2. O crudo inverno esmorece coa agradable chegada da primavera e a brisa do oeste.
Xa Venus Citerea rexe o concerto de danzas á luz da lúa e as Gracias coas Ninfas
baten a terra con pé rítmico. É a hora de coroar a cabeza de mirto e flores.
A pálida morte pisa co mesmo pé as chozas dos pobres e os palacios dos ricos. A
teima da vida breve néganos toda esperanza.
(Adaptación de Horacio, Odas, 1,4 )
Winterhalter, Franz Xaver 1805-1873
3. Astronomicamente, comeza co equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21
de marzo) no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de septembro no
hemisferio sur), e remata co solsticio de verán (polo 21 de xuño) no
hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur).
4. O comezo da Primavera, é momento de preparar a terra e sementar a maioría
dos cultivos básicos para aproveitar a chegada próxima das chuvias; prántanse
tamén unha grande variedade de árbores frutais, de hortalizas e legumes
Les Très Riches Heures du Duc de Berry
5. Pracer de homes e deuses, alma Venus: debaixo da bóveda do ceo
multiplicas os peixes do mar e fecundas as terras frutíferas; grazas a
ti todo animal é concibido. Cando ti chegas, foxen os nubrados,
dáche suaves flores a terra, as chairas do mar contigo rin, e brilla con
luz intensa o claro ceo.
Na hora que a galana primavera descobre a súa face e o Favonio
desatado robustece o seu fecundo alento as lixeiras aves cantan a
túa benvida, deusa, porque co amor traspasaches os seus peitos: por
alegres prados retozan os gandos acesos, prendidos do feitizo das
túas grazas morren todos os seres por seguirte cara a onde queres
conducilos, deusa.
Nos mares e nas serras, nos bosques frondosos das aves, no medio dos
ríos desbordados e dos campos que verdecen, enchendo os seus
peitos de brando amor, fas que as especies se propaguen.
Soberana da natureza, non hai sen ti contento nin beleza.
LUCRECIO, Da natureza das cousas. 1, 1 e ss.
6. Na mentalidade popular o mes de maio é concebido como o mes do
esplendor da vexetación, o mes das festas e o mes amoroso por excelencia.
vexetación
O tres elementos, vexetación, festas e amor confúndense e
compleméntanse.
Les Très Riches Heures du Duc de Berry
7.
8. Amado por Cibeles, castrouse e morreu polos celos da deusa. Deus
frixio da vexetación, espírito da árbore. A súa orixe explícase no mito
así: a parte amputada de Cibele para conferir a esta exclusivamente o
sexo feminino fixo nacer un amendoeira; Nana, filla do río Sangario,
cautivada polas beleza das súas flores, colleu unha delas e colocouna
no seu seo. A flor desapareceu e Nana quedou preñada. Ó nacer Attis
é abandonado nun río e recollido por Cibeles, signo de estar
predestinado para algo grandioso. O núcleo do mito é a narración da
morte e a resurrección.
9. É unha deusa – nai, que encarna as enerxías da terra,
ligada ós fenómenos da vexetación. É señora dos
animais. Reviste valores de fecundidade. O seu culto
chega a Roma o 204 a.C, despois das guerras contra
Aníbal.
Música:Stan Getz/Astrud Gilberto. Is Might as Well be Spring
10. 22 de Marzo: Primeiro día das festas de Cibeles
CERIMONIA DA ÁRBORE:
Tállase un piñeiro do bosque que é trasladado ao santuario de Cibeles por
unha congregación de porteadores de árbores. A árbore vai adornada con
guirnaldas e violetas, nacidas do sangue de Attis, para conmemorar a súa
morte e castración debaixo dun pino. Os fieis da deusa comenzan días de
xexún.
11. Cibeles
24 de Marzo: Día do Sangue. Castración colectiva.
O Archigallo ou gran sacerdote presentaba o seu sangue como unha ofrenda. Ó
estalo dos címbalos, ó redoble dos tambores e ó son de trompetas e flautas danzan
frenéticos os sacerdotes novicios, que ese día se castran colectivamente cun coitelo
de pedernal para salpicar co seu sangue a árbore sagrada e o altar. Despois lanzaban
as partes mutiladas contra o altar da deusa Cibeles e enterrábanse como chamada a
resurrección de Attis e aArchigallo
natureza.
12. 25 de Marzo: Resurrección de Attis. Festa Hilaria ou Día
da alegría.
Este día é considerado como equinoccio de primavera. Dentro da festividade
de Attis, coas primeiras luces deste día, o Archigalo anunciaba a resurrección
do deus e a esperanza da salvación para os seus iniciados, despois do cal os
fieis estalaban en violentas manifestacións de xúbilo.
A xente viste cos máis variopintos disfraces nunha especie de carnaval.
Mentres, os iniciados pertencentes á secta Cibeles inician unha cerimonia de
renacemento e remisión dos pecados no santuario da Deusa, situado na
cidade de Roma, sobre a colina Vaticana, actual emprazamento da basílica
de San Pedro.
)
Meynier Charles (1768-1832
13. 27 de Marzo: Festival de exaltación de Cibeles
Finalizaba esta festividade cunha procesión na que a imaxe en planta da
Deusa, coa súa cara tallada en pedra negra, era conducida nun carro de
prata ata o río Almo, onde se bañaba. O sacerdote, vestido de púrpura,
o color da Deusa, lava a imaxe e demais obxectos sagrados. Con este rito
aseguraban a chuvia e a fertilidade dos campos.
Callet Antoine-François (1741-1823 )