SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
UNIDADE 5:
ELEMENTOS BÁSICOS DA EXPRESIÓN
PLÁSTICA.
PROFESORA: Sara Estarque Moreno
MATERIA: Educación Plástica e Visual
CURSO: 1º da ESO
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
OBXECTIVOS DA UNIDADE
• Coñecer os principais elementos básicos dunha obra plástica e comprender o seu
emprego.
• Valora e saber analizar minimamente a importancia dos elementos plásticos á hora de
xerar sensacións visuais ou psicolóxicas.
• Representar composicións plásticas que expresen diversas sensacións tanto con só un
tipo de elemento plástico coma coa combinación de todos eles.
COMPETENCIAS DA UNIDADE
• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.
◦ Identificar e coñecer o emprego dos elementos básicos da plástica en composicións
artísticas, así como saber empregalos en producións propias.
◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e
culturas.
• AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.
◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma
de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.
◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de
avaliación do resultados
• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.
◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose
das habilidades sociais.
• COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER.
◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación.
• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL.
◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo
discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.
◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de
ensinanza-aprendizaxe.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
• COMPETENCIA MATEMÁTICA.
◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a
utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas.
• COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.
◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos conceptos relacionados cos
elementos básicos da plástica na arte e nas creacións propias.
◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e
mantendo o entorno limpo e ordenado.
• COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre os elementos
básicos da plástica, explicando as investigacións e traballos feitos aos compañeiros.
◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando elementos básicos da
plástica.
SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE
• Do 24 de abril ao 12 de maio: Conceptos e exercicios rápidos persoais de concepto.
• O 12 de maio: exame.
• O 19 de maio: recuperación se fose preciso.
• Do 15 de maio ao 22 de maio: proxecto en grupo cooperativo empregando os diferentes
elementos plásticos traballados nunha composición plástica. O tema e o estilo están por
determinar.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE
• Recoñecer e identificar os elementos plásticos en calquera obra plástica e distinguilos
segundo distintas clasificacións.
• Valorar, comprender e aplicar o uso da xeometría no deseño e na composición plástica.
• Comprender e saber explicar os aspectos principais de cada elemento plásticos
• Utilizar os elementos básicos da expresión plástica con diferentes técnicas para producir
composicións expresivas.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
• Crear composicións plásticas en grupo cooperativo que reflictan o manexo e
coñecemento mínimo das potencialidades de cada elemento.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
OS ELEMENTOS BÁSICOS DA EXPRESIÓN PLÁSTICA
Os elementos básicos da plástica son o punto, a liña, o plano, a textura, e a cor, e
combinados serven para xerar todo tipo de expresións, e ideas. Qe elementos podes observar
nas seguintes imaxes?
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"A poetisa", Joan Miró, 1940. "Transverse Lines", Wassily Kandinsky, 1923.
"Heart of figures", Keith Haring, 1980.
"Several Circles", Keith Haring, 1926.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
O Punto.
O punto: é o elemento plástico máis pequeno e simple. O punto
pode definirse como o rastro ou pegada que deixa un útil trazador (lapis,
rotulador, bolígrafo.) sobre unha superficie. O punto non ten unha
configuración determinada aínda que tendamos a consideralo un pequeno
círculo. O punto pode ter contornas irregulares, variar a súa cor, tamaño de
superficie, a súa textura.
A principal finalidade do punto dentro da obra plástica a de
determinar a súa posición fixa, define un lugar dentro do espazo da obra,
pero aínda que posúe posición carece de dirección.
Determinación de un punto: Considérase que un
punto é unha forma que ocupa unha parte moi pequena da
superficie sobre a que se atopa. Así, un punto determínase
por comparación có entorno no que se sitúa e polos
elementos que lle rodean. Será punto entón aquelo que sexa
o moi pequeno con respecto a todo o que lle rodea.
Capacidade expresiva: O punto, a pesares do seu
pequeno tamaño, ten unha grande capacidade expresiva que
resulta ilimitada posto que pode transmitir todo tipo de ideas,
mensaxes, emocións ideas. en función de como os
empreguemos e combinemos. Así, por exemplo, cando
concentramos puntos nunha parte do espazo plástica,
podemos xerar manchas moi expresivas, mentres que cando os
dispersamos podemos xerar unha sensación de distanciamento
ou afastamento.
Elemento compositivo: o punto, coma
elemento compositivo, é dicir, como elemento
elemento que axuda a organizar os elementos da obra,
exerce un papel de centro de atención dentro da
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
Detalle de"La
Parede", Seurat, 1889.
"Beach at Gravelines", Georges Seurat,
1890.
"Sunday afternoon on the island of
Grande Jatte", Georges, Seurat, 1884-
1886.
"The Starry Night", Vincent van Gogh, 1889.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
superficie do cadro. Por este feito, ademais, crea tensións visuais facendo que sexan “centro de
gravidade” da zona que ten ao seu redor, atraendo a mirada do observador. Para potenciar este
efecto visual teremos que controlar a cor, configuración e trazado do punto, de xeito que se vexa
o mellor posible, o recurso máis común para facelo é empregar unha boa contraste de cor ou
forma, ou ben convertilo en centro da obra por illamento da contorna.
Capacidade tridimensional: por último o punto ten capacidade
de expresar tres dimensións e/ou volume
sobe a superficie plana. Podemos facelo
empregando as cores, superposicións,
transparencias. para xerar unha sensación
de profundidade. Pero tamén podemos
expresar volume xerando masas de puntos
nas que modulemos a cor e a
concentración dos puntos obtendo
unha sensación de volume e
modelado da superficie do cadro.
A Liña.
A Liña: A liña como elemento xeométrico pode
definirse coma a traxectoria que describe un punto en
movemento, ou cando se despraza o punto sobre unha
superficie ou coma unha sucesión infinita de puntos. A liña é
un concepto abstracto creado polo home, no caso da
representación plástica, para representar ideas, sentimentos,
emocións.
A Liña posúe posición no espazo e dirección. Cunha liña podemos determinar non so o
lugar do cadro onde se atopa algo, senón tamén cara onde se encamiña ou de onde ven. As
liñas dentro do espazo do lenzo organizan o espazo e indican o movemento das cousas e da
propia vista do observador.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Catedral Metropolitana", Fabiana
Frutos Flores, 2012.
"Fast Sketch Still Life with Gold Fish",
Tom Wesselmann, 1989.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
A función da liña é a de delimitar as contornas dos
planos. A liña de contorna é a liña que nos permite crear formas,
espazos. é o trazo abstracto que tiramos cando queremos
representar calquera obxecto real.
Polas súas capacidades de trazado, a liña emprégase en
todo tipo de composicións. A
liña empregada de xeito preciso, regular e uniforme é idónea
para traballos coma o xeométrico onde non pode haber lugar
ás interpretacións ou valoración persoais. Pero cando a
empregamos modulada e xestual permítenos xerar unha
grande expresividade.
As liñas poden clasificarse, como xa sabedes doutros anos. segundo a súa estrutura, é
dicir, a súa composición, e así temos:
◦ simples, dun só trazado
◦ compostas, que combinan varios trazados e que poden ser a súa vez:
▪ quebradas
▪ onduladas
▪ mixtas
En canto a súa capacidade expresiva, as liñas cobren un amplo espectro de
expresións que virá determinado polo xeito en que esta estea traballada ou trazada. A modo de
exemplo de emprego de liñas autónomas expresivas noutro ámbito da arte coma é a animación
vos deixo estes dous enlaces aos vídeos dos que vos falei na clase:
https://www.youtube.com/watch?v=8SP14hTEbRw&feature=related
https://www.youtube.com/watch?v=OmSbdvzbOzY
Así a expresividade da liña ven determinada por diferentes características ou calidades,
coma son o seu grosor, a súa cor, o seu trazado, a intensidade, a nitidez, a modulación e a
uniformidade. Atendendo a elas podemos atoparnos con liñas:
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Toros. La Pique", Pablo
Picasso, 1960.
"Quick sketch from the train", Tom
Wesselmann, 1986.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
• Uniforme e obxectiva. Qe á liña que non varía as
súas características ao longo do seu trazado, é unha
liña que da unha información clara e precisa.
• Modulada e subxectiva: é unha liña que busca e
emprega a variación ao longo de todo o seu trazado,
que modifica calquera das súas características en
función dunha expresión que será sempre subxectiva.
Ademais das características faladas, temos a dirección que é a
calidade máis importante da liña pola carga de significado que lle aporta
e con ela a composición. E é que aliña é quen de xerar movemento visual
indicándolle a vista unha dirección e creando no espazo da obra espazos
ou puntos de tensión, atraendo a atención e mirada do observador.
Segundo sexa a liña e como se sitúe, organizará o espazo total da obra.
Así, segundo a súa dirección temos:
• Liñas verticais, naquelas composicións nas que a liña vertical sexa
a protagonista achegarémonos a expresións relacionadas coa
elevación, o crecemento, a forza, o equilibrio. isto ven dado que
para a nosa cultura ten a liña vertical. Para o ser humano o
crecemento dos seres naturais faise na vertical, medrando cara o
sol; é tamén unha liña que fala do equilibrio porque se relaciona coa
posición de equilibrio qeu temos que manter os seres humanos para
non caer cando estamos de pé; pero, ademais, para a cultura
occidental en concreto, a vertical asóciase á elevación cara Deus e á
ascensión cara o ceo.
• Liña horizontal: nas composicións de dominante
horizontal, onde a liña horizontal leva o protagonismo,
atopámonos ante composicións de expresión calmada,
relaxada, de descanso ou incluso de morte. O descanso
e o repouso o facemos, polo xeral, en posición
horizontal, pero tamén, cando morremos quedamos
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Tableau", Piet
Mondrian, 1921. "Drawing for painting
with white porder",
Wassily Kandinskty, 1913
"Berc", Victor Vasarely,
1967.
"Motion", Andreas Feininger, 1930-1931.
"Flatiron Building",
Foster & Reynolds
Co. 1917.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
tendidos en dita posición, polo que estas composicións, segundo o tema que traten
achegaranse a unha ou outra acepción destes significados.
• Liña Inclinada: a liña inclinada é unha liña que
está permanentemente a piques de caer, cando
inclinamos o noso corpo en calquera dirección se
non nos suxeitamos a algo ou facemos un grande
esforzo para mantelo equilibrio, caemos. Así as
composicións de liñas inclinadas son inestables e
dinámicas, amosan sempre unha tendencia clara
ao movemento que pode ser ascendente ou descendente dependendo dende onde ata
onda vaia a diagonal. Cando máis se achegue a diagonal a liña horizontal máis se relaxa
a tensión e achega o seu significado ao repouso; cando máis vertical sexa a liña inclinada
máis se equilibra esta é máis ascensión adquire.
• Liña Curva: A liña curva é a liña que expresa unha
maior sensación de movemento, pero este movemento é
dinámico e fluído, coma as ondas do mar. É unha liña
con sensacións que se achegan tamén a feminidade, a
muller, a sutileza. o achegamento en significado á
muller ven dado pola curvatura propia da figura
feminina e toda a carga sensual e sutil que ten a figura
da muller.
• Liña quebrada: A liña quebrada é unha liña composta de
múltiples liñas inclinadas que se cortan entre si, así, as
composicións que traballan con este tipo de liñas son
composicións que expresan movementos bruscos, aínda
que ríxidos e precisos. Son composicións e liñas moi
dinámicas por estar compostas por diagonais, de grande
actividade, con cambios de dirección continuos.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Champs de Mars, vue de la tour Eiffel",
Ilse Bing, 1951.
"Folla de col", Edward Weston, 1926.
"Harbor Mole", Lyonel Feininger,
1913.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
O Plano.
O plano: Un plano é teoricamente infinito, é dicir, que é un
espazo ilimitado. Pra poder falar do plano e definilo pechamos unha
parte del dentro dunha liña composta. A isto é a que se lle chaman
formas planas. Defínese o plano coma o espazo que queda encerrado
dentro dunha liña composta que se pecha sobre si mesma. Segundo o
tipo de liñas que pechen o plano a expresión do plano variará como o
fan as liñas. Os planos teñen altura, dirección e posición no espazo do
cadro.
Cando estamos na superficie do plano, temos diferentes xeitos de definir
graficamente un plano para diferencialo doutros planos da obra, é dicir, que temos diferentes
recursos gráficos para poder identificalo dentro de toda a superficie do cadro:
• Contraste de cor: Podemos diferenciar os diferentes planos
dunha obra simplemente polo cambio de cor que existe entre
un plano e outro que estea ao seu carón. Se queremos que
estas formas se sitúan a diferente distancia ou que teñan
unha orde de importancia ou peso visual na obra teremos
que contrastar as cores coas que traballamos con elas.
• Liñas de contorna: Son as liñas
que pechan a forma plana no seu interior. Así que
realmente nestas composicións estariamos traballando con
formas planas e liñas compostas. Estas formas sepáranse
entre si coas liñas e, ao mesmo tempo, as liñas que as
delimitan as sitúan no primeiro plano da obra, sobre todo
cando traballemos no mesmo espazo pictórico con formas
con contorna e formas que non o teñan.
• Cambio de textura: Igual que cambiando a cor dun plano
para diferencialo do plano que ten ao seu carón, se
cambiamos a textura que o recobre conseguimos a
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Tres Músicos", Pablo Picasso,
1921.
"Beat the Whites with the Red
Wedges", El Lissitzky, 1919.
"Composition in Line and Color",
Piet Mondrian, 1913.
"La Solitude Organisative", Miquel
Barceló, 2009.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
mesma sensación de cambio de plano que no caso da cor. Pero a diferencia entre o
cambio de textura e os cambios de textura é que a textura, polo xeral sitúase no primeiro
plano, por enriba dos planos que estean só coloreadas.
As formas planas poden clasificarse en función da súa configuración, é dicir do seu
aspecto externo ou do tipo de liñas que pechan o espazo interno. Así temos:
• Formas planas xeométricas: son aquelas formas planas
que están pechadas por liñas que describen figuras
xeométricas, por polígonos, circunferencias, curvas técnicas
(elipses, ou óvalos). son formas moi rotundas, que, aínda
que poidan expresar movemento, como é o caso dos
triángulos ou os círculos, son claras e podemos
identificalas claramente.
• Formas planas orgánicas: Son formas pechadas por
liñas de trazado libre, a man, flexible. se lle chama
orgánicas pola súa semellanza ao aspecto das cousas
orgánicas, que crecen autonomamente, que non son
calculadas. Son moito máis lixeiras e dinámicas e
xeométricas que as formas xeométricas.
Os planos poden, coma os outros elementos expresivos,
expresar tridimensionalidade dentro do cadro. Para facelo temos
diferentes recursos gráficos que nos permiten emular a realidade
tridimensional na que vivimos. Para facelo combinamos diferentes
formas planas entre si para simular un volume, intentando representar
no plano dun cadro o ancho, o alto e o volume de calquera obxecto real.
Temos diferentes recursos gráficos que nos permiten recrear estas
dimensións, coma son:
• Diferenza de tamaño. Aqueles elementos que se debuxen máis grandes
proporcionalmente que os outro serán percibidos coma que están mais preto do
espectador. Se os elementos ademais son semellantes ou iguais entre si acentuarase este
efecto.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Transverse lines", Wassily
Kandinsky, 1929.
"A Danza", Henri Matisse, 1910.
"Vega Boo", Victor
Vasarely, 1978.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
• Diferenza de cor. Aqueles elementos da composición que estean coloreados con cores
cálidas e/ou cores claras veranse máis próximas que
aquelas que sexan máis frías e/ou escuras.
• Diferenza de textura. Aquelas formas planas nas que
se poida apreciar a textura da súa superficie veranse
coma máis próximas posto que poderanse apreciar os
seus detalles.
• Superposición. Aquelas formas que tapen a outras
situaranse por diante destas.
• Curvatura ou dobrez. Aquelas formas planas que simulen estar curvadas, por medio de
recursos como o sombreado ou a coloración degradada, ou ben que simulen ter un
dobrez polo cambio de cor, simularán ter volume de seu.
• Sombreado. As formas planas que teñan sombras ou simulen arroxar unha sombra
sobre a superficie sobre a que se apoia, simularán ter volume de seu.
O plano ten unha grande capacidade expresiva coma os
outros elementos plásticos só que no seu caso válese do emprego dos
demais elementos expresivos. As formas planas recobren o seu espazo
interno moitas veces con liñas, texturas e puntos adquirir o seu
máximo poder expresivo. En canto as diferentes sensacións que poden
transmitir as formas planas son semellantes as sensacións que poden
transmitir as liñas, posto que as contornas que pechan as formas
planas son liñas e absorben delas as súas capacidades, que se ven
matizadas por como se recubra o seu espazo interior.
A forma plana ademais de ser xeradora de espazos dentro das dúas dimensións, nos
cadros, é un elemento que se emprega en creacións feitas nas tres dimensións coma son no
campo da arquitectura e máis da escultura. Na arquitectura, a forma plana é xeradora de
espazos posto que distribúe os espazos interiores, organiza o transito das persoas, permite ou
non o paso da luz. Ademais a forma plana tamén recobre o exterior da arquitectura permitindo
ou non a visión dos interiores, permite o paso da luz e debe relacionar o seu acabado exterior
coa estrutura interna.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Reptiles", M. C. Escher, 1943.
"Muller ante o espello",
Pablo Picasso, 1932.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
Na escultura a forma plana tamén xera espazos, organiza pero tamén xerra baleiros.
Na escultura contemporánea o espazo baleiro ten tanta importancia coma o espazo ocupado,
convértese en centro de gravidade da peza, deixando paso á luz, ao aire, as ideas.; un espazo
baleiro que cando son pezas de grandes dimensións permite incluso a circulación do espectador
por medio deste espazo, no caso de nos ser de grandes dimensións.
A textura.
A textura a podemos definir coma a calidade da
superficie dun obxecto debido á estrutura do material do que está
feito dito obxecto. As texturas producen diferentes sensacións que
dependen tamén de como podemos percibilos, ou pola vista, e
entón serán visuais, ou se as podemos percibir polo tacto, entón
serán táctiles.
A textura ten unha grande importancia na expresión plástica, posto que
enriquece a propia expresión aportando novos significados. Se collemos coma
exemplo a imaxe do Home Caminate de Giacommetti, podemos comprobar que a
textura da superficie deste camiñante fai que sexamos quen de comprender a
dureza do camiño que leva recorrido, marcas do sol, do frío, da fame ou sede, das
experiencias, da dor, o cansazo.
As texturas aportarán á obra aquelas sensacións que podemos percibir
cando tocamos esa superficie aínda que sexa unha textura gráfica, sensacións que
van dende á máis absoluta suavidade á dureza e rugosidade máis complexa ou
áspera.
As texturas poden ser clasificadas en función de dous criterios:
• Segundo a súa orixe as texturas poden
ser:
◦ Naturais
◦ Artificias
• Segundo o sentido co que a percibamos
poden ser:
◦ Táctiles
◦ Visuais
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Cúpula da Sala do Palacio das
Nacións Unidas, Bruselas",
Miquel Barceló, 2008.
"Il Homme
qui marche",
Alberto
Giacommetti,
1960.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
CRÉDITOS DAS IMAXES
"A Poetisa”, Joan Miró, 1940,
http://tajadores.blogspot.com.es/2013_10_01_archive.html
“Transverse Lines”, Wassily Kandinsky, 1923,
http://tajadores.blogspot.com.es/2013_10_01_archive.html
“Heart of figures”, Keith Haring, 1980,
http://urbanartbomb.com/keith-haring/
“Several Circles”, Wassily Kandinsky, 1926,
http://www.wikipaintings.org/en/wassily-kandinsky/several-circles-1926
“Beach at Gravelines”, Georges Seurat, 1890,
http://www.wikipaintings.org/en/georges-seurat/beach-at-gravelines-1890
“Sunday afternoon on the Island of La Grande Jatte”, Georges Seurat, 1884-1886,
http://www.wikipaintings.org/en/georges-seurat/sunday-afternoon-on-the-island-of-la-
grande-jatte-1886
“Starry Night”, Vincent Van Gogh, 1889,
http://www.wikipaintings.org/en/vincent-van-gogh/the-starry-night-1889
“Fast Scetch Still Life with Gold Fish”, Tom Wesselmann, 1989,
http://arttattler.com/archivetomwesselmann.html
“Toros. La Pique”, Pablo Picasso, 1960,
http://www.artvalue.com/auctionresult--picasso-pablo-1881-1973-spain-toros-la-pique-
1958808.htm
“Qick Scetch from the Train”, Tom Wesselmann, 1987,
http://arttattler.com/archivetomwesselmann.html
“Tableau”, Piet Mondrian, 1921,
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
http://www.quailhollow365.com/blog/2011/02/artwork-of-the-day-mondrians-trees-
along-a-river/
“Drawing for painting with white border”, Wassily Kandinsky, 1913,
http://experimentstation.wordpress.com/2011/09/01/a-kandinsky-a-day-4-days-left/
“Flatiron Building”, Foster & Reynolds Co. 1917.,
http://historiadelosrascacielosdenuevayork.blogspot.com.es/2012/10/la-ciudad-de-
nueva-york-en-1903-y-1904.html
“Motion”, Andreas Feininger, 1930-1931,
http://lotus-feet.livejournal.com/329352.html
“Los músicos”, Pablo Picasso, 1921,
http://www.tuitearte.es/los-tres-musicos-de-picasso/
“Beat the Whites with the red Wedge”, El Lissitzky, 1919.
http://www.tuitearte.es/los-tres-musicos-de-picasso/
“La Solitude Organisative”, Miquel Barceló, 2009,
http://barcelona-photo.blogspot.com.es/2010/12/miquel-barcelo-la-solitude-
organisative.html
“Transverse Lines”, Wassily Kandinsky, 1929,
http://www.wikipaintings.org/en/wassily-kandinsky/transverse-line-1923
“A Danza”, Henri Matisse, 1910,
http://monicavannucchi.wordpress.com/2009/12/19/la-danza-vista-con-gli-occhi-di-un-
ragazzino/
“Vega Boo”, Victor Vasarely, 1978,
http://le-bric-a-brac-de-potzina.blogspot.com.es/2013/07/victor-vasarely-peinture-art-
optique-tableau-exposition.html
“Reptiles”, M. C. Escher, 1943,
http://en.wikipedia.org/wiki/File:Escher%27s_Reptiles.jpg
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986
“Muller ante o espello”, Pablo Picasso, 1932,
http://es.paperblog.com/habitacion-de-nina-2280619/
"Cúpula da Sala do Palacio das Nacións Unidas, Bruselas", Miquel Barceló, 2008.
http://es.wikipedia.org/wiki/C
%C3%BApula_de_la_Sala_de_los_Derechos_Humanos_de_la_ONU
“Il Homme qui marche”, Alberto Giacommetti, 1960.
http://imagologiajorge.wordpress.com/2010/08/04/el-arte-como-competicion-deportiva/
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com

More Related Content

Similar to Unidade 5 elementos_basicos_plastica

Unidade 3 cor_e_forma
Unidade 3 cor_e_formaUnidade 3 cor_e_forma
Unidade 3 cor_e_formaSara Estarque
 
Catálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASCatálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASMau Marela
 
Unidade 3 cor_e_as_harmonias
Unidade 3 cor_e_as_harmoniasUnidade 3 cor_e_as_harmonias
Unidade 3 cor_e_as_harmoniasSara Estarque
 
Ultimo programacións debuxo eso_bach_2010-2011(correxido)
Ultimo programacións debuxo eso_bach_2010-2011(correxido)Ultimo programacións debuxo eso_bach_2010-2011(correxido)
Ultimo programacións debuxo eso_bach_2010-2011(correxido)Xoseanxo Rodriguez Rodriguez
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museísticaredemuseisticalugo
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeainoaaa
 
Elementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxoElementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxoManuel Busto
 
P1 1ºA oc Linguaxe visual.pdf
P1 1ºA oc Linguaxe visual.pdfP1 1ºA oc Linguaxe visual.pdf
P1 1ºA oc Linguaxe visual.pdfRENATABALSAMOOC
 
Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.ferpintos
 
Proposta Plan Lingüístico de Centro
Proposta Plan Lingüístico de CentroProposta Plan Lingüístico de Centro
Proposta Plan Lingüístico de CentroSusana Arins
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreEmmaFigueira
 
Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth Encarna Lago
 
Percepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visualPercepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visualManuel Busto
 
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑAResumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑAMarta Pérez Lage
 
Unidade 4 as_formas_poligonais
Unidade 4 as_formas_poligonaisUnidade 4 as_formas_poligonais
Unidade 4 as_formas_poligonaisSara Estarque
 

Similar to Unidade 5 elementos_basicos_plastica (20)

Unidade 3 cor_e_forma
Unidade 3 cor_e_formaUnidade 3 cor_e_forma
Unidade 3 cor_e_forma
 
Catálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASCatálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPAS
 
Unidade 3 cor_e_as_harmonias
Unidade 3 cor_e_as_harmoniasUnidade 3 cor_e_as_harmonias
Unidade 3 cor_e_as_harmonias
 
Proxecto impresionismo
Proxecto impresionismoProxecto impresionismo
Proxecto impresionismo
 
Ultimo programacións debuxo eso_bach_2010-2011(correxido)
Ultimo programacións debuxo eso_bach_2010-2011(correxido)Ultimo programacións debuxo eso_bach_2010-2011(correxido)
Ultimo programacións debuxo eso_bach_2010-2011(correxido)
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prende
 
3 T. E.I. ceip da cruz
3 T. E.I. ceip da cruz3 T. E.I. ceip da cruz
3 T. E.I. ceip da cruz
 
Elementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxoElementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxo
 
P1 1ºA oc Linguaxe visual.pdf
P1 1ºA oc Linguaxe visual.pdfP1 1ºA oc Linguaxe visual.pdf
P1 1ºA oc Linguaxe visual.pdf
 
Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.
 
Proposta Plan Lingüístico de Centro
Proposta Plan Lingüístico de CentroProposta Plan Lingüístico de Centro
Proposta Plan Lingüístico de Centro
 
Outubro 2019
Outubro 2019Outubro 2019
Outubro 2019
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
 
Proyecto ruth (2)
Proyecto ruth (2)Proyecto ruth (2)
Proyecto ruth (2)
 
Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth Taller proxecto practicas Ruth
Taller proxecto practicas Ruth
 
Percepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visualPercepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visual
 
Tâche 2. Comment s'y prendre
Tâche 2. Comment s'y prendreTâche 2. Comment s'y prendre
Tâche 2. Comment s'y prendre
 
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑAResumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
 
Unidade 4 as_formas_poligonais
Unidade 4 as_formas_poligonaisUnidade 4 as_formas_poligonais
Unidade 4 as_formas_poligonais
 

More from Sara Estarque

Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018Sara Estarque
 
Animais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EPAnimais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EPSara Estarque
 
Consejos usos internet
Consejos usos internetConsejos usos internet
Consejos usos internetSara Estarque
 
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsbAcuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsbSara Estarque
 
Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017Sara Estarque
 
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18Sara Estarque
 
Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.Sara Estarque
 
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18Sara Estarque
 
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...Sara Estarque
 
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18Sara Estarque
 
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anosHábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anosSara Estarque
 
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidosLibros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidosSara Estarque
 
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidosLibros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidosSara Estarque
 
Libros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidosLibros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidosSara Estarque
 
Libros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidosLibros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidosSara Estarque
 
Axudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolarAxudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolarSara Estarque
 
Aula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017generalAula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017generalSara Estarque
 
CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.Sara Estarque
 
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAISPresentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAISSara Estarque
 
Unit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_languageUnit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_languageSara Estarque
 

More from Sara Estarque (20)

Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018
 
Animais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EPAnimais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EP
 
Consejos usos internet
Consejos usos internetConsejos usos internet
Consejos usos internet
 
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsbAcuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsb
 
Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017
 
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
 
Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.
 
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
 
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
 
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
 
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anosHábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anos
 
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidosLibros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
 
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidosLibros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidos
 
Libros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidosLibros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidos
 
Libros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidosLibros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidos
 
Axudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolarAxudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolar
 
Aula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017generalAula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017general
 
CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.
 
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAISPresentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
 
Unit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_languageUnit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_language
 

Unidade 5 elementos_basicos_plastica

  • 1. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 UNIDADE 5: ELEMENTOS BÁSICOS DA EXPRESIÓN PLÁSTICA. PROFESORA: Sara Estarque Moreno MATERIA: Educación Plástica e Visual CURSO: 1º da ESO email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 2. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 OBXECTIVOS DA UNIDADE • Coñecer os principais elementos básicos dunha obra plástica e comprender o seu emprego. • Valora e saber analizar minimamente a importancia dos elementos plásticos á hora de xerar sensacións visuais ou psicolóxicas. • Representar composicións plásticas que expresen diversas sensacións tanto con só un tipo de elemento plástico coma coa combinación de todos eles. COMPETENCIAS DA UNIDADE • COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA. ◦ Identificar e coñecer o emprego dos elementos básicos da plástica en composicións artísticas, así como saber empregalos en producións propias. ◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e culturas. • AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL. ◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo. ◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de avaliación do resultados • COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ. ◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose das habilidades sociais. • COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER. ◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación. • TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL. ◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo discriminar, organizar e sintetizar a información relevante. ◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de ensinanza-aprendizaxe. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 3. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 • COMPETENCIA MATEMÁTICA. ◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas. • COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO. ◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos conceptos relacionados cos elementos básicos da plástica na arte e nas creacións propias. ◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e mantendo o entorno limpo e ordenado. • COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA. ◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre os elementos básicos da plástica, explicando as investigacións e traballos feitos aos compañeiros. ◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando elementos básicos da plástica. SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE • Do 24 de abril ao 12 de maio: Conceptos e exercicios rápidos persoais de concepto. • O 12 de maio: exame. • O 19 de maio: recuperación se fose preciso. • Do 15 de maio ao 22 de maio: proxecto en grupo cooperativo empregando os diferentes elementos plásticos traballados nunha composición plástica. O tema e o estilo están por determinar. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE • Recoñecer e identificar os elementos plásticos en calquera obra plástica e distinguilos segundo distintas clasificacións. • Valorar, comprender e aplicar o uso da xeometría no deseño e na composición plástica. • Comprender e saber explicar os aspectos principais de cada elemento plásticos • Utilizar os elementos básicos da expresión plástica con diferentes técnicas para producir composicións expresivas. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 4. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 • Crear composicións plásticas en grupo cooperativo que reflictan o manexo e coñecemento mínimo das potencialidades de cada elemento. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 5. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 OS ELEMENTOS BÁSICOS DA EXPRESIÓN PLÁSTICA Os elementos básicos da plástica son o punto, a liña, o plano, a textura, e a cor, e combinados serven para xerar todo tipo de expresións, e ideas. Qe elementos podes observar nas seguintes imaxes? email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "A poetisa", Joan Miró, 1940. "Transverse Lines", Wassily Kandinsky, 1923. "Heart of figures", Keith Haring, 1980. "Several Circles", Keith Haring, 1926.
  • 6. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 O Punto. O punto: é o elemento plástico máis pequeno e simple. O punto pode definirse como o rastro ou pegada que deixa un útil trazador (lapis, rotulador, bolígrafo.) sobre unha superficie. O punto non ten unha configuración determinada aínda que tendamos a consideralo un pequeno círculo. O punto pode ter contornas irregulares, variar a súa cor, tamaño de superficie, a súa textura. A principal finalidade do punto dentro da obra plástica a de determinar a súa posición fixa, define un lugar dentro do espazo da obra, pero aínda que posúe posición carece de dirección. Determinación de un punto: Considérase que un punto é unha forma que ocupa unha parte moi pequena da superficie sobre a que se atopa. Así, un punto determínase por comparación có entorno no que se sitúa e polos elementos que lle rodean. Será punto entón aquelo que sexa o moi pequeno con respecto a todo o que lle rodea. Capacidade expresiva: O punto, a pesares do seu pequeno tamaño, ten unha grande capacidade expresiva que resulta ilimitada posto que pode transmitir todo tipo de ideas, mensaxes, emocións ideas. en función de como os empreguemos e combinemos. Así, por exemplo, cando concentramos puntos nunha parte do espazo plástica, podemos xerar manchas moi expresivas, mentres que cando os dispersamos podemos xerar unha sensación de distanciamento ou afastamento. Elemento compositivo: o punto, coma elemento compositivo, é dicir, como elemento elemento que axuda a organizar os elementos da obra, exerce un papel de centro de atención dentro da email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com Detalle de"La Parede", Seurat, 1889. "Beach at Gravelines", Georges Seurat, 1890. "Sunday afternoon on the island of Grande Jatte", Georges, Seurat, 1884- 1886. "The Starry Night", Vincent van Gogh, 1889.
  • 7. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 superficie do cadro. Por este feito, ademais, crea tensións visuais facendo que sexan “centro de gravidade” da zona que ten ao seu redor, atraendo a mirada do observador. Para potenciar este efecto visual teremos que controlar a cor, configuración e trazado do punto, de xeito que se vexa o mellor posible, o recurso máis común para facelo é empregar unha boa contraste de cor ou forma, ou ben convertilo en centro da obra por illamento da contorna. Capacidade tridimensional: por último o punto ten capacidade de expresar tres dimensións e/ou volume sobe a superficie plana. Podemos facelo empregando as cores, superposicións, transparencias. para xerar unha sensación de profundidade. Pero tamén podemos expresar volume xerando masas de puntos nas que modulemos a cor e a concentración dos puntos obtendo unha sensación de volume e modelado da superficie do cadro. A Liña. A Liña: A liña como elemento xeométrico pode definirse coma a traxectoria que describe un punto en movemento, ou cando se despraza o punto sobre unha superficie ou coma unha sucesión infinita de puntos. A liña é un concepto abstracto creado polo home, no caso da representación plástica, para representar ideas, sentimentos, emocións. A Liña posúe posición no espazo e dirección. Cunha liña podemos determinar non so o lugar do cadro onde se atopa algo, senón tamén cara onde se encamiña ou de onde ven. As liñas dentro do espazo do lenzo organizan o espazo e indican o movemento das cousas e da propia vista do observador. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Catedral Metropolitana", Fabiana Frutos Flores, 2012. "Fast Sketch Still Life with Gold Fish", Tom Wesselmann, 1989.
  • 8. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 A función da liña é a de delimitar as contornas dos planos. A liña de contorna é a liña que nos permite crear formas, espazos. é o trazo abstracto que tiramos cando queremos representar calquera obxecto real. Polas súas capacidades de trazado, a liña emprégase en todo tipo de composicións. A liña empregada de xeito preciso, regular e uniforme é idónea para traballos coma o xeométrico onde non pode haber lugar ás interpretacións ou valoración persoais. Pero cando a empregamos modulada e xestual permítenos xerar unha grande expresividade. As liñas poden clasificarse, como xa sabedes doutros anos. segundo a súa estrutura, é dicir, a súa composición, e así temos: ◦ simples, dun só trazado ◦ compostas, que combinan varios trazados e que poden ser a súa vez: ▪ quebradas ▪ onduladas ▪ mixtas En canto a súa capacidade expresiva, as liñas cobren un amplo espectro de expresións que virá determinado polo xeito en que esta estea traballada ou trazada. A modo de exemplo de emprego de liñas autónomas expresivas noutro ámbito da arte coma é a animación vos deixo estes dous enlaces aos vídeos dos que vos falei na clase: https://www.youtube.com/watch?v=8SP14hTEbRw&feature=related https://www.youtube.com/watch?v=OmSbdvzbOzY Así a expresividade da liña ven determinada por diferentes características ou calidades, coma son o seu grosor, a súa cor, o seu trazado, a intensidade, a nitidez, a modulación e a uniformidade. Atendendo a elas podemos atoparnos con liñas: email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Toros. La Pique", Pablo Picasso, 1960. "Quick sketch from the train", Tom Wesselmann, 1986.
  • 9. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 • Uniforme e obxectiva. Qe á liña que non varía as súas características ao longo do seu trazado, é unha liña que da unha información clara e precisa. • Modulada e subxectiva: é unha liña que busca e emprega a variación ao longo de todo o seu trazado, que modifica calquera das súas características en función dunha expresión que será sempre subxectiva. Ademais das características faladas, temos a dirección que é a calidade máis importante da liña pola carga de significado que lle aporta e con ela a composición. E é que aliña é quen de xerar movemento visual indicándolle a vista unha dirección e creando no espazo da obra espazos ou puntos de tensión, atraendo a atención e mirada do observador. Segundo sexa a liña e como se sitúe, organizará o espazo total da obra. Así, segundo a súa dirección temos: • Liñas verticais, naquelas composicións nas que a liña vertical sexa a protagonista achegarémonos a expresións relacionadas coa elevación, o crecemento, a forza, o equilibrio. isto ven dado que para a nosa cultura ten a liña vertical. Para o ser humano o crecemento dos seres naturais faise na vertical, medrando cara o sol; é tamén unha liña que fala do equilibrio porque se relaciona coa posición de equilibrio qeu temos que manter os seres humanos para non caer cando estamos de pé; pero, ademais, para a cultura occidental en concreto, a vertical asóciase á elevación cara Deus e á ascensión cara o ceo. • Liña horizontal: nas composicións de dominante horizontal, onde a liña horizontal leva o protagonismo, atopámonos ante composicións de expresión calmada, relaxada, de descanso ou incluso de morte. O descanso e o repouso o facemos, polo xeral, en posición horizontal, pero tamén, cando morremos quedamos email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Tableau", Piet Mondrian, 1921. "Drawing for painting with white porder", Wassily Kandinskty, 1913 "Berc", Victor Vasarely, 1967. "Motion", Andreas Feininger, 1930-1931. "Flatiron Building", Foster & Reynolds Co. 1917.
  • 10. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 tendidos en dita posición, polo que estas composicións, segundo o tema que traten achegaranse a unha ou outra acepción destes significados. • Liña Inclinada: a liña inclinada é unha liña que está permanentemente a piques de caer, cando inclinamos o noso corpo en calquera dirección se non nos suxeitamos a algo ou facemos un grande esforzo para mantelo equilibrio, caemos. Así as composicións de liñas inclinadas son inestables e dinámicas, amosan sempre unha tendencia clara ao movemento que pode ser ascendente ou descendente dependendo dende onde ata onda vaia a diagonal. Cando máis se achegue a diagonal a liña horizontal máis se relaxa a tensión e achega o seu significado ao repouso; cando máis vertical sexa a liña inclinada máis se equilibra esta é máis ascensión adquire. • Liña Curva: A liña curva é a liña que expresa unha maior sensación de movemento, pero este movemento é dinámico e fluído, coma as ondas do mar. É unha liña con sensacións que se achegan tamén a feminidade, a muller, a sutileza. o achegamento en significado á muller ven dado pola curvatura propia da figura feminina e toda a carga sensual e sutil que ten a figura da muller. • Liña quebrada: A liña quebrada é unha liña composta de múltiples liñas inclinadas que se cortan entre si, así, as composicións que traballan con este tipo de liñas son composicións que expresan movementos bruscos, aínda que ríxidos e precisos. Son composicións e liñas moi dinámicas por estar compostas por diagonais, de grande actividade, con cambios de dirección continuos. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Champs de Mars, vue de la tour Eiffel", Ilse Bing, 1951. "Folla de col", Edward Weston, 1926. "Harbor Mole", Lyonel Feininger, 1913.
  • 11. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 O Plano. O plano: Un plano é teoricamente infinito, é dicir, que é un espazo ilimitado. Pra poder falar do plano e definilo pechamos unha parte del dentro dunha liña composta. A isto é a que se lle chaman formas planas. Defínese o plano coma o espazo que queda encerrado dentro dunha liña composta que se pecha sobre si mesma. Segundo o tipo de liñas que pechen o plano a expresión do plano variará como o fan as liñas. Os planos teñen altura, dirección e posición no espazo do cadro. Cando estamos na superficie do plano, temos diferentes xeitos de definir graficamente un plano para diferencialo doutros planos da obra, é dicir, que temos diferentes recursos gráficos para poder identificalo dentro de toda a superficie do cadro: • Contraste de cor: Podemos diferenciar os diferentes planos dunha obra simplemente polo cambio de cor que existe entre un plano e outro que estea ao seu carón. Se queremos que estas formas se sitúan a diferente distancia ou que teñan unha orde de importancia ou peso visual na obra teremos que contrastar as cores coas que traballamos con elas. • Liñas de contorna: Son as liñas que pechan a forma plana no seu interior. Así que realmente nestas composicións estariamos traballando con formas planas e liñas compostas. Estas formas sepáranse entre si coas liñas e, ao mesmo tempo, as liñas que as delimitan as sitúan no primeiro plano da obra, sobre todo cando traballemos no mesmo espazo pictórico con formas con contorna e formas que non o teñan. • Cambio de textura: Igual que cambiando a cor dun plano para diferencialo do plano que ten ao seu carón, se cambiamos a textura que o recobre conseguimos a email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Tres Músicos", Pablo Picasso, 1921. "Beat the Whites with the Red Wedges", El Lissitzky, 1919. "Composition in Line and Color", Piet Mondrian, 1913. "La Solitude Organisative", Miquel Barceló, 2009.
  • 12. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 mesma sensación de cambio de plano que no caso da cor. Pero a diferencia entre o cambio de textura e os cambios de textura é que a textura, polo xeral sitúase no primeiro plano, por enriba dos planos que estean só coloreadas. As formas planas poden clasificarse en función da súa configuración, é dicir do seu aspecto externo ou do tipo de liñas que pechan o espazo interno. Así temos: • Formas planas xeométricas: son aquelas formas planas que están pechadas por liñas que describen figuras xeométricas, por polígonos, circunferencias, curvas técnicas (elipses, ou óvalos). son formas moi rotundas, que, aínda que poidan expresar movemento, como é o caso dos triángulos ou os círculos, son claras e podemos identificalas claramente. • Formas planas orgánicas: Son formas pechadas por liñas de trazado libre, a man, flexible. se lle chama orgánicas pola súa semellanza ao aspecto das cousas orgánicas, que crecen autonomamente, que non son calculadas. Son moito máis lixeiras e dinámicas e xeométricas que as formas xeométricas. Os planos poden, coma os outros elementos expresivos, expresar tridimensionalidade dentro do cadro. Para facelo temos diferentes recursos gráficos que nos permiten emular a realidade tridimensional na que vivimos. Para facelo combinamos diferentes formas planas entre si para simular un volume, intentando representar no plano dun cadro o ancho, o alto e o volume de calquera obxecto real. Temos diferentes recursos gráficos que nos permiten recrear estas dimensións, coma son: • Diferenza de tamaño. Aqueles elementos que se debuxen máis grandes proporcionalmente que os outro serán percibidos coma que están mais preto do espectador. Se os elementos ademais son semellantes ou iguais entre si acentuarase este efecto. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Transverse lines", Wassily Kandinsky, 1929. "A Danza", Henri Matisse, 1910. "Vega Boo", Victor Vasarely, 1978.
  • 13. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 • Diferenza de cor. Aqueles elementos da composición que estean coloreados con cores cálidas e/ou cores claras veranse máis próximas que aquelas que sexan máis frías e/ou escuras. • Diferenza de textura. Aquelas formas planas nas que se poida apreciar a textura da súa superficie veranse coma máis próximas posto que poderanse apreciar os seus detalles. • Superposición. Aquelas formas que tapen a outras situaranse por diante destas. • Curvatura ou dobrez. Aquelas formas planas que simulen estar curvadas, por medio de recursos como o sombreado ou a coloración degradada, ou ben que simulen ter un dobrez polo cambio de cor, simularán ter volume de seu. • Sombreado. As formas planas que teñan sombras ou simulen arroxar unha sombra sobre a superficie sobre a que se apoia, simularán ter volume de seu. O plano ten unha grande capacidade expresiva coma os outros elementos plásticos só que no seu caso válese do emprego dos demais elementos expresivos. As formas planas recobren o seu espazo interno moitas veces con liñas, texturas e puntos adquirir o seu máximo poder expresivo. En canto as diferentes sensacións que poden transmitir as formas planas son semellantes as sensacións que poden transmitir as liñas, posto que as contornas que pechan as formas planas son liñas e absorben delas as súas capacidades, que se ven matizadas por como se recubra o seu espazo interior. A forma plana ademais de ser xeradora de espazos dentro das dúas dimensións, nos cadros, é un elemento que se emprega en creacións feitas nas tres dimensións coma son no campo da arquitectura e máis da escultura. Na arquitectura, a forma plana é xeradora de espazos posto que distribúe os espazos interiores, organiza o transito das persoas, permite ou non o paso da luz. Ademais a forma plana tamén recobre o exterior da arquitectura permitindo ou non a visión dos interiores, permite o paso da luz e debe relacionar o seu acabado exterior coa estrutura interna. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Reptiles", M. C. Escher, 1943. "Muller ante o espello", Pablo Picasso, 1932.
  • 14. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 Na escultura a forma plana tamén xera espazos, organiza pero tamén xerra baleiros. Na escultura contemporánea o espazo baleiro ten tanta importancia coma o espazo ocupado, convértese en centro de gravidade da peza, deixando paso á luz, ao aire, as ideas.; un espazo baleiro que cando son pezas de grandes dimensións permite incluso a circulación do espectador por medio deste espazo, no caso de nos ser de grandes dimensións. A textura. A textura a podemos definir coma a calidade da superficie dun obxecto debido á estrutura do material do que está feito dito obxecto. As texturas producen diferentes sensacións que dependen tamén de como podemos percibilos, ou pola vista, e entón serán visuais, ou se as podemos percibir polo tacto, entón serán táctiles. A textura ten unha grande importancia na expresión plástica, posto que enriquece a propia expresión aportando novos significados. Se collemos coma exemplo a imaxe do Home Caminate de Giacommetti, podemos comprobar que a textura da superficie deste camiñante fai que sexamos quen de comprender a dureza do camiño que leva recorrido, marcas do sol, do frío, da fame ou sede, das experiencias, da dor, o cansazo. As texturas aportarán á obra aquelas sensacións que podemos percibir cando tocamos esa superficie aínda que sexa unha textura gráfica, sensacións que van dende á máis absoluta suavidade á dureza e rugosidade máis complexa ou áspera. As texturas poden ser clasificadas en función de dous criterios: • Segundo a súa orixe as texturas poden ser: ◦ Naturais ◦ Artificias • Segundo o sentido co que a percibamos poden ser: ◦ Táctiles ◦ Visuais email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Cúpula da Sala do Palacio das Nacións Unidas, Bruselas", Miquel Barceló, 2008. "Il Homme qui marche", Alberto Giacommetti, 1960.
  • 15. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 CRÉDITOS DAS IMAXES "A Poetisa”, Joan Miró, 1940, http://tajadores.blogspot.com.es/2013_10_01_archive.html “Transverse Lines”, Wassily Kandinsky, 1923, http://tajadores.blogspot.com.es/2013_10_01_archive.html “Heart of figures”, Keith Haring, 1980, http://urbanartbomb.com/keith-haring/ “Several Circles”, Wassily Kandinsky, 1926, http://www.wikipaintings.org/en/wassily-kandinsky/several-circles-1926 “Beach at Gravelines”, Georges Seurat, 1890, http://www.wikipaintings.org/en/georges-seurat/beach-at-gravelines-1890 “Sunday afternoon on the Island of La Grande Jatte”, Georges Seurat, 1884-1886, http://www.wikipaintings.org/en/georges-seurat/sunday-afternoon-on-the-island-of-la- grande-jatte-1886 “Starry Night”, Vincent Van Gogh, 1889, http://www.wikipaintings.org/en/vincent-van-gogh/the-starry-night-1889 “Fast Scetch Still Life with Gold Fish”, Tom Wesselmann, 1989, http://arttattler.com/archivetomwesselmann.html “Toros. La Pique”, Pablo Picasso, 1960, http://www.artvalue.com/auctionresult--picasso-pablo-1881-1973-spain-toros-la-pique- 1958808.htm “Qick Scetch from the Train”, Tom Wesselmann, 1987, http://arttattler.com/archivetomwesselmann.html “Tableau”, Piet Mondrian, 1921, email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 16. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 http://www.quailhollow365.com/blog/2011/02/artwork-of-the-day-mondrians-trees- along-a-river/ “Drawing for painting with white border”, Wassily Kandinsky, 1913, http://experimentstation.wordpress.com/2011/09/01/a-kandinsky-a-day-4-days-left/ “Flatiron Building”, Foster & Reynolds Co. 1917., http://historiadelosrascacielosdenuevayork.blogspot.com.es/2012/10/la-ciudad-de- nueva-york-en-1903-y-1904.html “Motion”, Andreas Feininger, 1930-1931, http://lotus-feet.livejournal.com/329352.html “Los músicos”, Pablo Picasso, 1921, http://www.tuitearte.es/los-tres-musicos-de-picasso/ “Beat the Whites with the red Wedge”, El Lissitzky, 1919. http://www.tuitearte.es/los-tres-musicos-de-picasso/ “La Solitude Organisative”, Miquel Barceló, 2009, http://barcelona-photo.blogspot.com.es/2010/12/miquel-barcelo-la-solitude- organisative.html “Transverse Lines”, Wassily Kandinsky, 1929, http://www.wikipaintings.org/en/wassily-kandinsky/transverse-line-1923 “A Danza”, Henri Matisse, 1910, http://monicavannucchi.wordpress.com/2009/12/19/la-danza-vista-con-gli-occhi-di-un- ragazzino/ “Vega Boo”, Victor Vasarely, 1978, http://le-bric-a-brac-de-potzina.blogspot.com.es/2013/07/victor-vasarely-peinture-art- optique-tableau-exposition.html “Reptiles”, M. C. Escher, 1943, http://en.wikipedia.org/wiki/File:Escher%27s_Reptiles.jpg email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 17. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 “Muller ante o espello”, Pablo Picasso, 1932, http://es.paperblog.com/habitacion-de-nina-2280619/ "Cúpula da Sala do Palacio das Nacións Unidas, Bruselas", Miquel Barceló, 2008. http://es.wikipedia.org/wiki/C %C3%BApula_de_la_Sala_de_los_Derechos_Humanos_de_la_ONU “Il Homme qui marche”, Alberto Giacommetti, 1960. http://imagologiajorge.wordpress.com/2010/08/04/el-arte-como-competicion-deportiva/ email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com