SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 12
Descargar para leer sin conexión
CANDO FALAMOS DE MÚSICA EN GALEGO PENSAS SÓ EN FOLK? 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
PODERÍAS DICIR O NOME DE TRES GRUPOS OU ARTISTAS QUE 
FAGAN MÚSICA EN GALEGO? (QUE NON SEXAN GRUPOS 
TRADICIONAIS OU FOLK) 
1...................................... 
2...................................... 
3...................................... 
SE FUCHES CAPAZ QUEREMOS PARABENIZARTE!!! SE NON FOI 
ASÍ SE CADRA ESTÁS INTERESAD@ NA SEGUINTE 
INFORMACIÓN... 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
Se o teu é o Rock... 
OS RESENTIDOS Antón Reixa, que formaba parte do colec>vo poé>co Rompente dende os seus inicios no ano 1977, decidiu afastarse 
do mundo das letras, un mundo que deixara atrás a rebeldía dos primeiros tempos democrá>cos. O filólogo e profesor 
vigués atopou no fervedoiro musical dos primeiros oitenta na súa cidade un mundo en ebulición ao que se acabou 
unindo e case ao mesmo tempo que se ían armando os Siniestro Total, ‐amigos cos que compar>ron local de ensaio, 
varios membros e EP de estrea, o mí>co Surfin’ CCCP, (Grabaciones Accidentales, 1984)‐, nacían Os Resen>dos, 
facendo rock en galego. Hoxe, cando hai máis de 100 bandas en ac>vo e consolidadas no país cantando na nosa lingua 
e tocando unha ampla variedade de es>los, isto pode non semellar novidoso, mais cómpre lembrar que na altura os 
únicos referentes aos que podían botar man eran os Goma‐2 de Portonovo, autén>cos precursores do Bravú a finais 
dos setenta. Ou iso, ou Andrés do Barro; alén do folk e tradicional, apenas había máis nada. Porén, o propio Reixa ten 
confesado que o emprego do galego dotou a banda dunha iden>dade esté>ca singular e dende logo non foi maior 
obstáculo para a súa difusión estatal, como testemuñan o éxito do seu grande hit Galicia Caníbal, máis coñecido polo 
retrouso de “Fai un sol de carallo” ou a elección do seu quinto disco, Jei, (Grabaciones Accidentales, 1990), pola 
revista musical Rockdelux como mellor disco de rock do ano en todo o estado. Tras milleiros de discos vendidos e de 
centos de concertos, despois de facer o que lles petou e sen lle render contas a ninguén, Os Resen>dos sepáranse. 
Deixaron sementado o que antes era un ermo, déronlle referentes propios á xeración bravú e remataron con absurdas 
discusión arredor da viabilidade do galego para o rock. Estarán sempre, en defini>va, na orixe do rock feito en galego. 
OS DIPLOMÁTICOS 
DE MONTE‐ALTO 
Banda imprescindíbel para entendermos a música galega, que ao longo dos máis de dez anos que es>veron en 
ac>vo, dende Arroutada Pangalaica, (Dro East West, 1991), até Komunikando, (BOA, 2003), marcaron as liñas 
mestras da evolución do rock en galego. 
A súa formación histórica é coa que gravaron os seus tres primeiros discos: Arroutada Pangalaica, (DRO, 1991); 
Parrús, (Fonomusic, 1993) e Avante toda!, (Fonomusic, 1995), isto é Xurxo Souto á voz e ao acordeón, Rómulo 
Sanjurjo ao acordeón, Juan Varela “Guni” á guitarra, Mangüí Markn ao baixo e mais Marcos Viascón á batería, 
aínda que no derradeiro disco só Sanjurjo seguía na banda, acompañado por Manolo Maseda ou Lola de Ribeira. 
Malia estar oficialmente "re>rados" os Diplomá>cos teñen tocado de novo nalgunha ocasión, a úl>ma no 
Castañazo Rock de 2012. 
Banda de rock do Barbanza formada a comezos dos 90, a súa estrea foi na festa da Dorna de 
Ribeira do 1992, que logo colleitou un grande suceso, xa desde o lanzamento do seu 
primeiro disco, A Cuadrilla de Pepa a Loba, ( Xurelo Roxo, 1994), éxito que ten moito que ver 
coa aparente facilidade coa que fusionan o rock anglosaxón da década de 1970 no musical 
cunhas letras e un xeito de falar e de dicir as cousas que lles son moi próximos aos seareiros. 
Despois de se separar en 2005, a banda volveu aos escenarios nun histórico concerto en 
Ordes diante de 3 500 persoas. 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
Se o teu é o Rock... 
KASTOMÄ 
Kastomä, ‐apócope da frase "¿qué 
queres tomar?"‐, son unha banda de 
rock de Ordes formada no ano 2000 por 
Soneira, Oscar, Xurxo, David e Sito. No 
ano 2008 incorpórase ao grupo desde 
Os Gin Tonics de Sigüeiro o batería 
Antonio Pazos. Din que o seu es>lo é un 
es>lo xa inventado pero con influencias 
nocturnas acumuladas dende inicios de 
século, "que é o que lle dá o toque 
persoal ás cancións". Teñen 2 Maquetas 
editadas, "Tomámoslle outra" (2001) e 
"Mestres de Pesadelos" (2005), e dous 
discos, "Almas da Noite", editado en 
formato rsico por Falcatruada e 
distribuído por A Lonxa Cultural e 
Impórtame merda, publicado no 2011. 
RUXE‐RUXE 
Grupo rock da bisbarra compostelá, da aldea de Aríns, que leva 
desenvolvido unha longa traxectoria dende os seus comezos, 
cando >raron a primeira maqueta no 1996, que incluía cinco 
temas onde se intuía cales ían ser os vieiros polos que camiñase a 
música dos Ruxe: rock en galego, que fala de Galiza e que mesmo 
soa coma ela en ocasións, tanto que durante os seus comezos, 
cando gravaron o seu primeiro disco, Ruxe‐Ruxe, 1999, e mailo 
segundo, Non temos medo, 2000, foron incluídos seguido en 
compilatorios de música folk e celta. Isto debeuse xa non á 
presenza de gaita e acordeón en moitas das súas pezas, ou as 
colaboracións que nos discos teñen feito pandeireteiras coma 
Liñaceira, ‐feitos que por outra banda son comúns a outros 
grupos de rock‐, senón a unhas raigames tan chantadas na terra, 
como lles acontecía quizais aos Rastreros, que aínda que estean a 
facer rock hai algo atrás que recorda sempre de onde son os que 
tocan. E non hai máis que escoitar os seguintes traballos do 
grupo, A terra dos comentos, 2003, e Fervendo, 2004, para se dar 
de conta disto. Porque nestes traballos a presenza do rock é 
moito maior, case absoluta, especialmente no úl>mo deles, coas 
colaboracións de Julián Hernández de Siniestro ou o Maestro 
Reverendo, mais o arrecendo á terra segue a estar presente, para 
sinalar que os rapaces que están a soar vos son de Aríns, 
Compostela. 
Xigantes, (PAI Música, 2008), dá un paso máis, ‐unha boa 
alancada‐, cara a unha madurez musical que semella vai situar a 
banda nun son que relembra moito o rock anglosaxón dos 
setenta, ‐dunha e outra banda do Océano‐, e que lle concede 
cada vez máis importancia, nas gravacións, aos medios tempos. 
Unha base rítmica ancorada nese rock clásico, unha guitarra que 
gaña en protagonismo, tamén ao vivo, e unhas voces, ‐principal e 
tamén os coros‐, seguras do que fan marcan a pauta. E dentro 
desta liña xeral do seu novo traballo, abrollan retallos punk, ecos 
do ska, unha olladela ao hip‐hop, gaitas e saxos dando acubillo a 
unhas letras que cada vez collen máis peso no total do disco. 
ZENZAR 
Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. Son 
a banda con máis anos de ac>vidade en Galiza 
facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi 
no Nadal de 1988 no pub Non sei sendo un sexteto. 
Man>veron esa formación ata o ano 1991 cando 
saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o 
guitarrista Luis. No verán do 1993 prodúcese o troco 
de nome, por mo>vos legais, pasando a chamarse, xa 
para sempre, ZENZAR. No 1997 prodúcese a saída á 
rúa do seu primeiro L.P. Disparados ó Futuro. 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
Se o teu é o Pop... 
Fanny+Alexander son unha banda indie galega con base en Compostela que gosta de poñer a proba en cada 
unha das súas cancións os límites do Pop máis canónico, chimpando do pop acús>co á indietrónica máis 
arriscada, do chamber‐pop orquestrado ao máis shoegazer e espacial, do sinté>co pop electrónico ao máis 
folkie e espido. Unha a>tude rupturista que comeza coa fidelidade ao principio punk do Do It Yourself ‐ 
autoproducindo os seus discos e realizando os seus propios videoclips e material gráfico‐, con>nua cun 
compromiso co Copylez e remata coa explotación a conciencia da infinda paleta de sons que proporcionan as 
novas tecnoloxías. En defini>va, poñendo os alicerces para a contemporaneización da nova música pop galega 
a base de machucar es>los, regras e e>quetas. 
Publicou os seguintes traballos: Lusco e Fusco, (A Regueifa Discos, 2006), Finais dos 70s comezos dos 80s, (A 
Regueifa Discos, 2007) e Alfaias, (A Regueifa Discos, 2009) 
Dende un bar de Compostela até unha praia de Laxe, dende os Beatles ao funk, ‐pasando por Nirvana e facendo unha 
boa parada na música brasileira‐, non se pode saber se a doce Lore{a Mar>n volverá de vez, tampouco se seguirá os 
consellos das súas amigas, mais o que é seguro é que estes tres mozos da Coruña veñen de lle dar unha boa sacudida ao 
panorama musical do país ao socairo do funk ledo que manufacturan baixo o nome da amiga de Jojo. Após de se estrear 
cun EP autoeditado no 2005 e de mudanzas nunha formación que chegou ao sexteto para ficar reducida a tres 
compoñentes despois da saída de Ion Romero, Lore{a Mar>n gravou durante o ano 2006 Paraíso distante, (Falcatruada, 
2007), ‐onde aínda par>cipa a guitarra de Romero‐, un funkeirazo con raigames no rock e pólas que chegan rabuñar no 
hip‐hop e na música do Brasil. A cantar en galego, inglés, portugués e todo aquilo que lle acaia ben ao ritmo das súas 
cancións, destaca o emprego que fan do noso idioma nas pezas máis funk do disco, onde amplían as súas posibilidades 
foné>cas e rítmicas para amosar un resultado que sorprende, que iden>fica plenamente a sonoridade da banda e que 
lle debe moito ao traballo do vocalista Brais Morán, autor da meirande parte das letras e das melodías, agás De repente, 
con letra de Vinícius de Morais. 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
Se o teu é o Pop... 
THE HOMENS 
Trío compostelán de power‐pop que >rou un disco longo, Tres, (Falcatruada, 2007), após da edición da autoedición de dous EPs 
#1, no 2005, #2, 2006, o que unido ao considerable número de concertos dados en Galiza e Portugal nos seus seis anos de 
existencia os converte nun dos grupos máis dinámicos do pop galego. Xocas, batería, Roi, baixo e voz, e Mar>n Wu, guitarra e 
voz, compoñen The Homens, unha banda que segue o ronsel dos americanos Fugazi, cunha música que agocha certo recendo e 
ac>tude do punk británico dos setenta, e na que cada vez vai tendo máis peso a influencia de bandas como Barracudas ou Pixies, 
para achegar un son no que, como eles mesmos din, veñen armados de guitarras ruidosas pero tamén de sensibilidade melódica. 
Cuns retrousos moi cantables, The Homens podería colocar o seu traballo sen dúbida nos circuítos da radio‐fórmula, mais a súa 
filosora tenos levado por outros vieiros e así todo o seu labor crea>vo faise baixo a licenza Crea>ve‐Commons, o que permite 
descargar as cancións dos seus traballos dende a rede; aínda así, desta volta o grupo decidiu tamén sacar o seu traballo nun 
soporte rsico, cunha edición en formato especial onde se inclúe vinilo, CD e os temas en mp3, para alén do clásico formato CD en 
exclusiva. No 2011 decidiron separarse. 
ATAQUE ESCAMPE 
Banda compostelá fundada no 2002, que se consolidou no panorama galego despois de publicar A grande evasión, disco que 
chegou aproximadamente un ano despois do suceso que >vo Galicia es una mierda, (A Regueifa Discos, 2008), con 15 000 
descargas e algún que outro ataque dos que non entenderon a crí>ca retranqueira e se enganaron coa provocación, ‐punk para L. 
Gómez‐. De feito, houbo algúns que incluso pensaron que a censura era o mellor método para non incomodar as mentes 
autoodiantes da clientela que sobe e baixa maina nas escaleiras mecánicas mentres mira chegar a primavera e as semanas 
fantás>cas. Malia estas e outras pequenas e curiosas anécdotas, no espazo que houbo entre traballo e traballo o mundo crea>vo 
da banda non parou de ferver e agasallaron os seus seguidores con Galicia es una fiesta, (A Regueifa Plataforma, 2008) cos 
remixes do Dr. Painkiller de cinco dos temas do segundo traballo da banda. 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
Se o teu é o Metal... 
OS SKORNABOIS 
Grupo de Vilanova de Lourenzá, 
Lugo, que comezou facendo punk‐rock 
para despois achegarse a sons 
encadrables no rapcore ou no 
rapmetal. Creados a comezos dos 90, 
par>ciparon no movemento Bravú e 
separáronse a finais da mesma 
década. 
NAO 
Grupo que se estreou con As 
palabras espidas, (2007). Despois 
>raron o seu segundo álbum, 
Coas túas mans, (autoeditado, 
2010), nove temas que mesturan 
sen>mentos e dureza dunha das 
bandas nacionais con maior 
proxección, que sacou este novo 
disco despois dun ano enteiro de 
traballo e dun, segundo eles, 
merecido repouso. A finais de 
2012 comezou un proxecto de 
crowfounding para publicar o seu 
terceiro traballo, Cancións de 
amor e liberdade, (Autoeditado, 
2013), que verá a luz o 26 de 
febreiro de 2013. 
FAME NEGHRA 
A comezos dos 90, Compostela viviu unha eclosión 
de bandas de hardcore, con grupos como Mol, Dirty 
barriguitas, Irmandiños ou os propios Fame Neghra. 
Banda cun compromiso polí>co evidente nas súas 
letras, gravou dúas maquetas e posteriormente 
dous ep's, a súa estrea en solitario Benvidos a 
Famelandia, (Potencial H.C./Trevoada, 1992) e un 
outro compar>do con Dirty Barriguitas un ano 
despois, tamén para Trevoada. No 98 sacaron o seu 
único disco, O neno carburador, (Lixo Urbano, 
1998), onde o seu son se aproxima máis ao punk, 
despois da incorporación de Mar>nho, ‐Mar>n Wu, 
trompeta e guitarra‐, ao trío de batería, Ramón, 
guitarra, Ález e baixo e voz, Suso. Un par de anos 
despois o grupo desapareceu e varios dos seus 
integrantes pasaron a formar parte de Samesugas. 
TÚZAROS 
Banda compostelá, concretamente de San 
Lázaro, que botou catorce anos na música, 
tempo que lles permi>ra gravar dous discos, 
Túzaros, 1997 e Trivial, 2001, para alén dunha 
maqueta anterior, que refleckan un son 
contundente que levaron a escenarios de 
toda Galiza, nomeadamente da comarca de 
San>ago: Bertamiráns, Escravitude, todos os 
pubs de Compostela, aínda que axiña foron 
ampliando fronteiras para deitar o seu son en 
Padrón, Bueu, Vigo, A Coruña, Chantada,… 
Anos de estrada, de ensaios, de loitar por 
facer boa música en Galiza e en galego, feito 
que os levou a estar presentes no proxecto 
Unión Bravú, 1996, onde unha ducia de 
bandas quixeron demostrar que era posíbel 
facer rock aquí sen se ter que transformar en 
copias insípidas das sonoridades foráneas, 
sen ter que imitar, creando, argallando, dende 
a pertenza consciente a unha cultura. 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
Se o teu é o Punk... 
O LEO I ARREMECÁGHONA 
Cantautor punk da parroquia viguesa de Matamá, O Leo 
pasea a súa particular performance, teloneado polo seu 
alter ego, O Leio, cantautor que interpreta temas de 
Batallán ou Vaamonde, para dar paso despois ao resto da 
familia Arremecághona!, -cada vez máis numerosa-, e 
rematar sempre coa versión máis punk, onde vestido co 
traxe galego e camisola anarquista versiona aos Clash, 
cunha das mellores cancións do certame apologhit, e 
sacode os alicerces da sociedade. No 2012 gravou ao 
vivo no seu piso de Compostela o que sería o seu terceiro 
disco, do que tampouco volveu haber novas. 
SAMESUGAS 
Grupo creado en 1999, por membros 
doutras formacións como Fame Neghra e 
Dirty Barriguitas. O seu esYlo anda entre 
o punk‐rock e o garage con letras en 
galego e inglés. A banda está formada 
por Álex, batería; Ramón, guitarra; 
Alberte, baixo e voz e Joaquín, guitarra e 
voz. Na súa andaina editaron tres 
traballos longos en solitario, Machine in 
your brain, (H‐Records, 2003), Alá vai, 
(Lixo Urbano/H‐Records, 2006) e a finais 
de 2001 They are out there, (Lixo Urbano, 
2011), para alén de varias maquetas e 
splits comparYdos con bandas punk de 
ArxenYna, Finlandia, etc. 
Grupo de punk‐rock vigués, formado a comezos dos 90 por 3 adolescentes do barrio 
das Travesas de Vigo, Kino, Xose e Roberto, aos que logo se unirían Esteban na voz e 
Markn, membro na altura dos KOP vigueses, artellando a que sería a formación 
durante esa década. Despois do éxito acadado pola súa segunda maqueta, ‐que 
chegou a saír nas bandas deseñadas de Pedro Pico&Pico Vena‐, a discográfica alemá 
SOS Records edítaa en CD, o primeiro da banda, Sempre Ceibes, publicado no 1996. 
Despois dalgunha mudanza na formación, ‐saída de Xose, paso de Mikele e Pablo 
polo baixo‐, van gravando algún disco novo, XusJza cega, (Plas>cs Discs, 1997) e 
Skacha, (Sons de Luita/Janie Jones Records, 1999), ademais do traballo, compar>do 
con varias bandas como Kaos ou Disturbio 77, Estado de SiJo, (Janie Jones Records, 
2001) no que versionan bandas punk da cidade como Desvirgheitors. 
Posteriormente Roberto, un dos fundadores abandona o grupo e Skacha saca algún 
novo traballo, o recompilatorio 1995‐2003 co selo italiano Anfibio e xa con temas 
novos o magnífico A ferro e lume, (Potencial HC, 2006) e finalmente Catro, (Escacha 
Records, 2010). A badna despediuse cun concerto na súa cidade natal no 2011. 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
Se o teu é o Hip-Hop... 
EL PUTO COKE 
MC e compositor vigués nado a comezos dos 80, con máis 
de quince anos no panorama hip hop ibérico. A súa 
primeira aparición foi nun recompilatorio da revista 
"Bambán", no 1997 con apenas 16 anos, co tema "Kuando 
piso", canción que lle faría gañar o ktulo de ar>sta 
revelación galego 1998 baixo votación dos medios de 
comunicación musicais locais. 
Ten publicado varios discos en solitario, para alén de ter 
sido compoñente e co‐fundador do xa disolto colec>vo "La 
Familia" de Vigo, pioneiro no hip hop na cidade olívica. 
Tamén ten colaborado con ar>stas da talla de Kase‐O 
(Violadores del Verso), Payo Malo, Roty340, Dj Vadim, Griffi 
(Solo los Solo), Dive Dibosso (7 notas 7 colores), Mind da 
Gap, Mundo, Duo Kie, Juan Pro, Giro er Nene, Dj Tillo, 
Sindicato argen>no del Hip‐Hop, Dano, La Puta Opp, Gran 
Purismo... 
En febreiro de 2006 presentou o seu álbum Los Lunes al 
soul, primeiro traballo profesional dun MC en todo o Estado 
que era colgado de modo totalmente gratuíto na propia 
web do ar>sta. Máis de 100.000 personas descargárono en 
apenas medio ano. 
En 2007 gaña o premio do Maketón 40 Principales como 
mellor produtor musical nacional, despois de crear a súa 
propia produtora: “Licor Kafé”, centrándose na súa faceta 
de produtor, o que o leva a traballar con varios ar>stas do 
panorama vigués: Licor Kafé Vol 01, Wöyza (Pisando el 
suelo que ves), 040, Dr Valda (Clase obrera), Sale (Nuevo), 
Aid (Jugando). Malia desenvolver a súa carreira 
maioritariamente en castelán, é habitual que engada algún 
tema en galego nos seus traballos, lingua que tamén ten 
empregado nas súas colaboracións con grupos portugueses 
ou co Xabarín Club. 
En 2012 >rou Coke Céspedes, traballo que tamén se pode 
descargar de balde na súa web. 
DIOS QUE TE CREW 
Colec>vo Hip Hop nado en Ordes no 2003, propiciado pola unión das bandas de rap 
"Ghamberros" e boa parte de "5 Talegos". Formado por dj's, breakers, mc's e grafiteiros. Ritmos 
potentes e letras en galego. Fixeron a súa estrea con Xénese no 2006, disco que os fixo coñecidos 
en todo o país. En 2011, e da man de BOA, publican Humanose, traballo para o que contaron, ‐ 
tanto na gravación coma na xira posterior no verán dese ano‐, coa colaboración dos Machina. 
AID 
Aida Alonso Iglesias, arks>camente Aid, estudante de 
Telecomunicacións na Universidade de Vigo, locutora 
de radio, colaboradora de televisión e mc. Dende 
verano de 2007 exerce de locutora e guionista no 
programa "Moito de Aquí" en Radio Piratona (106.0 
FM Vigo), un programa dedicado á divulgación dos 
grupos locais e en apoio a lingua galega. 
Equipo de Dinamización da 
Lingua Galega. IES nº1 Ordes
Se o teu é a música electrónica... 
GALEGOZ 
Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e zarrapicadas por letras combativas, 
irreverentes e as veces mesmo surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música 
marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. 
Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance 
conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías 
sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ao 
poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bo humor. 
O proxecto GalegoZ nace no 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que 
fusionase diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo, inspirándonse en Gorillaz. 
Proxecto creado por algúns dos membros da Matraka Perversa, en febreiro do 2006, -animados 
pola boa acollida do single “Galician Chimpanzee”-, deciden constituírse en banda. E así, o 
experimento cristaliza no disco “Galician chimpanzee”, -un traballo de manufactura caseira 
editado pola discográfica galega Ouvirmos-, e o “grupo virtual” transfórmase nunha banda 
formada por músicos procedentes de distintos grupos galegos. 
En 2007 a banda tocou ao longo de toda a xeografía galega presentando o seu segundo traballo 
“Revolution Dance” nos festivais mais importantes do pais. No 2009 publicaron o seu último 
disco, "Viñeron da Galiza interior". A banda Galegoz está formada por: Denís Mutante (voz), 
Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Marcos Payno (programacións e voz), Manuel 
Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta e teclado), Tomas Ruido (Técnico de son e 
produción técnica ), Matías Olazábal (guitarra) e Chou (Samplers, video-dj e son). 
PROJECTO MOURENTE 
O Projecto Mourente é un "passa-tempo musical" coordinado por Carlos Valcárcel. O obxectivo é facer 
música na casa usando as tecnoloxías domésticas. O Projecto Mourente desenvolve as súas actividades 
entre Compostela e Pontevedra desde 2006. Malia non querer seguir ningún estilo musical concreto, “procura 
uma sensibilizaçom sobre a necessidade urgente de fazer pop electrónico em galego". Xa desde os 
comezos apostaron pola difusión na rede e así permitía descargar os temas do seu primeiro traballo, Baixo 
os eucaliptos, (A Regueifa Plataforma, 2006), desde a súa páxina. 
A comezos de 2012 publicaron un sinxelo, Ao teu redor, adianto do que foi o seu último traballo, titulado A 
pior, que tamén saíu este ano. 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
Se o teu é a fusión de estilos... 
LAMATUMBÁ 
Banda ourensá formada contra o cambio de milenio pola que 
teñen pasado varias ducias de músicos. De feito, parte da 
formación orixinal da banda forma parte hoxe en día dos Sonoro 
Maxín e aínda nos seus dous últimos anos tiveron outra media 
ducia de cambios. En tres ocasións entrou nun estudio para 
gravar un disco. No ano 2005 chegou o Lume (para que saia o 
sol), producido polo amigo Kaki Arkarazo e mais o propio grupo 
co cantante orixinal, Iko. O ano 2008 viu a saída do Paraugas 
Universal, feito man a man con Segundo Grandío, xa con Sergio 
Zearreta, Trosma, na voz. E no 2010, saíu A órbita da banda 
hipnótica. Lamatumbá anunciou un até logo a comezos de 2012. 
A COMPAÑÍA DO RUÍDO 
A compañía do Ruído está formada por sete 
persoas que dan vida a unha orixinal mestura de 
diferentes es>los. Destaca o escarnio nas súas 
letras, que mandan mensaxes comba>vos a través 
de ritmos bailables e diver>dos. 
Folk, rock, ska, corridos mexicanos, rumba, punk, 
ou regaae, entran na ba>dora da Compañía, 
procurando unir así o diver>mento, e a resistencia 
social. 
Con dez anos de traxectoria, A Compañía do Ruído 
ofrece un directo sólido, dinámico, e contundente, 
cargado de enerxía, imaxinación, e bo humor. 
Neste ano 2012 presenta o seu 5º traballo 
discográfico “ Había de chover merda”, e traballa 
na composición do seu espectáculo “ Isto é unha 
taberna, e aquí vense a cantar”. 
NARF, alter ego de Fran Pérez, é un cantautor compostelán de longa andaina no universo 
cultural galego. O músico xa roldaba a noite san>aguesa nos oitenta con Nicho Varullo e os 
Kinindiolas, para logo pasar pola compañía teatral Chévere, pola Sala NASA ou pola 
Psicofónica de Conxo. 
O proxecto en solitario de Fran Pérez deuse a coñecer cando musicou un poema do 
mozambicano José Craveirinha, “Quero ser tambor”, o que deixou as portas abertas a un 
novo proxecto discográfico, no que NARF traballou xunto ao grupo Timbila Muzimba, co 
que argallou un espectáculo conxunto para o verán de 2005. 
O seu segundo traballo, Tótem (Falcatruada, 2007), é un reflexo da súa vida nómade. As 
cancións arrecenden aos dis>ntos lugares, ‐A Habana, Maputo, Lisboa, Londres‐, onde 
foron compostas, onde foron interpretadas por vez primeira, para nos achegaren deste 
xeito un mosaico cultural baixo a visión dun galego do mundo. Despois da xira do proxecto 
Bumba, a carón dos moçambicanos Timbila Muzimba, e da súa par>cipación no Liet‐Lavlut, 
fes>val da canción en linguas minorizadas de Europa, celebrado na Laponia sueca, viría o 
seu seguinte traballo, Aló irmao. Realizado man a man con Manecas Costa, saíu á venda o 
9 de xuño de 2010. Gravado en directo o 16 e 17 de xuño de 2009 no Teatro Principal de 
San>ago de Compostela, o disco inclúe un CD con 12 temas novos e un DVD que recolle 
aquelas dúas noites máxicas nas que o magne>smo entre Galiza e Guiné Bissau se 
trasladou do escenario ás butacas. 
NARF 
Equipo de Dinamización da Lingua 
Galega. IES nº1 Ordes
INFORMACIÓN TIRADA DA PÁXINA: h{p://www.gzmusica.com 
Aí atoparás moitos máis grupos e cantantes... 
Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 
IES nº1 Ordes

Más contenido relacionado

Destacado (10)

Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
As sete mortes
As sete mortesAs sete mortes
As sete mortes
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 

Similar a Música em galego

Pequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdfPequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdfMarcosSalgadoRodrgue1
 
Zapatiños dossier prensa Galicia
Zapatiños dossier prensa GaliciaZapatiños dossier prensa Galicia
Zapatiños dossier prensa Galicia2naFronteira
 
MäGo De Oz1
MäGo De Oz1MäGo De Oz1
MäGo De Oz1Ashvaro
 
Ana gonzález música 70 80
Ana gonzález música 70 80Ana gonzález música 70 80
Ana gonzález música 70 80satelite1
 
Traballo de grupos de música de Rianxo
Traballo de grupos de música de RianxoTraballo de grupos de música de Rianxo
Traballo de grupos de música de RianxoCarlos Piña López
 
Trabajo de musica clave de sol
Trabajo de musica clave de solTrabajo de musica clave de sol
Trabajo de musica clave de solblogalfonso
 
Promo Once MáIs 15
Promo Once MáIs 15Promo Once MáIs 15
Promo Once MáIs 15cenlf
 
Promo 11+15
Promo 11+15Promo 11+15
Promo 11+15cenlf
 
Promo Once Máis 15
Promo Once Máis 15Promo Once Máis 15
Promo Once Máis 15cenlf
 
O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)Marlou
 

Similar a Música em galego (20)

Pequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdfPequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdf
 
Pereza
PerezaPereza
Pereza
 
Pereza
PerezaPereza
Pereza
 
Zapatiños dossier prensa Galicia
Zapatiños dossier prensa GaliciaZapatiños dossier prensa Galicia
Zapatiños dossier prensa Galicia
 
MäGo De Oz1
MäGo De Oz1MäGo De Oz1
MäGo De Oz1
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ana gonzález música 70 80
Ana gonzález música 70 80Ana gonzález música 70 80
Ana gonzález música 70 80
 
Traballo de grupos de música de Rianxo
Traballo de grupos de música de RianxoTraballo de grupos de música de Rianxo
Traballo de grupos de música de Rianxo
 
Presentación musica5
Presentación musica5Presentación musica5
Presentación musica5
 
Astarot
AstarotAstarot
Astarot
 
Rock
RockRock
Rock
 
Trabajo de musica clave de sol
Trabajo de musica clave de solTrabajo de musica clave de sol
Trabajo de musica clave de sol
 
Promo Once MáIs 15
Promo Once MáIs 15Promo Once MáIs 15
Promo Once MáIs 15
 
Promo 11+15
Promo 11+15Promo 11+15
Promo 11+15
 
Promo Once Máis 15
Promo Once Máis 15Promo Once Máis 15
Promo Once Máis 15
 
Audición 7
Audición 7Audición 7
Audición 7
 
Audición 3
Audición 3Audición 3
Audición 3
 
Música galega actual
Música galega actualMúsica galega actual
Música galega actual
 
O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)
 
Rabuñando novos Cantares
Rabuñando novos CantaresRabuñando novos Cantares
Rabuñando novos Cantares
 

Más de normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Ix concurso postais nadal
Ix concurso postais nadalIx concurso postais nadal
Ix concurso postais nadal
 
Revista ies
Revista iesRevista ies
Revista ies
 
Madonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de invernoMadonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de inverno
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Cabaliño de buxo
Cabaliño de buxoCabaliño de buxo
Cabaliño de buxo
 

Último

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (8)

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Música em galego

  • 1. CANDO FALAMOS DE MÚSICA EN GALEGO PENSAS SÓ EN FOLK? Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 2. PODERÍAS DICIR O NOME DE TRES GRUPOS OU ARTISTAS QUE FAGAN MÚSICA EN GALEGO? (QUE NON SEXAN GRUPOS TRADICIONAIS OU FOLK) 1...................................... 2...................................... 3...................................... SE FUCHES CAPAZ QUEREMOS PARABENIZARTE!!! SE NON FOI ASÍ SE CADRA ESTÁS INTERESAD@ NA SEGUINTE INFORMACIÓN... Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 3. Se o teu é o Rock... OS RESENTIDOS Antón Reixa, que formaba parte do colec>vo poé>co Rompente dende os seus inicios no ano 1977, decidiu afastarse do mundo das letras, un mundo que deixara atrás a rebeldía dos primeiros tempos democrá>cos. O filólogo e profesor vigués atopou no fervedoiro musical dos primeiros oitenta na súa cidade un mundo en ebulición ao que se acabou unindo e case ao mesmo tempo que se ían armando os Siniestro Total, ‐amigos cos que compar>ron local de ensaio, varios membros e EP de estrea, o mí>co Surfin’ CCCP, (Grabaciones Accidentales, 1984)‐, nacían Os Resen>dos, facendo rock en galego. Hoxe, cando hai máis de 100 bandas en ac>vo e consolidadas no país cantando na nosa lingua e tocando unha ampla variedade de es>los, isto pode non semellar novidoso, mais cómpre lembrar que na altura os únicos referentes aos que podían botar man eran os Goma‐2 de Portonovo, autén>cos precursores do Bravú a finais dos setenta. Ou iso, ou Andrés do Barro; alén do folk e tradicional, apenas había máis nada. Porén, o propio Reixa ten confesado que o emprego do galego dotou a banda dunha iden>dade esté>ca singular e dende logo non foi maior obstáculo para a súa difusión estatal, como testemuñan o éxito do seu grande hit Galicia Caníbal, máis coñecido polo retrouso de “Fai un sol de carallo” ou a elección do seu quinto disco, Jei, (Grabaciones Accidentales, 1990), pola revista musical Rockdelux como mellor disco de rock do ano en todo o estado. Tras milleiros de discos vendidos e de centos de concertos, despois de facer o que lles petou e sen lle render contas a ninguén, Os Resen>dos sepáranse. Deixaron sementado o que antes era un ermo, déronlle referentes propios á xeración bravú e remataron con absurdas discusión arredor da viabilidade do galego para o rock. Estarán sempre, en defini>va, na orixe do rock feito en galego. OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE‐ALTO Banda imprescindíbel para entendermos a música galega, que ao longo dos máis de dez anos que es>veron en ac>vo, dende Arroutada Pangalaica, (Dro East West, 1991), até Komunikando, (BOA, 2003), marcaron as liñas mestras da evolución do rock en galego. A súa formación histórica é coa que gravaron os seus tres primeiros discos: Arroutada Pangalaica, (DRO, 1991); Parrús, (Fonomusic, 1993) e Avante toda!, (Fonomusic, 1995), isto é Xurxo Souto á voz e ao acordeón, Rómulo Sanjurjo ao acordeón, Juan Varela “Guni” á guitarra, Mangüí Markn ao baixo e mais Marcos Viascón á batería, aínda que no derradeiro disco só Sanjurjo seguía na banda, acompañado por Manolo Maseda ou Lola de Ribeira. Malia estar oficialmente "re>rados" os Diplomá>cos teñen tocado de novo nalgunha ocasión, a úl>ma no Castañazo Rock de 2012. Banda de rock do Barbanza formada a comezos dos 90, a súa estrea foi na festa da Dorna de Ribeira do 1992, que logo colleitou un grande suceso, xa desde o lanzamento do seu primeiro disco, A Cuadrilla de Pepa a Loba, ( Xurelo Roxo, 1994), éxito que ten moito que ver coa aparente facilidade coa que fusionan o rock anglosaxón da década de 1970 no musical cunhas letras e un xeito de falar e de dicir as cousas que lles son moi próximos aos seareiros. Despois de se separar en 2005, a banda volveu aos escenarios nun histórico concerto en Ordes diante de 3 500 persoas. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 4. Se o teu é o Rock... KASTOMÄ Kastomä, ‐apócope da frase "¿qué queres tomar?"‐, son unha banda de rock de Ordes formada no ano 2000 por Soneira, Oscar, Xurxo, David e Sito. No ano 2008 incorpórase ao grupo desde Os Gin Tonics de Sigüeiro o batería Antonio Pazos. Din que o seu es>lo é un es>lo xa inventado pero con influencias nocturnas acumuladas dende inicios de século, "que é o que lle dá o toque persoal ás cancións". Teñen 2 Maquetas editadas, "Tomámoslle outra" (2001) e "Mestres de Pesadelos" (2005), e dous discos, "Almas da Noite", editado en formato rsico por Falcatruada e distribuído por A Lonxa Cultural e Impórtame merda, publicado no 2011. RUXE‐RUXE Grupo rock da bisbarra compostelá, da aldea de Aríns, que leva desenvolvido unha longa traxectoria dende os seus comezos, cando >raron a primeira maqueta no 1996, que incluía cinco temas onde se intuía cales ían ser os vieiros polos que camiñase a música dos Ruxe: rock en galego, que fala de Galiza e que mesmo soa coma ela en ocasións, tanto que durante os seus comezos, cando gravaron o seu primeiro disco, Ruxe‐Ruxe, 1999, e mailo segundo, Non temos medo, 2000, foron incluídos seguido en compilatorios de música folk e celta. Isto debeuse xa non á presenza de gaita e acordeón en moitas das súas pezas, ou as colaboracións que nos discos teñen feito pandeireteiras coma Liñaceira, ‐feitos que por outra banda son comúns a outros grupos de rock‐, senón a unhas raigames tan chantadas na terra, como lles acontecía quizais aos Rastreros, que aínda que estean a facer rock hai algo atrás que recorda sempre de onde son os que tocan. E non hai máis que escoitar os seguintes traballos do grupo, A terra dos comentos, 2003, e Fervendo, 2004, para se dar de conta disto. Porque nestes traballos a presenza do rock é moito maior, case absoluta, especialmente no úl>mo deles, coas colaboracións de Julián Hernández de Siniestro ou o Maestro Reverendo, mais o arrecendo á terra segue a estar presente, para sinalar que os rapaces que están a soar vos son de Aríns, Compostela. Xigantes, (PAI Música, 2008), dá un paso máis, ‐unha boa alancada‐, cara a unha madurez musical que semella vai situar a banda nun son que relembra moito o rock anglosaxón dos setenta, ‐dunha e outra banda do Océano‐, e que lle concede cada vez máis importancia, nas gravacións, aos medios tempos. Unha base rítmica ancorada nese rock clásico, unha guitarra que gaña en protagonismo, tamén ao vivo, e unhas voces, ‐principal e tamén os coros‐, seguras do que fan marcan a pauta. E dentro desta liña xeral do seu novo traballo, abrollan retallos punk, ecos do ska, unha olladela ao hip‐hop, gaitas e saxos dando acubillo a unhas letras que cada vez collen máis peso no total do disco. ZENZAR Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. Son a banda con máis anos de ac>vidade en Galiza facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub Non sei sendo un sexteto. Man>veron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. No verán do 1993 prodúcese o troco de nome, por mo>vos legais, pasando a chamarse, xa para sempre, ZENZAR. No 1997 prodúcese a saída á rúa do seu primeiro L.P. Disparados ó Futuro. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 5. Se o teu é o Pop... Fanny+Alexander son unha banda indie galega con base en Compostela que gosta de poñer a proba en cada unha das súas cancións os límites do Pop máis canónico, chimpando do pop acús>co á indietrónica máis arriscada, do chamber‐pop orquestrado ao máis shoegazer e espacial, do sinté>co pop electrónico ao máis folkie e espido. Unha a>tude rupturista que comeza coa fidelidade ao principio punk do Do It Yourself ‐ autoproducindo os seus discos e realizando os seus propios videoclips e material gráfico‐, con>nua cun compromiso co Copylez e remata coa explotación a conciencia da infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías. En defini>va, poñendo os alicerces para a contemporaneización da nova música pop galega a base de machucar es>los, regras e e>quetas. Publicou os seguintes traballos: Lusco e Fusco, (A Regueifa Discos, 2006), Finais dos 70s comezos dos 80s, (A Regueifa Discos, 2007) e Alfaias, (A Regueifa Discos, 2009) Dende un bar de Compostela até unha praia de Laxe, dende os Beatles ao funk, ‐pasando por Nirvana e facendo unha boa parada na música brasileira‐, non se pode saber se a doce Lore{a Mar>n volverá de vez, tampouco se seguirá os consellos das súas amigas, mais o que é seguro é que estes tres mozos da Coruña veñen de lle dar unha boa sacudida ao panorama musical do país ao socairo do funk ledo que manufacturan baixo o nome da amiga de Jojo. Após de se estrear cun EP autoeditado no 2005 e de mudanzas nunha formación que chegou ao sexteto para ficar reducida a tres compoñentes despois da saída de Ion Romero, Lore{a Mar>n gravou durante o ano 2006 Paraíso distante, (Falcatruada, 2007), ‐onde aínda par>cipa a guitarra de Romero‐, un funkeirazo con raigames no rock e pólas que chegan rabuñar no hip‐hop e na música do Brasil. A cantar en galego, inglés, portugués e todo aquilo que lle acaia ben ao ritmo das súas cancións, destaca o emprego que fan do noso idioma nas pezas máis funk do disco, onde amplían as súas posibilidades foné>cas e rítmicas para amosar un resultado que sorprende, que iden>fica plenamente a sonoridade da banda e que lle debe moito ao traballo do vocalista Brais Morán, autor da meirande parte das letras e das melodías, agás De repente, con letra de Vinícius de Morais. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 6. Se o teu é o Pop... THE HOMENS Trío compostelán de power‐pop que >rou un disco longo, Tres, (Falcatruada, 2007), após da edición da autoedición de dous EPs #1, no 2005, #2, 2006, o que unido ao considerable número de concertos dados en Galiza e Portugal nos seus seis anos de existencia os converte nun dos grupos máis dinámicos do pop galego. Xocas, batería, Roi, baixo e voz, e Mar>n Wu, guitarra e voz, compoñen The Homens, unha banda que segue o ronsel dos americanos Fugazi, cunha música que agocha certo recendo e ac>tude do punk británico dos setenta, e na que cada vez vai tendo máis peso a influencia de bandas como Barracudas ou Pixies, para achegar un son no que, como eles mesmos din, veñen armados de guitarras ruidosas pero tamén de sensibilidade melódica. Cuns retrousos moi cantables, The Homens podería colocar o seu traballo sen dúbida nos circuítos da radio‐fórmula, mais a súa filosora tenos levado por outros vieiros e así todo o seu labor crea>vo faise baixo a licenza Crea>ve‐Commons, o que permite descargar as cancións dos seus traballos dende a rede; aínda así, desta volta o grupo decidiu tamén sacar o seu traballo nun soporte rsico, cunha edición en formato especial onde se inclúe vinilo, CD e os temas en mp3, para alén do clásico formato CD en exclusiva. No 2011 decidiron separarse. ATAQUE ESCAMPE Banda compostelá fundada no 2002, que se consolidou no panorama galego despois de publicar A grande evasión, disco que chegou aproximadamente un ano despois do suceso que >vo Galicia es una mierda, (A Regueifa Discos, 2008), con 15 000 descargas e algún que outro ataque dos que non entenderon a crí>ca retranqueira e se enganaron coa provocación, ‐punk para L. Gómez‐. De feito, houbo algúns que incluso pensaron que a censura era o mellor método para non incomodar as mentes autoodiantes da clientela que sobe e baixa maina nas escaleiras mecánicas mentres mira chegar a primavera e as semanas fantás>cas. Malia estas e outras pequenas e curiosas anécdotas, no espazo que houbo entre traballo e traballo o mundo crea>vo da banda non parou de ferver e agasallaron os seus seguidores con Galicia es una fiesta, (A Regueifa Plataforma, 2008) cos remixes do Dr. Painkiller de cinco dos temas do segundo traballo da banda. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 7. Se o teu é o Metal... OS SKORNABOIS Grupo de Vilanova de Lourenzá, Lugo, que comezou facendo punk‐rock para despois achegarse a sons encadrables no rapcore ou no rapmetal. Creados a comezos dos 90, par>ciparon no movemento Bravú e separáronse a finais da mesma década. NAO Grupo que se estreou con As palabras espidas, (2007). Despois >raron o seu segundo álbum, Coas túas mans, (autoeditado, 2010), nove temas que mesturan sen>mentos e dureza dunha das bandas nacionais con maior proxección, que sacou este novo disco despois dun ano enteiro de traballo e dun, segundo eles, merecido repouso. A finais de 2012 comezou un proxecto de crowfounding para publicar o seu terceiro traballo, Cancións de amor e liberdade, (Autoeditado, 2013), que verá a luz o 26 de febreiro de 2013. FAME NEGHRA A comezos dos 90, Compostela viviu unha eclosión de bandas de hardcore, con grupos como Mol, Dirty barriguitas, Irmandiños ou os propios Fame Neghra. Banda cun compromiso polí>co evidente nas súas letras, gravou dúas maquetas e posteriormente dous ep's, a súa estrea en solitario Benvidos a Famelandia, (Potencial H.C./Trevoada, 1992) e un outro compar>do con Dirty Barriguitas un ano despois, tamén para Trevoada. No 98 sacaron o seu único disco, O neno carburador, (Lixo Urbano, 1998), onde o seu son se aproxima máis ao punk, despois da incorporación de Mar>nho, ‐Mar>n Wu, trompeta e guitarra‐, ao trío de batería, Ramón, guitarra, Ález e baixo e voz, Suso. Un par de anos despois o grupo desapareceu e varios dos seus integrantes pasaron a formar parte de Samesugas. TÚZAROS Banda compostelá, concretamente de San Lázaro, que botou catorce anos na música, tempo que lles permi>ra gravar dous discos, Túzaros, 1997 e Trivial, 2001, para alén dunha maqueta anterior, que refleckan un son contundente que levaron a escenarios de toda Galiza, nomeadamente da comarca de San>ago: Bertamiráns, Escravitude, todos os pubs de Compostela, aínda que axiña foron ampliando fronteiras para deitar o seu son en Padrón, Bueu, Vigo, A Coruña, Chantada,… Anos de estrada, de ensaios, de loitar por facer boa música en Galiza e en galego, feito que os levou a estar presentes no proxecto Unión Bravú, 1996, onde unha ducia de bandas quixeron demostrar que era posíbel facer rock aquí sen se ter que transformar en copias insípidas das sonoridades foráneas, sen ter que imitar, creando, argallando, dende a pertenza consciente a unha cultura. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 8. Se o teu é o Punk... O LEO I ARREMECÁGHONA Cantautor punk da parroquia viguesa de Matamá, O Leo pasea a súa particular performance, teloneado polo seu alter ego, O Leio, cantautor que interpreta temas de Batallán ou Vaamonde, para dar paso despois ao resto da familia Arremecághona!, -cada vez máis numerosa-, e rematar sempre coa versión máis punk, onde vestido co traxe galego e camisola anarquista versiona aos Clash, cunha das mellores cancións do certame apologhit, e sacode os alicerces da sociedade. No 2012 gravou ao vivo no seu piso de Compostela o que sería o seu terceiro disco, do que tampouco volveu haber novas. SAMESUGAS Grupo creado en 1999, por membros doutras formacións como Fame Neghra e Dirty Barriguitas. O seu esYlo anda entre o punk‐rock e o garage con letras en galego e inglés. A banda está formada por Álex, batería; Ramón, guitarra; Alberte, baixo e voz e Joaquín, guitarra e voz. Na súa andaina editaron tres traballos longos en solitario, Machine in your brain, (H‐Records, 2003), Alá vai, (Lixo Urbano/H‐Records, 2006) e a finais de 2001 They are out there, (Lixo Urbano, 2011), para alén de varias maquetas e splits comparYdos con bandas punk de ArxenYna, Finlandia, etc. Grupo de punk‐rock vigués, formado a comezos dos 90 por 3 adolescentes do barrio das Travesas de Vigo, Kino, Xose e Roberto, aos que logo se unirían Esteban na voz e Markn, membro na altura dos KOP vigueses, artellando a que sería a formación durante esa década. Despois do éxito acadado pola súa segunda maqueta, ‐que chegou a saír nas bandas deseñadas de Pedro Pico&Pico Vena‐, a discográfica alemá SOS Records edítaa en CD, o primeiro da banda, Sempre Ceibes, publicado no 1996. Despois dalgunha mudanza na formación, ‐saída de Xose, paso de Mikele e Pablo polo baixo‐, van gravando algún disco novo, XusJza cega, (Plas>cs Discs, 1997) e Skacha, (Sons de Luita/Janie Jones Records, 1999), ademais do traballo, compar>do con varias bandas como Kaos ou Disturbio 77, Estado de SiJo, (Janie Jones Records, 2001) no que versionan bandas punk da cidade como Desvirgheitors. Posteriormente Roberto, un dos fundadores abandona o grupo e Skacha saca algún novo traballo, o recompilatorio 1995‐2003 co selo italiano Anfibio e xa con temas novos o magnífico A ferro e lume, (Potencial HC, 2006) e finalmente Catro, (Escacha Records, 2010). A badna despediuse cun concerto na súa cidade natal no 2011. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 9. Se o teu é o Hip-Hop... EL PUTO COKE MC e compositor vigués nado a comezos dos 80, con máis de quince anos no panorama hip hop ibérico. A súa primeira aparición foi nun recompilatorio da revista "Bambán", no 1997 con apenas 16 anos, co tema "Kuando piso", canción que lle faría gañar o ktulo de ar>sta revelación galego 1998 baixo votación dos medios de comunicación musicais locais. Ten publicado varios discos en solitario, para alén de ter sido compoñente e co‐fundador do xa disolto colec>vo "La Familia" de Vigo, pioneiro no hip hop na cidade olívica. Tamén ten colaborado con ar>stas da talla de Kase‐O (Violadores del Verso), Payo Malo, Roty340, Dj Vadim, Griffi (Solo los Solo), Dive Dibosso (7 notas 7 colores), Mind da Gap, Mundo, Duo Kie, Juan Pro, Giro er Nene, Dj Tillo, Sindicato argen>no del Hip‐Hop, Dano, La Puta Opp, Gran Purismo... En febreiro de 2006 presentou o seu álbum Los Lunes al soul, primeiro traballo profesional dun MC en todo o Estado que era colgado de modo totalmente gratuíto na propia web do ar>sta. Máis de 100.000 personas descargárono en apenas medio ano. En 2007 gaña o premio do Maketón 40 Principales como mellor produtor musical nacional, despois de crear a súa propia produtora: “Licor Kafé”, centrándose na súa faceta de produtor, o que o leva a traballar con varios ar>stas do panorama vigués: Licor Kafé Vol 01, Wöyza (Pisando el suelo que ves), 040, Dr Valda (Clase obrera), Sale (Nuevo), Aid (Jugando). Malia desenvolver a súa carreira maioritariamente en castelán, é habitual que engada algún tema en galego nos seus traballos, lingua que tamén ten empregado nas súas colaboracións con grupos portugueses ou co Xabarín Club. En 2012 >rou Coke Céspedes, traballo que tamén se pode descargar de balde na súa web. DIOS QUE TE CREW Colec>vo Hip Hop nado en Ordes no 2003, propiciado pola unión das bandas de rap "Ghamberros" e boa parte de "5 Talegos". Formado por dj's, breakers, mc's e grafiteiros. Ritmos potentes e letras en galego. Fixeron a súa estrea con Xénese no 2006, disco que os fixo coñecidos en todo o país. En 2011, e da man de BOA, publican Humanose, traballo para o que contaron, ‐ tanto na gravación coma na xira posterior no verán dese ano‐, coa colaboración dos Machina. AID Aida Alonso Iglesias, arks>camente Aid, estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo, locutora de radio, colaboradora de televisión e mc. Dende verano de 2007 exerce de locutora e guionista no programa "Moito de Aquí" en Radio Piratona (106.0 FM Vigo), un programa dedicado á divulgación dos grupos locais e en apoio a lingua galega. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 10. Se o teu é a música electrónica... GALEGOZ Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e zarrapicadas por letras combativas, irreverentes e as veces mesmo surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ao poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bo humor. O proxecto GalegoZ nace no 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusionase diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo, inspirándonse en Gorillaz. Proxecto creado por algúns dos membros da Matraka Perversa, en febreiro do 2006, -animados pola boa acollida do single “Galician Chimpanzee”-, deciden constituírse en banda. E así, o experimento cristaliza no disco “Galician chimpanzee”, -un traballo de manufactura caseira editado pola discográfica galega Ouvirmos-, e o “grupo virtual” transfórmase nunha banda formada por músicos procedentes de distintos grupos galegos. En 2007 a banda tocou ao longo de toda a xeografía galega presentando o seu segundo traballo “Revolution Dance” nos festivais mais importantes do pais. No 2009 publicaron o seu último disco, "Viñeron da Galiza interior". A banda Galegoz está formada por: Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Marcos Payno (programacións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta e teclado), Tomas Ruido (Técnico de son e produción técnica ), Matías Olazábal (guitarra) e Chou (Samplers, video-dj e son). PROJECTO MOURENTE O Projecto Mourente é un "passa-tempo musical" coordinado por Carlos Valcárcel. O obxectivo é facer música na casa usando as tecnoloxías domésticas. O Projecto Mourente desenvolve as súas actividades entre Compostela e Pontevedra desde 2006. Malia non querer seguir ningún estilo musical concreto, “procura uma sensibilizaçom sobre a necessidade urgente de fazer pop electrónico em galego". Xa desde os comezos apostaron pola difusión na rede e así permitía descargar os temas do seu primeiro traballo, Baixo os eucaliptos, (A Regueifa Plataforma, 2006), desde a súa páxina. A comezos de 2012 publicaron un sinxelo, Ao teu redor, adianto do que foi o seu último traballo, titulado A pior, que tamén saíu este ano. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 11. Se o teu é a fusión de estilos... LAMATUMBÁ Banda ourensá formada contra o cambio de milenio pola que teñen pasado varias ducias de músicos. De feito, parte da formación orixinal da banda forma parte hoxe en día dos Sonoro Maxín e aínda nos seus dous últimos anos tiveron outra media ducia de cambios. En tres ocasións entrou nun estudio para gravar un disco. No ano 2005 chegou o Lume (para que saia o sol), producido polo amigo Kaki Arkarazo e mais o propio grupo co cantante orixinal, Iko. O ano 2008 viu a saída do Paraugas Universal, feito man a man con Segundo Grandío, xa con Sergio Zearreta, Trosma, na voz. E no 2010, saíu A órbita da banda hipnótica. Lamatumbá anunciou un até logo a comezos de 2012. A COMPAÑÍA DO RUÍDO A compañía do Ruído está formada por sete persoas que dan vida a unha orixinal mestura de diferentes es>los. Destaca o escarnio nas súas letras, que mandan mensaxes comba>vos a través de ritmos bailables e diver>dos. Folk, rock, ska, corridos mexicanos, rumba, punk, ou regaae, entran na ba>dora da Compañía, procurando unir así o diver>mento, e a resistencia social. Con dez anos de traxectoria, A Compañía do Ruído ofrece un directo sólido, dinámico, e contundente, cargado de enerxía, imaxinación, e bo humor. Neste ano 2012 presenta o seu 5º traballo discográfico “ Había de chover merda”, e traballa na composición do seu espectáculo “ Isto é unha taberna, e aquí vense a cantar”. NARF, alter ego de Fran Pérez, é un cantautor compostelán de longa andaina no universo cultural galego. O músico xa roldaba a noite san>aguesa nos oitenta con Nicho Varullo e os Kinindiolas, para logo pasar pola compañía teatral Chévere, pola Sala NASA ou pola Psicofónica de Conxo. O proxecto en solitario de Fran Pérez deuse a coñecer cando musicou un poema do mozambicano José Craveirinha, “Quero ser tambor”, o que deixou as portas abertas a un novo proxecto discográfico, no que NARF traballou xunto ao grupo Timbila Muzimba, co que argallou un espectáculo conxunto para o verán de 2005. O seu segundo traballo, Tótem (Falcatruada, 2007), é un reflexo da súa vida nómade. As cancións arrecenden aos dis>ntos lugares, ‐A Habana, Maputo, Lisboa, Londres‐, onde foron compostas, onde foron interpretadas por vez primeira, para nos achegaren deste xeito un mosaico cultural baixo a visión dun galego do mundo. Despois da xira do proxecto Bumba, a carón dos moçambicanos Timbila Muzimba, e da súa par>cipación no Liet‐Lavlut, fes>val da canción en linguas minorizadas de Europa, celebrado na Laponia sueca, viría o seu seguinte traballo, Aló irmao. Realizado man a man con Manecas Costa, saíu á venda o 9 de xuño de 2010. Gravado en directo o 16 e 17 de xuño de 2009 no Teatro Principal de San>ago de Compostela, o disco inclúe un CD con 12 temas novos e un DVD que recolle aquelas dúas noites máxicas nas que o magne>smo entre Galiza e Guiné Bissau se trasladou do escenario ás butacas. NARF Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes
  • 12. INFORMACIÓN TIRADA DA PÁXINA: h{p://www.gzmusica.com Aí atoparás moitos máis grupos e cantantes... Equipo de Dinamización da Lingua Galega. IES nº1 Ordes