LECTURAS RECOMENDADAS POLO DEPARTAMENTO DE LATÍN (IES FONTEXERÍA)
4º ESO 1º & 2º BAC Calquera dos máis de 30 álbumes desta serie creada en 1959 polos franceses René Goscinny e Albert Uderz...
4º ESO 1º & 2º BAC É certo: as aventuras de Harry Potter non suceden en Roma, mais hai abondosas referencias ó latín nos n...
4º ESO 1º & 2º BAC Corrupción, avances tecnolóxicos, investigación científica, e tamén amor, danse cita nesta novela de Ro...
4º ESO 1º & 2º BAC Un curioso sabio romano viaxa a Xudea arredor do cambio de era coa intención de seguir un tratamento nu...
4º ESO 1º & 2º BAC Un xeito lixeiro de tomar contacto coa historia da Antiga Roma, partindo dun concepto que está na conci...
4º ESO 1º & 2º BAC Enfocado como unha guía turística actual, este libro pódese ler como unhas instruccións para calquera q...
4º ESO 1º & 2º BAC Todo un  best-seller  en Italia, este libro de Alberto Angela propónnos unha viaxe á Roma do ano 115 d....
4º ESO 1º & 2º BAC Como diciamos, existe o tópico de que a sociedade da Antiga Roma estaba dominada por unha búsqueda dese...
4º ESO 1º & 2º BAC Manfredi, coñecido no mundo literario polas súas novelas históricas sobre Alexandre Magno, compón agora...
1º & 2º BAC Isaac Asimov fíxose famoso polo seu labor como divulgador de coñecementos científicos e como escritor de cienc...
1º & 2º BAC De novo unha historia que acontece nos días finais da cidade de Pompeia, aínda que neste caso domina a escena ...
1º & 2º BAC Robert Harris segue a aproveitar a historia de Roma para escribir relatos tendo moi presente os sucesos reais ...
1º & 2º BAC O británico Robert Graves imaxinou unhas memorias do Emperador Claudio nas que o protagonista relata o acontec...
2º BAC Marguerite Yourcenar invade a mente do Emperador Hadriano, home de fonda formación filosófica, para reflexionar sob...
Non esquezas nunca que a lectura é un dos praceres máis duradeiros e intensos (si: aínda que non o creas) que podes experi...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Lecturas recomendadas Latín

973 visualizaciones

Publicado el

Conxunto de lecturas recomendadas polo Departamento de Latín do IES Fontexería (Muros-A Coruña-Galicia-España)

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
973
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
136
Acciones
Compartido
0
Descargas
3
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Lecturas recomendadas Latín

  1. 1. LECTURAS RECOMENDADAS POLO DEPARTAMENTO DE LATÍN (IES FONTEXERÍA)
  2. 2. 4º ESO 1º & 2º BAC Calquera dos máis de 30 álbumes desta serie creada en 1959 polos franceses René Goscinny e Albert Uderzo constitúe un divertido xeito de achegármonos ó mundo romano. Publicados, en galego e castelán, na editorial SALVAT
  3. 3. 4º ESO 1º & 2º BAC É certo: as aventuras de Harry Potter non suceden en Roma, mais hai abondosas referencias ó latín nos nomes dos personaxes e nos esconxuros que enchen este mundo de magos saído do maxín de J. K. Rowling Traducción ó galego: editorial GALAXIA Traducción ó castelán: editorial SALAMANDRA
  4. 4. 4º ESO 1º & 2º BAC Corrupción, avances tecnolóxicos, investigación científica, e tamén amor, danse cita nesta novela de Robert Harris, ambientada nas derradeiras horas da cidade antes de ser seputada pola erupción do volcán Vesubio o 24 de agosto de 79 d.C. Publicado en castelán na editorial RANDOM HOUSE MONDADORI
  5. 5. 4º ESO 1º & 2º BAC Un curioso sabio romano viaxa a Xudea arredor do cambio de era coa intención de seguir un tratamento nun balneario (pois padece unha molesta doenza). No pobo de Nazaret coñecerá a un rapaz cuxo pai, carpinteiro, está acusado de asasinato. Convencido polo neno para que axude ó seu pai, axudará a resolver o caso. Humor e intriga para esta noveliña de Eduardo Mendoza Publicado en castelán na editorial SEIX BARRAL
  6. 6. 4º ESO 1º & 2º BAC Un xeito lixeiro de tomar contacto coa historia da Antiga Roma, partindo dun concepto que está na conciencia de moita xente na actualidade: que os romanos eran, supostamente, algo tolos e bastante depravados (cousa que motivou, por certo, a súa ruína). Idea, como todas as simples, falsas, pero que non impide sorrir, sobre todo se está expresada con retranca, como neste libro Publicado en castelán na editorial MOLINO
  7. 7. 4º ESO 1º & 2º BAC Enfocado como unha guía turística actual, este libro pódese ler como unhas instruccións para calquera que viaxase á Cidade Eterna arredor do ano 300 d.C., no momento do seu máximo esplendor arquitectónico. Por suposto, tamén nos falan dos costumes romanos, unha información útil para calquera visitante Publicado en castelán na editorial OCÉANO
  8. 8. 4º ESO 1º & 2º BAC Todo un best-seller en Italia, este libro de Alberto Angela propónnos unha viaxe á Roma do ano 115 d.C. durante un día: desde o amencer ata ben entrada a noite, descubrimos como pasaban o tempo os antigos romanos, tanto no aspecto público como no privado Publicado en castelán na editorial LA ESFERA DE LOS LIBROS
  9. 9. 4º ESO 1º & 2º BAC Como diciamos, existe o tópico de que a sociedade da Antiga Roma estaba dominada por unha búsqueda desenfreada do pracer. En Los placeres en Roma , Jean-Noël Robert aborda con rigor o tema, mais sen resultar aburrido. En fin, un libro sobre o ocio para o teu tempo de ocio Publicado en castelán na editorial EDAF
  10. 10. 4º ESO 1º & 2º BAC Manfredi, coñecido no mundo literario polas súas novelas históricas sobre Alexandre Magno, compón agora unha ficción sobre un dos acontecementos capitais da historia romana: o asasinato de Xullo César (sentimos desvear o final, pero o máis interesante acontece antes) Publicado en castelán na editorial GRIJALBO
  11. 11. 1º & 2º BAC Isaac Asimov fíxose famoso polo seu labor como divulgador de coñecementos científicos e como escritor de ciencia-ficción, pero tamén escribíu libros sobre a Historia da Humanidade. Os dous volumes sobre Roma serven para achegarse á súa historia con amenidade Publicados en castelán en ALIANZA EDITORIAL
  12. 12. 1º & 2º BAC De novo unha historia que acontece nos días finais da cidade de Pompeia, aínda que neste caso domina a escena unha historia de amor tipicamente romántica Publicado en castelán na editorial PLANETA
  13. 13. 1º & 2º BAC Robert Harris segue a aproveitar a historia de Roma para escribir relatos tendo moi presente os sucesos reais (ou polo menos, o que nos contan os antigos). Neste caso, trátase das manobras políticas de Marco Tulio Cicerón (avogado, político e escritor do que conservamos moitas obras). Todo un retrato das ambicións dos protagonistas dos derradeiros anos da República romana Publicado en castelán na editorial RANDOM HOUSE MONDADORI
  14. 14. 1º & 2º BAC O británico Robert Graves imaxinou unhas memorias do Emperador Claudio nas que o protagonista relata o acontecido dentro da dinastía Xulia-Claudia. Intrigas, asasinatos, mentiras e ambicións persoais desmesuradas. Nos anos 70, a BBC non resistíu a tentación de facer unha adaptación televisiva Publicados en castelán nas editoriais EDHASA e ALIANZA
  15. 15. 2º BAC Marguerite Yourcenar invade a mente do Emperador Hadriano, home de fonda formación filosófica, para reflexionar sobre a traxectoria vital dun home que tivo o poder absoluto e que intentou empregalo para o que el entendía que era o ben. Publicado en castelán na editorial EDHASA
  16. 16. Non esquezas nunca que a lectura é un dos praceres máis duradeiros e intensos (si: aínda que non o creas) que podes experimentar. Se te deixas enganchar, esta droga vaite acompañar durante toda a túa vida e permitirache ampliar a túa mirada sobre o mundo. Pódesme crer: estacho a dicir un libroadicto incurable

×