EXPRESIÓNS LATINAS (3º trimestre)
IN ALBIS Significado literal en latín e uso actual: “ En branco ” [Estado mental]
IN EXTREMIS Significado literal en latín e uso actual: “ No último momento ”
IN FLAGRANTI DELICTO Significado literal en latín e uso actual: “ En flagrante delito”, “No momenro de cometer un delito”
IN SITV Significado literal en latín e uso actual: “ No sitio mesmo”, “No lugar”
IPSO FACTO Significado literal en latín:  “ No mesmo feito” Uso actual: “ Inmediatamente”
LAPSVS LINGVAE Significado literal en latín:  “ Erro de lingua” Uso actual: Empregámola se nos referimos a un erro cometid...
MARE MAGNVM Significado literal en latín:  “ Mar grande” Uso actual: Conxunto confuso e desordeado. Escrito todo xunto con...
AD LIBITVM Significado literal en latín e uso actual: “ A gusto”, “Como se queira” Adóitase empregar en partituras musicai...
ALEA IACTA EST Significado literal en latín e uso actual:  “ Lanzáronse os dados”, isto é, “A sorte está botada” Pronuncio...
ANTE MERIDIEM (A.M.) / POST MERIDIEM (P.M.) Significado literal en latín e uso actual: “ Antes do mediodía / Despois do me...
SINE DIE Significado literal en latín  “ Sen día” Uso actual Emprégase cando se fala dun aprazamento (dun xuízo, por exemp...
PLVS VLTRA Significado literal en latín: “ Máis alá” Uso actual: É típico de nomes de vehículos ou axencias de transporte ...
PLVS VLTRA  é un lema que aparece no escudo español abrazando as columnas laterais, que simbolizan o estreito de Xibraltar...
CONDITIO SINE QVA NON Significado literal en latín e uso actual:  “ Condición sen a cal non” Con este aforismo aludimos a ...
QVORVM Significado literal en latín: “ Cuxa (presencia abonda)” Uso actual: Trátase do número mínimo de participantes nunh...
STATVS QVO Significado literal en latín: “ Estado no que” Uso actual: “ Estado de cousas”. Moi empregada en contextos de p...
SVPERAVIT Significado literal en latín  “ Sobrou” Uso actual Nun balance económico, expresión para designar as ganancias
VALE Significado literal en latín e uso actual:  “ Que sigas ben”, “Adeus” É o imperativo do verbo latino  valeo  (“estar ...
VOX POPVLI Significado literal en latín: “ Voz do pobo” Uso actual: A expresión completa era  Vox populi, vox Dei : “A voz...
HONORIS CAVSA Significado literal en latín  “ Por causa de honra” Uso actual Doutor honoris causa  é un título honorífico ...
CVM LAVDE Significado literal en latín  “ Con louvanza” Uso actual Apto cum laude  é a calificación que se adoita outorgar...
EX AEQVO Significado literal en latín: “ Por igual” Uso actual: Indica un empate na concesión dun premio deportivo ou dout...
PER CAPITA Significado literal en latín: “ Por cabezas” Uso actual: Obsérvase en balances económicos, en expresión como “r...
VICE VERSA Significado literal en latín e uso actual: “ Ao revés”, “En orde inversa” Empregada nunha enumeración de dous m...
REQVIEM Significado literal en latín  “ Descanso” Uso actual Na liturxia cristiá, misa funeral
VRBI ET ORBI Significado literal en latín  “ Para a cidade (Roma) e para o mundo” Uso actual Bendición impartida polo Papa...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

ExpresióNs Latinas 3º Trimestre

3.185 visualizaciones

Publicado el

Lista comentada de expresións latinas correspondentes ó 3º trimestre

0 comentarios
1 recomendación
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
3.185
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
2.090
Acciones
Compartido
0
Descargas
24
Comentarios
0
Recomendaciones
1
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

ExpresióNs Latinas 3º Trimestre

  1. 1. EXPRESIÓNS LATINAS (3º trimestre)
  2. 2. IN ALBIS Significado literal en latín e uso actual: “ En branco ” [Estado mental]
  3. 3. IN EXTREMIS Significado literal en latín e uso actual: “ No último momento ”
  4. 4. IN FLAGRANTI DELICTO Significado literal en latín e uso actual: “ En flagrante delito”, “No momenro de cometer un delito”
  5. 5. IN SITV Significado literal en latín e uso actual: “ No sitio mesmo”, “No lugar”
  6. 6. IPSO FACTO Significado literal en latín: “ No mesmo feito” Uso actual: “ Inmediatamente”
  7. 7. LAPSVS LINGVAE Significado literal en latín: “ Erro de lingua” Uso actual: Empregámola se nos referimos a un erro cometido ao falarmos. É moito máis cotiá na forma abreviada “lapsus”. Para as equivocacións na escrita existe a expresión “lapsus calami” (“erro de pluma”)
  8. 8. MARE MAGNVM Significado literal en latín: “ Mar grande” Uso actual: Conxunto confuso e desordeado. Escrito todo xunto considérase sustantivo e leva til: “maremágnum”
  9. 9. AD LIBITVM Significado literal en latín e uso actual: “ A gusto”, “Como se queira” Adóitase empregar en partituras musicais, para indicar que unha pasaxe se pode interpretar ao gusto de cadaquén. Tamén ten un uso máis xeral.
  10. 10. ALEA IACTA EST Significado literal en latín e uso actual: “ Lanzáronse os dados”, isto é, “A sorte está botada” Pronunciouna Xulio César ó cruzar co seu exército o río Rubicón, no norte de Italia, o 13 de xaneiro do 49 a.C.; isto enfrontábao ao Senado, que, ao enviar un exército contra el, desencadeou unha guerra civil. Ven equivalendo ao noso “Que sexa o que Deus queira”
  11. 11. ANTE MERIDIEM (A.M.) / POST MERIDIEM (P.M.) Significado literal en latín e uso actual: “ Antes do mediodía / Despois do mediodía” Moi empregadas nas súas abreviaturas para a expresión das horas. ¡Ollo! Moita xente pensa que son de orixe inglesa.
  12. 12. SINE DIE Significado literal en latín “ Sen día” Uso actual Emprégase cando se fala dun aprazamento (dun xuízo, por exemplo) sen que se fixe unha data concreta para reanudalo.
  13. 13. PLVS VLTRA Significado literal en latín: “ Máis alá” Uso actual: É típico de nomes de vehículos ou axencias de transporte e viaxes. Mais tamén tén unha historia curiosa…
  14. 14. PLVS VLTRA é un lema que aparece no escudo español abrazando as columnas laterais, que simbolizan o estreito de Xibraltar (segundo a mitoloxía grecorromana, “columnas de Hércules”): fíxate na base mariña dos dous piares. Antigamente, o que se lía era NON PLVS VLTRA , lenda que aludía á inexistencia de terra alén do Atlántico. O descubrimento de Colón, por conta do reino de Castela, do continente americano, fixo necesaria unha leve rectificación para adecuar o escudo á nova realidade xeográfica
  15. 15. CONDITIO SINE QVA NON Significado literal en latín e uso actual: “ Condición sen a cal non” Con este aforismo aludimos a unha condición indispensable para que algo se cumpra
  16. 16. QVORVM Significado literal en latín: “ Cuxa (presencia abonda)” Uso actual: Trátase do número mínimo de participantes nunha reunión necesario para que esta se poda celebrar e sexa quen de tomar acordos válidos. É cotián fixalo na metade máis un do total
  17. 17. STATVS QVO Significado literal en latín: “ Estado no que” Uso actual: “ Estado de cousas”. Moi empregada en contextos de política e estudios de Historia, p. ex.
  18. 18. SVPERAVIT Significado literal en latín “ Sobrou” Uso actual Nun balance económico, expresión para designar as ganancias
  19. 19. VALE Significado literal en latín e uso actual: “ Que sigas ben”, “Adeus” É o imperativo do verbo latino valeo (“estar ben de saúde”), cuxo significado se fixo máis xeral: “estar ben”. En latín empregábase como fórmula de despedida
  20. 20. VOX POPVLI Significado literal en latín: “ Voz do pobo” Uso actual: A expresión completa era Vox populi, vox Dei : “A voz do pobo (é) a voz de Deus”. Pretende que nos rumores sempre hai verdade. Hai refráns galegos en casteláns equivalentes: “Cando o galo cacarexa, algo pasa na eira”; “Cuando el río suena, agua lleva”
  21. 21. HONORIS CAVSA Significado literal en latín “ Por causa de honra” Uso actual Doutor honoris causa é un título honorífico que as Universidades adoitan conceder a persoas destacadas en calquera ámbito das actividades humanas
  22. 22. CVM LAVDE Significado literal en latín “ Con louvanza” Uso actual Apto cum laude é a calificación que se adoita outorgar a unha tese doutoral
  23. 23. EX AEQVO Significado literal en latín: “ Por igual” Uso actual: Indica un empate na concesión dun premio deportivo ou doutro tipo
  24. 24. PER CAPITA Significado literal en latín: “ Por cabezas” Uso actual: Obsérvase en balances económicos, en expresión como “renda per capi ta”, “PIB per capita” e outras do mesmo estilo
  25. 25. VICE VERSA Significado literal en latín e uso actual: “ Ao revés”, “En orde inversa” Empregada nunha enumeración de dous membros para indicar a orde contraria á que se expresou nun primeiro momento. Escríbese unido: viceversa
  26. 26. REQVIEM Significado literal en latín “ Descanso” Uso actual Na liturxia cristiá, misa funeral
  27. 27. VRBI ET ORBI Significado literal en latín “ Para a cidade (Roma) e para o mundo” Uso actual Bendición impartida polo Papa desde o Vaticano o 25 de decembro e o Domingo de Pascua

×