SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 94
Descargar para leer sin conexión
1
VÍCTOR 3º A
2
PÁX.
Presentación 3
Cal é a túa razón? 4
Os de infantil somos moi traballadores 5
Nadal 9
Entroido 10
Os nenos e as nenas de 2º recibimos unha visita
moi especial 11
Tamén estivemos no xeriátrico 15
3º, o noso ano 20
Os de 4º puxemos as botas 26
Conto de 5º 29
A avispilla china 31
En Educación Física 33
Galegos polo estranxeiro 52
Creación poética 55
Unha esquecible estancia en Quiroga 56
Xosé Fernando Filgueira Valverde (1906-1996) 58
Mostra fotográfica ENL 62
A biblio de Piticán 80
Posta a punto tecnolóxica 82
Así vemos os de infantil ós mestres do Julia Becerra
Malvar 85
Chistes 91
Despedímonos dos nosos alumnos que comezan
unha nova andaina 92
3
OLA A TODOS E TODAS!
Tedes antes os vosos ollos o primeiro exemplar da nosa
revista dixital Faladurías do CPI Julia Becerra Malvar. Nela
quixemos recoller algúns dos traballos realizados na
actividade cotiá das aulas, así como reflectir temas de
actualidade moi presentes na vida dos rapaces e rapazas.
Desexamos que a súa lectura nos traia á lembranza
momentos agradables para relatar e compartir en
familia.
Por último, agradecer a colaboración de todas aquelas
persoas que fixeron posible a elaboración desta revista,
sen os cales non sería posible levar adiante este proxecto:
alumnos, alumnas e profesorado.
4
Os libros son ollos máxicos para mirar o mundo...
Anímate a ler! Hai moitos libros!
LIBROS para saber
LIBROS para aprender
LIBROS para pensar
LIBROS para estar xuntos
LIBROS para rir e chorar
LIBROS para coñecer
LIBROS para descubrir
LIBROS para escapar
LIBROS para compartir
LIBROS para crecer
LIBROS para afirmar
LIBROS para negar
LIBROS para pasalo ben
LIBROS para soñar
LIBROS para xogar
LIBROS para explorar
LIBROS para ser mellores
LIBROS para imaxinar
Cal é a túa razón?
5
Levamos todo o curso investigando sobre moitas cousas.
Empezamos pola noso corpo, a familia, a vendima, os
castiñeiros, Ribadumia….
Escoitamos moitisimos contos.
Piticán converte a biblioteca
nun lugar máxico!!
6
Bailamos vals e merengue no
pavillón,
visitamos ós bombeiros...
e ata fomos de compras!
Investigamos tódolos recunchos da
granxa de Serantellos.
Aínda que nos xa somos felices
con só subir ó autobús!!
7
Fomos ó lavadoiro.... que fría estaba a auga pero que ben
o pasamos!!
e agora andamos a pensar en cousas coma os castelos
medievais...
8
Dora e os dinosaurios...
e
Velázquez.
O certo é que non paramos pero... hai que ver que bonito
temos o cole,
e canto aprendemos!!!
9
10
11
OS NENOS E NENAS DE 2º RECIBIMOS
UNHA VISITA MOI ESPECIAL....
Viñeron os residentes de “Geriatros”, en
Ribadumia.
Preparamos
entre todos
unha serie de
preguntas
sobre a súa
vida.
Contáronnos a que se adicaron,
en que consistía o seu
traballo, como pasan o tempo de lecer
co resto dos compañeiros na residencia....
12
Estivemos moi antentos...
E logo fixemos un debuxo relacionado cos temas
que nos contaron os nosos “padriños e madriñas”.
Que cousiñas tan
interesantes nos
está a contar!!!!
13
14
MOITAS GRAZAS AOS RESIDENTES!!
XUNTOS
PASÁMOLO XENIAL!!
Eles tamén nos adicaron unhas verbas moi bonitas.
15
O 3 de Xuño, os alumnos e alumnas de 2º curso de primaria, e dentro das diferentes
actividades conxuntas que facemos, fomos a Residencia de Geriatros onde nos tiñan
preparada unha estupenda “Xincana” con diferentes probas.
A pesares do calor que pasamos o desprazarnos camiñando ata alí, os esforzo pagou a pena, e
dividímonos en diferentes equipos para seguir as pistas, e chegar a meta final
16
As veces, non era sinxelo dar coa resposta correcta ou atopar o que nos pedía a pregunta, pero
coa colaboración dos residentes, conseguimos chegar todos o final!
Paseamos pola residencia de arriba para abaixo, de dentro para afora, e coñecemos a xente
moi amable, que nos tratou as mil marabillas
17
De igual xeito, foi un orgullo que se quixeran retratar con nós!
Comprendemos que o sentimento de unión do grupo e de colaboración, é moi importante na
vida en xeral e en situacións especiais, en particular
18
...Ao final, e logo de rematar todos os equipos, xuntámonos para falar da nosa experiencia e
para darlle as grazas pola súa hospitalidade...
19
.... E VOLVEREMOS!!!!!
20
Este ano foi algo diferente ao curso pasado, xa que tivemos unha clase moito máis
pequena. Ás veces estabamos de lado para ver ben o encerado ou aguantar a
respiración para ocupar menos espazo. A pesar de todo… foi un ano xenial!
Fixemos actividades individuais, en parella e en grupo. Moitas saíron moi ben e outras
non tan ben. Cando non saían tan ben tiñamos que escoitar ao noso profe. É que así
non aprendemos! Gústanos moito falar e o recreo
nada máis que dura 30 minutiños.
Algunha das actividades que máis nos gustaron foi o
baile de Thriller de Michael Jackson que fixemos en
Samaín. Viñemos disfrazados ao cole de monstros. O
profe preparounos unha coreografía. Aínda que
estivemos tempo bailando... foi moi divertido! Ata
nos deron un diploma por ser un curso moi
colaborador! Ademais fixemos traballos manuais
sobre o Samaín e xogamos a diferentes xogos para
coñecer esta festa. Agora xa sabemos que significa o paso dun ano a outro, como de
apertura a outro mundo, que é de orixe celta e indica o fin do verán.
Cando se achegaba o magosto, empezamos a traballar ao redor desta festa con
debuxos e outros traballos para decorar a clase. Quedou moi bonita, sobre todo o
mural de mans que fixemos cunha castaña.
21
Pouco despois, o profe Chema da ESO fixo de contacontos e, despois de escoitar varios
contos do noso profe con instrumentos musicais e cancións, entrounos a curiosidade
de facer nós un con marionetas. Primeiro fixemos as marionetas en clase de plástica e
logo preparamos o conto. Saíu tan ben que no Día do Libro fixemos unha
representación a todo infantil.
Foi moi divertido decorar as nosas fotos tanto en Samaín como no
Nadal. Pasamos de ser monstros e bruxas a gnomos, elfos, e
personaxes propios do Nadal. Tamén fixemos traballos manuais da
época, participamos nunha árbore xigante cos nenos de infantil e os
compañeiros de 3º B.
Que pintas no Entroido! Tiñamos que vir disfrazados como dicía o Meco: con pinzas,
con algo no pescozo, con zapatos diferentes... O mellor foi a merendola e a
chocolatada!
22
Gustounos moito participar nun concurso de debuxos, onde recibimos un premio por
quedar de quintos. Tamén fixemos algún concurso na clase de chistes e creación de
poemas. Démonos conta que o importante é participar e pasar un bo rato escoitando
aos nosos compañeiros cos chistes e cos poemas! Que artistas! Pareciamos poetas de
verdade! Tamén participamos no concurso do cole Ponte a proba con todos os nenos e
nenas do centro.
Este ano, como novidade, fixemos varias exposicións. Ao principio un pouquiño
nerviosos, pero puidemos saír adiante. Primeiro tiñamos que facer a actividade e logo
explicala.
 Aínda que nos custou un pouquiño, para aprender os continentes fixemos
maquetas e murais de cada un. Era unha actividade voluntaria, pero case toda
a clase participou.
 Máis difícil foron os experimentos, porque ás veces non saían á primeira.
 Falamos tamén dos nosos libros favoritos e fixemos un libro titulado Os nosos
gustos para saber o libro favorito de cada un e así saber máis sobre o nosos
compañeiros. Moitos temos os mesmos gustos!
 Para traballar as cantidades, fixemos unha exposición dunha receita e ata
probamos o resultado na clase! Todo estaba boísimo!
 Colaboramos no proxecto de infantil cos nosos castelos con material de
refugallo e decoramos varias portas do estilo da época. Así fixemos unha
introdución á historia.
23
 Limos as nosas creacións de contos sobre a historia. Vendo as portadas xa
daban ganas de ler os contos!
 Expuxemos o noso cómic, é dicir, un cómic coas nosas fotos, onde nós eramos
os protagonistas.
 Limos os lemas que fixemos polo Día da Muller Traballadora. Moitos eran
creacións propias!
 Explicamos os nosos instrumentos musicais feitos con material de refugallo!
Ata poderiamos facer unha orquestra! Moi bo traballo!
En plástica traballamos moito en parellas e grupos pequenos para facer actividades
manuais. Ademais dos castelos, instrumentos musicais, marionetas, as manualidades
de cada festa, maquetas de continentes... fixemos marcos de fotos con cartóns, bolsas
de papel decoradas que enchiamos de papel para levar ao colector para reciclar,
pompóns de la e botellas de agasallos.
Tamén fixemos varios proxectos sobre a familia, a nosa casa e o xornal para
introducirnos na investigación, buscar respostas... E aprendemos cousas das que non
tiñamos nin idea!
Xa sabemos que son grafitis. Fixemos O Rincón do Grafiti coas nosas firmas e debuxos!
Vimos outra vez o acrosport de secundaria con figuras variadas e espectaculares... Que
nervios cando nos toque a nós estar aí! Tamén tivemos a continuación das clases de
baile de salón do ano pasado. Pero este ano bailamos un pouquiño de merengue.
Cando iamos a informática, entrabamos sempre no noso blog para traballar cos xogos
educativos sobre os contidos dos libros, tiñamos tempo para ver vídeos educativos,
24
vídeos para reflexionar, libros e contos dixitais, vídeos divertidos, contos, cancións,
vídeos de experimentos...
Este ano tivemos un novo compañeiro: Caracolín, a nosa mascota. Foi moi divertido
escoller o seu nome!
E como novidade, fixemos un Lipdub que se organizou con todo o cole. Participamos
case todos os alumnos do centro. Quedou moi ben o noso vídeo!
O mellor de todo foron as excursións á conserveira onde aprendemos moito dos
traballos en cadea e os sectores; o zoo, onde vimos todos eses animais que posaban
para as fotos; e a excursión que imos facer ao río Barosa, onde nos van ensinar a facer
pan e moitas cousas máis!
25
26
OS DE CUARTO PUXEMOS AS BOTAS!!!
Cambados é o porto máis importante de Galicia en pesca de
baixura. As principais embarcacións son as do cerco e os barcos
bateeiros. Conta ademais con 2.000 Km2 de marisqueo a flote
(rañeiros) ou a pé ( máis de 200 mariscadoras) que comeza na
desembocadura do río Umia e nos que se extrae ameixa
babosa,fina,xapónica,bicuda.., navalla, longueirón, reló..
As nenas e nenos de cuarto de primaria puxemos as botas para
ver de preto o traballo das mariscadoras e coñecer o camiño que
vai desde a extracción da ameixa ata a súa venda ao público.
Pero, antes de extraer o marisco as mariscadoras limpan as
praias das algas que lle sacarán osíxeno ás ameixas e provocarían
a súa morte; logo, preparan o terreo e sementan as praias con
ameixiñas que irán comendo e medrando ata conseguir a talla. Xa
podemos , xa que logo, mariscar.
27
Logo de apañar as ameixas, imos ao punto de control, onde son
seleccionadas manualmente por especies, pesadas, verificada a
talla mínima e o cupo de captura asinado.
Pasado o punto de control lévase á lonxa para a súa poxa.
O comprador que o adquire lévao a unha depuradora e cando
finaliza o proceso de depuración ( tempo mínimo de 24 horas no
que se eliminan as bacterias que resultarían perxudiciais para a
nosa saúde, metendo ao marisco nunhas piscinas para que vaia
tragando auga de mar estéril, é dicir, sen microorganismos) o
A talla mínima para a ameixa xapónica é de 4 cm. Co medidor aseguramos esa medida.
A talla mínima é aquela medida que garante que os animais se poidan reproducir, cando menos, unha vez (
no caso da xapónica, dúas) antes de seren capturados.
Se se extrae marisco que non dea a talla mínima estanse eliminando reprodutores, de xeito que haberá
menos larvas e para o ano seguinte nacerán menos ameixas.
28
marisco distribúese aos mercados, prazas de abastos... ata que
chega ás nosas mesas.
Sabías que?
Aproveitamos esta excursión para pasear pola
aldea mariñeira de San Tomé. Alí atopamos cun
piorno. Sabes para que servía esta construción á
beira do mar?
Saberías sinalar os tornarratos?
Tamén puidemos ver a típica casa mariñeira da que destaca a súa cor escura e
rechamante.
Sabes por que as pintaban así?
29
CONTO DE 5º
30
31
32
33
Dende o ámbito da educación física, fixéronse varias saídas con actividades lúdico-deportivas e
de igual xeito introducimos novas propostas didácticas ao alumnado.
Nestas novas propostas queríamos que primase sobre todo a creatividade, a
espontaneidade e a utilización menos común dos materiais empregados habitualmente en EF.
 En primeiro termo, no que respecta as saídas, temos que destacar a participación
nunha competición escolar de atletismo en pista.
 O 28 de abril, o alumnado de 5º se desprazou ata O CGTD (Centro
galego de Tecnificación Deportiva) para competir contra diversos colexios da zona,
acadando unha boa experiencia e uns bos resultados!!!.
Velaquí tedes unhas fotos:








































































Salto de Lonxitude:


























 f
34
jjjjjjjjj j
jjjjjjjjj jjjj
35
Lanzamento de peso:
36
Lanzamento de Vórtex:
37
38
60 metros lisos:





39

500 metros lisos:


40


41
Relevo 4 x 60m:
42
43
Aquí vos deixamos unha foto grupal con todos os
que fomos:
44
 O luns 8 de xuño, alumnado de 5º e 6º de primaria e tamén da ESO,
participamos na carreira escolar que organiza o Colexio Abrente en Portonovo.
 Tamén nos trouxemos algúns trofeos e numerosas
medallas para o CPI:
45
46
 O xoves 4 de Xuño, o alumnado de 6º de Primaria, desprazouse ata
as Illas Cíes como viaxe de fin de curso.
Alí, ao marxe de desfrutar das marabillosas illas, tamén houbo tempo para facer un
pouco de sendeirismo e diversos xogos na area.
Eiquí os podedes ver a todos!:
….E no barco, tamén o pasaron en grande!:
47
 Pero non todo foron saídas!, no cole tamén
experimentamos actividades novas e sobre
todo moita creatividade!:
48
o Traballo de orientación:
49
E creatividade, moita creatividade!:
50
51
GRAZAS A TODOS/AS!!
52
GALEGOS POLO ESTRANXEIRO
Miña madriña é uña désas moitas pérsoas qué tivo qué viaxar ao éstrañxéiro para atopar
uñ traballo. Estaba dé visita ña miña casa é éu tiña qué facér uñha éñtrévista para Liñgua
Galéga: todo arrañxado!
- De que traballas en Inglaterra?
Taballo de veterinaria.
- En que localidade vives?
En Middlesbrough.
- Atendes todo tipo de animais?
Pois podo atender vacas, coellos, ovellas, porcos, faisáns e moitos máis, pero se chos digo
todos non acabas de escribir hoxe...
- Canto tempo levas traballando en Inglaterra?
Dende decembro do ano 2013.
- Cando vas poder volver a España?
Mentres non atope traballo en España, non vou poder volver, pero non estou impaciente. Alí
teño moitos amigos e unha vida.
- Cal foi o caso máis estraño co que te atopaches?
Unha vez trouxéronme un osiño pequeno. Era precioso...
Fíxéñllé a éñtrévista a miña madriña, María, qué traballa dé vétériñaria éñ
Iñglatérra. Dou ésta éñtrévista por fiñalizada é moi agradécido.
Entrevista realizada por David Alonso de 1º ESO A
para a materia de Lingua Galega de 1º da ESO
53
“A EMIGRACIÓN NON É UNHA COUSA BONITA”
Mari Carmen Gestoso Nogueira (1957) é un exemplo das moitas persoas que
buscaron un futuro mellor fóra das nosas fronteiras, máis concretamente en
Suíza. Ela é miña madriña e entrevístoa para completar un traballo de Lingua
Galega.
Con cantos anos e con quen tiveches que emigrar?
Emigrei con 23 anos, co meu marido.
Sabías algún idioma do país?
Ningún.
Cando marchaches, tiñas algún estudo?
Non, só tiña a EXB.
Tiñas todos os papeis en orde?
Por forza. Alí se non tiñas os papeis en orde non te deixaban entrar.
Foi sinxelo para ti deixar todo atrás?
Non, iso sempre é difícil. Ir para un país que non coñeces, deixar a túa casa e a familia
... é complicado.
E para os teus familiares, verte ir?
Bueno, supoño que non; a emigración non é unha cousa bonita.
Como te comunicabas cos teus?
Por teléfono e por carta. Daquela non había os medios de hoxe.
Que aprendiches desa experiencia?
A valorar o traballo, a xente e as cousas que tes, e a sacrificarse por algo.
Foi sinxelo adaptarse?
Nun principio foi difícil adaptarse. Os primeiros meses ao non saber o idioma… Os
primeiros meses chorei moitas bágoas. O primeiro ano botei 6 meses e o segundo ano
foi mellor. O cambio a francos era moi alto; cando ías comprar leite, pasábanche as
ganas de bebelo …, había moita diferenza…
De que traballabas?
54
O primeiro ano traballei 6 meses nun restaurante; traballaba moito e tiña un xefe que
era moi mala persoa. Pero logo traballei 16 anos nunha clínica psiquiátrica.
Que diferenzas había dun país ao outro?
Moitísimas. É un mundo completamente distinto, era e ségueo sendo. Era moito máis
limpo, amaban a natureza. Alá apréndese moito, aprendín moito.
Foi todo un pracer facer esta entrevista tan persoal. Sen dúbida é unha
gran historia de superación, que moitos non quixeramos repetir
forzosamente.
Uxí a Gestoso Cancelo (1ºA)
55
CREACIÓN POÉTICA
Un dos temas máis “queridos” da historia da literatura galega de 4ºESO é o do Vangardismo.
Revisamos a época, os autores, o momento culturtal, as obras …. E tamén tocaba facer algún
experimento! Saíronnos caligramas ben fermosos e artísticos. E aquí vos deixamos tamén algún
acróstico. Non conseguimos máis participación porque o final de curso é duro para os nosos
alumnos alumnas máis veteran@s. Pero desculpámolos, verdade?
Mentres te relaxa co seu son
Uns recordos pasados te invaden
Sensacións únicas, quen sabe?
Imposible explicar esa paixón.
Caixas repletas de melodías,
Anacrusas, beleza, gozo ...
Queren facerte sentir de novo
Unirte co que hai tempo querías.
Elegancia sonora, harmoniosa,
Rúas de notas, alegres, sombrías...
Instantes perdidos no tempo,
Dores que viaxan ata o corazón.
Amada, non marches, sen ti o mundo no ten perdón...
Uxía Varela Abal
Lendo disfruto
Imaxino novas galaxias
Tropezo con milleiros de historias
Expreso alegría, gozo
Renazo con cada páxina
Adoro perderme entre as liñas
Trato de ver
Un novo mundo cheo de
Resplandecentes poesías
Alumeando a miña vida.
Lara Rodríguez Rey
Arte
Remota
Que
Une
Intelixencia,
Técnica…
E
Combina
Trazos
Útiles,
Reais,
Agradables…
Eva Castro Cores
56
UNHA INESQUECIBLE ESTANCIA EN QUIROGA
O día 22 de maio partimos do colexio para comenzar unha nova aventura
nesa fin de semana. Tras un par de horas en autobús, reunímonos co guía,
que se chamaba Guillermo.
Pola mañá visitamos a cova das Choias, unha cova da que
antigamente se extraía ferro e na que actualmente habitan morcegos. Ao
mediodía fomos comer ao Albergue de Quiroga e pola tarde fomos ver
dous museos: un en Quiroga, un museo etnolóxico, e outro era un museo
xeolóxico.
Pola noite, despois da cea e de ducharnos reunímonos con outro
colexio de Vigo e fomos a unha discoteca na que non paramos de bailar en
toda a noite. Tras unha longa noite cos compañeiros, fomos durmir.
Sábado 23 pola mañá: chegou a hora de erguerse e comezar a
aventura no Courel. No Courel as vistas eran incribles, andamos moito,
pero mereceu a pena. Guillermo explicounos a vexetación e a fauna do
Courel, e ensinounos algunhas vilas de alí, nas que apenas habitaban
unha ducia de persoas.
Ao mediodía comemos un bocadillo contemplando a fermosa
paisaxe, e á tarde iniciamos a última aventura, ao val das Mouras; o máis
divertido de todo! Foi unha excursión polo medio do monte á que tamén
nos acompañou o condutor do autobús. Alí, Guillermo, explicounos que
cada carballo tiña o seu propio dono, de feito cada carballo tiña unha
inicial. Fixemos unha fantástica ruta polo medio de pedras, covas entre as
árbores,…
Finalmente a aventura rematou, chegou a hora de coller as maletas
en Quiroga e volver para Barrantes.
Marta Castro Vicente e Clara Mosteiro Outeda.
Traballo elaborado para as aulas de Lingua Galega.
3º ESO B
57
Aquí estamos os rapaces e rapazas de 3º da ESO nun intre de
descanso na andaina polos vieiros do Courel, acompañados dos nosos
profesores, Rosa e Melchor.
58
XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE (1906 – 1996)
VIDA
* Naceu en Pontevedra en 1906.
* En 1923 formou parte do grupo de fundadores do
Seminario de Estudos Galegos, onde mantería unha gran
actividade na promoción de iniciativas culturais.
* Levou a cabo un amplo labor docente e pola súa
dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello
profesor".
* Foi membro numerario da Real Academia Galega desde
1942 .
* En 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua
Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
* Dirixiu ademais o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto
Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de
Pontevedra.
*No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de
Cultura da Xunta de Galicia.
OBRA
* A súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía, o ensaio
59
e o teatro:
* Libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O
vigairo (1927);
* Texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936)
* As antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e
Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle
composicións do medievo e etapas posteriores que fan
referencia á capital galega.
* Prosas literarias Quintana viva (1971).
* Porén, a maior aportación deFilgueira Valverde
constitúena os seus traballos no campo da investigación:
Prosas espalladas pola imprensa diaria foron recollidas
polo autor nos nove volumes editados baixo o título
xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996.
* As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval
verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica
medieval: traballos dispersos (1927-1987).
60
Día das Letras Galegas 2015
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
Día das Letras Galegas 2015
61
MOSTRA FOTOGRÁFICA ENL
As actividades realizadas polo Equipo de
Normalización Lingüística, o Departamento
de Lingua Galega de Secundaria e o
alumnado.
IV Concurso de relatos de medo SAMAÍN 2014-2015
Alumnado asistente á entrega de premios do Concurso de relatos de medo.
62
A directora, Ana Garrido, e David Alonso, membro do ENDL, fan entrega dun dos premios a
Uxía Gestoso Cancelo, de 1º da ESO.
Outra premiada, Silvia Serantes Arís, de 2º da ESO, recolle o galardón de mans de Paula Padín.
63
Rebeca Abal e a directora fan entrega do premio a Carla Rodiño Berculi, de 3º da ESO.
E en 4º da ESO a gañadora foi Alba Rodríguez García, que recibe o premio da súa compañeira,
Uxía Varela Abal, membro do EDNL, e da directora.
64
O APALPADOR
Nenos de Infantil ollan entusiasmados ao noso apalpador particular, David Alonso de 1º
ESO.
O Apalpador cargado de agasallos para os máis peques do colexio.
65
Daniel coa súa axudante, Paula Padín.
Repartindo caramelos.
66
O Apalpador fala cos nenos de Educación Infantil.
O alumnado de 3º de PDC, José Manuel Padín, Carla Alonso, Carlota Padín e Carla
Rodríguez, canta unha panxoliña aos nenos de Infantil.
Moi ben feito, rapaces!
67
Agradecementos do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística aos rapaces
que colaboraron con nós na celebración do Nadal Tradicional coa “Visita do
Apalpador”: Paula, David, Uxía e Rebeca.
68
Alumnado da ESO asistente á entrega de premios e que
participou no Certame de Cartas de Amor.
Outra perspestiva do noso alumnado da ESO na entrega de premios do Certame de
Cartas de Amor.
69
Noa Cores Piñeiro, unha das gañadoras do Certame collendo o premio de 1º da ESO
que lle entregan a directora, e a profesora de Lingua Galega, Susana.
70
O premiado de 2º da ESO, Gabriel Álvarez Álvarez,.
71
Uxía Castro Piñeiro, collendo o premio de 3º da ESO.
72
Carla Alonso, alumna de 3º ESO, amósanos o traballo realizado en conmemoración do
Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde.
73
Alumnado que realizou o MURAL DE FILGUEIRA VALVERDE, por orde: José M.
Padín, Carla Alonso, Rachid Salim, Carlota, Carla Rodríguez, Mario e Fernando.
74
Actuación de CÁNDIDO PAZÓ, que puxo en escena a adaptación da obra de Xosé
NeiraVilas, Memorias dun neno labrego.
Todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de Primaria acudiron ao Auditorio de
Barrantes para asistir á representación de Cándido Pazó, o pasado día 15 de maio. Esta
actuación formou parte da celebración do Día das Letras Galegas.
Cándido Pazó nun momento da actuación.
75
76
CUESTIONARIO FILGUEIRA VALVERDE
LETRAS GALEGAS 2015
Alumnado galardoado
En 1º da ESO o premio foi para Uxía Gestoso,
77
Aitana Estonllo de 2º da ESO
78
Uxía Castro, de 3º da ESO, foi a que mellor realizou o cuestionario de Filgueira no seu
curso.
79
Eva Castro recibindo o galardón para 4º da ESO de mans da profesora de Lingua
Galega, Loli.
80
A BIBLIO DE PITICÁN
PITICÁN CHEGOU A RIBADUMIA CARGADO DE
MIL AVENTURAS.
CONCURSO DE LEMAS AXUDANTES
CONTACONTOS PROFE JOSE
81
PITICÁN E AS CARTAS DE AMOR
DÍA DO LIBRO 2015
MIL HISTORIAS E UN
COMEZO…
82
Este ano, tivemos varias novidades tecnolóxicas. O equipo de dinamización das TIC´s
puxo en funcionamento a páxina do colexio e deulle outro aspecto máis actualizado.
Esta web serve para informar e dar noticias ás familias durante todo o ano escolar.
http://www.edu.xunta.es/centros/cpijuliabecerra
Tamén creamos un novo blog para os nenos e as familias que fomos actualizando cada
semana con diferentes artigos interesantes, vídeos e xogos educativos, actividades e
obradoiros realizados no centro, noticias, curiosidades, lecturas, xornais, enlaces a
outros blogs, excursións, fotos...
http://cpijuliabecerra.blogspot.com
Non nos podemos esquecer do concurso Ponte a proba, un concurso que fixo
investigar, preguntar, indagar na rede... a case todo o alumnado do centro. Consistía
en varias preguntas que había que responder nun prazo de días. Os gañadores
recibiron marcapáxinas, xogos de xadrez, o xogo da oca, o parchís, xogos dixitais,
libros, diarios, bolígrafos, camisetas... Estás pensando en participar? O ano que vén
haberá un novo concurso de Ponte a proba con diferentes preguntas e investigacións...
Quen participará?
Algunhas fotos dos gañadores:
83
E a actividade que se converteu nunha experiencia moi gratificante para nenos e
maiores foi o lipdub IMAXINA, vídeo no que participou a gran maioría do alumnado,
profesorado e compañeiros do xeriátrico. Moitas grazas a todos!
84
85
86
87
88
89
90
91
Dille un amigo a outro:
- Antes, todas as mulleres ían detrás de min. Non entendo agora por que non!!
E contéstalle o outro:
- Home, é que agora xa non roubas bolsos.
Un home vai ao médico e dille ao
doutor :
- Doutor, son asmático, é grave?
E contéstalle o doutor:
- Non amigo, é esdrúxula.
Dous amigos saen do cole e un dille ao outro:
- Que tal o exame?
E contéstalle:
- Uff!! Moi mal tío, deixeino todo en branco.
E dille o compañeiro:
- Non me digas iso, eu tamén!! A ver se van pensar que copiamos!!
- Mamá, mamá!! Suspendín
coñecemento porque non sabía onde
estaba o Océano Atlántico.
- Iso pasa por ser tan desordenado
fillo!!
- Papá, papá!! No colexio chámanme mentireiro!!
E dille o pai:
- Pero fillo, se ti non vas ao colexio!!
Un neno dille a outro:
- Soñei que gañaba 200 millóns de euros, como meu pai.
E pregúntalle o amigo todo sorprendido:
- O teu pai gaña ese diñeiro??
E contéstalle:
- Non home, tamén o soña.
- Capitán, capitán!! Socorrooooo!!
Afundímonoooosss!!
E grita o capitán:
- Pero que dis? Isto é un submarino.
92
93
MOITA SORTE!
94

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18Cid22
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018ceipmontemogos
 
Andoriña nº 50
Andoriña nº 50Andoriña nº 50
Andoriña nº 50ceiprandufe
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40xurxobou
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19Cid22
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13abalarcurros
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 

La actualidad más candente (20)

Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 
REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Periodico 08
Periodico 08Periodico 08
Periodico 08
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
Andoriña nº 50
Andoriña nº 50Andoriña nº 50
Andoriña nº 50
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
 
Revista 2013
Revista 2013Revista 2013
Revista 2013
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 

Similar a Faladurías

REVISTA ALBORADA 2022
REVISTA ALBORADA 2022REVISTA ALBORADA 2022
REVISTA ALBORADA 2022anxovila
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombrecbrial
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2cbrial
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervomaria
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑOME PP
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
Cousas de menin@s [autoguardado]
Cousas de menin@s [autoguardado]Cousas de menin@s [autoguardado]
Cousas de menin@s [autoguardado]fernandezminino
 

Similar a Faladurías (20)

REVISTA ALBORADA 2022
REVISTA ALBORADA 2022REVISTA ALBORADA 2022
REVISTA ALBORADA 2022
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
As datas e festas importantes
As datas e festas importantesAs datas e festas importantes
As datas e festas importantes
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervo
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Revista comprimida
Revista comprimidaRevista comprimida
Revista comprimida
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
O noso libro voador
O noso libro voadorO noso libro voador
O noso libro voador
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Cousas de menin@s [autoguardado]
Cousas de menin@s [autoguardado]Cousas de menin@s [autoguardado]
Cousas de menin@s [autoguardado]
 

Más de opapaventos

Trabajo ruben victor receta filloas
Trabajo ruben victor receta filloasTrabajo ruben victor receta filloas
Trabajo ruben victor receta filloasopapaventos
 
Como hacer nieve artificial
Como hacer nieve artificialComo hacer nieve artificial
Como hacer nieve artificialopapaventos
 
Intercambia versos de amor por un bombón
Intercambia versos de amor por un bombónIntercambia versos de amor por un bombón
Intercambia versos de amor por un bombónopapaventos
 
Presentación de los romanos.
Presentación de los romanos.Presentación de los romanos.
Presentación de los romanos.opapaventos
 
Amistad y compañerismo
Amistad y compañerismoAmistad y compañerismo
Amistad y compañerismoopapaventos
 
Compañerismo y amistad, Brais Baúlo 4ºA
Compañerismo y amistad, Brais Baúlo 4ºACompañerismo y amistad, Brais Baúlo 4ºA
Compañerismo y amistad, Brais Baúlo 4ºAopapaventos
 
O universo (traballo final)
O universo (traballo final)O universo (traballo final)
O universo (traballo final)opapaventos
 

Más de opapaventos (20)

Mosaico
MosaicoMosaico
Mosaico
 
Trabajo ruben victor receta filloas
Trabajo ruben victor receta filloasTrabajo ruben victor receta filloas
Trabajo ruben victor receta filloas
 
Como hacer nieve artificial
Como hacer nieve artificialComo hacer nieve artificial
Como hacer nieve artificial
 
Valle
ValleValle
Valle
 
Pepe solla
Pepe sollaPepe solla
Pepe solla
 
Intercambia versos de amor por un bombón
Intercambia versos de amor por un bombónIntercambia versos de amor por un bombón
Intercambia versos de amor por un bombón
 
Reciclart S.L.
Reciclart S.L.Reciclart S.L.
Reciclart S.L.
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Presentación de los romanos.
Presentación de los romanos.Presentación de los romanos.
Presentación de los romanos.
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
 
A enerxía
A enerxíaA enerxía
A enerxía
 
A historia
A historiaA historia
A historia
 
Manuel maría
Manuel maríaManuel maría
Manuel maría
 
A PREHISTORIA
A PREHISTORIAA PREHISTORIA
A PREHISTORIA
 
Amistad y compañerismo
Amistad y compañerismoAmistad y compañerismo
Amistad y compañerismo
 
Compañerismo y amistad, Brais Baúlo 4ºA
Compañerismo y amistad, Brais Baúlo 4ºACompañerismo y amistad, Brais Baúlo 4ºA
Compañerismo y amistad, Brais Baúlo 4ºA
 
Natureza Pablo
Natureza PabloNatureza Pablo
Natureza Pablo
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
O universo (traballo final)
O universo (traballo final)O universo (traballo final)
O universo (traballo final)
 
PROFESIÓNS
PROFESIÓNSPROFESIÓNS
PROFESIÓNS
 

Faladurías

  • 2. 2 PÁX. Presentación 3 Cal é a túa razón? 4 Os de infantil somos moi traballadores 5 Nadal 9 Entroido 10 Os nenos e as nenas de 2º recibimos unha visita moi especial 11 Tamén estivemos no xeriátrico 15 3º, o noso ano 20 Os de 4º puxemos as botas 26 Conto de 5º 29 A avispilla china 31 En Educación Física 33 Galegos polo estranxeiro 52 Creación poética 55 Unha esquecible estancia en Quiroga 56 Xosé Fernando Filgueira Valverde (1906-1996) 58 Mostra fotográfica ENL 62 A biblio de Piticán 80 Posta a punto tecnolóxica 82 Así vemos os de infantil ós mestres do Julia Becerra Malvar 85 Chistes 91 Despedímonos dos nosos alumnos que comezan unha nova andaina 92
  • 3. 3 OLA A TODOS E TODAS! Tedes antes os vosos ollos o primeiro exemplar da nosa revista dixital Faladurías do CPI Julia Becerra Malvar. Nela quixemos recoller algúns dos traballos realizados na actividade cotiá das aulas, así como reflectir temas de actualidade moi presentes na vida dos rapaces e rapazas. Desexamos que a súa lectura nos traia á lembranza momentos agradables para relatar e compartir en familia. Por último, agradecer a colaboración de todas aquelas persoas que fixeron posible a elaboración desta revista, sen os cales non sería posible levar adiante este proxecto: alumnos, alumnas e profesorado.
  • 4. 4 Os libros son ollos máxicos para mirar o mundo... Anímate a ler! Hai moitos libros! LIBROS para saber LIBROS para aprender LIBROS para pensar LIBROS para estar xuntos LIBROS para rir e chorar LIBROS para coñecer LIBROS para descubrir LIBROS para escapar LIBROS para compartir LIBROS para crecer LIBROS para afirmar LIBROS para negar LIBROS para pasalo ben LIBROS para soñar LIBROS para xogar LIBROS para explorar LIBROS para ser mellores LIBROS para imaxinar Cal é a túa razón?
  • 5. 5 Levamos todo o curso investigando sobre moitas cousas. Empezamos pola noso corpo, a familia, a vendima, os castiñeiros, Ribadumia…. Escoitamos moitisimos contos. Piticán converte a biblioteca nun lugar máxico!!
  • 6. 6 Bailamos vals e merengue no pavillón, visitamos ós bombeiros... e ata fomos de compras! Investigamos tódolos recunchos da granxa de Serantellos. Aínda que nos xa somos felices con só subir ó autobús!!
  • 7. 7 Fomos ó lavadoiro.... que fría estaba a auga pero que ben o pasamos!! e agora andamos a pensar en cousas coma os castelos medievais...
  • 8. 8 Dora e os dinosaurios... e Velázquez. O certo é que non paramos pero... hai que ver que bonito temos o cole, e canto aprendemos!!!
  • 9. 9
  • 10. 10
  • 11. 11 OS NENOS E NENAS DE 2º RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL.... Viñeron os residentes de “Geriatros”, en Ribadumia. Preparamos entre todos unha serie de preguntas sobre a súa vida. Contáronnos a que se adicaron, en que consistía o seu traballo, como pasan o tempo de lecer co resto dos compañeiros na residencia....
  • 12. 12 Estivemos moi antentos... E logo fixemos un debuxo relacionado cos temas que nos contaron os nosos “padriños e madriñas”. Que cousiñas tan interesantes nos está a contar!!!!
  • 13. 13
  • 14. 14 MOITAS GRAZAS AOS RESIDENTES!! XUNTOS PASÁMOLO XENIAL!! Eles tamén nos adicaron unhas verbas moi bonitas.
  • 15. 15 O 3 de Xuño, os alumnos e alumnas de 2º curso de primaria, e dentro das diferentes actividades conxuntas que facemos, fomos a Residencia de Geriatros onde nos tiñan preparada unha estupenda “Xincana” con diferentes probas. A pesares do calor que pasamos o desprazarnos camiñando ata alí, os esforzo pagou a pena, e dividímonos en diferentes equipos para seguir as pistas, e chegar a meta final
  • 16. 16 As veces, non era sinxelo dar coa resposta correcta ou atopar o que nos pedía a pregunta, pero coa colaboración dos residentes, conseguimos chegar todos o final! Paseamos pola residencia de arriba para abaixo, de dentro para afora, e coñecemos a xente moi amable, que nos tratou as mil marabillas
  • 17. 17 De igual xeito, foi un orgullo que se quixeran retratar con nós! Comprendemos que o sentimento de unión do grupo e de colaboración, é moi importante na vida en xeral e en situacións especiais, en particular
  • 18. 18 ...Ao final, e logo de rematar todos os equipos, xuntámonos para falar da nosa experiencia e para darlle as grazas pola súa hospitalidade...
  • 20. 20 Este ano foi algo diferente ao curso pasado, xa que tivemos unha clase moito máis pequena. Ás veces estabamos de lado para ver ben o encerado ou aguantar a respiración para ocupar menos espazo. A pesar de todo… foi un ano xenial! Fixemos actividades individuais, en parella e en grupo. Moitas saíron moi ben e outras non tan ben. Cando non saían tan ben tiñamos que escoitar ao noso profe. É que así non aprendemos! Gústanos moito falar e o recreo nada máis que dura 30 minutiños. Algunha das actividades que máis nos gustaron foi o baile de Thriller de Michael Jackson que fixemos en Samaín. Viñemos disfrazados ao cole de monstros. O profe preparounos unha coreografía. Aínda que estivemos tempo bailando... foi moi divertido! Ata nos deron un diploma por ser un curso moi colaborador! Ademais fixemos traballos manuais sobre o Samaín e xogamos a diferentes xogos para coñecer esta festa. Agora xa sabemos que significa o paso dun ano a outro, como de apertura a outro mundo, que é de orixe celta e indica o fin do verán. Cando se achegaba o magosto, empezamos a traballar ao redor desta festa con debuxos e outros traballos para decorar a clase. Quedou moi bonita, sobre todo o mural de mans que fixemos cunha castaña.
  • 21. 21 Pouco despois, o profe Chema da ESO fixo de contacontos e, despois de escoitar varios contos do noso profe con instrumentos musicais e cancións, entrounos a curiosidade de facer nós un con marionetas. Primeiro fixemos as marionetas en clase de plástica e logo preparamos o conto. Saíu tan ben que no Día do Libro fixemos unha representación a todo infantil. Foi moi divertido decorar as nosas fotos tanto en Samaín como no Nadal. Pasamos de ser monstros e bruxas a gnomos, elfos, e personaxes propios do Nadal. Tamén fixemos traballos manuais da época, participamos nunha árbore xigante cos nenos de infantil e os compañeiros de 3º B. Que pintas no Entroido! Tiñamos que vir disfrazados como dicía o Meco: con pinzas, con algo no pescozo, con zapatos diferentes... O mellor foi a merendola e a chocolatada!
  • 22. 22 Gustounos moito participar nun concurso de debuxos, onde recibimos un premio por quedar de quintos. Tamén fixemos algún concurso na clase de chistes e creación de poemas. Démonos conta que o importante é participar e pasar un bo rato escoitando aos nosos compañeiros cos chistes e cos poemas! Que artistas! Pareciamos poetas de verdade! Tamén participamos no concurso do cole Ponte a proba con todos os nenos e nenas do centro. Este ano, como novidade, fixemos varias exposicións. Ao principio un pouquiño nerviosos, pero puidemos saír adiante. Primeiro tiñamos que facer a actividade e logo explicala.  Aínda que nos custou un pouquiño, para aprender os continentes fixemos maquetas e murais de cada un. Era unha actividade voluntaria, pero case toda a clase participou.  Máis difícil foron os experimentos, porque ás veces non saían á primeira.  Falamos tamén dos nosos libros favoritos e fixemos un libro titulado Os nosos gustos para saber o libro favorito de cada un e así saber máis sobre o nosos compañeiros. Moitos temos os mesmos gustos!  Para traballar as cantidades, fixemos unha exposición dunha receita e ata probamos o resultado na clase! Todo estaba boísimo!  Colaboramos no proxecto de infantil cos nosos castelos con material de refugallo e decoramos varias portas do estilo da época. Así fixemos unha introdución á historia.
  • 23. 23  Limos as nosas creacións de contos sobre a historia. Vendo as portadas xa daban ganas de ler os contos!  Expuxemos o noso cómic, é dicir, un cómic coas nosas fotos, onde nós eramos os protagonistas.  Limos os lemas que fixemos polo Día da Muller Traballadora. Moitos eran creacións propias!  Explicamos os nosos instrumentos musicais feitos con material de refugallo! Ata poderiamos facer unha orquestra! Moi bo traballo! En plástica traballamos moito en parellas e grupos pequenos para facer actividades manuais. Ademais dos castelos, instrumentos musicais, marionetas, as manualidades de cada festa, maquetas de continentes... fixemos marcos de fotos con cartóns, bolsas de papel decoradas que enchiamos de papel para levar ao colector para reciclar, pompóns de la e botellas de agasallos. Tamén fixemos varios proxectos sobre a familia, a nosa casa e o xornal para introducirnos na investigación, buscar respostas... E aprendemos cousas das que non tiñamos nin idea! Xa sabemos que son grafitis. Fixemos O Rincón do Grafiti coas nosas firmas e debuxos! Vimos outra vez o acrosport de secundaria con figuras variadas e espectaculares... Que nervios cando nos toque a nós estar aí! Tamén tivemos a continuación das clases de baile de salón do ano pasado. Pero este ano bailamos un pouquiño de merengue. Cando iamos a informática, entrabamos sempre no noso blog para traballar cos xogos educativos sobre os contidos dos libros, tiñamos tempo para ver vídeos educativos,
  • 24. 24 vídeos para reflexionar, libros e contos dixitais, vídeos divertidos, contos, cancións, vídeos de experimentos... Este ano tivemos un novo compañeiro: Caracolín, a nosa mascota. Foi moi divertido escoller o seu nome! E como novidade, fixemos un Lipdub que se organizou con todo o cole. Participamos case todos os alumnos do centro. Quedou moi ben o noso vídeo! O mellor de todo foron as excursións á conserveira onde aprendemos moito dos traballos en cadea e os sectores; o zoo, onde vimos todos eses animais que posaban para as fotos; e a excursión que imos facer ao río Barosa, onde nos van ensinar a facer pan e moitas cousas máis!
  • 25. 25
  • 26. 26 OS DE CUARTO PUXEMOS AS BOTAS!!! Cambados é o porto máis importante de Galicia en pesca de baixura. As principais embarcacións son as do cerco e os barcos bateeiros. Conta ademais con 2.000 Km2 de marisqueo a flote (rañeiros) ou a pé ( máis de 200 mariscadoras) que comeza na desembocadura do río Umia e nos que se extrae ameixa babosa,fina,xapónica,bicuda.., navalla, longueirón, reló.. As nenas e nenos de cuarto de primaria puxemos as botas para ver de preto o traballo das mariscadoras e coñecer o camiño que vai desde a extracción da ameixa ata a súa venda ao público. Pero, antes de extraer o marisco as mariscadoras limpan as praias das algas que lle sacarán osíxeno ás ameixas e provocarían a súa morte; logo, preparan o terreo e sementan as praias con ameixiñas que irán comendo e medrando ata conseguir a talla. Xa podemos , xa que logo, mariscar.
  • 27. 27 Logo de apañar as ameixas, imos ao punto de control, onde son seleccionadas manualmente por especies, pesadas, verificada a talla mínima e o cupo de captura asinado. Pasado o punto de control lévase á lonxa para a súa poxa. O comprador que o adquire lévao a unha depuradora e cando finaliza o proceso de depuración ( tempo mínimo de 24 horas no que se eliminan as bacterias que resultarían perxudiciais para a nosa saúde, metendo ao marisco nunhas piscinas para que vaia tragando auga de mar estéril, é dicir, sen microorganismos) o A talla mínima para a ameixa xapónica é de 4 cm. Co medidor aseguramos esa medida. A talla mínima é aquela medida que garante que os animais se poidan reproducir, cando menos, unha vez ( no caso da xapónica, dúas) antes de seren capturados. Se se extrae marisco que non dea a talla mínima estanse eliminando reprodutores, de xeito que haberá menos larvas e para o ano seguinte nacerán menos ameixas.
  • 28. 28 marisco distribúese aos mercados, prazas de abastos... ata que chega ás nosas mesas. Sabías que? Aproveitamos esta excursión para pasear pola aldea mariñeira de San Tomé. Alí atopamos cun piorno. Sabes para que servía esta construción á beira do mar? Saberías sinalar os tornarratos? Tamén puidemos ver a típica casa mariñeira da que destaca a súa cor escura e rechamante. Sabes por que as pintaban así?
  • 30. 30
  • 31. 31
  • 32. 32
  • 33. 33 Dende o ámbito da educación física, fixéronse varias saídas con actividades lúdico-deportivas e de igual xeito introducimos novas propostas didácticas ao alumnado. Nestas novas propostas queríamos que primase sobre todo a creatividade, a espontaneidade e a utilización menos común dos materiais empregados habitualmente en EF.  En primeiro termo, no que respecta as saídas, temos que destacar a participación nunha competición escolar de atletismo en pista.  O 28 de abril, o alumnado de 5º se desprazou ata O CGTD (Centro galego de Tecnificación Deportiva) para competir contra diversos colexios da zona, acadando unha boa experiencia e uns bos resultados!!!. Velaquí tedes unhas fotos:                                                                         Salto de Lonxitude:                            f
  • 37. 37
  • 42. 42
  • 43. 43 Aquí vos deixamos unha foto grupal con todos os que fomos:
  • 44. 44  O luns 8 de xuño, alumnado de 5º e 6º de primaria e tamén da ESO, participamos na carreira escolar que organiza o Colexio Abrente en Portonovo.  Tamén nos trouxemos algúns trofeos e numerosas medallas para o CPI:
  • 45. 45
  • 46. 46  O xoves 4 de Xuño, o alumnado de 6º de Primaria, desprazouse ata as Illas Cíes como viaxe de fin de curso. Alí, ao marxe de desfrutar das marabillosas illas, tamén houbo tempo para facer un pouco de sendeirismo e diversos xogos na area. Eiquí os podedes ver a todos!: ….E no barco, tamén o pasaron en grande!:
  • 47. 47  Pero non todo foron saídas!, no cole tamén experimentamos actividades novas e sobre todo moita creatividade!:
  • 48. 48 o Traballo de orientación:
  • 49. 49 E creatividade, moita creatividade!:
  • 50. 50
  • 52. 52 GALEGOS POLO ESTRANXEIRO Miña madriña é uña désas moitas pérsoas qué tivo qué viaxar ao éstrañxéiro para atopar uñ traballo. Estaba dé visita ña miña casa é éu tiña qué facér uñha éñtrévista para Liñgua Galéga: todo arrañxado! - De que traballas en Inglaterra? Taballo de veterinaria. - En que localidade vives? En Middlesbrough. - Atendes todo tipo de animais? Pois podo atender vacas, coellos, ovellas, porcos, faisáns e moitos máis, pero se chos digo todos non acabas de escribir hoxe... - Canto tempo levas traballando en Inglaterra? Dende decembro do ano 2013. - Cando vas poder volver a España? Mentres non atope traballo en España, non vou poder volver, pero non estou impaciente. Alí teño moitos amigos e unha vida. - Cal foi o caso máis estraño co que te atopaches? Unha vez trouxéronme un osiño pequeno. Era precioso... Fíxéñllé a éñtrévista a miña madriña, María, qué traballa dé vétériñaria éñ Iñglatérra. Dou ésta éñtrévista por fiñalizada é moi agradécido. Entrevista realizada por David Alonso de 1º ESO A para a materia de Lingua Galega de 1º da ESO
  • 53. 53 “A EMIGRACIÓN NON É UNHA COUSA BONITA” Mari Carmen Gestoso Nogueira (1957) é un exemplo das moitas persoas que buscaron un futuro mellor fóra das nosas fronteiras, máis concretamente en Suíza. Ela é miña madriña e entrevístoa para completar un traballo de Lingua Galega. Con cantos anos e con quen tiveches que emigrar? Emigrei con 23 anos, co meu marido. Sabías algún idioma do país? Ningún. Cando marchaches, tiñas algún estudo? Non, só tiña a EXB. Tiñas todos os papeis en orde? Por forza. Alí se non tiñas os papeis en orde non te deixaban entrar. Foi sinxelo para ti deixar todo atrás? Non, iso sempre é difícil. Ir para un país que non coñeces, deixar a túa casa e a familia ... é complicado. E para os teus familiares, verte ir? Bueno, supoño que non; a emigración non é unha cousa bonita. Como te comunicabas cos teus? Por teléfono e por carta. Daquela non había os medios de hoxe. Que aprendiches desa experiencia? A valorar o traballo, a xente e as cousas que tes, e a sacrificarse por algo. Foi sinxelo adaptarse? Nun principio foi difícil adaptarse. Os primeiros meses ao non saber o idioma… Os primeiros meses chorei moitas bágoas. O primeiro ano botei 6 meses e o segundo ano foi mellor. O cambio a francos era moi alto; cando ías comprar leite, pasábanche as ganas de bebelo …, había moita diferenza… De que traballabas?
  • 54. 54 O primeiro ano traballei 6 meses nun restaurante; traballaba moito e tiña un xefe que era moi mala persoa. Pero logo traballei 16 anos nunha clínica psiquiátrica. Que diferenzas había dun país ao outro? Moitísimas. É un mundo completamente distinto, era e ségueo sendo. Era moito máis limpo, amaban a natureza. Alá apréndese moito, aprendín moito. Foi todo un pracer facer esta entrevista tan persoal. Sen dúbida é unha gran historia de superación, que moitos non quixeramos repetir forzosamente. Uxí a Gestoso Cancelo (1ºA)
  • 55. 55 CREACIÓN POÉTICA Un dos temas máis “queridos” da historia da literatura galega de 4ºESO é o do Vangardismo. Revisamos a época, os autores, o momento culturtal, as obras …. E tamén tocaba facer algún experimento! Saíronnos caligramas ben fermosos e artísticos. E aquí vos deixamos tamén algún acróstico. Non conseguimos máis participación porque o final de curso é duro para os nosos alumnos alumnas máis veteran@s. Pero desculpámolos, verdade? Mentres te relaxa co seu son Uns recordos pasados te invaden Sensacións únicas, quen sabe? Imposible explicar esa paixón. Caixas repletas de melodías, Anacrusas, beleza, gozo ... Queren facerte sentir de novo Unirte co que hai tempo querías. Elegancia sonora, harmoniosa, Rúas de notas, alegres, sombrías... Instantes perdidos no tempo, Dores que viaxan ata o corazón. Amada, non marches, sen ti o mundo no ten perdón... Uxía Varela Abal Lendo disfruto Imaxino novas galaxias Tropezo con milleiros de historias Expreso alegría, gozo Renazo con cada páxina Adoro perderme entre as liñas Trato de ver Un novo mundo cheo de Resplandecentes poesías Alumeando a miña vida. Lara Rodríguez Rey Arte Remota Que Une Intelixencia, Técnica… E Combina Trazos Útiles, Reais, Agradables… Eva Castro Cores
  • 56. 56 UNHA INESQUECIBLE ESTANCIA EN QUIROGA O día 22 de maio partimos do colexio para comenzar unha nova aventura nesa fin de semana. Tras un par de horas en autobús, reunímonos co guía, que se chamaba Guillermo. Pola mañá visitamos a cova das Choias, unha cova da que antigamente se extraía ferro e na que actualmente habitan morcegos. Ao mediodía fomos comer ao Albergue de Quiroga e pola tarde fomos ver dous museos: un en Quiroga, un museo etnolóxico, e outro era un museo xeolóxico. Pola noite, despois da cea e de ducharnos reunímonos con outro colexio de Vigo e fomos a unha discoteca na que non paramos de bailar en toda a noite. Tras unha longa noite cos compañeiros, fomos durmir. Sábado 23 pola mañá: chegou a hora de erguerse e comezar a aventura no Courel. No Courel as vistas eran incribles, andamos moito, pero mereceu a pena. Guillermo explicounos a vexetación e a fauna do Courel, e ensinounos algunhas vilas de alí, nas que apenas habitaban unha ducia de persoas. Ao mediodía comemos un bocadillo contemplando a fermosa paisaxe, e á tarde iniciamos a última aventura, ao val das Mouras; o máis divertido de todo! Foi unha excursión polo medio do monte á que tamén nos acompañou o condutor do autobús. Alí, Guillermo, explicounos que cada carballo tiña o seu propio dono, de feito cada carballo tiña unha inicial. Fixemos unha fantástica ruta polo medio de pedras, covas entre as árbores,… Finalmente a aventura rematou, chegou a hora de coller as maletas en Quiroga e volver para Barrantes. Marta Castro Vicente e Clara Mosteiro Outeda. Traballo elaborado para as aulas de Lingua Galega. 3º ESO B
  • 57. 57 Aquí estamos os rapaces e rapazas de 3º da ESO nun intre de descanso na andaina polos vieiros do Courel, acompañados dos nosos profesores, Rosa e Melchor.
  • 58. 58 XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE (1906 – 1996) VIDA * Naceu en Pontevedra en 1906. * En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde mantería unha gran actividade na promoción de iniciativas culturais. * Levou a cabo un amplo labor docente e pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello profesor". * Foi membro numerario da Real Academia Galega desde 1942 . * En 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. * Dirixiu ademais o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. *No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. OBRA * A súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía, o ensaio
  • 59. 59 e o teatro: * Libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927); * Texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936) * As antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle composicións do medievo e etapas posteriores que fan referencia á capital galega. * Prosas literarias Quintana viva (1971). * Porén, a maior aportación deFilgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación: Prosas espalladas pola imprensa diaria foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. * As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).
  • 60. 60 Día das Letras Galegas 2015 XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE Día das Letras Galegas 2015
  • 61. 61 MOSTRA FOTOGRÁFICA ENL As actividades realizadas polo Equipo de Normalización Lingüística, o Departamento de Lingua Galega de Secundaria e o alumnado. IV Concurso de relatos de medo SAMAÍN 2014-2015 Alumnado asistente á entrega de premios do Concurso de relatos de medo.
  • 62. 62 A directora, Ana Garrido, e David Alonso, membro do ENDL, fan entrega dun dos premios a Uxía Gestoso Cancelo, de 1º da ESO. Outra premiada, Silvia Serantes Arís, de 2º da ESO, recolle o galardón de mans de Paula Padín.
  • 63. 63 Rebeca Abal e a directora fan entrega do premio a Carla Rodiño Berculi, de 3º da ESO. E en 4º da ESO a gañadora foi Alba Rodríguez García, que recibe o premio da súa compañeira, Uxía Varela Abal, membro do EDNL, e da directora.
  • 64. 64 O APALPADOR Nenos de Infantil ollan entusiasmados ao noso apalpador particular, David Alonso de 1º ESO. O Apalpador cargado de agasallos para os máis peques do colexio.
  • 65. 65 Daniel coa súa axudante, Paula Padín. Repartindo caramelos.
  • 66. 66 O Apalpador fala cos nenos de Educación Infantil. O alumnado de 3º de PDC, José Manuel Padín, Carla Alonso, Carlota Padín e Carla Rodríguez, canta unha panxoliña aos nenos de Infantil. Moi ben feito, rapaces!
  • 67. 67 Agradecementos do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística aos rapaces que colaboraron con nós na celebración do Nadal Tradicional coa “Visita do Apalpador”: Paula, David, Uxía e Rebeca.
  • 68. 68 Alumnado da ESO asistente á entrega de premios e que participou no Certame de Cartas de Amor. Outra perspestiva do noso alumnado da ESO na entrega de premios do Certame de Cartas de Amor.
  • 69. 69 Noa Cores Piñeiro, unha das gañadoras do Certame collendo o premio de 1º da ESO que lle entregan a directora, e a profesora de Lingua Galega, Susana.
  • 70. 70 O premiado de 2º da ESO, Gabriel Álvarez Álvarez,.
  • 71. 71 Uxía Castro Piñeiro, collendo o premio de 3º da ESO.
  • 72. 72 Carla Alonso, alumna de 3º ESO, amósanos o traballo realizado en conmemoración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde.
  • 73. 73 Alumnado que realizou o MURAL DE FILGUEIRA VALVERDE, por orde: José M. Padín, Carla Alonso, Rachid Salim, Carlota, Carla Rodríguez, Mario e Fernando.
  • 74. 74 Actuación de CÁNDIDO PAZÓ, que puxo en escena a adaptación da obra de Xosé NeiraVilas, Memorias dun neno labrego. Todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de Primaria acudiron ao Auditorio de Barrantes para asistir á representación de Cándido Pazó, o pasado día 15 de maio. Esta actuación formou parte da celebración do Día das Letras Galegas. Cándido Pazó nun momento da actuación.
  • 75. 75
  • 76. 76 CUESTIONARIO FILGUEIRA VALVERDE LETRAS GALEGAS 2015 Alumnado galardoado En 1º da ESO o premio foi para Uxía Gestoso,
  • 77. 77 Aitana Estonllo de 2º da ESO
  • 78. 78 Uxía Castro, de 3º da ESO, foi a que mellor realizou o cuestionario de Filgueira no seu curso.
  • 79. 79 Eva Castro recibindo o galardón para 4º da ESO de mans da profesora de Lingua Galega, Loli.
  • 80. 80 A BIBLIO DE PITICÁN PITICÁN CHEGOU A RIBADUMIA CARGADO DE MIL AVENTURAS. CONCURSO DE LEMAS AXUDANTES CONTACONTOS PROFE JOSE
  • 81. 81 PITICÁN E AS CARTAS DE AMOR DÍA DO LIBRO 2015 MIL HISTORIAS E UN COMEZO…
  • 82. 82 Este ano, tivemos varias novidades tecnolóxicas. O equipo de dinamización das TIC´s puxo en funcionamento a páxina do colexio e deulle outro aspecto máis actualizado. Esta web serve para informar e dar noticias ás familias durante todo o ano escolar. http://www.edu.xunta.es/centros/cpijuliabecerra Tamén creamos un novo blog para os nenos e as familias que fomos actualizando cada semana con diferentes artigos interesantes, vídeos e xogos educativos, actividades e obradoiros realizados no centro, noticias, curiosidades, lecturas, xornais, enlaces a outros blogs, excursións, fotos... http://cpijuliabecerra.blogspot.com Non nos podemos esquecer do concurso Ponte a proba, un concurso que fixo investigar, preguntar, indagar na rede... a case todo o alumnado do centro. Consistía en varias preguntas que había que responder nun prazo de días. Os gañadores recibiron marcapáxinas, xogos de xadrez, o xogo da oca, o parchís, xogos dixitais, libros, diarios, bolígrafos, camisetas... Estás pensando en participar? O ano que vén haberá un novo concurso de Ponte a proba con diferentes preguntas e investigacións... Quen participará? Algunhas fotos dos gañadores:
  • 83. 83 E a actividade que se converteu nunha experiencia moi gratificante para nenos e maiores foi o lipdub IMAXINA, vídeo no que participou a gran maioría do alumnado, profesorado e compañeiros do xeriátrico. Moitas grazas a todos!
  • 84. 84
  • 85. 85
  • 86. 86
  • 87. 87
  • 88. 88
  • 89. 89
  • 90. 90
  • 91. 91 Dille un amigo a outro: - Antes, todas as mulleres ían detrás de min. Non entendo agora por que non!! E contéstalle o outro: - Home, é que agora xa non roubas bolsos. Un home vai ao médico e dille ao doutor : - Doutor, son asmático, é grave? E contéstalle o doutor: - Non amigo, é esdrúxula. Dous amigos saen do cole e un dille ao outro: - Que tal o exame? E contéstalle: - Uff!! Moi mal tío, deixeino todo en branco. E dille o compañeiro: - Non me digas iso, eu tamén!! A ver se van pensar que copiamos!! - Mamá, mamá!! Suspendín coñecemento porque non sabía onde estaba o Océano Atlántico. - Iso pasa por ser tan desordenado fillo!! - Papá, papá!! No colexio chámanme mentireiro!! E dille o pai: - Pero fillo, se ti non vas ao colexio!! Un neno dille a outro: - Soñei que gañaba 200 millóns de euros, como meu pai. E pregúntalle o amigo todo sorprendido: - O teu pai gaña ese diñeiro?? E contéstalle: - Non home, tamén o soña. - Capitán, capitán!! Socorrooooo!! Afundímonoooosss!! E grita o capitán: - Pero que dis? Isto é un submarino.
  • 92. 92
  • 94. 94