1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
NEGOCIACIÓN CONVENIO COMERCIO
ALIMENTACIÓN DE PONTEVEDRA
SEGUNDO COMUNICADO
Reunión do día 25 de xaneiro de 2013
Nesta reunión a patronal non entrou a desmenuzar as plataformas presentadas por os tres
sindicatos, pero si nos trasladou o que son os seus puntos principais de negociación, que se
resumen no seguinte:
• Vixencia de catro anos.
• Promoción profesional:
o Revisión da clasificación profesional en base a lexislación vixente.
o Rematar con as promocións automáticas.
• Xornada de traballo
o Apertura o sábado por a tarde para os maioristas.
o Establecemento da xornada laboral de sábado a domingo de carácter xeral.
• Salario:
o Incremento salarial o 0% para tódolos anos de vixencia.
o Conxelación da antigüidade.
o Modificar o complemento por IT.
Sendo estes os puntos principais que queren tocar na negociación, manifestaron que nos
trasladarían outras cuestións que calificaron de menor importancia.
Por parte de CC.OO. manifestamos o noso rexeitamento a estas pretensións e a
necesidade de comezar a negociar sobre as plataformas da representación sindical, tendo
en conta que temos que ser áxiles a aproveitar o pouco tempo que temos para rematar.
Aínda atopándonos inmersos nesta crise, este sector non é precisamente dos que máis
están a sufrila e pode perfectamente asumir moitas das reivindicacións recollidas na nosa
plataforma sen que teña que supoñer un problema para ningunha das empresas.
A seguinte reunión será o próximo día 4 de febreiro, na que esperamos que definitivamente
comecemos a negociar de verdade.