SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 38
TEMA 6.- A DIVERSIDADE
DA ECONOMÍA ESPAÑOLA
1.- A evolución da economía española
        En España, o proceso de renovación da actividade económica
   foi débil e moderado ao longo do século XIX e comezos do XX,
   arrancando con forza desde mediados do pasado século,
   especialmente na década de 1960. Desde entón, o
   desenvolvemento económico pasa por períodos de expansión e
   crecemento e por outros de contracción e crise, dependendo das
   circunstancias internas e da conxuntura internacional.
   1.1.- A recente modernización
        Nas décadas finais do século XX e nos inicios do século XXI,
   España viviu un proceso de modernización e desenvolvemento
   económico que é apreciable en aspectos como:
 Crecemento estable e continuado do PIB e, consecuentemente, da
   renda per cápita, manifestada nunha notable melloría das
   condicións de vida dos españois e no seu poder adquisitivo, con
   melloras nos servizos de educación, sanidade, subsidio de
   desemprego, pensións de xubilación... cubertas polas institucións
   públicas, o que se denomina estado do benestar.
 Terciarización da economía manifestada na diminución dos
   sectores primario e secundario e un elevado crecemento do
   terciario.
        No entanto, existían e existen numerosas trabas e dificultades
   que limitan o crecemento e dificultan unha maior transformación
   do conxunto da economía, como:
       Reducidos investimentos en investigación,
    desenvolvemento e innovación tecnolóxica (i+D+i),
    tanto por parte das administracións públicas como da
    empresa privada, que alcanzan unicamente Ao 1,05%
    do PIB. Como consecuencia, existe unha forte
    dependencia do estranxeiro nas innovacións
    tecnolóxicas e científicas.
   Predominio das pequenas e medianas empresas e
    industrias, con escasa presenza de multinacionais
    (telefónica, Repsol, Pescanova, Inditex...).
   A escaseza de materias primas para a industria e de
    fontes de enerxía, especialmente das non renovables, e
    que son as máis utilizadas (petróleo, gas natural),
    limita o crecemento económico, enrarece a produción e
    obriga a investir elevadas cantidades de capitais na súa
    adquisición aos países produtores.
   Existen obstáculos físicos que dificultan o
    desenvolvemento económico de determinadas zonas
    (disposición do relevo, que dificulta e encarece as
    infraestruturas; ríos que non permiten a navegación; a
    deficiente calidade de moitas terras de cultivo; a aridez
    e escaseza de auga...).
1.2.- A crise económica
       A crise financeira iniciada en 2007 en Estados Unidos
  provocou unha crise económica global, que afectou a todos os
  países, pero en maior medida aqueles máis directamente
  vinculados coa economía norteamericana. España foi un dos países
  máis duramente afectados e desde entón pasa por unha fase de
  contracción e retroceso manifestada en:
 O descenso continuado do PIB. Tamén se produce unha
  diminución da renda per cápita dos españois, que en 2009 era un
  4,1% inferior a de 2008.
 Incremento considerable da taxa de desemprego, unha das
  máis elevadas da UE (do 20,33% no 2010). O desemprego afecta
  máis as mulleres, que seguen cobrando menos que os homes por
  igual traballo, e os mozos e mozas, especialmente os cualificados,
  que buscan o seu primeiro emprego.

2.- As actividades do sector primario
        Agricultura, gandaría, aproveitamento do bosque e pesca, as
   actividades básicas do sector primario ven reducir cada vez máis o
   seu peso no conxunto da economía (arredor do 2,3% do PIB) e no
   número de persoas que nel traballa (4,1% no 2009, fronte ao
   63,3% en 1900).
Vendimia
2.1.- As actividades agrícolas
      A agricultura española superou, en termos xerais, o
  sistema tradicional e presentando hoxe características
  dunha agricultura modernizada tales como: emprego
  de novas técnicas, tendencia á especialización por
  rexións, crecente mecanización, selección de sementes,
  ampliación do regadío, cultivos transxénicos...
      Entre os principais cultivos destacan:
 Os cereais: -trigo, cebada, avea, centeo, millo- con
  grandes superficies dedicadas nas provincias do interior
  de España.
 A vide, utilizada como froita e para a elaboración de
  viño,destacando a produción de Castela-A Mancha.
  Noutras zonas de menor extensión lógranse boas
  calidades e prestixio (cava catalán, A Rioxa, Xerez,
  Montilla, Ribeira do Douro, Rías Baixas).
 A oliveira, empregada para oliva de mesa e para a
  obtención de aceite, ten concentrada a súa produción
  en Estremadura e Andalucía, especialmente nas
  provincias de Xaén e Córdoba. España é o primeiro
  produtor mundial de aceite de oliva.
 As leguminosas –lentellas, garavanzos, fabas-
  cultívanse asociadas aos cereais e fan de
  España o primeiro país produtor da UE.
 As froitas e hortalizas, con rexións
  especializadas e produtos de alta calidade:
  Valencia en cítricos, Navarra en espárragos,
  Canarias en plátanos, Lleida en peras e mazás,
  Murcia en pementos e tomates...
 O arroz, un cereal cultivado especialmente no
  baixo Ebro, Valencia, Sevilla e Badaxoz.
 Os cultivos industriais, aqueles que precisan ser
  transformados para ser consumidos (tabaco,
  algodón, xirasol, remolacha azucreira).
 A floricultura, en plena expansión en Levante e
  Cataluña.
Recollida de olivas
Produción de laranxas
2.2.- A gandaría
      É un sector que experimentou unha gran
  transformación na súa estrutura e produción, o que
  permitiu un importante crecemento dos rendementos.
  En 2006 había en España:
     - + de 180 millóns de aves
     -        20 millóns de cabezas de gando porcino
     -          6 “          bovino especializadas en
  carne e leite
      Téndese a potenciar a gandaría intensiva,
  concentrando os animais en granxas. A gandaría
  extensiva, na que os animais pacen ao aire libre, a
  mecanización é mínima e os rendementos baixos.
  Segue especializada por zonas: gando vacún no norte
  peninsular; ovino e caprino no interior e Andalucía;
  porcino en Estremadura.
2.3.- O aproveitamento forestal
      As especies máis abundantes son as frondosas
  (castiñeiro, chopo, eucalipto, carballo, faia) e coníferas
(piñeiro). Nos últimos vinte anos a produción
  mantívose arredor dos 15 millóns de metros cúbicos,
  pero o seu valor económico vai en progresivo aumento.
  Ademais da obtención de madeira resina e cortiza, as
  árbores proporcionan a materia prima para a
  elaboración de produtos como os taboleiros de
  aglomerado, cartón e papel. As masas boscosas máis
  importantes están na franxa cantábrica, no noroeste e
  no suroeste peninsular.
2.4.- Paisaxes agrarias españolas
      A combinación das condicións naturais e a acción
  humana permite diferenciar en España cinco tipos
  básicos de paisaxes agrarias.
  a) Paisaxe agraria da España oceánica ou húmida
  Tipo de hábitat: disperso, con moitos núcleos de
  poboación.
  Propiedade da terra: parcelas pequenas
  (minifundismo); hai zonas con parcelas de maior
  tamaño onde se implantou a concentración parcelaria.
 A agricultura baséase no policultivo tradicional que
  tende á especialización en cultivos de horta e forraxe
  para o gando.
 A gandaría é a principal actividade económica,
  especializada no gando vacún.
 A explotación forestal é importante pola abundancia
  de árbores (carballos, castiñeiros, piñeiros,
  eucaliptos).
b) Paisaxe agraria mediterránea
 Tipo de hábitat: conviven o poboamento disperso máis
  tradicional coa tendencia a concentración.
 A propiedade da terra: pequena e mediana nas terras
  de secaño e pequenas nas de regadío.
 A agricultura é de secaño no val do Guadalquivir e nas
  zonas prelitorais (cereais, vide, oliveira, amendoeira);
  a de regadío alcanza elevados rendementos
  (hortalizas e froitas –cítricos no Levante e tropicais
  nas zonas de Granada e Málaga).
 A gandaría ovina e caprina é abundante nas terras de
  secaño; no val do Guadalquivir (reses bravas);
  Cataluña posúe unha importante gandaría bovina e
 A explotación forestal aproveita especialmente a
  aciñeira, o piñeiro e a sobreira.
c) Paisaxe agraria do interior peninsular
 Tipo de hábitat: concentrado.
 A propiedade da terra: minifundio no val do Douro e
  latifundios no resto.
 A agricultura de secaño domina na meseta e zonas non
  regadas do val do Ebro (cereal, vide e oliveira). A de
  regadío nas veigas dos ríos (froitas, hortalizas, forraxes
  e plantas industriais – tabaco, lúpulo, remolacha
  azucreira, etc.
 A gandaría ovina e caprina domina no centro e sur da
  Meseta e, no oeste, a porcina.
 A explotación forestal ten pouca importancia.
d) Paisaxe agraria de montaña húmida
 Tipo de hábitat: disperso e escaso.
 A propiedade da terra: pequenas parcelas, con
  abundancia de propiedade comunal.
 A agricultura do fondo dos vales produce cultivos de
  horta; a maiores alturas (cultivos herbáceos e
 A gandaría bovina, ovina e caprina pace ao aire
  libre en réxime extensivo.
 A explotación forestal (piñeiros, eucaliptos e
  castiñeiros).
e) Paisaxe agraria das illas Canarias
 Tipo de hábitat: concentrado e cada vez máis
  escaso.
 A propiedade da terra: pequenas e medianas
  explotacións conviven coas grandes dedicadas
  ao regadío.
 A agricultura de secaño (vide e patacas); nos
  regadíos abundan os monocultivos (plátano,
  tomate, piña, aguacate, pemento).
 A gandaría é escasa (ovina e caprina).
 A explotación forestal é mínima pola escasa
  presenza de arborado.
3.- A pesca
     É a actividade destinada a obter recursos
alimenticios das augas do mar, os ríos e lagos. A
costa española está organizada en 8 rexións,
sendo a do noroeste a máis importante.
     A maioría das capturas son peixes (pescada,
sardiña, anchoas, atún, bonito...) e unha cuarta
parte do total son moluscos (polbo, lura,
choupa). Cada vez cobra maior importancia a
acuicultura (cría en catividade de especies de
mar ou de río).
O destino básico é o consumo humano, ben en fresco
ou transformado (salgadura, conxelación, conserva), e
tamén para a obtención de fariñas e aceites.
    Na actualidade esta actividade ten moitos
problemas: esgotamento de moitos caladoiros,
restricións que impoñen determinados países a pescar
nas augas de control exclusivo, as cotas que impón a
UE, fixando topes as capturas, a necesidade de
renovación e modernización das flotas, a carestía dos
combustibles e a inseguridade dalgunhas zonas de
pesca.
    Como consecuencia de todo o anterior, a poboación
dedicada á pesca descende progresivamente, así como
a porcentaxe da achega do sector pesqueiro no PIB.

3.- A industria e a súa reestruturación
    Os avances da tecnoloxía actual obriga a todas as
industrias a renovarse para poder competir no mercado
internacional (globalización).
3.1.- As bases da industria
        As materias primas e as fontes de enerxía son as
    bases fundamentais da industria.
   As materias primas son os recursos que emprega a
    industria para elaborar os seus produtos. Segundo a
    súa orixe, poden ser orgánicas, as que proceden das
    actividades do sector primario, ou minerais, as
    procedentes de xacementos mineiros (ferro, cobre,
    chumbo...) e de canteiras (granito, lousa, mármore,
    arxila...). España é deficitaria nalgunha das orgánicas
    (algodón, madeira...) e moitas das minerais.
   As fontes de enerxía permiten o funcionamento da
    industria para que transforme as materias primas.
    Unhas son renovables (hidráulica, eólica, solar) e
    outras non (petróleo, gas, carbón). España é deficitaria
    xa que importa o 85% da enerxía que consume. Entre
    as máis utilizadas están: - o petróleo, a máis
    empregada en todo tipo de industrias e nos
    transportes. España aínda que non produce si ten unha
    importante capacidade de refino do cru que importa de
    países como Libia, Nixeria, Arabia Saudí e México;
•   - o carbón foi a fonte principal dos inicios da
    industrialización. Segue a ser importante para a
    produción eléctrica nas centrais térmicas. O
    autoabastecemento cobre o 35% do total consumido,
    destacando a produción da conca asturleonesa; - gas
    natural é unha enerxía que aumenta progresivamente o
    seu consumo por ser barato, ter unha elevada
    capacidade calorífica e baixo nivel de contaminación.
    España produce o 2,5% do que consume, importando
    de Alxeria, Nixeria e Noruega a maior parte; - a enerxía
    nuclear, obtida da fisión dos átomos de uranio
    (xacementos en Salamanca e Badaxoz), é toda ela de
    produción nacional e serve fundamentalmente para a
    produción de electricidade. A súa produción está
    estancada polo perigo que representan os seus
    residuos; - enerxía hidráulica, a obtida das augas
    embalsadas que moven turbinas que xeran
    electricidade, é a máis abundante en España. Na
    produción destaca Galicia e os grandes encoros dos
    ríos Ebro, Douro e Teixo; - outras enerxías que
    aumentan lentamente a súa produción e consumo son :
    a solar, na que destaca a produción de Canarias,
    Andalucía e Baleares;
   a eólica, cunha produción en aumento especialmente en Galicia,
    Navarra, Aragón e Canarias; a biomasa, na que destaca a
    produción de Andalucía.
   3.2.- Características e localización da industria
        A industrialización española desenvolvese con forza
    a partir da segunda metade do século XX debido, en
    gran parte, ao impulso do Estado. Entre 1977 e 1985
    atravesou unha dura fase de axuste e reconversión. Na
    última década, experimentou un crecemento global
    continuado grazas a renovación e modernización que
    permitiu a mellora da produción en cantidade e
    calidade. . Pero a partir de 2008 entrou nunha nova
    crise. A industria española presenta hoxe as seguintes
    características:
   Forte dependencia do exterior en materias primas,
    fontes de enerxía e tecnoloxía.
   Importantes cambios pola incorporación das novas
    tecnoloxías e nos sistemas de produción
    (descentralización, subcontratas, produción flexible...).
   Progresiva mellora da calidade dos produtos.
   Aumento progresivo das exportacións
   Predominio das pequenas e medianas empresas
   Redución da intervención do estado
   Cambio no perfil dos traballadores, aumentando o
    número de técnicos e diminuíndo os manuais.
   Escasos investimentos en I+D+i
   Crecente preocupación polas cuestións
    medioambientais.
        En canto a localización, a industria española
    presenta fortes desequilibrios, cunha elevada
    concentración nunhas zonas –todas periféricas agás
    Madrid- e un gran déficit noutras. Pódense diferenciar:
   As áreas históricas: Cataluña e Levante (téxtil,
    maquinaria, química, alimentación), País Vasco e
    Asturias (minaría, siderurxia, metalurxia). Madrid pode
    incluírse neste grupo, aínda que o seu
    desenvolvemento é posterior e por causas diferentes
    (política estatal de favorecer á capital).
   Áreas de recente creación, a partir de mediados do
    século XX, o estímulo estatal axuda a xurdir novos
    focos industriais na periferia de cidades como
    Valladolid, Zaragoza, Sevilla, Vigo e A Coruña, entre
    outras.
3.3.- Os sectores industriais
         Co desenvolvemento da industria na década de
    1960, España multiplicou e diversificou a súa industria
    de modo que, na actualidade, conta cunha gran
    variedade de sectores entre os que destacan:
   Os sectores tradicionais: Siderurxia, localizada en
    Cataluña, Levante, País Vasco e Asturias; a industria
    naval, concentrada en grandes estaleiros (Ferrol, Vigo,
    Cádiz, Valencia, Bilbao). A parte da construción de
    barcos, momento no que hai unha forte recuperación,
    se lle engade as reparacións e a construción de
    plataformas petrolíferas; a industria téxtil do coiro e do
    calzado, importante en Cataluña, Andalucía e Valencia,
    ten que enfrontarse á competencia con menores
    prezos, ademais da pirataría industrial; o sector da
    minaría está en retroceso polo esgotamento dos
    mellores filóns ou en vías de extinción (carbón, cinc,
    piritas, mercurio...).
   Os sectores máis dinámicos. Presentan boas
    expectativas de futuro pola calidade dos seus produtos
    e unha demanda en aumento.
•   Posúen unha organización flexible e, polo xeral, contan
    con abundante capital estranxeiro. A maioría son
    industrias de bens de consumo. Destacan a industria
    automobilística, na que España e o 4º produtor
    europeo, conta cunha alta participación de capital
    estranxeiro e que ten as principais fábricas en Vigo
    (PSA Peugeot – Citroën), Valladolid (FASA – Renault),
    Valencia (Ford), Barcelona (SEAT); industrias
    alimentarias –lácteas, cárnicas, conservas, aceite,
    bebidas, tabaco... - están moi repartidas por toda
    España. A presenza de capital estranxeiro é notable xa
    que en seis de cada dez empresas son filiais de
    empresas multinacionais; industria química e
    farmacéutica, con múltiples actividades e empresas
    tanto de actividades de base (petroquímica,
    plásticos...) como de consumo (deterxentes, cosmética,
    medicamentos); téxtil e confección, un sector de gran
    importancia en Galicia, Cataluña e Valencia (Inditex,
    Mango...); o sector da edificación e das obras públicas
    achega case o 20% da produción industrial e da
    emprego ao 10% da poboación.
4.- Os servizos
É o motor da economía, o máis importante na creación
do PIB (60%), na creación de emprego (71% da
poboación ocupada) e o número de empresas (arredor
de 2 millóns) dedicadas ao transporte, comercio,
turismo, tecnoloxías da información, inmobiliarias e de
aluguer, servizos a empresas, actividades recreativas e
culturais e servizos persoais. Todo isto permite falar da
terciarización da economía española.
4.1.- O desenvolvemento do sector terciario
    O seu forte crecemento está relacionado con:
    - Aumento da capacidade adquisitiva dos españois
    - A mellora da capacitación profesional
    - A mellora das infraestruturas viarias (autovías,
autopistas, liñas de alta velocidade...)
    - Aumento dos servizos públicos (educación,
sanidade, asistencia) proporcionados polo Estado e as
Comunidades Autónomas
    - Os cambios producidos nas traballadoras e
traballadores da industria actual, co aumento de
técnicos cualificados.
Entre as características máis salientables están:
 Máis da metade das empresas teñen menos de
  2 traballadores o que indica o elevado número
  de negocios familiares; só 2,5% teñen máis de
  20 traballadores, aínda que o seu negocio
  supera o 35% do total do sector.
 As comunidades autónomas con maior
  participación no volume de negocios son Madrid
  e Cataluña, que suman algo máis da metade do
  conxunto español.
  4.2.- Transportes e comunicacións
 Os transportes poden realizarse por:
  – Estradas (9.600 km de autovías, 2.700 km de
    autoestradas, 170.000 de estradas principais e
    510.000 de secundarias) polas que circulan uns 31
    millóns de vehículos. A disposición da rede é radial,
    con centro en Madrid.
– Ferrocarril (13.000 km de vía ancha por RENFE e
       2.000 km de vía estreita por FEVE) que está
       modernizando as unidades e acurtando os tempos
       dos traxectos coas liñas de alta velocidade (AVE). O
       ferrocarril segue a ser un importante medio de
       transporte para mercadorías pesadas.
     – Metro, o transporte máis utilizado nas cidades que o
       posúen para transporte de viaxeiros: Madrid,
       Barcelona, Valencia, Bilbao.
     – Transporte aéreo utiliza avións e aeroportos, entre
       os que destacan os de Baraxas (Madrid), El Prat
       (Barcelona). Os que reciben máis turistas son os de
       Palma de Mallorca, Málaga, Gran Canaria e Tenerife.
     – Transporte marítimo serve, fundamentalmente para
       o comercio de mercadorías de gran volume co
       exterior. España posúe unha importante flota de
       mercantes e numerosos portos.
   As comunicacións destacan polo auxe das novas
    tecnoloxías, especialmente das telecomunicacións:
de comunicacións entre particulares e empresas
    (teléfono fixo e móbil, Fax, correo electrónico, internet)
    e servizo rápido de mercadorías (mensaxaría urxente).
    4.3.- As actividades comerciais
        O comercio representa o 65% do volume de
    negocio do conxunto do sector servizos. España está
    entre os cinco primeiros países da UE por volume de
    negocio do comercio. A balanza comercial é deficitaria,
    pois son maiores as importacións que as exportacións;
    os ingresos por turismo e os investimentos estranxeiros
    compensan en parte este déficit.
       O comercio interior sofre un proceso de
    transformación derivado, esencialmente, da instalación
    de grandes superficies comerciais, moitas delas filiais
    de multinacionais, e supermercados, que obrigan a
    unha reestruturación do pequeno comercio tradicional.
       No comercio exterior, España intercambia o maior
    volume de mercadorías cos países da UE, América
    Latina, EE UU, Xapón e Oriente Próximo. As maiores
    importacións corresponden a petróleo, gas natural e
    produtos industriais de alta tecnoloxía.
Nas exportacións destacan os produtos agrarios, o
    sector automobilístico e produtos semielaborados.
    4.4.- O turismo
        España é un dos primeiros países do mundo en
    número de turistas, atraídos polo sol e as praias, as
    paisaxes naturais, e a riqueza e variedade da oferta
    cultural. É unha actividade que dá emprego a miles de
    españois e de estranxeiros.
        Os aloxamentos turísticos poden ser hoteis (uns
    17.000 que ofertan 1.600.000 prazas), apartamentos
    (130.000 con capacidade para 500.000 persoas,
    cámpings, aloxamentos de turismo rural, etc.
   O turismo tradicional en España é o que busca sol e
    praia. Os destinos favoritos dos españois son Canarias,
    Andalucía, Cataluña e a Comunidade Valenciana. Os
    dos estranxeiros –ingleses, alemáns, franceses- son as
    Baleares, Canarias, a Costa do Sol malagueña e a
    Costa Brava catalá. É un turismo masivo que ten fortes
    efectos medioambientais (excesiva urbanización,
    elevado consumo de auga, densidade de tráfico...).
   Outras modalidades turísticas: o turismo rural,
    que potencia vivir uns días de ocio en contacto coa
    natureza e as xentes do mundo rural; o de balnearios,
     unha modalidade que recobra importancia como
    medicina alternativa; o deportivo, que ofrece
    múltiples variantes, desde o golf aos deportes de neve;
    o cultural e historiográfico, que trata de atraer
    turistas mediante o deseño de programas musicais, de
    teatro, danza, exposicións, circuítos que inclúen visitas
    a centros históricos e artísticos.
    5.- Os desequilibrios territoriais
       O desenvolvemento económico actual
    mantén un dos trazos característicos dos inicios
    da industrialización, é dicir, os fortes contrastes
    rexionais, que tratan de paliarse mediante
    políticas oficiais destinadas a corrixilos.
5.1.- Os contrastes entre comunidades autónomas
 Comunidades máis desenvolvidas, nas que se
  inclúen os territorios industrializados inicialmente
  (Cataluña, País Vasco). Madrid, beneficiada por unha
  política económica que fixo da súa área metropolitana
  un importante foco industrial e de servizos.
  Comunidades de desenvolvemento máis recente como
  Navarra, que lidera hoxe o crecemento económico por
  comunidades autónomas, ben situada xeograficamente
  no corredor do Ebro, onde tamén se sitúa A Rioxa.
  Baleares, grazas á achega do sector servizos.
 Comunidades de desenvolvemento medio, un
  grupo formado por Valencia, Murcia, Asturias, e
  Cantabria, unha no interior –Castela e León- e o
  arquipélago de Canarias.
 Comunidades de baixo desenvolvemento, formado
  por dúas comunidades situadas na periferia – Andalucía
  e Galicia- e outras dúas no interior –Castela A Mancha
  e Estremadura.
Estes contrastes veñen de antigo, intensificándose
  coa industrialización do século XIX e hoxe son
  apreciables en datos como: a poboación (con
  densidades moito menores as menos desenvolvidas e
  cunha poboación moito máis envellecida); os sectores
  económicos (mentres que en Madrid e no País Vasco o
  sector agrario achega só o 1% do PIB, en Andalucía e
  Estremadura alcanza o 14%); a porcentaxe de
  empresas en relación á poboación, onde se aprecia
  claramente a disparidade entre comunidades
  tradicionalmente agrarias que manteñen índices de
  desenvolvemento menor.
5.2.- Medidas correctoras dos desequilibrios
      Co obxecto de aproximar os valores económicos das
  comunidades autónomas e da calidade de vida dos seus
  habitantes, os diferentes gobernos puxeron en práctica
  políticas correctoras. Entre as medidas adoptadas
  destacaron a creación dos Polos de Desenvolvemento
  nos anos sesenta, Axencias de Desenvolvemento
  Rexional (1980), os fondos procedentes da UE (FEDER,
  FEOGA, FEP, FSE...).

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Actividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º esoActividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º esoEvaPaula
 
Galiza
Galiza   Galiza
Galiza Marlou
 
Tema 4 A diversidade bioxeografica de España
Tema 4  A diversidade bioxeografica de EspañaTema 4  A diversidade bioxeografica de España
Tema 4 A diversidade bioxeografica de Españavelazquezturnesnieves
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en Españaguest417724e2c
 
Economía de españa e galicia
Economía de españa e galiciaEconomía de españa e galicia
Economía de españa e galiciaalboradadiegog
 
U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteEvaPaula
 
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15santiago
 
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturaTema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturarubempaul
 
Os espazos do sector primario
Os espazos do sector primarioOs espazos do sector primario
Os espazos do sector primarioRosacidgalante
 
UNIDADE 4: SECTOR PRIMARIO
UNIDADE 4: SECTOR PRIMARIOUNIDADE 4: SECTOR PRIMARIO
UNIDADE 4: SECTOR PRIMARIOcamposseijo
 

La actualidad más candente (15)

Actividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º esoActividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º eso
 
Galiza
Galiza   Galiza
Galiza
 
Os espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españaOs espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españa
 
Tema 7 o sector primario
Tema 7  o sector primarioTema 7  o sector primario
Tema 7 o sector primario
 
Tema 4 A diversidade bioxeografica de España
Tema 4  A diversidade bioxeografica de EspañaTema 4  A diversidade bioxeografica de España
Tema 4 A diversidade bioxeografica de España
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en España
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Economía de españa e galicia
Economía de españa e galiciaEconomía de españa e galicia
Economía de españa e galicia
 
A economía en españa
A economía en españaA economía en españa
A economía en españa
 
U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parte
 
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
 
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturaTema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
 
Os espazos do sector primario
Os espazos do sector primarioOs espazos do sector primario
Os espazos do sector primario
 
UNIDADE 4: SECTOR PRIMARIO
UNIDADE 4: SECTOR PRIMARIOUNIDADE 4: SECTOR PRIMARIO
UNIDADE 4: SECTOR PRIMARIO
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 

Destacado

Sa princesa dolenta
Sa princesa dolentaSa princesa dolenta
Sa princesa dolentaxiscres78
 
Rancho Bernardo Inn
Rancho Bernardo InnRancho Bernardo Inn
Rancho Bernardo Inncfarquar
 
M'AJUDES A FER EL CONTE
M'AJUDES A FER EL CONTEM'AJUDES A FER EL CONTE
M'AJUDES A FER EL CONTExiscres78
 
Abhishek chauhan e10 mba2012-2014
Abhishek chauhan e10 mba2012-2014Abhishek chauhan e10 mba2012-2014
Abhishek chauhan e10 mba2012-2014Jyoti Rana
 
Sa princesa dolenta 1
Sa princesa dolenta 1Sa princesa dolenta 1
Sa princesa dolenta 1xiscres78
 
Tema 5. o mundo entreguerras
Tema 5.  o mundo entreguerrasTema 5.  o mundo entreguerras
Tema 5. o mundo entreguerraspacovali
 
Tales of panchatantra full
Tales of panchatantra fullTales of panchatantra full
Tales of panchatantra fullJhun Ar Ar Ramos
 
Social spider optimization
Social spider optimizationSocial spider optimization
Social spider optimizationAhmed Fouad Ali
 
Harmony search algorithm
Harmony search algorithmHarmony search algorithm
Harmony search algorithmAhmed Fouad Ali
 
Creative writing terminologies
Creative writing terminologiesCreative writing terminologies
Creative writing terminologiesJhun Ar Ar Ramos
 

Destacado (15)

Sa princesa dolenta
Sa princesa dolentaSa princesa dolenta
Sa princesa dolenta
 
Las tic sarayb
Las tic saraybLas tic sarayb
Las tic sarayb
 
Rancho Bernardo Inn
Rancho Bernardo InnRancho Bernardo Inn
Rancho Bernardo Inn
 
M'AJUDES A FER EL CONTE
M'AJUDES A FER EL CONTEM'AJUDES A FER EL CONTE
M'AJUDES A FER EL CONTE
 
Abhishek chauhan e10 mba2012-2014
Abhishek chauhan e10 mba2012-2014Abhishek chauhan e10 mba2012-2014
Abhishek chauhan e10 mba2012-2014
 
Sa princesa dolenta 1
Sa princesa dolenta 1Sa princesa dolenta 1
Sa princesa dolenta 1
 
Tema 5. o mundo entreguerras
Tema 5.  o mundo entreguerrasTema 5.  o mundo entreguerras
Tema 5. o mundo entreguerras
 
Tales of panchatantra full
Tales of panchatantra fullTales of panchatantra full
Tales of panchatantra full
 
Social spider optimization
Social spider optimizationSocial spider optimization
Social spider optimization
 
Grey wolf optimizer
Grey wolf optimizerGrey wolf optimizer
Grey wolf optimizer
 
Harmony search algorithm
Harmony search algorithmHarmony search algorithm
Harmony search algorithm
 
Creative writing terminologies
Creative writing terminologiesCreative writing terminologies
Creative writing terminologies
 
Idiomatic expressions
Idiomatic expressionsIdiomatic expressions
Idiomatic expressions
 
Memo writing notes
Memo writing notesMemo writing notes
Memo writing notes
 
Mitosis and meiosis
Mitosis and meiosisMitosis and meiosis
Mitosis and meiosis
 

Similar a Tema 6. A diversidade da economía española

Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15santiago
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaRosacidgalante
 
U N I D A D E 5 Sector Primario
U N I D A D E 5  Sector  PrimarioU N I D A D E 5  Sector  Primario
U N I D A D E 5 Sector Primariocamposseijo
 
CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores ex...
CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores ex...CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores ex...
CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores ex...Gloria Martínez Marín
 
As actividades agrarias en España
As actividades agrarias en EspañaAs actividades agrarias en España
As actividades agrarias en Españaprofesor historia
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundomasinisa
 
As economías de España e Galicia
As economías de España e GaliciaAs economías de España e Galicia
As economías de España e Galiciayagobr7
 
XEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioXEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioaialo1
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en Españaxosea
 
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española Gloria Martínez Marín
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.Ismael Vide González
 
Sector primario temas e vocabulario
Sector primario   temas e vocabularioSector primario   temas e vocabulario
Sector primario temas e vocabularioEvaPaula
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8ahiacg
 
Tema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historiaTema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historiapablokatt
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicosccssdidactica ddoval
 

Similar a Tema 6. A diversidade da economía española (20)

Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
Tema 5 os espazos do sector primario 2014-15
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
 
U N I D A D E 5 Sector Primario
U N I D A D E 5  Sector  PrimarioU N I D A D E 5  Sector  Primario
U N I D A D E 5 Sector Primario
 
CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores ex...
CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores ex...CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores ex...
CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores ex...
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Xeografia 3
Xeografia 3Xeografia 3
Xeografia 3
 
As actividades agrarias en España
As actividades agrarias en EspañaAs actividades agrarias en España
As actividades agrarias en España
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
 
As economías de España e Galicia
As economías de España e GaliciaAs economías de España e Galicia
As economías de España e Galicia
 
Tema11
Tema11Tema11
Tema11
 
XEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioXEO2-Sector primario
XEO2-Sector primario
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en España
 
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.
 
Tema 8.
Tema 8.Tema 8.
Tema 8.
 
Sector primario temas e vocabulario
Sector primario   temas e vocabularioSector primario   temas e vocabulario
Sector primario temas e vocabulario
 
Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historiaTema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historia
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
 

Tema 6. A diversidade da economía española

  • 1. TEMA 6.- A DIVERSIDADE DA ECONOMÍA ESPAÑOLA
  • 2. 1.- A evolución da economía española En España, o proceso de renovación da actividade económica foi débil e moderado ao longo do século XIX e comezos do XX, arrancando con forza desde mediados do pasado século, especialmente na década de 1960. Desde entón, o desenvolvemento económico pasa por períodos de expansión e crecemento e por outros de contracción e crise, dependendo das circunstancias internas e da conxuntura internacional. 1.1.- A recente modernización Nas décadas finais do século XX e nos inicios do século XXI, España viviu un proceso de modernización e desenvolvemento económico que é apreciable en aspectos como:  Crecemento estable e continuado do PIB e, consecuentemente, da renda per cápita, manifestada nunha notable melloría das condicións de vida dos españois e no seu poder adquisitivo, con melloras nos servizos de educación, sanidade, subsidio de desemprego, pensións de xubilación... cubertas polas institucións públicas, o que se denomina estado do benestar.  Terciarización da economía manifestada na diminución dos sectores primario e secundario e un elevado crecemento do terciario. No entanto, existían e existen numerosas trabas e dificultades que limitan o crecemento e dificultan unha maior transformación do conxunto da economía, como:
  • 3. Reducidos investimentos en investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (i+D+i), tanto por parte das administracións públicas como da empresa privada, que alcanzan unicamente Ao 1,05% do PIB. Como consecuencia, existe unha forte dependencia do estranxeiro nas innovacións tecnolóxicas e científicas.  Predominio das pequenas e medianas empresas e industrias, con escasa presenza de multinacionais (telefónica, Repsol, Pescanova, Inditex...).  A escaseza de materias primas para a industria e de fontes de enerxía, especialmente das non renovables, e que son as máis utilizadas (petróleo, gas natural), limita o crecemento económico, enrarece a produción e obriga a investir elevadas cantidades de capitais na súa adquisición aos países produtores.  Existen obstáculos físicos que dificultan o desenvolvemento económico de determinadas zonas (disposición do relevo, que dificulta e encarece as infraestruturas; ríos que non permiten a navegación; a deficiente calidade de moitas terras de cultivo; a aridez e escaseza de auga...).
  • 4.
  • 5. 1.2.- A crise económica A crise financeira iniciada en 2007 en Estados Unidos provocou unha crise económica global, que afectou a todos os países, pero en maior medida aqueles máis directamente vinculados coa economía norteamericana. España foi un dos países máis duramente afectados e desde entón pasa por unha fase de contracción e retroceso manifestada en:  O descenso continuado do PIB. Tamén se produce unha diminución da renda per cápita dos españois, que en 2009 era un 4,1% inferior a de 2008.  Incremento considerable da taxa de desemprego, unha das máis elevadas da UE (do 20,33% no 2010). O desemprego afecta máis as mulleres, que seguen cobrando menos que os homes por igual traballo, e os mozos e mozas, especialmente os cualificados, que buscan o seu primeiro emprego. 2.- As actividades do sector primario Agricultura, gandaría, aproveitamento do bosque e pesca, as actividades básicas do sector primario ven reducir cada vez máis o seu peso no conxunto da economía (arredor do 2,3% do PIB) e no número de persoas que nel traballa (4,1% no 2009, fronte ao 63,3% en 1900).
  • 6.
  • 8. 2.1.- As actividades agrícolas A agricultura española superou, en termos xerais, o sistema tradicional e presentando hoxe características dunha agricultura modernizada tales como: emprego de novas técnicas, tendencia á especialización por rexións, crecente mecanización, selección de sementes, ampliación do regadío, cultivos transxénicos... Entre os principais cultivos destacan:  Os cereais: -trigo, cebada, avea, centeo, millo- con grandes superficies dedicadas nas provincias do interior de España.  A vide, utilizada como froita e para a elaboración de viño,destacando a produción de Castela-A Mancha. Noutras zonas de menor extensión lógranse boas calidades e prestixio (cava catalán, A Rioxa, Xerez, Montilla, Ribeira do Douro, Rías Baixas).  A oliveira, empregada para oliva de mesa e para a obtención de aceite, ten concentrada a súa produción en Estremadura e Andalucía, especialmente nas provincias de Xaén e Córdoba. España é o primeiro produtor mundial de aceite de oliva.
  • 9.  As leguminosas –lentellas, garavanzos, fabas- cultívanse asociadas aos cereais e fan de España o primeiro país produtor da UE.  As froitas e hortalizas, con rexións especializadas e produtos de alta calidade: Valencia en cítricos, Navarra en espárragos, Canarias en plátanos, Lleida en peras e mazás, Murcia en pementos e tomates...  O arroz, un cereal cultivado especialmente no baixo Ebro, Valencia, Sevilla e Badaxoz.  Os cultivos industriais, aqueles que precisan ser transformados para ser consumidos (tabaco, algodón, xirasol, remolacha azucreira).  A floricultura, en plena expansión en Levante e Cataluña.
  • 12. 2.2.- A gandaría É un sector que experimentou unha gran transformación na súa estrutura e produción, o que permitiu un importante crecemento dos rendementos. En 2006 había en España:  - + de 180 millóns de aves  - 20 millóns de cabezas de gando porcino  - 6 “ bovino especializadas en carne e leite Téndese a potenciar a gandaría intensiva, concentrando os animais en granxas. A gandaría extensiva, na que os animais pacen ao aire libre, a mecanización é mínima e os rendementos baixos. Segue especializada por zonas: gando vacún no norte peninsular; ovino e caprino no interior e Andalucía; porcino en Estremadura. 2.3.- O aproveitamento forestal As especies máis abundantes son as frondosas (castiñeiro, chopo, eucalipto, carballo, faia) e coníferas
  • 13. (piñeiro). Nos últimos vinte anos a produción mantívose arredor dos 15 millóns de metros cúbicos, pero o seu valor económico vai en progresivo aumento. Ademais da obtención de madeira resina e cortiza, as árbores proporcionan a materia prima para a elaboración de produtos como os taboleiros de aglomerado, cartón e papel. As masas boscosas máis importantes están na franxa cantábrica, no noroeste e no suroeste peninsular. 2.4.- Paisaxes agrarias españolas A combinación das condicións naturais e a acción humana permite diferenciar en España cinco tipos básicos de paisaxes agrarias. a) Paisaxe agraria da España oceánica ou húmida Tipo de hábitat: disperso, con moitos núcleos de poboación. Propiedade da terra: parcelas pequenas (minifundismo); hai zonas con parcelas de maior tamaño onde se implantou a concentración parcelaria.
  • 14.  A agricultura baséase no policultivo tradicional que tende á especialización en cultivos de horta e forraxe para o gando.  A gandaría é a principal actividade económica, especializada no gando vacún.  A explotación forestal é importante pola abundancia de árbores (carballos, castiñeiros, piñeiros, eucaliptos). b) Paisaxe agraria mediterránea  Tipo de hábitat: conviven o poboamento disperso máis tradicional coa tendencia a concentración.  A propiedade da terra: pequena e mediana nas terras de secaño e pequenas nas de regadío.  A agricultura é de secaño no val do Guadalquivir e nas zonas prelitorais (cereais, vide, oliveira, amendoeira); a de regadío alcanza elevados rendementos (hortalizas e froitas –cítricos no Levante e tropicais nas zonas de Granada e Málaga).  A gandaría ovina e caprina é abundante nas terras de secaño; no val do Guadalquivir (reses bravas); Cataluña posúe unha importante gandaría bovina e
  • 15.  A explotación forestal aproveita especialmente a aciñeira, o piñeiro e a sobreira. c) Paisaxe agraria do interior peninsular  Tipo de hábitat: concentrado.  A propiedade da terra: minifundio no val do Douro e latifundios no resto.  A agricultura de secaño domina na meseta e zonas non regadas do val do Ebro (cereal, vide e oliveira). A de regadío nas veigas dos ríos (froitas, hortalizas, forraxes e plantas industriais – tabaco, lúpulo, remolacha azucreira, etc.  A gandaría ovina e caprina domina no centro e sur da Meseta e, no oeste, a porcina.  A explotación forestal ten pouca importancia. d) Paisaxe agraria de montaña húmida  Tipo de hábitat: disperso e escaso.  A propiedade da terra: pequenas parcelas, con abundancia de propiedade comunal.  A agricultura do fondo dos vales produce cultivos de horta; a maiores alturas (cultivos herbáceos e
  • 16.  A gandaría bovina, ovina e caprina pace ao aire libre en réxime extensivo.  A explotación forestal (piñeiros, eucaliptos e castiñeiros). e) Paisaxe agraria das illas Canarias  Tipo de hábitat: concentrado e cada vez máis escaso.  A propiedade da terra: pequenas e medianas explotacións conviven coas grandes dedicadas ao regadío.  A agricultura de secaño (vide e patacas); nos regadíos abundan os monocultivos (plátano, tomate, piña, aguacate, pemento).  A gandaría é escasa (ovina e caprina).  A explotación forestal é mínima pola escasa presenza de arborado.
  • 17. 3.- A pesca É a actividade destinada a obter recursos alimenticios das augas do mar, os ríos e lagos. A costa española está organizada en 8 rexións, sendo a do noroeste a máis importante. A maioría das capturas son peixes (pescada, sardiña, anchoas, atún, bonito...) e unha cuarta parte do total son moluscos (polbo, lura, choupa). Cada vez cobra maior importancia a acuicultura (cría en catividade de especies de mar ou de río).
  • 18.
  • 19. O destino básico é o consumo humano, ben en fresco ou transformado (salgadura, conxelación, conserva), e tamén para a obtención de fariñas e aceites. Na actualidade esta actividade ten moitos problemas: esgotamento de moitos caladoiros, restricións que impoñen determinados países a pescar nas augas de control exclusivo, as cotas que impón a UE, fixando topes as capturas, a necesidade de renovación e modernización das flotas, a carestía dos combustibles e a inseguridade dalgunhas zonas de pesca. Como consecuencia de todo o anterior, a poboación dedicada á pesca descende progresivamente, así como a porcentaxe da achega do sector pesqueiro no PIB. 3.- A industria e a súa reestruturación Os avances da tecnoloxía actual obriga a todas as industrias a renovarse para poder competir no mercado internacional (globalización).
  • 20. 3.1.- As bases da industria As materias primas e as fontes de enerxía son as bases fundamentais da industria.  As materias primas son os recursos que emprega a industria para elaborar os seus produtos. Segundo a súa orixe, poden ser orgánicas, as que proceden das actividades do sector primario, ou minerais, as procedentes de xacementos mineiros (ferro, cobre, chumbo...) e de canteiras (granito, lousa, mármore, arxila...). España é deficitaria nalgunha das orgánicas (algodón, madeira...) e moitas das minerais.  As fontes de enerxía permiten o funcionamento da industria para que transforme as materias primas. Unhas son renovables (hidráulica, eólica, solar) e outras non (petróleo, gas, carbón). España é deficitaria xa que importa o 85% da enerxía que consume. Entre as máis utilizadas están: - o petróleo, a máis empregada en todo tipo de industrias e nos transportes. España aínda que non produce si ten unha importante capacidade de refino do cru que importa de países como Libia, Nixeria, Arabia Saudí e México;
  • 21.
  • 22. - o carbón foi a fonte principal dos inicios da industrialización. Segue a ser importante para a produción eléctrica nas centrais térmicas. O autoabastecemento cobre o 35% do total consumido, destacando a produción da conca asturleonesa; - gas natural é unha enerxía que aumenta progresivamente o seu consumo por ser barato, ter unha elevada capacidade calorífica e baixo nivel de contaminación. España produce o 2,5% do que consume, importando de Alxeria, Nixeria e Noruega a maior parte; - a enerxía nuclear, obtida da fisión dos átomos de uranio (xacementos en Salamanca e Badaxoz), é toda ela de produción nacional e serve fundamentalmente para a produción de electricidade. A súa produción está estancada polo perigo que representan os seus residuos; - enerxía hidráulica, a obtida das augas embalsadas que moven turbinas que xeran electricidade, é a máis abundante en España. Na produción destaca Galicia e os grandes encoros dos ríos Ebro, Douro e Teixo; - outras enerxías que aumentan lentamente a súa produción e consumo son : a solar, na que destaca a produción de Canarias, Andalucía e Baleares;
  • 23. a eólica, cunha produción en aumento especialmente en Galicia, Navarra, Aragón e Canarias; a biomasa, na que destaca a produción de Andalucía.  3.2.- Características e localización da industria A industrialización española desenvolvese con forza a partir da segunda metade do século XX debido, en gran parte, ao impulso do Estado. Entre 1977 e 1985 atravesou unha dura fase de axuste e reconversión. Na última década, experimentou un crecemento global continuado grazas a renovación e modernización que permitiu a mellora da produción en cantidade e calidade. . Pero a partir de 2008 entrou nunha nova crise. A industria española presenta hoxe as seguintes características:  Forte dependencia do exterior en materias primas, fontes de enerxía e tecnoloxía.  Importantes cambios pola incorporación das novas tecnoloxías e nos sistemas de produción (descentralización, subcontratas, produción flexible...).  Progresiva mellora da calidade dos produtos.  Aumento progresivo das exportacións  Predominio das pequenas e medianas empresas
  • 24. Redución da intervención do estado  Cambio no perfil dos traballadores, aumentando o número de técnicos e diminuíndo os manuais.  Escasos investimentos en I+D+i  Crecente preocupación polas cuestións medioambientais. En canto a localización, a industria española presenta fortes desequilibrios, cunha elevada concentración nunhas zonas –todas periféricas agás Madrid- e un gran déficit noutras. Pódense diferenciar:  As áreas históricas: Cataluña e Levante (téxtil, maquinaria, química, alimentación), País Vasco e Asturias (minaría, siderurxia, metalurxia). Madrid pode incluírse neste grupo, aínda que o seu desenvolvemento é posterior e por causas diferentes (política estatal de favorecer á capital).  Áreas de recente creación, a partir de mediados do século XX, o estímulo estatal axuda a xurdir novos focos industriais na periferia de cidades como Valladolid, Zaragoza, Sevilla, Vigo e A Coruña, entre outras.
  • 25. 3.3.- Os sectores industriais Co desenvolvemento da industria na década de 1960, España multiplicou e diversificou a súa industria de modo que, na actualidade, conta cunha gran variedade de sectores entre os que destacan:  Os sectores tradicionais: Siderurxia, localizada en Cataluña, Levante, País Vasco e Asturias; a industria naval, concentrada en grandes estaleiros (Ferrol, Vigo, Cádiz, Valencia, Bilbao). A parte da construción de barcos, momento no que hai unha forte recuperación, se lle engade as reparacións e a construción de plataformas petrolíferas; a industria téxtil do coiro e do calzado, importante en Cataluña, Andalucía e Valencia, ten que enfrontarse á competencia con menores prezos, ademais da pirataría industrial; o sector da minaría está en retroceso polo esgotamento dos mellores filóns ou en vías de extinción (carbón, cinc, piritas, mercurio...).  Os sectores máis dinámicos. Presentan boas expectativas de futuro pola calidade dos seus produtos e unha demanda en aumento.
  • 26.
  • 27. Posúen unha organización flexible e, polo xeral, contan con abundante capital estranxeiro. A maioría son industrias de bens de consumo. Destacan a industria automobilística, na que España e o 4º produtor europeo, conta cunha alta participación de capital estranxeiro e que ten as principais fábricas en Vigo (PSA Peugeot – Citroën), Valladolid (FASA – Renault), Valencia (Ford), Barcelona (SEAT); industrias alimentarias –lácteas, cárnicas, conservas, aceite, bebidas, tabaco... - están moi repartidas por toda España. A presenza de capital estranxeiro é notable xa que en seis de cada dez empresas son filiais de empresas multinacionais; industria química e farmacéutica, con múltiples actividades e empresas tanto de actividades de base (petroquímica, plásticos...) como de consumo (deterxentes, cosmética, medicamentos); téxtil e confección, un sector de gran importancia en Galicia, Cataluña e Valencia (Inditex, Mango...); o sector da edificación e das obras públicas achega case o 20% da produción industrial e da emprego ao 10% da poboación.
  • 28. 4.- Os servizos É o motor da economía, o máis importante na creación do PIB (60%), na creación de emprego (71% da poboación ocupada) e o número de empresas (arredor de 2 millóns) dedicadas ao transporte, comercio, turismo, tecnoloxías da información, inmobiliarias e de aluguer, servizos a empresas, actividades recreativas e culturais e servizos persoais. Todo isto permite falar da terciarización da economía española. 4.1.- O desenvolvemento do sector terciario O seu forte crecemento está relacionado con: - Aumento da capacidade adquisitiva dos españois - A mellora da capacitación profesional - A mellora das infraestruturas viarias (autovías, autopistas, liñas de alta velocidade...) - Aumento dos servizos públicos (educación, sanidade, asistencia) proporcionados polo Estado e as Comunidades Autónomas - Os cambios producidos nas traballadoras e traballadores da industria actual, co aumento de técnicos cualificados.
  • 29. Entre as características máis salientables están:  Máis da metade das empresas teñen menos de 2 traballadores o que indica o elevado número de negocios familiares; só 2,5% teñen máis de 20 traballadores, aínda que o seu negocio supera o 35% do total do sector.  As comunidades autónomas con maior participación no volume de negocios son Madrid e Cataluña, que suman algo máis da metade do conxunto español. 4.2.- Transportes e comunicacións  Os transportes poden realizarse por: – Estradas (9.600 km de autovías, 2.700 km de autoestradas, 170.000 de estradas principais e 510.000 de secundarias) polas que circulan uns 31 millóns de vehículos. A disposición da rede é radial, con centro en Madrid.
  • 30.
  • 31. – Ferrocarril (13.000 km de vía ancha por RENFE e 2.000 km de vía estreita por FEVE) que está modernizando as unidades e acurtando os tempos dos traxectos coas liñas de alta velocidade (AVE). O ferrocarril segue a ser un importante medio de transporte para mercadorías pesadas. – Metro, o transporte máis utilizado nas cidades que o posúen para transporte de viaxeiros: Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao. – Transporte aéreo utiliza avións e aeroportos, entre os que destacan os de Baraxas (Madrid), El Prat (Barcelona). Os que reciben máis turistas son os de Palma de Mallorca, Málaga, Gran Canaria e Tenerife. – Transporte marítimo serve, fundamentalmente para o comercio de mercadorías de gran volume co exterior. España posúe unha importante flota de mercantes e numerosos portos.  As comunicacións destacan polo auxe das novas tecnoloxías, especialmente das telecomunicacións:
  • 32.
  • 33. de comunicacións entre particulares e empresas (teléfono fixo e móbil, Fax, correo electrónico, internet) e servizo rápido de mercadorías (mensaxaría urxente). 4.3.- As actividades comerciais O comercio representa o 65% do volume de negocio do conxunto do sector servizos. España está entre os cinco primeiros países da UE por volume de negocio do comercio. A balanza comercial é deficitaria, pois son maiores as importacións que as exportacións; os ingresos por turismo e os investimentos estranxeiros compensan en parte este déficit.  O comercio interior sofre un proceso de transformación derivado, esencialmente, da instalación de grandes superficies comerciais, moitas delas filiais de multinacionais, e supermercados, que obrigan a unha reestruturación do pequeno comercio tradicional.  No comercio exterior, España intercambia o maior volume de mercadorías cos países da UE, América Latina, EE UU, Xapón e Oriente Próximo. As maiores importacións corresponden a petróleo, gas natural e produtos industriais de alta tecnoloxía.
  • 34. Nas exportacións destacan os produtos agrarios, o sector automobilístico e produtos semielaborados. 4.4.- O turismo España é un dos primeiros países do mundo en número de turistas, atraídos polo sol e as praias, as paisaxes naturais, e a riqueza e variedade da oferta cultural. É unha actividade que dá emprego a miles de españois e de estranxeiros. Os aloxamentos turísticos poden ser hoteis (uns 17.000 que ofertan 1.600.000 prazas), apartamentos (130.000 con capacidade para 500.000 persoas, cámpings, aloxamentos de turismo rural, etc.  O turismo tradicional en España é o que busca sol e praia. Os destinos favoritos dos españois son Canarias, Andalucía, Cataluña e a Comunidade Valenciana. Os dos estranxeiros –ingleses, alemáns, franceses- son as Baleares, Canarias, a Costa do Sol malagueña e a Costa Brava catalá. É un turismo masivo que ten fortes efectos medioambientais (excesiva urbanización, elevado consumo de auga, densidade de tráfico...).
  • 35.
  • 36. Outras modalidades turísticas: o turismo rural, que potencia vivir uns días de ocio en contacto coa natureza e as xentes do mundo rural; o de balnearios, unha modalidade que recobra importancia como medicina alternativa; o deportivo, que ofrece múltiples variantes, desde o golf aos deportes de neve; o cultural e historiográfico, que trata de atraer turistas mediante o deseño de programas musicais, de teatro, danza, exposicións, circuítos que inclúen visitas a centros históricos e artísticos. 5.- Os desequilibrios territoriais O desenvolvemento económico actual mantén un dos trazos característicos dos inicios da industrialización, é dicir, os fortes contrastes rexionais, que tratan de paliarse mediante políticas oficiais destinadas a corrixilos.
  • 37. 5.1.- Os contrastes entre comunidades autónomas  Comunidades máis desenvolvidas, nas que se inclúen os territorios industrializados inicialmente (Cataluña, País Vasco). Madrid, beneficiada por unha política económica que fixo da súa área metropolitana un importante foco industrial e de servizos. Comunidades de desenvolvemento máis recente como Navarra, que lidera hoxe o crecemento económico por comunidades autónomas, ben situada xeograficamente no corredor do Ebro, onde tamén se sitúa A Rioxa. Baleares, grazas á achega do sector servizos.  Comunidades de desenvolvemento medio, un grupo formado por Valencia, Murcia, Asturias, e Cantabria, unha no interior –Castela e León- e o arquipélago de Canarias.  Comunidades de baixo desenvolvemento, formado por dúas comunidades situadas na periferia – Andalucía e Galicia- e outras dúas no interior –Castela A Mancha e Estremadura.
  • 38. Estes contrastes veñen de antigo, intensificándose coa industrialización do século XIX e hoxe son apreciables en datos como: a poboación (con densidades moito menores as menos desenvolvidas e cunha poboación moito máis envellecida); os sectores económicos (mentres que en Madrid e no País Vasco o sector agrario achega só o 1% do PIB, en Andalucía e Estremadura alcanza o 14%); a porcentaxe de empresas en relación á poboación, onde se aprecia claramente a disparidade entre comunidades tradicionalmente agrarias que manteñen índices de desenvolvemento menor. 5.2.- Medidas correctoras dos desequilibrios Co obxecto de aproximar os valores económicos das comunidades autónomas e da calidade de vida dos seus habitantes, os diferentes gobernos puxeron en práctica políticas correctoras. Entre as medidas adoptadas destacaron a creación dos Polos de Desenvolvemento nos anos sesenta, Axencias de Desenvolvemento Rexional (1980), os fondos procedentes da UE (FEDER, FEOGA, FEP, FSE...).