun mundo supraempírico e nos valores transcendentais que foron inculcados polas clases sacerdotais nos espíritos dos febles, xunto cos sentimentos de culpa e resentimento. 2.2 O problema ontolóxico A ontoloxía é aquela investigación que estuda o Ser. Un dos primeiros temas de reflexión da metafísica, e a dicir de moitos o fundamental, é o do ser. Este concepto é o máis universal e, polo mesmo, o máis difícil de definir e o máis problemático. A palabra “ser” ten gramaticalmente tres sentidos distintos: pode usarse como substantivo, e neste caso é sinónimo de ente; pode usarse como verbo intransitivo, e neste caso significa existir; e pode usarse como verbo copulativo, e neste caso utilízase para atribuír calidades aos entes e expresa-la súa esencia. En canto que toda a pluralidade e diversidade de entes son, o ser expresa o común a todos eles. Parménides de Elea, filósofo presocrático do s. VI-V a.C., foi o primeiro filósofo que reflexiona de modo explícito sobre o ser, que para el é o arkhé, o fundamento de toda a realidade, posto que todas as cousas son algo. O ser é eterno (non pode diluírse na nada), un (pois é o común a todas as cousas), indivisible (pois non ten partes, é un), inmutable (pois o ser non pode pasar a ser non-ser) e limitado (pois o ser non o é todo, xa que non é non-ser). Ao coñecemento do ser chámalle Parménides vía da verdade, e é a que emprenden os filósofos ou sabios a través do coñecemento racional, mentres que o vulgo segue a vía da opinión, a que descoñece o ser e guíase polos sentidos. Aristóteles fixo da ontoloxía unha base relevante da súa filosofía, e Heidegger no s.XX, considerou que a historia da metafísica é a historia do esquecemento da pregunta polo ser que, pensa, hai que volver a suscitar desde as bases do sentido do ser e do sentido da existencia humana. 2.3 O problema cosmolóxico A metafísica ten reflexionado tamén sobre certas cuestións referentes ao universo, formulando coas mesmas numerosos problemas que van alén das comprobacións científicas. Algunhas destas cuestións son: é o universo espacialmente finito ou é infinito? Tivo o universo un principio no tempo ou é eterno? A existencia do universo permite afirma-la existencia dunha primeira causa non material da que depende? Pode a materia dividirse ata o infinito ou hai un punto no que se ten que dete-la división? Tódolos acontecementos do universo están rixidamente determinados ou existe a indeterminación? Hai finalidade ou azar na natureza? Ao longo da historia, os metafísicos teñen defendido e argumentado solucións distintas respecto destas cuestións. 2.4 O problema antropolóxico Outro tipo de problemas metafísicos refírense a qué tipo de ente é o ser humano e qué lugar ocupa entre o conxunto de entes da realidade. Outra das cuestións polas que se interesa a metafísica acerca do ser humano é a de saber se, ademais dun corpo material e mortal, posúe unha alma espiritual e inmortal. O concepto de alma (psyché) tiña para os gregos dous significados básicos: como principio de vida (a alma sería o que anima ao corpo) e como Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 3
  • 5. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas principio de coñecemento racional. A estes significados asóciaselle tamén a idea relixiosa de inmortalidade e constitúe a realidade distintiva e específica dos seres humanos fronte ao resto dos animais. Platón recolleu o concepto de alma inmortal dos pitagóricos e dos cultos órficos relixiosos non oficiais. Para o ateniense só podemos coñecer a auténtica realidade, o Mundo das Ideas, a través da alma, debendo desprendernos da mala influenza que exerce o corpo sobre ela que nos apega ao Mundo Sensible. Defende pois, un dualismo antropolóxico entre alma e corpo, sendo este último, como para os pitagóricos, un cárcere para a alma. Aristóteles entendeu a alma como principio de vida e movemento dos seres, morrendo esta cando desaparecía o corpo. Así existían, dentro dos seres animados, tres tipos de almas: • A alma vexetativa é a propia das plantas e exerce as funcións de nutrición e reprodución. • A alma sensitiva, propia dos animais, ademais das funcións anteriores, exerce a percepción sensible, o desexo, o movemento local, a memoria e a imaxinación. • A alma racional, exclusiva dos homes varóns e libres, ademais das funcións anteriores, é o único ser que pode exercer funcións intelectivas. Así, Aristóteles define ao home como “animal racional”. Descartes defendeu un dualismo antropolóxico radical, é dicir, o ser humano estaría composto por dúas substancias independentes, a res cogitans ou “cousa pensante”, a alma, e a res extensa ou “cousa extensa”, o corpo. As dificultades que tivo para dar conta da necesaria conexión que existe entre o pensamento, produto da actividade da alma e as accións corporais, farían que situase a alma dentro do corpo, na glándula pineal. Mais un aspecto positivo da concepción deste autor é que a alma preséntase como conciencia, como causa e principio básico para as accións libres e responsables, algo importante para a ética e o Dereito. 2.5 O problema da substancia e a causalidade • A substancia A palabra substancia é de orixe latina, vén de sub-stare e significa ‘estar debaixo’, ‘ser soporte’. Traduce a palabra grega hipóstasis. Así, substancia é aquilo que fai que algo sexa o que é e non outra cousa, é dicir, aquilo que identifica a algo como tal e o diferenza dos demais. Aristóteles contrapuxo a substancia e os accidentes. Substancia é o que permanece constante e inalterado a pesar dos cambios que poida padecer ese obxecto. Os accidentes son aquelas características dos obxectos que non son fundamentais para a súa configuración (perder o pelo, crecer, caer un dente). As substancias para o peripatética están compostas de materia (aquilo do que está composto unha substancia, a madeira nunca cadeira, por exemplo) e a forma (a esencia das cousas, aquilo que fai que sexa unha cadeira e non unha mesa). Pola suá parte Descartes define a substancia como “aquela cousa que existe de tal maneira que non necesita doutra para existir”. Existirían para Descartes tres substancias: a res cogitans (ou cousa pensante, o eu identificado coa alma), a res infinita (ou cousa infinita, Deus) e a res extensa (ou a cousa extensa, o mundo e o corpo para o ser humano). Só Deus (res infinita) é substancia ao pé da letra. Tamén o son a alma (res cogitans) e o Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 4
  • 6. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas corpo (res extensa), xa que son independentes, unha vez que reciben o seu ser de Deus. As dificultades que tivo Descartes para conciliar a relación que existía entre as tres substancias fixo que xurdiran alternativas desde as propias filas do racionalismo. Así, para Spinoza só existe unha única substancia: Deus sive Natura (Deus ou a Natureza). • O principio de causalidade O principio de causalidade fai referencia á necesidade de que todo efecto sexa producido por unha causa e, xa que logo, que toda causa produza un ou varios efectos. O primeiro que se preocupou pola causalidade foi Aristóteles para quen o sabio tiña que dar conta das causas que provocaban o movemento da natureza. A substancia é dinámica. Para explicar o cambio, Aristóteles utiliza a teoría das catro causas: • Causa material: aquilo do que está feito algo (a madeira). • Causa formal: dálle a esencia á materia (a mesa) • Causa eficiente: o responsable do movemento (o carpinteiro). • Causa final: o fin para o que está feito o obxecto (apoiarse, soportar cousas). 2.6 O problema do sentido da vida Os metafísicos tamén indagaron sobre o sentido da vida, tanto individual como colectiva. Os cristiáns non dubidan en afirmar que Deus é o sentido da vida. Mais negar a Deus desemboca no nihilismo na ausencia total de sentido. Nietzsche fixo unha crítica demoledora da cultura occidental. A morte de Deus leva consigo a desaparición dos valores tradicionais de Occidente, pero tamén orixina un novo tipo de ser humano: o superhome. O superhome é un novo tipo de humanidade, o home que mira ao mundo sen prexuízos, coa mirada inocente dun neno e significa apego á terra, afirmación da vida e dos valores terreais. Para o filósofo español Ortega y Gasset vivir é abrirse ao mundo e aos demais, non só a través da razón, tamén no querer e sentir. Somos como náufragos no mundo, sabemos que existimos e a nosa preocupación é facer algo para non deixar de existir (“eu son eu e a miña circunstancia; se non a salvo a ela, non me salvo a min”). Todo ser humano é fillo do seu tempo e elabora o seu proxecto de vida nas circunstancias persoais e históricas que lle tocou vivir. Cada un ten unha vocación que debe descubrir. Pode ter moitos proxectos, pero só un é o acertado. Hai dous camiños que nos apartan del: non facer nada ou estar tan ocupados nos quefaceres cotiáns que non deixemos tempo para afrontar o que debemos facer. A vida é signo de acertar. 3. A crítica da metafísica 3.1 A crítica da metafísica de David Hume O principio de Hume que afirmaba que todas as ideas proveñen, mediata ou inmediatamente, das impresións, fai da validez da ciencia un problema e suporá un rexeitamento da metafísica. Hume leva a cabo unha crítica das tres realidades nucleares da metafísica tradicional, ás que xa Descartes conceptuara como substancia pensante (eu), substancia extensa (mundo dos corpos) e substancia infinita (Deus). Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 5
  • 7. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas • Crítica da idea de substancia Locke constatara a dificultade de coñecer a substancia. Para Hume, a substancia, como calquera outra idea, ten que derivar da súa correspondente impresión e, dado que este non é o caso, debemos concluír que tal idea carece de fundamento real extramental, porque non podemos ter impresión ningunha da substancia, entendida como realidade en si, distinta das nosas percepcións. Afirma: “A idea de substancia, como a de modo, non é senón unha colección de ideas simples unidas pola imaxinación, que posúen un nome que se lles asigna, polo que somos capaces de recordar, a nós mesmos e a outros, esas coleccións”. • A crítica da idea de “eu” Tanto en Descartes como en Locke, a idea de “eu” aparece en nós por unha evidencia intuitiva: un eu que pensa, quere, ama e que, por tanto, existe. Para Hume, a mente non é senón “unha colección de distintas percepcións, unidas entre si por certas relacións, coa falsa suposición de que están dotadas dunha perfecta simplicidade e identidade”. Entende que a existencia dunha substancia espiritual, en particular a existencia do “eu”, en tanto realidade dotada de subsistencia continuada e autoconscente, non aparece en nós como tal idea, porque non se deriva de ningunha impresión. O eu” ou a “persoa” non son unha impresión. Representan aquilo ao que se refiren por suposición, as nosas diferentes impresións e ideas. En realidade, non temos ningunha impresión constante e invariable: dores e praceres, anhelos e alegrías, paixóns e sensacións se alternan de maneira continuada e nunca existen todas á vez. Por tanto, a idea de “eu” non se pode derivar de ningunha destas impresións e tampouco de ningunha outra. En consecuencia, o referente de tal idea non existe. • A crítica da idea de mundo exterior Hume considera que se pretende que a afirmación dese mundo externo ao suxeito estea baseado na inferencia causal, que parte das nosas ideas e nos conduce a unha realidade exterior causante das mesmas. Esta pretensión resulta infundada, porque a inferencia é ilexítima, dado que damos un salto improcedente desde as nosas percepcións ata unha suposta realidade, que está máis alá delas e da que non temos impresión. Isto non supón a negación do mundo externo, dado que o seu non coñecemento queda suplido pola crenza no mesmo. • A crítica da idea de Deus O noso autor parte da idea que temos de Deus como unha substancia infinita con todas as súas perfeccións (omnipotencia, omnisciencia...). Aplica o criterio que se vén reiterando, acorde co seu radical empirismo. A idea que temos de Deus ou da perfección infinita non se corresponde con ningunha impresión que a lexitime. Polo tanto, infírese que non existe ningún tipo de coñecemento de Deus, nin teolóxico, nin metafísico. Non obstante, recoñece que a relixión e a crenza na existencia de Deus son naturais e necesarias entre as persoas. En consecuencia, a actitude de Hume pode denominarse como agnóstica, pero non como teísta ou atea. • A crítica ao principio de causalidade Para Hume o principio de causalidade (que todo efecto é producido por unha causa) é outro concepto metafísico produto da nosa imaxinación. Segundo Hume, cando percibimos na realidade varias veces dous feitos consecutivos, tendemos a crer que o primeiro é a causa do segundo. Sen embargo, só percibímo-los dous feitos e non a súa conexión causal, de modo que, dado un efecto, xamais chegaremos a saber con absoluta seguridade cál é a súa causa, e, dada unha Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 6
  • 8. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas causa, qué efectos producirá. Polo tanto, conclúe Hume, tampouco podemos coñecer mediante unha proba racional que Deus existe como a primeira causa do mundo, como facía Tomé de Aquino. 3.2 A crítica da metafísica de Kant A crítica de Immanuel Kant á metafísica tradicional é herdada de Hume, pois segundo el mesmo indica “Hume espértalle do soño dogmático” e unha consecuencia da crítica á que someteu ás facultades humanas de coñecemento. Se pretendemos descubrir se é posible o coñecemento metafísico, di Kant, antes haberá que saber cómo coñecemos e qué condicións debe cumpri-lo coñecemento en xeral. Para Kant, o coñecemento refírese sempre a fenómenos (as cousas para nós) e non a noúmenos (as cousas en si mesmas); estes só os podemos pensar, pero non coñecer.Distingue tres facultades de coñecemento: a sensibilidade, o entendemento e a razón. O coñecemento concíbeo como unha síntese entre as intuicións da sensibilidade e os conceptos do entendemento. A nivel destas dúas facultades xorde o coñecemento (como no caso das matemáticas e a física), pero non a nivel da razón, que é a facultade na que se basea a metafísica. Para Kant, a razón non é unha facultade de coñecemento, senón de organización e suprema unificación de tódolos coñecementos. Os contidos da razón son tres ideas, as cales constitúen os temas fundamentais da metafísica tradicional: a idea de mundo (unificación de tódolos fenómenos físicos), a idea da alma (unificación de tódolos fenómenos psíquicos) e a idea de Deus (unificación de toda a realidade). As ideas da razón non se refiren a nada real; son só principios regulativos e expresan o afán que ten o ser humano de coñecelo todo, aínda que sexa imposible. Crer que a estas tres ideas lles corresponde algo real é produto dun espellismo e ilusión, en el incorreu toda a metafísica tradicional. Kant proponse desenmascarar esta ilusión. Así, critica tódolos argumentos metafísicos que proban a existencia da alma, pon de manifesto as contradicións en que incorreu a cosmoloxía tradicional, e critica tódolos argumentos sobre a existencia de Deus. • Do argumento ontolóxico di que a existencia non engade prefección a un ser, polo que se pode pensar a Deus como ser perfectísimo, e non saber se existe ou non existe. • Do argumento cosmolóxico critica o abuso que fai do principio de causalidade, o cal só é válido no ámbito da experiencia sensible (as categorías ou formas a priori do entendemento, como o principio de causalidade, só se poden aplicar a fenómenos, non a nóumenos), e o que identifique a Deus co primeiro ser necesario. • Do argumento teleolóxico di que non conclúe a existencia dun Deus creador e omnisciente, senón só dun ordenador moi sabio. De tódolos xeitos, aínda que declare a imposibilidade dun coñecemento metafísico acerca da existencia de Deus e da liberdade e inmortalidade da alma, Kant admitirá como unha esixencia moral que Deus existe e que a alma é libre e inmortal. Deus e alma serían así realidades nouménicas, que podemos pensar, pero non coñecer. Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 7
  • 9. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas 3.3 A crítica da metafísica de Nietzsche Nietzsche oponse ao dualismo ontolóxico, fiel reflexo do dualismo platónico: - Este mundo, sensible e imperfecto - O outro mundo, suprasensible e perfecto, fundamento daquel. Segundo tal concepción, a realidade queda escindida en dous eidos: unha realidade suprasensible, estática e imperecedoira, fronte a unha realidade cambiante, sensible, perecedoira... que é o produto residual, "desprezable" da anterior. Fronte a este esquema ontolóxico reaccionará Nietzsche esgrimindo tres obxeccións: 1. A infravaloración da realidade sensible débese a súa mutabilidade, mentres que a razón humana opera con categorías inmutables (conceptos); pero o feito de que a razón funcione con tales categorías non demostra a "imperfección" nin a "dependencia" do mundo sensible, senón só a inadecuación da razón para coñecelo... E se a razón non fora a facultade axeitada para coñecer o mundo? É posible acceder de forma non racional ao coñecemento do mundo? É a razón a nosa única posibilidade cognoscitiva? 2. O mundo suprasensible non é máis que unha ilusión, unha ficción, unha fantasía construída como negación do mundo sensible, única realidade para nós. 3. Recorrer a un mundo suprasensible o interpreta, pois, como unha reacción anti-vital, como unha negación da vida, (vida que está marcada polo sufrimento tanto como pola alegría), como unha vinganza contra a natureza, propia de espíritos ruíns que odian a vida, un produto do resentimento contra a vida. Incapaces de aceptar un destino tráxico, os homes se rebelan contra esa vida que lles aboca ao sufrimento e a negan, converténdoa nun mero residuo doutra realidade, perfecta esta, onde afogan o seu resentimento. 3.4 A crítica da metafísica do neopositivismo do Círculo de Viena Durante o século XX, a corrente neopositivista tamén ten negado a posibilidade dun coñecemento metafísico de realidades transcendentes. Os neopositivistas só admiten, seguindo a Hume, dous tipos de enunciados científicos: os formais e os empíricos. Calquera enunciado que non sexa nin formal nin empírico, como é o caso dos enunciados metafísicos, carece de contido ou significado, non podendo ser nin verdadeiro nin falso. Para os neopositivistas, tódolos enunciados metafísico son pseudoenunciados (parecen enunciados ben construídos porque teñen suxeito, verbo e predicados, pero ao non remitir a ningún obxecto sensible perden a necesaria referencia coa realidade). Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 8