Á esquerda “O Parnaso”, á dereita “A escola de Atenas”. Na bóveda, enriba de cada fresco encóntrase un todo coa correspond...
Escola de Atenas. Rafael Miguel Anxo (vestido de canteiro) como Heráclito. Bramante como o matemático Euclides Rafael míra...
A disposición en perspectiva ten en conta que a obra sitúase por enriba da nosa cabeza (véxase o lintel da porta do ángulo...
Xuizo final Bóveda. Os campos centrais representan episodios do Xénese Capela Sixtina Miguel Anxo
Creación do mundo Creación do home e expulsión do Paraíso Historia de Noé Separación da luz e das tebras Creación dos astr...
Caída e expulsión. A caída do home represéntase de maneira novidosa: á esquerda a tentación e a dereita a espulsión do Par...
Creación de Adán. Deus, con semblante severo e barba gris que reflicten o seu poder absoluta e rodeado de anxos cruza os c...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Capelasixtina Rafael

722 visualizaciones

Publicado el

Presentación sobre a capela Sixtina

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
722
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
4
Acciones
Compartido
0
Descargas
6
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Capelasixtina Rafael

  1. 1. Á esquerda “O Parnaso”, á dereita “A escola de Atenas”. Na bóveda, enriba de cada fresco encóntrase un todo coa correspondente alegoría: Enriba de “O Parnaso”, a Poesía; enriba de “A escola de Atenas”, a Filosofía. Entre eles, rectángulos con esceas explicativas. Stanza della Segnatura. Rafael As stanzas decoradas con frescos por Rafael, forman parte dun departamento na planta superior dos Palacios Vaticanos, onde o papa Xulio II instalou as súas dependencias privadas. A da “Segnatura” era a biblioteca privada do papa e lugar onde se reunía a “Signatura Apostólica” ( un tribunal vaticano), de aí o seu nome. Os temas representados nos catro muros, “O Parnaso”; “A escola de Atenas”, “A disputa do Sacramento” e “A Xustiza” queren conciliar o coñecemento da antigüedade coas verdades rebeladas na Biblia. Escola de Atenas. Alegoría da Filosofía. O Parnaso. Alegoría da Poesía.
  2. 2. Escola de Atenas. Rafael Miguel Anxo (vestido de canteiro) como Heráclito. Bramante como o matemático Euclides Rafael míranos directamento ós ollos para captar a nosa atención. Platón (Leonardo) e Aristóteles ocupan o centro da composición. Platón, que represnta o mundo das ideas sinala cara a arriba. Aristóteles, que representa o mundo da filosofía, sinala cara a abaixo O deus da razón, Apolo, que personifica o coñecemento relixioso e o poder civilizador da razón A deusa da sabiduría, Atenea, protectora do coñecemento e da creación artística.
  3. 3. A disposición en perspectiva ten en conta que a obra sitúase por enriba da nosa cabeza (véxase o lintel da porta do ángulo esquerdo), cun punto de vista lixeiramente baixo. O marco arquitectónico onde Rafael representa a escena responde a unha dobre función. Por un lado permite o debuxado da representación atendendo ó riguroso emprego da perspectiva liñal central, recurrindo ás baldosas, entaboamentos... para marcar as liñas de fuga. Por outro lado, a concepción deste marco arquitectónico representa ós ideais arquitectónicos da época.
  4. 4. Xuizo final Bóveda. Os campos centrais representan episodios do Xénese Capela Sixtina Miguel Anxo
  5. 5. Creación do mundo Creación do home e expulsión do Paraíso Historia de Noé Separación da luz e das tebras Creación dos astros Separación das augas Creación de Adán Creación de Eva Pecado orixinal e Expulsión do Paraiso Sacrificio de Noé O Dilubio Universal Embriaguez de Noé Bóveda da Capela Sixtina
  6. 6. Caída e expulsión. A caída do home represéntase de maneira novidosa: á esquerda a tentación e a dereita a espulsión do Paraíso. No centro a serpe con torso de muller, á que Miguel Anxo outorga o papel de tentadora e responsable do pecado. Á dereita o arcaonxo Miguel expulsa á parella, temerosa, cara a unha paisaxe erma. Ignudi: Xoves espidos situados nos bordes dos paneis, que parecen atender ó que sucede nas esceas e reaccionan de maneira individual. Non queda claro o significado destas imaxes paganas nuha representación cristiá. Medallóns de bronce que representan esceas do Antigo Testamento que complementan ás narradas nos paneis principais. Deus Pai. Contrasta a postura case hierática do Deus da Creación de Eva, co Deus da Creación de Adán, cheo de dinamismo. O Deus da Creación de Eva parece inclinar a cabeza ó non coller no espacio que lle foi asignado. Amosa o gusto do artista polas figuras moi volumétricas e corpóreas.
  7. 7. Creación de Adán. Deus, con semblante severo e barba gris que reflicten o seu poder absoluta e rodeado de anxos cruza os ceos coma un meteoro. Adán, perfecto de rostro e corpo pero aínda exánime, recibe do deodo de Deus unha descarga que percorre o seu corpo e lle insufla a vida. A súa mirada expresa asombro e sumisión. As dúas figuras están concebidas como esculturas tanto pola súa corporeidade como polas posturas que adoptan. Miguel Anxo inspirábase moitas veces nas posturas das esculturas da Grecia Clásica.

×