1. Federación de Comercio Hostelería e Turismo
fecohtgalicia.blogspot.com
7º COMUNICADO
NEGOCIACIÓN CONVENIO COMERCIO METAL DE PONTEVEDRA
30 de maio de 2013
Despois de moito tempo sen que se reunise a mesa de negociación, en este día
conseguimos retomar negociación de este convenio na que de inicio a representación
empresarial fixo a seguinte proposta:
• Vixencia 5 anos.
• Incremento salarial: 0% para os anos 2011 e 2012, 0,25% para o 2013 (a partir da
firma do convenio), 0,25% para o 2014 e 0,5% para o 2015. Todos os anos sen
cláusula de revisión.
• Distribución irregular da xornada, quedando este tema por definir.
• Seguro de accidente de 20.000€
• Acumulación da xactancia en 17 días.
• A garantía de ultravixencia poderían estar en disposición de estudiala.
A CCOO esta proposta parécenos totalmente insuficiente, inda que valoramos
positivamente que despois de tanto tempo volvamos a retomar a posibilidade de
chegar a un acordo e asinar un convenio neste importante sector.
Por parte de CCOO puxemos enriba da mesa dúas posibles propostas para convenio
a cinco anos ou a catro. Son as seguintes:
• Convenio a 5 anos de vixencia con incrementos do 0% para 2011 e 2012, 1’5%
para 2013 e 2014, IPC real do 2014 para 2015.
• Convenio a 4 anos de vixencia con incrementos do 0% para 2011 e 2012, e 2%
para 2013 e 2014. No caso dos anos 2013 e 2014 operará a cláusula de revisión.
• Cláusula de ultravixencia.
• Melloras normativas sen especificar.
Na próxima reunión, da que inda non temos data fixa, continuaremos negociando e
esperamos ter unha resposta empresarial en sentido positivo.
Estamos a vosa disposición para aclarar calquera dubida que teñades.