LINGVAE LATINAE HISTORIA
Como podes apreciar neste mapa, no s. III a.C., cando Roma xa era unha potencia militar con dominio sobre a península itál...
Segundo os arqueólogos, esa diversidade pódese explicar por diversas migracións continuadas de pobos indoeuropeos desde Eu...
Como viches no primeiro mapa, as falas latinas ocupaban un territorio reducido, comparadas co grupo de linguas osco-umbras...
A etiqueta de “latín” (e non “romano”) dános unha denominación de orixe: era a lingua de todo o Lacio, no que Roma era en ...
Mesmo dentro dunha mesma clase social, os individuos non se expresan igual nun ambiente familiar ou de festa que nun conte...
Linguas iberorromances Galego e portugués son hoxe dous idiomas pertencentes a dous estados distintos, aínda que a procede...
Galorromance: Francés Francoprovenzal O francés estándar procede da variedade de París, que se impuxo, por prestixio e lex...
Linguas occitanas Linguas retorrománicas OCCITANO: As falas occitanas ou  linguas de oc  (“si” neses idiomas) ocupan unha ...
Romanés Sardo Italiano Existen máis de 200 variantes desta lingua, como o napolitano, o ligur, o calabrés… O estándar fois...
Lingua Latina in schola Conforme o poder de Roma foi medrando en extensión e prestixio, o latín foi tamén avanzando como v...
Ese prestixio fixo que, a pesar da caída de Roma, os reinos europeos que a sucederon na parte occidental adoptasen a herda...
VARIEDADE DIACRÓNICA: VARIEDADE DIASTRÁTICA: VARIEDADE DIAFÁSICA: VARIEDADE DIATÓPICA: s. II a.C.-II d.C. Clase social alt...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Linguae Latinae Historia

1.468 visualizaciones

Publicado el

Historia do latín desde as súas orixes ata as linguas romances

Publicado en: Educación, Tecnología
2 comentarios
1 recomendación
Estadísticas
Notas
Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
1.468
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
30
Acciones
Compartido
0
Descargas
17
Comentarios
2
Recomendaciones
1
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Linguae Latinae Historia

  1. 1. LINGVAE LATINAE HISTORIA
  2. 2. Como podes apreciar neste mapa, no s. III a.C., cando Roma xa era unha potencia militar con dominio sobre a península itálica, aínda se falaban nesta unha gran variedade de linguas, tanto indoeuropeas como alleas a esta familia. De entre as primeiras, ¿cales che parecen as máis extendidas? ¿E entre as non indoeuropeas? Linguas itálicas e veciñas cara o 250 a.C.
  3. 3. Segundo os arqueólogos, esa diversidade pódese explicar por diversas migracións continuadas de pobos indoeuropeos desde Europa Central cara Italia durante as súas Idades do Bronce e do Ferro. O seu rasgo común son os enterramentos de cinzas en urnas, tanto na cultura das terramaras (s. XV a.C.) como na de Villanova (s. XIII a.C.). Ademais, a primeira delas configura os seus poboados dun xeito tentadoramente similar ós posteriores campamentos romanos Reconstrucción hipotética dun poboado da cultura das terramaras Zona orixinaria da Cultura dos Campos de Urnas, probable antecesora das terramaras Urna cineraria
  4. 4. Como viches no primeiro mapa, as falas latinas ocupaban un territorio reducido, comparadas co grupo de linguas osco-umbras. Mais o proceso expansivo que Roma leva a cabo desde o s. VI a.C. vaina levar, en apenas 250 anos, a dominar toda a península italiana e as illas adxacentes. A lingua latina recibe así influencias das falas veciñas, entre elas o sabino, do grupo osco-umbro, e o etrusco, lingua de procedencia insegura, xa que as inscricións que o conservan non están ben descifradas aínda. Sabinos e etruscos foron protagonistas na amalgama de pobos que deu como resultado Roma Os pobos itálicos asumiron pouco a pouco a lingua de Roma, aínda que esta non os obrigou coa violencia: o funcionamento da administración romana reduciu as falas locais ó ámbito familiar, como sustrato, ata desapareceren. Só as podemos coñecer gracias a un certo número de inscricións, como a da esquerda, que recolle un ritual relixioso en umbro. Na toponimia dalgunhas rexións italianas actuais queda a memoria destes pobos: Toscana, Umbría e Liguria, p. ex. Ubicación dos pobos que deron orixe a Roma Fragmento das Táboas Iguvinas
  5. 5. A etiqueta de “latín” (e non “romano”) dános unha denominación de orixe: era a lingua de todo o Lacio, no que Roma era en principio unha vila máis. Coa súa expansión territorial, o latín desenvolveu unha serie de variantes de uso que debemos diferenciar ben para saber qué latín imos estudiar. A Lingüística adoita establecer esas variedades arredor de catro eixos que, aplicados ó latín, resultan como segue: Como xa sabes, ningunha lingua permanece igual a si mesma durante o tempo da súa existencia. Sen ter en conta o latín científico, este idioma serviu como sistema de comunicación para colectivos moi amplos, como mínimo desde o s. VII a. C. ata o VI-VII d.C. Xa que logo, falamos de máis de 1.000 anos. É evidente que houbo cambios, que nos permiten distinguir fases, igual que na historia do galego e o castelán As desigualdades sociais sempre provocan diferencias de formación entre os individuos, que eran máis acusadas a Antigüidade, ó non existir un sistema de educación universal. Así, a lingua dos estratos máis baixos da sociedade diverxía en maior ou menor medida da das clases altas, fenómeno que aínda podes comprobar na actualidade Variantes diacrónicas Variantes diastráticas
  6. 6. Mesmo dentro dunha mesma clase social, os individuos non se expresan igual nun ambiente familiar ou de festa que nun contexto máis formal. Esas diferencias de “tono” forman parte da nosa educación social, e todo o mundo se adapta a elas, moitas veces de xeito inconsciente Calquera lingua que vai ampliando o seu territorio cara o doutros idiomas experimenta un conxunto de influencias, máis visibles sobre a súa fonética e o seu léxico. Este feito, entre outros provoca que nas diversas comarcas vaian aparecendo formas distintas de falar a mesma lingua. Se o proceso se agudiza, aparecen falas novas, sen intercomprensión coa orixinal. No caso do latín, son as LINGUAS ROMANCES, que veremos a seguir Variantes diafásicas Variantes diatópicas
  7. 7. Linguas iberorromances Galego e portugués son hoxe dous idiomas pertencentes a dous estados distintos, aínda que a procedencia do latín é única para os dous 1ª noticia: s. XII Nº falantes: 2,7 millóns (galego) e 230 millóns (portugués) O castelán ou español é a segunda lingua máis falada no mundo debido sobre todo á colonización de América, polo que presenta abondosas variantes 1ª noticia: s. IX Nº falantes: 450-500 millóns Desde a Idade Media falábanse na metade norte da península unha serie de romances chamados asturleoneses. O de máis presencia hoxe é o bable, que data do s. X e que conta con 450.000 falantes en Asturias. Tamén perviven o leonés, o cántabro e, en Portugal, o mirandés. Doutro subgrupo son o aragonés (10.000 falantes) e o mozárabe (extinguido) Mio sîdî ïbrâhîm yâ tú uemme dolge fente mib de nohte in non si non keris irey-me tib gari-me a ob legar-te
  8. 8. Galorromance: Francés Francoprovenzal O francés estándar procede da variedade de París, que se impuxo, por prestixio e lexislación, ás outras falas romances da antiga Galia. Co imperio colonial francés expandiuse a varios continentes. Entre as variantes diversas do estándar destaca o valón, por ser lingua oficial en Bélxica. Recoñécese tamén certa personalidade diferenciada ó francés de Suiza (no acento) ó francés de Canadá e algunhas falas rexionais de Picardía e Normandía, no norte de Francia 1ª noticia: s. IX Nº de falantes: 100-190 millóns Chámaselle tamén arpitano. Fálase nalgunhas rexións alpinas de Francia, Suiza e Italia. O seu territorio é moi escaso debido á presión de dúas potentes linguas romances (francés e italiano) e unha xermánica (o alemán) 1ª noticia: s. XIII Nº de falantes: 77.000 aproximadamente
  9. 9. Linguas occitanas Linguas retorrománicas OCCITANO: As falas occitanas ou linguas de oc (“si” neses idiomas) ocupan unha ampla rexión do sur de Francia. A máis coñecida é o provenzal, sobre todo polo amplo cultivo literario que tivo na Idade Media. En España temos o aranés, lingua cooficial xunto ó catalán e ó castelán no Val de Arán (Lérida): conta con a penas 3.000 falantes. 1ª noticia: s. X Nº de falantes: 2 millóns, aproximadamente <ul><li>As linguas deste subconxunto ocupan estes territorios: </li></ul><ul><li>pequenas áreas do sur de Suiza: os dialectos romanches, en perigo de desaparición, aínda que unha variedade estándar está recoñecida como lingua oficial. Contan só con 38.000 falantes </li></ul><ul><li>- Norte de Italia: ladino e friulano, dos que este último goza de protección oficial na rexión italiana do Friuli. Entre os dous suman máis ou menos 700.000 falantes, dos que máis de 600.000 pertencen ó friulano. </li></ul>CATALÁN: A pesar de que por xeografía se pode incluir no grupo iberorromance, parece que con criterios filolóxicos debemos adscribila ó subconxunto occitano. Fálase actualmente nas comunidades españolas de Cataluña, Valencia (onde se denomina valenciano) e Baleares, así como no Rosellón francés e na comarca de Alguer, en Sardeña. 1ª noticia: s. X Nº de falantes: 7,7 millóns
  10. 10. Romanés Sardo Italiano Existen máis de 200 variantes desta lingua, como o napolitano, o ligur, o calabrés… O estándar foise establecendo desde o s. XIII, gracias ó prestixio do poeta Dante, a partir da fala toscana 1ª noticia: s. IX Nº de falantes: entre 70 e 125 millóns, contando con Suiza e a emigración O sardo é a lingua romance menos evolucionada desde o latín, aínda que manifesta influencias de superestrato do catalán e do castelán 1ª noticia: s. XI Nº de falantes: algo máis dun millón É a evolución do latín na deradeira provincia incorporada ó Imperio: a Dacia. Non ten contacto xeográfico directo con ningunha outra lingua romance: está rodeada por linguas eslavas, que influíron no seu léxico 1ª noticia: s. XII Nº de falantes: 22 millóns en Rumanía e 6 máis entre Moldavia, a Voivodina e a emigración Parece que o dálmata, un romance da costa da antiga Xugoslavia extinto no s. XIX, ten algunha relación directa co rumano Tuota nuester, che te sante intel sil, sait santificuot el naun to. Vigna el raigno to.
  11. 11. Lingua Latina in schola Conforme o poder de Roma foi medrando en extensión e prestixio, o latín foi tamén avanzando como vehículo cultural. O seu cultivo literario, baseado en modelos gregos, foi moi amplo: así converteuse nun idioma traballado por grandes creadores, que o levaron a unha altura artística da que depende directamente o resto da literatura occidental, pois os autores latinos foron un espello no que se miraron os literatos europeos, desde a Idade Media ata a actualidade
  12. 12. Ese prestixio fixo que, a pesar da caída de Roma, os reinos europeos que a sucederon na parte occidental adoptasen a herdanza romana e o latín como lingua de cultura. Por iso este idioma estivo sempre presente na educación de moitas xeracións de europeos, que estudiaron moi polo miúdo a Cicerón, Virxilio, Horacio, Ovidio… Mais cómpre ter presente que o latín da escola, mesmo hoxe en día, baséase no coñecemento dun rexistro de lingua moi concreto: o idioma literario das clases sociais altas (unha minoría de individuos), destinado a unha intensa elaboración artística. Desta lingua non proceden as linguas romances ; estas son o resultado da evolución do latín popular , a cotío chamado vulgar, que era o falado pola inmensa maioría da poboación do Imperio na súa zona occidental. Así, o latín literario adóitase dividir nas seguintes fases históricas: LATÍN ARCAICO: VIII-II a.C. LATÍN CLÁSICO: II a. C.-II d.C. LATÍN POSCLÁSICO: II-III d.C. LATÍN TARDÍO: III-VI d.C. LATÍN MEDIEVAL: VI-XV d.C. LATÍN HUMANÍSTICO: XV-XVIII d.C.
  13. 13. VARIEDADE DIACRÓNICA: VARIEDADE DIASTRÁTICA: VARIEDADE DIAFÁSICA: VARIEDADE DIATÓPICA: s. II a.C.-II d.C. Clase social alta Rexistro literario Cidade de Roma Sen esquecer os mecanismos polos que o latín popular deu nas linguas romances, centrarémonos na ÉPOCA CLÁSICA do idioma, debido á súa inmensa trascendencia cultural. De acordo cos catro eixos vistos, esta variedade definiríase así:

×